15 de xaneiro - barrios

24
VERÍN Páx.3 ALLARIZ Páx.11 XINZO Páx.8 Número: 9 - Ano: X - Xaneiro 2015 - Depósito Legal: OU 142-2014 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.periodicobarrios.com - BARRIOS volve estar no seu buzón a mediados de febreiro. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190 OCIO Páx.20 CELANOVA Páx.14 Fachada do bar de Verín onde se produciu a agresión./ B.LORENZO. As obras do Centro Cultural das Artes avanzan a bo ritmo Pablo Rodríguez vence no Ciclocross de Maceda A obra da mellora da depuradora deberá concluírse este ano O Bosque Máxico entregará os premios do seu concurso Verín e Xinzo comezan a ter ambiente de entroido Elixidos os 10 xardíns que integrarán o FIXA 2015 O Rei Baltasar con varios cativos na cabalgata de Celanova. /P.LODEIRO. Liberdade con cargos para os autores dunha agresión en Verín Cabalgatas de Reis [páx. 2] [páx. 12-13] [páx. 17]

Upload: barrios-xinzo-verin-allariz-celanova

Post on 07-Apr-2016

287 views

Category:

Documents


38 download

DESCRIPTION

No número de xaneiro de Barrios informamos da posta en liberdade con cargos aos autores dunha agresión nun bar en Verín, así como recollemos en imaxes as Cabalgatas de Reis de Verín, Celanova e Xinzo.

TRANSCRIPT

Page 1: 15 de xaneiro - Barrios

VERÍN Páx.3 ALLARIZ Páx.11XINZO Páx.8

Número: 9 - Ano: X - Xaneiro 2015 - Depósito Legal: OU 142-2014 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.periodicobarrios.com - BARRIOS volve estar no seu buzón a mediados de febreiro. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190

OCIO Páx.20CELANOVA Páx.14

Fachada do bar de Verín onde se produciu a agresión./B.LORENZO.

As obras do Centro Cultural das Artes avanzan a bo ritmo

Pablo Rodríguez vence no

Ciclocross de Maceda

A obra da mellora da depuradora deberá concluírse este ano

O Bosque Máxico entregará os premios do seu concurso

Verín e Xinzo comezan a ter ambiente de entroido

Elixidos os 10 xardíns que integrarán o FIXA 2015

O Rei Baltasar con varios cativos na cabalgata de Celanova. /P.LODEIRO.

Liberdade con cargos para os autores dunha agresión en Verín

Cabalgatasde Reis

[páx. 2]

[páx. 12-13]

[páx. 17]

Page 2: 15 de xaneiro - Barrios

� BARRIOSXaneiro de �014

VERÍN E COMARCA

Electrodomésticos Afonso, gañador da iniciativa “Máis que comercio!” 4 Este negocio foi o que máis clicks recibiu por parte dos clientes, que optaban a premios votando ao seu comercio preferido.

Redacción

Os participantes na ini-ciativa da Consellería de Economía e Industria “Centros Comerciais Aber-tos Máis que comercio!”, que se desenvolveu durante todo o mes de novembro

nos negocios asociados ao centro comercial urbano de Verín elixiron como o seu establecemento favorito da localidade a tenda de Electrodomésticos Afonso Otero, asociada ao grupo Tien�1, que conta cun equi-po de 1� traballadores e

dedícase á venda e instala-ción de electrodomésticos e de mobles de cociña.

Este negocio, un proxec-to familiar que comezou a funcionar hai �4 anos, foi o que máis clicks recibiu en www.maisquecomercio.com, web na que os clien-

Esta iniciativa destaca a calidade e o trato ao cliente do comercio de proximidade

O delegado da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, entregando o premio ao xerente de Electrodomésticos Afonso./RAMSÉS

tes podían participar nun xogo en liña por cada 5 euros de compra e optar a diferentes premios ao tempo que elixían o seu comercio preferido. O centro comercial urbano de Verín rexistrou dentro desta iniciativa máis de 6.400 participacións de usuarios.

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, foi o encargado de entregar o diploma a este estable-cemento, así como os agasallos aos clientes ga-ñadores.

Aposta polo comercio de proximidade

Martínez salientou que “Máis que comercio!” céntrase en destacar o traballo dos centros co-merciais abertos, que permiten, desde o asocia-cionismo, o desenvolve-mento de estratexias para a posta en valor da ampla oferta comercial coa que contan as vilas galegas. Esta iniciativa resalta os valores do comercio de proximidade, como son a calidade, o trato ao clien-te ou a variedade.

Neste senso, o CCU de Verín resultou beneficia-do con apoios por parte da Consellería de Eco-nomía de máis de 39.000 euros.

Redacción

O xuíz do Xulgado de Instrución número � de Verín decretou liberdade con cargos para os ca-tro detidos acusados de seren os autores dunha agresión ao propietario, o seu fillo e outro empre-gado do bar Luscofusco de Verín, acontecida o pasado luns 1�. O xuíz tamén lles impón unha orde de afastamento de cen metros do citado local, ubicado na rúa Ir-máns Moreno da locali-dade.

Os detidos son M.S.S, de 31 anos de idade, A.S.R, de 34 anos e

C.M.R, de 4� anos, e J.S.R, de �1 anos todos eles de etnia xitana e veci-ños de Verín.

O luns á noite, os catro agrediron ao dono, o seu fillo e outro camareiro deste bar, cando estes lles chamaron a atención polo alboroto que estaban cau-sando. Os tres tiveron que ser atendidos no hospital verinés a causa das lesións provocadas polos botella-zos e puñadas recibidos.

En liberdade con cargos os autores dunha agresión nun bar de Verín4 Con orde de afastamento de cen metros.

Camareira e fillo do dono do Luscofusco, que estiveron presentes durante a agresión./BRAIS LORENZO.

O dono, o seu fillo e outro camareiro tiveron que ser atendidos no hospital

Page 3: 15 de xaneiro - Barrios

BARRIOSXaneiro de �015

3VERÍN E COMARCA

As obras do Centro Cultural das Artes de Verín avanzan a bo ritmo4 Xesús Vázquez visitou os traballos corres-pondentes á primeira fase.

Redacción

O Centro Cultural das Artes é un equipamento que está chamado a ser un elemento clave na vertebración da política cultural local e no eido da Eurocidade.

Esta fase, na que se está a construír o Audito-rio principal, a cafetería, o espazo de administra-ción e de aseos da futura dotación, conta co finan-ciamento do Concello de Verín, da Deputación de Ourense e da Xunta de Galicia, e supón un in-vestimento conxunto de 3.334.884 euros.

Destes, en concreto, o Goberno galego achega, a través da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Univer-sitaria (1.344.198,96 euros), da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestru-turas (1.�60.000 euros),

e a Axencia Turismo de Galicia (�00.000 euros), máis de �,8 millóns de euros.

Parte das devanditas ac-tuacións están sufragadas a través do Fondo Euro-peo de Desenvolvemento Rexional do Programa operativo FEDER.

Avances Cómpre lembrar que a

execución deste equipa-mento cultural avanza a bo ritmo. Logo da explana-ción, limpeza e escavación de terras, téñense posto as lousas de cimentación, executado os muros de contención e os forxados

As obras precisarán un investimento da Xunta de Galicia de 3,3 millóns

O conselleiro de Cultura e Educación, Xesús Vázquez (no centro da imaxe) estivo acom-pañado durante a visita ao Centro das Artes polo alcalde de Verín, Juan Manuel Jiménez (á dereita)./BORYS MARTÍNEZ

Redacción

A deputada popular Ana Belén Vázquez defendeu na Comisión de Cultura do Congreso celebrada a mediados de decembro a localización dun parador no Castelo de Monterrei “pola posta en valor da infraestrutura que isto sig-nifica e porque con iso xé-rase emprego na comarca á vez que se contribúe a manter un ben de interese cultural”.

Segundo a popular, esta nova situación permitiría á comarca contar cun esta-blecemento de 4 estrelas e aberto os 365 días do ano, co mantemento do 100% dos postos de traballo de maneira permanente e a posibilidade de que se in-cremente a oferta laboral.

Vázquez criticou a ac-

O futuro do Castelo de Monterrei debátese no Congreso4 Os populares acusan ao PSOE de preferir que estea pechado a que sexa usado como parador.

titude do PSOE e lem-broulle á deputada socia-lista Laura Seara que “se opón a construír un pa-rador totalmente público que só ocupará o 17% da superficie do Castelo, mentres que no �007 a proposta socialista supu-ña un 63% de superficie ocupada por un hotel pú-blico ou privado”.

“Prefiren ver o castelo libre e que caia, que non ocupado e xerando em-prego e progreso para a zona”, insistíu.

Ademais, lembrou que o proxecto do Parador foi escollido por unha Comi-sión de expertos, o que o dota dunha “contrastada calidade técnica”.

Ana Vázquez afirmou que a Xunta ten un com-promiso total co Castelo de Monterrei, dacordo con tres prioridades “que o castelo siga sendo pú-blico, que se manteñan os usos culturais e que se protexan os postos de traballo existentes”.

do chan da planta baixa do futuro Centro das Artes de Verín.

Así mesmo, levantáron-se os piares, tanto de for-migón como metálicos, da planta baixa-primeira, e os piares de formigón da pri-meira-segunda do aulario, e forxouse o teito da plan-ta baixa no cubo corres-pondente da cafetería e ao aulario. A todo o anterior hai que engadirlle a reali-zación dos saneamentos e drenaxes de toda a edifica-ción; a instalación da rede equipotencial de toma de terra; e o armado da rampla de acceso ao escenario.

Despois de Reis come-zouse a colocar a pedra da fachada.

O PP insiste en que o parador só ocupará o 17% do Castelo

Page 4: 15 de xaneiro - Barrios

4 BARRIOSXaneiro de �014

‘Campus de Emprendemento Sostible’ na Casa da Cultura4 O día 22 de xaneiro.

Redacción

A Casa da Cultura de Verín acollerá o vindeiro �� de xaneiro o ‘Cam-pus de Emprendemento Sostible’, organizada polo Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE) coa colabora-ción dos concellos de Verín, Riós, Oímbra, Monterrei, Laza, Cua-ledro e Castrelo do Val, Antena Local de Verín da Cámara de Comercio e Industria de Ourense e da Asociación Monteval.

A iniciativa está desti-nada a desempregados, empresarios e técnicos de institucións locais, co obxecto de dar a coñecer unha forma de sensibili-zación e aprendizaxe so-bre os negocios sostibles, que incorpora visitas a empresas. Unha forma práctica e directa de es-coitar as historias conta-das por persoas que un día decidiron ser empre-sarias, e na que se produ-ce unha interacción entre persoas responsables de empresas sostibles na co-marca de Verín e os parti-cipantes no campus.

O programa do ‘Cam-pus de Emprendemen-to Sostible’ iniciarase ás 09.30 horas coa re-cepción de asistentes e apertura da xornada, se-guido da visita a Terras de Baronceli, Pecado de Outono e Biocoop, tres empresas da comarca.

“Creando Redes”Este campus está

enmarcado dentro do proxecto “Creando Re-des”, realizado polo IGAPE cos axentes de desenvolvemento local das comarcas de Val-deorras, Verín e Viana, para a formación especí-fica en creación de redes empresariais en territorio e redes profesionais en-tre os técnicos partici-

pantes na experiencia. O obxectivo final é informar á poboación en situación de desemprego das acti-vidades que responden as necesidades locais, co fin de fomentar a inserción no mercado laboral, ben por conta propia ou ben por conta allea, en particular no sector de aproveita-mento agroalimentario.

Os interesados en par-ticipar no ‘Campus de Emprendemento Sostible’ deberán inscribirse nas de-pendencias das entidades colaboradoras, xa que as prazas son limitadas. En Verín, a inscrición debe formalizarse na oficina de Desenvolvemento Local.

4 Experiencias de éxito

Os participantes no campus visitarán tres experiencias de éxito na comarca. No caso de Terra de Baronceli, trátase dun complexo gastronómico natural, tenda e fábrica de con-servas situado no val de Monterrei. Mentres que a empresa Pecado de Outono é unha enti-dade formada por unha parella de produtores de froita ecolóxica que montaron unha peque-na industria para des-hidratar a castaña, co obxecto de fomentar o seu consumo e alargalo no tempo. E Biocoop SCG foi fundada no ano 1998 pola unión de once gandeiros de va-cún coa idea de orientar as súas explotacións a unidades produtivas respectuosas co medio ambiente, co benestar animal e coa saúde dos consumidores.

Preténdese fomentar a inserción no mercado laboral

VERÍN E COMARCA

“Aires Nosos” recibiu 20.000 euros da Secretaría Xeral de Igualdade para a adecuación dun novo local para as súas actividades. Na imaxe, a secretaria Susana López Abella, xunto ao alcalde Jiménez Morán e membros da asociación./CdV.

