sandiás (nº 13)

8
SANDIÁS Número 13 Boletín informativo municipal Verán 2004 Concepción Méndez tomou posesión como nova deputada provincial A alcaldesa de Sandiás, María Concepción Méndez Gándara, foi elexida deputada pro- vincial en representación do partido xudicial de Xinzo e tomou posesión do seu cargo o pasado 25 de xuño. Asemade, forma parte de varias comisións informativas da propia Deputación de Ourense. Este organismo, que preside José Luis Baltar Pumar, está integrado por 16 deputados do Partido Popu- lar, 6 do PSdeG-PSOE e 6 do Bloque Nacio- nalista Galego. O Obradoiro de Emprego cumpríu xa moitos dos obxectivos A recuperación do patrimonio municipal, como o forno de Vilari- ño das Poldras, os lavadoiros de Couso, o forno de Sandiás, o en- torno da torre, e diversas zonas re- creativas da ruta xacobea da Vía da Prata ó seu paso polo noso municipio son algunhas das actua- cións que desenvolve o Obradoiro de Emprego “Sandiás”. Un traba- llo de proveito do que poden dis- frutar xa moitos veciños/as. Investimentos As partidas máis importantes de gastos do Concello durante este ano corresponden ós bens corren- tes, persoal e investimentos. Dinámicas En pouco tempo, a Asociación de Mulleres Rurais “O Castro” dina- mizou a vida social e cultural de Sandiás con charlas didácticas, celebracións festivas, cursos e viaxes. Vía Nova A restauración de antigos antigos camiños e rutas de sendeirismo contribúen á recuperación da Vía Nova. O dificio multiusos de San- diás acollerá unha exposición cul- tural sobre este roteiro que comu- nicaba Braga e Astorga a través da comarca da Limia. Plan urbanístico O futuro Plano Xeral de Ordenación Municipal adáptase á nova Lei do Solo de Galicia, unha vez resoltas as alegacións. A filosofía do equi- po redactor foi a de flexibiliza-la construcción, a legalización de vivendas e potencia-las zonas industriais. Resultados das Eleccións Europeas do 13-X en Sandiás esquerda unida izquierda unida 632 303 49 7 6 6 3 P G-PSOE VOTOS NULOS OUTROS VOTOS EN BRANCO Censo Votantes 1.454 1.006 69,39 30,61 Participación % Abstención % Correo electrónico: [email protected]

Upload: xf-sandias

Post on 07-Apr-2016

246 views

Category:

Documents


0 download

DESCRIPTION

Boletín de Información Municipal con novas do Concello de Sandiás (Ourense) (Verán 2004)

TRANSCRIPT

SANDIÁSNúmero 13 Boletín informativo municipal Verán 2004

Concepción Méndez tomou posesión

como nova deputada provincialA alcaldesa de Sandiás, María ConcepciónMéndez Gándara, foi elexida deputada pro-vincial en representación do partido xudicialde Xinzo e tomou posesión do seu cargo opasado 25 de xuño. Asemade, forma partede varias comisións informativas da propiaDeputación de Ourense. Este organismo,que preside José Luis Baltar Pumar, estáintegrado por 16 deputados do Partido Popu-lar, 6 do PSdeG-PSOE e 6 do Bloque Nacio-nalista Galego.

O Obradoiro de Emprego cumpríu xa moitos dos obxectivos

A recuperación do patrimonio

municipal, como o forno de Vilari-

ño das Poldras, os lavadoiros de

Couso, o forno de Sandiás, o en-

torno da torre, e diversas zonas re-

creativas da ruta xacobea da Vía

da Prata ó seu paso polo noso

municipio son algunhas das actua-

cións que desenvolve o Obradoiro

de Emprego “Sandiás”. Un traba-

llo de proveito do que poden dis-

frutar xa moitos veciños/as.

Investimentos

As partidas máis importantes de

gastos do Concello durante este

ano corresponden ós bens corren-

tes, persoal e

investimentos.

