revista amsgo! nº 1

24
AMES LIDERA A TECNOLOXÍA PARA A FABRICACIÓN DE DRONES UN PROXE CTO DE ALTOS VOOS [REPORTAXE] Hepatite C, a conta atrás [ENTREVISTA] Nazaré López, de Radio Ames REVISTA GRATUÍTA MENSUAL / Xaneiro 2015 / Nº 1 LÉVAME SON GRATIS !

Upload: revista-amsgo

Post on 07-Apr-2016

255 views

Category:

Documents


19 download

DESCRIPTION

Xaneiro de 2015

TRANSCRIPT

Page 1: Revista AMSGO! nº 1

AMES LIDERA A TECNOLOXÍA PARA A FABRICACIÓN DE DRONES

UN PROXECTO DE ALTOS VOOS

[REPORTAXE]Hepatite C, a conta atrás

[ENTREVISTA]Nazaré López, de Radio Ames

REVISTA GRATUÍTA MENSUAL / Xaneiro 2015 / Nº 1

LÉVAME

SON GRATIS !

Page 2: Revista AMSGO! nº 1

2 xaneiro 2015

REPORTAX E

REVISTA DE ACTUALIDADE DE AMES Xaneiro 2015 - Número 1

SUMARIOREPORTAXES 2

ESTÁ DE ACTUALIDADE 8

ENTREVISTA 10

TENDENCIAS 12

O MEU NEGOCIO 14

CULTURA E LECER 15

DEPORTE 18

MOTOR 19

SINATURAS 20

COLABORAWEB 22

SERVIZOS 23

A NOSA XENTE 24

AMSGO!Revista de actualidade de Ames

Edita: AMSGO!

Dirección: Carolina CarballedoComercial: Ana SeijasDiseño y maquetación: Juan Feáns

[email protected]éfono: 620 96 75 [email protected]éfono: 629 34 67 08f : revistaAMSGOt : @revistaAMSGO

Imprime: Galicia Editorial, S.L.Depósito legal: C 585-2014

Sen tempoOs afectados por hepatite C calculan que en Galicia son arredor de 3.000 os pacientes que precisan “con urxencia” acceder á nova xeración de fármacos para esta enfermidade, medicamentos dos que se ten constancia que están a ter unha eficacia no 90% dos casos nos que se probou.

O tratamento tivo autorización en España o pasado mes de outubro e desde entón, os pacientes insisten a diario ás autoridades para que actuén con premura porque “o tempo xoga na nosa contra”. Son palabras do veciño amiense Quique Costas, que reside no Milladoiro dende hai máis de 20 anos e que nos últimos meses estar a ser unha das caras visibles dos doentes con hepatite C en Galicia xa que é voceiro da plataforma de afectados galegos.

DENDE O MILLADOIROPiden axilidade nos prazos, pero tamén que modifiquen os criterios. Porque ata o momento, o medicamento só se está

financiando para os casos de cirrose descompensada ou nos casos con criterios analíticos ou clínicos graves.

“Son os pacientes que están en fase 4 e, dentro desta, hai un grupo que se queda fóra pese a que son cirróticos. Para nós, estes son uns criterios inaceptables. É algo así como se a un paciente de cancro non se lle da o tratamento ata que teña metástase. Non ten sentido ningún”, asevera Costas. El é un deses casos nos que, a priori, o novo tratamento non chegará, xa que, pese a ter cirrose, non forma parte do grupo de persoas que cumpren os criterios estipulados ata o momento.

CON RETRASODende a plataforma denuncian ademais que, para os que chegan, o está a facer tarde e a contagotas. Fálannos de casos próximos da nosa área sanitaria, na que falan da situación dunha veciña de Santiago, que está en lista de espera trasplantes por ter

tumores hepáticos e sometida a tres intervencións para neutralizar estes tumores que, pese a ter solicitado este tratamento en outubro, en xaneiro non tivera resposta. Tamén nos contan o caso dun home que ten pasado xa por dous trasplantes de fígado, que está en fase dous con dano hepático no segundo fígado que se lle trasplanta e ao que tampouco se lle deu resposta a data do mes de xaneiro.

REXISTRO DE PACIENTESPola súa parte, polo momento, o Goberno creou un comité de expertos que antes de Semana Santa terá listo un plan nacional sobre como abordar a hepatite C en España. Dende a Xunta garanten que, mentres, “ningún doente que cumpra os criterios establecidos polos expertos quedará sen tratamento” e avanza que co Ministerio están elaborando un rexistro cos pacientes falegos que poderían acceder aos novos medicamentos.

Así están os enfermos de hepatite C, á espera dun tratamento que, denuncian, está chegando tarde e a contagotas para moitos pacientes para os que os días xogan na súa contra. O voceiro dos afectados en Galicia, Quique Costas, é veciño de Milladoiro e fala con nós sobre as necesidades do colectivo Texto: CCP

Page 3: Revista AMSGO! nº 1

3xaneiro 2015

1O SERGAS APROBOU 90 TRATAMENTOS.

Ata o momento e desde o mes de outubro, o Sergas aprobou en Galicia un total de 90 tratamentos cos novos fármacos. Segundo a administración autonómica, supón o 96% dos solicitados polos médicos na nosa comunidade nestes meses.

2A PREZO DE OURO. Segundo os expertos, un

tratamento combinado con este novo fármaco para doentes con hepatite C pode oscilar entre 50.000 e 60.000 euros.

Quique Costas, veciño do Milladoiro, soubo que era portador do virus 20 anos atrás, “diagnosticado de forma accidental”, conta. Naquel momento a súa calidade de vida era boa, a súa enfermidade non avanzaba e o informe indicaba que “non había tratamento para a miña hepatite porque o tipo de virus parecía que non daba resultado cos medicamentos que había e a decisión foi non tratar”. Por iso, durante moito tempo chegou a facerse a idea de que non estaba enfermo. Hai catro anos foi sometido a unha nova proba que o situou na fase 3 da enfermidade. Someteuse ao duro tratamento dispoñible durante 24 semanas nas que “as semanas boas me tiraba dous días na cama e as malas estaba ben un día”, e, aínda que a carga viral baixou primeiro, ao final do tratamento convertiuse nun enfermo incurable, “un cirrótico compensado”. explica. Está agora en fase catro “e erguéndome cada día coa certeza de que vou a peor, cun elevado risco de tumor hepático e exposto a sangrados esofágicos internos”, indica recordando que “pese a iso, non cumpro os criterios para recibir o tratamento e sei que necesito empeorar aínda máis para recibilo”, ironiza.

“Estou en fase cirrótica e para ter o tratamento teño que empeorar”

Quique Costas, doente de hepatite C

Coñece máis.

OCafé daVila

Ameneiral, 10BERTAMIRÁNS

Page 4: Revista AMSGO! nº 1

4 xaneiro 2015

REPORTAXE

De Biduído a Santiago... A Xunta ten previsto crear varias sendas peonís e carrís bici para conectar Ames, Santiago, Boqueixón, Brión, Teo, Val do Dubra e Vedra. Polo de agora, proxecto está en estudo e quixemos saber que opinan algúns dos potenciais usuarios Texto: CCP

3DE UTILIDADE. Unha característica clave, que

debe ter en conta á ahora de deseñar alternativas, debe ser a da utilidade, como pensa Xan Duro.

