ano xxxix - Época iv - nº 185 abril...

27
Solidariedade alimentaria: cando a axuda é comida alimentación saúde Desperdicio cero Nova bolsa solidaria Descanso: saúde cardiovascular Resiliencia Contos que non alimentan Conservas vexetais a revista do socio consumidor Ano XXXIX - Época IV - Nº 185 ABRIL 2014 www.consumer.es

Upload: vukhuong

Post on 26-Sep-2018

223 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: Ano XXXIX - Época IV - Nº 185 ABRIL 2014revista.consumer.es/web/ga/20140401/pdf/revista_entera.pdf · descargar un programa de espio-naxe, un feito ilegal. Deste xeito, o mozo chegou

Solidariedade alimentaria: cando a axuda é comida

alimentación saúdeDesperdicio ceroNova bolsa solidaria

Descanso: saúde cardiovascularResiliencia

Contos que non alimentanConservas vexetais

a revista do socio consumidor

Ano XXXIX - Época IV - Nº 185 ABRIL 2014 • www.consumer.es

Page 2: Ano XXXIX - Época IV - Nº 185 ABRIL 2014revista.consumer.es/web/ga/20140401/pdf/revista_entera.pdf · descargar un programa de espio-naxe, un feito ilegal. Deste xeito, o mozo chegou

18512 guía de compra: sal

Prexudicial en exceso, malia que necesario para moitas funcións fisiolóxicas, o máis recomendable é o sal iodado e o hiposódico

34 corazón sanO tratamento da apnea do sono e o control do azucre, claves para previr enfermidades cardiovasculares

42 receITas. Menú antiestrés

50 erosKI. Os beneficios da nova bolsa solidaria de EROSKI destinaranse a proxectos cos nenos como beneficiarios

34

12

22

Existe a solidariedade alimentaria?

Enquisadas máis dE 1000 pErsoas sobrE os sEus xEstos dE solidariEdadE En matEria alimEntaria

BenesTar e VIda coTIÁ 4 novastecnoloxías

FRAUDE WHATSAPP 6 dereitos 8 quenosinteresou 10 expertosnutricionistas 22 afondo

SOLIDARIEDADE ALIMENTARIA 28 entrevista dobre

ADIcTOS á TEcNOLOxíA?

Informes: 20 alimentación / LENDAS URBANAS 32 alimentación / cONSERVAS VExETAIS 34 súde / cORAzóN SAN 36 medio natural / cONSUMO LIBRE DE cULPA 38 saúde / RESILIENcIA 40 bebé / cELOS ENTRE PAIS E BEBéS

erosKI46 erosKI

DIETA SA SEN cOMPRA SAUDABLE?

48 erosKI DESPERDIcIO cERO

50 erosKI A NOVA BOLSA SOLIDARIA

dirEctor: Alejandro Martínez BerriochoasubdirEctora: María HoyosrEdactora xEfa: Rosa Cuevascoordinación dE rEdacción E Edición En intErnEt: Miren Rodríguez Edición En galEgo: Secretaría Xeral de Política Lingüística, Xunta de Galicia

distribución: Rosa Cuevas

inVEstigación “a fondo”: equipo de erosKI consumer responsable: Rosa Cuevas deseño e elaboración: Jaime Parra e Cristina Leciñana

información dE Eroski: redacción: Rosa Cuevas e María Huidobro

outros contidos: novas tecnoloxías: Jordi Sabaté entrevista: Azucena García alimentación: Maite Zudaire e Julio Basurtosaúde: Montse Arboix e Marta Chavarríaseconomía doméstica: Blanca ÁlvarezBebé e mascotas: Eva San Martínmedio natural: Álex Fernández Muerza

dEsEño, maquEtación E prEimprEsión: DUPLO Comunicación Gráfica (www.duplografic.es) fotografía: Rubén García e Becky Lawton Impresión: MCC Graphics

rEdacción E administración dE Eroski consumEr: EROSki Publicaciones. B. San Agustín, s/n 48230 Elorrio (Biscaia)

Telf.: 946 211 627_fax: 946 211 222

depósito legal: SS-907-2012 • Issn: 2254-6480

Difusión controlada por:

www.consumer.esEROSKI CONSUMER é a revista do socio consumidor de EROSKI. A cooperativa EROSKI é unha asociación de consumidores que, dende hai máis de vinte e cinco anos, dedica os seus esforzos á formación e á información dos consumidores. EROSKI CONSUMER defende os dereitos recoñecidos aos consumidores de bens e servizos, co fin de que os poidan exercer de xeito responsable e esixir o seu cumprimento. EROSKI CONSUMER é un medio de comunicación comprometido coa promoción de hábitos de vida saudables, co consumo sustentable e coa conservación do medio. EROSKI CONSUMER publica informacións sobre iniciativas de responsabilidade social de EROSKI e sobre os produtos das marcas de EROSKI e, excepcionalmente, transmitirá informacións que EROSKI considere de grande interese para os seus socios e clientes.

a revista do socio consumidor

EDitA: EROSKI S. Coop., co patrocinio de FUNDACIÓN EROSKI • Abril 2014 - N.º 185 • Tiraxe: 12.000 exemplares

sumario

Page 3: Ano XXXIX - Época IV - Nº 185 ABRIL 2014revista.consumer.es/web/ga/20140401/pdf/revista_entera.pdf · descargar un programa de espio-naxe, un feito ilegal. Deste xeito, o mozo chegou

novastecnoloxíasAS FRAUDES POR WHATSAPP

Whatsapp, unha rede pechadaA polémica arredor da segurida-de deste sistema de mensaxería instantánea fixo correr ríos de tinta no pasado, e o servizo respondeu sempre con melloras na súa pla-taforma. Non obstante, ata agora nunca se falou da posibilidade de estafas por mensaxes de persoas que non estean na nosa lista de contactos. Whatsapp é unha rede pechada onde só se comunican usuarios que se teñen na axenda de teléfonos.

Agora ben, pode chegarnos unha mensaxe dende un número des-coñecido (que a plataforma non identifique) e, nese caso, o sentido común ha de levarnos a rexeitalo sempre e a non aceptar a transfe-rencia de arquivos, aínda que estes só poden ser multimedia (imaxe, audio ou vídeo). Non poden levar á descarga de ningún programa vinculado que non pase polas tendas oficiais dos respectivos sistemas operativos.

É fundamental, sobre todo, evitar abrir enlaces compartidos neste sistema de mensaxería instantá-nea dende teléfonos descoñe-cidos, xa que é por esta vía por onde nos adoita chegar a estafa, ao abrir no navegador do móbil páxinas de phishing. Tampouco debemos fiarnos de mensaxes que nos cheguen por SMS e nos que se faga referencia a whatsapp, porque ao respondelos podemos estar a inscribirnos nun servizo de SMS Premium, onde nos cobren entre 0,35 e máis de sete euros por cada mensaxe enviada. Esta é a estratexia que se utilizou nas

máis recentes fraudes. De todos os xeitos, é importante constatar que nin o caso do phishing nin o dos SMS Premium teñen lugar dentro de whatsapp.

Espiar os contactos?Talvez o caso máis espectacular de fraude relacionada con este sistema de mensaxería sexa o dun mozo de Murcia que promovía nas redes sociais –accedeu de forma ilícita a 11.000 perfís de Facebook– un programa en descarga para espiar os contactos de whatsapp; é dicir, que o suposto software permitía coñecer todas as men-saxes que o espiado intercambiase con outras persoas.

Miles de usuarios accederon á páxina dende a que en principio se descargaba o programa ao seu móbil. Para iso, este programa debía ter o noso número e o noso contrasinal no servizo. Non obstan-te, non se producía unha descarga real e si unha inscrición do teléfono nun servizo SMS Premium que lle cargaba os custos ao usuario e en beneficio do estafador.

A maioría dos usuarios dábanse conta de inmediato da estafa, pero apenas se denunciou porque im-plicaba recoñecer que se intentara descargar un programa de espio-naxe, un feito ilegal. Deste xeito, o mozo chegou a recadar das súas vítimas máis de 40.000 euros, ata que o detivo a policía.

Outro caso similar é o da mensaxe SMS recibida nalgúns móbiles dende o número 25568, co se-guinte texto: “Estouche a escribir por wasap. Dime se che chegan as miñas mensaxes. Agregáchesme

o outro día?” ou “Será un fallo do meu móbil co wassap. Xp non paro de enviarche a foto! Víchela? Pensei k podería agregarte ao face ou wassap. Ou verte en smsduo Q fago?”. Algúns usuarios respon-deron ao SMS sen saber que se trataba dun servizo Premium, coa conseguinte sobrecarga na súa factura telefónica.

Como se ha de actuar?Para evitar fraudes deste tipo, con-vén seguir unha serie de pautas:

· Non responder nunca mensaxes dende teléfonos que non se identifiquen cun contacto da nosa axenda, nin dentro do whatsapp, ou servizos similares, nin por SMS.

· Non abrir arquivos multimedia destas mensaxes por precaución. Aínda que nos móbiles a descarga de software só se realiza dende as tendas de aplicacións, no caso do sistema operativo Android poden producirse dende terceiras plata-formas que descoñezamos.

· Evitar abrir os enlaces que nos pasen e, sobre todo, non deixar datos persoais nas páxinas ás que nos levan.

· Se caemos na estafa, debemos poñernos en contacto co noso ope-rador, para que non nos carguen o custo do servizo Premium. A Lei de competencia desleal ampáranos.

· Denunciar o caso nos servizos de protección do consumidor da nosa comunidade, así como na Oficina de Atención ao Usuario de Telecomunicacións, do Ministerio de Industria. //

As fraudes por whatsapp, mitos ou realidade?As últimas alertas por estafas nas redes teñen que ver con este sistema de mensaxería instantánea, pero non se producen a través del

Nos últimos meses, o servizo de men-saxería whatsapp

foi o protagonista de diversos contos. A

historia comeza no mó-bil dunha persoa a través dun contacto que, pola súa vez, di que a recibiu doutro contacto e,

a partir de aquí, esténdese entre o seu grupo e chega a cobrar verosimi-

litude. A maior parte das veces alertan de perigos, pero tamén aluden a pro-testas ou a oportunidades de negocio. En ocasións, é tal a súa difusión que mesmo se coñeceron fraudes recentes cometidas a través desta rede de men-saxería que transmiten a sensación de que o delincuente pode coarse entre os nosos contactos. Non obstante, as estafas tiveron lugar por unha canle paralela e non dentro do whatsapp.

A inxenuidade do usuarioA medida que os teléfonos mó-biles se fan máis sofisticados, o seu nivel de seguridade faise máis débil, xa que aceptan programas complexos, como o son moi-tos dos desenvolvementos de software malicioso que opera-ron durante longo tempo nos ordenadores: vermes, troianos, espías, bloqueadores do sistema etc. O obxectivo é o mesmo en ambas as dúas plataformas: obter información de xeito ilegal para lles reportar aos cibercriminais un beneficio económico.

Non todos os sistemas opera-tivos están igual de protexidos ante o software malicioso. Así, por exemplo, o sistema Android é máis propenso aos ataques, xa que acepta descargas de progra-mas de plataformas non oficiais. Non obstante, todos rexistran o mesmo punto débil: a inxenuida-de do usuario. E isto o delincuente sábeo e explótao no seu proveito, xogando con sentimentos coma o medo, a cobiza ou a curiosidade para obter da vítima unha infor-mación que lle permita distraer o seu diñeiro.

O enxeño dos estafadores non ten límite e, de feito, desenvolveron numerosas estratexias para ter os nosos datos bancarios ou para obri-garnos a lles transferir unha canti-dade monetaria, dende o phishing, ata a subscrición involuntaria aos SMS Premium. Precisamente, esta última modalidade é a que se uti-lizou nos últimos casos de estafas relacionadas co whatsapp.

54

Page 4: Ano XXXIX - Época IV - Nº 185 ABRIL 2014revista.consumer.es/web/ga/20140401/pdf/revista_entera.pdf · descargar un programa de espio-naxe, un feito ilegal. Deste xeito, o mozo chegou

Contratei os servizos de telefonía fixa e internet a través dunha empresa, pero estou a ter moitos problemas coa conexión. Hai días que non teño e o resto dos días desespérome pola baixí-sima velocidade á que chega. Viñeron xa varios técnicos e o úl-timo díxome que nin tiña solución nin me ía chegar nunca o mínimo da velocidade contratada. Ante esta situación, a miña intención é cambiar de compañía, pero teño unha permanencia dun ano. Que pasos teño que dar para cambiar de compañía sen que me penalicen?

Hai dous anos vendemos o noso piso porque tiñamos proble-mas económicos. Cancelamos a hipoteca e agora vivimos nou-tro que é propiedade do meu marido e dos seus dous irmáns a partes iguais por herdanza dos seus pais. Agora un deles dinos que quere poñer este piso á venda, xa que el tamén necesita o diñeiro. Que podemos facer? Estamos obrigados a vendelo? Nós pagamos todos os gastos.

Os usuarios de telecomunicacións teñen dereito a recibir os servizos con garantías de calidade, á continuidade do servizo e a unha indemnización en caso de que se produzan interrupcións tem-porais do servizo de ADSL. Esta indemnización consistirá na devolución da cota de aboamen-to e doutras cotas fixas, rateadas polo tempo que dure a interrupción, e debe aboarse no pe-ríodo de facturación seguinte a aquel no que se rexistre o problema, cando a compensación se-xa superior a un euro. Ademais, a interrupción do servizo débese producir, de xeito continuo ou descontinuo, por un período superior a seis horas, en horario de 8:00 a 22:00 h. Pero en ca-

sos coma o seu, en que ás interrupcións cons-tantes se une unha velocidade inferior á mínima contratada, prodúcese un incumprimento do contrato que, na nosa opinión, lexitimaría un-ha resolución sen penalización. Non obstante, suxerímoslle que antes de que tramite a porta-bilidade poña unha reclamación nos servizos de Consumo do seu municipio ou provincia. É im-portante que achegue os números de inciden-cias de todas as súas chamadas ao Servizo de Atención ao Cliente e os xustificantes das inter-vencións técnicas no seu domicilio. Se aínda así lle impoñen unha penalización, acuda a Arbitra-xe de Consumo.

Conforme ao Código civil, nas comunidades de bens cada copropietario pode servirse da “cou-sa común” sempre que dispoña dela conforme ao seu destino e de xeito que non prexudique o interese da comunidade, nin lles impida aos copartícipes utilizala segundo o seu dereito. Pe-ro ningún copropietario está obrigado a perma-necer na comunidade, de modo que cada un deles poderá pedir en calquera tempo que se divida a cousa común, neste caso o piso. Can-do é indivisible, pode acordarse que se lle adxu-dique a un deles e, nese caso, ha de indemnizar os demais. Neste caso, ao se tratar dunha viven-da común indivisible, pode considerar a posi-

bilidade de lle comprar ao irmán ou a ambos a súa parte na vivenda. Noutro caso, o Código ci-vil di que se venderá e que se repartirá o seu prezo. Tamén é válido o pacto de conservar o piso por un tempo determinado que non exce-da de dez anos. Un acordo pode ser pasar por negociar un prezo polo terzo da vivenda ou por conservar o piso durante un prazo determina-do; de optar por esta vía, ha de compensar o resto dos copropietarios, ou só o irmán en difi-cultades, co aboamento dunha renda polo uso exclusivo da vivenda. Noutro caso, entendemos que procedería a venda, mesmo por poxa xudi-cial, se o irmán inicia accións legais.

InformacIón defectuosa sobre o dereIto a desIstIr

Compra un electrodoméstico e tamén lle venden librosUnha consumidora asinou un contrato de compra de electrodo-mésticos e de financiamento fóra do establecemento mercantil, pero acudiu aos tribunais para anular o contrato coa alegación de que, xunto ao adquirido, lle venderan tamén uns libros que non solicitara. A Sentenza do 2 de xaneiro de 2014, da Audiencia Pro-vincial de Cantabria, considerou acreditado que se incumpriron as obrigas sobre información, documentación, contido e formali-dades que esixe a lei respecto ao dereito do consumidor a desistir nesta modalidade especial de compra. En concreto, o documento de desistencia non estaba nin datado nin asinado da propia man da consumidora, polo que para a Audiencia Provincial de Canta-bria os contratos son nulos. Por iso, declara a obriga das partes da devolución recíproca das prestacións, dado que ademais non se informou con claridade de que o consumidor podía desistir de dúas maneiras: mediante a devolución da mercadoría á vendedo-ra ou remitindo o documento de desistencia.

adquIre un coche convertIble e éntralle auga

Tras dez anos de queixas, a vendedora só lle ofrece cambiar a capota

En 2007, un consumidor comprou un vehículo novo convertible por case 34.000 euros. O coche presentou un defecto na capota polo que entraba auga, de modo que tras varios anos con dez in-tentos de reparación sen resultado foi a xuízo e reclamou a resolu-ción do contrato ou, polo menos e subsidiariamente, a rebaixa do prezo nun 50 %. Aínda que a vendedora manifestou que había ou-tra solución máis proporcionada, como era a substitución da capo-ta, a Audiencia Provincial de Pontevedra estableceu na Sentenza do 16 de xaneiro de 2014 que, despois de tantos e ineficaces intentos e de escusas tan numerosas coma inaceptables, finxidas, vergon-zosas e abusivas, o ofrecemento era extemporáneo e inxusto. Ade-mais, considerou que a substitución deste elemento non ofrecía garantías de éxito e que a rebaixa do prezo era unha solución pro-porcionada en función dos quilómetros percorridos en catro anos e do clima chuvioso de Galicia. Por todo isto, condena a vendedora a que lle devolva ao consumidor a metade do prezo pagado polo co-che de acordo coa aplicación dos dereitos da garantía.

sométese a fotodepIlacIón e sofre queImaduras

Lei de consumidores: prestadores de servizos e responsabilidade dos danos e perdas sufridos

Unha muller someteuse a un tratamento de depilación láser no queixo e sufriu queimaduras das que tardou en curarse nove días e, como consecuencia deste tratamento, agora ten unha cicatriz. Por iso, demandou o centro estético e a súa aseguradora e recla-mou unha indemnización por tales danos e a devolución do pre-zo aboado polo servizo. A Audiencia Provincial de Asturias, na Sentenza do 30 de decembro de 2013, resolveu o caso e estimou as consideracións da consumidora, polo que condena o centro estético a lle aboar 4060 euros. E lembra que, conforme á vixente Lei de consumidores, os prestadores de servizos son os responsa-bles dos danos e perdas causados aos consumidores e aos usua-rios, salvo que proben que cumpriron as esixencias e os requisitos establecidos pola lei.