Páx. 2

Dinámicas

En pouco tempo, a Asociación de

Mulleres Rurais “O Castro” dina-

mizou a vida social e cultural de

Sandiás con charlas didácticas,

celebracións festivas,

cursos e viaxes.

Páx. 8

Vía Nova

A restauración de antigos antigos

camiños e rutas de sendeirismo

contribúen á recuperación da Vía

Nova. O dificio multiusos de San-

diás acollerá unha exposición cul-

tural sobre este roteiro que comu-

nicaba Braga e

Astorga a través da

comarca da Limia.

Plan urbanístico

O futuro Plano Xeral de Ordenación

Municipal adáptase á nova Lei do

Solo de Galicia, unha vez resoltas

as alegacións. A filosofía do equi-

po redactor foi a de flexibiliza-la

construcción, a legalización de

vivendas e potencia-las zonas

industriais.

Resultados das Eleccións Europeas do 13-X en Sandiás

esquerda unida

izquierda unida

632 303 49 7 6 6 3

P G-PSOEDE

VOTOSNULOSOUTROS VOTOS EN

BRANCO

Censo

Votantes

1.454

1.006

69,39

30,61

Participación %

Abstención %

Correo electrónico: [email protected]

Páxina 2

O Concello de Sandiás decatouse

dende hai tempo da necesidade de

impulsar programas de fomento do

emprego como paliativo ós proble-

mas que afectan á maior parte dos

municipios da Galicia interior: paula-

tina perda de poboación, abandono

das terras de cultivo, escaso tecido in-

dustrial, etc. Foi a mediados da pasa-

da década cando se promoveron as

primeiras iniciativas municipais, en

colaboración coa Xunta de Galicia,

para abordar un reto importante: con-

tribuir á cualificación profesional das

persoas que estaban en situación de

desemprego ou que aspiraban a novas

metas laborais, e aproveitar ese esfor-

zo no beneficio social. Neste tempo

realizaronse múltiples contratacións

de veciños e veciñas para integrar bri-

gadas municipais de obras e de servi-

cios, ou para mellora-lo funciona-

mento administrativo da propia insti-

tución municipal.

Algúns anos despois, pode dicirse

que aquel espíritu inicial non decaeu

e que está, se cabe, máis vivo que

nunca. A experiencia do Obradoiro de

Emprego “Sandiás”, que comezou a

finais do pasado ano, é admirado

dende a propia Administración au-

tonómica como exemplo a seguir na

xestión dos fondos públicos destina-

dos á dinamización laboral dun con-

cello e dunha comarca. Tamén o Plan

Labora, no que colabora o noso Con-

cello e maila Xunta de Galicia, é

outra boa oportunidade, sobre todo

para os máis novos.

Cabe agardar agora que esta von-

tade de progreso continúe no futuro,

asentando as bases que permitan a

tódolos nosos veciños e veciñas dis-

frutar dun bo nivel de vida en Sandiás

sen necesidade de ter que marchar a

outros lugares.

A experiencia do Obradoiro de

Emprego “Sandiás”, que rematará

a finais de ano, é admirado como

exemplo a seguir na xestión dos

fondos públicos destinados á dina-

mización laboral dun concello e

dunha comarca. Este esforzo con-

tinuará no futuro con novas iniciati-

As políticas de fomento do emprego,

unha sabia resposta á necesidade socialED dito

rial

Gastos de persoal 165.985,57

Gastos en bens correntes e servicios 164.136,19

Gastos financeiros 4.000,00

Transferencias correntes 57.331,68

Investimentos reais 290.077,32

Transferencias de capital ---

Pasivos financeiros 18.263,80

Total gastos: 699.794,56

Impostos directos 93.487,98

Impostos indirectos 18.024,24

Taxas e outros ingresos 74.904,76

Transferencias correntes 243.100,87

Ingresos patrimoniais 4.207,08

Alleamento de investimentos reais

Transferencias de capital

Activos/Pasivos financeiros

---

266.069,63

---

Total ingresos: 699.794,56

GASTOS

INGRESOS

Bens correntes, servicios e investimentos reais representan o 65 por cento do total de gastos

O Concello dispón este ano dun orzamento de 699.794 eurosAs transferencias correntes e asde capital representan os princi-pais recursos económicos.