“Se estamos pensando en mobilidade cotián, debe respostar as necesidades desa mobilidade: debe conectar cos destinos máis importantes, pola vía máis directa mantendo unhas pendentes razoábeis. No país hai abondo exemplos de carrís bici que saen de ningures para levar a ningures”, asevera.

2ACONDICIONANDO PISTAS. Como un paso independente á posta en marcha de carrís

bicis na comarca advirte Vicente Otero da importancia de pensar na comunicación transversal á hora de deseñar alternativas para o tráfico sobre dúas rodas, xa non só entre os núcleos de poboación máis amplos. “Mentres que un coche pode ir de Milladoiro aos Tilos en menos de 10 minutos, unha bicicleta pode está obrigada a ir a Santiago dando unha volta enorme estando separados ambos enclaves por apenas 2000 metros”. O acondicionamento dun par de pistas pode solucionar estes problemas, argumenta.

Entidades como a asociación cívica Composcleta ou Verdegaia levan anos reclamando melloras de mobilidade na comarca

de Santiago. Entre os seus membros atopamos a Vicente Otero e Xan Duro, ambos con experiencia sobre a bicicleta no

concello amiense. Vicente, de Composcleta, traballou durante catro anos en Bertamiráns mentres residía en Teo e coñece

ben as pistas do contorno amiense a dúas rodas. Caso similar a Xan Duro, de Verdegaia. Estas son as súas propostas.

4EN BICI POLA AUTOVÍA. “Hai que pensar que é un estudo cun prazo dun ano e cun custo enorme, de cen

mil euros que terá moitas combinacións pero como posibles medidas está o uso das autovías e vías especiais por parte dos ciclistas (permitido na lei de tráfico se non está prohibido expresamente na entrada) prestando atención á adaptación das entradas e saídas e advertindo aos condutores do uso das beiras por parte destes”, argumenta Vicente Otero.

5PEÓNS, POLO CAMIÑO. Dende a

administración autonómica están a traballar na posibilidade de poñer en marcha carrís para bicis, pero tamén para peóns. Neste caso, Vicente Otero suxire que os peóns que vaian de Milladoiro a Santiago e viceversa poderían usalo tramo do camiño de Santiago “se este fose acondicionado axeitadamente, necesita especial atención o tramo do concello de Santiago no que apenas pode pasar unha persoa”,

6CARRIL PARALELO Á ESTRADA. Para Xan Duro, o recorrido para

conectar Ames e Santiago, por exemplo, debería ser en paralelo á estrada “agás en zonas con forte pendente para o que deberían buscar trazados alternativos”. Vicente Otero chama a que se aprenda dos “erros” de experiencias como o feito entre Vigo e Baiona pero cree que sería importante traballar en que se puidesen delimitar dous carrís extras por sentido, un para as bicicletas e outro para os peóns nas estradas principais que unen Santiago con Milladoiro e Bertamiráns, e tamén entre estes e os principais núcleos veciños (p.ex Negreira, Cacheiras...

1TRAMOS SEGUROS. Para Xan Duro, as últimas infraestruturas construídas no traxecto Santiago-

Milladoiro “agravaron exponencialmente a ameaza do tráfico motorizado” sobre as persoas que van a pé ou en bicicleta, polo que considera que debe primar a seguridade. Algo no que tamén incide Vicente Otero, quen pide unha mellora dos beirados eliminando obstáculos, mantendo unha limpeza axeitada de lixo e vexetación e sinalizando o uso compartido. “Nas rúas normais habería que advertir aos condutores da presenza de ciclistas e peóns e axeitar as velocidades nos tramos máis estreitos ou que non teñan beiras”

Xan Duro de Verdegaia

Vicente Otero de Composcleta

Page 5: Revista AMSGO! nº 1

5xaneiro 2015

De Biduído a Santiago... ¡en bici!

Page 6: Revista AMSGO! nº 1

6 xaneiro 2015

REPORTAXE

Drones ‘made in’ MilladoiroAquí se está a xestar o que será o primeiro dispositivo non tripulado con tecnoloxía galega, que saltará ao mercado neste primeiro semestre. Os seus impulsores son pioneiros no sector e traballan tamén na formación para facilitar o permiso para pilotar Texto: Carolina Carballedo

¿Quen non escoitou nos últimos meses falar dos drones? Para a topografía, a fumigación e con-trol de cultivos ou mesmo para o control de incendios. As apli-cacións dos dispositivos non tri-pulados non deixan de medrar e son moitas as empresas que es-tán a tomar nota emprendendo neste campo.

Pero en Ames atopamos unha das pioneiras. O seu responsable é Marcos López, enxeñeiro técni-co topográfico e xerente de Car-togalicia. Comezaron cando “ni-guén pensaba aplicar para usos profesionais estes dispositivos, que moita xente consideraba un xoguete”, di. E deso fai oito anos.

TECNOLOXÍA PROPIA Tras incorporarse ao mercado como intermediarios, a través de helicópteros dunha marca alemana e un modelo de avión de fabricante americano que se monta en Eslovenia, agora están desenvolvemento eles mesmos a tecnoloxía que posibilita a posta en marcha dos drones. De feito, serán os responsable do primei-

ro dron galego, que estará no mercado este semestre. Fano en colaboración co centro Gradiant e empresas como Televés, cun presuposto de máis de 1,6 mi-llóns de euros. “A súa aplicación inicial é cartografiar pero podera-se adaptar para a vixilancia, por exemplo”, engade López.

DENDE O POLÍGONOAínda que para o dron gale-go están a traballar en colabo-ración con outras empresas, o seu día a día transcorre no polígono de Novomilladoiro.Alí traballa un equipo dunhas dez persoas “con perfís varia-dos, dende inxeñeiros infor-máticos, de teleomunicacións, industriais...”, explica Marcos.

E tamén forman aos futuros pilo-tos de drones, para os que organi-zan unha completa formación. A vindeira data será o 16 de febreiro.

Nun sector con amplas pers-pectivas de crecemento, a empresa amiense, que conta cunha sede en Panamá, pre-vé nova apertura en Dubai.

1M O I T O

MÁIS QUE UN EQUIPO DE

RADIOCONTROL. A súa tecnoloxía, as capacidades de voo, as autonomías ou a súa electrónica e o feito de que permita gardar e transmitir información son algunas das características que diferencian os drones dun tradicional equipo de radiocontrol, advirte López.

2O SEU USO ESTÁ LEXISLADO, PERO... a lei chegou un tanto apresurada e deixou no limbo algúns requistos que deben ter

os dispositivos. É o que opina Marcos, quen bota en falta que “se regulen os elementos de seguridade que deben ter”.

3SEMPRE CON CARNÉ PARA PILOTAR. Requisito indispensable para manexar este dispositivos é o de ter unha licencia para

pilotalos pero, iso si, tratase de licencias para cada tipo de modelo de dron, explica Marcos López. Aprobar unha proba práctica, outra teótica e un psicotécnico son requistos para obter o permiso.

4PROHIBIDOS SOBRE AS CIDADES. Poden voar sobre zonas non habitadas e, por agora, a lei non permite o seu uso en cidades ou

sobre aglomeracións de persoas ao aire libre. Polo tanto, e, como indica a Axencia Estatal de Seguridade Aérea, están prohibidos en parques de cidades, praias cheas de xente ou campos de fútbol.