Sent

enza

s

un caso sImIlar pode merecer unha sentenza dIstInta

Esta sección recolle sentenzas dos nosos tribunais que, polo seu contido, afectan os consumidores e os usuarios de todo tipo de produtos e servizos. Non hai que esquecer que, ante feitos similares, as cuestións de proba, as circunstancias concretas das partes implicadas e ata o tribunal que sexa competente na causa pode determinar sentenzas distintas.

der

eito

s

DÚBIDAS [email protected]

Se tes dúbidas legais, mándanos un correo electrónico. Tras estudar as posibilidades de cada caso, os servizos xurídicos de EROSKI CONSUMER suxiren as actuacións máis adecuadas para cada situación. Trátase só dunha orientación, posto que as cuestións xudiciais son complexas e están cheas de circunstancias que condicionan os casos e inflúen nas sentenzas. Recorda que a única contestación ás consultas que se reciban será a publicada nestas páxinas.

Consultorio

76

Page 5: Ano XXXIX - Época IV - Nº 185 ABRIL 2014revista.consumer.es/web/ga/20140401/pdf/revista_entera.pdf · descargar un programa de espio-naxe, un feito ilegal. Deste xeito, o mozo chegou

Twitter é a outra rede social na que EROSKI CONSUMER (@eroskiconsumer, @E_CONSUMERma –con información espe-cífica sobre o medio natural– e @caminoasantiago –o twitter da Guía do Camiño de Santiago–) ten unha presenza moi activa. Esta é a relación dos nosos tuits máis retuiteados:

1. Omega-3 e aceite de peixe: nova panacea?

2. Os 16 cambios lexislativos sobre aditivos alimentarios en 2013

3. Obesidade abdominal en nenos españois

Previr o cancro con fibra dietética

Ollo coa saúde ocular! Lixo electrónico, un grave problema ambiental

Trucos para meter o gato no transportador

Unha boa alimentación non pode cu-rar o cancro. Non obstante, paga a pena adoptar determinados cambios dietéticos para previr a aparición des-ta enfermidade. É ben sabido que a fibra dietética é necesaria para o bo funcionamento do sistema dixesti-vo, pero pode ser tamén útil na pre-vención do cancro de estómago? É o que avaliou en xullo de 2013 un equi-po de investigadores da Universidade de Nanjing, en China. Para iso realiza-ron unha metaanálise, un proceso de síntese e integración mediante me-todoloxía estatística, dos resultados de diferentes investigacións sobre a fibra dietética. E concluíron que un-ha maior inxestión de fibra dietética se asocia cun menor risco de pade-cer cancro gástrico. De feito, detalla-ron que incrementar o consumo de fibra dietética en 10 gramos diarios podería reducir o risco de sufrir es-te tipo de cancro nun 44 %. Un prato de lentellas contén 17 gramos de fi-bra, así que non é unha cifra difícil de atinxir. Este é un resultado importan-te xa que, segundo datos emitidos en 2013 pola Sociedade Española de On-coloxía Médica (SEOM), o cancro de estómago é un dos cinco máis rele-vantes en España, xunto aos de pul-món, mama, próstata e colorrectal.

Máis información en www.consumer.es

Realizar unha revisión anual da visión, protexer os ollos dos raios solares ou de rabuñaduras ao practicar depor-te, non fumar, facer exercicio con re-gularidade e seguir unha dieta sa son algúns dos consellos para coidar a saúde dos nosos ollos. Non obstante, segundo os resultados do Libro bran-co de visión en España, presentado a fi-nais de 2013 polo Consello Xeral de Colexios de Ópticos-Optometristas (CGCOO), o noso país suspende en prevención visual. Así, malia que o 95 % dos españois considera que a vista é o sentido máis valioso, só o 40 % da poboación se someteu a un exame visual exhaustivo nos últimos 12 me-ses. Os expertos que realizaron o libro branco sinalan que a crise tamén re-percute na visión dos españois; de fei-to, as visitas ao óptico-optometrista diminuíron un 25 %.

Máis información en www.consumer.es/salud

Segundo un informe de 2010 do Pro-grama de Nacións Unidas para o Me-dio Ambiente (PNUMA), no mundo xeráronse 40 millóns de toneladas de lixo electrónico anuais. Tres anos máis tarde, o informe ’’Iniciativa para resol-ver o problema do lixo electrónico’’ (STEP) sinalaba que se produciron case 48,9 millóns de toneladas destes resi-duos, unha media de 7 quilos por cada un de 7000 millóns de habitantes da terra. Ante este feito, os consumidores deben depositar este lixo electrónico no punto limpo máis próximo e seguir os seguintes consellos:- Antes de adquirir un novo aparato, hai que pensar como se utilizará, se gasta máis enerxía da necesaria ou se non se ten intención de usar. - Apagar os soportes se non empre-gan nun tempo ou polo menos os elementos que non se utilizan. - Antes de tiralos, ofrecerllos a un amigo ou a un familiar ou se non se empregan doutra forma, como orde-nador para nenos...

Máis información en www.consumer.es/medio_ambiente

Viaxar con gatos non sempre é doa-do, aínda que se trate de despraza-mentos pequenos, como unha simple visita ao veterinario. E é que os pro-blemas adoitan comezar axiña; en concreto, cando intentamos meter a nosa mascota no transportador. Por iso é importante coñecer os seguin-tes consellos para que esta tarefa sexa o máis segura e sinxela posible: - Escoller a caixa con coidado. A maioría dos profesionais coinciden en recomendar para o gato os recep-táculos de viaxe ríxidos e con reixas porque son máis seguros. Ademais, pódense desmontar, polo que adoi-tan facilitar moito a tarefa de introdu-cir o felino no seu interior.- Lograr que sexa o seu refuxio. Un modo de eliminar ou de evitar o medo do felino ao transportador é conseguir que este receptáculo se converta nun lugar seguro para el. Noutras palabras, hai que transformar o transportador nun refuxio do máis atractivo.- Como meter o gato sen que se queixe. A entrada do felino pola parte superior da cabina, cando o transpor-tador é desmontable, acostuma a ser a opción menos problemática. Pero cando a súa cuberta non é desmon-table, normalmente funciona introdu-cir o gato de costas.

Máis información en www.consumer.es/mascotas

Os que máis gustan no noso facebook

Telegram: a alternativa gratis e segura ao whatsapp

A 270 persoas gústalles isto

Como facer cebola acaramelada

A 206 persoas gústalles isto

Día Mundial contra a Mutilación Xenital Feminina

A 272 persoas gústalles isto

Reca

nto

do le

ctor

quenosinteresou Faite o noso amigo e síguenos nas redes

Os responsables da revista EROSKI CONSUMER atendemos directamente as inquietudes en EROSKI CONSUMER, RESPONDE.Os responsables da revista EROSKI CONSUMER atendemos as inquietudes, suxestións e impresións dos lectores sobre os contidos da publicación. A súa opinión é moi valiosa para nós e queremos contar coa súa colaboración para mellorar.

Pode contactar connosco:Por teléfono: de luns a venres, de 10:00 a 12:00 horas, en 946 211 627 e 946 211 487. Por correo electrónico: [email protected] redes sociais: a través do noso perfil en facebook e en twitter (ler as normas de uso).

o noso Top

98

Page 6: Ano XXXIX - Época IV - Nº 185 ABRIL 2014revista.consumer.es/web/ga/20140401/pdf/revista_entera.pdf · descargar un programa de espio-naxe, un feito ilegal. Deste xeito, o mozo chegou

ABC DA NUTRICIÓN

Fame emocionalA fame emocional é a ten-dencia a comer en resposta a emocións negativas, a di-ferenza da fame fisiolóxica, que responde a unha nece-sidade do organismo de re-poñer enerxía e nutrientes. Ademais, a fame emocional adoita producirse en segre-do e caracterízase polo em-prego de alimentos ricos en azucres ou en graxas para sa-tisfacela. Non fai distinción de clases sociais ou sexos, pero si é máis habitual en in-dividuos que sofren sobrepe-so ou obesidade. En persoas con exceso de peso trátase dunha conduta preocupan-te, xa que se traduce nun in-cremento do seu consumo de alimentos, o que dificul-ta manter un peso normal e máis aínda perdelo. Estes in-dividuos son máis reactivos ás emocións negativas (que ademais sofren con máis fre-cuencia) e serán máis pro-pensos a comer en exceso cando se enfronten a elas. Para lle facer fronte a este problema é moi recomenda-ble solicitar axuda psicolóxi-ca. Iso permitirá abordar con éxito (e sen recorrer á comi-da) emocións negativas ta-les como a ira, a depresión, o aburrimento, a ansiedade, a soidade ou os episodios es-tresantes da vida cotiá.

FÁLASE DE...

Cancro esofáxico e bebidas quentesO esófago é un tubo duns 30 centímetros de lonxitude que ten unha capa muscular e outra mucosa que comu-nica a farinxe co estómago. Así, tomar líquidos quentes podería, en teoría, aumen-tar o risco de sufrir patoloxías esofáxicas como pode ser o cancro de esófago. Dado que se trata dun tipo de cancro preocupante (supón a sex-ta causa de morte por cancro no mundo), o Fondo Mundial para a Investigación do Can-cro (FMIC) avaliou a fondo es-ta cuestión en 2007. O FMIC chegou á conclusión de que a relación entre o consumo frecuente de líquidos quen-tes (coma o café, o té ou o mate) e o cancro de esófago era entre “probable” e “suxes-tiva”. É dicir, as probas non eran concluíntes.En febreiro do presente ano, un equipo de científicos ela-borou un estudo epide-miolóxico para ampliar os coñecementos con relación a este tema. O seu estudo, pu-blicado na revista Internatio-nal Journal of Cancer, revisou a inxestión de café e de té de 442.143 persoas de 9 paí-ses europeos, que foron se-guidas unha media de 11,1 anos. No transcurso destes anos, producíronse 339 ca-sos de cancro de esófago que non se relacionaron co con-sumo de té ou de café. É po-sible, segundo os autores, que algunhas das substancias protectoras destas bebidas (coma os polifenois) contra-rresten o efecto negativo das bebidas quentes.

OS CONSELLOS DO MES

Bos propósitos todo o anoMoitas persoas comezan o novo ano con promesas de cambios no seu estilo de vida. Son propósitos que, ou ben non son com-patibles co seu ritmo de vida, ou ben son demasiado ambiciosos. Estas persoas están decididas a beber menos alcohol, a deixar de fumar, a facer máis exercicio e a comer máis san, pero o día a día converte estas decisións en obxectivos abafadores e a determi-nación vaise derrubando. Que pode axudar a que eses cambios sexan permanentes? Malia que é certo que as autoridades sani-tarias teñen nas súas mans implementar políticas que melloren a saúde e o benestar, hai técnicas que axudan a que os propó-sitos de cambio se leven a cabo. Unha delas é a que se resume na palabra inglesa smart, que significa “intelixente” e cuxas siglas conteñen as claves do éxito nos cambios de comportamento: specific (específico), measurable (medible), achievable (realizable), relevant (relevante) e time-framed (acoutado no tempo).

Se padeces sobrepeso, pésate a miúdoA Asociación Americana do Corazón recomendou en 2008 pe-sarse a miúdo para “determinar se o peso se mantén estable”. En xaneiro de 2011, unha ampla revisión dos estudos científicos dis-poñibles observou que o autocontrol do peso podería mesmo servir de axuda para perdelo, aínda que os resultados non foron concluíntes. Novos estudos sumáronse á recomendación de pe-sarse a miúdo. Un deles, publicado na revista International Society of Behavioral Medicine, en setembro de 2012, confirmou a validez desta estratexia para previr a obesidade, tras seguir 1222 adultos durante dous anos. A investigación máis recente ao respecto –re-vista Obesity, marzo de 2013– tamén suxire que pesarse a diario podería producir perdas de peso “clinicamente significativas”.En todo caso, trátase dunha medida que non se lles ha recomen-dar aos nenos, e menos aínda aos adolescentes (sobre todo ás rapazas adolescentes), debido a que iso podería relacionarse con trastornos do comportamento alimentario. É conveniente recor-dar que os adultos non deberían pesarse a miúdo diante de ne-nos ou dos adolescentes, xa que poderían repetir esta medida diante dos nenos.

A miña nai é obesa. Teño 37 anos, mido 1,55, peso 68 kg e, nos últimos 6 meses, gañei 8 quilos. Tratei de controlarme e de cambiar os meus hábitos, pero sinto que só gaño máis peso. Pregúntome se a obesidade é hereditaria.Segundo os datos que nos facilitas, padeces so-

brepeso (se gañases catro quilos máis con-sideraríase que padeces obesidade), así que fas ben en intentar mellorar os teus hábi-tos. O certo é que a porcentaxe de persoas que sofren exceso de peso por causas xe-néticas é moi baixa. En realidade, segundo datos achegados polo profesor José María Ordovás, catedrático de Nutrición e Xené-tica da Universidade Tufts (en Boston, Es-tados Unidos), só un de cada vinte casos de obesidade mórbida (en alguén da túa estatura suporía pesar uns 100 quilos) ten como causa unha mutación xenética. No resto dos casos, aínda que a xenética está implicada, o exceso de peso só se manifes-

ta se se dan á vez outros factores desenca-deantes, como son o elevado consumo de calorías e o sedentarismo. Existe unha frase que resume esta cuestión, feita pública po-lo Instituto Americano para a Investigación do Cancro en agosto de 2013: “Obesidade: os xenes cargan a arma, o estilo de vida e o medio apertan o gatillo”.

Así pois, en primeiro lugar, aconsellámos-che que acudas ao médico para que de-termine o teu estado de saúde. O médico revisará os teus niveis de colesterol, a túa tensión arterial, os teus niveis de azucre no sangue, así como outros parámetros que se poderían ver alterados por mor do teu sobrepeso.

Estou embarazada de 12 semanas e teño problemas de dixestión, ademais polas noites cústame conciliar o sono. Lin que no meu estado están desaconselladas as infusións de macela e valeriana. É iso certo?Os tratamentos con herbas ou plantas medi-

cinais, aínda que sexan naturais, non son inocuos, e poden afectar de forma ne-gativa a túa saúde, pero tamén a do teu futuro bebé. En 2011, o Ministerio de Saú-de Americano revisou a valeriana e o seu uso no embarazo, e concluíu o seguinte: “evite o seu uso”. A recomendación emi-tiuse por falta de datos sobre a súa segu-ridade para o feto. Tamén indicou que as evidencias científicas sobre a eficacia da valeriana para tratar o insomnio non son concluíntes. As evidencias sobre o papel da macela para conciliar o sono son aín-da máis débiles. Non obstante, si parece estar claro o risco de utilizar a macela de forma habitual no embarazo, xa que pode

producir un aborto involuntario. De novo, o máis recomendable é evitar as infusións de macela durante todo o tempo que du-re a xestación.

A lista de herbas non seguras no embara-zo non remata na macela. De feito, máis de 100 plantas medicinais dispoñibles no mercado poden xerar efectos adversos no feto se se consomen de forma habitual. A diferenza dos fármacos, as plantas medici-nais non pasan revisións exhaustivas po-las axencias sanitarias, razón pola que as entidades de referencia en saúde pública non cesan de repetir que non convén que a poboación asocie a palabra “natural” con “seguro” ou “inocuo”.

os expertos nutricionistasDE EROSKI CONSUMER RESPONDEN

O obxecto do Consultorio Nutricional é ofrecer unha resposta ás dúbidas que lles poidan xurdir aos consumidores sobre calquera aspecto vinculado coa alimentación, coa nutrición e coa dietética. Os nosos expertos nutricionistas seleccionarán, de entre todas as cuestións que cheguen a través do consultorio en liña, dispoñible en www.consumer.es/alimentacion, dúas consultas, que se responderán nesta sección da revista.