Os investimentos reais represen-tan o capítulo de gastos máisimportante.

Sandiás segue a ser un dos con-cellos da provincia con menor taxade endebedamento.

O Concello de Sandiás

dispón durante o exercicio

económico de 2004 dun

orzamento próximo ós

700 mil euros. Como en

anos anteriores son signi-

ficativos nos capítulos de

gastos os bens correntes e

servicios, persoal, investi-

mentos reais e transferen-

cias correntes, e nunha

porcentaxe moito menor,

os gastos financeiros mai-

los pasivos financeiros.

Nos capítulos de in-

gresos, volven primar so-

bre os demais aqueles que

computan as transferencias

correntes e de capital, que

proceden das aportacións

do Estado e da Comu-

nidade Autónoma de Ga-

licia (supoñen o 72,75 %),

os impostos directos, as

taxas e os ingresos patri-

moniais. Deste xeito, o

Concello de Sandiás man-

tén, a pesar da limitación

dos recursos económicos,

unha alta porcentaxe de

investimento por habitante

e ano, sen afectar ó equili-

brio económico da institu-

ción municipal.

Páxina 3

Cabalos como apoio ós discapacitados

A sinatura do convenio (esquerda) celebrouse na Deputación. Á dereita, entrega de trofeos no Centro Ecuestre de Sandiás.

Xunta, Deputación e Concello

colaboran no proxecto do

Centro Ecuestre de Antela

O conselleiro de Política Agroalimenta-

ria e Desenvolvemento Rural, Juan

Miguel Diz Guedes, e o presidente da

Deputación Provincial de Ourense, José

Luis Baltar Pumar, asinaron un conve-

nio de colaboración entre ambas institu-

cións para desenvolve-lo Centro Ecues-

tre de Antela, situado nos concellos de

Xinzo e Sandiás, como un elemento de

dinamización do contorno rural da zona

da Limia, achegando a Consellería para

este fin un total de 303.000 euros. Tanto

o alcalde de Xinzo, Isaac Vila, como a

alcaldesa de Sandiás, Mª Concepción

Méndez, presentes no acto, amosaron a

súa satisfacción por este convenio e o

apoio decidido a un proxecto que bene-

ficia ós dous municipios.

Segundo explicou o titular de Políti-

ca Agroalimentaria trala sinatura, “este

convenio supón a oportunidade de con-

tinuar xerando recursos socioeconómi-

cos, culturais ou turísticos atractivos ó

A sinatura deste convenio supón

unha achega importante para poder

desenvolve-lo centro ecuestre, inscrito

no Plan de Excelencia de Centros

Ecuestres do Lima-Limia, pertencente á

iniciativa comunitaira na que participa a

Deputación Provincial, xunto coa

Dirección da Asociación Cultural deapoio á Tauromaquia e á Equitación deViana do Castelo e o Centro Ecuestredo Vale do Lima de Ponte da Lima.

O proxecto contempla a mellora das

infraestructuras do Centro Ecuestre de

Antela, a posta en funcionamento do

centro de cría e reproducción e a orga-

nización de concursos ligados ó sector

equino galego, que desenvolverá a

Deputación de Ourense, a través do Ins-

tituto Ourensán de Desenvolvemento

Económico-INORDE, coa achega eco

nómica que realiza a Consellería de

Política Agroalimentaria da Xunta de

Galicia.

O investimento supera os 300 mil euros

rural galego, e en especial á comarca da

Limia, contribuíndo a facer posible a

existencia de elementos que axudan a

unha maior dinamización desta zona a

través de novas posibilidades”.

Diz Guedes salientou, así mesmo, “o

marco no que se produce esta iniciativa,

ó estar inscrita dentro dun programa

europeo INTERREG para a dinamiza-

ción da eurorexión Galicia-Norte de

Portugal, o que evidencia a eficacia des-

tes programas da Unión Europea, á que

pertencemos e da que participamos”.

