xanela 173 decembro-xaneiro 2013

8
ANO 2013 DECEMBRO - XANEIRO 173 REVISTA OFICIAL DO “ATENEO VIKINGO” - CATOIRA - www.ateneovikingo.com P P epe Dios, imprescindible colaborador da Xanela, presenta o seu último libro “AQUELA XENTE DE CATOIRA”. Un libro imprescindible pero que algo máis que unha publicación é a crónica de 100 anos, un século, da historia de (Continúa na páxina (Continúa na páxina (Continúa na páxina (Continúa na páxina 2)

Upload: ateneo-vikingo

Post on 13-Mar-2016

241 views

Category:

Documents


6 download

DESCRIPTION

Novas de Catoira

TRANSCRIPT

Page 1: XANELA 173 Decembro-Xaneiro 2013

ANO 2013 DECEMBRO - XANEIRO Nº 173 REVISTA OFICIAL DO “ATENEO VIKINGO” - CATOIRA -

w w w . a t e n e o v i k i n g o . c o m

PP epe Dios, imprescindible colaborador da Xanela, presenta o seu último libro “AQUELA XENTE DE CATOIRA”. Un libro imprescindible pero que algo máis que unha publicación é a crónica de 100 anos, un século, da historia de

(Continúa na páxina (Continúa na páxina (Continúa na páxina (Continúa na páxina 2222))))

Page 2: XANELA 173 Decembro-Xaneiro 2013

Nº 173 XANELA ABERTA Decembro - Xaneiro 2013 2

Catoira. O libro abarca nas súas 422 páxinas todo un século (1880-1980) de Catoira reflectido en historias, entrevistas e fotos gardadas ata este momento nos recordos das persoas, en moitas casas e álbums de fotos e que agora ven a luz para que todos a poidamos coñecer e que doutra forma iríanse perdendo a medida que a xente vai desaparecendo e con eles os seus recordos e as súas lembranzas.

EE ste magnífico libro constitúe un complemento da publicación que xa

viu a luz con anterioridade: Oeste, cen anos de historias 1850-1950: memorias e prodixios dunha época.

SS on on testemuña do inxente traballo que hai detrás deste libro. Horas e

horas de falar con centos de persoas, horas e horas de gravacións, horas e horas de redactar e voltar a redactar sempre ampliando e enriquecendo aqueles capítulos que xa parecían pechados, horas e horas de escanear centos e centos de fotos que xa por si mesmas darían para un libro e tamén horas e horas identificando a todos e cada un das persoas que nestas fotos aparecían.

OO Correo Galego define o libro de Pepe Castaño como “RETRATO DA

XENTE REAL. Cunha fluída linguaxe, o autor fai un retrato polo miúdo de xente real, dunha sociedade e modos de vida, de situacións acontecidas, da crúa realidade de homes e mulleres do seu pobo, Catoira”.

DD ende A Xanela Aberta estamos tremendamente orgullosos de que

por fin Pepe vexa publicada esta obra (non hai nada que se pareza en Catoira) o seu traballo de moitos anos.

EE stes días lía no facebook do amigo Manolo Carril un párrafo que

resume todo o que pensamos, e que sen dúbida pensará vostede despois de ler este libro...

(Ven da páxina (Ven da páxina (Ven da páxina (Ven da páxina 1111) ) ) )

“PARABENS A PEPE DIOS POLO “PARABENS A PEPE DIOS POLO “PARABENS A PEPE DIOS POLO “PARABENS A PEPE DIOS POLO SEU ÚLTIMO TRABALLO SEU ÚLTIMO TRABALLO SEU ÚLTIMO TRABALLO SEU ÚLTIMO TRABALLO PUBLICADO "AQUELA XENTE DE PUBLICADO "AQUELA XENTE DE PUBLICADO "AQUELA XENTE DE PUBLICADO "AQUELA XENTE DE CATOIRA". UN ENORME CATOIRA". UN ENORME CATOIRA". UN ENORME CATOIRA". UN ENORME TRABALLO DE INVESTIGACION TRABALLO DE INVESTIGACION TRABALLO DE INVESTIGACION TRABALLO DE INVESTIGACION ETNOGRÁFICA QUE NUNCA ETNOGRÁFICA QUE NUNCA ETNOGRÁFICA QUE NUNCA ETNOGRÁFICA QUE NUNCA ANTES SE FIXERA NOSO ANTES SE FIXERA NOSO ANTES SE FIXERA NOSO ANTES SE FIXERA NOSO CONCELLO”CONCELLO”CONCELLO”CONCELLO”���� JJLC

Cando vostedes lean o

libro “Aquela xente de Catoira”

saberán o por que.

