farrapos nº 13

63
Farrapos Revista do CEIP de Vistahermosa - EDLGA A g a o r i m Papaventos le dicia Axóu x re e A g o a l l s Saudade e r F o m o s Entroido n A d u r a i ñ Amizade g a A r i o m s o Amor a o i a n X ñ o r r ñ a M i B o l b o r e t a

Upload: xerundia-domitila

Post on 18-Mar-2016

243 views

Category:

Documents


14 download

DESCRIPTION

ULTIMO Nº DE FARRAPOS

TRANSCRIPT

Page 1: FARRAPOS Nº 13

FarraposRevista do CEIP de Vistahermosa -EDLGA

Ag ao

rim

Papaven

tos

le dicia

Axóu

xre

e Ag

oa l ls SaudadeerFomos

Entroido

nA dur ai ñAmizadegaA rio ms o

Amor ao ian

X ñ

o rr ñaM iBo

lbo

reta

Page 2: FARRAPOS Nº 13

Revista escolar FARRAPOS do CEIP de Vistahermosa, Ourense. Nº 13, xuño de 2011.

Edita e financia o custo da publicación o Equipo de Dinamización da Lingua Galega do Colexio. Distribución gratuita.

O EDLGA recibiu unha axuda económica da SXPL da Xunta de Galicia, para o desenvolvemento das súas actividades, que se aplica especialmente a esta publicación.

Esta revista é froito do traballo de todo o Centro e recolle o esforzo dos distintos sectores que conflúen nel. Procura conseguir un resultado digno, pero non esquece que o verdadeiramente importante é o labor de creación e, xa que logo, a utilización da lingua e cultura galegas.

O EDLGA agradece o esforzo de alumnos/as, profesores e pais/nais de alumnos que traballaron na elaboración dos materiais presentados. Lamentamos non poder publicar todo o achegado, por falta de espazo e medios. ¡Grazas a todos!

A publicación non comparte, necesariamente, as opinións dos contidos aportados.

Na capa: as 15 palabras máis citadas no certame “A nosa verba máis fermosa”.No último folio: tarxetón conmemorativo do vixésimo aniversario dos Equipos de

Normalización Lingüística elaborado pola Coordinadora Galega dos Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística.

Edición e maquetación: José Vieito, Coordinador do Equipo. Imprime: "Gráficas Galegas". Ourense

ÍNDICE

1.- Portada 31.- Escribímoslle ao Sr. Alcalde.2.- Índice. Autoría. 32-33.- Fotos de grupos.3.- Lingua Minoritaria. 34.- Teatro.4.- Non-despedida. 39.- A formiga coxa.5.- Ás mestras e mestres que nos 42.- Receitas de cociña.deixan. 45.- As festas de Vistahermosa.6.- Contos gañadores do III 47.- Así somos... 5º de Infantil.Concurso de Contos do CEIP de 49.- ¿Cal é a túa bola preferida?Vistahermosa. 50.- O Miño.14.- A nosa palabra máis fermosa. 52.- O lobo.16.- O noso refraneiro. 59.- Contos de lobos.17.- O casamento do pulga e do 60.- Cooperativa “Cose que te cose”.piollo. 61.- Adiviñanzas.20.- Día da poesía. Poemas. 63.- Anuncio Unicef.25.- Días de parque. 64.- ¡Grazas!26.- Adicado á profe María Luisa. Varias páxs.: recomendacións de 27.- A paz libros, música e sitios de internet en 28.- Canto á paz. galego.29.- Contos.

2 Dúas

Page 3: FARRAPOS Nº 13

LINGUA MINORITARIA-¿Cres que o galego é unha lingua minoritaria?-Quizais...

-Pero as palabras non che son inocentes... Minoritaria: pequena, poucos falantes, cativa, INútil-Todo parece indicar que somos poucos os que falamos galego; ¿será así?-En todo caso, ningunha lingua é mellor ou peor polo feito de que se fale máis ou menos. Ningunha e isto é importante sabelo.

-¿Cantas linguas se falan no mundo?-Arredor de cinco mil.-¡Canta riqueza!-Imaxina unha estrada de 5 km... 5.000 metros.Imos ordenar as linguas por número de falantes: 1, 2, 3... 42... 135... Dándolle un metro a cada unha, no 1º metro estaría o chinés, no 2º estaría o español, no 3º estaría o inglés... Onde estaría o galego...?-...onde o situarías ti?-A moita xente sorpréndelle saber que está no metro 136E aínda máis:

está dispoñible só en 118 linguas: tamén en galego.

está traducido a 95 linguas; e o galego entre elas.

Unha das 70 linguas do é o galego.

O galego é a lingua nº 49 por libros traducidos.

O galego ocupa o posto 37 por páxinas na internet.

-E lembra: hai aproximadamente 5 mil linguas no mundo.

O galego é aínda unha lingua rexa!

Que o siga sendo depende de ti(Fonte: Manuel Núñez Singala e Manuel Bermúdez Blanco -Servizo de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago de Compostela-) http://www.youtube.com/watch?v=scARyXKiZHk&feature=share

?

!

3 Tres

Page 4: FARRAPOS Nº 13

Cando o primeiro de setembro este centro abra as súas portas e de comezo un novo curso escolar, haberá catro compañeiros que non van estar formando parte do equipo de profesores.Son catro compañeiros que chegado este momento decidiron que xa era tempo de deixar o traballo e comezar unha nova etapa. Que van gozar do seu tempo, da súa familia, de si mesmos.Son compañeiros e amigos e amigas que deixarán unha forte pegada non só nas paredes do ceip Vistahermosa, senón tamén nas vivencias e na formación de centos de nenos e nenas que estudaron, v i v i r o n ,

creceron e se formaron neste colexio.

