xaneiro 2013 - ouxb

46
Número: 125 - Ano: XII - Xaneiro 2013 - Depósito Legal: OU 151-2002 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.ourenseporbarrios.com - OURENSE POR BARRIOS volve estar no seu buzón a finais de febreiro. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190 TEMA DO MES Páx.2 DEPORTES Páx. 38 OCIO Páx.30-31 BARBADÁS Páx. 6 O CD Ourense pincha contra o Tenerife Rexeitada a proposta para reformar todos os parques infantís José Luis Baltar declarará ante o xuíz o 4 de febreiro A apertura do Banco de España, pendente da sinatura da cesión Programa do Entroido na Valenzá, Ourense e os barrios O anterior contratista abandonou as obras sen rematar a súa execución por dificultades económicas./RAMSÉS. As obras da Molinera volveranse adxudicar [páx. 8] TEMA DO MES Páx.3 Entrevista a “The Big Nando”, que publica o seu segundo disco [páx. 35]

Upload: ourense-por-barrios

Post on 28-Mar-2016

269 views

Category:

Documents


0 download

DESCRIPTION

Neste número tamén informamos sobre o procedemento xudicial que se abríu contra José Luis Baltar por presunta prevaricación continuada pola contratación de 104 persoas na Deputación. Rehabilitación de edificios, temas xudiciais e acordos plenarios son algúns dos temas dos que informa o número de xaneiro de Ourense por Barrios. Nel damos conta da próxima apertura do antigo Banco de España, que terá dous usos: oficinas de Catastro e unha sala multiusos municipal na pranta nobre.

TRANSCRIPT

Page 1: Xaneiro 2013 - OUxB

Número: 125 - Ano: XII - Xaneiro 2013 - Depósito Legal: OU 151-2002 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.ourenseporbarrios.com - OURENSE POR BARRIOS volve estar no seu buzón a finais de febreiro. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190

TEMA DO MES Páx.2 DEPORTES Páx. 38OCIO Páx.30-31BARBADÁS Páx. 6

O CD Ourense pincha contra o Tenerife

Rexeitada a proposta para reformar todos os parques infantís

José Luis Baltar declarará ante o xuíz o 4 de febreiro

A apertura do Banco de España, pendente da sinatura da cesión

Programa do Entroido na Valenzá, Ourense e os barrios

O anterior contratista abandonou as obras sen rematar a súa execución por dificultades económicas./RAMSÉS.

As obras da Molinera

volveranse adxudicar

[páx. 8]

TEMA DO MES Páx.3

Entrevista a “The Big Nando”,

que publica o seu segundo disco [páx. 35]

Page 2: Xaneiro 2013 - OUxB

� Ourense por BARRIOSXaneiro de �013 TEMA DO MES

O Concello poderá usar a planta nobre durante un período de 25 anos

P.Lodeiro

O delegado do Goberno en Galicia, Samuel Juárez, acompañado do subdele-gado en Ourense, Roberto Castro, e do alcalde da ci-dade, Agustín Fernández, visitaron a antiga sede do Banco de España, cuxa re-habilitación por parte do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas permite recuperar para a ci-dade este emblemático edi-ficio, Patrimonio Histórico. “É un exemplo de colabo-racións entre as adminis-tracións, de como se pode recuperar o patrimonio e ao mesmo tempo ter unha rendabilidade económica e desde o punto de vista so-cial”, recalcou Juárez du-rante a visita.

A rehabilitación do edi-ficio, cunha superficie útil total de 2.699 metros ca-drados, que se distribúen en cinco plantas, proxectouse

pensando en compatibilizar o seu uso para a prestación de servizos públicos do Es-tado, co gozar do mesmo por parte dos cidadáns. Así, a antiga sede do Banco de España aloxará os servizos da oficina da Xerencia Te-rritorial de Catastro, aos que se accederá desde a entrada da rúa Concordia. O uso da planta baixa do edificio re-sérvase para o Concello de Ourense, durante un perío-do de 25 anos.

“Queremos que sexa un espazo expositivo no cal imos pór a disposición dos cidadáns todos os nosos fondos artísticos, que son moi abundantes, e que os temos arquivados e non os poden disfrutar os veciños, e un lugar no que pensamos celebrar actos institucionais especialmente relevantes”, explicaba o rexedor o uso que se lle dará á planta no-bre do edificio.

Fernández anunciou que

como primeira exposición o espazo acollerá “o que nos chamamos o ‘Ourense imaxinado’, todos os gran-des proxectos dos últimos anos que ao final non se levaron a cabo pero que á cidadanía lle interese ver”.

O delegado do Goberno afirmou que é “cuestión de semanas” a apertura deste edificio ao público: “está todo moi avanzado, está o mobiliario”, dixo, subliñan-do que só quedan por re-matar as últimas cuestións burocráticas. Segundo pre-cisou o alcalde, faltaba re-cibir informe de Patrimonio da Xunta para obter a licen-za de apertura, que foi con-cedida finalmente en xunta de goberno local do �4 de xaneiro.

O paso seguinte, previo á apertura das instalacións, será a sinatura dun contra-to de cesión ao Concello da pranta nobre do inmoble para usos múltiples.

A obra realizadaA obra de rehabilitación

deste emblemático edificio incluiu o seu baleirado in-terior, pero mantendo todos os espazos de interese patri-monial. Así conservouse a fachada exterior, incluídas as carpintarías de planta baixa, e a configuración es-pacial da planta nobre, re-convertendo o que fora des-pacho do director do banco en sala de conferencias, mantendo as decoracións e materiais orixinais.

Destaca no inmoble o pa-tio central, que mantén as súas dimensións orixinais. A parte inferior péchase, sobre a planta baixa, cunha elegante vidreira orixinal que achega luz natural ao espazo, cubríndoo cunha cúpula reticulada de vidro. Nas plantas altas, este patio cuberto vale ademais de col-chón térmico ao interior do edificio e serve de referencia visual e desafogo luminoso para todos os usuarios.

A apertura do edificio do Banco de España, pendente da sinatura do contrato de cesión4 O edificio albergará as oficinas de Catastro e unha sala expositiva na planta nobre.

As autoridades no antigo despacho do director do Banco, agora reconvertido en sala de conferencias./P.LODEIRO.

Fachada principal do antigo Banco de España, cara á rúa do Paseo./P.LODEIRO.

Unha elegante vidreira cubre a planta nobre do edificio/P.L.

Page 3: Xaneiro 2013 - OUxB

3Ourense por BARRIOSXaneiro de �013TEMA DO MES

4 Manuel Baltar non investigará as contratacións do seu paiO PP fixo valer a súa

maioría absoluta no pleno extraordinario da Deputa-ción para dicir non á unha comisión de investigación sobre as contratacións no ente provincial nas últimas dúas décadas, período que afecta tanto ao goberno de José Luis Baltar, como ao do seu fillo e actual presi-dente, Manuel Baltar.

Os 15 deputados pro-vinciais populares vota-ron en contra de abrir a comisión de investigación que pedían os socialistas, apoiados polos naciona-listas, e fixérono malia que o PSOE presentou no último momento do debate un incidente de re-

cusación, solicitando a abs-tención daqueles deputados populares que tiveran inte-rese ou “relación de paren-tesco cos contratados nos últimos 20 anos”. A este respecto, tanto PSOE como BNG solicitarán informe de Secretaría sobre a capaci-dade dos deputados do PP, a excepción do alcalde de Avión, para votar a investi-gación das contratacións de Baltar, para coñecer se eses deputados incurriron nal-gunha responsabilidade ou se se pode dar o caso “dun acordo invalidante” .

Antes da sesión plenaria de xaneiro, o PSOE presen-tou un recurso de reposición contra a votación dos depu-

P.L.

O próximo 4 de febreiro, o ex presidente da Deputa-ción de Ourense, José Luis Baltar, declarará ante o xuíz de instrución, en relación coa súa participación nun presunto delito de prevari-cación de forma continuada por contratar 104 persoas entre os meses de xaneiro e marzo de 2010.

Fora unha denuncia dos

tados do PP na que rexeita-ron a creación da comisión de investigación.

Defensa da transparen-cia da institución

Ante as denuncias de so-cialistas e nacionalistas de “enchufismo, caciquismo e nepotismo” na Deputación e de que as contratacións se realizaban “cunha cla-ra intención de ‘premiar’ sempre aos mesmos, per-soas vinculadas ao PP”, o voceiro popular, Plácido Álvarez, insistiu nos argu-mentos que o seu partido xa repetiu nestes días.

Dixo Álvarez que dos 104 contratos que inves-tigou o fiscal todos eran

José Luis Baltar declarará ante o xuíz o 4 de febreiro4 O ex presidente da Deputación será interrogado polo xuíz que instrúe as dilixencias iniciadas a consecuencia da querela presenta-da pola Fiscalía por presunta prevaricación continuada na contrata-ción de 104 persoas entre xaneiro e marzo de 2010.

temporais, que só 4� em-pezaron a traballar antes do 30 de xaneiro (data do congreso do PP) e deses só seis eran compromisa-rios, dun total de 1.212, “e non sabemos que vo-taron”. Ante esta afirma-ción, o socialista Igna-cion Gómez preguntoulle se podía asegurar que os outros 98 contratados non tiñan familiares entre os compromisarios.

Para rematar o debate, o presidente provincial afirmou que a Deputación se sinte “afectada” polas manifestacións destes días “e vai emprender accións penais ou civís” na defen-sa da súa honra.

O presidente da Deputación, Manuel Baltar, rebatiu du-rante o pleno extraordinario as acusacións de “enchufis-mo, caciquismo e nepotismo” realizadas por parte dos voceiros nacionalista e socialista, Leopoldo Rodríguez e Ignacio Gómez, defendendo a transparencia do seu gober-no. /P.LODEIRO.

Ademais de Baltar, declararán nove dos contratados, o secretario, o ex interventor e catro xefes de servizo

José Luis Baltar, na comparecencia na que anunciaba a súa renuncia como presidente da Deputación, en xaneiro do ano pasado. /ARQUIVO.

socialistas a que orixinou a investigación da Fiscalía, que logo foi admitida a trá-mite polo titular do xulgado de Instrución número 1 de Ourense.

Segundo o PSOE, as contratacións na Deputa-ción intensificáranse en datas previas ao congreso provincial do PP no que saíu elexido presidente Ma-nuel Baltar, como unha ma-neira de José Luis Baltar de

gañar apoios á candidatura do seu fillo. Con todo, a querela do fiscal xefe só explica que ve indicios de que as 104 contratacións temporais realizadas no primeiro trimestre de �010 realizáronse sen seguir os procedementos legalmente establecidos.

Comezan as declaraciónsUns días antes que Bal-

tar, declararán en calidade de testemuñas nove persoas das que foran contratadas de forma presuntamente irregular, o secretario da Deputación, o ex interven-tor e catro xefes de servizo

que realizaron informes de necesidade demandando persoal para os seus servi-zos. As declaracións ante o titular do Xulgado de Ins-trución número 1 de Ouren-se xa comezaron este martes 29 de xaneiro, en horario de tarde, co edificio dos xulga-dos pechado ao público.

O PSOE e o sindicato “Manos Limpias” están personados na causa como acusación popular.

Nada máis coñecerse o procedemento xudicial con-tra el, José Luis Baltar soli-citou a suspensión temporal de militancia no PP “para non danar á organización”.

Page 4: Xaneiro 2013 - OUxB

4 Ourense por BARRIOSXaneiro de �013

BARRIOS

Os veciños estaban dispostos a limpar eles mesmos á terra do derrubamento

P.L.

Vén de solucionarse un dos escollos para rehabili-tar a capela dos Remedios, que no verán do �010 su-frira un incendio que a destruira por completo. Este mes fíxose efecti-va oficialmente a doazón da capela ao Bispado de Ourense, por parte dos seus propietarios particu-lares.

O acordo, asinado ante notario, fixa que a ca-pela se destinará exclu-sivamente ao culto ca-tólico con dedicación á

Redacción

Fartos de agardar que o Concello fixese caso ás súas queixas e limpase o derrubamento producido nun terraplén ao carón do parque do Pino, os veciños de Bobadela decidiron to-mar eles mesmos cartas no asunto.

O caso é que de maneira espontánea, ao marxe da asociación de veciños, e utilizando as redes sociais, convocaron á veciñanza para arranxar o derruba-mento, producido a media-dos de decembro a causa das choivas. A acumulación

Operarios municipais arranxaron a metade de mes o derrubamento do terraplén do par-que do Pino que acontecera en decembro./RAMSÉS.

Faise efectiva a doazón da capela dos Remedios ao Bispado4 Desde o Concello piden compromisos para que a capela estea rehabilitada para o 8 de se-tembro.

Limpan un derrubamento no parque do Pino un mes despois4 Trala convocatoria a través das redes sociais dun grupo de veciños para arranxalo.

Xa vai para tres anos que un incendio destruíu por completo a capela dos Remedios, sen que ata o momento se rehabilitara./P.LODEIRO.

Virxe dos Remedios, e que a familia Méndez, que doa o inmoble, poderá celebrar nela as cerimonias relixio-sas da familia. Así mesmo, colocarase unha placa de agradecemento a esta fami-lia na capela.

Desde este momento, o Bispado de Ourense co-mezará a traballar, en co-laboración co Concello de Ourense e o resto de admi-nistracións públicas que ex-presaran o seu compromiso coa rehabilitación da capela dos Remedios para a súa recuperación, co desexo de que dita rehabilitación poi-

da estar finalizada para aco-ller a Novena e a festa da nosa Señora dos Remedios no mes de setembro.

Na mesma idea concorda o alcalde de Ourense, que propón “atopar as ferra-mentas de financiación pre-cisas” para que o orzamen-to da obra “se poña enriba da mesa” inmediatamente, de xeito compartido entre o propio Concello, a Xun-ta de Galicia, o Goberno central, a Igrexa e a Depu-tación. No seu momento estimouse en 500.000 euros a cantidade precisa para re-construir o templo.

de terra impedíalles utilizar a beirarrúa e as reivindica-cións polas vías oficiais (a través do colectivo veciñal) parecían non ter resposta.

A data da convocatoria era o sábado 1� de xaneiro e nela instaban aos asisten-tes a acudir con roupa de traballo e pás, incluso con cubos e pás de xoguete os nenos. Finalmente, na vés-pera decidiron suspendela ao constatar que operarios municipais xa estiveran tra-ballando na zona. Nun par de xornadas, traballadores do Concello retiraron a te-rra caída sobre a beirarrúa e colocaron unha cinta para

illar o terraplén amais dunha sinal de perigo.

Os veciños deste barrio agardan non ter que repetir este tipo de convocatorias outra vez, pero constata-ron “que funciona así que se volve xurdir un pro-blema e non se soluciona polo cauce da asociación de veciños volveremos facelo deste modo”, indi-caban a este periódico.

Page 5: Xaneiro 2013 - OUxB

5Ourense por BARRIOSXaneiro de �013

O contrato será dun ano de duración, prorrogable por outro máis

BARRIOS

O Concello detraerá 775.500 euros da factura do servizo de limpeza por incumprimentos do contrato4 Os servizos xurídicos municipais avaliarán posibles sancións contra Ecourense, tras coñecerse o resultado dunha auditoría. Redacción

O Concello de Ourense convoca un concurso para elixir a empresa especiali-zada que se encargará de prestar o servizo de xes-tión dos residuos volumi-nosos de orixe doméstica que se recollen cada ano na cidade. Un concurso ao que poderán concurrir cantas empresas o de-sexen.

Na actualidade o Con-cello entrega a un xestor autorizado o tratamentos destes residuos volumi-nosos a través da empresa concesionaria do servizo de limpeza e recollida de lixo, Ecourense UTE, e que supón a xestión de 5�5 toneladas de resi-duos de orixe doméstica, das seguintes fraccións: madeira, metais férricos e non férricos, residuos eléctricos e electrónicos das denominadas “liña branca” (lavadoras, fri-goríficos, etc.), “liña ma-rrón” (televisores, vídeos, etc.) e “liña gris” (ordena-dores, impresoras, etc.).

ObrigasA empresa que resul-

te adxudicataria deberá realizar a recepción, cla-sificación e entrega a un

Paula Lodeiro

Os incumprimentos do contrato do servizo de lim-peza e recollida de lixo vanlle costar á empresa con-cesionario, Ecourense, un mínimo de 775.548 euros, amais doutras posibles san-cións que estudarán os ser-vizos xurídicos do Concello. Esta é a consecuencia dunha auditoría encargada polo goberno municipal en mar-zo do ano pasado e da que se coñecen agora os seus re-sultados.

Segundo este informe, elaborado pola empresa compostelana Novotec, entre abril e xullo de �01� detectáronse deficiencias no barrido manual e mecánico de beirarrúas e calzadas, na limpeza de excrementos de animais, na limpeza de su-midoiros, pozas termais e Praza de Abastos. Ademais, o informe bota en falta 107 contedores e maquinaria que non foi adquirida pola empresa como así o indicaba o contrato. A auditora subli-ña que a adxudicataria “ten que mellorar no seu nivel de organización”, “non existe unha base de operación nin un parque auxiliar” e “fal-ta un sistema de control do persoal”, apuntou a conce-

lleira responsable, Susana Bayo.

Analizada esta audito-ría polo técnico municipal coordinador da limpeza via-ria, este valora en 775.548 euros os incumprimentos da concesionaria, que se lle de-traerán no pago da vindeira factura. Falta que o inter-ventor se pronuncie sobre este informe ao igual que os servizos xurídicos munici-pais, que analizarán posibles sancións a Ecourense.

Con todo, Bayo insistiu en que o Concello está “satis-feito” co servizo de limpe-za pero considera que debe

“mellorar”. “A contrata ten que ser excelente”, afirmou, recordando que é o servizo

que máis custa ao Conce-llo de Ourense (9 millóns ao ano).

4 Ourense conta con 32 novos colectores de roupaO xoves 17 de xaneiro

foron instalados ao longo de toda a cidade un total de 3� colectores para a reco-llida de roupa e calzado.

Coa implantación deste sistema integral de reco-llida, reciclado e reuti-lización destes residuos textís reducirase a entrega de impropios á Sociedade Galega de Medio Ambien-te (SOGAMA). Polo que, a Concellería de Limpeza estima un aforro para as ar-cas municiapis duns 8.000 euros ao ano, e unha media de reciclaxe de 1,3 qui-

logramos de roupa ao ano por ourensán, o que contri-búe á mellora do contorno medioambiental así como á diminución do lixo que vai destinado a vertedoiros.

Os residuos que poderán ser depositados nestes co-lectores (dentros de bolsas pechadas) son prendas de vestir, roupa de fogar, cal-zado, complementos e xo-guetes.

EmprazamentoCo fin de facilitarlle aos

cidadáns esta tarefa de reci-claxe, á hora de establecer

as ubicacións da trintena de colectores cos que con-ta a capital ourensá, tívo-se en conta que estiveran preto de supermercados, escolas, centros de saúde, prazas, parques, zonas re-sidenciais do extra radio e viais suficientemente am-plos para non entorpecer o tráfico.

Se desexan consultar a ubicación exacta do co-lector de residuos textís máis próximo a vostedes só teñen que acceder á web http://www.wippy.es/localizacion.php.

A xestión dos residuos voluminosos domésticos, a concurso4 Trátase das 525 toneladas que se xeran na cidade ao ano.

xestor autorizado ou a un reciclador da fracción de voluminosos que lle serán entregados, procedentes dos distintos puntos limpos do municipio. A empresa deberá, ademais, realizar a separación mecánica e xestión das fraccións exis-tentes nos voluminosos de madeira, residuos de apa-ratos eléctricos e electróni-cos, chatarra e mezclas non valorizables.

O contrato terá unha du-ración dun ano e poderá prorrogarse de mutuo acor-do por un ano máis. O orza-mento de licitación do con-trato é de 71.321 euros/ano IVE incluído.

Entrega de propostasAs empresas interesadas

poderán presentar as súas propostas, que serán valo-radas con vistas á adxudica-ción á oferta máis vantaxo-sa para o Concello, tendo en conta dous criterios: oferta económica (que se valorará con ata 90 puntos) e a me-moria técnica (que valerá ata 10 puntos).

O servizo de limpeza cústalle ao Concello de Ourense 9 millóns ao ano.

Page 6: Xaneiro 2013 - OUxB

6 Ourense por BARRIOSXaneiro de �013

BARRIOS

En anos anteriores os orzamentos reservaban 100.000 euros para o instituto

Redacción

Cun escueto e tallante “tomamos nota” o rexedor de Barbadás, José Manuel Freire Couto, rexeitou unha proposta socialista para a mellora integral dos parques infantís do municipio. Na moción do PSdeG, que foi debatida no pleno ordinario do 7 de xaneiro, pedíase facer unha revisión exhaustiva para subsanar as deficien-cias que existen e incre-mentar a periodicidade nas tarefas de mantemento.

Deficiencias en rúas da Valenzá

O grupo de goberno do PP votou en contra tamén doutra moción socialista para que se realice unha reforma integral das rúas Tomás Rodríguez Punxín e Garrida, aínda que re-coñeceu as deficiencias que plantexaba o voceiro socialista, Xosé Carlos Valcárcel. O rexedor de Barbadás xustificou a súa oposición á iniciativa so-cialista asegurando que “non imos permitir que vostedes nos marquen a pauta”, en alusión aos concelleiros/as socialistas. A pesar de todo anticipou que estas melloras ían ser consideradas como priori-tarias polo goberno local do PP.

Na rúa Garrida o PSdeG pedía a retirada do trans-formador que dende hai meses está no medio da

rúa, que se impida o esta-cionamento na beirarrúa e o arranxo da mesma. Na rúa Tomás Rodríguez Punxín pedíase unha reforma en profundidade construindo beirarrúas, arranxo de de-ficiencias nos beirís e no pavimento e subsanar a fenda que existe na marxe esquerda.

Seguridade viaria en Finca Fierro

O PP si votou a favor da terceira das iniciativas que o PSdeG presentaba para o seu debate neste pleno. A concelleira socialista María Presas falou da necesidade de incrementar a segurida-de viaria e actualizar a si-nalización na Finca Fierro. Freire apoiou a proposta asegurando que se levará a cabo, “pero só no territorio da Finca Fierro que perten-ce ao municipio de Barba-dás”, precisou. A cuestión

dos lindes entre os conce-llos de Barbadás e Ourense respecto da Finca Fierro se-gue aínda sen ser zanxada e Freire dixo que mentras unha parte deste barrio siga formando parte do territorio de Ourense, non se acome-terán actuacións por parte do Concello de Barbadás.

Padrón municipalA aprobación do padrón

municipal a 1 de xaneiro de �01� foi outro dos asuntos abordados nesta sesión ple-naria. Nesta data o número de habitantes era de 10.064, cifra contrasta cos datos oficiais que manexa o Con-cello na actualidade: 10.265 habitantes. Os socialistas botan de menos que se leve a cabo unha campaña de em-padroamento porque a po-boación de Barbadás é moi superior ao que indican as cifras oficiais. Ás preguntas desta formación, sobre as

PLENO DE BARBADáS

Rexeitada a proposta socialista para reformar todos os parques infantís4 O PP tampouco aceptou a proposta de mellorar as rúas Tomás Rodríguez Punxín e Garrida.

actuacións municipais para facilitar o empadroamento, o alcalde respondeu que se fai discriminación positiva para poder utilizar con van-taxes de servizos como a piscina ou o bonobús.

Marquesiña de ParadaO PSdeG presentou ta-

mén un rogo para que se instalen en Parada as dúas marquesiñas que o goberno municipal se comprome-teu a colocar e para que se retire “o amasixo de latón que se tentou endosar a un dos pobos do concello máis discriminados no que mobi-lidade no transporte escolar e de viaxeiros se refire”.

