14 xuñ 2010 - nº 14

24
Especial Rali: 43º Rali de Ourense páx. 3-10 Número: 14 - Ano: II - Depósito Legal: OU 185-2009 - 14 de xuño de 2010 - Periódico quincenal de distribución gratuíta [10.000 exemplares directos ás súas mans] BARRIOS DEPORTIVO volve repartirse a partir do 25 de xuño . Se quere anunciarse consulte no 685 800 190 C. D. Ourense xogará un ano máis na terceira división FÚTBOL páx.17 TENIS páx.14 FESTAS páx. 22 ARTIGO páx.22 Deporte e saúde: actividades a practicar O Universidade, campión galego de tenis en 2ª As únicas alegrías da tempada Cidade de As Burgas de fútbol sala feminino, e os de hoquei herba, Xacobeo Deporte Gale- go e Apóstol Ourense, os equipos ourensáns que ascenderon de categoría nesta tempada. [páx.11 e 20] Actividades deportivas polas Festas de Ourense

Upload: barrios-deportivo

Post on 22-Mar-2016

251 views

Category:

Documents


7 download

DESCRIPTION

O Universidade, campión galego de tenis en 2ª Actividades deportivas polas Festas de Ourense C. D. Ourense xogará un ano máis na terceira división 43º Rali de Ourense páx. 3-10 Especial Rali: BARRIOS DEPORTIVO volve repartirse a partir do 25 de xuño . Se quere anunciarse consulte no 685 800 190 [10.000 exemplares directos ás súas mans] [páx.11 e 20] Número: 14 - Ano: II - Depósito Legal: OU 185-2009 - 14 de xuño de 2010 - Periódico quincenal de distribución gratuíta

TRANSCRIPT

Page 1: 14 Xuñ 2010 - Nº 14

Especial Rali:43º Rali de Ourense páx. 3-10

Número: 14 - Ano: II - Depósito Legal: OU 185-2009 - 14 de xuño de 2010 - Periódico quincenal de distribución gratuíta

[10.000 exemplares directos ás súas mans]

BARRIOS DEPORTIVO volve repartirse a partir do 25 de xuño . Se quere anunciarse consulte no 685 800 190

C. D. Ourense xogará un ano máis na terceira división

FÚTBOL páx.17 TENIS páx.14 FESTAS páx. 22 ARTIGO páx.22

Deporte e saúde: actividades a practicar

O Universidade, campión galego de tenis en 2ª

As únicas alegrías da tempadaCidade de As Burgas de fútbol sala feminino, e os de hoquei herba, Xacobeo Deporte Gale-go e Apóstol Ourense, os equipos ourensáns que ascenderon de categoría nesta tempada.

[páx.11 e 20]

Actividades deportivas polas Festas de Ourense

Page 2: 14 Xuñ 2010 - Nº 14

2 BARRIOS DEPORTIVO14 de xuño de 2010

ESPECIAL RALI

Todas as saí-das e chegadas tiveron lugar na capital ourensá

Alta participación no Rali de Clásicos e antigos de Ourense4 Os días 12 e 13 de xuño os clásicos e anti-gos encheron as carreteras de Ourense.Redacción

O rallie de Clásicos de Ourense, que neste ano chega a súa decimosexta edición, contou con 102 equipos inscritos, sendo o tope máximo de participan-tes que admite a organiza-ción. 63 coches deporti-vos, de entre os anos 1964 a 1978, e 40 automóbiles clásicos, fabricados entre 1913 e 1960, participaron no Rallye, que contou con pilotos de Ourense e Vigo maioritariamente, aos que se uniron outros do resto de Galicia e Portugal. Este feito, confirma o éxito des-te rallie que a súa principal novidade nesta edición foi a de a centralización de to-das as salidas e chegadas na cidade de Ourense, sendo a primeira na praza Maior e as da tarde no Centro Co-mercial Ponte Vella, na pra-za Eduardo Barreiros.

O sábado, 12 de xuño tomaron a saída os partici-pantes dos clásicos depor-

tivos que tiveron que per-correr os 300 quilómetros de proba divididos en dúas seccións e 13 sectores de 125 quilómetros pola mañá e 175 pola tarde e deixando para o domingo o VII Rallie de antigos e a concentración final do rallie.

No rallie de coches anti-gos, os inscritos chegaron a máis de 30 e puideronse ver automóbiles tan carismá-ticos como Rolls, Bugatti, Hispano Suiza, Mercedes, todos eles anteriores ao ano 1960, ano límite para participan na proba de an-tigos. Esta proba tivo lugar o domingo 13 de xuño e o parque pechado tivo lugar na praza Maior e na praza Bispo Cesáreo.

Para os organizadores, é de gran importancia che-gar á 16ª edición da proba, comenzando en 1985 ata primeiros dos anos noventa e nestes últimos anos resca-tándoo de novo. Este ano, o rali centrouse máis en per-corridos de propia cidade e

Non faltaron xoias da auto-moción como os Porsche 356 ou o Mercedes Pagoda

alrededores tendo, como en anos anteriores o epi-centro no Centro Comer-cial Ponte Vella.

O importante nesta com-petición non é quen chega primeiro senón que é unha proba de control de tempo, sendo unha boa ocasión para que os participantes disfruten da nosa cidade e provincia e o público poda desfrutar destas xoias sen velas pasar a toda velo-cidade como o Porsche 356, o Mercedes Pagoa ou mesmo un Cobra.

Presentación da XVI edición do Rallye de Clásicos de Ourense”.

Abadín segundo no European F3 Open de El Jarama4 Con este resultado entra na loita polo título.Redacción

Moi bo fin de semana para o piloto José Luis Abadín no European F3 Open que, co Dallara F308 del equipo Drivex, alcanzaba o sábado pa-sado a terceira praza e o domingo a segunda que o facía quedar segundo no cómputo global.

Excelente fin de sema-na do European F3 Open para os intereses do piloto galego José Luis Abadín que, co Dallara F308 do equipo Drivex, alcanza-ba o domingo a segunda

praza da competición tras ter sido terceiro na xornada do sábado, sumando desta forma unha cantidade de puntos moi importante que o introduce na loita polo título.

A carreira realizada por Abadín foi netamente es-tratéxica, cun ritmo mar-cado desde os primeiros compases da competición polos pilotos que ocupaban as tres primeras prazas, e sobre todo coidando de for-ma especial os neumáticos para que aguantasen ben a manga, de forma que tanto o gañador, o inglés Callum

Macleod, como o propio Abadín e o terceiro piloto na loita, o líder do Certame Marco Barba, mantiveron as posiciones sen risco de que foran modificadas.

Abadín mostrábase ple-tórico despois das dúas ca-rreiras do fin de semana en El Jarama “Estou moi con-tento por haber cosechado dous podios consecutivos este fin de semana en El Ja-rama, algo que demostra a excelente evolución que es-tamos logrando”, declaraba o piloto.

Abadín en El Jarama o pasado fin de semana disputando o European F3 Open onde ob-tivo un gran segundo posto de cara ao título.

O Team Mayador, sex-to no San Emiliano4 Na fase A da proba asturia-na de Langreo.Redacción

Baixo unha intensa choiva, e cunha espesa né-boa, celebrábase a Fase A de a XXVI Subida a Santo Emiliano, valedoira para o Campionato de España

de Montaña, na localidade asturiana de Langreo. Na devandita manga, o Ren-ault Sport Mègane Trophy do Team Mayador, de José María Magdaleno, ocupaba a sexta praza da Clase 15 e a primeira do Grupo AS15,

nas peores condicións que se poden dar para pilotar un coche de circuíto nunha proba de montaña.

Na xornada dominical, como de novo a choiva e a espesa néboa facían acto de presenza, José María Mag-daleno tomou a decisión de non tomar parte na Fase B da competición ante o risco que supoñen esas condicións para un coche que non conta con luces, e nin tan sequera poder partir da liña de saída pola cantidade de auga.

Page 3: 14 Xuñ 2010 - Nº 14

BARRIOS DEPORTIVO14 de xuño de 2010

3ESPECIAL RALI

43ª eDiCióN

Quecen os motores do Rali de Ourense4 Do 18 ao 20 de xuño terá lugar unha nova edición chea de novidades, como o tramo espec-táculo na Cidade do Transporte.

R. Torres

Ourense engalánase do 18 ao 20 de xuño para re-cibir o campionato nacional de ralis de asfalto 2010 con novidades nesta, a 43ª edi-ción.

Mantendo a súa tradición de deseñar un dos rallis máis duros para os pilotos e atractivos para o espectador do campionato de España, Escudería Ourense trae no-vidades para a edición des-te ano, renovando parte do percorrido. Así, o venres, 18 de xuño, haberá unha espectacular superespecial, ademais de tres novos tra-mos que volven ao perco-rrido do rali como son o de Toén, Castrelo de Miño e alrededores, deixando a zona de Avión.

O percorrido, superará os 200 quilómetros de espe-ciais cronometradas.

A superespecial do ven-res 18, será nas proximida-des da cidade do Transporte e as verificación voltarán ao Paco Paz e a zona de asis-tencia será en Expourense.