Desde este voceiro que é o xornal escolar "Farrapos" no nome da comunidade educativa actual e na de todos e todas os que nestes anos estudaron e traballaron aquí, queremos agradecerlles a entrega ao seu traballo, os bos momentos que vivimos, as risas que botamos,

a s r i f a s q u e d e r o n e a c o m p r e s i ó n q u e puxeron.Dicirlles que as portas de este o seu colexio e s t a r á n s e m p r e abertas para eles, pero tamén e sobre todo que disfruten do momento que lles toca vivir.

ATA SEMPRE. Montse.

(Podedes recoñecelos/as?)

NON-DESPEDIDA

4 Catro

Page 5: FARRAPOS Nº 13

ÁS MESTRAS E MESTRES QUE NOS DEIXANHoxe é un día un pouco triste, pois hai unhas mestras e un mestre que este curso é o último que d a r á n c l a s e s . Chegou a hora de descansar e de gozar das cousas que ata agora non poideron facer por falta de tempo.

Nós, tanto pais c o m o a l u m n o s , quedamos con pena, pero seguro que eles tamén, xa que son m o i t o s o s a n o s traballando e loitando con tantos nenos e nenas que nunca os esquecerán (e de seguro que moitos destes rapaces foron p a i s o u n a i s e

trouxeron -ou traen- ós seus fillos a este colexio).Hoxe queremos render homenaxe ás mestras e aos mestres, a estas persoas que nos

ensinaron a ser alguén na vida, que nos rifaron cando foi necesario, que nos apoiaron en todo momento e que nos transmitiron os valores de respecto, honestidade, xenerosidade, igualdade e moitos máis.

Quizais nos tempos que vivimos non valoremos este traballo que fan desinteresadamente cos nos fillos, pois vivimos tempos á presa, e non nos paramos a pensar, a falar, a agradecer, a compartir… A escola é para os nosos fillos a súa segunda familia e é marabilloso cando ves que un profesor/a ten as ganas e as forzas de traballar, de non permitir que ninguén se quede atrás, de chamarnos cando hai dificultades para, así entre todos, conseguir que aprendan, que se relacionen… que sexan alguén nesta vida.

Vostedes dínnos que non hai nenos máis listos ou nenos menos listos, senon que cada neno madura no seu momento e tamén nos din que o aprender é diferente en cada alumno, sen embargo, vostedes, as nosas mestras e mestres, fan o posible para que todos aprendan, explicando se fai falta en mil idiomas e formas, para que ninguén se quede atrás.

Tal vez hoxe, para todos estes pequenos alumnos, as mestras e mestres non signifiquen moita cousa, pois inda non valoran a súa vocación, a súa paciencia e a súa constancia. Sen embargo, para nós, agora que somos pais, sempre estarán connosco, nos nosos corazóns.

GRAZAS: quizáis sexa esta a palabra que mellor resuma o noso sentimento.Alguén dixo que "A docencia non é unha vocación, senón un PROXECTO DE VIDA "...

Vostedes levárono á práctica.Desexámolles o mellor e que este cambio nas súas vidas o leven con ledicia e amor, como

sempre transmitiron aos nosos fillos/as.

GRAZAS e ata sempre.J. Miguel Hermida e Montse B.BlancoPais de alumnosMaio/2011

5 Cinco

Page 6: FARRAPOS Nº 13

1º Premio, categoría 1º ciclo:

Rebeca Vázquez Cid1º de E. Primaria

A TARTARUGA EMPEZA A FALAR

Un día a miña tartaruga empezou a falar galego. Todos na miña casa nos asustamos moito; non sabiamos de onde viñan aquelas voces.Comezamos a falar con ela e contounos que atopara no chan unhas letras de cores que lle gustaran moito e entón pensou que sería boa idea comelas. Ao principio eran un pouco duras e cada vez que comía unha saíalle un son, e como lle gustaban moito, acabou de comelas todas. A tartaruga estaba moi contenta de poder falar comigo. Ata que un día se meteu na auga e deixou de falar. Entón, desde ese día, decidimos que ía comer sopa de letras para non perder a fala cando se metese na auga...

Accésit, categoría 1º ciclo:

Lucía Gómez MonteceloCurso 2º E. Primaria.

OS MEUS PEIXES FALADORES

Todo aconteceu fai uns meses...Eu penso que foi cando comecei a tocar a pandeireta. Vóuvolo contar:“O ano pasado andaba toiña por ter unha mascota.Os meus pais non me deixaban ter no piso cons nin gatos, nin coellos nin galiñas, etc.Entón mercáronme uns peixiños coa súa peixeira.No meu pobo, os meus avós paternos teñen tres cans, unha ducia de coellos, moitas galiñas e tres paxariños nunhas grandes gaiolas. Por iso, cando o meu pai e a miña nai me mercaron os peixes, eu fiqui moi leda.Eran tres preciosos peixes de cor vermella. Eu dáballes tódolos días de xantar e

GAÑADORES DO III CONCURSO DE CONTOS

6 Seis

Page 7: FARRAPOS Nº 13

docorei o seu pequeno acuario cunha plantiña, dúas cunchas e unhas pedriñas. Deseguida me decatei de que os meus peixes eran especiais.Eu penso que me querían dar as grazas polo a gustiño que estaban.Fun á tende de animais e merqueilles unha vitaminas.Cando lles cambiaba a auga, andaban coma tolos, semellaba que querían saltar e eu dicíalles:-¡Andade a modiño, que vos podedes mancar!Eles parecía que me escoitaban. Daquela, chegou o meu pai e preguntoume abraiado:-¿Estás a falar cun peixe?.-Pois si -dixen eu.-¿Pero non che contestan, non si? -preguntoume o meu pai sorrindo.-Aínda non, porque son moi novos; deben medrar máis.O meu pai marchou sorrindo.