“Aires Nosos” inaugura

instalaciónsA Asociación Amigos da

Cultura e do Ocio “Aires Nosos” inaugurou no mes de decembro as súas novas instalacións na rúa da Mu-ralla, nun acto ao que asis-tiron a secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella, e o alcalde de Ve-rín, Juan Manuel Jiménez.

A asociación cumple en xaneiro oito anos traba-llando na promoción da igualdade no municipio.

Page 5: 15 de xaneiro - Barrios

BARRIOSXaneiro de �015

5

EN BREVE

VERÍN E COMARCA

Potenciar o uso peda-góxico das novas tecno-loxías é un dos obxec-tivos que se establecen na Programación Xeral Anual �014/�015 do IES García Barbón. A referencia concreta dos recursos informativos do centro en internet e as explicacións corres-pondentes –páxina web do centro, blogs e redes sociais- poden verse en detalle en: http://bitly.com/barbontic.

O centro leva sete cur-sos organizando o Pre-mio de Blogs escolares “Barbón Blog” para os estudantes da materia de TIC (Tecnoloxías da In-formación e da Comuni-cación) e nesta ocasión, que xa sería a oitava edición, organiza o Pre-mio de Blogs �015, que se dirixe ao conxunto do alumnado do centro.

O blog será individual –non se admiten blogs colectivos- e redacta-do preferentemente en lingua galega –pode ter entradas noutras linguas impartidas no centro- e creado en �014 ou �015.

Para poder participar hai que enviar un correo elec-trónico detallando datos como nome e apelidos, cur-so e grupo, nome, url e bre-ve comentario sobre o blog, a premiosblogs�[email protected].

ValoraciónOs criterios xerais de

valoración dos blogs fixan a súa atención, de manei-ra preferente, na elabora-ción de contidos propios e de calidade. Valorarase a orixinalidade das apor-tacións e os comentarios recibidos.

Os temas do blog aten-derán preferentemente ás ensinanzas cursadas, o futuro académico e profe-sional ou as reflexións do alumno. Complementaria-mente, o estudante ten a

posibilidade de engadir outras achegas diversas sempre que sexan crea-cións propias.

Un grupo de profeso-res e profesoras realizará a avaliación dos blogs e elixirá os tres premiados.

Haberá tres premios que está previsto entregar a finais do mes de xuño de �015. Poderá haber premios especiais.

O xurado prestará es-pecial atención na veri-ficación da autoría das distintas aportacións ao blog e na obrigatoriedade de citar a procedencia da información, no caso de non ser de propia autoría. En caso contrario, o blog queda fóra do Premio.

[+ info: http://pre-mioblogs�015.blogspot.

com.es/]

O IES García Barbón organiza o Premio de Blogs 2015 para os seus estudantes

Redacción

O municipio de Cha-ves vén de ampliar ata o 31 de xaneiro o prazo de inscrición nos concursos europeos e local GA-MES@EU.

Estes certames, desti-nados a mozos de entre 16 e �5 anos que partici-pen en grupo, teñen por obxectivo promocionar e salvagardar os deportes e xogos tradicionais.

Os participantes na edi-ción europea do concurso deberán elaborar un pe-queno traballo de investi-gación para a promoción e salvagarda dos deportes e xogos tradicionais, e su-bilo á web www.gamesne-tproject.eu en inglés, espa-ñol ou portugués ata o 31 de marzo.

Os vencedores en cada unha das dúas categorías (de 16 a 19 anos e de �0 a �5 anos) levarán un pre-

mio en metálico de 1.000 euros.

Na edición local do concurso, a inscrición debe realizarse na web www.chaves.pt ata o 31 de xaneiro, mesma web onde debe publicarse o traballo. Neste caso o premio é de 400 euros por categoría, e a entrega de galardóns será no mes de maio nun evento no que se realizará demostración de xogos populares.

Chaves amplías o prazo para participar nos concursos GAMES@EU4 Ata o 31 de xaneiro.

4 Cambios no sinal de TDT no centro de Feces

Para cumprir co proce-so de liberación do Divi-dendo Dixital, a Xunta de Galicia está poñendo en marcha unha serie de actuacións que axuden aos concellos a realizar os cambios necesarios nos centros de extensión de cobertura do sinal de TDT.

O centro de extensión de cobertura de TDT de Feces, en Verín, realizou o pasado 14 de xaneiro o apagado de frecuen-cias de emisión actuais e acendido nas novas fre-cuencias asignadas. Son 90 veciños de Feces de Cima os que se benefi-ciaron deste cambio.

4 ‘Rodeira Monocolor’ na Sala de Exposicións

Ata o día 30 de xanei-ro, a Sala de Exposicións de Verín acolle a mostra ‘Rodeira Monocolor’, realizada por José Luis Diz, socio fundador da Asociación Fotográfica “O Potiños”.

Esta mostra está con-formada por unha vintena de fotografías (dezaseis en branco e negro, dúas en azul e dúas en amare-lo) da praia de Rodeira, en Cangas do Morrazo, asentadas no ‘Street Pho-tography’, que busca re-cuperar o vello oficio do fotógrafo de antano.

“As cores de identida-de de Rodeira son basi-camente azul e amarelo: azul, polo mar que ten diante e parcialmente cóbrea todos os días, e amarelo, das finas areas que bisbisean ao paso das ondas que morren na súa marxe. A alteridade pona a xente que alí se con-centran día a día durante o verán, cos seus tecidos multicolores, antucas pu-blicitarias, etc. e ten que ser de novo o final da tempada de baños a que lle restitúa a Rodeira o seu colorido orixinal”, destaca o fotógrafo.

A exposición poderá visitarse de luns a sábado en horarios comprendi-dos entre as 10 e ás 14 e das 17 ás 19.30 horas.

Page 6: 15 de xaneiro - Barrios

6 BARRIOSXaneiro de �014

VERÍN E COMARCA

Redacción

A Consellería de Me-dio Ambiente, Territorio e Infraestruturas iniciou o 14 de xaneiro as obras de mellora na rúa Jacinto Santiago, un eixo de co-municación fundamental en Vilardevós.

A obra foi adxudicada á empresa Construcións Rafer, SL, que xa execu-tou os traballos de acopio de material.

Esta actuación é froito dun convenio asinado en-tre a Consellería de Medio Ambiente e o Concello e conta cun investimento de preto de �56.000 euros, dos que a Xunta achega o 9�%, �35.398 euros, e o importe restante o ente municipal.

FinalidadeO obxecto da actuación

é o arranxo da principal conexión entre as estra-das Verín - Soutochao e Vilardevós - Riós, unha rúa de marcado carácter comercial cun deseño de antigüidade superior aos 100 anos.

Cómpre sinalar que aos pavimentos actuais fál-tanlles as definicións nas pendentes lonxitudinais e transversais, que permi-tan o drenaxe superficial, ocasionando acumula-cións de augas en días chuviosos.

Deste xeito, a actua-

Comezan as melloras da rúa Jacinto Santiago de Vilardevós4 O orzamento da obra ascende a 256.000 euros, dos que o 92% achégaos a Xunta.

ción comprende as obras necesarias de demolición das unidades existentes en mal estado de conser-vación e a súa posterior construción.

Debido á irregular distancia entre as dúas frontes de edificación, proxéctanse tamén unhas beirarrúas de anchura va-riable, segundo o permi-tan as fachadas.

Novos proxectosO alcalde de Vilarde-

vós, Manuel Cardoso, mantivo esta semana un encontro coa conselleira de Medio Ambiente, Ethel Vázquez, para presentar-lle varias obras que ve necesarias para o munici-pio. A primeira delas é a mellora do abastecemento

A antigüidade do deseño desta rúa, de marcado carácter comercial, supera os 100 anos

e saneamento de varios núcleos de Vilardevós, cun orzamento estima-do de �50.000 euros. O rexedor tamén lle propuxo á responsable de Medio Ambiente da Xunta obras de arranxo en varios viais de titu-laridade municipal, cun orzamento que supera os �00.000 euros. Por últi-mo, Cardoso quere que a Xunta arranxe unha curva na OU-310, estra-da de titularidade auto-nómica, para diminuir a súa perigosidade.

A conselleira de Medio Ambiente Ethel Vázquez e o al-calde de Vilardevós Manuel Cardoso nunha xuntanza na Delegación da Xunta en Ourense./P.LODEIRO.

A aula CeMIT de Verín, a mellor de GaliciaA aula CeMIT de Verín clausura o �014 converténdose, por segundo ano consecutivo,

na mellor de Galicia por número de usuarios formados e actividades programadas (entre cursos, accións externas e cesión da aula), segundo o ránking e datos da Xunta.

Cunha cifra de 1�5 actividades organizadas e 910 usuarios en �014 (375 actividades e 2.633 usuarios acumulados dende 2012) a aula mantense no alto da clasificación. Entre os 95 cursos impartidos neste ano, tiveron numerosos alumnos as clases de internet, compras seguras na rede, correo electrónico, DNI electrónico, opera co teu banco, redes sociais, ofimática ou retoque fotográfico.

Máis de 350 novos socios na Biblioteca de VerínA Biblioteca Pública Municipal de Verín conta na actualidade con �.905 socios, dos

que 368 se sumaron a este servizo no �014. Unha cifra á que debe engadirse o número de préstamos totais realizados durante todo o ano, que foron 5.1�0, similar ao do ano �013.

No marco da Programa de Voluntariado Cultural e Fomento á Lectura, a biblioteca rea-lizou durante o pasado ano 63 actividades para nenos de entre os 3 e 9 anos, doce máis que no �013. Desde o ano �006 ata a data, programou un total de 316 iniciativas nesta área, que lle permitiron acadar numerosos recoñecementos de distintas organizacións como a Embaixada de Chile, a Federación de Fútbol, a Fundación Antena 3, a UNESCO e a Fe-deración de Gremios de Editores de España.

Aula CeMIT de Verín, impartindo un curso./CdV.

Biblioteca Pública Municipal de Verín/CdV.

Page 7: 15 de xaneiro - Barrios

BARRIOSXaneiro de �015

7PUBLICIDADE

Page 8: 15 de xaneiro - Barrios

8 BARRIOSXaneiro de �014

XINZO E COMARCA

Redacción

O delegado territo-rial da Xunta de Galicia en Ourense, Rogelio Martínez, supervisou o resultado dos traballos levados a cabo en Rairiz de Veiga ao abeiro do Plan Marco Programa de mellora de camiños de titularidade municipal da Consellería de Medio Rural e do Mar.

Acompañado polo al-calde do concello, Xosé Xaquín Rodríguez, o de-legado territorial visitou a zona onde se realizaron as obras. Os traballos consistiron na mellora da capa de rodaxe do cami-ño de Montealbán, logo dos labores de limpeza da maleza, e a repara-ción do camiño da Vei-ga. A actuación contou cun investimento total de 43.000 euros e ten como fin favorecer as condi-cións de tránsito e segu-

ridade vial e, deste xeito, proporcionar maior cali-dade de vida á poboación destes núcleos rurais.

3,6 millóns para toda a provincia

Rogelio Martínez lem-brou que, a través deste Programa Marco, a Con-sellería destinou na pasa-da convocatoria preto de 3.600.000 euros para levar a cabo actuacións en cami-ños e estradas rurais da to-talidade dos concellos da provincia. Segundo salien-tou o delegado, “con estas iniciativas búscase digni-ficar e mellorar a calida-de de vida da poboación que reside nestas zonas e contribuír a arranxar as deficiencias que persisten en determinadas zonas ru-rais”.

A contía da dotación para financiar as obras que se executen nos concellos ourensáns a través do vin-deiro Plan Marco �014-

�015 duplicouse con respecto da do anterior, e cífrase en preto de 6 millóns de euros. Destes fondos, pouco máis de �.700.000 euros corres-ponden á anualidade de �014 e os máis de 3 mi-llóns restantes á anuali-dade de �015. Segundo o delegado territorial “este incremento permitirá atender proxectos que melloren un maior nú-mero de camiños”. Ade-mais, Martínez agrade-ceu a colaboración dos alcaldes no desenvolve-mento destes programas que “poñen de manifesto a sintonía da adminis-tración autonómica e os concellos”.

Rogelio Martínez e Xaquín Rodríguez pasean por un dos camiños arranxados grazas ao Plan Marco./RAMSÉS.

Destinan 43.000 euros a arranxar dous camiños en Rairiz de Veiga4 As obras foron executadas ao abeiro do Plan Marco.

As melloras beneficiaron ao camiño de Montealbán e ao da Veiga

Redacción

O Consello de Minis-tros do �6 de decembro autorizou a subscrición do convenio de colabo-ración entre a Confe-deración Hidrográfica do Miño-Sil, Augas de Galicia e o Concello de Xinzo de Limia para o fi-nanciamento, execución, e encomenda da obras na depuradora desta locali-dade.

O importe desta actua-ción ascende a 1,5 mi-llóns de euros, dos que a Confederación Hidrográ-fica do Miño-Sil achega-rá o 80% (1,� millóns), con cargo a fondos euro-peos, mentres que a Xun-ta de Galicia, a través do ente público Augas de Galicia, achegará o �0% restante (0,3 millóns). O Concello de Xinzo de Li-mia achegará os terreos necesarios e encargarase da explotación, mante-mento e conservación.