10 11

Page 7: Ano XXXIX - Época IV - Nº 185 ABRIL 2014revista.consumer.es/web/ga/20140401/pdf/revista_entera.pdf · descargar un programa de espio-naxe, un feito ilegal. Deste xeito, o mozo chegou

Alegrar a comida a golpe de saleiro é un xes-to tan cotián e popular coma o de beliscar o pan antes de comezar a comer. Nin pementa, nin especias, nin herbas aromáticas. O sal é o condimento estrela no noso país. Un chisco para aliñar a ensalada, outro para potenciar o sabor dun guiso, un máis para resaltar o gusto dun filete, o que vén de seu no embutido e no aperitivo de patacas... E así ata chegar aos pre-to de 10 gramos de sal que, segundo un estudo da Axencia Española de Consumo, Seguridade Alimentaria e Nutrición (Aecosan), consomen de media cada día os españois, o dobre dos cinco gramos recomendados pola Organiza-ción Mundial da Saúde (OMS). Pero é que a veneración do home polo sal vén de lonxe e a súa importancia ao longo da historia quedou mesmo reflectida na nosa linguaxe. Usamos de forma metafórica o sal nas nosas expresións cando dicimos, por exemplo, que unha persoa é eslamiada, se lle falta algo que consideramos esencial; cando alguén está moído coma o sal queremos dicir que está moi canso ou se un-ha persoa está moi nerviosa dicimos dela que ten a area de sal. A palabra salario, pola súa banda, provén da antiga Roma, cando os sol-dados e os oficiais cobraban con sal no canto de con diñeiro. Algo non exclusivo dos romanos, xa que en moitas culturas o sal foi equivalente

ao diñeiro. E é que hoxe en día o sal é un con-dimento ao alcance de calquera (e cun prezo máis ca democrático), pero non sempre foi así. De feito, os seres humanos realizaron grandes esforzos para adquirilo. E o seu poder radica-ba na súa capacidade de conservar alimentos perecedoiros, como a carne, o peixe ou o leite (para elaborar queixo), o que permitía alma-cenar comida durante moito tempo e garantir unha achega suficiente de enerxía e nutrientes ao longo de todo o ano.A situación na actualidade resulta curiosa, xa que mentres as autoridades deseñan estra-texias de saúde pública co obxectivo de dimi-nuír o consumo diario de sodio (compoñente esencial do sal) polas consecuencias que supón o exceso deste mineral na nosa dieta, o mer-cado seduce o consumidor cunha ampla varie-dade de sales. Nestes momentos, a elección non se reduce ao sal fino ou groso, senón que hai tamén sal do Himalaia, sal Maldon, flor de sal, sal da Bretaña, sal afumado, sal negro, sal escamado, sal de herbas, e un longo etcétera de termos para nomear o vello e coñecido cloruro sódico, o sal de mesa común. E, para non se perder neste mar de termos coas súas distintas propiedades e usos recomendados, nace esta Guía de compra.

Sal, o condimento en cuestiónPrexudicial en exceso, malia que necesario para moitas funcións fisiolóxicas, o máis recomendable é o sal iodado e o hiposódico

gu

ía d

e co

mp

ra s

al

1312

Page 8: Ano XXXIX - Época IV - Nº 185 ABRIL 2014revista.consumer.es/web/ga/20140401/pdf/revista_entera.pdf · descargar un programa de espio-naxe, un feito ilegal. Deste xeito, o mozo chegou

manter un bo número de funcións fisiolóxicas: axuda a manter o nivel de líquidos corporais, permite a transmisión de impulsos nerviosos, a actividade muscular e a absorción de potasio, facilita a dixestión e compensa as perdas orixi-nadas polo exceso de sudación e por vómitos ou diarreas. Nos adultos, a cantidade de sal diario recomendado non ha de superar os 5 gramos, os 3 gramos nos nenos menores de sete anos e os 4 gramos para os que teñen entre sete e dez anos.

O seu lugar na dietaAgás se o sal está enriquecido en vitaminas ou minerais, a súa achega en nutrientes distintos ao sodio é moi baixa. O sal é, en definitiva, sodio. Por exemplo, para cubrir as recomen-dacións de inxestión de calcio (un mineral con presenza escasa no sal), habería que tomar máis de 250 culleriñas de sal ao día. Agora ben, as sociedades de endocrinoloxía e nutri-ción españolas, así como o Ministerio de Sa-nidade ou a propia OMS, insisten dende hai anos en adoptar a sinxela medida de substituír o sal normal por sal iodado (se se padece unha enfermidade tiroide, débese consultar co endó-crino antes de adoptar esta medida). O iodo é un nutriente moi estendido na auga do mar, no chan e nas rochas. Atópase tamén nos peixes, nos mariscos e en certos vexetais. É moi im-portante porque está presente nunha hormona da tiroide que afecta o control do crecemento e outras funcións metabólicas. É moi difícil cu-brir coa dieta as recomendacións de inxestión deste nutriente (sobre todo no embarazo e na infancia), xa que se trata dun mineral deficitario en España.Outros sales, con denominacións como mariño, Maldon, afumado, gordo, en escamas, negro, flor de sal ou de especias conteñen por de-finición moi pouco iodo, salvo se na etiqueta se indica de forma expresa que o produto se enriqueceu con el (unha práctica nada habi-tual). O sal iodado, pola súa banda, contén unha cantidade controlada e segura deste mineral.

CuestiOnadO, perO neCesariOQuen máis e quen menos coñece a teoría de que o exceso de sal continuado na dieta non é inocuo; ao revés, pasa factura, e moi cara. A relación entre o consumo excesivo de sal e o aumento do risco de sufrir hipertensión arterial está máis que demostrada por estudos cientí-ficos e ensaios clínicos. Os datos non deixan lugar a dúbidas: cada ano falecen en España 124.000 persoas (a terceira parte do total de falecidos) por enfermidades cardiovasculares e unha de cada vinte están directamente rela-cionadas coa hipertensión. E a realidade é que se se reducise a inxestión deste condimento podería evitarse esta situación. O sal –o que lle engadimos nós mesmos ao prato e o que xa vén incorporado nunha morea de alimentos procesados– dá sabor, pero resta anos de vida. Con todo, hai algo ao noso favor, e é o sentido do gusto, xa que co tempo o padal acaba ha-bituándose e desaparece a sensación de que a comida con menos sal resulta insípida.Non obstante, reducir o consumo de sal non debe significar eliminalo da dieta. O ser huma-no necesita consumilo dun xeito regular para

Unha excepción a esta consideración sería o sal con algas. O contido en iodo destas plantas pode ser moi elevado. De feito, estímase que o consumo frecuente e continuado no tempo de algas pode supoñer un risco de sufrir certas patoloxías tiroides.O pouco sal que tomemos convén que sexa io-dado para evitarmos deficiencias de iodo. Para cubrir as nosas recomendacións de iodo con sales distintos ao sal iodado, deberiamos tomar nun día o equivalente a 114 culleriñas de sal, cifra incompatible coa vida. Non obstante, con menos dunha culleriña de sal iodado (2,5 gra-mos) cóbrense as recomendacións de inxestión de iodo dun adulto. As recomendacións para embarazadas e lactantes son máis altas, e é por iso polo que se lles adoita aconsellar que tomen un suplemento de iodo.No mercado hai outros sales enriquecidos en nutrientes, tales como flúor, magnesio, calcio ou fósforo. O certo é que, salvo unha recomenda-ción expresa dun profesional sanitario, non ten moito sentido incluílos nos nosos menús. Men-tres que está moi ben documentada a utilidade do sal iodado, os beneficios do consumo de sal enriquecido noutros nutrientes ten menos sus-tento científico.Os sales hiposódicos (cun contido reducido en sodio) ou lixeiros indicados e deseñados para persoas con hipertensión son outras opcións dispoñibles. Pero convén non sermos indulxen-tes co seu consumo, abonda engadir un pouco máis deste sal para igualar o contido en sodio que consumiriamos cun sal normal. Existe, ade-mais, un sal cun 0 % de sodio. O seu sabor sal-gado provén dun potenciador do sabor (ácido glutámico, e-620). De novo, é necesario lembrar que a ausencia de sal non significa que este condimento poida usarse con total liberdade, xa que está documentado que os potenciado-res de sabor poden alterar a longo prazo os

A cantidade de sal diario recomendado non ha de superar os 5 gramos

gu

ía d

e co

mp

ra s

al

Consellos para reducir o seu consumoTodos, sen excepción, deberían controlar o consumo de sal, en especial os que padecen hipertensión ou maior risco de sufrir problemas cardio-vasculares. O gusto polo sal é adquirido e, por iso, é posible modificalo e educalo. A medida que se inxire menos sal, a pre-ferencia polo salgado tamén diminúe. Para iso, poden servir as seguintes suxestións:

> Comer máis alimentos frescos sen procesar, xa que conteñen menos sodio.

> Cociñalos sen sal e que sexa cada comensal o que agregue a cantidade ao seu gusto.

> Cociñar os alimentos ao vapor: ao non haber un medio co que o alimento entra en contacto, non hai cesión de substancias e consérvase mellor o contido natural do sodio do alimento.

> Utilizar herbas e especias para condimentar os pratos. Con-vén revisar a etiquetaxe, xa que moitos destes preparados tamén inclúen sal. Con aceite de oliva virxe e vinagre encó-brese en parte a falta de sal.

> O sal mariño ten un sabor máis forte e permite empregar menos cantidade para lles dar sabor ás comidas.

> Substituír o sal por un de baixo contido en sodio, xa que é o que menos cantidade de sodio achega.

> Reducir a inxestión de ali-mentos procesados e, de ser o caso, consumir preferente-mente os que teñan menos sodio (é fundamental ler as etiquetas nutricionais).

1514

Page 9: Ano XXXIX - Época IV - Nº 185 ABRIL 2014revista.consumer.es/web/ga/20140401/pdf/revista_entera.pdf · descargar un programa de espio-naxe, un feito ilegal. Deste xeito, o mozo chegou

por outra, por elixir alimentos procesados ou menús que aseguren pouca cantidade de sal.Para asegurar hábitos alimentarios correctos, convén revisar a etiqueta dos alimentos onde se indica o contido en sal. Paga a pena facelo a miúdo, xa que moitísimos alimentos (mesmo especias) conteñen grandes cantidades de sal engadido. Por exemplo, se a etiqueta dunha lata de atún en escabeche informa de que os seus 100 gramos conteñen 0,59 g de sodio, isto significa que contén 1,47 gramos de sal. Sani-dade considera que un alimento ten moito sal cando iguala ou supera 1,25 gramos de sal por cada 100 gramos de alimento, e que achega pouco sal (é a situación ideal) cando ten 0,25 gramos (ou menos) de sal por cada 100 gramos de alimento.O segundo que convén ter claro é que alimen-tos teñen máis sal e cales menos. A maioría dos alimentos frescos e crus non conteñen sal ou a súa presenza é ínfima. Os alimentos vexetais como a froita e a verdura son eslamiados, máis que a carne, o peixe ou os ovos, que conteñen algo de sal ao natural, aínda que unha cantida-de pouco relevante. Pero malia que na súa pre-paración precisan sal, está comprobado que se se reduce a condimentación de xeito gradual, o padal acaba por acostumarse. Unha tortilla sen sal non resultará insípida para quen non a lembre no seu punto de sal. Cantas persoas notaron que o pan reduciu en case un 30 % a cantidade de sal nos últimos anos e que hoxe é o menos salgado da Unión Europea? Estes sacrificios, pouco a pouco, normalízanse e fan-se domésticos e cotiáns. Deste xeito, amplían a porcentaxe que poderá cubrirse fóra da casa ou con produtos preparados. O sal oculto dos ali-mentos elaborados é o máis difícil de esquivar.

receptores linguais de sabor, o que alteraría as nosas preferencias dietéticas cara a alimentos menos sans.No que respecta ao resto de sales que atopa-mos no mercado, as diferenzas nutricionais son mínimas. Os factores que os distinguen entre si son o sabor, a granulometría ou o tamaño do gran, a cor ou a solubilidade. A procedencia do mineral, tanto se se extrae por evaporación da auga do mar (sal mariño) coma se provén de lagos salgados ou de depósitos fósiles terra a dentro (sal mariño), o seu posterior tratamento e o seu procesado dan lugar ao variado abano de sales do mercado.

ObxeCtivO: 5 gramOs aO díaUnha culleriña de sal contén uns 2,5 gramos de sal. Non obstante, do total que inxerimos (uns 10 gramos), calculouse que só o 15 % provén do saleiro, o que engadimos de forma volunta-ria aos alimentos, sexa para cociñalos ou para consumilos unha vez na mesa. Do resto, o 10 % corresponde ao sal presente de forma natural nos alimentos (ovos, carnes, peixes, lácteos...), mentres que o 75 % provén de alimentos ma-nufacturados aos que o fabricante lles engadiu sal no seu proceso de elaboración. É o coñecido como “sal oculto”; é dicir, o sal que consumimos sen engadilo de forma voluntaria na nosa dieta. O consumidor pode controlar a súa inxestión e farao mellor se coñece os datos e se opta, por unha parte, por reducir o sal que utiliza e,

un pOr unsal común ou natural: fai referencia ao sal,

sen determinar a súa procedencia; é dicir, sen indicar se é mariño (obtido por evaporación da auga do mar) ou se é un sal de rocha ou mineral (extracción do sal de depósitos ro-chosos ou xeolóxicos de sal).

sal iodado: sal ao que se lle engadiu iodo na súa composición. O seu consumo está indica-do para previr deficiencias deste mineral nas nosas dietas. Os seus usos son os mesmos que os do sal común: salgar calquera tipo de alimento xa sexa en cru, como ensala-das, ou cociñado, como pode ser un cocido, guisos etc. Tamén se pode utilizar á hora de sazonar elaboracións máis complexas, como facer pan, pastas italianas ou salgaduras. O Ministerio de Sanidade español recomenda o consumo deste sal para toda a poboación.

Flor de sal: é a primeira capa cristalina que se forma na superficie das salinas, mentres que se evapora a auga. O éxito deste sal ra-dica tanto na súa aparencia cristalina (trá-tase dun cristal redondeado) coma na súa textura crocante e lixeiramente húmida, pero sobre todo nos seus tons violetas. É un dos sales gastrónomos por excelencia. Recóllese de forma artesanal.

sal do Himalaia: a diferenza do sal mariño, trátase dun sal que provén das rochas das montañas de Paquistán, a uns 300 quilóme-tros do Himalaia. As rochas proveñen de es-tratos ecolóxicos sedimentados por millóns de anos. A súa cor é distinta, dado que contén máis ferro (pero insuficiente como para cubrir os requirimentos nutricionais), e o seu sabor é máis amargo.

sal afumado: trátase de sal elaborado me-diante un proceso de afumado, e que se recomenda para macerar alimentos ou pa-ra afumar peixes, dado o seu característico sabor intenso.

sal maldon: procede de finas capas de sal que se forman nos bordos do esteiro do río Blac-kwater, no municipio de Maldon (Inglaterra). Adoita formar uns cristais en forma de esca-mas (ás veces denomínase sal en escamas por esta razón). É o toque final decorativo e crocante de moitos pratos de carne e peixe.

sal hiposódico e lixeiro: ambos son condi-mentos con menos cantidade de sodio. O hi-posódico ten un contido reducido en sodio (un mínimo de redución do 10 %) grazas á substitución de parte do cloruro sódico por cloruro potásico. Está indicado para persoas con hipertensión arterial. Son máis recomen-dables se están enriquecidos en iodo. No ca-so do sal lixeiro, a redución do seu contido en sodio debe ser igual ou superior ao 30 %.

sal mariño: obtense por evaporación da auga de mar. Segundo o seu tamaño de gran, pode ser fino ou gordo. É preferible empregar o sal groso para a preparación de peixes, mariscos ou carnes á prancha ou á grella.

Só o 15 % de sal que inxerimos provén do saleiro

gu

ía d

e co

mp

ra s

al

1716

Page 10: Ano XXXIX - Época IV - Nº 185 ABRIL 2014revista.consumer.es/web/ga/20140401/pdf/revista_entera.pdf · descargar un programa de espio-naxe, un feito ilegal. Deste xeito, o mozo chegou

Os máis salgadosEn España, un estudo promovido pola AESAN (Axencia Española de Seguridade Alimentaria e Nutrición) identificou os alimentos de consumo cotián que máis sodio achegan á dieta diaria. Do 100 % do sodio inxerido, o 72 % procede dos alimentos procesados, o 20 % corresponde ao sal engadido e tan só o 8 % do sodio procede dos alimentos naturais, non procesados.

De todos os alimentos salgados identificados, son catro os alimentos de consumo cotián que suman o 72 % da contribución de sal á dieta.

> EmbuTidO. O xamón é o derivado cárnico curado que máis sal proporciona á dieta, seguido do chourizo, o salchichón e o fuet. Entre os embutidos cocidos, sobresaen o xamón, o pavo cocido e as salchichas. Unha alternativa sería deixar o xamón en remollo horas antes do seu cociñado en diversas receitas e tirar a auga de remollo, de forma que se dilúa parte do sal que contén.

> PAn. O pan branco, seguido do de molde branco e do tostado, son os alimentos máis problemáticos deste grupo. Non obstante, a través do acordo entre a AESAN e o sector da panadería, en catro anos (2005-2009) conseguiuse reducir de forma progresiva a porcentaxe de sal utilizado na elaboración de pan. O pan actual ten un 25,9 % menos sal que hai uns anos.

> QuEixO. De todos os lácteos, os queixos son os alimentos máis salgados, entre eles o manchego, o fundido e os queixos frescos, os tres máis consumidos. Xa que logo, o queixo, pola súa parti-cularidade nutritiva (ademais de sodio ten moita graxa e coleste-rol, sobre todo, os máis curados), é un alimento “capricho” para degustar en ocasións e en pequenas cantidades, non a diario.

> PrATOs PrEPArAdOs. As comidas preparadas conxeladas des-tacan sobre o resto de pratos cociñados ou precociñados en achega de sodio á dieta. A información da etiqueta nutricional permítelle ao consumidor comparar produtos de distintas mar-cas e escoller os máis saudables. Ao mesmo tempo, cociñar na casa máis cantidade, conxelar o sobrante e desconxelar a medida que se necesite é unha alternativa intelixente para achegar menos sal á dieta.

