a xanela - betanzos

34
A Xanela Revista cultural das Mariñas Nº 20 OUTONO 2005

Upload: others

Post on 16-Oct-2021

8 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: A Xanela - Betanzos

A XanelaRevista cultural das Mariñas

Nº 20 OUTONO 2005

Page 2: A Xanela - Betanzos

1A Xanela Outono 2005

COLABORACIÓNSMedos Romero, Paulo Martínez Lema, Lois Diéguez, Gabriela Rodríguez, Fernando Díaz-Castroverde, AnaBarral, Alexandre Nerium, Maxi Rei, Luciano Maia, Xavier Queipo e alumnos do seu curso, Maria VirgíniaMonteiro, João de Castro Nunes, Antón Fafián Porto, Xosé Mª Veiga Ferreira, Juan Sobrino Ceballos, XesúsTorres Regueiro, Alfredo Erias, Víctor Tizón, Xosé Luis Sobrino e Baraxeiro.

TEXTOSOliveira Guerra, Víctor Luis Molinari

DESEÑOSVíctor Tizón, Luis Otero, Calros Silvar, A. Erias e

Olaia Torres

COORDENASuso Torres

IMPRIME Lugami, Artes Gráficas. Betanzos

A.C. EIRA VELLA. Edificio das Antigas Escolas do Asilo, baixo.

Praza do Mestre José Dapena. BETANZOS 15300. GALICIA.

FOTOGRAFÍASJosé Suárez, Ramón Dimas, Baraxeiro, Veiga e

Arquivo Eira Vella

MAQUETAEquipo Xerri

D.L.

C - 1696 /96

DE VOLTA DA FONTE DO CAMPOFOTO DE JOSÉ SUÁREZ, ANOS 60

A XanelaRevista cultural das Mariñas

Nº 20 OUTONO 2005

Permítese e agradécese a reproducción, citando a procedencia.

O noso E-mail: [email protected]

Page 3: A Xanela - Betanzos

2A Xanela Outono 2005

Agradecementos:A todos os anunciantes (locais

comerciais, empresas e entidades) que fanposible a saída dun novo número de A Xanela,pola súa fidelidade e colaboración.

A todas as persoas que teñen colaboradoe participado nos últimos meses nas actividadesda nosa asociación cultural e moi especialmentea: Antón Malde, Xaquín Marín e o Museo deHumor de Fene, Xosé Luis Axeitos e MiroCasabella.

Á Deputación Provincial da Coruña e áDirección Xeral de Política Lingüística da Xuntade Galicia, polas axudas concedidas para aedición da revista A Xanela neste ano e ediciónfacsimilar da conferencia de Rodolfo Pradasobre Antolín Faraldo.

Á Concellaría de Cultura do Concello deBetanzos pola súa axuda para a organizacióndas 1ªs. Xornadas de Historia "Bisbarra deBetanzos" e para unha edición de postaisdivulgativas de Betanzos.

Relacións galego-portuguesas:A Asociación Cultural Eira Vella contribuíu

á divulgación, distribución e espallamento dunpequeno fondo existente da revista Céltica,publicada no Porto a comezos dos anos sesentapolo entusiasta da Galicia Oliveira Guerra, dequen se fala neste número.

Felicitacións:Ao Centro Betanzos de Bos Aires,

representante do colectivo betanceiro emigradona Arxentina, pola súa centenaria actividadesocietaria que vai conmemorar o 5 de decembro.

MISCELÁNEA

Víctor Tizón

Eira Vella tamén na CoruñaNa Coruña, cun alcalde que non cumpre a

lei (a de Normalización Lingüística, polo menos)non é doado atopar exemplos claros de ruas ouprazas en galego, agás excepcións tipo AGaiteira ou O Montiño. Se ata a antiga rúa dosAlcabeleiros a convertiron en Calle Caballeros!Daí a nosa ledicia por atopar esta EIRA VELLA,que é tamén o nome da nosa asociación editoradesta revista. Claro que para iso hai que ir daraos suburbios, neste caso da parroquia deVisma.

Intercambios:A Xanela intercámbiase con outras

publicación culturais de calquer ámbito. Parasolicitar intercambio dirixirse ao noso enderezo:

A.C. Eira VellaPraza do Mestre José Dapena 1Antigas Escolas do Asilo, baixo.15300. Betanzos

Ou ao noso correo electrónico:http: [email protected]

