15 xaneiro 2014 - bxvac

36
TEMA DO MES Páx.2 COMARCA Páx.12 XINZO Páx.10 Número: 86 - Ano: IX - Xaneiro 2014 - Depósito Legal: OU 185-2006 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.mundourense.com - BARRIOS volve estar no seu buzón a mediados de febreiro. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190 OCIO Páx.26 DEPORTES Páx.25 Cuba será o país convidade na edición deste ano de Xantar O alcalde de Xinzo minimiza as sentenzas xudiciais contra a súa política de persoal./P. LODEIRO. Mellor acceso ao Centro de maiores de Vilar de Santos As empresas ourensás, con boas expectativas de negocio para o 2014 O atleta infantil Said Abdoun, campión provincial de cross Declara o tribunal de dúas oposicións no Concello de Xinzo [páx. 14-15] O alcalde non ve motivos para dimitir Entrevista ao vicepresidente da Fundación Martínez - Risco [páx. 11]

Upload: barrios-xinzo-verin-allariz-celanova

Post on 16-Mar-2016

291 views

Category:

Documents


18 download

DESCRIPTION

Publicado o Barrios de xaneiro de Xinzo, Verín, Allariz e Celanova O rexeitamento do alcalde de Xinzo a dimitir polas sentenzas contra as súas contratacións temporais, a reurbanización da praza de Verín e as cabalgatas de Reis en Allariz e Celanova, imaxes de portada. Neste número de Barrios, correspondente ao mes de xaneiro, recollemos o que deu de si o pleno extraordinario de Xinzo solicitado pola oposición para que o alcalde explicase as consecuencias das sentenzas condenatorias ás contrataciós temporais realizadas en 2012; sesión plenaria na que Antonio Pérez descartou dimitir argumentando que "nin siquera estou imputado". A política de persoal de Xinzo tamén centra outra información sobre a declaración ante o xuíz como testemuñas dos tribunais de dúas oposicións que a CIG impugnou por considerar que había afinididade politica entre os membros do tribunais e as candidatas finalmente seleccionadas.

TRANSCRIPT

Page 1: 15 Xaneiro 2014 - BXVAC

TEMA DO MES Páx.2 COMARCA Páx.12XINZO Páx.10

Número: 86 - Ano: IX - Xaneiro 2014 - Depósito Legal: OU 185-2006 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.mundourense.com - BARRIOS volve estar no seu buzón a mediados de febreiro. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190

OCIO Páx.26DEPORTES Páx.25

Cuba será o país convidade na edición deste ano de Xantar

O alcalde de Xinzo minimiza as sentenzas xudiciais contra a súa política de persoal./P. LODEIRO.

Mellor acceso ao Centro de maiores de Vilar de Santos

As empresas ourensás, con boas expectativas de negocio para o 2014

O atleta infantil Said Abdoun, campión provincial de cross

Declara o tribunal de dúas oposicións no Concello de Xinzo

[páx. 14-15]

O alcalde non ve

motivos para

dimitir

Entrevista ao vicepresidente da Fundación

Martínez - Risco

[páx. 11]

Page 2: 15 Xaneiro 2014 - BXVAC

� BARRIOSXaneiro de �014

TEMA DO MES

Redacción

As expectativas das em-presas ourensás para �014 experimentan unha mellora con respecto a �013, pero sobre todo mostran un cam-bio de tendencia en compa-ración cos últimos tres anos pasando do pesimismo xe-ralizado en �010 a un perío-do de estabilización.

Un novo escenario onde a esperanza dos empresa-rios recae nos mercados nacionais e, sobre todo, internacionais, mentres o investimento e o emprego seguen sen dar mostras de optimismo; segundo indica o estudo Perspectivas Em-presariais �014 que sobre a provincia de Ourense elabo-ra a Cámara de Comercio.

8% máis de vendasOs datos obtidos permiten

saber que no tocante á cifra de negocio total, o �5% dos enquisados espera aumen-tar as súas vendas globais en �014, un 8% máis que o ano anterior. Tamén ex-perimenta un incremento significativo a porcentaxe de empresas que confían en manter as vendas, case un 57%, o cal supón un au-mento do �0% en relación ao �013.

En canto a negocio na-cional, por primeira vez en

Redacción

Segundo os datos do INEM, no mes de de-cem-bro había �9.�76 desem-pregados anotados nas oficinas de emprego da provincia de Ourense, 144 máis que no mes anterior, mentres baixa en case to-das as provincias do Esta-do. Con relación a fai un ano prodúcese un descenso de 1.131 parados.

Dende a CIG destacan que “este descenso anual de inscritos nas oficinas de emprego non supón crea-ción de emprego xa que a afiliación á Seguridade Social baixou en 1.030 cotizantes”, cifra na que repercute a emigración.

Por outra banda, o núme-ro de empresas e traballa-dores afectados por ERE, en suspensión temporal e concurso de acredores, se-gue incrementándose e no mes de outubro con 141 empresas con expedientes presentados no �013 supe-rouse os 137 de todo o ano anterior.

Asemade, destaca que o número de desempregados que perciben a prestación contributiva por desempre-go descendeu novamente a 6.976 (o �3,8%), “o que aboca cada vez a máis ga-legos á pobreza e á exclu-sión social”, lembran den-de a CIG.

En canto á contratación, de 54.8�9 contratos feitos durante o ano só 5.�75 fo-ron indefinidos. Aspecto que dende a Confederación Intersindical Galega acha-

can á reforma laboral “feita para primar o despedimento e a precariedade”.

Para facer fronte a esta masiva destrución de em-prego a GIG ten posto en marcha unha campaña de recollida de sinaturas para levar ao Parlamento galego unha Iniciativa Lexislativa Popular que contempla 100 medidas para a creación de emprego en Galicia.

A nivel autonómicoSegundo os datos ofreci-

dos polo INEM, en relación a hai un ano, o desemprego caeu en Galicia nun �,77%, en 7.7�4 persoas (suman-do �71.063 desempregados rexistrados). Baixada que no resto do Estado foi do 3,04%, 147.385 persoas.

Por sexos, o paro incre-méntase entre os homes no mes de decembro nun �,07% en Galicia e no caso das mulleres diminúe nun 1,77%.

En canto a idades, entre os menores de �5 anos o de-

semprego sitúase na nosa au-tonomía en 16.7�7 persoas. Un 15,7�% menos que no ano anterior, descenso “mo-tivado pola saída de mozos de Galicia na búsqueda dun futuro laboral mellor”, acla-ran dende UXT- Galicia.

Neste último mes do ano, por sectores, aumenta o de-semprego no primario, cun 6,53% máis; no industrial, un 1,76%; e no da cons-trución, un 4,7%. E baixa en servizos un 1,45% e no colectivo de sen emprego anterior, un �,�%.

Amais, resulta moi pre-ocupante, un mes máis, o número de beneficiarios de prestacións, que é de tan só 150.076 en novembro en Galicia (o 60%). Polo que na nosa comunidade hai máis de 1�0.000 parados sen ningún tipo de cober-tura.

tres anos máis da metade dos empresarios, case un 56%, espera estabilizar as súas vendas. O �0,37 % dos empresarios agarda aumen-tar as vendas en territorio nacional.

Pola súa banda, a exporta-ción ofrece mellores expec-tativas para este ano, pois case o 35% dos enquisados cre que as aumentarán (un 16% máis que en �013).

Menor creación de em-prego e investimento

Case o 73 % dos empresa-rios cre que poderá manter o seu persoal en �014, pero só o 9% calcula que preci-sará facer novas contrata-cións, isto é, un 4% menos que en �013, xa que o ano pasado o 13% das empresas

contrataron traballadores.En canto a investimen-

to, preto da metade dos empresarios (47,17%) prevé manter a inversión no seu negocio, mentres que case un �1% calcula que poderá aumentala (un 4% menor que as expecta-tivas do ano pasado).

Os resultados corres-pondentes á provincia de Ourense son similares aos do conxunto do Estado, onde todas as variables analizadas experimentan unha mellora, salvo o em-prego e o investimento.

Precisamente estes dous capítulos marcan tamén a diferenza en negativo con respecto ás empresas europeas. Na parte positi-va, España obtén mellores resultados que a media da Unión Europea en expor-tacións, vendas interiores e cifra de negocio total.

As empresas ourensás posúen as mellores expectativas de negocio dende 20104 O �5 % dos enquisados espera aumentar as súas vendas en �014, principalmente as empresas con presenza no exterior.

O 25% das empresas agarda aumentar as súas vendas e o 57% mantelas

Ourense pecha o ano con 29.276 desempregados4 Hai 1.131 parados menos que no �01�, pero baixaron os afiliados á Seguridade Social.

Na caída de afiliados á Seguridade Social infúe a emigración

Case o 73 % dos empresarios cre que poderá manter o seu persoal en 2014./ARQUIVO.

Manifestación en defensa do emprego./ARQUIVO.

Page 3: 15 Xaneiro 2014 - BXVAC

BARRIOSXaneiro de �014

3VERÍN E COMARCA

Redacción

A Denominación de Orixe Monterrei afronta o ano que comeza con gran optimis-mo, tras os excelentes resul-tados alcanzados en �013, ano no que obtivo o maior volume de comercialización desde o seu nacemento en 1994. Dous millóns de bo-tellas, un �1% máis que no exercicio anterior, e o dobre das que comercializaba en �009. Este crecemento en volume foi en paralelo ao incremento do número de produtores, que pasou de catro adegas en 1999 ás �3 actuais.

Todo iso responde a unha demanda crecente dos viños de Monterrei que en �013 abriron ademais novas liñas de comercialización, nas que cobra vital importancia o mercado exterior. Así a colleita �01� logrou intro-ducirse nos mercados eu-ropeos, fundamentalmente en Reino Unido, Alemaña, Holanda e Bélxica, adqui-rindo ademais maior peso as súas exportacións a EE.UU. e Xapón. A exportación re-presenta, segundo os datos ao peche do exercicio, un 1�,1�% do volume de viño comercializado pola Deno-minación de Orixe Monte-

rrei en �013. Nesta traxectoria ascen-

dente xogan un papel im-portante tanto a mellora e profesionalización do sector produtivo, como o apoio e respaldo da crítica especiali-zada e o sector profesional. Cabe destacar que o pasado ano resulta nun excelente palmarés para os viños de Monterrei, con 18 marcas que alcanzan ou superan os ansiados 90 puntos Parker, e no que Monterrei se impón na Guía de Viños, Destila-dos e Adegas de Galicia co maior cociente de viños pre-miados respecto de número de adegas inscritas na D.O., ao obter medalla 15 das súas �3 adegas, cun total de 8 medallas de Gran Ouro, 18 de Ouro e 14 de Prata.

PromociónÉ importante facer men-

ción á intensa actividade promocional desenvolvida polo Consello Regulador. Por exemplo, a colabora-ción coa festa do cocido de Lalín, o nacemento da Confraría dos Viños de Monterrei e o nomeamen-to dos seus 18 primeiros confrades, coincidindo coa celebración da VIII Feira do Viño de Monterrei, ou o impulso do enoturismo na comarca con accións como o I Festival da Vendima de Monterrei.

A D.O. Monterrei alcanza cifras de récord en 20134 O ano pasado a denominación de orixe comer-cializou dous millóns de botellas, un �1% máis que o exercicio anterior e máximo histórico.

As exportacións representan o 12,12% do viño comercializado

Redacción

Compromiso x Gali-cia pide explicacións aos responsables sanitarios da provincia pola suspensión na xornada do 14 de xa-neiro de varias operacións programadas no hospital de Verín. Concretamente, denuncia a formación ga-leguista, o equipo cirúr-xico do hospital de Verín encargado de levar a cabo as intervencións progra-madas de cataratas decidiu suspender todas as opera-cións por un problema de esterilización dun quiró-gano. A decisión tomouse

cando xa os pacientes esta-ban na zona cirúrxica, xa se lle canalizara unha vía pe-riférica e xa se lle adminis-trara a medicación previa necesaria para levar a cabo a intervención.

Xosé Manuel Pérez Bou-za, coordinador territorial en Ourense da organización galeguista, considera que “episodios como o vivido no Hospital de Verín dan unha pésima imaxe do noso sistema sanitario, ademais de crear importantes con-tratempos aos pacientes, algún dos cales se tivo que desprazar desde máis de 50 quilómetros, para volver

CxG pide explicacións pola suspensión de operacións no hospital de Verín4 Os problemas coa esterilización nun quiró-fano obrigaron a cancelar varias operacións na xornada do 14 de xaneiro.

As operacións suspendéronse cando os pacientes xa estaban na zona cirúrxica, xa se lles canalizara unha vía e xa se lles administrara a medicación previa

En 2013 a D.O. celebrou o I Festival da Vendima./BORYS. a casa sen operar, de pois de pasar case tres horas no hospital”.

“Descoordinación”Desde CxG entenden que

o equipo cirúrxico se negara a operar nesas condicións, pero non comprenden como se pode chegar “a tal grao de descoordinación e falta de organización”. Por iso esixen “a Eloina Nuñez, xe-rente da Área Integrada de Ourense, Verín e o Barco de Valdeorras, unha expli-cación clara e convincente do que pasou, para que non se siga deteriorando máis a confianza dos pacientes no noso sistema sanitario e se poñan todos os medios para que feitos graves como o ocurrido non se volvan re-petir”, apuntaba Pérez Bou-za.

Hospital de Verín./ARQUIVO.

Page 4: 15 Xaneiro 2014 - BXVAC

4 BARRIOSXaneiro de �014

EN BREVE

VERÍN E COMARCA

4 Programa ‘Vacacións en Paz’

O departamento de Ser-vizos Socias do Concello de Verín, en colaboración coa ONG Solidariedade Galega co Pobo Saharauí, participa no programa de acollida ‘Vacacións en Paz’, que se desenvolve en xullo e agosto.

O Concello de Verín leva participando nesta iniciati-va solidaria dende �004, ofrecendo ás familias saha-rauis a posibilidade de que os seus fillos gocen dunha estancia agradable durante os meses de verán, baixo a supervisión e os coidados das familias acolledoras.

Os interesados en su-marse a esta iniciativa para o ano �014 deben contac-tar cos Servizos Sociais de Verín ou no 988 414 776.

4 A OMIX tramita 397 carnés xoves

A Oficina Municipal de Información Xuvenil do Concello de Verín tramitou no �013 un total de 397 carnés xoves, unha cifra que revela un incremento de máis de cen carnés con respecto ao ano anterior.

Este carné é unha tarxeta persoal e intransferible á disposición de mozos de entre 1� e 30 anos, coa que obtén descontos e vantaxes das entidades colaborado-ras en Galicia, no resto das comunidades autónomas e nos 40 países europeos ad-heridos ao programa.

Redacción

O Concello de Verín finalizou en decembro as obras de soterramen-to das liñas de alumeado eléctrico, canalización subterránea de telefonía, soterramento do servizo de gas e de colectores de lixo, mellora de rede de saneamento, así como a urbanización da praza da Mercé.

As obras incluiron a co-locación de colectores so-terrados para a xestión de

O Concello de Verín conclúe as obras de reurbanización na praza da Mercé4 Colocáronse colectores soterrados e renovou-se o mobiliario.

residuos de modo diferen-ciado, a renovación de parte da rede de saneamento e re-collida de pluviais, a insta-lación do alumeado público en liñas subterráneas e de boca de rego, o enganche da canalización de gas solicita-do polos veciños da praza e a canalización subterránea de telefonía, a renovación do pavimento, a unificación a un único nivel das rasantes existentes para eliminar o resalto entre as beirarrúas e a calzada e a incorporación de novo mobiliario urbano.

A actuación enmárcase no plan de protección do casco histórico do Conce-llo de Verín, que permitiu mellora espazos e equipa-mentos urbanos en dúas prazas e 11 rúas desta zona da vila. Foron cofi-nanciadas nun 75% pola Consellería de Economía e Industria.

Verín renovou xa 11 rúas e 2 prazas do seu casco histórico

Aspecto da praza da Mercé trala reurbanización./CdV.

Redacción

O número de visitantes que se achega á Oficina de Información Turísti-ca de Verín aumenta ano tras ano. “No ano �010 o �0,15% das persoas que acudiron a esta instala-ción eran turistas, no ano �01� a cifra incremen-touse ao 33,67%, e neste ano (�013) xa alcanzou o 39,40%”, apuntou o al-calde, Juan Manuel Jimé-nez Morán. No caso dos peregrinos que realizan a Vía da Prata ou o Camiño Portugués Interior, tamén se produciu un importan-te incremento, “mentres que no ano �009 a cifra de peregrinos foi de 477, no �01� chegou a 693, e nes-te ano (por �013) xa al-canzamos 834, é dicir un incremento do case que 50%”, subliñou Jiménez Morán.

O alcalde de Verín faci-litou estes datos durante a inauguración da nova Oficina de Información Turística e Sala de Ex-posicións da localida-de, durante a que estivo acompañado pola directo-ra de Turismo de Galicia, Nava Castro. A adapta-ción de espazos na Casa da Xuventude foi posible grazas a un convenio en-

tre Turismo de Galicia e o Concello de Verín. O novo espazo elimina as barreiras arquitectónicas que existían na anterior localización, na Casa do Escudo, que se está rehabilitando para conver-tirse exclusivamente en al-bergue.

Segundo afirmou Nava Castro, dada a situación estratéxica de Verín, “con-sideramos axeitado ampliar e reforzar os servizos turís-ticos de información que se ofertan neste concello prin-cipalmente para adecuarse á situación turística actual onde o comportamento da demanda se caracteriza por ter máis experiencia e coñe-cementos”.

Oferta turísticaNa nova Oficina de In-

formación Turística de Ve-rín, os turistas e peregrinos poderán coñecer a oferta de aloxamento existente, a de restauración así como a de recursos turísticos da zona. Entre as novidades da oferta turística da comarca, o alcalde recordou que se está a traballar na creación das rutas transfronteirizas da Eurocidade ou no deno-minado “Territorio Feiticei-ro”, neste caso a través do Plan de Competitividade Turística “Puertas de Gali-cia”.

Aumentan os turistas e os peregrinos4 Inaugúrase a nova Oficina de Información Turística de Verín.

Page 5: 15 Xaneiro 2014 - BXVAC

BARRIOSXaneiro de �014

5PUBLICIDADE

Page 6: 15 Xaneiro 2014 - BXVAC

6 BARRIOSXaneiro de �014

VERÍN E COMARCA

O IES García Barbón facilita unha Guía de Internet para Estudantes

O uso habitual de inter-net para comunicarse, para informarse e para aprender –entre outras moitas fun-cións- é, cada vez máis, unha habilidade que se considera imprescindible, tanto a nivel persoal como no ámbito la-boral.