Pola contra, a maioría dos alimentos frescos e crus non conteñen sal ou a súa presenza é ínfima: as froitas, as hortalizas e as ver-duras son eslamiadas por natureza, máis que a carne, o peixe ou

os ovos, que conteñen algo de sodio, aínda que unha cantidade pouco relevante. E malia que na súa preparación precisan sal,

está comprobado que se se reduce a condimentación de xeito gradual o padal acaba por se acostumar.

gu

ía d

e co

mp

ra s

al

suxestións de COmpra

para controlar a tensiónOs que padezan hipertensión ou un maior risco de sufrir problemas car-diovasculares deben ter un especial coidado co consumo de sal. Ademais de intentar reducilo, han de selec-cionar aqueles alimentos que menos sodio acheguen e deben frearse co saleiro ou elixir sales con contido reducido neste mineral. EROSKI Sannia conta cun sal hiposódico. Ten un contido en sodio un 66 % in-ferior ao sal común. O consumo dia-rio recomendado de sodio non debe ser superior aos 2,4 gramos (1,6 gramos no caso dos nenos). Póde-se cociñar e sazonar a comida con sal hiposódico EROSKI Sannia do mesmo xeito e na mesma proporción que co sal común. Outra proposta é o sal lixeiro, con menos sodio, como o sal lixeiro de marca Costa.

prezo envase (60 g e 90 g): entre 1,75 e 1,95 euros.

para uso comúnSe lles preguntamos aos consumi-dores que tipo de sal empregan no seu fogar, moitos probablemente non sexan quen de daren máis detalle que o de indicar que utilizan sal fino ou sal groso. O descoñece-mento acerca das propiedades e das opcións máis saudables á hora de elixir este condimento é amplo. Como o son os esforzos das auto-ridades por recomendar o uso do sal iodado fronte a outros tipos para equilibrar o déficit de iodo, o mineral fundamental para as emba-razadas e nas distintas etapas de crecemento. O sal iodado EROS-KI ou o da marca Costa son dúas opcións que podemos ter en conta.

prezo envase (1 kg): entre 0,57 e 0,21 euros.

para probar novos saboresO sal en escamas e as flores de sal son as que máis oportunidades brin-dan á hora de innovar na cociña. Son varias as combinacións de sal e outros alimentos e sabores que se atopan dispoñibles no mercado. Son sales moi aromáticos, persistentes no olor e con sabor intenso. O seu hábitat natural atópase nos peixes e nas carnes á brasa ou á grella. A súa finalidade é matizar os sabores finais do prato; isto é, non se cociña con este tipo de sales, agréganse cando os alimen-tos xa están quentes. Así, o aroma e o sabor son máis pronunciados. As escamas de sal ao limón de Marysalt están indicadas especialmente para elaborar peixes e mariscos á prancha ou para lles dar un toque de frescor ás ensaladas con mexillóns ou lagos-tinos. Da mesma marca, as flores de sal con boletus (con marcado sabor a este fungo) compleméntanse moi ben con pratos de carne á grella, como solombos ou foie-gras, ou para aro-matizar paellas e arroces caldosos.

prezo terrina (150 g e 100 g): entre 4,09 e 3,89 euros.

www.consumer.es

1918

Page 11: Ano XXXIX - Época IV - Nº 185 ABRIL 2014revista.consumer.es/web/ga/20140401/pdf/revista_entera.pdf · descargar un programa de espio-naxe, un feito ilegal. Deste xeito, o mozo chegou

bla

BLA

bla

bla

BLABLA

BLA

bla

BLA

BLABLA

BLABLA

BLA

bla

bla

BLAbla

BLA

alimentación

Contos que non alimentanO pan engorda e non hai que beber auga durante as comidas porque contribúe á retención de líquidos son os mitos máis estendidos na nosa sociedade

O pan engordaTrátase dunha lenda moi estendida e que resulta abondo molesta para os expertos en alimentación. De feito, o pan está inxustamente tratado; nin-guén debería deixar de comer pan porque achegue unha cantidade ra-zoable de calorías e moitos hidratos de carbono, xa que estes nutrientes deben predominar na nosa dieta. Non cabe dúbida de que é moito máis reco-mendable substituír o pan branco por pan integral, pero suxerir que tomar pan no marco dunha dieta saudable nos fará engordar non responde a un criterio científico. De feito, o máis re-cente consenso español de prevención e tratamento da obesidade, que re-visou 15 anos de literatura científica, concluíu que as dietas para adultos sans que pretendan previr a ganancia de peso deben contar cunha presen-za importante de hidratos de carbono complexos, coma os do pan.

A froita, antes da comidasDi a lenda que tomar a froita de so-bremesa produce fermentacións dixes-tivas (algo imposible dende o punto de vista fisiolóxico) ou que xera diferen-tes doenzas, razón pola que se debe-ría tomar co estómago baleiro. Nada diso é certo: tomar froita é saudable, a calquera hora, xa sexa co estómago

É mellor comer a froita antes das comidas ou o leite produce mu-

cosidades son dous exemplos do que se denomina unha lenda urbana no ámbito da alimentación. Un cualifi-cativo que reciben pola súa adecua-ción á nosa sociedade industrial e ao mundo moderno e para diferencialas das lendas do pasado. Porque só son iso, lendas, historias sen ningunha base científica, tal e como se recolle en diversos estudos. Así, en 2000 pu-blicouse un libro que marcou un an-tes e un despois no terreo do folclore contemporáneo: Lendas urbanas, de Antonio Ortí e Josep Sampere. Trá-tase dunha obra que, ademais de expoñer de forma maxistral as prin-cipais lendas localizadas polos au-tores, afonda en por que damos por válidos feitos inverosímiles, esaxera-dos ou distorsionados, pola simple razón de que llos escoitamos a un amigo, porque nos chegaron a través

dun correo electrónico ou porque os lemos en internet.OTerceiro estudo sobre contos e frau-des en internet revela que os ciberru-mores se “empachan” coa alimentación e coa saúde. De feito, a maioría de-les (32,5 %) estaban centrados nestes dous temas. É difícil responder cales son os principais no campo da nutri-ción, porque non paran de aparecer novos mitos e, asemade, versiónanse e modifícanse anteriores lendas dietéti-cas, en función da imaxinación do seu narrador. Por sorte, Antonio Ortí coor-dinou en 2013 un novo traballo deno-minado “Comer ou non comer”, no que se revisan 98 “mitos e falsidades da alimentación”. Algúns deles poderían-se clasificar como auténticas lendas urbanas, polo seu enorme impacto e por como perduran malia o paso dos anos. A seguir, pásaselles revista a seis das máis importantes no ámbito da alimentación e da nutrición.

baleiro ou cheo. O consumo de froita en España está por debaixo das re-comendacións (só un 40 % dos espa-ñois recoñece tomar froita a diario), así que esta clase de mitos pode ser moi prexudicial para a saúde pública se se traduce nunha menor inxestión deste saudable grupo de alimentos. Segundo a Organización Mundial da Saúde, a baixa inxestión de froitas e hortalizas asóciase a 1,7 millóns de mortes ao ano.

Non se pode beber auga durante as comidasAos expertos en fisioloxía sóalles a herexía a formulación que centra esta lenda, apoiada en diferentes hipóte-ses, cada cal máis desatinada. Den-de 1950, corre o rumor de que beber mentres se come fai que reteñamos líquidos. Un mito que se une a novas teorías, como a que apunta a supostas dificultades dixestivas debido, entre outros motivos, a unha incomprensible

dilución dos zumes gástricos. O certo é que, se diluíse tales zumes, as per-soas con úlceras gástricas notarían claras melloras dos seus síntomas ao beberen auga, algo que non sucede.

O leite produce mucosidadesMiles de persoas deixan de tomar lei-te de por vida por esta errónea crenza, que foi avaliada en profundidade en decembro de 2005 na revista Journal of the American College of Nutrition. A conclusión dos autores foi a esperada: a lenda non ten razón de ser. Ou, en palabras dos asinantes do estudo, “as recomendacións de absterse de tomar produtos lácteos de acordo coa crenza de que inducen os síntomas da asma non teñen sustento na literatura cien-tífica”. É máis, dado que os mocos son un mecanismo de defensa fronte ás infeccións, este hipotético incremento na produción de mucosidades por mor do leite suporía unha vantaxe. Pero tal incremento non existe.

A soia é perigosaEste mito, que xa é lenda, xorde de estudos feitos en ratos aos que se lles fixo tomar cantidades inxentes de extractos da soia. No mundo real e nos humanos, tomar soia ou ali-mentos derivados dela é seguro, tal e como confirman numerosas análises científicas, e isto é aplicable tanto aos adultos coma aos nenos. Así, a Academia Americana de Pediatría considera que non existen probas que sinalen que a soia poida afectar de forma adversa o desenvolvemento, a reprodución ou a función endócrina dos bebés, dos nenos ou dos adoles-centes. Nos adultos sucede o mes-

mo: o National Institutes of Health de Estados Unidos considera que non existe motivo de preocupación.

Xaxuar aumenta a lonxevidade e adelgazaNumerosas persoas xaxúan porque cren que serve para adelgazar ou pa-ra aumentar a súa esperanza de vida.En relación coa lonxevidade, os estu-dos revelan que o xaxún non só non aumenta a esperanza de vida nos hu-manos, senón que produce unha gran lista de efectos non desexados: hipo-tensión, atraso na curación de feridas, depresión, perda de masa muscular ou de masa ósea, sensibilidade ao frío, diminución da libido, irregulari-dades menstruais...E en canto á suposta perda de peso, sucede xusto o contrario: os xaxúns activan os mecanismos que almace-nan graxa, así que o risco de obesi-dade aumenta.

www.consumer.es

2120

Page 12: Ano XXXIX - Época IV - Nº 185 ABRIL 2014revista.consumer.es/web/ga/20140401/pdf/revista_entera.pdf · descargar un programa de espio-naxe, un feito ilegal. Deste xeito, o mozo chegou

afondoEnquisadas 1050 pErsoas dE 9 comunidadEs autónomas sobrE os sEus xEstos dE solidariEdadE En matEria alimEntaria

No noso país, case 13 millóns de persoas atópanse en risco de pobreza ou exclusión social, segundo un recente informe da Rede Europea de Loita contra a Pobreza (EAPN). O concepto de pobreza encerra, ante todo, privación. As persoas consideradas pobres sono porque carecen de ingresos suficientes, de alimentos, dun teito, de atención sanitaria, de acceso á educación… A pobreza é un círculo que de momento non cesa. Ante esta situación, a solidariedade de cada cidadán faise cada vez máis necesaria, especialmente aquela destinada a cubrir o máis básico, como é alimentarse. Nestes momentos de empobrecemento crecente, EROSKI CONSUMER quixo saber se a poboación española está a ser solidaria neste sentido. Para iso, consultou durante o mes de marzo 1050 persoas orixinarias de 9 comunidades autónomas: Andalucía, Illas Baleares, Castela-A Mancha, Cataluña, Comunidade Valenciana, Galicia, Madrid, Navarra e País Vasco.

Como se fixo?

Todos os entrevistados encargábanse das necesidades relacionadas coa alimentación do fogar: ir á compra, deseñar os menús, cociñar… O 69 % dos enquisados eran mulleres e tiñan unha idade media de 56 anos. Por grupos de idade, un 47 % tiñan entre 45 e 64 anos, o 34 % máis de 64 anos e o 16 % entre 25 e 44 anos. Apenas un 3 % tiña entre 18 e 24 anos.

o máis Común foi doar alimentos (un 63 % así o Confirma) e gran parte destinouse a banCos de alimentos

Solidariedadealimentaria:

tres de cada catroenquisados

promovéronano último ano

Sumario oscuro??????????????? sumario claro?????????sumario oscuro???????????????

22 23

Page 13: Ano XXXIX - Época IV - Nº 185 ABRIL 2014revista.consumer.es/web/ga/20140401/pdf/revista_entera.pdf · descargar un programa de espio-naxe, un feito ilegal. Deste xeito, o mozo chegou

Enquisadas 1050 pErsoas dE 9 comunidadEs autónomas sobrE os sEus xEstos dE solidariEdadE En matEria alimEntaria afondo

pensionistas (un 71 %) e aqueles que forman un fogar composto por unha parella sen fillos (77 %).Ademais, sete de cada dez entrevistados por EROSKI CONSUMER botan en falta máis ini-ciativas sociais por parte da Administración. Cren insuficiente o traballo que se realiza na actualidade. Mesmo propoñen poñer en marcha principalmente tres medidas para eles funda-mentais: un maior número de axudas económicas e que sexan moito máis equitativas que as ac-tuais, reformular e incrementar as axudas sociais aos máis necesitados e con menores recursos e, en xeral, desexan sentir unha maior implicación persoal e entendemento das dificultades dos ci-dadáns por parte de quen forma as institucións.

os menos solidarios

A pesar de que a maior parte dos enquisados son solidarios en materia nutricional, tamén existe un 23 % que non realizou ningún xesto deste tipo no último ano: un 28 % dos homes, un 45 % dos mozos de entre 18 e 24 anos, un 27 % dos madrileños e vascos, un 45 % dos estudantes e un 29 % das persoas que viven soas.Teñen os seus motivos. O 36 % dos enquisados nunca doou alimentos a unha entidade sen áni-mo de lucro. É máis, o 60 % deles nin sequera pensou en facelo algunha vez. As razóns: un 47 % deles asegura que non pode facelo por difi-cultades económicas e outro 25 % non atopou o momento oportuno.No último ano, o 71 % admite que non axuda a persoas que non pertenzan á súa familia e o 83 % tampouco a familiares con dificultades para alimentarse. En ambos os casos, os tres argu-mentos principais que xustifican esta decisión son: que nunca llo pediron, que non fixo falta e

doar alimentos e axudar a amigos

E que tipo de xestos solidarios foron os máis comúns neste último ano? O 63 % doou alimentos a algunha entidade sen ánimo de lucro e un 29 % axudou a alguén que non pertencía á súa familia e que tiña necesidades alimentarias. Ademais, un 16 % tamén lle botou unha man a algún mem-bro da súa familia con dificultades, pero só un 4 % foi voluntario nalgunha entidade sen ánimo de lucro involucrada en proxectos solidarios nos que a alimentación fose a prioridade.As doazóns de alimentos son máis frecuentes entre as persoas de 45 a 64 anos (un 72 % así o asegura) e os orixinarios de Navarra (un 74 %). Ningún estudante dixo que lle axudase a al-gún familiar en materia de alimentación (algo evidente pola falta de ingresos), mentres que nas comunidades máis proclives a iso foron os entrevistados nas Illas Baleares, Cataluña e Comunidade Valenciana (ao redor dun 23 % de-les afirmábano). Pola súa banda, as persoas que máis lles axudaron neste sentido a persoas fóra do ámbito familiar eran na súa maioría novas, de entre 18 e 24 anos (un 32 %), valencianos e madrileños (un 35 %), e desempregados (un 30 %) ou xubilados ou pensionistas (o 32 %).

maior impliCaCión

Entre as persoas solidarias do estudo, hai un sentimento xeneralizado, e é que a crise fomen-tou a súa solidariedade. O 64 % delas considera que a mala situación económica que está a atra-vesar o país a influenciou á hora de realizar este tipo de actividades solidarias. Quen en maior medida así o pensan son os mozos de entre 18 e 24 anos (o 81 %) e os maiores de 64 anos (o 74 %), os manchegos (un 73 % deles), os xubilados ou

Na actualidade, un 38 % do total de entrevista-dos son xubilados ou pensionistas e outro 37 % atópase traballando. O 12 % non estuda, nin tra-balla, nin busca emprego activamente; outro 10 % está desempregado pero si busca activamente un emprego e só un 3 % é estudante. Por último, o 45 % pertence a un fogar formado por unha parella de adultos ou un adulto con fillos, o 23 % son persoas que viven soas e o 21 % forma parte dunha parella sen fillos.

solidariedade en tempos difíCiles

Somos solidarios de nacemento. O noso cerebro garda a información que determina a capacida-de de lles querer axudar aos demais e o resto apréndese cos anos. Do estudo despréndese que os xestos de soli-dariedade alimentaria (doar alimentos, axudar a un familiar no pagamento da cesta da compra, entregar comida a familiares…) son abundantes entre os consumidores enquisados. E é que o 77 % das persoas entrevistadas realizou no último ano algún acto solidario en materia nutricional.A persoa solidaria do informe é, en maior medi-da, muller (o 80 % das enquisadas comprometé-ronse fronte ao 72 % dos homes), de 45 a 64 anos (o 82 %), maioritariamente de Cataluña (tamén o 82 %), con traballo (un 83 %) e pertencente a unha familia con parella e sen fillos (o 80 %). Aínda así, en todos os colectivos, clasificados por sexo, idade, comunidade autónoma, ocupación e tipo de familia, máis do 65 % tiveron un xes-to solidario no último ano. As proporcións máis baixas atopáronse entre os estudantes e os en-quisados máis novos, de entre 18 e 24 anos (en ambos os casos, un 55 % deles dixeron ter un xesto solidario).

solidaridade alimentaria*

(1) BASE TOTAL

Persoa solidaria

(1) BASE SOLIDARIA

Doar alimentos

Axudarlle a un membro

da familia con necesidades alimentarias

Axudarlle a unha persoa fóra do

ámbito familiar con necesidades

alimentarias

Cooperante en proxectos alimentarios

ANDALUCÍA 233 78,0 % 811 63,5 % 16,5 % 28,7 % 4,0 %

BALEARES 32 73,8 % 24 52,0 % 24,8 % 27,9 % 7,5 %

CASTELA-A MANCHA 59 74,6 % 44 68,6 % 12,7 % 12,3 % 3,2 %

CATALUÑA 222 82,4 % 183 68,1 % 23,3 % 32,9 % 7,6 %

COMUNIDADE VALENCIANA 150 79,4 % 119 53,8 % 22,6 % 35,1 % 8,0 %

GALICIA 80 75,4 % 60 70,4 % 7,0 % 30,5 % 5,4 %

MADRID 187 72,9 % 136 65,4 % 6,8 % 35,0 % 5,4 %

NAVARRA 19 75,6 % 14 74,4 % 7,6 % 14,8 % 6,7 %

PAÍS VASCO 67 71,2 % 48 63,9 % 14,8 % 8,3 % 0,6 %

TOTAL 1050 71,2 % 811 63,5 % 16,5 % 28,7 % 4,0 %

*Enquisa realizada por EROSKI CONSUMER durante o mes de marzo a un total de 1050 persoas encargadas da organización alimentaria do seu fogar. (1) BASE TOTAL E SOLIDARIA: Están equilibradas en función do peso poboacional con respecto aos datos do INE.

A fame continúa estando moi presente no noso día a día. No noso país, foi a crise económica a que volveu poñer sobre a mesa a palabra “fame” (desnu-trición e malnutrición). Nos últimos anos, produ-ciuse un incremento significativo de persoas que, por motivos económicos, non poden acceder a unha alimentación adecuada.

