xaneiro 2016 - cofer · xaneiro 2016 as tres comarcas remataron 2015 cun total de 51.210...

8
Nº 144 Boletín gratuito para os socios de Cofer Xaneiro 2016 Edita: Gabinete de Comunicación de Cofer Cantón 8-9, entrechán 981 33 33 22 Mail: [email protected] Séguenos @COFERferrol @COFERferrol Corte de Arbitraje del Noroeste AMPLIACIÓN DE PRAZOS A Consellería de Economía, Em- prego e Industria ven de ampliar os prazos dalgúns dos seus pro- gramas de incentivos e axudas ás empresas galegas. Trátase de CONECTA PEME, PILOTO FÁBRICA 4.0 e GALICIA EXPOR- TA, entre outros. AXENDA Unha compilación dos eventos e feiras monográficas profesio- nais máis interesantes para o empresario, programados para as vindeiras datas nos princi- pais recintos nacional e inter- nacionais. PROMOCION DA COMARCA O presidente de COFER, e mem- bros do Comité Executivo, des- prazáronse a Madrid para promo- cionar o espazo económico das nosas comarcas, entre empresa- rios afincados na capital. No acto participaron tamén o alcalde de Ferrol, o presidente do porto e a directora da Oficina do Plan Ferrol. DOING BUSINESS Éste é o nome da plataforma colaborativa promovida pola Consellería de Economía, Em- prego e Industria da Xunta de Galicia para, coa participación dos empresarios e autónomos, acadar unha reducción drástica dos procesos burocráticos rela- cionados coa empresa. LEXISLACIÓN As últimas novidades lexislati- vas e convocatorias de axudas que afectan ao empresariado, publicadas nos boletíns oficiais provinciais, autonómicos e es- tatais. ULTIMOS DATOS DA EPA A última Enquisa de Poboación Activa non deixou en Ferrol boas novas polo que respecta ao último trimestre de 2015. O balance do ano deixa unha cifra de 2.900 ocupados menos. Industria e Ser- vizos foron os sectores que rexis- traron as maiores caídas con res- pecto ao ano 2014.

Upload: others

Post on 08-Jul-2020

1 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: Xaneiro 2016 - COFER · Xaneiro 2016 As tres comarcas remataron 2015 cun total de 51.210 traba-lladores de alta, 1.215 máis que un exercicio antes, o que repre-senta un aumento da

Nº 144

Boletín gratuito para os socios de Cofer

Xaneiro 2016

Edita: Gabinete de Comunicación de Cofer Cantón 8-9, entrechán 981 33 33 22 Mail: [email protected]

Séguenos @COFERferrol

@COFERferrol

Corte de Arbitraje del Noroeste

AMPLIACIÓN DE PRAZOS A Consellería de Economía, Em-prego e Industria ven de ampliar os prazos dalgúns dos seus pro-gramas de incentivos e axudas ás empresas galegas. Trátase de CONECTA PEME, PILOTO FÁBRICA 4.0 e GALICIA EXPOR-TA, entre outros.

AXENDA

Unha compilación dos eventos e feiras monográficas profesio-nais máis interesantes para o empresario, programados para as vindeiras datas nos princi-pais recintos nacional e inter-nacionais.

PROMOCION DA COMARCA O presidente de COFER, e mem-bros do Comité Executivo, des-prazáronse a Madrid para promo-cionar o espazo económico das nosas comarcas, entre empresa-rios afincados na capital. No acto participaron tamén o alcalde de Ferrol, o presidente do porto e a directora da Oficina do Plan Ferrol.

S

U

M

A

R

I

O

S

U

M

A

R

I

O

DOING BUSINESS Éste é o nome da plataforma colaborativa promovida pola Consellería de Economía, Em-prego e Industria da Xunta de Galicia para, coa participación dos empresarios e autónomos, acadar unha reducción drástica dos procesos burocráticos rela-cionados coa empresa.