5ÚTIL PARA DESPREGAR REDES WIFI. Asegura López que en España non sería viable nin técnica nin legalmente a proposta

que lanzara a empresa Amazon hai uns meses para utilizalos suplindo á mensaxería tradicional nos seus repartos, “pero si podería ser perfectamente viable a proposta de Facebook que estuda o seu uso para despregar redes wifi incluindo repetidores neles”.

6EN CINCO ANOS TRIPLICARASE O INVESTIMENTO. O dos dispositivos non tripulados é un sector en auxe. Estímase que de

aquí a 2020 se cheguen a triplicar os investimentos neste campo.

Marcos López, xerente de Cartogalicia

Coñece máis.

Page 7: Revista AMSGO! nº 1

7xaneiro 2015

Drones ‘made in’ MilladoiroAquí se está a xestar o que será o primeiro dispositivo non tripulado con tecnoloxía galega, que saltará ao mercado neste primeiro semestre. Os seus impulsores son pioneiros no sector e traballan tamén na formación para facilitar o permiso para pilotar Texto: Carolina Carballedo

Page 8: Revista AMSGO! nº 1

8 xaneiro 2015

ESTÁ DE ACTUALIDADe...ESTÁ DE ACTUALIDADE...

Ruidos (políticos) no cemiterioO Goberno local aprobou de xeito inicial o regulamento do cemiterio Municipal.

Esta normativa recolle as condicións de uso e de concesión de nichos, panteóns e columbarios que son propiedade do Concello.

Os aspectos económicos sobre o uso do camposanto regularanse a través da correspondente ordenanza fiscal que se aprobe ao efecto.

O goberno municipal afirma estar traballando para buscar a mellor fórmula de xestión desta infraestrutura municipal. Os Socialistas de Ames pediron ao Goberno municipal a inmediata

Turismo de Noia e Muros impulsa unha variante do Camiño que pasa por AmesA asociación turístico comarcal Ría Muros Noia vai a convocar a todas aquelas persoas con intereses culturais, históricos, comerciais, deportivos sobre a Ruta xacobea por esta ría co fin de constituír un colectivo que sirva como motor para a oficialización e posta en marcha dunha variante do Camiño inglés a Santiago.

As referencias históricas permiten solicitar unha variante marítima con chegada aos portos de Muros, Porto do Son, ou Freixo Outes) ou Noia, que seguirían por terra polos concellos de Lousame, Rois, Brión e Ames ata Santiago.

A UTE Acciona - Espina faise cargo da auga en febreiroA nova concesionaria ofrecerá o servizo de abastecemento e depura-ción das augas do Concello de Ames e tamén se encargará da xestión do lixo. Conta, na actualidade, cuns 14.000 abonados. Para calquera xestión, os usuarios deberán achegarse a partir do vindeiro luns, día 2, á nova oficina da rúa Ameneiral - 18, de Bertamiráns ou ao local municipal do Milladoiro, na rúa de Abaixo, número 10.

Cómpre lembrar que o motivo polo que o Goberno local adxudicou a esta compañía a xestión da auga foi, principalmente, polo importan-te aforro que suporá para as arcas municipais. A duración do contra-to é dun máximo de nove meses.

Preséntase Pacto x Ames Os de Pacto por Ames invitaron a todo o mundo á presentación do seu candidato á alcaldía, Ramón García Argibay, para o 30 de xaneiro, na Casa da Cultura do Milladoiro, ás 21 horas.

A coincidencia do evento coa saída deste primeiro número impíde-nos afondar sobre o evento, pero estes independentes amienses de tinte conservador xa adiantaron o seu eslogan: “queremos ser a túa voz”.

posta en funcionamento do Cemiterio. Para os de Miñones, «tantos anos de retraso só fomentaron o deterioro das instalacións existentes en Os Batáns e ocasionou que o gasto necesario para a súa apertura teña que ser elevado.

Page 9: Revista AMSGO! nº 1

9xaneiro 2015

Nerea Montes, do ies Bertamiráns, representante de Galicia na olimpiada española de bioloxía Nerea Montes Pérez, alumna de segundo de Bacharelato no IES de Bertamiráns, clasificouse primeira na Fase Autonómica Galega da X Olimpíada de Bioloxía. A esta proba, que tivo lugar o pasado 16 de xaneiro, presentáronse un cento de escolares de toda Galicia.

O alcalde, Santiago Amor, xa felicitou no nome do Concello á estudante amesá por este éxito e desexoulle boa sorte na proba nacional, que se celebrará en León no mes de marzo.

Vigo, cidade da que é natural Nerea, acolleu o certame autonómico, consistente en responder 85 preguntas tipo test e na descripción dos contidos de 25 fotografías. A protagonista salientou que, nalgúns casos, as cuestións esixían coñecementos por riba do nivel medio do Bacharelato. Pero a estudante amesá estaba sobradamente preparada para este reto. Houbo que sacrificar moitos recreos. Ademáis contou coa axuda dos dos docentes do IES Lola Romalde, a súa profesora, e Roberto Amarelle.

Page 10: Revista AMSGO! nº 1

10 xaneiro 2015

ENTREVISTAENTREVISTAENTREVISTA

Forma parte do noso recente acervo cultural. Entrou nas nosas casas a través da televisión e logo dedidiu acompañarnos desde a radio, pero sempre sen esquecer a súa vocación dramática. Naza-ré López, responsable da radio municipal do Concello de Ames é unha entusiasta dos medios feitos para os cidadáns contando cos ci-dadáns. Por iso non é de estrañar que do proxecto radiofónico de Radio Ames teña formado parte tanta xente, e que do mesmo te-ñan xurdido outras actividades culturais.

É capaz de contaxiar da súa paixón teatral ata ao máis insípido e converter un heteroxéneo grupo de persoas que coinciden inciden-talmente nunha sala nun grupo de teatro ou en actores de seriais radiofónicos (vivino en primeira persoa).

Na madurez da súa carreira trans-mite no seu xesto a tranquilidade de quen, aínda que sempre en alerta, si coñece ben por onde pisa.

Presume de Ames. A amalgama de xentes e culturas que conviven nos seus dous núcleos, O Milladoi-ro e Bertamiráns e un terceiro am-biente máis tradicional da xente

das parroquias, fan que a conduc-tora do Magazine local non bote de menos as grandes urbes gale-gas, nin mesmo Madrid ou Barce-lona para atopar que contarnos, no seu programa Somos Ames.

_Resulta doado facer nun conce-llo como o de Ames unha radio municipal dinamizadora da súa veciñanza?

Este é un concello con 30.000 ha-bitantes, 41 nacionalidades, o nú-

mero dous en canto a universita-rios censados... Cústame ás veces dar a entender que traballar neste concello, pegadiño a Santiago é como traballar en Madrid, nun-ha gran cidade, porque temos de todo.

_Queres dicir que ten a mesma diversidade, que comparte en me-nor poboación semellantes pro-blemas?

_Por exemplo, si se achega o tem-po do Ramadán, pois existe un colectivo numeroso de veciños que o practican e hai quen o pode explicar.