A gran cantidade de infor-mación que nos proporciona a rede require de competen-cias para saber elixir con criterio aqueles recursos que nos axuden na nosa vida dia-ria. Por iso, desde o instituto García Barbón de Verín con-sideran que crear unha breve Guía de Internet para Estu-dantes podía ser unha útil axuda complementaria para o conxunto da comunidade educativa.

O PIPE (Proxecto Internet Para Estudantes) xurde como unha iniciativa do alumnado da materia optativa de Tec-noloxías da Información e da Comunicación TICs -1º de Bacharelato- (http://ti-cparati.blogspot.com.es) e ofrece unha guía dos mello-res recursos de internet para estudantes.

A Guía breve de Internet para Estudantes facilita en 40 páxinas unha manchea de recursos diversos que podemos atopar en inter-net (dispoñible en http://www.calameo.com/books/

00��10005eb860b5ca5b0).En concreto, facilita inte-

resantes e moi útiles páxinas académicas (principalmente para o alumnado de Educa-ción Secundaria e Bacha-relato), pero tamén ofrece a opción de “tempo de re-laxarse” (con boas webs de música, principalmente), aprender sobre internet e a web �.0, unha mostra de vídeos educativos e refe-rencias de calidade sobre a orientación académica e la-

boral do alumnado.Para rematar, lembrar

que o centro educativo ve-rinés conta con dous novos blogs inaugurados nes-te curso �013-�014. Un blog que nos informa das novidades do IES García Barbón (http://garciabar-bonverin.blogspot.com.es) e outro que dá conta das actividades de orientación académica e laboral do alumnado (http://oqueche-digaeu.blogspot.com.es/).

Guía de Internet para estudantes: http://goo.gl/NxizB2.

A Guía breve de Internet para Estudantes facilita en 40 páxinas unha

manchea de recursos diversos

Redacción

A Biblioteca Pública Municipal de Verín conta na actualidade con �.53� socios, dos que 353 su-máronse a este servizo en

�013. Durante o pasado ano a biblioteca realizou 5.3�6 préstamos, superando os 4.4�6 préstamos de �01�.

O recinto cultural realizou durante o pasado ano un total de 51 actividades para me-

nores de 3 a 9 anos, é dicir, oito máis que no �01�. En-tre elas houbo contacontos, Bibliopiscina, exposicións, presentacións de libros, BiblioRúa, concursos de narrativa, encontros con es-critores, videoconferencias, visitas guiadas para centros educativos, club de lectura. Tamén outras específicas de Fomento de Lectura ou Voluntariado Cultural, que lograron que a biblioteca recibise recoñecementos de distintas organización.

A Biblioteca de Verín suma 300 socios máis4 En �013 superou os cinco mil préstamos.

Redacción

A Eurocidade Chaves-Ve-rín e Antena Local de Verín promoven a realización dun curso de español, que terá lugar do �7 de xaneiro ao 14 de febreiro.

Esta actividade formati-va de 40 horas, impartirase de luns a xoves, de 18.30 a �1.30 horas, na sede da Eurocidade, no antigo pos-to fronteirizo de Feces de Abaixo.

Esta iniciativa gratuíta está destinada a vinte alum-nos, que recibirán prácticas de comprensión-lectora, escritura, oralidade e re-flexión sobre o coñecemen-to do idioma que lles per-mita consolidar e afondar

coñecementos culturais e lingüísticos, e transitar para un nivel máis avanzado da aprendizaxe da lingua es-pañola e o seu ingreso no currículo da lingua materna regular.

Ao finalizar o curso, a

organización entregará un diploma aos alumnos que acrediten a súa asistencia ao 75% das horas lectivas.

A inscrición pode rea-lizarse na sede da Euroci-dade ou no municipio de Chaves.

Curso de español na Eurocidade4 Comeza o �7 de xaneiro.

O curso impartirase na sede da Eurocidade en Feces de Abaixo./ARQUIVO.

Page 7: 15 Xaneiro 2014 - BXVAC

BARRIOSXaneiro de �014

7VERÍN E COMARCA

Redacción

A Confederación Inter-sindical Galega vén de ma-nifestar o seu malestar pola posibilidade de que a Xunta contrúa prazas hoteleiras,

cafeterías e bares na fortale-za do Castelo de Monterrei, concretamente na casa rec-toral e no Pazo dos Condes, onde está executar obras de rehabilitación. “Velaí cales eran as auténticas intencións

destes mestres da privati-zación para o futuro do pa-rador”, quéixanse dende a organización sindical.

A Xunta de Galicia xus-tificou a elavada inversión que requerirían estas obras na falta de hospedaxe para os turistas que visitan a zona. “Mentres non se in-viste un euro na renovación das instalacións do Parador e mesmo se determina o seu peche catro meses ao ano, sen ter en conta nin aos posi-bles usuarios nin á situación na que deixan os seus traba-lladores”, lembran dende a CIG.

Como consecuencia, os integrantes deste sindicato pregúntanse “que clase de xestión fixo o noso alcal-de-senador no seu momen-to en Madrid, e que ten que dicir agora diante do uso que se lle pretenda dar a unhas instalacións que polo seu carácter histórico deben ser resgardadas para o uso e disfrute de toda a cidadanía en xeral”.

Na actualidade execútanse obras de rehabilitación na fortaleza

A CIG oponse a un uso hoteleiro no Castelo de Monterrei4 Reclama unha reacción do alcalde de Verín.

Redacción

O PSOE de Verín deberá constituir unha xestora en próximas datas trala dimi-sión da agrupación local, que estaba presidida por Juan Carlos Francisco Ri-vera, tamén ex deputado autonómico. O motivo, di-verxencias coa Executiva Provincial.

A Executiva Provincial, pola súa banda, traballa xa na busca de posibles can-didatos para a constitución

dunha xestora coa vista pos-ta nas eleccións europeas e municipais.

Dimite a agrupación local socialista de Verín4 Estaba presidida por Juan Carlos Francisco Rivera.

Juan Carlos Francisco.

Redacción

A Consellería de Me-dio Rural e do Mar vén de mobilizar unha partida de case 4.800.000 euros que se repartirá entre 5� pemes e microempresas da provincia de Ourense, dedicadas ao sector agra-rio e forestal. O obxectivo destas axudas é contribuír ao investimento, por parte das industrias beneficia-das, en transformación e comercialización de pro-dutos agrarios e forestais.

O delegado da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, considera que estas axudas “contribuirán ao desenvol-vemento das actividades das pequenas empresas be-

neficiadas e a mellorar a súa situación económica”.

Así, dentro das axudas para os investimentos en transformación e comercia-lización de produtos agra-rios realizados por pemes e empresas intermedias, en Ourense beneficiaranse 49 industrias cunha partida ci-frada en 4.604.514 euros. O importe destas subvencións oscila entre os 8�0 e os 7�5.000 euros.

Polo que respecta ás axu-das para os investimentos en transformación e co-mercialización de produtos forestais realizados por mi-croempresas (serradoiros) alcanzan un montante de 194.419 euros que benefi-cian a tres industrias.

4,8 millóns de euros en axudas para os sectores agrario e forestal4 De Medio Rural.

Unha explotación forestal na comarca de Monterrei./AR-QUIVO.

Page 8: 15 Xaneiro 2014 - BXVAC

8 BARRIOSXaneiro de �014

VERÍN E COMARCA

4 Cruz Vermella entrega alimentos

Sarreaus acolleu o pasa-do �9 de decembro o I Ma-ratón Solidario de Fútbol Sala, no que participaron 8 equipos e un gran número de persoas acudiron como espectadores. Grazas á solidariedade do público, recadáronse máis de 500 quilos de alimentos non perecedoiros que se entre-garon ás familias que máis o necesitan da comarca de Monterrei.

4 Orzamentos de Castrelo do Val

O Concello de Castre-lo do Val vén de aprobar os presupostos para o ano �014 sen apenas variación con respecto ao ano ante-rior. Prevé uns ingresos de 768.090 euros e uns gastos de 755.000 euros, e desta-ca a partida consignada a servizos sociais, arredor dos 150.000 euros.

O capítulo de Inves-timentos reais quedará aprobado a través dunha modificación de crédito unha vez se coñezan as achegas da Deputación e da Xunta de Galicia.

4 Reforma do parque de Nocedo

O Concello de Castrelo do Val acometeu en de-cembro reformas na zona de xogos infantís de Noce-do do Val, a carón do cen-tro social. A obra consistiu na colocación dunha nova soleira de formigón con caucho que amortiza as caídas e convirte o parque nunha zona máis segura para os pequenos. O custo da actuación ascendeu a un total de 3�.113 euros, dos que o �0% foron ache-gados polo Concello.

EN BREVE

Campaña solidaria de Nadal en VerínO Concello de Verín, en colaboración coa Eurocidade, a Cámara Municipal de Cha-

ves e outras institucións dun e doutro lado da raia puxeron en mrcha este Nadal a cam-paña solidaria “Espalle alegría na Eurocidade”. A través dunha ducia de iniciativas, recolectáronse alimentos non perecedoiros, que foron entregados aos Servizos Sociais do municipio para seren logo repartidos entre as familias necesitadas tanto de Verín como de Chaves.

O tenente de alcalde de Verín, Enrique Díaz, o concelleiro de Mocidade, Víctor Baladrón, e as concelleiras de Benestar Social e Igualdade, Inmaculada Hervella e Corona Meixeira, entregaron aos responsables de Servizos Sociais os alimentos recolectados na campaña/CdV.

Redacción

A portavoz do BNG no Congreso, Olaia Fer-nández Davila, rexistrou unha pregunta parlamen-taria na Cámara para sa-ber se o Goberno está a tramitar un proxecto de construción de liña de alta tensión destinada a abas-tecer de enerxía ás obras do AVE ao seu paso pola zona ourensá de Cam-pobecerros.

Explica a deputada do BNG que organizacións ecoloxistas tiveron coñece-mento dun proxecto de ins-talación de liña de alta ten-sión que partiría da estación de Sarreaus e remataría en Campobecerros. Contaría cuns 15 quilómetros de lonxitude e con ��0 quilo-vatios de voltaxe. “Dadas esas características, suporía que atravesaría todo o ma-cizo central ourensá, pasan-do por zonas de alto valor Obras da alta velocidade na provincia./ARQUIVO.

O BNG pregunta por unha liña de alta tensión para o AVE4 De Sarreaus a Campobecerros.

ecolóxico na Limia”, sinala Davila.

A parlamentaria pregunta ao Goberno por este proxec-to, sobre as súas caracterís-ticas, e sobre todo, quere saber se se vai realizar a avaliación de impacto am-biental e someterse a infor-mación pública, e se se van ter en conta as propostas que se poidan facer “para melloralo desde un punto de vista medioambiental, social ou económico”.

Redacción

Compromiso por Gali-cia denuncia a utilización por parte do alcalde de Cualedro, o popular Lu-ciano Rivero, de diñeiro público en beneficio per-soal. Segundo explicou o seu voceiro, Eduardo Car-nero, os vehículos munici-pais repostan combustible nunha gasolineira da que é copropietario o rexe-dor. Dase a circunstancia de que a outra estación de servicio do municipio pertence á familia do con-celleiro galeguista.

“No concello existe outra gasolineira, instalada antes e que está no propio pobo, non como a da que é pro-pietario o alcalde, que está situada a cinco kilómetros e nesa outra estación de ser-vizo non se reposta ningún vehículo municipal”, apun-ta Carnero, quen cifra en 9.000 euros o gasto anual en repostaxes.

CxG presentará unha mo-ción para que o gasto, “cando menos, sexa repartido, tendo en conta que existen no pobo dúas estacións de servizo e que non existe diferenza de prezos entre elas”.

Enfrontamento polo gasto municipal nunha gasolineira de Cualedro4 CxG critica que os vehículos municipais repostan só na estación de servicio do alcalde.

Page 9: 15 Xaneiro 2014 - BXVAC

BARRIOSXaneiro de �014

9PUBLICIDADE

Page 10: 15 Xaneiro 2014 - BXVAC

10 BARRIOSXaneiro de �014 XINZO E COMARCA

Redacción

O sindicato CIG critica un comunicado asinado pola concelleira de Per-soal de Xinzo de Limia no que se informa aos traba-lladores municipais sobre “a posibilidade de realizar cursos de formación a tra-vés do sindicato CCOO” e se insta aos interesados a pasar polo departamento de persoal antes do 31 de xa-neiro para informarse.

A CIG reprocha a acti-tude de Monserrat Lama “ben proclive a certas cen-trais sindicais, que non son a CIG, así como a realiza-ción de labores de propa-ganda desas opcións sin-dicais”. Afirma o sindicato que a Concellería de Per-soal non pode facer propa-ganda de ningunha opción sindical, “simplemente debe, consonte co principio de liberdade sindical, per-mitir que as propias cen-trais sindicais se expresen e publiciten a súa acción no interior do concello, pola vía do comité de empresa ou das súas seccións sin-dicais”. O sindicalista que asina a nota, Anxo García Torres, tacha de “impresen-tábel” que a edil de Persoal “impulse, publicite e xes-tione a actividade dalgúns sindicatos fronte á activida-de doutros”.

“Evidentemente, a CIG,

a CSIF, UGT e outros tamén impartimos cursos de for-mación, sen necesidade de que a concelleira de Persoal nolos xestione”, engade. Por iso a central nacionalista so-licita á edil popular “que se absteña de participar na ac-ción sindical do concello, en aras a respectar o dereito á liberdade sindical, deixando que sexan as propias organi-zacións sindicais quen pro-tagonicen a súa actividade, co obxectivo de evitar que o ámbito municipal se luxe máis do que xa está”.

A CIG critica que a edil de Persoal difunda cursos de formación de CCOO4 Insta á Monserrat Lama a absterse de participar na acción sindical do concello.

O xuíz toma declaración aos membros do tribunal de dúas oposicións no Concello de Xinzo4 A CIG impugnara as oposicións ás praza de letrada e de admi-nistrativa.

O ex secretario de Xinzo, Demetrio Martínez, xunto aos membros dos tribunais oposito-res, Montserrat Rodríguez, José Luis Suárez e Gerardo Pumar, antes de prestar declara-ción no Contencioso Administrativo de Ourense. /P.LODEIRO.

Montserrat Lama, edil de Persoal de Xinzo./P.L.

P. L.

O xuíz do Contencio-so Administrativo nº1 de Ourense tomou este martes declaración aos membros dos tribunais que adxudica-ron as prazas de letrada e de administrativa do Concello de Xinzo, respectivamente, a María del Carmen Prado López, filla do ex delegado de Medio Ambiente co PP, Agustín Prado Verdeal, e Ana María Fernández No-vas, daquela compañeira sentimental do alcalde de Xinzo.

O proceso opositor fora denunciado pola CIG, ale-gando afinididade política dos membros do tribunal coas gañadoras das prazas, así como incumplimento da lei de paridade pois só había unha muller exami-nadora. A central sindical pide que se anulen os dous procedementos por suposta vulneración da lei de pro-cedemento administrativo; ou, subsidiariamente, que se retrotraia o proceso á puntuación de méritos dos candidatos. Neste sentido, a avogada do sindicato cha-mou a atención sobre o fei-to de que o tribunal valora-ra cos mesmos 4 puntos os �1� meses como xuíza sus-tituta dunha das candidatas descartadas e os �4 meses como axente de desenvol-vemento local da candidata finalmente elixida.

Prestaron declaración como testemuñas Gerardo

Pumar Pumar, funcionario da Xunta e presidente do tribunal que adxudicou a praza de avogada e que fora secretario de Prado Verdeal cando este era delegado de Medio Am-biente; José Luis Súarez Conde, xefe do Recursos Humanos da Deputación, concelleiro en Monterrei, municipio onde é alcalde o seu pai, e presidente do tribunal que adxudicou a praza de administrativa; Monserrat Rodríguez, fun-cionaria da Deputación, e muller do alcalde popular do Carballiño; e Demetrio

Martínez, ex secretario do Concello de Xinzo que de-clinara participar en ambos tribunais.

Descoñecían quen eran as candidatas

Os membros do tribunal alegaron que non se pro-duciron impugnacións nin recursos por parte do res-to de candidatos e que as puntuacións realizáronse de maneira conxunta e co-ñecendo a identidade das persoas que valoraban, por ter os currículums diante, pero aseguraron descoñe-cer que dúas das candidatas

eran, ben a filla de Prado Verdeal, ben a parella do rexedor de Xinzo.

Segundo confirmou o ex secretario limiao, De-metrio Martínez, foi o propio alcalde, Antonio Pérez, quen modificou as bases para seleccionar as persoas que conformaban o tribunal opositor. Ade-mais, Martínez foi o único que confirmou que Pérez mantiña unha relación sentimental con Fernán-dez Novas, motivo polo que o rexedor se abstivo de asinar o decreto do seu nomeamento.

O tribunal valorou cos mesmos 4 puntos os 212 meses como xuíza sustituta dunha das candidatas descartadas e os 24 meses como axente de desenvolvemento local da candidata elixida

Page 11: 15 Xaneiro 2014 - BXVAC

BARRIOSXaneiro de �014

11XINZO E COMARCA

PLENO EXTRAORDINARIO

O alcalde de Xinzo minimiza as sentenzas xudiciais contra a súa política de persoal4 Antonio Pérez rexeitou as peticións de dimisión, “nin sequera estou imputado”. Paula Lodeiro

O alcalde de Xinzo, o popular Antonio Pérez, mi-nimizou o alcance das oito sentenzas xudiciais que anulan outras tantas con-tratacións que realizara en �01�. Pérez defendeu que as sentenzas dos xulgados do contencioso 1 e � de Ourense contra as contrata-cións temporais realizadas no Concello de Xinzo son “iguais” a outras producidas en relación aos concellos de Ourense, A Rúa, Ribadavia, Baltar ou Vilariño de Con-so. Ademais, preguntoulle ao voceiro do BNG, Ramiro Rodríguez, se catro contra-tados sobre unha plantilla de 150 traballadores “lle pa-rece unha esaxeración?”.