Page 4: A Xanela - Betanzos

3A Xanela Outono 2005

CREACIÓN

Requiem

Medos Romero

Foi a vertixe a súa visión naquel movimento estraño,no zarandeo do corpo penceando aínda da árborecos ollos abertos e cristalinos. Foi iso a vertixe, ospes penceando inertes do ar, a cianose da faciana,as mans algo pechadas, sobre todo aquel acenolene aínda, o acto reflexo dos nervos, a ausencia ensegundos da vida, a irreparable perda... E seica foioutra vez o río, ou esta maldita tristura que te afoganeste lugar, a néboaabafante que se adentranun e che fai perder aansia sumíndote nunhamelancolía insoportábel.Así é un ano tras outro,nas augas profundas, naribeira dos regatos,contra das penasmesmo, unha desganaoutonal como unhacanción agochada quenunca remata, un vermede desgracia que se cheadentra e te vai minandopor dentro, pudríndocheo corazón, as vísceras,a cabeza… Daquela écando chaman por ti asvoces dos afastados nanéboa, no limo, nogoldrío das correntes,nas pozas profundasonde tamén roibean as penas. E es capaz de ouvircomo te nomean do seu ventre o frío das canteiras,e ante a súa insistencia, e co poder hipnótico damourume saes da casa, abandoas todo (iso creneles, por non pensar na culpa de non facerte acasofeliz, tan só unha miaxa, tan só un bocadiño denada). ¿Quén te acollerá na túa valentía, no teuarrebato, na túa desesperante loucura? As cordasdeixan a presión, as formas dun nó sobre da gorxa.Levas a barba de días, dos días que se acabaron.Vémolos nos surcos dos teus beizos aínda mornos.Ollámoste mudos, aí de pé tan alto e longo, agoradegolado e feble, coma un Cristo vello, e ela aMagdalena aos teus pes ¿cómo se soporta ver o

fillo morto, vencido, acabado, se ela lle deu vida,como? É desgarrador. Danos medo, e un inquedolamento se apodera de todos. Non só por el, non. Adesgracia é colectiva, non é aillada. Outro cairá ópaso dos meses. Quizabes sexa eu, ou ese que ficaá miña beira mesmo. Calquera de nós, non selibrará deste cancro de friaxe, desta lama, e da láque se alimenta baixo os carballos do inverno. Aquí

non fica unha terra deluz, non. Aquí asp o n z o ñ e n t a ssemesugas soñan abrancura mol duncorpo. A touza baixoterra ergue redes queatrapan e engulen congosto e precisión. Ospeixes teñen os ollosvidrados e un lombodunha cuartaestrelado, a boca máismoura que poidaimaxinar, e até aspedras se recobrendunha baba escura elimoenta que esvara emedra de si. Foi asícomo a nai pideu queas augas parasen porsempre de ruxir desdeo alto da presa (vina

eu mesma, pedilo axeonllada e coas mans dereitas).Foi así como nos foi esquecendo a escuma dossaltos estourando pola túa memoria dos teus díasacabados, e quen sabe quizabes algo felices. Foiasí como se torou o carballo até o castigo doposíbel olvido, até a dor de desangralo do seu mal–el, que te acolleu no teu último pensamento–.Cortámolo para facer del lume que te esqueza,palabras en charetas para outros soños, nomespropios doutras novas árbores. Cortamos o coucea rás da terra cos seus aneis de anos acabados.Toramos os seus brazos castigados para que nonsosteñan o peso insoportábel de ningún outro homedesarmado da razón. Coas follas aínda vivas

Page 5: A Xanela - Betanzos

4A Xanela Outono 2005

fixemos unha canción triste e fermosa. Todas ascancións de follas son fermosas, pola suavidade daalma na súa aprendizaxe de andaravías. Eadentrouse algo de luz no pequeño fraguío. E aíndaasí revocouse toda arredor a posibilidade de quenon retoñases de novo. ¡Que inxenuos somostodos, como se así fósemos capaces de acalar ador e que non retoñe co paso do tempo dentro danai e de nós. Matamos os nervos da vella árbore, osseus nós, o cerne mesmo, a corteza dura, o poderdo seu desafío, con firmeza, en sinal de que nonquede sinal para seguir vivindo, en sinal quizabesde castigo para un vello tentador de homes. Aíndaasí houbo quen do desatino. Houbo quen de chorara árbore, de desafiar a razón. Foi así como aquelaprendiz de gaiteiro que nunca apalpou o nó dunbuxo en vivo se puxo a tocar aquel himno, a marchado antigo reino dos carballos, el, que nunca correua sorte con ilusión dos bailaretes, nin sabe daprofundidade que alcanzan as súas raices ao pedas leiras, nin apañou a presadas nas landes paraos porcos, nin acaso veu facer as cambas das

rodas dun carro de carballo, ou apreciar que a súaleña quenta ben menos que a leña de toxo, el, quenon soubo da dureza para anavallar o seu nome nacarne da pereira, si, este home tan doído que nonapañou follas para facer esterco, foi capaz dedoerse da árbore. Dígoo eu, que levei toros debidueira noviña protexéndome os pes, comonaquela vella película italiana que se titulaba «Aárbore dos zocos», eu, que amei infinitamente assúas follas marelas, a casca abrancazada áintemperie do inverno e envexei a súa belezaconcisa e espida. Quizabes tamén meu pai roubarabidueiras noviñas para nos calzar –estou seguradelo–. E téñome abrazado para gañar a súa forzaao corpo mesmo dun pradairo e dos castiñeirospara alentar algo máis de vida... El, ante os ollosatónitos do noso pequeno mundo, postrou o seupranto naquel oco baldeiro. Atónitos, feridos,ouvimos aquel son necio e estúpido que non chorabapor un home nin tampouco por nós. Emocionado efebril tocaba o requiem por un carballo caído.

