sandiás (nº 19)

12
Con fondos propios, ou en colaboración coas outras Administracións públicas (Xunta de Gali- cia, Goberno de España e Deputación Provincial), o Concello acometeu durante o ano 2009 obras para mellorar servizos en moitos núcleos. Case tódolos anos hai eleccións, pero neste 2009 foi por partida doble. Primeiro, o 1 de marzo, para elexir os deputados no Parlamento Galego. Des- pois, o 7 de xuño, para os eurodeputados. En ambas citas, en Sandiás gañou o Partido Popular. Sandiás é un concello apegado ás súas tradi- cións. Comprobámolo nas distintas festas parro- quiais na honra dos seus patróns, e tamén en romarías centenarias, como as dúas celebra- cións do San Bieito da Uceira. Obras importantes e necesarias Doble cita electoral Terra de tradicións Número 19 Boletín de información municipal Inverno 2009/10 correo electrónico: [email protected]

Upload: xf-sandias

Post on 07-Apr-2016

240 views

Category:

Documents


3 download

DESCRIPTION

Boletín de Información Municipal con novas do Concello de Sandiás (Ourense) (Inverno 2009/2010)

TRANSCRIPT

Page 1: Sandiás (Nº 19)

Con fondos propios, ou en colaboración coasoutras Administracións públicas (Xunta de Gali-cia, Goberno de España e Deputación Provincial),o Concello acometeu durante o ano 2009 obraspara mellorar servizos en moitos núcleos.

Case tódolos anos hai eleccións, pero neste 2009foi por partida doble. Primeiro, o 1 de marzo, paraelexir os deputados no Parlamento Galego. Des-pois, o 7 de xuño, para os eurodeputados. Enambas citas, en Sandiás gañou o Partido Popular.

Sandiás é un concello apegado ás súas tradi-cións. Comprobámolo nas distintas festas parro-quiais na honra dos seus patróns, e tamén enromarías centenarias, como as dúas celebra-cións do San Bieito da Uceira.

Obras importantes e necesarias Doble cita electoral Terra de tradicións

Número 19 Boletín de información municipal Inverno 2009/10

www.sand ias . es

correo electrónico: [email protected]

Page 2: Sandiás (Nº 19)

Edi tor ia l

Na procura de políticas medioambientais sostibles e razoables

Páxina 2

Inmersos en plena crise económica, cando temoseiquí xa a ameaza da gripe A, mentres seguimosdiscutindo sobre os estatutos de autonomía e omodelo de Estado, falamos da defensa dos nososmariñeiros en augas internacionais, asombrámo-nos sobre os planos do Goberno co proxectoda economía sostible... semella quepoucas cousas máis lles inte-resan ós cidadáns. Ounon? Hai outro aspec-to a salientar, dentrodo actual climapolítico no que"todo vale, contal de desgastaró adversario"que non debe-mos deixar pasardesapercibido. Adeclaración dunhaimportante zona de ALimia, que afecta ámaior parte dos concellos dachaira, como zona de especialprotección das aves. Sen comelo, nenbebelo, estes inocentes bichiños foron os protago-nistas dun ácedo e acalorado debate entre os dis-tintos grupos políticos, sementando a preocupa-ción e a desconfianza entre boa parte dos nososagricultores.

Agora, unha vez confirmado o proxecto, semellaque todo volve á súa normalidade, pero tamén éverdade que xa pasaron as eleccións. E o asuntoresolveuse como cabía agardar: de xeito sosegado easumindo que ó tratarse dunha directiva da Unión

Europea, é de obrigado cumprimento. Pero,tal vez, por ahí tiñamos que ter

empezado. Informando ósagricultores, gandeiros e

cazadores dos pros econtras que a medi-

da pode ter sobre ariqueza faunísti-ca desta zona,algo que nosafecta directa-mente en San-

diás, polas im-portantes poboa-

cións de aves quetemos nas lagoas das

areeiras e que serven dereclamo a escolares e aman-

tes da natureza, en xeral. Unhavez solucionado este pequeno conflicto,

cabe agardar que as medidas proteccionistas nonperxudiquen a ninguén e que sirvan para pór asbases dunha política medioambiental sostible,como demandan os veciños e veciñas do nosomunicipio.

Os servizos públicos e as obras, prioridade orzamentaria

Orzamento

824.569,93 euros

*En porcentaxe. Datos de 2009.