PuntuabilidadeAdemais dos Campiona-

tos, Copas e Trofeos de Es-paña, o 43 Rali de Ouren-se será puntuable para os trofeos: Challenge Renault Clío Rallyes 2010, Copa Suzuki Swift 2010 e Mit-subishi Evo Cup Asfalto 2010.

O Rali tramo a tramoEste ano, o rali de Ouren-

se trae numerosas novida-des nos sete tramos polos

que se pasa (en cinco deles dan dúas pasadas comple-tando os 12 tramos do rali), aquí desgranamos o máis interensante de cada un de-les.

Superespecial é unha das grandes novidades deste ano. Unha superespecial na xornada do venres de pouco máis de dous quilómetros nas inmediacións da cidade do transporte na que os pi-lotos realizarán un circuito con tres zonas de terra que lle darán moita espectacu-laridade.

San Pedro de Rocas é un tramo que converteuse nun referente no ralli de Ouren-se. Tramo con piso abrasivo como a maior parte del per-corrido da proba. Ten zonas espectaculares como a de Pardeconde, moi recomen-dable tanto para público. A zona alta do tramo é digna de ser vista ao alternar zo-nas de curvas enlazadas cunha recta que non deixará indiferente a ninguén.

O tramo de Moreiras combina unha parte inicial moi sucia con frecuentes curvas de 90º cunha segun-da parte bastante rápida e con cambios de ritmo for-te. Moi interesante a zona espectáculo de Toén onde poderanse ver aos pilotos en dúas ocasións ao realizar una rotonda.

A Seara à Tramo con importantes cambios de ritmo, cunha parte central realmente impresionante, estreita e co firme sucio. A parte final en baixada pode poñer a proba os freos de máis dun participante.

4 Ao detalle- Distancia total do percorrido: 584,57 Qms.- Distancia total dos tramos cronometrados:

225,43 Qms.- Nº total de tramos cronometrados: 12- Nº de tramos a recoñecer: 7- Nº de Etapas: 1- Nº de Seccións: 5- Nº total de inscritos: 66 equipos (55 no cer-

tame nacional e 11 no galego).

4 Trofeos:- Aos 3 primeiros clasificados da Clasificación Xeral Scratch.- Aos vencedores da Copa de España de Grupo N.- Aos vencedores da Copa de España para vehículos 2 rodas motrices

de ata 2000 cc.- Aos vencedores do Trofeo de España GT.- Aos vencedores do Trofeo de España GT-Producción.- Aos vencedores do Trofeo de España R3.- Aos vencedores do Trofeo de España de Producción.- Aos vencedores do Trofeo de España de vehículos Diésel.- Ao vencedor do Trofeo de España Junior.- Á vencedora do Trofeo de España de Copilotos femeninos.- Aos 3 primerios clasificados de cada unha das Copas Monomarca dis-

putadas.

Vilariño Frío vai ser un tramo cun piso bas-tante desgastado en casi todo su percorrido, ten zonas rápidas por ca-rretera estreita. Na zona central da especial cruzan un embalse estreito (sen acceso) e posteriormen-te enlazan unha serie de curvas moi interesantes.

Cañon do Sil, é o tra-mo mítico por excelen-cia das últimas edicións do Ralli de Ourense. Para esta edición se añaden quilómetros con dúas partes ben diferen-ciadas. A inicial onde se realiza pouco máis dun quilómetro por carretera realmente estreita, e a segunda cunha parte ini-cial de dobre carril con curvas redondas espec-taculares e de piso des-gastado e estreito pero con zonas de bastante velocidade e que enlaza co percorrido habitual en Pedra do Sol.

Luintra e un tramo que volve despois duns anos. realizase en sentido Me-lias. A zona inicial tiene piso rugoso e desgastado e ata o cambio de carretera realizase en baixada. Tras o devandito cambio pasase a unha carretera de dobre ca-rril moi rápida na que este ano haberá unha variante preto do final estreita e co piso bastante sucio.

Page 4: 14 Xuñ 2010 - Nº 14

4 BARRIOS DEPORTIVO14 de xuño de 2010

ESPECIAL RALI

encontro co público de Alberto HeviaRedacción

O piloto asturiano Al-berto Hevia, que participa no campionato nacional de ralis de asfalto co Sko-da Fabia S2000, estará o xoves, 17 de xuño en Gadasa, o concesionario Skoda en Ourense, sito na Avenida de Zamora, 140. O motivo da visita ao con-cesionario de Gadasa é o de pasar un rato cos seus fans e firmar autógrafos a todos os que se acheguen ao concesionario Skoda de Ourense. A cita será a partir das 20.30 horas o xoves, 17 de xuño, xusto

un día antes de que empie-ce o o rali de Ourense co tramo espectáculo do polí-gono San Cibrao (cidade do Transporte).

Hevia, AlbertoAlberto Hevia ocupa ac-

tualmente a segunda posi-ción no campionato de Es-paña de Ralis de asfalto con 110 puntos e a tan só catro puntos e medio do líder provisional da competición, Miguel Fuster. Hevia foi dúas veces campión do rali de Ourense (2004 e 2005) e unha vez campión de Espa-ña de Ralis (2004), ademais doutros trofeos.

4 Clasificación provisional do Campionato nacional de ralis de asfalto

Posto Piloto Puntos1º MIGUEL A. FUSTER MARTINEZ 114.52º ALBERTO HEVIA MUÑIZ 1103º JOAN VINYES DABAD 99.54º SERGIO VALLEJO FOLGUEIRA 85.55º PEDRO BURGO VILANOVA 756º FRANCISCO CIMA ARTIME 67.57º ENRIQUE GARCIA OJEDA 588º RUBEN GRACIA PEREZ-SERRANO 51.59º MIGUEL ARIAS ALVAREZ 4110º JONATAN PEREZ SUAREZ 40

Fuster, líder provisional do Campionato Nacional de Asfalto4 Avantaxa en catro puntos e medio a Alberto Hevia.Redacción

Despois de catro probas disputadas do Campionato Nacional de Asfalto (Villa-joiosa, Canarias, Cantabria e o Rías Baixas) o líder provisional da clasficación é o piloto Miguel Fuster (vencedor nas dúas primei-ras probas do campionato) xunto co seu copiloto Igna-cio Aviño e, baixo os man-dos do Posche 911 GT3, seguido de Alberto Hevia (vencedor no pasado Rías Baixas) e o seu copiloto Alberto Iglesias que pilota-rá o Skoda Fabia S2000, e que conta con tan só catro puntos e medio menos que Fuster.

O terceiro na clasificación é Joan Vinyes xunto co seu compañeiro Jordi Mercader co Suzuki Swift S1600 e cinco puntos por debaixo do Porsche de Fuster. O cuarto clasificado do cam-

pionato (85,5 puntos) é Ser-gio Vallejo, que despois de romper relacións co equipo Nupel, chegará a Ourense xunto con Diego Vallejo de copiloto e conducindo un Peugeot 207 S2000 co que apenas ten experiencia. Por parte do equipo Nupel, nes-ta ocasión o seu piloto será

o tamén participante no Campionato do Mundo de Ralis, o catalán Xevi Pons, xunto con Alex Haro e o Ford Fiesta S2000.

Nesta proba ourensá, tampouco haberá que per-der de vista ao Mitsubishi Lancer Evo X de Pedro Burgo e Marcos Burgo,

asiduos e polo tanto bos coñecedores deste rali e ao Subaru Impreza de En-rique García e Pablo Mar-cos vencedores en Can-tabria. En definitiva, todos os primeiros espadas do campionato nacional de asfalto daranse cita no 43º Rali de Ourense.

Miguel Fuster, o líder da clasificación. Alberto Hevia, un dos favoritos en Ourense. Joan Vinyes, terceiro na xeneral do campionato nacional.

O Skoda Favia S2000 de Alberto Hevia.

Page 5: 14 Xuñ 2010 - Nº 14

BARRIOS DEPORTIVO14 de xuño de 2010

5ESPECIAL RALI

“Tal como está deseñado o rali Hevia é claro favorito”“Nos tramos da tarde estará a clave do rali”

eNTReViSTA A SANTi ReVeRTeR

“Ourense non podía quedar sen o rali”

4 O responsable de prensa da escudería Ourense detalla as novidades desta edición da proba do Campianato nacional de rallis de aslfato. R. Torres

A poucos días de que teña lugar o Rali de Ourense, entrevistamos a Santiago Reverter, do equipo Escu-dería Ourense que organiza o 43 Rali da nosa cidade e provincia. Con el repasa-mose todas as novidades da proba automobilística e da polémica entre Federación Galega e Española de Au-tomóbil.

Cantos pilotos par-ticiparán no 43 rali de Ourense?

Santi Reverter: “65 pi-lotos tomarán a saída no rali, 56 do certame nacional e 9 do galego”.

E cales poden ser os fa-voritos para o triunfo?

S.R: “Pois tal e como está

deseñado o rali penso que Hevia co seu Skoda S2000 é o claro favorito. Tamén terán as súas posibilidades calqueira dos Mitsubishi, pode ser Pedro Burgo que leva moitos anos partici-pando no rali de Ourense. E despois o Porsche depende de como estea o día; se o día acompaña, nas estradas hai partes que non lle son favorables pero outras si que lle son favorables ao Porsche de Fuster”.