O prazo de execución

das obras será de seis me-ses e haberán de concluír en �015.

Deficiencias actuaisCon esta actuación pre-

téndense solucionar as de-ficiencias da actual EDAR, que non permiten cumprir, de modo continuo, os pa-rámetros de calidade fixa-dos na autorización de ver-tedura polo que respecta á concentración de nutrin-tes, de relevancia nunha comarca con marcada vo-cación agrogandeira.

Esta situación provocou episodios de contamina-ción das masas de auga nunha comarca onde se si-túa o encoro das Cunchas e que, ademais, foi decla-rada Zona de Especial Pro-tección de Aves (ZEPA) e Lugar de Interese Comu-nitario (LIC), polo que demanda unha especial protección ambiental.

A mellora da depuradora de Xinzo deberá concluírse en 20154 O Goberno autoriza o con-venio entre a CHMS, Augas de Galicia e o concello.

O orzamento ascende a 1,5 millóns de euros

4 I Feira da cervexa en Xinzo

Os días 16, 17 e 18 de xaneiro Xinzo acolle a súa primeira Feira da Cer-vexa Artesá, cunha carpa sita na praza Maior.

A festa comezará ás 5 da tarde do venres, e ata o domingo os asistentes poderán gozar da pre-senza de sete cervexeiros galegos, �5 estilos dis-tintos de cervexa, show cooking e degustación de salchichas alemanas. Así mesmo, o sábado a partir das 16 horas terá lugar un curso de fabricación de cervexa caseira, e unha hora despois clases de baile latino. Xa o domin-go ás 6 da tarde celebra-rase un sorte dun lote de cervexas artesás.

A banda de gaitas da localidade e unha cha-ranga faranse cargo de amenizar esta primeira edición.

4 Talleres de coñecemento persoal e nutrición

A Escola Rural de Saú-de da Limia comeza neste mes de xaneiro con dous talleres. O primeiro deles abordará o coñecemento persoal. As clases serán impartidas os mércores pola tarde dende o 14 de xaneiro na Casa da Cul-tura de Xinzo.

Pola súa banda, os días 15 e 16 de xaneiro terán lugar nese mesmo em-prazamento dous talleres sobre nutrición, de 16.30 a 19.30 horas. O xoves abordarase a saúde e ali-mentación dos nenos; e o venres as necesidades nutricionais en adultos e persoas maiores.

Todas estas iniciativas precisan de inscrición previa, polo que os inte-resados en participar po-den anotarse na Casa da Cultura, no 603 78 44 35 ou no enderezo electróni-co [email protected].

EN BREVE

Ramiro Rodríguez será o candidato do BNG en Xinzo

O actual voceiro do BNG no Concello de Xinzo, Ramiro Rodrí-guez, será o candidato desta formación nas vin-deiras eleccións munici-pais. Rodríguez, infor-mático de profesión, foi presentado a militantes e simpatizantes naciona-listas, nunha cea celebra-da o pasado venres 9 nun

restaurante limiao. O concelleiro exerce

como portavoz do Bloque na localidade desde a mar-cha de Amador Rodríguez Penín en xuño de �01�.

Page 9: 15 de xaneiro - Barrios

BARRIOSXaneiro de �015

9XINZO E COMARCA

Vilar de Santos inicia o seu programa de envellecemento activo 4 Con obradoiros varios para os maiores.

Redacción

O Concello de Vilar de Santos comezou as actividades do seu pro-grama de envellecemen-to activo, dentro do Plan de Igualdade e Benestar impulsado polo concello con programas e activi-dades abertos á partici-pación veciñal e medidas de igualdade e dinamiza-ción social, cunha gran influencia na mellora da calidade de vida e do be-nestar.

O programa de enve-llecemento activo está dirixido ás persoas maio-res, con actividades adap-tadas que se desenvolven no centro social de Pa-rada e no multiusos da Casa do Concello todos os luns, martes e xoves ata o mes de agosto. Para o programa funcionará o transporte municipal.

No Programa �014-15, o Centro de atención de

persoas maiores de Vilar de Santos continuará o proxecto “Saber envelle-cer: corpo san en mente sa” semanalmente, con obradoiros de ximnasia, andainas, memoria en movemento, biodanza, re-laxación, masaxes, xogos ou psicomotricidade cos obxectivos de prevención da dependencia, fomento da autonomía persoal e mantemento da saúde im-partidos e dirixidos polo equipo interdisciplinar do centro: psicóloga, traballa-dora social, enfermeira, fi-sioterapeuta e xerocultora.

O Obradoiro de Xim-nasia Activa está dirixido por unha fisioterapeuta. Trátase de ximnasia sua-ve adaptada aos maiores e que ten como obxectivo promocionar a autonomía persoal.

Como novidade, coa chegada do bo tempo o programa realizarase nos parques biosaudables do

concello. Neste senso, haberá un servizo de ase-soramento para o bo uso dos aparatos baixo a su-pervisión da monitora.

Tamén nos meses de verán, ampliarán as ac-tividades incorporando a psicomotricidade acuáti-ca polas mañás na pisci-na municipal.

Memoria e novas tec-noloxías

No Obradoiro de Me-moria, previsto para febreiro, os maiores exercitan a memoria, a atención e a concentra-ción, estimulando os re-cordos e a aprendizaxe, para diminuír os olvidos e despistes na vida dia-ria, ademais de manter a mente en forma.

Ademais, no telecentro do Concello organízanse polas tardes actividades para achegar o uso das novas tecnoloxías ás per-soas maiores.

Exercicios de ximnasia do programa de envellecemento activo de Vilar de Santos.

Vilar de Santos xestionará un orzamento de 780.000 euros 4 En 2015 baixan os gastos correntes, aumentan os in-vestimentos e conxélanse os impostos.

Redacción

Vilar de Santos vén de aprobar os seus orzamentos para �015, que ascenden a 780.000 euros. Deles, o gasto de persoal supón o 39% e os correntes o �4%, ambos diminuíndo en rela-ción a �014. Así mesmo, o Concello reforza a inver-sión produtiva, destinando a investimentos �65.595 euros, o 34% do orzamen-to, un 4% máis que o ano anterior.

Ademais, os impostos municipais permanecerán conxelados e os posibles aumentos nos custes dos servizos serán asumidos polo concello, nunca polos veciños.

Emprego Dende Vilar de Santos

apostan, ademais, por facer da localidade “un espazo atractivo para investir e crear emprego”, asegura o seu rexedor, Xan Jardón. Así, o Concello prepara a venda dun lote de parcelas de solo industrial, a prezo moi competitivo e cunha bonificación do 80% para

os proxectos de especial interese municipal por fo-mentar o emprego.

Servizos sociais No �015 procederase

á ampliación do Servi-zo de Axuda no Fogar e de programas como o de Envellecemento Activo. Ademais, realizaranse melloras tanto no Cen-tro de Día como na zona residencial da vivenda comunitaria, ampliaranse os servizos da Escola In-fantil, e melloraranse os servizos á mocidade.

Infraestruturas O Concello continuará

este ano coas actuacións na Area de Rehabilitación Integral de Vilar de San-tos; coas melloras na rede municipal de pistas e ca-miños agrícolas, e na rede de saneamento; e conti-nuará co Plan de Aforro e Eficiencia Enerxética con novas actuacións de iluminación.

Con estes orzamentos “cumprimos cos princi-pios de eficiencia, esta-bilidade orzamentaria e sostibilidade financeira; así como inexistencia de débeda pública nin con provedores”, resalta Jar-dón.

Continúa a aposta polos servizos sociais e o emprego

SLG alerta do incremento de ataques de lobos no Macizo OurensánRedacción

O Sindicato Labrego Galego denuncia que as granxas de Maceda están a padecer un incremen-to dos ataques de lobos “até o punto que comeza a ser inviable a activida-de gandeira no Macizo Ourensán”. A finais de decembro, os lobos de-voraron, a plena luz do día, un xato de �50 quilos de peso dun gandeiro do lugar de Castro, na parro-quia de Escuadro.

Dende o Sindicato La-brego Galego denuncian que as compensacións que ofrece a Xunta son unhas axudas “ridículas”. O gandeiro Juan Francis-co González xa puxo os feitos en coñecemento das autoridades, sabendo que o tope de compen-sación por animal morto non supera os 600 euros, que non pagan “nin de lonxe” o animal perdido, e descoñecendo por com-pleto cando cobrará eses cartos.

Entende o SLG que “se a Xunta de Galicia realmente quere que ex-plotacións como a súa si-gan desenvolvendo a súa actividade contra vento e marea, ao tempo que ga-rante a conservación de especies salvaxes coma o lobo, debería axustar as indemnizacións ao valor real dos animais mortos e abonar os cartos no prazo máximo dun mes, amais de reducir significativa-mente os gastos e obrigas burocráticas de todo este proceso”.

Page 10: 15 de xaneiro - Barrios

10 BARRIOSXaneiro de �014

XINZO E COMARCA

Redacción

José Antonio Feijoo Alonso, actual alcalde de Baltar, foi elixido presi-dente local do PP nesta localidade, nun congreso celebrado en decembro.

Feijoo repasou as mello-ras acadadas nos últimos anos: “Conseguimos trans-formar o municipio dotán-doo de pavillón, piscina, velorio, rehabilitacións integrais no consistorio e no centro de día, depósitos

de auga nos núcleos rurais, empedrado das pistas e centros sociais en todos os pobos”. Explicou que “que-da moito por facer, pero só-branos ilusión e gañas neste equipo. Ábrese unha etapa de ilusión e futuro”.

José Antonio Feijoo, elixido presidente do PP de Baltar4 O actual alcalde proponse seguir melloran-do servizos e infraestruturas.

Asistentes ao Congreso local do PP en Baltar./A.PAZ.

A empresa SerigrafiAr-te, con 1� anos de traxec-toria no sector das artes gráficas, traslada a súa actividade ao Parque Tec-nolóxico de Galicia para adaptar a súa produción ao modelo avanzado que está a deseñar a través dun proxecto de innovación en colaboración con varias empresas galegas e a Uni-versidade de Vigo. “No sector das artes gráficas aplicadas ao téxtil estamos a recibir cada vez pedidos máis pequenos con de-mandas moi personaliza-das, polo que vimos a ne-cesidade de ofrecer unha nova contorna de relación cos nosos clientes para ser máis competitivos”, expli-ca Antonio Blanco, xeren-te da empresa.

SerigrafiArte adquiriu o edificio que no seu día ocu-pou na Tecnópole o Centro

de Teleservizos de Gali-cia. Unha vez rematadas as obras, instalará nel toda a súa planta de produción xunto cos servizos loxísti-cos e tecnolóxicos. A nova plataforma que están a desenvolver e que agardan poñer en funcionamento no verán será unha tenda vir-tual na que o cliente poderá ver como queda o seu des-eño sobre a prenda elixida,

comprobar o stock e obter o prezo final e o prazo de entrega, todo en cuestión de minutos. Unha vez realizado o encargo, po-derá seguir e modificar o pedido en tempo real.

Ademais, no prazo dun ano a empresa conta con traballar con varios dese-ñadores españois para ter unha carteira de patróns propios.

SerigrafiArte traslada a súa actividade ao Parque Tecnolóxico

Algúns dos produtos de SerigrafiArte.

Page 11: 15 de xaneiro - Barrios

BARRIOSXaneiro de �015

11 ALLARIZ E COMARCA

EN BREVE

4 Os museos de Allariz pechan, por acondicionamento

A rede museística de Allariz, composta polo Museo do Coiro, Museo da Moda e Museo Ga-lego do Xoguete, pecha durante este mes para acometer, como é habi-tual nestas datas, labores de acondicionamento.

Os museos volven abrir as súas portas o día 6 de febreiro co seu ho-rario habitual de inver-no: sábados, domingos e festivos de 1� a 14 horas e de 17 a 19.

4Tramitación do programa Termalismo Social

O Centro de Servizos Sociais Comunitarios no Fogar dos Maiores de Allariz informa e tramita as solicitudes para parti-cipar no programa Ter-malismo Saudable �015, da Deputación.

O programa “Terma-lismo Social” permite aos pensionistas reci-bir tratamentos termais para a reuma, artrose ou afeccións do aparato res-piratorio, entre outros, a prezos reducidos, xunto a estanzas en balnearios.

A inscrición para a primeira quenda remata o 16 de xaneiro e para a segunda o 18 de maio.

4 Allariz promove a reciclaxe de vidro

O Concello de Allariz e a Asociación Ecovidrio impulsaron unha cam-paña para promover a recollida e reciclado dos residuos nos locais hos-taleiros da localidade.

A campaña comezou en setembro pasado coa realización de enquisas a 46 establecementos para informar desta iniciativa. En novembro instaláron-se 11 novos contedores e repartíronse outros 33 de gran capacidade para os hostaleiros que o soli-citaron, co obxectivo de facilitar o reciclado.