LEXISLACIÓN

As últimas novidades lexislati-vas e convocatorias de axudas que afectan ao empresariado, publicadas nos boletíns oficiais provinciais, autonómicos e es-tatais.

ULTIMOS DATOS DA EPA A última Enquisa de Poboación Activa non deixou en Ferrol boas novas polo que respecta ao último trimestre de 2015. O balance do ano deixa unha cifra de 2.900 ocupados menos. Industria e Ser-vizos foron os sectores que rexis-traron as maiores caídas con res-pecto ao ano 2014.

Page 2: Xaneiro 2016 - COFER · Xaneiro 2016 As tres comarcas remataron 2015 cun total de 51.210 traba-lladores de alta, 1.215 máis que un exercicio antes, o que repre-senta un aumento da

2

Xaneiro 2016

Cofer, en colaboración coa Aso-ciación de Empresarios Galegos en Madrid (Aegama), celebrou na Casa de Galicia na capital un encontro empresarial de promo-ción das tres comarcas que axunta Cofer, ao que asistiron numerosos empresarios mem-bros de ambas as organizacións. O obxectivo foi presentar as oportunidades para a implanta-ción empresarial que ofrecen esas comarcas ao empresariado galego en Madrid, en especial as que se refiren a alicerces bási-cos das súas economías -porto, industria, turismo, estratexias de promoción económica, sector naval e industria enerxética-, os incentivos públicos e as políticas de dinamización económica. Interviñeron no acto o delegado da Xunta de Galicia en Madrid e director da Casa de Galicia, José Ramón Ónega López, o presi-dente da Confederación Empre-sarial de Madrid (Ceim), Juan Pablo Lázaro Montero de Espi-nosa, o alcalde de Ferrol, Jorge Suárez Fernández, o presidente de Aegama, Julio Lage Gonzá-lez, o presidente de Cofer, Cris-tóbal Dobarro Gómez, a directo-ra da Oficina do Plan de Rein-dustrialización de Ferrolterra, Natalia Barros Sánchez, e o pre-sidente da Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao, José Ma-nuel Vilariño Anca. Dobarro achegou detalles sobre a estrutura económica das co-marcas e os sectores e elemen-tos determinantes na súa econo-mía: naval, infraestruturas por-tuarias e loxísticas, enerxías alternativas, turismo e sector gasístico, entre outros.

Segundo o presidente de Cofer, todos eles ofrecen oportunidades para os empresarios. ―Temos todos os elementos e a contorna é a adecuada para investir. Está preparada e nós dispostos a ofre-cervos toda a nosa colaboración para sacar adiante a vosa iniciati-va‖, afirmou. Natalia Barros, pola súa banda, falou dos incentivos económicos que, tanto desde a Administra-ción autonómica como central, ofrécense para a creación e mo-dernización de empresas e o fomento das exportacións na zona. Falou do Plan de Reindus-trialización ou Plan Ferrol que ten como obxectivo ―dotar ás comar-cas de Ferrol, Eume e Ortegal das infraestruturas necesarias para o desenvolvemento e diver-sificación do tecido industrial, para xerar emprego e converxer nos ritmos de crecemento dou-tras zonas de Galicia, mesmo de España‖. A directora da Oficina do Plan Ferrol asegurou que es-tas comarcas ―son unha priorida-

de para a Xunta de Galicia‖ que prevé ―actuacións coordinadas polo Plan Ferrol a través dos programas incardinados na Axenda de Competitividade Industrial de Galicia e actua-cións en colaboración co Minis-terio de Industria‖. Pola súa banda, Vilariño refe-riuse ás instalacións do porto de Ferrol-San Cibrao e fixo unhas reflexións sobre por que Ferrol é unha gran oportunida-de para a loxística marítima internacional das empresas de Madrid. Resaltou que en datos de tráficos do ano 2015 as ci-fras de Ferrol son moi boas e que se espera que pronto poida entrar en servizo a terminal de colectores do porto exterior, operada por FCT , e que o tráfi-co de cruceiros segue crecen-do con moi boas previsións. O acto finalizou ofrecendo aos asistentes un tempo para esta-blecer contactos empresariais e buscar oportunidades de nego-cio (networking).