Page 3: XANELA 173 Decembro-Xaneiro 2013

NN o anterior número da Xanela Aberta fixemos un especial sobre as eleccións

Galegas. No apartado 2012 2012 2012 2012 en cifras en cifras en cifras en cifras citamos os catro partidos que máis votos tiveron no concello de Catoira. Isto ofendeu a simpatizantes doutros partidos (supoñemos que por considerarse discriminados). Polo tanto publicamos os votos acadados por cada un dos partidos en Catoira.

De tódalas maneiras a Xanela esta aberta a todos aqueles que queiran manifestar algo; polo tanto se algunha persoa, entidade... o considera

2012

Censo Votos totais Participación

2.934 2.103 71,68%

C o n c e l l o d e C a t o i r a C o n c e l l o d e C a t o i r a C o n c e l l o d e C a t o i r a C o n c e l l o d e C a t o i r a

Nº 173 XANELA ABERTA Decembro - Xaneiro 2013 3

PARTIDO VOTOS %

PP 786 38,4

PSG-PSOE 585 28,5

AGE 213 10,4

BNG 199 9,7

CxG 141 6,8

SCD 26 1,2

UPyD 18 0,8

PACMA 11 0,5

SDO 5 0,2

0

100

200

300

400

500

600

700

800

900

PSO

EBNG

PP

AG

ECxG

SCD

UPyD

PACM

ASDO P

T

PIR

AT

CDL

UCE

DeC

CO

M.G

AL

ADCG

PH

Frases feitasFrases feitas “A OJO DE BUEN CUBERO”“A OJO DE BUEN CUBERO”

EE stasta expresión emprégase normalmente para dicir que unha cousa está feita sen medida, e dicir, “a

bulto”. Antigamente nos diferentes reinos existía unha total falta de regulamentación a propósito das medidas. As cubas eran fabricadas unha a unha polo toneleiro e a súa capacidade viña determinada polo reino onde estivese o negocio ou polas diferentes normativas dos señores feudais ■

PARTIDO VOTOS %

PT 5 0,2

PIRATA. GAL 4 0,1

CDL 3 0,1

UCE 1 -

PH 1 -

DcE 1 -

Comunistas

de Galiza 1 -

ADCG 1 -

Foto ATENEO VIKINGO

Page 4: XANELA 173 Decembro-Xaneiro 2013

Nº 173 XANELA ABERTA Decembro - Xaneiro 2013 4

SUPER SUPER SUPER SUPER SUPER SUPER SUPER SUPER

E SPEC IALE SPEC IALE SPEC IALE SPEC IALE SPEC IALE SPEC IALE SPEC IALE SPEC IAL

A columna A co lumna A co lumna A co lumna A co lumna A co lumna A co lumna A co lumna por Pepe Castaño Diospor Pepe Castaño Diospor Pepe Castaño Diospor Pepe Castaño Dios

BRAVO POR MATEO…!

SS e hai unha ocasión en que queres que o que escribes se entenda ben claro, aquí está

presente. Sei que vai ser, se non a mellor, si a máis importante das Columnas que vos levo contado. Ben, buscaba algunhas fotografías con Pepita de Rey e Jorge García para ese libro que estamos a punto de publicar e pasou entre as miñas mans un folleto no que Mateo, neto dos devanditos, animaba á xente a colaborar na loita contra a leucemia. Cando o estamos a observar, por uns intres desviei a vista sobre as facianas dos avós e vin nos seus ollos unha raiola de ilusión que facía moito que non percibira diante de min. Tamén se decatou axiña o meu acompañante Manolo Moure e, case sen mediar palabra, os dous pensamos na Xanela Aberta. Resulta oportuna a ocasión porque Mateo pousa no mesmo con Andrés Iniesta, un xogador de moda nestes intres. Por que Iniesta é “o mellor xogador do mundo… e un dos mellores de España”, como diría o típico portugués. E Mateo tivo a sorte de que o futbolista o visitara no Hospital Sant Pau de Barcelona cando estaba na UCI despois de ser operado, polo pasado Nadal. Agora, moi recuperado, volveu a retratarse con Iniesta e Pedrito cando o Barca visitou Riazor fai pouco máis de un ano. A diferenza no aspecto de Mateo, como se pode apreciar, é moi sensible, a melloría, extraordinaria. Polo de agora ten que ir a revisión a Barcelona cada dous meses. O neno ten 9 anos. Pero houbo un longo camiño…

