sandiás (nº 21)

12
O orzamento municipal de 2013 dá prioridade aos servizos básicos. Novas infraestruturas serven para reformar a rede viaria local. Deputación e Concello, na campaña de compostaxe doméstica. O Concello xestiona a ampliación do Punto de Atención á Infancia. A cubrición da cancha polide- portiva foi, coa mellora das pistas da concentración par- celaria, unha das obras máis importantes. Goberno de Es- paña, Xunta e Concello cola- boraron neste proxecto. Sandiás forma parte da Rede de Concellos Sostibles, pro- movida pola Deputación de Ourense. Diversas iniciativas implicarán a tódolos cidadáns para contribuir á mellora do noso entorno natural. Éxito deportivo na IV Torre do Castro, unha das carreiras populares máis importantes da nosa comarca. Atletas de tó- dalas idades competiron en varias distancias. A proba absoluta foi para o atleta cor- dobés Álvaro de la Fuente. Número 21 Boletín de información municipal Verán 2013 correo electrónico: [email protected]

Upload: xf-sandias

Post on 07-Apr-2016

250 views

Category:

Documents


8 download

DESCRIPTION

Boletín de Información Municipal con novas do Concello de Sandiás (Ourense) (Verán 2013)

TRANSCRIPT

Page 1: Sandiás (Nº 21)

◆ O orzamento municipal de 2013 dá prioridade aos servizos básicos.

◆ Novas infraestruturas serven para reformar a rede viaria local.

◆ Deputación e Concello, na campaña de compostaxe doméstica.

◆ O Concello xestiona a ampliación do Punto de Atención á Infancia.

A cubrición da cancha polide-portiva foi, coa mellora daspistas da concentración par-celaria, unha das obras máisimportantes. Goberno de Es-paña, Xunta e Concello cola-boraron neste proxecto.

Sandiás forma parte da Redede Concellos Sostibles, pro-movida pola Deputación deOurense. Diversas iniciativasimplicarán a tódolos cidadánspara contribuir á mellora donoso entorno natural.

Éxito deportivo na IV Torre doCastro, unha das carreiraspopulares máis importantes danosa comarca. Atletas de tó-dalas idades competiron envarias distancias. A probaabsoluta foi para o atleta cor-dobés Álvaro de la Fuente.

Obras necesarias

Un futuro sostible

Concello deportivo

www.sand ias . es

Número 21 Boletín de información municipal Verán 2013

correo electrónico: [email protected]

Page 2: Sandiás (Nº 21)

A Corporación Municipal de Sandiás consolidou para 2013 un orzamento no que teñen especial prota-gonismo as obras para mellorar servizos e as iniciativas de apoio ás persoas máis necesitadas.

O Concello de Sandiás dispón en2013 dun orzamento de case 800 mileuros. Os capítulos de investimentosreais, bens correntes e servizos,transferencias correntes e de persoalvolven ser os máis relevantes, polasúa cuantía económica.

No estado de ingresos, as maioresaportacións ás arcas municipaiscorresponderon ás transferenciascorrentes e de capital, aos impostosdirectos e indirectos, e ás taxas, pre-zos públicos e outros ingresos. Man-ter o equilibrio financeiro é o principalobxectivo do Goberno Municipal,para ter as contas públicas ben sane-adas e cumprir co obxectivo domenor déficit posible.

ESTADO DE GASTOS (Ano 2013) € ESTADO DE INGRESOS (Ano 2013) €

Gastos de persoal 319.271,49 Impostos directos 178.017,56

Bens correntes e servizos 255.103,22 Impostos indirectos 8.000,00

Gastos financeiros 11.000,00 Taxas e outros ingresos 127.523,18

Transferencias correntes 116.800,00 Transferencias correntes 454.465,34

Investimentos reais 79.657,84 Ingresos patrimoniais 300,00

Transferencias de capital 0,00 Enaxenación de investim. 0,00

Activos financeiros 0,00 Transferencias de capital 31.319,55

Pasivos financeiros 17.793,08 Pasivos financeiros 0,00

TOTAL GASTOS 799.625,63 TOTAL INGRESOS 799.625,63

Ante as dificultades, hai que aplicarsecon entrega, dilixencia e imaxinación,pensando en que, tarde ou temprano,poderán solventarse entre todos. Esasdeben ser tamén algunhas das liñas deactuación das Administracións públicas,como é o caso do noso Concello, a pesardos axustes orzamentarios. Compreagora priorizar obxectivos, tentando con-servar e, dentro do posible, potenciaraqueles servizos que inciden directamen-te nunha mellor calidade de vida dosnosos veciños e veciñas.

