xaneiro 2015 - ourense por barrios

24
Número: 1- Ano: XIV - Xaneiro 2015 - Depósito Legal: OU 15-2015 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.periodicobarrios.com - OURENSE POR BARRIOS volve estar no seu buzón a finais de febreiro. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190 TEMA DO MES Páx.2 DEPORTES Páx. 20 ECONOMÍA Páx.9 CULTURA Páx.17 Tropezo do COB no Paco Paz ante o Lleida (68-70) Eloína Núñez defende a resposta asistencial ante a gripe Entrevista ao actor ourensán Jorge Varandela Empresas ourensás confían na mellora económica en 2015 CIDADE Páx.6 Dimite a edil de urbanismo, Áurea Soto Na imaxe, un dos nove postos que conforman o mercado na planta baixa do edificio./P.LODEIRO Entrevista ás directivas da A.VV. Casco Vello [Páx.11] Unha praza de Abastos da Ponte renovada [páx. 3]

Upload: ourense-por-barrios

Post on 07-Apr-2016

255 views

Category:

Documents


10 download

DESCRIPTION

Facémonos eco da dimisión de Áurea Soto e da visita da ministra de Fomento á praza de Abastos da Ponte, e entrevistamos a dúas directivas da Asociación de Veciños Casco Vello.

TRANSCRIPT

Page 1: Xaneiro 2015 - Ourense por Barrios

Número: 1- Ano: XIV - Xaneiro 2015 - Depósito Legal: OU 15-2015 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.periodicobarrios.com - OURENSE POR BARRIOS volve estar no seu buzón a finais de febreiro. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190

TEMA DO MES Páx.2 DEPORTES Páx. 20ECONOMÍA Páx.9 CULTURA Páx.17

Tropezo do COB no Paco Paz ante o Lleida (68-70)

Eloína Núñez defende a resposta asistencial ante a gripe

Entrevista ao actor ourensán Jorge Varandela

Empresas ourensás confían na mellora económica en 2015

CIDADE Páx.6

Dimite a edil de urbanismo,Áurea Soto

Na imaxe, un dos nove postos que conforman o mercado na planta baixa do edificio./P.LODEIRO

Entrevista ás directivas

da A.VV. Casco Vello [Páx.11]

Unha praza de Abastos da Ponte renovada [páx. 3]

Page 2: Xaneiro 2015 - Ourense por Barrios

� Ourense por BARRIOSXaneiro de �015

TEMA DO MES

4 Tejerina substituirá a Soto como edil

O Concello de Ourense xa solicitou á Xunta Elec-toral Central a expedición da credencial de concellei-ro electo a favor de José María García Tejerina. García Tejerina, número 16 da lista socialista, será o substituto de Áurea Soto, ao renunciar ao posto os números 14 e 15, José Ra-món Fernández Morgade e Montserrat Rodríguez, aludindo ambos a motivos profesionais.

José María García Teje-rina, pedagogo e docente que traballa como orien-tador escolar nun centro de educación Secundaria, fará efectiva a súa acepta-ción a acta de concelleiro, unha vez sexa recibida a súa credencial e se cum-pla coas formalidades ad-ministrativas, no Pleno do Concello.

4 Ageitos asume as competencias, agás Urbanismo

A ata o de agora conce-lleira de Comercio, Juana Ageitos, asumirá as com-petencias de Áurea Soto, menos Urbanismo, do que se fará cargo o propio al-calde.

Así, Ageitos exercerá en réxime de dedicación exclusiva as atribucións de Infraestruturas, Augas e saneamento, Servizos Xerais, Contratación e Sistemas de Información.

Paula Lodeiro

A concelleira de Urba-nismo de Ourense, Áurea Soto, viuse forzada a dimi-tir, cumprindo así o código ético socialista, tras abrirse xuízo oral contra ela por un presunto delito de prevari-cación continuada en rela-ción á legalización da praza de San Antonio. Arroupada polo alcalde, Soto leu un escrito no que atribuíu esta imputación ao que denomi-na “traballo sucio” contra a súa persoa.”Eu son culpable de impedirlle a moita xente desta cidade seguir facendo o que viñan facendo”, afir-mou, referíndose ao cobro do 10% do aproveitamento municipal e á eliminación da recualificación das Bur-gas, entre outras medidas.

Por iso, insistiu en que de volver darse o caso, “volvería facer o mesmo: a miña obrigación é defender o interese público. Como

dixen: 16 veces estarei im-putada pero non faría outra cousa”.

Agora esixe un xuízo rá-pido, tal e como sucedeu na primavera pasada cos edís populares de Santiago, que foron xulgados en dous meses. “Pido o xuízo antes das eleccións (os tempos de Santiago demóstrano posible) para que a posible absolución que esperamos permita reparar minima-mente o grave dano político que causa este auto”, expli-cou.

No seu escrito de acu-sación, o fiscal pide para Áurea Soto 10 anos de in-habilitación porque entende que concedeu unha licenza e unha indemnización a pe-sar de que era prexudicial para o Concello de Ouren-se.

“Unha persoa honesta”Pola súa banda, Agustín

Fernández dixo que coa saí-da de Soto “déixanos unha persoa honesta, unha gran traballadora e unha extraor-dinaria profesional”; que non se trata dun caso de co-rrupción xa que a edil non obtivo ningún beneficio da legalización da praza de San Antonio, que, en todo caso, insistiu, fíxose “con base legal” pois o Plan de

�003 permitíao e estaba vixente.

Desde a tribuna de pú-blico do salón de plenos do consistorio ourensán, varios membros do grupo de goberno (Marga Martín, Ana Garrido, Juana Agei-tos e José Ángel Vázquez Barqueiro) así como cargos socialistas (como Carmen Rodríguez Dacosta ou Pa-blo López Vidal) mostraron o seu apoio á edil, cuxa re-nuncia á acta de concellei-ra fíxose efectiva no pleno extraordinario do pasado día �0.

Dimite Áurea Soto4 O código ético socialista obrígaa a marchar ao abrirse xuízo oral contra ela polo caso da praza de San Antonio.

Áurea Soto, na rolda de prensa na que anunciaba a súa dimisión./P.LODEIRO.

As reaccións á marcha da que foi unha das con-celleiras máis destacadas -e polémicas- do goberno socialista non se fixeron esperar.

Para o PP, era un mo-mento que tiña que chegar tendo en conta o volume de procesos xudiciais no que estaba inmersa Soto dende hai meses, pero o seu voceiro, Rosendo Fernández, lamentou que “dende o Goberno mu-nicipal nada se fixo para prever os efectos desta

dimisión, con importantes proxectos estratéxicos que quedarán no aire”

Pola súa banda, Susana García, voceira do BNG, consideraba que a dimisión de Áurea Soto chegaba tar-de “pero é imprescindible porque vai haber xuízo”. Recoñecendo que a con-celleira socialista recibiu unha herdanza en materia de urbanismo “complica-dísima, García apuntou que a súa xestión á fronte desta concellería tivo “bastantes aspectos oscuros”.

4 As valoracións da oposición

“Volvería facer o mesmo; a miña obrigación é defender o interese público”, dixo Soto ao anunciar a súa marcha

Pola súa banda, Demo-cracia Ourensana conside-rou “irrelevante” as acusa-cións de Soto de “acoso en connivencia con promoto-res inimigos” por ser este partido quen realizara a denuncia do caso da praza de San Antonio. Ademais, DO anuncia que informa-rá ao INEM de “presuntas irregularidades” na mar-cha de Soto para cobrar o paro, ao ser revogada das súas funcións antes de presentar a súa dimisión como concelleira.

Page 3: Xaneiro 2015 - Ourense por Barrios

3Ourense por BARRIOSXaneiro de �015

TEMA DO MES

Ana Pastor visita a renovada Praza de Abastos da Ponte4 As obras de rehabilitación tiveron un custo de dous millóns de euros e foron financiadas polo Ministerio de Fomento.

P. Lodeiro

A ministra de Fomento, Ana Pastor, visitou a Pra-za de Abastos número � da Ponte, cuxas obras de remo-delación e mellora foron re-centemente recepcionadas polo Ministerio. Fomento investiu dous millóns de euros nesta rehabilitación, froito dun convenio de cola-boración entre o Ministerio e o Concello de Ourense. A empresa Tragsa executou o proxecto, redactado por Oi-kos Estudio SLP.

Segundo Ana Pastor, foi un traballo de remodelación “coidadoso e intenso” que deixa unhas instalacións “magníficas” nun edificio con máis de 80 anos de his-toria no que o paso do tem-po fora mermando a activi-dade comercial. “Estamos seguros de que vai revitali-zar a zona”, dixo a ministra, quen subliñou que os dous millóns de euros gastados nesta obra son “un investi-mento moi produtivo”.

O Concello ultima a próxima convocatoria dun concurso para adxudicar a explotación do conxun-to dos postos, nos que xa amosaron interese diversas emprendedores e empre-sas relacionadas co sector. Así, a veciñanza do barrio da Ponte poderá proxima-mente desfrutar das novas instalacións da praza, que porán en valor o potencial do mercado municipal, mantendo os seus usos ha-bituais e adaptando as ins-talacións ás necesidades

actuais. O alcalde, Agustín Fernández, dixo durante a visita que a nova Praza de Abastos da Ponte será “un foco de dinamización cul-tural, económica e social” e agarda que a súa posta en funcionamento “sexa un antes e un despois no devir deste barrio”.

Distribución de espazos O total da superficie útil

do edificio é de 1.308 me-tros cadrados, dos 1.633 metros cadrados de su-perficie construída. Trala reforma, o inmoble divide os seus espazos nunha pri-meira planta na que se op-timizou o espazo dispoñi-ble, e que conta agora con sala de exposicións, sala de usos múltiples, biblioteca, biblioteca infantil e patio. A asociación de veciños da Ponte voltará ter aquí a súa sede. A entreplanta servirá de conexión entre o primei-ro andar e a planta baixa, que se dedicará a mercado, con nove postos, e área de degustación. No semisoto ubícanse os aseos, alma-céns e outras instalacións. Os accesos ao mercado fo-ron mellorados, suprimindo barreiras arquitectónicas, e as plantas están relacio-nadas entre si mediante un ascensor.

Ximena González./P.L.

O BNG propón especializar o mercado en produto ecolóxico P.L.

O BNG presentará no vindeiro pleno do Con-cello de Ourense unha moción sobre a xestión da Praza de Abastos da Ponte na que propoñen “vincular” este espazo ao proxecto municipal ‘Come Ourense’” especia-lizando o mercado na ven-da de produtos ecolóxicos e de proximidade. Cren que as renovadas instala-cións son compatibles coa súa proposta, que inclúe máis postos dos actuais e a realización de feiras e de actividades formativas e culturais. “Ten que ser un proxecto de cidade parti-cipado por moitas conce-llerías”, apuntaba a edil Ximena González.

En todo caso, os nacio-nalistas queren que a xes-tión sexa “comunitaria, por parte das praceiras, en ningún caso unha cesión a unha empresa privada, iso non dinamiza”, expli-caba González. Opinan que desta maneira fomen-taríase o emprendemen-to, xeraríase emprego de calidade e impulsaríase o comercio local.

O Bloque repróchalle ao Goberno local que “non teña contido” para a Praza. “Tampouco coñecemos os pregos” da futura conce-sión do mercado, engadía a edil nacionalista.

A planta alta destínase a biblioteca, sala multiusos e local veciñal

Un dos arquitectos responsables do proxecto explica ás autoridades a renovación reali-zada na Praza de Abastos da Ponte./P.LODEIRO.

A ministra de Fomento e o conselleiro de Economía, entre outras autoridades, observan o resultado da reforma da planta baixa, que se destinará a mercado./P.LODEIRO.

Page 4: Xaneiro 2015 - Ourense por Barrios

4 Ourense por BARRIOSXaneiro de �015 BARRIOS

Redacción

A Dirección Xeral de Recursos Económicos do Servizo Galego de Saúde vén de adxudicar á empre-sa UTE Vías Petrolam, a construción dun centro de saúde do Couto, cofinan-ciado ao 80% polo progra-ma operativo Feder, por un importe de 3,� millóns de euros e un prazo de execu-

ción de 14 meses.

18.500 usuariosSegundo o plan de nece-

sidades elaborado pola Xe-rencia de Xestión Integrada de Ourense, o futuro centro de saúde do Couto terá unha poboación de referen-cia de ao redor de 18.500 usuarios. Esta estimación ten en conta o importante crecemento tanto deste ba-

Adxudicada a construción do centro de saúde do Couto4 Por un importe de 3,2 millóns de euros, á UTE Vías Petrolam.

Axia Saúde, nova clínica na Ponte

Axia Saúde é unha nova clínica ubicada na Ponte, no barrio de Tras Esta-ción, que ofrece servizos de podoloxía, fisioterapia e logopedia. En breve en-gadirá tamén unha psicó-loga e terapeuta familiar.

