xaneiro 2013 - bxvac

36
COMARCA Páx.7 COMARCA Páx.11 COMARCA Páx.10 Número: 74 - Ano:VIII - Xaneiro 2013 - Depósito Legal: OU 185-2006 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.mundourense.com - BARRIOS volve estar no seu buzón a mediados de febreiro. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190 PROVINCIA Páx.20 PROVINCIA Páx.25 Xornada sobre produtos envasados con Pataca de Galicia 500 quilos de fariña puxeron o punto de partida ás celebracións do Entroido en Xinzo. /BRAIS LORENZO O Concello de Vilar de Santos quere ser un lugar para vivir Arranca o Entroido [páx.30] A Escola Rural de Saúde da Limia, co alzhéimer Baltar non investigará as contratacións do seu pai na Deputación Rogelio Martínez percorre os obradoiros de emprego Entrevista a Manuel García, membro de Labregos Daiquí [páx. 8]

Upload: barrios-xinzo-verin-allariz-celanova

Post on 21-Mar-2016

271 views

Category:

Documents


0 download

DESCRIPTION

Comezou a repartirse o número de xaneiro do periódico Barrios ed. Xinzo-Verín-Allariz-Celanova, onde o Entroido recibe un tratamento protagonista. Así o reflicte a portada da edición para Xinzo e comarca, cunha imaxe do Domingo Fareleiro. No interior, a programación completa dos Entroidos de Xinzo, Verín e Laza.

TRANSCRIPT

COMARCA Páx.7 COMARCA Páx.11COMARCA Páx.10

Número: 74 - Ano:VIII - Xaneiro 2013 - Depósito Legal: OU 185-2006 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.mundourense.com - BARRIOS volve estar no seu buzón a mediados de febreiro. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190

PROVINCIA Páx.20 PROVINCIA Páx.25

Xornada sobre produtos envasados con Pataca de Galicia

500 quilos de fariña puxeron o punto de partida ás celebracións do Entroido en Xinzo./BRAIS LORENZO

O Concello de Vilar de Santos quere ser un lugar para vivir

Arranca o Entroido [páx.30]

A Escola Rural de Saúde da Limia, co alzhéimer

Baltar non investigará as contratacións do seu pai na Deputación

Rogelio Martínez percorre os obradoiros de emprego

Entrevista a Manuel García, membro de

Labregos Daiquí [páx. 8]

� BARRIOSXaneiro de �013

VERÍN E COMARCA

O Parador de Verín seguirá aberto4 Reabre de maneira especial o 5 de febreiro para cubrir a deman-da do Entroido; e xa de maneira oficial e continua o 15 de marzo.Redacción

Paradores vén de dar marcha atrás na súa deci-sión de pechar o Parador de Verín xunto a outros sete establecementos hostelei-ros repartidos por toda Es-paña. As negociacións en-tre a dirección da empresa e os sindicatos saldáronse cun acordo que descarta o peche total do parador veri-nés, que si pechará durante catro meses, e que reduce os despedimentos dos 644 iniciais a 350 en toda a ca-dea hoteleira. Desta cifra, en principio ningunha co-rresponderá ao hotel de Ve-rín, segundo confirmaron os traballadores do centro.

De maneira excepcional, o Parador de Verín reabrirá o 5 de febreiro, para aten-der a demanda que sempre ten en época de Entroido, en especial de reserva de ceas para o Xoves de Co-madres e estancias para o Sábado de Entroido. Tralo Mércores de Cinza volverá pechar uns días ata o 15 de marzo, cando regresará a actividade normal.

A partir de novembro,

nunha data que aínda está por comunicar, o Para-dor volverá botar o peche outros catro meses. Este acordo manterase durante tres anos.

O alcalde de Verín cele-bra a noticia

O alcalde de Verín e sena-dor na comisión de turismo

pola Comunidade Autóno-ma de Galicia, Juan Manuel Jiménez Morán, compare-ceu para analizar a decisión de Paradores de Turismo de non pechar o establece-mento de Verín, á que xa se comprometera a presidenta da cadea, Ángeles Alarcó Canosa, na reunión manti-da o pasado mes de decem-

bro cos alcaldes de Baiona e Vilalba, e os senadores galegos Juncal Rodríguez e María Julia Rodríguez Barreira.

“A presidenta de Parado-res cumpriu o que nos ma-nifestou na última reunión, xa que nos dixo que non se pecharía ningún dos esta-blecementos en Galicia, nin

o de Ferrol nin o de Verín, e así vai ser”, recoñeceu o rexedor, “o que se realiza-rá é un peche temporal do parador para compensar festivos e descansos, que será dun período de dous a catro meses, a fixar pola empresa, durante un pe-ríodo de tres anos”. “Todo isto co obxecto de axustar o

desfase de xestión ocasio-nada entre os anos �008 e �01�, porque esta entidade no ano �004 tiña un superá-vit de máis de 40 millóns de euros e no 2012 ten un défi-cit superior aos 100 millóns de euros”, recorda Jiménez Morán. O alcalde solicitará, tanto á presidenta de Para-dores como ao ministro de Industria, que o Expediente de Regulación de Emprego non afecte aos traballadores do Parador de Verín, “e no caso de ser necesario, que aquí sexa de carácter vo-luntario”.

Investimentos“Foi moi importante o

traballo realizado ante a presidencia de Paradores e o Ministerio, por parte da deputada e anterior secre-taria xeral para o Turismo, Carmen Pardo, que sempre puxo de manifesto a necesi-dade de permanencia deste establecementos hostalei-ro”, indicou o alcalde. Con todo, Jiménez Morán en-tende que “a medida que o parador comece a xerar be-neficios, como xa aconteceu en varios anos nos que tivo superávit” deben producirse investimentos na instalación “así como realizar un plan específico que conte con prezos competitivos aten-dendo á calidade do servizo e aos prezos da zona”.

Non están previstos despidos no Parador de Verín

Imaxe da primeira das protestas en Verín contra o peche do Parador, o pasado decembro./ARQUIVO.

BARRIOSXaneiro de �013

3VERÍN E COMARCA

Pazo de Carregal lanzou uns menús especiais de Entroido

Inaugúrase en Verín Pazo de Carregal4 A antiga lonxa agropecuaria é agora un espazo recuperado que combina unha fábrica de alimentos de quinta gama e restaurante.Paula Lodeiro

Ata o último minuto es-tiveron os operarios traba-llando para que o recinto de Pazo de Carregal, antiga lo-nxa agropecuaria de Verín, estivera listo para a súa in-auguración este sábado 19 de xaneiro. O seu promotor, o empresario orixinario de Verín, Herminio Gil, non quixo facer desta unha in-auguración ao uso, con autoridades e discursos, e cedeu todo o protagonismo ao espazo e á comida.

No edificio da lonxa agropecuaria, onde agora está instalada a fábrica de alimentos de quinta gama, dispuxéronse media ducia

de postos de comida, para que os invitados puidesen degustar os pratos que vai preparar Pazo de Carregal para o seu restaurante (si-tuado nun anexo do recin-to) e para os outros oito que integran a cadea Espazo Enxebre, da que é propie-tario Gil. Os preto de 200 verineses que se achega-ron ata alí saborearon ricas viandas como lacón con grelos, arroz con marisco, callos, empanadas, croque-tas, chourizos ou polbo á feira. A banda de gaitas de Verín amenizou musical-mente unha xornada que no exterior era desapracible, pero que no interior do edi-ficio non se apreciaba gra-

zas a un potente sistema de calefacción.

Amais da fábrica e da ca-fetería-restaurante, noutro extremo do recinto Pazo de Carregal instalou unha carpa para eventos, congre-sos e vodas, e ten previsto abrir tamén unha tenda-degutación. A empresa dá traballo a �0 persoas e para a súa creación contou coa colaboración de Electrolux, multinacional sueca de ma-quinaria, e de Servitel, em-presa española de servizos para a hostalería.

Pazo de Carregal tamén chegou a acordos con Hor-toflor, cooperativa de pro-dutos agrícolas da zona, e co Consello Regulador da D.O. Monterrei, tanto para

o subministro de materias primas como para a per-manencia na propia lonxa agropecuaria.

A quinta gamaBotando unha ollada ao

espazo reservado para a fábrica de alimentos, un cubículo illado nun lateral do interior da lonxa agrope-cuaria, sorprende que nun-ha cociña bastante reducida se poida preparar menús para os 9.000 asentos cos que contan os restaurantes da cadea Espazo Enxebre. Pero tendo en conta que unha soa das máquinas pode elaborar callos para 500 comensais en tan só 40 minutos, só hai que botar

Os asistentes á inauguración degustaron, entre outros pratos, o polbo á feira./P.LODEIRO.

Cociña de alimentos de quinta gama de Pazo de Carregal./P.LODEIRO.

números. A quinta gama cambia

os fogóns, tixolas e demais instrumentos dunha coci-ña tradicional por grandes máquinas de cociñar onde a receita se introduce a través dun ordenador, abatedores de temperatura e máquinas de envasado para que os alimentos cheguen ao con-sumidor como recén coci-ñados, mantendo todas as súas cualidades organolép-ticas e nutritivas. Na base do proceso está a pasteri-zación, un tratamento tér-mico por calor suave pero eficaz que garante a elimi-nación de microorganismos ao tempo que respecta as características orixinais do prato.

Reservas e menús de Entroido

Segundo confirmaba a directora comercial de Pazo de Carregal, Olalla Jardón, para a primeira xornada de apertura xa tiñan reserva-das varias mesas para cear no restaurante. Coa vista posta en animar a verineses e visitantes a estrear as súas instalacións, os promotores deste novo recinto hostalei-ro xa lanzaron varios me-nús especiais para as festas do Entroido.

4 BARRIOSXaneiro de �013

VERÍN E COMARCA

Momento da entrega dos alimentos e dos xoguetes.Os menores de ‘Kero-Kolo’ celebran o San Antón

A vintena de menores participantes no programa ‘Kero-kolo’, organizada polo departa-mento de Educación Familiar do Concello de Verín, realizaron a súa particular homenaxe ao San Antón, festividade local na vila do Támega. Os cativos, acompañados dos seus proxenitores, realizaron un porquiño de xoguete con diferentes materiais como cartolina, goma eva ou plástico, guiados polas monitoras de ‘Kero-Kolo’. Esta iniciativa súmase as realizadas durante as últimas semanas no marco deste programa, e entre as que se atopan a conmemoración do Día Universal do Neno ou do Nadal.

‘Kero-Kolo’ naceu co obxecto de converterse nun espazo de encontro entre pais, nais e nenos de dous a tres anos de idade, onde conxuntamente a familia e a persoa directora das sesións crean un espazo encamiñado a relacionarse entre eles, xa que a familia é o primeiro axente de socialización onde os rapaces asentan as bases para unha sólida educación e con-vivencia con outros iguais. As sesións teñen lugar todos os martes ás 11:30 horas.

4IMAXES DO MES

Proxenitores e cativos de “Kero-Kolo” elaboraron un porquiño de xoguete.

Entrega dos alimentos e xoguetes da campaña solidaria ‘Espalle alegría na Eurocidade’

O tenente de alcalde de Verín, Enrique Díaz, o concelleiro de Mocidade, Víctor Ba-ladrón, o presidente e vicepresidente de AEVER, José Ángel Rodicio e Santos Álva-rez, foron os encargados de entregar aos responsables de Servizos Sociais de Verín, os xoguetes recolectados na campaña solidaria ‘Espalle alegría na Eurocidade’ para o seu reparto a menores da localidade. Nesta edición, Eurocidade, Câmara Municipal de Chaves e Concello de Verín asociáronse á campaña solidaria de Nadal, levada a cabo por cuarto ano consecutivo por Gráfica Sinal e pola asociación xuvenil A Voz da Juven-tude, estendéndoa ao outro lado da raia, e convertendo así a iniciativa nunha campaña de solidariedade inédita de cooperación transfronteiriza, que uniu dúas localidades nun obxectivo común: axudar a familias necesitadas do territorio da Eurocidade.

BARRIOSXaneiro de �013

5VERÍN E COMARCA

“Gong” inunda VerínRedacción

A cicloxénese explosi-va “Gong” deixou ao seu paso pola nosa comunida-de a pasada fin de semana un regueiro de incidentes. Ata �68 incidencias rexis-trou o servizo do 112 ao longo da xornada do sá-bado 19, sobre todo por desprendementos e inun-dacións causados polas intensas choivas e fortes ventos do temporal.

Unha das comarcas máis afectadas polos asolaga-mentos foi a de Monterrei, co río Támega desbordado en varios puntos, incluso na propia vila de Verín. Na xornada do domingo foise recuperando pouco a pouco o seu nivel nor-mal. O temporal deixou vivendas illadas e proble-

Continúa adiante o proxecto de Hotel-EscolaRedacción

O rexedor de Verín, Juan Manuel Jiménez Morán, anunciou que o Concello vai solicitar a cesión de terreos a Cabreiroá para levantar o Hotel-Esco-la de Verín. Trátase dun “proxecto no que segui-mos a traballar, e no que os requisitos para avanzar na súa construción eran a aprobación do PXOM e o convenio con Cabreiroá, e xa están aprobados”.

O Hotel-Escola sairá a concurso

Jiménez Morán adiantou que solicitarán a cesión de terreos a Cabreiroá para iniciar a súa edificación, posto que xa están á ex-posición pública o estudo viabilidade económica, proxecto básico e ante-proxecto de explotación. Unha vez que finalice a exposición, o proxecto sacarase a concurso, “e nun prazo non superior a tres meses, resolverase e adxudicarase á empresa máis valorada para come-zar a construción do ho-tel”, indicou o alcalde.

No proxecto de Hotel-Escola participan a Depu-tación, a Secretaría Xeral para o Turismo, o Con-cello de Verín, a Câma-ra Municipal de Chaves, Turismo Porto e Norte, a Sociedade Portuguesa de Hidroloxía Médica e a Asociación de Termas de Portugal.

Aspecto do río Támega ao seu paso por Verín na tarde do sábado 19 de xaneiro./P.L.

Fallado o concurso fotográfico “As cores de Monterrei”Redacción

Organizado pola Denomi-nación de Orixe Monterrei e máis a asociación “Ruta do Viño de Monterrei” vén de levarse a cabo o acto de entrega do primeiro premio do concurso de fotografía “As cores de Monterrei”, no que resultou gañadora Carla Fernández Rei coa obra “Viño e tradición”. O premio, consistente en 300 euros, foi entregado por Antonio Méndez, presiden-te de ambos organismos.

O obxectivo deste con-curso era promocionar, difundir e recoñecer a crea-tividade da fotografía no mundo do viño, tanto entre profesionais como afeccio-nados. Así, o escenario des-

A OMIX tramita 270 carnés xoves no 2012Redacción

A Oficina Municipal de Información Xuvenil do Concello de Verín trami-tou no pasado ano �01� un total de �70 carnés xo-ves, unha cifra similar ao ano anterior e que mantén a liña de crecemento ini-ciada no mesmo.

Este carné é unha tarxe-ta persoal e intransferible á disposición da mocida-de galega, que a acredita como tal, e coa que obtén descontos e vantaxes das entidades colaboradoras en Galicia, no resto das comunidades autónomas españolas e nos 40 países europeos adheridos ao programa do Carné Xove, agás excepcións propias de cada comunidade ou país. Entre os descontos máis solicitados pola mo-cidade están as entradas aos museos e cines, ad-quisición de billetes para medios de transporte, re-baixas no carné de condu-cir ou en establecementos comerciais como tendas de roupa, calzados ou óp-ticas.

Como solicitaloPoden solicitalo mo-

zos entre 12 e 30 anos e ten unha vixencia de dous anos a partir da data de expedición (e sempre sen superar os 30 anos, in-clusive). Para facer este carné, hai que cubrir un impreso de solicitude, acreditando a identidade co DNI ou pasaporte e pa-gar 6 euros de taxas.

A Oficina Municipal de Información Xuvenil tra-mita ademais os carnés de Alberguista (Xove, Adulto, Familiar e Grupo), o Carné Teacher, e do Estudante.

ta iniciativa foron as terras da comarca e no tema principal debíase reflectir obrigatoria-mente o Castelo de Monte-rrei e un viñedo.

A obra gañadora será utili-zada pola Denominación de Orixe nos traballos de pro-moción dos seus viños.

O concurso tamén entre-

gou un accésit a José Benito Diéguez Teixeira polas súas fotografías “El castillo es-condido” e “Atardecer”.

Bodegas Gargalo adhí-

rese a FIVIN E outra información re-

lacioanada coa D.O. Mon-terrei é a adhesión de Bo-

O presidente da D.O., Antonio Méndez, coa gañadora, Carla Fernández.

degas Gargalo, do grupo Roberto Verino á Funda-ción para a Investigación do Viño e a Nutrición (FI-VIN). Este organismo de-fende o consumo respon-sable e moderado de viño como parte fundamental da nosa cultura e alimento da dieta mediterránea.

mas co subministro de auga potable ao seu paso por este municipio ourensán.

As choivas tamén causa-ron asolagamento de cal-zadas en estradas de dife-rentes puntos da provincia, como a OU-540 (Ourense

– fronteira portuguesa, na Madalena), ou a OU-113 (Verín – Vilar de Barrio), e desprendementos noutras, como a OU-112 (Laza – Cerdedelo).

Para esta semana, Me-teogalicia prevé a entrada

dunha nova borrasca, pola que deu aviso laranxa por neve na montaña ourensá e de nivel amarelo no sur da provincia de Ourense, cunha cota de neve que se situará entre os 600 e os 700 metros.

O Concello de Verín vai solicitar a cesión de terreos a Cabreiroá para levantar o Hotel-Escola

6 BARRIOSXaneiro de �013 VERÍN E COMARCA

EN BREVE

4 Cursos de galego

O xoves �4 de xaneiro conclúe o período de ins-crición en cursos de for-mación para a obtención dos certificados de lingua galega (CELGA) aberto a principios de mes polo Concello de Verín.

A inscrición nestes cur-sos, promovidos pola Se-cretaría Xeral de Política Lingüística, é gratuíta. A duración da formación é de 70 horas lectivas e ca-pacitan para se presentar ao exame do CELGA do nivel correspondente e ob-ter así certificación oficial avalada pola Consellería de Cultura e Educación.

4 Novos cursos de informática na Aula CeMIT

Coa chegada de 2013, a aula Multimedia do Con-cello de Verín retoma a formación de usuarios coa promoción dunha ampla oferta de cursos de informática.

A oferta vai desde os básicos de iniciación a Windows e Internet, pa-sando por outros máis específicos en Ofimática, Linux ou nocións en de-seño gráfico. Estes cursos teñen duración de aproxi-madamente tres semanas cada un deles, en horario de mañá, tarde e un espe-cial para traballadores de 20 a 22 horas. Os intere-sados deben inscribirse na Biblioteca Pública Muni-cipal de Verín, co obxecto de xuntar un cupo necesa-rio para iniciar os mesmos e escoller o horario ao que se quere asistir.

En �01�, a Aula Ce-MIT impartiu un total de 58 cursos.

En Verín e Chaves coñeceron experiencias de traballo que lles poden ser útiles

Redacción

Unha delegación política e técnica da recentemen-te constituída Eurocidade Ayamonte-Vila Real de Santo Antonio desprazouse o pasado 11 de xaneiro ás localidades de Verín e Chaves, co obxecto de coñecer de primeira man todos os pasos a seguir nas actuacións de promoción, reforzo da cohesión social ou revalorización dos re-cursos da zona, do mesmo xeito que o fixo a Euroci-dade Chaves-Verín.

Nesta primeira viaxe da delegación luso-onuben-se, tras a súa constitución como Eurocidade o 9 de xaneiro, escolleuse a Verín e Chaves por ser un refe-rente ibérico en proxectos de cooperación trans-fronteiriza a nivel local, ademais de ser a primeira Eurocidade da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal.

Esta delegación, entre a que se atopaba o alcalde de Ayamonte, Antonio Ro-dríguez, o vicepresidente da Câmara de Vila Real

de Santo Antonio, José Car-los Barro, e o presidente da CCDR do Algarve, David Santos, foi recibida na sede da Eurocidade Chaves-Ve-rín (antiga aduana de Feces de Abaixo) polos rexedores Joâo Batista e Juan Manuel Jiménez, que lles ensinaron as instalacións e explicaron a realidade deste proxecto transfronteirizo.

Intercambio de expe-riencias

A continuación, o Secre-tariado Técnico Conxunto efectuou unha exposición deste proxecto, as iniciativas postas en marcha, así como as futuras, os resultados al-canzados ata o momento e as barreiras existentes aínda no ámbito da cooperación transfronteiriza.

Ademais de coñecer in situ o funcionamento da Eurocidade tamén compar-tiron experiencias de traba-llo, xa realizadas en Verín e Chaves, que poden ser beneficiosas e extrapolables aos cidadáns de Ayamonte e Vila Real de Santo Antonio.

Esta Eurocidade do sur

da Península Ibérica, a primeira no ámbito da Eurorrexión Andalucía-Algarve-Alentejo, xa tiña antecedentes de coopera-ción económica, do mes-mo xeito que Chaves e Verín, asentados no ámbito pesqueiro e conserveiro, así como na administra-ción pública.

ObxectivosAo igual que a Euroci-

dade Chaves-Verín entre os principais obxectivos desta nova Eurocidade está o desenvolvemento de accións de promoción de inversións e oportunida-des comerciais e turísticas, reforzar a cohesión social, promover os valores do patrimonio natural e cul-tural e consolidar o tecido empresarial local.

A delegración de Ayamon-Vila Real durante a súa visita a Verín e Chaves.

Representantes dunha nova eurocidade luso-onubense visitan Verín e Chaves4 Por tratarse dun referente en cooperación transfronteiriza a nivel local.

COGAMI ofrece ás empresas o persoal máis cualificado dacordo co posto que ofertan

Redacción

A Confederación Galega de Persoas con Discapaci-dade (COGAMI) rematou o 4 de decembro o curso de formación profesional de Controlador de accesos que impartiu durante tres meses na Casa da Xuven-tude de Verín.