Con qué novidades con-ta esta edición?

S.R: “Pois neste rali case todo son novidades. Os tra-mos ou están remozados ou son novos tramos. Un tra-mo de Canón do Sil cambia o percorrido; San Pedro de Rocas é o único que queda

como estaba; Luintra, A Seara e Moreiras son tra-mos que xa se fixeron nal-gunha das súas partes pero que son novidosos”.

De todos eles, cal pode ser o máis espectacular?

S.R: “Eu sempre me in-clino polo Canón do Sil, pero o tramo de Moreiras que queda moi preto de Ourense, hai unha zona onde está o campo de fút-bol que ten unha rotonda e vai ser un espectáculo ver como van e como volven os coches. É unha zona para moitísimo público e de fá-cil acceso, moi preto da ci-dade e a unha boa hora xa que comeza ás 9.39 horas e haberá só unha pasada”.

Onde cres que estará a clave deste rali?

S.R: “Creo que nos tramos da tarde estará a clave”.

Qué ourensáns van par-ticipar?

R: “Participarán neste rali os ourensáns Paz co Mitsubishi Lance Evo X e Luis Aragonés con Renault Twingo R2, ambos os dous por Escudería Ourense”.

Que opina Escudería Ourense da polémica sur-xida entre a Federación galega e a nacional de au-tomovilismo?

R: “Xa está todo solucio-nado entre as Federacións Española e Galega de Auto-mobilismo que chegaron a un acordo ata final de ano.

De todas formas a postu-ra por parte de Escudería Ourense foi sempre de que é unha disputa entre as dúas federacións e Escudería Ourense nada pode facer. O que si era obvio, é que Ourense non podía quedar sen o facer seu rali. Este rali sae en todos os medios especializados de tirada na-cional e conta con grandes apoios como o Consorcio de Turismo da Ribeira Sa-cra, Estrela Galicia River sen e Laboratorios Nupel.

Tamén quería recordar que se fixo un estudo do SET, grupo de investigación da Universidade de Vigo en

economía do deporte, indus-tria do ocio e turismo, que decía que o rali de Ourense ten un beneficio neto de en-tre 220 e 324 mil euros de beneficio neto na provincia, e que, por cada euro investi-do no evento, conseguíanse 1,72 euros”.

Santi Reverter nunha rúa céntrica de Ourense. /RAMSÉS

Page 6: 14 Xuñ 2010 - Nº 14

6 BARRIOS DEPORTIVO14 de xuño de 2010

ESPECIAL RALI

De aperitivo: unha superespecial4 O venres 18, recupérase o tramo superes-pecial na Cidade do Transporte.

R. Torres

Para abrir boca, os orga-nizadores do rali decidiron facer o venres 18, sobre as 20.35 horas, unha superes-

pecial de carácter urbán para deleite de pilotos e afeccionados, retomando a que xa se fixera na cuarta edición do Rali de Ourense con Estanislao Reverter á

cabeza, alá polo ano 70 do pasado século.

Desde o ano 70 non se facía unha superespecial no rali de Ourense, por aquel entonces o lugar elexido

fora o polígono industrial e a proba era puntuable para esa cuarta edición do rali ourensán ademais de for-mar parte da copa Renault 8 Ts de circuitos. Agora, 39 edicións máis tarde, reto-mase esta superespecial na Cidade do Transporte, no propio polígono de San Ci-brao a escasos quilómetros da cidade. Esta proba cons-tará de máis de dous quiló-metros e medio no que se combinará asfalto con tres tramos de terra facéndoo máis vistoso se cabe. O pú-

blico que se achegue a ver esta superespecial poderá contemplar a totalidade do percorrido con total seguri-dade debido ás zonas habi-litadas polos organizadores a tal efecto.

Dos Gr.4, pasouse aos Gr.B, Gr.A, kitcar, S1600 e agora tomarán parte deste tramo especial os S2000 e GT. Fuster, Hevia, Vallejo e compañía darán espectacu-laridade a este tramo, corto pero intenso, que ademais será o primeiro tramo cro-nometrado desta edición

do rali de Ourense onde non haberá moitas diferen-zas pero desde logo, o que si haberá será moita adre-nalina e ruxir de motores dos 63 pilotos que tomarán parte na saída dun dos ralis máis emblemáticos do cam-pionato nacional.

O Rali retoma o tramo espectáculo 39 anos despois do último celebrado

Page 7: 14 Xuñ 2010 - Nº 14

BARRIOS DEPORTIVO14 de xuño de 2010

7ESPECIAL RALI

Page 8: 14 Xuñ 2010 - Nº 14

8 BARRIOS DEPORTIVO14 de xuño de 2010

ESPECIAL RALI

O asfalto vibrará durante todo o día en Ourense4 Durante a mañá do sábado 19 disputaran-se cinco tramos cronometrados.

O Rali de Ourense é un referente no campionato nacional de ralis de asfalto. /ARQUIVO

R. Torres

Tralo tramo espectáculo do venres 18, na cidade do Transporte, e dunha noite de descanso, os equipos ins-critos no rali comenzarán a rodar o sábado 19 moi cedo realizando dous sectores

(segundo e terceiro do rali) pola mañá, de tres tramos cronometrados o primeiro e dous o segundo.

O primeiro piloto en po-ñer o crono en marcha o fará ás 8.30 horas en San Pedro de Rocas, segundo tramo cronometrado do rali

e primeiro do día, e onde terá que percorrer un tra-mo cornometrado de 28,33 quilómetros. O terceiro tra-mo, o de Moreiras, será o segundo deste sector e dará comezo ás 9.39 horas sobre unha distancia cronome-trada de 15 quilómetros, e

o de A Seara, será o cuarto tramo, terceiro do sector, e comezará ás 10.06 horas sobre 14,91 quilómetros.

Logo do reagrupamento en Expourense, tomara-se de novo partida neste campionato e repetiranse os tramos de San Pedro de Rocas, ás 11.55 horas e de A Seara a partir das 13.12 horas coa saída do primei-ro da clasificación. Neste terceiro sector suprímese o tramo de Moreiras.

Sobre as dúas da tarde agárdase un novo reagrupa-mento en Expourense para

repoñer forzas e retomar a competición pola tarde no

que será a recta final do 43º Rali de Ourense.

Page 9: 14 Xuñ 2010 - Nº 14

BARRIOS DEPORTIVO14 de xuño de 2010

9ESPECIAL RALI

Pola tarde decidirase todo4 Os pilotos que cheguen á tarde terán seis tramos para alzarse coa vitoria do rali.R. Torres

Despois dos tramos da mañá, chega a hora da ver-dade na que os pilotos da parte de arriba da clasifica-ción terán que aplicarse se queren alzarse coa vitoria da 43ª edición do rali de Ourense.

Os coches sairán ás 14.21 horas de Expourense para

chegar á Ribeira Sacra onde terá lugar o primeiro tramo cronometrado da tarde, o número sete do rali, en Vi-lariño Frío e de 14,90 qui-lómetros de distancia; o pri-meiro piloto tomará a saída ás 15.54 horas. Rematado o tramo de Vilariño Frío os pilotos enfilarán as súas má-quinas ata o seguinte tramo cronometrado, o número 8

do rali e o sétimo do día, o do Cañón do Sil sendo este, o máis longo desta proba con 30,73 quilómetros de distancia; a saída do pri-meiro piloto está prevista para as 16.26 horas. Fina-lizado este tramo os pilotos irán ao tramo número 9, o de Luintra, de 15,13 quiló-metros, onde comenzarán a ruxir os seus motores ás

17.34 horas.Logo de rematado este

cuarto sector retornan a Expourense para que, os que aínda permanezan na carreira encaren o quinto e

último sector que contará cos mesmos tramos que o sector anterior, polo que, se repetirá Vilariño Frío, ás 19.37 horas, Cañón do Sil, 20.09 horas e pórase o

punto e final a este rali de Ourense co tramo de Luin-tra onde o primeiro dos pi-lotos comenzará a rematar a proba ás 21.17 horas.

En torno ás 22.30 horas, o vencedor da quinta proba puntuable do campionato nacional de ralis de asfal-to, o 43 Rali de Ourense, subirá ao podio que estará instalado na praza Maior de Ourense para recibir o seu premio e o aplauso dos afeccionados que alí se congreguen.

Sobre a unha da mañá coñecerase a clasificación oficial.Un coche nun tramo dunha edición anterior. /ARQUIVO

Page 10: 14 Xuñ 2010 - Nº 14

10 BARRIOS DEPORTIVO14 de xuño de 2010

MOTOR

Redacción

Unha das premisas de Escudería Ourense é que tanto pilotos como público síntanse cómodos durante o rali e todo transcurra con total normalidade. Por iso, tes aquí varios accesos aos tramos e unha recomenda-ción de seguridade para que todo saía perfecto.