O político popular fixo estas declaracións no se-gundo pleno extraordinario solicitado pola oposición en menos dun mes para que dese conta da súa situación xurídico-procesal como consecuencia destas senten-zas así como da situación do Concello trala renuncia do secretario e da súa adxunta e as denuncias presentadas por eles contra o rexedor. No primeiro pleno –o 1� de decembro- non chegara a producirse debate ao non acudir a oposición ao en-tender que a sesión fora mal convocada. Nesta ocasión, nacionalistas, socialistas e concelleiro independen-te Manuel Pérez Campos solicitaron a dimisión do alcalde, posibilidade que este rexeitou taxantemente. “Non estou nin sequera cita-

do como testigo nin impu-tado”, recalcou Pérez, quen afirmou que cando saia do Concello “vou saír coa ca-beza moi alta, porque non matei a ninguén nin robei”. Afirmación que foi respon-dida por aplausos de parte do público que ateigaba o salón de plenos da consis-torial.

Informes a posterioriAo respecto da denun-

cia do secretario e da súa adxunta contra o alcalde, Antonio Pérez dixo des-coñecer os motivos, pero apuntou a un posible querer “salvarse dunha situación cando iso (os informes) estaba sen facer”. Segundo Pérez, os informes contra-rios ás contratacións foron elaborados con posteriori-dade á realización das mes-mas, en concreto, “foron feitos en outubro de �01� e foron modificados e impre-sos o �5 de abril de �013”,

e que durante todo ese tem-po el nunca recibira “unha advertencia de ilegalidade” sobre esas contratacións. De aí a súa decisión de ordenar o precintado do equipo in-formático do secretario, de-cisión que se apoia nun ex-pediente “de �00 páxinas” que está entregado en sede xudicial desde o pasado 18 de decembro e que o alcal-de ofrecése a ensinar aos membros da oposición que o desexen no seu despacho.

O rexedor aproveitou o segundo turno de palabra para intervir e dar resposta ás preguntas da oposición, cando estes xa non tiñan posibilidade de réplica. Na primeira quenda falara o voceiro popular, Manuel López Casas, quen se limi-tara a facer un relatorio dos

logros do seu alcalde e a descualificar á oposición, á que tildou de “carroñeira”.

AntecedentesPreviamente toda a opo-

sición lle recordara que du-rante o ano �01� o Concello de Xinzo realizou oito con-tratacións temporais por de-creto de Alcaldía, ignorando os informes en contra, sen proceso de selección e en contra do Real Decreto do Goberno central que impi-de as contratacións tempo-rais. A finais de aquel ano, o sindicato maioritario no Concello, a CIG, puxo unha denuncia na Subdelegación do Goberno, que a trasladou á Avogacía do Estado, quen presentou varias demandas contra o Concello de Xinzo por estes contratos tempo-

4 Peticións de dimisión e críticas á política de persoal

O concelleiro non ads-crito Manuel Pérez Cam-pos criticou que as sen-tenzas veñen “pola mala xestión” da política de persoal cun “récord” de contratacións temporais e por iso pediulle a Antonio Pérez e aos concelleiros populares que dimitisen.

Pola súa banda, Fran-cisco Romero, de APGa, foi ben claro nos seus calificativos: “isto é un clásico, o de sempre, enchufes, o poder faino sempre” e recordoulle que “quen paga” a si-tuación son os cidadáns. Similar foi a valoración de Ramiro Rodríguez, do BNG: “é o que leva pa-sando toda a vida neste Concello, a novidade é o Real Decreto que impi-de as contratacións”. Por iso pediu a dimisión de Pérez, como “única saí-da, é como se depuran as responsabilidades políti-cas”, pois o alcalde “está inhabilitado para darlle un cambio de rumbo a este Concello”. A mes-ma dimisión reclamoulle a socialista Elvira Lama; “se ten un pouco de dig-nidade tería que dimitir e non ter a este Concello no punto de mira da xustiza”. “E todo o seu equipo de goberno tamén”, engadiu a voceira do PSOE, que antes recordara que dos 119 traballadores labo-rais municipais, 9� con-vertíronse en indefinidos logo de encadear contra-tacións temporais como as que motivaron agora estas sentenzas.

Todas as peticións de dimisión foron apoiadas con aplausos de parte dos veciños presentes no sa-lón de plenos.

O alcalde de Xinzo, Antonio Pérez, o novo secretario, e a voceira do PSOE, Elvira Lama, nun momento do pleno ex-traordinario do 13 de xaneiro./P.LODEIRO.

rais. En novembro de �013 empezáronse a coñecer os fallos xudiciais dos Xul-gados do Contencioso-Ad-ministrativo nº 1 e nº � de Ourense. Todos anulando as contratacións e cos mes-mos argumentos: “desvia-ción de poder e indicios de prevaricación”, “conduta irregular e constante reali-zada con plena consciencia da súa ilicitude por manter en nómina a determinadas persoas con contratos tem-porais, pese aos reparos do secretario e do interventor” e “incumprimento grosei-ro e consciente por parte do mandatario que podería ser constitutivo dun delito de prevaricación”. Un dos maxistrados xa ordenou a remisión do expediente ao Xulgado de Primeira Ins-tancia de Xinzo para que proceda a investigar as res-ponsabilidades penais que se poderían derivar destas actuacións.

O alcalde dixo que os informes do secretario foran elaborados con posterioridade ás contratacións

Page 12: 15 Xaneiro 2014 - BXVAC

1� BARRIOSXaneiro de �014 XINZO E COMARCA

O centro atende 24 usuarios: 18 no centro de día e 6 na residencia

Redacción

O Concello de Vilar de Santos asinou un convenio de colaboración co Consor-cio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar para a eliminación de barreiras ar-quitectónicas e melloras na accesibilidade no Centro de atención de persoas maiores do municipio.

Despois de varios anos de funcionamento, detectáron-se unha serie de deficiencias de accesibilidade ao cen-tro que cumpría subsanar co obxectivo de axeitar as instalacións ao perfil dos usuarios. O proxecto de ac-cesibilidade foi redactado pola Oficina Municipal de Rehabilitación cun investi-mento total de 1�.000 euros. A primeira fase das obras

rematou xa e consistiron na colocación de varandas na rampa do acceso principal, eliminación de discontinui-dades nos pavimentos e pe-quenos chanzos, nivelación e rampa no acceso de servi-zos e colocación dun voadi-zo no acceso principal para que o transporte adaptado deixe aos usuarios a cuberto para acceder ao Centro. As actuacións continuarán cun-ha segunda fase ao longo do ano.

O Concello de Vilar de Santos puxera en marcha no ano �008 o Centro de aten-ción de persoas maiores e asinara un convenio co Con-sorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar para a súa xestión. O obxectivo prioritario era a atención ás persoas maiores no seu en-

torno, en contacto cos seus veciños facilitando o seu desenvolvemento e pro-mocionando a igualdade social.

Trátase dun centro poli-valente que combina nun mesmo edificio as posibi-lidades dun centro de día cunha zona residencial de vivenda comunitaria con espazos comúns comple-mentarios e todo tipo de servizos integrados e acti-vidades cunha atención es-pecializada e de calidade. Na actualidade atende a 18 persoas no centro de día e 6 máis na zona residencial da vivenda comunitaria.

Vilar de Santos mellora a accesibilidade do Centro de atención de maiores4 Elimináronse as barreiras arquitectónicas.

Centro de atención de persoas maiores de Vilar de Santos. Redacción

A realización este Na-dal do festival musical, fotográfico e de pintura “A mellor terapia, a arte” resultou un éxito de parti-cipación, segundo os seus promotores, a Escola Ru-ral de Saúde da Limia. A organización destacou tan-to o número de persoas que asistiron ao evento, xa que a Casa de Cultura de Xinzo estaba abarrotada de públi-co, como a colaboración de até dez agrupacións que amenizaron a velada. Ade-mais, once persoas tiveron a sorte de levar outras tan-tas obras de arte doadas para a ocasión.

A xunta directiva da Asociación Escola Rural de Saúde dá Limia quere agradecer todas as mostras de agarimo e apoio recibi-das e transmitir que está moi satisfeita co resultado obtido. “O recadado per-mitiranos cubrir necesida-des técnicas e a realización de oito talleres de educa-ción para a saúde en dife-rentes pobos da zona rural de Xinzo de Limia”, apun-tan nun comunicado.

A continuidade das ac-

tividades da asociación está a ser posible grazas á perseveranza, ao traballo e á involucración de profe-sionais sociais e sanitarios, así como ao apoio de enti-dades como o Concello de Xinzo de Limia e á Escola Galega de Saúde para Ci-dadans do SERGAS, que durante xa tres anos levan apoiando esta iniciativa, que, “sen eles, non sería posible”, recalcan desde a Escola Rural de Saúde.

Próximas actividades formativas

A asociación retoma de novo este mes os cursos formativos que conforman o groso da súa actividade. Asi en xaneiro organizan un curso sobre “A saúde dos nosos ollos”; en febrei-ro a temática é “Deporte supervisado e saúde”; en marzo, “Afectividade e identidade sexual” e en su-cesivos meses, impartirase formación sobre coidados básicos de enfermaría, o coidado da voz ou plantas medicinais.

Éxito para o festival musical da Escola Rural de Saúde4 A asociación retoma os seus obradoiros formativos este mes.

O recadado per-mítelles organizar oito talleres

O PP acusa ao alcalde de Calvos de facer “limpeza étnica política”Redacción

O Partido Popular de Ourense acusa ao alcalde socialista de Calvos de Randín, Aquilino Valen-cia, de facer “unha autén-tica limpeza étnica polí-tica” utlizando para iso o padrón municipal, “co obxectivo de perseguir a persoas que non simpati-zan coa súa forza política, por medio dunha arbitraria e discriminatoria revisión dos veciños empadroados no municipio”.

Por este motivo, o PP dirixiuse á Delegación Provincial do Instituto Na-cional de Estatística para que esta entidade super-vise a actuación que está a desenvolver o alcalde de Calvos de Randín e poña fin a “este irregular proce-demento de control, o que só se pode cualificar como un grave acto de persecu-ción política por dirixir o alcalde escritos de manei-ra sectaria a determinados veciños para indagar sobre a súa situación no padrón, dándose a casualidade de que todas estas persoas non simpatizan coa súa forza política”.

O PP pídelle á Dele-gación de Estatística que faga un procedemento xe-ral de revisión do padrón municipal en Calvos de Randín ou, en todo caso, se dirixa ao alcalde para que poña fin á actuación do alcalde.

Page 13: 15 Xaneiro 2014 - BXVAC

BARRIOSXaneiro de �014

13PUBLICIDADE

Page 14: 15 Xaneiro 2014 - BXVAC

14 BARRIOSXaneiro de �014 ALLARIZ E COMARCA

Paula Lodeiro

Chegou á Fundación Vi-cente Risco non polo seu parentesco (o seu avó era curmán de Vicente) senón de maneira “accidental”. “Eu colaboraba co Conce-llo de Allariz en diversas actividades, e nun momen-to determinado propuxeron vehiculizar unha actividade a través da Fundación”, re-corda Luis Martínez-Risco (Santiago, 1959), ensaísta e historiador e actual vicepre-sidente da Fundación.

Como e con que obxec-tivos naceu a Fundación Vicente Risco?

Luis Martínez-Risco: “A Fundación naceu por im-pulso de Antón Risco. Está en Canadá, quere volver a Galicia e falando coas súas irmás, estas acceden a que a documentación do seu pai, xunto coa documentación de Antón, conformen un corpus documental na que era a casa materna deles.

Unha cuestión que moita xente nos pregunta, sobre todo cando veñen excur-sións de institutos, é como sendo Risco de Ourense, sendo oriundo de Castro Caldelas, a Fundación está en Allariz? Porque Antón puxo como condición que a casa materna fose a sede da Fundación. Entrou en con-tacto co Concello de Allariz, que adquire a casa porque parte da vivenda é dos Fer-nández, non dos Risco e o edificio pasa a ser propieda-de municipal pero cedido á Fundación mentres cumpla os seus obxectivos”.

De que están compostos os fondos da Fundación?

L.M-R.: “A Fundación ten como tres fondos. Temos os fondos de Antón, os seus estudos, os seus manuscri-tos, as teses que dirixiu en Canadá, recopilación de tradición oral, a súa biblio-teca, cadros del e dos seus amigos.

O mesmo con Vicente: a documentación de Vicente, que é bastante máis com-plexa porque hai documen-

tación da familia de Vicen-te e da familia de Allariz, cousas que teñen que ver con Allariz desde o século XII, cousas que teñen que ver con Castro Caldelas, logo están os traballos del, os recortes de prensa del, traballos de alumnos, apun-tamentos...

E logo está a documen-tación que xenera a propia Fundación, libros que ad-quires, cadros que che re-galan”.

Como se dispón todo iso na casa de Allariz?

L.M-R.: “Na planta baixa temos un espazo multifun-cional, alí é onde temos a sala de exposicións, onde facemos conferencias, de-bates, cursos, proxectamos películas, hai concertos.

Logo ten unha primeira planta, que ten dúas partes. Unha que ten unha exposi-ción permanente sobre Ris-co no nacionalismo galego, que lle imos dar unha volta porque estamos vendo que estamos mostrando só unha faceta de Risco, fáltanos completar a figura, que ocu-pe tamén o Risco pedagogo, o Risco novelista, o Risco ensaísta, o Risco antropó-logo, o Risco xornalista, o Risco político. O reto que temos para este ano é modi-ficar ese espazo expositivo porque ademais é algo que nos comenta a xente que vai visitar a Fundación, que lles faltan datos para poder co-ñecer a figura de Risco.

E hai outra parte que man-tén o espírito da casa, unha casa de finais do dezanove, modernista, moi bonita, e alí temos a recreación do seu gabinete de traballo, que estaba na rúa Santo Domin-go (de Ourense). E enriba hai unha foto de Pacheco, de como era ese gabinete de traballo. Salvo un par de elementos da mesa está case todo conservado.

Logo teriamos o tercei-ro andar, que é realmente a Fundación, un espazo restrinxido, se vai algunha visita con alguén da Fun-dación ensínaselles. Temos

interese en que vexan que unha Fundación non é só un lugar que se visita ou no que se fan actividades puntuais, senón o que se fai é pór ao día unha serie de documen-tación ao servizo dos inves-tigadores.

O espazo de abaixo que-remos que sirva a esa idea que tiñan tanto pai como fillo de vivir con artistas, do diálogo con eles, de im-pulsar a cultura. Chegamos a un acordo sobre o espazo expositivo co colectivo de artistas Artemud; isto per-mítenos descansar do que é a parte de abaixo para cen-trar os nosos esforzos no traballo do día a día, que é catalogar a documentación que é o máis importante e é onde temos os maiores atrancos. Por varios moti-vos: pola complexidade da documentación en si; dous, porque é unha documenta-

ción privada, e como non sabemos exactamente o que hai queremos controlar todo o proceso de catalogación e dixitalización. Temos tido ofertas de levalo para a Ci-dade da Cultura na época de Pérez Varela e dixemos que non, porque cando se cons-tituiu a Fundación se cons-titúe para que os fondos do-cumentais queden alí”.

E como van eses traba-llos de catalogación?

L.M-R.: “Actualmen-te debemos ter catalogado e dixitalizado o 10% dos fondos. O problema é que cando nos ofrecen becarios dicimos que non porque nós non temos persoal que os controle; o traballo, ou fa-cémolo nós directamente ou contratando persoal de con-fianza. Outra cuestión é que nós non teñamos capacida-de económica para ir á velo-cidade que quixeramos”.

Aféctalles a situación económica actual?

L.M-R.: “Se ben é certo que nos concursos públi-cos saímos ben parados, hai poucas fundacións en Galicia, en dinamismo, en activismo cultural, que se poidan equiparar con nós. O noso ideal, para poder cumplir todos os obxectivos de dinamización, de catalo-gación, os premios..., sería ter garantidos 65.000 euros ao ano”.

Tamén contan con ache-gas privadas, non?

L.M-R.: “As empresas privadas son mecenas, ache-gannos algunha cantidade sobre todo para a dinami-zación cultural. O ano pa-sado tivemos cerca de 8.000 euros de achegas. Pero, cla-ro, con iso o que facemos é manter a actividade: exposi-cións, a edición de libros, a produción de audiovisuais, cursos, conferencias...”.

Que balance de xente pasou pola Fundación o ano pasado?

L.M-R.: “Non o sei, por-que hai moita xente que

vai varias veces, moitísima xente que vai ás actividades que facemos. Temos unha media de 15 a �0 visitas de colexios dependendo do ano. Hai unha ruta, que habería que estudar como potenciala, na que van pola mañá a Celanova á Casa dos Poetas e pola tarde á visitar a Fundación a Allariz. Nós pensamos que coa remode-lación conceptual da expo-sición pode contribuir a in-crementar os visitantes”.

Manterán os catro pre-mios que convocan en 2014?

L.M-R.: “A intención é manter os catro: o de cien-cias sociais, o de creación literaria, o de xornalismo literario, e un premio esco-lar que a ver se sacamos as bases para este ano”.

Como cre que son de coñecidas as figuras de Vi-cente e Antón Risco?

L.M-R.: “Antón Risco é un auténtico descoñecido, ten o estigma de ser o fillo do pai, e que o Antón que coñeceu a xente en Ouren-se era un cero á esquerda, era un tipo que traballaba en Previsión na Segurida-de Social, en palabras dun compañeiro del ‘un nefasto funcionario’, e para Antón foi unha liberación marchar fóra de Galicia, porque se liberou de ser o fillo do pai.

Así como o pai é unha fi-gura moi complexa...”.

E controvertida?L.M-R.: “Controvertido

o fixeron, eu creo que el de controvertido tiña pouco porque tiña as ideas moi claras, outra cousa é a lectu-ra que se fai del, e o sambe-nito que lle caeu no índice de Ramón Piñeiro, que des-de entón hai como o Risco prenacionalista que fumaba canutillos e se preocupaba por Oriente, o Risco nacio-nalista, e o Risco postnacio-nalista e traidor. Se colles a obra de Risco ves que é un continuo: sempre lle preocupou o Oriente, sem-pre foi un anti-materialista, sempre foi unha persoa cun concepto de identificación coa terra moi grande”.

E se vivise hoxe, cal se-ría o lugar de Vicente Ris-co no nacionalismo?

L.M-R.: “Risco sería un home totalmente encadrado no PNV; un político católi-co, socialmente avanzado, moitísimo máis avanzado que Otero Pedrayo ou que o propio Castelao. Risco hoxe estaría cómodo nun

ENTREVISTA A LUIS MARTíNEZ-RISCO DAVIñA, VICEPRESIDENTE DA FUNDACIóN VICENTE RISCO

“O reto que temos para este ano é modificar o espazo expositivo sobre Vicente Risco”

4 O historiador coida que o fillo, Antón Risco, é aínda unha figura descoñecida das letras galegas.

“Antón Risco, sen dúbida, sería merecente dun Día das Letras Galegas”“Actualmente debemos ter catalogado e dixitalizado o 10% dos fondos”

O historiador e ensaísta Luis Mártínez-Risco Daviña é vicepresidente da Fundacíon Vi-cente Risco e profesor no instituto Otero Pedrayo de Ourense./P.LODEIRO.