Muller vermella entre as abidueiras

mais a noite asexa exhausta entre os dedos do harpista cego

replégome sobre o límite dos teus labios, esa auga

sentes nas nosas pálpebras as vellas cidades de vidro?

séntesme emerxendo desde o cántico dos mouchos?

non esquezas como estalaban entre a néboa os esqueletes das casas negras

como nos fitaba avoa anicada onda a lareira vacía

(fermosa a sua cofia como neve no lombo das eguas)

ela que era o silencio e a palabra inminente

mentres o vento chamava incansábel por ti desde o centro do milleiral

e nalgures había un lago, fermosa,

sempre hai un lago e un verso amargo como zume de landra

e nalgures tamén forxas vermellas deusas entre as abidueiras

esas que te cinxen agora cun río de risos distantes

lémbrao agora que latexas, amor, aínda e por sempre incompleta coma o retorno

Paulo Martínez Lema

Ilustración: LUIS OTERO

Page 6: A Xanela - Betanzos

«Ñan, ñan, ñan... merda !»«Ñan, ñan, ñan... merda !»

Asi murmuraba o Pita Podre cada mañá,mentres concentraba os contedores do lixo nomeio da avenida á hora en que se enchia de cochese de xente. Ía el vestido cun traxe de buzoraibosamente amarelo, co seu tubo para respirar eas luvas grandes para non luxar as mans.

Catro minutos exactamente lle duraba aoperación, mentres berraban as bucinas dos cochese os chauferes o insultaban con carraxe. O PitaPodre facia asi coa boca, «ñan, ñan, ñan..., ñan,ñan, ñan», e botaba-lles o contido das bolsas dolixo aos máis cabreados mentres lles cantaba:

merda merda, merda de cadelaxa que a fixeche tes que comé la.

A policia non lograba pillar o Pita Podre,pois aparecia en calquer ponto conflitivo no quehoubese máis concentración de cheirentoscontedores para desaparecer aos catro minutos. Averdade é que a cidade fedia tanto que comezabaa xente a non querer sair das suas casas.

O Pita Podre

Lois Diéguez

E despois duns meses, milagrosamente,comezou a arrecender a rosas precisamente noslugares onde o Pita Podre amoreara os contedores.Pero antes xa tiña acontecido o que de seguido vosconto.

Un dia viron todos como o Pita Podre, coseu buzo raibosamente amarelo e as grandesluvas, cabalgaba penosamente sobre os cables daluz que comunicaban co edifício da consellaria deMeio Ambiente. Levaba catro bolsas de lixo colgadasdunha corda que atara á sua cintura. Como fedian !Mais a curiosidade foi xuntando a xente. O PitaPodre avanzaba con grande perigo de se cair. Enestas que aparece un policia. Dun brinco logracoller a corda coas bolsas do lixo, e tira. O toliño caino asfalto como unha perdiz tiroteada. Por tras docasco corre-lle un fio de sangue. Cando o policia llesaca o casco ven todos unha cara branca de ollosazuis, co pelo loiro como o sol. E cando na sala deautópsias o ispen, asoman as asas de prata eabren-se, e sobe el, sobe como unha cegoña, atéperder-se no azul intenso da primavera.

Orbazai, 11 de novembro de 1998DIA DOS TOLOS.

Ilustración: LUIS OTERO

5A Xanela Outono 2005

Page 7: A Xanela - Betanzos

VIN NO VENTRE escuro da nao,

nesta armazón de auga e ferro,

no armario de anzois e primeiros

auxilios,

agochado palpo o rugor das horas.

Baremando o equilibrio do peixe,

con acoso de rede ou arpón,

aquí veño, na caverna do tacto.

E chego para vigos ou burelas,

aldeas de lus que descen da montaña

absorta,

algún día territorio de vaca e millo,

un avó de todos recontando o fulgor

das leiras nas chairas, construindo

cabazos, zocos, cestos e carros para todos.

Veño nesta placenta incerta,

polizón e pirata sementando ardoras

no centro da noite ancha.

Fernando Díaz-Castroverde

Vida

Nesta noite inqueda de fuxidas

na que o insomnio me prende as pálpebras

como o lume de San Xoán

liberando as meigas fora dos soños,

teño un sorbo de luar

collido dos nocellos

que me ilumina as vísceras verticalmente

de abaixo a arriba

cun sopro tan tenue

que non me reflexa nos espellos

do meu cuarto.

Estou soa na escuridade

da pixama de flanela

cravándome as unllas na carne

e quitándome dos ocos da cabeza

o emplasto de cuncha de tartaruga

e cabeza de avestruz

e vexo na escuridade,

no profundo averno negro,

unha migalla de maldade,

de rancor,

de mal xenio,

de vinganza,

de temor,

de dor,

de tristura

quizais de amor, nalgún desliz.

Pero ó fondo,

na derradeira flegma,

no recuncho máis indómito,

no lodeiro máis basto,

alí ó final

vexo un dexergo de esperanza

que ten a miña sombra debuxada.

Gabriela RodríguezIlustración: OLAIA

6A Xanela Outono 2005

Page 8: A Xanela - Betanzos

7A Xanela Outono 2005

NUN MUNDO espido

brindamos na barra da lúa,

con todos os balcóns abertos ó mar,

con todas as vidas amencidas en xeo

e os ollos procurando segredos,

buscando axuda na loucura.