Tramo espectáculoSalir de Ourense pola

Avenida de Zamora en di-rección ao Polígono Indus-trial de San Ciprián pola carretera OU-105, a 4,8 qms, no alto do Cumial, desviarse á esquerda pola OU-0559 (na esquina do Café Bar O Mesón), a 500 metros, no semáforo, xirar á esquerda pola OU-0514, 700 metros máis adiante, na rotonda, tomar a 3ª salida seguindo a RÚA 1 do Polí-gono Industrial, a 300 me-tros, tomar á dereita por la RÚA 3 (indica Salgueiros 10 / Cidade do Transporte), a 1 qm. chégase á salida do Tramo Espectáculo, desde aquí seguir os paneis indi-cadores e as instruccións dos comisarios para dirixir-se al aparcadoiro previsto para o público.

San Pedro de Rocas- Qm. 04,63. Na rotonda

do qm 7 da OU-536, tomar á esquerda (indica Luintra 13). A 3 qm xirar á derecha (indica Covas 4,5 / Esgos 9,4). A 2,4 qm seguir de frente (indica Esgos 6,5) y a500 m. tomar á dereita na indicación Covas 1. A 1 qm se encontra o tramo.

- Qm 07,43. no qm. 15,5

da OU-536 pasada a loca-lidade de O Pinto, xirar á esquerda (indica Mosteiro de San Pedro de Rocas). A 2 qm se encontra o tramo.

- Qm 14,08. No qm. 17,5 da OU-536 na localidade de Esgos, xirar á esquerda (in-dica Pardeconde). A 1,6 qm encóntrase o tramo.

Moreiras- Qm 00,11. Saindo da

poboación de Moreiras na carretera OU-0518, tomar o cruce á dereita despois do cartel de fin de poboación (indica Mugares 3,2), a 600 metros encóntrase zona es-pecial B1 próxima á saída do tramo.

- Qm 02,97. Desde a lo-calidade de Moreiras e en lugar de tomar o cruce do acceso 1, continuar de fren-te pola OU-0518 e a 700 m tomar á dereita seguindo a citada carretera (indica Tre-llerma / Toén / Grupo esco-lar). A 2,6 qm. está o tramo cronometrado.

A Seara- Qm 01,82. Saindo da

poboación de A Manchi-ca na carretera OU-540 de Ourense a Celanova, tomar desvío á dereita pola carre-tera OU-0201 na fábrica de cerámica (indica Pereira / Sabucedo / Seara). Conti-nuar pola OU-0201 durante 8,8 qm. ata o tramo.

- Qm 03,01. Desde a lo-calidade de Outumuro e tras cambio de rasante xirar á dereita por unha carretera sen denominación (indica seara 2,6). Seguir esta ca-rretera ata chegar ao tramo na localidade de A Seara.

Vilariño Frío- Qm 00,47. Na localida-

de de Vilariño Frío na ca-rretera OU-536 de Ourense a Ponferrada tomar o cruce á esquerda pola OU-0604 (indica Parada do Sil). A 300 m, na igresia de Vilari-ño Frío tomar á dereita e a 200 m está a saída do tra-mo. Continuar a pé polos accesos marcados pola or-ganización ata o punto 0,47 do tramo onde hai unha Zona Especial D1.

- Qm 06,68. Na localida-de de Vilariño Frío na ca-rretera OU-536 de Ourense a Ponferrada tomar o cruce á esquerda pola OU-0604 (indica Parada do Sil). Con-tinuar durante 4,1 qm pola OU-0604 ata tomar un des-vío á dereita (indica Pom-bar) por unha carretera sen denominación. Seguir esta carretera durante 1,7 qms onde continuaremos pola esquerda (tomar como refe-rencia unha marquesina de parada de autobús azul). A 300 m. encontrámonos co tramo.

Cañón do Sil- Qm 01,19. Na po-

boación de Castro Calde-las, na carretera OU-536 de Ourense a Ponferrada, tomar cruce á esquerda (in-dica Teixeira 10 / Monforte 25) pola carretera OU 903. A 2,6 qm atopamos o tramo cronometrado.

- Qm 11,87. Pasado o pun-to quilométrico 42 da carre-tera OU-536 de Ourense a Ponferrada na localidade de Alenza, tomar o cruce á esquerda por unha carretera sen denominación (indica Boazo 3,1). Percorrer 1 qm.

por esta carretera e seguir pola dereita nun cruce sen ningunha indicación. Con-tinuar 1,5 qm e seguir de frente nun cruce que indica Boazo 0,5 / Teixeira 3,5). A 900 m. y tras pasar a loca-lidade de Boazo encóntrase el tramo cronometrado.

Luintra- Qm 01,08. 900 metros

despois do quilómetro 12 da carretera OU-0508 de Ourense a Nogueira de Ramuín, tomar un cruce á esquerda por unha carrete-

Accesos aos tramos4 Normas de conduta para os espectadores e algunhas das formas máis sinxelas para che-gar a cada tramo cronometrado.

ra local sen denominación (como referencia indícase que está 100 metros antes da nave de Talleres Iglesias / Construcciones Metáli-cas). A 900 metros sen des-viarse de esta carretera está o tramo cronometrado.

- Qm 01,63. Pola carrete-ra OU-0508, na poboación de Luintra, coler a terceira saída na rotonda existente na OU-0508 (en dirección a Monforte / Peares). A 100 metros xirar á esquerda pola carretera OU-0555 (in-dica A Peroxa 17) e a 700

metros chegarase ao tramo.

Recomendacións de se-guridade

Respetar sempre as in-dicaciós dos comisarios e Forzas de Seguridade.

Situarse sempre trala cinta amarela e nunca nos lugares marcados como “PROHIBIDO PÚBLICO” con cinta vermella. En caso de situarse en lugares non marcados pola Organiza-ción, buscar lugares altos ou fóra das trazadas para non correr ningún risco.

Cartel da 43 edición do Rali de Ourense.

Page 11: 14 Xuñ 2010 - Nº 14

BARRIOS DEPORTIVO14 de xuño de 2010

11FÚTBOL

Ascenso á máxima categoría do Xacobeo Deporte Galego4 O Apóstol tamén logra o ascenso en categoría masculina a División de Honra B.R. Torres

O Xacobeo Deporte Gale-go xa é equipo de División de Honra despois de golear, a un mermado en número de efectivos Covadonga de Gijón, que ademais xa esta-ba descendido.

Ás de Tito Piñeiro valía-lles con empatar o encontro pero en ningún momento tiveron inquietude de non sacar nada positivo do cam-po de Mariñamansa. O Xa-cobeo goleu por 9-0 ante un equipo o asturiano que tan só xogou con oito xogado-ras.

Agora toca planificar a próxima campaña e con ese obxectivo xa se están movendo. O seu adestrador - presidente, Tito Piñeiro, considera que o equipo ne-cesita axudas institucionais por parte de Concello, De-putación e Xunta de Gali-cia.

Apóstol OurenseOutro equipo ourensán

que ascendeu foi o Apóstol, tamén adestrado por Tito Piñeiro. Na primeira ligui-ña da fase de ascenso á Di-visión de Honra B, o Após-tol venceu os tres encontros que o enfrontaron a Pabe-llón, Universidade de Se-

villa e Cultural Covadonga polo que accederon á segun-da fase para o ascenso que xogouse en Sevilla. Xunto ao Apóstol pasa a seguinte e definitiva fase o Universi-dade de Sevilla, e xogarán contra os dous primeiros do outro grupo que son Murcia e Zaragoza. Nesta fase de

ascenso, o Apóstol ía con vantaxe de dous puntos tras gañar ao Sevilla, xa que se suman nesta eliminatoria fi-nal os puntos obtidos contra o equipo do seu grupo que tamén xoga está fase final. Así, o Apóstol chegaba con dous puntos. En todo mo-mento foron superiores aos

rivais, gañando o primeiro partido 4-2 aos maños e 3-1 ao Murcia. Este ascenso ten moito mérito debido a baixa por lesión dunha das estrelas e xogando con dous xogadores de 14 e 13 anos, Rubén Rodrí-guez e Cristián Sanginés, respectivamente.

O Apóstol venceu nos tres encontros da primeira fase para o ascenso a división de honra B. /RAMSÉS

Novas do CN Pabellón4 Os nadadores non paran de colleitar éxitos.Redacción

20 pabellonistas acudi-ron á piscina Rías do Sur de Pontevedra para dispu-tar o XIV Trofeo Depu-tación de Pontevedra. O máis destacado foi a se-gunda posición por equi-pos do Pabellón grazas ás 11 medallas obtidas das cales dúas foron de ouro (Iria Alvarez en 100 bol-boreta e Alberto Taboada en 200 estilos), sete pratas (relevos 4x50 estilos fe-minino, Mario Suárez en 100 costas, Sandra Presas en 100 costas, Noel Blan-co en 100 libres, Laura Pimentel en 400 libres e o relevo de 4x100 estilos feminino) e 2 bronces (re-levo 4x50 e 4x100 estilos masculino).

Iria Álvarez en Arxen-tina coa selección

Colan, Mar del Plata (Arxentina), acolleu a IV Copa Latina. A dita pro-ba acudiu o combinado nacional con Iria Álvarez Liz, do CN Pabellón nas súas filas, quen acadou unha máis que merito-ria participación. Iria foi cuarta nos 200 bolboreta e terceira nos 4x200 libres na primeira xornada. Na segunda xornada, foi oita-va nos 100 bolboreta e en relevos foi quinta xunto coas súas compañeiras. Na terceira xornada, a quinta posición foi para a ourensá nos 50 bolboreta, sendo segundas o equi-po español feminino. Na clasificación final, España levou o terceiro posto por detrás de Italia, primeira, e Brasil, segunda.