Sucede unha noticia de impacto. Pois nós podemos tratala desde unha perspectiva amesá. Imaxina a quen non lle gustaría ter a Carra-cedo, por poñer un exemplo vivin-do no seu concello e poder dispo-ñer deste prestixioso investigador para ofecer una explicación cien-tífica a un determinado suceso.

Actores, políticos, profesores... vi-ven ao noso redor. Compostela, polas circunstancias que todos sabemos, foi dando de vivir aos concellos limítrofes (sorrí) e iso fixo deste concello un municipio moi privilexiado, no sentido que estamos a falar.

Sintonizando a radio municipal chega ata nós unha voz, cálida, cercana, experta e facilmente recoñecible. Nazaré López leva case unha década apuntalando un proxecto que vertebra unha comunidade moi plural, en constante crecemento e cambio. En Ames atopas os mesmos temas, problemas e persoaxes ca nunha gran cidade, afirma TEXTO: JCL

Nazaré López [Responsable de Radio Ames]

“Axudamos a crear cidadáns que teñen e desenvolven as súas afeccións culturais ”

Page 11: Revista AMSGO! nº 1

11xaneiro 2015

_Contas con boas fontes. Con historias e protagonistas. Pero o que distingue a Radio Ames é a implicación da veciñanza na pro-gramación e nas actividades que promove.

_Temos unha relación co ámbito educativo enorme. Traballamos co instituto, facemos concursos de teatro lido, colaboramos cos colexios, facemos contacontos nas parroquias... A radio está a ser o altofalante de todas esas accións que se levan adiante nun pobo pequeno e que non ían ocu-par a contraportada dun xornal de gran tirada. Recobran a importan-cia que verdadeiramente ten para os seus actores.

A proximidade é tamén unha gran-de vantaxe. O coñecemento do municipio e unha labor miudiña, miudiña e permíteche seguir o día a día do Concello e contar cos teus veciños, os protagonistas para contalo. No propio estudio, cara a cara, coñecéndonos e creando un vínculo.

_Falemos agora doutra grande paixón de Nazaré López, as artes. especialmente a escea. A pesares de que os concellos periféricos das cidades soen adoecer de arraigo e inquedanza cultural, polo seu ex-ponencial crecemento, tí negas que sexa o caso de Ames.

_Certo é que O Milladoiro ou Ber-tamiráns medraron moi rápido e que o tamaño destas poboacións era moito menor hai una anos. Pero Ames como concello é moi-to máis. Algúns reivindicamos, fa-cendo memoria da súa grande ac-tividade cultural, Bugallido capital cultural de Ames!

Lembro o caso de familias onde se pasan de pais a fillos e a netos os papeis de O Fidalgo, que se sigue representando, A Paixón o Belén vivinte... As parroquias acollían e acollen moitas corais, grupos mu-sicais...

Logo o concello comezou a facer escolas deportivas, de teatro. E moita xente que se incorpora a vi-vir aquí se atopa con escolas, talle-

res e asociacións xa formadas que os acollen e que se enriquecen coas incorporacións.

Estanse a abrir por iniciativa pri-vada, escolas de baile en O Milla-doiro e Bertamiráns. Estamos nun momento de ebulición, como os garbanzos na pota.

Foise creando cultura e creo que desde a radio e os talleres que desenvolvemos estamos axudan-

do a crear cidadáns con estas afeccións e inquietudes.

_Especialmente orgullosa estarás dos rapaces do Instituto que cada tempada nos sorprenden con algo máis grande.

_A través do concello estou con 150 nenos nun proxecto maravi-lloso que xa deixou coa boca aber-ta aos espectadores que esperan unha actuación de escolares ao

uso e se atopa cun grupo de tea-tro prácticamente profesional.

Para iso hai que volcarse moito e así o fan os compañeiros profeso-res, os alumnos e as familias.

Estamos preparando outra gran obra para o verán e a verdade é que debemos sentirnos moi orgu-llosos da dedicación e alto grado de profesionalidade das alumnas e dos alumnos.

Page 12: Revista AMSGO! nº 1

12 xaneiro 2015

TENDENCIAS

Ideas na rede para agasallar en San Valentín

Frechas do amor que o mesmo serven para Halloween que en Antroido. Uns simpáticos cascos que atoparás

en www.rymanryman.es

Mini USB, como o seu nome indica. Unha proposta de www.rymanryman.es

Chocomensaxe. www.regalooriginal.com. O xeito máis doce de dicir I Love you

Spaghetti western. Un apoio esencial para os novatos na cociña. Pódelo pedir

en www.quieroregalarte.com

Page 13: Revista AMSGO! nº 1

13xaneiro 2015

Ideas na rede para agasallar en San Valentín

Incribles calcetíns de reflexoterapia, con manual incluído para recibir un relajante masaxe “quando

arrivo a casa”. www.factoriaderegalos.com

Pasión pola fotografía. Esta cámara reflex funciona con película tradicional e entrégana con manual de instruccións para a súa

montaxe. www. factoriaderegalos.com

Que se vexa. Luces que xeran un efecto neón para as rodas da súa bici. www.quieroregalarte.com

En esta web ofértanche a posibilidade

de combinar estilos e pedras preciosas para lograr pe-zas únicas a baixo coste. www.singularu.com

A opción libro. Un clásico revisado. O manual del Sr Burns para poñer un punto de ironía ou Sen-

cillamente tú, un conto que axuda ós máis tímidos a expresar o seu afecto. www.regalador.com

Page 14: Revista AMSGO! nº 1

14 xaneiro 2015

O MEU NEGOCIO

Emprendín o negocio porque... levo máis de 35 anos no mundo da empresa pa-sando por distintos sectores den-de a xestión de clubes náuticos, construcción de embarcacións deportivas, no sector inmobilia-ro, no dos complementos ou na ensinanza co que empecei, pero o sector dos eventos sempre me gustou. De feito organicei xa varios de xeito altruista ata que agora me decidín dun xeito pro-fesional con Protocolo10.

A nosa filosofía cén-trase en... enfocarnos en dúas liñas de traballo coa organi-zación de congresos, exposicións e macroconcertos en Galicia e fundamentalmente na comarca de Santiago. De feito xa estamos traballando en organizar unha feira en Bertamiráns e, en San-tiago, un congreso sobre educa-ción emocional e creatividade en setembro e un macroconcerto. Pero, outra das nas liñas de tra-ballo céntrase en ofrecer activi-dades lúdico festivas para que distintos segmentos de poboa-ción poidan ver cuberto o seu tempo de lecer.

O que nos diferen-cia... é que ata o de agora non hai moitas empresas que fagan este tipo de traballo en Galicia e, ademais, na parte das activida-des de lecer centrarémonos moi-to en colectivos concretos como as persoas que están soas, sol-teiros, separados, matrimonios maiores... Falamos dunha franxa de idade fundamentalmente dos

40 en adiante. É un nicho de mer-cado por explorar. Pensamos nun amplo abano de posibilidades, que van dende organizar que ma-trimonios maiores poidan facer un tramo do Camiño de Santiago, que quen queira poida probar a descargar adrenalina con activi-dades como rafting ou puenting, pero tamén pensamos, por exem-plo, en poder facer cenas cunha parte lúdica, como pode ser unha cena literaria na que invitamos a un escritor... En definitiva, facilitar tamén que a xente poida sociali-zar a través de diversas activida-des de lecer.