Un total de 18 alum-nos con discapacidade, 11 homes e 7 mulleres, participaron nesta acción formativa. A duración to-tal foi de �50 horas, de carácter presencial e des-envolvéronse contidos como atención ao público, informática, almacenaxe, prevención de riscos la-borais e manipulación de alimentos.

A inserción ao mercado de traballo é un dos aspec-tos primordiais na busca da integración social das persoas con discapacida-de. Para conseguir este obxectivo é fundamen-tal a formación. Por iso, COGAMI préstalle unha grande importancia á pos-ta en marcha de diferentes ciclos formativos.

No mes de decembro 8 das persoas que remataron o curso se atopan realizan-do prácticas en empresas de Verín.

COGAMIA Confederación Galega

de Persoas con Discapaci-dade (COGAMI) é unha entidade sen ánimo de lu-cro creada en 1990 para fomenta-la integración so-cio-laboral das persoas con discapacidade. Dende o ano 1996 puxo en marcha o Servicio de Intermediación Laboral - SIL (Centro Aso-ciado ao Servizo Público de Emprego), a través do cal ao mundo empresarial ofré-cenlle curriculums de tra-balladores cualificados para poder desempeñar o posto de traballo ofertado (de en-tre os 20.000 que compo-ñen a súa bolsa de empre-go), e información sobre axudas e bonificacións pola contratación de persoas con discapacidade.

Así mesmo, lémbranlle ás empresa que contratar a persoas con discapacidade aporta “valor á empresa, vantaxes financeiras, cúm-prese a lexislación e melló-rase a imaxe social da em-presa”, explican.

18 persoas con discapacidade formáronse a través de COGAMI4 Preparáronse en atención ao público, informática, almace-naxe e prevención de riscos la-borais.

BARRIOSXaneiro de �013

7XINZO E COMARCA

Paula Lodeiro

O Concello de Vilar de Santos acaba de lanzar uha campaña de promoción que, baixo o lema “Un lugar para vivir” intenta atraer ao municipio novos veciños e negocios. Para iso o Concello elaborou un dossier que recolle as potencialidades do muni-cipio, como posibilidades para instalar unha empre-sa, axudas á rehabilitación ou servizos básicos.

O alcalde, Xan Jardón, citou en primeiro lugar o polígono empresarial de Santa Marta, de 225.000 metros cadrados e onde xa están instaladas �0 empresas. “Ten todos os servizos dun polígono a un prezo moi competitivo, de �0 euros o metro cadra-do”, apunta, ademais dun-ha ubicación estratéxica e seguridade xurídica, así como axudas á instala-ción, a través dunha boni-ficación do ICIO de ata o 80% para aquelas empre-sas que xeren postos de traballo e sexan declara-das de interese xeral. Do parque empresarial aínda restan dispoñibles 40.000 metros cadrados.

En canto ás opcións de vivenda, Jardón recor-dou que o pobo de Vilar de Santos foi recoñecido como Área de Rehabilita-ción Integral (ARI) polo que se estableceron axu-das económicas para re-habilitación ata 2015. As axudas poden chegar ata o 75% do investimento (cun tope de 11.600 euros

por vivenda). Ademais, o municipio dispón dunha Oficina de Rehabilitación a través da cal ofrecer aseso-ramento, e puxo en marcha un programa de aluguer ou venda de vivenda no que o Concello funciona como intermediario.

Oferta de servizosA todo isto únense servi-

zos básicos como abastece-mento e saneamento com-pletados, e outros como centro de saúde, centro de día con residencia comu-nitaria ou unha axuda no fogar “potente”, servizos que pode ofertar Vilar de Santos aínda en época de crise grazas a unha xes-tión municipal moi contra-lada, “somos un concello solvente, saneado, non hai débedas”, recalcaba o po-lítico nacionalista. E para

o vindeiro verán agar-dan contar cun punto de atención á infancia, que funcione como gardería de 0 a 3 anos, para o que habilitarán a antiga escola unitaria.

Con estas vantaxes, Vilar de Santos agarda sumar novos habitantes e volver alcanzar os mil veciños. O Concello de Vilar de Santos difundirá esta campaña na provin-cia e no resto de Galicia, a través de reunións en diferentes cidades nas que viven persoas orixinarias deste municipio, como Vigo ou A Coruña, e en-contros sectoriais con em-presarios. A intención do goberno municipal é que a difusión chegue tamén a outros puntos de España como Madrid, País Vasco ou Cataluña.

Vilar de Santos quere ser un lugar para vivir4 O concello limián inicia unha campaña para atraer novos veciños e empresas.

Redacción

Tras localizar varios ca-sos de veciños afectados polas preferentes, o Conce-llo de Vilar de Santos puxo en marcha un programa para colaborar na procura de solucións e na defensa dos dereitos da veciñanza nesta problemática. Neste sentido, asinou un proto-colo de colaboración coa Asociación Galega de Afectados polos Produtos Financeiros- AGAPROFI, para informar e facilitar a defensa dos veciños de Vi-lar de Santos.

O pasado 3 de xanei-ro tivo lugar na casa do concello unha reunión informativa por parte do presidente e o asesor xu-rídico de AGAPROFI, á que asistiron afectados polas preferentes e subor-dinadas, e na que se infor-mou das vías de solución, como a arbitraxe ou a vía a xudicial. Segundo expli-

ca o alcalde, Xan Jardón, froito da colaboración con AGAPROFI e grazas ao asesoramento prestado xa se resolveron satisfactoria-mente varios casos.

Esta actuación munici-pal en apoio dos afectados polas preferentes e subor-dinadas súmase á levada a cabo en relación aos desa-fiuzamentos no pasado mes de novembro, garantindo que ningún veciño queda-rá na rúa por este motivo e mesmo tomando medidas de presión coas entidades bancarias, incluíndo a posi-bilidade de retirar fondos e deixar de traballar con elas.

Tanto o Concello de Vi-lar de Santos como AGA-PROFI animan a outros concellos galegos a que subscriban este documen-to, ao tempo que esixen ao Goberno, á Xunta e ás entidades bancarias o cum-primento dos compromisos cos afectados polos produ-tos financeiros.

Vilar de Santos axudará aos afectados polas preferentes4 A través dun acordo coa Aso-ciación Galega de Afectados por Produtos Financieiros.

Vista do núcleo de Vilar de Santos./ARQUIVO.

O alcalde de Vilar de Santos co representantes de AGA-PROFI, na sinatura do convenio.

Renovada a Casa da Cultura de XinzoRedacción

Cunha gala benéfica de Nadal inauguráronse as reformadas instalacións da Casa da Cultura de Xinzo o pasado 21 de decembro. O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Váz-quez, foi o encargado de inaugurar as reformas le-vadas a cabo na Casa da Cultura e da Xuventude, para as que a Consellería achegou 60.000 euros.

Segundo o consellei-ro, a reforma na Casa da Cultura e da Xuventude “procura modernizar unha infraestrutura de xeito que se adecúe perfectamente aos fins que cumpre e ás actividades que nela teñen lugar”. Asemade, Vázquez Abad afirmou que “atender ás necesidades de obras e equipamentos das infraes-truturas socioculturais nos diferentes concellos de Galicia é unha responsabi-lidade que mediante ferra-mentas como o mapa de infraestruturas, tentamos cumprir dun modo res-ponsable e eficaz atenden-do aos recursos cos que contamos na actualidade”. Por último, o conselleiro expresou o seu desexo de que “o centro acolla unha actividade cultural diversa e de calidade que redunde no beneficio de todos os veciños de Xinzo e de toda a Comarca da Limia”.

Vázquez Abad fixo es-tas declaración antes de asistir á Gala Benéfica e Solidaria de Nadal �01�, organizada polo Concello de Xinzo, na que se reco-lleron produtos non pere-cedoiros para xente sen recursos, que foron entre-gados polos asistentes á entrada do festival.

8 BARRIOSXaneiro de �013

“Gustaríanos ademais de producir aquí o máximo posible, ter aquí os máximos consumidores posibles”

XINZO E COMARCA

Paula Lodeiro

Cando e como naceu Labregos Daiquí?

Manuel García: “Como idea naceu no 91, 92… Foi unha iniciativa do Move-mento Ecoloxista da Limia (MEL), co obxectivo de de-mostrar que o sistema agra-rio tradicional que quedaba aquí en Rairiz de Veiga, os últimos vestixios da chaira limiá, podía ser un sistema rendible, viable, de futuro, se non se destruía, como se fixo co resto da Limia.

Desde que se fixeron os grandes investimentos na Limia, empezando pola de-secación da lagoa de Ante-la, as concentracións parce-larias, entrada no Mercado Común, as axudas á agri-cultura… a poboación da Limia foi descendendo ata agora, que xa está nos lími-tes críticos. E as perspecti-vas de futuro xa ves como son. Curiosamente no ano 50 era o momento de maior poboación da comarca.

O MEL naceu para loitar contra ese sistema agra-rio que había na Limia. En Rairiz de Veiga paráramos as concentracións no ano 94. Pero, claro, os veciños non estaban moi de acordo. Entón a idea de Daiquí nace para demostrar que este sis-tema pode ser produtivo, viable, sen destruir. A idea era ‘se conseguiramos unha xente que estivera disposta a pagar un prezo xusto po-los alimentos que se pro-ducen aquí nesta zona pois poderíase animar á xente a non ter eses desexos tan grandes de que lle destrúan o contorno, que lle fagan grandes leiras que logo que-dan abandonadas’.

Estabamos nunha loita ecoloxista e a partir de aí empezou a coller forma a idea de Labregos Daiquí. Dicíamos, ‘onde vende-mos?’ No ano 97 invitáron-me a unha feira en Madrid,

Biocultura, e alí fun co co-che cargado con toda clase de produtos e o primeiro día vendín todo, levaba mazás, patacas… Había un grupo de xaponeses moi in-teresados en consumir ali-mentos producidos dentro desta contorna. E aí foi o principio de Daiquí como empresa comercializadora, a partir desa feira creouse un grupo de consumo, de xaponeses e algún outro madrileño, e cada dúas se-manas ía co coche a Madrid a levarlle os produtos.

Nun principio era iso, ali-mentos ‘daiquí’, naturais, da Galiza, valorizar as pro-ducións que se realizaban dentro do sistema agrario tradicional. E así fumos andando ata que no ano 99, �000 din unha charla nun grupo ecoloxista en Vigo, e alí xurdiu outro grupo de consumo, íamos unha semana a Madrid e outra a Vigo. A cousa ía aumentan-do e dixemos ‘témoslle que dar unha forma legal’ e em-pezamos polo máis sinxelo, darnos de alta como distri-buidores de froita”.

Agora, cantas familias traballan para Daiquí?

M.G.: “A cooperativa, de produción e distribución, está formada por cinco socios, e logo a parte hai familias do concello, de Porqueira, de Verea… que producen para Daiquí e tra-ballamos con agricultures ecolóxicos de toda Galicia, e de moitas partes do Es-tado. Sempre que hai unha produción ecolóxica galega tratamos de incorporar ao noso listado, mermeladas, viños…

Cando só vendíamos o noso as familias tiñan pouco onde escoller, un manollo de puerros, uns quilos de patacas e hala, lé-vallos a casa, era irrendible de todo. Entón empezamos a diversificar produción, montamos un invernadoiro

para poder ter en inverno acelgas, leituga... e empe-zamos a producir produtos que non eran habituais, ce-noiras, brécol, remolacha, cebolas…

Nun principio era sobre todo agricultura tradicional, da zona, porque aínda non existía Consello Regulador, e a medida que foi regulándose a agricultura ecolóxica, apuntámonos no Consello Regulador e animei aos produtores a apuntarse tamén, porque desa forma podíamos vender mellor fóra, sobre todo grandes producións, como pataca, kiwi, puerros, das que tiñamos excedentes, e que non daban consumido as familias particulares, enviámolas ao por maior a

Cataluña, a Madrid… Segue sendo así porque aquí aínda non hai consumidores para tirar dun grupo amplo de produtores ecolóxicos. Esa é a nosa loita, gustaríanos ademais de producir aquí o máximo posible, ter aquí os máximos consumidores posibles”.

Cal é o perfil das fami-lias produtoras?

M.G.: Hai de todo; os primeiros que tivemos eran agricultores tradicionais, da zona, da Saínza, de Ordes, e logo hai xente nova máis motivada e con máis con-ciencia. O que nos interesa é que haxa produción ecoló-xica, sexa por parte de xente conciencizada ou por outra para a que a única concien-cia é o ben que pagamos.

Partimos sempre dun prezo xusto para o agricultor, que lle resulte rendible produ-cir desta forma, sen utilizar herbicidas, química, etc. e tratamos de que chegue ao prezo máis xusto para o con-sumidor”.

Como vendedes?M.G.: “Temos unha web,

daiqui.com, onde a xente entra, pode ver o listado de produtos que temos e facer a compra, a nós nos chegan os pedidos e os servimos. To-dos os luns, martes, mérco-res e xoves, chegan aquí va-rias empresas de transporte á noite e recollen as caixas e as reparten por toda Galicia e por todo o Estado”.

Tedes algunha outra ma-neira de distribuir, como ir a feiras, ou nunha tenda fí-sica?

M.G.: Non, un dos nosos obxectivos era poder seguir vivindo no noso pobo; non houbo ningúen que dixera ‘montamos unha tenda na cidade e a atendo eu’. Nós somos de aquí e queremos seguir vivindo aquí. Mes-mo este almacén que temos agora, durante moito tempo estivemos indecisos se face-lo aquí, facelo en Xinzo, e a verdade decidimos facelo aquí porque se marchaba-mos de aquí o pobo quedaba sen actividade e abandona-do”.

Tivéchedes axudas pola vosa iniciativa?

M.G.: Cando nos fixemos cooperativa pois accedemos ás axudas típicas. Para o al-macen non tivemos ningun-ha axuda porque aínda non estaba aprobado o plan de ordenación municipal”.

Como vos afecta a crise económica?

M.G.: “Milagrosamente, aínda que hai moita xente, consumidores que o están pasando mal, sen embargo, o consumo de alimentos ecolóxicos segue aumen-tando a pesar da crise. Moi lentamente aquí en Galicia,

cada vez están xurdindo máis puntos de venda, moi-tas tendiñas por toda Galicia ás que lle servimos”.

Hai diferenzas no prezo entre a agricultura ecoló-xica e a convencional?

M.G.: “Aparentemente si. O que pasa é que os prezos da agricultura convencional son uns prezos totalmente falsos e inxustos, porque non contemplan os custos reais de produción e sobre todo o custo ecolóxico que supón producir. É dicir, un quilo de patacas produci-das na Limia tería que valer o dobre ou o triple do que vale, porque tería que pagar o impacto que causa sobre o río, os encoros, e na saúde das persoas. Ese custo non se cuantifica á hora de va-lorar o prezo dun produto. E os prezos que ese manexan na agricultura tradicional o único que consiguen é que as aldeas estean baleiras.

É incomparable, en agri-cultura ecolóxica partimos dunha produción que res-peta o contorno, respecta o río, respetca a saúde das persoas, e iso vale moito diñeiro, porque a socieda-de, o Estado está investindo moito diñeiro en curar as persoas de cancro, alerxias, diabetes…cantidade de en-fermidades inducidas pola química que se utiliza á hora de producir alimentos”.

Tedes algún caso de al-gún agricultor que se pa-sara da agricultura con-vencional á agricultura ecolóxica?

M.G.: “Si, claro, a case todos os que traballan con-nosco pasoulles iso. O caso máis incrible é o de Pilar e Eloy, que empezaron culti-vando craveis e hortalizas para Hortoflor, e era tal a cantidade de produtos quí-micos que tiñan que utilizar, que enseguida Pilar empe-zou a facerse alérxica aos produtos que utilizaba. E tivérono que deixar e con-tactaron connosco e a par-tir de aí reconvertíronse, e realmente lle sae rendible. E mentres traballaban para Hortoflor non gañaban nin para semente.

O futuro pasa por unha agricultura ecolóxica, res-petuosa co contorno, coas saúde das persoas. Estámo-lo vendo nos países máis avanzados. Seguir negando a evidencia é seguir retra-sando máis que isto poida progresar e ter futuro”.

ENTREVISTA A MANUEL GARCíA, DE LABREGOS DAIqUI

“O consumo de alimentos ecolóxicos segue aumentando a pesar da crise”

4 Da teoría á práctica; iso é o que fixeron un grupo de ecoloxistas de Rairiz de Vei-ga ao poñer en marcha Labregos Daiquí: demostrar que a agricultura ecolóxica pode ser, amais de respectuosa co contorno, produtiva e viable.

Manuel García amósanos as remolachas, repolo e chiri-vías que venden a través de Labregos Daiquí./P.LODEIRO.

BARRIOSXaneiro de �013

9PUBLICIDADE

10 BARRIOSXaneiro de �013

XINZO E COMARCA

Redacción

No último trimestre de �01� a Escola Rural de Saú-de da Limia impartíu forma-ción sobre a enfermidade de alzhéimer e outras demencias a un total de 300 persoas en talleres dirixidos á poboación en xeral e especialmente aos familiares e coidadores de persoas dependentes.

O alzhéimer é unha enfer-midade que arroxa datos nes-tes momentos preocupantes: a metade das persoas maiores de 83 anos padécena, e unha de cada catro maiores de 75 anos está a iniciar un proce-so de deterioración cognitiva que nun futuro derivará nun-ha demencia, e o máis pre-ocupante de todo iso é que o descoñecen e en moitos casos, tardarase moito tempo en ser diagnosticado.

Por iso, a Escola Rural de Saúde da Limia puxo en marcha o Proxecto Integral Alzhéimer na Limia, coa

A Escola Rural de Saúde da Limia, co alzhéimer4 Formou nesta enfermidade máis de 300 persoas no último trimestre de 2012.

finalizade de facer visible unha patoloxía cada vez máis frecuente e na que o custo persoal, familiar e social é elevadísimo.

O contido dos talleresEn Xinzo realizáronse tres

talleres por parte de Faculta-tivos do SERGAS e profe-sionais do sector dos servizos sociais nos que se tratou a enfermidade desde distintos ámbitos: información médi-

a Asociación trasladou infor-mación sobre o alzhéimer a diferentes pobos do medio rural, onde se concentra a maior parte da poboación maior e con dificultades para desprazarse.

Todo isto foi posible gra-zas á Escola Galega de Saúde para Cidadáns do SERGAS, a colaboración Concello de Xinzo de Limia e de AFAOR, así como os pedáneos e mu-lleres rurais dos pobos, fun-

En Guntimil (Xinzo) participaron nun taller sobre alzheimer 24 persoas.

ca especializada, aspectos le-gais, recursos sociais e inter-vención e psicoestimulación co enfermo.

Fíxose especial fincapé na importancia dun diagnóstico precoz e na intervención co enfermo unha vez diagnos-ticado coa finalidade de que manteña calidade de vida du-rante a evolución da enfermi-dade, porque, a día de hoxe, non ten tratamento curativo.

Como vén sendo habitual,

damentais para poder or-ganizar os talleres na zona rural do concello.

ContinuidadeA asociación ten inten-

ción de dar continuidade a este proxecto en �013 con talleres de prevención de deterioración cogniti-va (memoria) para todas as persoas interesadas e de psicoestimulación con persoas diagnosticadas de alzhéimer ou outras de-mencias.

Logo de que o 2012 fose o Ano Galego do Alzhéi-mer, é intención da Aso-ciación neste 2013 seguir dando apoio e mellorar a calidade de vida de todas as familias que están a su-frir esta enfermidade.

Campaña do Con-cello de Sandiás para fomentar a reciclaxe Redacción

O Concello de San-diás fomenta a educación medioambiental, a través de excursións, charlas e xornadas, ao considerar “de gran importancia en-sinarlles aos veciños a forma de realizar unha co-rrecta xestión de residuos desde que se deposita no contedor ata que chega ao centro de reciclaxe”.

E por iso que o Con-cello organizou, en cola-boración co Servizo de Medio Ambiente da De-putación de Ourense, dúas charlas informativas sobre reciclaxe o 16 de xaneiro, unha no Centro Social de Piñeira de Arcos e outro para os escolares do co-lexio de Sandiás. As char-las son a continuación das dúas anteriores celebradas durante o mes anterior nos centros sociais de Sandiás e de Couso.

A asociación trasladou información aos pobos do rural

BARRIOSXaneiro de �013

11XINZO E COMARCA

Redacción

O Hotel Xinzo acolleu o �0 de decembro unha xornada de divulgación do Proxecto de Desenvolve-mento de Produtos Esterili-zados, Pasteurizados e Pra-tos Preparados (V gama) a partir de pataca, organizada polo Consello Regulador da I.X.P: Pataca de Galicia Pro-texida. O obxectivo básico de dito proxecto, iniciado no ano �010 é desenvolver unha gama de produtos que permitan usar a Pataca de Galicia como un ingrediente importante de produtos lis-tos para o consumo, xa sexa soa, ou en combinación con outros produtos galegos de calidade.

O proxecto, dirixido polo Consello Regulador da IXP,

baixo a dirección do secre-tario do Consello, Ricardo Losada Blanco, conta coa colaboración do grupo de Deseño de Produtos e Proce-sos para o Desenvolvemen-to Rural da Universidade de Compostela, dirixido polo profesor Enrique Arbones, que actuou como poñente na xornada de divulgación, e da empresa Droguería Agrí-cola S.A.

A xornada contou coa par-ticipación de produtores, envasadores de pataca e téc-nicos relacionados co sector, que expuxeron os resultados acadados ata a data para a pataca pasteurizada e este-rilizada en tarro. Tratáronse os estudos de mercado reali-zados con pequenos consu-midores e consumidores co-lectivos e a análise da canle

comercial. Describíronse os traballos de desenvolve-mento de procesos realiza-dos polo equipo da Univer-sidade de Santiago na planta piloto da Escola Politécnica Superior de Lugo.

Neles optimizáronse os

O Consello Regulador avanza nunha liña de produtos envasados con Pataca de Galicia4 O Hotel Xinzo acolleu unha xornada para dar conta dos avances no proxecto de desenvolvemento deste tipo de preparados.

tempos e temperaturas dos tratamentos térmicos e fun-ción dos distintos formatos de producto e o líquido de goberno. Ademais dos mé-todos de elaboración mais axeitados, explicouse o se-guimento das propiedades

dos produtos durante o almacenamento empre-gando análises físico-quí-micas, microbiolóxicas e sensoriais, e comentáronse os resultados provisionais acadados para a crema de pataca e grelo.