Redacción

O BNG de Barbadás denuncia que a Xunta es-quécese do proxecto de construción dun instituto público nesta localidade nos seus orzamentos para �013, que non comtemplan partida para esta obra.

Segundo o Bloque, “a diáspora da xuventude do concello de Barbadás polos centros de ensino secunda-rio de Ourense vai conti-nuar durante os vindeiros anos” pois o Gobenro au-tonómico “esqueceuse dos máis de 800 mozos e mozas do concello de Barbadás en idade de ensino secundario e postobrigatorio, que ven como teñen que seguir es-colarizados en centros dou-tros concellos”.

Sinalan os nacionalistas que en anos anteriores, “e despois de que publicamen-te se admitira por parte da Consellaría a necesidade dun novo instituto en Barba-dás”, a Xunta viña adicando unha cantidade de 100.000 euros para este centro edu-cativo, “insuficiente” para a construción do instituto mais “necesario” para a realización do proxecto de obra. Este ano, sen embar-go, a Xunta non contempla nin sequera esa cantidade para o IES de Barbadás.

Para o BNG este paso atrás do Goberno galego responde á desidía do Go-berno local do PP de Bar-badás á hora de procurar e

Aumentarase a seguridade vial en Finca Fierro, pero só na zona que pertence a Barbadás

Rúa Tomás Rodríguez Punxín da Valenzá./ARQUIVO.

Os orzamentos da Xunta esquecen o instituto de Barbadás4 O BNG denuncia que as contas non contemplan partida sequera para o proxecto.

dispor duns terreos acaí-dos para o instituto libre de cargas e gravames a disposición da Consellaría de Educación.

“Lonxe fica o ano 2009 cando o conselleiro de educación, Jesús Váz-quez, visitaba os centros de ensino primaria no concello de Barbadás en campaña electoral acom-pañado polos concelleiros do PP de Barbadás pro-metendo publicamente o inicio da construción do instituto para o ano �010 e asegurando que come-zaría a funcionar no curso 2011-2012. Hoxe, xaneiro de �013, a única noticia que temos sobre o insti-tuto é que nos orzamen-tos da Xunta non figura ningunha cantidade para o mesmo”, recalcan nun comunicado.

Para esta formación política “este feito supón unha burla aos cidadáns do concello, que ven como unha vez máis o PP incumpre as promesas realizadas nas sucesivas campañas electorais e que se ven obrigados a escola-rizar aos seus fillos e fillas en centros de ensino dou-tros concellos”.

Page 7: Xaneiro 2013 - OUxB

7Ourense por BARRIOSXaneiro de �013PUBLICIDADE

Page 8: Xaneiro 2013 - OUxB

8 Ourense por BARRIOSXaneiro de �013 BARRIOS

EN BREVE

4 Concurso de postais na Carballeira

Un total de 50� postais participaron no 16º concur-so de Postais de Nadal or-ganizado pola Asociación Carlasca. O xurado forma-do por representantes dos distintos partidos políticos da cidade e representan-tes do movemento veciñal elixiu as mellores postais das cinco categorías e as tres mellores absolutas, premios que recaeron nos mozos: Alicia Mouriño Rodríguez, Hugo Arribas e Candea Vázquez Cid.

Este ano o concurso bateu a marca de partici-pación, que o ano pasado situábase en 397 postais presentadas ao concurso. O 10 de xaneiro tivo lugar a entrega dos premios ás postais gañadoras nos lo-cais da asociación.

4 Premios aos mellores beléns

No salón de plenos do Concello entregáronse os diplomas aos gañadores desta XVII Edición do Concurso de Beléns Públi-cos que organiza o Conce-llo de Ourense. Este ano, resultou gañador o belén da Residencia Nosa Seño-ra da Esperanza, na Farixa, que recibiu un premio de 450 euros. O xurado elixiu este belén de entre os máis de 20 que participaron.

O belén da Residencia Nosa Señora da Esperan-za foi elaborado coa cola-boración dos residentes, xuntando a ilusión propia do Nadal coa representa-ción dos elementos funda-mentais dun belén da nosa xeografía, con variados oficios, luz, auga e figuras con movemento.

O segundo premio (�40 euros) foi para o belén da Residencia de Anciáns San José de Rairo e o terceiro premio (180 euros) para o Colexio Divino Maestro. Os accésits (60 euros cada un) foron para os beléns da Asociación do Polvorín, Parroquia da Milagrosa, Parroquia da Asunción, Colexio Carmelitas de Ourense, CEIP A Ponte e Panadería Ansuíña. Tamén houbo o premio ao mellor belén infantil (1�0 euros), para o Colexio Cardenal Cisneros.

As obras da Molinera quedaron paradas por renuncia da empresa, que entrou en con-curso de acredores./R.TORRES.

Redacción

O Concello de Ouren-se concluirá as obras de construción do Centro de Coñecemento La Moline-ra, a través dunha nova adxudicación da parte que falta por executar. A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense aprobou resolver o con-trato asinado coa empresa contratista, Construccións Gamallo SLU, despois de que esta abandoara as obras sen rematar a súa execución. O Concello re-

clamaralle á empresa unha indemnización de 139.000 polos danos e prexuízos causados.

Este acordo permite ao Concello retomar as obras de construción deste equi-pamento, chamado a dotar á cidade dunhas novas insta-lacións destinadas a facili-tar o acceso dos cidadáns ás novas tecnoloxías da infor-mación e da comunicación. Con esta finalidade, o Con-cello procederá a realizar unha nova adxudicación da parte do proxecto que fal-ta por executar, xa que as

As obras na Molinera volveranse adxudicar4 O Concello pide unha indemnización de 139.000 euros ao anterior contratista, que aban-donou as obras.

obras están rematadas en máis dun 95%,

A adxudicataria tiña que ter rematadas as obras antes do 10 de novembro de �01�, pero ao entrar en dificultades económi-cas decidiu abandonar os traballos antes de rematar. Despois entrou en concur-so de acreedores.

O Concello volverá adxudicar a parte do proxecto que falta por executar

Redacción

O Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) cederá de forma gratuíta ao Concello de Ourense tres parcelas na zona das Burgas, segregadas dos solos en que se localizan as vivendas rehabilitadas polo IGVS nos números 8, 10 e 12 da rúa do Vilar, tal e como quedou aproba-do en Consello da Xunta.

As parcelas que se ce-den ao Concello teñen a cualificación urbanística de solo urbano consoli-dado, zona verde, espazo libre, dotacional sociocul-tural de sistema xeral.

A cesión prodúcese no marco do convenio entre

o Concello e o IGVS polo que a Administración mu-nicipal adquiriu as citadas construcións da rúa do Vi-lar e as súas antigas hortas para cedelas ao IGVS, que se encargou da rehabilita-ción dos edificios.

Un investimento de máis de 1,3 millóns de euros por parte do IGVS permitiu obter 10 vivendas rehabili-tadas, que foron entregadas aos seus adxudicatarios en marzo de 2011. Así mesmo, rehabilitáronse os baixos, que foron cedidos gratui-tamente ao Concello. A actuación remata agora coa cesión das parcelas segre-gadas, que teñen unha su-perficie total de 948 metros cadrados.

A Xunta cede ao Concello tres parcelas na rúa do Vilar4 Son case mil metros de zo-nas verdes.

S.N.

Dos 92 concellos que compoñen a provincia de Ourense só nove aumen-taron a súa poboación ao longo de �011, tal e como reflexan os últimos datos feitos públicos polo Institu-to Nacional de Estadística. Así, a 1 de xaneiro de �01� a nosa provincia contaba con 330.357 habitantes, 3.000 menos que o mesmo día do ano anterior.

E precisamente entre estes concellos que ga-ñaron habitantes destaca significativamente Barba-dás, que pasou de contar con 9.731 veciños a ter 10.064. Un aumento que implica un dobre dato po-sitivo, xa que ademais de gañar en poboación o feito de superar oficialmente os 10.000 empadroados per-

mítelle a Barbadás gañar en representación municipal, pasando a súa corporación de 13 a 17 edís.

Na zona metropolitana de Ourense tamén incrementa-ron o seu número de veci-ños San Cibrao das Viñas, Pereiro de Aguiar e Coles.

Ourense perde poboaciónLamentablemente, a tóni-

ca da provincia de Ourense non son os datos poboacio-nais en positivo, senón que salvo estes nove concellos mencionados e dous máis (Larouco e Parada de Sil) nos que o número de veci-ños permaneceu invariable, os 81 concellos restantes perderon habitantes ao longo do 2011. Entre eles atópase a propia capital; Ourense con-ta con 405 veciños menos, pasando de 108.002 censa-dos a 107.597.

Barbadás gaña poboación e aumenta a súa representación municipal4 Pola contra, Ourense perdeu máis de 400 veciños.

Page 9: Xaneiro 2013 - OUxB

9Ourense por BARRIOSXaneiro de �013

BARRIOS

Unha chamada de atención sobre o BarbañaA Plataforma Rios Limpos realizou un acto simbólico, no Parque Barbaña, de denun-

cia e chamada de atención, tanto as autoridades administrativas como a cidadanía, sobre a situación dos nosos ríos. O acto consistiu na decoración navideña de dúas arbores do Parque Barbaña. A decoración realizouse cos materiais extraídos, dos moitos, que exis-ten nos cauces fluviais da provincia de Ourense.

A Plataforma escolleu o Parque Barbaña para este acto reivindicativo “por ser unha zona límite co río Barbaña, un dos ríos que ten sido máis maltratado e contaminado nos últimos anos e no que seguimos sen que se poñan en marcha as medidas preventivas necesarias para evitar os atentados medioambientais que padece mes si e mes tamén”.

O colectivo tamén ten aproveitado as datas do Nadal para remitirlle ás distintas auto-ridades (Confederación Hidrográfica, Deputación, concellos de Ourense, San Cibrao, O Pereiro, Barbadás, Xinzo de Limia e Sandiás) así como aos responsables da Fiscalía de Medio Ambiente e á Prisión do Pereiro unha felicitación navideña na que aproveitaron para lembrarlles que o Nadal é unha moi boa data para “facer boas obras” e polo tanto se comprometan a pór en marcha “as medidas necesarias para remediar a praga de con-taminacións e problemas que están a matar os nosos ríos”.

Integrantes da plataforma coa pancarta en defensa dos nosos ríos e montes.

A rúa Pena Corneira continúa en obras

Redacción

O Concello de Ourense vén de recibir o informe favorable da Dirección Xeral de Patrimonio Cul-tural da Xunta de Galicia, relativo ao Estudo de De-talle da Área de Interven-ción AI 1, referido ás Bur-gas e o seu contorno.

O informe considera que o documento presentado polo Concello “dá cumpri-mento ao establecido no Plan Especial, responden-do ás determinacións de conservación e protección cultural, mediante a rea-lización dunha actuación conxunta baseada nun equipamento urbano de

uso termal. Na actuación, búscase a integración dos volumes edificatorios na beira do Barbaña, e en consonancia cun proxecto arquitectónico e de urba-nización único e de xes-tión conxunta”.

Para a aprobación defi-nitiva do estudo de detalle só resta o informe favora-ble de Confederación Hi-drográfica. Unha vez sexa recibido polo Concello, procederase a dar comezo a actuación para convertir a zona na peza clave da capital termal de Galicia e a tramitación do proxec-to de expropiación tal e como se acordou no pleno deste mes de xaneiro.

Informe favorable ao estudo de detalle das Burgas4 Falta o informe da Confede-ración Hidrográfica para a súa aprobación definitiva.

Estado actual das obras na rúa Pena Corneira./P.LODEIRO.

4 Matrícula na UNED

Os maiores de �5 e 45 anos que queiran acceder á Universidade Nacional de Educación a Distancia (UNED) a través das pro-bas de acceso libres po-derán matricularse do 29 de xaneiro ao 8 de febrei-ro, no centro asociado de Ourense. A matriculación só supón as taxas de de-reito a exame, sen que os alumnos teñan que realizar os cursos de acceso. As persoas matriculadas terán un único exame en maio.

Este período �01�-�013 os Cursos de Acceso para Maiores de �5 e 45 anos que se imparten en UNED Ourense contan 13� alum-nos matriculados.

4 O Concello pon en marcha o “Bicirexistro”

O Concello de Ourense e a Rede de Cidades pola bicicleta asinaron un con-venio que permitirá a todos os ourensáns que o desexen rexistrar a súa bicicleta ao seu nome e incorporar un número de identificación que a permita localizar en caso de perda ou roubo.

O “Bicirexistro” promo-ve a seguridade dos usua-rios da bicicleta, a redución dos roubos e a disposición dunha ferramenta para a súa recuperación. O rexis-tro contempla os datos, características e imaxes da bicicleta, ademais dun ele-mento identificador no ve-hículo, de difícil extracción e resistente a inclemencias meteorolóxicas e actos vandálicos. O sistema ten un custo por bicicleta e alta de 7 euros por 10 anos, e pode formalizarse na web www.biciregistro.es.

EN BREVE

Redacción

Continúan as obras de humanización da rúa Pena Corneira, no barrio de San Francisco. A actuación, de carácter municipal, con-siste na renovación das infraestuturas da rede de saneamento e do pavimento deste vial, porta de entrada ao casco histórico.

Os traballos afectan a unha superficie de preto de mil metros cadrados. A so-lución proposta no proxec-to crea un espazo peonil

distinto ao actual, que sir-va de transición entre dúas tramas moi diferenciadas, a zona sur do barrio de San Francisco e a praza dos Suaves.

A intervención manterá un espazo para o tráfico ro-dado diferenciado da zona peonil, que terá preferen-za, e incluirá a colocación de novo mobiliario urbano, como árbores, bancos e lu-minarias. A obra foi adxu-dicada o pasado mes de agosto por un importe de 237.262 euros.

Page 10: Xaneiro 2013 - OUxB

10 Ourense por BARRIOSXaneiro de �013 EMPRESAS

Redacción

Falamos con Suso, unha das caras visibles de Mue-bles FyM, para coñecer un pouco máis de preto este negocio ourensán, ubicado na estrada N-5�5 (O Piñei-ral).

Cando comezou a fun-cionar Muebles FyM?

“A empresa en Ourense leva unha traxectoria de 70 anos, aínda que Muebles FyM realiza a súa apertura como tenda en 2008.

Formamos parte dunha cadea de tendas indepen-dentes, parece contradicto-rio pero non é así, só nos agrupamos para as com-pras, así aproveitamos os descontos por volumen de compra e podemos ofrecer mellores prezos aos nosos clientes”.

Que diferencia Muebles FyM doutras tendas de mobles?

“Diferenzas, poucas, aín-da que nós intentamos esca-

parnos ofrecendo o mellor prezo, un servizo de entrega inmediato, a parte de inten-tar ofrecer un servizo inte-gral, incluíndo armarios a medida, cociña, baños e de-coración, como alfombras, cadros, etc.”

Que tipo de mobles se venden máis nesta época?

“Seguimos vendendo un pouco de todo, aínda que prima o moble moderno e funcional.

Algún sector de clientes decántase polo prezo pero aquí en Ourense e en Gali-cia en xeral o noso tipo de cliente busca máis a rela-ción deseño-calidade, ben sexa en clásico ou en mo-derno”.

Tedes algunha promo-ción nestes momentos?

“Sempre temos promo-cións. Hoxe mesmo esta-mos cunha gran liquidación de stock, algo máis que un-has simples rebaixas, así in-tentamos renovar a nosa ex-posición e ao mesmo tempo

O anunciante do mes: Muebles FyM

o cliente aprovéitase duns prezos insuperables.

E en segundo lugar pero non menos importante, unha gran promoción en cociña e baño, insisto, moi interesante, imos a medir e damos orzamento sen nin-gún tipo de compromis-mo. Recomendo a todos pasar a ver os diferentes modelos pola tenda”.

Levades moito tem-po anunciándovos en Ourense por Barrios, por que elexistes as no-sas publicacións para a vosa publicidade?

“Tempo, creo que desde que comezamos. Elexí-mosvos por ser un perió-dico de Ourense e para Ourense, e ao igual que vós chegades a todos os fogares ourensáns, nós queremos levarlles unha pequena parte do noso produto reflexado nas vo-sas páxinas. Cremos en vós como profesionais e sabemos que o estades facendo ben, por proximi-dade e case podemos dicir familiaridade cos lectores e con nós, os anunciantes. Un saúdo a todos”.

Inaugúrase en Verín Pazo de Carregal4 A antiga lonxa agropecuaria é agora un espazo recuperado que combina unha fábrica de alimen-tos de quinta gama e restaurante.Paula Lodeiro

A antiga lonxa agrope-cuaria de Verín conver-teuse desde o pasado 19 de xaneiro en Pazo de Ca-rregal, un complexo que combina unha fábrica de alimentos de quinta gama, unha cafetería-restauran-te, unha carpa para even-tos e, proximamente, unha tenda-degustación.

Pazo de Carregal nace da man do empresario ve-rinés Herminio Gil, pro-pietario da cadea de oito

restaurantes Espazo Enxe-bre, aos que servirá os me-nús alí preparados.

A empresa dá traballo a �0 persoas e para a súa creación contou coa co-laboración de Electrolux, multinacional sueca de maquinaria; de Servitel, empresa española de ser-vizos para a hostalería; e de Hortoflor, cooperativa de produtos agrícolas da zona, e o Consello Regula-dor da D.O. Monterrei, que lle subministrarán materias primas.

A quinta gamaA quinta gama cambia

os fogóns, tixolas e demais instrumentos dunha coci-ña tradicional por grandes máquinas de cociñar onde a receita se introduce a través dun ordenador, abatedores de temperatura, e máquinas de envasado, para que os alimentos cheguen ao con-sumidor como recén coci-ñados, mantendo todas as súas cualidades organolép-ticas e nutritivas. Na base do proceso está a pasteri-zación, un tratamento tér-mico por calor suave pero eficaz que garante a elimi-nación de microorganismos ao tempo que respecta as características orixinais do prato.

Coa vista posta en animar a veciños e visitantes a es-trear as súas instalacións, os promotores deste novo re-cinto hostaleiro xa lanzaron varios menús especiais para as festas do Entroido.

Cociña de alimentos de quinta gama de Pazo de Carregal./P.LODEIRO.

Exposición de Muebles FyM, na súa nave na estrada de Madrid, O Piñeiral./RAMSÉS.

Page 11: Xaneiro 2013 - OUxB

11Ourense por BARRIOSXaneiro de �013PUBLICIDADE

Page 12: Xaneiro 2013 - OUxB

1� Ourense por BARRIOSXaneiro de �013 CIDADE

A Mostra da Oportunidade convértese nunha plataforma para o comercio ourensán4 Para celebrar o 20º aniversario desta cita haberá sorteos de artigos de fogar, com-plementos, vales de compra e ceas en Xantar.Redacción

A Mostra da Oportuni-dade cumpre �0 anos ofre-cendo os mellores prezos e vantaxes en milleiros de ar-tigos que converterán a Ex-pourense, entre o venres 1 e o domingo 3 de febreiro, nun gran centro comercial no que participarán un total de 85 expositores, o que su-pón un incremento do 10% con respecto á edición de 2012.

Expourense, en colabo-ración co asociacionismo, puxo en marcha unha ac-ción que favoreceu a parti-cipación agrupada das em-presas. Preséntase así unha feira con 8.000 metros ca-drados onde os expositores ofrecerán os prezos máis competitivos nunha quin-

cena de sectores. O téxtil volverá ser o sector con maior representación nes-ta cita, sumando preto do 42% dos expositores entre moda, calzado, pel, bixu-taría e complementos. O fogar (menaxe, mobles, de-coración…) ocupa o segun-do lugar. Ademais, poderán atoparse outros sectores como automoción, alimen-tación, cosmética, editorial, etc. Máis do 80% dos expo-sitores son galegos. Todo isto converte á Mostra nun excelente escapate para o comercio local en particular e do galego en xeral.

Centro comerciaisA Mostra da Oportuni-

dade, feira decana destas características en Galicia, contará coa participación

dos Centros Comerciais da provincia de Ourense que viron nesta cita unha excelente ocasión para a liquidación dos seus stocks

e dinamizar as rebaixas de inverno. Estarán presentes as asociacións de Ourense Centro, do Couto, a de Ve-rín, Xinzo, a do Barco de

Valdeorras, o Centro Co-mercial Pontevella e a Aso-ciación de Comerciantes de Allariz, que acode por vez primeira. Os establecemen-

tos asociados contarán cun espazo en feira para ofrecer os seus produtos a prezos vantaxosos aos milleiros de visitantes que agarda recibir a Mostra da Oportunidade.

20º AniversarioPara celebrar o seu 20º

aniversario, a Mostra que-re premiar a fidelidade dos seus visitantes organizan-do o sorteo de artigos de fogar e complementos, de cheques regalo, pack pro-mocionais, ceas na feira Xantar, ou unha estancia nun hotel.

Para facer máis cómo-da a visita, o salón conta cun amplo horario que vai dende as once da mañá ás nove da noite, durante os tres días de feira. A Mostra ofrece ademais cun amplo aparcamento gratuíto e un área de lecer infantil desti-nada ás familias.De esquerda á dereita, Luis Rivera, presidente da Comisión de Comercio Interior da

Cámara de Comercio de Ourense; Emma González, directora adxunta de Expourense e Enrique García Boente, vicepresidente da Federación de Comercio de Ourense. Un total de 85

expositores estarán presentes nesta feira de Expourense

Page 13: Xaneiro 2013 - OUxB

13Ourense por BARRIOSXaneiro de �013

CIDADE

Redacción

Coa novidade que supuxo a liberalización das prácti-cas comerciais, comezaron as rebaixas de inverno, por primeira vez sen data oficial de inicio. Unha época na que, segundo a Federación de Comercio de Ourense, os comerciantes galegos al-canzarán unha facturación semellante á do ano pasa-do (entre 80 e 85 millóns de euros) e cada ourensán gastará entre 65 e 70 euros neste periodo.

Cifras similares achegan desde a Oficina Municipal de Información ao Consu-midor (OMIC) do Concello de Ourense. Para este orga-nismo, que se basea en da-tos da Federación de Con-sumidores e Usuarios, cada ourensán gastará de media 74 euros, 9 menos que o ano pasado, e 6 por debaixo

da media española.O presidente da Fede-

ración de Comercio de Ourense, Aurelio Gómez Villar, sinala que “estas re-baixas serán positivas por-que servirán para mellorar resultados especialmente nos comercios de textil e calzado que concentran a maior parte das vendas des-te periodo (80%), e prevese que para paliar a desacele-ración continuada do con-sumo e tamén para reducir stocks, aplicaranse descon-tos importantes.

Segundo os datos manexa-dos pola Federación de Co-mercio de Ourense, a maior parte dos comerciantes ini-ciaron as rebaixas con des-contos entre o 10% e o 50% do prezo dos artigos. Pola súa banda, desde a OMIC estiman que durante este pe-ríodo o pequeno e mediano comercio prevé incrementar

O comercio adiantou as rebaixas4 A Federación de Comercio de Ourense estima un gasto medio por persoa de entre 65 e 70 euros.

Redacción

Trala experiencia do foro termal que tivo lugar no Liceo de Ourense os pasados días 17 e 18 e no que participaron máis de 60 empresarios, o Conce-llo de Ourense repite con-vocatoria pero desta volta no marco da Feira Interna-cional de Turismo FITUR, que se celebra en Madrid os días 31 de xaneiro e 1 de febreiro.

O Concello quere expli-car aos posibles inversores as potencialidades do noso sector termal. Os asisten-tes a este foro coñecerán a riqueza e potencialida-des dos recursos termais, naturais e patrimoniais da cidade de Ourense, as pro-postas contempladas no novo planeamento urbano para a implementación de

proxectos privados de in-versión no ámbito termal ou os proxectos que poi-dan contribuír a aumentar o atractivo da cidade desde un punto de vista inversor, como a chegada da alta ve-locidade e a construción da nova estación intermodal.