Traballamos un equi-po de... dúas persoas con-tratadas é o previsto. Sempre me rodeo de bos equipos, porque é fundamental en toda empresa. Pode haber unha boa cabeza pensante pero se non hai un bra-zo executor, serve de pouco.

Elixín Bertamiráns... porque aquí estou asentada den-de hai anos, cun conglomerado de empresas pero tamén porque é un lugar perfecto e moi estratéxi-co. Temos todo moi preto, co ae-roporto e todo tipo de institucións e, ademais, os locais aquí están moito máis económicos tamén.

Poden atoparnos en ... a partir do 1 de marzo esta-remos en pleno funcionamento en asentados en Bertamiráns. Mentres, temos perfís nas redes sociais como Protocolo10 e Club Findes Geniales e proximamente na páxina web.

Concha Lavid_“Con Protocolo 10 imos organizar eventos pero tamén dar alternativas de lecer á xente que está soa”

A empresaria do Val da Mahía está a preparar o desembarco dunha nova empresa de organización de eventos, coa que xa ten en mente organizar unha

feira en Bertamiráns. Tamén organizarán actividades de tempo libre coa mirada posta nos maiores de 40 anos

Page 15: Revista AMSGO! nº 1

15xaneiro 2015

CULTURA / LECER

O Concello de Ames organiza un ano máis a tradicional Fes-ta de Entroido, que terá lugar o próximo luns, 16 de febreiro, no aparcadoiro da Telleira, en Ber-tamiráns. Haberá concursos de disfraces amenizados con música a cargo da charanga BB+ e a or-questra Los Players.

As inscricións poderán realizarse ata as 11:00 horas do mesmo día da festa chamando ao teléfono 981 53 59 40 ou a través do en-derezo [email protected]. Tamén se pode acudir á Casa da Cultura do Milla-

doiro, de luns a venres, en horario de 9:00 a 14:00 horas.

No concurso de disfraces o Con-cello repartirá un total de 4.025 euros nos tres premios das catro modalidades previstas: infantil (ata 12 anos), adulta (máis de 12 anos), grupo (3-9 persoas) e com-parsa (máis de 9 persoas).

Ademais, e como novidade desta edición, o mellor disfrace realiza-do con material reciclado recibirá 100 euros. Os participantes debe-rán presentarse na carpa que es-tará instalada no aparcadoiro da

Telleira entre as 17:00 e as 18:00 horas para iniciar o desfile. Por outro lado, haberá tamén un concurso de receitas típicas de Carnaval no que se premiará con 250 euros o prato máis creativo, o mellor presentado e o mellor elaborado. Cada participante poderá presentar como máximo dúas receitas e o seu prato debe-rá servir para realizar unhas trin-ta degustacións. A data límite de recepción de receitas –que debe-rán estar mecanografadas e escri-tas en lingua galega– será o xoves 12 de febreiro.

3... 2... 1. ENTROIDO !Xa está aberto o prazo para participar na festa de entroido que terá lugar en Bertamiráns o día 16 de febreiro. Haberá concursos de disfraces e de receitas típicas destas datas, con música a cargo de BB+ e Los Players.

Page 16: Revista AMSGO! nº 1

16 xaneiro 2015

CULTURA / LECER

Puro teatroA NENA E O GRILO NO PAÍS DAS APERTAS. compañía: Magín Blancoduración: 60 mincasa da cultura de bertamiránsVenres 6 de febreiro ás 12:30 (sesión escolar) e as 18:30

Un espectáculo grande para xente miúda. A que soa A nena e o grilo? A pop,a rock, a música de autor pero tamén a beliscos de folk, reggae ou bossa nova, sons que todos os que participan no proxecto viven dalgún xeito e aos que o novo público comeza a achegarse nestes os seus primeiros concertos. E que conta A nena e o grilo? Contos a través de cancións ao fío da amizade dunha nena e un grilo. Os dous personaxes descóbrennos emocións e sentimentos, apréndennos a vivir, e fan que nos mergullemos nun universo máxico e ilusionante. Historias para nenos e nenas de todas as idades, para aprender, ser e sentir con valores.

OS CONTOS DE JOSELÍNcompañía: Os Contos de Joselínduración: 90 mincasa da cultura do milladoiroVenres 27 de febreiro ás 21:00

José Rodríguez de Vicente, Joselín, é o protagonista dun dos primeiros documentos sonoros do teatro galego (1929-1954). Valentín Paz-Andrade definiu a «Joselín» como un xograr que soubo enraizar os seus contos na antiga tradición do escarnio popular de mariñeiros e labregos. Un artista capaz, a través dos seus discos de contos galegos, de facer estalar o riso na triste realidade das décadas da ditadura franquista.

Quico Cadaval será o director artístico deste espectáculo, no que tamén participarán o lalinés Celso Fernández Samartín.Na representación tampoucoi faltarán as imaxes de época de Joselín, do que incluso se poderá escoitar sobre o escenario un conto na súa voz.

ROEDOREScompañía: Redrumduración: 55 mincasa da cultura do milladoiroVenres 6 de marzo ás 12:30(sesión escolar) e ás 18:30

Peludiño é un hámster que escapou da súa gaiola para vivir aventuras na cidade. Munda é unha rata soñadora que pasa as noites rebuscando no lixo para levar comida aos seus irmáns. Estes dous roedores terán que deixar atrás os seus prexuizos e traballar en equipo para vencer o temido Gato. Xuntos aprenderán que son máis parecidos do que eles pensaban e que as diferenzas os fan especiais. Ao fin e ao cabo... “Todos somos Roedores”“Roedores” é un espectáculo familiar con música en directo no que se fomenta a igualdade. A través das aventuras de Peludiño e Munda os cativos achegaranse a conceptos como o de igualdade de xénero, de oportunidades, e social.

BOBAS & GALEGAS(mofa & befa no século de ouro)compañía: Produción teatrais excéntricasduración: 85 mincasa da cultura de bertamiránsVenres 13 de marzo ás 21:00

Un dúo cómico procedente dos límites da delincuencia, Mofa & Befa, foron detidos o ano pasado en Almagro tras inflinxir dolorosas feridas ao inmortal Shakespeare. Postos en liberdade por un erro xudicial, saen da cárcere onde os recluíra a crítica e regresaron a Almagro para saciar a dúa sede de vinganza. ¿Quén é a víctima? O inocente teatro clásico español.Aproveitando o seu acento, fanse pasar por criados galegos e desgástanse cínicamente en xenuflexións e reverencias para gañarse a simpatía do público. Na cárcere adquirieron unha enfermedade de transmisión textual que lles obriga a falar en verso, tanto lles da a redondilla como o romance.

RA RA RAcompañía: Abrapalabra creacións escénicasduración: 55 mincasa da cultura de bertamiránsVenres 17 de abril ás 12:30(sesión escolar) e ás 18:30

Un divertido espectáculo no que, xogando en verso ou en prosa, dous actores e dúas actrices fan que as ras, perdéndolle o medo á noite, aprendan a cantar.Ra Ra Rafala de cando as rás,moitísimo tempo atrás,pola noite non cantaban,porque tiñan medoe deitábanse cedo.Así que chegabanas primeiras tebrase, negras, pintabande sombras o río...Que canguelo! Que arrepío!