Pero os recursos do Concello de Sandiás son limitados e precisa dacolaboración do Goberno Central, da Xunta de Galicia, da Deputación eda colaboración con outros concellos da comarca de A Limia paracubrir obxectivos en servizos e infraestruturas públicas. Ese bo enten-demento plasmouse nestes últimos meses na execución de obrasimportantes para o noso municipio, na boa xestión dos ServizosSociais, máis necesarios agora que nunca, pola dificultade que atrave-san algunhas familias, e nas políticas activas de emprego.

Sandiás nº 21 Editorial

Páxina 2

Visita a Sandiás do delegado territorial

da Xunta de Galicia e do xefe provincial

da Consellería de Traballo e Benestar

Sesión plenaria da Corporación municipal

Page 3: Sandiás (Nº 21)

Páxina 3

Desenvolvemento de novos proxectos medioambientais

Xunta e Concello colaboran na zona das areeirasA alcaldesa de Sandiás,

María Concepción Méndez Gán-dara, reuníuse co conselleiro deMedio Ambiente, Territorio eInfraestruturas, Agustín Hernán-dez, para tratar algúns asuntosdeste departamento autonómi-co que afectan ao noso munici-pio. Nesta xuntanza, celebradana Delegación Territorial daXunta en Ourense, a rexedoramunicipal solicitoulle axudaeconómica para facer fronte álimpeza da zona na que estánubicadas as areeiras. MéndezGándara explicoulle ao conse-lleiro de Medio Ambiente aimposibilidade de que a Admi-nistración local afronte en soli-tario os gastos desta actuación,por mor da súa extensión, cifra-da en 6 millóns de metroscadrados. A zona das areeiras,incluída na Rede Natural, é unhazona de especial proteción dasaves acuáticas, que empreganestas lagoas como lugar de nidi-ficación ou de escala nas súasrutas migratorias.

Agustín Hernández compro-

meteu o apoio da Xunta deGalicia aos distintos proxectosde mellora medioambientalque se levan a cabo nestaparte do concello de Sandiás eque se irán concretando nospróximos meses.

O Centro de Interpretacióndas Areeiras da Limia acolleuen febreiro o Día Mundial dosHumidais, organizado polaConsellería de Medio Ambien-te. A actividade, dirixida aosalumnos do ciclo de XestiónForestal e do Medio Natural doIES Cidade de Antioquía,incluíu unha explicación doPlan de Recuperación levado acabo nas areeiras de Sandiás,impartida polos técnicos doServizo Provincial da DirecciónXeral de Conservación daNatureza de Ourense. Os parti-cipantes tamén realizaronunha visita guiada á ZEPA(Zona Especial de Protecciónde Aves), onde levaron a cabounha actividade de observa-ción das distintas especiesasentadas nesta zona.

A inclusión de Sandiás na"Rede de Concellos Sosti-bles", promovida pola Depu-tación, supón un esforzo aprol da mellora do nosomedio ambiente, que implicapor igual a tódolos cidadáns,conscientes da repercusiónque ten na súa calidade devida. O Concello segue a darpasos importantes, promo-vendo políticas de reciclaxe ecompostaxe doméstica, etraballando para a rexenera-ción das lagoas das areeiras,convertidas na principal re-serva de aves acuáticas daprovincia de Ourense.

A colaboración entre o Concello de Sandiás e a Xunta de Gali-cia pode continuar cun novo Obradoiro de Emprego, que estápendente de confirmación por parte da Consellería de Traba-llo e Benestar, e no que tamén participarían os concellos deTrasmiras e Sarreaus (na imaxe superior, unha xuntanza daalcaldesa de Sandiás cos alcaldes destes dous municipioslimiaos). Os tres concellos forman tamén un consorcio paracompartir maquinaria, sobre todo para desbroces e conserva-ción do alumeado público, e para solicitar diferentes subven-cións para fomento do emprego e mellora dos servizos públi-cos municipais.