Neste sentido, os grupos máis vulnerables e afecta-dos pola pobreza son as familias con membros en paro, seguidas dos inmigrantes, as familias mono-marentais e, por último, a infancia. A estes últimos, a crise golpéaos con moita forza. A súa fraxilidade convérteos en diana fácil. Os máis pequenos sofren as consecuencias das malas decisións dos adultos, aínda cando o artigo 27 da Convención dos Dereitos do Neno (CDN) recoñece o “dereito de todo neno a un nivel de vida adecuado para o seu desenvolvemento físico, mental, espiritual, moral e social”.

No seguinte mapa, móstrase comunidade por comu-nidade a pobreza e a solidariedade alimentaria de 2012 en cifras, proporcionadas polo INE, Unicef e a Federación Española de Banco de Alimentos (Fesbal) a EROSKI CONSUMER:

Pobreza e solidariedade en 2012,comunidade por comunidade

Andalucía 31,0 % 21.839.783,1 36,3 %

Asturias 16,9 % 1.424.105,7 19,6 %

Aragón 19,5 % 2.934.166,6 17,9 %

Cataluña 16,8 % 13.922.786,6 19,4 %

Castilla-A Mancha 33,1 % 3.306.581,1 27,1 %

Castilla e León 17,3 % 9.617.263,6 22,4 %

Cantabria 14,9 % 602.435,6 17,5 %

Canarias 33,2 % 5.285.864,9 38,2 %

Baleares 24,2 % 1.528.166,9 30,0 %

Murcia 29,9 % 1.842.539,8 39,4 %

Navarra 8,1 % 3.208.552,2 14,4 %

A Rioja 18,8 % 914.559,0 30,1 %

País Vasco 12,6 % 6.561.380,6 12,6 %

Madrid 15,0 % 12.912.102,8 18,9 %

Galicia 16,8 % 5.762.534,2 20,1 %

Extremadura 34,1 % 2.389.925,9 46,0 %

Comunidade Valenciana

23,8 % 8.511.484,3 25,1 %

FONTE: Elaboración propia con datos do INE, Unicef e Fesbal.

Taxa de risco de pobreza (%) Número de quilos de alimentos recollidos pola Federación de Bancos e Alimentos e do Fondo Español de Garantía

Taxa de risco de pobreza infantil. Datos de 2010 (%)

2524

Page 14: Ano XXXIX - Época IV - Nº 185 ABRIL 2014revista.consumer.es/web/ga/20140401/pdf/revista_entera.pdf · descargar un programa de espio-naxe, un feito ilegal. Deste xeito, o mozo chegou

Enquisadas 1050 pErsoas dE 9 comunidadEs autónomas sobrE os sEus xEstos dE solidariEdadE En matEria alimEntaria afondo

e de axuda social oficialmente recoñecidas.Tal e como se mencionou con anterioridade, dous de cada tres enquisados aseguran que doaron alimentos a unha entidade sen ánimo de lucro no último ano. O 71 % asegura que o fixo entre 2 e 5 veces e o 83 % apunta que a última vez que o fixo foi hai entre 2 e 6 meses. Só un 13 % o fixo hai menos dun mes: destaca o 22 % dos manchegos que asegurou que o fixera había menos de 30 días de realizar a enquisa e o 20 % dos navarros enquisados.Os bancos de alimentos son as organizacións onde en maior medida os entrevistados doan alimentos (o 41 %). Estas doazóns poden rea-lizarse de diferentes formas: directamente ao banco ou a través de iniciativas conxuntas en-tre estes con outro tipo de entidades (cadeas de distribución, igrexas, centros educativos e mesmo coa Administración -normalmente, con-cellos-). Tamén un 21 % o fixeron directamen-te a unha ONG (normalmente, Cáritas ou Cruz Vermella) e un 33 % a outro tipo de entidades, como supermercados, igrexas ou parroquias e centros escolares.

alimentaCión seCa, o máis doado

E que tipo de alimentos doan? Os entrevistados por EROSKI CONSUMER doan principalmente legumes (unha media de 2,7 quilos por persoa), pasta (2,4 quilos), cereais (1,7 quilos), aceites (1,7 quilos), leite e batidos (3,5 quilos), azucre e doces (1,7 quilos), galletas (1,4 quilos) e conser-vas de peixe (2,1 quilos). Só un 12 % dos enqui-sados apuntou que doara produtos destinados especificamente a nenos (cueiros, leite en po…), especialmente os entrevistados na Comunidade Valenciana (un 22 %).

Á hora de adquirir os alimentos destinados aos bancos de alimentos, hai que seguir unha serie de recomendacións; entre ou-tras, que sexan produtos que non supera-sen a súa data de caducidade ou de con-sumo preferente.Por iso, preguntóuselles aos entrevistados

se ao realizaren a compra deste tipo de alimentos reparaban en certos aspectos:

forma de conservación do alimento (só un 27 % o facía), visibilidade da

data de caducidade (o 61 % si se fixaba), consumo preferente (só o 29 %) e descrición dos ingre-dientes (apenas o 8 %). Finalmente, os 667 entrevis-tados que si doaron alimen-tos no último ano gastaron unha media de 18 euros na compra deste tipo de ali-mentos. Os que máis gasta-

que as dificultades económicas lle impiden levar a cabo este tipo de xestos.Por último, o 96 % dos entrevistados por EROSKI CONSUMER non foron voluntarios en entidades sen ánimo de lucro que leven a cabo iniciativas relacionadas coas necesidades alimentarias. O 45 % deles apunta como motivo principal que non atopou o momento oportuno, un 19 % que non ten tempo e un 10 % considera que son as institucións as que deben facelo.

doar alimentos: banCos de alimentos

Cada ano, os bancos de alimentos recollen en España máis de 100 millóns de quilos de co-mida. Estas organizacións sen ánimo de lucro baséanse no voluntariado e buscan recupe-rar excedentes alimenticios da nosa sociedade para redistribuílos entre as persoas necesitadas. Entréganlles a comida ás institucións caritativas

ron foron os homes enquisados (24 euros de media), as persoas de 45 a 64 anos (19 euros), os residentes en Valencia (39 euros), as per-soas con emprego (23 euros) e as que forman un fogar con fillos, xa sexan parellas ou fami-lias monoparentais (21 euros).

axuda a familiares, en espeCial aos fillos

Só un 16 % dos enquisados dixo axudarlle a algún familiar con necesidades alimentarias no último ano. Admitírono especialmente nas Illas Baleares, en Cataluña e na Comunidade Valenciana (en todas, arredor do 23 % dos en-quisados alí).A axuda adoita ir parar aos fillos. Das 173 per-soas que dixeron realizar este xesto solidario, o 46 % apuntaba que a axuda era para os fillos, o 27 % para os irmáns, o 15 % para os curmáns e o 14 % para os sobriños.Esta axuda tiña diferentes caras: un 57 % dicía comprar alimentos, un 31 % poñía un prato máis no seu fogar, outro 22 % cociñaba os alimentos e entregáballos á persoa en cuestión e un 25 % entregáballe diñeiro destinado a cubrir parte do orzamento en alimentación. Este tipo de actos son habituais, xa que un 97 % das persoas que os levan a cabo din facelo en máis dunha ocasión: o 45 % varias veces ao mes, o 25 % unha vez ao mes e o 30 % cunha frecuencia menor.E a canto ascende este xesto solidario? Quen axuda aos familiares desembolsa unha media de 60 euros ao mes, aqueles que cociñan os alimen-tos e os entregan gastan 53 euros de media e poñer un prato máis no fogar supón 28 euros de media. Con todo, aqueles que realizaron achegas económicas (43 persoas en total) din doar unha media de 240 euros.

axuda entre amigos

Tres de cada dez entrevistados aseguraron que lles axudaron a persoas que non pertencían á súa familia. O habitual era axudar a persoas to-talmente descoñecidas (un 50 % así o recoñeceu). Con todo, outros tamén lles botaron unha man a persoas coas que os unía algún tipo de relación: o 24 % a coñecidos, o 16 % a amigos, o 14 % a veciños e un 1 % a compañeiros de traballo.A forma de facelo era principalmente compran-do alimentos (o 69 %) e realizando unha ache-ga económica (o 20 %), achega que entre os enquisados nas Illas Baleares e en Cataluña ascende ao 46 %. Estes xestos de solidariedade non se dan de maneira fortuíta, senón que o 83 % dos entre-vistados asegura facelos máis dunha vez: un 24 % varias veces ao mes, un 17 % unha vez ao

mes e un 59 % con menos frecuencia (varias veces ao ano).Quen compra alimentos para persoas que non pertenzan á súa familia gastaron a última vez unha media de 26 euros e quen realizou unha achega económica 64 euros de media.

os voluntarios

En España, os voluntarios forman unha familia de cinco millóns de persoas. Encárganse de re-partir comida, produtos de hixiene ou material escolar, atenden familias en risco de exclusión social (con especial atención ao colectivo infan-til), axúdanlles aos alumnos con clases de apoio escolar e colaboran con asociacións de discapa-citados, entre outras moitas tarefas.En materia de alimentación, só un 4 % dos en-trevistados por EROSKI CONSUMER dixeron ser cooperantes en iniciativas onde a comida fose o obxectivo principal. As comunidades onde se acharon máis voluntarios deste tipo foron a Comunidade Valenciana, Cataluña, Illas Baleares e Navarra (arredor do 7 %). Estas 42 persoas realizan tarefas de recollida, or-ganización e repartición de alimentos de forma habitual (así o dixo o 76 %) e a última coopera-ción levárona a cabo hai entre 2 e 6 meses nunha ONG (xeralmente Cruz Vermella ou Cáritas, aínda que tamén mencionaron Médicos sen Fronteiras e Emaús) ou outro tipo de organizacións (como a Igrexa ou unha residencia de anciáns).

www.consumer.es

2726

Como colaborarOs bancos de alimentos convertéronse en entidades populares nos últimos anos. Este tipo de organizacións sen ánimo de lucro baséanse no voluntariado e recuperan excedentes alimenticios da nosa sociedade para redistribuílos entre as persoas necesitadas. En España, existen medio centenar de bancos de alimentos integrados na Federación Española de Bancos de Alimentos (Fesbal).

Existen diversos medios para colaborar con eles:

Doazón de alimentos ou recursos financeiros de empresas. O máis habitual é que o banco de alimentos se dirixa a empresas da súa contorna solicitando alimentos. Con todo, tamén é frecuente o caso contrario e que sexa a propia empresa quen lles ofreza os seus excedentes de alimentos e mesmo recursos financeiros.

Doazón de medios e servizos. Non só se doan alimentos. Hai empresas que, segundo a súa actividade (xa sexa transporte, mensaxería etc.), lles prestan os seus servizos aos bancos de alimen-tos. Outras doan todo tipo de material de uso habitual en almacéns e oficinas (como folios, embalaxes, vestiario etc.).

Voluntariado. Máis de mil persoas están comprometidas cos bancos de alimentos e traballan para axudar na captación, organización e distribución de alimentos.

Axuda económica. Os bancos de alimentos tamén admiten axudas e achegas económicas que lles axudan a manter as súas infraestruturas e unha actividade organizada (adquisición e alugamento de equipo, transportes, cámaras frigoríficas, furgonetas, teléfonos etc.).

Page 15: Ano XXXIX - Época IV - Nº 185 ABRIL 2014revista.consumer.es/web/ga/20140401/pdf/revista_entera.pdf · descargar un programa de espio-naxe, un feito ilegal. Deste xeito, o mozo chegou

cara a caraAdictos á tecnoloxíA?

“Pídesenos a nós, os psicólogos, que fagamos a función que os pais non

saben ou non queren facer”Tras vinte anos de revolución dixital, hoxe as novas tecnoloxías xa forman parte indisoluble da nosa vida, e dispositivos coma o smartphone constitúen case un apéndice máis do noso corpo. Non obstante, a imaxe de persoas illadas do seu ámbito e centradas na pantalla do seu móbil é cada vez máis habitual. Como nos afecta este fenómeno? Para Juan Alber-to Estallo, o posible perigo que entraña a hipercomunicación e a sobreinformación na que vivimos conxúgase mellor coa educación ca con tratamentos clínicos, detrás dos que ve máis afán de negocio ca de rigor científico.Na película Her, un usuario namó-rase do sistema operativo que rexe os seus dispositivos tecnolóxicos e exprésase mediante un programa asistente de voz. Non é algo novo. Nos anos setenta, había un proxec-to de intelixencia artificial chamado Elaiza que estaba deseñado para fa-cer psicoterapia mediante un asisten-te de voz. Os psicólogos atopáronse con non poucos casos de persoas que se encerraban na intimidade para lles contar os seus problemas. Se un pro-grama está deseñado para satisfacer as túas demandas, é normal que se-xas proclive a el, é algo que hoxe se chama boa experiencia de usuario.É ese o futuro cara ao que nos en-camiñamos? Non sei se acabaremos namorados dun sistema operativo, pero temos que ser conscientes de que todo está fabricado para facernos felices, e non só os dispositivos e os programas informáticos. Namórase a xente do seu coche?Detectáronse trastornos relaciona-dos coas novas tecnoloxías, como a adicción aos videoxogos ou a no-

mofobia. Hai que valorar estes tras-tornos no momento en que nos ato-pamos trastornados. Nestes temas téndese a facer o proceso científico de identificación dunha enfermidade en sentido contrario.Como debería ser este proceso? O normal é detectar os enfermos, estu-dar os seus síntomas comúns e facer un cadro clínico para poder describir unha síndrome. Pero coa tecnoloxía primeiro púxoselle nome á síndrome, despois describíronse uns síntomas e, finalmente, buscáronse enfermos que se identificasen con eles. Eu di-ría que o que pasou é que hai xente que viu un negocio en crear unha alarma social para logo curar os su-postos enfermos.Que esconden estes supostos enfer-mos? Porque se falou de casos de novos adictos a videoxogos ou a in-ternet. Nos últimos vinte anos, que é o tempo que internet leva implantada, non vimos ningún caso, e iso que tra-ballamos nun hospital público. O que quero dicir é que non se ten a nece-saria cautela á hora de diagnosticar a alguén como “adicto ás tecnoloxías”. Moitos destes mal chamados trastor-nos esconden outros problemas moi-to máis prosaicos, coma os da ado-lescencia ou da soidade. O que si constatamos foron uns poucos casos de adicción relacionados cos antigos chats IRC, moi populares a finais dos noventa e que foron os precursores das redes sociais.Que problemática presentaban es-tes enfermos? Eran persoas adultas moi sociais, con familia e con amigos, ben conectadas e populares; persoas extrovertidas ás que facer novos ami-gos lles proporcionaba pracer. Claro, en internet as relacións multiplícanse por cen ou por mil... Este é un punto

moi importante nas adiccións, o ele-mento adictivo procura pracer.Considera que a tecnoloxía tende a illarnos do ámbito físico? Pode que algunhas imaxes de grupos de xente ensimesmada coa súa panta-lla na parada do metro ou pola rúa nos parezan inquietantes, pero coido que convén relativizalas. Se ti es un funcionario da Coruña e te mandan a vivir a Barcelona e, polo tanto, te ves obrigado a deixar toda a túa rede de vínculos emocionais detrás, estou seguro de que o whatsapp fará que o proceso de adaptación á túa nova cidade sexa máis levadía porque che permitirá seguir en contacto continuo cos teus seres queridos.Que gañamos e que perdemos coa existencia dos smartphones? Gaña-mos hiperconectividade e a continui-dade de vínculos que antes estaban limitados polo tempo e polo espazo. No caso anterior, este funcionario seguirá mantendo o vínculo cos seus achegados aínda que estea a 1200 quilómetros de distancia. Respecto ao que perdemos, eu creo que é sobre todo a intimidade, xa que estamos deixando atrás a noción do espazo privado. Isto si que é algo que pode entrañar certo perigo, sobre todo pa-ra a xente nova.Como se pode conxurar esta renun-cia á intimidade? Eu creo que con educación. Se un adolescente colga determinadas fotos, se conta en Face-book determinadas cousas, se na ca-sa á hora de comer non solta o móbil, se non estuda porque está todo o día co videoxogo... Quen debe solucionar iso? Os seus pais ou un psicólogo? Eu considero que os primeiros, pero a verdade é que se nos está a pedir a nós que fagamos a función que os pais non saben ou non queren facer.

Psicólogo e autor do libro Videoxogos,

xuízos e prexuízos

EstallouanJ lbertoA

2928

Page 16: Ano XXXIX - Época IV - Nº 185 ABRIL 2014revista.consumer.es/web/ga/20140401/pdf/revista_entera.pdf · descargar un programa de espio-naxe, un feito ilegal. Deste xeito, o mozo chegou

cara a caraAdictos á tecnoloxíA?