“Esperemos que consi-gamos convencer aos in-versores privados das boas oportunidades de Ourense”, apuntaba o alcalde, Agustín Fernández, que citaba o ho-tel-balneario para o edificio do antigo cárcere como un dos proxectos que precisan investimentos do sector pri-vado.

Amais do rexedor, aos ac-tos programados en FITUR, acudirán os concelleiros de Termalismo e Promoción Económica, José Ángel Vázquez Barquero, Urba-nismo, Áurea Soto, e Turis-

Ourense busca captar inversores para o sector termal4 O Concello estará en FITUR.

as súas vendas entre un � e un 6%, con descontos dende o 15% ao 70%, nun-ha campaña que se prevé máis competitiva por mor da crise económica.

Cartel de rebaixas nun co-mercio da cidade./P.L.

Os comerciantes prevén facturar unha cifra similar ao ano anterior

mo, Mónica Vázquez.Os dous foros, tanto o

de Ourense coma o de Ma-drid, forman parte dunha das accións resultantes do convenio de colaboración entre o Instituto de Turismo de España e o Concello de Ourense para o desenvol-vemento de inversións vin-culadas ao Plan Estratéxico Termal.

Campaña de márketingDentro deste Plan, de-

senvolveuse durante mes e medio unha campaña de márketing de promoción do termalismo que pasou por 17 cidades da península e polos aeroportos de Sá Car-neiro, Lavacolla e Peina-dor, chegando directamente a 50.000 persoas a través de carteis, trípticos e postais repartidos nun autobús e stand turístico.

Page 14: Xaneiro 2013 - OUxB

14 Ourense por BARRIOSXaneiro de �013 VIDA MUNICIPAL

O pleno sobre o estado da cidade celebrarase anualmente4 O alcalde pide aos demais grupos que asinen a “Declaración das Burgas” para denunciar a discriminación “histórica” da cidade polas demais administracións.P. Lodeiro

A corporación municipal de Ourense vén de estrearse nos debates sobre o estado da cidade, pero a sesión ex-traordinaria deste martes 29 de xaneiro, convocada a pe-tición do PP, non será a últi-ma. Populares e nacionalis-tas sumaron os seus votos para que este tipo especial de pleno se repita todos os anos no mes de xaneiro. Os socialistas votaban en con-tra ao considerar que había que flexibilizar máis a súa

convocatoria e Democracia Ourensana tamén se opuña ao entender que a oposición xa controla “mes a mes” a acción de goberno a tra-vés de plenos e xuntas de áreas.

Durante 35 minutos, o alcalde deu lectura a un dis-curso de �7 páxinas no que detallou o “modelo de cida-de” que propón o seu grupo de goberno para Ourense, baseado en seis eixos: un urbanismo “ancorado na sustentabilidade e o valor do público”, o proxecto

de integración do AVE, o Plan Estratéxico Termal, os plans especiais de des-envolvemento económico, a ampliación de dotacións públicas e da oferta comer-cial, e a creación de solo empresarial. O socialista Agustín Fernández de-fendeu que os “proxectos, equipamentos e actuacións que dependen deste Conce-llo avanzan como estaban programados e todo progre-sa adecuadamente”, fronte aos proxectos que depen-den doutras institucións. Neste sentido, presentou unha “Declaración das Bur-gas”, que denuncia a marxi-nación “histórica” de todos os gobernos de España e de Galicia con Ourense, e re-

clamando a execución das obras previstas na cidade a estas dúas administracións. Fernández agarda que o resto de grupos políticos asinen esta declaración.

As valoracións da opo-sición

Aos portavoces dos dis-tintos grupos políticos o rexedor só lles permitiu pa-sarse en dous minutos dos tempos de intervencións fixados polo regulamen-to orgánico: un total de 10 minutos na primeira inter-vención e seis na segunda, tempo que foi considerado escaso polo portavoz do principal grupo da oposi-ción, Rosendo Fernández, quen acusou ao alcalde de

auspiciar unha “democracia amordazada”.

As críticas do voceiro popular centráronse nos in-cumplimentos do grupo de goberno. Primeiro, do cha-mado Pacto do Liceo polo que socialistas e nacionalis-

tas conformaron o segundo bipartito –agora roto-. Fer-nández citou un dos seus puntos, o que se refería á dinamización económica e a creación de emprego, do que dixo que “cero, abso-lutamente cero”. Segundo,

Rosendo Fernández, PP. Vázquez Barquero, PSOE.

Susana Gómez, DO. Xosé Somoza, BNG.

Durante 35 minutos o alcalde detallou o “modelo de cidade” que propón o grupo de goberno; a oposición queixouse do pouco tempo que tivo para respostarlle

Page 15: Xaneiro 2013 - OUxB

15Ourense por BARRIOSXaneiro de �013VIDA MUNICIPAL

P.L.

O solar de Xardín das Burgas e o resto de parce-las privadas ubicadas na área de reparto das Bur-gas serán expropiadas. A corporación municipal de Ourense acordou por una-nimidade no pleno de xa-neiro establecer para o es-tudo de detalle da área de intervención 10 do Plan Especial das Burgas o sis-tema de actuación directa de expropiación e redac-tar, á maior brevidade, o correspondente proxecto de expropiación.

A proposta de cambiar o sistema de equidistribu-ción inicialmente propos-to no Plan Especial polo de expropiación foi pre-sentada polo BNG nunha moción, que foi emenda-da polo grupo socialista e apoiada polo resto de gru-pos políticos. Os políticos coincidiron en solicitar o desbloqueo das actuacións nesta zona emblemática da cidade.

A aprobación desta moción, e dous puntos máis da orde do día foi toda a unanimidade que houbo na primeira sesión plenaria de 2013. Así, a corporación acordou por unanimidade disolver o Consorcio do Festival de Cine de Ourense, e deu aprobación definitiva ao estudo de detalle da uni-dade de execución 15 do PREPI do casco histórico, que corresponde á zona da igrexa da Trinidade (mazá interior entre as rúas Pela-yo, Villar e Padre Feijoo).

Bonificación a desem-pregados na tarxeta do bus

No resto de mocións, as votacións foron dispares. PSOE, BNG e a edil de DO Susana Gómez vo-taron a favor da segunda moción nacionalista, para bonificar ao 100% a tar-xeta do autobús urbano a desempregados e estable-cer unha renda máxima

para que os pensionistas te-ñan a tarxeta gratuíta. Esta proposta foi emendada po-los socialistas, no sentido de que en xaneiro se realizarán os estudos técnicos necesa-rios para a implantación da nova tarxeta Milenio para parados e os requisitos para a tarxeta da terceira idade, e que en febreiro se facili-tará a data para implemen-tar estas medidas. Tamén o PP presentara a súa propia emenda, pero ao non fixar prazos, non foi aceptada polo Bloque; neste sentido, a súa concelleira Ximena González advertiu que fa-rían seguimento do cum-plimento deste asunto na vindeira sesión.

A terceira moción do BNG, sobre medidas de apoio á lingua galega, só recibiu o apoio dos seus ex socios de goberno socialistas, que a emendaron para garantir a aplicación da Ordenanza municipal de normalización lingüística. DO e PP votaron en contra, amosándose moi críticos co punto no que se indicaba que todos os mem-bros da corporación empre-garían o galego en todas as súas intervencións orais ou escritas.

Centro de Interpreta-ción de Parques Naturais

No que respecta á mo-ción presentada polo grupo de goberno para interesarse

polo futuro do Centro de Interpretación de Parques Naturais, recibiu tamén o apoio do BNG, quen enga-diu unha emenda; DO abs-tívose e PP votou en contra. O seu voceiro, Rosendo Fernández, explicou que a Xunta de Galicia xa ten listo un segundo convenio para firmar co Ministerio de Medio Ambiente e retomar así as obras, e botou toda a culpa da paralización da in-fraestrutura aos socialistas, por teren retrasado o inicio da construción do inmoble. No que si se puxeron de acordo todos os grupos é en asumir que quizais non fora boa idea crear o Centro de Interpretación de Parques Naturais no seu día, en tem-po de bonanza, pero que agora, en época de crise, “o que non podemos é que to-dos eses cartos sexan dedi-cados a ter un esqueleto de formigón na zona termal”, resumía a concelleira do BNG Ximena González.

En canto á moción do PP para nomear novo cro-nista oficial do Concello, foi rexeitada polo grupo de goberno, ao considerar que o tema non era “nin urxente nin preocupante”, en pala-

O Concello de Ourense expropiará o solar de Xardín das Burgas4 A corporación aproba por unanimidade establecer para o estu-do de detalle da AR As Burgas o sistema de actuación directa de expropiación.

O BNG reprocha ao PSOE o retraso na presentación dos orzamentos Paula Lodeiro

Tras cinco anos for-mando parte dun goberno bipartito no que os orza-mentos municipais nunca se presentaron en prazo, o BNG de Ourense critica agora a tardanza na elabo-ración das contas xerais para �013 por parte do grupo de goberno socia-lista. “Non valen excusas para non ter presentado os orzamentos en tempo e forma, cómpre establecer o antes posibles as priori-dades do goberno e saber se o alcalde merece a con-fianza que depositamos nel”, expuña a concelleira Susana García.

Acompañada dos outros dous edís do BNG, Xosé Somoza e Ximena Gon-zález, García indicou que o grupo socialista terá o voto favorable do Blo-que aos orzamentos “se cumplen unhas premisas que consideramos bási-cas” que se encargou de detallar o seu compañeiro Somoza. Unha aposta por xerar emprego e fomentar as iniciativas empresa-riais; o mantemento dos investimentos sociais; promover a creación dun-ha cidade integral “máis xusta e equitativa”; pro-mover “os feitos culturais que definen a esta cidade como parte duna nación”, e todo iso sen supoñer un “sobrecusto” para as arcas municipais. O voceiro na-cionalista tamén dixo que o Concello de Ourense debe eliminar “gastos su-perfluos, duplicidades en-tre concellerías, os gastos protocolarios e abusivas campañas de publicida-de”.

Polo momento o ex so-cio de goberno non coñece o borrador dos orzamen-tos nin mantivo ningunha negociación sobre o seu contido co goberno.

A este respecto, o alcal-de afirmou que o seu gru-po está traballando nos or-zamentos de �013 e espera ter listo o seu borrador “o máis pronto posible”. O rexedor socialista agarda contar co apoio do BNG para xuntar os 14 votos precisos para que saian aprobados.

bras da edil de Cultura, Ana Garrido.

Acordo reguladorNeste pleno tamén se

deu aprobación ao acordo regulador das condicións de traballo dos emprega-dos públicos municipais. Votaron favorablemente os ex socios de goberno PSOE e BNG. O PP cri-ticouno –de “auténtica chapuza administrativa”, cualificouno a concelleira Carmen Carballo- pero só se abstivo. E Democracia Ourensana votou en con-tra, sendo moi crítico co seu contido. “Este acordo ten cláusulas que non cum-plen a legalidade vixente”, afirmou a edil Susana Gó-mez, aludindo aos reparos do interventor e citando o exemplo dos días libres dos funcionarios: seis, segundo o acordo regula-dor; tan só tres de acordo ao Real Decreto aproba-do polo Goberno central. Ilegalidade que descartou a concelleira non electa Carmen Rodríguez, quen explicou que o articulado inclúe unha claúsula pola que se somete o acordo á lexislación vixente.

Alcalde e concelleiros contemplan o proxecto urbanístico previsto para a zona da igrexa da Trinidade, no casco vello./P.L.

O Concello bonificará ao 100% a tarxeta do autobús urbano aos parados; á subvención aos xubilados aplicarase en función da renda

incumplimentos do pro-grama electoral socialista: “o gran parque público en Oira, o tranvía de neu-máticos, o menú ouro, o bulevar termal, van se-guir con isto ou non?”, preguntoulle ao alcalde. E en terceiro lugar, referiuse Rosendo á “inacción e fal-ta de xestión municipal”, detallando departamento por departamento as súas críticas. Na súa segunda intervención, o político popular quedou sen tempo para explicar todas as súas propostas para cadansúa concellería.

A edil de Democracia Ourensana, Susana Gó-mez, centrou a súa in-tervención en acusar ao goberno local de “falta de transparencia” e de “obs-trucción á información” á oposición e aludiu aos constantes reparos da In-tervención para tachar ao goberno socialista de xes-tionar “ao borde da lei” e de ter unha folla de ruta “caótica e virtual”. Entre as súas propostas, aumen-tar a participación cidadá, eliminar os gastos super-fluos, xestionar dentro da legalidade e mellorar o control por parte do alcal-de da acción de cada un dos concelleiros.

O voceiro nacionalista, Xosé Somoza, referiuse ao BNG como “verdadei-ro motor da transforma-ción da cidade” e atribuiu á súa formación a maio-ría dos logros dos últi-mos anos no Concello de Ourense. “Veremos agora sen motor como anda o coche”, ironizou. Somoza apostou pola “soberanía” como “a mellor forma que ten Galiza para sair desta crise e por tanto tamén Ourense”.

José Ángel Vázquez Barquero, que exerceu de voceiro socialista, repetiu prácticamente o discurso do seu xefe de filas, e re-clamoulles a PP e DO que sexan fieis ao principio de presunción de inocencia “e deixen de xerar alarma social e crear desconfian-za nos cidadáns”.

Ao remate da sesión, desde Anova Ourense fixeron chegar a súa valo-ración sobre o contido do pleno: “un debate cheo de reproches, con moita re-tórica e poucas ganas de chegar a acordos”, asegu-raron.

Page 16: Xaneiro 2013 - OUxB

16 Ourense por BARRIOSXaneiro de �013

Redacción

O Consello da Xunta aprobou este mes a de-claración de incidencia supramunicipal do Plan sectorial da rede viaria de Ourense e a súa área de influencia, que promove a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas. O ámbito xeográfico que abarca este plan sectorial comprende os concellos de Ourense, O Pereiro de Aguiar, San Cibrao das Viñas, Pader-ne de Allariz, Taboadela, Barbadás, Toén, Coles, Punxín e Amoeiro, o que implica unha poboación beneficiada de máis de 140.000 habitantes.

A Consellería de Me-dio Ambiente, Territorio e Infraestruturas elabo-rou este plan sectorial co obxectivo de analizar as comunicacións viarias da área de estudo e a súa interconexión coas princi-pais vías de comunicación existentes para acadar un sistema de transporte na área metropolitana que sexa eficaz, equilibrado, consensuado, estable e sustentable.

A finalidade deste plan é mellorar a mobilidade de Ourense e a súa área de influencia para cumprir co obxectivo global de ofre-cerlles aos cidadáns unhas infraestruturas viarias de

Entra en servizo a autovía a Celanova4 Reduce a 15 minutos o tem-po de viaxe entre Ourense e as Terras de Celanova.

calidade, que lles permitan desprazarse con segurida-de, rapidez e comodidade, dentro dun marco de mobi-lidade sustentable.

40 actuacións previstasEste plan prevé preto de

40 actuacións, que implican obras en 135 km de vías, e en termos de investimen-to supoñen un orzamento de máis de 150 millóns de euros. As actuacións vanse executar no horizonte tem-poral 2013-2020. Entre as previsións que a Conselle-ría inclúe neste plan están a melloras de travesías, como as da OU-540 ao seu paso por Barbadás, as da OU-536 desde A Derrasa ata o límite municipal con Esgos, e ás da OU-105 ata Taboadela. Tamén prevé mellora de itinerarios existentes, como a OU-537, e a creación de novos treitos de estradas.

Unha vez aprobada a de-claración de supramunici-palidade, a Axencia Galega de Infraestruturas some-terá o plan á información pública e, posteriormente, analizaranse as posibles alegacións e redactarase a memoria ambiental.

Avances no Plan sectorial da rede viaria de Ourense4 O plan, elaborado pola Con-sellería de Medio Ambiente, Te-rritorio e Infraestruturas, prevé 40 actuacións de aquí a 2020.

PROVINCIA

O plan contempla mellora de itinerarios existentes e travesías, e novos tramos

Redacción

O presidente da Xun-ta, Alberto Núñez Feijoo, acudiu o luns 28 de xanei-ro á posta en servizo da autovía Ourense-Celano-va, un novo vial de 18,7 km que conecta a A-5� con Celanova.

A autovía, cuxo orza-mento ascende a máis de 115 millóns de euros, re-ducirá nun 40% o tempo do percorrido entre Cela-nova e a cidade das Bur-gas, xa que a estrada OU-540 supón �5 minutos e a nova infraestrutura, tan só 15 minutos. A futura autovía AG-31 permitirá evitar os 10 quilómetros de travesías que hai que percorrer pola estrada ac-tual, incrementando así a seguridade viaria.

No que se refire a carac-terísticas técnicas, o tronco da autovía ten unha lonxi-tude de 18,7 km e dispón de cinco enlaces: A-52 (á altura de Rante), A Merca, A Barxa, Celanova centro e Celanova sur. Tamén hai tres viadutos: Rego do Por-to, de 162 m; Río Arnoia, de 199 m; e Río Ourille, de 75 m; así como 1� pasos superiores, 18 inferiores e unha pasarela peonil.

Obxectivo da lexislaturaNo seu discurso, Feijoo

destacou que nesta lexisla-tura completarase o obxec-tivo de que o 80% dos ga-legos estean a menos de 10 minutos dunha vía de alta capacidade. Neste senti-do, precisou que a autovía Ourense-Celanova, que be-neficia de forma directa ás

case 200.000 persoas que viven nas comarcas desta zona, incrementa ata 1�0 os quilómetros de vías de alta capacidade pos-tas en servizo desde abril de 2009 en toda Galicia. “Isto supón un gran fito, pero supón, tamén, outro compromiso, que é que nesta lexislatura que co-meza a finais do ano 12 e que finalizará no ano 16, poñamos a funcionar en Galicia outros 110 quiló-metros de vías de alta ca-pacidade”, afirmou.

O titular da Xunta su-bliñou que a apertura da autovía vai supoñer un revulsivo e unha oportuni-dade para a zona.

Neste acto, Feijoo es-tivo acompañado polo conselleiro de Medio Am-biente, o presidente da Deputación, o delegado do Goberno en Galicia e alcaldes da zona. Un gru-po de afectados polas pre-ferentes manifestáronse á súa chegada.

O presidente da Xunta xunto ao presidente da Deputación escoitan as explicacións dun-ha técnica no centro de conservación e explotación da nova autovía a Celanova./R.T.

O novo vial, de 18,7 km, conecta a A-52 con Celanova

A estrutura periférica da Xunta “non ten marcha atrás”P.L.

O delegado da Xunta en Ourense, Rogelio Martí-nez, afirmou que a nova estrutura periférica da ad-ministración autonómica “non ten marcha atrás, go-berne quen goberne” e que nesta segunda lexislatura “seguirase mellorando en coordinación”. Nun almor-zo informativo, Martínez referiuse aos “aforros im-portantes” que ten produci-do a decisión tomada polo Goberno de Feijoo na pasa-da lexislatura de substituir as delegacións provinciais de cada consellería por un único delegado “que coor-dine as distintas conselle-rías na súa provincia”. Así, cifrou en 200.000 euros o aforro anual en alugueres de oficinas, e os entre 70 e 80 mil euros aforrados pola supresión de vehículos ofi-ciais.

Martínez tamén fixo referencia neste encon-tro aos os orzamentos da Xunta para a nosa pro-vincia. Recoñeceu que se trata dun orzamento “moi restritivo” e que non se pode falar de “grandes inversións”, pero si da im-portancia do gasto corren-te en sanidade, servizos sociais e educación.

Rogelio Martínez, delegado da Xunta en Ourense. /P.L.

Page 17: Xaneiro 2013 - OUxB

17Ourense por BARRIOSXaneiro de �013PROVINCIA

P. Lodeiro

Nun clima “cordial” e “amable” produciuse a pri-meira reunión institucional entre o presidente da De-putación, Manuel Baltar, e o alcalde de Ourense, Agustín Fernández. Nela, os representantes das dúas institucións prometeron au-mentar a colaboración no eido cultural que se traduza nunha maior coordinación de programacións entre os dous centros culturais de re-ferenza: o Teatro Principal, que depende da Deputación, e o Auditorio municipal.

Pero os intereses comúns entre as dúas administra-cións non quedan aí. Fernán-dez e Baltar puxeron sobre a mesa asuntos de interese xeral para a capital ouren-sá para buscar unha postura

Alcalde de Ourense e presidente da Deputación prometen colaboración no ámbito cultural4 Ambas institucións queren “remar na mesma dirección” en asuntos estratéxicos para a capital ourensá como a integración ferroviaria.

común “para remar na mes-ma dirección”, en palabras do rexedor socialista. En primeiro lugar,a integración ferroviaria da alta velocida-de, onde os dous políticos coincidiron na necesidade de que Fomento fixe prazos e investimentos. Neste pun-to, Agustín Fernández cre que “hai que definirse xa”, recordando o ano de retra-so do proxecto definitivo de integración do AVE en Ourense. Nesta liña, Baltar apuntou que lle consta que á ministra de Fomento, Ana Pastor, “lle preocupa e que está a traballar. E esperemos que máis cedo que tarde sexa unha realidade ese pronun-ciamento con eses prazos e con eses compromisos”.

Débedas pendentesOs dous políticos aprovei-

taron o encontro para abor-dar un dos temas que máis controversia ten xerado en-tre as dúas institucións nos últimos tempos: a saída da Deputación do Consorcio do Festival de Cine. En re-lación a esta tema, técnicos

de ambas administracións reuniranse en vindeiras da-tas para liquidar o consor-cio e as débedas que poidan existir. Faran o mesmo co caso da saída do Concello de Ourense do Padroado Provincial de Turismo, que

tamén está por liquidar. Es-tes ‘desencontros’ non ex-

clúen, para Manuel Baltar, “que no futuro poidamos colaborar noutras iniciativas de tipo cultural, social”. No caso concreto do Festival de Cine, colaborando coa orga-nización a través da cesión de espazos, como o Centro Cultural ou o Teatro Princi-pal, a impresión de catálo-gos ou carteis, ou “algunha actuación”, detallou.

Os proxectos previstos para a Finca Mariñaman-sa (ampliación do com-plexo hospitalario, centro comercial, e urbanización) e a construción de centros de saúde na cidade (os do Couto e o Vinteún, pero ta-mén o proxecto dun ambu-latorio para Mariñamansa) foron outros dos temas ana-lizados nesta xuntanza, ce-lebrada no Pazo provincial. A idea de ambos políticos é repetir esta reunión a finais de febreiro “para fixar deci-sións”, explicaba o alcalde socialista.

Manuel Baltar e Agustín Fernández durante o seu encontro./P.LODEIRO

Deputación e Concello liquidarán proximamente o Consorcio do Festival de Cine e as débedas que poidan existir, así como o Padroado de Turismo

O plan contempla mellora de itinerarios existentes e travesías, e novos tramos

O novo vial, de 18,7 km, conecta a A-52 con Celanova

Page 18: Xaneiro 2013 - OUxB

18 Ourense por BARRIOSXaneiro de �013

4VETERINARIA

Os furóns son uns ani-malillos moi curiosos e juguetones. Aprender un pouco máis desta especie axudaranos a coñecer o seu comportamento, gustos e os seus principais coidados, para que este pequeno ami-go sexa feliz no noso fogar.

Datos que debemos coñe-cer:

- Poden chegar a vivir en-tre 8 e 10 anos.

- Polo xeral, os machos acadan un maior peso que as femias.

- Maduran sexualmente entre os 7 meses e o ano de idade.

- A súa xestación é de aproximadamente 42 días e poden ter de 2 a 10 crías.