O Concello de Sandiás contou noano 2009 cun orzamento algosuperior ós 824 mil euros. Os capí-tulos de gastos máis importantesforon os de personal e de benscorrentes e servizos, con 263.427e 247.700 €, respectivamente.Outros capítulos destacados degastos son tamén os de investi-mentos reais (22,7%) e transferen-cias correntes (12,6%), mentresque a gastos financeiros e pasivosfinanceiros destínanse cantidadesmoito máis reducidas.

As principais aportacións ásarcas municipais corresponderon óEstado e á Xunta de Galicia a tra-vés das transferencias correntes,que supuxeron máis do 53% dosingresos totais en 2009 (440.334euros).

Ademais do esforzo inversor, oConcello traballou nestes últimosanos para manter un baixo nivel deendebedamento e que non reper-cuta negativamente no funciona-mento da institución municipal decara ó futuro. ■

Page 3: Sandiás (Nº 19)

Páxina 3

A Televisión Dixital Terrestre (TDT) xa está eiquíA Televisión Dixital Terrestre (TDT) está xa prácticamen-te implantada na totalidade do concello de Sandiás. Nes-tes últimos meses, o Goberno municipal colaborou coMinisterio de Industria e a Xunta de Galicia para a insta-lación da infraestrutura necesaria que suple ás antigasantenas da televisión analóxica. Sandiás, pola súa favo-rable configuración orográfica para a difusión das ondaselectromagnéticas que chegan dos reemisores de MonteMeda, presentou menos dificultades que outras zonas.

Pero aínda así, a alcaldesa, Mª Concepción Méndez,agarda que a incidencia sexa mínima e que o sinal dixi-tal da televisión chegue en óptimas condicións a tódolosfogares do noso municipio. O chamado “apagón analóxi-co” terá lugar o vindeiro mes de abril. Os veciños que,pese a instalación dos novos reemisores, non reciban aTDT, ó ter os seus domicilios en zonas de sombra (conmala ou nula recepción), poderán solicitar antenas paracaptar o sinal vía satélite. ■

Recibíu a colexios, universitarios, ecoloxistas, asociacións e curiosos, en xeral

Preto de mil persoas visitaron a Casa da Lagoadende a súa inauguración, en xuño de 2008

A Casa da Lagoasupón unha aproxi-mación ó ecosiste-ma de A Limia que

perdurou durantemillóns de anos,

que se quere dar acoñecer e pór en

valor por mediodeste centro.

Boa parte dos visi-tantes procedeude centros deensino público detoda Galicia.Tamén asociaciónsculturais e veci-ñais quixeroncoñecer o centrode interpretación.

Concebida como centro de interpretaciónda Lagoa de Antela e da recuperaciónmedioambiental, a Casa da Lagoa está acumplir sobradamente este obxectivo,como o amosa o cómputo de visitantes:dende o mes de xuño de 2008, máis de800 persoas (sen contar os veciños quea vistaron nas xornadas de portas aber-tas) achegáronse ata estas instalacións e

interesáronse polo pasado, presente efuturo do noso concello e da comarca deA Limia. Hai que destacar a visita denumerosos centros de ensino de todaGalicia, aproveitando o carácter didácticoda exposición e o posterior percorridopola zona das areeiras. Pero tamén depúblico adulto que, pola súa conta ou enviaxes organizadas, quixo coñecer de

preto o que foi, durante millóns de anos,o maior humidal do Norte de España.

Este ano tamén culminou o proxectoda Casa da Cultura, grazas á colaboraciónda Deputación de Ourense, quen conce-deu unha axuda de 11.000 euros paracompletar o equipamento do edificio.Esta cantidade destinouse á adquisicióndo mobiliario. ■

Page 4: Sandiás (Nº 19)

Páxina 4

O Fondo de Inversión Local axudoua acometer varios proxectos

O Fondo de Inversión Local para o Em-prego contribuíu, durante o ano 2009, adesenvolver varios proxectos importantespara o noso municipio e a fomentar a con-tratación laboral de persoas que estaban ins-critas nas oficinas do INEM, xa que este eraun dos obxectivos do programa xestionadopolo Ministerio para as Administracións Pú-blicas, en colaboración co propio Concellode Sandiás.

Á hora de establecer as actuacións máisurxentes, dentro da limitación orzamentariaque tivo Sandiás (269.907 euros), o Gober-no municipal elaborou unha serie de pro-xectos que foron aprobados en pleno.