Segundo datos de �013, os veciños de Allariz re-ciclaron 167.700 quilos de vidro, o que supón que cada cidadán reciclou máis de �7 quilos.

Redacción

Xa se coñecen os dez xardíns que comporán a edición �015 do Festival Internacional de Xar-díns de Allariz. Das 43 propostas presentadas a concurso, o xurado se-leccionou dez: “Soud-wave”, de Austria, “A la imagine de Allariz” de Paraguai, “Recolectando notas” de Zamora, “Ar-monie interiori” de Italia, “Musicalidad de bambú” de Barcelona, “Sineste-sia” de Madrid”, “Cantos de sirenas” da Coruña, “#SoundTree” de Portu-gal e “Sinfonía Vegetal” de Barcelona. A música será o leitmotiv desta sex-ta edición do certame.

O xardín gañador da pasada edición, “In-house” do coreano Takyung Kim, e a pro-posta didáctica que ela-

Elixidos os 10 xardíns que integrarán o FIXA 20154 Entre as seleccionadas, propostas de Aus-tria, Francia, Italia ou Paraguai.

Redacción

A cidade de Ourense acolleu no mes de decem-bro a presentación do libro “Allariz. A construción dun país. (1989-�014) �5 anos de acción transformadora”, da xornalista Mar Gil.

A edición do libro, a car-go da editora Difusora de Letras, Artes e Ideas, foi feita coincidir co �5 ani-versario do goberno nacio-nalista de Allariz. Trátase dunha obra laboriosa e complexa elaborada tendo en conta as múltiples ca-ras do poliedro Allariz que xira ao redor do trinómio natureza/patrimonio/habi-tantes.

Ao longo de case 300 páxinas profundamente ilustadas e documentadas, tanto texto como fotogra-fias narran a transforma-ción experimentada por Allariz. O relato textual e

gráfico explican, con cor-te xornalístico, o proceso, os ámbitos de actuación e o traballo colectivo que ten conducido á vila e desde un estado de case abandono a finais da dé-cada de 80 até convertir Allariz nunha marca en si, sinónimo de progreso respectuoso, posta en va-lor dos recursos propios, iniciativa, calidade e be-nestar.

A autora Mar Gil, veci-ña de Allariz e xornalis-ta de profesión, é tamén autora de numerosos ar-tigos publicados en obras colectivas sobre historia e personaxes de Allariz.

As presentacións do li-bro continuarán nas prin-cipais cidades galegas a partir da segunda quince-na de xaneiro.

borará o colexio Padre Feijoo de Allariz comple-tarán as outras dúas parce-las dispoñibles no recinto ao carón do río Arnoia.

Criterios do xuradoO xurado estivo presi-

dido polo paisaxista por-tugués Francisco Caldeira Cabral, e composto por Francisco García, alcalde de Allariz, Bernardo Va-rela, concelleiro de Medio Ambiente, Tino Feijóo, aparellador municipal, e os paisaxistas Elsa Severi-no e José Crespí.

As propostas seleccio-nadas seguiron criterios obxectivos, segundo ex-plicaba o presidente do xurado Caldeira Cabral, “harmonía entre criterios estéticos e técnicos, crea-tividade e innovación e tamén a forma práctica de executar os xardíns”.

Ata mediados de xanei-

ro os autores selecciona-dos deberán entregar o proxecto técnico, men-tres a brigada munici-pal está a desmontar os xardíns actuais para que estea todo listo para co-mezar coa execución dos novos proxectos.

O alcalde adiantaba que a data de inauguración do VI FIXA “será, se non hai impedimentos e dificulta-des, o 17 de maio”.

Tema VII ediciónO xurado decidiu que a

sétima edición do Festi-val de Xardíns de Allariz levará por título “Os xar-díns do futuro”. Ata o 15 de novembro estará aber-to o prazo para presentar as novas candidaturas.

Presentado o libro “Allariz. A construción dun país”4 A obra recolle os 25 anos de goberno nacionalista.

A autora é a xornalista Mar Gil

Compoñentes do xurado do FIXA con algúns dos xardíns seleccionados./CdA.

A apertura do festival está prevista para o 17 de maio

Redacción

As �6 mulleres partici-pantes no Programa Clara, en Allariz, comezan este mes o módulo de motiva-ción para o emprego. “O obxectivo pasa por cues-tionar o modelo de traballo que existe así como definir o perfil profesional de cada unha das participantes. A idea é aproveitar, ademais da formación regrada, as habilidades e coñecemen-tos das mulleres partici-pantes como puntos fortes á hora de buscar emprego” explicaba Ana Cardoso, técnica de Igualdade do

municipio.O módulo impartirase

durante xaneiro e a con-tinuación comezará a for-mación específica, inci-dindo nas habilidades para a atención ao público.

Programa ClaraO Programa Clara está

organizado entre o Con-cello, o Instituto da Mu-ller e o Fondo Social Eu-ropeo. A súa finalidade prioritaria é a inserción laboral das mulleres, en-tendéndoa como un pro-ceso que abrangue tanto a formación específica como a mellora persoal.

Segue adiante o Programa Clara 4 As participantes reciben motivación para o emprego.

Page 12: 15 de xaneiro - Barrios

1� BARRIOSXaneiro de �014

especial CABALGATAS

Cabalgata en Celanova

En Celanova é a pa-rroquia a encargada de organizar a cabalgata de Reis, coa colaboración do Concello. Tras saúdar e agasallar aos maiores da Residencia San Carlos, as Súas Maxestades de Oriente emprenderon o percorrido a pé ata a pra-za Maior, acompañados dunha comitiva compos-ta pola banda de música, soldados romanos, nenos con antorchas e os paxes reais. Na praza agardá-baos un palco desde onde entregaron regalos aos menores celanoveses.

Ao día seguinte Mel-chor, Gaspar e Baltasar participaron no belén viv-inte no templo parroquial.

O Rei Melchor entregando agasallos (gorros para eles, bufandas para elas) aos maiores da Residencia San Car-los de Celanova./P.LODEIRO.

Melchor, Gaspar e Baltar foron a pé en Celanova, sau-dando e repartindo caramelos a nenos e maiores que enchían as rúas Francisco González Rei e Emilia Pardo Bazán./P.LODEIRO.

Dúas imaxes dos pequenos da Limia recibindo caramelos das Súas Maxestades./P.L.

Cabalgata en XinzoMelchor, Gaspar e Baltasar chegaron a Xinzo pouco antes das cinco e media da tarde

da véspera de Reis, montados en tres vehículos antigos descapotables. Acompañados dos seus paxes, os Reis Magos subiron a un palco onde escoitaron as peticións dos pequenos, aos que agasallaron con caramelos e cos que se fixeron fotos.

Page 13: 15 de xaneiro - Barrios

BARRIOSXaneiro de �015

13CABALGATAS especial

Melchor, Gaspar e Baltasar compartían carroza en Verín./CdV.

Cabalgata en VerínOs Reis Magos de Oriente comezaron o desfile de Verín ás seis da tarde, saíndo da

Casa do Escudo. Acompañados do seu séquito, percorreron as rúas da vila do Támega ata un ateigado pavillón polideportivo, onde se desenvolveu unha gala na que Melchor, Gaspar e Baltasar entregaron agasallos aos cativos.

Redacción

A campaña “Un sorri-so por Nadal”, que levou a cabo Novas Xeracións (NNXX) do PP en Xinzo, culminou con 300 quilos de alimentos, 150 de roupa e 100 de xoguetes

Foron recollidos máis dunha tonelada de alimentos, roupa e xoguetes./NN.XX.

que foron donados a Cá-ritas Parroquial de Santa Mariña para o seu reparto entre as familias máis ne-cesitadas da capital limiá.

Esta campaña comple-mentouse co “I Torneo Solidario de Fútbol Sala de Xinzo de Limia”, que

Éxito da campaña solidaria de Nadal de Novas Xeracións4 Recadaron 800 quilos de alimentos, 150 de roupa e 100 de xoguetes.

acadou media tonelada de alimentos non perecedei-ros donados por parte dos �1 equipos participantes e dos patrocinadores do evento. En total, foi máis dunha tonelada de soli-dariedade a recadada este Nadal por NNXX.

Page 14: 15 de xaneiro - Barrios

14 BARRIOSXaneiro de �014

Celanova clausura a programación das Letras Galegas 2014 da Xunta

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria clausurou en Ce-lanova a ampla programación posta en marcha pola Xunta de Galicia arredor do poeta e tradutor Xosé María Díaz Castro, o autor ao que se lle dedicou as Letras Galegas 2014. A clausura oficial da mostra ‘Nimbos de luz’ –que estivo ata o 31 de decembro instalada no Auditorio Municipal Ilduara- serviu de colofón ás numerosas iniciativas promovidas e apoiadas pola Consellería para lle render tributo a Díaz Castro.

Neste acto de clausura participaron os secretarios xerais de Cultura e de Política Lingüística, Anxo Lorenzo e Valentín García, respectivamente; o rexedor celanovés, José Luis Ferro; o presidente da RAG, Xesús Alonso Montero; o director da Editorial Galaxia, Víctor F. Freixanes; e mais os tres comisarios da mostra e biógrafos do autor homenaxeado, Luís G. Tosar, Alfonso Blanco e Armando Requeixo.

Autoridades, na clausura de “Nimbos de luz” en Celanova./RAMSÉS.

CELANOVA E COMARCA

Redacción

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e In-fraestruturas, a directora de Turismo de Galicia, o alcalde de Muíños, o pre-sidente de Deputación e o delegado da Xunta inaugu-raron en Muíños o Centro de bicicletas todo terreo (BTT) Serra do Xurés.

O Centro BTT Serra do Xurés é un espazo ao aire libre, deseñado e prepa-rado para os usuarios de bicicletas todo terreo, que posibilita o coñecemento

do medio rural e natural a través da práctica da bici-cleta de montaña.

Este novo centro súmase á Rede BTT Galicia con-formada ata o momento polo Centro BTT O Salnés e o Centro BTT Portas de Galicia dos que os usuarios manifestan un alto grao de satisfacción e interese.

O feito de contar en Ga-licia cun circuíto deseña-do especificamente para a utilización da bicicleta de montaña é froito da apos-ta do Goberno galego por desenvolver o turismo

O Bosque Máxico entrega os seus premios4 Nun acto o 17 de xaneiro en Bande.

sostible e por incentivar a práctica deportiva como un novo xeito de coñecer o destino.

Así mesmo, a direc-tora xeral de Turismo, Nava Castro, incidiu na interesante variedade de atractivos turísticos da co-marca e destacou que nos primeiros once meses do pasado ano a provincia de Ourense albergou máis de �43 mil viaxeiros, os cales realizaron máis de 465 mil pernoitas. “Contribuír a incrementar estas cifras e complementar a magnífica

Premios aos mellores pinchosRedacción

Os concellos de Cela-nova, Bande e Verea en-tregaron premios e diplo-mas aos participantes no “I Concurso de pinchos da miña terra”, organiza-do polo obradoiro de em-prego “San Rosendo. Se-gue o camiño...” durante as festas de Nadal.

Ao acto de entrega de galardóns, celebrado no Auditorio Ilduara o día 10, acudiron os alcaldes dos tres municipios, así como os 3� establecementos de restauración de Celanova e Bande que particparon nesta iniciativa.

Segundo os votos rexistrados, o premio para o pincho gañador recaeu no elaborado polo local “Administración”, mentres que o segundo e o terceiro premio foron parar para as creacións presentadas por “Corner” e “CasAberta”, respecti-vamente.

O delegado da Xunta, a directora xeral de Turismo, o pre-sidente da Deputación, e a conselleira de Medio Ambiente participaron na inauguración do centro BTT./RAMSÉS.

oferta paisaxística e natu-ral con actividades que per-mitan o desfrute da mesma en conexión coa natureza é

o obxectivo deste Centro BTT, que enriquece máis se cabe a experiencia turística nesta comarca”, concluíu.

Inaugurado o Centro BTT Serra do Xurés, en Muíños4 É o terceiro centro de bicicletas todo terreo de Galicia.

4 Rutas e servizos

O Centro BTT Serra do Xurés ofrece un total de seis rutas de diferen-tes niveis de dificultade, cinco delas polo conce-llo de Muíños e a sexta compartida co concello de Lobios, que poñen a disposición dos usua-rios un total de 133 qui-lómetros.

O centro facilita in-formación completa e detallada sobre as rutas e ofrece servizos como o alugueiro de bicicle-tas, vestiario e ducha, información puntual sobre os percorridos que se poden realizar ou datos sobre os niveis de dificultade das rutas, información turística e outras actividades de-portivas.

Redacción

A Asociación O Vieiro Leboreiro organiza a III Exposición Cultural O Bosque Máxico das Te-rras de Celanova e Baixa Limia. O acto terá lugar o sábado 17 de xaneiro, a partir das 19 horas, no Centro de Interpretación Aquae Querquennae de Portoquintela, de Bande.