Solicitado outro Obradoiro

Concepción Méndez e Agustín Hernández, conselleiro de Medio Ambiente

Concepción Méndez, Emilio Pazos e Gumersindo Lamas

Page 4: Sandiás (Nº 21)

Páxina 4

A Consellería de Medio Rural e do Marda Xunta acometeu nos últimos meses asobras contempladas no Programa Estraté-xico de Infraestruturas de Medio Rural(coñecido tamén como PEIM Rural), porimporte de 44.056 euros. Esta aportaciónpermitíu acondicionar cinco tramos de pis-tas na zona da concentración parcelaria:no cruce de Cardeita (700 metros); de ACorga a Cardeita (1 quilómetro); de ALavandeira ao Cinturón da Veiga (outroquilómetro); de O Tesiño ao Cinturón daVeiga (2 qms); e na zona do centro ecues-tre de Antela (1,5 qms). Trátase dunhazona que rexistra o paso habitual demaquinaria agrícola de gran porte, co lóxi-co desgaste, ao que houbo que engadir asadversas condicións climatolóxicas quereinaron durante o inverno e a primavera.

Estes traballos de conservación e rexe-neración da capa de rodadura das pistasvai continuar, a través dun convenio decolaboración coa Deputación Provincial deOurense, que inclúe tamén a reparaciónde estradas e camiños asfaltados. As bri-gadas de Cooperación do organismo pro-vincial encargarase da pistas da concen-tración parcelaria, e as de Vías e Obras,farán o propio nas que xa están pavimen-tadas. Este convenio prevé que o Concellode Sandiás se faga cargo dos gastos dematerial, aportando a Deputación o perso-al e a maquinaria das súas brigadas.

A colaboración da Deputación continua-rá cos Planos Provinciais, que destinaránuns 40.000 euros aos traballos de empe-drado, mellora estética e de servizos noentorno da Casa do Concello de Sandiás.

Tamén está previsto, en colaboración coInstituto Enerxético de Galicia (INEGA)acometer un plan de aforro enerxético coasubstitución das lámpadas do alumeadona N-525, entre o Concello e a canle daLagoa, por outras de maior eficiencia emenor consumo. ■

A prioridade, neste intre, a nivel de infraestruturas básicas no concellode Sandiás é a mellora da rede de estradas, pistas e camiños. Algunhasdas actuacións máis importantes que se acometeron nos últimos mesesincidiron neste obxectivo, coa renovación de viais de uso agrícola , senesquecer outras obras para mellorar servizos públicos.

Medio Rural da Xunta

de Galicia participou na

rexeneración de varias

pistas na zona da

concentración parcelaria

Cruce de Cardeita

A Corga-Cardeita

O Tesiño-Cinturón da Veiga

A Lavandeira-Cinturón da Veiga

Zona do hipódromo

Page 5: Sandiás (Nº 21)

Páxina 5

A Deputación achega a banda ancha aos fogares de Sandiás

A Deputación Provincial de Ourense fixo posible coa postaen marcha da rede de banda ancha que case cen fogares deSandiás poidan disfrutar na actualidade de conexión a Inter-net para a transmisión de voz e datos. O novo servizo está aser demandado, principalmente, por familias xóvenes ou demediana idade, con fillos en idade escolar, ou ben por perso-as que acoden normalmente os fins de semana ao noso con-cello. Desta maneira acádase o obxectivo inicial do proxecto,

que era o de achegar Internet ao rural coa finalidade de for-mar, informar e entreter.

A implantación desta rede de banda ancha (Wimax), quexestiona a empresa Iberbanda, enmárcase nos proxectos"Terras do Avia", "Delorur" e "Arraiano", financiados medianteaxudas FEDER para desenvolvemento local e urbano, e estásendo xestionada polo Negociado de Desenvolvemento Locale Recursos Europeos da Deputación de Ourense.

A Deputación de Ourense instalou sinais epaneis informativos na ruta das Torres daLimia. A do Castro de Sandiás inclúe datoshistóricos, en castelán e galego, a hipoté-tica reconstrución antes da revolta Irman-diña, as áreas de intervisibilidade dastorres, etc. Foi un proxecto cofinanciadocon fondos FEDER da Unión Europea.