Asistentes á xornada divulgativa de Pataca de Galicia en Xinzo.

A CIG leva á Fiscalía as contratacións en XinzoRedacción

A CIG solicita ao fiscal xefe de Ourense a apertura dunha investigación sobre as contratacións temporais realizadas no Concello de Xinzo tralas campañas electorais de 2011.

O sindicato formulou o pasado 18 de xaneiro unha denuncia ante a Fiscalía contra o alcalde do Con-cello de Xinzo de Limia, Antonio Pérez, “a efectos de que se investigue se as súas accións en materia de contratación poden ser reprobábeis en dereito”. A CIG indica que o Conce-llo contratou desde finais de �010 a este mesmo mes de xaneiro un mínimo de 11 interventores, apodera-dos e militantes do PP nas campañas electorais de maio e novembro de �011, así como á propia parella do rexedor, para unha pra-za de administrativa.

1� BARRIOSXaneiro de �013 XINZO E COMARCA

Óscar Rivero recolleu a Insignia de Ouro do Concello de Xinzo Os éxitos académicos do mozo Óscar Rivero Salgado foron recoñecidos polo Concello de

Xinzo, do que é natural, a través da entrega da súa Insignia de Ouro. Con esta distinción a corporación municipal recoñécelle os seus méritos académicos, as súas calidades como per-soa e o feito de levar o nome de Xinzo e de Ourense polos lugares do mundo que visitou nas varias olimpíadas matemáticas nas que ten participado nos últimos anos.

Rivero estivo arroupado polos seus proxenitores neste acto, que tivo lugar ao comezo da sesión plenaria do 27 de decembro e que rematou coa súa firma no Libro de Honra do Con-cello de Xinzo. Tras ser campión nacional na Olimpíada de Matemáticas en 2011 e da Olim-píada iberoamericana de Matemáticas de 2012, o mozo limián, que cursara os seus estudos de secundaria no IES Cidade de Antioquía de Xinzo, estuda agora o dobre grao en matemáticas e enxeñería física na Universidad Politécnica de Cataluña.

O mozo Óscar Rivero recibiu a insignia de mans do alcalde de Xinzo, Antonio Pérez. /LIMIADIXITAL.

4IMAXES DO MES

Festa en perruquería Alida SantanaO pasado 15 de decembro a perruquería Alida Santana de Xinzo celebrou unha cea coas

súas clientas e amigas, co fin de esquecerse dos problemas e gozar dunha noite con música en directo, xogos para amenizar e divertirse. Como remate final, a propia Alida animouse a cantar. “O que a min máis me importa é o benestar da xente e non lle desexo pena a ninguén, e como non se pode axudar a todo o mundo, intento pór o meu grao de area divertindo e gozando alomenos unhas horas.

Alida Santana agradece a todos os que participaron e adianta a idea de repetilo proxima-mente.

Asistentes á cea de Nadal organizada pola perruquería Alida Santana de Xinzo.

BARRIOSXaneiro de �013

13

Paula Lodeiro

“Os santos titulares de parroquias en Galiza. Pa-sado, presente e perspecti-vas de futuro” é o título do ensaio gañador do XVIII Premio Vicente Risco XVII. O seu autor, o pro-fesor Xosé Manuel Gonzá-lez Reboredo (Outeiro de Rei, Lugo, 1946) recibiu o galardón o pasado sábado 1� de xaneiro nun acto or-ganizado na casa consisto-rial de Allariz. O concello alaricano é unha das catro institucións que mante-ñen este premio, xunto ao Concello de Castro Calde-las, e as fundacións Sotelo Blanco e Vicente Risco.

No seu discurso de agradecemento, Gonzá-lez Reboredo animou ás catro institucións “a que traten por todos os medios de manter este premio” pois “tantos investigado-res teñen pendente que a súa obra sexa coñecida

e divulgada”. O etnógrafo lugués explicou a orixe da súa obra nunha anterior na que colaborara, “Tempos de festa en Galicia”. “Din-me conta de que eu mesmo estaba cometendo un pe-quen pecado, non prestarlle debidamente atención aos santos patronos das nosas parroquias, e impúxenme unha penitencia: traballar no tema a fondo”. E púxose a contar parroquias, “máis de 15.000”. Despois dunha conversa cun párroco ami-go “que me dixo que puxera todo por escrito, púxenme a facer a última redacción do libro que é a que presentei ao premio”.

Interviu tamén no acto a concelleira de Allariz e membro do xurado, Teresa Devesa, que considerou que “nos tempos difíciles manter un premio como este, coa dotación económi-ca que ten (6.000 euros) su-pón un reto para cada unha das catro institucións”. De-

vesa precisou que están a piques de publicarse as bases da próxima edición, que verá reducido “un pouco” a parte económi-ca.

En representación da Fundación Vicente Risco falou Luis Martínez-Ris-co, que destacou que nos últimos anos teñen sido premiados co Vicente Ris-co de ciencias sociais “in-telectuais de traxectoria”. O concelleiro de Cultura de Castro Caldelas, Juan Osorio, que puxo o acen-to no método empregado polo autor neste ensaio: “cun análise cuantitativo e cualitativo, a triangulación feita con outros lugares da Península e a perspectiva temporal”.

No acto participaron o alcalde de Allariz, Fran-cisco García, e Olegario Sotelo Blanco, en nome da Fundación e Editorial Sotelo Blanco, que publi-cou o traballo premiado.

Redacción

Xa se coñecen as 11 pro-postas que xunto a “El agua es vida, el agua viva” do brasileño Raúl Diniz (ga-ñador da pasada edición) conformarán o IV Festival Internacional de Xardíns de Allariz. O xurado, presidido por Francisco Caldeira Ca-bral, decidiu por unanimi-dade, seleccionar entre as 40 propostas presentadas ao concurso as seguintes: “En-cuentro el tesoro”, “Tivea”, “Xardín das pías”, “Beeha-viour”, “Allariz, ciudad ver-de”, “El color que inspira”, “Allariz, beleza natural + beleza construída”, “El jar-dín del árbol de lágrimas”, “Encuentro entre naturale-za y realidad”, “Ensayo de un lugar” e “Pensasueños”. O xurado valorou a orixina-lidade en relación co tema “Allariz, a beleza que ins-pira”, a calidade estética da

proposta, e a viabilidade técnica e económica dos proxectos.

Entre os autores hainos procedentes da comunida-de galega pero tamén dou-tras puntos da xeografía española e de países como Austria, Holanda, Francia ou Portugal.

Así mesmo, ante posi-bles dificultades de execu-ción permanecerán como reservas as seguintes: “Allariz… a lenda que deixa pegada na súa be-leza” e “Natureza, home, tempo”.

Trala reunión do xurado para elixir as once propos-tas que conformarían a cuarta edición do festival, este elixiu tamén a temáti-ca para o ano �014, esta-blecendo así “Os Xardíns da Abundancia” como leit motiv para a quinta edi-ción Festival Internacio-nal de Xardíns.

Un traballo sobre as parroquias, premio Vicente Risco de Ciencias Sociais4 A casa do concello de Allariz acolleu a en-trega do galardón ao profesor lugués Xosé Ma-nuel González Reboredo.

Seleccionadas as 11 propostas do próximo Festival de Xardíns 4 Orixinalidade, calidade esté-tica e viabilidade técnica, crite-rios empregados polo xurado.

O concelleiro de Cultura de Castro Caldelas, Juan Osorio; Luis Martínez-Risco, en representación da Fundación Vicente Risco; o alcalde de Allariz, Francisco García, o premiado, Xosé Manuel González Reboredo, e Olegario Sotelo Blanco, en representa-ción da Editorial e Fundación Sotelo Blanco. /P.LODEIRO.

Redacción

O Concello de Allariz, a través do Fondo de compen-sación ambiental promovi-do pola Xunta de Galicia, recibiu axuda económica para realizar obras de con-servación e restauración do medio ambiente.

Baixo estas premisas, á area de Medio Ambiente está procedendo á elimina-ción dos vertedoiros ilegais incontrolados que existen no territorio municipal. San Vitoiro con máis de 40 metro cúbicos de verquido, o cami-ño real á altura de Valverde onde se atoparon principal-mente restos de construción,

as pistas de San Mamede, a Portela de Magarelos ou as inmediacións do Parque empresarial de Chorente son os puntos que acaban de ser eliminados.

Ademais o Concello, a través da Reserva da Bios-fera, levou a cabo unha campaña de sensibiliza-ción sobre a importancia da reciclaxe. O concelleiro de Medio Ambiente, Ber-nardo Varela, recordaba aos veciños a existencia dun servizo de recollida de voluminosos así como a obrigatoriedade da reco-llida de electrodomésticos por parte dos establece-mentos vendedores.

Eliminan vertedoiros incontrolados4 En San Vitoiro, no camiño real, nas pistas de San Mamede ou nas inmediacións do Parque empresarial de Chorente.

Balance da Policía LocalRedacción

O alcalde de Allariz pre-sentou o balance das inter-vencións da Policía Local en 2012. No referente a faltas e delitos, con 51, o rexedor destacaba a evo-lución positiva e a tenden-cia decrecente con respec-to ao ano anterior. Destes, 1� corresponden a delitos relacionados coa seguri-dade viaria, de violencia de xénero, danos contra o patrimonio e maltrato animal. O Alcalde desta-ca o alto esclarecemento dos supostos acaecidos (un 83% dos casos foron esclarecidos). No caso de faltas leves, como furtos, aclaráronse un 46%. (18 dos 39 expedientes).

No relativo á seguridade vial, os índices de sinis-tralidade reducíronse en comparación ao exercicio anterior froito da interven-ción programada, os plans de seguridade viaria e a mellora da rede. Dos 20 accidentes acontecidos no �01�, 16 foron rexistrados con danos materiais e 4 con algún ferido leve.

Atendendo a campañas programadas pola Direc-ción Xeral de Tráfico a Policía Local de Allariz realiza controis de alcole-mia, utilización do móbil e control do uso do cinto de seguridade. Os 208 controis propios saldáron-se con 2 denuncias.

As denuncias de tráfi-co viñeron dadas, na súa maioría, por sancións por aparcamento indebido (392 denuncias). Delas, en 269 o seu cobro foi recada-do en período voluntario.

Ademais a Policía Lo-cal de Allariz realiza, entre outras actividades, o se-guimento do cumprimento das ordenanzas munici-pais, como a limpeza de fincas das que se derivaron 51 informes; �5 en materia de urbanismo, 15 en danos contra o patrimonio muni-cipal e 18 sobre a exención de imposto.

O rexedor alaricano valoraba este balance de xeito positivo pola con-tinuidade mostrada nas cifras da tendencia decre-cente da sinistralidade e o importante número de esclarecemento nos casos ocorridos.

ALLARIZ E COMARCA

14 BARRIOSXaneiro de �013 ALLARIZ E COMARCA / CELANOVA E COMARCA

EN BREVE

4O Concello de Allariz xestionará os residuos plásticos

Os operarios municipais de Allariz encargaranse den-de febreiro da recollida dos residuos do contedor amare-lo de todo o Concello. Unha tarefa que ata o momento “desenvolvía unha empresa privada con custe cero para o Concello, pero que recibía de Ecoembes un beneficio polo material reciclado”. explicou o concelleiro de Medio Am-biente, Bernardo Varela.

Esta decisión obedece á pretensión por parte do Con-cello de Allariz de rendabi-lizar o persoal e os medios propios, así como obter al-gún tipo de beneficio polo re-ciclaxe dos materiais. De fei-to, Varela cifrou nuns 15.000 euros o que o Concello po-dería obter de Ecoembes por unha media de 60.000 kilos de residuos anuais.

4ANDREA oferta prácticas para os alumnos da USC

A Asociación ANDREA (Asociación Nacional para a Defensa, Recuperación e Es-tudo terapéutico da especie Asnal) con sede en Allariz, vén de asinar un convenio coa Universidade de San-tiago para a realización de prácticas tuteladas nas ins-talacións da asociación ala-ricana para os alumnos da USC que cursen Pedagoxía e Educación Social.

O acordo inclúe tamén a posibilidade de aportar os seus expertos para aquela parte da docencia teórico-práctica especializada que fora precisa.

4Novos cursos no fogar dos maiores

O Fogar dos Maiores de Allariz organiza novos obra-doiros para a poboación en xeral. Trátase de baile gale-go, meditación e movemen-to, e ioga. Os interesados en participar deberán inscribirse antes de que finalice xaneiro no Fogar dos Maiores.

[+ info no 988 554 059 ou en [email protected]]

4Os museos alaricanos mudan de horario

A rede museística alarica-na modifica os seus horarios

Redacción

O Concello de Celano-va e a Fundación Curros Enríquez, coa colabora-ción da Consellería de Cultura, puxeron este 4 de xaneiro o ramo aos actos de conmemoración do I Centenario do nacemento de Celso Emilio Ferreiro e, polo tanto, ao Ano de Celso Emilio declarado no seu momento pola Xun-ta de Galicia a instancia unánime do Parlamento de Galicia.

Os actos consistiron na lectura pública dos poe-mas de Celso Emilio, así como na inauguración do roteiro literario “Poemas na rúa” que foron instala-dos co apoio económico da Secretaría Xeral de Po-lítica Lingüística.

A xornada comezou no salón de plenos do Conce-llo coa presentación dos gravados “As linguaxes da poesía sobre os poetas de Celanova”. A carpeta, ela-borada por Isabel Somoza, Xabier de Sousa e Xosé Poldras coa colaboración de Nelson Bardón, consta de tres gravados cada un deles referido a Curros Enríquez, Celso Emilio Ferreiro e Méndez Ferrín, respectivamente que in-clúen unha parte cun re-trato do poeta, outra cunha estrofa en linguaxe escrita e en sistema braille e outra co grafismo abstracto que sae dese verso segundo un procedemento fotográ-fico que recolle as liñas imaxinarias resultantes do emprego da linguaxe de signos.

A continuación tivo lu-gar un recital público de versos de Celso Emilio no que participaron repre-sentantes institucionais, de colectivos culturais, comerciantes e veciños de Celanova.

Unha vez finalizadas as lecturas, os actos tive-ron continuidade na praza Maior onde nenos da vila realizaron un borrado sim-bólico da pintura do gra-

vado que Picasso dedicou a Celso Emilio, empregado para ilustrar unha edición de ‘Longa noite de pedra’.

Roteiro literarioFinalmente, un pequeno

paseo entre a Praza Maior e o monumento a Curros En-ríquez servirá para dar a co-ñecer o novo roteiro literario urbano “Poemas na rúa” que volverá colocar á literatura como principal promoción de Celanova en �013 xa que o mesmo constitúe unha ini-ciativa pioneira no campo da promoción exterior da vila a través dos escritores de Celanova. Este proxecto está formado por 14 paneis de gran formato de cristal templado e ferro corten no que se reproducen outros tantos poemas ou textos de Manuel Curros Enríquez, Castor Elices, Celso Emilio Ferreiro, Pepe Velo, Castor Méndez Brandón e José Be-nito Buylla alusivos en tó-dolos casos ós lugares onde están instalados, convertira-se nunha invitación perma-nente a realizar un paseo por Celanova a través da palabra dos escritores locais.

Estes actos poñen fin ás diferentes iniciativas que tanto o Concello de Celano-va como a Fundación Cu-rros Enríquez teñen levado a cabo ao longo do ano pa-sado para promover a figura

de Celso Emilio Ferreiro e conseguir que a vila natal do poeta teña o protagonismo que sen lugar a dúbidas lle gustaría que tivera ao propio Celso Emilio no conxunto da conmemoración celebra-da.

Destacou a colaboración dos comerciantes da vila, que durante todo o ano ti-veron nos seus escaparates os versos de Ferreiroe que serviron para facer un xogo de busca no que participaron máis de 1.400 nenos de toda Galicia. Coa escusa do cen-tenario foron moitos os cen-tros de ensino que se achega-ron a Celanova e realizaron lecturas polas rúas e diversas actividades artísticas como a pintura da Praza Maior, e tamén veciños e asociación culturais que participaron en roteiros, presentación de libros e concertos durante os últimos doce meses.

A esta conmemoración sumouse a Real Academia Galega, que celebrou unha reunión extraordinaria na vila e participou na inau-guración da colocación da praca identificativa da casa natal do escritor; ou as Universidade Internacional Menéndez Pelayo e a Uni-versidade de Santiago, que celebraron respectivamente cursos centrados na figura e obra de Celso Emilio e un encontro de xornalismo.

Celanova pon punto e final ao ano Celso Emilio Ferreiro4 A vila despediu o centenario do nacemento do escritor coa ins-talación dun roteiro literario e cun recital público.

O secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, e o alcalde de Celanova, José Luis Ferro, entre as autoriades que acudiron ao acto de peche do ano Celso Emilio Ferreiro. /RA-MSÉS.

4 5.500 persoas visitaron a Casa dos Poetas en 2012

Durante o 2012, no que se celebrou o Centenario do nacemento de Celso Emilio Ferreiro, a Casa dos Poetas de Celanova recibiu máis de 5.500 visitas. Entre as que destacaron os numerosos grupos de escolares (que suman máis de 2.000 rapa-ces) que se achegaron ata a vila nos últimos 12 meses. Ademais, deles, un total de 1.414 cativos participaran no xogo de busca de versos de Ferreiro polos comercios de Celanova.

Moitos dos visitantes da casa familiar de Manuel Curros Enríquez aprovei-taron, como é lóxico, para participar nos numerosos eventos que acolleu Celano-va en honra ao poeta e que tiveron lugar tanto na Casa de Curros como na AMIC ou o Salón de Plenos.

De todas estas activida-des algunhas das que conta-ron con maior participación foron un encontro de xor-nalismo, un curso de verán sobre o escritor ou a home-naxe realizada en setembro co motivo do seu cabodano e durante a cal se fixo entre-ga a Luís Tosar do Premio ‘Celanova, Casa dos Poe-tas’.

a partir do 9 de febreiro. O Museo Galego do Xoguete e o Museo do Coiro conti-núan co mesmo horario ha-bitual: sábados, domingos e festivos de 12:00 a 14:00h e de 17:00 a 19:00h.

Pola súa banda, o Museo do Tecido péchase tempo-ralmente por traslado e o Muíño do Burato abrirá nas seguintes datas: 9 e 10 de febreiro; Semana Santa; �0 e �1 de abril; 1, 4, 5,17,18 e 19 de maio e 22, 23 e 24 de xuño. A entrada custará 1 euros e será gratuíta para os que presenten tarxeta de cidadanía e os menores de 4 anos. Para concertar visitas guiadas débese facer reserva previa no 988 442 006.

4A piscina municipal medra en usuarios

As instalacións deporti-vas de Vilanova incremen-taron os seus usuarios e in-gresos en 2012. O servizo, que aumenta as súas tarifas nun 10%, contou no último ano cun incremento no uso das instalacións, cun �0% de usuarios que veñen de zonas limítrofres.

No capítulo de ingresos (255.241 euros) as maiores aportacións corresponden ás cotas dos abonados, con 190.433 euros; seguido dos bonos e entradas indivi-duais con 28.921 euros; da cota dos cursiños, 27.109 euros; ou do uso dos pro-gramas de adestramento individuais, 9.861 euros. En canto aos gastos, a maior parte corresponde ao persoal (202.094 euros), ao gasoil (51.420 euros), e á electricidade (20.200 euros).

4 Novos cursos na Fundación González Ferreiro

Costura, francés, alemán e galego son as materias dos novos cursos formati-vos que programa a Fun-dación Ramón González Ferreiro de Allariz. Con comezo en xaneiro e rema-te en maio, os asistentes a estas actividades poderán aprender conceptos básicos de costura, mellorar o seu francés, iniciarse na lingua alemá ou preparar o exame Celga de nivel 3 de galego. [+ info no 988 43 61 82 ou en

[email protected]]

BARRIOSXaneiro de �013

15CELANOVA E COMARCA

Iniciativas da oposición no parlamento, concellos e Deputación para que a Xunta complete a autovía ata a fronteira portuguesa

P. L.

A autovía de Celanova (AG-31) entrará en servi-zo no primeiro trimestre do ano 2013. Así o expli-cou o conselleiro Agustín Hernández na súa visita en decembro a esta vía de altas prestacións. Esta infraestru-tura viaria constituirá unha alternativa á estrada OU-540 para os desprazamentos entre Celanova e Ourense, evitando pasar polo núcleo urbano de Celanova, e po-sibilitando un acceso rápido á A-52.

A autovía, cuxo orzamen-to ascende a máis de 115 millóns de euros, reducirá nun 40% o tempo do per-corrido entre Celanova e a cidade das Burgas, xa que a estrada OU-540 supón 25 minutos e a nova infraestru-tura, tan só 15 minutos.

A futura autovía AG-31 permitirá evitar os preto de 7 quilómetros de travesías que hai que percorrer pola estrada actual, incrementan-do así a seguridade viaria.

No que se refire a caracte-rísticas técnicas, o tronco da autovía ten unha lonxitude de 18,7 km e dispón de cin-co enlaces: A-52, A Merca, A Barxa, Celanova centro e Celanova sur. Tamén hai tres viadutos: Rego do Por-to, de 16� m; Río Arnoia, de 199 m; e Río Ourille, de 75 m; así como 1� pasos superiores, 18 inferiores e unha pasarela peonil.

A nova infraestrutura vai-lle dar servizo directamente a unha poboación próxima aos 124.000 habitantes, pertencente aos concellos de Ourense, San Cibrao das Viñas, A Merca, Verea e Celanova.

PSOE e BNG critican a paralización da autovía a Portugal

En relación a esta infraes-trutura, o deputado socialis-ta Raúl Fernández acusou ao presidente da Xunta de “mentir e enganar e ago-charse de xeito covarde”, tralos alcaldes para parali-zar a autovía a Portugal. O

parlamentario socialista fixo esta afirmación tras coñecer as declaracións de Feijoo nas que acusa aos alcaldes da provincia de Ourense “de dificultar a autovía a Portu-gal”. Fernández subliña a boa disposición que amo-saron todos os alcaldes das comarcas de Ourense, Cela-nova e a Baixa Limia para a construción deste vial, e afirma que Feijoo “mente descaradamente”, xa que asegura que o presidente ga-lego recibiu “unha autovía perfectamente planificada e adxudicada”, entre Ourense e Portugal.