- O seu característico cheiro almizclado débese principalmente á secreción das glándulas cutáneas se-báceas, secreción regulada polos andróxenos, máis for-te en machos. Estas glán-dulas adoitan involucionar

Todo sobre os furónscoa esterilización (castra-ción ou ovariohisterecto-mía). Posúen tamén unhas glándulas ou sacos anais, cuxa secreción desprende un cheiro intenso; esta ado-ita producirse cando están asustados, excitados, du-rante o celo ou a indución anestésica.

- Entran en celo dúas ve-ces ao ano, e a ovulación da femia é inducida pola equi-tación (é dicir, presenta ce-los persistentes en caso de non haber equitación).

- Adoita producirse muda na primavera e no outono. Pode chegar a producirse mesmo unha alopecia fisio-lógica simétrica, afectando á cola, flancos e coxas.

- Aínda que son animais moi juguetones e activos, tamén o son dormilones e perezosos. Necesitan un bo sitio onde gozar das súas horas de descanso, co seu hamaca ou cama e os seus xoguetes, túneles etc. para

os momentos de xogo. Tamén é moi importante axudalos a manterse lim-pos, sempre cunha rinco-nera con labra ou papel extrusionado onde poidan facer as súas necesidades. E moito coidado cos xo-guetes e obxectos de tea, porque lles encanta co-merllos.

- É xeralmente boa a convivencia entre dúas ou máis hurones, ao contrario do que poderiamos dicir noutras especies.

- Son animais carnívo-ros; a súa alimentación debe estar baseada en proteína de alta calidade, como a que se inclúe nos pensos especiais para eles ou nalgún de gatitos de alta gama.

[continúa no vindeiro número]

Deborah García Veterinaria especialis-ta en especies exóticas

Clínica Abros

SAÚDE

Redacción

O Servizo Galego de Saú-de en Ourense vén de facer balance da súa actividade en �01�, ano no que acadou resultados moi positivos. De feito, a 31 de decembro do pasado ano, todos os hos-pitais da rede pública de Ourense manteñen uns dos mellores índices asistenciais de Galicia, cunha media glo-bal de 45 días para interven-cións cirúrxicas e 44 días en primeiras consultas.

Intervencións e consul-tas

Ao longo do pasado ano nos tres hospitais de Ouren-se realizáronse 19.788 inter-vencións cirúrxicas, delas 14.826 programadas. Des-tas, 10.985 corresponden ao CHUO.

Esta actividade cirúrxica permitiu manter a espera media de patoloxías Priori-dade 1 (aquelas que compro-meten a vida do paciente) en 11,8 días e en 48,9 días os casos de Prioridade 2.

O SERGAS fai balance de 20124 Os servizos sanitarios de Ourense, Verín e O Barco atenderon máis de dous millóns de consul-tas e realizaron preto de 15.000 intervencións.

En Ourense realizá-ronse en �01� un total de 2.120.577 consultas médi-cas, o que daría un media de máis de 6 consultas anuais por usuario, sen incluir ur-xencias ou consultas de enfermería. Delas o maior volume represéntano as consultas de Atención Pri-maria con 1.580.711.

Pola súa banda, os tres hospitais de Ourense aten-deron 539.866 consultas (417.068 delas na capital). Das cales, 165.287 foron primeiras consultas, que este ano se incrementaron en casi un 5% con 8.010 atencións máis.

Menos urxencias nos hospitais e máis nos PAC

As urxencias atendidas en �01� polos centros de saúde ourensáns, PAC e Servizos de Urxencias hospitalarias foron 313.119. Neste eido, hai que subliñar a plena consolidación dos Puntos de Atención Continuada, xa que o 60% do total fo-ron atendidas neles, o que

supón un 8,2% máis que en 2011. En fronte sitúase a redución das urxencias atendidas en hopsitais, con 10.067 casos menos.

InnovaciónsDúas das últimas novi-

dades implantadas pola Xerencia de Xestión In-tegrada da nosa provincia son a Telemedicina e as vías rápidas, e ambas es-tán a experimentar grandes progresos, afirman desde o Sergas.

A Telemedicina é aplica-da en Ourense nas especia-lidades de Dermatoloxía, Oftalmoloxía, Medicina Interna, Cardioloxía e Ra-diodiagnóstico, e este ano ampliarase a anefroloxía, reumatoloxía e endocrino.

Pola súa banda, ata �01� implantáronse vías rápidas de actuación nos casos de cancro de mama e pulmón, demencia e lumbalxia, pa-toloxías ás que este ano engadíiranse as de cancro de vexiga, próstata e colo-Rectal.

Redacción

A mediados de xaneiro cumpliuse un ano do mo-mento no que os últimos pacientes das Unidades de Rehabilitación Psiquiátri-ca abandonaban definitiva-mente Toén para instalarse nas novas instalacións ha-bilitadas en Piñor. E agora profesionais, pacientes e responsables sanitarios co-inciden na evidente mello-ra deste cambio.

Na súa recente visita ao centro, a responsable da Xerencia de Xestión In-tegrada de Ourense, Eloí-na Núñez, destacou o seu convencemento e satisfac-ción pola medida adoptada “que dota aos pacientes de Ourense dunhas insta-lacións dignas da saúde mental do século XXI”.

Para Núñez mostra da plena actividade e adecua-ción deste proxecto é que as Unidades de Rehabili-tación Psiquiátrica rexis-traron, no seu primeiro ano de funcionamento en Piñor, 180 ingresos, acti-

Cúmplese o primeiro ano sen hospital psiquiátrico en Toén4 Neste tempo a sección de rehabilitación psi-quiátrica de Piñor xerou 180 ingresos e 173 altas.

vidade acorde cos moder-nos estándares asistenciais de atención psiquiátrica, xa que neste período produ-círonse 173 altas, o que in-dica unha importante ocu-pación e rendemento das súas máis de 60 camas.

Analizando os casos, o perfil do paciente de Reha-bilitación Psiquiátrica é un home novo, cunha media de idade de 46 anos, sendo a súa principal vía de acceso o ingreso voluntario.

A reacción dos veciñosAsemade a xefa de Sec-

ción do S. de Psiquiatría

do CHUO, María Jesús Gómez, quixo agradecer ao concello e poboación de Piñor a súa acollida e im-plicación, o que “supón un pulo importante cara a loita contra o estigma do pacien-te mental a integración”, explicou.

ToénPola súa parte, para as

instalacións de Toén presen-tarase unha nova iniciativa que permitirá devolvelas a utilidade pública, grazas a colaboración dunha ONG que lles dará un uso socio-sanitario.

Eloína Núñez durante a súa visita ao centro de Piñor en xaneiro do ano pasado./ARQUIVO

Redacción

Delegados de prevencion do CHUO presentaron unha denuncia ante Inspección de Traballo polo “estado de abandono” do hospital San-ta María Nai.

Ante a “gravidade” da situación, os delegados de prevención reuníronse de forma extraordinaria para decidir as medidas que se ían tomar ante a “desidia desta xerencia”, pois ven que os plans a longo prazo como o Hospital 2050, “es-tán moi ben, de forma vir-tual, pero consideran que as carencias que arrastra o complexo hospitalario de-ben ser abordados xa”.

“Non se pode consentir que o hospital Santa Ma-ría Nai sufra o abandono que padeceu o hospital de Toen, o cal, durante moi-tos, moitos anos deixouse á súa sorte, a cal ao final foi porlle o peche, pois o barco xa estaba afundido, e claro nese momento ti-ñan ao hospital de Piñor para facer o transvasamen-to pero se perece o hospital Santa María Nai, onde vai todo o que alí está metido? Consultas, hospitalización, etc.” Os profesionais non queren máis peches de hospitais nesta provincia polo que “farán todo o que estea nas súas mans para que isto non ocorra”.

Denuncia ante Inspección polo estado do hospital Santa María Nai

Balance da Plataforma SOS Sanidade PúblicaRedacción

A Plataforma SOS Sa-nidade Pública fai balance de catro anos de lexislatu-ra do PP na Xunta. “Ve-mos con moita preocu-pación as consecuencias das decisións políticas que teñen levado á nosa provincia a estar a cola no investimento sanitario cun claro impacto na mer-ma da calidade dos nosos servizos”, aseguran nun comunicado. No texto re-cordan algunhas desas de-cisións políticas: “na an-terior lexislatura Ourense non recibiu nin un euro para as súas infraestrutu-ras sanitarias; perdéronse 74 camas de hospitaliza-ción de crónicos co peche do Hospital de Piñor”, e “a creación dunha Uni-dade de Rehabilitación de Saúde Mental en Piñor non se levou adiante”.

Page 19: Xaneiro 2013 - OUxB

19Ourense por BARRIOSXaneiro de �013

[Se desexa anunciarse na Guía da saúde

chame ao 988 239 634 ou escríbanos

a comercial@ourenseporbarrios.

com]

SAÚDE

4GUÍA DE SAÚDE

4O BLOG DE SAUDETER

Cando é hora de avan-zar nas súas actividades? Por exemplo, cando xa pode levantar unha pesa facilmente máis de 10 ve-ces, é tempo de agregar máis peso aos exercicios de fortalecemento. E can-do as actividades de resis-tencia xa non senten como un reto, será hora de facer os exercicios por un pouco máis de tempo ou de au-mentar a dificultade das actividades, por exemplo, subindo camiños máis em-pinados.

Faga as probas aproxi-madamente cada mes. Escriba a súa puntuación cada vez para poder ver como mellorou. Vostede pode anotar a súa puntua-ción .

Facer estas probas de avaliación é unha boa idea por un par de razóns:

A primeira razón é que a maioría das persoas progresan rapidamente ao pouco tempo de comezar a facer exercicios, e dá moi-to ánimo ver que a puntua-ción mellorou despois de soamente un mes.

A segunda razón é que estas probas son unha boa maneira de saber se voste-de necesita actualizar as súas metas. Pero lembre: é normal que o seu progreso sexa menos rápido durante certas etapas.

Tamén lembre que cada persoa é diferente. Algun-has poderán progresar co tempo, mentres que para outras persoas, alcanzar certo nivel de actividade e permanecer nese nivel é o apropiado para a súa idade e o seu grao de habilidade.

Se vostede non está listo para facer esas probas, non se preocupe. Simplemente siga facendo os seus exerci-cios e actividades normais ata que senta que está listo. Xa sexa que está a facer as probas de avaliación ou fa-cendo a súa rutina de exer-cicios, o seu ritmo nunca debe facelo sentirse marea-do, desfalecido ou con mal de estómago, e non debería sentir dor.

Faga as probas de avalia-ción:

- Resistencia. Escolla unha ruta fixa, A medida que a súa resistencia mello-ra, deberá tomarlle menos tempo.

- Forza da parte superior do corpo. Conte o número de flexións dos brazos (vexa no que pode facer pruden-temente en 2 minutos.

- Forza da parte inferior do corpo. Conte o número de exercicios de pararse dunha cadeira (vexa no que pode facer prudentemente en 2 minutos.

- Equilibrio. Mida a can-tidade de tempo que pode estar parado sobre un pé .

- Flexibilidade. Se voste-de tivo cirurxía da cadei-ra ou das costas, fale co seu médico antes de facer esta proba de avaliación.Sentir firmemente na parte de adiante dunha cadeira firme e estire unha perna recta cara á fronte, co talón tocando o piso e os dedos do pé apuntando cara arri-ba. Ata onde pode lograr baixar e alcanzar antes de sentir un estiramento?

Un consello: non se lle esqueza felicitarse a si mesmo polos seus esforzos. Cóntelle aos seus paren-tes e amigos sobre os seus logros. Vostede progresou moito, e está listo para pro-gresar máis!

Saudeter

Evaluar o noso nivel de saúde e condición física debe estar ao

alcance de todos

“As probas de avaliación serven de motivación e para indicar que se debe actualizar as metas”

4PÍLULAS DE SENTIDIÑO

O 30 de xaneiro, ani-versario da morte de Ma-hatma Gandhi, celébrase o Día da Paz e a Non Vio-lencia. Para conmemo-rar este día en todas as escolas de España realí-zanse actos coa intención de ensinar a “cultura da paz”.

Como nais ou pais, que-remos que os nosos fillos saiban convivir en paz, resolver os seus conflitos sen pegar, compartir as súas cousas, defender a súa opinión sen enfadar-se… Pero, podemos facer algo para que os nosos fillos aprendan eses va-lores?

Os pais somos os prin-cipais modelos de condu-ta dos nosos fillos: os ne-nos fan o que ven; así que aquí van algunhas ideas

para a reflexión:Algo que aprendín de pe-

quena é que debemos tra-tar aos demais como nos gustaría que nos tratasen a nós. En maior medida, se cabe, ocorre cos nosos fillos. Debemos tratalos con cariño e respecto, es-coitándoos e poñéndonos no seu lugar (porque así nos gusta que os nosos fi-llos nos traten). Pegarlles, falarlles con malos modos, zarandealos, ridiculizalos ou insultalos non son re-cursos educativos eficaces.

Atrás quedaron os tem-pos en que os pais manda-ban e os fillos obedecían. Hai que aprender a educar doutro modo, sobre a base do diálogo. Para que todos nos sintamos cómodos é importante expresar os no-sos sentimentos e opinións e apoiar aos nosos fillos para que expresen tamén os seus.

Todos sabemos que dis-cutir diante dos nenos non é unha boa idea. Se a con-

versa sube de ton, é pre-ferible saír da habitación, respirar fondo e reflexio-nar un momento: quizás non sexa tan importante e esteamos sobredimensio-nando a cuestión.

Pero todos sabemos o fácil que é perder a pa-ciencia cos nosos fillos. Pois non contes até dez, conta até vinte. Aparca a cuestión até estar máis tranquilo e non perdas os estribos. Eles non poden mandarnos ao recuncho de pensar cando collemos unha rabecha (e ás veces ben que o merecemos).

Cando vexas un parti-do de fútbol ou escoites a un político, non realices comentarios que non che gustaría oír do teu fillo.

Defende os teus derei-tos con firmeza, pero sen agresividade. A paz cons-trúese respectando os dereitos dos demais, coi-dando o que é de todos e promovendo a igualdade de oportunidades.

Dalle unha oportunidade á paz

Ermitas Acevedoteknospsicoloxia.blogspot.com

[email protected]

“Os pais somos os principais modelos de conducta dos nosos fillos: os nenos fan o que ven”

Polémica por unha circular internaRedacción

A Xerencia de Xestión Integrada de Ourense, Verín e Valdeorras rexei-ta “taxantemente” que estea a coartar a liber-dade de expresión dos profesionais, por remi-tir unha carta aos xefes dos servizos médicos do Complexo Hospita-lario Universitario e de Atención Primaria de Ourense, “na que se lles lembra a obrigatorieda-de de solicitar permiso para ausentarse do posto de traballo para atender aos medios de comunica-ción”. “En ningún caso, a carta se refire ás labores sindicais, ou de control”, precisa a Xerencia.

A circular foi obxec-to da crítica do Colexio de Médicos, partidos políticos como AGE e o BNG, ou o Colexio de Xornalistas, entre outros colectivos. Todos eles criticaron o documento por pretender coartar a li-berdade de expresión dos profesionais sanitarios e pediron a retirada inme-diata desta orde interna.

Page 20: Xaneiro 2013 - OUxB

�0 Ourense por BARRIOSXaneiro de �013

PUBLICIDADE

O PPOU esixe que os 775.548 euros reclamados á empresa de Limpeza revirtan en rebaixa no recibo que pagan os ourensáns por este servizoOs populares lembran que nos plenos de maio, xuño e novembro de 2012, defenderon mo-cións –todas rexeitadas por PSOE e BNG- alertando dos incumprimentos da concesionaria co prego de condicións técnicas da adxudicación do servizo. No pleno de febreiro reiterarán esta petición

O tempo acaba dando a razón ao Grupo Munici-pal do PP no Concello de Ourense. Despois de que onte se fixera público que o Concello reclama 775.548 euros á empresa de Limpe-za por 14 incumprimentos do contrato por parte da adxudicataria, os popula-res lembran que ata en tres ocasións levaron este asun-to a pleno a través de mo-cións, que resultaron sem-pre rexeitadas cos votos de PSOE e BNG.

O 4 de maio de �01�, o portavoz municipal dos po-pulares, Rosendo Fernán-dez, avanzaba que existían serios incumprimentos no contrato da concesionaria, ainda que naquela sesión ceñiuse en exclusiva ao artigo 76, correspondente aos ingresos pola reciclaxe, que supuxo que ata 747.000 euros non fosen ingresados nas arcas municipais en tempo e forma, como así

o esixía o prego. Grazas á denuncia política dos popu-lares, esa situación solucio-nouse, aínda que o goberno municipal nunca aclarou debidamente o motivo polo cal se produciu esa irregu-laridade.

Un mes despois, o 1 de xuño de �01�, o PP defen-deu outra moción solicitan-do ao Goberno Local que esixise á empresa concesio-naria do servizo de limpeza que cumprise o prego de cláusulas técnicas. Rosen-do Fernández fixera daque-la un amplo relatorio das irregularidades detectadas e contrastadas: falta de pa-peleiras, baldeo de rúas con auga potable, falta de bocas de rego, deficiente barrido manual, falta de frecuencia no barrido mecánico, esca-sez de limpeza nas zonas rurais, retirada de animais mortos, falta de contedores e dos seus correspondentes microchips GPS, limpeza

de xardíns e zonas de xo-gos, menor frecuencia da contratada na recollida de residuos domésticos, reco-llida selectiva porta a porta inexistente, inexistencia de contenedores específicos para pilas, maquinaria usa-da cando tiña que ser nova, falta de área de xestión, in-formación, comunicación e imaxe, etc… Nas súas réplicas e argumentos para rexeitar esta moción, tanto a concelleira responsable como o propio alcalde, ne-garon estas afirmación e mesmo chegaron a defender a “excelencia” do servizo.

Finalmente, o � de no-vembro de �01�, os popula-res pediron a través doutra moción que se rebaixase a taxa municipal do servizo municipal de recollida e tratamento de residuos sóli-dos urbanos, tendo en conta que o servizo prestado non era acorde ao contrato sus-crito co Concello. Tamén

a rexeitaron PSOE e BNG facendo caso omiso aos in-cumprimentos no prego de cláusulas expostos de novo polo portavoz popular.

Agora, cando parece ser que a auditoría (documento solicitado en reiteradas oca-

Concelleiros do PP no último pleno municipal.

sións por Rosendo Fernán-dez, tanto por escrito como en sesións plenarias) reflic-te o manifestado polos po-pulares, o Grupo Municipal do PPOU esixe ao Goberno municipal que a cantidade reclamada á empresa por

parte do Concello, este in-greso atípico, debe repercu-tir nos petos dos ourensáns, descontándose dos recibos que se lle pasan aos veciños desta cidade, xa que estive-ron a pagar por un servizo que non estaban recibindo.

“A cantidade reclamada á empresa debe repercutir nos petos dos ourensáns, descontándose dos recibos”

Sae adiante a proposta de celebrar anualmente un pleno extraordinario para debatir o estado da cidadeEsta figura, recollida e recomendada nos estatutos da FEMP, nunca ata o de agora se levou a cabo no Concello de Ourense

A proposta do Partido Po-pular de celebrar todos os meses de xaneiro de cada ano un pleno extraordinario que sirva de informe e con-trol da xestión do goberno municipal foi aprobada por 14 votos a favor (os 11 do PP máis o BNG) e 13 en contra (PSOE E DO) no pleno extraordinario cele-brado este 29 de xaneiro.

O PP solicitara a convoca-toria dun pleno de carácter extraordinario para debatir sobre o estado da cidade, actuacións e omisións leva-das a cabo dende xuño �011

e liñas xerais de actuación no �013, e para propoñer que este tipo de plenos tive-sen carácter anual.

Esta iniciativa é inédi-ta no Concello de Ouren-se, pese a que hoxe en día é unha práctica habitual noutras grandes cidades –e recomendada pola FEMP-.

Á vista da situación na que se atopa o Concello, consideran os populares que todos os ourensáns te-ñen o dereito de coñecera situación real e as liñas a seguir polo goberno local da cidade. Toda vez que

o goberno municipal que iniciou o mandato non é o mesmo que o actual, debido aos sucesos que propiciaron a súa descomposición.

Lembrou Rosendo Fer-nández que en xuño de �011, BNG e PSOE rubri-caran un decálogo no que si-nalaban as “liñas maestras” do Bipartito que apenas un ano despois estoupou polos aires. “Como grupo maio-ritario desta corporación, e tendo en conta que nos debemos aos nosos votan-tes, nos vemos na obriga de solicitar este pleno para que

o actual equipo de Goberno explique e clarifique a súa “folla de ruta”, esa da que moito falaron pero da que ninguén sabe nada”.

Nestes meses, á mar-xe da descomposición do bipartito trala Operación Pokemon, o portavoz popu-lar sinala que “asistimos a situacións kafkianas como foron as reiteradas e siste-máticas pérdidas de sub-vencións, á xudicialización dun servicio municipal tan sensible como o de Axu-da no Fogar; á non menos obstinada falta de xuntas

de área de Urbanismo para evitar dar información lexí-tima aos representantes dos cidadáns de Ourense; e a un sinfín de irregularidades que semana a semana, ple-no a pleno, xunta de área a xunta de área, viñemos fa-cendo públicas”.

O Grupo Municipal do PP tamén aproveitou a se-sión extraordinaria para plantexar alternativas en positivo, co fin de preservar o interese xeral dos ouren-sáns e “acadar, por fin, algo de rumbo neste desnortado goberno municipal”.

Rosendo Fernández, vo-ceiro do PP no Concello de Ourense.

Page 21: Xaneiro 2013 - OUxB

�1Ourense por BARRIOSXaneiro de �013PUBLICIDADE

Page 22: Xaneiro 2013 - OUxB

�� Ourense por BARRIOSXaneiro de �013

4ANUNCIOS CLASIFICADOS[Deixe os seus anuncios no 988 239 634 ou en [email protected]. Gratuítos para particulares; negocios, consultar tarifas. Os anuncios mantéñense durante

dous meses; no caso de que queira repetilos despois dese prazo ou retiralos antes, volva chamarnos]

VENDAS

TRABALLOVENDA PISOSVendo casa en Nogueira de Ra-muín. Prezo: 3.000.000 de euros. Tel.: 988 246 096 e 664 118 065Vendo apartamento zona �1 por 96.000 euros. Tel. 675 51 11 79.Vendo piso no Couto,75 m�, 3 dor-mitorios, 1 baño, cociña amoblada, terraza de 35 m�, calefacción gas cidade, 93.000 euros negociables. Tel. 699 01 45 60.Vendo apartamento con � ha-bitacións, un baño, salón-cociña, buhardilla e garaxe pechado. Zona 21. Tel. 675 521 179.Vendo piso na avenida de Portugal (zona Couto). Calefacción central, todo exterior. Tel.: 988 22 39 32.Vendo piso en avda. Zamora, 3 dormitorios, baño, cociña e cale-facción. Tel.: 659 968 143Vendo dous terreos de 7600m� cada un, en Xinzo de Limia, zona parque da Telleira con accesos pola rua San Sebastián ou Avenida de Madrid. Poderiase ver sin pro-blema. Tel. 622 82 84 47Apartamento de 2 habitacións, baño, cociña, salón, garaxe. En Vigo, a 5 minutos da praia. Tel.: 636 422 497.Vendo apartamento con garaxe na praia de Patos, Nigrán. Tel. 679 04 06 04

Alúgase baixo de 110 m� na Car-balleira, exterior, luminoso, ideal para negocio ou almacén, con zona de carga e descarga. Tel. 661 926 529 ou 670 43 34 90.Alugo oficina xunto ao pazo de Xustiza e local no casco vello de Ourense. Tel. 637 005 910.Alugo apartamentos en Montal-vo de 1 e � habitacións para pontes e fins de semana, a 30 euros o día. Tel.: 607 271 916Alugo piso amplio, amoblado, zona Couto. 400 euros comunida-de incluída. Tel: 606 569 228Alugo casa amoblada con finca e xardín en Celanova. Tel. 617 925 873Alugo dous apartamentos na zona do Posío, con praza de garaxe e calefacción. Tel. 617 92 58 73Alugo local de 55 m� no Vinteún-Peliquín. Tel. 988 21 29 00.Emprendedores: terreo de 2.300m� en Melias (Pereiro de Aguiar), con auga propia, apto para todo destino (horta, colmeas, viñe-dos etc.) a 50 m. da estrada, vénde-se ou alúgase por 100 euros ao mes, con opción a compra (negociable). [email protected] piso amoblado de 3 dor-mitorios, � baños, salón enorme, ascensor e calefacción en avda. Portugal. 988227976 - 649052182Búscase finca en aluguer de renda baixa para cultivar nos arredores da Valenzá. Tel.988 546 006.Alugo local para negocio de hosta-lería de �00m� reformado en Xin-zo de Limia con � baños,almacén, baño de camareiros, barra central, porche e posible terraza exterior.