O CN Pabellón manten-se na división de honra

O CN Pabellón despra-zábase ata A Coruña con

16 nadadores en categoría masculina e 11 en femini-na, para disputar unha do-bre xornada da fase final da copa galega absoluta de clubs na División de Honra para a permanencia. Os pa-bellonistas empregáronse a fondo para permanecer na categoría e non deron opor-tunidade algunha aos seus adversarios, acadando unha ampla diferenza de puntos para continuar un ano máis nesta categoría. Nesta xor-nada dobre, Borja González Rodríguez nos 1.500 libres en categoría infantil con-seguiu mínima para para o Campionato de España infantil de verán, mentres que Martín Sabuz Forneiro en 100 braza, Adrián Blan-co Pérez en 50 bolboreta e Ezequiel Quiroga Ramos en 200 bolboreta fixeron o propio para o absoluto ga-lego de verán.

Visita institucionalOs nadadores do Centro

de Tecnificación do Pavi-llón de Ourense visitaron, co adestrador Santi Escude-ro á cabeza, aos represen-tantes políticos da cidade e provincia para explicarlles os logros dos nadadores nesta tempada e as próxi-mas citas.

O Centro de Tecnifica-ción conta con 15.000 euros de presuposto concedidos pola Deputación e espera recibir algunha axuda do Concello.

Laura Pimentel participa-rá no campionato de Espa-ña de longa distancia que se disputará en Castelldefels o 20 de xuño.

A primeira fin de sema-na de xullo disputarase en Ponteareas o campionato galego absoluto e do 20 ao 22 do mesmo mes Barcelo-na acollerá o campionato de España absoluto.

Nadadores do Centro de tecnificación. /RAMSÉS

Page 12: 14 Xuñ 2010 - Nº 14

12 BARRIOS DEPORTIVO14 de xuño de 2010

especial MUNDIAL

Page 13: 14 Xuñ 2010 - Nº 14

BARRIOS DEPORTIVO14 de xuño de 2010

13MUNDIAL especial

Page 14: 14 Xuñ 2010 - Nº 14

14 BARRIOS DEPORTIVO14 de xuño de 2010

ATLETISMO

O Universidade, campión galego de tenis da segunda categoría4 Despois de vencer ao Círculo Mercantil por 4 a 0.Redacción

O equipo feminino do Universidade de Ouren-se, no seu primeiro ano de creación e con xogadoras moi novas, conseguiu de forma brillante o ascenso á 1ª División Autonómica. Con este ascenso, o Uni-versidade poderá participar nos campionatos de Espa-ña de terceira categoría. O ascenso certificouse no en-contro contra o Club Náu-tico de Vigo cun resultado de 3-1 para as ourensás e sen ter perdido ningunha eliminatoria. Despois do ascenso e para proclamarse campionas tiñan que gañar ao Círculo Mercantil ao que non deron opción e vence-ron por un claro 4-0.

O obxectivo do equipo para o ano 2011 é acadar o campionato galego de clubes e para iso, o club xa conta coa incorpora-ción da brillante xogadora Marta Alastrue, quen viría a reforzar un equipo con aspiracións de marcar unha época. Con Marta, serán oito as xogadoras do Uni-versidade que a pesar de ser de categoría absoluta conta con tres xogadoras menores de 14 anos. Na primeira ca-tegoría autonómica estarán cos oito mellores equipos de Galicia.

Nerea González no Tor-neo Copa Babolat

A carballinesa Nerea González, participou no Torneo Copa Babolat de Vigo, chegando ás semifi-nais, coa participación das mellores de Galicia, todo un éxito para a nosa repre-sentante.

4 Palmarés das xogadorasSusana Frade DocampoSubcampiona absoluta provincialCampiona provincial CadeteCampiona en Sanxenxo do trofeo Drogas Non (categoría infantil)Subcampiona en Vigo do Trofeo “Tecnifibre” (categoría Infantil)Campiona Cadete do 1º Torneo Centenario do Club tenis OurenseCampiona do Torneo Manuel Alonso (fase Provincial)Campiona do 1º Torneo Concello de O Carballiño (absoluto)Nerea González GodoyCampiona provincial INFANTILSubcampiona do Trofeo Manuel Alonso (fase Provincial) InfantilCampiona en Vigo do trofeo “Tecnifibre” (categoría infantil)Semifinalista en A Coruña do trofeo “Marineda” (gañando á campiona galega alevín en 2ª ronda)Subcampiona absoluta do 1º Torneo Concello de O CarballiñoSubcampiona en Sanxenxo Trofeo Drogas Non en categoría infantil.Valeria López PérezCampiona Provincial alevínCampiona en Vigo no trofeo “Tecnifibre” (categoría alevín) Círculo Mercantil de Vigo.

As integrantes do Universidade de Ourense de tenis feminino, de esquerda a dereita: Susi, Valeria, Natalia, Raquel e Nerea.

Torneo de Squash no Campus de OurenseRedacción

O vindeiro sábado 26 de xuño, celébrase o Torneo de Squash local Ourense no pavillón universitario do Campus de Ourense. No evento, que organiza o “Squash Auriense”, par-ticiparán ao redor de 20 participantes de idade moi variada, xa que se conta-rá cun rapaz de 15 anos e unha rapaza de 16, ade-

mais dunha muller adulta. O torneo, que é de carácter amateur, é posible grazas á colaboración do Campus de Ourense.

O peche da inscrición será o martes 22 de xuño e pódese realizar por teléfo-no, no número 650 802 981 ou no correo electrónico [email protected].

O prezo da inscrición é de 10 euros.

iii Torneo Club de Tenis OurenseRedacción

No terceiro torneo Club de Tenis Ourense novas vitorias das integrantes do Universidade. En ca-tegoría júnior, a tenista de primeiro ano de cadete, Susana Frade, impúsose na final a súa compañeira de adestramento, Valeria López (primeiro ano de infantil) por 6/2 e 6/4.

Pola súa banda, Valeria

López foi a vencedora no torneo absoluto impoñén-dose na final á xogadora de Vigo, Tere Trillo por 6/1 e 6/1.

No Club Santo Domingo celebrouse o campionato provincial infantil (Trofeo Manuel Alonso), xogando a final as xogadoras e com-pañeiras de equipo, Valeria López e Nerea González, vencendo Nerea por 6/4/ 7/5.

Valeria López recbindo o trofeo do torneo de tenis de Ourense en categoría absoluta.

Page 15: 14 Xuñ 2010 - Nº 14

BARRIOS DEPORTIVO14 de xuño de 2010

15FÚTBOL SALA

Ata o ano que ven!!!4 As escolas Deportivas de Ourense puxeron o punto e final a esta tempada.

Punto e final á tempada de balonmán4 Co campionato galego de seleccións dispu-tado en Ourense pechase esta campaña.

Redacción

Máis de 300 escolares de-ronse cita na cancha central do pavillón dos Remedios para poñer o peche as Esco-las Deportivas de Ourense.

A gala de clausura tivo colorido tanto na cancha, polos rapaces das EDO, como nas bancadas, pais,

nais e amigos non quixeron perderse este fin de festa. Na xornada, ademais de presentar aos novos depor-tistas houbo unha exhibi-ción por parte de deportis-tas do ximnasio Marbel de defensa persoal e dos máis pequenos das escolas de-portivas que fixeron unha demostración de psicomo-

tricidade. A gala concluiu coa entrega de medallas a todos os participantes nesta tempada das EDO así como dunha bolsa con agasallos.

A conta atrás para o próximo curso das EDO acaba de comenzar e de seguro que contará co éxi-to das anteriores edicións.

Os rapaces despedíronse das EDO nos Remedios a o curso que vén. /RAMSÉS

Os máis cativos facendo exercicios de psicomotricidade. /RAMSÉS

Redacción

No pavillón dos Re-medios e no pavillón do campus de Ourense tivo lugar o campionato gale-go de seleccións para dar por finalizado este curso nas categorías de base do balonmán. As categorías que disputaron dito cam-pionato foron a infantil masculina e feminina e a alevín mixta.

En canto á selección in-fantil masculina ourensá, a segunda praza final foi co que se tivo que con-formar despois de perder na final (único partido que perderon os ouren-sáns) por 16-19 fronte aos

pontevedreses. A Coruña e Lugo foron cuarta e quinta respectivamente.

En categoría infantil fe-minina o terceiro lugar foi o posto que ocupou ao final do campionato. Primei-ro quedou Pontevedra A e Pontevedra B.

Peor sorte tiveron os ale-víns que ocuparon o último lugar sen gañar ningún dos tres partidos que disputa-ron. O equipo de Ponteve-dra volveu ser o vencedor tamén en categoría alevín, refrendando a súa gran can-teira.