Promocionamos Ferrolterra como espazo para a inversión empresarial

Page 3: Xaneiro 2016 - COFER · Xaneiro 2016 As tres comarcas remataron 2015 cun total de 51.210 traba-lladores de alta, 1.215 máis que un exercicio antes, o que repre-senta un aumento da

3

A Consellería de Industria crea a plataforma Doing Business en Galicia

Xaneiro 2016

A Consellería de Economía, Emprego e Industria ven de po-ñer en marcha a plataforma co-laborativa Doing Business en Galicia. O obxectivo desta iniciativa e reducir as cargas administrati-vas ás empresas. Para elo preténdese implicar a autóno-mos, empresas e emprendedo-res para que trasladen á admi-nistración autonómica os obstá-culos administrativos que atopen na súa actividade económica e recomenden melloras na regula-ción, facéndoa máis simple e transparente e libre de cargas innecesarias para emprendedo-

AJE pon en marcha os seus talleres para potenciar o emprendemento A Asociación de Jóvenes Empre-sarios de Ferrolterra (AJE) co-mezou xa co seu programa Fe-rrolterra Emprende Xove, de promoción do emprendemento entre os estudiantes de ESO, Bacharelato, Formación Profe-sional e Universidade. Este ano dase un xiro na progra-mación prevista e ofrécense aos centros educativos toda unha batería de obradoiros cos que os alumnos poderán adquirir com-petencias e coñecer as ferra-mentas para o desenvolvemento persoal e laboral. Ao mesmo tempo, impartiranse sesións es-

pecíficas de fomento do emprende-mento que lles permitirán coñecer experiencias empresariais por bo-ca de emprendedores. A programación inclúe un total de sete talleres que se desenvolverán ata o vindeiro mes de maio. Xestión do tempo, dinámicas de grupo, improvisación e comunica-ción, resolución de conflitos, xestión de tempo, plan de empre-sa, campañas de marketing e co-municación, experiencias de em-prendedores e recursos de aseso-ramento para o autoemprego, serán algunhas das materias que se aborden nos vindeiros meses

nos distintos centros educativos adscritos aos talleres. Mediante o programa Emprende Xove preténdense ofrecer ao alum-nado as ferramentas necesarias para inculcarlles a iniciativa em-prendedora. Recurrirase para iso á motivación, á potenciación da crea-tividade e a confianza personal, e á mellora das habilidades sociais e persoais. Ao mesmo tempo, ensinaráselles a resolver conflitos e tomar decisión, traballar en equipo, deseñar un proxecto conxunto e colaborativo e aumentar o sentimento de perten-za.

res e empresas, motivo polo cal a Consellería convida ao tecido empresa-rial a facer as súas propias aportacións de propostas de regulamentación nesta web:

http://ceei.xunta.gal/doingbusiness

Page 4: Xaneiro 2016 - COFER · Xaneiro 2016 As tres comarcas remataron 2015 cun total de 51.210 traba-lladores de alta, 1.215 máis que un exercicio antes, o que repre-senta un aumento da

4

Xaneiro 2016

As tres comarcas remataron 2015 cun total de 51.210 traba-lladores de alta, 1.215 máis que un exercicio antes, o que repre-senta un aumento da afiliación do 2,43%. É o rexime xeral o que absorve a maior parte das altas, con 36.506 inscritos en Ferrolterra, Eume e Ortegal. No sector dos autónomos rexistráronse 42 altas máis que no ano 2014, chegando á cifra de 11.659, mentres os traballadores do agro sumaron dúas altas máis, chegando aos 263. Pola contra, o mar experimen-tou un descenso no número de afiliacións á seguridade social. Foron Narón e Fene os conce-llos que experimentaron un cre-