O político ourensán anun-ciou que o Grupo Parlamen-tario Socialista impulsará unha batería de iniciativas parlamentarias en todas as administracións “para que esta infraestrutura que é capital para a provincia se leve a bo termo”.

Mocións na Deputación e concellos

Pola súa banda, o BNG presentou para o debate no vindeiro pleno da Deputa-ción unha iniciativa, que terá a súa réplica nos conce-llos das comarcas afectadas e no Parlamento galego, na que lle pide a Manuel Bal-tar, en representación da corporación provincial, que se posicione en contra do anuncio feito polo conse-lleiro de Medio Ambiente,

Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, de non completar, nin a curto nin a medio prazo, a vía rápi-da entre Celanova e Por-tugal, infraestrutura que os alcaldes, empresarios e comerciantes, así como os veciños das comarcas afec-tadas consideran vital para a zona.

Por todo o anterior, o gru-po provincial do BNG soli-cita do pleno da Corpora-ción Provincial a adopción dun acordo que demanda do presidente da Xunta o cumprimento dos prazos fixados para o remate do proxecto da vía rápida Ce-lanova-Fronteira Portugue-sa, na sua integridade.

Nesta mesma liña, o BNG de Celanova vén de rexistar no Concello unha moción que se debatirá no próximo pleno ordinario, para solici-tar a continuacion das obras da vía de alta capacidade ate a fronteira portuguesa.

CxG apoia á Platafor-ma en Defensa da Baixa Limia

Pola súa banda, Compro-miso x Galicia apoia á Plata-forma en Defensa da Baixa Limia na súa reivindicación

de que a Xunta execute as obras de mellora da N-540 desde Celanova á fronteira portuguesa, tal e como es-taba comprometido. O co-ordenador desta formación en Ourense, Xosé Manuel Pérez Bouza, considera “un despropósito non exe-cutar unas obras que esta-ban comprometidas e que son de vital importancia non só para a comarca da Baixa Limia, senón para a propia cidade de Ourense”. CxG tamén pon de mani-festo “a falta de planifica-ción e o despilfarro” que supón a execución da auto-vía entre a capital ourensá e Celanova “que costou 115 millóns de euros, só para aforrar 5 minutos nun des-prazamento de 25, se esa obra non vai ter continui-dade coa mellora do resto do trazado da N-540 deica a fronteira con Portugal, tal como estaba inicialmente previsto”. A paralización desta obra “de tan só 13 millóns de euros alegan-do que non hai recursos” supón, para Pérez Bouza, “unha demostración clara da falta de interese do Go-berno galego e do PP coa provincia”.

A autovía de Celanova abrirá no primeiro trimestre de 20134 O Goberno autonómico descarta continuar o vial ata a fronteira portuguesa, como lle reclaman socialistas e nacionalistas.

As autoridades comprobaron o avance das obras nunha visita o pasado decembro. /BRAIS LORENZO.

A.M. /P.L.

Os comerciantes de Ce-lanova disolverán a actual asociación de empresarios (ACCE) e crearán unha nova. Así o acordaron na última xuntanza celebrada este mes de xaneiro, logo doutras dúas reunións que tiveron lugar no mes de decembro nas que se intentou reactivar a aso-ciación de empresarios ACCE e buscar solucións aos problemas do sector que pasan pola crise xeral e como afectará a apertura e posta en funcionamento da nova autovía de Ouren-se a Celanova.

A primeira cita, o 19 de decembro, auspiciada polo Concello e celebrada no salón de plenos, contou cunha importante asisten-cia de comerciantes, aín-da que foi superada o �6 de decembro no salón de actos do claustro barro-co. Nesta segunda sesión Oscar Taboada presentou a súa renuncia como pre-sidente do colectivo, de-legando funcións en Julio

Gosende, e creouse unha comisión xestora para bus-car solucións ás cuestións pendentes do colectivo. A ACCE arrastraba moitas débedas e carecía practica-mente de ingresos.

Aínda que nun principio pensouse en tratar de captar novos socios na ACCE, na reunión de xaneiro acordo-use disolvela e crear una nova asociación de comer-ciantes. Nesa xuntanza que-dou constituída unha xunta xestora que ten entre os seus primeiros pasos pre-sentar uns novos estatutos na Confederación de Em-presarios de Ourense.

A promoción do comer-cio local e facer de Celano-va unha vila atractiva para captar clientela foránea e evitar o traslado a Ouren-se de potenciais clientes da vila serán tarefas esenciais para este novo colectivo empresarial da vila celano-vesa.

Os comerciantes crearán unha nova asociación4 Acordaron disolver a ACCE.

Alta asistencia de comerciantes á reunión no salón de ple-nos de Celanova, en decembro./A.M.

Unha comisión xestora creará a nova agrupación

16 BARRIOSXaneiro de �013 CELANOVA E COMARCA

Redacción O peche da Torre de

Vilanova dos Infantes a visitas turísticas guiadas a finais de 2012, como consecuencia do cese de actividade do Centro Comarcal, despertou a intranquilidade dos veci-ños do municipio, ante a dúbida de que acontecería a partir de entón con esta infraestrutura.

Como consecuencia, o alcalde de Celanova, José Luis Ferro, viuse obrigado a facer un comunicado no que deixou claro o futuro da Torre. Ferro explicou que no mesmo momento en que a instalación foi pechada ao público re-mitiulle ao director xeral de AGADER unha copia do convenio subscrito en xaneiro de 1998 polo Concello de Celanova e

a Sociedade Anónima para o Desenvolvemento Co-marcal de Galicia no que se indica que “o Concello recuperará o uso do edifi-cio, coas obras e instalación realizadas, no caso de que a Sociedade Anónima para o Desenvolvemento Comar-cal de Galicia se disolva…”. E como isto foi exactamen-te o que aconteceu, Ferro demandou formalemente a entrega ao Concello de Ce-lanova das chaves da Torre.

Con esta aclaración, o rexedor da vila de San Ro-sendo quere “tranquilizar aos veciños de Celanova e dun xeito especial aos de Vilanova para que teñan claro que o desenvolve-mento turístico de Vilanova en particular e do conxun-to histórico-monumental de Celanova en xeral será definido e xestionado polo Concello de Celanova”.

A Torre de Vilanova será xestionada polo Concello de Celanova4 Tralo cese de actividade do Centro Comarcal. Redacción

O Bosque Máxico está configurado polo espazo físico forestal dos 14 con-cellos das comarcas de Celanova e A Baixa Limia, e é froito da iniciativa da Asociación O Vieiro Le-boreiro. Pero, segundo os seus creadores, “non é so un espazo físico, é xa a ma-triz divulgativa de todo o que acontece, latexa ou se agocha nestos lugares tan naturais como máxicos”.

Con esta iniciativa quére-se concienciar á sociedade de que a terra non é unha herdanza dos nosos país, senón que sempre será un préstamo dos nosos fillos. E precisamente dentro desta liña de concienciación foi creado o Iº Concurso de Fo-tografías do Bosque Máxi-co, no que se implicaron �� empresas privadas a través do patrocinio de cada un dos premios a outorgar.

Os temas obxecto do concurso foron os “Anter-gos medios de transporte”, “Antergas vivendas”, “O Bosque Outonal”, “Fon-tes naturais”, “Represa das

Conchas, Follas e viñedos”, “Arbores centenareas”, “Espontaneas do Bosque Maxico”, “Río Deva”, “Dunha boa lareira ou dun bo canizo”, “A Corga da Fecha”, ”O Mundo sumer-xido dos rios de O Bosque Máxico”, “Vilanova”, “Carreiros Canellas e Viei-ros”, “Xacemento natural de augas quentes”, “A nosa gastronomía”, “Escritos en pedra”, “Lagoas e ríos”, “Grans do Bosque”, “Pai-saxes do Xurés”, “Rebaños na serra”, “Fauna do Bos-que”, e “Flora do Bosque”.

Nestas 22 categorías foron presentadas un total de 543 fotografias, pertencentes a mais de 150 autores e todas elas foron realizadas en dis-tintas paraxes de Celanova e A Baixa Limia.

Entrega de premiosLogo dun arduo proceso

de decisión, debido á ca-lidade das imaxes presen-tadas, segundo explicaron dende a organización, o pasado 1� de xaneiro pro-cedeuse á entrega de pre-mios aos gañadores, que consistiron nun diploma,

O Vieiro Leboreiro premiou as mellores fotos do Bosque Máxico4 Fotógrafos non profesionais presentaron instantáneas realiza-das en espazos naturais de Celanova e A Baixa Limia.

Os premios recibiron unha reprodución da súa foto e un diploma conmemorativo./S.N.

Foron presentadas 543 fotografías de 150 autores

Redacciòn

O telecentro de Celano-va, integrado na Rede CE-MIT de Galicia, continúa ofrecendo cursos de alfa-betización informática co fin de facilitar o acceso ás novas tecnoloxías a tódo-los públicos, con especial incidencia en xentes que pola súa idade ou situa-ción social carecen destas oportunidades. Así, nestes meses ofrecerá cursos de iniciación á informática con dous niveis diferentes.

O primeiro deles (Nivel básico 1) impártese desde o 14 ao 31 de xaneiro, e está dirixido a aquelas per-soas que queren iniciarse dende cero coas novas tec-noloxías, as cales apren-

derán a acender e apagar o ordenador, manexar o rato e teclado, familiarizarse coas ventás do Sistema Opera-tivo, aprender e xestionar arquivos, manexar unidades extraíbles, iniciarse na nave-gación por internet, etc.

Pola súa banda, o segun-do curso (Nivel básico II), comezou o 16 de xaneiro e remata o 1 de febreiro. Nes-te caso, está dirixido a per-soas que queren profundizar na aprendizaxe das novas tecnoloxías, co fin de obter unhas destrezas básicas para moverse pola pantalla, coñe-cer o escritorio, realizar ope-racións con arquivos, coñe-cer as principais aplicacións da Ofimática, así como os principais servizos de Inter-net e as súas utilidades.

O Telecentro continúa coa alfabetización informática para todos4 Organiza cursos de iniciación e perfeccionamento.

unha reprodución da súa fotografía en cartón plu-ma e un agasallo por parte da empresa patrocinadora da categoría.

Todas as imaxes poden verse na web obosque-maxico.com, e a partir do mes de febreiro serán expostas nos 14 concellos que integran O Bosque Máxico.

A.M.

O xornalista celanovés Aser Álvarez González

presentou nunha data sim-bólica, o 1� de decembro de �01�, o seu debut tralas cámaras co documental so-

bre Celso Emilio Ferreiro no ano dedicado ao autor de Longa noite de pedra, co que se conmemorou o cen-tenario do seu nacemento. “100% CEF” foi presentado en Santiago de Compostela nesa mesma xornada, un chisco antes da emisión na TVG e proxectado en pan-talla grande en Celanova o 28 de decembro.

O auditorio de Celanova acolleu a emisión do docu-mental que, ao longo dunha hora, repasa a vida do autor celanovés nado en 1912 e falecido en Vigo en 1979 e no que participan moi-

tos veciños da localidade falando del ou recitando algúns dos seus textos, ademais de artistas como Baldo Ramos. O galar-doado actor lucense Luís Tosar interpreta o papel de Celso Emilio neste traballo. Alonso Montero, Ramón Nicolás e dous dos fillos de Celso Emilio pro-tagonizan o repaso á vida do autor. Unha hora de do-cumental seleccionada das máis de cen horas rodadas neste último ano polo equipo dirixido por Aser Álvarez e promovido polo colectivo “Arraianos”.

Foi grabado en Celano-va, Acebedo do Río, Vigo, Pontevedra, Santiago e Asturias. Os actos do ano CEF remataron en Cela-nova o 4 de xaneiro coa lectura de poemas.

Aser Álvarez presenta un documental sobre Celso Emilio4 Nel interveñen familiares e amigos do poeta.

Aser, ao comezo da proxección do documental no Audito-rio de Celanova./A.M.

Luis Tosar dá vida ao escritor no documental “100% CEF”

BARRIOSXaneiro de �013

17CELANOVA E COMARCA

A.M.

O Auditorio de Celano-va quedou pequeno o �� de decembro na estrea do segundo traballo cinema-tográfico da celanovesa Xudit Casas, a curtame-traxe “Tercera Oportuni-dad”.

Centos de persoas acu-diron á cita e viron che-gar aos protagonistas en varios vehículos clásicos

e modernos, pisaron a al-fombra vermella ao son dunha charanga e puideron inmortalizarse nun set es-pecífico como nos grandes actos sociais propios de grandes capitais. Presenta-ción, proxección e entrega de premios de xeito artesán, autóctono pero tamén con toques de glamour fixeron as delicias dun público maioritariamente novo, entregado coa cita cultural

Xudit Casas estreou a curta “Tercera Oportunidad”4 É o seu segundo traballo cinematográfico.

que non deixou de aplaudir e rematou de pé. Un luxo para a vila de San Rosen-do que puido ver moitas caras coñecidas na gran pantalla, dos seus veciños ou de artistas consagrados como Pepe Viyuela. Des-pois houbo pinchos e moi-to ambiente polos locais de Celanova para celebrar o éxito de Xudit Casas na súa terra, aínda que actual-mente afincada en Madrid.

Xudit estivo acompañada de numeroso público durante a proxección./A.M.

4IMAXES DO MES

Papá Noel pasou polo Castelo MáxicoEste Nadal, o parque infantil O Castelo Máxico de Celanova recibiu a visita de Papá Noel,

que atendeu as peticións dos pequenos celanoveses que acudiron á súa festa organizada o pasado 22 de decembro. Esta ludoteca mantén as súas actividades de ocio para menores de 2 a 12 anos desde as súas instalacións no parque das Trigueirizas.

Xornadas de Cruz Vermella en CelanovaA Cruz Vermella de Celanova organizou no mes de decembro unhas xornadas para coñecer

como afecta a crise aos máis desfavorecidos. A elas asistiron personalidades como o fiscal superior de Galicia, Carlos Varela; o comisario principal do Consello Xeral de Seguridade o Estado, Luís García Mañá; o fiscal delegado de menores de Ourense, José Manuel Ucha Ló-pez; o decano de Dereito de Ourense, Roberto Bustillo ou o xefe da unidade de neonatoloxía do CHUO, Javier Casares. A actividade completouse cun torneo benéfico de fútbol e o sorteo de camisetas de coñecidos xogadores para recadar fondos para a Cruz Vermella.

Papá Noel visita O Castelo Máxico de Celanova./A.M.

As xornadas tiveron lugar na biblioteca do instituto de Celanova./A.M.

Redacción

O goberno municipal da Merca vén de dar mar-cha atrás na súa intención de privatizar o servizo de abastecemento de auga e de saneamento. O BNG atribúe esta decisión á presión exercida por este grupo, a través dunha

campaña informativa porta a porta, “que creou o caldo de cultivo para xerar unha complicidade social positi-va sobre a repercusión que esa medida traería para os petos dos veciños”.

Segundo datos facilita-dos polo BNG, desde 2009 a taxa sobre o servizo de abastecemento de auga e

O Concello da Merca non privatizará o abastecemento de auga4 O BNG atribúe á súa presión a marcha atrás do PP da Merca.

de saneamento na Merca incrementouse ao redor do 138,5%. “ O peor de todo é que todo apunta a que siga a subir durante o �013, xa que nos orzamentos figura que as taxas serán incre-mentadas no IPC, é decir, sobre un �,5%, e ademais haberá que recaudar outros 35.000 euros como tributo para pagarlle á Xunta por este concepto (canon da auga)”, apunta o voceiro nacionalista, Manuel Outu-muro.

OrzamentosO BNG non tivo tanta

sorte na súa petición de reti-rada dos orzamentos muni-cipais, que foron aprobados co seu voto en contra.

18 BARRIOSXaneiro de �013

DEPORTES

Ó. Blanco / R.Torres

O Verín C.F. conta esta tempada con numerosas ca-ras novas, tanto dentro do campo como fóra, logo de que se fixese cargo del unha nova directiva, que apostou por reducir gastos e contar coa canteira. Dúas medidas imprescindibles que, xunto ás gañas dos que agora levan as rendas, permiten mirar con optimismo o futuro deste tradicional club.

Como e por que decides formar parte desta nova etapa do Verín como secre-tario?

Daniel Diéguez: “A culpa de que xa case non teña tem-po libre tena Zubi, o novo presidente do club. É un ca-melador nato, todo un crack (ri). El é moi consciente de que un club como este preci-sa de xente de moi diversos perfís para comezar cunha nova etapa. A min conven-ceume dicindo que se non aceptaba entrar na directiva el tampouco se presentaba, polo que, como non había máis candidaturas a presi-dente, o clube estaba aboca-do a desaparecer. Que podía responder? Sentíame na obriga de botar unha man co que puidese, xa que sempre tiven claras dúas cousas: só se equivoca quen o intenta, e

non podemos quedarnos de brazos cruzados esperando que cheguen outros coas so-lucións, tamén temos que pór da nosa parte”.

que obxectivos vos mar-cades esta tempada?

D.D.: “A prioridade ab-soluta é intentar que un club histórico como o noso non desapareza. Son moitas as débedas que a entidade arrastraba doutros anos e, a simple vista, tamén parecía que os ingresos ían ser moi-to menores. O panorama non era moi alentador, polo que tampouco os anteriores xestores se vían animados a continuar. O clube precisaba un cambio de rumbo. E con esa idea entramos na directi-va un novo grupo moi ilusio-nado. Somos unha mestura de xente nova e outra con moita experiencia no mundo do fútbol. Entre todos inten-tamos facer cousas diferentes que nos permitan contaxiar a nosa ilusión a afeccionados, colaboradores e xogadores. E pouco a pouco imos su-mando máis xente á nosa causa, xa que incrementa-mos o número de socios e de patrocinadores”.

E a nivel deportivo, que metas queredes conseguir?

D.D.: “Esta tempada con-tamos cun plantel no que faltan varios dos xogado-

res máis destacados do ano pasado, polo que ao novo adestrador non lle podemos pedir máis que que afección vexa ao equipo dalo todo no campo para intentar manter a categoría. Hoxe en día o Ve-rín CF está na zona tranquila da clasificación e os xoga-dores demostran un espírito envexable, polo que estamos máis que satisfeitos co noso míster, Miguel Sotelo. Está facendo un moi bo traballo”.

Este ano o equipo é moi novo, é unha aposta pola canteira ou necesidade?

D.D.: “É froito das dúas cousas. Por unha parte, tive-mos que axustar moitísimo o noso presuposto, polo que non puidemos renovar aos que cobraban os salarios máis elevados. Os que quedaron, moitos deles rapaces novos, aceptaron unha rebaixa moi importante do que lles co-rrespondía, polo que lles es-tamos moi agradecidos. Así mesmo, para completar o plantel subimos a xogadores do equipo xuvenil e busca-mos mozos que estiveran a destacar en equipos da zona. O resultado é un equipo moi novo e con moitas ganas de mellorar”.

Ao ser un equipo tan novo, cando dará o seu ver-dadeiro potencial?

D.D.: “No clube somos

conscientes de que un dos nosos maiores atrancos para conservar este grupo de xo-gadores vai ser o lonxe que está Verín de cidades como Ourense, Vigo ou Santiago, xa que estes mozos terán que estudar unha carreira ou ben buscar un traballo e, por des-graza, son dúas necesidades ás que dificilmente lle van a atopar solución nunha co-marca rural como a nosa. Por iso, moitos deles acabarán indo a vivir a esas cidades e, unha vez alí, vai ser moi complicado que podan vir a entrenar e xogar ata Verín. Require moito tempo des-prazarse, un acaba canso e, ademais, supón un elevado custo económico que tería de ser compensado nos seus sa-

larios. A nosa baza como clu-be é intentar que teñan tanta vontade por xogar aquí que poñan todos estes elementos nun segundo plano da balan-za. Se o conseguimos, nuns anos poderíamos ter un equi-po realmente competitivo”.

Cales son os rivais máis directos para o Verín este ano?

D.D.: “Na nosa categoría hai dous grupos de equipos. Por un lado están o Barco, Sanxenxo, Cultural Areas, Portonovo, Ribadumia e Arosa que loitarán polo as-censo, e por outro o resto, os que pelexaremos por non descender. Eso si, o noso míster sempre di que temos que ir partido a partido, e que confiemos en que lle po-demos gañar a calquera. De feito, varios dos “grandes” xa pincharon nas súas visitas ao José Arjiz”.

Como valorades o parti-do solidario que celebras-tes?

D.D.: “Foi espectacular. Coido que no partido bené-fico a comarca de Verín nos deu a todos unha lección de como todos unidos, loitando por unha mesma idea, pode-mos conseguir cousas incrí-bles. A pesar das dificultades que supón esta crise econó-mica, máis de 1.100 persoas encheron o noso estadio para axudar a outros que aínda o están a pasar peor ca eles. Entre todos conseguimos xuntar máis de 5 toneladas

de alimentos, unha cifra moi por riba das nosas expecta-tivas, xa que se trataba da primeira vez que se intentaba unha iniciativa semellante na zona. A Cruz Vermella case non ten espazo material para poder almacenar tanta comi-da”.

que máis actividades realizastes?

D.D.: “O �7 de decembro colaboramos na organiza-ción dun espectáculo solida-rio con paiasos dirixido aos mais cativos no Pavillón de Verín e o diñeiro recadado-vai integramente destinado a axudar a Ángel, un neno da nosa comarca que ten pará-lise cerebral e que, ademais, sofre un estrano síndrome que lle impide falar e cami-ñar. Por outra banda, tamén continuaremos coa promo-ción do calendario dos xoga-dores que tanto deu que falar en medios de comunicación de todo o mundo”.

A qué se debe esta nova imaxe?

D.D.: “Contamos cunha masa social de 600 persoas, máis outros tantos simpati-zantes, e estamos na obriga de ofrecerlles iniciativas que permitan setirse orgullosos do seu club. Ademais, tamén temos que devolverlle á so-ciedade unha boa parte do moito que recibimos dela. Por iso, intentaremos axu-dar a aquelas iniciativas que consideremos interesantes e nas que nos sintamos capa-citados para botar unha man. Perseguimos ser un mellor club”.