Pasados uns meses comecei as miñas clases de pandeireta e tiña que ensiar moito na casa. Tiña un libro de cantigas galegas. Un bo día, mentres tocaba, ocorreualgo sorprendente: escoitei unhas vociñas que dicían:-¡Toca, toca, toca máis! ¡Que ben o fas!Eu quedei pampa, cos ollos coma pratos. Eran os meus pees que me estaban falando...-Non podo porque xa é de noite, -dixen eu.Deiteime e cando espertei non lembraba se era un soño ou realidade que falaban os meus peixes.Fun comprobalo. E esta mañá díxenlles:-¡Bos días, queridos amigos!-Bos días querida nena, ¿que cantiga nis vas tocar hoxe? -dixeron os meus peixes.-A que vós qeuirades, pero tedes que cantar comigo, -propuxen eu.-¡Trato feito! -dixeron os tres á vez.E esta mañá, os meus peixes e máis eu cantamos:“Vivir en Ourense,que bonito é:andar de parrandae durmir de pé,e durmir de pé,e durmir de pé; vivir en Ourenseque bonito é!” 7 Sete

Page 8: FARRAPOS Nº 13

Era verdade que os meus peixes falaban en galego, pero non só falaban, senón que temén cantaban cantigas galegas.Pero e agora... ¿Como lle diría todo isto aos meus pais?

1º premio. Categoría 2º ciclo

Daniel Peña Puga.4º curso E. Primaria

(SEN TÍTULO)

O outro día invitáronnos ao teatro onde viña, entre todos os artistas, un contacontos que nos contou esta histoia que acontecera nun pobo galego. O conto titulábase: “XOAN E OS LADRÓNS” e seguía así...

“Xoán é un neno de dez anos. Como todos os nenos de esta idade empezou a facer moitas preguntas e a descubrir cousas que antes non se decataba.

Xoán é un rapaz do noso compo galego que vive cos seus pais na aldea de Alén: media ducia de casas de labranza no medio de campos verdes onde pacen as vacas, un regato de augas transparentes que baixa da montaña e atravesa a fraga dos muiños, chea de carballos e castiñeiros centenarios.Unha tarde, despois da escola, ía Xoán todo apurado buscar as vacas ao campo e atopouse con D. Marcelo, o mestre do pobo, que viña de dar un paseo e recoller os xornal na tenda da señora Eloísa. Sudáronse e Xoán preguntoulle se traía novas interesantes o xornal, ao que D. Marcelo lle contestou:-Pois mira Xoán, viña algo inquedo por un artigo que acabo de ler neste xornal. Di que houbo varios roubos na aldea de Folgoso, levándolle toda a matanza, os cartos e as xoias que tiñan. Apolicía sospeita que os ladróns estén escondidos nalgún sitio e os roubos van seguir.-¡Ogallá os encontren rápido e non cheguen aquí!.-Dixo Xoán.-¡Ogallá, Xoanciño, ogallá!-Voume don Marcelo, que está caendo a tarde e teño que levar o gando para a casa. Ata mañá, mestre.-Ata mañá, Xoán.Xoán ía correndo e matinando no que falara co meste dos roubos. Recolleu o gando

8 Oito

Page 9: FARRAPOS Nº 13

carón da lareira.-María, -dixo o pai de Xoán. ¿Acórdache cando os nosos avós falaban da Santa Compaña, de como a encontraron e do medo que pasaran?-Si home, si. Parvadas de vellos que querían asustar ao meniños.-Papá; ¿que era a Santa Compaña? -Dixo Xoán.-Era, ou dicían que era...-Parvadas, tonterías que dicían antes os vellos cando tiñan unha chispa de viño na cabeza e a lingua frouxa, -interrumpiuno a nai de Xoán, antes de que dixera nada máis.-Pero muller, -dixo o pai de Xoán- eu só lle ía contar ao rapaz o que dicían os vellos.-¡Déixate de contos e vamos cear! -dixo María.Acabaron de cear e Xoán foi para a camo. Deitouse, pero non podía durmir. Non paraba de pensar nos ladróns e na Santa Compaña. Erguese e púxose a mirar pola ventá e pareceulle ver kyces na Fraga dos Muiños. ¿Quen andaría a aquelas horas por alí? ¿Serían os ladróns ou a Santa Compaña?Ao día seguinte ergueuse ben cediño e foi ata a fraga, aínda que non viu nada. Cando viña de volta, atopouse con D. Marcelo.-¡Bos días, don Marcelo!-¡Bos días, Xoán! ¿E logo tan cedo por aquí?-Veño de dar un paseo -dixo Xoán. Don Marcelo, vostede cre na Santa Compaña?-Crer non creo na Santa Compaña, -díxolle don Marcelo. Pero algo oín; non sei se son lendas ou contos, pero algo debe de haber...¿Que che pasa? Tes mala cara; ¿non durmiches ben?-Pois non, non durmín ben. Púxenme a mirar pola ventá e vin luces na Fraga dos Muiños; sería a Santa Compaña?-Xoán, non serían os ladróns? -Dixo o mestre. E se fosemos esta noite vixiar os dous...?-Conte comigo, noro non llo diga a niguén, -dixo Xoán.Xoán díxolle aos seus pais que ía á casa do mestre para que lle explicara uns problemas que non entendía e igual se lle facía tarde, pois o metre invitárao a cear. -Non me esperedes espertos, xa o mestre me acompaña.Quedaron de xuntarse á entrada da Fraga. Ao solpor subíronse ao tronco dun vello carballo onde se scomodaron para pasar a noite. Dende alí podían vixiar sen ser vistos. Pasado un rato, viron vir unhas sombras pantasmales cun foco que rachaba a escuridade. Non se lles escoitaba nada, parecía que non pisaban nas follas, senón que se deslizaban por elas.D. Marcelo e Xoán estaban moi asustados e viron que aquelas “pantasmas” se

9 Nove

Page 10: FARRAPOS Nº 13

puxeron a facer un burato ao pé do carballo no que eles estaban. Enterraron bulsas nas que parecía haber diñeiro e fóronse.D. Marcelo e Xoán esperaron un rato antes de baixar, para non ser descubertos. Logo foron ao cuartel da Garda Civil onde contaron todo.Aquela noite a Garda Civile ncontrou e detivo aos ladróns do Folgoso. Grazas a Xoán, pola súa curiosidade, e ao seu mestre, don Marcelo.