O conselleiro Diz Guedes visitou o Centro EcuestreProvincial de Sandiás para asistir a unha demostra-ción e entrega-los diplomas ós participantes nuncurso de hípica e hipoterapia dirixido a discapacita-dos de toda Galicia,lgúns deles con síndrome deDown e parálise cerebral. A hipoterapia estimulanos rapaces e rapazas capacidades afectivas coaaxuda dos cabalos.

A monitora Queti Vives asegura que descubríucomo nenos autistas só interaccionan cos seusmonitores e a súa familia cando están montados acabalo. Estes animais teñen un sexto sentido e aga-chan a cabeza para que lles faga caricias un nenoen cadeira de rodas, cousa que non fan con outraspersoas. Polos comentarios dos monitores e dospais, a experiencia resultou moi satisfactoria.

Páxina 4

Obradoiro de Emprego “Sandiás”A restauración do noso patrimonio, outro logro importanteA restauración do noso patrimonio, outro logro importante

As trinta persoas que integran oObradoiro de Emprego “San-diás”, xunto ó equipo directivo ede monitores, segue a cumpri-los obxectivos de recuperacióndo noso patrimonio popular e deáreas recreativas, ó tempo quemelloran a súa cualificación pro-fesional nas especialidades decantería e restauración de zonasdegradadas.

Exemplos deste meritorioesforzo son o empedrado doacceso á igresa de Sandiás, arestauración dos fornos comuni-tarios de Couso e Vilariño, coamellora dos entornos, e os lava-doiros de Couso.

Outra fase comprende asáreas recreativas de Pegas, Car-deita, Zadagós, A Lagoa eCorga. Tamén se inclúen amellora estética e medioambien-tal dos entornos da Torre e daigrexa de Santo Estevo e dacapela de Santa María deCouso.

Este Obradoiro de Empregoé froito da colaboración da Con-sellería de Asuntos Sociais e oConcello de Sandiás, coa cola-boración do Plan Xacobeo 2004.

Forno de Vilariño e xantar de inauguración.

Lavadoiro de Couso

Acceso á igresa de Sandiás

Escultura de cantería

Exterior do forno de Couso

Páxina 5

Prevención de lumesO Concello de Sandiás participa nunconvenio coa Consellería de MedioAmbiente para a prevención deincendios forestais, no que participantamén outros municipios da provincia(na imaxe, o conselleiro Xosé ManuelBarreiro exprícalles ós alcaldes ascaracterísticas deste plan). O nosoconcello, en colaboración cos deSarreaus e Trasmiras, realiza laborespreventivos cos vehículos tractoresadquiridos a través doutro convenioasinado tamén con Medio Ambiente.As actuacións consisten na realiza-ción de desbroces e áreas de corta-lumes, en función dos proxectos pre-sentados polos propios concellos.

Sandiás é un dos primeiros municipios da comarcada Limia en beneficiarse das novas depuradoras deaugas fecais domésticas, a través dun convenioentre o propio Concello e a Deputación Provincialde Ourense, dentro do programa DAREDO, promo-vido polo Plan Interreg III de cooperación transfron-teiriza. Deste xeito preténdese preserva-lo nosomedio ambiente e mellora-la calidade de vida dosnosos veciños e veciñas. A primeira depuradora xaestá instalada en Piñeira de Arcos, mentres que aque recibirá e tratará os verquidos de Sandiás estásó pendente da acometida eléctrica, necesaria parao seu funcionamento. Cada depuradora ten uncuste de 162.000 euros.

¡FAITE

VOLUN TARIO!