Un divertido espectáculo no que dous actores e dúas actrices fan que as ras descubran que a noite non é tan escura.

Cinco obras para cinco venres. Esta é a programación escénica ata o mes de abril

Page 17: Revista AMSGO! nº 1

17xaneiro 2015

w w w . s p r i n t m o t o r . c o m

A ACTUALIDADE DO MOTOR VINTE ANOS INFORMANDO

Veciños orixinarios de Bélxica ou Suiza son algúns dos que se teñen incorporado nos últimos anos á ‘febre’ polos libros na biblioteca municipal. Porque, tras dez anos da súa posta en marcha, o clube de lectura mantén o pulso.

A intención non é outra que a de “recuperar o hábito de ler”, pri-meiro, e “socializar ao redor dos libros”, despois. Son palabras de Santiago Eirís, coordinador da iniciativa na que participan den-de persoas xubiladas a xente de mediana idade “con moitas ganas de vivir boas experiencias cos li-

bros”. Len moita novela en gale-go e castelán, pero tamén poesía. ¿Cada canto? “Depende bastante do libro, pero tendemos a ter en-tre quince días e un mes de prazo”, explícanos Eirís.

DE TERTULIATras a lectura, o mellor ben cos debates. “Opinamos todos, e ás veces, dependendo do libro, a tertulia é acalorada!”, bromea re-cordando que “non tratamos que sexa nada academicista, senón compartir os nosos puntos de vis-ta”. A vindeira cita será o próximo 3 de febreiro, cando teñan a sesión

sobre El Amante, de Marguerite Durás, a súa última lectura.

Las uvas de la ira, de John Stein-beck, La ladrona de libros , de Markus Zusak, Adulterio de Pau-lo Coelh ou La elegancia del erizo de Muriel Barbery son relatos que figuran na programación desta temporada.

VIAXES LITERARIAS Pero non todo queda baixo teito. Porque, ademais de ler e compar-tir, tamén ven películas adaptadas ou baseadas en libros e fan excur-sións. “Como as viaxes literarias

que fixemos ao roteiro rosaliano ou de Valle Inclán”, apunta.

Os interesados en unirse ao club tan só teñen que achegarse á bi-blioteca municipal para apuntar-se e incorporarse ás sesións de lectura.

PARA OS NENOSPara os máis pequenos tamén hai alternativas. Son sesións de con-tacontos, para nenos de tres anos en adiante.

Hai sesións de luns a xoves en Ber-tamiráns e no Milladoiro.

¿Que libro lemos hoxe?

O clube de lectura da biblioteca municipal está de aniversario. O seu coordinador cóntanos o segredo para chegar aos seus dez anos en plena forma TEXTO CCP

Page 18: Revista AMSGO! nº 1

18 xaneiro 2015

Cando daba os seus primeiros pasos na escola unitaria de Cer-deiras pouco podía imaxinar que anos máis tarde se ía converter no primeiro boxeador profesional da comarca compostelana dos últi-mos 20 anos.

É Moncho Mirás, veciño da aldea de Castelo, en Covas, moi preto de Bertamiráns, que, aos seus 29 anos, está a vivir un dos seus me-llores momentos deportivos tras o seu debut profesional a finais do ano pasado no pavillón de Santa Isabel ante máis de 1.200 persoas.

ADESTRANDO EN PISTAS“Chegar a converterme en profe-sional era algo que nin pensaba!”, nos conta Mirás, “porque cando ía ao colexio de Barouta ou despois ao instituto de Bertamiráns, si que vía películas sobre boxeo, como as de Rocky, que me encantan, pero nin pensaba en practicalo. Facía algo de fútbol e piragüismo, pero

nada máis!”, ri. E a súa oportuni-dade chegou cando tiña 23 anos nun ximnasio de Santiago, onde comezou a coñecer as tácticas do boxeo “e empecei a practicalo moito máis en serio”.

E cal é o segredo para estar en for-ma? “Adestro cinco días á semana e entre dúas e tres horas ao día no ximnasio, pero as fins de semana o fago ao aire libre”, explica. E é que é habitual velo correr polas pistas cada fin de semana dende a súa casa en Castelo ata Bertami-ráns ou ata Tapia “facendo unha media de entre 12 e 14 quilóme-tros”, engade Moncho.

PESO GALLOCoñecido como ‘La Amenaza’, so-bre o ring, conta xa cun impeca-ble palmarés, tras ser dúas veces campión galego de boxeo olím-pico e conseguir dúas medallas de bronce nos campionatos de España. E o seu promete. Milita no

Sobre o ring

Dende a aldea de Castelo, Mocho Mirás vén de converterse no primeiro boxeador profesional dos últimos 20 anos na comarca de Santiago. Así o logrou

TEXTO CCP

peso gallo, é dicir, cun peso entre 54 e 55 quilos aínda que non re-nuncia a pasar a competir en peso mosca ou supermosca “aínda que en Galicia será difícil porque son poucos nesa categoría”, advirte. Confesa ser seguidor de Julio

César Chávez, ao que considera o mellor púxil da historia e agora di ter entre os seus plans seguir pelexando. A curto prazo, co seu clube, o CAMM-Antelo Team, ten previsto loitar en febreiro ou mar-zo en Lugo ou na Coruña.

Foto: Jolope

DEPORTES

Page 19: Revista AMSGO! nº 1

19xaneiro 2015

MOTOR

O novo Porsche Cayenne, aparece como o modelo de entrada á gama. Equipa o motor V6 atmosférico de 3.6 litros, con 300 cabalos de potencia, que permite acelerar de 0 a 100 km/h en 7,7 segundos, 7,6 co Paquete Sport Chrono opcional.

Iso supón ser 0,2 segundos máis rápido que antes. Cunha cifra de 230 km/h, o novo Cayenne mantén a velocidade máxima do modelo anterior. Como todos os novos Cayenne, estes tamén se benefician de diversas tecnoloxías que melloran a eficiencia xeral, como a función de “navegación a vela”, o sistema automático de arrinque/parada (Start/Stop) e a xestión térmica do motor. O resultado de todo iso son un consumo de 9,2 l/100km, 0,7 litros menos en comparación ao anterior.

En relación ao modelo precedente, o novo Cayenne tamén ofrece un equipamento de serie máis xeneroso. Xunto á nova caixa de cambios Tiptronic S de oito velocidades, con sistema automático de arrinque/parada, e á función de “navegación a vela”, tamén inclúe os faros principais bixenon con catro puntos de LED para luz diurna, o volante deportivo multifunción con levas para o cambio e a apertura automática do portón do maleteiro, entre outros elementos.

As vendas de ambos modelos empezarán a finais de febreiro de 2015 e o seu prezo final será de 77.067 euros para o Cayenne e de 114.398 euros no caso do Cayenne GTS.

Máis sobre este modelo e o mundo do motor na revista Sprintmotor ou na web www.sprintmotor.com

PORCHECAYENNE

Page 20: Revista AMSGO! nº 1

20 xaneiro 2015

SINATURAS CONVIDADAS

Ames, municipio de 30.000 ha, consi-derado como o de maior aumento demográfico de España, formouse ao abeiro de tres causas fundamentais,

a saber: A primeira foi o desleixo dun Alcalde, Xerardo Estévez, de Santiago que impediu coas súas políticas urbanísticas o crecemento da capital de Galicia.