ALUGUER

Mércanse mobles ou electrodo-mésticos de 2º man e cómpranse obxectos antigos. Tel. 988 21 22 24Véndese leña de carballo a bo pre-zo. Tel. 630 521 448. Vendo carriño de bebé comple-to en perfecto estado, 250 euros. Tel. 687 511 472 e 988 37 30 50 (noites).Vendo máquina expendedora de bebidas quentes. Tel.: 666 726 469Vendo conxelador 160x70 cm. Zanussi Aplus. Sen usar. Garantía 2 anos. Tel. 647 232 974Vendo vestido comuñón, semi-novo (impecable). De Mayna. Colección 2012. Bo prezo.Tel.619 516 824Vendo 2 sillas de coche para bebé e 2 carriños. Practicamente novas. Prezo interesante. Tel. 629 87 90 82Vendo Samsung Galaxy Ace 100 euros. Telf: 647272198.Vendo traxe comuñón neno. Talla 12. Impecable. De Wendoline. Co-

Danse clases particulares de boxeo impartidas polo campión de España do 2007. A calquera hora do día. Tel. 647 232 974Ofrecese moza para pasear os teus cans. Económico. Tlfno 605 088 744.Ofrécese chica para limpeza de escaleiras ou servizo doméstico. Zona 21. Tel. 636 39 25 25Ofrécese chica para coidar persoas maiores, nenos ou para empresas de limpeza, con experiencia. Tel. 988 25 86 34.Ofrécese auxiliar de enfermería para coidado de nenos, persoas maiores ou discapacitados. Tel. 664 615 990.Ofrécese chica para tarefas do-mésticas, coidar persoas maiores ou nenos. con informes. Tel. 654 33 83 21 Ofrécese chica con experiencia para camareira. Tel. 675 11 71 19.Clases particulares. Todas as ma-terias e niveis, técnicas de estudo, informática. 12 anos de experien-cia. Material didáctico propio. 1ª semana gratis sen compromiso. Tel. 988 213 480. [email protected]ózanse fincas e fanse por-tes. Tel.: 656 940 550.Piano-voz para ceremonias e eventos, repertorio variado e per-sonalizable. Tel. 663 733 179, [email protected], fb: duo piano voz.Ofrécese señor para segu-ridade persoal, vixilancia, acompañamento,etc. (pertencente a f.c.s.e.).Tel. 636.32.95.24Ofrécese modista, traballos de

AUTOMÓBILVendo Mercedes 300 D, clásico, 1982, para rehabilitar. Asentos de coiro. Automático. Tel. 670 718 942Vendo Mercedes en bo estado. Prezo a convir. Tel.: 656 940 550Vendo Opel Astra, 66.000 km, tel. 988 24 41 07.Vendo Toyota Corolla 1.6, con A.A., C.C., E.E. e llantas de alumi-nio. 3.500 euros. Tel. 607 812 996

CLASIFICADOS

COMPARTIRBúscase chic@ para compartir piso zona Couto. 200 euros gastos incluidos. Televisor en habitación, calefacción, cociña, etc. Máis info en [email protected]ártese oficina en avda. San-tiago (acceso desde a rúa). Ideal despacho, correduría de seguros,

calidade, rapidez e bo prezo, re-collida a domicilio ou tendas. Tel. 988.25.53.02Ofrécese señora para coidar per-soas maiores ou nenos en Ourense, tel. 988 21 44 69.Ofrécese señora para coidar de persoas maiores, nenos e tarefas do fogar, en Ourense, e polas tar-des. Posúo curso de axuda a do-micilio, ampla experiencia, boas referencias. Tel. 685 37 41 91.Chico de 24 anos busca traballo como mozo de almacen ou xardi-nería, con carné de conducir. Te. 672 62 14 08.Ofrécese señora para coidar per-soas maiores ou nenos, todo o día, tanto en fogar como hospitais. Con experiencia e informes. Tel. 988 24 60 96 e 664 11 80 65.Ofrécese chica para traballar, con informes. Tel. 988 25 86 34.Límpanse fincas e pódanse árbo-res e viñas. Tel. 699 00 83 55Clases particulares durante o curso académico 2012 / 2013, con opción de impartir varias materias curriculares. A todas as etapas. A domicilio. Económico. Tel. 636 619 589 e [email protected]écese chico para traballos de xardinería de todo tipo, con carné de carretilla. Tel. 645 81 81 92 Ofrécese rapaza para servizo doméstico, coidado de nenos e persoas maiores, con título, e tra-ballos de perruquería a domicilio. Tel. 645 81 91 91 Pintor realiza traballos de pintura economicos, rápidos, con total se-riedade e limpeza, orzamento sen compromiso Tel. 627 775 849.

lección 2012. Telf: 659 857 932.Vendo galos de Mos, Tel 988 24 89 67 e 677 02 37 36.Vendo vestido de noiva seminovo, branco con pedrería, a bo prezo. Tel. 676 948 475Vendo estanterías metálicas. Tel. 988 47 08 55.Vendo dereitos da PAC. Tel. 626 07 37 51Vendo canapé de madeira tapiza-do de 135 cm con patas de madeira e de regalo o colchón de muelles, gran calidade e seminovo, �30 euros, tel. 637 756 687.Vendo leña de carballo. Tel.: 656 940 550Vendo series completas de sellos de correos de diferentes países e te-máticas a prezos módicos. Tel. 605 388 596 e [email protected] silla xemelar pareada, de 0 meses a 15 kg, perfecto estado, 200 euros. Tel. 699 868 091.Véndese vestido de comuñón, ta-lla 105, bo estado, tel. 653 685 359 e 988 21 12 61.Venda de mobiliario de perruque-ria, semi novo.A un prezo econó-mico:lavacabezas,tocadores,sillas. Tel. 675 279 133Vendo máquinas recreativas (mo-delos vellos), máquinas de dardos, expendedoras de tabaco e demais elementos afíns, etc.Máis info: [email protected] bolso guru 30 euros. Tlf 676 928 138.Vendo botas nº 40, 12 euros. Tel. 647 272 198.Vendo estanterías de almacén 1x0,70 e caixa forte 59x49, bo es-tado e bo prezo. Tel. 988 47 08 55Vendo radiador de ferro lacado en branco, como novo. Tel. 988 28 00 26Vendo conxelador de �00 litros, marca Fagor 4 estrelas semiusado. 180 euros. Tlf: 603507434

etc.Zona moi luminosa. Prezo a negociar. Tel. 696 64 12 22.

Situación inmellorable zona Praza Carlos Casares fronte ao Concello. Poderíase ver sen problema. Tel. 622.82.84.47 Alugo praza de garaxe en Vigo (zona céntrica) Tel: 679 040 604

Page 23: Xaneiro 2013 - OUxB

�3Ourense por BARRIOSXaneiro de �013PASATEMPOS /CARTAS / SERVIZOS

Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-32.323.925. Depósito Legal: OU 151-2002 / OU 125-2003 / OU 164-2004/ OU 155-2007. Redacción: r/ Valle Inclán 25 2º Of. 15 - 32004 Ourense. Tel: 988 239 634 - 988 549 717. Correo-e: [email protected]. Distribúe: Orixe. Imprime: Publicaciones Tameiga.Directora: Paula Lodeiro. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción: Paula Lodeiro, Ramsés Torres, Óscar Blanco. Fotografía: Ramsés Torres, Paula Lodeiro, Óscar Blanco. Colaboracións: Pepe da Guardesa, Silvia Nieto, J.E. Bóveda, J.L. Iglesias Vázquez, R. Sertaje, S.Ganay, M.Pintos, X. Calviño, C.V. Abros, A.V.Ou., Círculo Poético Orensano

Nº125/115/101/64 - Ano: XII - Xaneiro de 2013 - Difusión: 40.000 exemplares (Ed. Couto:11.000, Ed. Ponte Canedo: 10.000, Ed. San Francisco: 9.000 exemplares e Ed. Centro: 10.000 exemplares). Impreso en papel 100% reciclado. A opinión do periódico exprésase só no editorial, os artigos e cartas ao director expoñen posturas persoais. Este periódico non pode serreproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Se ten algún problema co reparto, chame ao 988 239 634.

Concello Ourense 988 388 100Concello Barbadás 988 360 000Deputación 988 385 100Xunta de Galicia 01�Pazo de Xustiza 988 370 728 Policía Local 092 / 988 388 138P. Local Barbadás 988 221 050Policía Nacional 988 391 771Guardia Civil 988 235 353Guardia C. Tráfico 988 222 881ITV 902 309 000Bombeiros 080 / 988 370 000Incendios forestais 085Prot. Civil 24 h. 988 510 254Prot. Civil Barbadás988 391 479Cruz Roja Ourense 988 222 484SOS Galicia 11�Urxencias e ambulancias 061Consultas sanitarias902 400 116Cita previa SERGAS 902 077 333 H. Sta. Mª Nai 988 385 499Hospital Cristal 988 385 500Atención Cidadán 988 392 909Teletaxi 988 21 00 11Taxis A Valenzá 988 251 471Taxis Carrefour 988 231 657RENFE 902 240 202

4CARTAS AO DIRECTOR

4AUTOBUSES: liñas e horarios en www.urbanosdeourense.es

liña á Valenzá e hora-rios en www.anpian.com

[Envíanos as túas cartas ou foto denuncias (que non excedan de 10 liñas) a [email protected], ou a

r/Valle Inclán, 25, 2º, of. 15, 32004, Ourense, acompañadas de nome completo, DNI e teléfono de contacto]

Pleno extraordinario

na Deputación de Ourense

O outro dia estivemos a asistir como público no pleno da Deputación de Ourense e foi vergoñoso, aínda que co resultado es-perado. Quen podería crer que o PP daría o visto e prace para a comisión de investigación de algo que é vox populis, que o propio J.L. Baltar recoñeceu mul-titude de veces aos medios de comunicación que era un cacique, pero “un caci-que bo”, isto lembráronllo no pleno aos deputados do PP, que non o desmen-tiron, pero esta bondade

só é para os seus, para os seus amigos, para os seus familiares, todos do PP, é dicir, un bo patriarca cos seus, dá a entender que só goberna para eles.

Tamén nos chamou a atención de que ante algo sobre o que son xuíz e par-te poidan votar, é dicir, como os deputados locais sobre os que a comisión de investigación igual pó-delles salpicar, directa ou indirectamente, poden ne-garnos aos cidadáns saber con probas o que na rúa se di.

E para máis INRI, todos estes días temos que ouvir á sra. Cospedal que definiu ao “PPde G como baluarte e abanderado do seu parti-

Nivel fácil

Para resolvelo, coloca un número en cada recadro de maneira que cada fila, cada columna e cada un dos nove recadros conteñan os números do 1 ao 9 sen repetirse.

Nivel medio

4SUDOKUS

Nivel difícil

do en España”, vaia exem-plo co PP de Ourense, ta-mén dixo que o partido que fundou Fraga defende “a decencia, a honestidade e a honradez” (sen comen-tarios).

Todo isto queda en pala-brería, pois cando chegado o momento de demostrar iso pechan as portas para que ninguén lles xulgue pois son intocables, a súa maioría aválaos. Tamén a Sra. Cospedal dixo “neste partido o que a fai a paga e cada un aguantará o seu vela”; volvemos dicir,

charlatanería barata, porque aos cidadáns non nos enganan, xa que tras as palabras queremos fei-tos e aí é onde xa non hai continuidade.

Con este resultado só poden estar decepciona-dos os afíns ao PP, pero os que non necesitaron do partido para buscarse a vida, e que cren na igual-dade á hora de optar a un traballo independente da súa ideoloxía, sexo e relixión, a que nos soa iso?

Cándida Pérez e Alejandra Losada

Estación autobuses 988 216 027Correos 988 223 083 Fenosa 988 222 222Aquagest 988 250 088Atención menor 900 202 010Asoc. Diabética Auria988 226 608AECC 988 219 300C. C. Antisida 988 233 000Alcer 988 229 615AFAOR 988 219 292Alcoh. Anón. 646 645 11924h. Alc. Anón. 988 269 540Alcoh.An. 24h. 988 22 76 23 Asoc.Crohn 630 136 447Down Ourense 988 370 313Atención Muller Maltratada 016

4TELÉFONOS DE INTERESE

Page 24: Xaneiro 2013 - OUxB

�4 Ourense por BARRIOSXaneiro de �013

Os Orzamentos da Xunta para 2013 son os máis sociais da historia da autonomía, cun 77% do gasto destinado a sanidade, educación e servizos sociais

ECONOMÍA E EMPREGO

Redacción O proxecto de Lei de Or-

zamentos da Comunidade galega para �013 reforza a aposta do Goberno autonó-mico polo equilibrio do te-rritorio, priorizando o gasto por habitante nas provincias de Ourense e Lugo fronte ás de Pontevedra e A Coruña, pois os recursos que destina por habitante nas provin-cias interiores son un 50% superiores ás atlánticas.

Así, a suma dos investi-mentos da administración xeral e dos entes dependen-tes supón que o gasto por habitante será o vindeiro ano de 778 euros na provin-cia de Ourense e de 767 na de Lugo, mentres que á de Pontevedra se destinará 538 euros e á da Coruña 503. Desta forma, a de A Coruña terá unha dotación global de 576,9 millóns de euros; a de Pontevedra, de 518,6; a de Lugo de 269,8; e a de Ourense, de 259,3 millóns de euros.

A conselleira de Facen-da, Elena Muñoz Fonteriz, entregou xa no Parlamento o proxecto de Lei de Orza-mentos para �013, os máis sociais da historia da auto-nomía, cun 77% do gasto destinado a sanidade, edu-cación e servizos sociais, co que gañan 8,9 puntos de peso desde o ano 2009.

Muñoz Fonteriz expli-cou que esta blindaxe do gasto social é compatible con que o axuste dos gastos

de capital sexa catro veces inferior ao conxunto das autonomías, pois Galicia é a segunda comunidade en termos absolutos que máis recursos destina a investi-mentos.

Presente e futuroAdemais, resaltou que

coas contas do vindeiro exercicio o Goberno galego pensa no presente pero ta-mén no futuro co obxectivo de, unha vez que foi a pri-meira autonomía que con-trolou o déficit público, ser tamén unha das primeiras en conseguir saír da crise.

A titular de Facenda sa-lientou tamén que a Ad-ministración autonómica continúa co seu esforzo en áreas chaves, como os concellos, que contarán en �013 con 1�5 millóns de euros e que acumulan un financiamento adicional de 78 millóns de euros desde o ano �010, polo que a Xunta mantén o seu esforzo pese a que as dispoñibilidades de recursos seguen caendo.

Igualmente, subliñou que se fai un esforzo simi-lar, sostido no tempo, coas universidades, xa que se ga-rante o cumprimento do seu sistema de financiamento e se mellora en dous millóns de euros o capítulo dedica-do a I+D+i.

Axuste tres veces infe-rior á media

A Administración auto-nómica contará en �013

cun gasto non financeiro de 8.479 millóns de euros, un 2,5% inferior á capacidade de gasto deste exercicio, cumprirá coa redución do déficit en máis de 400 mi-llóns de euros, ata o 0,7% do PIB, polo que diminuirá o recurso ao endebedamen-to en máis da metade en re-lación a 2012. Este axuste orzamentario para o vindei-ro exercicio supón tres ve-ces menos que a media de rebaixa das comunidades autónomas, que se sitúa ao redor do 7%.

A titular de Facenda re-saltou que precisamente o control do endebedamento durante os últimos catro anos permitirá que os gas-tos financeiros da Comuni-dade galega aumenten tres veces menos que a media das autonomías.

Nas vindeiras contas mantéñense como priori-dades a solvencia da co-munidade e a blindaxe dos servizos públicos, cunha contención do gasto corren-te que duplica o axuste dos gastos de capital.

Os orzamentos entrega-dos á Cámara tamén confir-man que o PIB da economía galega será do -0,9% en �013, dúas décimas mellor que o agardado para Espa-ña, e que a comunidade po-derá manter un diferencial positivo de entre 4,5 e 5 puntos en taxa de paro.

Para reforzar a aposta pola reactivación econó-mica e sentar as bases para

poder recuperar taxas posi-tivas da economía as contas inclúen un novo Fondo de Crecemento, dotado con 386 millóns de euros, para mellorar a eficacia dos in-vestimentos autonómicos.

A Xunta reforza en 2013 o gasto na provincia de Ourense para seguir impulsando o reequilibrio territorial4 O investimento por habitante na provincia de Ourense será de 778 euros.

A conselleira de Facenda na entrega dos Orzamentos á Cámara galega. /CONCHI PAZ.

Na presentación dos orzamentos da Xunta para 2013, Alberto Núñez Feijoo destacou que as contas elaboráronse desde a perspectiva de manter a estabilidade orzamentaria de acordo cos compromisos dunha comunidade solvente.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, afir-mou que os Orzamentos �013 “cumpren os nosos obxectivos como rexión europea, como comunidade da España autonómica, cos servizos públicos esenciais e inician unha política de crecemento económico”.

Así mesmo, avanzou que se tratan dunhas contas que parten da prudencia e que buscan seguir blindando o autogoberno, “que é blin-dar os servizos públicos esenciais na comunidade”.

“Aseguran as presta-cións esenciais e o 77% da totalidade dos recursos de Galicia dedícanse aos ser-vizos públicos esenciais; incrementan os recursos para aquelas persoas que requiren maior asistencia social; reforzan o poder adquisitivo dos emprega-dos públicos aos que se lles sigue pedindo un esforzo no próximo ano e damos a oportunidade de anticipar

Feijóo: “Os orzamentos 2013 cumpren os nosos obxectivos como rexión europea, como comunidade da España autonómica, cos servizos públicos esenciais e inician unha política de crecemento económico”

a quen o solicite a metade da paga extraordinaria de xuño ao mes de xaneiro; continúan a aposta ininte-rrompida pola solvencia das contas públicas; avan-zan na eficiencia a través da contención do gasto corren-te, que diminúe o dobre do que diminúe o presuposto de investimentos e capital; e incrementan o compromi-so coa volta ao crecemento, creando un Fondo específi-co de Crecemento que bus-ca o apoio para os empren-dedores”, explicou a modo de resumo.

O titular da Xunta aseve-rou que os presupostos de �013 cumpren, novamen-te, coa máxima duns or-zamentos realistas. “Facer uns presupostos realistas –dixo- ten sido a prioridade da Xunta en 2009, en 2010, en �011, en �01� e esa mesma prioridade manten-se para 2013. E isto supón asumir a realidade da crise na que nos movemos; asu-

mir o obstáculo de contar con menos ingresos nunha España nunha profunda crise económica; e contar con menos recursos que o ano anterior, e Galicia con-ta hoxe con máis de 2.500 millóns de euros menos de ingresos que en 2009”.

Non obstante, aseverou que a fortaleza coa que conta a comunidade galega radica en ter uns presupos-tos realistas e rigorosos, “e nesta nova lexislatura –insistiu- imos seguir por esta vía, partindo da máxi-ma prudencia, porque por riba de todo ten que ser un presuposto que sirva ao interese xeral, que sirva á solvencia do autogoberno e que sirva ao mantemen-to dos servizos públicos esenciais”.

Feijóo subliñou que estes presupostos preséntanse no prazo máis breve posible; de xeito que que na última semana de febreiro serán aprobados no Parlamento.

Page 25: Xaneiro 2013 - OUxB

�5Ourense por BARRIOSXaneiro de �013ECONOMÍA E EMPREGO

4 Investimentos da Consellería de Medio Ambiente, Infraestruturas e Territorio en Ourense (actuacións máis destacadas)AXENCIA GALEGA DE INFRAESTRUTURAS 2013 53,08 M€Concesión. Autovía A52-Celanova 19,91 M€Convenio Xunta – Aceousa para a supresión de peaxes 15,33 M€Conservación de estradas 11,45 M€Xinzo – Cualedro 0,61 M€Acondicionamento OU-0502, Gustei – Os Peares. Convenio coa Deputación 0,54 M€Desenvolvemento do Plan Sectorial de aparcadoiros disuasorios 0,37 M€Outras actuacións na provincia 4,87 M€AUGAS DE GALICIA 2013 6,57 M€Convenio EDAR de Reza en Ourense 2,84 M€Colectores de depuración, fase II. Cortegada 0,60 M€Achega a consorcios locais (Valdeorras) 0,50 M€Abastecemento a varios núcleos da Porqueira 0,33 M€Mellora do abastecemento ao núcleo de Carballeda de Valdeorras 0,33 M€Saneamento e abastecemento en Seadur. Larouco 0,31 M€Saneamento, depuración e mellora do abastecemento no Concello de Melón 0,08 M€Outras actuacións na provincia 1,58 M€SX ORDENACIÓN DO TERRITORIO E URBANISMO 2013 1,14 M€Axudas ao planeamento: Axuda PXOM Ourense 0,54 M€ (0,13 M€)Convenio urbanización do contorno do templo da Veracruz, O Carballiño 0,43 M€Contornos urbanos Plan Hurbe. Cualedro. 0,14 M€VIVENDA E SOLO 2013 10,44 M€Parque empresarial de Pazos (Verín) 3,36 M€Construción e urbanización de VPP: Vilamarín (1,73 M€), Ourense (1,07 M€), Maside (0,14 M€) 2,94 M€Axudas á rehabilitación 2,04 M€Programa Aluga 0,83 M€Axudas á adquisición de vivendas 0,15 M€Reparación de VPP 0,13 M€Outras actuacións na provincia 0,99 M€SX CALIDADE E AVALIACIÓN AMBIENTAL 2013 0,50 M€Punto limpo A Veiga 0,36 M€Punto limpo San Cibrao das Viñas 0,14 M€

Solar no que se levanta o futuro edificio xudicial de Ourense e onde se construirá o centro de saúde do Couto, na capital ourensá./ARQUIVO.

Redacción

A Consellería de Medio Ambiente, Infraestruturas e Territorio destaca que o rigor e a solvencia das con-tas da Xunta permitirán á Administración galega o mantemento das grandes infraestruturas na provincia de Ourense. Os orzamentos para o ano �013 permitirán dar continuidade ou rematar as grandes obras que se ato-pan en marcha na provincia en materia de estradas, sa-neamento, abastecemento, vivenda e equipamentos públicos, aos que se desti-narán máis de 73 millóns de euros.

Actuacións destacadasO principal esforzo do

departamento que dirixe Hernández será para con-servación e mantemento de estradas, con máis de 11 millóns de euros. Así

mesmo, a autovía Ouren-se-Celanova Sur conta cun investimento de case �0 millóns de euros, e manten-se a supresión da peaxe da Autoestrada Alto de Santo Domingo – Ourense (15,3 millóns de euros).

Tamén se executarán acondicionamentos e me-lloras de seguridade vial en distintas estradas da provin-cia, polo que a suma para o apartado de infraestruturas increméntase en máis de 6 millóns de euros, ao pasar dos 47,0� en �01� ata os 53,08 para o vindeiro exer-cicio.