Page 15: 15 Xaneiro 2014 - BXVAC

BARRIOSXaneiro de �014

15ALLARIZ E COMARCA

partido verde. Gran parte do seu discurso ecoloxista pasa desapercibido.

Risco foi un home moi perseguido polo Réxime, tivo un proceso discipli-nario no ano 37, pasou a guerra escondido, en Alla-riz e Castro Caldelas. Ten unha denuncia no ano 41 por falar publicamente na rúa cos seus amigos. Os de esquerdas considerábano un traidor e para os de de-reitas non era exactamente dos seus.

Digamos que a Risco lle tocou vivir unha época que non o comprendeu, era consciente de que non lle gustaba a sociedade na que vivía. Pero non era un vic-timista, era moi consciente de que el, sendo un urbani-ta, miraba moito para a Ga-licia rural porque era onde se mantiña a esencia desa identidade que se estaba perdendo”.

E sobre a figura do seu fillo, que perfil tiña?

L.M-R.: “Antón é aínda hoxe un dos máis recoñeci-dos estudosos de Azorín e de Valle Inclán.

Antón é unha persoa vin-culada ao Partido Comunis-ta, para desgraza do seu pai, e cando marcha a Canadá vólvese nacionalista quebe-quois e cando volve a Gali-cia volve convertido en na-cionalista galego; marchar fóra sírvelle para reafirmar a súa propia identidade.

No que é a literatura fantástica, tanto no pla-no teórico como ensaista como practicante, ten uns recoñecementos a nivel in-ternacional. Ao ser crítico literario sabe escribir unha novela; é mellor novelista que o pai, fáltalle ese reco-ñecemento”.

Como un Día das Letras Galegas?

L.M-R.: “Por exemplo; para nós sería fantástico, que hai 13 novelas inéditas que hai que ir sacando. Sen dúbida, sería merecente dun Día das Letras Gale-gas, e ademais creo que as achegas á modernización da literatura galega que ten algunha das súas obras é in-finitamente superior a moi-tos laureados nos últimos anos”.

Redacción A concelleira socia-

lista de Maceda, Ana María Rodríguez Blan-co, defendeu no pleno extraordinario do 19 de decembro unha moción sobre conxelación de taxas, impostos e servi-zos públicos municipais que saiu adiante ao abs-terse os edís do PP e do grupo de goberno, de CxG. “O aforro da suba é unha axuda ás familias e ao comercio de Maceda nestes momentos de crise de continuos aumentos na carga fiscal”, apuntaba a política socialista.

Na argumentación da moción, Rodríguez Blan-co expresou que “unha mellora na xestión dos re-

cursos públicos axustando os gastos permite que estes non repercutan nas econo-mías familiares”. Así, pro-puxo a introdución de no-vos ingresos, por exemplo pola utilización da vía pú-blica por parte dos caixei-ros dos bancos, ou un uso máis racional do alumeado público.

A propósito do sistema recadatorio municipal, a concelleira socialista criti-cou que “non é progresis-ta”, xa que non contempla bonificacións en función da situación económica desfa-vorecida dos veciños.

Maceda conxela taxas e impostos4 A moción do PSOE saiu adiante ao absterse PP e CxG.

O PSOE conside-ra que o sistema recadatorio “non é progresista”Carteis sobre Vicente e Antón Risco na súa Fundación en

Allariz./ARQUIVO.

Page 16: 15 Xaneiro 2014 - BXVAC

16 BARRIOSXaneiro de �014 ALLARIZ E COMARCA

Redacción

O xurado do Festival In-ternacional de Xardíns de Allariz elexiu en decem-bro as 10 propostas -das

Exitoso NadalParc de Allariz Redacción

A sexta edición do Na-dalParc de Allariz acolleu a máis de 1.700 nenos e nenas, que acudiron ao pavillón do instituto para participar nas actividades organizadas no complexo de ocio e atraccións or-ganizado polo Concello durante as vacacións es-colares de Nadal.

A instalación, aberta dende o �6 de decembro ata o 3 de xaneiro, reci-biu 1.77� usuarios, o que supuxo uns ingresos de �.961 euros, cifra lixei-ramente superior á da edición �01�. Segundo confirmaba o alcalde Fran-cisco García “boa parte dos usuarios foron nenos e nenas de Allariz (vendé-ronse 436 entradas e 158 bonos a usuarios da tarxe-ta de cidadán), pero tamén houbo parte importante de rapaces doutros concellos (�88 entradas)”.

47 presentadas- máis dúas suplentes, que participarán na edición �014 do festival, convocada baixo o lema “O xardín da abundancia”. O recinto será ocupado

ademais polo gañador da pasada edición “Pensasue-ños” de Manuel Richart e polo “Xardín das Pías” de Aurora Armental e Stefano Ciurlo.

Elixidos os 10 finalistas do Festival de Xardíns 20144 Esta edición inaugurarase o �4 de maio.

Criterios da selecciónAs propostas seleccio-

nadas, segundo explicaba o presidente do xurado, Francisco Caldeira, res-pondían a “harmonía entre criterios estéticos e técni-cos, creatividade e innova-ción e tamén a forma prác-tica de executar os xardíns, debido a que se fan nun es-pazo corto de tempo e cun orzamento apertado”.

O alcalde, Francisco García, destacou a calida-de dos traballos presen-tados e a participación de paisaxistas de Italia, Aus-tria, Francia e EEUU.

Os autores seleccio-nados deben entregar o proxecto técnico neste mes de xaneiro, mentres a brigada municipal come-zou coa desmontaxe dos xardíns actuais para que en marzo estea todo listo para iniciar a execución dos novos proxectos. O rexedor adiantaba que a data de inauguración do V FIXA. “será, se non hai dificultades co clima, o 24 de maio.”

Algunhas das propostas que se presentaron para participar na edición 2014 do Festival de Xardíns de Allariz./ARQUIVO.

Curso de xardinería prácticaRedacción

O Concello de Allariz, en colaboración con Xar-dinería Allariz, organiza un curso de xardinería. Os amantes do paisaxismo te-ñen a oportunidade de me-llorar ou ampliar os seus coñecementos a través do curso de “Xardinería prác-tica” que se desenvolverá o �5 de xaneiro no Centro de Promoción Económica.

O obradoiro, imparti-do de 10 a 13 horas polo enxeñeiro agrícola Rosen-do Luis Estévez, comeza-rá con conceptos básicos como a definición de xar-dín, como crealo, o deseño, a preparación do terreo ou a creación de sementeiros e plantacións. Os partici-pantes aprenderán os pa-sos necesarios para manter o xardín en bo estado.

Os interesados deben inscribirse no 639 817 436 ou 648 168 786. O curso ten un custe de 15 euros.

Page 17: 15 Xaneiro 2014 - BXVAC

BARRIOSXaneiro de �014

17ALLARIZ E COMARCA

Redacción

A concienciación am-biental e o compromiso dos vecños coa reciclaxe de residuos domésticos permitiu ao Concello de Allariz ingresar o pasa-do ano �7.893 euros pola xestión directa da recolli-da do plástico.

Segundo explicaba Ber-nardo Varela, concelleiro de Medio Ambiente do Concello de Allariz, “ata o �013, era unha empresa externa a que se encargaba da recollida do plástico, con custo e beneficio cero para o Concello. Dende o ano pasado decidimos xestionalo directamente e o resultado foi moi satis-factorio”.

Dos 56.000 quilogramos

reciclados en �01� pasouse a 84.496 o pasado ano, o que achega uns ingresos de �7.893 euros. “Cifra á que hai que restar 1�.000 euros anuais que custa a xestión directa”, confirmaba o edil.

Máis contedoresO incremento de volume

de reciclaxe débese “ao in-cremento de puntos de reco-llida coa colocación de no-vos contedores amarelos en 1� núcleos máis e á intensa campaña de sensibilización desenvolvida nas asocia-cións de veciños”. A acti-vidade continuará en �014,

Allariz recibe máis de 27.000 euros por reciclar 4 O Concello pasou a xestionar no �013 a reco-llida do plástico.

Os comerciantes premian os seus clientesRedacción

A Asociación de Co-merciantes e Hostaleiros de Allariz premia a fide-lidade dos clientes que realizaron compras nos seus asociados durante a campaña de Nadal.

Este venres 17 de xa-neiro realizarán un sor-teo público, a través de Radio Allariz, no que se sacarán cinco sobres pre-miados, aos que se lles devolverá o importe dos tíckets ata un máximo de �50 euros. Deberano gastar nos establecemen-tos asociados a partir do 18 de xaneiro.

O sorteo realizarase entre todos os clientes que mercaron durante as festas navideñas (ata o 15 de xaneiro) nun mínimo de cinco establecemen-tos diferentes de Allariz e depositaron en furna os seus xustificantes de compra.

en colaboración co Centro de Educación Ambiental do Rexo, con charlas nos centros de ensinanza.

Curso de cultivo de cogumelosRedacción

A Fundación Ramón González Ferreiro de Alla-riz retoma as actividades tras o parón de Nadal co curso de “Cultivo de Co-gomelos”. Este obradoiro impartirase o �5 de xanei-ro de 10:30 a 13:30 horas, cun custo de 15 euros.

Cada participante levará para casa un saquiño co cultivo realizado para re-coller a colleita.

Aprazado o curso de pathwork

A Fundación tamén acordou aprazar o curso de “Patchwork e aplicacións”, previsto para o día 10 de decembro. Impartirase no mes de febreiro, nunha data ainda por determinar.

Ofrecen máis informa-ción sobre os cursos e so-bre as inscricións na Fun-dación Ramón González Ferreiro, no lugar de Paci-ños, no 988 436 18� ou en [email protected].

I Certame de Cartas de Amor para MaioresRedacción

Este mércores 15 de xaneiro finalizaba o prazo de recepción de cartas do I Certame de Cartas de Amor para Maiores orga-nizado pola Concellería de Benestar Social de Allariz.

As cartas que participan neste concurso estarán dis-poñibles proximamente no Facebook do Concello de Allariz, no Fogar dos Maiores e na Biblioteca Municipal para a súa lec-tura. As persoas que o de-sexen poderán votar, nas urnas habilitadas para tal fin, pola súa carta favori-ta. As tres mellores cartas obterán un premio que se entregará o 14 de febreiro de �014, Día dos Namora-dos.

Os premios ás tres mellores cartas de amor entregaranse o 14 de febreiro

Bernardo Varela, concellei-ro de Medio Ambiente./AR-QUIVO.

Dos 56.000 quilogramos reciclados en 2012 pasouse a 84.496 o pasado ano, grazas á colocación de contedores amarelos en 12 núcleos máis

Page 18: 15 Xaneiro 2014 - BXVAC

18 BARRIOSXaneiro de �014 CELANOVA E COMARCA

Monse Álvarez, durante o último pleno municipal.

Silvia Nieto

Sen lugar a dúbidas, dous acontecementos marcaron a actualidade municipal de Celanova nos últimos tem-pos: a marcha de Antonio Mouriño (o que foi rexedor municipal durante máis de �0 anos) e o abandono das filas populares por parte da concelleira Monse Álvarez (que pasou ao grupo de non adscritos) por discrepancias co alcalde substituto, José Luis Ferro. Unha saída que estableceu un punto e apar-te na historia política deste Concello porque, despois de décadas de dominio, o Parti-do Popular pasou a gobernar en minoría.

Agora, Monse Álvarez explícanos como viviu estes feitos, cales son para ela as carencias da localidade e as súas intencións como mem-bro da oposición.

Formaches parte do go-berno popular de Celano-va con Antonio Mouriño como alcalde e agora vives desde a oposición a etapa de José Luís Ferro como rexedor, cres que houbo un antes e un despois?

Monse Álvarez: “Non houbo ningún cambio. O único cambio que houbo foi ao marcharme eu e quedar o grupo de goberno en mino-ría”.

Como recibiches a deci-

sión de Mouriño de deixar a alcaldía e a súa proposta de Ferro como substituto?

M.A.: “Foi unha chapuza de última hora, dado que o lugar que ocupou el na lis-ta do Partido Popular por Ourense para as eleccións autonómicas era para Pablo Pérez (concelleiro de Quin-tela de Leirado).

Con respecto a José Luís Ferro, os afiliados querían que o substituto de Mouri-ño fose a tenente alcalde Pilar Regueiro, pero el ía de tapado no posto número 4 sabendo de antemán que era o substituto de Antonio Mouriño como así mo fixo saber”.

Como viviches a túa saí-da do Partido Popular?

M.A.: “Como te imaxinas estas situacións son sempre difíciles pero eu tiven infor-mación interna do partido, moita xente que me estivo apoiando, e a pesar de levar moitos anos como afiliada nunca vivín da política nin pedín ningún favor, polo cal todos estes motivos fixé-ronme máis sinxela a miña saída”.

José Luís Ferro achaca a túa saída do PP a intereses persoais frustrados, como valoras estas acusacións?

M.A.: “A miña saída foi causada pola súa falta de palabra, os meus intereses persoais eran participar no

ENTREVISTA A MONSE ÁLVAREZ VISPO - EDIL DO GRUPO DE NON ADSCRITOS DO CONCELLO DE CELANOVA

“Mouriño facíao el todo, utilizábanos para levantar a man, non se debatía nada. Agora teño os documentos e sei o que

teño que votar, que é todo o que beneficie ao meu pobo”4 Monse Álvarez, actualmente concelleira do grupo de non adscritos de Celanova, explícanos a súa saída do Partido Popular e como está a vivir esta nova etapa.

goberno activamente, por iso o votei na súa investidu-ra e sempre en coñecemento de Antonio Mouriño. Nunca antepuxen intereses econó-micos”.

Como estás a vivir agora esta etapa no grupo de non adscritos?

M.A.: “É a que me esta ensinando realmente o que é a vida municipal dado que Antonio Mouriño facíao el todo, utilizábanos para levantar a man, aprobar o que el quería, non se deba-tía nada e cando chegabas ás comisións, ás xuntas de gobeno local, aos plenos non che daba nin a docu-mentación, pero, claro, aca-baba de chegar. Agora, polo menos, teño os documentos e sei o que realmente teño que votar, que é todo o que beneficie ao meu pobo, in-dependentemente das siglas políticas”.

Valora brevemente as seguintes infraestruturas de Celanova:

- Auditorio Municipal M.A.: “Un saco sen fon-

dos, despois dunha chea de investimento en distintas

fases segue con carencias, as actividades que se reali-zan nel deben de ser curtas, dado que non ten calefac-ción e mórrese de frío”.

- Conversión do instituto nun parador de turismo.

M.A.: “Moi difícil, dada a situación que viven os paradores nestes tempos de crise, noutros lugares están a pechar durante uns me-ses ao ano. Non creo que ningunha empresa vaia a investir acá. E cos recortes públicos é inviable durante moitos anos”.

- Estación de autobuses sen usar.

M.A.: “É un exemplo de como se gastou o diñeiro público estes últimos anos. En obras que se atopan pe-chadas. A estación nunca chegou a funcionar, está a deteriorarse e seguramente nunca se use dado que o seu mantemento é custoso e os seus accesos non correspon-den ao dunha estación de autobuses”.

- Ampliación do parque empresarial.

M.A.: “Hai que amplialo, investindo diñeiro público

para non encarecer o prezo do chan, para facilitarllo a baixo custo a empresas que xeren postos de traballo”.

- Apertura do tramo de autovía Ourense-Celano-va.

M.A.: “Está claro que to-das as comunicacións son boas, pero neste caso o feito de non continuala segundo o proxecto (até Portugal) foi unha pena que esta fase non finalizase en Celanova, dado que moita xente de zonas limítrofes non pasa e non realizan as súas compras en Celanova”.

Como se atopa a de-nuncia do alcalde contra o Concello (dentro do cal se atopan dous edís popu-lares -Maximino e Reca-rey-) pola baixada do seu soldo e a eliminación de dúas dedicacións exclu-sivas acordadas en pleno extraordinario? Que va-loración che merece esta determinación?

M.A.: “O proceso está en mans da xustiza, e can-do un alcalde que gaña un soldo digno denuncia ao seu propio Concello para gañar

máis vese claramente cales son as súas intencións”.

Co teu apoio a oposición aprobou determinadas medidas, valora breve-mente algunhas delas.

- Conxelación das taxas municipais.

M.A.: “Non se poden su-bir máis as taxas municipais dado que xa son elevadas e en moitas familias con membros no paro é asfixia-los máis, e tendo partidas onde poder recortar en caso de necesidade”.

- Emprego de 380.000 euros para investimento (e non para pagar débeda como suxería o PP).

M.A.: “Nunha vila con tantas necesidades tales como un parque infantil, modernización en infraes-truturas de limpeza, fomen-to do emprego co apoio a novas empresas, e axudas ao comercio, etc. non se pode pagar débeda”.

Cales cres que son as ne-cesidades máis inminentes do Concello?

M.A.: “Como ben dixen, a modernización de infra-estruturas en materia de limpeza, un parque infan-til equipado tanto en chans como en aparellos, axudar a fomentar o emprego, por exemplo potenciando o cen-tro histórico de Vilanova”.

Continuarás en política tras o final desta lexislatu-ra? Veste formando par-te de novo dalgún grupo político concreto ou inte-grando un partido inde-pendente?

M.A.: “Aínda queda máis dun ano de lexislatura e che-gado o momento valorarei-no”.

Envíalle unha mensaxe aos veciños de Celanova.

M.A.: “Que estou a dis-posición deles para calquera consulta municipal, que vou seguir apoiando todo o que sexa beneficioso para Cela-nova, veña do grupo político que sexa, dado que non ‘co-bro’ nin me debo a ningún partido político”.

“A miña saída do PP foi causada pola súa falta de palabra (referíndose a José Luis Ferro), os meus intereses persoais eran participar no goberno activamente. Nunca antepuxen intereses económicos”.

Monse Álvarez só dará o seu apoio ás iniciativas que beneficien a Celanova, “veñan do grupo político que sexa”, asegura./S.N.

Page 19: 15 Xaneiro 2014 - BXVAC

BARRIOSXaneiro de �014

19CELANOVA E COMARCA

Redacción

�013 foi un ano cargado de actividades organiza-das pola Fundación Cu-rros Enríquez e de visitan-tes que acudiron a coñecer a casa familiar do poeta celanovés. Unha vez rea-lizado o balance anual das visitas escolares recibidas na Casa dos Poetas, a Fun-dación Curros Enríquez vén de facer público que un total de �.178 escolares se achegaron durante este ano á vila de San Rosendo para participar nalgunha das actividades organiza-das por esta organización.