Accésit, categoría 2º ciclo:

Gabriel Sánchez Montero.

3º curso E. Primaria.

A OVELLA FANDONGA.

Polo meu barrio pasou un contacontos narrando contos da terra. Un deles ó o que vos vou contar e coido que vos vai gustar.“Había unha vez unha ovella que estaba pacendo co seu fillo no monte. A ovelliña dicíalle: -pacica fillo, pacica que mañá choverá ou nevará, ou sabe Deus qué fará.O añiño dicíalle: -mira nai vámonos que pode vir o lobo e cómenos.A ovella seguía coa súa cantinela de comer por se para o outro día non o podían facer.Naquel intre chegou o lobo e díxolle: -ovelliña a ti e ao teu fillo vouvos comer porque teño moita fame e a miña barriga teño que encher.A ovelliña, que era moi sita, propúxolle un trato ao lobo e era que se o lobo chegaba antes que ela ao seu cortello, ela deixaríase come.O lobo, sabendo que el era máis rápido cá ovella, pensou que chegaría el primeiro. Pero, como a ovello foi por un camiño máis curto, chegou antes. Meteuse na corte co seu año e, cando o lobo chegou, deseguida se decatou de que a ovello o enganara e moi triste díxolle:Ai ovelliña, desde que son vello e roao, nunca levei unha carreira tan en vao!-Cala home, cala, que eu desde que son vello fandonga, nunca fixen unha carreira tan longa.E aquí acabou o conto.

10 Dez

Page 11: FARRAPOS Nº 13

1º premio, categoría 3º ciclo:

M. Díaz Barreiro5º curso E. Primaria.

O IRMÁN DE ÁFRICA E A FALA TEMPERÁ

Ola! Chamome Mariña e teño unha amiga chamada África. A pesar de ser grandes amigas somosche ben diferentes. Somos tan diferentes, non polo carácter, non; senon polo aspecto físico: eu son loura e de cor encarnado e ela,e morena e de tez da cor do chocolate. Eu teño ollos azuis e ela verdesEla é do hemisferio SUR e eu, do NORTE... Non me vou por a dicir todas as nosas diferencias porque non me quedaría sitio para contarvos ó bonito relato do seu irmán, Guido: tamén é coma ela, só que con ollos marróns.

CAPÍTULO 1: Papá! Mamá! Áfica!Nunha tarde dun venres, África e mais eu estabamos a facer un puzle de mil pezas que merquei cos 11,25 euros que me deu o padriño. A imaxe do puzle eran moreas e moreas de paxaros de plumaxe exótica nas pólas dunha gran árbore na que, ao fondo, víase a cidade de Rio de Janeiro.As dúas temos 10 anos e faremos os 11 en maio. ¿Por qué vos digo isto? Pois porque xa, nada máis empezar e levar 10 minutos, levabamos pouco máis da metade. Nese intre, a nai de África, entrou no cuarto de África e de Guido, e, cun lento xesto, meteu a Guido no berce.Guido empezou a xogar co mordedor e coas súas manciñas, empezou a axitar o seu axóuxere. Oiana (ese é o nome da nai de África) estaba a colocar a roupa de Guido cando, de repente, Guido dixo: mamá, mamá!A nai de Africa extrañouse, non polo idioma, non, porque nesa casa, falábase castelán. Extrañar extrañouse porque Guido apenas acabara de cumprir os 11 meses e acababa de dicir a súa primeira palabra. Xusto nese intre, o pai de África entrou a saudar e Guido soltou: papá, papá! Entón a nai de Africa, entrou en escena e contoulle o ocorrido.Caeuselle o "tete" a Guido e empezou a chorar. África tan rauda coma o relampo, colleuno e deullo a Guido. Non sei se foi por facer a pelota ou non, Guido soltou: Afica, Afica. Ela sentouse ao meu carón e eu, xa saira a pedirlle a Guido:-Di Mariña,di Mariña!El, pola sùa parte dixo sen esforzo algùn: miña, miña. Eu,moi triste,fun a sentarme xunto a Africa.As dúas continuamos facendo o crebacabezas.

11 Once

Page 12: FARRAPOS Nº 13

CAPÍTULO 2: O metralleo de vocablos continúa e o pediatra non encontra explicación algunha.O pai e a nai de Africa decidiron levalo ao médico. Alí esperábaos o Dr. Eustaquio, o seu pediatra.Oiana contoulle o problema ao Dr Eustaquio. Él non encontrou ninguna explicación. Ao día seguinte e despois de contarme o asunto, Africa e máis eu fixemos unha lista cos obxectos dos seus familiares que se atopában na casa:a) O caxato do tío Rafiqui.b) Fotos de Galicia da tía Belén.c) O conto da Carrapuchiña ocre, da prima Vera.d) O bonete de graduación do seu pai.e) A enciclopedia dos olores das flores, Oiana.f) Os 26 ANIMAIS DE PAPIROFLEXIA, primo Xiong.g) O peixe disecado do avó Gusafa.h) Dodecaedros e hipotenusas, escrito pola avoa Marica.i) Maracas decoradas, da madriña Esther.j) Bolso da madriña Paola.k) Colección de nós mariñeiros, tío Grisam.l) Xerro de porcelana chinesa, tía Merce. m) Pota de cobre, avoa Elpiria.Esta foi a lista resultante. África e máis eu sabiamos que aínda tiñamos moito traballo por diante. Isto digoo porque tamén teriamos que saber, de tódolos parentes, cal falou primeiro. Logo, teriamos que atopar todos os obxectos, pois a lista ditouna Oiana, a nai de África. Mentres nós as duas buscabamos os obxectos familiares, Guido seguía disparando moreas e moreas de vocablos; algúns xa non eran vocablos soltos de calquera meniño que comeza a falar, non, senon que algúns xa... formaban ORACIÓNS! Unha das moitas que formou foi: Eu quero un móbil,unha videoconsola e paga!Claro, como non sabía o que dicia, nin Oiana, nin Rodolfo(este e o nome do seu pai) lle facían caso. Mentres, África e máis eu estabamos pescudando o comezo da fala nos seus parentes. Tamén teriamos que ver con que obxecto argallou mais nel coas suas manciñas Guido...

