xanela 2011

35
X A N E L A 1 editorial U n ano máis abrimos esta XANELA para to- dos vós, fieis lectores, a número oito, con novas achegas e con recordatorios doutras épocas: quíxoselle facer unha homenaxe ao galeguista Fernández del Riego que morreu recentemente á avanzada idade de noventa e sete anos. O galego goza de boa saúde no IES A Cachada e se non o credes, abride as páxinas que recollen os relatos e os poemas premiados no concurso literario convocado como todos os anos polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega conxuntamente co Departamento de galego. Es- tes rapaces prometen e quen sabe?, ao mellor nun futuro non moi lonxano convértense en grandes escritores coma Suso de Toro, este ano o noso escritor entrevistado. Recordade a fórmula que nos propón: “ler e se non gusta o libro que vos receitaron na escola, insistide ata que atope- des outro que vos preste máis”. Este instituto é un centro de paso, algúns abandónannos e outros chegan de novo. Este ano fixéronselles as fotos de despedida aos alum- nos de 4º ESO que para o ano navegarán por ou- tros derroteiros; así como ao noso benquerido profesor Enrique Basavilbaso (Que goces da túa nova vida. Botarémoste de menos!). Tamén quixemos recordar á nosa compañeira Beatriz Quintela Rúa, profesora de galego e escritora galega; recollemos unha mostra da súa obra lite- raria. A andaina desta revista non se detén aquí, senón que contén apartados didácticos cos que se pre- tende aportar máis coñecemento sobre a nosa bisbarra: Xentes do Barbanza, adicado este ano ao pintor de Ribeira Xoán Fernández e á súa obra plástica ; unha parroquia, en concreto a de Aban- queiro; ou o artigo sobre o noso devanceiro Ce- lestino García Romero. O futuro parte dun coñe- cemento detallado do pasado. Esta revista tamén recolle os traballos realizados por vós ao longo do curso e organizados polos distintos departamentos do Instituto: a bibliote- ca, castelanismos e xogo do dicionario, Ciconia, recuncho científico, sendeirismo cultural; así co- mo as novas máis reseñables: as exposicións, saídas culturais,… Como ben sabedes, este ano adícaselle o Día das Letras Galegas ao poeta monfortino Lois Pereiro e a Xanela, non podía ser doutra maneira, achega as súas páxinas á obra e á figura humana deste poeta. A revista aporta o seu gran de area á cele- bración anual das nosas letras e ademais abre as súas follas para que entre a “experiencia vital” que transmiten os poemas de Lois Pereiro. Con este traballo feito por alumnos, profesores e colaboradores de dentro e fóra do IES A Cacha- da, estamos deixando constancia do noso com- promiso diario co GALEGO. Sexamos galegos, falemos galego. Revista.pub página 1 martes, 29 de mayo de 2012 17:46 Cian (C) Magenta (M) Amarillo (Y) Negro (K)

Upload: garcia-souto

Post on 20-Feb-2016

242 views

Category:

Documents


7 download

DESCRIPTION

revista anual do IES A Cachada

TRANSCRIPT

Page 1: xanela 2011

X A N E L A

1

editorial

UUUU n ano máis abrimos esta XANELA para to-dos vós, fieis lectores, a número oito, con novas achegas e con recordatorios doutras épocas: quíxoselle facer unha homenaxe ao galeguista Fernández del Riego que morreu recentemente á avanzada idade de noventa e sete anos. O galego goza de boa saúde no IES A Cachada e se non o credes, abride as páxinas que recollen os relatos e os poemas premiados no concurso literario convocado como todos os anos polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega conxuntamente co Departamento de galego. Es-tes rapaces prometen e quen sabe?, ao mellor nun futuro non moi lonxano convértense en grandes escritores coma Suso de Toro, este ano o noso escritor entrevistado. Recordade a fórmula que nos propón: “ler e se non gusta o libro que vos receitaron na escola, insistide ata que atope-des outro que vos preste máis”. Este instituto é un centro de paso, algúns abandónannos e outros chegan de novo. Este ano fixéronselles as fotos de despedida aos alum-nos de 4º ESO que para o ano navegarán por ou-tros derroteiros; así como ao noso benquerido profesor Enrique Basavilbaso (Que goces da túa nova vida. Botarémoste de menos!). Tamén quixemos recordar á nosa compañeira Beatriz Quintela Rúa, profesora de galego e escritora galega; recollemos unha mostra da súa obra lite-raria. A andaina desta revista non se detén aquí, senón que contén apartados didácticos cos que se pre-tende aportar máis coñecemento sobre a nosa bisbarra: Xentes do Barbanza, adicado este ano ao pintor de Ribeira Xoán Fernández e á súa obra

plástica ; unha parroquia, en concreto a de Aban-queiro; ou o artigo sobre o noso devanceiro Ce- lestino García Romero. O futuro parte dun coñe-cemento detallado do pasado. Esta revista tamén recolle os traballos realizados por vós ao longo do curso e organizados polos distintos departamentos do Instituto: a bibliote-ca, castelanismos e xogo do dicionario, Ciconia, recuncho científico, sendeirismo cultural; así co-mo as novas máis reseñables: as exposicións, saídas culturais,… Como ben sabedes, este ano adícaselle o Día das Letras Galegas ao poeta monfortino Lois Pereiro e a Xanela, non podía ser doutra maneira, achega as súas páxinas á obra e á figura humana deste poeta. A revista aporta o seu gran de area á cele-bración anual das nosas letras e ademais abre as súas follas para que entre a “experiencia vital” que transmiten os poemas de Lois Pereiro. Con este traballo feito por alumnos, profesores e colaboradores de dentro e fóra do IES A Cacha-da, estamos deixando constancia do noso com-promiso diario co GALEGO. Sexamos galegos, falemos galego.

Revista.pubpágina 1

martes, 29 de mayo de 2012 17:46Cian (C)Magenta (M)Amarillo (Y)Negro (K)

Page 2: xanela 2011

X A N E L A

2

Consello de Redacción Manuel Román Ramos, Silvia García Souto, Carme Rodríguez Varela, Pilar Hermo Santos, Fernando Blanco Lado, María Dieste Places, María Suárez Rial, Maitane Dacosta Urbieta, Cristina Suárez González, Lois Pimentel Iglesias e Loreto Abalo Calo .

Maquetación Manuel Román Ramos.

Colaboradores Agustín Agra, Xerardo Agrafoxo, Lois Pimentel, Martín Dieste, Antón Vidal, Miriam Quintela, Laura Davila, Irene Muñiz, María Dieste, Laura Triñanes, Belén Hermo, Alexandre Muñiz, Javier Outeiral, Anabel Ces e Raquel Rodrí-guez, Departamentos de Galego, Grupo Ciconia e Equipo da Biblioteca.

EDITA: Equipo de Dinamización da Lingua Galega do IES A Cachada. - Boiro.

● Editorial ...................................................... 1

● Sumario ..................................................... 2

● Entrevista a Suso de Toro ......................... 3

● Cadro de honra .......................................... 8

● As nosas letras ........................................... 11

● Beatriz Quintela Rúa ………………………. 18

● Enrique Basavilbaso García ……………….25

● Unha parroquia : Abanqueiro ……………. .26

● Francisco Fernández del Riego …………. 30

● Lois Pereiro ……………………………….. 31

● Xentes do Barbanza…………………………34

● A biblioteca …………………………………. 35

● O entroido ………………………………….. 39

● Celestino García Romero ........................... 43

● O espello das verbas ................................. 47

● Cousas das linguas ……………………….. 50

● Recuncho científico………………………….53

● Castelanismos e xogo do dicionario .......... 56

● Ciconia ……………………………………….58

● Novas ......................................................... 60

● Excursión a Roma e Opinión ................... 64

● Sendeirismo cultural ................................... 66

● Cómic e Enredos ……….. ………… ….. 67

● Enredos ……………... ……………………. 69

Revista.pubpágina 2

martes, 29 de mayo de 2012 17:46Cian (C)Magenta (M)Amarillo (Y)Negro (K)

Page 3: xanela 2011

X A N E L A

3

O escritor Xesús Miguel de Toro Santos naceu en Santia-go de Compostela no ano 1956, é Licenciado en Arte Moderno e Contemporáneo. Dirixiu o grupo de teatro Pepa Loba e compaxina o seu labor literario coa crea-ción de guións para radio e televisión e con colabora-cións en periódicos como La Voz de Galicia, El País ou La Vanguardia. Obtivo varios premios entre eles o Nacional de Narrativa no ano 2003. Publicou máis de vinte libros en galego de narrativa, teatro e ensaio. Ademais unha das súas novelas Trece badaladas foi levada ao cine no 2002. A súa obra está traducida a varias linguas e foi obxecto de estudo en diversas universidades europeas. En abril do 2010 anunciou a súa retirada como escritor profesional, retomando a súa carreira docento como profesor de secundaria nun instituto de Ribeira.

E N T R E V I S T A

A sombra cazadora

Dous irmáns viven co seu pai nunha casa totalmente arredra-dos do mundo exterior. Fóra hai unha ameaza para todos eles que só seu pai coñece. Un día o seu encerro vese alterado e o seu pai advírtelles: “Maxinade que a vosa sombra se separa de vós e toma vida de seu. Maxinade que a imaxe do espello toma vida propia e actúa pola súa conta. Ha chegar un momento no que teñades dificultades”.