Lucía Fernández, a po-dóloga e xerente de Axia Saúde, destaca como novidade entre os seus servizos a exploración biomecánica e a “análise da pegada” coa platafor-ma T-plate. Esta análise estática e dinámica axu-dará, xunto coa explo-ración, a diagnosticar

diferentes patoloxías; e se é necesario desenvolver soportes plantares persona-lizados ou exercicios para evitar lesións e mellorar o rendemento. Ademais de diagnosticar e tratar as patoloxías do pé (callosi-dades, durezas, siliconas, infiltracións…), destaca a cirurxía de uña.

No apartado de fisiote-rapia, a cargo de Sara Fer-nández, son pioneiros en Ourense en implantar a va-loración global co método das cadeas fisiolóxicas de Busquet. Grazas a este mé-todo podemos coñecer de onde provén unha disfun-ción ou patoloxía e ofrecer unha solución. Baséase no tratamento da causa, non da consecuencia. Por exemplo,

unha lumbalxia recurrente pode ser debida a unha dis-función visceral ( p.ex: pro-blema prostáticos ou ovári-cos, colón irritable…). Ou no caso dunha cervicalxia recurrente pode ser debida a unha disfunción do apara-to respiratorio.

En canto á logopeda, Lara Villalón, trata proble-mas de disfonía, afasias, parálise cerebral, autismo, retraso mental, síndrome de Down, Asperger, dislalia (problemas de articulación), problemas lecto-escritores, retrasos madurativos…

Axia Saúde ofrece bonos combinados de dez sesións. Abre de luns a venres de 9 a 13:30 a 16 a �1 horas, e os sábados de 10 a 13 horas con cita previa.

Lara Villalón, logopeda, Sara Fernández, fisioterapeuta, e Lucía Fernández, podóloga e xerente de Axia Saúde.

rrio, como das súas zonas limítrofes, como Rabode-galo e Vistafermosa, que quedarían asemade asig-nadas a este novo centro.

O centro contará con consultas de medicina xe-ral, enfermería, matrona, farmacia, odontoloxía, fisioterapia, pediatría, traballador social, ade-mais de área de admisión ou arquivos.

Soar onde se levantará o centro de saúde do Couto./M.REJO.

Page 5: Xaneiro 2015 - Ourense por Barrios

5Ourense por BARRIOSXaneiro de �015

BARRIOS

Redacción

O primeiro pleno ordi-nario de �015 en Barbadás caracterizouse por unha aparente tranquilidade por-que nos tres únicos puntos da orde do día houbo una-nimidade.

PP, PSdeG e BNG,

apoiaron unanimemente as dúas mocións dos socialis-tas. A primeira esíxelle á Xunta que poña en marcha o transporte metropolitano en Ourense e comarca e na segunda preténdese que se apliquen cláusulas sociais nas concesións e conve-nios que asine o Concello.

P.L.

PSOE e BNG aproba-ron no pleno de xaneiro unha moción de apoio á reforma da Praza de Abastos nº1 de Ouren-se. A moción proviña do grupo popular, que pretendía que se con-signase nos orzamentos unha partida suficiente para asumir o 35% da cofinanciación para a re-habilitación do mercado que se propuxo ao 1,5% Cultural do Ministerio de Fomento. Finalmente o que se aprobou –coa abstenció de populares e DO- foi a emenda nacio-nalista que reclamaba un compromiso para rehabi-litar todo o contorno do mercado.

No que se refire ás de-mais mocións, Democra-cia Ourensana conseguiu o apoio do PP á súa pro-posta na que solicitaban que o alcalde retirase as competencias delegadas en Áurea Soto por estar imputada na denuncia da praza de San Antonio. PSOE votou en contra e BNG abstívose.

Ademais, saiu adiante a moción do PP sobre os puntos limpos de Santa Mariña e Eiroás. O con-celleiro responsable, José Ángel Vázquez Barque-ro, anunciou que se está a tramitar un novo concur-so para a súa xestión.

A corporación tamén aprobou outra moción do PP -cunha emenda do BNG- para reforzar a se-guridade vial na capital ourensá. E por unanimi-dade saíron adiante as propostas do Bloque para fomentar a participación cidadá no concello, para realizar un informe sobre o estado das árbores da cidade, e para reivindi-car unha tarifa eléctrica galega.

Foron rexeitadas as mocións de Democracia Ourensana, que solicitaba unha rebaixa do �0% no imposto de bens inmobles. De igual modo, PSOE, PP e BNG votaron en contra da proposta de Democra-cia Ourensana de eliminar o modelo de subvencións a clubes e substituílo por un sistema onde o Consello Municipal de Deportes se fixese cargo directamente das escolas deportivas.

Barbadás incluirá cláusulas sociais nas concesións4 Aprobada unha moción socialista.

A insistencia dos socia-listas conseguiu o com-promiso do rexedor de que se antes das eleccións municipais non se pon en marcha o transporte me-tropolitano, o Concello de Barbadás aplicará a re-baixa do prezo do bus para Parada e Piñor.

No que se refire ás cláusulas sociais, o vo-ceiro socialista Xosé Carlos Valcárcel modi-ficou o segundo punto do acordo para lograr a unanimidade. Co cambio especifícase que se inicie unha investigación para verificar se a empresa adxudicataria do servi-zo de limpeza, Linorsa, cumpre o contrato.

Os socialistas presen-taron como rogo a me-llora da seguridade viaria en Finca Fierro, e o BNG que o Concello recupere o cobro dos impostos.

Secundino Alonso tomou posesión como edil do BNG neste pleno./P.L.

PLENO DE XANEIRO

Compromiso coa Praza de Abastos4 Sae adiante unha moción do PP -emendada polo BNG- para asumir a reforma de todo o mercado.

4 O alcalde solicita reunión a Feijoo e Pastor

Agustín Fernández vén de remitir senllas cartas ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, e á ministra de Fomento, Ana Pastor, nas que lles solicita unha reunión para tra-tar sobre a consecución do programa do 1,5% Cultural para o proxec-to de rehabilitación da Praza de Abastos nº1 de Ourense. No escri-to o rexedor destaca a importancia “deste proxecto estratéxico para a nosa cidade, xa que permite potenciar o noso comercio tradi-cional”.

Page 6: Xaneiro 2015 - Ourense por Barrios

6 Ourense por BARRIOSXaneiro de �015 BARRIOS / CIDADE

Rogelio Martínez no CEIP de Mariñamansa./CEDIDA

Redacción

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, visitou o CEIP Mariñamansa da capital tras as obras de mellora realizadas pola Consellería de Educación neste centro educativo.

Os traballos consisti-ron na reparación dunha avaría eléctrica e na cen-tralización de contadores, amais de realizarse mello-ras no que atinxe aos aseos de persoas con discapaci-dade. Estas actuacións su-puxeron un investimento do departamento educati-vo de 14.000 euros.

Estas obras súmanse ás realizadas en anos anterio-res para reformar os aseos das aulas de infantil e a pavimentación das aulas deste nivel educativo, a re-posición do falso teito da zona da cociña e a limpe-za da cuberta e selado da carpintería exterior. Deste xeito o investimento total da Consellería no centro desde �009 ascende a case 60.000 euros. Ademais, o colexio acaba de recibir un dos kits de aula dixi-tal, composto de encerado dixital e proxector, que a Xunta distribuíu en cen-tros educativos galegos ao abeiro do convenio trilate-

ral asinado co Ministerio e máis coa entidade pú-blica empresarial Red.es para o desenvolvemen-to de servizos públicos dixitais.

Durante o seu perco-rrido polo centro, o dele-gado estivo acompañado pola xefa de estudos do CEIP, Lidia Selas; pola xefa territorial de Educa-ción, Mercedes Gallego; e mais por membros do equipo docente.

O CEIP Mariñamansa mellora as súas instalacións4 Grazas a un investimento de 14.000 euros.

Eloína Núñez defende a resposta asistencial dada ante o repunte da gripe4 “Dimos unha resposta asistencial desde o minuto 1”, defendeu a xerente.

P.L.

A xerente da Xerencia de Xestión Integrada de Ourense defendeu a res-posta dada ante o repunte asistencial das últimas semanas no complexo hospitalario ourensán de-bido ao pico da gripe.

Núñez explicou que este ano a cepa da gripe afectou máis á poboación máis envellecida, e que aínda que o incremento nas urxencias nos últimos 30 días non foi significa-tivo (199 casos de media fronte aos 196 que houbo de media en �014), si se incremetou a complexi-dade dos casos (dun 50% na media do ano pasado a un 58% na media do último mes), así como o número de ingresos (dun �4,4% de media anual a un �8,6% de media nos últimos 30 días). De fei-to, se a media de ingresos urxentes nun día calquera é inferior a 50, no último mes superouse ese dato en �6 días, alcanzándose nun par de ocasións case 80 ingresos nunha soa xornada.

Uns ingresos que afec-taron especialmente ás

áreas de Medicina Interna e Neuroloxía, nas que, se-gundo os responsables da sanidade pública ourensá, a cifra de especialistas é a axeitada. O CHUO ten 30 internistas para un to-tal de �60 camas, a ratio máis alta por paciente de toda Galicia. A xerente si recoñeceu carencias de persoal en Dixestivo (con dous especialistas menos e outros dous de baixa), Traumatoloxía e Aneste-sia, pero dixo que estaban en proceso de contratar máis persoal.

Para minimizar a afec-ción deste repunte asis-

tencial, Eloína Núñez apuntou que “hai que pór os recursos fóra do hos-pital” e concretou varias solucións: o incremen-to pola hospitalización a domicilio, o proxecto de crónicos-pluripatolóxicos de Atención Primaria, a te-lemedicina e a innovación prevista no Hospital �050. “Cremos que imos na boa dirección”, concluíu.

Reparouse unha avaría eléctrica e realizáronse melloras nos aseos

Hai carencias de persoal en Dixestivo, Traumatoloxía e Anestesia

Urxencias do complexo hospitalario./P.LODEIRO.

Page 7: Xaneiro 2015 - Ourense por Barrios

�Ourense por BARRIOSXaneiro de �015PUBLICIDADE

Page 8: Xaneiro 2015 - Ourense por Barrios

8 Ourense por BARRIOSXaneiro de �015

CIDADE

EN BREVE

P. L.

O delegado da Xunta fixo balance de 2014 e adiantou os proxectos para �015 do Goberno autonómico na provincia, nun almorzo informativo con representantes dos medios de comunicación. Rogelio Martínez, agar-da que �015 sexa un ano “no que os datos reflictan que a crise é cousa do pa-sado, e este sexa un ano de recuperación”. Neste sentido, apuntou ao feito de que o paro diminuiu na provincia en 1.96� persoas (na evolución in-teranual).

De �015 tamén dixo que será o ano do tras-lado ás novas dependen-cias xudiciais na capital ourensá, que estarán operativas “a final deste trimestre”, o que suporá tamén un novo aforro en alugueres de locais, que cifrou en 63�.�16 euros desde que o PP chegou ao Goberno da Xunta en �009.

Neste ano tamén se po-rán en marcha as obras do centro de saúde do Couto, mentres que o da Valenzá deberá agar-dar algo máis, pois tivo problemas na redacción do proxecto e está aínda tramitándose a súa lici-tación na Consellería de

Sanidade. Rogelio Martínez des-

tacou asemade os inves-timentos na primeira fase da ampliación do hospital de Ourense (41 millóns), as axudas do Plan Marco para reparación de cami-ños, que ascenden neste exercicio a 6 millóns de euros, ou os novos fondos para obradoiros de empre-go. “En �015 hai unha can-tidade para toda Galicia maior polo que pode haber algún obradoiro máis (en �014 houbo 13 en toda a provincia), e tamén habe-rá unha modalidade nova: obradoiros para menores de �5 anos”.

A constitución do Con-sello Termal entre Xunta e Deputación, o investi-mento de 3,4 millóns na rehabilitación do Castelo de Monterrei e o de 5 mi-llóns no Campus da Auga foron outras das actua-cións que destacou o polí-tico popular.

Rogelio Martínez agarda que 2015 sexa “o ano da recuperación”4 O delegado da Xunta fixo balance do último ano.

Redacción

A ministra de Fomen-to, Ana Pastor, destacou hoxe que a chegada da alta velocidade a Ourense “vai conforme aos prazos establecidos”. Durante a visita á praza de Abas-tos da Ponte a ministra foi preguntada por posi-bles atrasos debidos ao estudo ambiental do tra-mo Taboadela-Seixalbo. Pastor explicou que no canto dunha tramitación simple está a realizarse a “tramitación comple-ta” deste tramo “debido ao novo deseño en torno ao túnel de Rante”, pero “vaise a facer con axili-dade, non hai nada polo que preocuparse”.

Con respecto á futura estación intermodal de

Ourense, defendeu que será “unha estación do século XXI, de alta veloci-dade”, sen concretar máis.

Durante unha interven-ción nun foro sobre a alta velocidade celebrado na nosa cidade, asegurou que a chegada da alta veloci-dade a Galicia supón unha das maiores apostas do Goberno central en mate-ria de infraestruturas.