As obras, xa realizadas, consistiron naampliación e renovación das redes de abas-tecemento, saneamento e beirarrúas na zonaantiga de Sandiás e na parte do pobo coascanalizacións máis deterioradas (199.907euros); a pavimentación con adoquín notramo que quedou pendente do Obradoirode Emprego (40.000 euros) e a mellora dapista polideportiva a carón do colexio públi-co e das gradas, á que se destina unha parti-da orzamentaria de 30.000 euros, dentro doFondo Estatal de Inversión Local. ■

“As distintas Administracións públicas deben colaborar á hora de avanzar en novos programas de promoción do emprego”

As obras incluídas no Fondo de Inversión Local para o Empregoforon promovidas polo Concello de Sandiás e financiadas poloMinisterio de Administracións Públicas do Goberno de Espa-ña. A súa finalidade foi o estímulo da economía e a creación deemprego coa contratación de persoas inscritas previamente nasoficinas do INEM.

Tempo de iniciativasen infraestruturas,novos servizos ecreación de empregoO Plan Español para o Estímulo da Eco-nomía e o Emprego supuxo para Sandiása execución de importantes proxectosdemandados polo Goberno municipal eos propios veciños e veciñas. Ao mesmotempo, realízanse outras obras igual-mente importantes en colaboración coaXunta de Galicia e a Deputación Pro-vincial de Ourense.

Empedrado do Casco Vello de Sandiás

Acondicionamento da aira da Casa da Cultura

Page 5: Sandiás (Nº 19)

Páxina 5

n colaborar á hora de avanzar en novos programas de promoción do emprego”

Convenio coa Xunta no entorno da Casa da CulturaUn convenio entre o Concello de Sandiás e a Consellería deMedio Ambiente, Territorio e Infraestruturas da Xunta de Gali-cia permitíu o investimento de 34.418 euros en diversas mello-ras no entorno da Casa da Cultura. Agora, con fondos FEDERestase realizando a adecuación do parque público do centrosociocultural, cunha partida de 31.250 euros.

Reforma do camiño de Vilariño a SandiásEn convenio coa Consellería de Medio Rural investíronse51.754 euros na mellora e reforma dun camiño que comunicaVilariño e Sandiás. Para o vindeiro ano está previsto executar oproxecto de abastecemento e saneamento nunha parte dopobo de Corga.

A Deputación impulsa a implantación da banda anchaSandiás vaise beneficiar do proxecto impulsado pola Deputa-ción Provincial de Ourense para a extensión da banda ancha a51 concellos das comarcas de A Limia, Monterrei, O Carballiño,O Ribeiro, Valdeorras e Viana. Para elo vaise empregar a tecno-

loxía WIMAX, cun custe de 2.415.000 euros, financiado ó 70%pola Unión Europea. Agárdase que estea instalado antes de queremate o ano 2010.

Mellora da seguridade vial entre Couso e SandiásO Fondo Estatal para o Emprego e a Sostenibilidade Local de2010 investirá en Sandiás 161.945 euros. O Concello ten pre-visto destinar esta cantidade á instalación da Administraciónelectrónica e a dous proxectos de mellora da seguridade vial,entre Couso e Sandiás, e na zona de Piñeira de Arcos. Pretén-dese establecer redes de conexións peonís nestas zonas, querexistran a cotío un elevado número de persoas camiñando.

Novos velorios en Piñeira de Arcos e Couso de LimiaA través dos Planos Provinciais, nos que colaboran o Concellode Sandiás e a Deputación de Ourense, vaise acometer enbreve a construción do velorio de Piñeira, en dependencias daantiga escola. No Plan de 2010 vaise incluir o velorio de Couso,aproveitando as vellas instalacións escolares. A Deputacióntamén contribuíu en Sandiás ás obras de reforma do tellado nacapela de Santa Mariña.

Mª Concepción Méndez Gándara, alcaldesa

A renovación dasredes hidráulicasera necesaria,tendo en conta odeterioro e as fil-tracións de augaque tiñan as anti-gas canalizacións.Agora, quedaresolto este proble-ma na capitalidademunicipal de San-diás durante osvindeiros anos.

Pista polideportiva

A alcaldesa, no novo mobiliarioda Casa da Cultura

Parque público no centro sociocultural

Page 6: Sandiás (Nº 19)

Páxina 6

1979-2009: trinta anos de Corporacións democráticas en SandiásHai agora trinta anos, en plena transición, producíase unfito importante: o día 3 de abril de 1979 celebrábanse asprimeiras eleccións municipais trala reinstauración daDemocracia en España. Os veciños e veciñas de San-diás viviron aquel momento de xeito especial, sobre todo

con moita curiosidade, expectativas e dúbidas, en mediodun contexto social moi politizado a tódolos niveis. Ago-ra, mirando cara atrás, podemos comprobar o que supu-xo para o municipio: uns niveis de progreso nunca aca-dados antes e unha mellora da calidade de vida.