Deixa unha mensaxe aos nosos lectores.

D.D.: “Grazas, sincera-mente, por todo o apoio e o cariño que nos trasmitides semana tras semana. Sen o voso alento e a vosa respos-ta non poderíamos estar tan motivados como estamos agora para continuar con este ilusionante proxecto. Temos e tedes ADN Verín C.F.”.

ENTREVISTA A DANIEL DIéGUEz - SECRETARIO DO VERíN C.F.

“A nosa prioridade é que o Verín non desapareza”4 A renovada directiva coa que conta o Verín dende xuño de 2012 chegou cargada de ilusión por sacar adiante ao equipo e busca contaxiar ese optimismo a afección, xogadores e patrocinadores.

Foto de familia dos xogadores e corpo técnico do Verín desta tempada.

Daniel Diéguez, secretario do Verín C.F.

“No partido benéfico a comarca de Verín deu toda unha lección. Xuntamos máis de 5 toneladas de comida para os que menos teñen”, recoñece orgulloso Diéguez

“Buscamos que os nosos seareiros se sintan orgullosos do seu club”

BARRIOSXaneiro de �013

19DEPORTES

Alumnos do curso de salvamento acuático.

O xogador do Verín, Luisito, foi sancionado con 9 meses.

Torneo de Lugo O equipo de fútbol sala de infantís do Verín fútbol

sala proclamouse campión do Torneo de Lugo. Estes xogadores de segundo ano de infantil traen unha nova ledicia a afeccionados e familiares.

Na foto aparecen o delegado J. Antonio, Alex, Mi-guel, J. Carlos, Iago, Javi Baños, Toño (auxiliar), Aarón, Javi Domínguez, Avelino, Brais e J. Luís. Ausentes na foto pero tamén forman parte do equipo: Juan, Iván e o adestrador Fran.

Compoñentes do Verín FS infantil.

Redacción

Concluíu en Verín o cur-so de iniciación ao salva-mento acuático para me-nores organzada pola área de deportes do Concello de Verín, Saudeter e o club de salvamento acuático Sal-vaour. No curso participa-

Curso de iniciación ao salvamento acuático4 Durante o Nadal na piscina de Verín.

ron os menores integrantes das clases de natación do Concello de Verín.

Esta iniciativa permitiu aos participantes coñecer técnicas básicas de natación para garantir a súa propia vida, de axuda e asistencia aos demais -mediante o uso de equipo de rescate axei-

tado-, descubrir o modo de actuar en caso de accidente e previr os mesmos, e par-ticipar nun estilo de vida saudable, activo e constru-tivo; en definitiva, medidas

básicas de primeiros auxi-lios, perfeccionamento das técnicas de natación, e aprendizaxe de técnicas de salvamento acuático, arrastres ou remolques.

O Verín perde contra o Atios4 3-1 foi o resultado.Redacción

O Verín CF saiu derrota-do na súa visita ao Carballo (Porriño) no partido contra o Atios, correspondente á xornada número 21.

No minuto seis, os homes de Sotelo xa ían perdendo 1-0. Logo do desconcerto inicial, os verineses collé-ronlle o ritmo ao encontro nivelando a balanza do dominio do esférico. De seguido chegaron as opor-tunidades, ata que ao fío da media hora de encontro, Víctor Gallego remataba de cabeza un córner bota-do por Hugo. Ao descanso chegaríase con empate a un gol.

Ao inicio da reanuda-ción foi cando os de Verín perderon toda opción de sacar algo positivo do en-

contro. Un erro de Sergio fixo que tivera que derri-bar na área ao dianteiro local; o colexiado non o dubidou e pitou penalti e amosou a vermella ao cen-tral. Os pontevedreses non perdoaban, e lograban o 2-1. Despois do mazazo, os “rojillos” buscaron empatar a contienda, pero sen fortu-na de cara ao marco rival. A 15 minutos para o final, sentenciaban os locais o partido co terceiro gol. Ata o final, o Verín tentouno sen fortuna.

Sanción a LuisitoDespois do desagradable

incidente do partido do Ve-rín contra o Marín, o Comi-te de Competición decidíu sancionar ao xogador Lui-sito con nove meses e cinco partidos de suspensión. O

xogador do Verín agrediu a un xuíz de liña tras ser ex-pulsado e cando se dirixía aos vestiarios.

Visita do GroveO Verín recibe o domingo

�7 de xaneiro a visita do Grove na xornada número �� da Rexional Preferente no seu grupo sur.

O Grove marcha 17º con �� puntos, mentres que o Verín é undécimo con 27. Oportunidade para poñer máis terra de por medio cun rival directo pola per-manencia da categoría.

Ourense e COB, polo bo camiño4 Venceron nas últimas citas.R. T.

O CD Ourense e Club Ourense Baloncesto están xenerando ilusión entre os seus afeccionados.

O Ourense vén de ven-cer nesta xornada -número 21- ao Guijuelo, rival di-recto pola permanencia. O resultado foi de un a cero nun partido moi disputa-do, e no que o terreo de xogo foi protagonista ao estar case impracticable. Borja Valle logrou o tan-to da vitoria, e os ouren-sáns sumaron tres puntos,

amais de ter o “golaverage” a favor. O Ourense marcha décimo segundo con 28 puntos.

O Club Ourense Balon-cesto, despois dun nefasto inicio de tempada (cero vitorias e seis derrotas), foi quen de darlle a volta á situación, e xa leva cin-co vitorias; as dúas últimas consecutivas.

O COB xa saiu da zona de descenso directo, pero aínda está en postos de promoción de descenso. O máis importante é a progre-sión nas últimas semanas.

�0 BARRIOSXaneiro de �013

OURENSE PROVINCIA

S.N.

Que os elevados índices de envellecemento e a esca-seza de nacementos marcan os niveis de poboación gale-ga, e por extensión a ouren-sá, son todo un feito. Tal e como reflicten os últimos da-tos oficiais facilitados polo Instituto Nacional de Esta-tística, dos 92 concellos que ten a provincia de Ourense, 81 perderon poboación ao longo de 2011. Así, a 1 de xaneiro de �01� a nosa pro-vincia contaba con 330.257 habitantes, 3.000 menos que un ano antes.

Entre os nove concellos ourensáns que creceron en número de habitantes ató-panse Allariz, Verín, Xinzo e Oímbra. Allariz e Verín sumaron 74 habitantes máis cada un, de xeito que o concello alaricano pasou de 5.985 habitantes a 6.059, 74 e a capital da comarca de Monterrei pasou de 14.633 a 14.707 habitantes; Xinzo de Limia gañou 29 veciños (de 10.329 pasou a 10.358) e Oímbra, 17 (de 2.045 ha-bitantes pasou a 2.062).

A este respecto, os rexe-dores de Allariz e Verín coinciden en que esta ten-dencia positiva nos seus respectivos concellos se vén dando nos últimos anos e que se debe á oferta que poñen a disposición dos seus veciños.

“É unha tendencia que o Concello de Allariz vén mantendo nos últimos anos, con máis de mil novos habi-tantes nos últimos 10 anos, froito da oferta que Allariz ten: a dinamización econó-mica que temos realizado, ofrecer calidade de vida, emprego... moitos veciños escollen Allariz como lugar para vivir. Ademais, supe-rar os seis mil habitantes era un reto”, explica Fran-cisco García.

“É positivo, levamos des-de fai anos gañando habi-tantes e a medida que saian os proxectos que temos previstos agardamos que aumente máis a poboación de Verín. Así mesmo, ta-mén hai unha cantidade de

Allariz, Oimbra, Verín e Xinzo gañan poboación4 Son catro dos nove concellos ourensáns que aumentaron o seu censo en 2011.

poboación flotan-te que veu polas obras do AVE, que estarán du-rante cinco anos”, explicou Juan Manuel Jiménez Morán.

A maioría, per-de poboación

Pero sen dú-bida, a nota pre-dominante foi a diminución de po-boación nos muni-cipios ourensáns. Concretamente, dos 35 pertencen-tes ás comarcas da Limia, Monte-rrei, Allariz e Te-rras de Celanova, 31 perderon habi-tuantes, dos cales seis contan xa con menos de 1.000 veciños (Os Blan-cos, Gomesende, Pontedeva, Quin-tela de Leirado, Vilar de Santos e Xunqueira de Es-padanedo).

Nembargantes, neste último cen-so destaca o caso de Cartelle, que perdeu un total de 136 veciños ao longo de 2011 (pasando de 3.299 a 3.163). Negativas cifras que a alcaldesa, Carmen Leyte, explica polas nu-merosas defuncións e polas dificultades para xe-rar máis traballo na zona. “Hai moita xente maior. Desde o Concello facemos todo o posible para que a xente se quede, aínda que é complicado porque te-mos limitadas as contrata-cións. Pero como mostra das nosas iniciativas está a residencia de maiores, cuxos traballadores son de Cartelle, e na canteira os empregados tamén son locais. Ademais, Cartelle foi pioneiro nas axudas por natalidade de 2.000 euros, pero agora eso se suspen-deu debido á situación eco-nómica. Nembargantes, te-mos unha gardería infantil para axudar a conciliar a

vida laboral e familiar, e que os matrimonios novos se animen a ter rapaces e poidan traballar”, explica a rexedora.

Xunto a este, Calvos de Randín (con 11� veciños menos) e Padrenda (cun-ha diminución de 111 ha-bitantes) son os concellos da zona que peor parados saen neste balance po-boacional.

As cifras non reflexan optimismo, está entón o rural ourensán condenado á desaparición?

Os datos máis negativos son os de Cartelle, que perdeu 136 veciños

Redacción

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Roge-lio Martínez, está a visitar estes días os obradoiros de emprego da provincia. Tras unha primeira visita ao da mancomunidade Te-rras de Celanova, Martí-nez visitou nunha segunda xornada os da agrupación Monterrei, Xinzo e Bal-tar; e nunha terceira, o da mancomunidade Conso-Frieiras.

Terras de CelanovaO obradoiro de em-

prego de Terras de Ce-lanova ofrece formación especializada en atención xeriátrica e axuda no fo-gar a 24 desempregados achegados dos 8 concellos que integran esta entidade supramunicipal: A Mer-ca, Cartelle, Gomesende, Quintela de Leirado, Ra-mirás, Verea, Celanova e Pontedeva. Deste progra-ma mixto de formación e emprego tamén se bene-fician outros 7 parados da zona que forman parte do persoal directivo, docente e de apoio administrativo.

Este programa ten unha duración de seis meses, ata xuño.

Agrupación MonterreiEn canto ao obradoiro

de emprego que se está a desenvolver na localidade de Monterrei, del benefí-cianse tamén os concellos de Oímbra, Laza e Cuale-dro. Un total de 27 des-empregados destes mu-nicipios participan nesta

iniciativa de emprego; en concreto, formaranse 13 alumnos en albanelería e 8 en xardinería.

Os alumnos centrarán as súas prácticas na rehabilita-ción do centro social de A Madalena, do forno de San-dín e do vestiario do cam-po de fútbol de Medeiros, no concello de Monterrei; na reforma da escola de Retorta, en Laza; na reha-bilitación da vivenda para o centro social en Carzoa, en Oímbra; así como nas obras de varios lavadoiros de Oímbra. Finalmente, farán prácticas en distintas áreas recreativas e parques dos catro concellos partici-pantes.

Xinzo e BaltarO obradoiro de emprego

da capital do Limia púxose en marcha o pasado mes de decembro e nel participan 24 desempregados como alumnos de albanelaría, xardinería e axuda no fo-gar, procedentes dos dous concellos promotores desta iniciativa, Xinzo e Baltar.

Durante os seis meses que durará este programa mixto de formación e em-prego os alumnos rehabi-litarán os centros sociais da Pena, O Campo en Mo-reiras; o centro cívico de Paredes e pavimentarán a beirarrúa A Capitana en Ganade, en Xinzo; mentres que en Baltar restaurarán a praza da festa de Boullosa e Gomariz. Outras das súas prácticas serán a restau-ración medioambiental e axardinamento da alameda do Toural, parque Deve-

sa, parque do novo cuartel da garda civil, e parque da Cerámica ou Telleira, entre outros espazos verdes, en Xinzo; e na recuperación do entorno do río Caneiro e axardinamento da praza da festa en Boullosa, en Bal-tar.. Finalmente, os desem-pregados realizarán prácti-cas do ámbito de servizo no fogar.

Obradoiro Conso FrieirasNo que respecta á Man-

comunidade Conso-Frieira, o seu obradoiro de emprego dá formación e traballo a 20 desempregados dos mu-nicipios da Gudiña, Riós e Vilariño de Conso.

Durante os seis meses que durará este obradoiro de emprego os alumnos manterán e axardinarán di-versas áreas recreativas e xardíns municipais dos tres concellos promotores: as áresa recreativas de Riós, Romaríz, San Cristobo, o xardín do centro de saú-de, o do parque infantil, o da piscina pública, o da Igrexa-Progo, e os lavado-iros de Vendas da Barreira e Castrelo de Abaixo. Os alumnos tamén realizarán prácticas dentro do ámbito de axuda no fogar.

A Consellería de Traballo e Benestar destina aos nove obradoiros de emprego da provincia 1.913.198 euros. Neles participan �66 desem-pregados de 31 concellos.

Rogelio Martínez percorre os obradoiros de emprego4 O delegado da Xunta comproba o desenvol-vemento dos obradoiros de Terras de Celanova, Monterrei, Xinzo e Baltar, e Conso-Frieiras.

As autoridades cos participantes no obradoiro de emprego de Celanova.

266 parados participan nos nove obradoiros da provincia

4 Padrón municipal Municipio 01.01.12 / 01.01.11Allariz 6059 5985Baltar 1076 1094Baños de Molgas 1774 1825Blancos, Os 974 1007Bola, A 1398 1436 Calvos de Randín 1064 1176Cartelle 3163 3299Castrelo do Val 1169 1177Celanova 5809 5906Cualedro 1924 1993Gomesende 914 946Laza 1541 1561Maceda 3112 3129Merca, A 2197 2212Monterrei 2924 2973Oímbra �06� �045Paderne de Allariz 1574 1601Padrenda ��44 �355Pontedeva 654 667Porqueira 1005 1043Quintela de Leirado 716 724Rairiz de Veiga 1568 1622Ramirás 181� 1856Riós 1803 1846Sandiás 1342 1391Sarreaus 1408 1486Trasmiras 1534 1560Verea 1150 1���Verín 14707 14633Vilar de Barrio 157� 160�Vilar de Santos 922 942Vilardevós �131 �18�Xinzo de Limia 10358 10329Xunqueira de Ambía 1649 1697Xunqueira de Espadanedo 892 914

Datos do INE.

BARRIOSXaneiro de �013

�1PUBLICIDADE

�� BARRIOSXaneiro de �013

Os Orzamentos da Xunta para 2013 son os máis sociais da historia da autonomía, cun 77% do gasto destinado a sanidade, educación e servizos sociais

OURENSE PROVINCIA

Redacción O proxecto de Lei de Or-

zamentos da Comunidade galega para 2013 reforza a aposta do Goberno autonó-mico polo equilibrio do te-rritorio, priorizando o gasto por habitante nas provincias de Ourense e Lugo fronte ás de Pontevedra e A Coruña, pois os recursos que destina por habitante nas provin-cias interiores son un 50% superiores ás atlánticas.

Así, a suma dos investi-mentos da administración xeral e dos entes dependen-tes supón que o gasto por habitante será o vindeiro ano de 778 euros na provin-cia de Ourense e de 767 na de Lugo, mentres que á de Pontevedra se destinará 538 euros e á da Coruña 503. Desta forma, a de A Coruña terá unha dotación global de 576,9 millóns de euros; a de Pontevedra, de 518,6; a de Lugo de 269,8; e a de Ourense, de 259,3 millóns de euros.

A conselleira de Facen-da, Elena Muñoz Fonteriz, entregou xa no Parlamento o proxecto de Lei de Orza-mentos para �013, os máis sociais da historia da auto-nomía, cun 77% do gasto destinado a sanidade, edu-cación e servizos sociais, co que gañan 8,9 puntos de peso desde o ano 2009.

Muñoz Fonteriz expli-cou que esta blindaxe do gasto social é compatible con que o axuste dos gastos

de capital sexa catro veces inferior ao conxunto das autonomías, pois Galicia é a segunda comunidade en termos absolutos que máis recursos destina a investi-mentos.

Presente e futuroAdemais, resaltou que

coas contas do vindeiro exercicio o Goberno galego pensa no presente pero ta-mén no futuro co obxectivo de, unha vez que foi a pri-meira autonomía que con-trolou o déficit público, ser tamén unha das primeiras en conseguir saír da crise.

A titular de Facenda sa-lientou tamén que a Ad-ministración autonómica continúa co seu esforzo en áreas chaves, como os concellos, que contarán en �013 con 1�5 millóns de euros e que acumulan un financiamento adicional de 78 millóns de euros desde o ano �010, polo que a Xunta mantén o seu esforzo pese a que as dispoñibilidades de recursos seguen caendo.

Igualmente, subliñou que se fai un esforzo simi-lar, sostido no tempo, coas universidades, xa que se ga-rante o cumprimento do seu sistema de financiamento e se mellora en dous millóns de euros o capítulo dedica-do a I+D+i.

Axuste tres veces infe-rior á media

A Administración auto-nómica contará en �013

cun gasto non financeiro de 8.479 millóns de euros, un �,5% inferior á capacidade de gasto deste exercicio, cumprirá coa redución do déficit en máis de 400 mi-llóns de euros, ata o 0,7% do PIB, polo que diminuirá o recurso ao endebedamen-to en máis da metade en re-lación a 2012. Este axuste orzamentario para o vindei-ro exercicio supón tres ve-ces menos que a media de rebaixa das comunidades autónomas, que se sitúa ao redor do 7%.

A titular de Facenda re-saltou que precisamente o control do endebedamento durante os últimos catro anos permitirá que os gas-tos financeiros da Comuni-dade galega aumenten tres veces menos que a media das autonomías.

Nas vindeiras contas mantéñense como priori-dades a solvencia da co-munidade e a blindaxe dos servizos públicos, cunha contención do gasto corren-te que duplica o axuste dos gastos de capital.

Os orzamentos entrega-dos á Cámara tamén confir-man que o PIB da economía galega será do -0,9% en �013, dúas décimas mellor que o agardado para Espa-ña, e que a comunidade po-derá manter un diferencial positivo de entre 4,5 e 5 puntos en taxa de paro.

Para reforzar a aposta pola reactivación econó-mica e sentar as bases para

poder recuperar taxas posi-tivas da economía as contas inclúen un novo Fondo de Crecemento, dotado con 386 millóns de euros, para mellorar a eficacia dos in-vestimentos autonómicos.

A Xunta reforza en 2013 o gasto na provincia de Ourense para seguir impulsando o reequilibrio territorial4 O investimento por habitante na provincia de Ourense será de 778 euros.

A conselleira de Facenda na entrega dos Orzamentos á Cámara galega. /CONCHI PAZ.

Na presentación dos orzamentos da Xunta para 2013, Alberto Núñez Feijoo destacou que as contas elaboráronse desde a perspectiva de manter a estabilidade orzamentaria de acordo cos compromisos dunha comunidade solvente.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, afir-mou que os Orzamentos �013 “cumpren os nosos obxectivos como rexión europea, como comunidade da España autonómica, cos servizos públicos esenciais e inician unha política de crecemento económico”.

Así mesmo, avanzou que se tratan dunhas contas que parten da prudencia e que buscan seguir blindando o autogoberno, “que é blin-dar os servizos públicos esenciais na comunidade”.

“Aseguran as presta-cións esenciais e o 77% da totalidade dos recursos de Galicia dedícanse aos ser-vizos públicos esenciais; incrementan os recursos para aquelas persoas que requiren maior asistencia social; reforzan o poder adquisitivo dos emprega-dos públicos aos que se lles sigue pedindo un esforzo no próximo ano e damos a oportunidade de anticipar

Feijóo: “Os orzamentos 2013 cumpren os nosos obxectivos como rexión europea, como comunidade da España autonómica, cos servizos públicos esenciais e inician unha política de crecemento económico”

a quen o solicite a metade da paga extraordinaria de xuño ao mes de xaneiro; continúan a aposta ininte-rrompida pola solvencia das contas públicas; avan-zan na eficiencia a través da contención do gasto corren-te, que diminúe o dobre do que diminúe o presuposto de investimentos e capital; e incrementan o compromi-so coa volta ao crecemento, creando un Fondo específi-co de Crecemento que bus-ca o apoio para os empren-dedores”, explicou a modo de resumo.

O titular da Xunta aseve-rou que os presupostos de �013 cumpren, novamen-te, coa máxima duns or-zamentos realistas. “Facer uns presupostos realistas –dixo- ten sido a prioridade da Xunta en 2009, en 2010, en �011, en �01� e esa mesma prioridade manten-se para 2013. E isto supón asumir a realidade da crise na que nos movemos; asu-

mir o obstáculo de contar con menos ingresos nunha España nunha profunda crise económica; e contar con menos recursos que o ano anterior, e Galicia con-ta hoxe con máis de 2.500 millóns de euros menos de ingresos que en 2009”.

Non obstante, aseverou que a fortaleza coa que conta a comunidade galega radica en ter uns presupos-tos realistas e rigorosos, “e nesta nova lexislatura –insistiu- imos seguir por esta vía, partindo da máxi-ma prudencia, porque por riba de todo ten que ser un presuposto que sirva ao interese xeral, que sirva á solvencia do autogoberno e que sirva ao mantemen-to dos servizos públicos esenciais”.

Feijóo subliñou que estes presupostos preséntanse no prazo máis breve posible; de xeito que que na última semana de febreiro serán aprobados no Parlamento.