Esta cifra de visitas é a maior acadada dende a apertura da Casa dos Poetas en �006, o que mostra a gran acollida das actividades que se están a promover entre os esco-lares e das que destaca a participación de 1.378 ra-paces no programa escolar que a Fundación promove por Celanova e os seus arredores. É dicir que dos 53 grupos escolares aten-didos durante �013 para máis dun 50% (31 grupos) o patrimonio literario de Celanova serviu de atrac-

tivo para coñecer en pro-fundidade o resto do gran patrimonio monumental que posúe a vila.

Visitas a monumentos, Castromao e concertos de órgano

Unha das actividades máis solicitadas da Fun-dación Curros Enríquez é o programa destinado ós escolares ‘Ven coñecer a Celanova de Curros e Celso Emilio’. Trátase dun per-corrido guiado pola vila de Celanova a través dos tex-tos dos escritores nativos, ofrecendo as visitas progra-madas á Casa dos Poetas, ao Mosteiro de San Rosendo e a Vilanova dos Infantes, onde se visita a Virxe do Cristal e unha mostra sobre zapateiros. Así mesmo, du-rante �013 foi posible acce-der á Torre das Campás do Mosteiro de San Salvador.

Tamén se ofreceu desde a Fundación a realización de actividades alternativas como a visita ó xacemento castrexo de Castromao e se promoveu a participación nos concertos didácticos de órgano organizados no mosteiro de San Rosendo, o que resultou un progra-

Máis de 2.000 alumnos visitaron Celanova en 2013 coa Fundación Curros Enríquez4 Trátase do maior número de visitas dende a apertura da Casa dos Poetas en �006.

ma de sumo interese xa que abrangueu varios ámbitos educativos como son a lite-ratura, a música, a historia e a educación física.

Poemas na rúaEste programa comple-

mentouse coa realización dun percorrido literario ur-bano guiado ou seguindo os paneis do proxecto recente-mente estreado ‘Poemas na rúa’ que se podía facer por libre.

Na versión guiada as lec-turas propostas pola Fun-dación incluían os poemas ‘Cántiga’ e ‘A igrexa fría’ de Curros Enríquez e ‘Maio 197�’ e ‘Longa noite de pedra’ de Celso Emilio Fe-rreiro. O inicio do roteiro comezaba na Casa dos Poe-tas, ía ata a Praza Maior e pasaba fronte os bustos de Ferreiro e Curros ata a ‘Ta-berna do Galo’, populariza-da grazas o libro homónimo de Celso Emilio.

A visita guiada pola vila a través dos textos dos seus escritores foi das actividades máis demandadas

O BNG solicitará en pleno que non se lle corte a electricidade aos veciños por impago4 Os nacionalistas tamén reclamarán unha sen-da peonil paralela á OU-531 e a recuperación do entorno do río Sampil. Redacción

O Bloque Nacionalista Galego de Celanova irá, unha vez máis, ao pleno municipal cos deberes fei-tos. Nesta ocasión presentou tres mocións para debater na próxima sesión coas que procurará que o Concello non corte a subministración eléctrico a aqueles veciños que non dean abonado as súas facturas, que se cons-trúa unha senda peonil pa-ralela á estrada OU-531 e que se proceda á recupera-ción do río Sampil.

Para o BNG de Celanova son moitos os veciños da vila que chegan a final de mes con serias dificultades económicas. Dificultades que se agravan co encare-cemento da enerxía (gas e electricidade). Por iso, para o voceiro municipal, Leopoldo Rodríguez “o goberno local non só debe garantir por medio da ad-ministración municipal o apoio ás persoas que o pre-cisaren, senón que tamén debe impulsar diante do Es-tado e da Xunta iniciativas que permitan manter o be-nestar, a saúde e calidade de vida dos seus veciños nesta situación dramática”.

Como consecuencia, o BNG solicitará ao Concello

de Celanova que inste ao Goberno galego a realizar as modificacións lexislati-vas necesarias para garantir o subministro enerxético ás familias que estean en situación de pobreza, evi-tar o incremento o recibo da luz en �014 e solicitar do Estado español a crea-ción dunha tarifa eléctrica galega que, atendendo á condición de Galicia como excedentaria na produción de electricidade, posibilite unhas menores tarifas.

Senda peonil na OU531Dentro da liña de infra-

estruturas que un Conce-llo debe ofertar aos seus veciños, o BNG salienta a inexistencia de zonas axei-tadas para a práctica do de-porte ao aire libre. Por iso, demandan “unha contorna de percorrido útil, sen ba-rreiras e sen perigos pola circulación de vehículos”, o que ao seu parecer “poten-ciaría nos veciños hábitos de vida máis saudables”.

“Actualmente son moitos os veciños que para practi-car deporte ou simplemente para pasear empregan as di-ferentes estradas estatais”, lembran dende o BNG fa-cendo fincapé no perigo que iso supón para os peóns, e por iso reclamarán no ple-

no que se lle demande de xeito inmediato á Xunta a realización dunha senda peonil que discorra en pa-ralelo á estrada OU-531.

Recuperación do río Sampil

Por último, o BNG de Celanova solicitará mediante unha moción a Confederación Hidro-gráfica do Miño-Sil e ao Ministerio de Medio Am-biente a recuperacion am-biental do río Sampil.

A iniciativa levaría con-sigo, segundo Leopoldo Rodríguez, a recuperación da ribeira deste río, a crea-ción dunha senda verde, a eliminación de augas re-siduais e a eliminación de canalización ilegais.

Asemade, os naciona-listas solicitarán “a rea-lización dun estudo para crear unha zona recreativa de baño no núcleo urbano de Celanova”, sendo ao seu entender a zona máis idónea “as inmediacións da avenida de San Rosen-do”.

A exposición “Escritores ourensáns por Xosé Conde Corbal” poderase visitar na Casa dos Poetas ata febreiro, de martes a sábado de 11 a 13.30 e de 16 a 19 horas.

Concelleiros do BNG en Celanova./ARQUIVO.

O BNG quere que se estude a crea-ción dunha zona recreativa de baño no río Sampil

Page 20: 15 Xaneiro 2014 - BXVAC

�0 BARRIOSXaneiro de �014

CELANOVA E COMARCA

Redacción

A Asociación Arraianos quixo celebrar os seus 10 anos de existencia coa pre-sentación dun dos proxectos que máis esforzo lle supuxo nos últimos tempos, a crea-ción do Centro Terapéutico, Educativo e Cultural A Chai-ra de Amoroz, ubicado en Celanova.

O 4 de xaneiro tivo lugar a inauguración do mesmo, nunha data cargada de sim-bolismo por coincidir co 10� cumpleanos do poeta celano-vés Celso Emilio Ferreiro. E a esta presentación non falta-ron veciños e amigos deste colectivo para mostrar o seu apoio incondicional ao labor que durante esta década leva realizando; así como diversas autoridades políticas que res-paldaron o proxecto, entre as que se atopou Antonio Cres-po, director xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, entidade que achegou máis do 95% do investimen-to preciso para a construción do centro (máis de 105.000 euros). Un respaldo econó-mico que Crespo xustificou explicando que o proxecto presentado por Arraianos foi “un dos mellor valorados por Agader dos presentados en Galicia, polo seu carácter innovador e comprometido cos colectivos máis desfavo-recidos e co territorio, e pola súa capacidade para xerar ac-tividades de valorización do entorno e desenvolvemento rural en toda a zona”.

Un espazo de encontro, de axuda aos máis necesitados e de intercambio de ideas, así é

como foi concebido este cen-tro, e por iso destaca dentro da súa oferta o desenrvolve-mento de terapia asistida con cabalos; tal e como explicou Enrique Moreiras, que este ano se estrea como presiden-te de Arraianos. Moreiras, ademais, concretou que ta-mén se realizarán outro tipo de terapias de relaxación, li-beración emocional e orien-tais deseñadas para “persoas con discapacidade psíquica, problemas de drogas, rapa-ces dos centros de menores ou xente en risco de exclusi-ción social”.

O edificio multifuncional vai acoller tamén material divulgativo sobre a relación entre o home e o medio, cen-trado na interpretación da paisaxe e a posta en valor do patrimonio histórico, natural e etnográfico da comarca. Con esta aposta preténdese conseguir a integración so-cial dos discapacitados e a

implicación dos veciños, a través do servizo de volun-tariado.

Granxa-escolaEste proxecto conta cunha

segunda parte, que consiste na creación dunha granxa-escola con horta ecolóxica e elaboración de produtos arte-sanais como queixo ou mel. Neste senso, un convenio de colaboración coa Consellería de Educación permitirá que o centro estea aberto ás vi-sitas dos alumnos de prima-ria e secundaria da comarca e doutras zonas de Galicia. “Deste xeito, os escolares poderán facer clases prác-ticas de diferentes materias neste espazo, que destaca polo seu patrimonio natural, etnográfico, antropolóxico

Arraianos inaugura un centro terapéutico, educativo e cultural 4 A instalación ofrecerá terapia con cabalos a persoas con discapacidade e un espazo como granxa-escola para escolares.

e arqueolóxico”, explicou Crespo.

DVD sobre FerreiroDurante este acto, Aser

Álvarez, de Arraianos, ta-mén presentou ‘10� teste-muños de aniversario’ un DVD sobre Celso Emilio Ferreiro que conta con ma-terial inédito da grabación do documental ‘100% CEF’ que el mesmo dirixiu.

Así mesmo, Álvarez aproveitou para adiantar algúns dos proxectos cultu-rais da asociación para este �014, entre os que se atopa a edición do libro “Aquela Celanova”, un documental sobre Neira Vilas e iniciati-vas encamiñadas á posta en valor do patrimonio mega-lítico de Celanova.

Este proxecto foi o mellor valorado por Agader “polo seu carácter innovador e comprometido”, explicou Antonio Crespo

Antonio Crespo (de Agader), Enrique Moreiras e Aser Álvarez (de Arraianos), e Xosé Manuel Puga (do GDR 16 ao que pertence a comarca de Celanova) na entrada do Centro Terapéutico, Educativo e Cultural A Chaira de Amoroz./S.N.

Redacción

O �4 de decembro tivo lugar a inauguración da tenda “Pan do Demo” na Praza de Abastos de Cela-nova completándose deste xeito a oferta micolóxica da vila que a converte na capital dos cogomelos, una vez que existe una explota-ción de cultivo en Ponte-fechas, unha tapería e sala de exposición micolóxica “Plan C” na vila de San Rosendo e se celebran as xornadas micolóxicas máis veteranas de Ourense e das máis lonxevas de Galicia, promovidas por Alejandro e Ricardo Mínguez.

De doce a dúas da tarde, os veciños e visitantes fo-ron convidados a degustar distintos pratos elaborados con cogomelos no propio posto de “Pan do Demo” na Praza de Abastos.

Neste novo espazo, po-

deranse adquirir cogomelos frescos producidos en Cela-nova e tamén silvestres en tempada ou secos durante o resto do ano como Boletus edulis¸ Lactarius deliciosus ou distintos tipos de Cantha-rellus, así como derivados micolóxicos como fariñas elaboradas con cogomelos e outras curiosidades.

Visita aos cultivosAdemais, compre salientar

que existe a posibilidade de visitar as instalacións onde se cultivan Pleurotus ostrea-tus e Agaricus bisporus para ver o preceso e incluso mer-car cogomelos ou packs de cultivo baixo a dirección do micólogo Borja Mínguez.

Abre unha tenda especializada en cogumelos4 Con esta apertura Celanova consolídase como a capital mi-colóxica de Galicia.

Nesta tenda pódense adquirir cogumelos frescos producidos en Celanova

Posto de cogumelos de “Pan do Demo” nunha feira./AR-QUIVO.

Page 21: 15 Xaneiro 2014 - BXVAC

BARRIOSXaneiro de �014

�1CELANOVA E COMARCA

Redacción

A Asociación O Vieiro Leboreiro das comarcas de Terra de Celanova e A Baixa Limia celebrou o pasado sábado 11 de xanei-ro no auditorio Ilduara de

Celanova o acto de entrega de premios do �º Concurso de Fotografía e Debuxo “O Bosque Máxico”.

Unha segunda edición na que se presentaron máis de �.400 fotos e debuxos por parte de 300 participantes.

amateurs nun total de 36 categorías, cada unha de-las patrocinada por outros tantos concellos e empre..

Máis de 2.200 fotografías e debuxos participaron no 2º Concurso do Bosque Máxico4 Os premios entregáronse o pasado día 11 no auditorio de Celanova.

A totalidade das foto-grafias foron realizadas en distintas paraxes do Bosque Máxico, tendo como temá-ticas, entre outras, “Anter-gos medios de transpor-te”, “Antergas vivendas”, “Fontes naturais”, “Repre-

Presentáronse a concurso máis de 2.400 fotografías e debuxosFoto dos premiados no 2º Concurso do Bosque Máxico./ASOC. VIEIRO LEBOREIRO.

sa das Conchas”, “Árbo-res centenareas”, “Río Deva”, “Carreiros Ca-nellas e Vieiros”, “Augas quentes”, “A nosa gastro-nomía”, “Lagoas e ríos”, “Fauna do Bosque” ou “Flora do Bosque”.

A partir de febreiro, as fotografías premiadas se-rán expostas durante va-rios mees en cada un dos concellos das dúas comar-cas. Todas elas pódense contemplar tamén na web da asociación, www.obos-quemaxico.com.

Actividades de promo-ción

Ademais deste concur-so de fotografía, duran-te �013, a Asociación O Vieiro Leboreiro desen-volveu actividades de pro-moción do territorio como a campaña “A Tiro de Pe-dra” ou as xornadas gas-tronómicas “Os Sabores do Bosque Máxico”.

Redacción

O Ministerio de Agri-cultura, Alimentación e Medio Ambiente, a través da Confederación Hidro-gráfica do Miño-Sil, for-malizou o convenio de colaboración co Concello de Bande para o financia-mento e execución das obras de acondicionamen-to da canle e marxes do río Badella ao seu paso por Bande.

A actuación, orzamen-tada en 600.000 euros, finánciase con cargo aos Fondos de Desenvolve-

mento Rexional (FEDER). O proxecto ten por obxec-

to resolver o alto grao de degradación ambiental que actualmente presenta o río Badella ao seu paso por Ban-de, para potenciar a integra-ción do río no núcleo urba-no. Para tal fin, realizaranse traballos de restauración e limpeza vexetal, acon-dicionamento de marxes, eliminación de impactos, recuperación da servidume de paso e delimitación do espazo público do bordo fluvial, coa implantación de sendas que permitan o per-corrido pola marxe do río.

A Confederación Hidrográfica acondiciona o río Badella4 600.000 euros destinados ao acondcionamento do río ao seu paso por Bande.

Page 22: 15 Xaneiro 2014 - BXVAC

�� BARRIOSXaneiro de �014

PROVINCIA

Redacción

A Consellería de Medio Rural e do Mar vén de mobilizar unha partida de máis de 1�.000 euros que se repartirá entre 19 cen-tros escolares de Educa-ción Infantil de segundo ciclo, Primaria e ESO da provincia de Ourense.

O obxectivo destas axu-das é contribuír á distribu-

ción e ao consumo de froitas frescas entre o alumnado.

O importe destas subven-cións, destinadas a un total de 19 centros educativos da provincia ourensá, osci-la entre os 116 e os 1.705 euros. En toda a comunida-de, a Xunta destina a estas axudas para a distribución de froitas frescas aos esco-lares unha partida cifrada en 131.000 euros.

Alimentación saudableO delegado territorial

da Xunta de Galicia en Ourense, Rogelio Martí-nez, considera que estas axudas “contribuirán a que os nosos pequenos se con-ciencien da importancia de incluír no seu menú diario o consumo de, a lo menos, unha peza de froita”.

Ademais, Martínez subli-ñou que estas axudas veñen a complementar outras ac-tuacións doutros departa-mentos autonómicos enca-miñadas a fomentar unha alimentación saudable entre os pequenos e a mocidade.

Redacción

A provincia conta este ano con 11 novos obradoiros de emprego nos que participan �34 persoas, subvenciona-dos pola Consellería de Tra-ballo e Benestar por un im-porte total de case �.080.000 euros.

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Roge-lio Martínez, está a realizar visitas por todos eles, para coñecer de primeira man os traballos que desenvolven os alumnos.

A Consellería de Traballo, departamento que dirixe Beatriz Mato, destina a estes obradoiros máis de dous mi-llóns de euros. “Este esforzo enmárcase na posta firme do Goberno galego pola mello-ra da empregabilidade das persoas desempregadas en Galicia”, apuntou Martínez.

Redacción

O Partido Popular de Ourense continúa cunha intensa actividade orgáni-ca, relativa á renovación das 9� xuntas locais do PP na provincia, mediante a celebración de congresos locais.

Polo de agora, xa se ce-lebraron 19 congresos lo-cais e, tal e como anuncia-ra o presidente provincial,

OurenseDentro desta serie de vi-

sitas o delegado territorial da Xunta en Ourense ache-gouse ao obradoiro de em-prego “Ruta Termal”, no que participan �4 parados da capital da provincia, así como 6 persoas do concello ourensán que forman parte do persoal directivo, docente e de apoio administrativo.

Dentro desta activida-de, na que a Xunta inves-tiu máis de �13.000 euros e que conta con seis meses de duración, os alumnos es-tán a executar actuacións na zona das termas de Outariz relacionadas coa xardinería e carpintería, que consisten na recuperación de infra-estruturas e zonas verde na ruta termal do río Miño, que arranca na marxe dereita do Miño na zona da Chabas-queira e se prolonga ao lon-

A provincia de Ourense conta este ano con 11 novos obradoiros de emprego4 Neles participarán �34 parados.

go de 1� quilómetros de senda peonil.

Rogelio Martínez desta-cou ante os alumnos que estes obradoiros de em-prego abren un importan-te espazo de colaboración cos concellos para intentar que estes obradoiros teñan continuidade na creación de postos de traballo nun futuro.

No conxunto da comuni-dade autónoma, puxéronse en marcha un total de 50 obradoiros, que contan cun investimento de preto de 10 millóns de euros e que beneficiarán a 1.300 per-soas desempregadas.

A Consellería de Traballo investirá máis de 2 millóns de euros nestes obradoiros

Medio Rural fomenta o consumo de froita fresca entre os escolares ourensáns4 Nesta campaña participarán 19 colexios da provincia.