O grupo de desen-volvemento rural que aglutina a concellos e entidades destas dúas comarcas ourensás pre-sentará neste evento unha pequena mostra da capacidade artística das Terras de Celanova e a Baixa Limia.

Así, ademais de darse a coñecer os gañado-

res da terceira edición do concurso fotográfico e de debuxo O Bosque Máxi-co, os asistentes poderán contemplar unha mostra de cestaría, escultura e pintura, así como numero-sas actuacións. Participa-rán a Banda de Lobios, o grupo folck-rock Merilin Non Roe da Baixa Limia, o mago Juan A. González Ballester, a coral de Poulo de Gomesende, e o grupo Rebulir de Ramirás. Ase-made, proxectarase a web-serie “O quid”, do director celanovés Bruno Nieto.

Na gala haberá actuacións de grupos das Terras de Celanova e Baixa Limia

Page 15: 15 de xaneiro - Barrios

BARRIOSXaneiro de �015

15

Aprobados os estatutos do Consorcio Provincial contra Incendios

A Deputación de Ourense aprobou provisionalmente os estatutos do Consorcio provin-cial para a prestación do servizo contra incendios e salvamento. No acto participaron os depu-tados provinciais e o director xeral de Emerxencias e Interior da Xunta, Luis Menor.

O obxecto do consorcio é a execución das competencias do servizo público de preven-ción, extinción de incendios e salvamento que se lles atribúen na lexislación vixente aos entes consorciados, mediante a xes-tión e coordinación, e no seu caso a creación, dunha rede de parques que garanta a presta-ción homoxénea do servizo.

Entre os fins do consorcio estará a colaboración cos ser-vizos municipais de protec-ción civil dos concellos para o salvamento de persoas e bens; a prevención e extinción de incendios; a prevención e ac-tuación ante calquera tipo de sinistro ou situación de risco; e o asesoramento e asisten-cia, formación e información en materia de seguridade, que afecten a persoas, edificacións e instalacións; así como o fo-mento da autoprotección.

Paso decisivoEn opinión do presidente da

Deputación de Ourense, Ma-nuel Baltar, este é “un paso decisivo para a constitución do dito consorcio provincial, pois unha das medidas do Plan Ourense 9� era xestionar con máis axilidade os temas de emerxencias, e todas as ac-tuacións levadas a cabo neste senso nos últimos meses foron enfocadas con ese fin: unificar os consorcios comarcais, fa-cendo un modelo único a nivel provincial, o que levou a que Xunta a Deputación de Ouren-se intensificaran os contactos para redactar os estatutos do consorcio provincial”. O presi-dente destacou que de seguido comezarán os trámites para que “no primeiro trimestre de �015 o Consorcio Provincial de In-cendios sexa unha realidade, acadando así o Plan Ourense 9� a materialización dunha das súas medidas máis ambicio-sas”.

O ámbito de actuación do consorcio será toda a provincia de Ourense.

Manuel Baltar: “A Deputación de Ourense está na vangarda dos gobernos provinciais de España”

“A Deputación de Ourense está á vangarda dos gobernos provinciais de España, tanto no que se refire a temas administra-tivos como institucionais, pois lideramos iniciativas nos ámbi-tos da transparencia, o Medio Ambiente, a participación cida-dá, a cooperación cos concellos e mesmo a xestión económica, mellorando, a pesares da crise, os indicadores económicos”. Así resumiu o presidente da Deputa-ción de Ourense, Manuel Baltar, o balance anual da súa xestión á fronte do goberno provincial en �014, nun almorzo cos medios de comunicación.

Manuel Baltar destacou que en �014 a Deputación de Ourense foi quen de aprobar normativas pioneiras como o primeiro Código Ético dun go-berno provincial ou a primeira Ordenanza de Transparencia dunha deputación, así como de planificar importantes proxec-tos nos ámbitos do Medio Am-biente, a participación cidadá e a cooperación cos concellos. Entre estes citou a Axencia Pro-vincial da Enerxía e do Medio Ambiente, o Plan Particip@ -para a concienciación de boas prácticas medioambientais-, o Plan Transforma Ourense –para impulsar o emprendemento e a actividade empresarial-, o Plan BenOurense de Servizos sociais ou mesmo a aprobación dos es-tatutos do Consorcio Provincial contra Incendios.

“Os plans ‘Transforma Ouren-se’ e ‘BenOurense’, a Axencia da Enerxía, o Consorcio Provin-cial de Incendios ou o impulso da candidatura para que a Ri-beira Sacra sexa Patrimonio da Humanidade son bos exemplos de iniciativas que defenden unha visión integral da provincia, porque a Deputación representa a todos os ourensáns”, afirmou Manuel Baltar.

No que se refire ao Plan ‘Transforma Ourense’, Baltar explicou que a alianza estratéxi-ca da Deputación de Ourense co Ministerio de Industria, a través da Escola de Organización In-dustrial, “suporá en �015, entre outras iniciativas, investir máis dun millón de euros na provincia de Ourense en actividades desti-nada ao emprendemento xuve-nil”, e valorou moi positivamen-te os proxectos de-senvolvidos nos ámbitos empresarial e de emprendemento como o Rede-

pyme e os plans estratéxicos de parques empresariais e as inicia-tivas realizadas co Incyde, á Cá-mara de Comercio e a CEO.

Tamén se referiu Baltar a aposta “firme e decidida” da Deputación de Ourense polo Termalismo, que supuxo a pos-ta en marcha, en colaboración coa Xunta de Galicia, do Plan ‘Ourense, a provincia termal’, ao que hai que engadir a sinatura do convenio para a súa execu-ción e constitución do Consello Termal, “uns pasos que teñen como meta converter a Ourense na provincia termal de referencia en España, pois contamos coa estratexia axeitada, coa implica-ción de todas as administracións e coa participación privada e da universidade. É un proxecto ao

que todos os ourensáns se teñen que sumar”.

Xestión económicaNo que atinxe á xestión eco-

nómica, Manuel Baltar destacou a importante redución da débe-da que experimentou a Depu-tación de Ourense en �014 e o incremento de investimentos, así como o feito de que por primeira vez na historia se aprobasen os orzamentos do ano seguinte no mes de outubro. Ademais, su-bliñou como prioridade o desen-volvemento de 1� programas de cooperación cos concellos, e a recuperación da facenda provin-cial, que permitiu retornar ao ac-cionariado de Meisa, a Expouren-se, ao Consorcio dos Peares, sen esquecer a posta en marcha do

Plan estratéxico de Subvencións, que ten como obxectivo garantir no ámbito da cooperación cos concellos un nivel mínimo de investimentos en infraestruturas de titularidade municipal.

Debate sobre a provinciaTamén destacou Manuel Bal-

tar que en este �014 a Deputa-ción de Ourense foi a primeira en celebrar un debate sobre o es-tado da provincia e en organizar a primeira Conferencia de Presi-dente de Gobernos Provinciais, dúas iniciativas que serviron para poñer en valor a importan-cia da provincia, como tamén o foi a exposición organizada para conmemorar os 180 anos das provincias e a xornada de portas abertas no Pazo Provincial.

Manuel Baltar fixo balance anual da súa xestión á fronte do goberno provincial en 2014 nun almorzo cos medios de comunicación celebrado en Ourense. /ALBERTE PAZ.

especial DEPUTACIÓN

Máis cooperación cos concellosMoitas destas iniciativas converteron á institu-

ción provincial ourensá nun referente de xestión para outros gobernos provinciais intermedios e algúns proxectos, como o da Axencia Provincial da Enerxía e do Medio Ambiente, mesmo conci-taron o interese de Bruxelas, onde Manuel Baltar foi convidado a participar no Comité das Rexións para explicar o futuro modelo enerxético que pre-vé aplicar para reducir custos e mellorar a xestión e a eficacia enerxética dos concellos da provincia de Ourense. “A Deputación traballa por todos os cidadáns da nosa provincia, e por eles desenvol-vemos unha folla de ruta, o Plan Ourense 9�, para mellorar a eficacia e a eficiencia na xestión polo ben, precisamente, das veciñas e veciñas que re-siden en cada un dos municipios da provincia de Ourense”.

O presidente do goberno provincial dixo que dentro desa “visión integral de provincial” “a co-operación cos municipios é a norma básica da De-putación, porque ese é o xeito de facer máis pro-

vincia”. Neste senso, explicou que este ano que remata a Deputación de Ourense puxo en marcha un dispositivo para que a interconexión co cidadán sexa unha realidade, “a través dunha APP móbil que permite a calquera usuario estar en permanente conexión coa Deputación”.

Esas medidas acompañáronse coa sinatura dos correspondentes convenios coas universidades de Vigo e coa UNED e de máis investimentos para te-leasistencia e atención no fogar, xunto con axudas para programas dirixidos á infancia e mocidade e foros que analizaron temas como o da reactivación demográfica. “Actuamos en todos os concellos da provincia axudando en infraestruturas, en temas culturais e deportivos e sendo un referente no que a xestión delegada de servizos municipais se refire como a recollida de lixo ou a xestión e recadación de tributos de carácter local”, explicou Manuel Baltar, quen lembrou que a Deputación foi pioneira tamén na retransmisión en directo a través de Inter-net dos plenos ou das mesas de contratación.

Page 16: 15 de xaneiro - Barrios

16 BARRIOSXaneiro de �014

A pista de xeo do centro comercial Ponte Vella permanecerá aberta ata o día 25./P. L.

Redacción

Un total de �4 centros educativos da provincia recibirán as axudas da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para incen-tivar o funcionamento de Clubs de Lectura no seo da súa biblioteca escolar.

En total, Educación

destina en toda Galicia �00.000 euros ao impulso destes grupos de dinami-zación da lectura, o que supón un incremento do �1,�% respecto do curso anterior.

As contías que reciban os centros dedicaranse, fundamentalmente, á ad-quisición de libros para as actividades do club, que

24 colexios reciben axudas para clubs de lectura4 Entre eles, centros de Alla-riz, Celanova, Verín e Xinzo.

OURENSE PROVINCIA

As rebaixas de Ponte Vella Centro Comercial e Ocio fixeron a súa gran aparición o pasado 7 de xaneiro, aínda que días antes xa se podían ver importantes descontos en moitos comercios atraen-do a moito público nos primeiros días do ano e convertendo ao centro comercial de Ourense no primeiro destino á hora de realizar compras de moda, accesorios, deporte, fogar ou electrodomésticos.

Párking gratuítoUnha das vantaxes para

acudir a este centro co-mercial é o aparcamento gratuíto polas mañás -de 7 a 1� horas-.

Despois das 1� horas os clientes teñen dúas ho-ras extra de párking gratis se presentan, no Punto

de Información en Planta Baixa, os seus tickets de compra ou consumición de calquera establecemen-to do recinto comercial, por importes superiores a 15 euros, ou ben tres ho-ras gratis se os clientes presentan a súa entrada de cinema correspondente ao día en curso.

Os clientes que o dese-xen tamén poden realizar un abono mensual por 40 euros, podendo aparcar to-dos os días até as 16 horas, de luns a venres.

Pista de xeo ata o 25Doutra banda, un dos

principais atractivos de Ponte Vella no pasado Nadal, a súa pista de xeo, estará aberta na terraza do centro comercial ata o domingo �5 de xaneiro. Ofértase unha promoción

especial os luns, martes e mércores: achegándote á pista de xeo cun ticket, ou suma de tickets, de calquera establecemento de Ponte Vella igual ou superior a 15 euros de compra terás un 50% de desconto ese mesmo día.

A entrada xeral costa 6 euros por 45 minutos, 10 euros por tempo ilimita-do e �,5 euros para gru-pos e colexios.

A instalación permane-ce aberta de luns a xoves de 17 a �0 horas, os ven-res de 17 a 00:30 horas, sábados de 1� a 00:30 horas e domingos de 1� a �0 horas.

Rebaixas en Ponte Vella

A Mostra da Oportunidade, plataforma de liquidación de stocks para o comercio

A Mostra da Oportuni-dade chega a súa ��ª edi-ción ofrecendo os mello-res prezos e vantaxes en milleiros de artigos que converterán a Expouren-se, entre o venres 30 de xaneiro e o domingo 1 de febreiro, nun gran centro comercial. Esta cita servirá de dinamiza-ción para unha provincia na que o comercio é un dos principais motores económicos e sociais. A Mostra contribuirá para dinamizar as vendas e para captar novos clien-tes fóra da súa área ha-bitual.

Os expositores ofrece-rán os prezos máis com-petitivos nunha ducia de sectores: téxtil (moda, calzado, pel, bixutería e complementos), fogar (mobles, decoración ou menaxe), alimentación, estética, etc..

Expourense, en cola-boración co asociacio-nismo, puxo en marcha unha acción que favore-ceu a participación agru-pada das empresas. A Mostra da Oportunida-de, feira decana destas características en Gali-cia, contará coa partici-pación dos centros co-merciais da provincia de Ourense que viron nesta cita unha excelente oca-sión para a liquidación dos seus stocks e para dinamizar as rebaixas de inverno. Os esta-blecementos asociados contarán cun espazo en feira para ofrecer os seus produtos (téxtil, decora-ción, alimentación, etc.)

a prezos vantaxosos para os milleiros de visitantes que agarda recibir a Mos-tra da Oportunidade.