Neste sentido, destacou que a dotación orzamen-taria total para a liña de alta velocidade Olme-do - Zamora - Lubián - Ourense - Vigo ascendeu, nesta lexislatura, a máis de 3.500 millóns de euros. Con estes investimentos foi posible, entre outras actuacións, finalizar todas as obras de plataforma de Olmedo- Zamora, e ter en

execución todas as obras dos tramos entre Zamora e Lubián (salvo o túnel de Padornelo vía esquer-da, en proxecto) e entre Lubián e Taboadela.

Pastor sinalou que este mesmo ano, chegará a alta velocidade a Zamo-ra, o que suporá unha mellora de 30 minutos nos tempos de viaxe en-tre Madrid e todas as ca-pitais galegas, situando Ourense, en particular, a pouco máis de catro ho-ras de Madrid.

A ministra de Fomento descarta atrasos na chegada da alta velocidade 4 Con respecto á estación intermodal de Ourense, Ana Pastor asegurou que será unha estación “do século XXI”.

A tramitación do estudo ambiental do tramo Taboadela-Seixalbo farase “con axilidade”

A ministra de Fomento Ana Pastor nun acto en Ourense./P.L.

Rogelio Martínez./P.L.

4 Charlas sobre incendios

Participación Cidadá e o Servizo de Extinción de Incendios puxeron en marcha unha campaña informativa sobre pre-vención e protección ante os incendios no fogar que chegará a 15 asociacións veciñais da cidade.

Os bombeiros ache-gan consellos prácticos para previr os incendios e pautas de actuación en caso de que se produzan.

4 Ensina seguridade vial

A Policía Local de Ourense desenvolve unha campaña de conciencia-ción dirixida a maiores en materia de seguridade vial. A través de charlas, os axentes informan so-bre accidentes de tráfico, sobre como circular en glorietas ou sobre que é un parte amistoso, ade-mais de dar consellos bá-sicos sobre actuacións en caso de accidente.

4 Recollida de sinaturas

A Asociación de Fibro-mialxia e Fatiga Cróni-ca de Ourense participa nunha recollida de firmas que se leva a cabo en toda España para presentar unha iniciativa lexislativa popular para conseguir a protección social, laboral e da saúde dos que sofren estas enfermidades.

Instalarán stands o � de febreiro no centro de saúde Valle Inclán, o 5 no centro de especialida-des da rúa Concello, o 9 en Novoa Santos, o �3 no centro da Carballeira e o �5 no da Ponte.

Page 9: Xaneiro 2015 - Ourense por Barrios

9Ourense por BARRIOSXaneiro de �015ECONOMÍA, EMPRESAS E EMPREGO

P.L.

O BNG acusou a PSOE e PP de “deixar morrer” o Plan de Emprego, docu-mento acordado por estas tres forzas políticas e re-presentantes sindicais, dos empresarios e da Universi-dade hai agora un ano que prevía investir tres millóns de euros en políticas de emprego na nosa cidade.

Segundo denunciaron a concelleira Susana García e a parlamentaria Tereixa Paz, non hai noticias da tramitación do Plan de Emprego desde marzo de �014, cando se aprobara unha moción na corpora-ción municipal ourensá para solicitar á Xunta os informes preceptivos para poñelo en marcha. “Des-de entón non soubemos máis, non hai contestación da Xunta de Galicia nin o PSOE deu pasos para

conseguir esa contesta-ción”, apuntaba García. Por iso, os nacionalistas presentarán no pleno de febreiro unha moción so-bre este asunto, para que os grupos se posicionen. “O PSOE ten que expli-car por que deixou mo-rrer o plan e o PP ten que explicar por que quixo enterrar o plan desde o principio”, engadía a vo-ceira do Bloque.

Pregunta no ParlamentoPola súa banda, Tereixa

Paz informou de que viña de presentar unha inicia-tiva no Parlamento para preguntar ao Executivo galego “a que se debe esta demora por parte da Xunta en emitir infor-mes”. A nacionalista ta-mén lle solicita á Xunta que facilite a aplicación deste plan “con apoio mesmo económico”.

O BNG considera que PP e PSOE “deixaron morrer” o Plan de Emprego4 Os nacionalistas presen-tan iniciativas no Concello de Ourense e no Parlamento ga-lego para retomalo.

Entrega de diplomas de Ourense InsertaRedacción

Alumnos de hostelaría e limpeza do programa Ourense Inserta veñen de recibir os diplomas que acreditan o remate da súa formación, que se exten-deu polo último cuatri-mestre do �014.

Ourense Inserta é un proxecto de inserción so-ciolaboral da Concellería de Emprego nos ámbitos da dependencia, o medio

O alcalde de Ourense, Agustín Fernández, e o concelleiro de Emprego, José Ángel Váz-quez Barquero, xunto ao grupo de alumnos que recibiron os diplomas./CEDIDA.

Susana García e Tereixa Paz./P.L.

As empresas ourensás confían en que seguirá mellorando a contorna económica en 20154 Conclusións do estudo Perspectivas Empresariais 2015, que elabora a Cámara de Comercio.

Redacción

Por segundo ano con-secutivo, os empresarios ourensáns manteñen que a contorna económica se-guirá mellorando. As ex-pectativas positivas das empresas para �015 se-guen á alza, perspectivas avaladas pola previsión do aumento de vendas nos mercados nacionais e internacionais. As pre-visións sobre o emprego indican unha estabiliza-ción do mercado laboral, aínda que non se aprecia unha significativa xe-ración de emprego ao longo do ano, tal e como indican os datos de in-vestimento, pois os em-presarios aínda seguen

cautos á hora de empren-der novos proxectos.

Estas son as principais conclusións do estudo Perspectivas Empresariais �015, que sobre a provin-cia de Ourense elabora a Cámara de Comercio re-collendo a opinión dos em-presarios. Un estudo cuxos resultados forman parte do informe Perspectivas Empresariais de España e Europa das Cámaras de Comercio, a partir dun-ha macro-enquisa na que participan preto de 60.000 empresarios europeos.

Para este ano, o �� % das empresas confía en manter o emprego actual, o que supón un aumento de cinco puntos sobre o ano anterior. Do mesmo

Fonte: Estudo Perspectivas Empresariais 2015 Cámara.

natural e a hostalaría. En dous anos, 360 persoas

participaron en Ourense Inserta, finalizando 296

xeito que en �014, o 9 % confía en aumentar o seu persoal de traballadores.

O 38 % dos enquisados afirma que a contorna me-llorará en �015, é dicir, un 13 % máis que no ano anterior. Un 4� % mantén

delas algún dos �0 itinera-rios formativos ofertados.

que a situación económi-ca seguirá igual e iso su-pón unha redución do 8% con respecto á enquisa de �014. Entre tanto, un �0 % considera que �015 será peor que o actual, tres puntos menos.

Page 10: Xaneiro 2015 - Ourense por Barrios

10 Ourense por BARRIOSXaneiro de �015

PUBLICIDADE

O PPOU esixe ao alcalde que cumpra a súa palabra e dimita xunto a Áurea Soto, como manifestou en reiteradas ocasións

O Grupo Municipal do PP de Ourense lamenta fondamente a deplorable imaxe institucional que, unha vez máis, está a amo-sar o Goberno Municipal da cidade.

Tralo anuncio –forzado pola presíón do PSOE a nivel rexional e nacional- de dimisión da concelleira Áurea Soto, os populares lembran que o alcalde de Ourense proclamou en reiteradas ocasións que puña “a man no lume pola súa edil de Urbanismo” e que, incluso, “se tiraría ao inferno responsabili-zándome con ela do que pase neste proceso”, tal e como manifestara o �4 de abril de �013. “Agora é o momento de que o alcalde amose dunha vez que ten palabra, que cumpra o que dixo e que dimita”, recalca o portavoz municipal dos populares, Rosendo Fer-nández, quen pon tamén o acento en que o Concello de Ourense queda unha vez máis nunha situación insostible e ingobernable.

Tendo en conta o volume

de procesos xudiciais no que está Áurea Soto dende hai meses, este momento tiña que chegar, “pero den-de o Goberno municipal nada se fixo para prever os efectos desta dimisión, con importantes proxec-tos estratéxicos que que-darán no aire, como son o Plan de Investimentos, o PXOM, As Burgas ou a Praza de Abastos, entre outros moitos”. Ademais, Rosendo Fernández recal-ca que a situación de in-certidume xurídica na que están inmersas as Normas Provisionais de Urbanis-mo, “é culpa do Goberno municipal, incapaz de dar un só paso ao respecto no último ano nin dende que tomaron posesión en �00�. Que non nos veñan agora con que a culpa é do PP, a súa muletilla favorita”.

Concelleira reprobadaPrecisamente, no tocan-

te ao labor municipal de Áurea Soto, os populares “son coñecedores das pre-suntas horas adicadas da señora Soto á Concellería

de Urbanismo, aínda que os cidadáns non vísemos os seus froitos” e exempli-fica tamén o seu labor en que “a petición nosa, esta concelleira foi reprobada polo Pleno do Concello en setembro de �014. Nin a oposición, nin a meiran-de parte dos seus propios compañeiros, nin os cida-dáns son capaces de dicir nada positivo referido á súa xestión, que agora que-da no aire por unha teme-raria falta de previsión”.

Ante a delicada situación na que queda o Concello de Ourense, cun alcalde incapaz de facer equi-po cos seus concelleiros mal avenidos entre eles, o grupo maioritario desta cidade, o PP de Ourense, como xa fixo noutras oca-sións, ponse a disposición dos cidadáns e do equipo de goberno para garantir a gobernabilidade da cidade. Un exercicio de respon-sabilidade que só lle co-rresponde ao único grupo político desta cidade con capacidade para asumir as rendas do Concello.

O PPOU “aplaude” o “premio” do alcalde de Ourense á ineficaz xestión da edil de Comercio, próxima “superconcelleira”

A espiral de espepen-tos na que está sumido o Goberno municipal de Ourense estreou un novo capítulo co anuncio do al-calde da reorganización do seu equipo de goberno, no que todas as competencias -salvo Urbanismo- que ata o de agora tiña a con-celleira Áurea Soto, pasan a mans de Juana Ageitos. Unha edil que ata o de ago-ra só xestionaba Comercio e célebre pola súa incapa-cidade á hora de contratar o alumeado navideño, “é experta en prometer moito e non pechar nada do que trae entre mans. Acabará o mandato sen xestión al-gunha con exemplos como a ordenanza de veladores; a nova concesión da ca-fetería do Parque Barba-ña; a xestión da Praza de

Abastos da Ponte; o novo restaurante no Campo da Feira ou a nova concesión dos mupis”, apuntan os po-pulares. “Tamén anunciou que a reforma do chan e do ascensor da Praza de Abas-tos número 1 sería ‘inmi-nente’, e nada se sabe ao respecto”, engaden.

Liortas internas“Esta concelleira é ex-

perta en prometer moito e non pechar nada do que trae entre mans. Acabará o mandato sen xestión algun-ha. Desexámoslle moita sorte, porque a vai necesi-tar”, conclúen os populares, que observan con estupor como as liortas internas do PSOE conseguen premiar a quen nada demostrou como xestor e manteñen a cinco edís “castigados” sen

apenas áreas de xestión e cun deles sen competencia algunha.

“É sintomático que só seis edís, incluido o propio alcalde, sexan os únicos considerados ‘capaces’ de afrontar as rendas do Concello no tramo final do mandato. E tamén é moi significativo que o alcalde teña que asumir unha área tan importante como Urba-nismo, deixando ás claras que ninguén do seu equipo sería capaz de asumir tal responsabilidade”.

Por último, os populares amosan a súa repulsa pola falta de decoro institucio-nal do alcalde, que nin se dignou atender a petición de xunta de portavoces formulada polo PP nin in-formar persoalmente aos grupos políticos.

O voceiro do grupo municipal popular, Rosendo Fernández, nun pleno.

Parte dos concelleiros do grupo municipal popular nun pleno.

“Esta concelleira é experta en prometer moito e non pechar nada do que trae entre mans”.

O PP ponse a disposición dos cidadáns e do equipo de goberno para garantir a gobernabilidade da cidade

Page 11: Xaneiro 2015 - Ourense por Barrios

11Ourense por BARRIOSXaneiro de �015

ENTREVISTA

ENTREVISTA Á PRESIDENTA E SECRETARIA DA ASOCIACIÓN DE VECIÑOS CASCO VELLO

“O Concello só se preocupa dende a praza Maior ata o centro, o resto do casco vello está abandonado”

4 A presidenta da AVV Casco Vello, María Justa Gutiérrez, e a secretaria, Julia Vázquez, aché-gannos ás necesidades máis básicas dunha das zonas turísticas referentes na cidade.

Silvia Nieto

Que o Concello de Ourense semella preocuparse máis polo centro da cidade que pola peri-feria é unha queixa común dos distintos representantes veciñais, pero falando coa presidenta e a secretaria da AVV Casco Vello vemos que non sempre esta regra se cumpre. Problemas de limpe-za, mantemento de mobiliario urbano, seguridade, son dificul-tades ás que fan fronte a diario. Pero a estas deficiencias, que se denuncian en cada recuncho da capital, súmaselle no seu caso outros escollos, como foi o das tarxetas de acceso á zona vella. Falamos con María Justa Gutié-rrez e Julia Vázquez.