Compromiso co medio ambiente

Ademais, as contas da Consellería de Medio Am-biente permitirán manter os compromisos ambientais coa calidade das augas, coa xestión de residuos e coa ordenación do territorio. In-

vestiranse case 7 millóns de de euros en infraestruturas hidráulicas, o que implica un aumento dun millón de euros, respecto dos orza-mentos do anterior exerci-cio. Este investimento per-mitirá financiar as obras da EDAR de Reza en Ourense, case 3 millóns de euros, así como dotar de saneamento, depuración e mellorar a rede de colectores dos concellos desta provincia, como é o caso de Cortegada, Melón e Porqueira.

Tamén se habilitan par-tidas económicas para re-matar os puntos limpos que axudarán a mellorar a xestión dos residuos sóli-dos urbanos da Veiga e San Cibrao das Viñas.

As axudas para que os concellos da provincia ini-cien ou avancen a redac-ción dos seus planeamentos continúan nos orzamentos que xestionará a Secretaría

Os orzamentos destinan 73 millóns de euros para estradas, vivenda, equipamentos públicos e medio ambiente4 As políticas de acceso á vivenda e as liñas de promoción de solo empresarial tradúcense nunha partida de máis 10 millóns de euros, tres máis que en 2012.

Xeral de Ordenación do Territorio, departamento que executará as obras de urbanización do contorno do templo de Veracruz, no Carballiño.

Mellora da mobilidadeOutro dos fitos que a Xun-

ta se marca coa execución destas contas é a posta en marcha do plan de transpor-te metropolitano da area de Ourense. Para avanzar os primeiros pasos, disponse dunha partida que permitirá asinar o convenio de colabo-ración e subvencionar parte do custe do prezo do billete e os transbordos. Destaca tamén outra partida para o desenvolvemento do Plan Sectorial de Aparcamentos disuasorios.

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e In-fraestruturas tamén finali-zará en �013 as vivendas de promoción pública que está a construír nas localidades de Vilamartín ou Maside.Continuarán as axudas á re-habilitación de inmobles, á adquisición de vivenda, e o o Programa Aluga.

O desenvolvemento de solo industrial e empresarial na provincia ten un protago-nismo importante nas contas de �013, xa que se avanzará no parque de Pazos, en Ve-rín. Así, o capítulo de pro-moción de vivenda e solo implica un investimento global de máis de 10 millóns de euros para o 2013.

Ao longo dos últimos días os conselleiros foron comparecendo no Parla-mento galego para avaliar os orzamentos para �013 dos seus respectivos depar-tamentos.

No caso da Consellería de Presidencia, Adminis-tracións Públicas e Xusti-za, no que atinxe á provin-cia destaca o investimento no futuro edificio xudicial da capital ourensá.

En canto á Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, dous centros educativos (o Padre Feijoo de Allariz e o Ben Cho Sey de Perei-ro de Aguiar) levarán cada un medio millón de euros neste �013 para a súa am-pliación. O departamento que dirixe Xesús Vázquez destinará a a reparacións e melloras en colexios e institutos da provincia 1,8 millóns de euros. No eido cultural, destacan os 671.809 euros para obras en materia de patrimonio cultural no Concello de Ourense.

No que respecta á Con-sellería de Sanidade, os principais investimentos na provincia van para o plan director do complexo hospitalario de Ourense (14 millóns, máis outras

partidas dos proxectos Hospital 2050 e Innova) e para a construción dos centros de saúde do Couto (3,6 millóns de euros) e da Valenzá (3,3 millóns).

A Consellería de Medio Rural e do Mar é unha das que máis inviste na provin-cia. O departamento que dirixe Rosa Quintana reser-va en 2013 225.102 euros para os regadíos da Limia; 1,3 millóns para obra nova; 1,6 millóns para mellora de estruturas agrarias; medio millón para adquisición vehículos dentro do conve-nio do plan de zonas rurais; 346.499 euros para traba-llos silvícolas, así como outras partidas para mon-tes veciñais e man común en Maceda (16.279 euros), Bande (27.053 euros), Vilar de Barrio (67.515 euros), Celanova (12.205 euros), Quintela de Leira-do (11.685 euros) Trives (91.517 euros), A Gudiña (43.473 euros), e Viana do Bolo (29.304 euros).

A prevención e extinción de incendios recibe un montante global que alcan-za os seis millóns de euros, sumando equipamento e dotación de cuadrillas, aluger de medios aéreos de extinción e dispositivo contra lumes forestais.

4 Investimentos en educación, sanidade e medio rural

Page 26: Xaneiro 2013 - OUxB

26 Ourense por BARRIOSXaneiro de �013 ECONOMÍA E EMPREGO

Redacción

O 60% dos empresarios ourensáns cre que en �013 poderá manter os postos de traballo nos seus negocios, considerando que durante este ano se freará o ritmo de destrución de emprego. Esta é unha das principais conclu-sións da enquisa realizada pola Cámara de Comercio de Ourense e cuxos datos forman parte do informe Perspectivas Empresariais en España e Europa 2013.

A esperanza mostrada po-los empresarios ourensáns en materia de emprego contras-ta coa súa opinión achega da contorna económica que pre-vén para 2013. O 56% con-sidera que será peor e o 80% que empeorou en 2012.

Esta previsión reflíctese nas outras variables analiza-das na enquisa, de tal modo que o 46% dos enquisados considera que verá reducida a súa cifra de negocio neste exercicio, mentres un 68% afirma que se reduciu no ano recentemente terminado.

En canto ao mercado na-cional, se o 67% dos empre-sarios recoñece que as súas vendas diminuíron en �01�, para este ano a porcentaxe de

INFORME PERSPECTIVAS EMPRESARIAIS 2013

Máis da metade dos empresarios ourensáns pensan que 2013 será peor4 O 60% dos empresarios da provincia cre que en 2013 se freará a destrución de emprego.

P.L.

A plantilla de Amencer Reciclado está en folga pola decisión da empresa de le-var adiante un ERE para despedir �0 dos seus 37 empregados, na súa maioría discapacitados. Os traballa-dores concentráronse este xoves �4 de xaneiro diante do Concello, onde deron a coñecer a súa crítica situa-ción, pois levan sen cobrar os salarios desde o mes de outubro.

Segundo Anxo Pérez, representante da CIG, a proposta do sindicato para desconvocar a folga a cam-bio da retirada do ERE e

do compromiso do pago de catro meses de salarios ade-bedados (máis de 70.000 euros) a principios de fe-breiro foi rexeitada pola di-rección da empresa. “Non acabo de comprender como esa proposta non se acepta porque é acabar o conflic-to e falar do futuro, se non acepta é porque algún outro tipo de interese oscuro hai”, asegura Pérez.

O sindicalista atribúe o bloqueo das negociacións, non ao xerente de Amencer Reciclado, senón á propia Aspanas, da que depende a empresa, que se dedica á re-collida selectiva de cartón, papel, plástico e vidros para

Os traballadores de Amencer Reciclado, en folga4 A empresa adebédalles o salario desde outu-bro e quere despedir 20 empregados.

o seu posterior reciclado, para o que emprega persoal con algún tipo de discapaci-dade física ou psíquica.

O sindicalista entende que se pode manter o 100% do emprego recolocando ao persoal excedente noutras empresas de Aspanas; e ad-virte que “o diñeiro público non é para pagar despidos nin é para reconvertir em-presas de servizos sociais en empresas mercantilis-tas”.

Débedas do ConcelloAmencer Reciclado e

Aspanas atribuiron o re-traso no pago dos soldos e a necesidade de reducir

Concentración dos traballadores de Amencer Reciclado fronte ao Concello, o pasado 24 de xaneiro./P.LODEIRO.

Redacción

Segundo os datos que vén de facer públicos a CIG, Ourense segue sen-do a segunda provincia galega, despois de Pon-tevedra, con maior taxa de desemprego (22,7%) e remata o 2012 con 30.300 parados. O dato de decem-bro reflexa unha variación de 90 desempregados me-nos que no mes anterior e o sector servizos é o que maior número de parados concentra, con 12.193.

Así mesmo, en �01� realizáronse 3.666 con-tratacións, 390 menos que no ano anterior e a precariedade continúa en aumento, pois só houbo 314 contratos indefinidos Así, a taxa de actividade da nosa provincia (dun 47,41%) acada mínimos históricos, sendo a máis baixa de todo o Estado.

Ademais, os beneficia-rios de prestacións por desemprego seguen dimi-

nuíndo e só 8.103 de dos máis de 30.000 parados perciben esta prestación.

EREs e emigraciónEn �01� a provincia ex-

perimentou un significativo aumento de EREs, así como unha masiva saída da mo-cidade cara outras rexións e países. Datos dos que a CIG- Ourense responsabili-za á Xunta, xa que “co fan-tasmagórico Plan Impulsa e a reforma laboral que aba-rata e facilita o despido é a gran responsable desta grave situación de desemprego”.

Emprego públicoAdemais, dende este sin-

dicato lembran que na nosa provincia “ten tamén moi-ta importancia a perda de emprego dos empregados públicos nas distintas admi-nistracións coa política da Xunta de negarse a cubrir vacantes, a conxelación da oferta de emprego público e agora coa implantación do despedimento a través

dos EREs”.

ValoraciónsAs valoracións sobre es-

tas cifras récord de desem-prego tamén chegan desde os partidos políticos. Nese sentido, o coordenador te-rritorial de Compromiso x Galicia, Xosé Manuel Pérez Bouza, considera que é “ur-xente” cambiar a estratéxia, “pondo en marcha políticas activas de emprego e de crecemento económico, que fagan posible que pouco a pouco vaiamos saíndo desta difícil situación”.

E desde a Federación Ga-lega de Empresas Inmobi-liarias (FEGEIN) os datos da enquisa de poboación activa deben provocar unha “profunda reflexión” e esixen ao Goberno a “in-mediata implantación da unidade de mercado e da lei de emprededores, dúas leis imprescindibles para iniciar a ansiada recuperación eco-nómica e a recuperación da creación de emprego”.

enquisados que esperan ver reducidas as súas vendas é do 43%.

O optimismo, nas expor-tacións

A exportación é un dos datos que convidan o opti-mismo, pois o 26% dos em-presarios di aumentar as súas vendas noutros países. Para 2013 o 53% espera manter o seu mercado exterior e o 18% confía en aumentar a súa expansión internacional.

Doutra banda, o 47% con-sidera que será posible man-ter os seus investimentos, seguido moi de preto por un 41% que cre necesario redu-cilos.

Ourense suma 4.000 desempregados máis4 A nosa provincia remata �01� con máis de 30.000 desempregados, dos cales só 8.000 perci-ben algunha prestación por desemprego.

O 80% dos empresarios cre que a situación empeorou en 2012

plantilla ao feito de que o Concello de Ourense lles adebede 148.000 euros. O Concello só confirma unha débeda de 35.000 euros que segundo a edil de Limpeza, Susana Bayo, será abona-da “no prazo máis curto de tempo posible”. Bayo fixo

un chamamento a Aspanas para que busque vías de solución ao conflicto “para manter o maior número de empregos posibles” e reite-rou a súa “total disposición para continuar traballando con Aspanas”, así como o seu “maior respecto” aos

traballadores desta entidade e “ao seu labor nesta cida-de”.

A CIG agarda que o Con-cello de Ourense supedite a sinatura de novos convenios con Aspanas ao mantemen-to dos postos de traballo, tal e como prometeu o alcalde.

Page 27: Xaneiro 2013 - OUxB

�7Ourense por BARRIOSXaneiro de �013PUBLICIDADE

Page 28: Xaneiro 2013 - OUxB

28 Ourense por BARRIOSXaneiro de �013

Rocholl Perruqueiros cumple 10 anos

Unha década leva Ro-choll Perruqueiros ofre-cendo tratamentos de beleza integrais para o cabelo, cara e corpo, cun asesoramento personali-zado a cada cliente.

Este salón de beleza, que dirixe María José Ro-choll desde �003, está si-tuado na rúa Emilia Pardo Bazán, e nel traballan ca-tro profesionais da perru-quería e a estética.

A variedade de servizos que ofrecen van desde a perruquería, coas últimas tendencias en corte, cor e cosmética capilar tanto para home como para mu-ller; á estética, con trata-mentos corporais e faciais, manicura, pedicura, pee-ling corporal, depilación, e micropigmentación; e á saúde, con técnicas como a reflexoloxía podal, hi-drolinfa e masaxes re-

María José Rocholl xunto a Marta, Lorena e Natalia, nun rincón da perruquería.

laxantes. En Rocholl Perruqueiros

son especialistas en colora-ción, o que fai deste salón un dos referentes nestas técnicas en Ourense. “Para min é fundamental un bo traballo técnico, busco a perfección”, explica María José. En canto á filosofía da

perruquería, María José teno claro: “quizais nos diferen-ciamos en que tratamos de ensinarlle aos nosos clientes como coidar o seu cabelo e a súa pel; ambos falan e, como profesional, sabes o que demandan”. “Buscamos que o cliente estea satisfeito, que se sinta ben, porque o

coidamos como a nós mes-mas”, remata.

Descontos por aniversarioPara celebrar estes dez

anos de servizos, Rocholl Perruqueiros invita a clien-tes e amigos a unha festa no pub 30 y Tantos o próximo 14 de febreiro, e ofrece nes-tas datas descontos de entre un 15 e un 20% en servizos e produtos.

Para celebrar o aniversario Rocholl ofrece descontos en servizos e produtos

SOCIEDADE

Redacción O ilustrador Javier Pastor

Díaz (Barcelona, 1974) foi o gañador da X edición do premio “Pura e Dora Váz-quez de Ilustración Infantil e Xuvenil”, que convoca a Deputación de Ourense, dotado con 1.500 euros.

O xurado destacou da obra premiada “a súa forza visual” e o “uso moi ex-presivo do collage dixital”. Asemade, valorou sinala-damente que se trata dunha “composición con gran di-namismo”, axeitada para o segmento de idade ao que vai dirixida a narración, e tamén subliña a “moder-nidade e o cromatismo da

ilustración”, a cal, “re-forza e potencia o texto, conformando un conxunto agarimoso, moi axeitado para o público infantil”.

Javier Pastor Díaz na-ceu en Barcelona aínda que ten raíces galegas. É licenciado en Historia do Arte e traballa desde fai máis de dez anos como ilustrador.

O certame “Pura e Dora Vázquez” acadou este ano un récord de participación, con 60 obras presentadas. Os ilustradores tiñan que basearse no texto gañador do premio de narración “Por que está triste Mia-ñas?”, da escritora Ángela Fernández Rey.

Javier Pastor gaña o X “Pura e Dora Váz-quez de Ilustración”4 O xurado elixiu por unani-midade a obra do ilustrador bar-celonés.

Page 29: Xaneiro 2013 - OUxB

29Ourense por BARRIOSXaneiro de �013SOCIEDADE

Paula Lodeiro

Cando e como naceu La-bregos Daiquí?

Manuel García: “Como idea naceu no 91, 92… Foi unha iniciativa do Move-mento Ecoloxista da Limia (MEL), co obxectivo de demostrar que o sistema agrario tradicional que que-daba en Rairiz de Veiga, os últimos vestixios da chaira limiá, podía ser un sistema rendible, viable, se non se destruía, como se fixo co resto da Limia.

Polo que estabamos nunha loita ecoloxista e a partir de

aí empezou a coller forma a idea de Labregos Daiquí. Dicíamos, ‘onde vende-mos?’ No ano 97 invitáron-me a unha feira en Madrid, Biocultura, e alí fun co co-che cargado con toda clase de produtos e o primeiro día vendín todo. Había un grupo de xaponeses moi interesa-dos en consumir alimentos producidos nesta contorna. E aí foi o principio de Daiquí como empresa comerciali-zadora. Creouse un grupo de consumo, de xaponeses e al-gún outro madrileño, e cada dúas semanas ía a Madrid a levarlle os produtos.

E así fomos andando ata que no ano �000 din unha charla nun grupo ecoloxista en Vigo, e alí xurdiu outro

grupo de consumo. A cousa ía aumentando e decidimos darnos de alta como distri-buidores de froita”.

Agora, cantas familias traballan para Daiquí?

M.G.: “A cooperativa, de produción e distribución, está formada por cinco so-cios, e logo a parte hai fami-lias do concello e de zonas próximas que producen para Daiquí. Ademais, traballa-mos con agricultores ecoló-xicos do resto de Galicia e España.

Ao principio as familias ti-ñan pouco onde escoller, por iso montamos un invernado-iro e empezamos a producir produtos que non eran habi-tuais: cenoiras, brécol, remo-lacha, cebolas… A medida

que foi regulándose a agri-cultura ecolóxica, apuntámo-nos no Consello Regulador e animei aos produtores a facer o mesmo. Desa forma podía-mos vender mellor fóra, so-bre todo grandes producións, das que tiñamos excedentes. E segue sendo así, porque acá aínda non hai consumi-dores para tirar dun grupo amplo de produtores ecoló-xicos. Esa é a nosa loita, gus-taríanos ademais de producir aquí o máximo posible, ter aquí os máximos consumi-dores posibles”.

Como vendedes?M.G.: “Temos unha web,

daiqui.com, onde a xente pode facer a compra e nós os servimos mediante em-presas de transporte, por

todo o Estado”. Como vos afecta a crise

económica?M.G.: “Milagrosamente,

aínda que hai moitos consu-midores que o están pasando mal, o consumo de alimen-tos ecolóxicos segue aumen-tando. E moi lentamente en Galicia están xurdindo máis puntos de venda”.

Hai diferenzas no prezo entre a agricultura ecoló-xica e a convencional?

M.G.: “Aparentemente si. O que pasa é que os prezos da agricultura convencio-nal son totalmente falsos e

inxustos, porque non con-templan os custos reais de produción e o custo ecolóxi-co que supón producir.

É incomparable, en agri-cultura ecolóxica partimos dunha produción que respeta o contorno, respecta a saúde das persoas, e iso vale moi-to diñeiro, porque o Estado está investindo moito di-ñeiro en curar as persoas de cancro, alerxias, diabetes… enfermidades inducidas pola química que se utiliza á hora de producir alimentos. Por iso o futuro pasa por unha agricultura ecolóxica”.

ENTREVISTA A MANUEL GARCíA, DE LABREGOS DAIQUI

“O consumo de alimentos ecolóxicos segue aumentando a pesar da crise”

4 O proxecto Labregos Daiquí demostra que a agricultura ecolóxi-ca pode ser respectuosa co contorno, á vez que produtiva e viable.

Exportan produtos para toda España

Manuel García amósanos algúns dos produtos ecolóxicos que venden a través de Labregos Daiquí./P.LODEIRO.

Page 30: Xaneiro 2013 - OUxB

30 Ourense por BARRIOSXaneiro de �013

Barbadás prepárase para o carnaval4 O martes 1� de febreiro ás 17 horas será o gran desfile.Redacción

O Concello de Barba-dás non vai a ser menos ca outros ourensáns en canto a celebracións de Entroido se refire, de feito xa ten lista unha completa programa-ción, para cativos e maiores, nos días grandes desta festa.

A celebración botará a an-dar o venres 8 de febreiro, co desfile infantil da garde-ría municipal ás 10.45 horas e a cea de comadres no res-taurante O Muiñeiro a partir das 21.30 horas (o menú terá un custo de �0 euros e consistirá en ibéricos, empa-nada, cocico, fillos recheas, orella de entroido, bebidas e café).

O luns 11 será o turno do concurso infantil de disfra-ces e obradoiro de maqui-llaxe artística na Casa da

Cultura, de 17 a 20 horas.

Gran desfileXa o martes 1� de fe-

breiro chegará o gran des-file de Entroido que perco-rrerá A Valenzá dende as 5 da tarde. Ao remate haberá unha disco-móvil e proce-derase á entrega de premio. Como sempre haberá dúas categorías: enxebre e artís-tica. De cada grupo serán premiados os seis mello-res, que recibirán premios económicos que van dende os 260 aos 400 euros. As comparsas e carrozas po-den inscribirse neste des-file ata o 8 de febreiro na Casa da Cultura.

Por último, o mércores de cinza, ás �0 horas, terá lugar a queima do meco. Ao remate haberá bica, li-cor e moita música.

Redacción

Con tanta tradición en-troideira na nosa provin-cia non é de extrañar que diversos barrios da capital ourensá organicen activi-dades propias de carnaval.

EiroásNo caso de Eiroás, as

festas da Pita comezan o �7 de xaneiro co Domingo Fareleiro; o 3 de febreiro será o Domingo Oleiro; e xa o sábado 9 celebrarase o folión de Entroido.

Xa o martes 1�, ás 13 horas, terá lugar a voda da Pita, seguida do xantar dos noivos. A festa remata-rá cun baile e concurso de disfraces, seguido da quei-ma do meco.

SeixalboPaquita e Nicanor son os

reis do Entroido de Seixal-bo, os cales percorrerán o

A Pita, Paquita e Nicanor, e Frai Canedo, outros dos protagonistas do Entroido4 En Eiroás, Seixalbo, A Ponte e O Couto.

pobo o 3 de febreiro ás 16 horas para ser deixados logo na Praza Maior. De seguido, terá lugar o xogo das olas.

O venres 8 procederase á lectura do pregón en Ouren-se. E o domingo 10 ás 11.30 horas celebrarase a proce-sión ata a Capela de San Águeda, ás 14.30 haberá un xantar na rúa Maior e ás 16 horas unha actuación sobre o programa “Un, dos, tres”.

O martes ás 16 horas ce-lebrarase o desfile de com-parsas e ás �0 Paquita e Ni-canor serán queimados. Por último, terá lugar a entrega dos mecos para a súa custo-dia ata o vindeiro ano.

Xa o mércores de cinza celebrarase o enterro da sar-diña ás 21.30 horas.

A PonteO Entroido comezará na

Ponte o sábado 9 cun baile de disfraces a partir das 23.30 horas. O domingo celebrase

un gran xantar dende a unha do mediodía; ás �0 horas ha-berá espectáculos infantis; e ás 22.30, baile popular cun-ha discoteca móvil.

O luns 11 de febreiro será o día grande de Frai Cane-do. Ás 18 horas procederase á xuntanza dos frades, e ás 19.30 comezará a purifica-ción do lugar co “potefu-meiro”, sermón e bendición dos novos cofrades. Unha hora despois será a proce-sión polas rúas da Ponte, e de seguido celebrase a cea

na honra de Frai Canedo (só para socios).

O CoutoO barrio do Couto ten pre-

parado un completo sábado de Entroido, que comezará ás 11 horas co desfile de comparsas. Ás 16.30 habe-rá, nas galerías do Couto, baile de disfraces infantil, con agasallos e discoteca móvil. E xa ás 19.30, na rúa Greco, un baile de disfraces para os adultos con actua-ción musical.

A voda da Pita é tradición no Entroido de Eiroás.

especial ENTROIDO

Page 31: Xaneiro 2013 - OUxB

31Ourense por BARRIOSXaneiro de �013ENTROIDO especial

Nunha provincia na que o carnaval se vive de forma moi especial, Ourense que-re ser capital do Entroido e para iso o Concello ela-borou unha programación para todos os públicos e na que se reforza a ambienta-ción musical na rúa durante os cinco días de festa.

As primeiras actividades comezarán xa cos xoves de compadres, día 31 de xa-neiro, e comadres, o 7 de febreiro. Eses días haberá regueifas e loitas tradicio-nais protagonizadas por es-colares e organizadas pola Concellería de Educación.

O venres 8 de febreiro

O Entroido de Ourense reforza a programación musical durante o díaUn total de 15 charangas reali-zarán arredor de 50 pases en-tre os cinco días de festa

terá lugar na Praza Maior o Pregón do Entroido, cuxo encargado aínda está por perfilar. O que si se coñece é que estará acompañado por un bo número de Reis e Raíñas dos últimos �5 anos de Entroido. O pregón será ás 21.00 horas e ao rematar sairá un pasarrúas cos Fes-ticultores.