A Deputación Provincial, o Concello de Sandiás e o Plan Leader Galicia (AGADER) colabo-raron no proxecto de cubrición da pista polideportiva, no recinto do colexio público. Oinvestimento foi de 179.547,07 euros: a Deputación aportou 96.000 euros, o Concello24.205,24 e o Plan Leader 14.835,46, en 2012, e outros 44.506,37, no exercicio de 2013.Agora, rapaces e maiores poden practicar deporte durante todo o ano.

Cubrición da pista deportiva

Page 6: Sandiás (Nº 21)

Páxina 6

Ao igual que acontecera nas eleccións municipais exerais, o Partido Popular reafirmou a súa hexemonía enSandiás nos comicios autonómicos. A lista do PP, queencabezou Jesús Vázquez Abad, achegouse ao 60 porcento dos votos en case tódalas mesas electorais (en con-xunto, acadou o 56,9%), a considerable distancia dasoutras forzas políticas: o PSdeG-PSOE quedou no27,98%; o BNG foi a terceira candidatura máis votada,co 6%, mentres que a Alternativa Galega de Esquerdasde Xosé Manuel Beiras tivo que conformarse en Sandiáscon pouco máis do 3%.

Apoio maioritario ao PP e a Núñez Feijóo

Ampliación do Punto de Atención á Infancia

O Concello xestiona a ampliación das instalaciónsdo Punto de Atención á Infancia (PAI), coa finalida-de de atender a máis nenos/as e aínda en mellorescondicións. A capacidade inicial do PAI de Sandiásera de 20 prazas, pero quedaron reducidas a 15 coacondicionamento do dormitorio. Agora, trabállasepara acadar unha ampliación que permita dispor denovo das 20 prazas, e satisfacer a demanda de máisfamilias que están en lista de espera.

O Observatorio Económico Ourensán, promovido polaDeputación de Ourense, reflicte que a comarca da Limiadestaca pola súa "resistencia á crise" e que é "unha dascabeceiras comarcais que conserva máis afiliados áSeguridade Social". As conclusións máis destacadas doinforme reflicten que, a diferenza do que está a aconte-cer no conxunto da provincia, na comarca da Limia nonse recrudeceu a crise económica no último ano. Osefectos téñense suavizado desde finais de 2011, des-pois de ser unha das comarcas ourensás máis golpea-das pola crise durante os tres primeiros anos (2008/11).

P G-PSOEDE

511511

246246

5454

56,956,9

27,927,9

6,16,1

anova 3333 3,73,7

Forza política Votos 2012 Porcentaxe

Resultados en Sandiás

Observatorio Económico de A Limia

Page 7: Sandiás (Nº 21)

Páxina 7

A pesar das dificultades económicas, que repercuten negativa-

mente no orzamento municipal, Sandiás figura entre os concellos

da provincia de Ourense cun alto nivel de investimentos en obras

e servizos. A alcaldesa, Mª Concepción Méndez, asegura que

"temos en marcha varios proxectos, sempre coa finalidade de que

os nosos veciños e veciñas melloren a súa calidade de vida". A

mellora das infraestruturas viarias e dos espazos públicos son

obxectivos importantes, o mesmo que os servizos sociais, "máis

importantes que nunca neste intre -segundo a rexedora municipal-

buscando solución aos problemas que nos plantexan os cidadáns

nunha situación máis desfavorable".

P.- ¿Cal é a situación actual do Concello de Sandiás?

Mª Concepción.- Tódolos concellos teñen dificultades, e Sandiás

non é menos. Pero hai que dicir que estamos nunha boa disposición

para afrontar con optimismo os retos do futuro, grazas, en boa

medida, á boa xestión económica desenvolvida nos últimos anos.

Pero temos que establecer prioridades, tanto a nivel de infraetrutu-

ras básicas, como as estradas, pistas e camiños, abastecementos e

redes de sumidoiros e, por outra, os de carácter social. E, tamén, a

nivel social, prestando axuda ás persoas e familias que están sofrin-

do a crise con maior impacto.

P.- ¿Qué destacaría da xestión municipal no último ano?

Mª Concepción.- O obxectivo segue sendo o mesmo, é dicir, que

tódolos veciños e veciñas dispoñan de servizos acordes cos tempos

que nos tocan vivir, tentando mellorar a calidade de vida dos cida-

dáns de Sandiás. Fíxose un gran esforzo nos programas de carácter

social, pero tamén destacaría os proxectos para manter en bo estado

a rede viaria, a cuberta da pista polideportiva do centro escolar e as

iniciativas de colaboración intermunicipal con Trasmiras e Sarreaus.