Cando se fundou esta asocia-ción?

María Justa Gutiérrez: “Fundouse polo tema do PERI en 1989 porque os veciños non sabían moi ben como se ía a tratar o tema, entón xuntáronse. Pero co paso dos anos foise am-pliando, incluíndo actividades e dando asesoramento”.

Canto tempo levades vós for-mando parte dela?

M.J.G.: “Dende o 90 e pico como socias, e como presidenta e secretaria dende �008”.

Nestes anos foron mudando os problemas da zona?

M.J.G.: “A zona cambiou moito. Nos 80 e 90 tivemos un foco moi grande de drogadicción e foi complexo, era unha zona bastante problemática, pero na actualidade os nosos problemas son coma os dos outros barrios”.

Cales son os problemas máis habituais?

M.J.G.: “Seguramente os de todos, pero tamén algún a maio-res puntual. Como foi o caso das tarxetas de acceso, que parecía que estábamos nun gueto, esta-bamos pechados, non podíamos acceder á nosa propia casa e ademais cobrábannos por entrar.

Algo que non pasa en ningunha outra parte. E para solucionalo só nos axudou o BNG. Foron os que se moveron, porque nós po-demos facer presión como aso-ciación pero precisas de alguén que estea dentro.

Polo demais, hai as mesmas deficiencias que noutros barrios, de limpeza (recollida de basu-ra, sumidoiros, excrementos de cans…), seguridade, pedras sol-tas no chan…

Hai que darlle as grazas á xente nova e aos comerciantes que están montando negocios e dándolle vida. Dende o Concello queren que a xente veña a vivir e a emprender acá, pero se non hai condicións é imposible que se animen”.

Julia Vázquez: “O problema está na burocracia, no que se tar-da en facer os trámites. Co paso dos anos volven todo máis com-plexo, o papeleo para presentar calquera cousa é moi longo, an-tes era máis sinxelo e as queixas e peticións eran máis áxiles, pero agora todo se alonga.

Porque xa co do PERI os edi-ficios teñen que ter unhas deter-minadas condicións, pero terían que darlles unhas facilidades aos emprendedores, porque estamos

moi abandonados, principalmen-te dende a praza Maior ata o Po-sío. Cren que se ve máis a parte próxima ao centro, pero cando os turistas veñen visitan todo”.

Houbo melloras, pero non as suficientes?

M.J.G.: “Exacto. Por exem-plo, fixeron moi ben en rehabi-litar edificios da zona vella para poñer neles estamentos munici-pais, como é o servizo de Reca-dación, pero non lle poñen indi-cacións e os veciños pasan o día facendo de guías, porque a xente non sabe onde quedan. Hai que poñer máis carteis e de maior ta-maño, conservando a estética da zona, claro”.

Como ten sido a resposta das autoridades municipais ás queixas dos veciños?

M.J.G.: “Nós poñemos moi-tas queixas na oficina de Aten-ción ao Cidadán e tardan moito en resolvelas. E é que hai cousas que non as prevén ben, porque, por exemplo, fúndese unha bom-billa, como é lóxico porque non son eternas, pero deberían ter a alguén ou mesmo a Policía Local controlando iso.

Nós, ademais, sempre temos problemas coa limpeza despois da Feira Medieval, principal-mente onde poñen as comidas, e os veciños quéixanse. E iso no Concello xa o saben, son cousas obvias que pasan todos os anos, o máis lóxico é que xa teñen previ-sión para o servizo de limpeza.

O mesmo aconteceu coas luces de Nadal. Todos os anos hai esas festas e se colocan as luces, pero non é lóxico que houbera ese re-traso.

E todas esas cousas pasan por falta de previsión”.

Hai algunha autoridade que se prestase máis a axudarvos?

M.J.G.: “De momento, os úni-cos que fan reunións cos veciños son os do BNG, ningún máis. As nosas portas están abertas para todos, nós somos apolíticos, pero a realidade é esa. Eles fan charlas coa xente para coñecer os problemas do barrio”.

Está mellor tratado o centro que os barrios?

M.J.G.: “Non. Aos demais pasaralles como a nós, que non nos fan caso, falta mobiliario urbano, temos problemas de lim-peza… nós estamos no centro e téñennos abandonados”.

O voso labor é vocacional.M.J.G.: “Si, totalmente. O que

pasa é que para nós o barrio é a nosa casa, e consideramos que temos que coidalo e preocupar-nos del para que estea o mellor posible. Preocúpaste polo ben común, relaciónaste moito coa xente do teu barrio e estás pen-dente del. Somos unha especie de gran familia”.

J.V.: “Nós levamos toda a vida vivindo acá e involucrámonos, porque é a nosa zona, e sempre a queres ver ben, non deixar que

se deteriore e que as autoridades non fagan nada. Pero de xeito individual non se fai nada, as asociacións son imprescindibles para facer forza”.

Ademais, organizades acti-vidades?

M.J.G.: “Si, ioga, aquagim e memoria, cursos patrocina-dos pola Concellería de Par-ticipación Cidadá. Ademais, organizamos pola nosa conta excursións, festas polo magos-to, carnavais, Nadal, charlas, manualidades…”.

Enviádelle unha mensaxe ás autoridades.

M.J.G.: “Neste momento estou valorando moito unha iniciativa do BNG de que as asociacións de veciños teñamos representación no Concello e iso paréceme moi interesante, porque os políticos non teñen por que saber todo o que acon-tece en cada zona, e para iso está ben que os veciños poidan transmitirlles os problemas e así sexan conscientes do que pasa”.

E outra aos vosos veciños.M.J.G.: “Os nosos veciños

xa saben que estamos acá para o que precisen, nós facemos todo o que está na nosa man. Só te-ñen que vir e comentarnos os problemas que vexan porque ao mellor nós non nos damos con-ta, porque non podemos estar en todo o barrio. Pero tamén pre-cisamos máis participación e in-volucración pola súa parte, moi-tos quéixanse pero poucos dan a cara por medo a que lles digan algo. E non é así, temos que es-tar unidos e facer forza. Non é que teñamos moito poder, pero a asociación representa a todo o grupo”.

J.V.: “E en realidade o que fa-cemos é para o ben de todos, e a unión fai a forza. De nada nos vale que veñan e nos expoñan as queixas se despois non nos fir-man os escritos. Pero que veñan e nos digan o que pasa, facemos os escritos que sexan necesa-rios, que para iso estamos”.

A falta de mantemento do mobiliario en toda a cidade, de limpeza trala Feira Medieval ou o retraso na instalación das luces de Nadal son, segundo María Justa Gutiérrez, froito da “falta de previsión”

“Co problema das tarxetas de acceso só nos axudou o BNG”

María Justa Gutiérrez e Julia Vázquez, presidenta e secretaria da AVV Casco Vello dende 2008./S.N.

Page 12: Xaneiro 2015 - Ourense por Barrios

1� Ourense por BARRIOSXaneiro de �015 ECONOMÍA, EMPRESAS E EMPREGO

AB Fitness, o low cost en ximnasios

Mauro Santos é o direc-tor de NENOOS Ourense.

Que é NENOOS?“É un método educa-

tivo para desenvolver a intelixencia de forma di-vertida e eficaz; divertida porque empregamos unha metoloxía lúdica e eficaz porque traballamos as ca-pacidades dos nenos que se deixan de lado no cu-rrículo tradicional, como a atención, a concentración, a creatividade, cálculo mental…

Facémolo utilizando tres instrumentos: o ába-co Soroban, o BrainGym, que son movementos cor-porais que melloran o fun-cionamento do cerebro, e xogos educativos”.

Como se plantexa este método?

“Como unha actividade extraescolar. Dividimos os

nenos por idades: o grupo mini de 3 a 5 anos teñen unha hora á semana, o jú-nior, de 5 a 8 anos, dúas horas á semana, e o máster, de 8 a 1� anos, dúas ho-ras á semana. Son clases dunha hora nas que traba-llamos cos instrumentos en bloques curtos de tempo”.

Para quen vai dirixi-do?

“Para calquera tipo de neno ou nena destas idades; incluso cativos con necesi-dades especiais ou outras diversidades funcionais, que se valorarían en cada caso individualmente”.

De onde parte este cen-tro?

“Nenoos é un modelo de franquía que naceu fai dous anos na Coruña, res-pondendo a ese nicho de actividades que faltaba no desenvolvemento dos ne-

nos e buscando alternati-vas para previr o fracaso escolar. Na actualidade somos �6 centros en toda España e Ourense com-pletou a presenza nas ca-tro provincias galegas”.

Que programa ofer-tades aquí ?

“O primeiro programa que imos desenvolver en Ourense é o programa Ábaco Soroban, en ho-rario de 4 a 8 da tarde de luns a venres e tamén os sábados pola mañá. Para períodos vacacionais está pensado o progra-ma de ocio, de carácter estimulativo e talentoso, e tamén existe o progra-ma Baby-NENOOS para traballar a estimulación temperá de 0 a 3 anos.

Agora estamos ofre-cendo obradoiros gratuí-tos para dar a coñecer o noso método coa idea de que en febreiro comece o curso”.[+ info no 988 �8 �1 �8, 68� �8 59 13 ou r/Pura e

Dora Vázquez, �3]

O director de NENOOS Ourense, Mauro Santos, xunto coas psicólogas Laura, Isabel, Goretti, Lorena e Carmen que conforman parte da plantilla do centro.

O Método NENOOS chega a Ourense

Ab Fitness é o primei-ro ximnasio low-cost da nosa cidade. A apertura os 365 días do ano, con amplos horarios, un-has amplas instalacións equipadas con material deportivo de última xe-ración e “o prezo máis competitivo de Ourense” definen este novo xim-nasio, ubicado na rúa Ra-món Puga.

Segundo o seu xeren-te, José Durán, trátase dunha oferta para todo o mundo, de feito teñen socios desde os 15 anos a xubilados. Unha das súas apostas máis fortes é a sala de fitness, con máis de 150 metros ca-drados de espazo e unha gran variedade de má-quinas, así como máis de 50 postos de cardio, entre cintas, elíptica, bi-cicleta, steps ou remos, “é do máis demandado polos usuarios”, recalca o xerente.

Ademais, en Ab Fit-ness ofrecen máis de oito horas diarias de clases dirixidas. “Funcionan moi ben zumba-step, spinning e outras como abottack, pilates, ioga… en total son máis de 50 horas de clases dirixi-das á semana, desde as

9 da mañá ás 9 da noite, cunha gran variedade e dispoñibilidade de hora-rios”, explica Durán.

Para todos aqueles in-teresados en mellorar o seu estado de forma, Ab Fitness ofrece estes días unha oferta irresistible. “Se fan a alta on line, o custo é de 18,10 euros máis IVE ao mes en abo-no anual, é un prezo que non se da case en ningún lado. Tamén temos ofer-tas alternativas para ins-cribirse nas nosas insta-lacións, como o abono de 19,95 euros ao mes máis IVE, para 1� meses; ou o abono mensual a �9,90 euros máis IVE”, infor-ma o director do centro.

Ab Fitness Ourense é o segundo centro dun-ha cadea que xorde en Lugo a partir do Centro Deportivo Abeiro. “Des-de fai dous anos dado os cambios no sector, valorei a posibilidade de crear a miña propia marca para intentar cre-cer, abrimos AB Fitness Lugo en �013 e Ab Fit-ness Ourense en �014, e queremos seguir crecen-do en Galicia con novas instalacións ou a través de emprendedores que queiran ser franquicia-dos”, relata o seu xeren-te.

[+ info no 988 618 11� ou www.abfitness.es]

Oferta on line: abono anual por 18,10 euros/mes + IVE

Redeseño de Ourense por Barrios

O periódico Ourense por Barrios comeza �015 con cambios no seu dese-ño, cos que busca mello-rar a súa imaxe e facilitar a lectura e a comprensión da información por parte dos lectores.

Dunha banda, optouse por unha tipografía en titulares con máis forza, a Franklin Gothic Heavy, que xa se viña empregan-do en Barrios Deportivo e pasa tamén a utilizarse en Barrios, a publicación que se reparte en Xinzo, Verín, Allariz e Cela-nova. Tamén se realiza-ron outros cambios para conseguir unha maqueta máis limpa e ordeada.

Unha soa ediciónAdemais, a publicación

gratuíta máis veterana de Ourense (leva buzoneán-dose desde 2002) unifica as súas catro edicións nunha soa. Desaparecen a edición O Couto - Vis-tahermosa - A Carballei-ra - A Valenzá; edición Ponte Canedo, edición San Francisco - Xardín - Mariñamansa - Barro-cás e edición Centro - As Lagoas - A Cruz Alta e o periódico pasa a denomi-narse unicamente Ouren-se por Barrios, cunha ti-rada para toda a cidade e a localidade limítrofe da Valenzá de 30.000 exem-plares.

Page 13: Xaneiro 2015 - Ourense por Barrios

13Ourense por BARRIOSXaneiro de �015PUBLICIDADE

Galprofor, entidad especiali-zada en la Consultoria empre-sarial y la formación, inicia un año más de actividad, cargada de proyectos y retos, momento ideal para realizar una valora-ción de su presente y su futuro.