Revista.pubpágina 3

martes, 29 de mayo de 2012 17:46Cian (C)Magenta (M)Amarillo (Y)Negro (K)

Page 4: xanela 2011

X A N E L A

4

Pregunta: ¿Cando e por que empeza a escribir?Resposta:As vocacións, sobre todo unha tan clara como a de querer ser escritor, créanse de rapaz. No meu caso tiven claro desde neno que quería ser artista, pintor ou escritor. Conserveina de ado-lescente, deixeina de lado na xuventude por razóns vitais e retomeina contra os vintesete anos. P: ¿Emprega sempre o galego para escribir as súas obras? R: Sempre, é unha decisión. Hai un único libro meu en castelán, de tipo xornalístico (aínda que eu lle dou tamén importancia ao xornalismo literario), que non saíu en galego por cau-sas de tipo editorial que o impediron, “La flecha amari-lla”. P: ¿Por que nunca escribiu poesía? R: .Nunca me atrevín, teño pudor para iso. Pode que me falte algunha cousa que se precisa para iso, ou pode que me sobre. Non sei dicir. P: ¿De todas as súas obras, de cal se sente máis satisfeito? R: Pode que do meu último, e supoño que derradei-ro libro, “Sete palabras”. P: ¿Cal é a súa obra máis traducida a outros idio-

mas? R: .Pode que fose “Trece badaladas”. Ademais de ao castelán e catalán, penso que está tamén en francés e checo.

P: Basilio Losada cualificou a súa novela Tic tac como unha das mellores novelas da literatura galega. Díganos vostede o título doutras dúas novelas, da literatura galega, que poden merecer esta cualificación. R: Basilio foi moi valente en atreverse a dicir iso sabendo que desafiaba as ideas establecidas, gus-to das persoas valentes. Eu sempre recomendo ler “Cousas”, Castelao conseguiu aí algo admirábel. Non opino sobre os meus contemporáneos, segu-ramente que hai obras escritas nos últimos trinta

ou corenta anos que mere-

cen esa cualificación . P:En varias das súas nove-las hai uns certos compo- ñentes da investigación

policial, gústalle a vostede especialmente este xénero? R: Pois si, é. Gusto moito de que alguén investigue algunha cousa, sexa un policía ou sexa, sobre to-do, alguén particular. Nas miñas novelas abundan personaxes que investigan algo, sobre todo o seu propio pasado, e tamén abundan as fantasmas e aparicións. Non sei ben por que. . P: ¿Algunhas das súas obras pertencen á literatu-ra infantil. É máis doado ou máis difícil facer lite-ratura para nenos/as ou para adultos? Por que en Cartas de amor as súas protagonistas son todas mulleres? R:Coido que unicamente escribín para un público infantil/xuvenil dúas obras, “A sombra cazadora” e “Conta saldada”. Que “Morgún” estea nunha colección xuvenil foi debido a que entendín, e

Trece badaladas A vida dunha rapaza escritora de guións transcorre sen novidade ata que se entrevista co director dunha produtora para intentar venderlle un proxecto cinematográfico baseado nunha antiga lenda compos-telá. A sombra dun mal incerto e arrepiante planea sobre ambos can-do o rico e exitoso produtor descobre que o argumento do guión aseméllase dun modo desacougante á súa propia vida.

Nas miñas novelas abundan perso-naxes que investigan algo, sobre todo o seu propio pasado, e tamén abunda as fantasmas e aparicións...

Revista.pubpágina 4

martes, 29 de mayo de 2012 17:46Cian (C)Magenta (M)Amarillo (Y)Negro (K)

Page 5: xanela 2011

X A N E L A

5

tamén os editores, que era un libro que quizais entendesen mellor un certo tipo de xente nova. P: ¿Cal é ou debe ser o sentido da literatura? R: Coido que debe tratar da vida en todos os sen-tidos, que son moitos. P: ¿Cal será a súa próxima obra? R: Non penso escribir outra polo de agora. Pode que escriba un texto para unha peza musical, de facelo non

sería publicado en libro. P: ¿Que representa para Vde. como persoa e como escritor que o presidente do Goberno, Zapatero, lle declare simpatía e amizade , ao mesmo tempo que recomenda a lectura do seu libro Otra idea de España? R: Galiza hai moito tempo que non está presente nos debates políticos e ideolóxicos en España, quixen plantexar unha visión de España desde aquí e o presidente Zapatero gustou diso, intere-soulle. Para min é unha honra, pois coñézoo e téñolle estima persoal, sinto que el e todos nós teñamos que afrontar este tempo tan complicado e do que nos vai custar saír. P: ¿Cre vostede que o actual Goberno galego está actuando correctamente no referente á lingua galega? R: Coido que está a actuar moi mal, o peor é que coido que son conscientes do que fan. Sinto que non rectifiquen .

P: ¿Que opina da actual situación lingüística de Galicia? É tan mala como é a situación de conxunto do noso país. A Galiza segue a exportar xente nova, mentres noutros sitios reciben inmigrantes nós seguimos a exportar mozos e mozas. A cada día máis somos un país de vellos, un país débil. Como

non vai a nosa lingua a estar máis débil e indefensa ante os que a atacan . P: Para vostede, ¿pode existir un pobo cunhas características diferenciadas sen idioma e cultura propios ? R: En abstracto, si. Outra cousa

é o noso caso, aquí perdemos a lingua porque estamos a perdelo todo, as nosas riquezas, a nosa xente nova, o noso futuro… P: ¿Cre vostede que un escritor debe estar com-prometido cos asuntos sociais e políticos que lle toca vivir ou simplemente crear obras literarias de ficción? R: Pode ser que non, hai escritores que se mante-ñen a marxe, porque hai tantos tipos de escrito-res como de persoas. En xeral, cando alguén pen-sa no mundo que o rodea, reflexiona sobre iso (e os escritores de historias teñen que coñecer o mundo que os rodea), pois resulta difícil non ter unha opinión. Logo hai quen se compromete e quen non, depende. De todos os xeitos eu res-pecto o dereito de cada quen a tomar as súas decisións. Por outra banda hai escritores que pensan dun modo e outros do contrario. Eu pen-

Conta saldada

Uns rapaces que pertencen a dous ambientes sociais diferen-tes e teñen, polo tanto, unha visión da vida contraposta. Abonda que un feito imprevisible apareza nas súas vidas para que todo un remuíño de sentimentos afloren neles e descu-bran que quizais ningún dos dous é como pensaba que era. Mudarán as súas afirmacións persoais e comenzarán a abrirse ao mundo e ver aos demais doutro xeito.

Galiza hai moito tempo que non está presente nos debates políti-cos e ideolóxicos en España, quixen plantexar unha visión de España desde aquí e ao presiden-te Zapatero interesoulle.

Revista.pubpágina 5

martes, 29 de mayo de 2012 17:46Cian (C)Magenta (M)Amarillo (Y)Negro (K)

Page 6: xanela 2011

X A N E L A

6

so dun modo absolutamente contrario a escrito-res como Pérez Reverte, por exemplo, e aínda que eu non valore os libros dese autor é un escri-tor moi popular e moi celebrado. P: ¿Vostede, que tamén é profesor, cre que os alumnos/as de hoxe len menos cós de antes ? R: Antes, alomenos na miña infancia, non liamos case nada. Eu lía o que chamaba-mos “contos”, o que agora chamamos banda deseñada, cómics…Empecei a ler libros a iso dos doce ou trece anos. Antes non había bi-bliotecas nin os profesores nos facían ler libros, era outro mundo . P: ¿Que consellos lle daría ao alumnado en can-to á lectura? R: Que saiba que ten que ler, que os anos de es-cola son un privilexio que logo, cando traballe, vai estrañar. Se non gusta dun libro que lle receita-ron na escola que insista e se non dá con el pois que lle pida ao mestre ou mestra outro que lle preste máis. P: ¿Que diferenza hai entre a literatura de Suso de Toro dos primeiros anos de escritor e a súa literatura actual? R: Supoño que as hai e fondas. Pasaron case trin-ta anos entre os primeiros escritos e este último; as persoas cambiamos, abofé. De facer unha lite-ratura máis eléctrica pasei a unha literatura máis acougada. E de facerme preguntas e facerllas e

desconcertar ao lector pasei a ofrecer respostas e

propostas . P: ¿Que tal está a saúde da literatura galega ac-tual? R: Está moi ben en por si, o que ocorre é que está encerrada. O ideal é que houbese literatura de

todo o mundo, e contemporá-nea especialmente, na nosa lingua. Actualmente todos sabemos que a única literatu-ra en galego é a dos escritores galegos, cunhas poucas excep-cións. E iso é unha grave ano-

malía cultural . P: ¿Que lle parece a celebración do Día das Le-tras Galegas ? R: Levo dicindo por escrito desde os anos oitenta que me parece unha celebración tristísima, do modo no que se celebra parece que é un día de defuntos. Estivo moi ben cando se empezou a celebrar desa maneira, non podía ser doutro mo-do, porén desde que hai autonomía e certos ins-trumentos da lingua que non había antes dos anos oitenta do pasado século resulta un día tris-te e que envía unha mensaxe á sociedade de que a nosa lingua é cousa do pasado e un fracaso. Dentro diso, está ben que este ano se lle dedique a un poeta, Lois Pereiro, que, aínda que morreu moi novo, se vivise sería un contemporáneo no-so, unha persoa coma nós . P: Na institucionalización do Día das Letras Galegas tivo moito que ver Francisco Fernán-

Home sen nome.

