boletin xaneiro 2014

2
BOLETÍN PARROQUIAL Nº 170 - Xaneiro 2014 PARROQUIA SAN FRANCISCO DE ASÍS DOS TILOS UN NOVO ANO É UNHA NOVA OPORTUNIDADE É certo que os días e as súas circunstancias non cambian porque cambiemos de ano, pero nunha sociedade como a actual, na que todo ou case todo o situamos no tempo, comezar un ano novo tamén se pode aproveitar para facer novos pro- xectos. Os cristiáns estamos a celebrar o nacemento de Xesús, este acontecemento é para todos nós unha resposta a tantos interrogantes, especialmente, sobre as situacións de pobreza, de crise económica, de guerras, etc., que crean desgana, desalento e falta de ilusión. O Nadal, situado no contexto da vida persoal e social, debe ser- virnos para mirar cara a diante, é o gran acontecemento que nos invita a vivir con esperanza renovada cada día. Recordade aquel dito: “Fai máis ruído unha árbore que cae que un bosque que medra”. O bosque, semella a historia. E certo que a historia está chea de moitos acontecementos difíciles de entender, que nos impiden ver as pequenas cousas de cada día que conforman a propia historia. Mirándonos a nós mesmos, mirándome a min mesmo, tendo en conta a presenza do Señor entre nós (o Enmanuel), ¿que debo facer para que eu cambie e cambie, en consecuencia, a vida social non só da miña contorna senón tamén a historia de máis lonxe? REMATAMOS O CAMIÑO NA CATEDRAL Como diciamos no boletín anterior, o día 14 de decembro, coa misa de 12, tiñamos previsto rematar o camiño diante da tumba do Apóstolo. Así foi. Presidiu o Deán da Catedral, D. Segundo Pérez e concelebraron: D. Xosé Antonio, veciño da nosa parroquia, e vicario territorial da diocese na vicaría de Santiago, o pai franciscano Honrubia da fraternidade de Santiago, o coen- go da Catedral, D. Ramiro Calvo, e mais o noso párroco, D. Benjamín. Era emocionante ver, rodeando o altar maior da Catedral, o grupo de fregue- ses peregrinos, flanqueados polo coro parroquial e outros fregueses a dereita do altar. O órgano catedralicio soaba baixo os acordes doutro fregués, Adrián, organista da catedral. As monicións, invocación ó Apóstolo (que podedes ver neste boletín) e lecturas da Palabra de Deus léronas adultos e nenos da nosa parroquia. D. Segundo, na resposta homilética, loou á nosa parroquia e animounos, repetidas veces, a ser unha comunidade parroquial viva. Animou ó coro parroquial a participar, como tal, noutras celebracións catedralicias. O mesmo P. Honrubia, franciscano, manifestou a súa ledicia, no nome da fraternidade franciscana, por estar participando nesta eucaristía. Foi un encontro eucarístico verdadeiramente vivo e emocionante no que, fre- gueses presentes ou ausentes, estiveron permanentemente vivos na pregaria eucarística. O Apóstolo Santiago e S. Francisco de Asís foron, xunto con María, os coprotagonistas, neste punto e seguido, deste acto preparatorio das vodas de prata parroquiais. A todos: “ Paz e Ben”.

Upload: parroquiadostilos

Post on 29-Jul-2015

248 views

Category:

Spiritual


8 download

TRANSCRIPT

Page 1: Boletin xaneiro 2014

BOLETÍN PARROQUIALNº 170 - Xaneiro 2014

PARROQUIA SAN FRANCISCO DE ASÍS DOS TILOS

UN NOVO ANO É UNHA NOVA OPORTUNIDADE

É certo que os días e as súas circunstancias non cambian porque cambiemos deano, pero nunha sociedade como a actual, na que todo ou case todo o situamosno tempo, comezar un ano novo tamén se pode aproveitar para facer novos pro-xectos.