AA Mateo diagnosticáronlle con tan só 2 anos de idade unha leucemia. Falando claro: un cancro

no sangue. Tecnicamente unha Leucemia Mieloide Aguda. Aí comezou un calvario para o neno, e non digamos para a familia. Sometido a quimioterapia durante uns meses na Coruña, non houbo resultados positivos. Trasladado a Barcelona foi sometido a un transplante da súa propia médula. Tampouco durou o efecto positivo máis alá de un ano. Así que houbo que facerlle un transplante de médula ósea non emparentada. A súa irmá, Antía, non era compatible. Máis problemas. A solución agora pasaba por atopar un “donante”. Localizouno, despois de moitas dificultades, a Fundación Josep Carreras en América. Outra operación para o neno, con toda a familia e amigos ilusionados de novo en que todo saíse ben. Estábase a loitar pola vida de Mateo. Por que moitos non superan ese transo e quedan no camiño. Mateo pelexou e saíu gañador. Pero unha cousa é contalo e outra vivilo, e de iso saben moito Juan Manteiga e Mari Garcia Sumai, que agora empezan a gozar do

Mateo coas chaves da avioneta

Mateo con Mari e dous membros da

fundación Josep Carreras

Mateo

Page 5: XANELA 173 Decembro-Xaneiro 2013

Nº 173 XANELA ABERTA Decembro - Xaneiro 2013 5

seu fillo sen ter en cada instante a alma en vilo. Por que Mateo, a pesar do sufrimento físico e mental, loitou a tope sen perder nunca o optimismo, mesmo gastándolle bromas ós enfermeiros, agasallando cunha botella de licor café do seu avó a un piloto que o invitou a subir en avión e cousas polo estilo.

EE madurou. Vaia se madurou! Non tivo máis remedio. Por iso non lle fixo caso a Juan

cando lle aconsellaba que debía ser do Depor, e aseguraba que tiña que ser do Barca por que Pedrito e Iniesta “viñéronme a ver cando estaba na UCI e agora non lles podo fallar”. Mateo quere ser piloto de avión e médico, pero tamén lle dixo á doutora Badell que quería ser toureiro. Como vemos, todo profesións de risco. A esta doutora case lle da un infarto cando oíu semellante cousa: “Con lo que nos ha costado curarte y lo malito que estabas… ahora no te puedes hacer torero, que nos pegaremos un susto como te pase algo”. Mateo está ben agora, vai saíndo, xa sen medicación, e a punto de facer vida normal, con precaucións, claro. Bravo, Mateo, ti es un crack, merecelo todo. E os teus pais, e os avós contigo. Agora a divertirse… e a estudar, claro.

CC ando falas con Mari, unha nai super animada, ilusionada… o que máis amosa é

agradecemento. Sabe que para que o seu fillo puidera seguir vivindo fixo falta o traballo de moita xente, da Fundación, e tivo que existir un “donante”. Por iso, cando lle expuxen a reportaxe que proxectaba facer, aceptou encantada e desexaba que na Xanela se coñecera ben o caso. Para dar grazas a todos. E dende aquí queremos que, como homenaxe a este neno loitador, a este heroe de Catoira, no noso concello nos fagamos doadores de médula ósea e cordón umbilical. No primeiro caso é unha simple extracción que non precisa de abrir nada, sen dor nin complicacións, coa condición de ser san e estar entre os 18 e os 55 anos. E no outro, doar o cordón umbilical. Hai que chamar ao BANCO CORDÓN GALICIA, de Santiago, ó número 900 100 82. Ou xa máis especificamente á Fundación Josep Carreras, número 900 32 33 34. Unha cousa tan sinxela como esa vai a SALVAR VIDAS. Imos ser preguiceiros e permitir que non vivan outros nenos e nenas como Mateo? Non o creo. Con un só “donante” que se consiga, xa merecería a pena esta reportaxe tan emocional. Vamos, Catoira!����

Mateo (5 anos) con Iniesta e Pedrito. Barcelona 2008.