En GALPROFOR ofrecemos una solución integral de forma-ción: estudio de necesidades for-mativas; elaboración del plan de formación de empresa; imparti-ción o gestión de proveedores de formación; implantación y gestión de formación; tramitación, segui-miento y justificación de subven-ciones/ayudas (Gestión FTFE, FIP, FSE…).

¿Qué balance realiza del 2014?

A pesar de todas las dificultades que el entorno económico de crisis nos está haciendo vivir, nuestro ba-lance no puede ser más que positi-vo, no solamente hemos incremen-tado nuestro clientes en el campo de la Consultoria empresarial, como la implantación de la norma LOPD o las normas UNE-ISO, y en el campo de la formación, tanto formación ocupacional para desempleados como FORMA-CIÓN CONTINUA BONIFICA-DA PARA TRABAJADORES, CONTRATOS DE FORMA-CIÓN Y APRENDIZAJE, PER-MISOS INDIVIDUALES DE FORMACIÓN (P.I.F.), nos he-mos estrenado como AGENCIA PRIVADA DE COLOCACIÓN ONLINE, reconocida y homo-logada por el servivio público de empleo, que nace con la misión de ofrecer al demandante de empleo, un proceso personalizado la bús-queda y obtención de un puesto de trabajo.

¿Nuevas acreditaciones?Si, este es uno de los retos y ob-

jetivos que nos planteamos, ofre-cer una formación especializada, de calidad, pero sobre todo certi-ficada, como ejemplos, el CUR-SO DE PREPARACIÓN PARA EL TÍTULO DE CONSEJERO DE SEGURIDAD, donde hemos obtenido un 95% de aprobados, o

ser uno de los pocos centros que puede impartir el curso para obte-ner el CARNET DE CARRETI-LLERO SEGÚN NORMATIVA UNE 58451:2014. Así mismo aca-bamos de terminar el único curso llevado a cabo en nuestra provin-cia en el �014, CURSO DE FOR-MADOR DE ADR FORFOR, sobre Formación para Formadores de Conductores de Vehículos que Transporten Mercancías Peligro-sas, un curso que es casi un master con casi �50 horas teóricas y prác-ticas, con gran éxtito de participa-ción.

¿Algún campo destacado?Además de haber iniciado la

impartición de Certificados de Profesionalidad bajo la modalidad de financiación privada, donde destacamos sobre todo el curso de ATENCIÓN SOCIOSANI-TARIA A PERSONAS DEPEN-DIENTES EN INSTITUCIO-NES SOCIALES, formación obligatoria a partir del presente año para desempeñar dicha ocu-pación, destacamos el futuro en la impartición de Certificados de Profesionalidad online donde esta-mos muy bien posicionados y toda la formación incluida dentro del campo de la Conducción.

¿Retos y objetivos para 2015?Demostrar que las cosas sólo

pueden hacerse de una manera, que es hacerlas bien y apoyado por un equipo de profesionales de calidad. Bajo esta premisa dar ser-vicio a todas las personas y todas las empresas u organizaciones que requieran nuestros servicios, ofre-ciendo profesionalidad, seriedad, compromiso, calidad, creatividad.

GALPROFOR, SOLUCIÓN INTEGRAL DE FORMACIÓN

Noelia López, consultora en Galprofor.

Page 14: Xaneiro 2015 - Ourense por Barrios

14 Ourense por BARRIOSXaneiro de �015 ARTIGOS / SOCIEDADE

4GUÍA DE SAÚDE [anúnciese en [email protected]]

4VETERINARIA4PSICOLOXÍA

O duelo

A pesar de que todos somos conscientes de que temos que morrer e desde pequeniños imos vendo como as personas nos van deixando, a morte segue a ser unha gran descoñecida para nós. Estamos educa-dos nunha cultura que non nos prepara para afrontar a morte dun ser querido e que desde que nacemos nos inculca que non hai nada peor.

É común ter a sensación de que se perdemos a un ser querido moi próximo, como son os fillos, a pa-rella, os pais, non imos ser capaces de supéralo, polo que nos imos sentir desamparados, crendo que estamos ante un reto impo-sible.

Non obstante, chegado ese momento, debemos ter en conta que iso non é cer-to e que si podemos vencer

esa dor e si que imos volver rir e ter ilusións.

O que si é certo é que despois da morte temos que pasar un duelo e de nada vale querer evitalo, xa que é a reacción huma-na máis lóxica que segue a unha perda. Polo tanto, non a debemos de vivir como unha enfermidade.

É frecuente escoitar a persoas que despois da per-da dun ser querido din que se encontran moi mal por-que teñen depresión, cando en realidade non é así, non teñen depresión senón que están pasando un duelo por esa perda irreparable, cuxos síntomas son simila-res aos da depresión.

O duelo é un proceso do-loroso no que non podemos facer nada para evitalo nin para facelo máis breve. É diferente dunhas persoas a outras polo que non nos debemos comparar con ninguén.

Temos que pensar que todo duelo ten un final, pero iso non significa es-quecer.

Ese é un dos temores

máis grandes das persoas que están pasando por esta situación, teñen medo a que se deixan de sufrir tanto cheguen a esquecer-se da persoa. Tende claro que iso é imposible.

O axeitado sería su-perar esa dor tan dura e buscarlle un lugar máis íntimo en nós mesmos, un lugar no que seguimos querendo a esa persoa que xa non está e lembrando o seu sorriso, a súa for-ma de ser, os momentos compartidos… pero que, por outro lado, nos deixa seguir coa nosa vida.

Se estás ante unha si-tuación de duelo fala con outras persoas, comparte con elas como te sentes e comparte os teus senti-mentos. Tamén che pode axudar escribir, como for-ma de desafogo, e se ves que esta situación perdura moito no tempo valora a posibilidade de acudir a un profesional que che axude.

Rosa Mª Feijóo, psicóloga sanitaria

G-4085

“Todo duelo ten un final, pero non sig-nifica esquecerse desa persoa. Iso é imposible”

A pel dos nosos ami-gos peludos é moi fina e sensible, polo que hai que protexela, e esa é a fun-ción principal do pelo nos cans. É imprescindible para previr o frío, a calor, infeccións, filtrar os raios do sol, etc.

O pelo nace nos folícu-los pilosos, unhas estrutu-ras en forma de vaina lo-calizadas na pel. Na base de cada folículo atópase a papila dérmica, a estrutu-ra rica en sangue respon-sable do crecemento do pelo, as células forran as paredes do folículo infe-rior, estas reprodúcense e morren dando lugar ao crecemento do pelo.

Os folículos aloxan glándulas sebáceas, as en-cargadas de producir sebo para a hidratación da pel.

Cada folículo piloso presenta un pelo princi-pal (máis longo, groso e duro) e varios secunda-rios (máis curtos, finos e brandos).

O pelo primario ou pelo de cobertura é a capa ex-terna do manto; encárga-

Máis que pelos!

se de filtrar os raios UV e repeler a auga. O seu crecemento é máis lento. Consta de cutícula, cor-tiza e médula; e ten un músculo erector que se encarga de erguer o pelo cando o can quere parecer máis grande e agresivo ou precisa regular a súa tem-peratura.

En canto ao pelo secun-dario ou subpelo, hai cin-co variedades, segundo a raza e o tipo de pelo, pero todas teñen a función de protexelo do frío e da ca-lor. O seu crecemento é máis rápido, xa que está relacionado estreitamente coa temperatura e luz ex-terior. É o chamado tamén pelo de muda.

[Continúa no vindeiro número]

Montse Castiñeiras,perruqueira do Hos-

pital veterinario Abros

EN BREVE

4 Escola de Nais e Pais

A Concellería de Saú-de inicia unha nova edi-ción da ”Escola de Nais e Pais”, un programa de educación familiar que ten como obxectivo apoiar aos proxenitores no proceso evolutivo, educativo e madurativo de fillos e fillas.

“As familias e a socie-dade”, “Educar para a au-tonomía” e “A familia e a adolescencia” son os tres módulos que se aborda-rán entre febreiro e maio en dúas sesións grupais semanais de hora e me-dia. A inscrición xa está aberta na Concellería de Saúde e é gratuíta.

4 Servizo de Protección Civil

Un total de ��6 opera-tivos (1�0 programados e 56 non programados) requeriron o ano pasado a colaboración do servi-zo de Protección Civil do Concello de Ourense. Así o recolle a súa memoria de �014, ano no que foi integrado no servizo de extinción de incendios e salvamento.

En �014 participaron en Protección Civil 1�6 homes e 38 mulleres. Entre os seus cometidos programados, a colabo-ración con actividades deportivas ou a presta-ción de servizo nas zonas termais e piscinas da ci-dade. En canto aos ope-rativos non programados, tiveron que responder a incidencias meteorolóxi-cas, como inundacións, ou temporais, á busca de persoas desaparecidas ou á colaboración en acci-dentes de tráfico.

Page 15: Xaneiro 2015 - Ourense por Barrios

15Ourense por BARRIOSXaneiro de �015SOCIEDADE / OCIO E CULTURA

Redacción

A Mostra da Oportunida-de chega a súa ��ª edición ofrecendo os mellores pre-zos e vantaxes en milleiros de artigos que converterán a Expourense, entre o ven-res 30 de xaneiro e o do-mingo 1 de febreiro, nun gran centro comercial. O comercio é un dos princi-pais motores económicos e sociais da provincia de Ourense e citas como a Mostra contribúen a dina-mizar as vendas e a captar novos clientes fora da súa área habitual. De feito, o �0% dos expositores desta edición son de Ourense e comarca.

A Mostra é unha cita moi consolidada que conta cun alto índice de fidelida-de tanto por parte do ex-positor (que repite varias edicións) como por parte do público que “reserva sempre unha cantidade da destinada ás rebaixas para investir na Mostra”, indicou Enrique García Boente, vicepresidente da Federación de Comercio de Ourense.

Será unha feira onde se ofrecerán os prezos máis

competitivos nunha du-cia de sectores. O téxtil volverá ser o sector con maior representación nes-ta cita, sumando preto do 40% dos expositores entre moda, calzado, pel, len-cería, xoiaría, bixutería e complementos. O fogar, con ampla variedade en moble, decoración, des-canso ou menaxe ocupa o segundo lugar seguido por outros sectores como a xardinaría, a climatización ou a alimentación.

Estarán presentes, ade-mais, varios centros co-merciais da provincia, que viron nesta cita unha

A Mostra da Oportunidade dinamizará as rebaixas do comercio local4 Entre o 30 de xaneiro e o 1 de febreiro, en Expourense.

excelente ocasión para a liquidación dos seus stocks e para dinamizar as rebaixas de inverno. Acudirán as asociacións de Ourense Centro, do Couto, a Asociación de Comerciantes de Allariz, a Asociación de Comer-ciantes de Xinzo e por primeira vez o Centro Comercial Aberto de O Carballiño, que participa por primeira vez.

Montealegre presenta a súa programaciónRedacción

A edil de Medio Am-biente, Susana Bayo, pre-sentou as actividades pro-gramadas no parque de Montealegre para o inicio deste ano �015. Organiza-ranse tres cursos destina-dos a adultos: zonas hú-midas, mudanza climática e agricultura ecolóxica; e outros tres para rapaces: zonas húmidas, entroido e hortos infantís.

Todos os cursos son gratuítos e xa se pode formalizar a inscrición, na Concellería de Medio Ambiente, a través da web www.botanicode-montealegre.com ou no teléfono 988 3881 35.

Balance de 2014A concelleira fixo ba-

lance dos visitantes que acolleu Montealegre en �014. Un total de 8.138 persoas acudiron a gozar da zona e participar nal-gunha das actividades nel desenvolvidas. Esta cifra supón un incremento dun �5% con respecto ao ano anterior, �013, que reci-bira 6.�0� visitantes.

O ano pasado tamén se realizaron novas planta-cións, que fan que o par-que sume a día de hoxe 51� novas plantas per-tencentes a 134 especies, das cales 8� son arbóreas e 5� son arbustivas ou herbáceas.

Redacción

Dende o 5 ao �� de febreiro, as rúas e pra-zas de Verín acollerán a celebración do Entroido �015, unha das celebra-cións máis orixinais, an-cestrais e participativas de Galicia, declarada Festa de Interese Turísti-co Nacional.

O carnaval arrinca co Xoves de Compadres o día 5, co xuízo e queima do Maragato a medianoi-te.

O Domingo de Corre-doiro, día 8, á mañá, os cigarróns concentraran-se na praza do Concello para posteriormente reci-bir aos fregueses á saída de misa.

ComadresSerá o 1� de febrei-

ro cando chegue un dos pratos fortes desta ce-lebración: o Xoves de Comadres. Á mañá, os escolares da comarca sai-rán en desfile polas rúas da localidade. Pola noi-te, as comadres encherán os restaurantes da vila, nos que cearán e bailarán ao ritmo das charangas. A medianoite, no barrio de San Lázaro, a Raíña do Entroido recibirá a

comitiva de Don Carnal. Centos de mulleres -e moitos homes disfraza-dos- percorrerán as rúas ata a praza Maior, onde terá lugar a lectura do pregón.