CAPITULO 3: Por fin dase co caso da fala temperá. Por fin! África e máis eu xa terminamos co problema. A lista quedou rematada.O resultado que obtibemos foi o seguinte:I. A avoa Elpiria.II. O tío Rafiqui.

12 Doce

Page 13: FARRAPOS Nº 13

III. O primo Xiong.IV. A tía Belén.V. A tía Merce.VI. O tío Grisam.VII. A madriña Paola.VIII. A madriña Esther.IX. A avoa Marica.X. O avó Gusafa.XI. Rodolfo.XII. Oiana.XIII. A prima Vera.

Esta lista esta feita en comparación coa idade que tiña cada parente de Africa cando comezou a falar. Logo Oiana díxonos con que obxecto andou Guido argallando mais tempo: a pota da avoa Elpiria. África e mais eu andivemos a buscar a ditosa pota e por fin atopamola: estaba gardada na bufarda, para ser exactos, nunha fermosa caixa de madeira. Abrimos a caixa e...alí estaba! Destapámola e vimos unha bolsa cuns pos máxicos. Na bolsa poñia: "quen nesta bolsa furgue terá unha fala temperá asegurada". Logo de cotarllo a Oiana e a Rodolfo, quedamos tan relaxadas... por fin sabíamos que só foi obra duns pos máxicos!!!Tamén estivemos por enriba dun pediatra... non si, esta noite durmín cun sorriso de mil dentes... Supereime, e África tres cuartos do mesmo. Foi unha experiencia xenial.

Bicos: MARIÑA FDEZ.

GALEGOBOOK. O Galegobook é un proxecto sen ánimo de lucro que pretende ser un espazo onde publicar, compartir e conversar sobre un grande número de libros electrónicos que circulan pola rede sobre o galego (lingua, gramática, fonética, sociolingüística, manuais, terminoloxía...).http://galegobook.blogspot.com/MCLIBRE.ORG. Permite crear follas en formato pdf dos clásicos exercicios de caligrafía.http://www.mclibre.org/consultar/primaria/copia2/index.php?language=gl_ES

EnREDEmos... Recomendacións de páxinas da internet.

13 Trece

Page 14: FARRAPOS Nº 13

A NOSA PALABRA MÁIS FERMOSA.

Aquí está o resultado do certame "A nosa verba máis fermosa". A fermosura de cada palabra, de todas as palabras de todas as linguas que hai no mundo; depende de cada persoa. Son os gustos persoais, as connotacións que cada quen lle pon, os recordos que lle esperta, as mil e unha circunstacias en que se escoitou, se leu ou se dixo; o que fai que unha palabra nos pareza bela.

Recolléronse 342 palabras. Logo de simplificar as repetidas quedaron 198. Unhas cantas non son consideradas normativas pola Academia e figuran nun cadro a parte, mentres que outras son segundas formas (levan un asterisco). Estas e outras que nos pareceron infrecuentes levan ao lado unha pequena explicación. Algunhas das propostas están agrupadas para poder facer unha clasificación (por exemplo masculino e feminino). Noutros casos deixouse distintas formas dunha mesma palabra (por exemplo verbais) por considerar que o gusto é por unha palabra concreta, sen importar que poidese ser entrada nun dicionario.

Agora só nos queda cultivar esta fermosura para que non se perda...

¡MOITAS GRAZAS A TODAS E A TODOS POR PARTICIPAR!

PALABRAS CON MÁIS DUNHA MENCIÓN (e nº de veces escollida)

Morriña 19 Amencer 3 Lambetada 2

Agarimo 18 Amorodo 3 Lúa 2

Bolboreta 18 Golfiño 3 Margarida 2

Papaventos 14 Lembranza 3 Meniño 2

Ledicia 11 Meiga 3 Muiñeira 2

Axóuxere 8 Amigo 2 Nai 2

Agasallo 5 Árbore 2 Namorada/o 2

Fermosa/o 5 Avoa 2 Natureza 2

Saudade 5 Bico 2 Pai 2

Agarimoso 4 Cadeliño 2 Paz 2

Amizade 4 Castiñeiro 2 Primavera 2

Amor 4 Egua 2 Sinxelo 2

Anduriña 4 Festa 2 Vagalume 2

Entroido 4 Fuxir 2 Vermello 2

Xoaniña 4 Gaiola 2 Xabarín 2

14 Catorce

Page 15: FARRAPOS Nº 13

Abofé Carantoña Garabullo Píntega

Abraiado Carballeira Gardar Piscina

Abraiar Caridade Gargallada Pomba

Adoitar Castiñeiro Guindastre Porco

Afiador Cativiño Labrego Praia

Agochar Cativo Lamestriña Prebe

Aloumiño Chorima Lareira Queixume

Alumiño* Comer Lareta Quérote

Amabilidade Corredoira Ledo Recoller

Amalló Culler Liberdade Ronsel

Amar Cunca Lixo Rula

Anxo Desexar Lóstrego Ruxerruxe

Aperta Desparafusador Lumieira Sapoconcho

Aprecio Doado Manseliño Manso Sendeiro

Aquelar Doniña Manteiga Sentarse

Aqueloutrar Durmiñón Marusía Sentimento

Arco da vella Enfeitizar Merenda Solaina

Argallar Ensinanza Miudiño Solpor

Arrepío Enxebre Mixiricas Sorriso

Aturuxar Enxido* Eixido Moneco Tarxeta

Axiña Ermana* Irmá Muiño Tenrura

Baloco Estraloque Escola Muiño Traballo

Balompé Esconxuro Nena Trangallada

Banana Esmorga Neniño Trasnada

Beizos Espreitar Nogueira Troula

Berce Esquío Orballar Veleiro

Besbello Estraloque Padroeiro Vinculeiro

Besta Estrela Panxoliña Viruxe

Bicar Faragulla Papoula Xaneira

Bidueiro Fervenza Parrulo Xanela

Biosbardos Fiestra Paspallás Xangal Doce, pacífico

Brétema Folerpa Paxariño Xasmín

Buxo Foliada Perdón Xeito

Camafeo Fraga Petroleiro Xoldra* Xolda

Cantaruxar Galiña Pícara Zurrichote

Carabullo Garabata Pau, Pinchacarneira

PALABRAS PROPOSTAS POR UNHA SOA PERSOA

15 Quince

Page 16: FARRAPOS Nº 13

PALABRAS OU VARIANTES NON RECOLLIDAS NOS DICIONARIOS.(e posible forma normativa)