Apertamos as mans nun repertorio de noites

que parten en todas direccións.

Arrástranos despois o tempo

cada mañá.

Vivimos.

Aceptamos que cerramos portas detrás,

que non hai regreso.

De repente,

perdemos todo.

Sorprendémonos deslizando os dedos polas costas da lúa.

Esvaramos.

Adeus.

Ana Barral

Unha aperta

Debúllanseme as bágoas no rostro da memoria,

chafarices de mágoas acendendo a lareira,

gumes enferruxados na friaxe da aurora

onde a tersura labra negras ondas esgrevias.

¡Canta humilde palabra na terra axeonllada

batendo nos valados os xugos contra as pedras!,

¡cantos fieis cavadoiros chorando nos recantos!,

¡cantos tristes mulidos cargados de paciencia!

Decruamos degoiros coa fame omnipresente

de salgados laídos nos estigmas da area,

peneiramos os loiros cabelos das espigas

nos delampos perdidos da tarde treboenta,

esgazamos os coiros na bravura do tempo

cos pés aterecidos, exhaustos na pobreza.

Alexandre Nerium

De Vagas en espiral

Page 9: A Xanela - Betanzos

8A Xanela Outono 2005

Xullo de 1999, morreu a señora Elvira da Malata

A veces é preciso deter un mediodía

Botar a cabeza fóra do tren do tempo

E encher os pulmóns da máis xélida eternidade branquecina

Para entender que non haxa máis postas do sol alén dos catro camiños

E a morte volvénos a por os ollos no océano branco da verdade

Ollar a túa casiña de pedra, núa

como unha estrela que trema de medo no ceo de decembro

e saben as pedras das paredes canta esperanza os teus ollos nelas, apousaron

canta sabiduría que había nas túas mans,

a maxia dos teus dedos campesiños, na brancura farturenta do leite

¡queixos de Vizoño, da señora Elvira, que este sexa o voso verso!

E eu era aquel neniño que corría dun lado para outro

Aquel neno ó que lle gustaba untar no pan os queixos que con tanto cariño facías

Aquel neno que aínda se lembra do teu sorriso de muller labrega

E agora son o que fago as palabras para meter no medio do pan da voz

E que nunca, e que nunca,

O silencio faga esquecer as cousas que tanto quixemos

Maxi Rei

A vocação da poesia

Tudo que anseia regressar.

Nada do que nos chega sem sofreguidão.

O cansaço dos astros, o abandono da tarde.

A lembrança sem remédio.

A hora antepassada, a dor futura.

A adivinhação dos instantes.

Tudo que anseia regressar.

Luciano Maia

Fortaleza (Brasil)

Page 10: A Xanela - Betanzos

9A Xanela Outono 2005

Haikus

A natureza é fonte de inspiración clásica dos haikus, poemas que teñen unha medida fixa de dazasetesílabas distribuídas en tres versos de cinco, sete e cinco sílabas . Esta medida adaptase moi ben a línguasque, como o xaponés ou mesmo o inglés, teñen unha gran cantidade de palabras que se pronuncian nungolpe de voz único. Na temática, os haikus, inspirados no budismo zen, teñen á natureza e as súas variaciónscomo fonte inesgotábel de inspiración. Ou sexa, que para que unha estrofa de tres versos e dazasete silabassexa un haiku e non calquera outra cousa, a temática ten que se cinguir á celebración da natureza. Ossentimentos como a violencia e o amor (considerado como unha forma de violencia) están, pois, vedadoscomo temática posibel dun haiku. Para min teñen como importancia o seren exercicios de contencióncapaces de transmitir nunhas poucas palabras o abraio que se sinte diante da natureza e as súas marabillas.

Van a seguir tres haikus propios e aqueles que os alumnos compuxeron no Obradoiro de Microliteraturaorganizado pola Concellería de Xuventude e Normalización Lingüística do Concello de Betanzos en Xullo de2005, que tiven a honra de partillar.

IUn gran carballo

Estendendo as pólasO lago treme.

IINa primavera

Cando agroman os bambúsO vento canta.

IIIChega o outono

O salgueiro chorónBica o lago

Xavier Queipo

Chega o outono

a última flor caeu

cando as bágoas

Tita e Henrique

Chega o outono

amarelando o chan

a vida durme

Antón e Luis

Chega o outono

as follas rolan no chan

brúa o vento

Pilar Ilustración: LUIS OTERO

Page 11: A Xanela - Betanzos

10A Xanela Outono 2005

LETRAS DE PORTUGAL"Nihil"

"J´oublie, j´oublie toujors

que j´ignore le chemin

et que je n´ai pas de cheval ailé"

Rabindranath Tagore

alguma coisa vem

e é mistura

e é metade grave

metade, imatura

nenhuma solução

nenhuma apenas chave

de torre alta e pura

de escura e funda cave

na interminada busca

no atravessar do muro

só a incerteza cabe

inteira. Sou a prece

o canto a peregrina

cansada da viagem

- a última e a primeira

(e rezo e ajoelho, Jerusalém de mim)

detrás do alto muro

aos desertos, às miragens

areias escaldantes

- Jordão sem cor nem margens -

e a torre de marfim

e rezo e ajoelho Jerusalém de mim

já rotas nas areias

as botas caminhantes

o nada já futuro

e tudo-nada o dantes

Maria Virgínia Monteiro21-04-05

Maria de Lourdes

A Manolo Fernández

A pétrea Compostela de granito

com suas praças, ruas, soportais

desperta em mim, por causas pessoais,

a sensação telúrica de um mito.