A segunda, por antítese da anterior, José Astray ao cabo Alcalde de Ames, que soubo ver a oportunidade de transformar a concen-tración parceira en dúas grandes urbes, Mi-lladoiro e Bertamiráns, puxantes e cheas de vida, facilitando así tamén o acceso a unha vivenda digna ao alcance de todos os petos, sen esquecernos que fixo ricos a moitos dos que únicamente sementaban coles nas súas hortas.

E por ultimo todos os foráneos que viron a oportunidade de comprar unha vivenda so-bre a base do prezo e a proximidade á capital administrativa.

Por esas confluencias de factores, hoxe en Ames conviven persoas moi diversas tanto cultural como económica ou socialmente fa-lando. Chegaron dende distintos lugares da costa ou da Galicia interior ( Ribeira, O Son, Carnota, Mazaricos,etc) e, como non, de Ou-rense ou Lugo, berce por antonomasia do funcionariado galego (non se sabe ben por que, ou si, pero non se di), ademais da inmi-gración tamén moi presente.

Dous grandes núcleos Milladoiro e Bertami-ráns onde as malas linguas din que na primei-ra instalouse a clase obreira e a inmigración, mentres na segunda os de clase media-alta, oséase, os VIP.

Visto dende fóra o que se aprecia, así, a sim-ple vista, son dúas formas diferentes de urba-nizar e cando se percorren as súas rúas o que se observa claramente, en ambas as dúas lo-calidades é vida e vida nova que achega di-namismo cun florecente comercio que trans-forma en movemento económico de primeira

orde o tecido empresarial amesán. Hai quen di que en definitiva Ames é un municipio fei-to de aldeas cunha idiosincrasia trasladada, coma se ser de aldea fose algo malo ou pexo-rativo, cando todos sabemos que a xente máis san estaba nese tipo de núcleos xa que a supervivencia os obrigaba a ser sociables, solidarios e ata humanos.

Como en todo, pronto xorde tamén a polémi-ca de O Milladoiro debe anexionarse a Santia-go e mesmo se todo o Concello debería, nesa proposta de fusións municipais, fundirse co municipio santiagués.

Solemne parvada parécenos, se se sabe fun-cionar administrativamente cunha bicefalia controlada, porque hoxe por hoxe Ames, por ter, ten de todo, e con políticas acertadas nas comunicacións, investimentos públicos sen dilapidación e visión de futuro como se tivo ao comezo do despegue poboacional do mu-nicipio, onde ten o seu teito? Pois iso... non llo poñamos nós.

Ames medra sen teito.

Foto: Concello de Santiago

QUERES SAÍR EN AMSGO! ?

ANÚNCIATE! OPINA! PARTICIPA!f www.facebook.com/revistaAMSGO t www.twitter.com/revistaAMSGO

[email protected] Teléfono: 620 96 75 49

Por: Pomba Alba

Page 21: Revista AMSGO! nº 1

Leis & Negocios Dr. Teixeiro 13 3º 15701 Santiagowww.leis-negocios.com [email protected]

Tf : 620284959Tf: 981104010 / 881978370

Abogados Asesores de Empresas

Cada vez te cuesta másllevar los mandos de tu empresa?

Page 22: Revista AMSGO! nº 1

22 xaneiro 2015

COLABORAWEB

INGREDIENTES:

185 gr. FARIÑA (base)70 gr. AZUCRE (base)1/4 cdita. SAL (base)RALLADURA 1 LIMÓN (base)115 gr. MANTEIGA EN POMADA (base)4 ovos (recheo)250 gr. AZUCRE (recheo)125 ml. ZUME LIMÓN (recheo)50 gr. FARIÑA (recheo)PAPEL DE FORNOMOLDE DE 20 X 20AZUCRE MOÍDO PARA DECORAR

Persoalmente encántanme as sobremesas con limón, achegan un toque ácido e fresco a calquera doce. Nesta ocasión tráiovos uns bocaditos de limón, lemon bars, no que combinamos unha base de galleta de manteiga doce e delicada, cunha crema de limón ácida e untuosa, sen dúbida un dos meus doces preferidos.Trátase dunha sobremesa inglesa, non sei ben se de orixe anglosaxona ou estadounidense, unha variación do clásico Lemon pie, salvo que nesta ocasión non está acompañado de merengue.Para calquera comentario xa sabedes, podedes encontrarme no meu blog galletasparamatilde.com

1.- Untamos o molde con manteiga e forrámolo con papel de forno. O feito de poñer o papel é simplemente para facilitarnos o traballo de desmoldar a torta, coa manteiga sería suficiente para evitar que a torta se pegue ao molde.

2.- Nunha cunca mesturamos a fariña, o sal, o azucre e a ralladura de limón.

3.- Engadimos a manteiga a temperatura ambinete en anacos e cun garfo imos mesturando todos os ingredientes. Non vai quedar unha masa en miolos.

4.- Vertemos a masa no molde e coa axuda das mans ou unha culler, repartímola ben por toda a base do molde. Prememos a masa ata que quede toda a superficie ben cuberta, apertándoa lixeiramente ata conseguir unha base compacta e de espesor uniforme.

5.- Enfornamos co forno prequecer a 180º durante 15-20 minutos, ata que comece a dourarse.

6.- Mentres se enforna a base de galleta preparamos o recheo, para telo listo en canto a base saia do forno. Mesturamos nunha cunca todos os ingredientes e reservamos ata o momento de incorporalos ao molde.

7.- Vertemos a mestura sobre a base de galleta recén sacada do forno e volvemos introducir para seguir enfornando uns 20-25 minutos a 180º-175 º.

8.- Deixamos que se arrefríe a torta a temperatura ambiente e espolvoreamos con azucre moído no momento de servila cortada en porcións individuais.

www.galletasparamatilde.com

Bocados de limón, lemon barsSandra Novo

[Blogueira]

Page 23: Revista AMSGO! nº 1

23xaneiro 2015

SERVICIOS

AUTOBUSES MILLADOIRO

Destino SantiagoLuns a venres

Dende as 7:00 ata 21:45 cada 15 minutos e con parada en rúa La Rosa. Ás 8.24, 9:28, 15:24 e 19:18 con parada en estación de a autobuses (Autobuses de Calo). Tamén con parada en estación de autobuses: 7:30, 8:00, 8:10 , 9:15 , 10:40, 10:45, 12:45, 15:15 , 16:15, 16:30, 18:45, 19:45, 22:00 (excepto venres) · 22:15 (só venres) (Autobuses Castromil) e 7:38 · 8:14 · 8:34 · 9:59 · 11:24 · 12:29 · 13:25 · 14:29 · 15:25 · 16:24 · 17:29 · 18:25 · 19:29 · 20:25 · 21:29 · 22:24 (empresa Arriva).