900 400 800

Piñeira e Sandiás, con novos sistemas de depuración das augas residuais

O conselleiro de Xustiza, Xesús Palmou, e a alcal-desa de Sandiás, Mª Concepción Méndez, asinaronun convenio para a ampliación e mellora do edificioda Casa do Concello. As obras consistirán nunaumento cara ó Centro de Saúde, que o convertiránun edificio de planta cuadrada, en lugar da formade “L” actual. Na planta superior, co aumento, vansehabilitar novas dependencias administrativas, e nabaixa quedará unha Biblioteca Municipal con máisespacio e comodidade para os usuarios. A sinaturadeste convenio ten por obxectivo que o Concellodispoña dunhas instalacións axeitadas para a pres-tación do cada vez máis complexo e elevado volu-me de servizos que os veciños lle demandan.

A Casa do Concello amplíase para dispór de novas dependencias municipais

Mellora do abastecementoO Concello de Sandiás,a través dos planos pro-vinciais de obras, en con-venio coa Deputación,construirá un novo depó-sito de distribución enPiñeira. Preténdese asíacadar un mellor accesoe garanti-la potabiliza-ción automática, que noactual ten que facerse dexeito manual.

Plan Galicia de estradasA Consellería de Políti-ca Agroalimentaria in-cluíu no Plan Galicia arenovación do firme daestrada de Sandiás ata olímite con Xunqueira deAmbía, e unha pista deenlace coa N-525. Polasúa parte, as brigadas daDeputación realizarontraballos de conserva-ción en tódalas estradasda rede viaria local, e adesbrozadora da Man-comunidade, a limpezadas pistas agrícolas.

Promoción laboralTres veciños integranunha brigada de mante-mento, limpeza de ca-miños, lavado de depósi-tos, etc., a través dunconvenio coa Conselleríade Asuntos Sociais. OPlan Labora permitíucrear unha praza paravelar polo funcionamentoe organización do Centrode Saúde. Agárdase aconcesión de dous con-tratos máis para mellora-los servicios municipais.

Internet no ConcelloUn convenio coa Xuntapermite ó Concello dis-pór de conexión a Inter-net de alta velocidade,disponible nas dependen-cias municipais e naBiblioteca pública.

Páxina 6

Eleccións xerais 2004 en Sandiás

O Partido Popular gañou co 62% dos votos

SANDIÁS

As candidaturas do Partido Popular ó Congreso e ó Senado

foron as máis votadas en Sandiás nas eleccións xerais do

pasado 14 de marzo, acadando 6 de cada 10 votos deposita-

dos polos nosos veciños/as. Os socialistas foron a segunda

opción máis votada, co 28,06%, e o BNG, a terceira, a pesar

de que perdeu máis de cen votos respecto ás eleccións muni-

cipais de 2003. O PP repetíu os resultados do ano 2000,

cando fora tamén o partido máis votado neste concello. Com-

pre salienta-lo descenso da abstención, (16,23%), cinco pun-

tos menos que nas anteriores eleccións xerais.

Congreso dos Deputados Senado

PP

PSdeG-PSOE

BNG

EU-IU

FE de las JONS

FE

DN

PH

* EU-IU: Esquerda Unida-Izquierda Unida. FE de las JONS: Falange Española de las

JONS. FE: Falange Española. DN: Democracia Nacional. PH: Partido Humanista.

Siglas * Votos % Eleccións 2000

61,94%

28,06

8,04

1,15

0,16

0,08

0,08

0,08

755 63,49%767

22,52%272

12,83%155

0,17%2

--

--

--

--

342

98

14

2

1

1

1

Candidatos máis votados

Isaac Vila Rodríguez

Votos % Siglas

741 62,22 PP

Mª Mercedes Gallego Esperanza 733 61,54 PP

Amador Vázquez Vázquez 731 61,38 PP

Cándido Rodríguez Losada 293 24,60 PSOE

Diana Rodríguez Santamaría 288 24,18 PSOE

Mª Inmaculada Ucha González 285 23,93 PSOE

Xosé Antón Jardón Dacal 143 12,01 BNG

Xosé Carballido Presas 136 11,42 BNG

María Isabel Pérez González 126 10,58 BNG

María Dolores Alonso Reverter 9 0,35 EU-IU

Rajoy (PP), Zapatero (PSOE), Rodríguez (BNG) e Llamazares (IU).