Por outra parte, o públi-co que acoda á Mostra terá a opción de, nunha mesma visita, con comodidade e sen apenas desprazarse, elixir entre moitas propos-tas de produtos a prezos especiais e, ademais, ato-par artigos que non sempre están presentes nas canles habituais de venda.

Amplo horarioPara facer máis cómo-

da a visita, o salón conta cun amplo horario que vai dende as once da mañá ás nove da noite, é dicir, dez horas ininterrompidas os tres días de feira. A Mostra ofrece ademais un amplo aparcamento gratuíto e un área de lecer infantil desti-nada a gozar dunha xorna-da de compras en familia. O prezo da entrada será dun euro.

Produtos dun dos stands da Mostra da Oportunidade na edición do ano pasado./S.P.O centro comercial

ourensán oferta párking gratuíto polas mañás

pasarán posteriormente aos fondos da biblioteca escolar. Entre os centros da provincia selecciona-dos están o instituto de Allariz, o Celso Emilio Ferreiro de Celanova, o San Mamede de Maceda, o Castro de Baronceli de Verín, e os institutos Ci-dade de Antioquía e La-goa de Antela de Xinzo de Limia.

Para valorar os proxec-tos presentados, a Con-sellería prestou especial atención a aquelas ini-ciativas destinadas a im-pulsar a lectura de textos en lingua galega e que procuren contribuír a un maior vínculo das mozas e mozos coa nosa lingua e literatura propias.

Page 17: 15 de xaneiro - Barrios

BARRIOSXaneiro de �015

17DEPORTES

Redacción

O corredor macedán Pa-blo Rodríguez Guede, do equipo MMR Bikes Prol Team, fixo realidade iso de ser profeta na súa terra ao

proclamarse vencedor do Campionato de Galicia de Ciclocros que se celebrou en Maceda este Nadal.

Rodríguez Guede dispu-tou unha emocionante ca-rreira, entrando na meta só

11 segundos antes do se-gundo clasificado, Adrián Valverde (do Rías Baixas CC).

Terceiro foi Raúl Fer-nández (CC O Rosal) e cuarto o cliclista local Saúl López (Club Ciclista Maceda - Actyon- Acade-mia Postal) que entraba en meta co mesmo tempo que o segundo clasificado.

Estes catro corredores mantiveron en toda a ca-rreira unha dura pugna por facerse co campionato facendo gozar ao numero-sísimo público que se deu cita no xa clasico Circuíto do Castelo de Maceda.

Categoría femininaLucía Vázquez (Vicma

Bike Team) foi a gañadora en categoría feminina, ao cruzar a meta cunha gran vantaxe sobre a segunda clasificada, a corredora de Spol, Chus Barros. Tercei-ra foi a ciclista do Cambre Caeiro Lorena Senín.

No resto de categorías as vitorias foron para Mauro González (Salvaterra de Miño CC) en elite; Brais Sendín (EC Redondela) en júniors; Desirée Duarte (Interdesign-Xarao) en fé-minas júnior; Iván Feijóo (CC Maceda -Academia Postal) en cadetes; Sara Trigo (Salvaterra CC ) en féminas cadete; Alejan-dro Mesías (Quintena) en máster 30; Juan José Sa-borido (Compostelán CC) en máster 40; e Antonio González (Salvaterra CC ) en máster 50.

Ciclistas locaisEn canto á participa-

cion local destacou a gran vitoria de Iván Feijóo en categoría cadete, co seu

compañeiro de equipo Abel Franco como tercei-ro clasificado.

En féminas júnior men-ción especial merece o terceiro posto de Xiana Conde. E nas carreiras dos infantís destacou a vitoria do corredor do Maceda Carlos Canle, e o segundo e terceiro posto de Antía Martínez e No-ela Saa.

Éxito de Pablo Rodríguez Guede no Campionato Galego de Ciclocross4 A proba disputouse en Maceda, cunha gran actuación de todos os ciclistas locais.

José Antonio HermidaHai que destacar tamén a

presenza na proba de José Antonio Hermida (Mérida Multiván), que participaba por invitación, e que aínda que non optaba ao título fíxose coa “vitoria” desta carreira, competindo dian-te do seu público, nunha carreira organizada pola súa escola de ciclismo, e no pobo dos seus pais.

O segundo clasificado foi Adrián Valverde (Rías Baixas CC), que cruzou a meta só 11 segundos despois que Rodríguez

O ciclista ourensán Pablo Rodríguez durante a súa emocionante carreira.

José Antonio Hermida participou neste campionato como convidado, e logrou o aplauso do numeroso público.

Saúl López, bronce en PorriñoO ourensán Saúl López (do BTT Maceda) subíu ao podio, por primeira vez na tempa-

da, o pasado �1 de decembro ao lograr a terceira posición na categoría sub �3 (e a cuarta na xeral) do 36º Trofeo de Ciclocross de Porriño. O seu compañeiro Raúl González foi décimo primeiro.

Pola súa banda, Iván Feijoo sumou unha vitoria máis en cadetes, vencendo con auto-ridade; mentres que o seu compañeiro de categoría Abel Franco foi oitavo.

Tamén destacaron os resultados de Antía Martínez e Noela Saa, primeira e segunda, respectivamente, en categoría infantil.

Saúl López logrou en Porriño o seu primeiro podio da tempada en sub 23.

O EDC Verín Atletismo na RúaDurante o Nadal os integrantes do EDC Verín Atletismo non pararon de competir.

Trasladáronse ata A Rúa para participar na Carreira Solidaria de Nadal. A proba foi encamiñada de cara a preparar o Campionato Galego Federado de Cross, o Campionato Provincial de Cross Escolar e o Galego de Pista Cuberta, que terán lugar durante os meses de xaneiro e febreiro.

O atletas verineses lograron imporse en cinco categorías: benxamín feminino, alevín masculino, alevín feminino, infantil feminino e cadete masculino.

Todos os deportistas do club que participaron nesta carreira lograron medalla, ademais de colaborar, aportando cada un deles un quilogramo de alimentos non perecedoiros.

Saúl López logrou en Porriño o seu primeiro podio da tempada en sub 23.

Page 18: 15 de xaneiro - Barrios

18 BARRIOSXaneiro de �014

DEPORTES

Redacción

O piloto verinés José Benito Diéguez realizou unha gran actuación nos �00 km de Braga rema-tando na segunda posición final. O proba, Fórmula Ford, disputouse no circui-to Vasco Sameiro da citada cidade portuguesa.

A pesar de ser a estrea do piloto na competición automovilística comple-tou con éxito o seu debut a bordo do monopraza.

A Fórmula Ford presen-tábase coma unha proba de cara á preparación da tempada �015. Tanto a duración da proba como os monoprazas utilizados (simples e sen axudas) foron un reto para as ha-bilidades de conducción e preparación física dos

pilotos.O día comezana cun-

ha pista xeada á que José Benito tiña que adaptarse xunto ao seu coche, o cal non había utilizado ante-riormente. Na clasifica-ción lograba o segundo posto na parilla de cara á primeira das tres carreiras que constaba o meeting.

Na primeira carreira, e tras perder algo de terreo, logrou recurtar pouco a pouco ata alcanzar á ca-beza de carreira, posición que non abandonaría ata o final nun apretado sprint.

Na segunda das carreiras o ourensán partía desde a pole position, pero cedería dúas posicións ata o tercei-ro lugar, posición na que remataría.

Na última das carreiras, e partindo desde a terceira

posición, acabaría segun-do tras unha caótica saída. Dita posición defenderíaa ata a metade da proba ce-dendo finalmente un posto, polo que sería terceiro na meta.

Con estes resultados, José Benito Diéguez, re-matou segundo na clasifi-cación xeneral realizando unha gran competición.

ParticipaciónTralo gran papel nos �00

km, Diéguez pretende par-ticipar no Campionato Na-cional de Fórmula Ford de Portugal.

Gran actuación de Benito Diéguez nos 200 km de Braga4 O piloto verinés finalizou na segunda posi-ción da proba de Fórmula Ford.

A pesar de ser a estrea do piloto nesta competición logrou rematar 2º

Participantes dos 20 km de Braga de Fótmula Ford.

Redacción

O Verín CF marcha con paso firme no grupo sur da Rexional Preferente. Os da comarca de Mon-terreir ocupan a terceira posición na táboa con 35 puntos, tan só superados polo líder, Portonovo (41 puntos) e o segundo, o Barco (36).

Os homes de Iván González realizaron unha primeira volta moi digna que os leva a soñar con cotas altas. Actualmente ocupan a terceira posi-ción, que de continuar así, os levaría a xogar a promoción de ascenso á Terceira División.

Falta unha segunda volta completa, pero o realizado ata agora invi-ta ao optimismo. Nos 19

O Verín, firme na Preferente4 O equipo marcha terceiro no grupo sur.

primeiros partidos, o Verín acadou nove vitorias, oito empates e soamente dúas derrotas.

Outras ligasEn canto á Primeira

Rexional lidera a clasifica-ción o Barbadás B, na que o Bande é sexto con �8 puntos. O Allariz é sétimo con �6. Na parte baixa o Celanova ocupa a 14ª po-

sición con �1 puntos e o Antela a 16ª con 17.

No grupo 10 da Segunda Rexional o podio está co-pado pola Merca (38 pun-tos), Paderne (34 puntos) e Muíños (��); primeiro, segundo e terceiro, respec-tivamente.

Na Terceira Rexional, grupo 1�, A Bola é cuarto con �1 puntos e o Allariz e quinto con �0.

Momento do partido entre o Verín e o Céltiga./VERÍN CF

Redacción

O Verín Fútbol Sala caeu derrotado en Re-dondela, o que o deixa na oitava posición da Liga Galega Sur. Contra o conxunto pontevedrés

O Verín FS cae ante o Redondela4 Ocupa a oitava posición na Liga Galega Sur.

os ourensáns perderon por tres goles a un, na que foi a última xornada -a núme-ro 15- da primeira volta.

Nesta primeira metade de competición o Verín FS logrou seis vitorias, dous empates e seis derro-

tas; sumando un total de �0 puntos, con 53 goles a favor e 44 en contra.

Segunda voltaOs verineses comezan

a segunda volta nas Ne-ves, onde se enfrontarán ao Garciaaraujo.com/Bar Praza, que é undécimo con 18 puntos, tan só dous por debaixo do Ve-rín.

O outro conxunto ouren-sán, o Sala Ourense/Prol Sport é o líder da compe-tición na Galega Sur.

Page 19: 15 de xaneiro - Barrios

BARRIOSXaneiro de �015

19PUBLICIDADE

Page 20: 15 de xaneiro - Barrios

�0 BARRIOSXaneiro de �014

OCIO E CULTURA

Cartel do Entroido 2015, obra de Katharina Ojea.

P. Lodeiro

O sábado �4 de xaneiro arrinca o que está consi-derado un dos ciclos máis longos do Entroido gale-go: o de Xinzo. Á espera de que a semana próxima o Concello de Xinzo faga a presentación oficial da programación, non se agardan grandes cam-bios nun programa no que prima a festa na rúa e o mantemento das citas tradicionais.

Así, abrirá a festa o sá-bado do petardazo (�4), véspera do domingo fa-releiro (�5 de xaneiro); a seguinte fin de sema-na producirase o colga-mento do meco (sábado 31) e racharanse as olas no domingo oleiro (1 de febreiro). O sábado de mulleres (7 de febreiro) precederá o domingo corredoiro, cando a me-diodía sairán as pantallas a correr polas rúas prin-cipais de Xinzo.

Finalmente, a fin de se-mana grande de Entroido comprende do venres 13 ao martes 17 de febreiro, rematando os festexos coenterro da sardiña o mércores de cinza (día 18) e co domingo de pi-ñata (día ��).

O que si se coñece xa é o cartel que anunciará

o carnaval limiao de �015. O traballo presentado co nome “A cor do Entroi-do” pola moza celanove-sa Katharina Ojea Cid foi o gañador no concurso convocado polo Concello, elixido polo voto do xura-do popular máis un xurado profesional.

Museo do EntroidoEn canto á tan agardada

inauguración do Museo do Entroido, a intención do Goberno local de Xin-zo é “abrilo canto antes”, expresaba o concelleiro de Cultura, Carlos Gómez, quen non quixo adiantar ningunha data. Esta do-tación, que se empezou a construír en 1997, estivo sen orzamento para rema-tala ata �01� , cando re-cibiu unha subvención da Deputación, e �013, cando a Consellería de Cultura dotou unha nova partida, parte da cal se perdeu por non rematar os traballos a tempo . “Houbo que facer obra civil e a musealiza-ción”, puntualizou o edil, “polo que non é cuestión de que nos vaiamos preci-pitar en abrilo”.

Ambiente de entroido en Xinzo4 A festa comeza o 24 de xaneiro co petardazo.