3 de abril de 1979. Tal día, hai xa trinta anos, producíase,en plena transición, un fito importante: celebrábanse asprimeiras eleccións municipais trala reinstauración daDemocracia. Os veciños eveciñas de Sandiás, comolembran os de máis idade,vivimos de xeito especial,sobre todo con moita cu-riosidade e expectativas,en medio dun contexto so-cial moi politizado, aque-les primeiros comicios lo-cais despois de case catrodécadas de dictadura.

A primeira alcaldesa foiMª Concepción MéndezGándara, na que os cida-dáns de Sandiás renova-ron a súa confianza nassucesivas eleccións munici-pais que se produciron dende entón. A nosa rexedoramunicipal é unha das máis veteranas de toda Galicia,sendo obxecto do recoñecemento que lle brindaron a

Deputación, a Xunta de Galicia maila FEGAMP.Pero non podemos esquecernos de tódolos homes e

mulleres que nese período nos representaron na Corpo-ración, baixo as distintas si-

glas políticas, tentandosempre buscar o mellorpara os nosos pobos e paraas persoas que eiquí desen-volvemos a nosa vida.Foron 30 anos de progreso,con moitas iniciativaspara dotar ó municipio denovas infraestruturas (es-tradas, abastecementos,redes de sumidoiros,...) ede mellorar os servizos detitularidade municipal.Aínda así, debemos seguirtraballando para acadar

novas cotas de progreso,benestar e modernidade. Unha tarefa que compete, nonsó ós nosos gobernantes, senón a todos e cada ún dosveciños e veciñas deste fermoso concello.

Corporación 1979-1983Mª Concepción Méndez GándaraFrancisco Fernández QuintasFrancisco Barja DomarcoMaría Losada SantiagoManuel Fernández MoralesRudesindo García TeijeiroAlfonso Manso DalamaJuan Blanco RodríguezAntonio Gómez GómezCamilo de Dios FernándezMario Feijóo FernándezCorporación 1983-1987Mª Concepción Méndez GándaraAbelardo Carballo BobilloGumersindo Gómez NietoFrancisco Fernández BlancoManuel Dorado LosadaJosé Losada CidAntonio Gómez GómezManuel Sergio Suárez GrandeAvelino Pérez Gándara

Mario Feijóo FernándezÁngel Morán SantanaCorporación 1987-1991Mª Concepción Méndez GándaraAbelardo Carballo BobilloFrancisco Fernández BlancoFelesinda Fernández BlancoJavier Mª Cabrera GómezRosa María Seara SearaJesús Pérez EnríquezJosé Manuel Gómez GómezEligio Santana GómezGumersindo Gómez NietoMario Feijóo FernándezCorporación 1991-1995Mª Concepción Méndez GándaraFrancisco Fernández BlancoJavier Mª Cabrera GómezJesús Pérez EnríquezJosé Teijeiro FernándezOrentino Blanco MansoMª Encarnación Feijóo Dios

Manuel Sergio Suárez GrandeJosé Manuel Gómez GómezAntonio Peña PérezCarlos Barxa DapozaCorporación 1995-1999Mª Concepción Méndez GándaraFrancisco Fernández BlancoJavier Mª Cabrera GómezJosé Teijeiro FernándezManuel Santana VázquezMª Carmen Cid FeijóoJosé Manuel Gómez GómezAntonio Peña PérezCarlos Barxa DapozaCorporación 1999-2003Mª Concepción Méndez GándaraJavier Mª Cabrera GómezManuel Vázquez SantanaJosé Teijeiro FernándezSerafín Quintas LorenzoMarisol Rodríguez FidalgoJosé Manuel Gómez Gómez

Antonio Peña PérezManuel Traveso SantanaCorporación 2003-2007Mª Concepción Méndez GándaraJavier Mª Cabrera GómezManuel Vázquez SantanaJosé Teijeiro FernándezSerafín Quintas GonzálezMª del Carmen Feijóo SeguínJosé Manuel Quintas LorenzoJavier Fernández GómezAlberto Manso MansoCorporación 2007-2011Mª Concepción Méndez GándaraMª Jesús Teijeiro MoránJosé Francisco Santana DovalMª Luisa González TeixeiraMª del Carmen Feijóo SeguínJuan Manuel Quintas LorenzoJavier Fernández GómezJosé Manuel Cid MenorJosé Javier Fernández Lamas