As afiliacións á S.S. subiron lixeiramente nas comarcas

Baixa a poboación ocupada en 2.900 persoas

A Enquisa de Poboación Activa do último trimestre de 2105, balance de todo o ano, non deixou boas novas en Ferrol. As cifras aportadas polo infor-me público revelan que mentres no conxunto do país e da comu-nidade apréciase unha certa reactivación do mercado de trabajo, a nosa cidade segue a rexistrar os peores índices das sete cidades galegas. As cifras de poboación ocupada do último trimestre de 2015 indican que, con respecto ao pasado ano, a poboación ocu-pada baixou en 2.900 persoas, pasando dos 22.300 emprega-dos a 19.400. A industria, cunha perda de 1.500 postos de traballo, e os

servizos, cunha caída de 1.400 empregos, sufriron a peor parte, deste descenso de ocupación, segundo apuntan os datos aporta-dos pola EPA. Mentres a constru-ción rexistrou un pequeno repun-te, aumentando en 100 o numero

A EPA do último trimestre do 2015 non deixou boas novas en Ferrol

cemento maior, con 719 e 565 novos inscritos, respectivamente, segundo os informes da Seguridade Social. Ferrol, con 120 e As Pontes, con 73 novas afiliacións. sitúanse a moita distancia das dúas primeiras.

de persoas ocupadas. O desem-prego segue medrando, pasando de 7.000 a 7.500 parados sendo o colectivo dos homes o que rexis-tra a maior porcentaxe, A poboa-ción activa perde 2.700 varóns e gaña 300 mulleres.

Page 5: Xaneiro 2016 - COFER · Xaneiro 2016 As tres comarcas remataron 2015 cun total de 51.210 traba-lladores de alta, 1.215 máis que un exercicio antes, o que repre-senta un aumento da

5

Xaneiro 2016

Nova regulamentación das baixas laborais Co comezo do mes de decem-bro entrou en vigor o Real De-creto 625/2014 de 18 de xullo que regula os procesos de inca-pacidade laboral durante o pri-meiro ano de duración. A principal novidade é que a partires de agora os médicos de urxencias poderán tamén dar unha baixa sen esperar a que o traballador acuda ao seu médi-co de familia ao día seguinte. Non obstante, todo parece indi-car que o proceso de implanta-ción deste novo sistema vai verse ralentizado polo feito de que en moitas comunidades autónomas ainda non se com-pletou a adaptación.

Entre as novidades que introduce este Real Decreto atópase o refor-zo do papel das mutuas no segui-mento dos traballadores. Estas poderán requerir ao empregado para que pase recoñecemento médico cantas veces consideren necesario e poderán solicitar á Seguridade Social que dea de alta ao traballador. A Administración terá un prazo de catro días para respostar de xeito razoado a este requerimento da Mutua. O traballador ten que recibir con catro días de antelación calquera citación para o exame médico, e, en caso de non acudir, perderá de xeito cautelar a súa prestación. Caso de non xustificar a súa au-

sencia no prazo de dez días, per-deraa de xeito permanente. Se a baixa fora de menos de cinco días, o médico poderá expedir un parte de baixa e alta, sometido este último a revisión. Se a doenza dura máis de 30 días, o empregado terá que entregar á empresa o primeiro parte de confir-mación nun prazo de sete, e o segundo a partir das dúas sema-nas. As baixas que superen o ano de duración, pasan a ser controladas polo INSS que as transforma en incapacidad permanente. Se fora necesario prorrogala, faría-se por un período de 180 días. +info

A Xunta amplia os prazos dos seus programas de incentivos ás empresas

que inclúe premios e subvencións, ten aberto o prazo de presentación de solicitudes ata o día 26 de fe-breiro. Por último, tamén a convocatoria de axudas á contratación de xestores

de internacionalización para em-presas, veu prorrogado o seu prazo de presentación de instancias ata o vindeiro día 19 de febreiro. Todos estes programas son financiados polo FEDER ou polo FSE.