*Aborcallarse Envorcallarse

*Arrumaco

*Cachona Cachena

*Cancarolo Froito do carballo

*Catalexo Anteollo

*Maxestuoso Maxestoso

*Potro Poldro

*?Perta

Xa estamos pensando qué formas da nosa rica fala recolleremos o

ano que vén. ¡Vaiamos preparando!

16 Dezaseis

Page 17: FARRAPOS Nº 13

17 Dezasete

Page 18: FARRAPOS Nº 13

18 Dezaoito

Page 19: FARRAPOS Nº 13

19 Dezanove

Page 20: FARRAPOS Nº 13

20 Vinte

Page 21: FARRAPOS Nº 13

21 Vinte e unha

Page 22: FARRAPOS Nº 13

22 Vinte e dúas

Page 23: FARRAPOS Nº 13

23 Vinte e tres

Page 24: FARRAPOS Nº 13

Xa chegou a primavera, As flores dannos perfumee nacen árbores con peras. e teñen a cor do lumeAs peras son unhas froitas, As árbores botan follas,das que temos que comer moitas. pequerrechiñas e novas.Na primavera hai floresque teñen moitas cores. Clase de 1º E. P.

XA CHEGOU A PRIMAVERA

Para ler. Recomendacións de lectura

Silvestre Gómez Xurxo: Ti NON XOGAS!Logo dunha semana de chuvia, por fin saíu o sol. Máis Suso está amolado porque cando quería xogar ao fútbol cos rapaces un deles espetoulle:Ti non xogas! Un libro ilustrado por Anxo Fariña que fala da importancia da solidariedade e da amizade.

24 Vinte e catro

Page 25: FARRAPOS Nº 13

Días de parque.(Poesía finalista no concurso do Círculo Poético Ourensano)

A nenez,como o froito da árboreque xa vai caer.

Contos que che contan nun so díaE ti xa dicías " quero ser Aliciano país das marabillas”.

No parque que fácil era xogarTan so dicías " ola que tal? "Que fácil era ser cativo ,que fácil era facer un amigo.

Nenez, amiga miña,que ben o pasamosxogando no parquemanchando as mansaqueles fermosos veráns.

Eu sei que pronto vas marchare que non o podo remediar.Por iso, déixame as boas lembranzaspara que non as poida olvidare o tempo que me queda contigo, vouno aproveitar.

Cristina, curso 4º

IALMA "SIMBIOSE"Ialma conmemora dez anos de carreira cun novo CD titulado "Simbiose". Ialma é un grupo

formado por cinco vocalistas femininas, chamadas "cantareiras". A pesar de ser veciñas de Bruxelas, elas aínda manteñen unha conexión vital con Galicia, o seu país de orixe e principal fonte de inspiración artística.

As características voces tradicionais das "cantareiras" fúndese con cancións modernas, melodíosas, dando como resultado composicións moi novas e animadas que son unha combinación intelixente entre tradición e un pop inventivo con algunhas conexións celtas.

Para escoitar. Recomendacións de música en galego

25 Vinte e cinco

Page 26: FARRAPOS Nº 13

ADICADO Á PROFE MARÍA LUISAHoxe pensei escribirche unha canciónpolo teu espiritu de entrega e a túa sabedoríapor ter a forza e amar a túa profesióne transmitirnos os valores cada día.

O comenzo non foi nada doadopois a min custábame traballarsen embargo agora douche as grazas,grazas por non deixarme vaguear.

Grazas tamén por guiarme e ensinarme con amorpor tratar cada día que saiba algo máispor rifarme e chamarme a atencióne por transmitirme o respecto ós demáis.

Este curso foi complicadopois fomos moitos ós que aturarpero sempre estiveches loitandopara que ninguén se quedase atrás.

E agora que finaliza o cursotodos sabemos multiplicarcoñecemos as plantas e os froitose comenzamos a dividir, para rematar.

GRAZAS profesora María LuisaSempre estarás no meu corazóncontigo aprendín que a vidaé compartir e dar amor.

E se poidera un díaexaminarte e poñerte nota¡ qué ledicia levarías ! pois matrícula de honor sería. Grazas, María Luisa, nunca te esquecerei.

Gladys L. Hermida Blanco( coa axuda da miña nai )

26 Vinte e seis

Page 27: FARRAPOS Nº 13

27 Vinte e sete

Page 28: FARRAPOS Nº 13

28 Vinte e oito

Page 29: FARRAPOS Nº 13

O NENO E MONSTRO

Había unha vez un neno que foi ao colexio tan campante.De súpeto, uns gamberros e dixéronlle:-Sabes que hai dentro do teu armario da tu habitación cando dormes?-Non non o sei.-Hai un monstro que leva dentro máis de cen anos-dixeron os gamberros.O neno creunos e ao chegar a noite colleu o seu triciclo e púxose a correr dun lado para o outro da súa habitación.Oíu un ruído e quedouse paralizado co medo.Cando viu saír ao monstro púxose a berrar.O monstro díxolle:-Tranquilo neno. Non che vou facer dano. Son vexetariano.O neno calmouse e parou de chorar.-De verdade, verdade eres vexetariano?-Si prométoche palabriña do neno Xesús. -dixo o monstro.Botáronse a rir os dous e sucedeu unha cousa moi curiosa: os dous fixéronse amigos.-Xa sei que aquí é a túa casa, pero estás en perigo -dixo o neno.-Por que estou en perigo?-Agora ao mínimo ruído chaman a policía.O monstro prometeulle que non ía facer ningún ruído. El deixouno saír do armario.Tropezou e caiu e armou moito balbordo.Veu a policía e empezou a buscar...