“A tecnoloxía tennos escravizados”

arcMMasipPsicólogo experto

en trastornos relacionados coas novas tecnoloxías

Mentres se realiza esta entrevista, Enric Masip insiste en que non cesan de pasar por diante da ventá nenos que van e veñen dos colexios próximos e, aínda que vaian en grupos e rindo, están todos atentos á pantalla do seu móbil, mentres xogan a un videoxogo ou envían mensaxes... E o máis inquietante de todo é que ningún deles alcanzou a adolescencia. “Eu era o único dos meus amigos que ata hai pouco non tiña móbil e decateime do punto grotesco ao que chegaran”. Deixa unha cousa ben clara, e é que “a tecnoloxía é boa se ti a dominas a ela, pero estamos a perder a bata-lla”. El veo a diario no seu gabinete psicolóxico, no que traballa para curar e previr adiccións ou trastor-nos de conduta provocados polas novas tecnoloxías.Abusamos da tecnoloxía? Da tecno-loxía podemos facer uso, e iso é bo se che serve por exemplo para comuni-carte cos teus seres queridos cando estás lonxe. Eu fun xogador de fútbol en ligas estranxeiras e sei o que sig-nifica ter á man un ordenador para fa-cer unha videoconferencia coa familia, que está en Barcelona, cando sentes a picada da nostalxia.Pero vostedes, os expertos, falan dun uso sen medida. E iso é preocupan-te. Pero o terrible é que pode pasar que nos acabe dominando. De feito, xa pasa agora e, na miña opinión, é alarmante. Vivimos escravizados polo móbil e sen el parécenos que non po-demos ter unha vida normal.Hai realmente casos de trastornos no sentido clínico relacionados coa tecnoloxía? Hai toda unha serie de síntomas descritos que poden perfilar un cadro clínico cando moitos deles

coinciden nunha mesma persoa. Agora ben, podemos falar de enfermidades ou de adiccións, ou como o queira-mos chamar, pero o que hai que ter en conta é que detrás hai alguén cunhas actitudes que o están destruíndo. Aquí veñen persoas con problemas, con vi-das desfeitas pola súa obsesión ao móbil, ás redes sociais, á mensaxería ou aos videoxogos, e o noso traballo consiste en descubrir que se esconde detrás destes comportamentos.E que é? Moitas cousas, ás veces é simplemente cobiza, a ansia de sen-tir máis pracer. Gañar seguidores en Twitter ou “gústame” en Facebook proporciónanos pracer, fainos máis populares, e para algúns este pracer é moi acentuado. Noutras ocasións, estas actitudes esconden a fuxida dun trauma ou agochan o medo á dor, e a tecnoloxía sérvenos como refuxio e para esquivar a dor que nos produce o mundo real.Son estes casos máis abundantes entre os adolescentes? Segundo as estatísticas e de acordo coa nosa ex-periencia, así é. E é lóxico, dado que o adolescente se ha de enfrontar a cam-bios moi profundos nas súas relacións sociais que poden resultar moitas ve-ces dolorosos. A tecnoloxía permite, en certa medida, esquivar estes cam-bios e evitar a dor que traen consigo. A contrapartida é que, se evitas a dor e o cambio, non evolucionas, non ma-duras emocionalmente e non te con-vertes en adulto. Por exemplo, aquí tratamos casos de nenos que se din que se queren por whatsapp, pero que no patio do colexio non se atreven a mirarse á cara. Isto supón virtualizar o amor para evitar vivilo na realidade.Non se poden previr estes compor-tamentos con educación? Sen dúbi-da, pero quen te vai educar? Un pai

que está no sofá consultando Twitter no seu tablet no canto de estar a fa-lar co seu fillo... Quero dicir que todos estamos superados por esta especie de tsunami tecnolóxico que se nos veu enriba e tamén quero subliñar que non resulta doado distinguir entre o uso e a dependencia.Que se pode facer entón? Aquí in-cidimos moito nas tarefas de preven-ción e de concienciación. Damos char-las dirixidas a colexios, a institutos, e mesmo a asociacións de pais, para concienciar a toda a sociedade. No caso dun adulto, é máis doado que se-xa consciente de que ten que deixalo, pero un adolescente necesita referen-tes que lle axuden.É dicir, que o acceso ás novas tec-noloxías necesitaría un protocolo educacional. Na nosa opinión si, pe-ro as pautas variarán en función da persoa e do ámbito. Nós tratamos de concienciar os pais da transcendencia dalgunhas actitudes dos seus fillos nas redes sociais e de que poden pro-ducirse consecuencias desastrosas.Por exemplo? Hai rapazas que non se atreven a lle dicir con palabras a un rapaz da súa clase que se senten atraídas por el, porén resúltalles máis doado enviarlle por whatsapp unha foto dos seus peitos. Con iso renun-cian á súa intimidade e, ademais, co-rren o risco de que o rapaz difunda a imaxe entre os demais compañeiros e de que queden estigmatizadas de por vida. A tecnoloxía, neste sentido, é moi perigosa, xa que deixa unha memoria permanente dos nosos actos.

www.consumer.es

3130

Page 17: Ano XXXIX - Época IV - Nº 185 ABRIL 2014revista.consumer.es/web/ga/20140401/pdf/revista_entera.pdf · descargar un programa de espio-naxe, un feito ilegal. Deste xeito, o mozo chegou

alimentación

Abrir e empratar: conservar vexetaisManteñen intactas parte das súas propiedades nutricionais, pero convén vixiar a súa achega en sodio ou en azucre para non descompensar a nosa dieta

Coas froitas, o azucre funciona de conservante, polo que convén revisar a cantidade que leva de azucre ou de substitutos como a frutosa (en cues-tión de calorías, ten as mesmas que o azucre) ou a súa proporción de adi-tivos edulcorantes. Outro dato impor-tante que cómpre saber é a cantidade de alimento e a súa porcentaxe no preparado. Isto inclúe as marmeladas de vexetais, que se conciben como froitas. E tamén as confeituras feitas de tomate, ruibarbo, cenoria, cabaza, cebola ou cogombro.

Receitas para abrir e degustarEn definitiva, malia que é mellor optar pola verdura e a froita fresca de tem-pada, as conservas axudan, e moito, a confeccionar menús saudables. Son unha fórmula barata e práctica para cumprir co saudable propósito de in-cluír dúas porcións de verdura ao día; e unha pode ser a gornición da cea en forma de feixóns verdes acompañando unha tortilla. Dado que se parte dun alimento xa cociñado, o requentamen-to posterior farase xusto antes de ser-vilo, e será suave, a lume baixo, xa que se volve estar moito tempo ao lume e a temperatura elevada continuará per-dendo nutrientes. Convén ter en conta que algúns xa se perderon durante o cociñado (vitaminas do grupo B, como a vitamina C, sobre todo).

www.consumer.es

Son prácticas, cómodas de gardar, seguras e representan o plan B

en moitos fogares. Sempre están dis-postas a cubrir o prato baleiro porque se queimou o polo ou porque se es-queceu facer a compra. Por iso, non debería faltar na nosa despensa un-ha boa variedade de conservas vexe-tais. Verduras, hortalizas e froitas en conserva non pretenden substituír as frescas, pero teñen a capacidade de facelo ante a falta de tempo ou de ingredientes para preparar unha gor-nición verde, para servir un primeiro prato lixeiro e vexetal, para acompa-ñar unha carne ou para refrescar a sobremesa con froitas.

Limpeza, cocción e preparaciónA elaboración de conservas vexetais comeza coa limpeza exterior. Unha vez limpas, pódense pelar, torar..., to-do depende do tipo de verdura e da combinación que se vaia preparar. A verdura férvese en auga abundante e introdúcese en recipientes estéri-les. No caso das conservas en latas, estes recipientes –entre os que se inclúe o vidro– consérvanse en auga e en sal. De tratarse de conservas ultraconxeladas, envásanse en plás-tico estéril e conxélanse.Unha vez explicado o proceso, con-vén saber que malia que se intentan manter as propiedades nutricionais e gardar a máxima fidelidade respec-to do alimento fresco, ou da conser-va natural, certas conservas vexetais están sometidas a un procesado para ofrecer máis variedade e sabores que altera o nivel de sodio, vitaminas e

outros nutrientes. Pódese apreciar claramente se reparamos nas latas de froitas en xarope e nas marmeladas de froita, ás que se lles engade unha gran cantidade de azucre como parte da súa conservación; no paté de oli-vas, elaborado a partir de oliva tritu-rada e aceite de oliva; ou nas verduras precocidas, que contan cunha maior achega de sodio, xa que se usa o sal como aditivo conservante.

Atención ao sal e ao azucreCen gramos de feixóns verdes crus conteñen apenas 4 mg de sodio, men-tres que a mesma cantidade desta verdura en conserva presenta uns 300 mg deste mineral (case 8 veces máis). Igual sucede co cardo, coas espina-cas e con moitos outros vexetais. O mellor para evitar este engadido é enxaugar as verduras ou, polo menos, desperdiciar o zume, e non engadir máis sal na súa preparación, xa que non é necesario. Esta medida é válida para todos os comensais, pero é con-dición imprescindible para as persoas con problemas cardiovasculares, de obesidade ou de retención de líqui-dos. Tamén para os nenos, que están a educar o seu padal e os seus requi-rimentos son menores que os dunha persoa adulta.

3332

Page 18: Ano XXXIX - Época IV - Nº 185 ABRIL 2014revista.consumer.es/web/ga/20140401/pdf/revista_entera.pdf · descargar un programa de espio-naxe, un feito ilegal. Deste xeito, o mozo chegou

Corazón sen azuCre

saúde

Corazón san: descansado e pouco larpeiroO tratamento da apnea do sono e o control do azucre, claves para previr enfermidades cardiovasculares

razón. Diversos estudos relacionan as apneas cun maior risco de desenvol-ver problemas cardiovasculares, como hipertensión, insuficiencia cardíaca, enfermidade coronaria e accidentes vasculares cerebrais. A Fundación Española do Corazón alerta sobre o problema e destaca que as investi-gacións demostran que as mulleres que padecen esta síndrome de ap-nea-hipopnea do sono teñen un risco 3,5 veces máis elevado de sufrir unha enfermidade do corazón, mentres que o risco entre os homes é entre catro e cinco veces superior.Os problemas cardíacos que provoca débense a unha situación de estrés

Numerosos estudos relacionan a apnea do sono –o trastorno

respiratorio do sono máis común– con maiores posibilidades de desenvolver enfermidades coma hipertensión, in-suficiencia cardíaca, ictus e cardiopa-tía isquémica en persoas de mediana idade. Por este motivo, aprender a diagnosticala e tratala é clave non só para durmir ben, senón tamén para protexer o corazón.

Os trastornos do sono e a saúde do corazónHai tempo que os cardiólogos aler-tan sobre a importancia do sono na prevención das enfermidades do co-

O azucre tamén inflúe na saúde do corazónO estudo “Added Sugar Intake and Cardiovascular Diseases Mortality Among US Adults” (“Alta inxestión de azucre e enfermidades cardiovas-culares. A mortalidade entre adultos norteamericanos”), realizado por in-vestigadores americanos, analizou a evolución ao longo de 15 anos do consumo de azucre engadido ao total das calorías diarias na dieta e a súa estreita relación coa mortalidade por enfermidade cardiovascular.Con este traballo, puidéronse coñecer algúns datos alarmantes: a maioría dos adultos (71,4 %) consumiu o 10 % ou máis das súas calorías totais en for-ma de azucres engadidos, e para preto do 10 % da poboación examinada estes nutrientes supoñían o 25 % ou máis do total das calorías da súa dieta.Ao analizar a asociación da inxestión de azucre engadido coa enfermidade cardiovascular descubriron que, na poboación estudada, o risco de fale-cer aumentaba un 18 %, comparado cos que seguían unha dieta con pou-ca cantidade ou ningunha de azucre engadido. Este risco incrementábase ata un 38 % para aqueles cuxa dieta os incluía entre un 17 % e o 21 %, e preto do 80 % para os que as calorías dos azucres compoñían máis do 21 % do total na súa dieta diaria. Por iso parece ser que, a partir de agora e a teor dos resultados, haberá que telo moi en conta na prevención das pato-loxías cardiovasculares.

www.consumer.es

A pesar de que os hidratos de carbono son básicos dunha alimentación equilibrada, non todos son iguais. Segundo a súa estrutura química, pódense distinguir os hidratos de carbono complexos (coma o amidón) dos hidratos de carbono sinxelos (coma os azucres). Os primeiros son de absorción lenta e atópanse no pan, na pasta, nos legumes, no arroz e nos cereais, entre outros.

Os simples son os responsables do sabor doce dos alimentos. Entre estes están o azucre, a frutosa, o concentrado de zume de froita, o mel, a maltosa ou a melaza. A diferenza estriba en que estes azucres son de absorción rápida, polo que provocan que o organismo segregue insulina con rapidez. Esta resposta modula, pola súa vez, outros procesos fisiolóxicos que favorecen a acumulación de graxa.

Pero ademais de encontrarse de xeito natural nas froitas, vexetais,

leite e derivados, tamén están de forma oculta en produtos indus-triais, coma marmeladas, lambe-tadas e cereais, onde contribúen a aumentar a achega calorífica cun baixo valor nutritivo. Non obstante, se se utilizan no proce-samento de alimentos debe notifi-calo a etiqueta.

Ningún destes azucres sinxelos é necesario nunha dieta, xa que só proporcionan enerxía e poucos nutrientes, así que poden excluír-se dela. Ademais, unha inxestión excesiva supón un perigo para a saúde. Non obstante, a pesar da súa importancia, non hai un consenso sobre cales son os niveis máximos desexables. Así, a Organización Mundial da Saúde (OMS) recomenda menos do 10 % do total de calorías inxeridas e a American Heart Association restrinxe a menos de 100 calorías ao día para as mulleres e 150 para os homes a cantidade de azucre engadido.

que se produce ao diminuír de for-ma temporal o nivel de osíxeno no sangue. Na maioría dos pacientes baixan as pulsacións cardíacas du-rante a detención da respiración, se-guido dun aumento do ritmo cardíaco ao continuarse. Esta situación, cando se dá repetidas veces durante un pe-ríodo longo de tempo, pode ocasionar secuelas graves, como arritmias e un maior risco de infarto. Por outro lado, durante a apnea tamén se eleva a presión sanguínea, coa agravante de que a maioría dos afectados tamén sofre hipertensión arterial, o que au-menta aínda máis o risco de sufrir problemas cardiovasculares.

3534

Page 19: Ano XXXIX - Época IV - Nº 185 ABRIL 2014revista.consumer.es/web/ga/20140401/pdf/revista_entera.pdf · descargar un programa de espio-naxe, un feito ilegal. Deste xeito, o mozo chegou

Claves para ser un Consumidor libre de Culpa

Os cidadáns que queiran ter o menor complexo de culpabilida-de ao consumir deberían guiarse polas tres seguintes claves:

• Concienciarse. Ser conscientes das consecuencias negativas de determinados produtos leva a formularse o consumo dos que non as teñen. Reflexionar antes de comprar nada, ser críticos ou asumir os tres erres da conduta ecolóxica (reducir, reutilizar e reciclar) son algunhas das posibilidades.

• Informarse. Unha boa información contrastada axuda a discernir entre os produtos e as empresas con maior impacto ambiental, social ou sobre a saúde, e os que poden proporcionarlles aos cidadáns unha compra libre de culpa. As etiquetas e a información ao consumidor dos produtos poden axudar, e tamén os símbolos de reciclaxe.

• Rexeitar e reclamar. O consu-midor libre de culpa ten que ser proactivo e non quedar nun consumo pasivo. Para iso ten que rexeitar o uso dos produtos con impacto negativo e facelo de xeito público, co fin de que o seu ámbito social o saiba e siga o seu exemplo. Así mesmo, debe reclamarlles ás empresas e ás institucións máis medidas que contribúan a mellorar o medio, a xustiza social e a saúde.

medionatural

Consumir sen entoar o mea culpaOs cidadáns prefiren cada vez máis produtos respectuosos co medio, coas persoas e coa saúde

Os cidadáns non queren produ-tos que os convertan en malas

persoas. O consumo libre de culpa é unha tendencia de mercado crecente que propón produtos respectuosos co medio, coma os reciclables, de comer-cio xusto ou sen substancias nocivas para a saúde. Hai que ter en conta que os cidadáns están cada vez máis informados e concienciados, rexeitan empresas que danan o medio, que lles ofrecen unhas pésimas condicións aos seus traballadores ou que utilizan substancias daniñas para a saúde.

O consumo libre de culpa (Guilt-free consumption) responde a unha crecen-te necesidade en todo o mundo, xa que se basea nun sentimento universal: todos queremos ter a nosa conciencia limpa, tranquila. “Os consumidores es-tán ansiosos por un novo tipo de con-sumo sen preocuparse (ou polo menos preocuparse menos) polo seu impacto negativo”. Así o sinalan en Trendwat-ching, unha empresa especializada en tendencias de consumo globais.Diversos estudos mostran a tenden-cia á alza do consumo libre de culpa. Preto de dous terzos dos cidadáns no eido mundial queren comprar de for-ma responsable coa sociedade e co medio, segundo un informe publicado en 2013 por GlobeScan, SustainAbi-lity e BBMG. O 28 % dos consumi-dores séntese culpable polo impacto das súas accións no medio, segundo o documento Greendex de National Geographic, publicado en 2012. En Estados Unidos, o 27 % dos consumi-dores estaba máis preocupado polo desperdicio de alimentos en 2013 ca en 2012, segundo o estudo BAV & Sus-tainable America.Pero o consumo libre de culpa provoca tamén que as “marcas limpas” logren unha vantaxe fronte á súa compe-tencia. As empresas que se declaran respectuosas co medio, que non se producen en países con man de obra precaria ou que utilizan substancias saudables poñen no punto de mira dos cidadáns as compañías que crecen sen dicir nada ao respecto.

En definitiva, os consumidores son a base do sistema produtivo e as súas decisións de compra poden modificar as tendencias do mercado. Por iso, realizar un consumo libre de culpa é un xeito indirecto de lles reclamar ás empresas que inclúan a variable am-biental, solidaria e de benestar nos seus produtos e servizos.

Diferentes perfísOs consumidores libres de culpa diví-dense en tres clases:

Por si mesmos. Necesitan produtos positivos para o seu benestar físico e mental. Para iso, demandan ali-mentos con menos graxas e menos calorías, sen alcohol, con activida-des que promovan o exercicio etc.

Pola sociedade. Queren sentirse ben cos demais e buscan produtos de comercio xusto, elaborados por empresas que incorporen traballa-dores en perigo de exclusión social.

Polo planeta. O medio é a súa preocupación prioritaria, e por iso consomen produtos que poidan re-ciclarse, biodegradables, que non teñan que ver coa destrución de es-pazos naturais e coa menor pegada ecolóxica posible e respectuosa coa biodiversidade.