Desde ese día, e ata o mércores 13, a cidade en-cherase de ambiente ame-nizado polas charangas, un total de 15 que realizarán arredor de 50 pases duran-te todo o Entroido. Este ano a programación esten-de a festa ao longo do día,

con actuacións tamén pola mañá, e con maiores perco-rridos das charangas, desde o Parque de San Lázaro ata o casco vello polas rúas Santo Domingo e Paseo. As charangas disporán de cin-co espazos acondicionados con tarimas para as actua-cións. Serán no Parque de San Lázaro, Praza do Ferro, Praza dos Eironciños, Santa Eufemia e na rúa dos For-nos.

Para os máis pequenos

están programadas diver-sas actividades. Por un lado, a Asociación Xuvenil Amencer, organiza o día 9 unha festa infantil na Praza Maior, que continúa pola tarde co “Baile da Corte”. Outro dos eventos a desta-car é a actuación do Sonoro Maxín, que ofrece un con-certo o luns día 11 na Praza do Correxidor a partir de medianoite. Finalmente, o mércores o enterro da Sar-diña porá o peche a edición

4 Concurso de comparsas

Ata o 7 de febreiro está aberto o prazo de inscri-ción de carrozas e compar-sas no desfile do Entroido de Ourense, o domingo día 10.

O certame está aberto á participación de asocia-cións veciñais, culturais ou xuvenís, grupos, co-lexios, que poderán ins-cribir as súas carrozas ou comparsas na Concellería de Cultura (Auditorio) an-tes das 14 horas do xoves 7.

Haberá premios ao Rei ou Raíña do Entroido, comparsa con menos de 10 compoñentes, compar-sas con máis de 10 com-poñentes, comparsa máis numerosa, comparsa máis ocorrente, comparsa con mellor animación, carroza con mellor deseño e carro-za con mellor animación.

Tamén haberá axudas para todos os participan-tes que completen o des-file e non acaden ningún premio.

A concelleira de Cultura e Educación, Ana Garrido, xunto ao autor do cartel do Entroido, Mani Moretón, e ao técnico de Cultura Alexandre Hermida./P.LODEIRO.

de 2013. A concentración para seguir ao cortexo será ás 20.30 h na Praza Maior.

Entroidos nos barriosO Concello colabora ta-

mén cos Entroidos que se organizan desde os barrios, como o da Pita en Eiroás, o de Paquita e Nicanor en Seixalbo ou o de Frei Cane-do na Ponte. Como novida-de, este ano haberá desfile no Couto o sábado 9.

[O programa completo en www.ourense.es]

Page 32: Xaneiro 2013 - OUxB

3� Ourense por BARRIOSXaneiro de �013 ARTIGOS / OCIO E CULTURA

EN BREVE

4 Premio Carracedo 2013

A Deputación de Ourense vén de convocar o premio “Xosé Aurelio Carracedo �013”, que se concede anualmente ao mellor traballo xornalís-tico –gráfico, escrito ou audiovisual- publicado nun medio de comunica-ción galego ou referido a Galicia -neste caso ao lon-go de 2012-.

Nesta edición o certame outorgará un único premio dotado con 3.000 euros, ao cal poderán optar os profesionais ou colabora-dores habituais de medios de comunicación, e que presenten os seus traba-llos na propia Deputación ata o 15 de marzo.

4 XXIX Premio de poesía “Cidade de Ourense”

A Concellería de Cul-tura organiza o XXIX Premio de Poesía “Cidade de Ourense”, para todos aqueles traballos inéditos -compostos dun mínimo de seiscentos versos- pre-sentados en galego ou portugués.

Poderán participar to-dos os interesados -agás os gañadores das cinco últimas edicións-, que de-berán entregar os seus tra-ballos antes do 30 de abril no Rexistro do Concello de Ourense ou na Cáma-ra Municipal de Vila Real (Portugal). A obra gaña-dora recibirá 6.000 euros e será publicada.

4 Reperkusión 2013 busca artistas

Reperkusión vén de abrir o proceso de selección dos artistas que actuarán no Escenario de Día durante a edición �013 do festival -a cal se celebrará en Bem-posta do 10 ao 1� de maio cun cartel encabezado por Fermín Muguruza-.

Poden presentar a súa so-licitude -ata o �0 de febrei-ro- todos os que se adiquen á música, circo, pasarrúas, exhibicións, monicreques, teatro, caberé ou perfor-mance.

Os seleccionados goza-rán de acampada, cátering os días de actuación e 300 euros.

[+ información en www.reperkusion.com]

O regato das Caldas nace nos prados de Vilar das Tres, na Bouza, pasa polo monte San Mamede, onde hai tumbas moi an-tigas en roca viva chama-das “sartegos”. Pasa ao lado das fontes do Mar-qués de Guizamonde, que eran as que abastecían de auga potable a Ponte

4HISTORIA DE PONTE CANEDOOs antigos regatos de Ponte Canedo

4DESDE O SOTO DO CONCELLO

O belén que montou Baltar...!Hai moitos, moitos

anos, nunha afastada pro-vincia, había un reino no que vivía un cacique que se facía chamar “Baltar, o cacique bo”. El dicía que era bo porque axudaba aos seus servos arranxan-do os seus problemas e permitindo que traballa-sen para el no seu feudo.

Pero non todos pensa-ban así... porque, quéira-se ou non, unha forma de actuar caciquil e feudal está levando un “reino”, a nosa provincia, a unha lenta pero inexorable morte.

Este cacique coidaba dos seus servos, e os ser-vos á súa vez regalábanlle o seu voto para que puide-se perpetuar a súa especie na provincia polos séculos dos séculos.

Pois ben, co paso dos anos ao reino do cacique chegaron uns novos ca-baleiros e ocuparon outro castelo preto do seu e cha-

márono “Concello” e alí tamén se podía traballar. Estes cabaleiros eran os seus inimigos e, aínda que non eran os máis feroces, atacábano constantemente criticando a súa forma de actuar porque defendían, en teoría, outra idea para poder traballar no seu rei-no. “Todos os ourensáns somos iguais e temos o mesmo dereito a traballar na Deputación que os seus amigos” dicíanlle ao caci-que Baltar. E así ano tras ano llo recordaban a todas as horas e pelexaban con-tra os seus malos “costu-mes laborais”.

Pero, como xa sabemos, en todas as historias nas que hai un “bo” tamén adoita haber un “malo”, un “peor” ou o máis terrible: un “máis do mesmo”. Os cabaleiros que criticaban a forma de actuar do caci-que fixérono exactamente igual no Concello, pero, iso si, en menor contía porque

no que se refire ao cacique Baltar nunca ninguén fixo tanto por tan poucos e me-nos así de vergonzoso e es-candaloso. Non cremos que ninguén dese máis de 3.000 postos de traballo nunha ci-dade de 100.000 habitantes e todos iso á antiga usanza. Vostedes xa saben, directa-mente enchufados pola súa cara bonita ou pola súa ár-bore xenealóxica.

Vinte anos despois a guerra parece chegar ao seu fin. No fragor da ba-talla o lugartenente do ca-cique “cuspe” que a xefe do PSOE é afiliada ao PP e este ameaza con non lles pagar máis a cota se se-guen mentindo sobre ela, hahaha. É dicir, que tanto PP coma PSOE non só son iguais á hora de actuar, se-nón que ademais teñen os mesmos afiliados! Todo un poema!

En fin, como se adoita dicir: Ourense é un pobo e aquí sábese todo. E todos

4”CONTO” CONTIGO

A nova ordeAquela parella non daba

crédito a canto acontecía ao seu redor. Logo dun-ha loita sen resollo por acadar a orde suprema, comprobaban como esa orde, a antítese perfecta a tanto caos pasado, se facía realidade. E vían ante seus catro ollos como todo cobraba senso; como o ambiente se enchía de harmonía e de paz.

Respecto, ortodoxia, calma e cautela ao redor. A parella chegou a pensar que non tardaría moito en non ser precisa, pois se chegara a ese punto tan ansiado polo mundo.

Chegábase ao final da dura tarefa que se lle encomen-dara.

Agora todo estaba en orde, e foi testemuño de tan importante fito unha simple parella da benemérita, que avanzaba paseniño no seu vehículo oficial ao longo dunha concorrida estrada, un día no que non espera-ban tan magno acontece-mento, xa que só ían a un taller económico, a varios quilómetros da capital, le-var unha roda picada para darlle arranxo.

Jorge Emilio Bóvedajorgeemilioboveda.es

Maior cando aínda eramos concello independente. Si-gue por debaixo do verte-doiro e volve saír á superfi-cie na Zarra, continúa polo Paraíso a Botica, continúa ata a escola do Regueiro e adéntrase en fincas particu-lares. Percorre as fincas de Santa Ana e Bobadela. Ten que salvar o ferrocarril, a

nacional 120 de Villacas-tín a Vigo e volve apare-cer n o campo do “Arren-do” e prado dos Valeiras. Pasa plo antigo balneario das Caldas e desemboca no campo de Santiago ao lado do Tinteiro. A súa desembocadura ten moito que desexar, pero en fin, é o que hai.

Pepe da Guardesa

O regato pasa preto do antigo balneario das Caldas.

sabiamos o que había, pero aínda así o cacique seguía gañando por maio-ría de votos.

O máis triste de todo é a lección. Isto amosa aos nosos mozos que naceron crendo que é máis impor-tante coñecer a alguén que estar ben preparado na túa profesión, e que o que hai que facer é a “pe-lota” para obter un bo traballo.

Eu pregúntome: de quen é a culpa? Vostedes sábeno? Cantos ouren-sáns lle seguían votando a pesar de saber todo o que facía? Tristemente, se se volvese a presentar segu-ramente volvería arrasar! Así é Ourense... e nas súas mans está o cambio.

Democracia Orensana

“Nunca ninguén fixo tanto por tampoucos e así de escandaloso”

O Derrame Rock, pendente dun acordo co ConcelloRedacción

A concelleira de Edu-cación, Ana Garrido, e os organizadores Derrame Rock, reuníronse para achegar posturas de cara á celebración da edición �013 deste festival na cidade. Nesta xuntanza, a organización asumiu unha redución dos custos do certame, e o Concello comprometeuse a estuda-la e dar unha resposta en xaneiro.

Enrique Granda e Anto-nio Pérez, representantes da organización, expuxé-ronlle á edil unha alterna-tiva para o Derrame Rock que pasaría pola súa ubi-cación en Oira, renuncian-do ao uso do campo de herba artificial e reducin-do o espazo de acampada. Garrido valorou positiva-mente esta oferta e comu-nicoulles que será estuda-da a nivel económico.

Page 33: Xaneiro 2013 - OUxB

33Ourense por BARRIOSXaneiro de �013

4AVATARES DUNHA ACTRIZ NOVATA

DespedidasEsta semana resultoume

fermosa e dura a un tem-po, chea de contrastes. O sábado acudín a II Xuntanza de Matalobos. Trátase dunha reunión na que convidan a participar a actores e seareiros da serie. Eramos uns cantos e gozamos todos coma cativos. Houbo xente que viña dende zonas tan dis-tantes de Galicia coma a mariña lucense e Salce-da de Caselas, e tamén houbo quen se atreveu a vir dende Madrid. É o segundo ano consecutivo que se realiza, organi-zada por María Guitián, unha rapaza estupenda e toliña pola serie.

Charlamos, coñecémo-nos, comentamos cou-sas da serie, xantamos, bebemos e troulamos. Luis Iglesia encargouse de que todos pasaramos polo micro coa intención de agasallar con contos, anécdotas ou cancións, a esa xente marabillosa, e o final os agasallados fomos nós. Ata tivemos unha torta incríble! con decoración de Matalobos, pistola, balas, “fardos”… Deixounos abraiados! Foi inesquecible.

Pero o martes seguinte, uns e outros, tivémonos que despedir de “Ma-talobos” para sempre, remataba a serie que tanto nos deu. Para min foi algo moi importante. Como dixen no meu twit-ter: “Acabouse. Síntome como se alguén moi que-rido se fose para sempre, triste e agradecida”.

Ás poucas horas de fa-cerse público pola prensa que Matalobos remataba comezaron a chegar men-

saxes ás redes sociais que carrexaban tristura, má-goa e enfado, pero tamén moito cariño e bos des-exos para todos os que estivemos dalgún xeito nesa serie. Algúns deles seguen chegando, de xei-to público ou privado, e seguen emocionándome. Claro que serían capaces de emocionar ó mesmo Carmelo!

O que non se pode negar é que esta serie arriscouse cun xénero que nunca se fixera en Galicia e gañou. Conse-guiu atraer a público moi novo á TVG e que a serie se seguira moitísimo por Internet. Hai xente non galega que aprendeu ga-lego con Matalobos!

Moi prontiño terei que despedirme doutra serie que tamén pertence a me-moria da TVG: Libro de familia. Déronme a opor-tunidade de traballar con eles en 5 capítulos, foi fabuloso compartir con todos esa experiencia in-mellorable.

Agora debe tocar o comezo dunha nova eta-pa. Semella que levo nas mans un libro que debo pechar e para elo terei que pasala derradeira fo-lla, niso estou.

Comeza, logo, un novo ano e tamén unha época con novos retos ós que enfrontarme. Grazas po-los conseguidos ata o de agora!

Sede felices hoxe, mañá xa veremos.

Saamira Ganaysaamiraganay@

gmail.comwww.saamiraganay.com

OCIO E CULTURA/ ARTIGOS

Exposicións- Do 14 ao �4 de febreiro - Exposición sobre “A recons-trución dos instrumentos do Pórtico do Paraíso” - Museo MunicipalEspectáculos- �� de febreiro - Monólogo “Soy especial” de Joaquín Reyes - 21.30 horas - Audi-torio MunicipalMúsica- 1 de febreiro - Gala benéfica a favor de Manos Unidas - �0 h - Auditorio Municipal- 8 de febreiro - Concerto de Leiva - �� h - Sala Berlín- 9 de febreiro - Concerto de Ismael Serrano - 20.30 h - Auditorio Municipal- 9 de febreiro - Concerto de The Brew UK - 22 h - Sala Berlín- 9 de febreiro - Actuación de Manuel Sofía, John Axiom, Sabo, Christian de Marcos e Joel - 03.00 h - Sala Berlín- 11 de febreiro- Concerto de Sonoro Maxim - 00.00 h - Praza do Correxidor- 11 de febreiro - Actuación de John Axiom - 05.00 h - Sala Berlín - 15 de febreiro – The Harp Consort – �1 h – Catedral- 17 de febreiro – Andrew Lawrence-King – 20 h – Igrexa de Santa María Nai- 18 de febreiro – Eloqventia – 20:30 h – Igrexa de San Breixo de Seixalbo- 19 de febreiro – Eloqventia – 20:30 h – Igrexa de Santa María Nai- �� de febreiro – Laura Alonso Padín – 20:30 h – Teatro Principal- �3 de febreiro - Concerto de Pink Tones na honra de Pink Floyd - 21.30 h - Auditorio- 24 de febreiro – Trio Mediaeval – �0 h – Igrexa das CaldasEntroido- 31 de febreiro - xoves de Compadres - Ourense- 7 de febreiro - Xoves de Comadres - Ourense- 8 de febreiro - venres de comadres - Barbadás- 10 de febreiro - desfile de comparsas e carrozas - 18 h - As Lagoas- 9 de febreiro - desfile de disfraces - 11 h - O Couto- 10 de febreiro - concurso do rei e a raíña do Entroido- �1 h - Praza Maior- 11 de febreiro - Día grande de Frai Canedo - 18 h - A Ponte- 1� de febreiro - Voda da pita - 13 h - Eiroás- 12 de febreiro - desfile de comparsas e carrozas - 17 h - A Valenzá - 1� de febreiro - Percorrido de Paquita e Nicanor - �0 h - Seixalbo- 13 de febreiro - Enterro da Sardiña - �0 h- Saída da Praza Maior de Ourense- 13 de febreiro - Enterro da Sardiña - 21.30 h - Seixalbo

www.mundourense.com

4AXENDA

4RECEITA

Ingredientes (para 4 persoas):

- 1 Lenguado de 300 gr- 30 gr de améndoas- ½ dl de nata- 1 dl de fumet de pescado- 50 gr de langostinos.- 1/3 de copa de coñac- ½ dl de aceite- 10 gr de fariña- perexil picado- sal

Elaboración:- Tostar no forno a meta-

de das améndoas fileteadas,

Lenguado ás améndoas

4DIARIO DUNHA EMIGRANTE

Sobremesas a menos 10A base de paellas casei-

ras, morcillas de Burgos e Coca-Cola Zero, o inverno vai dando as súas últimas rabexadas na xélida Dina-marca para irse deixando pegada. Xaneiro e febreiro veñen pisando forte, gañán-dose o titulo de ser os peo-res desta estación. As tem-peraturas baixan en picado e non hai gorro que che tape do frío. Nin un catarro podes coller a gusto, xa que ata os virus conxélanse. Así que o único que queda é tirar de amigos, acender o lume e botarse unhas risas. A mal tempo, boa cara.

Canto máis ao norte mó-vome, máis se agradece iso de pasar nunha tarde de sá-bado con acentos coñecidos cos que compartir sobreme-sa. Non é por ser antipática, pero é que entre os teus non se requiren traducións de humor. O bo se breve…du-plicado ao cadrado.

Nesas reunións non se discute de como vai o país que deixamos atrás. Sobre

“Os españois xuntámonos para rirnos coas nosas anécdotas no país con menos corrupción”

iso facemos un paréntese para que non se nos amar-gue o flan nin a fin de se-mana. Os problemas, para os días laborais. Iso si, os daneses non se libran. Xun-támonos para baballoar un pouco en contra de todo e rirnos moito coas nosas anécdotas de emigrantes no país con menor corrupción do mundo.

O mellor é cando empeza a quenda da ver quen coñe-ce ao estranxeiro con máis alerxia á lexivia. Hai uns cantos. Quizais en España esteamos obsesionados coa auga e o desinfectante, vai ti a saber; pero aquí, ro-deados de H2O, moitos te-ñen complexo de gato. Creo que é algo que aos ibéricos sempre nos resultou obxec-to de desagradable sorpre-sa e critica –bastante des-trutiva-.

Na república indepen-dente de Ikea – os suecos non fan mobles dos máis fiables, pero son monos, bo-nitos e baratos- resgardá-

monos do frío e soñamos con estar na casa. Entre sorbo e sorbo de café, o país que se extende máis aló da xanela, coas súas dificultades, xeo e desgus-tos, desaparece por un-has horas.

Nun dicir amén termí-nase a sobremesa e em-peza o luns. Pregúntome se a xente dos países que están no posto de corrup-ción numero 37, 25 ou 14 non quererán, coma min, que chegue pronto á fin de semana e regresar de novo á Ítaca de Copen-hague para rirme á cara do inverno e sortear con humor - e cun senso de destino compartido- os obstáculos e a incerteza.

Raquel Sertaje

ata que tomen cor. Unha vez fritidas, trituralas nun moli-nillo.

- Fritir a outra metade das améndoas nunha tixola ata que consigan unha cor “beige”.

- Salar os lenguados, en-fariñalos, fritilos na tixola co aceite das améndoas e reservalos.

- Quitar o aceite da tixo-la aproveitando a sustancia que queda nela, espolvo-rear fariña e verter o coñac.

Flambear. - Unha vez apagada a

chama, incorporar a nata líquida, o caldo de pesca-do, as améndoas moídas e as gambas peladas. Deixar reducir durante un pouco. Por último, espolvorear con perexil.

- Colocar o lenguado nun prato, cubrir coa salsa e adornar coas améndoas laminadas.

Juan Luis Iglesias, xefe de cociña Os Caracoles

Tel. 988 380 165

4HUMOR http://oemigrantedopazo.blogspot.com/ 4HUMOR http://apapeleiradereciclaxe.blogspot.com

Page 34: Xaneiro 2013 - OUxB

34 Ourense por BARRIOSXaneiro de �013

O Pórtico do Paraíso leva un dos seus concertos a Seixalbo4 A sexta edición do festival de música celebra-rase en Ourense entre o 14 e o 24 de febreiro.P.L.

Con varias novidades preséntase a sexta edición do Festival Internacional de Música de Ourense, Pórtico do Paraíso, que se celebra na cidade do 14 ao �4 de febreiro. En primeiro lugar, engádese unha nova sede para os concertos: a igrexa de San Breixo de Seixalbo, que acollerá a Eloqventia o 18 de febreiro. En segundo lugar, inclúese unha expo-sición sobre “A reconstru-ción dos instrumentos do Pórtico do Paraíso”, que se poderá ver no Museo Muni-cipal nas datas do certame. E en terceiro lugar, o grupo The Harp Consort traerá a Ourense unha “auténtica primicia”, en palabras do director do festival Juan Enrique Miguens: a recu-

peración do primeiro orato-rium, unha peza que data de 1704 e que non se volveu tocar en tres séculos. Será o día 15 na Catedral.

ProgramaThe Harp Consort é “un

grupo referente mundial na interpretación da música barroca”, segundo o definía Miguens, e o seu concerto na Catedral o venres día 15 será gravado. A arpa de An-drew Lawrence-King (inte-grante de The Harp Consort) (día 17), o grupo de frautas e percusión Eloqventia (días 18 e 19), a soprano Laura Alonso Padín (día ��) e ao Trío Mediaeval (voces e percusión, día �4) comple-tan o programa deste ano do Pórtico do Paraíso, un festi-val que apostou “pola músi-ca máis antiga”, afirmou a

edil de Educación e Cultura, Ana Garrido, acorde aos es-pazos nos que teñen lugar os concertos: Catedral, igrexas de Santa María Nai, As Cal-das e San Breixo, e Teatro Principal.

Os encontros cos músi-cos de Eloqventia e Laura Alonso no Conservatorio de Música (días 19 e 20), e unha conferencia sobre a obra e vida do composi-tor Mestre Vide, a cargo de Javier Jurado, no Liceo (día �0), completan a oferta des-te ciclo musical.

Por segundo ano consecu-tivo o festival é organizado directamente polo Concello de Ourense (agora polo de-partamento de Cultura) coa colaboración da Asociación Pórtico Musical, Festclá-sica e a Deputación. Nesta sexta edición o orzamento

OCIO E CULTURA

redúcese nun 10%, cifran-do o seu director en 35.000 euros a cantidade reservada

Juan Enrique Miguens e Ana Garrido xunto ao cartel do Festival Pórtico do Paraíso./P.LODEIRO.

para a parte artística. A en-trada aos concertos conti-núa a ser gratuíta.

Cursos de cata de viñosRedacción

A Fundación Nova-caixagalicia abriu o seu prazo de matrícula para a nova oferta de cursos de cata de viños deste ano.

As «Claves para com-prender o mundo do viño» serán impartidas por Xoán Cannas e o seu equipo. Estas sesións, dirixidas a todas as persoas que se queiran mergullar na arte da cata, alicérzanse no obxectivo de afondar nos diferentes tipos de viños, coas súas variedades en función do clima, da terra e do método de cultivo. O curso conta tanto con as-pectos teóricos coma prác-ticos para poder desenvol-ver a memoria sensorial dos participantes e estru-túrase en catro sesións de tres horas cada unha.

En Ourense impartiran-se dous cursos: o primeiro os días 5, 12, 19 de marzo e � de abril, e o segundo os días 14, 21 e 28 de maio e 4 de xuño.

Page 35: Xaneiro 2013 - OUxB

35Ourense por BARRIOSXaneiro de �013

Publicou este disco coa colaboración do colectivo Special Edision

OCIO E CULTURA

Paula Lodeiro

No mundo do rap ouren-sán, o nome de Fernando Reyes quizais non diga nada, pero se falamos de ‘The Big Nando’, a cousa cambia. De orixe caribeña (República Dominicana, 1990) aínda que con media vida en España, primeiro en Madrid e desde 2008 no Couto, este mozo forma parte do colectivo Special Edision, que, entre outras actividades, organiza o fes-tival Edición Especial no Parque Barbaña, e acaba de publicar o disco ‘Ma-yombe’.

