crónica chegou un paquete da india

4
CHEGOU UN PAQUETE DA INDIA… Chegou un paquete da India, e adivina adivinanza de quen? Xa todos/as sabemos que procede da Konampalli School, e que por sexto ano consecutivo recibimos a estas alturas do curso un paquetiño que contén unha carta dos nenos e nenas desta escola situada na India rural (provincia de Anantapur, no sur do país) e un dossier con numerosas imaxes. O paquete levaba varios días no noso centro esperando una ocasión especial para a súa apertura, e decidimos facer este acto simbólico o pasado venres 10 de marzo de 2015. Quixemos introducir aos nenos e nenas de Educación Infantil neste peculiar ritualpara que deste xeito comecen a familiarizarse coa cultura deste país e tamén co traballo desenvolvido pola Fundación Vicente Ferrer. Os rapaces e rapazas de 2º da ESO, xa todos uns expertos/as no tema, visitaron pois as aulas de infantil co paquete debaixo do brazo e procederon á súa apertura. Acompañando a esta acción impartiron unha interesante charla centrada na temática de A Familia, explicando todas as semellanzas e diferenzas que podemos atopar entre unha familia na India e unha familia no noso propio país, España. Incluso tiveron tempo para desenvolver unha divertida dinámica encamiñada a que os máis pequenos/as aprendesen os nomes dos graos de parentesco en telegu, dialecto falado na zona de Anantapur. Contamos co apoio dun grupiño de alumnos/as de 3º da ESO que se encargaron de manexar as cámaras de fotos e vídeo para documentar a actividade, acompañados pola súa profesora Teresa, que deixou constancia do seu dominio da xeografía manexando un fermoso globo terráqueo para explicar a nosa situación e a dos nosos amiguiños na India.

Upload: satelite1

Post on 18-Jul-2015

300 views

Category:

Documents


7 download

TRANSCRIPT

Page 1: Crónica chegou un paquete da india

CHEGOU UN PAQUETE DA INDIA…

Chegou un paquete da India, e adivina adivinanza… de quen? Xa todos/as

sabemos que procede da Konampalli School, e que por sexto ano consecutivo

recibimos a estas alturas do curso un paquetiño que contén unha carta dos nenos e

nenas desta escola situada na India rural (provincia de Anantapur, no sur do país) e un

dossier con numerosas imaxes.

O paquete levaba varios días no noso centro esperando una ocasión especial

para a súa apertura, e decidimos facer este acto simbólico o pasado venres 10 de

marzo de 2015. Quixemos introducir aos nenos e nenas de Educación Infantil neste

peculiar “ritual” para que deste xeito comecen a familiarizarse coa cultura deste país e

tamén co traballo desenvolvido pola Fundación Vicente Ferrer. Os rapaces e rapazas

de 2º da ESO, xa todos uns expertos/as no tema, visitaron pois as aulas de infantil co

paquete debaixo do brazo e procederon á súa apertura. Acompañando a esta acción

impartiron unha interesante charla centrada na temática de “A Familia”, explicando

todas as semellanzas e diferenzas que podemos atopar entre unha familia na India e

unha familia no noso propio país, España. Incluso tiveron tempo para desenvolver

unha divertida dinámica encamiñada a que os máis pequenos/as aprendesen os nomes

dos graos de parentesco en “telegu”, dialecto falado na zona de Anantapur.

Contamos co apoio dun grupiño de alumnos/as de 3º da ESO que se encargaron

de manexar as cámaras de fotos e vídeo para documentar a actividade, acompañados

pola súa profesora Teresa, que deixou constancia do seu dominio da xeografía

manexando un fermoso globo terráqueo para explicar a nosa situación e a dos nosos

amiguiños na India.

Page 2: Crónica chegou un paquete da india
Page 3: Crónica chegou un paquete da india
Page 4: Crónica chegou un paquete da india