Ao longo do mes de xaneiro, a Consellería de Economía, Em-prego e Industria ampliou a través de comunicacións feitas no Diario Oficial de Galicia, os prazos dalgunhas das súas principais convocatorias de pro-gramas de incentivos á empre-sa. Entre eles atópanse o pro-grama Concecta PEME, (para o fomento da cooperación entre as PEMES e os demáis axentes do Sistema Rexional de Innova-ción. Neste caso a data de pre-sentación de solicitudes remata o 9 de febreiro. Tamén o pro-grama Galicia Exporta veu ampliado o seu prazo, neste caso ata o 2 de marzo. O programa Piloto Fábrica 4.0,

Page 6: Xaneiro 2016 - COFER · Xaneiro 2016 As tres comarcas remataron 2015 cun total de 51.210 traba-lladores de alta, 1.215 máis que un exercicio antes, o que repre-senta un aumento da

Lexislación

6

Resolución de 20 de xaneiro de 2016 pola que se amplía o prazo de presentación de solicitudes da Resolución de 28 de decembro de 2015 pola que se da publicidade ao acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas para a execución de accións de promoción exterior conxunta das empresas galegas (Galicia Exporta Organismos Intermedios), cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria en réxi-me de concurrencia competitiva DOG Nº 18 de 28 de xaneiro. CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA ORDE do 14 de xaneiro de 2016 pola que se crea a oficina Doing Business en Galicia e se dá publicidade aos modelos de propostas para a mellora da regulación económica e de comunicación de obstáculos e barreiras á actividade empresarial.DOG Nº 18 de 28 de xaneiro

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

RESOLUCIÓN do 11 de xaneiro de 2016, da Dirección Xeral de Comercio, pola que se acorda o inicio da fase

de liquidación da Cámara Oficial de Comercio, Industria e Navegación de Ferrol. DOG Nº17 de 27 de xaneiro.

Orden de 14 de xaneiro de 2016 pola que se fan públicos os anexos da Orde de 28 de decembro de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras dos programas de subvencións para sufragar os gastos de funciona-mento das entidades asociativas galegas de persoas traballadoras autónomas, das entidades asociativas de centros especiais de emprego e das entidades asociativas de empresas de inserción laboral, e se procede á súa convocatoria para o ano 2016 DOG Nº 17 de 27 de xaneiro Orde de 13 de xaneiro de 2016 pola que se publican os anexos da Orde de 29 de decembro de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de axudas a persoas traballadoras autónomas pola contrata-ción indefinida de persoas asalariadas e se procede á súa convocatoria para o ano 2016 DOG Nº 16 de 26 de xaneiro.

Orde de 13 de xaneiro de 2016 pola que se fan públicos os anexos da Orde de 29 de decembro de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria pública para a concesión de subvencións para a con-tratación de persoal técnico para a realización de actividades de información, orientación e prospección de em-prego no exercicio 2016 DOG Nº 16 de 26 de xaneiro. Orde de 13 de xaneiro de 2016 pola que se publican os anexos da Orde de 29 de decembro de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras do programa de incentivos á contratación das persoas novas inscritas no Sistema Nacional de garantía xuvenil, con cargo ao Programa operativo de emprego xuvenil, e se procede á súa convocatoria para o ano 2016 DOG Nº 15 de 25 de xaneiro AXENCIA GALEGA DE INNOVACIÓN RESOLUCIÓN do 20 de xaneiro de 2016 pola que se amplía o prazo de presentación de solicitudes da Resolu-ción do 30 de novembro de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas do programa Conecta Peme para fomentar a cooperación entre as pe-mes e os demais axentes do Sistema rexional de innovación, a través do apoio a proxectos de investigación e innovación orientados ao mercado e aliñados cos retos e prioridades identificados na RIS3 para Galicia, cofi-nanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o ano 2016 (código de procedemento IN852A). DOG Nº13 de 21 de xaneiro