É de noite en Compostela e Nano, un home algo apocado, cavila es-perto na cama dun hospital. Ao seu lado descansa un vello. De repen-te, algo rompe o silencio das primeiras horas da madrugada: é a voz do ancián que reclama atención, pois é moito o que ten que contar. Así, entre el sono e a vixilia, o delirio e a blasfemia, vai desgranándose a longa historia dese home sen nome que nos seus case cen anos de vida gozou do mal matando e violando, penetrando a carne doente dos vivos para buscar a razón do seu ser.

Aos alumnos diríalles que saiban que teñen que ler, que se non lles gusta o libro que lle receitaron na escola que insistan ata que ato-pen outro que lle preste máis.

Revista.pubpágina 6

martes, 29 de mayo de 2012 17:46Cian (C)Magenta (M)Amarillo (Y)Negro (K)

Page 7: xanela 2011

X A N E L A

7

dez del Riego, que hai uns anos concedeunos unha entrevista para XANELA, e que faleceu re-centemente, que opina vostede deste galeguis-ta? . R: Valoro moitísimo a Del Riego porque sempre

xogou un papel de unir as distintas faccións do

galeguismo, tan enfrontadas sempre. Foi un

home que uniu e construíu.

Dirección Xavier Villaverde Intérpretes Juan Diego Botto (Jacobo) Marta Etu-ra (María) Laura Mañá Luis Tosar (Mateo) Elvira Minguez (Madre) Guión Juan Vicente Pozuelo Curro Royo Fotografía Javier Salmones Música José Nieto Montaje Carmen Frías

O cine réndese a Suso de Toro Continental estrea no festival de cine de Sitges a súa película “Trece badaladas” A película «Trece badaladas» estrearase o próximo 12 de outubro no Festival de Sitges pero a páxina electrónica da produtora Continental xa anuncia en fase de preparación os filmes «Conta saldada» e «A sombra cazadora», dous novos títulos do escritor Suso de Toro, que xa ten comprometidas con outras dúas productoras as novelas «Calzados Lola» e «Non volvas».

Sipnose: Xacobe, un escultor novo, volve á súa cidade natal, Santiago de Compostela, despois de vinte

anos de ausencia, cando descobre que súa nai, a quen cría morta, está en realidade internada nun psi-

quiátrico.

Esta volta vaino obrigar a se enfrontar ao seu pasado, e levarao ó centro dun pesadelo: El é a peza fun-

damental nun labiríntico plan.

Revista.pubpágina 7

martes, 29 de mayo de 2012 17:46Cian (C)Magenta (M)Amarillo (Y)Negro (K)

Page 8: xanela 2011

X A N E L A

8

CCADROADRO DEDE HONRAHONRA

O xurado do concurso de Relato Curto Letras Galegas 2011, convocado no IES A Cachada, acordou ditaminar do seguinte xeito:

1º Ciclo1º Ciclo1º Ciclo1º Ciclo

1º Premio : “ Tristes recordos” de Lois Pimentel Iglesias. 2º Premio : “ O alimento da alma” de Raquel Rodríguez Triñanes. 3º Premio : “Ris con Ras” de María Alborés Lojo. 2º Ciclo2º Ciclo2º Ciclo2º Ciclo

1º Premio : “Con carazo sobre as pálpebras” de Laura Davila Pena. 2º Premio : “Os escombros ” de Javier Outeiral Albarrán. 3º Premio : “Na lembranza” de Laura Triñanes Romero. ex-aequo “O círculo de Nídrax” de Maitane Dacosta Urbieta.

Revista.pubpágina 8

martes, 29 de mayo de 2012 17:46Cian (C)Magenta (M)Amarillo (Y)Negro (K)

Page 9: xanela 2011

X A N E L A

9

O xurado do concurso de Cómic Letras Galegas 2011, convoca-do no IES A Cachada, acordou ditaminar do seguinte xeito:

1º Ciclo1º Ciclo1º Ciclo1º Ciclo

1º Premio : “Salvemos o galego” de Anabel Ces e Raquel Rodríguez Triñanes. 2º Premio : “ A cea de Noiteboa” de Rebeca Resúa Tubío e Ángela Pouso González. 3º Premio : ”Illa perdida” de Laura Hermo Rebollido. 2º Ciclo2º Ciclo2º Ciclo2º Ciclo

1º Premio : Deserto. 2º Premio : Deserto. 3º Premio : “A vida de Nana” de Cristina Núñez Yañez. Ex-aequo “Escapando do zoo” De Mª del Carmen Tarela Silva.

Revista.pubpágina 9

martes, 29 de mayo de 2012 17:46Cian (C)Magenta (M)Amarillo (Y)Negro (K)

Page 10: xanela 2011

X A N E L A

10

O xurado do concurso de Poesía Letras Galegas 2011, convoca-

do no IES A Cachada, acordou ditaminar do seguinte xeito:

1º Ciclo1º Ciclo1º Ciclo1º Ciclo

1º Premio : “As catro imaxes” de Martín Dieste Places. 2º Premio : “Aínda estamos a tempo de cambiar” de Miriam Quintela Triñanes. 3º Premio : ”Sempre amigos” de Lois Pimentel Iglesias. Ex-aequo “ Haití” De Antón Vidal Ferreirós. 2º Ciclo2º Ciclo2º Ciclo2º Ciclo

1º Premio : “Recordos” de María Dieste Places. Ex-aequo “A migración” de Javier Outeiral Albarrán 2º Premio : “ A escuridade” de Laura Triñanes Romero. Ex-aequo “Mirando para os meus pés” De Irene Muñiz Ortiz. 3º Premio : “Os vales tínguense” De Jorge Triñanes Ozores. Ex-aequo “O camiño” De Belén Hermo Rodríguez.

Revista.pubpágina 10

martes, 29 de mayo de 2012 17:46Cian (C)Magenta (M)Amarillo (Y)Negro (K)

Page 11: xanela 2011

X A N E L A

11

Tristes recordos

Lois Pimentel Iglesias

OOOO tempo pasa e todo segue igual. Creo que

non me quere, que só pensa no seu país, na súa

xente, na súa lingua... Teño que darlle tempo, iso

é o que me din os de Asuntos Sociais. Se xa o sei;

pero cada vez que nos atopamos fronte a fronte

desvía a súa mirada e procura non rozarme. Foxe

de min, recházame... Tempo! Se eu quero darlle

tempo, pero non o quero ver sufrir... non sei o

que pensa, o que sente... non o podo ver máis

así! Pero teño a esperanza de que as cousas cam-

bien e algún día chegue a falarme, a expresarme

os seus sentimentos…

Tomás e eu eramos moi felices. Casamos moi

novos. Percorremos o mundo en busca de aven-

turas. Cando xa asentamos a cabeza, como dicían

meus pais, decidimos aumentar a familia. Eramos

novos, tiñamos uns bos traballos, unha casiña ás

aforas de Santiago...todo era estupendo! O tem-

po pasaba, pero a familia non aumentaba.

Visitamos médicos. Seguimos consellos. Pero a

fermosa casa cada vez quedábanos máis e máis

grande. As cousas comezaron a ir mal: angustia,

remordementos, sentimentos de culpabilidade...

A viaxe a Etiopía. Iso xa foi a gota que colmou o

vaso. Tomás non quixo saber nada da adopción.

O tempo foi pasando ata ese horrible día no que

os tres collemos o coche para visitar aos pais de

Tomás. Estabamos enfadados, iso naqueles días

non era raro. Tomás conducía moi á présa, Halam

mareábase, había moita néboa,... a bucina do

camión…

Saímos Mónica (inseparable amiga miña) e máis

eu do aeroporto de Santiago no primeiro voo do

día. Iamos cara a París. Recordo aquel día como

un dos mellores da miña vida. Tíñalle un pánico

tremendo aos avións e por se fora pouco, non era

un voo directo, pero iso non me importaba. Só

quería chegar e velo. Pero... se non me quixera? E

Revista.pubpágina 11

martes, 29 de mayo de 2012 17:46Cian (C)Magenta (M)Amarillo (Y)Negro (K)

Page 12: xanela 2011

X A N E L A

12

se era moi rebelde e xa era moi tarde para cam-

biar o seu comportamento? O que desexaba con

locura era abrazalo, tiñamos tantas gañas dun

neno. Cando chegamos a Etiopía estabamos moi

cansas, pero a ilusión podía con tódolos cansan-

zos posibles. Baixamos do avión. Dirixímonos nun

vello autobús por una estrada moi estreita e con

moitas curvas. A paisaxe impresionaba, ía moita

calor. Chegamos. Eran as catro da mañá. Á maña

seguinte, erguémonos moi cedo: entrevista, visita

polo centro…non daba chegado o momento de

velo. Estaba nerviosa e Mónica notábao, non pa-

raba de dicirme “Tranquila muller, que todo sairá

moi ben” Iso quería eu. E por fin chegou o mo-

mento. Alí estaba unha pequena figura coa mira-

da fixa nun punto perdido. Os encargados do

Centro fixeron as presentacións. Chamábase

Halam e tiña 7 anos. Estaba tan delgado, que

parecía que tan só tiña 4 anos. A súa cara estaba

moi triste e ata me pareceu que lle corría unha

bágoa pola meixela. Estaba delgadísimo! Seguín

as instrucións que me deran os traballadores so-

ciais. Empecei a dicirlle “selam” o que significaría

“ola” no noso idioma. Díxenllo suavemente, moi

despaciño. Non lle dixen nada máis. Apenas o

miraba, como me recomendaran. El a min tam-

pouco. Estivo todo o tempo coa cabeza baixa.

Deille unha lambetada antes de irme, el colleuna

coa man moi tremente, deulle un mordisquiño

diminuto e empezou a chorar. Mordera a lingua!