No Venres de Compa-dreo - día 13 - o Capu-chón e a Mascarita serán os uniformes oficiais que portarán os asistentes á festa. O sábado 14 cele-brarase o emblemático “Bautizo do Cigarrón”, un acto solemne onde serán investidos, por pri-meira vez, varios ciga-rróns.

O día grande do En-troido, o domingo 15, haberá o gran desfile a mediodía, que se repeti-rá na tarde do Martes de Entroido.

O luns 16 será Fare-leiro, con lanzamento de quilos e quilos de fariña.

O último coletazo do carnaval �015 será o xantar popular de Piñata, para comparsas e carro-zas, o día ��.

En todas as xornadas, non faltará a animación musical na rúa.

Presentación da 22ª Mostra da Oportunidade./S.P.

Preto do 40% dos expositores serán do sector téxtil; tamén acudirán asociacións de comerciantes

Cita co Entroido en Verín 4 O Xoves de Comadres será un dos pratos fortes.

O gran desfile será a mediodía o Domingo de Entroido e á tarde o Martes do Entroido

Page 16: Xaneiro 2015 - Ourense por Barrios

16 Ourense por BARRIOSXaneiro de �015

4HUMOR

ARTIGOS / OCIO E CULTURA

[+ en https://www.facebook.com/ChisteLoiro]

4DIARIO DUNHA EMIGRANTE

Date o luxo de ser positivo

Regresei de España es-candalizada. Agora resulta que, tras xeracións de an-tepasados reforzando saú-de e tono de pel a base de sesións ao fresco, veño eu e amolo unha tradición mile-naria con obrigadas doses de vitamina D en racións de 5 pingas á comida e á cea.

Pensaredes que hiperboli-cei con iso de dicir “escan-dalizada”, pero neste hábitat natutal chamado Escandina-via, o meu antigo “natural” tomou novas dimensións e, paradoxos da vida, perdeu o Norte. E a melanina.

Eu viña aquí con ansias de aprender, de adquirir co-ñecementos e de expandir a miña mente. Nos últimos 36 meses aprendín que a mercadotecnia fai milagres; adquirín unha bicicleta e ampliei os meus límites

de incredulidade cando me din iso de que non hai nada como o verán danés. Re-sumindo: wow!. Vale, non leva a palma como “selfie”, pero desde logo que para min “wow” foi a palabra do �014.

Quizais peque algo -ou moito- desa doenza da que din padecemos os españo-is: exceso de arrogancia. Claro, a menos vitamina D, máis se lle soben a unha os fumes con certas sandeces. E pregúntome eu, que dro-gas venden en Christiania que aínda non tiven o pracer de degustar? Porque a ver se están os daneses póndose finos dalgunha substancia legal alucinóxena, e eu acá, aguantando a realidade dog-mática ao máis estilo Von Trier coa miña vitamina D. Ou flipamos todos, ou o pin-güín ao río!

4CRÓNICAS DOUTRO MUNDO

Angélica Liddell e o centro do mundoEscandalizarme e “des-

devitaminizarme” é unha cousa, pero arroxarme ao foso de certos estereoti-pos, é outra moi distinta. Por certos aros non se pasa.

Non me quero pór en plan Felipe VI, que xa nos chegou co discurso de Na-dal, pero gustaríame em-pezar o ano recoñecendo o noso tremendo potencial e dándome o luxo de ser po-sitiva. Se os daneses son ecolóxicos e se desviven polas enerxías renovables, os españois non tiramos a toalla. A ver quen nos gaña nese rollo da economía sustentable. E dicímoscho en Excel, en PP, en Face-book ou en face to face. Con ou sen vitamina D, a polo �015! Date o luxo de ser positiv@.

Raquel Sertaje

Angélica Liddell non é Keith Jarrett. Aínda que se poidan parecer no sexo, e poida que tamén na cor da súa pel, e na súa nacionalidade, e na súa arte común, no fondo son moi diferentes.

Ou talvez non. Se An-gélica Liddell tocase o piano posiblemente sería tan especial, tan hippy como Jarrett. A diferenza estaría en que o seu Köln Concert sería un Barce-lona Concert. E se Keith Jarrett fixese teatro moi posiblemente escribi-ría pezas tan suxestivas como as que aparecen no libro El centro del mun-do.

Teatro de calidade. Teatro de maiores. E unha obra que son tres obras. Un libro que reco-lle o teatro dunha xera-ción, se puidesemos pen-sar que unha xeración se define por un texto… Si, o libro está formada por Maldito sea el hombre que confía en el hombre, Ping Pang Qiu e Todo el cielo sobre la tierra. Estas obras teñen unha inspiración común, o cuestionamento da nosa condición e o cuestiona-mento das nosas socie-dades.

Desaforada e inocen-te, dura e sensible, poé-tica e prosaica. Angélica Liddell respira a súa xe-nialidade, a súa humani-

dade, por entre as palabras que se mesturan en linguas diversas, en claves diver-sas, en personaxes que son ou non son.

E suceden frases xe-niais, reflexións xeniais… Si, porque debemos des-confiar de quen nos di que nos quere, porque debe-mos desconfiar desa fami-lia que te convida a sen-tarte nunha mesa de vodas porque os convidados son necesarios para finxir nor-malidade, algo que nos debe asustar.

Pero Liddell fala e fala de todo canto poidamos imaxinar… Fala de Tia-nanmen e dos dous homes que pasaron á historia: o home que está fóra do tanque e o home que está dentro do tanque, e das súas traxedias que foron chino-gregas. E fala dos Ricardo III da cultura. Dos ignorantes que xulgan sen saber, deses mesmos ig-norantes, deses mesmos parvos que, por riba, de-masiadas veces, están or-gullosos de selo. Máis que nunca comprobamos que hai un integrista en cada idiota, sen necesidade de relixión, nin de aire acon-dicionado…

Porque o teatro de ver-dade é isto, unha especie de espello que nos devol-ve a nosa imaxe descarna-da, como persoas, como sociedades, e que nos axuda a formularnos pre-

guntas. Nun tempo, nunha crise onde o que cómpre, por riba de todo, é com-prender. Poida que sexa este o sentido, a razón de ser da arte.

Pero eu hoxe quero falar de Angélica Liddell e da súa famila. Non é estraño que sexa parente de Ja-rrett, que á súa vez ambos sexan familiares cercanos de Spike Jonze, de Wes Anderson, de Iñárritu, de Nanni Moretti. De moi-tos e moitos que forman a gran familia da arte.

Será por iso que en pe-lículas como Her, como The Grand Budapest Ho-tel, como Birdman ou como Caro Diario, pode-mos atopar, agochada, en calquera lugar a Angélica Liddell, ou á condición humana.

Manuel Blancomanuel.blanco74@

hotmail.com

Portada de El centro del mundo.

Page 17: Xaneiro 2015 - Ourense por Barrios

1�Ourense por BARRIOSXaneiro de �015OCIO E CULTURA

ENTREVISTA A JORGE VARANDELA, ACTOR DO CENTRO DRAMÁTICO NACIONAL

“O último día de función en Madrid a cola era inmensa”

4 O actor ourensán, Jorge Varandela, representa con grande éxito a obra “El triángulo azul” que chegará a Ourense o 12 de novembro deste ano.

R. Torres

Están lonxe de Ourense e du-rante as festas de Nadal son moi-tos os ourensáns que regresan a casa a pasar uns días de lecer cos seus. Cada ano damos voz a un deses ourensáns que teñen algo que contar. Nesta ocasión abrimos o Ourense por Barrios a Jorge Varandela actor que está a representar a obra “El triángulo azul” co Centro Dramático Na-cional (CND). Obra que chegará ao Auditorio de Ourense en nov-embro, e da que a crítica destaca o gran traballo do actor galego.

Como chegas a ser actor?Jorge Varandela: “Comecei

desde moi cativo. Cando tiña 10 anos facía funcións na escola e os meus pais animáronme a pro-bar. Sempre quixen enfocar os meus estudios cara ás artes escé-nicas; gústame moito interpretar. Licencieime en arte dramático e marchei a Madrid a facer a di-plomatura. Agora estamos mon-tando un espectáculo de último ano, ademais de estar na repre-sentación de ‘El triángulo azul’ do CND”.

É a primeira obra profesio-nal que fas?

J.V.: “En teatro si. Tamén fixen zarzuela, traballei no Teatro Real e fixen ópera, pero facendo un papel secundario”.

E agora estás coa obra “El Triángulo azul.” De que vai?

J.V.: “Trata sobre os españois que estiveron no campo de con-centración de Mauthausen e fo-ron considerados apátridas por Franco que non os quixo reco-ñecer como españois cando co-mezou a ditadura. Falamos deses �.000 que levaron ao campo de concentración dos cales só so-breviviron uns �.000”.

En Madrid colleitastes un

gran éxito. Cando chega a Ourense?

J.V.: “En Madrid actuamos du-rante un mes todos os días. Ago-ra iniciaremos unha xira que nos levará ata final de ano por toda España e fóra do país. A Ourense chegaremos o 1� de novembro e representaremos no Auditorio”.

Actuar nesta obra é unha grande oportunidade?

J.V.: “Para min é un agasallo. Xa non só polo sitio no que en-trei, tamén pola xente coa que entrei e a directora coa que tra-ballo -Laila Ripoll-, que me gus-taba de sempre”.

Cal é o teu personaxe?J.V.: “Fago de Jacinto, que é

un neno que está no campo de concentración e participa na tra-ma sobre o plan dos españois de sacar as fotografías ao exterior para poder ser liberados”.

En novembro chega a obra a Ourense. Que supón para ti?

J.V.: “Sempre quixen actuar aquí. Añoras a túa familia cando

rematas unha función. Boto en falta que veñan verme”.

Por que ten que ir a xente a ver ‘El triángulo azul’ cando veña a Ourense?

J.V.: “Porque é unha historia que non se coñece e foi real. Non sabiamos da existencia deste fei-to, que non é tan lonxano. Cando estabamos en función viña xente que o seu avó estaba nas fotos que proxectamos. A obra foi o fillo do único que segue vivo dos españois de Mauthausen. É unha historia non moi lonxana e debe ser coñecida”.

As críticas portáronse ben contigo. Incluso falan do gran traballo do actor galego.

J.V.: “A verdade é que non pensaba nunca nisto. É certo que me importa a opinión da xente pero impórtame máis gozar co meu traballo. As críticas están sendo moi boas sobre o meu tra-ballo. O grupo axudoume moito e síntome moi apoiado”.

Esas críticas son froito de

moito traballo.J.V.: “Estivemos durante dous

meses ensaiando a razón de seis horas ao día, seis días á semana. Agora seguimos ensaiando para que en cada bolo a función vaia crecendo”.

Hai partes musicais. Tive-ches que traballar a voz?

J.V.: “Fun a clase de voz du-rante un mes, aprendinme dúas cancións e tres escenas para o cásting. Prepareimas todos os días porque estaba nunha situa-ción que si non me saía nada estabame a plantexar deixar a in-terpretación; así que fun a por iso con todas as gañas”.

Teñes outros traballos en carteira?

J.V.: “Teño varios proxectos pero aínda non están pechados. Estou ensaiando unha montaxe de ‘Alicia en el país de las ma-ravillas’ que dirixe Juan Codina. Esperamos estrear a principios de marzo. Tamén estou prepa-rando outras cousas de carácter audiovisual”.

Traballas lonxe de Ourense. Hai máis oportunidades fóra de Galicia?

J.V.: “A realidade é que aquí hai poucas oportunidades. Non me ofreceron nada e iso que o tentei moito. Houbo un momen-to en que tiven que buscar fóra. Para iso esforceime máis e estu-dei máis. Unha das miñas espi-ñas é traballar aquí”.

A túa carreira non acaba máis que comezar pero, cal é o personaxe que te gustaría in-terpretar?

J.V.: “Tiven a oportunidade de ver fai pouco ‘Viaje a ninguna parte’, e é certo que me gustaría interpretar ao personaxe princi-pal. Teño moita predilección por Lorca, entón encantaríame estar nunha das súas obras”.

Como ves o teatro hoxe?J.V.: “Por desgracia non está

nun bo momento. Non é por falta de interese senón por cuestións económicas e políticas que está a vivir o país. O do �1% do IVE cultural é coma unha puñalada polas costas. O teatro é algo ne-cesario, é aprendizaxe e é cultu-ra; non debemos olvidar de onde saiu e a base educativa que ten. A miña experiencia é que a xente ten interese polo teatro.

Os días do espectador o teatro estaba cheo e moita xente na rúa con carteis pedía unha entrada, a mercaba. O último día de función en Madrid a cola era inmensa”.