Xaneiro 2016

Page 7: Xaneiro 2016 - COFER · Xaneiro 2016 As tres comarcas remataron 2015 cun total de 51.210 traba-lladores de alta, 1.215 máis que un exercicio antes, o que repre-senta un aumento da

Xaneiro 2016

7

Axenda GALICIA

IFEMA. Feria de Madrid

RESTO DE ESPAÑA

FIRA DE BARCELONA

BISUTEX, INTERGIFT E MADRID JOYA Do 3 ao 7 de febreiro MOMAD METRÓPOLIS, Salón Internacional do textil e os complementos Do 5 ao 7 de febreiro MERCEDES BENZ FASHION WEEK MADRID Do 19 ao 23 de febreiro SICUR.– Salón da seguridade Do 23 ao 26 de febreiro

MOBILE WORLD CONGRESS Do 22 ao 25 de febreiro 4YFN—Evento de emprendemento en tecnoloxías móviles Do 22 ao 25 de febreiro

OTROS EVENTOS

EXPOOURENSE

XANTAR—Salón Internacional de Turismo Gastronómico Do 3 ao 7 de febreiro

VII SALÓN MI EMPRESA

Barclaycard Center Madrid 16 e 17 de febreiro Para emprendedores, autónomos, microempresas e pemes. Para inscribirse de balde: http://ivent.xeria.es/xcli/miempresa/preregistro.aspx?cc=ICEXVIP

MÍSION DE INVERSORES A ECUADOR 2016

Do 29 de Febreiro ao 2 de Marzo Para inscripcións, ata o 3 de Febreiro Organiza ICEX. Máis información

VIII Feria Internacional de Energías Renovables

Do 26 ao 29 de Febreiro Teherán (Irán) Máis información

AMBIENTE 2016 (Equipamiento hostalería e restauración)

Do 12 ao 16 de Febreiro Frnakfurt (Alemania) Máis información

Page 8: Xaneiro 2016 - COFER · Xaneiro 2016 As tres comarcas remataron 2015 cun total de 51.210 traba-lladores de alta, 1.215 máis que un exercicio antes, o que repre-senta un aumento da

Integran Cofer:

8

Sección de Empresas Independientes

Edita: Gabinete de Comunicación de Cofer Cantón 8-9, entrechán 981 33 33 22 Mail: [email protected]

Síguenos @COFERferrol

@COFERferrol Corte de Arbitraje del Noroeste

Xaneiro 2016

Asociación de Campings do Noroeste

Asociación de Empresarios Ferrolterra

Asociación de Empresarios de Instalaciones Eléctricas

Asociación de Empresarios de Limpieza de Edificios y Locales de Ferrol, Eume y Ortegal

Asoc. Empresarios de Hostalería de Ferrol e Comarcas

Asociación de Comerciantes Mercado de Recimil

Asociación de Comerciantes Novo Ferrol Asociación de Escolas Infantís de Ferrolterra

Asociación Profesional de Ximnasios e Activida-des Físicas de Ferrolterra

Asociación de Profesionales Inmobiliarios del Noroeste

Asoc. Provincial de Talleres de Reparación de Vehículos de A Coruña

Asoc. de Tecnologías de la Información y la Comunicación de Ferrolterra

Asociación de Jóvenes Empresarios Ferrolterra

Asociación de Empresarios de As Pontes

Asociación de Empresarios de As Somozas

Asociación de Empresarios, Comercian-tes y Hosteleros de Catabois

Asoc. de Empresas Siderometalúrgicas de A Coruña-Comarcal de Ferrol

Asociación Prov. Empresarios Marítimos de A Coruña