P.- ... e ¿para o 2013?

Mª Concepción.- Seguimos coa mellora dos espazos públicos, da

reforma de estradas e pistas, e ao longo do ano deberá facerse rea-

lidade o proxecto de ampliación do Punto de Atención Infantil, un

servizo demandado polas parellas máis novas. Hai que seguir

potenciando os programas de atención aos nosos maiores, ás

mulleres e á infancia, e dando unha resposta axeitada ás peticións

que nos formulan os veciños e veciñas dos distintos núcleos de

Sandiás.

"Como Administración máis próxi-ma aos cidadáns, o Concello deSandiás está para resolver os pro-blemas que xurden a cotío e queson da súa competencia. Comoexemplos recentes temos o velo-rio de Couso, que se completou envarias fases; a mellora do abaste-cemento a Coalloso, na que seinvestiron máis de nove mil euros,e o proxecto de eficiencia enerxé-tica, na travesía de Sandiás aPiñeira, con máis de 42 mil. Apreocupación para atender, orien-tar e asesorar aos veciños e veci-ñas que buscan unha oportunidadelaboral e, tamén, ás familias queteñen problemas para atender assúas necesidades básicas, foisempre unha prioridade e, agora,aínda máis".

Mª Concepción Méndez Gándara,alcaldesa:

"A crise obríganos a redoblar

esforzos para que tódolos

cidadáns dispoñan

de mellores servizos"

Entrevista

Page 8: Sandiás (Nº 21)

Páxina 8

“Os programas lúdicos e culturais serven para dinamizar a vida social e mellorar a convivencia no municipio”

Ademais das actividades para nenos/as ao abeiro do programa de coo-peración, o Concello de Sandiás e a Deputación colaboran na organi-zación de programas dirixidos á poboación máis nova. “Lecer norural” e a visita do Educamóbil, con acceso ás novas tecnoloxías dainformación, son dous exemplos habituais destes últimos anos.

O Concello promoveuactos socioculturaise dinamizadorespara tódolos cidadáns

Madurez activa

Os programas de avellentamento activoimplican, para as persoas de máis idade,unha serie de actividades encamiñadas amellorar a súa condición física e mental.Estes foron tamén os obxectivos das acti-vidades socioculturais promovidas poloConcello de Sandiás. A nivel mental, pro-cúrase reactivar a memoria, con imaxes,contos ou historias da mocidade dos par-ticipantes. Para a estimulación física orga-nizáronse clases adaptadas á súa condi-ción física e se promoveron os parquesbiosaudables ao ár libre, con aparellos sin-xelos de usar e moi efectivos para mello-rar a saúde corporal, sempre que se utili-cen de forma correcta.

Convivir actuandoO Concello de Sandiás organizou activi-

dades socioculturais para persoas maio-res, a través dos programas de coopera-ción e fomento do emprego financiadospola Xunta de Galicia e o Fondo SocialEuropeo. Unha parte importante dosactos celebráronse en Piñeira, con exerci-cio físico e mental, fomento da socializa-ción, talleres de memoria, xogos de pala-bras, refráns e adiviñas, e dinámicas degrupo, con xogos de mesa e recollida deinformación, etc. Houbo tamén proxeccióndun vídeo sobre temas medioambientaise a visita á Casa da Lagoa.

Un verán divertidoDurante case dous meses, os máis

novos participaron en actividades especí-ficas para o período vacacional, tratandode conxugar o lecer, os xogos e a apren-dizaxe. Para eles organizáronse talleresde reciclaxe, obradoiros, charlas de sensi-bilización medioambiental, manualidadese xogos deportivos, de axilidade mental,relaxación, expresión corporal ou motiva-ción, entre outros.

Curso universitarioA Casa da Cultura de Sandiás acollerá

a finais de setembro un Curso de Exten-sión Universitaria que levará por título"Valoras o teu patrimonio?". A Universida-de de Vigo (Campus de Ourense) quereprofundizar entre os alumnos/as partici-pantes nos modelos de xestión patrimo-nial, abordando as estratexias de postaen valor, difusión e divulgación destariqueza histórica e arquitectónica. Duran-te varios días, Bande, Allariz e Sandiásconvertiránse en espazos senlleiros paraa reflexión do patrimonio da provincia deOurense.