Cuando tenía 2 años me diagnosticaron leucemia, un cáncer de la sangre. Cuando tenía 2 años me diagnosticaron leucemia, un cáncer de la sangre. Cuando tenía 2 años me diagnosticaron leucemia, un cáncer de la sangre. Cuando tenía 2 años me diagnosticaron leucemia, un cáncer de la sangre. Hace tres años y medio me hicieron un trasplante de sangre de cordón Hace tres años y medio me hicieron un trasplante de sangre de cordón Hace tres años y medio me hicieron un trasplante de sangre de cordón Hace tres años y medio me hicieron un trasplante de sangre de cordón umbrical que la Fundación Josep carreras localizó para mí. Gracias a esto, umbrical que la Fundación Josep carreras localizó para mí. Gracias a esto, umbrical que la Fundación Josep carreras localizó para mí. Gracias a esto, umbrical que la Fundación Josep carreras localizó para mí. Gracias a esto,

he superado la enfermedad.he superado la enfermedad.he superado la enfermedad.he superado la enfermedad.

No sabes lo fuerte que eres hasta que ala vida te pone a prueba. Ahora, No sabes lo fuerte que eres hasta que ala vida te pone a prueba. Ahora, No sabes lo fuerte que eres hasta que ala vida te pone a prueba. Ahora, No sabes lo fuerte que eres hasta que ala vida te pone a prueba. Ahora, que los tiempos son difíciles, valora lo que tienes. Sonríe y disfruta de la que los tiempos son difíciles, valora lo que tienes. Sonríe y disfruta de la que los tiempos son difíciles, valora lo que tienes. Sonríe y disfruta de la que los tiempos son difíciles, valora lo que tienes. Sonríe y disfruta de la

vida que es maravillosa.vida que es maravillosa.vida que es maravillosa.vida que es maravillosa.

Mateo (8 anos) con Pedrito e Iniesta, A Coruña 2011.

Page 6: XANELA 173 Decembro-Xaneiro 2013

Nº 173 XANELA ABERTA Decembro - Xaneiro 2013 6

D E P O R T E S Opinión por Miguel Ángel Lorenzo

PP ara os datos, a primeira Romaría Vikinga oficial foi no ano 1961, e así cadran as contas

en que este ano fixemos a nº 52. Todo moi ben, ou cando menos bastante ben. Lembro que, case xa nos tempos, os mexilóns duraban ata que os wiquingos os probaran, agora xa non, será que é máis loado levalos para á casa xa envasados, que nin sequera manchen os bolsos. ¡Será!. En canto ao desembarco o “Ursula Galeón”, ía ateigado con 76 homes e mulleres a bordo, que acataron a disciplina de lograr o mellor desenlace. Sobor de 40 máis, atacaron a cidadela por terra, soprendendo nas costas ao público que montaba a defensa. Námbolos dous drakars ían un total duns 50 tripulantes, e así todo saíu, como dicía, bastante ben. A miña sorpresa foi cando pisei o recinto e vin a outros que vestían de vikingos con espadas e cascos sintéticos (non wiquingos) moito antes de que as nosas hostes arribaran, e xa deran conta dos entablados preparados para rememorar a invasión do “reservado” do ano 1968, (qué saberían eles do significado histórico deste acto?). Non estaban en ningunha lista. Agás dalgún insensato dos nosos (que sempre o hai) eran os que manchaban á xente de lodo provocando a todo aquel que ousara rechistarlles , e isto pode producir liortas tan perigosas para a imaxe da vila, como para a integridade física das persoas, tendo a cautela que os obxectos que moitos levan nas máns son contundentes (non sei, calquera idea que evite isto será unha boa idea). Sinto cando alguén me dí que esta é a esencia da Romaría Vikinga, e non o comparto en absoluto. Volvo a insistir que deberíase marcar unha zona húmeda na que o viño poida voar polos aires, debemos respectar o dereito que teñen aquelas xentes que queren acudir ás Torres tal día coma este, de volver para cadansúa das casas sen manchas inoportunas, co cabreo que lles provoca e a mala fama que nos acarrea. Vin gaiteiros e zancudos cos tamborís, moi ben, ambientaron a mañán con gusto e saber estar, en troques os wiquingos desembarcamos e non demos nada que ver, evidenciamos a falla dun guión. Só se lográramos isto, ningún cronista escribiría que nos imos semellando a un macrobotellón, e cousas así. “Hemos venido a ver la romería vikinga y hemos visto la romería de gigantes con fuego y tambores, han sido el verdadero espectáculo”, me comentaba unha parella, polo acento canaria, namentres me facían unha foto. Non temos porqué dar esta impresión.