Os anos que passei celeremente

naquela austera e mística cidade

com meu amor, em plena mocidade,

estão de pedra e cal na minha mente.

Evoco-a nos salões da Rosaleda

e sob os velhos choupos da Alameda

em toda a sua céltica beleza.

Sorrindo meigamente, à portuguesa,

nunca talvez se visse em Compostela

rosto tão lindo e alma como a dela!

João de Castro NunesIlustración: OLAIA

Page 12: A Xanela - Betanzos

11A Xanela Outono 2005

º

O dezanove de novembro cumpriuse o terceiroaniversario do afundimento do Prestige que afectoumaioritariamene a costa galega e en menor medidaa portuguesa e francesa.

Logo deste tempo, a mellora visual da nosacosta é evidente ainda que baixo os penedos, noscantís e nas praias ainda quede moito chapapote.Algunhas cousas máis mudaron, entre elas osgobernos que mandaban na época e que foronresponsables das ordes dadas durante eses díaspara xestionar a crise.

A día de hoxe,pescadores e marisca-dores quéixanse dundescenso das capturaspronunciado e constan-te nestes tres anos, ain-da que afectando dexeito diferente segundoas especies; chegandonos casos máis gravesá practica desaparición.

Aos efectosambientais inmediatos efuturos sobre o medio esobre as xentes queloitaron contra o fuelcompre engadir ossociais: moita xente tivoe ten que emigrar parasostela familia; e son as illas Canarias ou asBaleares os destinos maiormente escollidos.

Pero un fenómeno está a multiplicarse nosderradeiros anos: a proliferación de proxectosurbanísticos en toda a nosa costa.

Segundo comentan nos medios os entendi-dos, ao fenómeno sobradamente coñecido do «feis-mo urbanístico» (por non chamarlle «vista gordamunicipal» ou «ti fai o que queiras… namentrasnon te denuncien os veciños»…) estáselle a sumaragora o das urbanizacións, nuns casos engadindocampo de golf e a maiores, incluso porto deportivose deixan... Hai quen relaciona este fenómenoindirectamente coa masiva chegada dos volunta-rios para a recollida do chapapote que deu a

ECOLOXÍA

Do petróleo do "Prestige"

ao formigón e os campos de golf

Antón Fafián Porto

coñecer zonas do litoral que previamente eran

cáseque descoñecidas polas guías turísticas. Al-

gúns voluntarios chegaron a mercar pisos,

casas…que antes levaban anos sen ter a quen

vender os veciños ainda que os precios eran

baixos comparados con outras zonas do país. En

pouco tempo non quedaba prácticamente nada a

venda nas vilas afectadas polo "Prestige".

Pero o escaparate que supuxeron os me-

dios de comunicación para as nosas costas e o

boca a boca dos volun-

tarios falando de luga-

res case virxes, sen ma-

sificacións, cunha

gastronomía incompa-

rable incrementaron o

interese dalgúns secto-

res que ata entón opta-

ban preferentemente

pola costa mediterrá-

nea e andaluza e que

xa empezan a estar

máis que masificadas e

estragadas.

Se a isto suma-

mos a rapidez da comu-

nicación coa meseta

pola finalización das

autovías, é a nosa terra

un obxetivo máis que

apetecible para as grandes inmobiliarias e

constructoras. Dende logo o fenómeno non é

novo, lembro que no ano 1999, a unha compañeira

de facultade, ao rematala carreira, ofreceranlle un

traballo a través dunha empresa de traballo

temporal que consistía, máis ou menos, en ir

polos concellos da costa de Galicia recopilando

datos municipais ata onde legalmente puidese de

terreos para urbanizar, solares… a empresa era

de Madrid.

O Colexio de Arquitectos de Galicia leva

tempo denunciando a pasividade que as

autoridades estan a ter coas infraccións

urbanísticas: «estamos a acabar coa Galicia

idílica».

PRAIA DE LAGOSTEIRA (FISTERRA) UN DOS PUNTOSDA COSTA DA MORTE ONDE ESTÁN PROXECTADAS URBANIZACIÓNS

Page 13: A Xanela - Betanzos

12A Xanela Outono 2005

Greenpeace denunciou nun informe sobre

a destrucción das costas españolas que no caso

galego estase a importar o modelo desenrolista do

Mediterráneo…corrupción-urbanización-campo de

golf-porto deportivo-corrupción…no anterior

goberno había un plan para chegar en Galicia a

14.000 amarres en dous anos; non sabemos ainda

se este plan se paralizou, a náutica deportiva pode

ser importante pero haberá que axustar a oferta,

poñer un límite.