Concelleiros 1979/2009

Page 7: Sandiás (Nº 19)

Páxina 7

Mª Concepción Méndez Gándara, alcaldesa:

“Cando cheguei á alcaldía estaba todo por facer e, pouco a pouco, entretodos, fomos acadándo obras e servizos en tódolos pobos do concello”Mª Concepción Méndez preside aCorporación Municipal de Sandiásdende o ano 1979. Tres décadasclave para entender o que é hoxeeste fermoso e moderno concellode A Limia.P.- Lembra como foi a súa entradana política?Concepción.- Cando se convoca-ron as primeiras eleccións munici-pais democráticas, no 79, a xentede UCD tiña a candidatura feita,pero estaban buscando alguén quea encabezase. Dirixíronse a min,aínda que non tiña experiencia, e,despois de non poucas dúbidas,decidínme a dar o paso adiante, coapoio do meu entorno familiar e dexeito especial da miña tía Irene. P.- Como foron aquelas primeiraseleccións do ano 1979?Concepción.- Eu tiña dúas dificul-tades: unha, que había catro candidaturas,e outra, que a muller naquel tempo non seconsideraba adecuada para cargos que ataese momento sempre foran de homes,salvo excepcións, polo que tiña as miñasdúbidas en sair elexida.P.- E, que sucedeu despois?Concepción.- Eu tiña a miña praza de mes-tra en San Cristovo de Medeiros, do conce-llo de Monterrei, e ó pasar un tempo deestar como alcaldesa, pedín en comisión deservizos o colexio Rosalía de Castro deXinzo, que me permitía estar máis cerca epoder atender o Concello. Despois dalgúnsanos, por concurso, pedín a praza definitivaneste colexio de Xinzo.P.- Como funcionaba daquela o Concello?Concepción.- Con moitas máis dificultadesque hoxe. A Casa Consistorial estaba dividi-da en dúas partes: unha para as dependen-cias administrativas, e o resto do edificioera para a vivenda do secretario. A parteadministrativa era moi limitada e non reuníaas condicións adecuadas para desenvolvero traballo dos poucos que estabamos nesemomento: o secretario, unha auxiliar e unalguacil, e a alcaldesa, que non podía ninutilizar o despacho, xa que se empregaba

como arquivo, xa que non había outro sitiopara gardar os papeis.P.- Cal era a súa maior preocupación candoaccedeu á Alcaldía?Concepción.- Todo, porque o pouco quehabía estaba en malas condicións. As nece-sidades nos pobos, en xeral, eran extremas.A maioría non tiña accesos, ou estaban enmal estado, sobre todo no inverno ou candochovía. Moita xente en Sandiás para ir ámisa tiña que ir saltando de pedra en pedra.Os únicos pobos que tiñan abastecementoeran Piñeira, Corga e parte de Santa Ana,porque se fixeran na época de don LuisOtero con material aportado polo GobernoCivil e a man de obra dos propios veciños.P.- Que destacaría como logros máis impor-tantes nestas tres décadas?Concepción.- O que máis pedían nos poboseran os accesos e o alumeado público.Pouco a pouco, foron facéndose obras entódolos núcleos, de infraestruturas viarias,dotación do abastecemento e saneamento,iluminación, telefonía, etc. E a nivel global,mellorouse moito a Administración local ese introduciron servizos que hoxe son con-siderados como básicos. Falo dos servizossociais ou da recollida de lixo, por exemplo.

Non podemos esquecer comoobras importantes o novo colexio,o centro de saúde, o albergue deperegrinos, a ampliación da Casado Concello, a Casa da Lagoa, aCasa da Cultura, o Centro Socio-cultural e o Punto de AtenciónInfantil (PAI). E hai que lembrar asampliacións que se realizaron naCasa Consistorial: a primeira, naparte administrativa, que se vacioue se fixo de novo; a segunda,engadíndolle o que era a casa dosecretario, coa realización do salónde plenos e o salón social, entreoutros; e a terceira, co aumento dasuperficie do edificio, onde se rea-lizou a nova biblioteca e os novosdespachos do Concello.P.- Hai algún aspecto negativonestes trinta anos?Concepción.- O peor é a perda de