Eu tívenme que ir porque o contacto tiña que ser

moi pouco xa que era o primeiro día. A primeira

impresión non fora boa de todo, pero non espe-

raba que fora mellor. O segundo día díxenlle ou-

tras tres palabras suavemente. El seguía como

onte, incluso me pareceu velo peor, máis triste,

máis apenado... Antes de marchar, Mónica deulle

un caderno e lapis de cores. El ao ver que lle daba

algo, rechazouno, non o quixo e apartou rapida-

mente a súa man. Comezou a chorar e a chorar.

Ese foi un momento de moita angustia, de desilu-

sión. Fixen de todo para apazugalo, para que

parara de chorar... cada vez era peor. Comecei a

pensar que iso todo da adopción fora un erro. Á

miña cabeza empezaron a chegar preguntas e

máis preguntas. Preguntas con difícil resposta. E

se non me quere? E se xamais consigo que me

fale? E se esa decisión fora un erro? E se por cul-

pa desa decisión ía pasar toda a vida angustiada?

Os días foron pasando. Ao principio os asesores e

psicólogos dicíanme que iso era algo normal.

Mónica intentaba consolarme pero non era sufi-

ciente a súa axuda. Chegou o día 32 que estaba-

mos xuntos. Ese día saímos de Etiopía rumbo á

casa de Santiago. De Tomás apenas tivera noti-

cias, polo que tamén estaba algo baixa de moral.

—————————————————————

Revista.pubpágina 12

martes, 29 de mayo de 2012 17:46Cian (C)Magenta (M)Amarillo (Y)Negro (K)

Page 13: xanela 2011

X A N E L A

13

Na rúa ía frío. Cando cheguei tiña medo de ache-

garlle a miña man á súa. Alí estaba. A súa cara

inspiraba tranquilidade, sosego, calma... parecía

que o mundo se detera con ela. Achegueime,

deille un bico na fría meixela e agarreille a man.

Aquel día, como de costume, conteille moitas

cousas: Sabes que, “mamá”? Hoxe Luíña non

quixo comer o pienso. Debe ser porque está algo

enfadada, xa que hoxe non a saquei a pasear.

Non puiden, sabes? Tiven que ir facer uns reca-

dos e logo xa era moi tarde. Respondeume dese

modo, desde logo, como ti acostumabas dicir,

“Aos cans, polo menos á nosa Luíña, só lle falta

falar”. Ela tamén che quere. Bótache moito de

menos, coma todos. E sabes que? Hoxe veu Qui-

que o do terceiro e trouxo ao seu can Marrón. El

máis Lúa estiveron xogando. Creo que Luíña se

namorou. Cando fun facer os recados ao super-

mercado, atopeime co “Richo”, o panadeiro, pre-

guntoume por ti e deume saúdos. Todos che bo-

tamos moito de menos!

————————————————————

Era xa o cuarto día que eu máis Halam estabamos

na casa xuntos. Non estaba Tomás. Xa case non

nos viamos. Foi o día do seu primeiro baño. A

bañeira xa tiña a auga morna. Eu díxenlle que

tocara a auga. El non quería pero logo de insistir-

lle un pouco, tocouna. Logo de quince intermina-

bles minutos meteuse todo. Non lle gustaba nada

a auga, notábaselle. Facía esforzos por non cho-

rar. O peor momento foi cando lle enxaboei a

cabeza. Parecía que afogaba. Vía a escuma e

movía a cabeza desesperadamente para quitala.

Dábame coa man. Berraba e dicía palabras que

eu non entendía. Xa me estaba dando por venci-

da, pero non había volta atrás. Mónica, coma

sempre, consolábame e dábame ánimos. Ese

mesmo día foramos dar un paseo polo parque.

Todo ía moi ben, parecía feliz, ledo... Nunca o vira

así. Pero coma sempre, cando todo parecía ir á

mellor, pasaba algo que lle daba un xiro por com-

pleto ás cousas. Un can. Estaba paseando Quique

co seu can Marrón que comezou a ladrar moi

forte. Halam asustouse moito. Comezou a chorar.

Que angustia!

——————————-

Revista.pubpágina 13

martes, 29 de mayo de 2012 17:46Cian (C)Magenta (M)Amarillo (Y)Negro (K)

Page 14: xanela 2011

X A N E L A

14

Aquela tarde coma todas as dese fatídico mes de

decembro fun vela. Estaba coma sempre. Coa cara

pálida e coas mans frías e sudorosas. Sempre esta-

ba con ela, polo menos dúas horas. Ás veces levá-

balle música, faláballe ou limitábame a mirala

mentres un mar de ideas e sentimentos percorrían

todo o meu corpo. Desta vez faleille un pouquiño.

Metín a man no peto e saquei unha foto. Mamá,

mira tróuxenche unha cousiña que seguro que che

gusta. É a foto túa e miña no parque. Acórdaste

daquela tarde na que o can de Quique se puxo a

ladrar e eu chorei tanto que ti non me dabas con-

solado. Entón Mónica ao chegar a casa regaloume

una cámara de fotos. Acórdaste? Púxenme tan

contento que estivemos o resto do día sacando

fotos. Mañá vou traer o álbum. Os médicos din

que te vas recuperar. E eu tamén o sei, porque ti

es forte.

—————————————————————

E logo veu a escola, os problemas cos compañei-

ros, que se era de cor, que se era moi feo...

A miña vida estaba adicada a Halam, pero el non

era feliz. Algunhas veces oíao chorar, queixarse

polas noites. Pero eu seguía ao pé da letra as indi-

cacións dos Servizos Sociais: darlle moito cariño e

deixar que se desafogue. Son moitos cambios.

—————————————————————

Ola “mamá”. Hoxe trouxen o álbum de fotos, co-

mo che dixen. Mira, aquí estamos ti mais eu, can-

do aínda tiña oito anos, na casa da avoa. Ese fora

o primeiro día que vira aos avós. Fora un día inol-

vidable. Pasarámolo moi ben todos xuntos. Mira

esta! Aquí estades ti mais Mónica no aeroporto

antes de ir a Etiopía, a por min. E mira esta... fora-

mos ti e eu ao parque acuático no verán. Xa tería

polo menos 13 anos. Fora un día estupendo!

—————————————————————

Recordo esa mañá do mes de xaneiro perfecta-

mente. Fora un día soleado, non ía frío. Fora con

Halam dar un paseo por Lamela, a aldea dos avós.

Recordo que Halam corría moi contento. Pero

como xa se vía vir, caeu. Chorou un pouquiño.

Despois díxenlle “Non pasou nada, que ti es moi

forte”. El parou de chorar e bicoume na meixela. A

primeira vez que me bicara. Esa noite ocorréuse-

me cantarlle unha nana. A partires daquela noite

sempre lle tiña que cantaruxar esa cantiga cada

vez que quería durmir.

—————————————————————

Ola! Non sabes que “mamá”? Os médicos dixeron

que notaron unha melloría en ti. Seguro que sanas

moi pronto! A que non sabes que? Onte á noite

acordeime dunha nana que che gustaba cantarme.

É fermosa. Acórdaste? Escoita mamá, escoita…

Revista.pubpágina 14

martes, 29 de mayo de 2012 17:46Cian (C)Magenta (M)Amarillo (Y)Negro (K)

Page 15: xanela 2011

X A N E L A

15

Halam, Halam, Halam, durme moito /

meu reiciño

Durme moito durme, que mañá /

é un novo día

Halam, Halam, Halam, soña moito/

meu anxiño

Soña moito soña, que mañá /

será un bo día

-“Mamá”?!... Oh Deus meu! Un médico!! É moi

urxente!! Acaba de mover a man, vino perfecta-

mente! Estou segurísimo!!!

—————————————————————

Querido Tomás:

Pois xa ves, Tomás, esta é parte da historia que ti

non coñeces. Hai tres meses que mamá saíu do

coma. É curioso sabes? Os médicos din que posi-

blemente a nana que eu lle cantei e que a ela tan-

tos recordos lle traía, a fixo espertar. Aínda está

moi confusa. Ao principio custoulle acordarse de

todo o que pasara. Os médicos din que co paso do

tempo todo será como antes. Non sabes que mal

o pasei, cando espertou, non me coñecía, ela bus-

caba ao seu Halam, un neno fracucho e pequerre-

chiño ao que fora buscar moi lonxe. Si, Tomás, a

súa memoria retrocedeu no tempo debido ao for-

te golpe do accidente, do cal nós demos saído

ilesos. Pouco a pouco vai asimilando que o seu

Halam xa ten vinte e cinco anos. Creo que non me

quere como antes. Agora tócame a min. Serei eu

quen coide dela.

Revista.pubpágina 15

martes, 29 de mayo de 2012 17:46Cian (C)Magenta (M)Amarillo (Y)Negro (K)

Page 16: xanela 2011

X A N E L A

16

AS CATRO IMAXES

Gustaríame volver ver aquela imaxe, de xa non sei canto tempo nin onde era, só no meu soño vexo as brancas neves do inverno, xunta aquelas árbores esbrancuxadas, onde dous paxariños sobrevoaban aquela.

Gustaríame volver ver aquela margarida, nos verdes prados da primavera, que enfeitaban aquela lagoa máxica, onde os peixes saltaban fóra da auga, coa tarefa de engaiolarme.

Gustaríame volver ver aquela froita, tan saborosa entre aquela fraga verdeira, nos tempos do verán, onde arde súa nai ela quédase, e crea unha nova.