O Goberno bipartito está disposto a aplicar

a Lei de Ordenación Urbanística para poñer coto á

desfeita paisaxística do noso litoral a través da

Dirección Xeral de Urbanismo. Pretende demoler

as edificacións ilegais situadas a menos de 200

metros da costa e sobre as que caeron xa

numerosos expedientes de sanción. Fálase de

ampliar a franxa de protección nalgunhas zonas a

500 metros segundo a situación dos lugares e a

súa conservación algo que xa propuxera o anterior

goberno autonómico entre Corcubión e A Mariña

lucense. Veremos se non son palabras baleiras.

Agora ben, os concellos usan os novos

plans xerais de urbanismo ou as recalificacións de

solo como instrumentos para evitar as demolicións

e evitar así o pago das correspondentes

indemnizacións que nalgunhos casos son herdanza

de gobernos municipais corruptos anteriores. Se a

isto sumamos o feito de que os concellos deben

prestar cada vez máis servicios aos cidadáns sen

recibir financiamento de administracións superiores

formase un círculo vicioso xa que as licencias de

construcción son unha boa fonte de ingresos para

municipios e para algúns «petos».

Na década dos noventa a urbanización do

territorio español subeu nun 25% namentras a

poboación facíao nun 5%. A superficie construida

na costa galega, o 15,8%, supera a media española

cun 13,1; e no caso de Pontevedra cun 25,1%

incluso superamos a Castellón cun 23,5%, Granada

co 14,3, Murcia co 13,6 ou Almería co 13,5%. o

desequilibrio é claro e a necesidade de recursos

non deixa de medrar: auga, enerxía, materias

primas, e namentras cidades como Vigo, A Coruña

ou Ferrol seguen a verter as augas residuais sen

depurar ao mar que nos alimenta.

En canto a economía e segundo un informe

da consultora Deloitte para Exceltur, Alianza para

a Excelencia Turística, que agrupa as grandes

empresas turísticas, o auxe inmobiliario na costa

amenaza o futuro do turismo. Está demostrado

que a capacidade de xerar actividade económica e

emprego estable é menor en aloxamentos

residenciais que nos aloxamentos reglados.

Actualmente hoteles, campings e apartamentos

turísticos de aluguer, xeran en promedio dez veces

máis actividade e cáseque once veces máis

emprego sostible ao longo do tempo.

No verán abrías o xornal o domingo e eran

incontables os anuncios de futuras urbanizacións

na costa: a empresa Coinasa constrúe en Cedeira,

en primeira liña de praia; Vallehermoso de Madrid

xa mercou terreos en Miño; outra madrileña, Lábaro

en Muxía, Cee e Fisterra…; Fadesa en Miño,

Laxe…; en Corcubión e Malpica centos de

apartamentos en primeira liña; en Cee varias

empresas de Elche queren facer unha urbanización

de luxo máis un campo de golf e xa teñen terreos

tamén en Corcubión, Fisterra, O Pindo, Carnota...;

en Camariñas tamén pretende facerse unha

urbanización de luxo con campo de golf… a lista

non remata, e os casos de corrupción e

irregularidades non fan senon comenzar en Muxía,

Sada, incluso xa con atentados e ameazas as

persoas que se opoñen como aconteceu este mes

de novembro en Nigrán onde queimaron o coche

dun concelleiro do BNG que denunciou unha tala

ilegal nun monte co obxeto de «pegar un pelotazo».

Sabias palabras as do profesor Andrés

Precedo Ledo nun artículo sobre o feismo no litoral

(26-V-2005) publicado na Voz de Galicia: «...De

seguires así, e nada fai pensar que vaia a cambiar,

os que nos sucedan xa non poderán gozar da

autoestima territorial que nós disfrutamos, e que

nos fixo sentir orgullosos do noso país. E esta

xeración de dirixentes e profesionais imbuidos no

neodesenrolismo non poderán eludila súa

responsabilidade...» Isto foi antes das eleccións,

veremos se nisto serviron de algo, a esperanza é

o ultimo que se perde e polo que se ve os novos

dirixentes parecen ter algo máis de sensibilidade

con facer cumprila normativa urbanística e a

protección da Natureza. O tempo dirá se mereceron

a confianza. E por rematar co que escomenzamos,

non podemos esquecer que a conta atrás para

outro afundimento xa comezou e os medios son

prácticamente os mesmos que antes do

afundimento do Prestige, coa salvedade da

experiencia gañada e a cohesión social que nunca

antes viramos nesta terra.

VOLUNTARIO LIMPANDO FUEL. FOTO JOSÉ CASTILLO

Page 14: A Xanela - Betanzos

13A Xanela Outono 2005

Xosé María Veiga Ferreira

Juan Sobrino Ceballos

O Alto Xestoso (Monfero)

O NOSO PATRIMONIO

O territorio do Alto Xestoso abarca a parro-quia actual de Santa María. A división parroquialsufriu variacións ó longo do tempo. Así,antigamente había tres parroquias que com-prendían todo o territorio de Xestoso: SantaBaia de Dureixa, Santa Baia de Xestoso eSanta María de Vilachá, todas elas dependentesdo mosteiro de Monfero. En 1263, Don Munio,bispo de Mondoñedo, unificou estas parro-quias nunha soa que se chamou de SantaMaría. Con esta división chegou ata 1896 enque se dividiu de novo o territorio entre SantaMaría e San Pedro, que é a división que seconserva actualmente.