Jorge Varandela Rodríguez fronte ao Auditorio de Ourense onde actuará en novembro./RAMSÉS

“El triángulo azul” trata dos españois que estiveron no campo de concentración de Mauthausen

“O do 21% do IVE cultural é coma unha puñalada polas costas”

Page 18: Xaneiro 2015 - Ourense por Barrios

18 Ourense por BARRIOSXaneiro de �015 ARTIGOS / OCIO E CULTURA

4AS ANDRÓMENAS E OUTROS CONTOS

Por un euro, un sorriso

Sentouse no chan paseni-ño, como se aquel paquete envolto en papel de cores non lle chamara moito, de-vagarciño foi sacando un a un os anacos de celo pega-dos nas esquinas, sen abri-lo. Chamoume a atención o xeito feble, tan delicado de facelo, para alguén que o vira de xeito descoidado podía parecer que non lle gustara...

Os outros cativos xa abriran os seus agasallos e, ledos, xogaban e rían entre eles, unha festa de berros, de saltos, de ledicia, des-tapárase a felicidade. Eles que pertencen ao equipo dos menos afortunados en bens materiais, saben apreciar cada xoguete que reciben, son receptores da solidariedade dos ouren-sáns que levan toda unha

década mercando un lapis para que eses agasallos os fagan felices.

Pero aquel máis tranqui-lo seguía destapando o seu pequeno tesouro, sen apa-rentar moito entusiasmo, vin como dobraba o papel, pranchándoo coa man, como se lle pasara o ferro estirando cada unha das en-rrugas.

Este ano un dos máis du-ros da crise económica, os comercios, os voluntarios e as xentes anónimas achega-ron o seu esforzo para facer que se puidera levar esas pequenas boas novas aos que máis o merecen.

Ollei cun pouco de tris-tura para aquel que no seu recuncho abría, agora si, aquela caixa con aparente desidia, e vin como sacaba o taboleiro e colocaba as pe-

zas do xadrez que lle pedi-ra aos reis, primeiro as ne-gras, despois as brancas. Cando rematou ergueuse e mirou o taboleiro no chan perante un bo anaco.

Cheo de curiosidade achegueime, entón repa-rou en min, unha bágoa esvaroulle pola meixela, pero os seus ollos brilla-ban cunha forza que des-lumbraba, mentres me dicía grazas vin debuxada naquela cariña agarimosa un sorriso, aquel sorriso era o verdadeiro premio aos esforzos de toda esa xente que colaborara unha vez máis nesta campaña.

Sen darme sequera con-ta, a min tamén os ollos se me encheron de bágoas cando ao abrazalo me deu aquel bico.

Avelino Jácome

A representante de Las Hermanas Adoratrices (centro de acollida para mulleres e me-nores) recibindo do xerente de Juguettos Ourense, Manuel Lorenzo, os distintos rega-los obtidos dentro da campaña “Por un só euro, un sorriso”.

4IMAXES DO MES

Papá Noel viste de verdeDende a ANPA do CEIP Albino Núñez quixeron agradecer o xesto que o garda civil

Óscar Castillo tivo coas familias máis necesitadas do centro escolar, achegándolles lo-tes de Nadal, xoguetes e roupa de segunda man.

Este Papá Noel non chegou nun trineo, senón nun furgón branco, e non viste de ver-mello, senón que leva uniforme, pero co seu esforzo e solidariedade repartiu a ilusión e a maxia propias das festas navideñas, para que ninguén perdese o seu anaquiño de felicidade. “Grazas de todo corazón. Oxalá moitos se contaxien do que está facendo este gran home por todos os nosos nenos e familias. Porque entre todos podemos consegui-lo”, aseguraba Margarita Montes, membro da ANPA Casardomato.

O guardia civil Óscar Castillo entregando agasallos no CEIP Albino Núñez.

Un neno ourensán, vencendor no Concurso Nacional de Contos de Infancia Misioneira

Carmelo Gálvez Alvariño, alumno de 1º da ESO do Seminario Menor Inmaculada de Ourense foi o gañador este ano do Concurso Nacional de Contos de Infancia Misionei-ra. “Carmelo Alvariño, só é un neno; quere ser misioneiro e chegar ao mundo enteiro repartindo agarimo”. Así comeza o conto gañador do certame, que ten forma de rap. Carmelo achegou a Madrid a recibir o seu premio, un computador portátil, da man de Anastasio Gil, director nacional de Obras Misionais Pontificias.

Xunto a el, rapaces de Vitoria, Zamora e Valencia completaron os galardóns do cer-tame, patrocinado pola Editorial PPC e que busca expresar a través do conto o carisma da Infancia Misioneira.

De esquerda a dereita: Carmelo Gálvez (1º premio); Anastasio Gil (director de OMP), Adrián Fernández (3º premio) ; Carmen Sánchez (Mención especial) e Andrea Prieto (2º premio).

Page 19: Xaneiro 2015 - Ourense por Barrios

19Ourense por BARRIOSXaneiro de �015

ARTIGOS / OCIO E CULTURA

Asmior entregou cestas de Nadal aos seus socios./RAMSÉS

Asmior festexou o NadalA Asociación de Minusválidos Ourensanos fixo entrega o pasado 20 de decembro das

tradicionais cestas de Nadal, que cada ano fan chegar de balde a todos os seus socios que colaboran na venta de cupóns. Así mesmo, organizaron a súa tradicional comida para festexar xuntos esas sinaladas datas. A esta xuntanza asistiron unha vintena de persoas, os socios que teñen maior facilidade para desprazarse.

4 Elí Ríos gaña o Premio Pura e Dora Vázquez

A escritora coruñesa Eli Ríos (Londres, 196�) coa obra “Bicha” (presenta-da baixo o lema “Pumu-qui”), foi a gañadora da XII edición do “Premio Pura e Dora Vázquez de Narración”, dotado con 1.500 euros, que convoca a Deputación de Ouren-se. O xurado destacou da obra premiada “o atractivo dos seus per-sonaxes para o lector e a importancia que o relato dá á amizade entre nenos e animais, ademais de axeitarse perfectamente para ser ilustrada dentro do espírito do premio”. De todos os textos pre-sentados ao premio, o xurado destaca a gran ca-lidade literaria.

A obra gañadora será enviada aos interesados en participar no “XII Pre-mio Pura e Dora Vázquez de Ilustración”, para o que está aberta a entrega de traballos ata o 30 de marzo. Nesta modalida-de tamén se establece un premio de 1.500 euros.

4 Inscrición aberta para o Concurso de Comparsas

Os interesados en par-ticipar no Concurso de Comparsas deste Entroi-do �015 xa poden inscri-birse ata o 1� de febreiro na Concellería de Cultu-ra, no 988 388 136 ou en [email protected].

O desfile terá lugar o domingo 15 de febreiro, e o Rei e Raíña recibirán 600 euros; as tres mello-res comparsas con menos de 10 compoñentes serán agasalladas con 400, 300 e �00 euros, respectiva-mente; e as de máis de 10 compoñentes, con 900, �00 e 500 euros.

Tamén haberá premios especiais, de 300 euros, para a comparsa máis nu-merosa, a máis ocorrente, coa mellor animación, o mellor deseño e a mellor música. Así como axudas para todos os que comple-ten o desfile. As carrozas recibirán 1�0 euros, e as comparsas dende 60 a �10 euros.

EN BREVE4IMAXES DO MES 4ARQUIVO VISUAL OURENSÁN

A cuadrícula imperfecta Cidade de silencios eternos, de grises e azuis da cor

da morneza, de coitelos afiados e traxes de aluguer. Confusión: ensaio e erro. Posturas imposibles e facha-das de cartón.

Laberinto univial, escenario onde a desidia debuxa amenceres de pedra e lamento, e, o tempo, maquilla un espazo ermo. Barbeito feito costume. Abandono que busca amparo en desabrigados criterios, cando non se fai o que se di, nen se pensa o que se fai. Cando o bicho habita no pensar e a apatía anida no sentir.

Tras as ingrávidas palabras do falabarato, agóchase o desterro merecido no lado mate da Galicia interior, onde nunca pasa nada, onde todo é o que parece.

Fernando Valcárcel, membro do AVO

Vista aérea de Circa en 1955./DESCOÑECIDO

Accidentada Cabalgata

O que pretendía ser unha das novidades da Cabal-gata de Reis, as carrozas autopropulsadas, resultou un desacerto, ao pinchar dúas delas antes incluso de cruzar a ponte Romana. Os incidentes obrigaron ás súas Maxestades a com-partir carroza e desespera-ron a moitos dos presentes ante o retraso acumulado no desfile.

Melchor, Gaspar e Baltasar compartindo carroza. O Conce-llo esixirá responsabilidades á empresa que as construiu./R.T.

Page 20: Xaneiro 2015 - Ourense por Barrios

�0 Ourense por BARRIOSXaneiro de �015

DEPORTES

As xogadoras do Cidade As Burgas celebrando un gol contra o Ordizia./RAMSÉS

Vitorias de Cidade e Ourense4 No final da primeira volta.

R. Torres

Os equipos ourensáns da Primeira División do fútbol sala, Ourense En-vialia e Cidade As Burgas, venceron na xornada que pechaba a primeira volta do campionato.

O Cidade xogaba na casa contra o Ordizia. A pesar do dominio, as lo-cais non foron quen de adiantarse no marcador en toda a primeira metade. Chegou a segunda metade e con ela os goles. Vanessa Sotelo, Sonia Pacios, Can-dela e Peke firmaron os catro tantos das franxiver-des. O Cidade mantense, con 39 puntos, a dous do líder, Futsi, quen venceu ao Universidad de Alican-

te por 5-1.

Ourense EnvialiaAs pupilas de Óscar

Vivián desprazábanse ata Bilbao para enfrontarse ao pechacancelas Tecuni. As ourensás tiveron que exprimirse para sacar adiante os tres puntos. 4-5 foi o resultado final dun encontro en que as albinegras tiveron que re-montar por dúas ocasións un resultados adverso. Anita -por dúas oca-sións-, Sara Moreno, Bea Seijas, e Isabel en propia porta foron as goleadoras do Ourense Envialia.

O Ourense mantén a sétima posición con �6 puntos, a seis da cuarta posición.

Unha UD Ourense a toda máquina4 Derrotou ao Peroxa B.

Redacción

O Club Ourense Ba-loncesto caeu derrotado no Paco Paz ante o Llei-da por 68 a �0.

O equipo dirixido por Gonzalo García de Vi-toria xa non se atopaba cómodo desde que sal-tou á cancha do Pazo dos Deportes Paco Paz. Con todo, a maioría dos

minutos estivo por encima do marcador, pero sen a sensación de que ía rom-per o partido en ningún momento. 11 puntos foi a máxima renda pero pouco lles durou. Quizais culpa disto sexa un virus gripal que arrasou a boa parte dos cobistas.

Non tiveron o día os Arco e Rivero, e Rejón tivo escintileos de lucidez

con momentos de obce-cación. Brothers segue con ansiedade e Gerami-poor creción nos minutos que estivo no parquet.

A pesar dunha reacción final, o COB sucumbiu por segunda vez na tem-pada ante o Lleida.

LíderNesta xornada ta-

mén caeron Palencia e Breogán polo que o Ourense mantense como primeiro. Precisamente estes dous equipos xo-gan esta fin de semana a Copa. A Liga reanudase o 6 de febreiro co parti-do entre o Valladolid e o COB.

Tropezo do COB no Paco Paz ante o Lleida4 68-70 foi o resultado.

R. Torres

A Unión Deportiva Ourense logrou unha nova vitoria, esta vez ante o Peroxa B por cinco goles a cero. Con marcha de Segunda Rexional vai a UD cada vez que salta a un terreo de xogo. Nesta ocasión a vítima foi o fi-lial do Peroxa quen sufriu a calidade dos xogadores unionistas.

Uns 1.000 afecciona-dos reuníronse no esta-dio do Couto para alentar ao seu novo equipo. Un

equipo que nas 16 xor-nadas disputadas leva 48 puntos. Os capitalinos cada vez teñen máis preto o ascenso se temos en con-ta que lle sacan 19 puntos ao cuarto clasificado (este non ascende), o que supón seis partidos de diferenza.

GolesTres goles na primeira

metade (Julio Salgado, Roberto Almeida e Xaco) deixaban o encontro sen-tenciado. Na segunda pouca historia; Santi e Chechu cun gol cada un

deixaban o 5-0 definiti-vo. Os dous dianteiros saíran de refresco tralo descanso.

Ribadavia AtléticoA UD visita no Xestal

ao Ribadavia Atlético na vindeira xornada. Os do Ribeiro ocupan a cuarta posición con �9 puntos.

Guille Rejón no partido contra Lleida./RAMSÉS

Santi loitando polo balón co porteir do Peroxa./R.T.

I Miño RadikalRedacción

Presentouse na sala de Xuntas do pavillón dos Remedios a primeira edi-ción do Miño Radikal. Unha proba que terá lu-gar o �� de febreiro e que consiste en superar todo tipo de obstáculos ao longo dun circuíto de 3,5 quilómetros ao cal hai que dar dúas voltas.

O prazo de inscrición xa está aberto e rematará o día 10 de febreiro para os que queiran a recollida de chip e dorsal anticipa-da, e ata o día 1� para o resto de participantes que recollan o seu dorsal no pavillón dos Remedios o día anterior á proba. O prezo é de sete euros con aluguer de chip e cinco euros para os que teñen o chip en propiedade.