Actividades para a mocidade

Parque biosaudablepara persoas maiores

Page 9: Sandiás (Nº 21)

Páxina 9

en para dinamizar a vida social e mellorar a convivencia no municipio”Mª Concepción Méndez Gándara, alcaldesa

O Concello organizou en Couso, Piñeira eSandiás charlas sobre o Plan para a preven-ción e mellora da seguridade dos nososmaiores. Os consellos de varios especialis-tas en Seguridade Cidadá da Garda Civilforon atendidos por numerosos veciños eveciñas. Os expertos explicaron algúns dostimos máis comúns e dos trucos queempregan os delincuentes para enganar apersoas maiores ou confiadas, e a forma deevitalos. Tamén se pretende fomentar aconfianza dos maiores nas forzas e corposde seguridade.

Aprendendo a protexernos

SandiásPiñeira

Couso

A Casa da Cultura de Sandiás é un importante centro de dinami-zación ao longo de todo o ano. Obras de teatro, como "Antía,Wamba e o regato pequeno", a cargo da compañía “A Tropa deTrapo”, fomentaron entre os nosos rapaces valores universaiscomo a solidariedade, a través da historia dunha nena galega edun mozo africano que vende de todo no top manta para podersobrevivir.

A Casa da Cultura acolleu tamén a Xornada Comunicate (naimaxe), dirixida ao mozos/as menores de 30 anos, técnicoslocais, animadores xuvenís, asociacións, grupos informais sobrecomunicación, etc., para aprender a transmitir e a comunicarsecon eficacia. Tamén, durante os meses do inverno, o Telecentroservíu para impartir un curso de Internet para persoas maioresinteresadas nas novas tecnoloxías da información.

Charlas da

Garda Civil

Teatro infantil Novas tecnoloxías

Page 10: Sandiás (Nº 21)

Páxina 10

A reciclaxe, unha

forma de respetar o noso medio ambiente

O progreso, unido á conservación donoso medio ambiente, implica por

igual ás distintas Administracións eaos propios cidadáns. O Concello de

Sandiás desenvolve programas defomento da reciclaxe, como unha

forma máis de respeto pola nature-za. Para favorecer unha maior parti-

cipación dos veciños e veciñas,organizouse unha viaxe ao complexo

medioambiental de Sogama, paracoñecer de primeira mán o procesode reciclaxe que alí se leva a cabo.

Cada vez son máis as persoas sensibilizadas coa reciclaxe.Aínda así, o Concello promove charlas divulgativas no colexioe nos distintos pobos. Os máis novos son conscientes da nece-sidade de "separar para reciclar" e os maiores van, pouco apouco, contribuindo a que Sandiás sexa un concello exemplar

nas prácticas medioambientais, cun xesto tan sinxelo comodepositar os desperdicios nos diferentes contedores. Nestesúltimos anos, o Concello realizou un importante esforzo demellora na recollida do lixo en tódolos pobos e na sensibiliza-ción dos nosos veciños e veciñas.

Visita ao complexo de SOGAMA, en Cerceda (A Coruña), centro de trata-

mento e selección de resíduos de Galicia

Sandiás, na “Rede de Municipios cara á Sostibilidade”Sandiás figura entre os 22 primei-ros concellos da provincia deOurense integrados na "Rede deMunicipios cara a Sostibilidade",promovido dende a DeputaciónProvincial. A alcaldesa, María Con-cepción Méndez, asinou co presi-dente provincial, Manuel Baltar, ochamado "Pacto dos alcaldes",baseado na Carta de Aalborg, queten como obxectivo promover ini-ciativas para levar a cabo "compor-tamentos ambientais exemplares" ecumprir a Axenda 21. Desta manei-ra, Sandiás e os outros concellosadheridos á rede comprométense acooperar en políticas medioambien-

tais, optimizar gastos en consumoenerxético e xestión de auga e deresíduos, e impulsar a xestión inte-gral do desenvolvemento económi-co, social e cultural, sempre da mandunha "cooperación sostible".

A "Rede ourensá de municipioscara á sostibilidade" agrupa aos con-cellos da provincia que avogan polodesenvolvemento sostible. É o puntode encontro para a realización deaccións comúns e o intercambio deinformación e experiencias, propi-ciando un espazo para a reflexión eo diálogo aberto entre representan-tes da administración, técnicos ecidadáns da provincia de Ourense.