DD a para a reflexión agora, cando as mentes están frías, e máis polo tempo xélido que

temos, que máis que nada incita a felicitar a todos un Bó Nadal e moi venturoso aninovo, e así o facemos nós■

APEÑA “O GATO”APEÑA “O GATO”APEÑA “O GATO”APEÑA “O GATO” C U M P R E U N A N OC U M P R E U N A N OC U M P R E U N A N OC U M P R E U N A N O

1 AT. CUNTIS 13 8 3 2 22 11 27

2 UNION DENA C.F. 12 8 2 2 27 13 26

3 C. DE PONTEVEDRA 12 8 1 3 14 13 25

4 S.D. NOALLA 13 7 3 3 24 15 24

5 C.D. CAMPO LAMEIRO 12 6 4 2 25 9 22

6 C.D. BELUSO 12 6 3 3 22 19 21

7 C.D. MOSTEIRO 12 6 1 5 23 16 19

8 ZACANDE C.F. 12 5 3 4 16 11 18

9 PUENTECALDELAS 12 5 2 5 24 19 17

10 S.D. AMANECER 12 5 2 5 24 21 17

11 UMIA C.F. 12 4 3 5 19 19 15

12 S.D. A LAMA 12 4 2 6 13 22 14

13 C.D. SOUTOMAIOR 12 4 0 8 14 25 12

14 FIGUEIRIDO C.F. 11 3 2 6 16 20 11

15 C.D. BAMIO 11 3 1 7 13 26 10

16 MARIN C.F. "B" 13 3 0 10 9 33 9

17 CATOIRA S.D. 11 0 2 9 12 25 2

Equipos X G E P F C Ptos

Ánimo para o C lub Ánimo para o C lub Ánimo para o C lub Ánimo para o C lub Cato i raCato i raCato i raCato i ra

CC ando veñen mal dadas é o momento de estar co equipo. Con só dous empates está a ser unha tempada frouxa, pero na

Xanela temos constancia de que o equipo mereceu máis nestes partidos que se levan disputados. En varias ocasións os puntos marcháronse nos minutos de desconto. Resulta ben certo que cando as cousas se torcen é moi difícil de endereitalas. Pero dende aquí transmitímoslle ánimos a Directiva, técnico e xogadores alentando unha remontada que sirva para evitar o descenso de categoría. Pero hai que comezar canto antes. Máis ca nunca: Hala Catoira!

OO mércores 5 de decembro celebrouse no Bar Conde o primei-ro aniversario da Peña Celtista O Gato, de Sergio Álvarez.

Estiveron presentes o porteiro e Jonathan Vila, Álex López, Toni, Dani Abalo e Borja Oubiña. O acto rewsultou moi emotivo e con-tou con un gran número de socios e simpatizantes. Tamén, entre os socios sorteáronse uns carnets para acceder ó vindeiro partido do día 12 contra o Real Madrid na Copa do Rei e animouse ós asistentes a facer campaña para a captación de novos socios.

Page 7: XANELA 173 Decembro-Xaneiro 2013

Nº 173 XANELA ABERTA Decembro - Xaneiro 2013 7

D E P O R T E S

XX a rematamos o ano e agora é o momento de facer balance dunha tempada máis do "Club Piragüismo

As Torres"

Nesta tempada 2012 a xunta directiva tiña como obxectivo seguir a liña do ano anterior na que se centrou en manter a actividade deportiva, na relación coas distintas institucións tanto públicas como privadas e na organización do IV Congreso Internacional de Adestradores de Augas Tranquilas.