Gustaríame volver ver o vento frioleiro, que esperta as portas do outono, que acompaña o ritmo da chuvia, e que leva todo o que hai no camiño,

mentres eu choro. Martín Dieste Places 1º B

HAITÍ O vento sopra forte, forte coma un furacán. Faise a noite, treme a terra, móvense as casas, os nenos choran, as nais protéxenos.

Cando esperto, abro os ollos, sinto medo, corpos mortos. Escoito choros , oio laios. Antón Vidal Ferreirós 1º C

Revista.pubpágina 16

martes, 29 de mayo de 2012 17:46Cian (C)Magenta (M)Amarillo (Y)Negro (K)

Page 17: xanela 2011

X A N E L A

17

AÍNDA ESTAMOS A TEMPO DE CAMBIAR

Choran as estrelas por ver o mundo en chamas,

tantas ilusións apagadas, ou simplemente abandoadas.

Que foi dos mares, en bágoas afogados?

De tantos lamentos calados? Desas árbores que a avaricia talou?

De tantas vidas coas que a maldade acabou?

Aínda estamos a tempo de cambiar, de devolver ao mundo ao seu lugar.

De atopar esa paz interior, que faga a Terra un lugar mellor. No que vivir signifique disfrutar, e ninguén poida facernos calar.

Acabar con esas barreiras, que non fan máis que facernos sufrir.

Poder dunha vez sorrir, sen importarnos o que poidan dicir.

Miriam Quintela Triñanes 1º B

SEMPRE AMIGOS

O día e a noite pasean collidos da man. O día contento está. A noite agotada vai.

O día e a noite son moi argalleiros Gastan bromas detrás dun loureiro.

O día e a noite son grandes cantautores Interpretan melodías como grandes tenores.

O día e a noite son bos pescadores Pescan peixes de mil e unha cores.

O día e a noite son ben parecidos Sonche os dous moi divertidos!

O día e a noite abrázanse e marchan. O día canso vai. A noite contenta queda.

Lois Pimentel Iglesias 2º C

Revista.pubpágina 17

martes, 29 de mayo de 2012 17:46Cian (C)Magenta (M)Amarillo (Y)Negro (K)

Page 18: xanela 2011

X A N E L A

18

Quero aproveitar a oportunidade que me brinda XANELA para falar dunha compañeira de recordo imborrable: Beatriz Quintela Rúa. Bea, coma a coñecemos todos os que temos a sorte de tratala, foi varios anos pro-fesora de Lingua e Literatura Galega no IES da Cachada, e aínda que xa non estivo connosco estes últimos dous cursos por razón de conciliación familiar, foi este cur-so cando, de forma xa definitiva, nos deixou ao obter un novo destino no concur-so de traslados. Querida por alumnos e profesores traballou arreo, non soamente nos seus labores docentes, senón tamén en todas aqueles actividades que se facían no Centro, sobre todo nas relacionadas coa normalización e dinamización da lingua galega. Sobre as calidades de Bea non é doado de escribir, son tantas e tan elevadas, que máis que este pe-queno artigo faría falta un documento de moitos folios. En certa ocasión unha alumna nova de 1º ESO, que aínda non coñecía o seu nome, veu pregun-

tar por ela e describiuma como morena, alta e guapa. Claro que si, pero se ben a nena tiña razón, esas

non son as virtudes que máis definen a Bea . Os que a coñecemos sabemos que ademais diso, Bea é

unha muller (para min sempre será unha rapasa) emprendedora, intelixente, culta, traballadora, que

recita moi ben e que se leva ben con todo o mundo. Cando chegaba ao departamento, como se

dunha estrela boreal se tratase, traía consigo unha auréola de alegría e vitalidade que irradiaba opti-

mismo e ganas de traballar. Alí, no departamento, faciamos proxectos, concibiamos ideas e materiali-

zabamos traballos, tendo sempre como referencia a normalización e dinamización da lingua galega

( da que tanto ela coma eu somos devotos) : calendarios, revistas, catalogación de libros, cds, dvds… E

cando cumpría, martelo e desparafusador en man, montabamos os mobles modulares que mercara-

mos (estantes, mesa de ordenador etc.)

Pero de todas as calidades de Bea eu quedaríame con dúas: o optimismo e a boa persoa que é. Do seu optimismo, e como paradigma, lembro unha anécdota: Certo día chegou con non boa cara, atopábase mal, doíalle o estomágo. Baixamos á cafetería e tomou unha pastilla. Cando o bo do compri-mido iría polo esófago camiño do estomágo de Bea, vai esta e espétanos “xa estou ben”. Carmela e mais eu mirámonos estupefactos, e eu, que son das terras de Miranda, pensei “ sonche cousas de

Merlín”. Do atributo de ser boa persoa, mellor non escribir nada, porque é algo evidente, que eu sei moi ben e que non me chegaría toda a revista para facer referencia a todos os feitos que o confirman. Bea sempre será unha lembranza inesquecible. Sempre contigo, Bea.

Manuel Román Ramos

Coordinador do Equipo de Dinamización da Lingua Galega

Revista.pubpágina 18

martes, 29 de mayo de 2012 17:46Cian (C)Magenta (M)Amarillo (Y)Negro (K)

Page 19: xanela 2011

X A N E L A

19

Con carazo sobre as pálpebras

Laura Davila Pena

CCCC on carazo sobre as pálpebras, dirixinme

cara a luz que alumeaba o horizonte todo o rápi-

do que o meu maltreito corpo mo permitía. O

esbrancuxado terreo tornábase morado ó meu

paso, mentres o resplandor cara o que me dirixía

parecía cambiar a cada paso a máis débil. Estaría

a perseguir un espellismo, unha ilusión? Non. Era

moito máis probable que foran os meus ollos os

que estivesen a limitar a miña percepción da rea-

lidade.

Os meus pés soterrábanse ata os nocellos, e os

meus magoados xeonllos afondaban tras deles

por mor do meu pesado corpo. O son dos meus

dentes rinchando era a constante banda sonora

da miña longa peregrinación pola ladeira daquel

terreo escarpado. Tiña frío, moito frío. A miña

vestimenta non era a adecuada para soportar

aquelas xélidas temperaturas.

O esplendor inicial daquela paraxe, tornárase nun

intre no decorado do mesmo inferno. Fora tal o

golpe que recibira na cabeza tras do impacto do

vehículo contra as rochas, que a miña mente con-

tinuaba asolagada polas dúbidas e o desconcerto.

Non sabería dicir se perderamos o control por un

problema mecánico ou polas inclemencias do

tempo, mais o que si sabía é que a brusquidade

da colisión trouxera consigo a morte de tódolos

meus compañeiros.

Tratando de baleirar a miña mente de todo o que

non fose dar un novo paso, dirixía montaña abai-

xo o peso case morto do meu corpo cuberto xa

dunha espesa capa de neve. A dor do meu abdo-

me era tan aguda por veces, que dificilmente

daba en sacar forzas de fraqueza para esquecer o

ferro que aínda se aloxaba no meu ventre.

Cada paso convertíase nun desafío, nunha angus-

tiosa punzada de aceda agonía. E sen embargo,

seguía camiñando. Un paso tras doutro. E logo

outro. E outro ... Ata que non dei máis. Non pui-

den. Toda a miña vontade veuse abaixo tralo pe-

so da dor, da fatídica carga do meu corpo esfiaña-

do, e da fonda tristeza da miña ánima polas im-

placables poutas da morte, que chamaba xa ás

portas.

Alí quedei, inmóbil, morto … Ata que un pequeno

e apagado rebumbio xurdiu do meu carón.

Revista.pubpágina 19

martes, 29 de mayo de 2012 17:46Cian (C)Magenta (M)Amarillo (Y)Negro (K)

Page 20: xanela 2011

X A N E L A

20

Espertei espido nun cuarto branco, tombado no

chan, cara arriba. As paredes estaban protexidas

por acolchamentos que facían o lugar mesmo

confortable. A miña cabeza repousaba apoiada

contra unha das paredes, mentres os meus pés

xacían do outro lado. Onde me achaba?

O teito atopábase moi preto da miña cara. Tanto,

que ata o podería alcanzar coa man sen ter que

me erguer. A estancia era realmente cativa, coma

se fose … Coma se fose … Un cadaleito!

Fiquei chantado no sitio. Finaría, ó cabo?

- Ola … Ola … Hai alguén aí? - un sutil chío

xurdiu dun altofalante colocado no teito,

sobre os meus pés.

- Ola … ?

- Дoбрo ПoЖаловaть на наШу планету.

- Que?

- Mы даем вaм тeплыe пpивeтcтвия в звyки

миpa.

- Non entendo o que din. Por favor, déixen-

me saír de aquí! —escoitei como se desco-

nectaba o altofalante.

Debaténdome entre a xenreira e o medo, tratei

de incorporarme.

- Ah …! – o ferro que se desprendera do

meu vehículo continuaba incrustado no

meu ventre.

Tolo agora de medo, alonguei os brazos cara os

laterais do cuarto e apalpei unha e outra vez as

teas que o cubrían, ata que, froito da impaciencia

e do terror, rematei por arrincalas coas unllas.

Tras aquel tecido agochábase un cristal, a través

do que puiden ver ducias de pequenos homiños

con batas brancas buligando polo interior dunha

estancia maior e chea de todo tipo de enxeños de

carácter científico.

- Pero que é isto? Onde estou?!

Rachei todo o tecido que puiden, e á fin me deca-

tei de onde me atopaba. Metéranme no interior

dunha urna de cristal!