poboación que sofrimos, como os demaisconcellos do interior. Pero lamentarse nonsirve de nada, polo que temos que centrar-nos en axudar á xente do municipio que oprecisa, sobre todo a de máis idade. Poreso, os novos programas de servizossociais, como a axuda a domicilio, e o pro-xecto dunha Residencia están encamiñadosnesa dirección.P.- E agora, que queda pendente?Concepción.- Sempre hai cousas que facere sempre hai veciños demandando que semelloren os servizos públicos. Pero Sandiásnecesita tamén diversificar a súa economía.É verdade que somos un pobo eminente-mente agrario, pero non debemos desapro-veitar a oportunidade de contar con soloindustrial, con boas comunicacións e cercado enlace da autovía, para favorecer oasentamento de industrias e a creación deemprego para os máis novos. Pero hai al-gúns, poucos, que parece que non queren oprogreso de Sandiás e poñen todas as tra-bas para que esto non avance. É unha lásti-ma, porque o progreso acádase coa unión etraballando todos na mesma dirección.Aínda así, son optimista e penso seguir loi-tando para conseguir ese obxectivo. ■

Despois de trinta anos como alcaldesa, MªConcepción Méndez considera que se avan-zou moito, a tódolos niveis, pero, tamén, quesempre hai cousas novas que facer paramellorar o nivel de vida dos veciños”.

Page 8: Sandiás (Nº 19)

Páxina 8

Acadou un respaldo maioritario nas eleccións europeas e autonómicas

Éxito do Partido Popular en Sandiás na doble cita electoral de 2009Non houbo sorpresas o día 1de marzo, e os veciños e veci-ñas de Sandiás deron un apoiomaioritario á candidatura doPP, que tiña como cabeza delista pola provincia de Ourensea Mª Carmen Pardo, e candi-dato á presidencia da Xunta deGalicia, ó tamén ourensánAlberto Núñez Feijóo.

Se na provincia de Ouren-se o PP acadou o 49,02% dosvotos, ese respaldo superou o52% no noso municipio. Unsresultados agardados, tendoen conta as eleccións xeraisdo ano 2008, cando os "popu-lares" acadaran unha notableavantaxe sobre socialistas enacionalistas. Nos comiciosautonómicos, o PSdeG-PSOEfoi a segunda forza máis vota-da, pero a considerable dis-tancia, con algo máis do 31%do apoio cidadán. O BNG, quetamén se vira superado polossocialistas nas eleccións xe-rais, nesta ocasión recibíu tansó 153 votos.

Os deputados electos polanosa circunscripción electoralforon: Mª Carmen Pardo, Ro-sendo Fernández, EnriqueNovoa, Cristina Romero, JoséManuel Baltar, Antonio Rodrí-guez Miranda e Miguel ÁngelSantalices, polo PP; ManuelVázquez, Laura Seara, PabloLópez Vidal, Mª CarmenAcuña e María Quintas, poloPSdeG-PSOE; e Alfredo Suá-rez Canal e Tareixa Paz, poloBNG.

A alcaldesa de Sandiás,Mª Concepción Méndez Gán-dara, expresou a súa satisfac-ción: “Sempre confiei no apoiodos nosos veciños a un Go-berno forte, apostando polamaioría absoluta do PP, sa-bendo que é a mellor opciónnestes tempos de crise”. Ta-mén se amosou confiada enque a nova Xunta de Galicia“será positiva para Sandiás,tendo en conta que temosproxectos en marcha que ne-cesitan ese respaldo”. ■

P G-PSOEDE

Número de votantes: 1.125 (censo: 1.350)Participación: 83,78% (abstención: 16,22%)Votos nulos ou en branco: 12. Outros: 14.O índice de participación en Sandiás foi moisuperior a media rexistrada na provincia de Ou-rense (75,54%).

591591

355355

153153

52,552,5

31,531,5

13,613,6

Forzapolítica

Númerode votos %

Eleccións autonómicas 2009

O apoio ó Partido Popular volveu repetirse en Sandiásnas eleccións ó Parlamento Europeo do pasado 7 dexuño. Os “populares” case duplicaron o número de votosdas demais forzas políticas e contribuiron á victoria dacandidatura encabezada por Jaime Mayor Oreja. ■

Completado o Obradoiro, o Concello de Sandiás segue xestionandomáis iniciativas de fomento do emprego entre a poboación activaO Obradoiro de Emprego "O Castro" com-pletouse co acto de entrega dos diplomasós 30 alumnos e alumnas, nun acto presidi-do por dirixentes da Consellería de Traballoe a alcaldesa do noso concello. ConcepciónMéndez agradeceu o esforzo de tódolosparticipantes "nunha iniciativa municipalmoi importante, sobre todo nestes temposde dificultades para acceder a un posto detraballo". Tamén considerou que se cumpli-ron os obxectivos trazados no proxecto ini-cial, tanto de formación dos alumnos enalbanelería, restauración de áreas degrada-das e cantería, como na realización deobras que quedan para o disfrute dos veci-ños e veciñas en distintas zonas do munici-pio. Os principais traballos centráronse noacondicionamento de zonas verdes e áreasrecreativas, na reforma de antigas escolase de lavadoiros, o empedrado da Vía daPrata e na mellora do entorno de igrexas ou

capelas. Concepción Méndez manifestoua intención do Goberno municipal de se-guir xestionando máis iniciativas de crea-ción de emprego. ■

A restauración de antigas escolas, fon-tes e lavadoiros foi un dos laboresimportantes do anterior Obradoiro.