Os centros educativos recibirán axudas entre 116 e 1.700 euros

Manuel Baltar, na última reunión do Comité de Direc-ción do PPdeG, o obxectivo é ter celebrados 40 congre-sos locais antes do vindeiro mes de maio, cuxas datas serán fixadas na vindeira Xunta Directiva Provincial do PPOU.

“Estamos, pois, ante a maior actividade congre-sual da historia da provin-cia, xa non só no que atinxe ao Partido Popular, senón que tamén é a maior acti-vidade neste senso de todas as forzas políticas con pre-sencia en Ourense”, sinala Baltar, quen ademais fixo fincapé en que “o traballo é sempre intenso dentro

do PP de Ourense, sexa ou non ano electoral, mentres que outras forzas políticas non evidencian ningún tipo de actividade, salvo a que trascende das súas liortas internas”.

Próximos congresosEntre as citas congresuais

que terán lugar ata finais de febreiro atópanse as de Laza (�� de xaneiro), Monterrei (30 de xaneiro), Paderne de Allariz (7 de febreiro), A Merca (�7 de febreiro) e Trasmiras (�8 de febreiro).

Os candidatos que op-tan ás presidencias locais de todas estas zonas (salvo Monterrei) son os actuais alcaldes: José Ramón Ba-rral en Laza, José Manuel Fernández en Paderne de Allariz, Manuel Jorge Velo na Merca, e Emilio Pazos en Trasmiras. No tocante a Monterrei, preséntase como candidato á presidencia do PP local José Luis Suárez, concelleiro e fillo do actual rexedor municipal.

O PP desenvolverá 40 congresos locais antes de maio na provincia4 Ata agora celebráronse 19 ci-tas congresuais dos populares.

En Laza e Monterrei terán lugar os congresos locais antes de finais de xaneiro

Rogelio Martínez xunto aos 24 alumnos que participan no obradoiro de Ourense./P.L.

Page 23: 15 Xaneiro 2014 - BXVAC

BARRIOSXaneiro de �014

�3DEPORTES

No Solo Bicis, máis que unha tenda de bicicletas4 Venda de artículos relacio-nados co ciclismo e actividades nesta tenda de Celanova.Redacción

No Solo Bicis é unha ten-da de Celanova dedicada a venda de artículos relacio-nados co ciclismo, pero ta-mén involucrada en activi-dades nas que as dúas rodas son as protagonistas.

Falamos con Jose María, un dos encargados de No Solo Bicis Celanova, quen nos pon ao día en promo-cións e actividades do esta-blecemento: “Actualmente e para obter unha maior fidelización do cliente, to-dos aqueles que compren e manteñan como primeiro propietario unha bicicleta de adulto (montaña ou es-trada), obterán automatica-mente un desconto perma-nente do 10% en calquera servizo ou produto da nosa tenda, mesmo noutra bici-cleta, coa condición de que o artigo ou servizo non se atope xa rebaixado ou con maior desconto, xa que as ofertas non son acumula-bles.” “Ademais, a todos os

que compren unha bici de montaña de �9”, regala-rémoslle dúas cámaras an-tipinchazos para reducir o risco de sufrir esa temida avaría”.

ActividadesO club ciclista No Solo

Bicis Celanova tamén se involucra en actividades do deporte das dúas rodas. As máis destacadas nas que haberá participación do club serán: a Ruta do Cocido en Trasmiras, o 19 de xaneiro; a Ruta Brava en Santiago de Composte-la, o �6 de xaneiro e o 9 de febreiro, a Vigo Bikedada en Vigo, de 85 km.

Para o 3 de maio queda a V edición dos 101 Pere-grinos en Ponferrada, de 101 km. O club organiza o 10 de agosto o Día da bi-cicleta e o 7 de setembro a famosa ruta 4 picos de Celanova. Desde No Solo Bicis animan a participar nelas a todos os afeccio-nados.

Máis dotacións na piscina climatizada de Verín4 Para mellorar a calidade para os usuarios.Redacción

A piscina climatizada de Verín contará con novas máquinas de musculación e unha sala aeróbica co obxecto de mellorar a ca-lidade dos servizos oferta-dos aos seus usuarios.

A remodelación da nova sala aeróbica comezou o pasado 9 de xaneiro. Na sala de musculación incorporaranse novas

máquinas de exercicio ae-róbico e anaeróbico. Con este novo equipamento, o espazo de cardio e pesas trasládase desde a parte inferior da instalación á superior, polo que quedará situado na actual sala aeró-bica. Ademais, o ximnasio desta instalación deportiva contará con persoal espe-cializado que asesorará aos usuarios do mesmo, tanto para a correcta utilización

Máquinas da sala de máquinas da piscina climatizada de Verín.

No Solo Bicis ten unha gran variedade de bicicletas e arti-gos relacionados coas dúas rodas.

da maquinaria como á hora de establecer programas de exercicios.

Sala aeróbicaA sala aeróbica traslada-

darase á zona inferior da piscina climatizada -onde se atopa na actualidade o ximnasio-, e na mesma efectuaranse obras de me-llora, mediante a substitu-ción do chan, pintura das

paredes e adecuación deste espazo deportivo.

Con motivo da remode-lación desta sala aeróbica e dotación de novo equipa-mento para o ximnasio que-darán suspendidas as clases vespertinas que se imparten na actual sala aeróbica ata o 16 de xaneiro. As activi-dades retomaranse o �0 de xaneiro no seu horario ha-bitual.

Festa presentación da AB XinzoO sábado �1 de decembro o club Asociación Baloncesto Xinzo celebrou a festa-presentación da tempada �013/�014.

Diante da prensa, autoridades, patrocinadores, pais, nais e seareiros presentou aos máis de 100 xogadores e xogadoras que compoñen os nove equipos federados e a Escola de Babybasket. Houbo fotos, música coa charanga XL e o DJ Marra, premios aos mellores estudiantes, sorteos.

Dende a directiva agradeceron quixeron agradecer a colaboración do Concello de Xinzo, da Deputación de Ourense e da Secretaría xeral para o Deporte; o patrocinio un ano máis de Eidoempresa Asesores; as empresas colaboradoras e o gran traballo dos seus adestradores.

Xogadores, monitores e directiva na presentación do AB Xinzo da tempada 2013-2014.

O Ourense, en postos de promoción4 Está cuarto á espera do en-contro aprazado entre Oviedo e Rácing de Ferrol.R. Torres

O Club Deportivo Ourense marcha con bo paso nesta Segunda Di-visión B grupo primei-ro. Actualmente ocupa a cuarta posición -postos de promoción- con 33 pun-

tos, e a cinco do líder, Rá-cing de Santander.

CDO - Celta BNo partido da pasada

xornada, o CD Ourense non puido pasar do empate a pe-sar de que súas foron todas as ocasións do encontro,

e non foron poucas. Cun terreo de xogo impractica-ble, os de Luisito souberon adaptarse ao mesmo e me-receron moito máis botín que o punto acadado.

Rácing de FerrolO domingo 19 de xaneiro

dispútase a xornada número �� da �ªB. O Ourense xo-gará un dos partidos máis atractivos desta xornada, un novo derbi galego no cam-po da Malata a partir das 17 horas. O Ferrol é o terceiro clasificado cun punto máis (34) que os ourensáns.

Rácing de Santander - Guijuelo, ou o que é o mes-mo primeiro contra segun-

do será o outro gran partido da xornada.

Borja Valle no partido con-tra o Celta B.

Page 24: 15 Xaneiro 2014 - BXVAC

�4 BARRIOSXaneiro de �014

DEPORTES

Redacción

Os ciclistas do Club Ci-clista Maceda Iván Feijoo e Xiana Conde lideraron o ranking galego de ciclocross �013 nas categorías cadete e júnior, respectivamente.

A pasada fin de semana celebrouse en Domaio a úl-tima proba da tempada gale-ga de ciclocross despois da disputa de 10 probas.

Iván Feijoo era o mellor cadete logo de vencer en todas as probas do calenda-rio. Román Saa era terceiro na mesma categoría. Xiana Conde facíase co ránking de mellor júnior galega tras unha tempada pragada de vitorias.

Outros ciclistasRaúl González foi tercei-

ro en júnior masculino; Saúl

López, terceiro en sub �3 e Xulio Conde, terceiro en M40.

Campionato de EspañaO cadete Iván Feijoo

acadou a medalla de bron-ce, coma integrante da se-lección galega cadete, no Campionato de España de ciclocross celebrado na lo-calidade castellonense de Segorbe. Esta presea supón para o mozo macedán a pri-meira de ámbito nacional.

Individualmente, Saúl López era sétimo na carreira sub�3; Xiana Conde, 13ª en júnior; Raúl González, 19º tamén en júnior; Ivan Feijoo o �1º en cadetes e Roman Saa, 39º na mesma catego-ría.

DomaioEn Domaio, amais da vi-

toria de Feijoo e o terceiro posto de Conde (primeira júnior), tamén coparon po-dio os ourensáns: Raúl Gon-zález, terceiro, e Saúl Ló-pez, segundo entre os sub�3 (quinto no cómputo global).

DumbríaEn Dumbría acadaron os

macedáns un total de cinco vitorias. Iván Feijoo, como en cada proba, era primeiro en cadete; Román Saa fina-lizaba sexto. En sub�3, Saúl López remataba terceiro; o vencedor desta carreira era o macedán do equipo francés BH Suntour, Pablo Rodríguez. Raúl González era segundo e Xiana Conde terceira, en júnior masculino e feminino respectivamente. O último podio chegaba na categoría de máster 50, por mediación de José Manuel González.

Marín e PorriñoAntes de Nadal celebrá-

ronse as competicións de

Os ourensáns Iván Feijoo e Xiana Conde, os mellores de Galicia4 En cadete e júnior de BTT, respectivamente.

Iván Feijoo no alto do podio galego da categoría cadete.

Marín e Porriño, con outra exhibición dos ciclistas do CC Maceda.

No XI Trofeo Ria de Marín, Iván Feijoo non daba opción aos seus ri-vais, sendo Román Saa terceiro. Xiana Conde, se-guindo a estela de Feijoo, gañaba en júnior, mentres que Raúl González era ter-ceiro en homes. O Sub �3, Saúl López subía ao tercei-ro caixón do podio.

En Porriño celebrouse o XXXVII Trofeo Vila de Louro. Iván Feijoo era o primeiro cadete e Román Saa o cuarto. Pola súa ban-da, Xiana Conde era se-gunda en féminas júnior o mesmo que Raúl González en homes. Saúl López era segundo en sub�3.

Xiana Conde, a mellor ciclista júnior de Galicia.

O cadete Iván Feijoo gañou nas sete probas do circuíto galego de BTT

Redacción

O pasado �1 de decem-bro celebrouse en Verín o 1º Open de xadrez de Nadal organizado polo Concello de Verín xun-to coa Asociación CDR Portas Abertas. En total reuníronse 90 xadrecistas en todas as categorías, dos cales máis da metade fo-ron de Verín, e o resto pro-cedentes de varios puntos da provincia de Ourense e do veciño Portugal.

Durante preto de catro horas dirimíronse batallas nos taboleiros ata depurar aos campións das diferen-tes categorías tras sete rol-das de competición em-pregando o sistema suízo

Gumersindo Rodríguez faise co primeiro Open de Xadrez de Verín4 Na categoría absoluta.

Noventa xadrecistas participaron nesta primeira edición.

de partidas rápidas a dez minutos.

Os vencedores das di-ferentes categorías foron a actual campiona sub-8 de Portugal Lara Rei Ro-drigues (sub-8); Andre Sousa Barroncas (sub-10); Alexandre Vital (sub-1�); Bruna Gomes (sub-14); Joel Gonçalo Alves (sub-16); Joâo Paulo Sousa (sub-18); Gumersindo Rodríguez (sénior absoluto) e Manuel Iglesias (veterano).

ExhibiciónParalelamente celebrá-

ronse varias partidas de exhibición de xadrez para cegos e adestramentos no taboleiro interactivo de xa-drez xigante.

Page 25: 15 Xaneiro 2014 - BXVAC

BARRIOSXaneiro de �014

�5DEPORTES

Os atletas de Limiactiva Said Abdoun (dereita), Marco Nube Lema (centro) e Manuel Prieto (dereita) na carreira infantil do Cross de Ribadavia. /RAMSÉS

Redacción

O atleta infantil Said Ab-doun Bechiki, pertencente a discipliba AD Limiactiva, vén de proclamarse cam-pion provincial de campo a través en categoría infantil.En categoría absoluta, Ja-vier Paredes e Iria Fernán-dez proclamáronse cam-pións ourensáns de cross.

O pasado 1� de xaneiro celebrouse na Área Recrea-tiva da Veronza -Ribada-via- o Cross de Ribadavia valedeiro para o Campio-nato Provincial de Campo a Través. Por parte da Agru-pación Deportiva Limiac-tiva participaron �8 atletas de todas as categorías.

En infantís, Said Abdoun Bechiki proclamouse cam-

O atleta infantil Said Abdoun Bechiki, campión provincial de cross4 No campionato celebrado en Ribadavia.

pión provincial, acompa-ñándoo no podio -terceiro clasificado- o seu com-pañeiro de club, Manuel Prieto Parada. Marco Nube Lema Pérez foi cuarto. En mulleres, Catuxa Fernán-dez Bustillo foi décima; Iris Castro Cuquejo, déci-mo segunda; Lucía Gómez Rodríguez, décimo terceira e Iria Alonso Salgado, déci-mo cuarta.

En categoría alevín, Breixo Salgado Fernández conseguiu a terceira posi-ción, mentres Fabio Correa Dorado foi cuarto; Mauro

Feijoo Reinoso, 1�º e Joao Morales Jiménez, 14º. En mulleres, Laura Núñez Sal-gado rematou 16ª. Os dous representantes de Xinzo de Limia en benxamíns, Adrián Correa Dorado e Fabio Feijoo Reinoso foron

16º e �0º respectivamente. O cadete Daniel Castillo Urones subía ao terceiro caixón do podio.

Categoría absolutaNa categoría absoluta

feminina participaron dúas atletas do Limiactiva. Fáti-ma González Outumuro e Tania Prieto Parada. Gon-zález foi 19ª e Prieto, �8ª.

En homes, o primeiro limiao en cruzar a liña de meta foi Cástor Salgado Rodríguez no posto 17; Se-verino Correa Correa, no �3; no 6�, Roberto Feijoo Cantarilla; Martín Morales

Ferreiro foi 67º; David Lema Costas, 89º; Carlos Carrera González, 9�º; no posto 101, José Castillo Bermúdez; no 106 Xoan Antón Losada Soto; Roy González Salgado, 108º; Francisco Dalama Blanco, 136º e Óscar Gómez Mí-guez rematou de 139.

Por equipos, o club de Xinzo tivo representación en categoría masculina absoluta rematando na sexta posición. En femi-ninia absoluta non chegou ao mínimo de catro parti-cipantes para facer equipo ao participar dúas atletas.

Rutas de sendeirismo na LimiaRedacción

A asociación de sendei-rismo de Xinzo de Limia, Sendalimia, organiza en xaneiro e febreiro varias rutas de sendeirismo.

A próxima ruta será o sábado 18 entre Trandeiras e Penelas, de 13 quilóme-tros e dificultade media. O domingo 19 realizarán unha ruta urbana pola ci-dade de Lugo (a inscrición estará aberta ata o xoves 16). O sábado �5 cubrirán unha distancia de 11 qui-lómetros nun roteiro polo río Arnoia, Allariz - Acea-rrica de dificultade baixa.

Para o mes de febrei-ro quedarán dúas saídas: Descubrindo as Veigas da Saínza, de 13 quilómetros (día 1) e o roteiro Virxe de Pedra - Allariz, de 11km ( o día 8).

As saídas dos sábados serán ás 15.30h desde o parque do Toural. A parti-cipación é gratuíta.

Limiactiva estivo presente con 28 atletas de todas as categorías

Page 26: 15 Xaneiro 2014 - BXVAC

�6 BARRIOSXaneiro de �014

OCIO E CULTURA

Redacción

Durante todo o mes de xaneiro e metade de fe-breiro, os óleos e fotogra-fías dos artistas Leonardo Vidal e Suso Godás con-tinuarán expostos ao pú-blico na nova Sala de Ex-posicións do Concello de Verín, situada no mesmo recinto da Oficina Munici-pal de Turismo.

A mesma sala acollerá tamén en exposición os 16 carteis participantes no concurso destinado a seleccionar o cartel oficial do ‘Desfile Infantil 2014’.

Nesta sétima edición parti-ciparon carteis dos colexios Amaro Refojo, Princesa de España, Castrelo do Val, Rodolfo Núñez de Vilarde-vós, CRA de Monterrei e o Colexio María Inmaculada, con mascaritas, capuchóns e cigarróns como elementos principais.

As 14 imaxes de Suso Godás forman parte da co-lección “Os homes das cho-cas”, unhas fotografías que foron utilizadas no último calendario oficial do Verín CF. Nas mesmas á figura chave é o cigarrón que se amosa, a través dunha vi-

Cuba, país invitado en Xantar4 Celébrase en Expourense entre o 5 e o 9 de febreiro.Redacción

Cuba será o país convida-do de Xantar �014, o Salón Internacional de Gastrono-mía e Turismo, que se cele-brará en Expourense entre o 5 e o 9 de febreiro estreando o Selo de “Feira Comercial Internacional”. Xantar con-vértese así nunha do cinco citas internacionais de turis-mo celebradas en España.

Cuba estará presente en todas as accións previstas nesta 15ª edición de Xantar promocionando a súa gas-tronomía, turismo, artesanía e produtos agroalimenta-rios. Contará cun restauran-te propio que estará lidera-do pola Sociedade Cultural Rosalía de Castro, que é un dos Centros Galegos da Ha-bana. Será un dos �0 res-taurantes presentes no re-cinto feiral ourensán, xunto a mostras gastronómicas de toda Galicia, outras comu-nidades e Portugal.

Cuba únese así á lista de invitados especiais en Xantar en cuxa elección se destacan os lazos que unen a historia e a gastronomía deses países con Galicia, como foi o caso de México, Arxentina ou Perú.

Gastronomía cubanaA cociña cubana é cada

vez máis apreciada no mun-

Redacción

O 4 de xaneiro a Aso-ciación Cultural Candaira celebrou na Casa da Cul-tura de Verín a gala do seu terceiro aniversario, cunha actuación da súa agrupa-ción de música tradicional galega.

Candaira ve a luz no ano

�010 no Concello de Cas-trelo do Val. Dende aquela o grupo foi medrando e a día de hoxe conta con aproxi-madamente 40 membros de diferentes concellos da co-marca de Monterrei: Cas-trelo do Val, Verín, Oimbra, Monterrei, Laza, etc.