Sara Quiroga Vázquez 3º

UN PAXARO E UNHA ÁRBOREHabía unha vez un paxaro que vivía nunha árbore e uns homes derrubárona.O paxaro chorou e os seus amigos consolárono. Deulles as gracias e descansou na casa dun amigo.Á mañá seguinte marchou. Voou e voou ata atopar unha árbore para que fose de novo a súa casa. Atopouna e construíu nela a súa casa e colocou as súas cousas.Na súa habitación ordenou os seus xoguetes sen axuda dos seus papás. Eles estaban moi contentos do paxariño.Viñeron outra vez os homes a cortar a árbore pero esta vez o paxaro e os seus pais picaranos e os homes e marcharon correndo de alí e puideron vivir felices naquela fermosa casa agradable para sempre.

. Ana LUIZA..3º

29 Vinte e nove

Page 30: FARRAPOS Nº 13

UNHA PINTURA E UNHA FOLLA

Érase unha vez unha pintura que estaba moi aburrida no estoxo dun neno que se chamaba Xoán.Daquela cando o neno se puxo a facer os deberes e abriu o estoxo,a pintura pensou en poñerse en acción.En cada folla que o neno empregaba para os seus exercicios ,a pintura facíalle unha raia. Así estaba ata que o neno se cansou e deulle á pintura unha folla en branco.Entón a pintura comezou a colorear e eran tan bonitos os debuxos que facía a folla sentirse feliz e mesmo colaboraba coa pintura para que a enchese de pintadas agradables.Fixéronse moi amigas e xa nunca máis se separaron.A folla acabou nun cadro sobre a mesa do neno e a pintura deitadiña ao seu carón.

Gabriel .3º

O PEGAMENTO E A CARTOLINA

Érase unha vez un pegamento novo que nunca se usaba e unha cartolina moi vella porque se empregaba sempre.O pegamento estaba triste e a cartolina vivía ao seu aire.Un día de primavera o pegamento e a cartolina encontráronse:-Ola,como te chamas?-Chámome cartolina.E ti?-Pegamento...Queres ser a miña amiga?-Vale¡Os dous tiveron a idea de facer algo xuntos para non aburrirse e entón decidiron facer un mural dedicado a primavera xa que é unha das estacións que máis colorido ten .A cartolina chamou as outras cartolinas e o pegamento procurou a axuda da súa amiga a tesoira .Entre todos escomenzaron a facer o mural o cal encheron de cor.A tesoira empezou a recortar nas cartolinas de cores moitas flores,moitas árbores,paxaros facendo os seus niños,un sol brillante acompañado de nubes que empezaron a saltar,gotiñas pequenas de choiva dando lugar despois a un fermoso arco da vella...Tocoulle o turno ao pegamento para pegar todos os recortes no gran mural.Cando acabaron e viron o traballo que fixeran.Quedaron moi ledos porque todos os nenos ían ver o gran mural da primavera.Xa non estaba aburrido o pegamento porque agora en adiante ía traballar xunto coas cartolinas para facer novas cousas para os nenos.

Sara Afonso.3º

30 Trinta

Page 31: FARRAPOS Nº 13

D. Francisco Rodríguez Fernández Alcalde de Ourense

Estimado Señor Alcalde: Eu, Sofiya Bereza, alumna do 6 E. P. do colexio de Vistahermosa, queríalle agradecer por non podar as árbores de moreira próximas ao noso colexio. Con este xesto puidemos alimentar aos nosos vermes da seda que tanto nos gustan. Deste xeito pódese decir que tivemos a despensa na casa para dar de comer aos nosos bichiños, sen ter que desprazarnos a outros lugares. Estou neste colexio só desde o comenzo do curso, pois eu son de procedencia ucraina. O curso anterior fixeno no Salesianos de Guadalaxara, e alí, non tiñamos por costume escribirlle cartas ao noso Alcalde.

Moitas grazas Sofiya Bereza

Escr

ibím

oslle

ao S

r.

Alc

alde

.6º

curs

o

31 Trinta e unha

Page 32: FARRAPOS Nº 13

4º de Infantil

5º de Infantil

6º de Infantil

1º de Primaria

2º de Primaria

3º de Primaria

4º de Primaria

5º de Primaria6º de Primaria

Profesorado

rAp end

em os

een

s ina

mo

s

xun- tos

32 Trinta e dúas 33 Trinta e tres

Foto

s: J

. R

am

ón A

raujo

, conse

rxe d

o C

ole

xio

Page 33: FARRAPOS Nº 13

34 Trinta e catro

Page 34: FARRAPOS Nº 13

35 Trinta e cinco

Page 35: FARRAPOS Nº 13

36 Trinta e seis

Page 36: FARRAPOS Nº 13

37 Trinta e sete

Page 37: FARRAPOS Nº 13

38 Trinta e oito

Page 38: FARRAPOS Nº 13

Ficha dun libro porAntonio Bouzo Blanco.

39 Trinta e nove

Page 39: FARRAPOS Nº 13

40 Corenta

Page 40: FARRAPOS Nº 13

41 Corenta e unha

Page 41: FARRAPOS Nº 13

"COLES DE BRUXELAS CON CASTAÑAS"

INGREDIENTES:

Coles de Bruxelas, auga, sal, castañas, manteiga, mel, caldo de verduras, noz moscada relada.

PREPARACIÓN.

Poñer a ferver a auga con sal. Botar as coles de Bruxelas e deixalas a ferver tapadas unhos vinte minutos.Poñer a auga coas castañas e deixalas ferver outros vinte minutos.

Escoar as coles de Bruxelas e as castañas peladas. Quentar a manteiga con mel removendo constantemente e engadir as castañas.