O proxecto permitíu recuperar espazospúblicos e preparar persoal cualificadoen varias especialidades.

Page 9: Sandiás (Nº 19)

Páxina 9

As clases de ximnasia de mantemento que organi-za o Concello no colexio público, tódolos martes exoves, seguen a gozar dunha boa aceptación porparte, sobre todo, de moitas mulleres preocupadaspor manterse en forma. Eiquí fan exercicios básicose adaptados ás súas idades. Tamén está a ter granéxito o curso de modistas que se celebra os lúns naplanta baixa da Casa da Cultura de Sandiás. Deinterese foi o ciclo de charlas sobre a reciclaxe e osbos costumes medioambientais, nos que hai queincluir o uso racional da auga, protagonista doutraxeira de charlas divulgativas.

Castañas, chourizos, viño e unha

charanga. Os ingredientes perfec-

tos para disfrutar dun bo magosto,

como o que organizou, un ano máis,

o Concello de Sandiás nunha carpa

na pista polideportiva do colexio.

Veciños de tódolos pobos participa-

ron nesta celebración herdada dos

nosos devanceiros e que serve para

renovar cada ano os lazos de amiza-

de e boa veciñanza. Novos e maio-

res disfrutaron por igual desta festa

municipal plenamente consolidada.

A Coral e a Rondalla de Sandiás son ben coñeci-das polo seu bo facer musical. Ao longo do anoactuaron en celebracións festivas e relixiosas nosdistintos pobos e son habituais no Festival deNadal e Aninovo que se celebra no colexio, e noque tamén colabora o Concello de Sandiás. Asactuacións conxuntas serven para unir a dúas xera-cións de veciños e veciñas por medio da música.

O Entroido é outra tradición que permaneceviva no espírito do noso pobo, grazas ó esforzode moitos veciños, do Concello de Sandiás e docolexio público (na imaxe, Concepción Mén-dez cos alumnos máis novos). Nos últimosanos, incluso, foise revitalizando con desfilesen Xinzo e no noso municipio. Semella que acontinuidade de cara ó futuro está garantida.

Mulleres preocupadaspola súa saúde

A tradición musical,tamén no Nadal Os máis novos

conservan o Entroido

O outono, tempo demagostos

Page 10: Sandiás (Nº 19)

Páxina 10

A campaña de vacinación antigripaltranscorreu con total normalidade

A finais de verán a preocupación demoitos veciños pola gripe A era eviden-te, provocada, sobre todo, polas alar-mantes noticias que aparecían, un díasi e outro tamén, nos distintos mediosde comunicación. A maioría déuseconta de que esa alarma era infundadadespois de consultar ó persoal faculta-tivo do Centro de Saúde. Deste xeito, acampaña de vacinación contra a gripeestacional transcorreu con normalida-de, cunha afluencia semellante á deanos anteriores.

E o mesmo aconteceu, a partires do16 de novembro, coa campaña da va-cinación fronte á gripe A , que está diri-xida, preferentemente, ós traballos decentros sanitarios, de residencias a ter-ceira idade e de centros de atención aenfermos crónicos. Tamén se aconse-lla ás persoas de máis de seis mesesde idade con doenzas crónicas ou ane-mias, pacientes con inmunosupresión,obesidade mórbida, e menores deidade que reciban tratamento prolon-gado con ácido acetilsalicílico. ■

A campaña de vacinación contraa gripe estacional e antineumocó-

cica comezou o 28 de setembro, e ada gripe A, o 16 de novembro.

Estiveron dirixidas, sobre todo, áspersoas maiores de 65 anos ou con

patoloxías que entrañan risco depadecer a enfermidade.