EN BREVE

O felo, figura do entroido macedán./ARQUIVO.

4 Maceda celebra a declaración de interese turístico do seu entroido

O Concello de Ma-ceda e a Asociación de Felos da Corga da Serra celebraron cunha cea o pasado 3 de xaneiro a declaración de Festa de interese turístico gale-go para o entroido deste municipio.

Esta foi a primeira saí-da do ano dos felos coas chocas e carautas. Volta-rán facelo para celebrar a noite dos compadres o 6 de febreiro e tamén o sá-bado de entroido, 14 de febreiro, cun percorrido polas aldeas da serra de San Mamede.

4 Ao xoves de comadres en autobús

Viaxes Piña e Viajes Auria, en colaboración con Anpián, achégate ao xoves de comadres de Verín.

O día 1� de febreiro realizarán viaxes de ida e volta, por un custo to-tal de 10 euros, dende Ourense e Maceda para todos os que queiran ir gozar do entroido á capi-tal de Monterrei esa fes-tiva noite.

Dende a cidade das Burgas terán lugar dúas saídas, ás �0 e �� horas; e dende Maceda efectua-rase unha ás ��.30 dende o Bar Castillo.

En ambos casos habe-rá viaxe de volta dende Verín ás 6 da mañá do venres.

Os interesados en par-ticipar nestas viaxes de-ben realizar reserva an-ticipada en Viaxes Piña (988 �5 33 59) ou Viajes Auria (988 �4 10 13).

Redacción

A presentación dos carteis oficias do En-troido de Verín para esta edición �015 é un dos primeiros sinais de que a maior festa de Monterrei está cada vez máis preto.

A finais de decembro xa se deron a coñecer as creacións gañadoras, tanto para representar a festividade en xeral como para ser a imaxe do desfile infantil.

No concurso para se-leccionar o cartel oficial das festas votaron un total de 1�6 veciños que puideron escoller tres dos carteis participantes. Con posterioridade, o xurado cualificador so-meteu a todos os carteis á súa valoración.

Ambos xurados coinci-diron nas súas votacións, xa que o cartel que máis apoios sumou foi “Entre todos. Construimos o Entroido”, de Olalla Dié-guez Boo, que xa con-seguira este premio nos anos �006 e �009.

Pola súa banda, o CEIP de Medeiros deseña, por primeira vez, o cartel oficial que representará o ‘Desfile Infantil’ do Entroido �015, que per-

correrá durante a mañá do xoves de comadres (1� de febreiro) as rúas e prazas de Verín.

Nesta edición, os repre-sentantes dos centros edu-cativos que participan en devandito desfile decidi-ron por unanimidade que o deseño debía ser realizado polo colexio que abrirá o mesmo.

Tras elaborar o CEIP de Medeiros dez carteis, representantes dos CEIPs Princesa de España, Cas-trelo do Val, Rodolfo Núñez de Vilardevós, Me-deiros, Augusto Assia da Mezquita, Colexio Rural Agrupado Monterrei e o Colexio María Inmaculada seleccionaron o cartel, que foi a creación dunha alum-na de 3º de Primaria.

O centro recibirá un vale de 300 euros para material deportivo e escolar, a ad-quirir en establecementos do Concello de Verín.

Participación de com-parsas e carrozas

Ademais, as comparsas e carrozas interesadas en participar nos desfiles do domingo e martes de En-troido deben apuntarse, ata o 5 de febreiro, na Oficina de Información Turística e Sala de Exposicións de

Verín (de luns a sábado, das 10 ás 14 e das 17 ás 19.30 horas).

Os datos que deben facilitar á hora da inscri-ción son: nome da persoa que inscribe, teléfono, se é carroza ou comparsa, número de compoñen-tes e se levan música ou non.

Programa O entroido de Verín,

un dos máis recoñecidos da provincia, contará con numerosos días de festa. Ademais da celebración central –do 13 ao 18 de febreiro-, a capital de Monterrei ten preparados un gran xoves de compa-dres (o día 5) e outro de comadres (o día 1�).

Así mesmo, como to-dos os anos, os cigarróns serán protagonistas. De feito, a súa primeira saída do ano coincidirá coa celebración do San Antón (os días 17 e 18 de xaneiro); e voltarán a percorrer as rúas da vila o domingo corredoiro, 8 de febreiro.

Verín quenta motores para o carnaval4 No San Antón os cigarróns sairán por pri-meira vez no ano polas rúas da vila.

As comparsas e carrozas poden inscribirse xa na Oficina de Turismo

Concelleiro de Festexos e alcalde de Verín presentaron os carteis do Entroido, coa representante do CEIP de Medeiros e a autora do cartel oficial./CdV.

A festa durará en Xinzo cinco semanas, ata o 22 de febreiro

Page 21: 15 de xaneiro - Barrios

BARRIOSXaneiro de �015

�1PUBLICIDADE

Page 22: 15 de xaneiro - Barrios

�� BARRIOSXaneiro de �014

4DESDE A PONTE... A MONTERREI

Sons de entroido

A noite queda xélida en Monterrei, mais o paseiño nocturno é sagrado para min. O barrio descansa solitario, só eu e malia né-voa, que, revoltosa, envol-ve os farois de luz amarela do casco vello, deambu-lamos xuntos, rachando o misterioso silencio, coas pisadas na pedra, paseni-ño, ollando a fermosa es-tampa desta vila bendita, que me atrapa.

Os recunchos de cando era rapaz voltan ao maxín, e alí seguen inmutables, os portóns de madeira, os escudos heráldicos das fachadas, os tellados cos canalóns de latón, aliados dos mozos, intrépidos es-caladores, nos entroidos de antano. E as fiestras coas contras, que agochan o meigallo dunha herdan-za única.

Seguen alí os fogares, as paredes e muros so-brios, que resisten en pé o golpe dos séculos.

Só fallan eles, aqueles homes e mulleres do meu querido barrio, aquelas persoas boas que lembro

sempre ao carón de nós, cativos indomables. As rúas mestúranse en encru-cilladas con buscadores de amor e nostalxia. Maria-no Carrero, rúa da Cruz, rúa do Pozo, ese laberinto fermoso onde medramos ceibes.

Aínda co maxín ocupa-do coas lembranzas, de súpeto, ao lonxe xorde na intensidade da noite o son máxico, que me esperta do meu soño e me pón de novo no chan. Eran eles, os valentes, os do corazón quente, os homes das cho-cas, que na punta dos pés levitan polas pedras, con carreira elegante e altiva, pondo a punto a maquina-ria, no preludio do entroi-do máis enxebre.

O cigarrón xorde das pedras en Monterrei e por elas seguirá buscando o seu camiño por sempre.

Sigo coa miña marcha lixeiro, ao compás do son afinado dos chocos, ese son de aquí, xenuino, que se mete ata o fondo dos sentidos, facendo que salte a muxica do calafrío, que

4AXENDA

Exposicións- Ata o 30 de xaneiro -

Rodeira Monocolor- Sala de Esxposicións de Verín

- Ata o 30 de xaneiro - �5 olhares da Lumbudus - Casa da Cultura de Allariz

Teatro- 17 de xaneiro - Unha

rosa é unha rosa - 19.30 h - Casa da Cultura de Xinzo

Feiras e festas- Do 16 ao 18 de xaneiro

- I Feira da Cervexa - Pra-za Maior de Xinzo de Li-mia

- 17 de xaneiro - Festa do Chourizo - Verín

- 18 de xaneiro - Feira en Ramirás e Cartelle

- 19 de xaneiro - Feira en Cualedro

- �0 de xaneiro - Feira en Maceda

- �3 de xaneiro - Feira en Verín e Rairiz de Veiga

- �4 de xaneiro - Feira en Xunqueira de Ambía

- �4 e �5 de xaneiro - Petardazo inaugural do entroido e Domingo Fare-

OCIO E CULTURA / ARTIGOS

Salmos 48:14. “Este é Deus, por sempre xa-mais. El guiaranos ata a morte”.

Xinzo da Limia go-bérnase desde sempre coa dereita española máis reaccionaria. No noso ADN vai o xugo e as frechas das que saíu o PP.

Só houbo unha al-ternativa de esquerda na lexislatura 1999-03 laminada pola mesma raizame, hoxe alcalde popular do Concello de Baltar; mais este breve período si que funciona como vergoñenta oco-rrencia de todo o mal da Limia.

O novo alcalde, no grupo de goberno desde �007, é unha penumbra nesta noite desposada por Isaac Vila fai 40 anos. Dúas sombras da cova onde xa fai tempo

4TRIBUNA ABERTA

Xinzo 2015. Vítima e cómplice dos de sempre

que, citando á xornalista Mar Gil, se extinguiron os políticos perseguidores de utopías como o ben co-mún ou o benestar da veci-ñanza. A de agora agocha moitas virtudes do antigo réxime: mentira, tráfico de influencias, ou como din xuíces e a Avogacía do Es-tado “a groseira e sistemá-tica desviación do poder”. Tamén medo a non andar de ben cos do PP, cordiais e impunes.

Xinzo xa é incapaz de metabolizar tal morea de xurro e corrupción e, sen outra saída que afundir-se, fai décadas que optou por ser antimodelo. E para mostra, o escándalo ur-banístico do hiper Gadis levantado fóra do ordena-mento na principal avenida e a pesar das advertencias tanto da oposición como da Xunta de Galiza.

Non hai planificación

O San Antón ollará as fogatas da fraternidade

4HISTORIAS DE MONTERREI

Se o can non ladrou é porque era da casa

Nun relato de Arthur Conan Doyle, titulado “Estrela de Prata”, o fa-moso detective Sherlock Holmes intenta resolver a misteriosa desaparición dun cabalo de carreiras e o asasinato do seu ades-trador. A chave pola que termina resolvendo o caso terminará sendo algo que non pasou: o can que esta-ba no establo non ladrou, polo tanto o asasino era “da casa”.

Baseándome nesta sa-bia dedución de Holmes, e debido ao que pasou e está a pasar no Castelo de Monterrei e de sobra co-ñecido, quixera verter nes-te artigo unhas pinceladas sobre dous feitos que non pasaron e que, sen dúbi-da, teñen moito que ver co que está a acontecer no noso castelo.

O primeiro acontece-mento, ademais, é un cla-ro exemplo de despilfarra-mento das arcas públicas e en especial das axudas da Unión Europea. O �5 de agosto do �011 for-

malizábase a adxudicación mediante tramitación ordi-naria negociada sen publi-cidade da elaboración dun plan director para a for-taleza de Monterrei. Este plan director tería que ter marcado as pautas a seguir nos próximos anos con res-pecto o noso castelo. Pero a pesar dos 57.000 euros que se gastaron na súa ela-boración, o plan director xamais se fixo público e os seus obxectivos quedaron enterrados nalgún arquivo da Xunta de Galicia.

O segundo acontecemen-to que nunca aconteceu, e é dobremente doloroso para a nosa comarca, pois de ocorrer non só se houbese evitado a desfeita patrimo-nial que está a acontecer en Monterrei, senón que, ademais, agora mesmo Ve-rín contaría cun balneario que daría valor ás augas da nosa comarca.

Estou a falar do Bal-neario de Caldeliñas e da noticia que tamén en �011 (curioso, verdade?) propa-gou a bombo e platillo o

Concello de Verín. Nestas novas das que se fixeron eco os xornais locais e rexionais anunciábase a in-mediata venta do balneario a unha empresa hoteleira que construiría un hotel/balneario de catro estrelas, que serviría para “despegar el turismo de calidad en la comarca de Monterrei”. Un hotel de catro estrelas cons-truído nun “Ben de interese cultural”! Igual que o están facendo no castelo! (curio-so, verdade?).

Este hotel/balneario que, como todos sabedes, nin se fixo nin se volveu a falar del, puido ser a tumba na que quedara enterrada para sempre a idea de construír un hotel no Castelo pero… se o can non ladrou é por-que era da casa.

Andrés Diz Dhistoriamonterrei.

blogspot.com.es

global. A mediocridade e o déficit suicida son a guía. Impostos desorbitados mentres esmorece o co-mercio local e a agrogan-deiría en mans de colecti-vos correas de transmisión do PP. Insostenibilidade e precariedade sen industria transformadora. Sen plans de dinamización económi-ca e laboral. Co patrimonio baixo silvas e esmorgas de Esquecemento e Entroido.

Sen unha recuperación coordinada de inmobles ou espazos de valor ar-queolóxico, etnográfico ou patrimonial, sen creativa posta en valor. Sen PERI no barrio de abaixo onde rehabilitación é declara-ción de ruína, como o caso Bar Arcos. E co Museo do Entroido pechado cunha inversión millonaria, sen índice de contidos e sen outra estratexia de turismo que parasitar a fervenza

cidadá que empurra cara o botellón.