Xogadora lucense lanzando a portería. /RAMSÉS

As infantís femininas disputaron os seus encontros no pavillón do Campus. /RAMSÉS

Page 16: 14 Xuñ 2010 - Nº 14

16 BARRIOS DEPORTIVO14 de xuño de 2010

ARTES MARCIAIS

Os populares responderon á cita en Sandiás4 Máis de 200 atletas de todas as idades participaron nesta primeira edición.R. Torres

O Concello de Sandiás e a Agrupación Deportiva Limiactiva organizaron a 1ª Carreira Popular Torre do Castro, o domingo 30 de maio en Sandiás. A pro-ba contou cunha numerosa participación de numerosos atletas de todas as idades, desde o atleta máis novo cun ano e medio ata un veterano nas carreiras galegas, o car-ballinés, Manuel Fernández Ledo de 73 anos, do clube Kórpore do Carballiño.

A carreira, que está in-cluída no circuíto de ca-rreiras Correr en Galicia (é unha das probas oficiais da Federación Galega de At-letismo) contou con varias probas por categorías. Nas mesmas participaron, 21 rapaces/as na carreira esco-lar (2.000 m.), 33 nenos/as na carreira de pitufos (350 metros) e un total de 116 persoas na carreira absoluta (7.900 m.).

O gañador da proba abso-luta foi o atleta do Acade-mia Postal, natural de Xin-zo, Rubén Diz cun tempo de 0:28:38. Os 2º e o 3º cla-sificados foron Eloy Cam-

pos Dacosta (Ourense - At. Venturiña O Grove) e Jose Manuel Ramos (Ourense - ADAS PROINOR). O ga-ñador, Rubén Diz, é coñeci-do no atletismo limiao por ser preparador e entrenador en Xinzo de Limia da Aso-ciación deportiva Limiacti-va.

Os comentarios máis repe-tidos polos atletas da proba absoluta foron as enormes e empinadas subidas á capela do san Bieito da Uceira, “os muros” da Uceira fixeron sufrir á maioría dos atletas, tal como contan eles mes-mos nos foros de Internet pero seguro que todos eles repetirán o ano próximo e sumaranse máis participan-tes, a pesar da súa dureza, dada a espectacularidade das vistas.

IV subida a Rocas o Ei-rado. Campionato galego de montaña

O domingo 6 de xuño disputouse a cuarta edición da subida a Rocas o Eirado do campionato galego de montaña de algo máis de 14 quilómetro, ademais dunha andaina de 20 quilómetros.

Na carrreira, o vence-

dor foi Luis Calvo Castro, seguido de Luis Alberto Martínez e Oscar Piñei-ro facéndose este último co campionato galego de montaña. Iria Fernández foi a primeira muller en che-gar ao parque eólico, lugar onde estaba situada a liña de meta, a segunda posi-ción foi para Elena del Mar Naveiro e a terceira praza conseguíuna Montserrat Carreira.

Máis citasCoa chegada do calor

chegan as nocturnas, e na provincia de Ourense pó-dese participar en dúas de gran prestixio no panorama das populares galegas.

O sábado, 19 de xuño, terá lugar a VI Carreira Nocturna Xinzo de Limia cun percorrido de pouco máis de 6.000 metros po-las rúas de Xinzo. Haberá varias carreiras segundo a idade dos participantes, os máis pequenos correrán ás 20.30 horas, ás 20.45 horas, benxamíns e alevíns, ás 21 horas os infantís e cadetes e ás 21.30 horas será o turno para a carreira absoluta. As distancias a percorrer nas

Podio da categoría cadete na Torre do Castro. /RAMSÉS

Arriba. Os tres primeiros homes en chegar a meta en Sandiás, coa alcadesa. Abaixo Rubén Diz, o gañador chegando a meta. Esquerda, os pitufos na súa proba. /SAMUEL TORRES

outras categorías son 285 metros os pitufos, 500 me-tros os bebxamíns e alevín, e 3.000 metros os infantís e cadetes. A saída e chegada das carreiras será na praza Maior.

Sete días máis tarde, o sá-

bado 26, os populares teñen unha nova cita co asfalto, nesta ocasión en Celanova que chega a súa sétima edi-ción. As carreiras escolares comenzarán a partir das 21 horas, mentras que a carrei-ra absoluta, duns 7.000 me-tros, dará comenzo ás 22.30 horas. Os pitufos percorre-rán unha distancia de 100 metros, mentres que os pre-benxamíns e benxamíns 500 metros e os alevíns, infantís e cadetes farán unha distan-cia de 1.600 metros. O cen-tro neurálxico desta edición será, como en anteriores

anos, a praza Maior da vila.Ao día seguinte, domin-

go 27 de xuño, turno da “IV Carreira do Tangaraño”, no Concello de Barbadás. Esta é, na categoría absoluta, unha carreira de montaña dun percorrido de 10.800 metros e con saída ás 10.30 horas. Antes haberá tres carreira máis; ás 10 horas, 50 metros para os pitufos e comenzo da andaina, cinco minutos máis tarde carrei-ra de 200 metros para os benxamíns e ás 10.15 horas correrán 2.000 metros os xuvenís.

Page 17: 14 Xuñ 2010 - Nº 14

BARRIOS DEPORTIVO14 de xuño de 2010

17PUBLICIDADE

Non puido ser4 C.D. Ourense terá que xogar un ano máis na Terceira División.Redacción

Club Deportivo Ourense tocaralle un ano máis lidiar en campos galegos de Ter-ceira Dvisión. A elimina-toria contra o Constancia, de claro cor ‘rojillo’ desde o principio, decantouse fi-nalmente para o lado dos insulares o que fai que CD Ourense xogue un ano máis na Terceira. O Ourense ía a terras mallorquinas cunha vantaxe dun gol a cero que, á postre, resultou insufi-ciente. Nun segundo parti-do onde os ourensáns foron superiores no xogo despre-gado no campo, pero que non souberon reflectir no marcador, quedaron apea-dos da segunda ronda da fase de ascenso á Segunda División B. O Constancia limitouse, neste segundo

encontro, a esperar as súas ocasións, e estas chegaron en forma de dous goles, un en cada parte. Pola contra, o Ourense, a pesar da súa superioridade, non era ca-paz de batir a meta rival o que o deixaba por segundo ano consecutivo apeado do ascenso.

Próxima tempadaO club contará nova-

mente cos servizos do adestrador Fonsi Valverde quen xa anda a confeccio-nar a plantilla da próxima campaña. Polo momento Sanginés, Oli, Rafa e Jai-me Fernández serán baixa na próxima tempada.

Partido en O Couto entre Ourense e Constancia. /RAMSÉS

O Athlétic leva o torneo de fútbol cadete4 Venceu na final ao Porto por 2-0.Redacción

O Athlétic Club de Bil-bao de categoría cadete alzouse co XIX Torneo Cidade de Ourense/VI Memorial Emilio Parente de fútbol cadete disputado o pasado fin de semana no estadio Miguel Angel de Os Remedios, e despois de gañar na final por dous goles a cero contra o equi-po portugués do Porto. Os dous tanto, un en cada

parte, foron obra do diantei-ro de orixe marroquí Yanis Rahmani, que foi nomeado mellor xogador do torneo.

O Porto chegou á final despois de gañar 3-2 ao Pabellón e 4-0 ao Real Ma-drid na liguiña de grupos; o Real Madrid vencía 4-0 ao Pabellón e xogaría pola terceira praza. Pola súa banda, o Athlétic no seu grupo empataba a cero go-les coa selección ourensá e vencía ao Benfica por 2-1;

o Benfica xogaría o partido polo terceiro posto despois de gañar 1-0 á selección de Ourense.

No partido polo tercei-ro posto, Real Madrid e Benfica facían táboas (0-0) gañando o primeiro na tanda de penaltis. Mesmo resultado entre Pabellón e a selección de Ourense para o quinto posto que se decantouse do lado da se-lección ourensá desde os 11 metros.

O Pabellón, campión do IX Memorial Manuel Quintana Infantil4 Impuxose na final ao Areosa de Vigo por 1-0.Redacción

O Pabellón CF procla-mouse campión do IX Me-morial Manuel Quintana de fútbol Infantil ao vencer na final ao Areosa de Vigo por 1-0 con gol de Miguelín na primeira parte do encontro. O partido foi moi disputado por ambas as dúas escua-dras e con alternancia de ocasións para que subira al-

gún gol máis ao marcador.Da fase de liguiña saíron

os catro equipos semifina-listas. Do grupo A, Val Mi-ñor e Areosa e Deportivo e Pabellón do grupo B. Nas semifinais a igualdade foi a constante, xa que Pabellón e Val Miñor empataron 2-2 e Deportivo e Areosa 1-1; ourensáns e vigueses levá-ronse o premio de disputar a final na tanda de penal-

tis. O Lalín fíxose co quinto

posto despois de desfacerse do Galicia Caranza por dous goles a un mentres que na loita polo terceiro e cuarto posto o Deportivo non deu opción ao Val Miñor e ven-ceu por un contundente 4-1. Na final, o xa comentado, vitoria dos locais por un gol a cero aos vigueses do Areosa.