No marco desta agrupa-ción podemos atopar dife-rentes seccións como son: o grupo de cantareiras, de cantareiros, charanga e gru-po de baile tradicional, en-tre outros.

O piar fundamental e creador do grupo é Ramón López, con formación en creación musical e impor-tantes recollidas de pezas da nosa cultura tradicional por toda a xeografía galega.

Ata o momento, Candaira ten participado en múltiples actuacións polo territorio galego e Portugal. Entre elas destacan a “Romaría Raigame” en Vilanova dos Infantes, “Orgullo Gaitei-ro” en Ourense e “Festival Rebulir” en Ramirás.

Candaira celebra os seus tres anos de vida cun festival4 A asociación cultural conta con 40 membros da comarca de Monterrei.

ObxectivoUn dos principais obxe-

tivos da asociación cultural

Candaira, e polo que levan traballando dende a súa creación, é seguir día a día

Momento da actuación da agrupación de música tradicional galega durante a gala do ter-ciero aniversario da asociación Candaira.Candaira busca

recuperar as tra-dicións galegas

na procura de recuperar e difundir as tradicións e cos-tumes galegas.

do, e é froito da fusión de cociñas españolas, africa-nas e do Caribe. As receitas cubanas comparten as sabe-dorías da combinación en-tre as especias e as técnicas da cociña española e africa-na, cunhas certas influen-cias caribeñas en especias e sabores. Nos últimos anos fusionáronse os produtos tradicionais con técnicas modernas, dando lugar a un renacer da gastronomía cu-bana a nivel internacional.

Entre os ingredientes máis habituais están o arroz, o plátano, os legumes e a carne de porco. Mención á parte merece a roupa vella, un dos pratos máis tradicio-nais e simbólicos de Cuba. Por outra banda, Cuba é o paraíso dos cócteles, cos seus afamados mojitos, ron,

collins, daiquiris e piña colada. O país caribeño é tamén coñecido polo seu café: a colada cubana tó-mase en doses moi peque-nas polo seu sabor intenso e amargo e os seus efectos estimulantes.

Cuba ofrecerá por tanto en Xantar, un menú degus-tación composto por al-gúns dos seus pratos máis significativos e participará ademais nas actividades do salón como os talleres de cociña en directo ou as catas.

A secretaria xeral de Turismo, Nava Castro, e o alcalde de Verín, Juan Manuel Jiménez Morán, o día da inauguración da nova sala de exposicións de Verín. /RAMSÉS.

sión subxectiva, o misticis-mo e realismo da mesma a través dos ollos dun neno.

O espazo tamén acolle 19 óleos do pintor Leonar-do Vidal Rodríguez. Unhas obras de ampla temática, desde paisaxes a bodegóns, pasando por interiores, re-tratos ou mariñas. Todas elas destinadas a transpor-tar aos visitantes arredor do espazo e do tempo, da man dun dos artistas máis reco-ñecidos de Verín.

As tres exposicións po-derán visitarse de luns a sá-bado, de 10 a 14 e de 17 a 19.30 horas.

Dúas mostras este mes na nova sala expositiva de Verín4 Obras de Leonardo Vidal e Suso Godás e car-teis participantes no concurso do desfile infantil.

Cuba ofrecerá un menú degus-tación composto por algúns dos seus platos máis significativos

Un restaurante na edición 2013 de Xantar. /ARQUIVO.

Page 27: 15 Xaneiro 2014 - BXVAC

BARRIOSXaneiro de �014

�7

4FIRMA INVITADA

Rematou o �013 e co-menza un novo ano sen que vexamos a luz ao fi-nal do túnel, despois de 5 anos a escuras. Por moito que o discurso oficial dos gobernos do PP, en Ma-drid e na Xunta de Galicia, insista machaconamente en que o �014 será o ano da recuperación, o certo é que ningún dato dos que perciben directamente os cidadáns ten mellorado nin hai perspectivas de que o vaia facer durante o presente ano.

O desemprego continúa en datos récord; as afilia-cións á Seguridade Social están en mínimos histó-ricos; os bancos teñen a billa do crédito totalmen-te pechada para familias, autónomos e pequenos empresarios; os que teñen a sorte de manter un tra-ballo, continúan perden-do poder adquisitivo, ao baixar os soldos e subir luz, gas, combustibles…; aos xubilados auméntan-lle os copagos máis do doble do que lles suben as súas pensións… En defi-nitiva e sen ánimo de in-troducir máis pesimismo, nunha situación xa de por si deprimente, a realidade é así de dura.

E, que podemos facer

2014: rebeldía cívica e compromiso para que non nos derroten psicoloxicamente

“Porque na cesión do castelo só se contempla o seu uso con fins culturais”

OCIO E CULTURA

4HISTORIAS DE MONTERREI

O Castelo de Monterrei

16 razóns polas que o castelo de Monterrei non debería converterse nun complexo hoteleiro:

- Porque o Castelo de Monterrei é o símbolo da nosa comarca.

- Porque non se deberían usar fondos públicos para o beneficio de uns poucos.

- Porque se din que o Pa-rador non é rendible, difí-cilmente sería rendible este novo hotel.

- Porque todo o mundo debería poder visitar o cas-telo é non só o que poida pagar unha habitación.

- Porque non existe a necesidade de crear máis prazas hoteleiras na nosa comarca.

- Porque suporía o peche do Parador de turismo.

- Porque se pecha o pa-rador de turismo a ver que se fai co edificio onde esta asentado.

- Por que nunca máis se vería o castelo iluminado pola noite (sería imposible durmir dentro del con tanto lucerio).

- Porque o castelo ten que ser de todos.

- Por que para facer as habitacións teñen por forza

que abrir buratos nos mu-ros da fortaleza para pasar os tubos da fontanería, ca-ble da luz e esas cousas.

- Porque dá escalofríos só de pensar no que queren facer.

- Porque hai un Parador de turismo ao lado do cas-telo!

- Porque o castelo non necesita ser lucrativo para se útil.

- Porque o Castelo de Monterrei debería conver-terse no museo da nosa co-marca e non nun hotel para uns cantos.

- Porque na cesión do castelo por parte da Admi-nistración Xeral do Estado á Xunta de Galicia só se

contempla o seu uso con fins culturais.

- E por último e máis importante: porque se os da Xunta creran que un hotel no castelo podería ser beneficioso para a comarca andariano anun-ciando a bombo e platillo e non andarían facendo as cousas a escondidas do pobo!

Andrés Diz D, historiamonterrei.blogs-

pot.com.es

Obras de rehabilitación do Castelo de Monterrei.

Redacción

A primeira cita festiva do ano chega este venres 17 de xaneiro a Verín. A localidade de Ábedes aco-llerá a tradicional romaría de San Antón, que aúna festa relixiosa e pagana. Aproveitando que é fes-

Recepción da comitiva real en CelanovaEn Celanova, prescindiuse da cabalgata de Reis por mor das inclemencias metereolóxicas

e as Súas Maxestades de Oriente atenderon as peticións de agasallos dos máis pequenos no claustro do Mosteiro, acompañados de paxes e da banda de música municipal.

4IMAXES DO MES

como cidadáns, ante este panorama económica e socialmente desolador?, como podemos saír deste canellón, aparentemente sen saída, no que nos me-teron unha banda de apro-veitados, coa complicidade de gobernos insensibles do PP e do PSOE?. Pois eu penso que o primeiro é non abandonar as nosas respon-sabilidades como cidadáns, como cidadáns informados, críticos, rebeldes… e para iso é fundamental organi-zarse, combater as inxustas medidas que nos están im-pondo de xeito colectivo e solidario.

Non podemos, baixo ningún concepto, permitir que nos derroten psico-loxicamente, xa que se o conseguen, e que conste que o están intentando por todos os medios, entón si que estamos perdidos e quedaremos totalmente ao servizo dos intereses dos grandes poderes. Por iso a solución non é quedar quie-tos, baixar o brazos, nin tan sequera intentar arranxar os problemas de xeito in-dividual, iso é o que quere o poder establecido. Pero tampouco vale canalizar a nosas enerxías a través de vellas estruturas partidistas que están absolutamente

corrompidas, non só a ní-vel económico senón tamen ideolóxico e que en ningún caso serán a solución por-que son parte do problema. Tampouco a solución son novas organizacións que o único que teñen de novo é o nome, pero a súa práctica política e disputas internas demostran que padecen das mesmas miserias de sempre. A solución está en organizarse en movemen-tos sociais e organizacións políticas que teñan a pre-senza da ética, da traspa-rencia total e da defensa do ben común como sinais de identidade, que fomenten a rebeldía cívica e que estén fortemente comprometidas co territorio e cos cidadáns.

En calquera caso, que ninguén nos roube a inten-ción de ser felices neste �014 que nos tocou vivir.

Xosé Manuel Pérez Bouza, coordinador en

Ourense de Compromiso x Galicia

“É fundamental organizarse, com-bater as inxustas medidas que nos están impondo de xeito colectivo e solidario”

tivo local, ducias de fami-lias e grupos de amigos da comarca pasarán a xornada no monte que rodea a capela de San Antón, ao calor das fogatas nas que se asarán chourizos e outros produtos derivados do porco.

Na parte relixiosa, haberá procesión coa figura do san-

Ábedes honrará ao San Antón4 Na tradicional romaría do 17 de xaneiro.

to a partir de mediodía desde a localidade de Ábedes ata a capela que leva o seu nome, e posterior misa na honra do que é o patrón dos animais. A banda de gaitas de Verín amenizará a celebración.

Saída dos cigarrónsAo caer a noite producira-

se tamén a primeira saída do ano para os cigarróns, que se preparan xa para vivir o En-troido verinés, cuxa primei-ra cita será o �0 de febreiro co xoves de compadres.

Será tamén a pri-meira saída dos cigarróns do ano

Page 28: 15 Xaneiro 2014 - BXVAC

�8 BARRIOSXaneiro de �014

OCIO E CULTURA

Cabalgata de XinzoNa tarde do día 5 os Reis Magos multiplicáronse e estiveron presentes en multitude de

cabalgatas por toda a xeografía da provincia. En Xinzo o vehículo no que ían Melchor, Gaspar e Baltasar partiu do polideportivo ás 17:30 horas, realizando un percorrido polas rúas da vila ata a praza Maior. Numerosos pequenos -e os seus proxenitores- foron tras da comitiva, recollendo nos caramelos que lanzaban as Súas Maxestades e os seus paxes.

Os Reis Magos pasaron por AllarizEn Allariz, a cabalgata saiu da Alameda ás 18:30 horas. Estaba formada por catro vehícu-

los, un para o paxe real e outros tres por cada un dos Reis Magos, que ían acompañados por unha morea de cativos que facían os labores de paxes, repartindo montóns de caramelos -aptos para celíacos- aos numerosos alaricanos que se achegaron a ver o desfile, que rematou no polideportivo do instituto.

Visita dos Reis a VerínNa vila do Támega, Melchor, Gaspar e Baltasar fixeron parada na Residencia de Anciáns

Santa María e no hospital comarcal, para despois desfilar xunto ao seu séquito polas rúas da localidade desde a Casa do Escudo ata o pavillón de deportes, onde se celebrou a Gala de Reis.

4IMAXES DO MES

Page 29: 15 Xaneiro 2014 - BXVAC

BARRIOSXaneiro de �014

�9OCIO E CULTURA

Redacción “Xa está aquí o Entroido”

é o nome do cartel que anun-

ciará as festas do Entroido de Verín. Pola súa banda, a proposta elaborada polo Co-lexio Rural Agrupado Mon-

terrei foi a escollida para anunciar o desfile infantil.

Un ano máis, o Concello de Verín promoveu sendos

Parte dos carteis que optan ao concurso de Xinzo./P.L.

Verín elixe os carteis do seu Entroido4 “Xa está aquí o Entroido” de Benigno Álvarez, anunciará as festas, e o cartel elaborado polos cativos do CRA de Monterrei, o desfile infantil.

concurso para seleccionar o cartel oficial das festas e do desfile infantil.

No caso do cartel oficial, o procedemento contou coa participación popular, a través dos votos de 371 veciños, e coa valoración dun xurado cualificador. Os membros do xurado chega-ron a un empate nas súas deliberacións, entre o cartel nº5 “Xa está aquí o entroi-do” e o nº 6 “Ágora”, así que a votación popular serviu para desempatar e decantar o resultado a favor do pri-meiro, creado por Benigno González Rodríguez.

No caso do cartel do des-file infantil, participaron os colexios da comarca con ata tres traballos cada un. O xurado acordou que o me-llor fose o elaborado polos

O tenente de alcalde Enríque Díaz, o autor do cartel Benigno González, a directora do CRA de Monterrei Teresa Santamaría e o concelleiro de Festexos, Víctor Baladrón, po-san cos dous carteis gañadores./CdV.

cativos do Colexio Rural Agrupado de Monterrei, gañadores do concurso por segunda vez nos sete anos que se celebra. Ademais da edición do cartel, o colexio recibirá 300 euros en vales para material deportivo e es-colar a adquirir en estable-cementos de Verín.

En Xinzo, hai que agar-dar

Pola súa banda, o Conce-llo de Xinzo mantén en ex-posición ata o 17 de xaneiro os carteis que optan ao seu concurso. Ata ese día os li-

mianos poden votar o seu favorito entre os 13 traballos que concursan, que están expostos na Biblioteca An-telana da Casa da Cultura. O seu voto sumarase ao do xurado, que fará público o cartel gañador o propio día 17 a partir das �0 horas. O premio está dotado con 500 euros.

O cartel que anunciará o Entroido de Xinzo coñecerase o venres 17

Page 30: 15 Xaneiro 2014 - BXVAC

30 BARRIOSXaneiro de �014 ARTIGOS

4DESDE O OUTRO LADO DA RAIA

Marcha en lugar de carreira

Exposicións - Ata o 15 de febreiro

- Exposición de oleos de Leonardo Vidal - Oficina de Turismo de Verín

- Ata o 15 de febreiro - Exposición fotográfica de Suso Godás - Oficina de Turismo de Verín

- Ata o 15 de febreiro - Exposicion dos carteis participantes no concurso do Desfile Infantil de En-troido 2014 - Oficina de Turismo de Verín

Obradoiros- 16 de xaneiro - 18 h.

- Contos ao carón da la-reira- Biblioteca Pública de Verín

- �5 de xaneiro - Cur-so de xardinería - 10 h. - Centro de Promoción Económica de Allariz

- �5 de xaneiro - Curso de cultivo de cogumelos - 10.30 h. - Fundación Ra-món González Ferreiro de Allariz

FeirasAllariz - 1 e 15 de fe-

breiroBaltar - 8 de febreiroBaños de Molgas - � de

febreiroCalvos de Randín - � de

febreiroCartelle - 4 e 8 de fe-

breiroCelanova - todos os xo-

vesCualedro - 18 de xanei-

ro e 5 de febreiroMaceda - �0 de xaneiro

4 de febreiroA Merca - �6 de xaneiroOimbra - 9 de febreiroPaderne de Allariz - 13

de febreiroPorqueira - primeiro sá-

bado de febreiroRairiz de Veiga - �3 de

xaneiroRamirás - terceiro do-

mingo de xaneiroSandiás - primeiro do-

mingo de febreiroSarreaus - 6 de febreiroVerín - �3 de xaneiro, e

3 e 11 de febreiroVilar de Barrio - 9 de

febreiroVilardevós - 7 de febrei-

roXinzo de Limia - �7 de

xaneiro e 4 de febreiroXunqueira de Ambía -

�4 de xaneiroXunqueira de Espada-

ñedo - 9 de febreiroOutros - Do 5 ao 9 de febreiro -

Feira Gastronómica Xan-tar - Expourense

www.mundourense.com

4AXENDA

“Dinme que a pesar das diferenzas fagamos posible a recompensa de ser mesma parte dunha mesma loita”

Algúns especialistas recomendan un exercicio máis lento para persoas a partir dos 50 anos. Pero iso implica ter que andar máis para queimar as ca-lorias equivalentes ás que se queiman coa carreira, pois fortalecerá os osos evitando a osteoporose, sen penalizar os músculos e as articulacións.

Andar a pé poderá dar-lle máis anos de vida con calidade. Facer como mínimo 30 minutos por sesión é un bo exercicio aeróbico e seguindo un réxime con regularida-de, reduce a obesidade, aumenta a masa muscu-lar delgada, beneficia o sistema cardiovascular e combate o stress. Con

adestramentos regulares, reduce o colesterol, a ten-sión arterial, e mellora o humor e o sono. E en lon-gas distancias provoca a liberación de endorfinas, orixinando unha sensación de benestar.

Non corra de máis, co-rrer demasiado pode pro-vocar dores significativas dos músculos e das arti-culacións durante varios días. Mais para que haxa beneficios, o exercicio ten que ser suficientemente vigoroso para que o cora-zón bata dentro dos límites aeróbicos. Para calcular os límites de adestramen-to ideal, subtraia a ��0 a súa idade. O resultado é a súa frecuencia cardíaca máxima. Multiplique ese

4DESDE A PONTE... A MONTERREI

Os dous amores de Verín

Pasa o tempo lixeiro, tanto que parecen aínda estar vivas as muxicas que liscan ceibes das fogatas liberadoras que hai un ano prendimos na honra do San Antón, e que voltaremos a enfiar o carreiro que nos leve ata o pé da capeliña, no cu-mio do monte, en Ábe-des (Verín), onde agarda o santiño, para formar parte da catarse colecti-va dun pobo que xamais deixará morrer unha tra-dición de séculos.

Os madrugadores verán os primeiros raios do sol nacente, e do lume puri-ficador, sairán os sinais dun territorio ancestral, marcado con fume de xestas verdes, para que a vila, ao espertar, teña a referencia do comenzo da troula, e con emoción, gratitude e sentimento poderá berrar, ollando o ceo, alí están, os de sem-pre, os valentes, os que manteñen viva a chispa do enxebre, os que esperan alguén sempre con ledi-cia, os que comparten, os que dan apertas cálidas, os que cantan sen parar e tamén choran. A xente de Monterrei é incrible cando toca seguir coa tra-dición, deixando de lado os derrotistas, os que non sinten, nin queren, os ba-leiros de emocións e sen-timentos, os que burlan a defensa do que é noso, e teñen vergoña de gozar.