1º1º-- A ACTIVIDADECTIVIDADE D DEPORTIVAEPORTIVA.. Este primeiro apartado hai que dividilo en dous, competición e promoción do piragüismo en Catoira e arredores. Consideramos que nos dous tivemos uns resultados máis que aceptables. Na competición os resultados conseguidos foron:

Competición Nacional

►► 3º posto no XI Liga de Ríos, Travesías e Maratón.

► ► 7º posto na XI Liga Pista Olímpica "Hernando Calleja".

► ► 4º posto na XI Liga Augas Tranquilas Jóvenes Promesas.

Competición Autonómica

► ► 3º posto XV Superliga Galega

► ► 2º posto XVII Copa Galega de Pista

► ► 4º posto XVII Copa de Galega de Ríos ► ► 11º posto XVII Copa Gallega de Promoción

► ► 1º posto Liga Galega Alevín - Benxamín

No referente a promoción do piragüismo en Catoira e arredores o éxito foi maiúsculo grazas ao curso de verán organizado polo Club, ao final do curso logramos 81 licenzas nas distintas categorías de base, dende infantil a alevín. O dato máis importante disto é que ao comezo da tempada 2012-2013 as licenzas nestas categoría son de 56.

2º2º-- R RELACIÓNSELACIÓNS CONCON ENTIDADESENTIDADES PÚBLICASPÚBLICAS EE PRIVADASPRIVADAS.. Neste apartado o Club As Torres quere mostrar o agradecemento a todas as entidades que durante este ano nos apoiaron para poder conseguir os distintos

CCLUBLUB A ASS T TORRESORRES DEDE

PPIRAGÜÍSMOIRAGÜÍSMO

-- M MEMORIAEMORIA A ANUALNUAL --

obxectivos. En primeiro lugar ás administracións públicas: Concello de Catoira, Deputación de Pontevedra, Fundación Deporte Galego e Peixaría. En segundo lugar ás empresas que achegaron para este proxecto: Rotularama, Talleres Fernández García, Restaurante A Pedra, Vitaldent (Vilagarcia de Arousa) Tamén hai que dicir que o club forma parte da xunta directiva da FEGAPI e ademais está presente na asemblea da RFEP.

3º3º-- IV C IV CONGRESOONGRESO I INTERNACIONALNTERNACIONAL DEDE A ADESTRADORESDESTRADORES DEDE A AUGASUGAS T TRANQUILASRANQUILAS.. Este congreso supuxo a consagración dun proxecto que nace no ano 2004 da man de Manuel Isorna Folgar e que este ano foi un éxito rotundo, cun total de 124 inscritos de trece países. O bo facer da organización viuse reflectido na valoración dos asistentes que lle deron unha nota de 7,7 ao congreso. A organización do congreso recibiu o premio ao Mellor Evento do Ano por a divulgación e promoción do piragüismo por parte da FEGAPI. Dicir que estamos a preparar a V edición que terá lugar no ano 2014. Para rematar dicir que xa estamos metidos na tempada 2012-2013 e esperamos seguir cumprindo os distintos obxectivos marcados.

Un saúdo.

Rubén Tobío (Presidente do Club de Piragüísmo “As Torres”

Page 8: XANELA 173 Decembro-Xaneiro 2013

Nº 173 XANELA ABERTA Decembro - Xaneiro 2013 8

D E P O R T E S

A co lumnA columnA columnA columnA columnA columnA columnA column a a a a a a a a por Pepe Castaño Diospor Pepe Castaño Diospor Pepe Castaño Diospor Pepe Castaño Dios

A propósito de PASARÍN

FF alaba con Manolo de Socorra, unha enciclopedia na historia do fútbol,

sobre unhas fotos de Pasarín, e preguntáballe sobre o xogador do Celta

do que o retratista tomou o alcume futbolístico e persoal. Canta xente sabe o nome real de Pasarín? Sentín a curiosidade de coñecer a aquel predecesor do fotógrafo de Cordeiro (e case de Catoira). Manolo dábame uns datos de aquel Pasarín do R.C.Celta que,

xuntados con outros que puiden recuperar, dánme pé para empezar esta Columna. Vexamos: aquel chamábase Luís Casas Pasarín, naceu o ano 1902 en Pontevedra e morreu no 1986. Empezou xogando no Atlético Pontevedra, Vigo Sporting e despois estivo 6 tempadas no Celta. O equipo celtiña nace da fusión de dous equipos vigueses que mantiñan unha forte rivalidade: Real Vigo Sporting

Club e Real Fortuna Football Club, no ano 1923, coincidindo co comezo do profesionalismo.