4ResultadosGrupo AAreosa 1 - Val Miñor 4Galicia Caranza 0 -Areosa 4 Val Miñor 2 - Ga-licia Caranza 1 Grupo BPabellón 2 - Lalín 0Deportivo 7- Lalín 0Pabellón 0 - Deportivo 0

SemifinaisVal Miñor 2 - Pabellón 2 (pp Pabellón)Areosa 1 - Deportivo 1 (pp Areosa)

5º e 6º postoLalín 2 -Galicia Caranza 1

3º e 4º postoDeportivo 4 - Val Miñor 1

FINALPabellón 1 - Areosa 0

Partido de semifinais entre Areosa e Deportivo. /RAMSÉS

A final entre At. de Bilbao e o Porto na que venceo o equipo vasco. /M. REJO

Page 18: 14 Xuñ 2010 - Nº 14

18 BARRIOS DEPORTIVO14 de xuño de 2010

POLIDEPORTIVO

En acción!!!4 Os escolares do ximnasio Fitness Forma participaron no Campionato escolar de Kung Fú en Porriño.Redacción

Con moita ilusión é como se pode definir aos rapaces do ximnasio Fitness Forma de Ourense (R/ Dr. Flem-ming, 45) que participaron no Campionato Escolar. O domingo 13 de xuño, a lo-calidade pontevedresa de Porriño acolleu o campio-nato escolar de Kung Fú. A esta cita acudiron unha expedición de 21 rapaces de entre 6 e 14 anos, do ximnasio Fitness Forma de Ourense, repartidos en cinco equipos: de cinturón amarelo, naranxa, marrón e dous de cinturón verde. Tamén acudiron dúas ex-pedicións do club Barbadás e outras dúas do Colexio Guillelme Brown, ámbalas dúas escolas dirixidas por Fitness Forma.

Este torneo é clasificato-rio para o campionato de España que se celebrará

en Vigo, e dos ourensáns varios partían con posibili-dades de acceder ao torneo nacional.

O Kung Fú escolar, que é por equipos, é un deporte moi completo e onde apren-den a traballar en equipo e unidos, non é de caracter competitivo, máis ben de exhibición, aínda que levan trofeos os tres primeiros de cada categoría. Os rapaces do ximnasio Fitness Forma traballan duro para facer un bo papel no campionato es-colar de Porriño e para iso, adestran tres horas á sema-na.

O Wushu galego deuse cita en Verín4 Máis de 200 deportistas participaron no Campionato Galego e Copa Deputación.Redacción

O pavillón municipal de Verín acolleu o Campio-nato Galego e Copa Depu-tación de Wushu nos que se deron cita máis de 200 deportistas galegos.

Nas categorías indivi-duais, infantil, cadete e jú-nior de Wushu moderno, os competidores da nosa provincia acadaron moi bos resultados. Así, o C.D. Arco conseguía 3 ouros, 2 pratas e 4 bronces; un ouro e unha prata o Dinámic e un ouro e unha prata para o Artai na categoría infan-til. En cadetes, 2 ouros e 2 pratas para o Artai e un ouro, unha prata e un bronce para o CD Arco. En júnior, o Dinámic levo-use 2 ouros e 2 pratas e un bronce o Artai, destacando en júnior Brais Ansia con

dous ouros e sendo un valor para a selección galega para o próximo campionato in-ternacional de Ourense que se celebrará os días 12 e 13 de xuño no pavillón dos Re-medios da capital.

Despois foi o turno das categorías júnior e sénior de estilos tradicionais de Wushu, destacando o Di-namic en júnior tradicional con tres ouros, unha prata e un bronce, e en sénior tradi-cional cun ouro, tres pratas e un bronce. En Equipos sincronizados, un ouro en Taichi e prata e bronce en Formas Sincronizadas con sable. Tamén se celebrou a modalidade de combate ao punto, Qingda, no que des-tacaron os deportistas do Ximnasio Artai, que de 10 categorías conseguiron sete medallas de ouro e sete de prata.

Os rapaces do Body Fitness posando cos trofeos obtidos recentemente. /RAMSÉS

Concentración nos exercicios. /RAMSÉS

Os rapaces adestrando para o escolar. /RAMSÉS

Os participantes do campionato galego de Wushu.

Os rapaces do ximnasio Fitness Forma adestran unha media de tres hora á semana

Page 19: 14 Xuñ 2010 - Nº 14

BARRIOS DEPORTIVO14 de xuño de 2010

19TENIS

Page 20: 14 Xuñ 2010 - Nº 14

20 BARRIOS DEPORTIVO14 de xuño de 2010

EDUCACIÓN E DEPORTE

O Cidade As Burgas xa está na elite do fútbol sala4 Acompañarán ao Ponte Ourense na División de Honra.

Esperando ao final da liga4 As de isidro Grela perderon 2-4 no últtimo encontro desta liga nos Remedios.R. Torres

Sen nada que xogarse o cadro pontino, xogou o seu último encontro desta tempada en casa, o rival, o Rioja Diamante, un dos mellores equipos da liga, e, proba delo foi o visto na cancha do anexo dos Remedios. As rioxanas empezaban marcando nun gol de vaselina ao botar unha falta, pero a capita-na Bea poñía as táboas e máis tarde adiantaba ao cadro ourensán de potente disparo fóra da área, pero o Diamante volvería a por o empate no marcador co que se chegou ao descan-so. O segundo tempo foi de total dominio das rioxanas que reflectiron a súa supe-rioridade no marcador cun 2-4 final e con ocasións de

levarse unha renta maior de terras ourensás.

Nos prolegómenos do en-contro rendíuse homenaxe ás categorías inferiores da Ponte.

Desde fai varias xornadas o Ponte Ourense ten asegu-rada un ano máis, e por ter-ceiro ano consecutivo, a súa permanencia na máxima ca-tegoría do fútbol sala nacio-nal. Ponte Ourense pechará a campaña 2009-2010 o sá-bado 19 de xuño en Madrid contra o Móstoles, verdugo das pontinas nas semifinais da Copa de España disputa-da en Ourense.

Redacción

Despois dunha grande campaña no cuarto grupo da División de Prata acadando a segunda praza, tocoulle xogar a eliminatoria de as-censo á División de Honra contra o Tecuni Bilbo.

O primeiro partido xo-gouse na central do pavillón municipal ourensán. As xo-gadoras de Manolo Codeso despois dun gran partido remataron o encontro cunha diferenza dun gol, 3-2.

Con esta exigua vantaxe acudían a terras bilbaínas para disputar o partido de volta, o que se presentaba coma un encontro duro e trabado. Pero as ourensás non deron opción ás vascas para poder remontar a eli-

minatoria e no minuto 14 xa gañaban por un a cero, resultado co que se chegaba ao descanso. Na reanuda-ción, de novos as ourensás daban un golpe na mesa e puñan o 0-2 no electrónico a falta de nove minutos. Dous minutos máis tarde, as locais

recortarían diferenzas, 1-2, pero nada máis sacar de cen-tro de novo o Cidade poñía terra de por medio con outro gol (1-3). O Bilbo intentá-bao e froito do seu esforzo chegaba o 2-3 pero foi só un espellismo xa que un minuto máis tarde volvían os dous

goles de diferenza para o cadro galego que remata-rían a faena cun golazo de Vanessa nos intres finais de encontro deixando un claro 2-5 para as de Mano-lo codeso e con el o ascen-so á División de Honra do fútbol sala feminino.

O Cidade recibido polo alcade e concelleiro de deportes tralo ascenso. /RAMSÉS

Para o fin de tempada, o I Trofeo Barrios Deportivo de fútbol sala4 Será do 30 de xuño ao 3 de xullo no pavillón dos Remedios.R. Torres

Xa está todo preparado para a primeira edición do Trofeo Barrios Deportivo de fútbol sala. Nesta pri-meira edición xogarán oito equipos: o campión de copa

(aínda por determinar), o campión de provincial (Feás), os campións de 1ª e 2ª de Ourense (Lasider e Mc Donald´s, respectiva-mente), os campións de 1ª e 2ª de Carballiño (Fisaúde e Bar 2 tempos, respecti-

vamente), o campión de Celanova (Outomuro) e un equipo convidado que nesta primeira edición será o equipo de autonómica, o Mobles Andrade.

Os días que se disputarán este trofeo serán o mércores

30 de xuño, e xoves 1 de xullo os cuartos de final (ás 19.30 e 21 horas), o venres 2 de xullo semifi-nais (ás 19.30 e 21 horas), e o sábado, 3 de xullo, ás 16 horas xogarase o 3º e 4º posto e ás 18 horas terá lugar a gran final. Todos os encontros disputaranse no pavillón municipal dos Remedios.

Con este trofeo pretén-dese premiar aos mellores de cada liga da provincia de Ourense e pór o punto e final á tempada.

Ponte Ourense pecha a liga o sábado 19 contra o Móstoles.

Encontro disputado en Os Remedios. /ARQUIVO

Page 21: 14 Xuñ 2010 - Nº 14

BARRIOS DEPORTIVO14 de xuño de 2010

21POLIDEPORTIVO

Page 22: 14 Xuñ 2010 - Nº 14

22 BARRIOS DEPORTIVO14 de xuño de 2010

POLIDEPORTIVO

As ofertas deportivas para o deporte poden ser de diferente índole, elixin-do o practicante aquela que mellor se adapte ás súas aptitudes e condi-cións físicas:

- Carreira continua (jogging ou footing). Co-rrer de forma continuada, cómoda, relaxada e en equilibrio de osíxeno. Ta-mén pode facerse de for-ma fraccionaria (5´-10´-15´...), e nos descansos realizar exercicios de mo-bilidade articular, coordi-nación e estiramentos.