Un produto ou unha marca que reúna os tres tipos de consumo libre de culpa sería o idóneo. Os expertos de Trend-watching falan de ir mesmo máis alá e de promover o “consumo libre de culpa total”, cun “impacto altamente positivo en cada unha das dimensións”.

www.consumer.es

3736

Page 20: Ano XXXIX - Época IV - Nº 185 ABRIL 2014revista.consumer.es/web/ga/20140401/pdf/revista_entera.pdf · descargar un programa de espio-naxe, un feito ilegal. Deste xeito, o mozo chegou

A personAlidAde resistente

Na década dos setenta, xurdiu o concepto de personalidade resis-tente, da man do doutor Salvatore R. Maddi, profesor de Psicoloxía e Comportamento Social da Univer-sidade de Harvard, EE.UU.), e da doutora Suzanne Kobasa, investi-gadora da Universidade da Cidade de Nova York, EE.UU. Este termo provén da teoría existencial da personalidade, e dela extráense dúas ideas claves relacionadas coa resiliencia: que a persoa –que non é só unha portadora de trazos internos e estáticos– cons-trúe a súa personalidade a través das súas accións e que a vida é un inevitable cambio asociado a situacións de estrés.

Ademais, dende este enfoque pódense distinguir tres conceptos asociados á resiliencia: o compro-miso (calidade de crer no valor dun mesmo e das súas accións), o control (o xeito de pensar e de actuar ante situacións relaciona-do co control dun mesmo e coa súa responsabilidade) e o reto (a crenza de que o cambio é inhe-rente á vida e de que esta calida-de proporciona unha flexibilidade cognitiva que axuda á superación).

* Fonte: Lecina Fernández, psicóloga clínica

saúde

Resiliencia, a capacidade de superar as adversidadesA resiliencia non está reservada para persoas extraordinarias, senón que é unha resposta natural e frecuente en todo ser humano

Estratexias para aumentar a capacidade de resilienciaSaber que contamos con esta fortale-za non significa que unha persoa sexa invulnerable ou que non lle afecte un acontecemento dado. Cómpre ter en conta que unha persoa, despois de pa-sar por unha experiencia traumática, sofre un cambio que influirá no seu xeito de pensar e de actuar.Os autores que investigaron a resi-liencia defenden que a experiencia traumática pode xerar tres tipos de cambio: con relación a un mesmo, ás relacións interpersoais e á propia es-piritualidade e filosofía de vida. E ser consciente diso axuda a aumentar a capacidade de sobrepoñerse á adver-sidade. Conviría, polo tanto, reflexio-nar sobre o que sucedeu e sobre os cambios vividos e, dende aí, descubrir os pensamentos e as emocións que axuden a crecer. En ocasións, unha persoa pode descubrilo soa, mentres que outras necesitarán a axuda do seu ámbito ou dun psicólogo para que as dirixa no camiño cara a ese coñece-mento persoal.

www.consumer.es

A resiliencia, a capacidade de asumir situacións límite ou de

sobrepoñerse a experiencias de dor emocional, é unha característica de todas as persoas en maior ou me-nor grao. Hai quen, malia que viva circunstancias moi adversas, non só non sofre traumas psicolóxicos, se-nón que ademais sae reforzado. Isto é a resiliencia.Un proceso polo que as persoas te-ñen a habilidade de adaptarse a si-tuacións traumáticas. En definitiva, a sobrepoñerse á adversidade e a se-ren capaces de seguir adiante mesmo transformadas. A investigación cientí-

fica puxo de manifesto que a resilien-cia é común a todas as persoas en maior ou menor grao. Así o demos-tran sucesos acontecidos na historia da humanidade, como relatou no seu momento Viktor Emil Frankl, neurólo-go e psiquiatra austríaco que sobre-viviu nos campos de concentración de Auschwitz e Dachau, ao describir nos seus ensaios como nas condicións máis extremas o ser humano atopa unha razón para vivir.

Nácese xa con resiliencia?Esta capacidade humana de asumir con flexibilidade situacións límite, de sobrepoñerse á dor emocional que producen e de seguir proxectándose no futuro, a pesar dos acontecementos desestabilizadores ou das condicións de vida difíciles, é innata á persoa. É dicir, todos temos a capacidade de re-sistir o golpe, de sobrepoñernos e de seguir adiante.Os expertos coinciden en asegurar que todos contamos con esta capaci-dade de sobrepoñernos, de xeito que a resiliencia non é unha característica especial para unha minoría, nin tam-pouco está reservada para persoas extraordinarias, senón que é unha resposta natural, normal e frecuente no ser humano. Forma parte de nós, parte da nosa esencia, do noso obxec-tivo e do noso fin máis primario: a su-pervivencia, sobrevivir, seguir sendo quen somos.Pero non só de resiliencia está feito o ser humano. Está asociada a unhas características como o autocoñece-mento, a autoestima, a independen-cia, a capacidade para relacionarse, a iniciativa, o bo humor e a creativida-de, entre outras, e todas elas forman parte, en maior ou menor intensidade, das persoas que se transforman co transcorrer da vida. Non obstante, é posible adestralas e melloralas. Polo tanto, pódese afirmar que a resiliencia nace, se fai e se aprende.

3938

Page 21: Ano XXXIX - Época IV - Nº 185 ABRIL 2014revista.consumer.es/web/ga/20140401/pdf/revista_entera.pdf · descargar un programa de espio-naxe, un feito ilegal. Deste xeito, o mozo chegou

Claves para frear os Celos entre os pais e os bebés

bebé

Celos entre pais e bebés?Algúns pais e algunhas nais poden sentir celos cara aos seus propios bebés, xa que a súa chegada supón cambios importantes na súa relación de parella

A chegada dun novo bebé pode im-plicar a aparición doutro inespe-

rado hóspede na casa: os celos dos pais. Psicólogos e pediatras lembran que algunhas persoas experimentan inseguridade ante o nacemento dun novo bebé, un impulso irracional que pode levar a que os homes, e tamén algunhas mulleres, se sintan excluídos da relación entre a criatura que acaba de chegar e as súas parellas. Aínda que pareza difícil de entender (ou recoñe-cer), os celos entre os pais e os seus bebés existen.

Causas dos celosA realidade é que un bebé na casa implica cambios relevantes na parella. Durmir convértese nunha tarefa máis complicada para os pais, chegan as longas horas de lactación e... tamén a posible aparición dos celos entre os pais e bebés! En definitiva, os primei-ros meses do bebé son complicados. Os cambios físicos e hormonais na muller, a angustia polo descoñecemento das tarefas que supón a estreada pater-nidade, o cansazo etc. son elementos que irrompen de súpeto na vidas de parella e aos que se han enfrontar do mellor xeito posible.Pero, como xorden as envexas entre os pais e os bebés? A orixe non é dis-tinta ao habitual: a causa é o medo a ser desprazado polo bebé na relación amorosa coa parella.Todo depende de cada bebé e de cada parella, pero a verdade é que neses primeiros meses o neno depende to-talmente dos seus pais –en especial da nai– e, polo tanto, é imposible facer unha vida de parella normal. Supón un caldo de cultivo moi propicio para que aparezan os temidos celos entre os pais e os bebés, o que segundo os expertos é máis habitual do que se pensa. Ademais, un de cada dez homes

sofre a depresión posparto masculina tras o nacemento do bebé, segundo o estudo “Sad Dads”, publicado pola Universidade de Cornell, nos Estados Unidos. Esta patoloxía pode, en con-secuencia, influír na aparición destes celos entre os pais e os bebés.

Complexo de LayoO impulso irracional dos celos pode aparecer sobre todo nas persoas in-seguras, ao recibiren menos atención por parte das súas parellas (algo tan normal como inevitable) e porque se senten desprazadas pola nova presen-za na familia. Algúns especialistas, co-mo o pediatra Carlos González, autor do manual Bícame moito: como criar os teus fillos con amor, denominan estes celos entre os pais e os seus bebés como o complexo de Layo. “Os celos cara ao bebé xorden nos pais con maior frecuencia ca nas nais e responden a un temor irracional por verse suplan-tados polo seu fillo no amor da súa parella”. Pero, é común o complexo de Layo? “Non hai datos concluíntes para saber como son de frecuentes os celos entre os pais e os bebés, pero habelos, hainos”, responde González.

Cando aparecen os celosOs celos entre os pais e os bebés nor-malmente aparecen durante as pri-meiras semanas tras o nacemento. É durante eses primeiros meses cando a nai pon toda a súa atención no bebé. A inseguridade dos pais recentes e o te-mor a perder a parella tras o nacemento do bebé poden ser sentimentos intensos estes primeiros meses. Pero o normal é que as emocións se normalicen co paso do tempo. Os cambios na parella tras a chegada do bebé son moi fortes ao principio, pero non serán duradeiros.

www.consumer.es

• Cariño, cariño e cariño cara á parella. O amor ofrecido en doses xenerosas é unha receita para evitar os celos entre os pais e os bebés. Hai que facer un esforzo por expre-sar este amor. A chegada dun bebé supón moitos desvelos e a atención inevitablemen-te céntrase nel, pero isto non debe impedir que se esqueza a parella.

• Paciencia. A serenidade é sempre unha boa compañei-ra. Hai que tratar de manter a calma e non perder os nervios. Tras a chegada do bebé, a parella necesita funcionar coma un equipo.

• A repartición das tarefas e implicarse na crianza do bebé son claves para evitar os celos entre os papás e os bebés. Estas envexas poden resol-verse se o home se implica no coidado e na crianza do neno. Oportunidades non faltan, pois hai que bañar o neno, vestilo, cambiarlle os cueiros, pasealo. E, alén disto, están as tarefas habituais da casa, entre as que se inclúen a cociña, a limpeza etc.

• Coidar a comunicación da parella é unha pauta para evitar celos pouco saudables cara ao bebé. Neste sentido, é importante dialogar moito e de maneira aberta e expresar claramente as sensacións e as necesidades que se senten. É moi importante tamén evitar a tentación de xulgar ou de sentir temor de ser xulgados.

4140

Page 22: Ano XXXIX - Época IV - Nº 185 ABRIL 2014revista.consumer.es/web/ga/20140401/pdf/revista_entera.pdf · descargar un programa de espio-naxe, un feito ilegal. Deste xeito, o mozo chegou

Sabes como funciona o semáforo? É un sinxelo código de cores que indica se a cantidade dos nutrientes que compón a receita é alta, media ou baixa. Informa sobre as calorías e os nutrientes máis importantes dende o punto de vista da saúde: azucres, graxa, graxa saturada, sal e fibra. As receitas presentan normalmente ingredientes cuxa porcentaxe sobre a cantidade diaria orientativa (CDO) é alta (predominan os amarelos). Estes pratos están concibidos como prato principal dunha comida ou dunha cea. O seu tamaño de ración é superior e a súa achega nutricional é máis elevada. Por este motivo, as receitas teñen uns puntos de corte diferentes aos dos produtos. • A cor verde indica que a ración de consumo de cada nutriente achega menos do 10 % da CDO (unha cantidade baixa do nutriente). • A cor amarela indica que achega entre o 10 % e o 35 % da CDO (unha can-tidade media do nutriente). • A cor laranxa indica que achega máis do 35 % da CDO (unha cantidade alta do nutriente). * da CDO para un adulto

** o consumo de fibra é escaso e cómpre incrementalo

Unha ración contén: GRAXA CALORÍAS AZUCRES GRAXA SATURADA SAL FIBRA 169 4,3g 3,1g 0,6g 0,7g 3,7g

8,4% 4,8% 4,4% 3% 11,9% 15,6%

Primeiro pratoSoPa de flocoS de avea e verduraS

Ingredientes: 150 g de flocos de avea 2 cebolas 1 porro 1 cenoria 10 g de salsa de soia 40 ml de aceite de oliva - Un chisco de sal

como se elabora:Cortar en toros finos as cebolas, o porro e a cenoria pelada. Pochar todo nunha cazola.Cando comece a dourar, agregar os flo-cos de avea, remover o conxunto e sofritir durante un minuto.Cubrir con 1 litro de auga e cociñar a lume lento durante 20 minutos.Engadir unha cullerada de salsa de soia, medio litro de auga máis e cociñar outros 10 minutos. Servir quente.

comentario dietético:As sopas son unha maneira sinxela e dixestiva de tomar verduras. A caracte-rística dietética máis chamativa desta receita é o seu ingrediente principal, os flocos de avea. Substitúen os típi-cos fideos de sopa e empréganse como espesante e como ingrediente ener-xético (rico en hidratos de carbono). Ademais, a súa riqueza en avenina, un compoñente da avea con efecto sedante, fai que esta sopa estea particu-larmente recomendada para tomar na cea, xa que predispón a un bo sono e a un mellor descanso. A salsa de soia xa é en por si salgada, polo que non é preciso engadir máis sal.

rece

itas

abri

l

Primeiro pratoSoPa de flocoS de avea e verduraS

SobremesaSalSa de Iogur con caramelo e froItoS SecoS

Segundo pratoarroz Integral con Salteado de Plátano, mazá e uvaS PaSaS

Menú antiestrésVivir con estrés é xa unha característica típica da sociedade actual. Cada vez é máis común e pode derivar en problemas de saúde tanto físicos coma psíquicos. A dieta é unha aliada para combatelo: establecer unha orde nas comidas e nos horarios, respectalos, axustarse a unhas cantidades saudables de alimentos e ser selectivo tanto no tipo coma na súa forma de cociñado son ferramentas que axudan a controlar o estrés e mais a ansiedade. E é que hai alimentos que harmonizan os nervios: a avea, por exemplo, contén avelina, que os tonifica e equilibra ou os froitos secos, alimentos ricos en triptófano, ao igual que o plátano, a soia e os ovos, que se transforma en serotonina, un neurotransmisor cerebral relacionado co bo ánimo. Hai bebidas tamén ansiolíticas que lle proporcionan ao organismo a sensación de relaxación. Resulta efectivo combinar pasiflora e papoula, ou melisa e lúpulo.

cantas calorías necesitamos ao longo do día?

% calorías totais A nosa proposta % calorías

ALMORZO 20-25% - Leite 20% (400 kcal) (400-500 kcal) - Muesli - Peza de froita

MEDIA MAÑÁ 5-10% - Torradas integrais 10% (200 kcal) (100-200 kcal) con queixo de untar

COMIDA 30-35% - Sopa de flocos de avea* 34,25% (685 kcal) (600-700 kcal) - Arroz integral con uvas e plátano* - Iogur con caramelo e froitos secos*

MERENDA 5-10% - Bocadillo de pavo 10% (200 kcal) (100-200 kcal)

CEA 20-25% - Crema de verduras 25% (455 kcal) (400-500 kcal) - Tortilla de atún - Pan e froita

MÁXIMO 2.000 kcal (*) Pratos preparados e explicados nesta revista

2,88€por

persoa* 4 Doado 30’-40’ 1,16

4342

Page 23: Ano XXXIX - Época IV - Nº 185 ABRIL 2014revista.consumer.es/web/ga/20140401/pdf/revista_entera.pdf · descargar un programa de espio-naxe, un feito ilegal. Deste xeito, o mozo chegou

Sabes como funciona o semáforo? É un sinxelo código de cores que indica se a cantidade dos nutrientes que compón a receita é alta, media ou baixa. Informa sobre as calorías e os nutrientes máis importantes dende o punto de vista da saúde: azucres, graxa, graxa saturada, sal e fibra. As receitas presentan normalmente ingredientes cuxa porcentaxe sobre a cantidade diaria orientativa (CDO) é alta (predominan os amarelos). Estes pratos están concibidos como prato principal dunha comida ou dunha cea. O seu tamaño de ración é superior e a súa achega nutricional é máis elevada. Por este motivo, as receitas teñen uns puntos de corte diferentes aos dos produtos. • A cor verde indica que a ración de consumo de cada nutriente achega menos do 10 % da CDO (unha cantidade baixa do nutriente). • A cor amarela indica que achega entre o 10 % e o 35 % da CDO (unha can-tidade media do nutriente). • A cor laranxa indica que achega máis do 35 % da CDO (unha cantidade alta do nutriente). * da CDO para un adulto

** o consumo de fibra é escaso e cómpre incrementalo

Unha ración contén: GRAXA CALORÍAS AZUCRES GRAXA SATURADA SAL FIBRA 261 35,8g 8,5g 1,4g 0,1g 1,9g

13,1% 39,8% 12,1% 7,2% 1,9% 7,9%

Sabes como funciona o semáforo? É un sinxelo código de cores que indica se a cantidade dos nutrientes que compón a receita é alta, media ou baixa. Informa sobre as calorías e os nutrientes máis importantes dende o punto de vista da saúde: azucres, graxa, graxa saturada, sal e fibra. As receitas presentan normalmente ingredientes cuxa porcentaxe sobre a cantidade diaria orientativa (CDO) é alta (predominan os amarelos). Estes pratos están concibidos como prato principal dunha comida ou dunha cea. O seu tamaño de ración é superior e a súa achega nutricional é máis elevada. Por este motivo, as receitas teñen uns puntos de corte diferentes aos dos produtos. • A cor verde indica que a ración de consumo de cada nutriente achega menos do 10 % da CDO (unha cantidade baixa do nutriente). • A cor amarela indica que achega entre o 10 % e o 35 % da CDO (unha can-tidade media do nutriente). • A cor laranxa indica que achega máis do 35 % da CDO (unha cantidade alta do nutriente).* da CDO para un adulto

** o consumo de fibra é escaso e cómpre incrementalo

Unha ración contén: GRAXA CALORÍAS AZUCRES GRAXA SATURADA SAL FIBRA 256 17g 1,5g 0,3g 0,4g 3,6g

12,8% 18,9% 2,2% 1,4% 6,7% 15%

SobremesaSalSa de Iogur con caramelo e froItoS SecoS

Ingredientes: 4 iogures naturais desnatados 40 g de pistachos pelados 40 g de cacahuetes tostados 40 g de dátiles 80 ml de caramelo líquido

como se elabora:Bater os iogures e montar as copas mes-turando capas de iogur batido con capas de caramelo. Decorar a superficie con anacos de cacahuetes, pistachos e dátiles. Servir a salsa de iogur fría, como sobremesa ou como acompañamento de macedonias de froitas.

comentario dietético:Esta receita é un claro exemplo de como se poden conxugar alimentos sans para crear un prato doce e delicioso. Sen des-merecer o seu valor enerxético, resulta moi interesante mesturada con froita fresca para os que necesiten máis calo-rías na súa dieta. Alén disto, dúas ou tres culleradas non supoñen máis problema para os que están a dieta e converten a macedonia de froitas nunha exquisita sobremesa doce.

rece

itas

abri

lSegundo pratoarroz Integral con Salteado de Plátano, mazá e uvaS PaSaS

Ingredientes: 200 g de arroz integral 1 plátano 1 mazá 50 g de uvas pasas sultanas 1 dente de allo - Perexil 60 ml de aceite de oliva 8 g de azucre moreno - Un chisco de sal

como se elabora:Cocer durante 30 minutos o arroz en auga fervendo con sal.Unha vez cocido, escorrer nun coador e refrescar baixo o chorro de auga fría.Nunha tixola quente, co aceite de oliva e un dente de allo moi picado, saltear os toros de plátano, uns anaquiños de mazá vermella e as uvas pasas.Cando se comecen a dourar as froitas, agregar a culleriña de azucre moreno, o perexil picado e o arroz.Saltear todo o conxunto, poñer a punto de sal e servir quente.

comentario dietético:Orixinal prato enerxético que suxire un equilibrio de sabores doce e sal-gado. Ben pode servir como gorni-ción dun prato de carne, peixe ou ovo, como para un prato principal prece-dido dunha sopa. Unha versión doce que pode gustar máis para tomar no almorzo ou entre horas a modo de parva é prescindir do allo, do perexil e do sal, e servilo como receita doce. Ao combinar hidratos de carbono simples (froitas frescas e desecadas) e hidratos de carbono complexos (arroz integral), convértese nunha fonte de enerxía duradeira, moi equilibrada e cun baixo índice glicémico, o que permite expe-rimentar un alto rendemento físico e mental tras o seu consumo.