Un daqueles diminutos personaxes achegouse ó

meu féretro acristalado e premeu un botón nun

pequeno cadro de mando. Acto seguido, a cáma-

ra na que me atopaba encheuse a modo dun gas

agrisado e inodoro. Sen poder facer nada por

evitalo, volvín sumirme nun profundo sono.

*

Revista.pubpágina 20

martes, 29 de mayo de 2012 17:46Cian (C)Magenta (M)Amarillo (Y)Negro (K)

Page 21: xanela 2011

X A N E L A

21

Espertei tempo despois, sobresaltado pola dor.

Seguía no mesmo sitio, cuberto polos anacos de

tea que arrincara da urna na que me achaba. Algo

cambiara. Fóra, ó lado do meu novo lar de cristal,

ducias de homiños buligaban ó redor dos corpos

finados de dous dos meus compañeiros, que ago-

ra repousaban no chan, dispostos coma míseros

anacos de carne. Coma animais.

O corazón encolléuseme dentro do peito ó con-

templar o arrepiante espectáculo que se estaba a

desenvolver perante min. Unha pequena grúa

móbil turraba do tórax dun dos meus, mentres

aqueles homes pequechos mutilaban o seu corpo

con coitelos longos e afiados. Os meus ollos en-

chéronse de bágoas que remataron por esvarar

polas miñas meixelas cuarteadas por causa do

vento frío.

Saquei forzas do máis fondo do meu interior, pe-

chei os ollos, puxen en tensión tódolos músculos

do meu corpo, e arrinquei o anzol metálico que

levaba cravado dende o accidente no bandullo.

- Ahhhh!

Sen dar tempo a que a dor anegase de novo o

meu corpo, batín con forza unha e outra vez o

teito de cristal cos meus puños. As sacudidas pro-

vocadas polos meus golpes remataron por botar

abaixo a parede da miña esquerda. Zafándome

do tecido que me cubría, reptei polo chan ata o

exterior da urna. Así que me incorporei, notei

como centos de picadas chocaban no meu corpo.

A súa orixe eran pequenas armas que levaban un

grupo de novos homiños agora con vestimentas

verdes, que trataban de cubrir o que adiviñei co-

mo a saída do recinto.

Facendo caso omiso a tódolos padecementos que

estaba a sufrir, avancei á présa cara o portón

aberto protexido tralos meus agresores.

Xa no exterior, apreciei como centos de homes

de distintas dimensións traballaban de xeito con-

xunto para manexar o corpo defunto do meu

terceiro compañeiro. Contra a dereita, tras dun

penedo de rochas e xeo, atopei o meu vehículo

sostido no aire por innumerables cordas.

Sorteando obstáculos de tódalas formas e tama-

ños esparexidos polo terreo, alcancei o meu arte-

facto.

- Vamos, arrinca!

Revista.pubpágina 21

martes, 29 de mayo de 2012 17:46Cian (C)Magenta (M)Amarillo (Y)Negro (K)

Page 22: xanela 2011

X A N E L A

22

A sensación que experimentei ó escoitar o bruído

do motor foi coma se volvese respirar tras pasar

varios minutos mergullado baixo a auga, sen co-

ñecer o paradoiro exacto da superficie, e se che-

garía a ela antes de afogar.

Sen máis demora, puxen rumbo á casa á máxima

velocidade que o vehículo me permitía.

*

Tradución da crónica do periódico “A Gaceta de

Moscova” do día seguinte, relacionada co suceso

antedito:

“… o único suxeito que saíra con vida do brutal

accidente producido antonte en Siberia, na estepa

oriental da Rusia profunda, e que tivo e ten en

vilo a todo o país, deuse á fuga no seu vehículo

antes de poder ser interrogado polos tradutores

especializados …

Tralas autopsias realizadas a dous dos catro espé-

cimes, a información obtida é concluínte. Todos

eles pertencen a unha nova forma de vida desco-

ñecida ata agora no noso planeta. As súas carac-

terísticas físicas principais son morfoloxía huma-

na, con cabeza, torso e catro extremidades; altura

superior ós seis metros, pel verde e sangue cor

morado. O seu achado revolucionou todas as teo-

rías de formulación de hipóteses sobre a existen-

cia de vida extraterrestre…”

MIRANDO PARA OS MEUS PÉS

Mirando para os meus pés, paseo pola rúa, e o carteiro saúdame en castelán,

xa non o quero saudar, non sente a miña negrura.

Mirando para os meus pés, entro na floristería,

pido mapoulas e pirixel, a rapaza venezolana non atina

tereille que falar noutro idioma, non sei.

Mirando para os meus pés, sigo pola rúa, e a uns nenos escoito berrar:

Eh, pásame el balón. Como non, en castelán.

Onde quedou hoxe, a miña lingua?

Onde quedaches, galego? Volve, porque sen ti Galicia está perdida,

Volve, porque falar coa xente en galego quero. Irene Muñiz Ortiz 3º C

Revista.pubpágina 22

martes, 29 de mayo de 2012 17:46Cian (C)Magenta (M)Amarillo (Y)Negro (K)

Page 23: xanela 2011

X A N E L A

23

RECORDOS Ollando ao mar dende a miña xanela cos ollos perdidos na escuridade, busco unha luz de cor amarela co fin de atopar o son da felicidade. Coas bágoas enchendo as miñas pálpebras e néboa envolvendo o meu corazón, recordo que me dicías aquelas palabras cando estabas ao meu carón. Nas cores que pintan o mar vexo o teu rostro ledo, cando te podo deixar de mirar sinto que morro demasiado cedo. Cando oio o vento forte xa non sinto a túa voz, non penso máis ca na morte que me mostra o teu ser precoz. Non son máis recordos que xogan coa miña mente, e quítanme os esforzos de seguir aquí presente. María Dieste Places 3º C

A ESCURIDADE

A escuridade, gran perigo tanto medo e tanta intriga

arrastra ela consigo dos meus ollos, inimiga.

Da noite é aliada

cando a lúa a desafía e xuntas fan trasnadas

antes de que chegue o día

Ampara os seres nocturnos de ocultas intencións

que enchen de murmurios as noites de pouco son.

Asoláganos de dúbidas invade todos os lugares

mais coas estrelas acesas sinto que non son máis que falares

Laura Triñanes Romero 3º C

Revista.pubpágina 23

martes, 29 de mayo de 2012 17:46Cian (C)Magenta (M)Amarillo (Y)Negro (K)

Page 24: xanela 2011

X A N E L A

24

O CAMIÑO Camiños que me levan, camiños que me traen, camiños que veñen, camiños que van. Camiños de pedra, herbas do camiño, camiños de terra, fanse pasiño a pasiño. Peregrino, que canso estás, andando e andando, a Santiago chegarás, sempre camiñando Onde a chuvia é arte, a túa meta encontrarás, máis só en parte, o camiño finalizarás. Cando abraces a Santiago, o Apostol darache felicidade, no teu corazón un afago, e moita tranquilidade. O camiño que rematou, foi longo e duro, e agora que acobou, descansarás sen apuro. Belén Hermo Rodríguez 3º C

A MIGRACIÓN

Unha maleta de Madeira, un saquiño, atado cuns poucos farrapos vellos e un anaquiño de pan frío para a travesía. Rumbo a algures onde o mar nos leve. De aspecto esperpéntico pola fame, fan cola no espigón dun porto, dalgún porto da nosa xeografía. Van e veñen, veñen e van, tentan darlle un sentido á vida, un traballo por traballar un que facer para facer. Amoreados nas adegas, baten uns contra outros. Choros de nenos, berros de enfermos. Nais que intentan calmar os ánimos daqueles homes. Isto foi e será a emigración, que algún día se apoderou da Terra daqueles que coma nós, tiñan fame e desesperación tremenda. Javier Outeiral Albarrán 3º B

Revista.pubpágina 24

martes, 29 de mayo de 2012 17:46Cian (C)Magenta (M)Amarillo (Y)Negro (K)

Page 25: xanela 2011

X A N E L A

25

DON ENRIQUE

“Don Enrique non é alguén fachendoso e soberbio que guste de recibir ese trato de privilexio.

Pola contra, el é home humilde e dado, e, sobre todo, sabe o

lugar que ocupa no mundo. Estou convencida de que no fondo

desa cortesía latexa un chisco de mérito porque todos os alum-

nos queremos e respectamos a este home aparentemente se-

rio e autoritario que manexa a disciplina dun xeito espectacu-

lar. Con el non hai nada que facer dentro do centro. Mesmo os

malotes o adoran porque fóra do recinto escolar e nas excur-

sións exhibe unha amabilidade radiante, sincera e divertida.

Iso si, dentro, impón a súa autoridade e cando ergue a voz tremen as trabes do instituto. As súas repri-

mendas son memorables e o mesmo te pon a recoller papeis polo patio que te fai abrazar a un farol e

permanecer alí durante unha hora. Como digo, don Enrique é don Enrique, un home abundante e bar-

budo, unha especie de papá Noel cunha vitalidade infantil e conmovedora, que adoita compartir estu-

pendos bocatas de tortilla con correctivos aos alumnos nos recreos. A súa voz oxidada parece abrirse

paso entre unha morea de latas baleiras e, a pesar do seu exceso de peso, vén en bicicleta ao centro e

mesmo xoga ao fútbol no patio. Iso si, faino todo cunha seriedade implacable. Tanto dá que estea a

explicar as partes dun átomo como incoando un expediente disciplinario; a súa voz nunca perde ese fío

severo de potestade. Mesmo cando fai unha broma, endexamais ofrece a físgoa dun sorriso ou un ace-

no que poida indicar certa relaxación. O seu proceder sempre é algo solemne e serio.”