- Circuítos naturais. Consiste en percorrer va-rios quilómetros en carrei-ra, camiñando, á vez que se fan diferentes exerci-cios. Están instalados en parques, bosques e outros espazos. É un percorrido que permite adestrarse só, cos amigos ou coa familia.

- Aeróbic. Método de adestramento para unha mellora xeral. Os exerci-cios ximnásticos adoitan ir acompañados sempre pola música.

- Bicicleta. Ben por es-trada ou por montaña.

- Natación. Realizala de forma continuada.

- Baloncesto, fútbol, hockey, atletismo, balon-mán...

- Marcha, sendeirismo, montañismo, excursionis-mo.

4O RiNCóN DO MeSTRe

Deporte e saúde: actividades a practicar

Recetario positivo e ne-gativo do deporte

O positivo- O ideal á hora de entre-

nar é disfrutar e ser feliz.- Facer deporte é o cami-

ño ideal para facer amigos- Máximo respecto ao

opoñente se gañe ou se per-da.

- Esfórzome ao máximo para mellorar, cando entre-no e xogo.

- Hai que facer deporte todos os días.

- É necesario facer de-porte e alimentarse ben para estar sano.

- As normas no deporte son necesarias e imprescin-dibles no seu cumplimento para que aflore o respecto.

O negativo- O máis importante á

hora de entrenar e xogar é gañar como sexa.

- Para facer deporte non necesito amigos.

- Só saúdo ao contrario cando gaño.

- Só me esforzo o xusto para entrenar e xugar.

- Facer deporte todos os días non é necesario.

- Só como o que máis me gusta.

- Se gaño facendo tram-pas e protestando, é bo.

Alfonso Vilachá, profesor de Educación

Física e entrenador nacioal de fútbol

Vistahermosa, gañador das escolas DeportivasO equipo do CEIP Vistahermosa de fútbol sala das Escolas Deportivas, foi o campión

da 2ª división masculina en categoría alevín despois de vencer na final disputada en Oira ao EDO Anexa por 5-4. O equipo mantívose imbatido durante todo o campionato.

Liga municipal de fútbol salaO equipo de A Carballeira foi o campión da primeira edición da liga municipal de fút-

bol sala que se disputado no campo do mesmo barrio. A Carballeira conseguiu 43 puntos seguido de Estación F.S. con 42 e terceiro o Club Momentos con 40 puntos.

O domingo, 27 de xuño levarase a cabo un partido de fútbol sala entre un combinado de xogadores do CD Ourense e unha selección provincial.

FeSTAS De OuReNSe

Fernando Varela anima aos ourensáns a participar nas actividades deportivas4 O Open de Paint Ball é a actividade máis novidosa dun programa de festexos que arrin-ca coa cita ineludible do Ralli de Ourense.Paula Lodeiro

Coa 43ª edición do Ralli de Ourense como aperiti-vo, o programa das festas de Ourense inclúe unha morea de actividades re-lacionadas co deporte, desde os máis tradicionais torneos de fútbol ao máis novidoso Open de Paint-Ball ou a estrea do 1º Tor-neo de fútbol sala Barrios Deportivo. O concelleiro de Deportes, Fernando Varela, destacou o alto número de actividades de-portivas, tanto de exhibi-ción como participativas e animou aos ourensáns a participar nelas.

Os afeccionados ao ra-lli teñen a súa cita os días 18 e 19 de xuño. Nesta última xornada, desenvol-veranse ademais outras prácticas deportivas en diversos puntos da cidade: a primeira delas, o Cam-pionato Galego e a fase previa do Campionato de España de Halterofila du-rante todo o día no pavi-llón dos Remedios, lugar que compartirán co Tor-

neo Internacional de Tae-kwondo. O Torneo Eduardo Gamillo de fútbol 7 alevín celebrarase nos Salesianos, tamén durante toda a xor-nada, mentres que o parque Barbaña acollerá o Open de Paint-Ball, actividade na que poden participar os maiores de 16 anos. Outro dos destacados do día é o Descenso do Miño en Pira-gua, competición que se po-derá contemplar desde ás 17 horas no encoro de Velle.

O domingo 20 é o turno para a natación sincroniza-da en horario de mañá na piscina Rosario Dueñas. Novamente, outra xorna-da de paint ball no parque Barbaña e os futboleiros te-ñen unha cita co Memorial Lito de fútbol alevín duran-te todo o día no estadio do Couto.

Ao longo de toda a sema-na (de luns 21 a domingo 26) disputarase varias com-peticións de volei praia, entre elas o Campionato Galego (venres e sábado) e o Torneo 3x3 de afeccio-ados (o domingo). Será en horario de tarde entre se-

mana, durante todo o día o sábado, e novamente de tarde o domingo. A cita é en Oira.

O xoves 24 a Cruz Ver-mella programa a súa an-daina solidaria, cunha ruta de 14 quilómetros con saí-da ás 21 horas da sede da entidade benéfica.

O sábado 26, disputa-rase o torneo de chave do Corpus (por equipos) na Alameda, a partir das 16 horas. Desde esa mesma hora dispútase un maratón de fútbol sala no pavillón dos Remedios que conti-nuará na xornada do do-mingo. O 27 haberá novo torneo de chave, neste caso entre as seleccións de Santiago, A Coruña, Satna Margarita e Ourense, a partir das 10 horas.

Xa na semana posterior ás festas, chega a primeira edición do Torneo de fút-bol sala que organiza este periódico, Barrios Depor-tivo. Será do 30 de xuño ao 3 de xullo nos Reme-dios, e nel participan os mellores equipos das ligas ourensás.

Jorge encinas, sexto na Copa do Rei de tiro olímpicoRedacción

O tirador ourensán Jor-ge Encinas Arnau acadou a sexta posición na final da modalidade de carabi-na 3x40 de tiro olímpico, na Copa do Rei desputa-da esta fin de semana en Madrid. Encinas logrou entrar na final ao acadar unha media de 1.127 pun-tos entre as dúas tiradas que conforman a Copa do Rei, a de Valencia en abril e esta de Madrid. Fíxoo no posto número 8 e tralos dez tiros da final conseguiu ascender dúas posicións ata o sexto pos-to, obtendo diploma. Esta é a mellor clasificación do tirador ourensán, de 41 anos, desde que en 2008 retomara a competición.

Ademais, o resultado fi-nal, 1.222,6 puntos, supón un novo récord galego en 3x40. “O resultado é moi positivo, non só polo récord, senón pola miña actuación durante a final”, sinalaba o deportista.

Jorge Encinas. /ARQUIVO.

Page 23: 14 Xuñ 2010 - Nº 14

BARRIOS DEPORTIVO14 de xuño de 2010

23

Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-32.323.925. Depósito Legal: OU 185-2009. Redacción: r/ Valle Inclán 25 2º Of. 15 - 32004 Ourense. Tel: 988 239 634. Correo-e: [email protected]. Distribúe: J Publicidad. Imprime: PublicacionesTameiga.Director: Ramsés Torres. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción: Paula Lodeiro, Ramsés Torres, Óscar Blanco. Fotografía: Ramsés Torres, Paula Lodeiro, Alberto Del Río. Colaboracións: Saudeter, Alfonso Vilachá.

Nº14 - Ano: I - 14 de xuño 2010 - Difusión: 10.000 exemplaresEste periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Impreso en papel 100% reciclado.Se ten algún problema co reparto, pregámoslle que nolo comunique no teléfono 988 239 634.

A PREGUNTA DO MES

Fuches algunha vez ao Rali de Ourense?

Kike e Javier:“Fun moitas veces

o ralie porque pasa polo meu pobo, Esgos e aínde me segue gus-tando velo”.

Antonio Iglesias:“Iba case sempre aos

tramos máis cerca da cidade e tamén a Esgos, Canón do Sil e Castro de Beiro, para min o tramo máis bonito”.

Alejandro Mera:“Coñezo o ralie pero

son máis de tenis ou tria-tlón que de deportes de motor”.

Manuel Viso:“Fai moito que non

vou pero si que me gus-ta. Lémbrone de fai 3 ou 4 anos que viñeron uns Nissan”.

Pilar e Moncho:“Antes sí que ía pero

agora os tramos están lonxe e é complicado chegar”.

Borja Fernández:“Sempre que podo

vou, por ver os coches e porque me gusta todo o relacionado cos co-ches”.

Roberto Sáez:“Vou sempre ao tramo

do Sil e este ano espero ir. Gústame todo o rela-cionado cos coches”.

Gabi e Delfín:“Non son de Ourense

pero sí que o coñecía. Fai que a cidade sexa nombrada fóra dela”.

Page 24: 14 Xuñ 2010 - Nº 14

[10.000 exemplares directos ás súas mans]BARRIOS DEPORTIVO14 de xuño de 2010