Concepción Méndez, na Comisión de Goberno da Deputación

O presidente da Deputación,José Luis Baltar, felicita a MªConcepción Méndez, tralo xu-ramento de toma de posesión.Abaixo, a alcaldesa de SanCibrao, Elisa Nogueira, dandoa benvida á nova deputada.

A alcaldesa de Sandiás, María Concep-ción Méndez Gándara, foi elexida depu-tado provincial, en representación doPartido Popular, polo partido xudicial deXinzo de Limia na sesión plenaria dopasado 25 de xuño. Asemade, formaparte da Comisión de Goberno, xunto ópresidente, José Luis Baltar Pumar, eos alcaldes de Arnoia, Muíños, Barba-dás, Xunqueira de Espadañedo, Ce-lanova, San Cibrao das Viñas e Chan-drexa de Queixa.

María Concepción Méndez Gánda-ra é a presidenta da Comisión Especialde Contas, Facenda e Economía, e re-presenta a este organismo provincial noConsello Asesor de Telecomunicaciónse Audiovisual de Galicia, na ComisiónGalega Interinstitucional do Menor daXunta de Galicia, na Fundación para oDesenvolvemento da Comarca de Ve-rín e no Padroado Provincial de Turis-mo.

A Deputación Provincial de Ourenseestá integrada durante o actual manda-to por 16 representantes do PartidoPopular, 6 do PSdeG-PSOE e 3 do Blo-que Nacionalista Galego.

Páxina 7

Asunción Seara, directora: “os rapaces debían ver menos a tele”

A directora do CEIP de Sandiás, Asunción Seara

Feijóo, considera que hai un desequilibrio no ren-

demento dos rapaces ó longo do curso escolar:

“Os alumnos/as rinden máis no primeiro trimes-tre, e despois vai decaendo progresivamente. Apartir de maio e xuño, coa xornada única, rindenmoito menos, porque déitanse máis tarde, teñenque madrugar porque empezan antes as clases echegan medio durmidos”.

Outro aspecto que pensa que se debería mello-

rar é a disposición do tempo durante as vacacións

do verán: “Creo que non é positivo que os rapacesvexan tanta televisión. Os pais e nais deberíanfacerlles traballar algo cos libros, con lecturas ourepasando o que deron durante o curso, pero esoimplica unha responsabilidade que moitos paisnon queren asumir, quizaves por comodidade”.

Outra das súas preocupacións de Asunción

Seara é a merma do alumnado, despois de varios

anos nos que se viña mantendo.

■ ■ ■ ■ ■ Curso 2003/2004 no CEIP de Sandiás ■ ■ ■ ■ ■

Os alumnos do Colexio Público de In-fantil e Primaria de Sandiás AdriánCampelo Blanco e as irmás Mónica eSonia Campelo Gómez acadaron im-portantes galardóns no concurso comar-cal de xoves intérpretes, celebrado noConservatorio de Música de Ourense.Adrián foi primeiro na modalidade delaud, e Sonia, cuarta, mentres Mónicaacadaba o segundo posto en gaita.

No último curso tiveron unha celebra-ción especial o Día das Letras Galegas,con traballos sobre o homenaxeado,Xaquín Lorenzo “Xocas”, un con-curso de redacción, proxección deaudiovisuais e unha ximkanadeportiva. Outro xeito de practi-car deporte foron as visitas ápiscina cuberta de Xinzo, paraaprender a nadar e disfrutarda auga, como fixeron taméncoa viaxe de fin de curso ásRías Baixas. En Vigo visitarono museo interactivo Natur-nova, con parques temáticos,ordenadores e unha viaxe vir-tual polo fondo da ría de Vigo.