Como é unha proba de obstáculos e nalgunha zona hai que reptar, to-dos os participantes de-berán levar o seu dorsal nas costas.

O centro neurálxico do evento será no parque da Ponte, sendo a saída ás 11 horas. Pódese partici-par de forma individual ou por equipos mixtos de catro persoas (alome-nos unha persoa dun dos sexos).

Para máis información e inscrición pódese con-sultar na web do Consello Municipal de Deportes: deportesourense.com.

I Miño Radikal. /RAMSÉS

Cross en Ribadavia Redacción

Este sábado 31 de xa-neiro celébrase na área recreativa da Veronza en Ribadavia o Campionato Provincial de Cross esco-lar e absoluto. Tamén se disputara a segunda edi-ción do Cross popular de

Ribadavia, aberto a todo aquel que queira partici-par. A organización corre a cargo do Club Deporti-vo Aurum.

A competición come-zará coa proba absoluta feminina ás 10:30 (5.000 metros) e rematará arre-dor das 13:00 horas can-do se dispute a proba ab-soluta masculina (8.000 metros).

Page 21: Xaneiro 2015 - Ourense por Barrios

�1Ourense por BARRIOSXaneiro de �015

PUBLICIDADE

Page 22: Xaneiro 2015 - Ourense por Barrios

�� Ourense por BARRIOSXaneiro de �015

Ourense por Barrios. Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-3�.3�3.9�5. Depósito Legal: OU 15-�015. Redacción: r/ Bedoya � 1º Of. 6 - 3�004 Ourense. Tel: 988 045 35� Correo-e: [email protected]. Distribúe: Visual. Imprime: Publicaciones Tameiga.Directora: Paula Lodeiro. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción: Paula Lodeiro, Ramsés Torres. Fotografía: Ramsés Torres, Paula Lodeiro. Colaboracións: Silvia Nieto, Raquel Sertaje, Pablo Feijoo, Manuel Blanco, Fernando Valcárcel, Manuel BlancoNº 1 - Ano: XII - Xaneiro de �015 - Difusión: 30.000 exemplares. Impreso en papel 100% reciclado. A opinión do periódico exprésase só no editorial, os artigos e cartas ao director expoñen posturas persoais. Este periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Se ten algún problema co reparto, chame ao 988 045 35�.

Concello Ourense 988 388 100Concello Barbadás 988 360 000Deputación 988 385 100Xunta de Galicia 01�Pazo de Xustiza 988 3�0 ��8 Policía Local 09� / 988 388 138P. Local Barbadás 988 ��1 050Policía Nacional 988 391 ��1Guardia Civil 988 �35 353Guardia C. Tráfico 988 222 881ITV 90� 309 000Bombeiros 080 / 988 3�0 000Incendios forestais 085Prot. Civil �4 h. 988 510 �54Prot. Civil Barbadás988 391 4�9Cruz Roja Ourense 988 ��� 484SOS Galicia 11�Urxencias e ambulancias 061Consultas sanitarias90� 400 116H. Sta. Mª Nai 988 385 499Hospital Cristal 988 385 500Atención Cidadán 988 39� 909Teletaxi 988 �1 00 11Taxis A Valenzá 988 �51 4�1Taxis Carrefour 988 �31 65�RENFE 90� �40 �0�Estación autobuses 988 �16 0��Correos 988 ��3 083 Fenosa 988 ��� ���Aquagest 988 �50 088Atención menor 900 �0� 010Asoc. Diabética Auria988 ��6 608AECC 988 �19 300C. C. Antisida 988 �33 000Alcer 988 ��9 615AFAOR 988 �19 �9�Alcoh. Anón. 646 645 119�4h. Alc. Anón. 988 �69 540Alcoh.An. �4h. 988 �� �6 �3 Asoc.Crohn 630 136 44�Down Ourense 988 3�0 313Atención Muller Maltratada 016

4TELÉFONOS DE INTERESE

4AUTOBUSES: liñas e horarios dos urbanos de Ourense en www.urbanosdeourense.es e liñas e horarios dos buses a A Valenzá en www.anpian.com

4ANUNCIOS CLASIFICADOS

VENDAS

TRABALLO[Deixe os seus anuncios no 988 045 35� ou en [email protected]. Gratuítos para particulares]

SERVIZOS / CLASIFICADOS

CONTACTOS

VENDA/ALUGUER

4AXENDATeatro- 31 de xaneiro - El Mi-

sántropo- �0.30 h - Teatro Principal

- 6 de febreiro - Pan! Pan! - �0.30 h - Teatro Principal

- 13 de febeiro - ¿Quién saca los cubos? - �0.30 h - Teatro Principal

Cine- �9, 30 e 31 de xanei-

ro - A Esmorga - �0.30 h - Auditorio Municipal

- 4 de febreiro - Mommy - 18 h - Biblioteca Pública Nodal

Música- 31 de xaneiro - Con-

certo acústico de Priscila - �0.30 h - Ponte Vella

- 5 de febreiro - Con-certo de Javier Perianes Eclave de Cámara - �0.30 h - Teatro Principal

- 6 de febreiro - Con-certos de The Pink Tones - �� h - Auditorio

- � de febreiro - Concer-to de Lucía Pérez - �0.30 h - Liceo

- 15 de febreiro - Con-certo de Ménage á trois - �� h - Plaza San Martiño

www.periodicobarrios.com

4FELICITACIÓN

Eladio Cabano Va-quero. 24 de decembro.

A túa familia e amigos deséxache moitas felici-dades!

Alúgase praza de garaxe pecha-da na rúa Quintián. 40 euros/mes. Tel. 639 �13 600.Alúganse apartamentos de 1 e 2 habitacións, axardinados, aparcamento en Montalvo miran-do ao mar. Ideais para Semana Santa, pontes e verán. Tel. 60� ��1 916.Alúganse oficinas con mobles na rúa Progreso, frente ao Palacio de Xustiza. Tel. 63� 005 910.

Licenciada en Belas Artes im-parte clases de debuxo, pintura e escultura para nenos e adul-tos. Tel. 669 603 414.Clases A Domicilio durante o curso �014-15. Especialidade en matemáticas xerais. Todas as etapas. Tamén outras mate-rias. Ampla experiencia. Eco-nómico. Con CAP. Tel. 610 38 �5 89. clasesadomicilio�[email protected]écese mozo para traballar en almacéns. Tel. 6�� 6�1 408.Ofrécese señora para traba-llar en casas coidando persoas maiores, nenos, tamén de noite, sen seguro. Tel. 669 434 330.Busco persoa para coidar a unha señora maior. Ofrezo casa, horario e soldo a convir. Zona Allariz. Tel. 608 69 65 �3.Licenciada en Tradución e Interpretación dá clases de in-glés e francés. Todos os niveis. Clases individuais e grupos re-ducidos. Tel. 664 590 604.Danse clases particulares de pintura artística: oleo, acua-rela, pastel, acrílico... Todos os niveis. Máis de 40 anos de ex-periencia. Tel. 68� 193 344.Danse clases particulares de Photoshop e deseño gráfico. Todos os niveis. Con máis de �0 anos de experiencia. Tel. 66� 508 333.Ofrécese señora galega de 50 anos para tarefas domésticas, pasar o ferro, etc. e para coi-dado durante a semana e fin de semana de persoas maiores ou enfermos. Para Ourense e proximidades. Tel. 645 ��0 510.Búscase persoal para empresa de axuda a domicilio “Ao teu lado” de Verín. Tel. 68� 0�3 641.Ofrécese señora española para traballar unha hora ao día ou á semana para tarefas do fogar, coidado de enfermos, nenos e anciáns. Dispoño de vehículo. Prezo a convir. Con moita ex-periencia. Tel. 6�0 05� 1�3.Ofrécese señora con informes para coidar persoas maiores. Tel. 63� 005 910.

Vendo estanterías metálicas de varias medidas e dúas básculas. Tel. 6�9 040 604.Vendo 2 sillóns de perruquería de señoras, hidráulicos, semi-novos, cor salmón. 160 euros + envío. Tel. 630 531 ��8. Atendo whatsapp. Persoa de contacto: Carmen.Vendo videos e revistas de Na-tional Geographic. 50 euros. Tel. 616 �86 60�.Vendo táblet nova. �5 euros. Tel. 616 �86 60�.Véndese compresor de aire ABC VG-5-PC industrial 6CV-HP, presión 8Kgs/cm� psi115, �50 Litros/minuto cfm �36,48 ve-locidad 650 depósito 300Litros, peso neto �10Kgs, peso Bruto 310Kgs. Prezo 1.000 euros. Tel. 68� 193 344.Vendo 36 fiestras corredeiras de aluminio branco con aislamiento, cristal doble Climalit. Medidas: 5�cms de alto por 115cms de largo. Prezo 95 euros cada unha. Telf. 68� 193 344.Vendo dúas portas de aluminio branco con cristal, sen marco. Medidas: �35cms de alto por �8cms. A porta pódese adaptar de xeito sinxelo ao facer o marco. Ten pechadura con chave. Prezo: 80 euros cada unha. Tel. 68� 193 344.Véndese porta de aluminio con cristal blindado, sen marco. Me-didas: �3x�09 cms. Ten pechadu-ra e chave. Tel. 68� 193 344.Véndese caldeira de calefac-ción de gas cidade, apeiros de labranza para decorar e sofá3+� seminovo. Tel.63� 005 910.

Ofrécese mozo de 34 anos para mulleres de 40 a 65. Unha hora, �5 euros. Tel. 66� �81 31�.

Fanse reparacións en fogares e negocios. Carpintería, persianas, mobles... Moi económico. Tel. 656 �8� 460.Ofrécese señora para servizo doméstico ou empresas de lim-peza. Tel. 616 �44 ��8.Perruqueira con 20 anos de experiencia e coñecementos de estética ofrécese para traballar en fins de semana soltos. Tel. 685 9�1 034.

Véndese piso de 3 habita-cións, con garaxe e trasteiro, en Vigo (Praza España). Bo prezo. Tel. 639 816 �09. Urxe vender apartamento en Praia América (Nigrán). Dúas habitacións, baño, cociña ame-ricana, trasteiro e garaxe. A 5 minutos da praia. Tel. 636 4�� 49�.Véndese casa na estrada de Santiago con finca. Tel. 637 005 910.Vendo casa no Carballiño semi restaurada, con finca, 40.000 euros negociables. Tel. 645 ��0 510.Alúganse 2 naves de 4�� e 454 m�. xuntas ou separadas en Polígono de Pereiro de Aguiar: parcela Nº 15, fronte A Codis-oil). Tel. 639 6�� 43�.Alúgase amplo bar-restauran-te céntrico en r/Marcelo Macías moi preto da av. de Ourense. O seu nome actual é “Punto de Encontro” e ten todo o necesa-rio para abrir ao público. Póde-se ver sen compromiso. Prezo a convir. Tel. 64� 0�6 0�4.Vendo piso en Marcelo Ma-cías, 3 dormitorios, calefacción, aire acondicionado, ascensor, � galerías, parquet, amoblado sú-per luxo. Tel. 988 �� �5 �4.Alúgase praza de garaxe ao lado da praza do Couto. 45 euros. Tel.606 035 �81.Alugo piso zona O Couto. Re-formado. Tel. 6�� 494 645.Vendo piso en Carlos Maside (O Couto). Tres habitacións, calefacción e amplia bodega. Totalmente reformado. Prezo económico. Tel. 6�� 494 645.Alugo local económico e acon-dicionado de 15 metros cadra-dos. Xunto parada de autobús. Certificado enerxético E. Tel. 6�� �03 131.Alúgase praza de garaxe pe-chada con pequena adega en Faustino Santalices. Tel. 988 �1 �9 00.

Véndense dous radiadores de 1500 e 50 vatios. Novos (un con garantía). Tel. 6�6 �9� 504.Vendo xerseis feitos a man por encargo 10 euros, e bolsos de tra-pillo a 3 e 5 euros. Tel. 664 096 953.Vendo sensores de aparcamen-to con pantalla led que indica distancia e lado de colisión (va-rias cores) e regalo instalación en Ourense. En 3h telos instalados con acabado profesional garan-tido por 40 euros. Unha das úl-timas medidas de seguridade ao teu alcance. Tel/Whatsapp 66� 830 310.

Vendo manequíns en perfecto estado, modernos con pelo escul-pido moi bonitos. 150 euros cada un (os tres, 400 euros). Tel. 988 �5 43 59.Vendo colchón antiescaras por 40 euros, e coxíns de látex por �5 e �0 euros. Tel. 606 035 �81.Véndese leña de carballo. Tel. 630 5�1 448.En Xinzo véndense cinco rodas de Ford Escort 18560R14 en bo estado, e varias ferramentas de albanelería. Tel. 663 3�6 00�.

Page 23: Xaneiro 2015 - Ourense por Barrios

�3Ourense por BARRIOSXaneiro de �015PUBLICIDADE

Page 24: Xaneiro 2015 - Ourense por Barrios

Ourense por BARRIOSXaneiro de �015