Estas modificacións parroquiais sempretrouxeron controversias: aínda se recordabaen Carballo Torto un paisano que estaba encontra da división parroquial e por conseguintedo novo cemiterio, botando improperios contraos que alí se enterrasen. A providencia xoga aveces malas pasadas xa que foi el mesmoquen estreou o novo camposanto.

O Catastro do Marqués de la Ensenadade 1752, delimita o lugar de Xestoso:

«Linda principiando por la parte del L en

el marco dalova, de alli al marco de la pia de

Jove, de alli al marco de Curra, de alli al rio de

Caneiro, de alli al sitio de las vigas delagares, de

alli alacortella de alli al puerto de Viga, de alli al marco

de Peña feza [Feixa], de alli a Pico de Vales, de alli

al Marco de Ferreiros, de alli va con el camino Real

de la Ciudad de Betanzos para la de Mondoñedo

hasta el referido Marco dalova primera demarcacion»

Para unha mellor localización dos lugares ouaspectos salientables realizamos un itinerario quecomezaría na Feira do Dez, e a chamada PonteVella do Dez sobre o río Frei Bermuz –o nome quefai referencia a un dos cofundadores do mosteirode Monfero en 1124–. O camiño que temos diantede nós é o que na época medieval era coñecidocomo o camiño francés, que recolle Elisa FerreiraPriegue nos camiños medievais de Galicia:

«...en esta dirección por el llamado Camino

de los Franceses, por Abeleira, en el valle de

Gestoso, donde el río se cruzaba por un porto

que en 1164 se llamaba de Maceneira y en

1228 ya se llamaba de Froyla Veremundi...»

No ano 1164 o río cruzábase polo «porto» de«Maceneira» –posiblemente fosen uns pasos–.En 1228 hai xa constancia na documentaciónda existencia da ponte de «Froyla Veremundi»,que é a ponte medieval que hoxe coñecemos.A ponte orixinaria posiblemente fose demadeira. A actual é de sillería cun solo van conarco apuntado, que seguramente sexa doséculo XV ou XVI. Tivo en orixe peitoril depedra que por mor de ensanchala derrubousee colocóuselle, con dudoso gusto, unhacalzada de formigón cunha barandilla de ferro.Ó lado da ponte hai unha carballeira onde secelebraba a Feira do Dez, de moita sona nacomarca. A ela viñan co gando xente deXermade, Irixoa, Aranga, Paderne, etc. Seun se para o tempo suficiente aínda podeescoitar como un susurro nos trae aquelaspezas desgarradoras que saían do acordeónde Felito envoltas nos últimos tratos da Feirado Dez. Cóntanos Valentín que«Aquelo estaba cheo de casetas para o gando

e outros trebellos para a mercancía. Era moi

importante esta feira e sempre había moita

xente. Si o contas agora aos rapaces, non o cren»

Despois de cruzada a ponte, o camiño fran-cés subía por Maceira, Dureixas, Ferro, CarballoRedondo, Curra, Piñeiro, Sanche, Cabeza dosFornos e Bidueiral para Roupar, de onde saía oramal de Vilalba.

A estrada actual lévanos ó lugar do Ferro,onde se atopa a Capela de San Cosme, que foiigrexa parroquial a mediados do século pasado. Afábrica da capela é dunha soa nave con cuberta adúas augas con muros de cachotería. A espadanaé de construción posterior á igrexa. Hai que destacara solución de descarga que protexe o dintel da

ARRIBA, CRUCEIRO DA ESCOITADOIRA

Page 15: A Xanela - Betanzos

14A Xanela Outono 2005

ARCO TRIUNFAL EN MADEIRA NA CAPELA DE O FERRO

CRUCEIRO DA PENA FURADA

porta principal. Segundo parece, nos libros defábrica sinalábase a obrigación dos veciños a reparara capela, obrigación que se veu cumprindo ata o deagora.

No interior chama poderosamente a atencióno arco triunfal que se comeza en pedra e remata enmadeira. Curiosa solución que en absolutodesmerece, máis ben ó contrario, xa que lle dá unaire acolledor en fiel relación coa cuberta interior.

Celébrase a romaría de San Cosme (e SanDamián) o último fin de semana de setembro, quesegundo nos dixeron é avogoso para todo tipo deenfermidades, mostra diso son a boa cantidade deexvotos que se ofrecen ó santo. Antes de facer oembalse e de cambiar todas as festividades para osfins de semana, os asistentes á romaría do SanCosme ó día seguinte encamiñábanse co gando óveciño lugar de Lagares onde se celebraba o SanMiguel. No Ferro celébrase tamén a festa de SantaBárbara no mes de decembro, festa que foirecuperada hai uns anos.