BARRIOSXaneiro de �013

�3

4 Investimentos da Consellería de Medio Ambiente, Infraestruturas e Territorio en Ourense (actuacións máis destacadas)AXENCIA GALEGA DE INFRAESTRUTURAS 2013 53,08 M€Concesión. Autovía A52-Celanova 19,91 M€Convenio Xunta – Aceousa para a supresión de peaxes 15,33 M€Conservación de estradas 11,45 M€Xinzo – Cualedro 0,61 M€Acondicionamento OU-0502, Gustei – Os Peares. Convenio coa Deputación 0,54 M€Desenvolvemento do Plan Sectorial de aparcadoiros disuasorios 0,37 M€Outras actuacións na provincia 4,87 M€AUGAS DE GALICIA 2013 6,57 M€Convenio EDAR de Reza en Ourense 2,84 M€Colectores de depuración, fase II. Cortegada 0,60 M€Achega a consorcios locais (Valdeorras) 0,50 M€Abastecemento a varios núcleos da Porqueira 0,33 M€Mellora do abastecemento ao núcleo de Carballeda de Valdeorras 0,33 M€Saneamento e abastecemento en Seadur. Larouco 0,31 M€Saneamento, depuración e mellora do abastecemento no Concello de Melón 0,08 M€Outras actuacións na provincia 1,58 M€SX ORDENACIÓN DO TERRITORIO E URBANISMO 2013 1,14 M€Axudas ao planeamento: Axuda PXOM Ourense 0,54 M€ (0,13 M€)Convenio urbanización do contorno do templo da Veracruz, O Carballiño 0,43 M€Contornos urbanos Plan Hurbe. Cualedro. 0,14 M€VIVENDA E SOLO 2013 10,44 M€Parque empresarial de Pazos (Verín) 3,36 M€Construción e urbanización de VPP: Vilamarín (1,73 M€), Ourense (1,07 M€), Maside (0,14 M€) 2,94 M€Axudas á rehabilitación 2,04 M€Programa Aluga 0,83 M€Axudas á adquisición de vivendas 0,15 M€Reparación de VPP 0,13 M€Outras actuacións na provincia 0,99 M€SX CALIDADE E AVALIACIÓN AMBIENTAL 2013 0,50 M€Punto limpo A Veiga 0,36 M€Punto limpo San Cibrao das Viñas 0,14 M€

OURENSE PROVINCIA

Solar no que se levanta o futuro edificio xudicial de Ourense e onde se construirá o centro de saúde do Couto, na capital ourensá./ARQUIVO.

Redacción

A Consellería de Medio Ambiente, Infraestruturas e Territorio destaca que o rigor e a solvencia das con-tas da Xunta permitirán á Administración galega o mantemento das grandes infraestruturas na provincia de Ourense. Os orzamentos para o ano �013 permitirán dar continuidade ou rematar as grandes obras que se ato-pan en marcha na provincia en materia de estradas, sa-neamento, abastecemento, vivenda e equipamentos públicos, aos que se desti-narán máis de 73 millóns de euros.

Actuacións destacadasO principal esforzo do

departamento que dirixe Hernández será para con-servación e mantemento de estradas, con máis de 11 millóns de euros. Así

mesmo, a autovía Ouren-se-Celanova Sur conta cun investimento de case �0 millóns de euros, e manten-se a supresión da peaxe da Autoestrada Alto de Santo Domingo – Ourense (15,3 millóns de euros).

Tamén se executarán acondicionamentos e me-lloras de seguridade vial en distintas estradas da provin-cia, polo que a suma para o apartado de infraestruturas increméntase en máis de 6 millóns de euros, ao pasar dos 47,0� en �01� ata os 53,08 para o vindeiro exer-cicio.

Compromiso co medio ambiente

Ademais, as contas da Consellería de Medio Am-biente permitirán manter os compromisos ambientais coa calidade das augas, coa xestión de residuos e coa ordenación do territorio. In-

vestiranse case 7 millóns de de euros en infraestruturas hidráulicas, o que implica un aumento dun millón de euros, respecto dos orza-mentos do anterior exerci-cio. Este investimento per-mitirá financiar as obras da EDAR de Reza en Ourense, case 3 millóns de euros, así como dotar de saneamento, depuración e mellorar a rede de colectores dos concellos desta provincia, como é o caso de Cortegada, Melón e Porqueira.

Tamén se habilitan par-tidas económicas para re-matar os puntos limpos que axudarán a mellorar a xestión dos residuos sóli-dos urbanos da Veiga e San Cibrao das Viñas.

As axudas para que os concellos da provincia ini-cien ou avancen a redac-ción dos seus planeamentos continúan nos orzamentos que xestionará a Secretaría

Os orzamentos destinan 73 millóns de euros para estradas, vivenda, equipamentos públicos e medio ambiente4 As políticas de acceso á vivenda e as liñas de promoción de solo empresarial tradúcense nunha partida de máis 10 millóns de euros, tres máis que en 2012.

Xeral de Ordenación do Territorio, departamento que executará as obras de urbanización do contorno do templo de Veracruz, no Carballiño.

Mellora da mobilidadeOutro dos fitos que a Xun-

ta se marca coa execución destas contas é a posta en marcha do plan de transpor-te metropolitano da area de Ourense. Para avanzar os primeiros pasos, disponse dunha partida que permitirá asinar o convenio de colabo-ración e subvencionar parte do custe do prezo do billete e os transbordos. Destaca tamén outra partida para o desenvolvemento do Plan Sectorial de Aparcamentos disuasorios.

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e In-fraestruturas tamén finali-zará en 2013 as vivendas de promoción pública que está a construír nas localidades de Vilamartín ou Maside.Continuarán as axudas á re-habilitación de inmobles, á adquisición de vivenda, e o o Programa Aluga.

O desenvolvemento de solo industrial e empresarial na provincia ten un protago-nismo importante nas contas de 2013, xa que se avanzará no parque de Pazos, en Ve-rín. Así, o capítulo de pro-moción de vivenda e solo implica un investimento global de máis de 10 millóns de euros para o 2013.

Ao longo dos últimos días os conselleiros foron comparecendo no Parla-mento galego para avaliar os orzamentos para 2013 dos seus respectivos depar-tamentos.

No caso da Consellería de Presidencia, Adminis-tracións Públicas e Xusti-za, no que atinxe á provin-cia destaca o investimento no futuro edificio xudicial da capital ourensá.

En canto á Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, dous centros educativos (o Padre Feijoo de Allariz e o Ben Cho Sey de Perei-ro de Aguiar) levarán cada un medio millón de euros neste �013 para a súa am-pliación. O departamento que dirixe Xesús Vázquez destinará a a reparacións e melloras en colexios e institutos da provincia 1,8 millóns de euros. No eido cultural, destacan os 671.809 euros para obras en materia de patrimonio cultural no Concello de Ourense.

No que respecta á Con-sellería de Sanidade, os principais investimentos na provincia van para o plan director do complexo hospitalario de Ourense (14 millóns, máis outras

partidas dos proxectos Hospital �050 e Innova) e para a construción dos centros de saúde do Couto (3,6 millóns de euros) e da Valenzá (3,3 millóns).

A Consellería de Medio Rural e do Mar é unha das que máis inviste na provin-cia. O departamento que dirixe Rosa Quintana reser-va en 2013 225.102 euros para os regadíos da Limia; 1,3 millóns para obra nova; 1,6 millóns para mellora de estruturas agrarias; medio millón para adquisición vehículos dentro do conve-nio do plan de zonas rurais; 346.499 euros para traba-llos silvícolas, así como outras partidas para mon-tes veciñais e man común en Maceda (16.279 euros), Bande (27.053 euros), Vilar de Barrio (67.515 euros), Celanova (12.205 euros), Quintela de Leira-do (11.685 euros) Trives (91.517 euros), A Gudiña (43.473 euros), e Viana do Bolo (29.304 euros).

A prevención e extinción de incendios recibe un montante global que alcan-za os seis millóns de euros, sumando equipamento e dotación de cuadrillas, aluger de medios aéreos de extinción e dispositivo contra lumes forestais.

4 Investimentos en educación, sanidade e medio rural

�4 BARRIOSXaneiro de �013

Redacción

O 60% dos empresarios ourensáns cre que en �013 poderá manter os postos de traballo nos seus negocios, considerando que durante este ano se freará o ritmo de destrución de emprego. Esta é unha das principais conclu-sións da enquisa realizada pola Cámara de Comercio de Ourense e cuxos datos forman parte do informe Perspectivas Empresariais en España e Europa 2013.

A esperanza mostrada polos empresarios ouren-sáns en materia de emprego contrasta coa súa opinión achega da contorna econó-mica que prevén para 2013. O 56% considera que será peor e o 80% que empeorou en 2012.

Esta previsión reflíctese nas outras variables analiza-das na enquisa, de tal modo que o 46% dos enquisados considera que verá reducida a súa cifra de negocio neste

exercicio, mentres un 68% afirma que se reduciu no ano recentemente termina-do.

En canto ao mercado nacional, se o 67% dos em-presarios recoñece que as súas vendas diminuíron en �01�, para este ano a por-centaxe de enquisados que esperan ver reducidas as súas vendas é do 43%.

O optimismo, nas ex-portacións

A exportación é un dos datos que convidan o op-timismo, pois o �6% dos empresarios di aumentar as súas vendas noutros países. Para �013 o 53% espera manter o seu mercado ex-terior e o 18% confía en aumentar a súa expansión internacional.

Doutra banda, o 47% considera que será posible manter os seus investimen-tos, seguido moi de preto por un 41% que cre necesa-rio reducilos.

INFORME PERSPECTIVAS EMPRESARIAIS 2013

Máis da metade dos empresarios ourensáns pensan que 2013 será peor4 O 60% dos empresarios da provincia cre que en �013 se freará a destrución de emprego.

OURENSE PROVINCIA

Redacción

Segundo os datos que vén de facer públicos a CIG, Ourense segue sen-do a segunda provincia galega, despois de Pon-tevedra, con maior taxa de desemprego e remata o 2012 con 30.407 para-dos. O dato de decembro reflexa unha variación de 90 desempregados me-nos que no mes anterior e o sector servizos é o que maior número de parados concentra, con 12.193.

Así mesmo, en �01� realizáronse 3.666 con-tratacións, 390 menos que no ano anterior e a precariedade continúa en aumento, pois só houbo 314 contratos indefinidos fronte a 3.362 temporais.

Ademais, os beneficia-rios de prestacións por desemprego seguen dimi-nuíndo e só 8.103 de dos máis de 30.000 parados perciben esta prestación.

EREs e emigraciónNo ano que vén de re-

matar a nosa provincia

experimentou un signifi-cativo aumento de EREs, así como unha masiva saída da mocidade cara outras rexións e países.

Datos dos que a CIG- Ourense responsabiliza á Xunta, xa que “co fantas-magórico Plan Impulsa e a reforma laboral que aba-rata e facilita o despido é a gran responsable desta grave situación de desem-prego que sofre Ourense”, aseguran.

Emprego público Ademais, dende este

sindicato lembran que na nosa provincia “ten ta-mén moita importancia a perda de emprego dos empregados públicos nas distintas administracións coa política da Xunta de negarse a cubrir vacantes, a conxelación da oferta de emprego público e agora coa implantación do des-pedimento a través dos EREs”.

Ourense sumou 2.190 desempregados máis4 A nosa provincia rema-ta 2012 con máis de 30.000 desempregados, dos cales só 8.000 perciben algunha presta-ción por desemprego.

Nivel fácil Nivel difícil

Para resolvelo, coloca un número en cada recadro de maneira que cada fila, cada columna e cada un dos nove recadros conteñan os números do 1 ao 9 sen repetirse.

Nivel medio

4SUDOKUS

Redacción

Coa novidade que su-puxo a liberalización das prácticas comerciais, co-mezaron as rebaixas de inverno na nosa provin-cia. Unha época na que, segundo a Federación de Comercio de Ourense, os comerciantes galegos al-canzarán unha facturación semellante á do ano pasa-do (entre 80 e 85 millóns de euros a nivel Galicia).

Cada ourensán gastará entre 65 e 70 euros neste periodo, que chega para o comercio nun momen-to moi delicado debido á continuada retracción do consumo e a mermada capacidade adquisitiva da maioría de clientes po-tenciais. Cifras similares achegan desde a Oficina Municipal de Información ao Consumidor (OMIC) do Concello de Ourense. Para este organismo, que se basea en datos da Fede-ración de Consumidores e Usuarios, cada ourensán gastará de media 74 euros, 9 menos que o ano pasado, e 6 por debaixo da media española para este ano,

que se sitúa en 80 euros.O presidente da Fede-

ración de Comercio de Ourense, Aurelio Gómez Villar, sinala que “estas re-baixas serán positivas por-que servirán para mellorar resultados especialmente nos comercios de textil e calzado que concentran a maior parte das vendas des-te periodo (80%), e prevese que para paliar a desacele-ración continuada do con-sumo e tamén para reducir stocks, aplicaranse descon-tos importantes.

Campaña moi competi-tiva

Segundo os datos manexa-dos pola Federación de Co-mercio de Ourense, a maior parte dos comerciantes ini-ciaron as rebaixas con des-contos entre o 10% e o 50% do prezo dos artigos. Pola súa banda, desde a OMIC estiman que durante este pe-ríodo o pequeno e mediano comercio prevé incrementar as súas vendas entre un � e un 6%, con descontos den-de o 15% ao 70%, nunha campaña que se prevé máis competitiva por mor da crise económica.

O comercio adiantou as rebaixas4 A Federación de Comercio de Ourense estima un gasto me-dio por persoa de entre 65 e 70 euros.

En 2012 realizáronse 3.666 contratacións

BARRIOSXaneiro de �013

�5

Redacción

A decisión do Ministerio de Fomento de suprimir o servizo ferroviario entre Ourense e Puebla de Sa-nabria provocou a oposi-ción de concellos afectados e grupos políticos, que xa anunciaron inicativas para que haxa unha volta atrás nesta decisión.

Por unha banda, o grupo parlamentario do PSOE no Senado presenta unha mo-ción na que insta ao Go-berno a manter o servizo ferroviario entre Ourense e Puebla de Sanabria e a bus-car a colaboración coas co-munidades autónomas para mellorar a oferta de trans-porte público con horarios e tarifas axeitadas.

Pola outra, desde a De-putación provincial, o seu presidente, Manuel Baltar, comprometeuse a facer xestións para que sexa re-considerada a supresión desta liña, e anunciou a presentación dunha moción no vindeiro pleno da Depu-tación, a finais deste mes de xaneiro.

Unha terceira fronte será no Congreso, onde a porta-voz do BNG, Olaia Fernán-dez Davila, rexistrou unha iniciativa parlamentar na que demanda ao Ministerio de Fomento que manteña as paradas ferroviarias nas localidades ourensás do tramo Ourense-Puebla de Sanabria durante as fins de semana.

Reunión na DeputaciónNa Deputación, Manuel

Baltar recibiu aos alcaldes de Baños de Molgas, Vilar de Barrio, Paderne e Ta-boadela, quen lle expuxe-ron a súa preocupación polo anuncio da supresión do servizo ferroviario entre Ourense e Puebla de Sa-nabria. Baltar explicoulles que dita decisión forma parte do “Plan de raciona-lización dos servizos de transporte ferroviario de viaxeiros de media dis-tancia”, que declara como

obriga de servizo público todas as relacións ferro-viarias cun aproveitamento superior ao 15 %. Como consecuencia de dito plan mantense a conexión San-tiago-Carballiño-Ourense e tamén, aínda que non chegan a ese 15 %, a de Ourense-Vigo (11,7 %) e a de Vigo-Ourense-Monfor-te-Ponferrada (12,9 %). No caso de Ourense-Puebla de Sanabria trátase dun servi-zo que non chega aos nove mil viaxeiros ao ano, inves-tindo o erario público 371 euros por usuario, cando o viaxeiro paga 11,90 euros polo billete.

Os alcaldes solicitáronlle ao presidente da Deputa-ción de Ourense que faga chegar aos responsables de Fomento a súa preocupa-ción e o seu rexeitamento da medida, así como a pe-tición de que a reconsidere, polos efectos negativos que pode traer para os concellos por onde pasa a liña ferro-viaria: A Mezquita, A Gudi-ña, Vilariño de Conso, Cas-trelo do Val, Verín, Laza, Vilar de Barrio, Baños de Molgas, Paderne de Allariz e Taboadela. Coinciden os rexedores en afirmar que é evidente o impacto desta medida no illamento e na incomunicación destas po-boacións.

Baltar comprometeuse a trasladar aos responsables de Fomento as reivindica-cións dos alcaldes. Na re-unión acordouse a presen-tación, tanto nos plenos dos

concellos afectados como na corporación provincial, de mocións que reflictan o posicionamento político destas institucións diante deste escenario adverso para o transporte ferrovia-rio na provincia de Ouren-se.

Iniciativa no CongresoPor último, o BNG pre-

senta unha iniciativa no Congreso que recolle a petición de distintos sec-tores sociais e sindicais do sector ferroviario de man-ter o servizo de fins de se-mana nas localidades que se atopan no tramo situado entre Ourense e Puebla de Sanabria, “especialmente para facilitar o despraza-mento dos estudantes, ou ben, que a Xunta se faga cargo destes servizos”. A parlamentaria nacionalista traslada a Fomento as im-presións de representantes sindicais que consideran que non ten sentido su-primir este tramo porque no ano �011 tivo máis de 3.500 usuarios.

Ademáis, recalca, “hai que ter en conta que loca-lidades como Laza, Cerde-delo, Castrelo do Val-Verín, Vilariño de Conxo-A Ca-pela non contan con outras alternativas de transporte público e quedarán aínda máis illadas”.

Oposición á supresión do servizo ferroviario entre Ourense e Puebla de Sanabria 4 Iniciativas dos diferentes grupos políticos na Deputación, Congreso e Senado.

OURENSE PROVINCIA

A de San Francisco en Ourense é unha das 14 estacións nas que paraba a liña de tren Ourense-Puebla de Sa-nabria./RAMSÉS.

No 2011 o tramo tivo máis de 3.500 usuarios

Baltar non investigará as contratacións do seu pai4 O pleno da Deputación rexeita a proposta socia-lista de crear unha comisión de investigación sobre a política de contratación no ente provincial nos úl-timos 20 anos. P.L.

O PP fixo valer a súa maioría absoluta no ple-no da Deputación para dicir non á unha comisión de investigación sobre as contratacións no ente provincial nas últimas dúas décadas, período que afecta tanto ao goberno de José Luis Baltar, como ao do seu fillo e actual presi-dente, Manuel Baltar.

Os 15 deputados pro-vinciais populares vota-ron en contra de abrir a comisión de investigación que pedían os socialistas, apoiados polos naciona-listas, e fixérono malia que o PSOE presentou no último momento do deba-te un incidente de recusa-ción, solicitando a absten-ción daqueles deputados populares que tiveran in-terese ou “relación de pa-rentesco cos contratados nos últimos 20 anos”. A este respecto, tanto PSOE como BNG solicitarán in-forme de Secretaría sobre a capacidade dos depu-tados do PP, a excepción do alcalde de Avión, para votar a investigación das contratacións de Baltar, para coñecer se eses depu-tados incurriron nalgunha

responsabilidade ou se se pode dar o caso “dun acor-do invalidante” .

Defensa da transparen-cia da institución

Ante as denuncias de so-cialistas e nacionalistas de “enchufismo, caciquismo e nepotismo” na Deputación e de que as contratacións se realizaban “cunha clara intención de ‘premiar’ sem-pre aos mesmos, persoas vinculadas ao PP”, o vocei-ro popular, Plácido Álva-rez, insistiu nos argumentos que o seu partido xa repetiu nestes días. Dixo Álvarez que dos 104 contratos que investigou o fiscal todos eran temporais, que só 4� empezaron a traballar antes do 30 de xaneiro (data do congreso do PP) e deses só seis eran compromisarios, dun total de 1.212, “e non sabemos que votaron”. Ante esta afirmación, o socialista Ignacion Gómez pregun-toulle se podía asegurar que os outros 98 contratados non tiñan familiares entre os compromisarios.

Para rematar o debate, o presidente provincial afir-mou que a Deputación se sinte “afectada” polas ma-nifestacións destes días “e vai emprender accións pe-

En primeiro termo, o voceiro do BNG, Leopoldo Álvarez; no centro da imaxe, o portavoz socialista, Ignacio Gómez, e ao fondo, o presidente da Deputación, Manuel Baltar, no pleno extraordinario do pasado venres 18 de xaneiro, sesión que comezou coa protesta dun grupo de afectados polas preferentes. /P.LODEIRO.

4 José Luis Baltar declarará o 4 de febreiro

Descartada a investiga-ción para buscar responsa-bilidades políticas á política de contratación na insti-tución provincial, a única investigación posible agora é a xudicial, que tratará de dilucidar se José Luis Bal-tar cometeu prevaricación ao realizar 104 contrata-cións temporais en �010, xusto cando se celebraba o congreso provincial do PP no que saíu elixido o seu fillo presidente.

O vindeiro 4 de febrei-ro José Luis Baltar está chamado a declarar, en calidade de imputado, pola querela presentada con-tra el pola Fiscalía por un «presunto delito continua-do de prevaricación». Uns días antes, dclararán en ca-lidade de testemuñas nove persoas das contratadas, o secretario da Deputación, o ex interventor e catro xefes de servizo.

O PSOE e o sindicato “Manos Limpias” persona-ranse na causa como acusa-ción popular.

nais ou civís” na defensa da súa honra.