Os cristiáns estamos a celebrar o nacemento de Xesús, este acontecemento é paratodos nós unha resposta a tantos interrogantes, especialmente, sobre as situaciónsde pobreza, de crise económica, de guerras, etc., que crean desgana, desalento efalta de ilusión. O Nadal, situado no contexto da vida persoal e social, debe ser-virnos para mirar cara a diante, é o gran acontecemento que nos invita a vivir con

esperanza renovada cada día.

Recordade aquel dito: “Fai máis ruído

unha árbore que cae que un bosque que

medra”. O bosque, semella a historia. Ecerto que a historia está chea de moitosacontecementos difíciles de entender, quenos impiden ver as pequenas cousas decada día que conforman a propia historia.

Mirándonos a nós mesmos, mirándome amin mesmo, tendo en conta a presenza doSeñor entre nós (o Enmanuel), ¿que debofacer para que eu cambie e cambie, enconsecuencia, a vida social non só damiña contorna senón tamén a historiade máis lonxe?

REMATAMOS O CAMIÑO NA CATEDRALComo diciamos no boletín anterior, o día 14 de decembro, coa misa de 12,tiñamos previsto rematar o camiño diante da tumba do Apóstolo. Así foi.Presidiu o Deán da Catedral, D. Segundo Pérez e concelebraron: D. XoséAntonio, veciño da nosa parroquia, e vicario territorial da diocese na vicaríade Santiago, o pai franciscano Honrubia da fraternidade de Santiago, o coen-go da Catedral, D. Ramiro Calvo, e mais o noso párroco, D. Benjamín.

Era emocionante ver, rodeando o altar maior da Catedral, o grupo de fregue-ses peregrinos, flanqueados polo coro parroquial e outros fregueses a dereitado altar. O órgano catedralicio soaba baixo os acordes doutro fregués,Adrián, organista da catedral. As monicións, invocación ó Apóstolo (quepodedes ver neste boletín) e lecturas da Palabra de Deus léronas adultos enenos da nosa parroquia. D. Segundo, na resposta homilética, loou á nosaparroquia e animounos, repetidas veces, a ser unha comunidade parroquialviva. Animou ó coro parroquial a participar, como tal, noutras celebraciónscatedralicias. O mesmo P. Honrubia, franciscano, manifestou a súa ledicia,no nome da fraternidade franciscana, por estar participando nesta eucaristía.

Foi un encontro eucarístico verdadeiramente vivo e emocionante no que, fre-gueses presentes ou ausentes, estiveron permanentemente vivos na pregariaeucarística.

O Apóstolo Santiago e S. Francisco de Asís foron, xunto con María, oscoprotagonistas, neste punto e seguido, deste acto preparatorio das vodas deprata parroquiais.

A todos: “ Paz e Ben”.

Page 2: Boletin xaneiro 2014

Misa en la Catedral (14-12-2013):Invocación al Apóstol Santiago:Apóstol Santiago, amigo del Señor: Esun honor para nosotros, comunidadparroquial de S. Francisco de Asís deLos Tilos, estar en la casa de nuestroDios y ante tu sepulcro. Lo hacemosindividualmente con frecuencia, pero,hoy, lo hacemos como comunidad decreyentes.Santo Apóstol, gracias por habernoslegado la fe en Jesús, cuyo nacimientoestamos preparando un año más; gra-cias, por mantener y afianzar esta fe encada uno de nosotros; gracias porseguir marcando los pasos de nuestravida como seguidores del Señor.

Apóstol Santiago, queremos pedirte,para todos y para nuestra parroquia,que compartas con nosotros: ilusión,esperanza, capacidad de ser testigoscon la palabra y los hechos; que jamásseamos portavoces del desaliento nidel desencanto; que nos contagies conel espíritu de amor a los pobres y a lanaturaleza que le diste al otrora pere-grino Francisco de Asís.

Querido Apóstol, queremos pedir tuintercesión por los pobres, por los fal-tos de trabajo, por los necesitados decariño, por nuestros enfermos y portodos los enfermos; en resumen, tepedimos por todos los que lo estánpasando mal.