Sábados,

7:35 · 8:35 · 9:35 · 10:35 · 11:35 · 12:35 · 13:35 · 16:05 · 17:05 · 18:35 · 19:35 · 20:35 · 22:05 · 23:00 con parada en rúa da Rosa (autobuses Calo) e con parada en estación de autobuses 8:24 · 9:28 (Calo), 9:15 · 10:40 · 11:15 · 12:45 · 15:15 · 19:45 · 22:00 (Castromil) 8:31 · 9:40 · 10:29 · 11:24 · 12:29 · 13:25 · 14:40 · 16:24 · 17:29 · 19:29 · 20:25 · 22:38 (Arriva)

Domingos e festivos

9:35 · 10:35 · 11:35 · 13:05 · 16:05 · 17:05 · 18:35 · 19:35 · 20:35 · 22:05 · 23:00 con parada en rúa da Rosa (autobuses Calo) e con parada en estación de autobuses 10:40 · 12:45 · 15:15 · 19:45 · 22:00 (Castromil) e 9:40 · 10:29 · 11:24 · 13:25 · 14:40 · 16:24 · 17:29 · 19:29 · 20:25 · 22:38 (Arriva)

Destino Bertamiráns

Luns a venress

10:00 · 11:45 · 17:30 (Autobuses Calo)

AUTOBUSES BERTAMIRÁNS

Destino Santiago

Luns a venres

7:18 · 8:18 · 9:18 · 10:18 · 11:18 · 12:18 · 13:18 · 14:18 · 15:18 16:18 · 17:18 · 18:18 · 19:18 · 20:18 · 21:18 con parada en Rua A Rosa

Sábados, Laborables:

8:05 · 9:05 · 9:34 · 10:05 · 10:32 · 10:40 · 10:48 · 11:40 · 11:48 12:05 · 12:34 · 12:40 · 12:48 · 13:40 · 13:48 · 14:05 · 14:34 · 16:05 16:48 · 17:34 · 17:48 · 18:05 · 18:48 · 19:34 · 19:48 · 20:05 · 20:48 21:34 · 21:50 con parada en Rua A Rosa

Domingos e Festivos:

9:05 · 10:05 · 12:05 · 12:34 · 14:05 · 14:34 · 15:52 · 16:05 · 16:52 17:34 · 17:52 · 18:05 · 18:52 · 19:34 · 19:48 · 20:05 · 20:52 · 21:34 ·21:50

Destino MilladoiroLuns a Venres, Laborables:

11:00 · 12:15 · 19:00

SERVIZOS

Casa do Concello Praza do Concello, 2. Bertamiráns Tel. 981 883 002

Policía Local Rúa Alcalde Lorenzo, 2 Bertamiráns Tel.: 619 767 575

Garda Civil Tel.: 981 536 405

Biblioteca Municipal de O Milladoiro Rúa Raxoeira, 14 baixo Tel.: 981 530 807

Biblioteca Municipal de Bertamiráns Praza de Chavián s/n Tel.: 981 884 829

Casa da Cultura de O Milladoiro Travesía do Porto nº 5 Tel.: 981 535 940

Casa da Cultura de Bertamiráns Praza de Chavián s/n Tel.: 981 891 017

Oficina Municipal de Voluntariado Casa da Cultura de Bertamiráns, Tel.: 662 377 044

Centro Médico O Milladoiro Agro do Medio s/n Tel.: 981 522 838

Centro de Saúde Bertamiráns Rúa Pedregal 10 Tel.: 981 890 404

Pavillón Polideportivo de Bertamiráns Teléfono 981 883 032 Avda. da Peregrina

Piscina Cuberta Municipal “A Telleira” Teléfono 981 891 081 Rúa do Camiño Novo s/n

Servizo Municipal de Augas Bertamiráns Teléfono 981 890 776 Rúa do Agrelo, 7

Servizo Municipal de Augas O Milladoiro Teléfono 981 536 315 Agro do Medio 10

Servizo Municipal de Recadación de Bertamiráns Teléfono 900 132 204 Rúa do Ameneiral, 18, baixo.

Servizo Municipal de Recadación O Milladoiro Teléfono 900 132 204 Rúa Agro do Medio

TELÉFONOS DE INTERESE

Page 24: Revista AMSGO! nº 1

A NOSA XENTE

Con cancións como ‘Negra Som-bra’ ou ‘Unha noite negra no trigo’ conquistou a miles de emigrantes en América nas décadas dos 60, 70 e 80, pero con temas como ‘Mi-rando hacia la bahía’ ou ‘Que no se entere mi madre’ fixo o propio nas múltiples verbenas galegas nas que actuaba como a voz da mítica Orquestra Compostela.

_Tras tantos anos de éxito polo mundo adiante, ¿cómo está a ser esta etapa como veciño de Ames?

_Encantadísimo. Son moi caseiro e a miña muller e mais eu somos pouco de sair aínda que aprovei-tamos para pasear por Bertami-ráns, tomar un café polas tardes.. E temos tamén unha finca en Brión na que pasamos o tempo.

_Pero tamén segue ao pé do ca-nón, agora coa Poceiro...

_Si, agora estou noutra das or-questras de toda a vida e hoxe en día somos unha orquesta que nos diferenciamos do resto co noso repertorio. Temos quince profesionais sobre o escenario e ofrecemos dende pop e salsa aos temas que canto eu, con clásicos de grandes da copla, que se non canto algunha vez, pídenmas e rompen en aplausos! (sorri).

_E na época da Compostela ¿viviu de preto esa clásica rivalidade en-tre orquestras?

_Si, era unha competencia moi bonita cos Satélites, Sinfonía de Vigo, Trobadores, Gran Parada... Había xente dividida seguindo a uns e outros... Era como ago-ra o Barcelona e o Real Madrid. A Compostela naquela época era o Real Madrid e musicalmente era o máximo. Aínda que quizáis os Sa-

télites tocaban mellor, pero cara ao público a Compostela ‘vendia’ moi ben, cun repertorio moi po-pular que encantaba a todos.

_Algo que agora mudou para pa-sar a competir por ter o mellor es-pectáculo...

_Si, aínda que a min gústame to-car man a man coa Panorama, coa París, coa Olympus, con Phi-ladelphia... Porque enchemos as verbenas de xente. Eles levan un sector de público e a min gústame o que fan. Nós imos para o outro tipo de público pero ata a xuven-tude nos respeta tamén.

_E para este ano¿ que será o próxi-mo para vostede?

_Continuar coa Poceiro, coa que agora estamos cos ensaios para arrancar en breve a temporada.

Porque no Val da Mahía vive un dos cantantes que mellor as interpreta.

Falamos con quen foi a voz da Orquestra Compostela durantemáis de 30 anos, Miguel Torres

TEXTO CCP

...SALTAR DA MINA AOS ESCENARIOS. Orixinario do Bierzo traballaba na mina cando a súa voz foi descuber-ta nunha verbena das festas do Pilar da súa aldea. Pouco despois escoitouno pola radio o director da Orquestra Com-postela, Manuel Muñiz, quen non dubidou en fichalo.

...INTERPRETAR Á PERFECCIÓN AOS GRANDES DA COPLA. Ese é un dos seus fortes. Confesa que no escenario sempre lle piden ‘El emigrante’, ‘Que no se entere mi madre’, ‘Campanero jerezano’, ‘Mi Salamanca’, ou ‘Mirando hacia la bahía’.

¡Imos de coplas por

Bertamiráns !

Coñecidopor...