Quen é ‘The Big Nan-do’?

The Big Nando (TBN): “É o meu nome artístico, o meu nome real é Fernando Reyes. En 2004 foi cando empecei a miña traxecto-ria na música a nivel non profesional, independente, gravando temitas, até agora que puiden sacar un disco máis ou menos completo no colectivo Special Edision”.

Que nos podes contar do disco que presentabas na tenda Juvena o pasado 29 de decembro?

TBN: “Titúlase ‘Mayom-be’. É o meu segundo disco pero o primeiro distribuído en todo o mundo, porque está en Spotify, iTunes, Amazon”.

Como definirías o teu estilo?

TBN: “Isto é rap e hip hop, en España temos outra identidade, quizais somos máis escuros, máis dirty sound, máis agresiva nosa letra, polo menos a miña”.

A quen tes como ídolo?TBN: “Non teño ningún,

pero si que hai varios ar-tistas que me inspiran, por exemplo, T.I. encántame, é un artista americano; Kan-ye West tamén me gusta moitísimo. Son xente de agora que levan moitísimo tempo, que non teñen nada

que ver comigo pero gústa-me moitísimo ese estilo de música”.

É complicado o mundo da música?

TBN: “Si, bastante. Se queres chegar a ser alguén, meterche no mercado, hai que ‘foderse’ moito; o úni-co que queda é traballar co que tes, tentar o máximo posible, contando coa xen-te que tes ao teu redor. Dou grazas a que teño un equipo que se moveu bastante para que isto puidese saír á luz”.

Como te plantexas a música, é un hobby ou queres que sexa o teu tra-ballo?

TBN: “Nunca o vin como un hobby, para min sempre foi algo que vai comigo, é coma se fosen os meus dous brazos. Se algún día dáme diñeiro, benvido sexa, e se non me dá diñeiro seguirei facéndoo. Non podería vi-vir sen el”.

Internet, é unha vantaxe ou ten inconvenientes?

TBN: “De momento, é vantaxe. Aínda que non se gañe diñeiro, é todo van-taxe. De momento non pen-samos en diñeiro, pensa-mos en facer chegar, que se valore o traballo que un fai. Internet para min é unha saída bastante boa”.

Tes previsto algún con-certo ou unha xira?

TBN: “De momento non hai data concretada, estamos a planear unha pequena xira a nivel Gali-cia, pero non che sei dicir datas”.

Hai público para o voso estilo?

TBN: “Temos un grupo que si que nos segue, que está aí e apóianos, e gra-zas a eles temos ese apoio para seguir loitando polo que facemos. A parte de que che guste, tes que ter a xente que vexa o intere-se que lle pos ti para mo-tivarte moito máis. Non é que teñamos un público de 10.000 persoas, pero temos algo que nos dá for-za para conseguir máis”.

‘Mayombe’ pode ad-quirirse en Ourense nas tendas 4 Elementos e Ju-vena, e tamén a través de Internet, na páxina web do artista www.thebignando.com.[Le a entrevista completa en

www.mundourense.com]

ENTREVISTA A FERNANDO REyES ‘THE BIG NANDO’:

“Se o rap algún día me dá diñeiro, benvido sexa, e se

non, seguirei facéndoo igual”4 Este cantante de rap ourensán de orixe domi-nicano, acaba de publicar o seu segundo disco, ‘Mayombe’.

Fernando Reyes ‘The Big Nando’. /P.L.

S.N.

“Calquera cousa pode ser tecida, unha farola, un banco, unha árbore…”. Tal e como o resume Ce-lia Vázquez, unha das encargadas de poñer en marcha o movemento Ur-ban Knitting en Ourense, todos os elementos urbáns poden ser decorados con sorprendentes e coloridos motivos de ganchillo ou calceta, e iso precisamente o que busca esta iniciativa, que chega á Cidade das Burgas logo de acadar un gran éxito noutros rincóns españoles, como A Coru-ña, Valencia, Zaragoza ou Bilbao. “É a recuperación da técnica das nosas avoas, sumada ao bo gusto e ás tendencias actuais, ocasio-nando un resultado sopren-dente incluso para esa xen-te que non sabía que lles pode gustar o ganchillo ou a calceta”, explica Celia.

Ademais, trátase dun movemento pacífico e sen ánimo de lucro, onde os elementos empregados son ecolóxicos, limpos e res-pectan o medio ambiente. Así mesmo, a participación nesta iniciativa é totalmen-te libre, “é un proxecto sen un número fixo de mem-bros, porque calquera pode participar no momento ou acción que considere”, aclara Celia.

Nembargantes, entre to-dos os movementos deste tipo que ván surxindo en diversos puntos de España prodúcense colaboracións, “precisamente esta unión é a que nos fai máis fortes, porque non se trata de algo que quede nunha soa cida-

Unha cidade de ganchillo4 O movemento Urban Knitting busca decorar as rúas con elaboracións de ganchillo e calceta.

de, senón que a colabración non ten fronteiras”.

No caso de Ourense, o Ur-ban Kinitting botou a andar a principios deste mes de xaneiro grazas á colabora-ción do Centro Comercial Pontevella, que apostou por este proxecto e lles prestou as súas instalacións para a súa presentación en socie-dade. Así o pasado día 18 os ourensáns pudieron coñecer de preto esta novedosa ini-ciativa e ás súas creadoras.

E aínda que a afluencia non foi moi numerosa, algo que agardaban debido á no-vidade e ao gran descoñe-cemento que existe sobre esta disciplina artística, este equipo amósase con gañas de converter o ganchillo e a calceta nun elemento máis das nosas rúas e das nosas vidas. “Estamos moi con-tentas por toda as persoas que se achegaron a nós en Ponte Vella e se interesou polo proxecto. De agora en adiante o máis importante é facer chegar a moita xente o espíritu dos Urban e cal é o seu fin”, din.

E para contribuir a este proceso de promoción ta-mén puxeron en marcha unha páxina de Facebook. “As redes sociais son fun-damentais polo poder de convocatoria que teñen e para a colaboración entre os proxectos das distinta ci-dades”. E está claro que foi unha boa decisión, xa que só desde o 9 de xaneiro que apareceron nesta rede social xa suman máis de �40 se-guidores, “…e medrando”, augura Celia.

Sorpesa de EntroidoNeste intre, dende Urban

Knitting Ourense están a argallar unha chamativa ini-ciativa que verá a luz en En-troido. Ata o momento o que se sabe é que piden a colabo-ración de todos aqueles que lles desexen enviar cadrados feitos de ganchillo ou calce-ta, que teñan un tamaño de 15x15 centímetros e que es-tean elaborados con moitas cores. Para participar nesta acción poden achegarse ao centro comercial ourensán cos cadrados que texan na casa o vindeiro 5 de febrei-ro, de 18 a 20 horas, ou sim-plemente para colaborar na montaxe. Ademais, repar-tirán lana a quenes queiran colaborar. Así mesmo, se non lles é posible achegarse a Ponte Vella poden poñerse en contacto con elas a través de Facebook ou no 635 067 272. O resultado verémolo nunhas semanas.

De todos os xeitos, aínda que van pouco a pouco, para que cada acción acade o éxi-to que se merece, xa teñen en mente outras iniciativas futuras. Así que a partir de agora se ven unha farola, unha estatua ou calquera outro elemento vestido de ganchillo lembren que Ur-ban Kinitting Ourense está detrás. E, o que é mellor, súmense á súa iniciativa co-mezando por coñecer o seu traballo e todas as gañas que este xoven equipo lle pon para contribuir a que calque-ra mostra de arte teña cabida na nosa sociedade.

Están a preparar unha sorpresa con cadrados de 15x15 cm de ganchillo ou calceta

Participantes no Urban Knitting, no centro comercial Ponte Vella./RAMSÉS.

Page 36: Xaneiro 2013 - OUxB

36 Ourense por BARRIOSXaneiro de �013 DEPORTES

Javi Múgica penetrando a canastra nun partido disputado no Paco Paz. /RAMSÉS

Arantxa Mallou nun partido disputado esta tempada nos Remedios./ARQUIVO.

O Knet frea a racha do COB4 Perderon os de Rafa Sanz 75-71 na Rioxa.R. T.

Non puido ser. O COB non foi quen de sumar a terceira vitoria consecutiva, o que levaríalle a entrar en postos de play off de ascen-so. Pero a derrota fai que ocupe a penúltima posición o que da mostras da igual-dade que hai a estas alturas de competición.

Pola parte alta, Andorra e Burgos escápanse; Alicante e Palencia os seguen a cer-ta distancia; Breogán lidera un grupo, de seis, que están cunha soa vitoria de dife-renza; Coruña está a unha vitoria do grupo e o COB a dúas; pecha a clasificación Melilla, un triunfo por de-baixo dos ourensáns.

Knet - COBNo partido contra o Knet

Clavijo, o Club Ourense Ba-loncesto estivo dominando o electrónico a maior parte do tempo, pero, novamente, un mal final condenou aos de Rafa Sanz. Cando todo parecía que o Ourense su-maría a terceira vitoria con-secutiva e sexta da tempada chegou o último minuto e dilapidaron toda opción de vitoria.

O COB estaba a realizar un partido moi serio. Mar-chaba no marcador e os locais achegábanse, e de novo distanciábanse. No último cuarto, o cansanzo facía mella nos xogadores cobista chegando a perder por dez puntos. Pero os de Rafa Sanz non se rendía e chegaron ao último minuto un abaixo. Ata aí chegou o COB, unha antideportiva de

Raúl Mena facía que o Knet anotará tres tiros libres para deixar o 75-71 final.

Con esta xa son catro as derrotas do conxunto ourensán en finais apreta-dos. Lugo, Melilla, Navarra e agora en Logroño. Falta de confianza e cansanzo fí-sico dos xogadores titulares son algunhas das causas de que neste tipo de situacións se lle faga costa arriba sacar adiante os partidos.

DescansoAgora chega a Copa, polo

que o COB terá unha sema-na máis para preparar o seu

próximo partido. O 8 de febreiro recibe

no Paco Pazo ao filial do FC Barcelon Regal. Os cataláns son undécimos con sete vitorias, dúas máis que os ourensáns, polo que a vitoria presén-tase como moi importante para achegarse o grupo que está por diante. O en-contro, que será o venres 8 atrásase un cuarto de hora no seu horario habitual, polo que comezará a par-tir das 21.15 horas. Este partido será retransmitido pola canle televisiva Tele-deporte.

O Pabellón Ourense pon a quinta4 Gañou ao Valladolid na Liga Feminina 2.R.T.

O Pabellón Ourense, equipo da Liga Feminina � acaba de por a súa quinta vitoria no que vai de cam-pionato. Foi contra o Uni-versidad de Valladolid nos Remedios co resultado de 72-63. Logo de dúas derro-

tas consecutivas, as pupilas de Gonzalo González tiñan que volver á senda das vi-torias para mirar máis cara arriba na clasificación que cara abaixo. E non defrau-daron. Estiveron sempre dominando o encontro, sal-vo un arreón das pucelanas. Con este triunfo, as ouren-

sás son oitavas.

Vindeira citaEste sábado � de febreiro,

o Pabellón Ourense recibe ao Celta, equipo que milita-ba o ano pasado na máxima categoría do básquet nacio-nal. Nas súas filas con xo-gadoras con pasado no Co-digalco Carmelitas; Laura Alonso, Débora Rodríguez, Cristina Loureiro e Noelia Oliva.

Os dous equipos chegan a este enfrontamento coas mesmas vitorias: cinco. No partido da primeira volta disputado en Vigo, o Pabe-

llón foi quen de vencer (47-54). Partido moi importante para as dúas escadras para pór máis terra de por me-dio coa zona de descenso. O partido, como cada vez que xoga como local o Pa-bellón, será a partir das �0 horas na cancha central dos Remedios.

ABOO ABO segue sen levan-

tar cabeza e o pasado do-mingo caeu na cancha do Ferrol por 67-42. O próxi-mo partido do club ouren-sán será o � de febreiro na cancha do León.

O Ponte Ourense vence e convence4 Un Cidade sen sorte cae pola mínima contra o Valladolid.R. Torres

O Ponte Ourense vén de endosarlle un 5-0 ao sex-to clasificado, Gironella. Xa na primeira metade do encontro as de Óscar Vivián pecharon o partido cun parcial de tres a cero. Na segunda metade dous máis para redondear o 5 a 0. As goleadoras pontinas foron: Vanesa por parti-da dobre, Marta, Laura e Anita.

Regreso de MartaPode que sexa polo

regreso de capitana ou por que nalgún momento tiña que ocurrir. O caso é que o Ponte leva dúas

Campo a través escolarO pasado 26 de xaneiro de 2013 disputouse no Circuíto do Complexo Polideportivo

de Monterrei a Fase Comarcal Escolar de Campo a Través. Os nenos e nenas da comarca de Ourense loitaron pola clasificación para o Campionato Provincial a celebrar o próxi-mo 2 de febreiro nas mesmas instalacións, clasificación que acadaron os oito primeiros de cada categoría e os 2 mellores equipos de cada categoría.

O podio por equipos da categoría cadete masculina de campo a través. /RAMSÉS

xornadas dando o seu ni-vel, moito mellor que de pasadas xornadas. Agora é o equipo que se lle espera, chega algo tarde, pero aín-da a tempo de facerse cun oco nas oito mellores para disputar a Copa de España. Agora son décimo segun-das con 15 puntos, a sete de postos de Copa pero nunha

clara liña ascendente. Esta xornada visitan a cancha do Rioxa.

Cidade As BurgasA quen non lle están a

saír as cousas é ao Cidade As Burgas. Contra Valla-dolid volveu a mostrar un gran xogo, pero volveron a caer. Nesta ocasión pola mínima (�-1) e cando co-mezaron adiantándose no marcador.

O gol ourensán foi obra de María Romero, pero de nada servíu para sacar algo positivo na cancha das ter-ceiras clasificadas. Este sá-bado � reciben en casa ao Centelles.

Marta presionando a unha rival. /RAMSÉS

Page 37: Xaneiro 2013 - OUxB

37Ourense por BARRIOSXaneiro de �013PUBLICIDADE

Page 38: Xaneiro 2013 - OUxB

38 Ourense por BARRIOSXaneiro de �013 DEPORTES

Jaime Noguerol no último partido disputado no Couto contra o Guijuelo. /RAMSÉS

O Ourense pincha despois dun meritorio partido contra o Tenerife4 Encaixou o único gol do encontro a falta de 10 minutos para o final. Óscar Martínez non puido debutar. R. Torres

O CD Ourense pincha contra o Tenerife despois dun meritorio partido. O único gol do encontro foi obra de Guillem Martí no minuto 80 cando apenas le-vaba un no terreo de xogo. O Heliodoro Rodríguez López viu pasar a un gran equipo nesta xornada nú-mero 22. Mostra delo deuse ao descanso, cando os xo-gadores collían o túnel de vestiarios escoitáronse asu-bios polo xogo despregado polos xogadores locais.

Durante os primeiro 45 minutos as forzas estiveron moi niveladas, cuns primei-ros minutos de dominio lo-cal e nos seguintes o Ouren-se dándolles réplica.

No segundo período, o lider do grupo primeiro da Segunda División B ten-tou coller a manilla do en-contro, pero encontrábase cuns pupilos de Luisito moi ben asentados no terreo de xogo. A falta de pouco máis de dez minutos, Guillem Martí facía acto de presen-za no campo sustituíndo ao seu compañeiro Chechu. A entrada do dianteiro foi determinante, e un minuto máis tarde firmaba o único gol do encontro e os tres puntos para os tinerfeños. Os “rojillos” afundíronse desde o gol encaixado e a piques estiveron de perder por unha diferenza máis ampla.

Con esta derrota o Ouren-se suma catro xornadas con-secutivas sen puntuar lonxe do Couto.

O novo dianteiro do CD Ourense, Óscar Martínez non puido debutar neste partido. Martínez sufríu unha gastroenterite, o que lle impedíu formar parte da expedición que foi ás Illas Canarias. Haberá que esperar ao seu debút coa camisola “rojilla”, proba-blemente contra o filial do Getafe o dianteiro disporá dalgún minuto.

Equipo doutra LigaMostras de que o Tene-

rife é o favorito ao ascenso son, por exemplo, os datos que desprende nos seus par-tidos no Rodríguez López. Tras 13 encontros na casa (incluído o do pasado do-mingo contra o Ourense), o Tenerife leva nove vitorias e tres empates, con �3 goles a favor por tan só tres en-caixados; e fóra de casa ga-ñou tres encontros, perdeu

dous e empatou cinco. O Tenerife é un dos favoritos ao ascenso directo xunto co Oviedo e o Leganés. O que ninguén discute é que estará ao final de tempada loitando polo ascenso (sá-calle oito puntos ao quinto clasificado, quen non xoga promoción de ascenso).

Getafe BO Ourense volve ao Couto

este domingo 3 de febreiro a partir das 17 horas. En-fronte estará un Getafe B que anda na mesma loita co equipo da Cidade das Bur-gas, a salvación. Mentres o Ourense é décimo segundo con 28 puntos, o conxunto madrileño está un posto por debaixo (décimo terceiro) con 27 puntos. Unha vito-ria para os de Luisito sería unha boa importante para por terra de por medio ante un rival da mesma “liga”.

O CD Ourense recibe o domingo 3 de febreiro ao Getafe B no Couto, ás 17 horas

O Ourense encóntrase catro puntos por enriba da posición que xogaría a promoción de descenso (16ª) e que ocupa actual-mente o San Sebastián de los Reyes; a cinco está do descenso directo. Catro descenden directamente, estas prazas está ocupadas actualmente por Zamora (a cinco do Ourense), o Rayo B (a sete). Xa máis descolgados están o Al-calá (a 10 da salvación e 13 do Ourense) e case que descendido o Marino, con 10 puntos.

O Barbadás consegue unha importante vitoria fronte ao Rápido de Bouzas4 Catro puntos separan o equi-po ourensán do descenso.R.T.

A UD Barbadás acadou unha importante vitoria esta pasada fin de semana na xornada 22 da Terceira División. Os de Jorge Re-gal recibían nos Carrís ao Rápido de Bouzas, equi-po, o vigués, coas mesmas urxencias que os ouren-sáns. O Barbadás viña de dúas xornadas perdendo, polo que todo pasaba por sumar tres puntos e cam-biar a dinámica negativa na que estaban sumidos nas últimas xornadas.

O partido púxoselle de costas aos azulóns, xa que no minuto �5 xa ían per-dendo por un gol a cero, amais de ter algunha clara ocasións os visitantes para que a renda fóra maior. A partir dese momento, os locais foron os que leva-ron o peso do encontro, e tres minutos máis tarde Vieytes lograba o empate tras botar un córner Rafi-ta. Con empate a un gol chegouse ao descanso do partido. Os primeiros mi-nutos do segundo tempo estiveron dominados po-los xogadores do Rápido de Bouzas, pero pronto volvería a avisar o cadro local. Rafita cun golazo desde fóra da área logra-ba o �-1 que á postre sería definitivo.

Con estes tres puntos o Barbadás é décimo tercei-ro con �7 puntos, a catro Rafita nun partido disputa-

do nos Carrís. /ARQUIVO

do descenso.

Vindeira xornadaNa xornada número �3

o Barbadás visita o campo do Alondras. O equipo can-gués marcha un posto por enriba do Barbadás (déci-mo segundo) con 29 puntos (dous máis que os de Regal. O Alondras vén de empatar en casa do segundo clasifi-cado (Celta B), e de perder o seu último partido na casa pola mínima (cero a un con-tra o Pontevedra).

Rexional Preferente

No grupo Sur da Rexional Preferente o Barco é oitavo con 36 puntos, a oito do as-censo. O segundo equipo ourensán é o Verín; ocupa a décimo segunda posición con 27 puntos. O Arenteiro é penúltimo con 16 puntos, a cinco da salvación, e o Ponte Ourense é o pecha-cancelas con 11 puntos, a 10 de salvarse.

Page 39: Xaneiro 2013 - OUxB

39Ourense por BARRIOSXaneiro de �013PUBLICIDADE

Page 40: Xaneiro 2013 - OUxB

Ourense por BARRIOSXaneiro de �013

Page 41: Xaneiro 2013 - OUxB

Número: 115 - Ano: XII - Xaneiro 2013 - Depósito Legal: OU 125-2003 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.ourenseporbarrios.com - OURENSE POR BARRIOS volve estar no seu buzón a finais de febreiro. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190

O Nadal xa está aquí

[páx. 15 e páx. 39-42]

CIDADE Páx.14-15BARRIOS Páx.4 CIDADE Páx. 17TEMA DO MES Páx.3 DEPORTES Páx.36

Alcalde e presidente da Deputación prometen colaboración

O pleno sobre o estado da cidade celebrarase anualmente

O Ponte Ourense vence e convence contra o Gironella

A apertura do Banco de España está pendente da sinatura da cesión da pranta nobre ao Concello./P. LODEIRO.

Rehabilitadoo edificio do Banco de España [páx. 2]

Un mes despois, limpan un derrubamento no parque do Pino

José Luis Baltar declarará ante o xuíz o 4 de febreiro

Programa do Entroido

na Valenzá,Ourense e os barrios [páx. 30-31]

Page 42: Xaneiro 2013 - OUxB

Ourense por BARRIOSXaneiro de �013

Page 43: Xaneiro 2013 - OUxB

Número: 101 - Ano: XII - Xaneiro 2013 - Depósito Legal: OU 164-2004 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.ourenseporbarrios.com - OURENSE POR BARRIOS volve estar no seu buzón a finais de febreiro. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190

O Nadal xa está aquí

[páx. 15 e páx. 39-42]

TEMA DO MES Páx.3 CIDADE Páx.12TEMA DO MES Páx.2 DEPORTES Páx.36CIDADE Páx.9

Os traballos consisten na renovación da rede de saneamento e do pavimento desta vía./P.LODEIRO.

Obras na rúa Pena Corneira [páx. 9]

O Knet da Rioxa frea a racha do COB vencéndoo por 75-71

Do 1 ao 3 de febreiro, 20ª Mostra da Oportunidade

Informe favorable da Xunta ao estudo de detalle das Burgas

José Luis Baltar declarará ante o xuíz o 4 de febreiro

A apertura do Banco de España, pendente da sinatura da cesión

Programa do Entroido

na Valenzá,Ourense e os barrios [páx. 30-31]

Page 44: Xaneiro 2013 - OUxB

Ourense por BARRIOSXaneiro de �013

Page 45: Xaneiro 2013 - OUxB

Número: 64- Ano: XII - Xaneiro 2013 - Depósito Legal: OU 155-2007 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.ourenseporbarrios.com - OURENSE POR BARRIOS volve estar no seu buzón a finais de febreiro. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190

TEMA DO MES Páx.3 CIDADE Páx.14-15 DEPORTES Páx. 38BARRIOS Páx.4 OCIO Páx.30-31

O CD Ourense pincha contra o Tenerife

Programa do Entroido na Valenzá, Ourense e os barrios

Faise efectiva a doazón da capela dos Remedios ao Bispado

O pleno sobre o estado da cidade celebrarase anualmente

José Luis Baltar declarará ante o xuíz o 4 de febreiro

A apertura do Banco de España está pendente da sinatura da cesión da pranta nobre ao Concello./P. LODEIRO.

Rehabilitadoo edificio do Banco de España [páx. 2]

O movemento Urban Knitting

decora Ourense con ganchillo e calceta [páx. 35]

Page 46: Xaneiro 2013 - OUxB

Ourense por BARRIOSXaneiro de �013