Queremos recordar, Santo Apóstol, atodos los que, peregrinos en esta vida oya en la eternidad, han hecho y hacen

posible que tengamos un complejoparroquial, con guardería, con una aso-ciación recreativa y cultural y un sen-cillo pero bellísimo templo, dondepodemos crecer, jugar, disfrutar detodo lo bueno y darte gracias en la ora-ción y en la eucaristía.

Protégelos y protégenos a todos,Apóstol Santiago.

PARROQUIA VIVA

1.- Festa de Santa María, Nai de Deus.Só hai misa ás 12.6.- Festa dos Reis Magos.12.- Prosegue o curso de catequese, ás 11.13.- Reunión do grupo de adultos paraestudar a Exhortación ApostólicaEVANGELII GAUDIUM, ás 20,30.15.- Reunión de catequistas, ás 20,30.16.- Reunión dos pais e nais dos nenose nenas de 2º de Primeira Comuñón,nun local da Asociación Recreativa eCultural, ás 20,30.20.- Reunión do grupo de liturxia, ás20,30.24.- Pleno do Consello Pastoral parro-quial, ás 20,45.29.- Reunión do grupo de Cáritas, ás20,30.

ACONTECEMENTOS

Bautismos:Xoel Veiga López, de Bruno e Marina(07-12-2013).Edgar Casal Sánchez, de Isaac e Sonia(08-12-2013).Rodrigo Rodríguez Campos, deAgustín e Susana (08-12-2013).Defunción:Adolfo Gutiérrez (29-12-2013).

VODAS DE PRATA PARROQUIAIS

Ademais da peregrinación que remata-mos uníndonos ó 800 aniversario daperegrinación de S. Francisco de Asís aSantiago, temos previstas outras activi-dades:- Visita nun sábado de Febreiro, ó con-vento de S. Francisco de Santiago e ómuseo de Terra Santa no mesmo cenobio.- Ciclo de Cineforum de películas de S.Francisco, dirixido polo catedrático deHistoria do Cine da USC, D. Luís Hueso.- Peregrinación a Asís, pasando porRoma, baixo a guía do pai franciscano, P.Castro, gardián da comunidade deSantiago. Pensamos como data posiblepara comezos de Setembro do 2014.- Outras posibles sen concretar.

CAMIÑANDO CON SAN FRANCISCO A SANTIAGO

SÍNODO DIOCESANO¿Por que celebrar agora un sínodo?Porque hai máis de 100 anos que nosrevisamos sinodalmente a nosa pastoral.Porque temos que deixarnos evanxelizarpor Cristo para sermos evanxelizadores.Porque necesitamos saír da nosa inercia,escoitar, discernir, e xuntos, facernosnovas preguntas.Porque seguimos a chamada de Cristo asermos sal e luz na nosa sociedade.Porque queremos escoitar a moitas per-soas que en silencio abandonan da súa fela Igrexa.¿Para que?Sensibilizarnos e escoitar outras voces.Renovar os nosos corazóns.Actualizar o noso compromiso de fe.Vivir a comuñón coa Igrexa como servi-zo ao Evanxeo.Comprometernos cos que máis sofren.

A Coresma, preparándonos á Pascua,comezará o 5 de marzo co Mércores deCinza e do 18 ó 20 de abril celebraremoscon fe o Triduo Pascual da morte, sepul-tura e resurrección de Xesús.O 20 de abril será a Pascua, a festa máisgrande do ano. Despois de 50 días, comoculminación da cincuentena pascual, o 8de xuño, celebraremos a solemnidade dePentecoste, na que celebramos o don queXesús resucitado fai á súa Igrexa: o seuEspírito Santo.Cada domingo reunirémonos para cele-brar a Eucaristía conmemorando a resu-rrección do Señor e veneraremos taména memoria da Virxe María na súas festasmáis universais e doutros santos.Finalizaremos o ano o día 30 de novem-bro para comezar outro novo tempo deAdvento que nos prepara ó Nadal.

ANO LITÚRXICO