Botar o caldo das verduras sobre as castañas , engadir as coles, a sal e a noz moscada, deixalo dez minutos e.... Rico, Rico.

Autor: Marcos Vila Ferreiro de 5º de EP

Receitas de cociña

42 Corenta e dúas

Page 42: FARRAPOS Nº 13

43 Corenta e tres

Page 43: FARRAPOS Nº 13

Receita aportada pola nai de Vera, de 5º de Infantil

44 Corenta e catro

Page 44: FARRAPOS Nº 13

45 Corenta e cinco

Page 45: FARRAPOS Nº 13

46 Corenta e seis

Page 46: FARRAPOS Nº 13

47 Corenta e sete

Page 47: FARRAPOS Nº 13

48 Corenta e oito

Page 48: FARRAPOS Nº 13

49 Corenta e e nove

Page 49: FARRAPOS Nº 13

50 Cincuenta

Page 50: FARRAPOS Nº 13

Nazaret, 6º curso

51 Cincuenta e unha

Page 51: FARRAPOS Nº 13

Característicase forma de vida.

52 Cincuenta e dúas

Page 52: FARRAPOS Nº 13

53 Cincuenta e tres

Page 53: FARRAPOS Nº 13

Alimentación

54 Cincuenta e catro

Page 54: FARRAPOS Nº 13

O lobo e a xente

55 Cincuenta e cinco

Page 55: FARRAPOS Nº 13

56 Cincuenta e seis

Page 56: FARRAPOS Nº 13

57 Cincuenta e sete

Page 57: FARRAPOS Nº 13

Foxo do loboPerto da aldea de Pigarzosno concello da Lama (Pontevedra)

Obtivemos as informacións de:-Documental “Viviendo con lobos” da National Geographic. Tróuxonolo a nosa compañeira Sandra.-Galipedia. Enciclopedia galega na internet.-Outras páxinas da internet.Letra de : Daniel, Hugo, Rebeca e Álvaro. Debuxos de varios nenos e nenas. Fotos do mestre.

58 Cincuenta e oito

Page 58: FARRAPOS Nº 13

HISTORIA DE LOBOSUn día o meu avó foi ver unhadas súas leiras e atopouse cunha loba e dous lobiños. O can do meu avó, Rex, asustouse moito e marcho correndo para a nosa casa. O meu avó volveu rapidamente á cas a buscarme para ensinarme a loba e os seus lobiños, pero cando chegamos á leira a loba e os seus lobiños xa non estaban e polo tanto eu non os vin.Á mañá seguinte fomos moi cedo para ver se estaban alí pero xa non estaban.Thalía, 1º curso.

HISTORIA DO LOBO

Fai moitos anos, cando os nenos eran pequenos, despois de saír da escola, non ían ao parque; senón que tiñan que ir cos animais para o monte.Pois un día, a miña avoa de Entrimo, ao saír da escola, foi coma sempre gardar as ovella. Estaba coma todos os nenos, xogando cando viu que as ovella ían correndo espantadas e o lobo no medio delas.A miña avoa colleu tanto medo que perdeu a fala e non se daba movido mentres o lobo lle colleu un año e escapou con el na boca. Isto era moi a miúdo no pobo, pois o lobo collía todo o que podía (pitas, porcos, ovellas, burros...) e incluso, se vía unha persoa soa de noite, tamén a quería atacar.

Sara, 1º curso.

A MANDA DE LOBOS EN REBORDECHAO.

Nunha aldea chamada Rebordechao, situada nas montañas de Ourense, vivía unha manda de lobos. Todos os seus veciños estaban abraiados e atemorizados porque estaban fartos dos ataques e danos ao seu gado. Chegaron incluso a non saír das súas casas e deixar o gando nas granxas durante todo o inverno.Todo o mundo se preguntaba por que a señora Consuelo e o seu fillo Manoliño saían ao monte e nunca tiñan medo. A razón era que Manoliño unha tarde encontrou un lobeto perdido e el púxose a xogar coma se fose o seu cadeliño; entón fixéronse moi amigos. Co paso do tempo o neno tamén se xuntou coa manda e estes nunca máis volveron.

Sandra, 1º curso. 59 Cincuenta e nove

Page 59: FARRAPOS Nº 13

COOPERATIVA "COSE QUE TE COSE"

Durante este curso os nenos e nenas de 5º de E.P continuamos facendo a cooperativa "Cose que te Cose". Engadimos novos productos: fundas para gardar móbiles, fundas para gardar gafas modificadas e modernizadas, broches de bufos, coleteiros, pousa vasos….Veunos a visitar Raquel, que é a coordinadora

d e V a l n a l o n , a r e c o r d a r n o s c o m o tiñamos que continuar coa cooperativa para que tivese rendemento.Para que a cooperativa funcione ben, fomos á S u b d e l e g a c i ó n d o Goberno para que nos deran o NIF (Número de Identificación fiscal).Ta m é n f o m o s a o Concel lo, onde nos

recibiu o Alcalde na Sala de Plenos para entregarnos o permiso de venta para o día 27 de maio na Alameda.O día da venda foi moi emocionante. Estivo

bo tempo e tiñamos una carpa na parte de abaixo da Alameda. Vendemos case todo o que tiñamos exposto. Tivemos moito éxito.Como resumo destes dous anos de cooperativa, podemos dicir, en xeral, que foi unha experiencia moi positiva e moi bonita, aprendemos m o i t a s c o u s a s relacionadas coa vida laboral. Pode ser, que nun futuro, algún de nós, forme

unha cooperativa ou unha empresa para dar traballo a moita xente

5º curso de E.P.

60 Sesenta

Page 60: FARRAPOS Nº 13

61 Sesenta e unha

Page 61: FARRAPOS Nº 13

62 Sesenta e dúas

Page 62: FARRAPOS Nº 13

63 Sesenta e tres

Page 63: FARRAPOS Nº 13

O mellor presente neste aniversario:

o galego, unha lingua viva!