Verín, vila fermosa, coqueta, que vacila e na-mora os dous galáns que a cortexan, o San Antón e mailo Entroido, que por xaneiro convírtense en amantes desafiantes, que por unha dama pelexan. Ninguén se percatou que estas puxas son de amo-res, e a vila ponse guapa, atrevida, e baila cos dous de corazón, sen com-plexos, coa cachola ergui-da, bebendo dun grolo a esperanza e a ilusión dos seus amados. 17 de xanei-ro, San Antón verdadeiro, familia e amizade ao ca-rón das fogatas. Festa da igualdade, onde non hai barreiras que separen. Os chourizos frescos, asados nas brasas ao xeito dos avós, e o viño novo ru-

lará polas gorxas cantoras, rebosando xenerosidade e compadreo. A vila es-perta e desexa a Romería, e o Castelo de Monterrei será testigo inmutable dun-ha loita fermosa. Os celos do Entroido pululan polas sombras que o lume levan-ta no solpor. O día vai mar-chando paseniño, e cando o sol claudica, comenza a disputa dos namorados, e nunha simbiose ancestral, xorde o milagre, que fai medrar a tradición, o que de verdade chega ao máis fondo da alma, o calofrío que percorre as entranas e pon a pel de pita, cando nos chegan os sons das chocas, que afinadas soan outra vez, e os intrépidos cigarróns arremeten coma lóstregos, para que o En-troido entre en xogo pra arrebatarlle ao santiño a noiva, que a tivo toliña aos seus pés. Verín, muller pre-sumida, arrogante e desca-rada, a pouquiño, deixase levar polo embruxo entroi-deiro que flota no ambiem-te, e que aínda sen disfraz, aperta con forza a súa dona que non a soltará, ata a de-rradeira danza de piñata, que a deixará ceibe cando o meigallo escache.

O santiño do monte, amante rendido, que coa cachola gacha vaise pa-seniño, coma as fogatas na noite. O Entroido, pletórico e confiado, estrea un idilio sen descanso. A namorada, que é sabia vila romana, con estirpe de doncela, bre-gada en mil batallas, pura, e coa alma limpa, non fará distinción, e fundiráse cos dous, co San Antón e mai-lo Entroido, e gozará, unha vez máis, dun amor com-partido que coma sempre, ao longo dos séculos, sen dúbida, terá o cómplice be-neplácito da providencia. Miguel A. Prieto “Chita”

4FIRMA INVITADA

“Alto me vexo no meu cabalexo, véxollos vir mais xa non podo fuxir…” (tradición oral galega).

Sempre que nestas datas estou de vagar achégome ata os Castiñeiros da Gali-ña en Parada de Ribeira. Apago o móbil, pecho os ollos, escoito… e fálan-me. Falan clariño co ronco son de vellos milenarios e cunha lingua de follas, paxaros e vento. Dinme que temos que mirar máis por eles e non só tanto por nós. Dinme que deixemos de por pedras nas rodas do carro, tantos carros e temoeiros como nos de-ron as súas polas. Dinme que a pesar das diferenzas fagamos posible a grande recompensa de ser mesma parte dunha mesma loita. Dinme que sofren, que teñen medo, moito medo do lume e da morte, medo de se extinguiren sen máis despois de tantos séculos de miseria, enfermidade e esfameadas peles curtidas cunha fouce e castañas. Medo de que finalmente marchemos nós tamén con eles e que toda vez esque-cido o derradeiro bafo da nosa memoria colectiva

O ocaso dos deusesdesapareza así tamén unha vasta cultura milenaria que foi aprendida a falar cos seus castiñeiros, vestixios dun ser aínda vivo en co-muñón coa Terra que o deu. Dinme que me vele do cuco da Limia, da merla branca de Baltar e das lebres de Vilar. Que preserve a in-tuición, a libre conciencia e o criterio propio, antído-tos contra o bandullo cego, xordo e mudo. Dinme que faga os posibles por desen-mascarar a falsidade, que me plante diante de todas as súas mentiras, trampas e poses. Dinme que practique todos os días na redistribu-ción da riqueza e na igual-dade de oportunidade coa renovada fe da súa relixión da cosmogonía rural.

E xa cando imos coa despedida lémbranme que non esmoreza, que resista, sinto polas súas raíces nos meus pés o desesperado e inminente ruxir do ocaso dos deuses, dos ídolos que foron corrompidos polo propio veleno populista do

falso mito, consumidos polas labaradas nas cinsas do engano, o odio e fana-tismo da escura deidade da cobiza, corrompidos pola ebria violencia do poder cara os débiles, polo desprezo temerario cara a todo espazo persoal alleo, corrompidos pola falla de control sobre os propios impulsos, embriagados pola violencia ceibada nas súas esaxeradas baixas paixóns, e condenados a vagar por sempre nun es-curo e arrasado bosque de enfermidade, irraciona-lidade e desequilibrio. E deixo a carreira dos Casti-ñeiros da Galiña xa cara á casa do meu pai escoitan-do un feble asubío que me di que aínda e con todo hai borrallo para un novo rexurdimento.

Dedicado a Xinzo da Limia, que mereza un me-llor �014.

Xosé Lois Carreira, artista plástico e conce-lleiro do BNG en Xinzo

valor por 0,6 e 0,9 (0,75 en vez de 0,9 se ten máis de 65 anos). Os valores que obteña son os límites inferior e superior da súa frecuencia cardíaca en exercicio. Por exemplo: Idade de 40 anos. Ritmo cardíaco mínimo: 108. Máximo: 16�.

Os exercicios de forza e resistencia, axudan a evitar a osteoporose, en especial na muller.

João Damião

“Algúns especialistas recomendan un exercicio máis lento a partir dos 50 anos”

“Verín namora os dous galáns que a cortexan, o San Antón e malio Entroido, que por xaneiro convértense en amantes desafiantes”

Page 31: 15 Xaneiro 2014 - BXVAC

BARRIOSXaneiro de �014

31CLASIFICADOS /SERVIZOS

Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-3�.3�3.9�5. Depósito Legal: OU 185-�006 - OU 186-�006 - OU 77-�01�. Redacción: r/ Valle Inclán �5 �º Of. 15 - 3�004 Ourense. Tel: 988 �39 634 - 988 549 717. Correo-e: [email protected]. Distribúe: Orixe. Imprime: Publicaciones Tameiga.Directora: Paula Lodeiro. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción: Paula Lodeiro, Ramsés Torres. Fotografía: Ramsés Torres, Paula Lodeiro. Colaboracións: Joao Damiao, Borys Martínez, Miguel A. Prieto Sotelo, X.M. Pérez Bouza, S.N., Andrés Diz

Nº86 / ��- Ano: IX - Xaneiro �014 - Difusión: 16.000 exemplares (Ed. Xinzo de Limia: 4.900, Ed. Verín: 7.100, Ed. Allariz-Celanova: 4.000) Impreso en papel 100% reciclado.A opinión do periódico exprésase só no editorial, os artigos e cartas ao director expoñen posturas persoais. Este periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Se ten algún problema co reparto, pregámoslle que nolo comunique no teléfono 988 �39 634.

[Se eres un particular, publica os teus

anuncios clasificados gratis no 988 239 634 ou en info@

ourenseporbarrios.com]

4CLASIFICADOSALUGUER/VENDA

Alugo apartamento en Mon-talvo de 1 e � cuartos, con xardín e barbacoa, para fins de semana, semanas e quincenas. tel. 607 �7 19 16.Alugo casa amoblada con xardín e finca en Celanova, por tempadas ou todo o ano. Tel. 988 43 16 64 e 617 9� 58 73.Alugo en 1ª planta, zona S. Francisco, Ourense � dormi-torios. 1 baño. Céntrico e moi luminoso. En bo estado. Cale-facción Gas Natural. Telf: 988 �35 876.Alugo casa a 1 km de Allariz. Tel.: 686 540 087.Vendo piso pequeno en Ourense (rúa San Rosendo) re-formado. 3 dormitorios, salón, cociña e baño. 7�.000 euros. Tel: 6�98�8647.Alúgase piso preto da univer-sidade (Ourense), compartible para 3 rapazas, con calefacción individual. tel. 988 �4 69 �6Alugase piso para estudantes r/Valle Inclán (Ourense), ��, 4 dormitorios, baño, aseo, salón, cociña, amoblado, calefacción central, tel. 646 040 888.Vendo finca urbanizable de 1.500 m� en Amoeiro, bo pre-zo. Tel. 610 54 48 54.Vendo casa en Lobios, con finca de 2.000 m� pechada, con todos os servizos. Tel. 609 57 �1 14.Vendo finca edificable para dúas casas a 1� km de Ourense e 5 minutos da autovía de Ce-lanova, bo prezo, tel. 617 9�5 873.Alúgase apartamento no cas-co antigo de Ourense por ��0 euros/mes, Tel. 637 00 59 10.Véndese casa con finca na es-trada de Santiago, tel 637 00 59 10.Vendo piso de 1�0 m� na praza das Mercedes (Ourense) a re-formar, 40.000 euros. Tel. 696 945 880.Vendo casa en Nogueira de Ramuín por 15.000 euros. Tel. 988 �4 60 96 e 664 11 80 65.Alugo apartamento novo no Couto, Ourense, � dormito-rios, salón, � baños, cociña, exterior, amoblado, garaxe e trasteiro. Tel. 637 00 59 10Alúgase café bar especial to-talmente equipado, en Xinzo de Limia. Tel.: 659 47 08 9�.

VENDASVendo cinco llantas de Peu-geot �05 GTi, bo prezo. Tel. 610 54 48 54.Vendo sofá 3+2, cinta anda-dora, apeiros de labranza, un botelleiro e unha caldeira de gas cidade Roca, tel. 637 00 59 10.Véndese dormitorio de madeira maciza de piñeiro composto por cama nido de 90x190 con caixóns, colchóns e somier de láminas, unha al-mofada, escritorio e estantería a xogo. Posibilidade de ven-derse por separado. Novo a estrear. Tel. 618 806 516.Cómpranse toda clase de obxectos e moble antigos. Tel. 988 �1 �� �4.Compro mobles e electrodo-mésticos de segunda man. Tel. 667 41 94 18,Vendo máquina coche-cor-tacéspede HONDA. �.500 euros. Tel.988 �7 97 96.Véndese berce, bañeira e cadeira de bebé. Todo por 300 euros. Tel. 696 181 173Véndese Audi A6. Ano 1995. Sempre en garaxe e con gancho de remolque. 1.500 euros. Tel. 6�7 43 46 01.Vendo berce de viaxe plegable. Bo estado. Prezo �5 euros. Tel. 661 9� 65 �9 e 670 43 34 90.Vendo robot de cociña, batidora de pé, tostadora, e sandwicheira, a estrear. Tel. 630 88 00 31.Vendo Mercedes 300, ano 79, re-pintado, 100.000 km. �.000 euros negociables. Tel. 610 �5 80 69.Vendo Audi A6, ano 95, diesel. Sempre en garaxe. 1.000 euros. Tel. 6�7 43 46 01.Vendo Citröen C15 Mixta, die-sel, ano 94. 1.�00 euros. Tel. 6�7 43 46 01.

EMPREGO

Comarca de MonterreiConcello de Verín 988 410 001Concello de Monterrei 988 418 00� Concello de Oimbra 988 4�6 160Concello de Vilardevós 988 417 004Concello de Riós 988 4�5 03�Concello de Castrelo de Val 988 419 00�Concello de Laza 988 4�� 00�Concello de Cualedro 988 4�4 004Comisaría de Policía Verín 988 414 1�3Policía Local Verín 988 411 61�Bombeiro Verín 988 41� 1�1Garda Civil 988 410 005Protección Civil 988 41� 1�1Estación de autobuses 988 413 516Taxis - Parada Hospital 988 414 34�Taxis - Parada Estación Autobuses 988 411 81�Taxis - Parada Praza Merced 988 410 385Taxis - Parada Praza do Concello 988 411 113Ambulatorio Urxencias 988 410 800Ambulatorio Cita previa 988 413 460Hospital de Verín 988 413 636Cruz Vermella 988 411 600Correos e Telégrafos 988 411 038Rexistro Civil de Verín 988 410 387Rexistro da Propiedade 988 410 737Oficina de emprego 988 410 703Oficina da Seguridade Social 988 410 253Servizos Sociais Verín 988 414 776Cáritas Parroquial 988 410 679IES nº1 de Verín 988 411 �1�IES García Barbón 988 410 379I. Bacharelato X. Taboada Chivite 988 410 041CEIP Amaro Refoxo 988 411 4�5CEIP Princesa de España 988 410 1�8Comarca de A LimiaConcello de Xinzo 988 550 111Concello de Porqueira 988 466 10�Concello de Calvos de Randín 988 434 000Concello de Baltar 988 466 503Concello de Os Blancos 988 467 506 Concello de Trasmiras 988 445 000Concello de Sarreaus 988 454 00� Concello de Vilar de Barrio 988 449 001Concello de Sandiás 988 465 001Concello de Vilar de Santos 988 465 883Concello de Rairiz de Veiga 988 465 55�Policía Local Xinzo 988 46� 4�5Garda Civil 988 46� 361Estación de autobuses 988 460 309Centro de saúde Xinzo 988 46� �00Punto Atención Continuada 988 46� 456Rexistro civil de Xinzo 988 46 0 188Rexistro da Propiedade 988 460 �09Taxis - Parada 988 460 �58

Oficina de emprego 988 460 375Oficina da Seguridade Social 988 462 951Xulgado de 1ª Instancia 988 46� 364Servizos Sociais Xinzo 988 550 111Cáritas Parroquial 988 460 ���IES Lagoa de Antela 988 46� 454IES Cidade de Antioquía 988 461 �71CEIP Rosalía de Castro 988 460 480CEIP Carlos Casares 988 460 507Gardería Municipal 988 461 049Oficina Agraria Comarcal da Limia 988 460 024Comarca de Allariz-MacedaConcello de Allariz 988 440 001Concello de Baños de Molgas 988 430 000Concello de Maceda 988 463 001Concello de Paderne de Allariz 988 �93 000Concello de Xunqueira de Ambía 988 436 006Concello de Xunqueira de Espadañedo 988 �91 001Policía Local Allariz 988 440 000Garda Civil Allariz 988 440 031Centro de Saúde de Allariz 988 440 958Centro de Saúde de Baños de Molgas 988 430 331Centro de Saúde de Maceda 988 463 370Policia Local Maceda 696 511 038 Garda Civil Maceda 988 463 084Parada taxis Maceda 988 463 �04 CEIP Padre Feixoo 988 440 8�5IES Allariz 988 440 036Gardería municipal Allariz 988 440 �19Servicio Municipal de Augas Allariz 988 440 004Xulgado de Paz Allariz 988 440 704Comarca de Terras de CelanovaConcello de Celanova 988 431 481Concello da Bola 988 433 768Concello de Cartelle 988 491 111 Concello de Gomesende 988 485 000Concello da Merca 988 �60 000 Concello de Padrenda 988 494 783Concello de Pontedeva 988 495 005Concello de Quintela de Leirado 988 493 500Concello de Ramirás 988 491 5�3Concello de Verea 988 430 600Policía Local Celanova 988 431 806Centro de Saúde de Celanova 988 451 736IES Celanova 988 431 �90CEIP Curros Enríquez 988 431 7�5Oficina Seguridade Social Celanova 988 553 055Xulgado 1ª Instancia Celanova 988 431 48�Urxencias Sanitarias 061Cita previa Servizo Galego Saúde 90� 077 333Teléfono maltratadas 016ITV 90� 309 000Protección Civil 11�Incendios forestais 085Fenosa (averías) 988 ��� ���

4TELÉFONOS DE INTERESE

Ofrécese modista, para ten-das e particulares, recollida e entrega a domicilio, (tamén servizo express) traballo de calidade, puntualidade e bo prezo.Tel: 686 03 49 76.Ofrécese mozo para todo tipo de traballos: limpeza de fincas, desescombros, poda e portes. Tel. 645 81 91 9�.Danse clases particulares. Ex-periencia. Tel. 653 768 357.Experiencia en botar car-tas exipcias. Consulta gratis. Chamar tardes. Tel. 988 �5 59 63.Profesor, especializado en ma-temáticas, con 30 anos de expe-riencia imparte clases particulares (ESO, Bacharelato, Universida-de). Tel. 6�5 51 58 18.Impártense clases de linguaxe musical, educación auditiva, can-to e piano. Tel. 676 75 88 19.Soprano e pianista para vodas, audición en directo sen compro-miso. Tel. 676 75 88 19.

Page 32: 15 Xaneiro 2014 - BXVAC

BARRIOSXaneiro de �014

Page 33: 15 Xaneiro 2014 - BXVAC

Número: 86- Ano: IX - Xaneiro 2014- Depósito Legal: OU 186-2006 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.mundourense.com - BARRIOS volve estar no seu buzón a mediados de febreiro. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190

TEMA DE MES Páx.2 CULTURA Páx.29VERíN Páx.4 COMARCA Páx.8 DEPORTES Páx.23Verín escolle os carteis do seu Entroido

Inaugúrase a nova Oficina de Turismo e Sala de Exposicións

Máis dotacións nas instalacións da piscina climatizada

O BNG pregunta por unha liña de alta tensión para o AVE

As empresas ourensás, con boas expectativas de negocio para o 2014

A praza da Mercé, de estreaO Concello de Verín colocou contedores soterrados e instalou novo mobiliario neste vial do casco histórico./CdV.

[páx. 3]

Cifras de récord

para a D.O. Monterrei

[páx.4]

Page 34: 15 Xaneiro 2014 - BXVAC

BARRIOSXaneiro de �014

Page 35: 15 Xaneiro 2014 - BXVAC

Número: 22 - Ano: IX - Xaneiro 2014 - Depósito Legal: OU 77-2012 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.mundourense.com - BARRIOS volve estar no seu buzón a mediados de febreiro . Se quere anunciarse consulte no 685 800 190

ENTREVISTA Páx.14TEMA DO MES Páx.2 CELANOVA Páx.21

Luis Martínez-Risco, vpte. da Fundación Vicente Risco

Escollidos os dez proxectos finalistas do FIXA 2014

CELANOVA Páx.20

Entrega de premios do concurso fotográfico do Bosque Máxico

ALLARIZ Páx.16

Na tarde do 5 de xaneiro os Magos de Oriente pasaron por ambas vilas para recoller as peticións dos máis pequenos./P.L.

Entrevista a Monse Álvarez Vispo, edil

non adscrita de Celanova

As empresas ourensás, con boas expectativas de negocio para o 2014

Arraianos inaugura un centro terapéutico, educativo e cultural

[páx. 18]

Os Reis Magos visitan Allariz e Celanova [páx. 27-28]

Page 36: 15 Xaneiro 2014 - BXVAC

BARRIOSXaneiro de �014