�6 BARRIOSXaneiro de �013

EN BREVE 4AXENDAExposicións- Ata febreiro - Ilustra-

cións de Iria Prol - Casa da Cultura de Allariz

- Do 1 ao 28 de febreiro - Fotografías de María Fe-rreiro - Taberna Acevedo - Xunqueira de Ambía

Cine- �4 de xaneiro - “Patria

y rey” - 22:15h. - Casa da Cultura de Verín

Música- �6 de xaneiro - María

do Ceo - 20: 30 h. - Teatro Principal de Ourense

- 26 de xaneiro - “The last dance” - A Corte dos Bois - Santa Ana, Sandiás

- �7 de xaneiro - Con-certo da Escola de Música de Allariz - 18 h. - Casa da Cultura de Allariz

- � de febreiro - Proxec-to Sapoconcho - 22:·0 h. A Corte dos Bois - Santa Ana, Sandiás

Feiras e festas- �3 de xaneiro - Feira

en Verín- �7 de xaneiro - Feira

en Xinzo- Primeiro domingo de

mes - Feira en Porqueira- Primeiro luns de mes

- Feira en Sandiás- Todos os xoves - Feira

en Celanova- Todos os sábados á

mañá - Mercado da Bio-sfera na Praza de Abastos de Allariz

- 1 e 15 de febreiro - Feira en Allariz

Entroidos- Do 19 de xaneiro ao

17 de febreiro - Entroido en Xinzo

- Do 31 de xaneiro ao 17 de febreiro - Entroido en Verín

- Do 25 de xaneiro ao 1� de febreiro - Entroido en Laza

- 11, 1� e 13 de febreiro - Entroido en Allariz

Outros-Do 1 ao 3 de febreiro

- Mostra da Oportunidade - Expourensewww.mundourense.com

4DESDE O OUTRO LADO DA RAIA

A tose é un síntoma, non é unha doenza. A tose é un reflexo da defensa do organismo. Un microbio entra no organismo cando se colle frío e consecuen-temente desenvólvense secrecións que obstruem os bronquios e o corpo tenta expulsalas a través da tose .

Tose seca: É unha irri-tación da garganta, tras unha gripe ou resultante dunha alerxia. Combáte-se con gargaras de mel. (queza uns centilitros de auga, limón e mel) e debe beber o restante. Tamén ten outra opción que con-siste en deixar durante un-has horas mel mesturado con cenoura cortada en pequenos treitos e despois

facer gárgaras e o restante inxerir.

Tose cavernosa: é acom-pañada de secrecións e é probábel que exista unha infección das vías respira-torias. Combátese con xa-rope de figo (unha ducia de figos secos, unha mazá, un pouco de mel e auga; esta mestura é cocida, coada e este xarope debe ser toma-do 3-4 veces ao día) e beba moitos cítricos, laranxa, to-ranxa e limón.

Tose súbita: pode escon-der unha infección cardía-ca ou nerviosa e por iso consulte un médico.Tusir sen razón pode significar parasitos nos intestinos, so-bre todo en adolescentes.

Certos legumes ou pre-paracións poden axudar

Tose seca e tose expectorante

OCIO E CULTURA / ARTIGOS

4HISTORIAS DE MONTERREI

Rebuscando polas he-merotecas, encontreime cunha curiosa publicación sobre un estudo dunha vía de ferrocarril de Ourense a Portugal por Verín. O proxecto, que data do ano 1899, foi encargado pola Deputación de Ourense e o seu percorrido era o seguinte: comezaba o tra-zado nas inmediacións do Xardín do Posío, na rúa da Porta do Aire (hoxe rúa Julio Prieto Nespe-reira), paralelamente á estrada “Villacastín a Vigo” (actual N-525) a cal cruzaba aos poucos metros do punto de orixe, salvaba o río Barbaña e o río dos Muíños ou Bar-bañica con sendas pontes e continuaba pola marxe dereita deste ultimo río ata Parderrubias, onde o abandonaba para ir en dirección Rabal (Celano-

va), chegado a este punto comezaba a remontar o río Arnoia, subindo a me-dia ladeira polo estreito val deste río ata as inme-diacións de Allariz, onde tomaba a dirección do Re-gueiro das Fontes e ascen-dendo polo seu val atra-vesaba cun túnel o porto de Torneiros. Vencida esta dificultade desenvolvíase o trazado suavemente por Piñeira de Arcos, Sandiás, Xinzo, Abavides, Trasmi-ras, Cualedro, Santa Baia de Montes, Flariz, Vilaza e Verín, onde collía direc-ción a Portugal entrando nel por Tamaguelos, entre S. Cibrao e Rabal. Unha vez que cruzaba a raia di-rixiríase cara a Chaves.

A distancia total do reco-rrido eran 98.642 metros, o custe total do trazado 13.544,13 Ptas e contaba con estacións en: Ouren-

Un estudo sobre o ferrocarril

4 “Contos do Espacio’

O vindeiro venres �5 de xaneiro, de 18 a 19.30 ho-ras, a Biblioteca Pública Municipal de Verín progra-ma a iniciativa ‘Contos do Espacio’.

A actividade está destina-da a un máximo de �5 nenos socios da instalación, con idades comprendidas entre os 3 e 9 anos. Consistirá na realización de contacontos sobre historias do espacio, así como de manualidades relacionadas con esta te-mática, para a que os par-ticipantes deberán levar un prato de cartón, unha botella de plástico grande, un trozo de plastilina verde, pintura e un pincel.

As inscricións poden rea-lizarse na propia biblioteca.

4 Chega a XX Mostra da Oportunidade

Do 1 ao 3 de febreiro Expourense será o esce-nario da XX Mostra da Oportunidade, que como cada ano chega a come-zos da no para os diversos establecementos partici-pantes aproveitarán para liquidar stocks, ofrecendo saldos e ofertas de fin de tempada.

Esta mostra convertirá ao recinto feiral da capi-tal ourensá nun gran cen-tro comercial, xa que os seus máis de 8.000 metros cadrados de exposición acollerán empresas de diversos sectores, que se reunirán para presentar ao consumidor descontos es-peciais nun momento no que o mercado máis o de-manda. Os visitantes terán a posibilidade de aprovei-tar as mellores ofertas en textil, decoración, electro-domésticos, produtos arte-sanais, confitería, automo-ción, informática, librería, imaxe e son, e artigos de regalo, entre outros.

Trátase dunha cita á que os ourensáns están a demostrar a súa fidelida-de ano a ano. De feito, en 2012 máis de 15.000 per-soas acudiron a esta fei-ra ao longo dos tres días que ten de duración, para aproveitar as inigualables ofertas de ata 70 exposi-tores (de 15 sectores dis-tintos).

4 Máis de 400 socios novos na Biblioteca de Verín

A Biblioteca Pública Mu-nicipal de Verín conta na actualidade con 2.181 so-cios dos que 484 se suma-ron a este servizo municipal ao longo do 2012. Tamén aumentaron o número de préstamos totais realizados durante todo o ano, que fo-ron 4.426 fronte aos 3.933 préstamos de 2011.

Por outra banda, a Bi-blioteca Pública Municipal, no marco da Programa de Voluntariado Cultural e Fo-mento á Lectura, realizou durante o pasado ano un total de 43 actividades para menores de 3 e 9 anos.

4 Iria Prol expón ilustracións en Allariz

A Casa de Cultura de Allariz acolle ata finais de febreiro unha mostra coas ilustracións de Iria Prol. A ilustradora de orixe galego con experiencia internacio-nal, traballa na actualidade como debuxante e deseña-dora gráfica para unha co-ñecida firma de moda, ao tempo que realiza retratos e ilustracións por encargo.

A exposición pódese visi-tar os luns pola mañá e de martes a venres de 11 a 14 horas e 17 a 20 horas.

4 Certame literario do santuario da Armada

O santuario da Armada, en Celanova, convoca un ano máis o seu certame literario, que premia com-posicións sobre temas ma-rianos. Os traballos poden ser de poesía (mínimo 40 versos) ou prosa (mínimo cinco folios a dobre espazo) en castelán ou en galego. Poden enviarse ata o 31 de maio ao rector do Santuario da Armada en Rabal, Cela-nova, nun sobre con lema e pseudónimo, dentro do que irá un sobre pechado cos datos do concursante.

Os gañadores recibirán premios de 600, 300 e 150 euros. O fallo do xurado da-rase a coñecer o 15 de agos-to, día en que se celebra o traslado da imaxe da Virxe da Armada desde o santua-rio ata a igrexa parroquial de San Salvador de Rabal.

a aliviar e a calmar os acessos de tose convulsa: son o allo, o agrión e o xarope de rabanete (un rabanete grande, e azucre amarelo, cortando rode-las de rabanete, alternan-do co azucre). Despois de se formar un zume espeso tome unha culler de café varias veces ao día. Mais o mellor antídoto da tose, da constipación e da gripe é manter o sistema inmu-nitario reforzado.

João Damião

se, Loiro, Rabal, Allariz, Piñeira de Arcos, Xinzo, Trasmiras, Cualedro, Fla-riz, Vilaza, Verín e Tama-guelos ademais dun apea-deiro en Sandiás.

Este proxecto, como xa saben, non se levou a cabo. O que puido ser a unión das catro po-boacións máis importan-tes da provincia quedou ao final noutra desas tantas oportunidades que tanto tempo levamos ven-do pasar de largo. Un tren que pasou de largo, nunca mellor dito!

Andrés Diz Dhistoriamonterrei.blogspot.

com.es

“O mellor antídoto é manter o sistema inmunitario reforzado”

“O proxecto, que data de 1899, foi encargado pola Deputación”

BARRIOSXaneiro de �013

�7

4HUMOR

Todas as viñetas en http://oemigrantedopazo.blogspot.com/

4DESDE A PONTE DE MONTERREI

Desde a ponte de Monterrei

Son de Verín... son de Ve-rín. Así comeza unha can-ción de taberna, que can-taban os mozos nos bares do meu pobo cando eu era cativo. Son de Verín... si, e vivo no barrio da Ponte en Ourense, antigo Concello de Canedo, marxe derei-ta do Miño, fusionado con Ourense en 1943, a cambio de nada, sen agradecemen-to, fusión interesada e po-lítica, que deixou A Ponte indefensa, esquecida.

Por iso, e outras cousi-ñas é polo que Pepe da Guardesa, gladiador curti-do en mil batallas, defende a capa e a espada o seu lu-gar, Ponte Canedo.Somos veciños porta con porta, e temos falado longo e tendi-do de moitas cousas, pero sen dúbida o que máis me marcou, son as gañas que ten de lembrar os seus de-vanceiros, defender as súas ideas, as terras e costumes, e sobre todo, non deixar que a dignidade dun pobo, marche pola beira do rega-to, río abaixo.

Todas as mañás camiño pola fermosa ponte roma-na de Ourense, e hai uns días, topeime cun paisano do val de Monterrei. Cru-zámola paseniño,e faloume das cousiñas de Verín. Do San Antón do Entroido, dos balnearios, da crise, do concello... Non me deixou abrir a boca, só escoitar! Parvo quedei soportando o que o paisano largaba sen escrúpulos. E con dor, fun dixerindo un sinfín de des-propósitos. Non deixou un títere con cachola, coma se adoita decir. Despedímonos no final da ponte, e cada quen tirou cara o seu des-tino. Senteime nun banqui-ño de pedra, e mirando as bravas augas do río, tratei de esquecer, sen dar moita conta, os improperios que chegaron ao máis fondo de min.

Acordeime do Pepe, o da Guardesa o gladiador, tra-tei de acougar un anaco, e deseguida, pensei, que o

meu pobo non é coma aquel home decía. O meu pobo ten agallas e corazón para sair das dificultades latentes, ten sensibilidade e forza na xusta medida, acolle ao forasteiro sen mirar a súa orixe, loita en consonancia do que é xusto, ten paraxes fermosos, cultura, arraigo, tradicións históricas, e so-bre todo, o máis importan-te, tivo, ten, e terá, persoas, persoas boas, que fan que todo o anterior sexa grande e profundo.

Defendo o meu pobo sen tapuxos. Non soporto ao derrotista, ao que maltrata os meus soños e sentimen-tos, ao que só ve o peor, o que non achega luz e espe-ranza. Vivo fóra da miña te-rra, pero estou con ela, non a esquezo xamais, porque penso nela todolos días, e non acepto que maltraten as miñas raices, as cousiñas que mamei, que as baixen o inferno e que as queimen sen piedade. Non trago con tanto martirio, e tanta hipo-cresía, xustificando o bo e o ruin, dependendo do xeito político de turno, valorando positivo se mandan os meus e despreciando se non.

Por riba de todo, está “Viria”, Verín, Monterrei, o casco vello rehabilitado, o Támega, limpo de ma-leza, o San Antón e mailo Entroido quentando mo-tores do bulicio e da exal-tación da xolda, as fontes, as montañas, as augas dos balnearios, os viñedos maxestuosos, que dan froi-to dun traballo exemplar. E o Castelo, arriba, firme, inmutable, vixia incansable dun tesouro vivo, real.

E sobre todo nós, que sen dúbida somos os que temos que loitar polo me-llor, e facer forza para que os gobernantes, rexidores, e todos aqueles que poidan arrimar o ombreiro, sexan quen de axudar, e non pen-sar tanto neles mesmos, e de investir nos demais, para que na nosa comar-ca xordan posibilidades de

crecer, postos de traballo e benestar. Defendamos con orgullo o que é noso, o que nos tocou, o que nos deixaron, e coidemos con gratitude o que imos deixar.

Cando viña de volta cara á Ponte, topeime co Pepe “o gladiador” e comenteille o sucedido. Cos seus ollos mollados, e coa voz entrecortada, díxome:“moitos valoran o seu pobo segundo a cor política do Concello, e iso é un xeito de pensar, que temos que rexeitar, porque as cousas fermosas, como o patrimonio cultural as festas ou as tradicións, pertecen ao pobo en si, ás xentes, e dependen do seu comportamento que me-lloren, que se estanquen ou que fracasen, porque o mundo seguirá igual, os que temos que trocar so-mos nós.

Mireino fixamente e pre-gunteille, coñeces Verín? Non, contestoume, teño preto de oitenta anos e xa-mais fun a Verín, tan preto e tan lonxe. Pero só con escoitar as túas verbas in-túo que é un lugar fermo-so. Emocioneime e gardei silencio. Xa chegando ao cume da ponte romana, onde antano facía límite o Concello de Canedo con Ourense, espetoume “a beleza desta ponte, quita o sentido, mires como a mires, é fermosa pola es-querda e pola dereita, e por veces, as pedras mile-narias teñen máis ou me-nos maleza pero o Miño, pasa lixeiro e non lle dá importancia”.

Miguel Sotelo

4FIRMA INVITADA

Nelson Mandela di que ninguén nace odiando a outra persoa pola cor da súa pel, orixe ou relixión.

Aprenden a un á facelo. E desde logo hai un amplo abano de alteracións ou trastornos da aprendizaxe e da conduta asociados a psique humana que disco-rren entre a invención do dereito de pernada do feu-dalismo medieval ata as máis feroces atrocidades dos réximes autoritarios. Como o de Franco. Todo o que atopemos entre es-tes dous abominables feitos disque do pasado alicerzan a permanencia na actualidade de moitas reminiscencias propias desta zarracina. No medio deste marasmo senil des-taca un modelo sobre to-dos, a relación de filiación gregaria patrón-protexido enramada nos resortes do poder político e archico-ñecida como o caciquis-mo clásico. Un fenómeno multiforme e universal que na miudeza do “que hai do meu?” condensa a deturpación total da esencia da democracia, a vulneración do sufraxio universal e da proporcio-nalidade representativa en favor só de quen se so-mete a súa autoridade.

No caso galego compre engadir a estes arrepian-tes antecedentes outra podente variable para o análise, o todopoderoso pantocrátor da ultrade-reita española e galega, Manuel Fraga Iribarne, connotacións tardo fran-

quistas e indulxencias en-gadidas para o xenocidio, a brutalidade e o sadismo da ditadura e o postfranquis-mo, aínda nunca repudiado nin condenado nin tan se-quera censurado nin polo PP nin por Alberto Núñez Feijoo. O que en Alemania por lei suporía directamente a inmediata inhabilitación para todo cargo político.

E no tocante a Ourense e o caso Baltar resulta in-dispensable engadir outra galla máis á árbore, o apa-rello piramidal das coope-rativas agrogandeiras dos centristas galegos do moi respectable Euloxio Gó-mez Franqueira, fundador de COREN, que teceu o ecosistema axeitado para o medre e engorde dunha nova especie de cacique disposto a achegar o seu peso específico non só á irreversibilidade da propia alma ou familia, senón ta-mén tentar podrecer a alma enteira dun país. E que cos personaxes Baltar sénior e júnior, acada o cumio da especialización encarnan-do o xeito de partidismo máis noxento, agresivo, mordaz e descarnado posi-ble, o exercido con tódalas garantías legais, con todo o peso do goberno e dos resortes de poder das ins-titucións públicas, de xeito reiterado e consciente, e sempre en discriminación e detrimento do outro, o dife-rente.

E neste punto da hipó-tese é onde cumpría esta-blecer o agravante preciso para unha sentenza xusta.

Un comportamento desta magnitude dado o seu im-pacto social xa non pode cinguirse só o eido da pre-varicación e corruptelas dun cacique clásico. Esta-mos a falar dunha prácti-ca sistemática, reiterada, rigorosamente orquestrada desde o propio goberno, de consciente e intencionada segregación sociopolítica e comparable ao mesmo apartheid surafricano can-do comparten dous mesmos obxectivos básicos: a fenda total na equiparación de plenos dereitos e a teima obsesiva da perpetuación dun determinado colectivo cun estatus de privilexio mentres outros sofren sen reparo a marxinalidade ab-soluta.

Apartheid é separación. Democracia é equipara-ción, redistribución baixo os principios inquebrantá-beis da igualdade, mérito e capacidade. O exemplar sempre debe estar por en-riba do legal, e no caso da denuncia da trama suce-soria e das prácticas ne-potistas de Baltar sénior e júnior é cando se fai máis necesario que nunca sentar un precedente xudicial níti-do, limpo, claro e de con-tornos ben definidos das gravísimas e irreparables consecuencias socioeconó-micas que pode deparar a putrefacción total dun sis-tema de crenzas, valores, normas de convivencia, de-reitos e deberes.

Xosé Lois Carreira, conce-lleiro do BNG en Xinzo

Do caciquismo clásico ao apartheid baltarista

ARTIGOS / OCIO E CULTURA

“Defendo o meu pobo sen tapuxos. Non soporto ao derrotista, ao que só ve o peor, o que non achega luz e esperanza”

�8 BARRIOSXaneiro de �013 CLASIFICADOS /SERVIZOS

Comarca de MonterreiConcello de Verín 988 410 001Concello de Monterrei 988 418 002 Concello de Oimbra 988 426 160Concello de Vilardevós 988 417 004Concello de Riós 988 425 032Concello de Castrelo de Val 988 419 002Concello de Laza 988 422 002Concello de Cualedro 988 424 004Comisaría de Policía Verín 988 414 123Policía Local Verín 988 411 612Bombeiro Verín 988 412 121Garda Civil 988 410 005Protección Civil 988 412 121Estación de autobuses 988 413 516Taxis - Parada Hospital 988 414 342Taxis - Parada Estación Autobuses 988 411 812Taxis - Parada Praza Merced 988 410 385Taxis - Parada Praza do Concello 988 411 113Ambulatorio Urxencias 988 410 800Ambulatorio Cita previa 988 413 460Hospital de Verín 988 413 636Cruz Vermella 988 411 600Correos e Telégrafos 988 411 038Rexistro Civil de Verín 988 410 387Rexistro da Propiedade 988 410 737Oficina de emprego 988 410 703Oficina da Seguridade Social 988 410 253Servizos Sociais Verín 988 414 776Cáritas Parroquial 988 410 679IES nº1 de Verín 988 411 212IES García Barbón 988 410 379I. Bacharelato X. Taboada Chivite 988 410 041CEIP Amaro Refoxo 988 411 425CEIP Princesa de España 988 410 128Comarca de A LimiaConcello de Xinzo 988 550 111Concello de Porqueira 988 466 102Concello de Calvos de Randín 988 434 000Concello de Baltar 988 466 503Concello de Os Blancos 988 467 506 Concello de Trasmiras 988 445 000Concello de Sarreaus 988 454 002 Concello de Vilar de Barrio 988 449 001Concello de Sandiás 988 465 001Concello de Vilar de Santos 988 465 883Concello de Rairiz de Veiga 988 465 552Policía Local Xinzo 988 462 425Garda Civil 988 462 361Estación de autobuses 988 460 309Centro de saúde Xinzo 988 462 200Punto Atención Continuada 988 462 456Rexistro civil de Xinzo 988 46 0 188Rexistro da Propiedade 988 460 209Taxis - Parada 988 460 258

Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-32.323.925. Depósito Legal: OU 185-2006 - OU 186-2006 - OU 77-2012. Redacción: r/ Valle Inclán 25 2º Of. 15 - 32004 Ourense. Tel: 988 239 634 - 988 549 717. Correo-e: [email protected]. Distribúe: Orixe. Imprime: Publicaciones Tameiga.Directora: Paula Lodeiro. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción: Paula Lodeiro, Ramsés Torres, Óscar Blanco. Fotografía: Ramsés Torres, Paula Lodeiro, Óscar Blanco. Colaboracións: Joao Damiao, Borys Martínez, Miguel A. Prieto Sotelo, A.M., S.N., Andrés Diz

Nº74 / 10- Ano: VIII - Xaneiro 2013 - Difusión: 16.000 exemplares (Ed. Xinzo de Limia: 4.900, Ed. Verín: 7.100, Ed. Allariz-Celanova: 4.000) Impreso en papel 100% reciclado.A opinión do periódico exprésase só no editorial, os artigos e cartas ao director expoñen posturas persoais. Este periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Se ten algún problema co reparto, pregámoslle que nolo comunique no teléfono 988 239 634.

[Se eres un particular, publica os teus anuncios clasificados de maneira gratuíta no 988 239 634

ou en [email protected]]

4CLASIFICADOSALUGUER/VENDA

Alugo apartamento en Montalvo de 1 e � cuartos, con xardín e bar-bacoa, para fins de semana, sema-nas e quincenas. tel. 607 27 19 16.Vendo casa para restaurar na es-trada Santiago, Ourense. Tel. 637 00 59 10.Vendo apartamento de � habita-cións en Vigo, fronte á praia. Tel. 636 422 497. Busco finca en aluguer de renda baixa para cultivar nos arredores da Valenzá, Barbadás. Tel.988 546 006.Vendo piso na Avenida de Por-tugal (zona Couto). Calefacción central, todo exterior. Tel.: 988 22 39 32.Alugo local para negocio de hosta-lería de �00m� reformado en Xin-zo de Limia con 2 baños, almacén, baño de camareiros, barra central, porche e posible terraza exterior. Situación inmellorable zona Praza Carlos Casares enfrente ao Con-cello. Poderiase ver sin problema. Tel. 622.82.84.47Vendo dous terreos de 7.600m2 cada un, en Xinzo de Limia na zona Parque da Telleira con acce-sos pola rua San Sebastian ou ave-nida de Madrid.Poderiase ver sin problema.Tel. 622.82.84.47Alugo praza de garaxe en Vigo (zona céntrica) Tel: 679 040 604.Vendo casa en Nogueira de Ra-muín por 15.000 euros. Tel. 988 24 60 96 e 664 11 80 65.Busco chic@ para compartir piso en Ourense, 200 euros gastos in-cluidos. Televisor en habitación, calefacción, etc. Máis info: [email protected] apartamento con garaxe na praia de Patos, Nigrán. tel. 679 04 06 04.