4 Doado 5’-10’ 1,025 4 Doado 20’-30’ 0,70

4544

Page 24: Ano XXXIX - Época IV - Nº 185 ABRIL 2014revista.consumer.es/web/ga/20140401/pdf/revista_entera.pdf · descargar un programa de espio-naxe, un feito ilegal. Deste xeito, o mozo chegou

A 9 de cada 10 consumidores preocúpalles cada vez máis que a súa dieta sexa o máis sa e equilibrada posible

Aos consumidores españois preocúpa-lles cada vez máis a súa dieta: o 94 % deles recoñece que dun tempo a esta parte lles inquieta levar unha dieta sa e equilibrada. Asegúrano sobre todo os habitantes de Aragón, Canarias e Estre-madura. Non obstante, a pesar de con-fesar que a alimentación xoga un papel fundamental na súa saúde, esta aposta non se retrata nas accións dos consumi-dores. E é que o 49 % deles cre que os produtos que habitualmente compra son sempre saudables e outro 51 % tamén afirma que só o son ás veces.Aínda así, a tendencia é positiva. Seis de cada dez cidadáns consideran que os alimentos da súa cesta da compra son agora máis sans que os de hai uns anos.

Non faltan na cesta...Canto máis chea estea a compra de alimentos frescos, máis vitalidade ache-gará a comida que se prepare con eles. Esta máxima parece que a temos ben en conta, pois como reflicte o informe da Escola de Alimentación EROSKI o 77 % dos españois adoita adquirir con asiduidade produtos de tempada, unha porcentaxe que ascende ata o 83 % en canto aos alimentos frescos. En maior medida, fanse con eles as mulleres, os maiores de 55 anos e os orixinarios de Murcia, Cantabria e Aragón.As verduras e as hortalizas frescas non faltan nunca na cesta de oito de cada

Ficha Técnica:Metodoloxía: enquisa en liñaUniverso: lectores da revista dixital EROSKI CONSUMER en EspañaBase: 1245 enquisasData: febreiro 2014

dez entrevistados. Tampouco as froitas, que sempre aparecen na compra do 68 % dos españois. Estes alimentos considéranse os básicos dunha dieta sa e equilibrada, segundo as persoas que tomaron parte no estudo, sen importar a idade, o sexo, a comunidade autóno-ma onde vivan, a ocupación e o tipo de fogar ao que pertenzan.En cambio, o terceiro lugar que comple-taría o podio dos alimentos máis sauda-bles da cesta da compra non está tan claro: para o 30 % dos enquisados, os legumes son un alimento indispensa-ble, pero para outro 21 % son os lácteos desnatados e o peixe branco.Os alimentos nutricionalmente mello-rados (produtos baixos en sal, graxa e azucres, ou baixos en calorías) desen-volvidos pola industria do sector para axudar a realizar unha elección máis saudable tamén forman parte da cesta da compra. En concreto, un 60 % dos participantes no estudo asegura que os alimentos ricos en fibra non adoitan faltar na súa lista. Ademais, para o 57 % tampouco fallan aqueles sen graxas saturadas e, para o 54%, os produtos sen azucres engadidos.Ademais, seis de cada dez consumi-dores enquisados recoñece que a súa cesta inclúe habitualmente alimentos menos saudables, como precociñados, doces, bolos e aperitivos, entre outros.

Máis tempo e diñeiro?Non está claro se facer unha compra saudable leva máis tempo. Neste sen-tido, os cidadáns están moi divididos. Un 49 % deles cre que encher a cesta da compra con alimentos máis sauda-bles require máis tempo e dedicación. O motivo principal que esgrimen para xustificalo é que estes produtos non están dispoñibles nunha única tenda. Tamén destacan que implica unha lectura minuciosa da etiquetaxe, que non sempre é doada pola ilexibilidade da letra e, en ocasións, existe descon-fianza nos ingredientes e sería necesa-rio un coñecemento máis ben elevado sobre nutrición.O que si parece que une máis os entre-vistados é o investimento económico que require esta compra. Encher a cesta con alimentos saudables supón máis diñeiro para o 68 % dos enquisados, que consideran que é un 29 % máis ca-ro ca facelo con produtos non tan sans. Non obstante, un 23 % cre que custa o mesmo, e só un 8 % que é máis barato; concretamente, pensa que é un 32 % máis económico. //

Dieta sa sen compra saudable?Segundo un estudo da Escola de Alimentación EROSKI, preocúpanos levar unha dieta sa, pero non facemos unha compra saudable

A teoría sabémola. Optar por alimentarnos de xeito saudable supón que no momento de facer a compra é esencial adoptar certos criterios en canto á organización e á selección dos ali-mentos que despois consumiremos. Xa sexa unha actividade que fagamos a diario, unha vez á semana ou ao mes, de xeito presencial ou por internet, se eliximos ben, lograremos que a nosa alimentación tamén sexa sa e equilibrada.

Pero, levámolo á práctica? A nosa compra é o suficientemente saudable? Segundo o último estudo realizado en España pola Escola de Alimentación EROSKI sobre hábitos á hora de reali-zar unha compra saudable, aí é onde fallamos.

Escola de Alimentación EROSKI

4746

Page 25: Ano XXXIX - Época IV - Nº 185 ABRIL 2014revista.consumer.es/web/ga/20140401/pdf/revista_entera.pdf · descargar un programa de espio-naxe, un feito ilegal. Deste xeito, o mozo chegou

A terceira parte dos alimentos produ-cidos no mundo para o consumo hu-mano tírase ou pérdese. E no noso país rematan no lixo 80 quilos de comida ao ano. Desaproveitamos demasiados alimentos, o que leva consigo graves consecuencias sociais e ecolóxicas. E o que é peor, somos conscientes de que boa parte destes desperdicios se pode-rían aproveitar mellor.

Na Escola de Alimentación EROSKI esta dilapidación tamén preocupa. Esta iniciativa da Fundación EROSKI, dirixida a ensinar a vivir mellor a través dunha

Na Escola de Alimentación EROSKI non se tira a comidaA iniciativa da Fundación EROSKI convoca o primeiro concurso Cociña con Sobras

alimentación saudable, sabe que detrás deste problema hai unha falta de edu-cación nutricional e de responsabilida-de como consumidores. Por iso, a partir de agora, tamén concentrará todos os seus esforzos en reverter esta tendencia con distintas accións.

A súa primeira actuación xa se mate-rializou na mesma páxina web da Es-cola: www.escueladealimentacion.es. Dende este mes, conta cunha sección dende a que se lles achegarán aos seus usuarios pautas sobre hábitos de consumo, de compra e de xestión dos

alimentos que poden axudar a reducir as cifras da dilapidación.

Para inaugurar este novo espazo, a Es-cola de Alimentación EROSKI convocou un concurso gastronómico co que pre-tendeu demostrar, dun xeito práctico e lúdico, que é posible controlar o que tiramos e tamén que se lle pode dar unha segunda oportunidade. O certame Cociña con Sobras premiará os autores das mellores receitas, as máis prácticas e creativas, que estean elaboradas con alimentos ou sobras que procedan dou-tros pratos ou preparacións.

Escola dE alimEntaciónA finais de 2013, a Fundación EROSKI creou a Escola de Alimen-tación EROSKI. Esta iniciativa, pioneira no noso país, traslada o coñecemento científico e médico á poboación, mediante unhas pautas claras e unha linguaxe sinxela para poder aprender a vivir mellor a través dunha alimentación saudable. Os seus piares fun-damentais son catro:

Como se pode participarAta o 30 abril, toda persoa maior de idade que queira pode participar coa súa receita. Xa sexa un primeiro, un segundo ou unha sobremesa, deben ser pratos orixinais, e tamén o ha de ser a fotografía que ilustre a súa pre-sentación. Cada concursante poderá propoñer un número ilimitado de receitas en cada categoría, aínda que os premios están limitados a un por persoa. Para poder facer chegar as ideas culinarias á organización, hai que cubrir de forma correcta cada punto do formulario que aparece na parte disposto para tal fin na mesma páxina web da Escola.

Os interesados e interesadas teñen ata o vindeiro 30 de abril para enviaren as súas propostas que serán analizadas por un comité experto. Para elixir os gañadores e os accésits de cada ca-tegoría, este xurado terá en conta a claridade da exposición da receita e a cantidade de alimentos que se poidan aproveitar, alén doutros aspectos.

O 6 de maio, a Escola de Alimentación EROSKI encargarase de lles comunicar por correo electrónico o ditame aos ga-lardoados, aos que se lles enviará o pre-mio por correo. E o premio consistirá nun robot de cociña e nunha cafeteira de cápsulas, para o primeiro e segundo clasificado, respectivamente. //

• Estudo de avaliación. Cada ano, a Escola realizará un es-tudo para coñecer o estado nutricional da poboación do noso país e para, deste xeito, poder desenvolver estra-texias de promoción da saúde eficaces.

• Programa educativo. A Escola impulsa o apoio á educa-ción alimentaria infantil nos centros escolares a través do Programa educativo sobre alimentación e hábitos sauda-bles (PEAHS). Tamén se for-mula unha escola dirixida aos pais que lles axude ás familias a incorporaren nas súas casas hábitos de vida saudables.

• Dietas especiais. Para lles axudar aos celíacos e aos diabéticos, ou aos que teñen problemas co colesterol e co estrinximento, a Escola ofréce-lles na súa páxina web infor-mación útil a través de artigos, receitas e recomendacións.

• Información profesional. A páxina web da Escola conta cun espazo exclusivo para profesionais da saúde e da alimentación, onde se achega información rigorosa e de ac-tualidade e, alén diso, ofréce-lles a posibilidade de publicar.

dEspErdicio cEroO concurso Cociña con Sobras é un exemplo de como se poden diminuír os residuos alimenticios. Pero hai outras múltiples accións para evitar non desperdiciar a comida. E EROSKI sábeo porque, ao longo de 2012, conseguiu atinxir o desperdicio cero de alimentos aptos para o consumo en toda a súa rede de tendas. Para iso, vinculou este obxectivo a un propósito solidario de doazón de produtos a 40 organizacións socialmente responsables de toda España

Grazas ao programa Desperdicio Cero, en só un ano entregou máis de 815 toneladas de alimentos. Es-tes son produtos frescos e de alimentación que, aínda que están dentro da data de caducidade ou de consumo preferente e en perfectas condicións para o seu consumo, EROSKI retira dos seus andeis para cumprir co seu compromiso de frescura ou porque o seu envase presenta unha pequena defi-ciencia que impide a súa venda.

4948

Page 26: Ano XXXIX - Época IV - Nº 185 ABRIL 2014revista.consumer.es/web/ga/20140401/pdf/revista_entera.pdf · descargar un programa de espio-naxe, un feito ilegal. Deste xeito, o mozo chegou

A nova bolsa solidariapara os máis pequenosOs beneficios da nova bolsa solidaria de EROSKI, cos nenos como beneficiarios, destinaranse a proxectos de Cruz Vermella e de Acción contra a Fame

Os nenos son o colectivo da poboación máis vulnerable. Tanto aquí, en Espa-ña, coma lonxe, nos países en vías de desenvolvemento, eles están a sufrir as consecuencias da crise económica, da dilapidación e da insolidariedade continua. Moitos son os menores que no noso país chegan ao colexio sen almorzar ou que se deitan sen cear. E en rexións de África, Asia e América, son moitísimos os cativos que se erguen cada día sen levaren á boca ningún tipo de alimento. Por iso, cada día 8500 ne-nos morren de fame.Por mor desta situación, xurdiron es-tas dúas iniciativas de Cruz Vermella Española e de Acción contra a Fame: o proxecto Apoio ás Bolsas de Comedor Escolar e a campaña Mamás Luz, para combater a mortalidade infantil en di-ferentes países africanos. E, a partir de agora, estas dúas organizacións serán as destinatarias dos beneficios que obteña EROSKI pola venda da súa nova bolsa solidaria ao longo deste ano.Por segundo ano consecutivo, os clien-tes de EROSKI que merquen esta bolsa reutilizable decidirán cos seus votos como se repartirán os fondos recadados entre estas dúas ONG. Na anterior edi-ción, a bolsa solidaria reuniu un total de 105.000 euros que, de acordo coas vota-cións dos consumidores, se destinaron a proxectos da Federación Española de Bancos de Alimentos (50 % dos votos), Unicef (34 %) e Oxfam Intermón (16 %).

Como se pode colaborarPara participar na nova campaña non hai máis que se achegar ás liñas de caixa dos hipermercados e supermer-cados de EROSKI, adquirir por un euro unha bolsa solidaria e votar por un dos dous proxectos solidarios. A bolsa está dispoñible en tres cores (vermella, azul e negra), pódese dobrar nun cómodo estoxo-carteira e leva estampados os logotipos das dúas organizacións ás que van destinados os beneficios.Os que queiran participar nesta ini-ciativa teñen dúas maneiras para in-formarse sobre cales son os proxectos concretos aos que irá destinada a súa achega. Por un lado, na tarxeta que acompaña a propia bolsa solidaria ex-plícanse as iniciativas de Cruz Vermella Española e de Acción contra a Fame. Pero tamén en internet, no enderezo www.eroski.es/bolsasolidaria, se pode ver un breve vídeo con datos sobre cada unha das propostas, así como toda a mecánica da campaña.O diñeiro que se obteña distribuira-se entre as actividades das ONG na mesma proporción en que se voten. Para iso, na propia embalaxe da bolsa solidaria entrégase unha papeleta de voto que o cliente poderá remitir a un enderezo postal ou depositar nas urnas instaladas para o efecto en cal-quera establecemento de EROSKI. Así mesmo, dende a mesma páxina web tamén se pode emitir o voto, non sen antes cubrir un pequeno formulario para validar a votación. //

Un xesto polo medioAo adquirir unha bolsa solidaria, o medio natural que nos rodea tamén sae beneficiado. Como é unha bolsa reutilizable e ten unha maior capacidade, esta alternativa resulta eficaz para reducir o impacto ecolóxico do noso consumo e para frear o cambio climático. De feito, a súa repercusión am-biental é cinco veces menor ca unha de plástico tradicional. Ademais, hai que ter en conta que por cada bolsa de plástico que non usamos ao empregar a solidaria de EROSKI, estamos a evitar a emisión de 20 gramos de dióxido de carbono (CO2) ao planeta.

Os prOxectOs• Cruz Vermella Española. O proxecto Apoio ás

Bolsas de comedor escolar enmárcase no pro-grama de promoción do éxito escolar de Cruz Vermella. Promove o acceso ao comedor do colexio daqueles nenos cuxas familias atravesan situacións económicas de precariedade e que non alcanzaron a cobertura do 100 % da bolsa pública. Ademais, complementa a promoción do éxito escolar a través dun fondo de axudas individuais que garante a manutención dos me-nores nos centros educativos.

• Acción contra a Fame. A campaña Mamás Luz combate a mortalidade infantil en Malí, Mauri-tania, Níxer e Senegal. Para iso, conta en cada comunidade coas denominadas Mamás Luz, nais con fillos sans e ben nutridos grazas aos seus bos hábitos e condutas. Estas boas prácticas transmítense, a través de sesións educativas, a nais da mesma comunidade en condicións socioeconómicas similares, pero con nenos en situación de desnutrición ou que corren o risco de padecela.

5150

Page 27: Ano XXXIX - Época IV - Nº 185 ABRIL 2014revista.consumer.es/web/ga/20140401/pdf/revista_entera.pdf · descargar un programa de espio-naxe, un feito ilegal. Deste xeito, o mozo chegou

NOVAAppNews

Extra, extra!EROSKI CONSUMER máis cerca ca nuncaA AppNews permite visualizar os últimos artigos no iPhone ou no iPad de xeito práctico e rápido

iPad-iPhoneDescarga a túa

aplicación con este código