crónica chegou o paquete da india

7
CHEGOU O PAQUETE DA INDIA!!! Chegou o ansiado paquete que estábamos esperando!!! Vén da India, en concreto da Pinadari School, situada nunha aldea de Anantapur, nas lonxanas terras da IndiaSabiamos que estaba a piques de chegar, e nin que estivéramos totalmente sincronizados!!! Fai escasamente unha semana que enviamos o noso paquete á India, repleto de traballos realizados polo alumnado de Educación Infantil e de 1º da ESO do CPI Virxe da Cela durante o presente curso académico 2013-2014 dentro do programa School to School, da Fundación Vicente Ferrer. Pois para celebrar tan importante momento, a apertura deste enigmático paquete, reunímonos todos os axentes implicadoso pasado mércores 28 de maio de 2014 na aula da profe Oliva, isto é, Educación Infantil de 3 anos: os nenos e nenas das dúas aulas de infantil coas súas respectivas profes (Vane e Oliva), os mozos e mozas de 1º da ESO coas profes Verónica (Atención Educativa) e Yolanda (Relixión), xa que nestas materias desenvolveron o proxecto. Foi unha xornada inesqueciblea verdade é que hai que repetir estas xuntanzas máis a cotío, na que ademais do acto académicosaboreamos unhas deliciosas pombiñas de milloque nos fixo nun plis-plása profe Oliva, que é todo-terreo: tanto se lle da cultivar tomates e pementos cos pequerrechos que poñer un mandil e deleitarnos coas súas delicias gastronómicas!!! Andrea e Tania, as nosas mascotasde Monferosolidario, foron as encargadas de dinamizar esta actividade: sabemos que teñen moitas táboas nas artes da docencia, xa que pasan moitos dos seus recreos visitando aos pequenos e pequenas de infantil para xogar con eles e tamén de paso transmitir os seus saberes. Abriron o sobre e explicáronnos o contido do dossier: unha carta escrita en lingua telegu (o dialecto que se fala en Anantapur), a verdade é que aínda que non se entendía nada, era curioso describir un novo alfabeto con eses caracteres tan fermosos e artísticos. O dossier tamén recollía os debuxos dos nenos e nenas da India, así como unha pila de fotografías que a profe Vane amosou aos seus alumnos/as indicando semellanzas e diferenzas coa nosa cultura. Se a chegada deste sobre supón unha celebración no noso cole, esperamos que os nenos e nenas da Pinadari School podan disfrutar dunha xornada tan divertida e interesante cando reciban o noso paquete!!!

Upload: satelite1

Post on 08-Apr-2017

412 views

Category:

Documents


2 download

TRANSCRIPT

Page 1: Crónica chegou o paquete da india

CHEGOU O PAQUETE DA INDIA!!!

Chegou o ansiado paquete que estábamos esperando!!! Vén da India, en concreto da Pinadari

School, situada nunha aldea de Anantapur, nas lonxanas terras da India… Sabiamos que estaba a piques

de chegar, e … nin que estivéramos totalmente sincronizados!!! Fai escasamente unha semana que

enviamos o noso paquete á India, repleto de traballos realizados polo alumnado de Educación Infantil e

de 1º da ESO do CPI Virxe da Cela durante o presente curso académico 2013-2014 dentro do programa

“School to School”, da Fundación Vicente Ferrer.

Pois para celebrar tan importante momento, a apertura deste enigmático paquete, reunímonos

todos os “axentes implicados” o pasado mércores 28 de maio de 2014 na aula da profe Oliva, isto é,

Educación Infantil de 3 anos: os nenos e nenas das dúas aulas de infantil coas súas respectivas profes

(Vane e Oliva), os mozos e mozas de 1º da ESO coas profes Verónica (Atención Educativa) e Yolanda

(Relixión), xa que nestas materias desenvolveron o proxecto. Foi unha xornada inesquecible… a verdade

é que hai que repetir estas xuntanzas máis a cotío, na que ademais do acto “académico” saboreamos

unhas deliciosas “pombiñas de millo” que nos fixo nun “plis-plás” a profe Oliva, que é “todo-terreo”:

tanto se lle da cultivar tomates e pementos cos pequerrechos que poñer un mandil e deleitarnos coas

súas delicias gastronómicas!!!

Andrea e Tania, as nosas “mascotas” de Monferosolidario, foron as encargadas de dinamizar

esta actividade: sabemos que teñen moitas táboas nas artes da docencia, xa que pasan moitos dos seus

recreos visitando aos pequenos e pequenas de infantil para xogar con eles e tamén de paso transmitir

os seus saberes. Abriron o sobre e explicáronnos o contido do “dossier”: unha carta escrita en lingua

telegu (o dialecto que se fala en Anantapur), a verdade é que aínda que non se entendía nada, era

curioso describir un novo alfabeto con eses caracteres tan fermosos e artísticos. O dossier tamén

recollía os debuxos dos nenos e nenas da India, así como unha pila de fotografías que a profe Vane

amosou aos seus alumnos/as indicando semellanzas e diferenzas coa nosa cultura.

Se a chegada deste sobre supón unha celebración no noso cole, esperamos que os nenos e

nenas da Pinadari School podan disfrutar dunha xornada tan divertida e interesante cando reciban o

noso paquete!!!

Page 2: Crónica chegou o paquete da india
Page 3: Crónica chegou o paquete da india
Page 4: Crónica chegou o paquete da india
Page 5: Crónica chegou o paquete da india
Page 6: Crónica chegou o paquete da india
Page 7: Crónica chegou o paquete da india