OO ano 1929 empeza a Liga Española e o Celta debuta

participando na Segunda División. Xusto cando acontece isto, o capitán celtista Pasarín recibe unha oferta mareante do Valencia C.F. que o Celta non pode igualar. Así este corpulento xogador marcha para o club levantino. Formou un tándem impresionante con Torregaray que era coñecido co nome de “Las columnas de Hércules”. O seu estilo era de forte golpeo de balón (lanzaba os tiros libres) e entraba moi duro, polo que tivo varias expulsións. Foi internacional con España en 6 ocasións substituíndo a Quincoces e formando defensa (daquela xogábase con 2) con Ciriaco, participando na Olimpiada de

París. Acabou no Nacional de Madrid. Como adestrador dirixiu a selección española (só un partido), Oviedo, Oporto, Málaga, Valencia (con quen foi campión e subcampión de Liga entre 1946 e 1948). Esta é a historia deportiva do que lle deu o alcume ó noso retratista, que alternaba o de facer fotos con xogar no Ciclotrón (Pontecesures), San Martín ou Céltiga.

XX a metidos en celtismo non podía deixar pasar esta

ocasión para falar de outro pilar de este club que, aínda que sexa de xeito moi colateral, tivo unha relación con Catoira. Trátase de Moncho Gil. Vexamos quen foi este personaxe. Ramón Gil Sequeiros nace en Vigo no 1897 e morre no 1965. Forma parte do Vigo Sporting. Rico por natureza nunca cobrou por xogar. Incorporouse ó Celta e chegou a ser internacional con España na Olimpiada de Amberes onde xogou 2 partidos (Italia e Holanda) e foron subcampións. Foi defensa, medio e extremo indistintamente e destacaba polos seus esquerdazos, que na prensa recibían o nome de “chut eléctrico”. Xusto cando comeza o profesionalismo abandona o Celta e o fútbol. Casa con Aurorita Curbera Solleiro nunha cerimonia con moito glamour coa presenza do bispo Eijo Garay (se queredes coñecer máis deste “personaxe” podedes facelo no libro AQUELA XENTE DE CATOIRA, que se publicará polo Nadal), e teñen varios fillos. Aurorita morre moi nova e Moncho ten que sacar adiante os rapaces.

PP ois unha filla de Moncho, Ángeles Gil Curbera, mocea e casa con Ramón Dios de la Morena, fillo do

meu tío Ricardo e actual propietario do Mesón de Fuencarral. Así que por moi pouco tiven a oportunidade de coñecer a esta prima, unha muller dunha bondade, simpatía e saber estar impresionantes (como poden dar fe moitas persoas, entre elas Chita de Chuca, que traballou con ela). Ramón e Ángeles tiveron tres fillos: María Ángeles, Ramón e un terceiro que finou xunto coa súa nai aos tres días de nacer. Esta familia estaba en Catoira, onde pasaban grandes tempadas, cando enferma gravemente a súa avoa Dolores de Dios. Ricardo ten que desprazarse dende Madrid e a parella viaxa en coche na dirección contraria para facerse cargo do Mesón. Aquela pesada viaxe puido influír no parto (é unha posibilidade) e días despois aconteceu o que acabamos de relatar. Esta filla de Moncho Gil, un preboste do celtismo, relacionada deste xeito con Catoira, deixou en todos os que a tratamos un recordo inesquecible. Entre eles tamén a Manolo de Socorra quen, cando lle contei o relato, amosou unha gran sorpresa. Cousa rara que ó gran goleador histórico do Club Catoira se lle escapara esta circunstancia, porque Manolo é un pozo de sabedoría futbolística■

Casamento de Moncho Gil

Luís Casas Pasarín

Pasarín

Moncho Gil