O novo Plan Leaderestará operativo ata

o ano 2013

O 16 de novembro comezaron as vacinas da gripe A

O concello de Sandiás formaparte dun novo Plan Leader, queestará operativo ata 2013, con-xuntamente cos concellos dacomarca de A Limia. Trátasedunha iniciativa promovida polaUnión Europea e que será xes-tionada a través da AxenciaGalega de DesenvolvementoRural (AGADER). Pero da súaactuación directa vaise encar-gar o Grupo de Desenvolvemen-to Rural, no que están repre-sentados ós diferentes esta-mentos políticos, económicos esociais dos concellos que ointegran: de feito, “tódalas enti-dades públicas ou privadas quedesenvolvan a súa actividadenas áreas territoriais definidasdo ámbito económico, social,cultural, veciñal, medioambien-tal, profesional, comunidadesde montes etc”.

Sandiás lembrou na Casa da Culturaos 50 anos da desecación da Lagoa de Antela

O Concello xestiona

a construción dunha

residencia para

persoas maiores

O Concello de Sandiás iniciou as xes-tións para construir unha pequena resi-dencia na que atender ás persoasmaiores que o desexen e o necesiten.A alcaldesa, Concepción Méndez, reu-níuse en Santiago coa conselleira deTraballo e Benestar, Beatriz Mato, paratratar de levar adiante ese proxecto,en terreos contemplados dentro doPlan Xeral de Ordenación Municipal. Aproposta que lle levou a alcaldesa épara unha pequena residencia, parafacilitar ós veciños estar cerca dassúas casas e dos seus familiares eamigos. Esta iniciativa municipal estáagora en estudo por parte da Xunta deGalicia. ■

Prestixiosos historiadores, como Jesús de Juana, Delfín Caseiro ou Xulio Prada,participaron na Casa da Cultura nunhas “Xornadas sobre a Lagoa de Antela”, coin-cidindo cos 50 anos da desecación das 30.000 hectáreas deste humidal. O públi-co asistente puido coñecer de primeira man a importancia que tivo a Lagoa e deque xeito influíu na transformación agropecuaria da nosa comarca. Como quedoude manifesto, a Lagoa pervive aínda na memoria persoal dos veciños de máis idadee nas lendas vencelladas á raiña de Portugal Inés de Castro, a rá de ouro chamada"Brullón", os mouros encantados e o paso do exército do rei Arturo, entre outras.

Page 11: Sandiás (Nº 19)

Páxina 11

A alcaldesa de Sandiás, María Concep-ción Méndez, que presidíu o xantar con-xuntamente co delegado Territorial daXunta en Ourense, Rogelio Martínez,agradeceu a presencia das persoas queparticiparon nesta Festa do Maior e lem-brou ós veciños que non puideron asistir.Referíuse ós nosos maiores “como omellor exemplo de esforzo para progresarna vida, pero tamén de honestidade, nosque todos debemos mirarnos, xa que a elestamén debemos, en boa parte, o progresoque experimentou o concello de Sandiásnas últimas décadas”. Rogelio Martíneztamén reiterou, como representante doGoberno galego, a gratitude polo traballodesenvolvido durante moitos anos e felici-tou ós que agora poden disfrutar dunhafeliz xubilación. A esta cita asistiron veci-ños e veciñas de tódolos pobos.

O Concello de Sandiás organizou opasado 18 de outubro a primeira edi-ción da Festa dos Maiores. Preto de300 persoas reuníronse para disfru-tar dunha agradable xornada de con-vivencia. Antes do xantar, o párrocode Sandiás, don Manuel Fernández,celebrou unha misa para tódolosmaiores que quixeron asistir. Eiquínos acompañou o titular da Deputa-ción, José Luis Baltar, quen saudou atódalas persoas á saída da celebra-ción, aínda que tivo que ausentarsedo xantar por motivos persoais.

Page 12: Sandiás (Nº 19)

Edita: Concello de Sandiás - Imprime: RODI Artes Gráficas S.L. - Dep. Legal: OU-227/97

Sandiás é coñecido a nivel do Estado español grazas á retransmisión televisivadas carreiras de cabalos. O hipódromo reuníu ao longo da tempada a moitos dosmellores cabalos e monturas deste deporte, cun ambiente excepcional nas gra-das. Un dos momentos máis emotivos foi a celebración do Gran Premio Con-cello de Sandiás, entregado pola alcaldesa á propietaria do cabalo gañador.

San Bieito da Uceira volveu ser, o 13

de abril e o 12 de xullo, o principal

centro de peregrinación relixiosa da

comarca de A Limia. Milleiros de

persoas visitaron o santuario de

Sandiás para expresar a devocación

a este santo milagreiro e para disfru-

tar do ambiente festivo, especial-

mente no verán, e de reencontro de

moitos veciños e visitantes.