Este texto foi escrito tempo atrás por alguén do Instituto, pero como ten plena vixencia dis-

puxemos poñelo aquí para describir a este querido compañeiro que se nos vai. Ben, ir non se nos vai,

porque sempre estará con nós en corpo e alma, o que pasa é que se xubila, pasa a mellor vida. Que se

preparen as robalizas e os congros, e os xabarís e os corzos… con el os pobres pouco teñen que facer.

Unha aperta e felices anos xubilares

Revista.pubpágina 25

martes, 29 de mayo de 2012 17:46Cian (C)Magenta (M)Amarillo (Y)Negro (K)

Page 26: xanela 2011

X A N E L A

26

SSSS an Cristovo de Abanqueiro é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Boiro. Ten 1756 habitantes distribuídos nas seguintes entidades de poboación: Abanqueiro (234), Chancelas ((76), O Chazo (65), Graso (210), A Igrexa (365), Pedra da Bouza (21), Portomouro (36), Quintáns (120), Saltiño (112), San Martiño (177) e Triñáns (340). A súa extensión é de 5,49 km2. É a terceira parroquia do con-cello en canto a densidade de poboación (320,03 h/km2). En tempos do catastro de Ensenada (1753) a freguesía contaba con 179 veciños e 702 habitantes. Can-do se constitúen os actuais concellos, en 1836, na parroquia vivían 168 veciños e 764 habitantes e no censo feito en 1999 tiña 1877 habitantes. A etimoloxía da palabra Abanqueiro non ten que ver co seu significado de fervenza . A hipótese máis aceptada é que deriva de "banco de ostras" debido á abundancia deste marisco no litoral abanqueirés. Desgrazadamente agora é case imposible atopalas debido á recolección masiva. A súa situación fronte á ría de Arousa, orientada ao leste e ao abrigo dos ventos do mar, xunto coa

facilidade de acceso á mesma, fai dela unha parroquia privilexiada que, entre os séculos XVI e XVII era

a principal subministradora do Escabeche Real de Ostras. Remitían as ostras en caixas de carballo que

chegaban a Madrid para forneceren na coresma os xantares da Casa Real dos Austrias, envíos que lles

concedían certos privilexios aos expendedores, como o de seren liberados do servicio militar obrigato-

rio á Armada, prebenda importante esta de eximir o suplicio daquelas galeras que sucaban os mares da

época.

Estudos confirman que as ostras de Abanqueiro eran, en efecto, das máis estimadas de Galicia dende

os tempos latinos. Mesmo no Chronicón Albeldense, este molusco de Bancario – así se rexistraba o

nome de Abanqueiro no século IX –ten a merecida fama dun dos máis cobizados da España goda. Pero

sería a mediados do XIX cando o abuso rematou coa práctica desaparición desde molusco, o que aler-

tou á Coroa a que autorizase a cosnstitución de ostreiros. Así, en 1889, instaláronse na Praia de

Quintáns seis hectáreas de parque nas que, esterilmente, se pretendeu sementar case que un millón

deste animal.

Revista.pubpágina 26

martes, 29 de mayo de 2012 17:46Cian (C)Magenta (M)Amarillo (Y)Negro (K)

Page 27: xanela 2011

X A N E L A

27

Arquitectura relixiosa

A igrexa de San Cristovo de Abanqueiro é románica do XIII,

reconstruída en 1703, cunha fachada principal simétrica:

unha porta rematada en arco de medio punto, con arqui-

voltas e columnas inseridas con relevos no tímpano e, por

riba, un ollo. No adro, restos dun antigo baldaquino de

pedra, con figuras esculpidas nas arquitrabes. Na portada

hai unha inscrición: Año de 1708 se hiço el cuerpo desta

iglesia siendo Ror.Vicente Pérez”. Nun dos canzorros que

ilustran o beiril vese unha muller a se masturbar, algo que non é estraño porque se sabe que nos

adornos románicos era moi dado a introdución deste tipo de erotismos como fórmula para lle ex-

plicar ao pobo a perversidade dos pecados nos que non debían caer.

A charca Na parroquia atópase un espazo coñecido como “A Charca de Abanqueiro” que cons-titúe un pequeno ecosistema con abudante flora e fauna. A súa importancia medioam-biental baséase en ser un lugar de aniña-mento e cría de aves acuáticas, como a gali-ña de río, garza real, cerceta real, becaina e o ánade real entre outra, algunhas delas

protexidas pola lei. Na época de chuvias pode acadar unha extensión de 20.000 metros cadrados, 200 metros de lonxitude máxima e unha anchura entre 60 de 180 metros.

A parroquia está bordeada polo mar, con abun-dantes praias. O terreo é pouco montañoso e só a localidade de San Martiño se atopa na ladeira dun monte. Hai un pequeño porto en Bodión e un embarcadoiro en Angados. As praias de Agañán, Supío, Suquitáns, Furado, Portomouro, Fontenla, Mañóns (recoñecida coa Bandeira Azul), Piñeiro e Ladeira marcan o litoral da pa-rroquia.

Revista.pubpágina 27

martes, 29 de mayo de 2012 17:46Cian (C)Magenta (M)Amarillo (Y)Negro (K)

Page 28: xanela 2011

X A N E L A

28

A mediados do século XVIII, na parroquia non había muí-ños, o que si había eran cincuenta e nove viveiros de ostras e catorce fornos de fabricar tella. Tamén había algunha colmea. Cada colmea daba un beneficio ao ano polo mel e a cera de cinco reais e dezasete maravedís de vellón.

Os dereitos que había impostos sobre as terras do termo eran o décimo e a primicia. O décimo pagábase de dez, un, de todos os froitos: grans, viño, liño, la, años, porcos e tella. Estes divídense en partes da seguinte forma: o cura leva a metade enteira de todos estes décimos. Ademais da meta-de, percibe por si in solidium e por dereito e posesión antiga os décimos enteiros do Casal de Quintáns. A outra metade dos outros décimos, percíbeos o Cabido de Mondoñedo. En canto ás primicias, divíndese igualmente entre os dous. Pa-gan tamén o Voto ao Apóstolo Santiago, que é un terzo dun ferrado de centeo, cada veciño que teña labranza, e aínda hai outros de distinta natureza como son foros, censos, fun-dacións, pensións e memorias pías.

DATOS DO CATASTRO DE ENSENADA 1753

Segundo o catastro de Ensenada “ a freguesía ocupa de territorio o seu termo de norte a sur polo largo tres cuar-tos dunha legua, e de leste a poñente polo ancho un cuarto de legua. Linda, polo leste e sur co mar. Norte coa fregue-sía de San Vicente de Cespón, poñente co Couto de Boiro da Xurisdición do Cabido de Santiago. A súa circunferencia ándase en dúas horas. É a súa figura triangular, composta de varias casas esparexidas”.

O catastro de Ensenada é unha magna indagación catastral dirixida en 1750 polo marqués da Ensena-da, ministro de Facenda de Fernan-do VI. Os traballos de campo pro-longáronse ata 1756. Esta indagación sería a base dunha reforma fiscal na que se pretendía racionalizar e facer máis xusto o sistema contributivo. O obxectivo principal era o de rematar dunha vez por todas coa grande cantidade de impostos que había (alcabalas, décimos, primicias, foros, etc.), moi difíciles de controlar, e que gravaban , especialmente aos máis pobres, mentres que os ricos esta-ban moi beneficiados a causa de que estes impostos asentábase so-bre as producións e bens de consu-mo e non sobre as rendas e ingre-sos netos obtidos pola posesión de fincas e casas. A reforma fiscal consistiría na substitución das ren-das provinciais por un imposto único, a Única Contribución, pro-porcional á riqueza de cada un. Este proxecto fracasou por oposi-ción dos que se opuñan a perder tódolos seus privilexios: a nobreza e o clero. O Catastro converteuse na fonte documental máis importante para coñecer como era a Coroa de Cas-tela a mediados do século XVIII, posto que é un censo de poboación, un censo gandeiro, un censo de explotacións agrarias, un censo industrial, un nomenclátor...

INFORME

Revista.pubpágina 28

martes, 29 de mayo de 2012 17:46Cian (C)Magenta (M)Amarillo (Y)Negro (K)

Page 29: xanela 2011

X A N E L A

29

A peste de 1854

Entre os meses de xullo e outubro, ambos in-clusive, de 1854, a parroquia de Abanqueiro sofre a praga da peste do cólera morbo asiáti-co. Leva por diante a vinte e catro veciños. Al-gunhas familias perden a todos os seus mem-bros. O mes máis virulento foi agosto con once mortos e o peor día foi o 16, que é cando mo-rren catro vítimas da peste, todas do lugar de A Igrexa.