Non padecemos unha maldición bíblica senón que é o resultado dun go-berno espello de delin-cuentes. Parafraseando a Mar Gil na súa obra “Alla-riz. A construción dun País. (1989-�014) �5 anos de acción transformado-ra”, política é conducir a vida, compromiso cunhas ideas e cunha sociedade, o demais é outra cousa. No peor dos casos, a infamia coa que Xinzo en �015 se-guirá a ser vítima e cóm-plice dos de sempre.

Xosé Lois Carreira, artista e concelleiro do

Xinzo de Limia gobérnase desde sempre coa dereita española máis reaccionaria

O plan director para a fortaleza de Monterrei xamais se fixo público

me estremece ao velos entregados, en corpo e alma, co sentimento que dende nenos “mama-ron”.

Arriba, no monte de Abedes, espera o San An-tón, que este ano está de estrea, e que sen dúbida, pacente, ollará a subida dos sempre fieis veciños de Verín e arredores, que prenderán as fogatas da fraternidade e asarán os chourizos da derradeira matanza, para brindar co viño novo e como non, ofrecerse ao santiño para que axude a cumplir os mellores desexos.

Ao solpor, ao pé do cruceiro, escoitaranse de novo os sons do entroido, como manda a tradición, e a maxia da festa co-menzará a rebosar entre a prodixiosa e orixinal xente de Monterrei.

Miguel A. Prieto “Chita”

leiro - Xinzo de Limia- �6 de xaneiro - Feira

na Merca- �7 de xaneiro - Feira

en Xinzo de Limia- 1 de febreiro - Feira

en Sandiás- � de febreiro - Feira

en Allariz, Baños de Mol-gas e Calvos de Randín

- 6 de febreiro - Feira en Sarreaus

- 7 de fereiro - Feira en Vilardevós e Porqueira

- 8 de febreiro - Feira en Vilar de Santos

- 9 de febreiro - Feira en Baltar, Oímbra e Xun-queira de Espadañedo

- 13 de de febeiro - Fei-ra en Paderne de Allariz

Todos os xoves - Feira en Celanova

Outros- 16 de xaneiro - Pre-

sentación do libro “Km 11 Estación clandestina. Crónica de un periodis-ta de a pie” de Francisco Xabier Casares - �0.30 h - Casa da Cultura de Xinzo

Page 23: 15 de xaneiro - Barrios

BARRIOSXaneiro de �015

�3CLASIFICADOS

BARRIOS. Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-3�.3�3.9�5. Depósito Legal: OU 14�-�014. Redacción: r/ Bedoya,7, 1º Of. 6 - 3�004 Ourense. Tel: 988 045 35�. Correo-e: [email protected]. Distribúe: Visual. Imprime: Publicaciones Tameiga. Directora: Paula Lodeiro. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción: Paula Lodeiro, Ramsés Torres. Fotografía: Ramsés Torres, Paula Lodeiro. Colaboracións: Joao Damiao, Borys Martínez, Miguel A. Prieto Sotelo, Silvia Nieto, Andrés Diz.Nº9 - Ano: X - Xaneiro �015 - Difusión: 15.000 exemplares. Impreso en papel 100% reciclado.A opinión do periódico exprésase só no editorial, os artigos e cartas ao director expoñen posturas persoais. Este periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Se ten algún problema co reparto, pregámoslle que nolo comunique no teléfono 988 045 35�.

Comarca de MonterreiConcello de Verín 988 410 001Concello de Monterrei 988 418 00� Concello de Oimbra 988 4�6 160Concello de Vilardevós 988 417 004Concello de Riós 988 4�5 03�Concello de Castrelo de Val 988 419 00�Concello de Laza 988 4�� 00�Concello de Cualedro 988 4�4 004Comisaría de Policía Verín 988 414 1�3Policía Local Verín 988 411 61�Bombeiro Verín 988 590 �06Garda Civil 988 410 005Protección Civil 988 41� 1�1Estación de autobuses 988 413 516Taxis - Parada Hospital 988 414 34�Taxis - Parada Estación Autobuses 988 411 81�Taxis - Parada Praza Merced 988 410 385Taxis - Parada Praza do Concello 988 411 113Ambulatorio Urxencias 988 410 800Ambulatorio Cita previa 988 413 460Hospital de Verín 988 413 636Cruz Vermella 988 411 600Correos e Telégrafos 988 411 038Rexistro Civil de Verín 988 410 387Rexistro da Propiedade 988 410 737Oficina de emprego 988 410 703Oficina da Seguridade Social 988 410 253Servizos Sociais Verín 988 414 776Cáritas Parroquial 988 410 679IES nº1 de Verín 988 411 �1�IES García Barbón 988 410 379I. Bacharelato X. Taboada Chivite 988 410 041CEIP Amaro Refoxo 988 411 4�5CEIP Princesa de España 988 410 1�8Comarca de A LimiaConcello de Xinzo 988 550 111Concello de Porqueira 988 466 10�Concello de Calvos de Randín 988 434 000Concello de Baltar 988 466 503Concello de Os Blancos 988 467 506 Concello de Trasmiras 988 445 000Concello de Sarreaus 988 454 00� Concello de Vilar de Barrio 988 449 001Concello de Sandiás 988 465 001Concello de Vilar de Santos 988 465 883Concello de Rairiz de Veiga 988 465 55�Policía Local Xinzo 988 46� 4�5Garda Civil 988 46� 361Estación de autobuses 988 460 309Centro de saúde Xinzo 988 46� �00Punto Atención Continuada 988 46� 456Rexistro civil de Xinzo 988 46 0 188Rexistro da Propiedade 988 460 �09Taxis - Parada 988 460 �58

Oficina de emprego 988 460 375Oficina da Seguridade Social 988 462 951Xulgado de 1ª Instancia 988 46� 364Servizos Sociais Xinzo 988 550 111Cáritas Parroquial 988 460 ���IES Lagoa de Antela 988 46� 454IES Cidade de Antioquía 988 461 �71CEIP Rosalía de Castro 988 460 480CEIP Carlos Casares 988 460 507Gardería Municipal 988 461 049Oficina Agraria Comarcal da Limia 988 460 024Comarca de Allariz-MacedaConcello de Allariz 988 440 001Concello de Baños de Molgas 988 430 000Concello de Maceda 988 463 001Concello de Paderne de Allariz 988 �93 000Concello de Xunqueira de Ambía 988 436 006Concello de Xunqueira de Espadañedo 988 �91 001Policía Local Allariz 988 440 000Garda Civil Allariz 988 440 031Centro de Saúde de Allariz 988 440 958Centro de Saúde de Baños de Molgas 988 430 331Centro de Saúde de Maceda 988 463 370Policia Local Maceda 696 511 038 Garda Civil Maceda 988 463 084Parada taxis Maceda 988 463 �04 CEIP Padre Feixoo 988 440 8�5IES Allariz 988 440 036Gardería municipal Allariz 988 440 �19Servicio Municipal de Augas Allariz 988 440 004Xulgado de Paz Allariz 988 440 704Comarca de Terras de CelanovaConcello de Celanova 988 431 481Concello da Bola 988 433 768Concello de Cartelle 988 491 111 Concello de Gomesende 988 485 000Concello da Merca 988 �60 000 Concello de Padrenda 988 494 783Concello de Pontedeva 988 495 005Concello de Quintela de Leirado 988 493 500Concello de Ramirás 988 491 5�3Concello de Verea 988 430 600Policía Local Celanova 988 431 806Centro de Saúde de Celanova 988 451 736IES Celanova 988 431 �90CEIP Curros Enríquez 988 431 7�5Oficina Seguridade Social Celanova 988 553 055Xulgado 1ª Instancia Celanova 988 431 48�Urxencias Sanitarias 061Cita previa Servizo Galego Saúde 90� 077 333Teléfono maltratadas 016ITV 90� 309 000Protección Civil 11�Incendios forestais 085Fenosa (averías) 988 ��� ���

4TELÉFONOS DE INTERESE4CLASIFICADOS

ALUGUER/VENDAAlugo local económico e acondi-cionado de 15 m xunto parada do autobus. Tel. 6�7 �03 131.Véndese casa con finca na estra-da de Santiago Tel. 637 00 59 10.Alugo oficinas na rúa Progreso ao lado dos Xulgados. Prezo a convir. Tel. 637 00 59 10.Alúgase praza para moto no garaxe do edificio Mercadona da avenida de Santiago. Tel. 988 �1 �9 00.Alúgase praza de garaxe pe-chada, con pequena adega. En Faustino Santalices (edificio Ser-vipel). Tel. 988 �� �1 79.Véndese piso en rúa Carlos Ma-side (O Couto). Tres habitacións, calefacción e amplia bodega. To-talmente reformado. Prezo eco-nómico. Tel: 677 494 645.Alugo piso zona O Couto. Refor-mado. Tel: 677 494 645.Alúgase praza de garaxe ao lado praza do Couto. 45 € Tel: 606 03 57 81.Vendo piso en Marcelo Macías, 3 dormitorios, calefacción, aire acondicionado, ascensor, � ga-lerías, parquet, amoblado súper luxo. Tel. 988 �� 75 74.Alúgase amplo bar-restaurante céntrico en r/Marcelo Macías moi preto da av. de Ourense. O seu nome actual é “Punto de Encon-tro” e ten todo o necesario para abrir ao público inmediatamente. Pódese ver sen compromiso. Pre-zo a convir. Tel. 647 076 0�4.Alúganse 2 naves de 4�� e 454 m�. xuntas ou separadas en Polí-gono de Pereiro de Aguiar: parce-la Nº 15, fronte A Codisoil). Tel. 639 67 74 3�.

EMPREGODesbrózanse fincas con trac-tor e a man. Prezo económico. Tel. 630 5�1 448.Ofrécese modista para parti-culares. Bo prezo. Calidade. Tel. 988 �55 30�.Ofrécese mozo para traballar do que sexa (principalmente de camareiro). Tel. 609 919 36�.Necesítanse auxiliares de axuda a domicilio para traba-llar en decembro en Verín. Tel. 687 0�3 641.Dánse clases a domicilio du-rante o curso �014-15. Especia-lidade en matemáticas xerais.Todas as etapas. Tamén outras materias. Ampla experien-cia. Económico. Con CAP.Tel 636 6195 89. clasesadomici-lio�[email protected] reparacións en casas e negocios. Carpintería, per-sianas, mobles... Tel. 656 78� 460.Licenciada en Traducción e Interpretación da clases de inglés e francés. Individuais e grupos reducidos. Todos os ni-veis. Telf. 664 59 06 04.Danse clases particulares de pintura artística. Oleo, acua-rela, pastel, acrílico. Todos os niveis. Máis de 40 anos de ex-periencia Telf. 687 19 33 44.Clases particulares de Pho-toshop e deseño gráfico. Todos os niveis. �0 anos de experien-cia. Tel. 667 508 333.Ofrécese mozo para traballar en almacéns. Tel. 67� 6�1 408.Busco persoa para coidar a unha señora maior. Ofrezo casa, horario e soldo a convir. Zona Allariz. Tel. 608 69 65 73.

VENDASVendo 36 ventás corredeiras de aluminio branco con illamento cristal dobre Climalit. medidas: 5�cms de alto por 115cms de lar-go.Prezo 95€ unidade. Telf. 687 19 33 44Vendo 2 portas de aluminio branco con cristal. Sen marco. Me-didas: �35cms de alto por 78cms. Con pechadura con chave. Prezo: 80€ cada una. Telf. 687 19 33 44.Véndese porta de aluminio, con cristal blindado e sen marco. 73x�09cms. Con pechadura e cha-ve. Telf. 687 19 33 44.Vendo sofá 3x2, enfriador de bo-tellas, apeiros de labranza para de-corar, unha caldeira de gas cidade. Tel. 637 00 59 10Véndese leña de carballo. Tel. 630 5�1 448.En Xinzo véndense cinco rodas de Ford Escort 18560R14 en bo estado, e varias ferramentas de al-banelería. Tel. 663 376 00�.Vendo sensores de aparcamen-to con pantalla LED que indica distancia e lado de colisión (va-rias cores) e regalo instalación en Ourense. En 3 horas telos instala-dos con acabado profesional ga-rantido por 40 euros. Tel/Whats-app 667 830 310.

Vendo xerseis feitos a man por encargo 10 euros, e bolsos de trapillo a 3 e 5 euros. Tel. 664 096 953.Véndes compresor de aire ABC VG-5-PC industrial 6CV-HP. Presión 8Kgs/cm� psi115, 750 Litros/minuto cfm �36,48. Velocidad 650. Depósito 300Li-tros. Peso neto �10Kgs. Peso Bruto 310Kgs. Prezo 1.000€. Telf. 687 19 33 44Véndese colchón antiescaras por 40 € e coxín de latex (an-tiescaras) de 25 € e 20 €. Tel 606 03 57 81.Vendo estanterías metálicas de varias medidas e dúas bás-culas. Tel. 679 04 06 04.

Vendo manequíns en perfecto estado, modernos, con pelo es-culpido. A 150 euros cada un e tres xuntos 400 euros. Tel. 988 �5 43 59.

Page 24: 15 de xaneiro - Barrios

BARRIOSXaneiro de �015