A finalidade tamén é coñecer oscondicionantes, problemas e poten-cialidades da provincia a través dadiagnose do territorio, o que permi-tirá establecer accións de desenvol-vemento económico, cohesión so-cial e eficiencia ambiental.

Este proxecto consta de dúasfases: unha primeira "Etapa provin-cial-intermunicipal" que abrangueos vindeiros dous anos e que pre-tende sentar as bases para com-partir e optimizar recursos e levar acabo proxectos intermunicipais. Eunha "Etapa local", na que se reali-zarán as "Axendas 21 locais" dosconcellos adscritos á Rede. ■

× Charlas sobre reciclaxeÚ

Page 11: Sandiás (Nº 21)

P/1

1

A Torre do Castro é un símbolo de Sandiás e daLimia. Serve tamén agora como portada do libro“Patrimonio Cultural da Alta Limia”, promovidopola Xunta e financiado pola Fundación Barrié.

A Rondalla do Concello de Sandiás segue a ser un dos principais expoñentes datradición musical no noso municipio. Dende hai varios anos participa en celebra-cións festivas no centro escolar e nos diferentes eventos lúdicos e culturais que seorganizan ao longo do ano nos diferentes pobos de Sandiás. Xa é clásica a súaactuación na festividade de Reis. A Casa da Cultura acolleu a bo número de veci-ños e visitantes para disfrutar do seu amplo e coidado repertorio.

O magosto é unha boa excusa para reunirnos cos veciños eamigos e disfrutar dunha tarde de outono no recinto esco-lar con boa música e produtos da terra, na que non fallan ascastañas. O Concello de Sandiás encárgase da organiza-ción, xunto cos veciños e veciñas voluntarios que participanno asado de carne e chourizos e na elaboración da xa tradi-cional queimada.

A Carreira Popular "Torre do Castro" é xa unimportante acontecemento deportivo na comar-ca de A Limia. Na cuarta edición desta proba,que organizan o Concello de Sandiás e a Agru-pación Deportiva Limiactiva, participaron máisde 200 atletas de toda Galicia. Houbo varias pro-bas por categorías: a dos "pitufos", de 350metros; a escolar, de 2.000; e a carreira absolu-ta, de 7.900 metros, incluíndo a dura subida aSan Bieito da Uceira.

A IV Torre do Castro tivo carácter solidario. Da cuota de inscriciónpara a carreira absoluta (3 euros) destinouse un euro por partici-pante para colaborar na campaña solidaria “Compra un quilóme-tro con Uxía”, unha nena monfortina que naceu sen unha man eá que se lle vai implantar unha articulación robótica.

Page 12: Sandiás (Nº 21)

Edita: Concello de Sandiás - Imprime: RODI Artes Gráficas S.L. - Dep. Legal: OU-227/97

Os devotos do san Bieitoda Uceira renovaron a fe quelle profesan nas dúas citasanuais. A primeira, o Lúns dePascua (1 de abril), na quemoitos atribuiron á interce-sión do santo que se poide-se celebrar a procesión, des-pois de varios días de inten-sas chuvias.

O bo tempo tamén serepetíu o pasado 14 de xullo,cando centos de persoasacudiron a rendillerle cultono máis célebre santuario dacomarca de A Limia. Moitosxa acudiran á novena que secelebrou do 2 ao 10 de xullo,pero para todos o día impor-tante é no que se venera aopatrono.

Xentes de Sandiás e dos concellos próximos, pero tamén do resto da

provinda e da zona portuguesa, renovaron a ofrenda a san Bieito da

Uceira polos favores recibidos, como eficaz avogado das verrugas e

das enfermidades da pel. A principal novidade deste ano foi a visita do

bispo de Ourense, monseñor José Leonardo Lemos Portanet, quen pre-

sidíu a celebración litúrxica.

Como tamén é habitual, houbo vende-dores de exvotos e das tradicionais ros-quillas, que moitos levaron ás súas casascomo lembranza dun día moi especial. Foiunha xornada na que varias xeraciónscumpriron co ritual e a devoción que noslegaron os nosos devanceiros, e que seremonta a varios séculos atrás, xa que haireferencias de que a romaría de san Biei-to xa se celebraba a mediados do XVII.