O Día da Paz tivo tamén un aspecto rei-vindicativo, coa cantiga do Himno da Ale-gría e o pintado de pombas da paz, acargo dos máis pequenos. Esta celebra-ción tería continuidade tralos atentadosdo 11-M en Madrid, cando toda a comu-nidade educativa secundou de xeitoespontáneo e solidario a concentracióncelebrada diante da Casa do Concello, áque tamén asistiron os traballadores efuncionais municipais, xunto á alcaldesa,concelleiros e moitos veciños.

A colaboración do Concello co CEIP deSandiás materializouse nas axudas

para a contratación dun profesor deteatro e para a excursión de fin decurso. A Consellería de Educa-ción e Ordenación Universitariada Xunta de Galicia tamén rea-liza un importante esforzo paramellora-las instalacións docentro educativo: durante overán complétase a dotaciónde doble acristalamento entódalas fiestras e novas persia-

nas. Con anterioridade insta-louse unha alarma.

Un ano de premios,viaxes, convivencias

e a reivindicacióndun mundo en paz

A excursión de fin de curso ás RíasBaixas foi o premio a un ano de esfor-

zo compartido pola maioría.

Adrián Mónica Sonia

Páxina 8

Edita: Concello de Sandiás - Imprime: RODI Artes Gráficas S.L. - Dep. Legal: OU-227/97

O Concello colabora con aportacións para diversas actividades

A Asociación de Mulleres Rurais “O Castro”dinamiza a vida social con cursos, charlas e viaxes

A peregrinación a Santiago de Com-postela, para gaña-lo xubileo e visita-la cidade monumental, é unha dasactividades máis atractivas que prepa-ra a Asociación de Mulleres Rurais “O Castro” durante oano 2004. Outra das viaxes previstas é a Cantabria. Anivel formativa, están programados cursos de restaura-ción, informática e de flores naturais, e charlas sobre amenopausia, herbas naturais e o coidado de persoasmaiores. A participación de moitas mulleres da Asociaciónno Obradoiro de Emprego pode afectar ou retrasar algúnsdestes actos.

Estas actividades están sufragadas coas aportaciónsdas asociadas e a colaboración do Concello de Sandiás eda Consellería de Famlia da Xunta de Galicia.

A Asociación de Mulleres “O Castro”xurdíu no ano 2003 e conta xa con 80asociadas, pero a súa presidenta,Carmen Feijóo Seguín, anima ás que

aínda non o son a que se fagan, para fomenta-la relaciónentre as veciñas de tódolos pobos. Como apoio importan-te de Carmen figuran tamén na xunta directiva Delia Blan-co González, secretaria; Digna Feijóo Vázquez, tesourei-ra; e Nieves Sanmamed Seguín, Mercedes SantanaManso, María Dolores Saburido Jardón, María ÁngelesMorales Fernández, Manuela Cerredelo Suárez e MaríaConcepción Méndez Gándara, como vocais.

Esta asociación fixou como obxectivo o da dinamiza-ción cultural e social no noso municipio, algo que semellaacadado nestes primeiros meses de funcionamento.

▲⌫▲ ⌫Liña dirLiña directa do caecta do catastrtastroo

902 373 635

De lúns a venres

(agás festivos).

Horario: de 9 a 15

horas.

Evite desprazarse ás oficinas de Ourense, se desexa:Información xeral para facilita-las súas xestións.Información sobre solicitudes e declaracións.Concertar unha cita previa para ser atendido/a.

Música popular para o San BieitoA programación cultural do Xacobeo 2004 incluíu

a actuación no San Bieito da Uceira, o pasado 11

de xullo, da Banda de Música de Viveiro, unha das

agrupacións musicais máis importantes da nosa

terra. Os romeiros disfrutaron dunha amena xorna-

da, xa que se combinaron a relixiosidade e os sons

da boa música.

E o Xacobeo tampouco está a pasar desaperci-

bido en Sandiás. O noso albergue duplicou o

número de visitantes, respecto ó anterior ano xubi-

lar. A maioría coincide en valorar estas instalacións

como unha das mellores da Vía da Prata.

Charla sobre a osteoporose Curso de arte decorativa no Nadal

Celebración do Entroido