VENDASVendo fabricador de xeo e cafe-teira de dous brazos para hostale-ría. Tel. 616 76 44 37.Vendo varias pías de distintos ta-maños. Tel. 607 900 375 (Xinzo)Vendo centeo embalado. Prezo a convir. Tel: 626 073 751.Vendo máquina expendedora de bebidas quentes. Tel.: 666 726 469Vendo conxelador 160x70 cm, Zanussi Aplus, garantía 2 anos, sen usar. Tel. 647 232 974Vendo vestido comuñón, semi-novo (impecable) Mayna colecion 2012. Bo prezo.Tlfno.619516824.Vendo Volvo 760 turbo inter-cooler, impecable, moi barato. Tel. 629 87 90 82Vendo 2 sillas de coche para bebé e 2 carriños, prezo interesante, practicamente novas. Tel. 629 87 90 82.Véndese leña de carballo a bo pre-zo. Tel. 630 521 448. Véndese Mercedes en bo estado con extras, 1.500 euros. Tel. 630 5�1 448Vendo carriño de bebé comple-to (silla paseo, capazo e silla de viaxe) en perfecto estado, �50 euros. Tel. 687 511 472 e 988 37 30 50 (noites).Vendo Mercedes 300 D, clásico ano 1982, para rehabilitar. Asen-tos de coiro. Automático. Tf. 670 718 942Vendo traxe comunión neno. Ta-lla 12. Impecable. De Wendoline. Colección 2012. Telf: 659857932Vendo galos de Mos, Tel 988 24 89 67 e 677 02 37 36.Vendo vestido de noiva seminovo, branco con pedrería, a bo prezo. Tel. 676 948 475Vendo sofás 3+2, caldeira calefac-ción gas cidade e botelleiro para bar. Tel. 637 00 59 10.Vendo estanterías metálicas. Tel. 988 47 08 55.Vendo dereitos da PAC. Tel. 626 07 37 51Véndese canapé de madeira ta-pizado de 135 cm con patas de madera e de regalo o colchón de muelles, gran calidade e semino-vo, 230 euros Tel. 637 756 687.Vendo silla xemelar pareada, de 0 meses a 15 kg, perfecto estado, 200 euros. Tel. 699 868 091.Véndese vestido de comuñón, ta-lla 105, bo estado, tel. 653 685 359 e 988 21 12 61Véndense máquinas recreativas (modelos vellos), máquinas de dardos, máquinas expendedoras de tabaco e demais elementos afíns, etc. Máis info: [email protected] bolso Guru 30 euros. Tel. 676 928 138.Vendo botas nº 40, 12 euros. Tel. 647 272 198.Vendo radiador de ferro lacado en branco, como novo. Tel. 988 28 00 26.Vendo estanterías de almacén 1x0,70 e caixa forte 59x49, bo es-tado e bo prezo. Tel. 988 47 08 55

EMPREGO

Oficina de emprego 988 460 375Oficina da Seguridade Social 988 462 951Xulgado de 1ª Instancia 988 462 364Servizos Sociais Xinzo 988 550 111Cáritas Parroquial 988 460 222IES Lagoa de Antela 988 462 454IES Cidade de Antioquía 988 461 271CEIP Rosalía de Castro 988 460 480CEIP Carlos Casares 988 460 507Gardería Municipal 988 461 049Oficina Agraria Comarcal da Limia 988 460 024Comarca de Allariz-MacedaConcello de Allariz 988 440 001Concello de Baños de Molgas 988 430 000Concello de Maceda 988 463 001Concello de Paderne de Allariz 988 293 000Concello de Xunqueira de Ambía 988 436 006Concello de Xunqueira de Espadañedo 988 291 001Policía Local Allariz 988 440 000Garda Civil Allariz 988 440 031Centro de Saúde de Allariz 988 440 958Centro de Saúde de Baños de Molgas 988 430 331Centro de Saúde de Maceda 988 463 370Policia Local Maceda 696 511 038 Garda Civil Maceda 988 463 084Parada taxis Maceda 988 463 204 CEIP Padre Feixoo 988 440 825IES Allariz 988 440 036Gardería municipal Allariz 988 440 219Servicio Municipal de Augas Allariz 988 440 004Xulgado de Paz Allariz 988 440 704Comarca de Terras de CelanovaConcello de Celanova 988 431 481Concello da Bola 988 433 768Concello de Cartelle 988 491 111 Concello de Gomesende 988 485 000Concello da Merca 988 260 000 Concello de Padrenda 988 494 783Concello de Pontedeva 988 495 005Concello de Quintela de Leirado 988 493 500Concello de Ramirás 988 491 523Concello de Verea 988 430 600Policía Local Celanova 988 431 806Centro de Saúde de Celanova 988 451 736IES Celanova 988 431 290CEIP Curros Enríquez 988 431 725Oficina Seguridade Social Celanova 988 553 055Xulgado 1ª Instancia Celanova 988 431 482Urxencias Sanitarias 061Cita previa Servizo Galego Saúde 902 077 333Teléfono maltratadas 016ITV 902 309 000Protección Civil 11�Incendios forestais 085Fenosa (averías) 988 222 222

4TELÉFONOS DE INTERESE

Ofrécese chica con experiencia para camareira. Tel. 675 11 71 19.Piano-voz para ceremonias e eventos, repertorio variado e per-sonalizable. Tel. 663 733 179, [email protected], fb: duo piano voz.Ofrécese señor para seguridade persoal, vixilancia, acompañamen-to, etc.( pertencente a f.c.s.e.).Tel. 636.32.95.24Ofrécese modista, traballos de calidade, rapidez e bo prezo, re-collida a domicilio ou tendas. Tel. 988.25.53.02Límpanse fincas e pódanse árbo-res e viñas. Tel. 699 00 83 55.Ofrécese chico para traballos de xardinería de todo tipo, con carné de carretilla. Tel. 645 81 81 92.Pintor, realizanse traballos de pintura economicos, rapidos con total seriedad y limpieza llamenos presupuesto sin compromiso TLF: 627 775 849.Ofrécese chica para traballar, con informes. Tel. 988 25 86 34.Ofrécese señora para coidar per-soas maiores ou nenos, todo o día, tanto en fogar como hospitais. Con experiencia e informes. Tel. 988 24 60 96 e 664 11 80 65.

[Envíanos as túas cartas ou fotodenuncias a info@

ourenseporbarrios.com, ou a r/Valle Inclán, 25, 2º,

of. 15, 32004, Ourense]

4CLASIFICADOS

4CARTAS AO DIRECTOR

BARRIOSXaneiro de �013

29

Redacción

Como é tradición, Laza, Xinzo e Verín vístense de gala (ou mellor dito de car-naval) para conmemorar o Entroido. Polo que os tres municipios teñen prepara-da unha ampla oferta lúdica que xa comeza en xaneiro para ir abríndolle paso a unha das festas de referen-cia da provincia de Ouren-se.

No caso de Laza as ce-lebracións arrancan, do �5 de xaneiro ao 1 de febreiro, cos chamados “Folións pe-quenos”, nos que os mozos que o Domingo de Entroido se vestirán de peliqueiros, poñen os chocos e corren polas rúas do pobo a modo de adestramento, acompa-ñados polos propios veci-ños.

O 7 de febreiro será o Xoves de Comadres, a noite das mulleres (entre as que adoita colarse máis dun

home disfrazado), quenes cean todas xuntas na pro-pia vila e continúan a festa ata o amencer na Praza da Picota.

O venres é o día da Cea Gas-t r o n ó m i -ca, que se celebra no p a v i l l ó n polidepor-tivo, e que organiza a Asociación Recreativa e cultural dos amigos do Entroi-do de Laza. O menú consta de produtos tí-picos do Entroido - cachu-cha, cocido, bica branca, xastré e licor café-, e nela a xente leva fachóns de palla acendidos, porque as luces do pobo apáganse.

Laza énchese de formigas e peliqueiros4 O Entroido bota a andar na localidade o 25 de xaneiro, cos “Folións pequenos”.

especial ENTROIDO

Fariñada, cabritadas e moitos peliqueiros

O sábado 9 de febreiro é o día da fariñada e as ca-

britadas. A fariña-da terá lugar pola tarde na Praza da Picota. E pola noi-te faranse as cabri-tadas dos m o z o s , que con-sisten en que estes se xun-tan para cear nas cociñas e

lareiras do pobo, antes de seguir coa festa.

O domingo de Entroido é tamén en Laza - ao igual que nos outros dous vérti-ces do triángulo máxico- o

día grande da festa, prota-gonizado neste caso pola estrea dos peliqueiros, os cales se poden ver correndo pola rúa durante todo o día. Ese mesmo domingo pola tarde as mozas, vestidas de galegas, repartirán bica en-tre os presentes.

Chegan as formigasO luns 11 de febreiro polo

mañá terá lugar a xitanada dos burros e saen os mara-gatos (disfraces burlescos) polas rúas de Laza. Na Pra-za da Picota levarase a cabo a Farrapada e xa pola tarde terá lugar a baixada da Mo-rena dende o barrio de Ci-madevila acompañada das formigas, toxos, cobelleiros e fariña. Ao remate, repar-

O domingo 10 terá lugar a estrea dos novos peliqueiros, que percorrerán as rúas da vila

tiranse cachuchas entre todos os asistentes.

Fin de festaPor último, o martes

1� de febreiro pola mañá os veteráns vestiranse de peliqueiros e saen polas rúas de Laza. Pola tarde é momento do desfile de carrozas típicas, seguido do testamento do burro, que consiste nunha copla satírica sobre cousas que pasaron neste ano. Ao re-matar, terá lugar a queima do arangaño na praza da Picota.

Pero, ademais, como non podía ser doutro xei-to, orquestras e charangas serán a banda sonora to-dos os días, e ata altas ho-ras, do festeiro Entroido de Laza.

A cea gastronómica será o venres 8

A provincia está de EntroidoRedacción

Á parte de Laza, Xinzo e Verín; moitas outras lo-calidades ourensás cele-bran Entroido, aínda que a estas alturas os programas non están pechados.

En Celanova iniciase o sábado � de febreiro coa “Cea-baile de comadres”, que organiza un grupo de mulleres da vila. Nesta ocasión, na vila de San Rosendo a festa comeza-rá ás 21.30 horas coa cea na carpa que se instalará na Praza Maior. O menú (empanada, cocido, postre e chupito) terá un custo de �0 euros e a velada esta-rá amenizada por un dúo musical.

En Allariz tampouco escatimarán en diversión. Así, o luns 11 de febreiro organizarán actividades para os máis cativos; o martes celebrarase o desfi-le de comparsas e carrozas e un baile; e o mércores de cinza será a tradicional queima do meco.

30 BARRIOSXaneiro de �013

A orquestra Olympus pecha o entroido de Xinzo actuando o domingo 17

Centos de persoas participaron no Domingo Fareleiro de Xinzo o pasado día 20 de xanei-ro, no que se viviu unha auténtica batalla de fariña./BRAIS LORENZO.

ENTROIDO especial

Redacción

O pasado domingo 20 de xaneiro Xinzo de Limia vestiuse de blanco e aínda que as datas fagan pensar na típica estampa cos co-pos de neve como prota-gonistas, neste caso non foi así. Na vila limia botou a andar oficialmente o En-troido 2013 co Domingo Fareleiro, no que a fariña cubriu rúas, bancos e aos centos de festeiros que se achegaron ata a localidade dende a primeira hora da mañá e que participaron nunha auténtica batalla campal na que se lanza-ron numerosos quilos de fariña, que simbolizaba a entrega dos tradicionais “farelos” que os homes entregaban antigamente ás mulleres que querían cor-texar.

Pero de seguido aínda quedan moitas máis pro-postas lúdicas para gozar dos carnavales na capital

Xinzo comeza o entroido a golpe de fariña4 O domingo fareleiro deu o pistoletazo de saída na vila limiá ao Entroido 2013.

da Limia, todas elas ben ambientadas coas actua-cións das mellores cha-rangas, como son Trom-pafós, DGT, Achicoria, Nova Trives, Medialeva e ata a recoñecida orquestra Olympus.

De feito, o vindeiro sá-bado �6 de xaneiro será o turno do colgamento do meco a partir das 19.30 horas, con saída do Barrio Vello e chegada na Praza Maior.

De seguido, ao día se-guinte celebrarase o Do-mingo Oleiro na Praza Maior, co lanzamento das olas para os máis cativos ás 13 horas e para os adul-tos a partir das 17.

O sábado � de febreiro, Xinzo acollerá a Noite das mulleres, que gozarán da festa por toda a localida-de, para abrir boca do Do-mingo Corredoiro (ao día seguinte), no que as Pan-tallas invadirán as rúas e prazas de Xinzo dende as

12.30 horas.

Os días grandesE por fin o 8 de febrei-

ro botan a andar os días centrais do Entroido, que en Xinzo comezan cunha xornada adicada aos máis pequenos. Os cales, ese venres realizarán un desfi-le de disfraces a partir das 12 horas e gozarán dunha festa na Praza Maior den-de as 18 horas.

Xa o sábado de Entroi-

do, ademais de que os dis-fraces e a festa invadirá Xinzo de mañá a noite, celebrarase o XXXI Fes-

Con motivo do entroi-dio �013 a concellería de Xuventude do Concello de Xinzo organiza un obrado-iro de iniciación á maqui-llaxe, que se impartirá os días �6 de xaneiro e � de febreiro na Casa da Cultu-

ra da localidade a patir das 16.30 horas.

Nel impartiranse nocións básicas para acompañar o disfraz que elixades coa maquillaxe máis axeitada, xa que se trata dun com-plemento imprescindible.

4 Obradoiro de maquillaxe

tival da canción humorís-tica, na Praza de Oriente dende as 19 horas.

Así mesmo, outra cita

para anotar no calendario, é o gran desfile de carro-zas, comparsas e charan-gas que a localidade limiá acollerá o martes de en-troido (1� de febreiro) a partir das 17 horas.

Fin de festaPara pechar esta tradi-

cional festa, o mércores 13 terá lugar o sermón do Entroido e a queima da sardiña. Será ás 20 horas na Praza Maior.

Por último, o día 17 pe-cha as portas o Entroido 2013 en Xinzo co Domin-go de Piñata no que actua-rán a Charanga Trompafós na Praza Maior a partir das 17 horas e a orquestra Olympus na Praza Carlos Casares dende as 18 ho-ras.

O sábado 9 de febreiro celebrase o XXXI Festival da canción humorísticaE o martes 12 o tradicional desfile de carrozas, comparsas e charangas

BARRIOSXaneiro de �013

31especial ENTROIDO

Redacción

Un ano máis, o Concello de Verín promoveu o con-curso para seleccionar o cartel oficial da que é, sen dúbida, a súa festa máis im-portante, o Entroido.

Nesta ocasión un total de �13 veciños exerceron de xurado popular para desig-nar os tres carteis favoritos, de entre os 14 preseleccio-nados.

Unha elección que foi completada coa opinión do xurado cualificado. Final-mente, sumáronse os puntos de todos os carteis e a peza que máis puntos obtivo foi “Festa Rachada” de María Victoria Salgueiro Afonso.

Desfile infantilAsí mesmo, por sexto ano

consecutivo, tamén se con-vocou un concurso para se-leccionar o cartel oficial do “Desfile Infantil”, no que participaron rapaces dos di-versos colexios da zona.

De entre todas as crea-cións, o xurado cualificador -composto por un repre-sentante de cada centro e por un membro designado polo Concello- escolleu tres carteis e deles o que obtivo máis puntuación foi o reali-zado polos alumnos de In-fantil do CEIP Castrelo do Val, que logrou facerse co premio por cuarta vez na historia deste concurso.

Inscrición nos desfilesElixidos os carteis, o En-

troido está cada vez máis preto, e é o momento de que as comparsas e carrozas in-teresadas en participar nos

O cartel “Festa rachada” será a imaxe oficial do Entroido 2013 de Verín4 Do 31 de xaneiro ao 12 de febreiro o municipio encherase de cor e festa, na súa celebración máis importante do ano.

desfiles do domingo e mar-tes de Entroido que se cele-brarán en Verín se apunten aos mesmos.

Poden facelo na Casa do Escudo (de luns a sábado en horario de mañá e tarde), facilitanto o nome da persoa que inscribe, teléfono, se é carroza ou comparsa, nú-mero de compoñentes e se levan música ou non.

Autoprotección Ademais, para esta edi-

ción, porase en marcha en Verín un sistema de seguri-dade cidadá pioneiro. Trá-tase dun Plan de Autopro-tección, elaborado desde a área de Seguridade Cidadá do Concello, que engloba a Protección Civil e Policía Local, e que busca lograr unha correcta coordinación entre os equipos de emer-

- 31 de xaneiro, Xoves de Compadres. Despois de cear nos restaurantes de Verín, a partir da media noite, os homes percorre-rán as rúas do municipio para levar a cabo o xuízo e queima do Maragato.

- 3 de febreiro, Domin-go de Corredoiro. Dende as 11:30 horas haberá a concentración dos ciga-rróns na praza do Conce-llo, para dar comezo ao día de festa.

- 7 de febreiro, Xoves de Comadres. A partir das 11:15 horas terá lugar o desfile infantil. E a me-dia noite, logo de tomar os restaurantes da vila, a

As comparsas que queiran participar nos desfiles deben inscribirse xa na Casa do Escudo

Raíña do Entroido recibirá, no Barrio de San Lázaro, a comitiva de Don Carnal. De seguido, terá lugar a lectura do pregón.

- 8 de febreiro, Venres de Compadreo. Día no que o Capuchón e a Masca-rita serán os uniformes ofi-ciais. A partir das 21 horas haberá queimada para os asistentes.

- 9 de febreiro, Sábado de Entroido. A partir das 17.15 horas, na Praza do Ci-garrón, terá lugar o Bautizo do Cigarrón para os novos membros, así como unha homenaxe a todos aqueles cigarróns que xa non poden saír.

PROGRAMACIÓN ENTROIDO 2013do 31 de xaneiro ao 12 de febreiro

- 10 de febreiro, Do-mingo de Entroido. Ás 1� horas, logo de que os tra-dicionais foguetes esperten aos entroideiros, terá lugar a concentración de carro-zas, comparsas, máscaras e cigarróns no Barrio de San Roque para o gran Desfile de Entroido que comezará a partir das 12.15 horas.

- 11 de febreiro, Luns Fareleiro. A partir das 16.30 horas haberá xogos infantís e inchábeis no Pa-villón dos Deportes. E den-de as 19 as prazas García Barbón e Maior acollerán a celebración para os adul-tos.

- 12 de febreiro, Martes

xencia (os cales serán re-forzados en persoal durante esas datas).

Unha das principais novi-dades deste Plan é que du-rante o Desfile Infantil ha-berá un dispositivo no que o tráfico do centro da vila estará controlado para evitar que vehículos de grandes di-mensións ou de mercadoría perigosa queden atrapados no transcurso do desfile.

E, ademais, colocaranse carteis informativos onde se reflictan as vías de evacua-ción máis próximas na praza García Barbón por se é ne-cesario a súa utilización.

de Entroido. Ás 16.30 horas terá lugar concen-tración de carrozas, com-parsas, máscaras e ciga-rróns no Barrio de San Roque, para media hora máis tarde, dar comezo ao Gran Desfile.

Pola noite, a festa con-tinuará, a modo de des-pedida, e ata que o corpo aguante, nas prazas Maior e García Barbón.

Música da man das me-llores charangas e orques-tras (como Madialeva, Támega, Palladium, La Oca ou París de Noia) e moita diversión completa na ampla programación do Entroido de Verín.

Cartel oficial do Entroido 2013 de Verín.

BARRIOSXaneiro de �013

Número: 74 - Ano:VIII - Xaneiro 2013- Depósito Legal: OU 186-2006 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.mundourense.com - BARRIOS volve estar no seu buzón a mediados de febreiro. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190

VERíN Páx.2 PROVINCIA Páx.25VERíN Páx.6 PROVINCIA Páx.20 OCIO Páx.29-31

O Parador de Verín non pechará: reabre o 5 de febreiro

Programa do Entroido en Verín, Xinzo e Laza

Representantes dunha eurocidade luso-onubense visitan Verín

Baltar non investigará as contratacións do seu pai na Deputación

Rogelio Martínez percorre os obradoiros de emprego

Entrevista a Daniel Diéguez, secretario

do Verín CF [páx.18]

A lonxa agropecuaria de Verín acolle esta nova empresa./P.L. A cicloxénese explosiva “Gong” causou inundacións./P.L.

Inauguración de Pazo de Carregal

[páx.3]

O río Támega desborda en Verín

[páx. 5]

BARRIOSXaneiro de �013

Número: 10 - Ano: VIII - Xaneiro 2013- Depósito Legal: OU 77-2012 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.mundourense.com - BARRIOS volve estar no seu buzón a mediados de febreiro. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190

COMARCA Páx.16CELANOVA Páx.15 PROVINCIA Páx.20

O Vieiro Leboreiro premiou as mellores fotografías

Baltar non investigará as contratacións do seu pai na Deputación

PROVINCIA Páx.25

Rogelio Martínez percorre os obradoiros de emprego

Os comerciantes crearán unha nova asociación

ALLARIz Páx.13

Os nenos borraron as pinturas da Praza Maior./R.TORRES. Premiado o profesor X.M. González Reboredo./P.LODEIRO.

Pecha o ano Celso Emilio Ferreiro

[páx. 14]

Seleccionadas as 11 propostas do próximo Festival de Xardíns

Entregado o Vicente Risco de Ciencias

Sociais

[páx. 13]

A autovía de Celanova abrirá no primeiro trimestre

de 2013 [páx.15]

BARRIOSXaneiro de �013