Comezamos a ruta no monte de Exip-to, a carón da capela. Seguindo en dirección a Quintáns, vemos o fermoso cruceiro da Charca e logo visitamos a igrexa parroquial de San Cristovo. No exterior do templo des-tacan os primitivos contrafortes neorrománi-cos que permiten o peso da bóveda de pedra, pero especialmente curiosos son os 28 can-zorros que están entre os beirís. Seguindo camiño imos contemplando casonas e pazos de vellas raizames que lembran a aristocra-

cia histórica da parroquia: Ricoy Borbón, Borrás, Torrado, Ante… Ao chegar ao núcleo de Abanqueiro o máis significativo son as casas asoportaladas, elemento desta-cable da arquitectura tradicional galega. Seguindo cara a Portomouro vemos unhas preciosas vistas da enseada de Rianxo, tendo como fondo a vila de Castelao. De Porto-mouro, beireando o mar, chegamos á praia de Mañóns; en todo este tramo as vistas da Ría son realmente preciosas. Camiño de Chancelas podemos dexergar, no medio dunhas viñas, un pombal do século XVIII. Saímos á estrada Abanqueiro-Triñáns, xusto onda a Charca, ecosistema cunha gran importancia medioambiental por ser lu-gar de aniñamento e cría de aves acuáticas. Seguindo cara a Triñáns podemos ver o bonito cruceiro de capela de Mosquera e ao chegar a Triñáns varios hórreos e cruceiros dentro do mesmo núcleo. Tomamos a estrada de Boiro e ao pouco collemos unha pista en dirección a Graso e de aquí a Exipto, visitando antes a fonte-lavadorio da Tellei-ra, mesmo detrás do Colexio. Rematamos esta ruta na praza de Exipto, a carón da pirámide.

DE SENDEIRISMO POR ABANQUEIRO

Revista.pubpágina 29

martes, 29 de mayo de 2012 17:46Cian (C)Magenta (M)Amarillo (Y)Negro (K)

Page 30: xanela 2011

X A N E L A

30

OBITUARIO No ano 2006, o presidente da Real Academia Galega, Francisco Fernández del Riego, tivo a deferencia de concederlle unha entrevista a XANELA. Na hora do seu pasamento, a nosa revista quere renderlle unha pequena homenaxe a este home que consagrou a súa vida á defensa de Galicia, da súa cultura e do seu idioma. Dise que ninguén é imprescindible, e pode que sexa certo, pero hai xente (homes e mulleres) que son totalmente precisos como guías espirituais e materiais dunha idea ou dunha razón de ser. Don Paco (como lle chamaban, cariñosamente, os que o tra-taban) era un deses homes. Xunto con Murguía, Rosalía, Brañas, Vilar Ponte, Castelao, Otero Pedrayo… soubo manter vivo o fa-cho da esperanza en tempos moi difíciles para a nosa cultura e o noso idioma. Del Riego naceu en Vilanova de Lourenzá (Lugo) e despois de pasar por Santiago, instalouse definitivamente en Vigo. Durante todo o século XX, estivo mergullado en case todas as empresas, proxectos e feitos que se fixeron para manter e dignificar os sinais de identidade de Galicia. Sería im-posible, nin sequera enumeralos todos , pero aí van algúns: secretario xeral das Mocidades Galeguistas en tempos da Segunda República, cofundador da editorial Galaxia e da revista Grial, inspirador da ce-lebración do Día das Letras Galegas, contacto permanente coa Galicia do exilio, en tempos da ditadura (ministro de asuntos exteriores, dicía Ramón Piñeiro) autor de decenas de ensaios, escolmas, prólogos, dicionarios, manuais e artigos de prensa, onde a devoción por Galicia sempre estaba presente. Deixounos o pasado novembro, pero a súa obra , a súa conduta e a súa firmeza na defensa dos derei-tos do pobo galego quedarán con nós para que Galicia viva mil primaveras máis, tal e como reclamaba o seu íntimo amigo, Álvaro Cunqueiro. Foi un home fiel ao seu país , ás súas esencias e á súa identidade. Como el nos dicía:

Pertenzo ao mundo galego. Naturalmente loito porque se lle recoñezan os seus dereitos. O contido do meu pensar céntra-se no feito de que o noso país ten unhas características esenciais que se lle negaron ao longo de moitas décadas, pola interferencia dominante de intereses foráneos.

Revista.pubpágina 30

martes, 29 de mayo de 2012 17:46Cian (C)Magenta (M)Amarillo (Y)Negro (K)

Page 31: xanela 2011

X A N E L A

31

LLLL ois Pereiro Sánchez naceu no ano 1958 en Morforte de

Lemos. Morreu o vinte e catro de maio do ano 1996,cando entraba na súa plena madurez literaria.

A causa da súa morte foi o envelenamento con aceite de colza desnaturalizado. Curiosamente o

mesmo día da súa morte,fíxose pública a sentenza sobre o caso da colza: na súa vida houbo ironía

por todas partes,ata o último día.

Lois foi un escritor e poeta galego. Aos dezasete anos viaxou a Madrid para continuar estudando

na Escola Oficial de Idiomas. Alí xunto con Antón Patiño, Manuel Rivas e o seu irmán Xosé Manuel

Pereiro fundou a revista Loia. Lois fixo de letrista con Radio Océano e redactou guions televisivos.

De volta a Galicia colaborou no mantemento da revista Luzes de Galicia, onde se publicaron os

oito primeiros capítulos da novela inconclusa Náufragos do Paraíso. Tamén participou en varias

antoloxías coma De amor e desamor, en 1984, e De amor e desamor II ,en 1985.

Nunca lle gustou publicar os seus traballos individualmente. De feito Lois antes de morrer, só viu

publicados dous dos seus poemarios, na editorial Positivas: Poemas 1981/1991 (1992) e tres anos

despois volveuse publicar outro dos seus traballos,Poesía última de amor e enfermidade

1992/1995 (1995). No ano 1996,ano da súa morte, saíu á luz Poemas para unha Loia,que recolle

obras da época madrileña,publicadas na revista Loia,e que inclúe o ensaio Modesta proposición

para renunciar a facer xirar a roda hidráulica dunha cíclica historia universal da infancia.

If I die before I Wake…

O pasado apodrece baixo terra e o presente non flúe, é un río morto. Pero esta vez non haberá resurrección e o futuro é por forza alleo a min.

Revista.pubpágina 31

martes, 29 de mayo de 2012 17:46Cian (C)Magenta (M)Amarillo (Y)Negro (K)

Page 32: xanela 2011

X A N E L A

32

Nos últimos anos víñase reivindicando a dedicación do Día das Letras Galegas a este poeta monfortino. No marco desa campaña sitúase o documento Lois Pereiro: Contra a Morte, así como unha reedición da súa obra poética verquida a diferentes idiomas como o castelán,o catalán e o vasco, xunto cos tex-tos orixinais en galego. Finalmente, o 26 de xuño de 2010 , catorce anos despois da súa morte, a Real Academia Galega publi-cou a súa decisión de adicarlle o Día das Letras Galegas do 2011 e sinala o seguinte: Lois Pereiro car-

tagrafou coma ninguén o labirinto do mundo contemporáneo conciliando para tal fin o individualis-

mo escéptico coa tradición demoledora do espresionismo non posmodernismo,e desexosa de ato-

parse nun discurso reflexivo, acuciante e non retardario. . O escritor e membro da RAG Manuel Rivas, amigo de Lois, dixo : Adicarlle a Lois o Día das Letras 2011

foi unha decisión valente da Academia porque é un autor de culto,pero en canto se difunda a súa

obra será un autor moi popular.

Na pedra da tumba do noso autor homenaxeado este ano está gravada unha mensaxe un tanto sor-

prendente que nos amosa a crudeza e a desnudez da súa poesía, xa que nos di o seguinte: ¨Cuspídeme

enriba cando pasedes por diante do lugar onde eu repouse,enviándome unha húmida mensaxe de vida

e de furia necesaria¨.

Sinten o fíos do día caír na súa estructura destecida os cinco dedos fríos da noite dixital que me persigue cos seus galgos de sombra vixiante. E a miña imaxe vaise cara á noite sen a lus que a limita medrando nesa tebra familiar.

Revista.pubpágina 32

martes, 29 de mayo de 2012 17:46Cian (C)Magenta (M)Amarillo (Y)Negro (K)

Page 33: xanela 2011

X A N E L A

33

Nada Cun saúdo ó corpo á terra e Nada déronlle terra estraña á frol maldita da súa peor imaxe ó seu cadavre en plena posesión do seu futuro aduviñándose na súa pel o alento envolto en seda dunha amante presente na súa ausencia as mans xeadas un perfumo mortal e outra vez nada.

Poema para P. ós trinta e un anos camiño do ceo Se a morte é un incidente necesario que me penetre calada e sen furia a traizón e uniformemente cruel co suor que polas noites crea o fracaso dun corpo que coñece os seus dominios vencido pola ofensa continuada dos feitos. E así desculpará a miña derrota o medo que non sinto xa por ti.

XXI A súa beleza cereal e ximnástica, esa culta enerxía, dermicamente firme, e mentalmente etérea ven cara a min e atravesa comigo a música do aire e a súa vida segue o seu camiño, indiferente, allea á miña morte, á miña vida. E aquí estou eu con ela dentro sempre insomne e irredenta como única compaña unha vez máis; a enfermidade.

Poema a Ánxel Fole E líquidos telúricos, a terra que se soña a si mesma e se fai lenda. O murmurio invernal o vran no voo das vésporas ó sol e o lume coa viciosa liturxia do candil Sombras letais na quente perspectiva das lareiras ceremonia das intrigas da infancia Algo para crer algo auto de fé. Terra e máis terra brava brava mais maina e cruel violenta, visceral, secreta, infame, inmemorial, amada, fole, a terra anxel, fole e a morte a morte anxel a morte en ti The end.

Revista.pubpágina 33

martes, 29 de mayo de 2012 17:46Cian (C)Magenta (M)Amarillo (Y)Negro (K)

Page 34: xanela 2011

X A N E L A

34

Xentes do BarbanzaXentes do Barbanza

Xoán Fernández

Page 35: xanela 2011

ERROR: typecheckOFFENDING COMMAND: mul

STACK:

255 [0.25 0.0 0.0 -0.25 0.0 7016.67 ]50