«Santa Bárbara, ampara o pan e ampara o

viño, e ampara ó meu homiño que vaí polo camiño»

Se deixamos o camiño francés e collemospara a esquerda, atopamos ó remate da subida ocruceiro de Pena Furada (tamén coñecido como odo Toxal ou do Tío Miguel) no medio dodescampado. Colocado sobre unha rocha natural,consta dunha pedra de pizarra e enriba unha cruzde ferro. Aquí, segundo o Grupo de Arqueoloxía daTerra de Trasancos (realizaron un inventario dos

túmulos do Concello de Monfero no Anuario

Brigantino de 2004), había unha mámoa que foidestruída e enfronte do cruceiro no monte deArmada quedan aínda tres, pero en moi mal estado.

Seguindo este camiño imos dar á Cruz deGaspar ou da Rula, case tapada polas silvas, ó ladodo antigo salón de baile nunha encrucillada decamiños. A cruz é de ferro e ocupa o lugar doutra,posiblemente desaparecida, de pedra. O salón,lugar de pasados divertimentos acóllenos sen teitoe coa pista de baile cuberta por un grupo de árboresmestas que semellan danzantes que quedaron asífroito dalgún meigallo.

Desviándonos á esquerda e pasando ocemiterio novo, imos dar ó lugar do Cruceiro. Alíestá o coñecido como o Cruceiro Roibo ou de Porto

da Pena, que é unha cruz típica de encrucillada decamiño, monolítica de granito que segundo din«Fíxoa un portugués que casou aquí. Dicían que os

portugueses ó casar fóra podían facer un cruceiro».Hai pouco tempo tirouna unha vaca e puxérona denovo, pero está bastante torcida.

Se seguimos polo mesmo camiño imos dar óCruceiro da Escoitadoira, unha peza granítica casesen labrar e cunha imaxe do Cristo crucificado enbaixorrelevo. Se nos fiamos pola inscrición queaparece na fronte foi realizado en 1910 a instanciade un tal José Sanmartín.

Entre estes dous cruceiros está o lugar deVilachá no que aínda podemos ver catro mámoasen moi mal estado.

Dando volta, collemos o camiño que vai paraa igrexa parroquial de Santa María de Xestoso. Éun edificio amplo, acorde coa súa preeminencia en

Page 16: A Xanela - Betanzos

15A Xanela Outono 2005

tempos pasados. Non hai que esquecer que a partirde 1263 o bispo de Mondoñedo unificou asparroquias existentes ata daquela, que eran: SantaBaia de Dureixa, Santa Baia de Xestoso e SantaMaría de Vilachá. Isto aconteceu seis anos despoisde que pasase a pertencer ó mosteiro de Monfero(segundo documento de 1257).

O edificio actual é dunha única nave a dúasaugas con tellado de lousa. No exterior destaca oamplo pórtico e os muros de cachotería do edificio.Sufriu varias reformas ó longo do tempo, unha dasmáis importantes foi o alongamento da capelamaior en 1706, como consta no Libro de Fábrica.

A igrexa pertenceu ó mosteiro de Monfero atao s. XIX. Así, en 1815 hai unha demanda do mosteiropor facerse enterramentos dentro da capela maiorsen licencia. Segundo Couceiro Freijomil, cando sefixo a exclaustración do mosteiro en 1820 levousepara esta igrexa unha cruz de prata procesional.

Ó pé da igrexa hai un cruceiro cunha inscri-ción coa data da súa construción en 1818. Destacanas figuras da cruz, expresivas, de canón corto, e naque destaca a do Cristo que aparece representadovivo, esculpido moi sepa-rado da cruz.

Próximo á igrexade Santa María está olugar de «Graña da Igre-

xa», que seguramentese refire á antiga granxade Xestoso, a que secoñece xa nun docu-mento de 1239, en quefoi cedida polo mosteirode Sobrado ó mosteirode Monfero.

Saímos do núcleo e dirixímonos cara a estradaprincipal ou o antigo camiño francés que vai por Vilar,O Campo e Pé da Serra. Entre estes dous últimosestá o lugar coñecido como o «Pozo do ouro»:

«Na noite de San Xoán sentíase tocar música

e oíanse cantos. Era cousa do demo».Na proximidade están as murallas do Pé da

Serra, formacións rochosas naturais, pero un arri-bo ou muralla que se destaca nun estremo delassemella feito pola man do home. Segundo din:«foron feitas polos Mouros». «Foron feitas polos

celtas». «Antigamente nas murallas había subte-

rráneos, pasábase dun sitio a outro por embaixo».

«Os Castelos quedan a 100 m do Castelo, seique

os fixeron os mouros».

Hoxe o lugar está bastante cambiado, xa quefoi costume dende hai tempo quitar pedra para asedificacións da zona. O conxunto do Pozo do Ouroe do Pé da Serra pódenos mesmo levar a pensarnunha posible explotación aurífera de época romana.

Subindo á esquerda está a coñecida como"Pena dos Soldados". «Chámase así segundo contan

os vellos porque alí houbo un campamento de soldados

fai moito tempo». Parece ser que esta pena foi unlugar moi usado para agocharse os fuxidos.

Chegados á estrada principal, collemos ádereita, e en dirección ó punto de partida. A poucadistancia está a «Mámoa de Xan Rei» (nun pradocuberta de pinos). Un pouquiño máis adiantecollemos unha desviación á esquerda que noslevará ó Serrón do Lobo, xa no límite da provinciacon Lugo, onde está o Parque Eólico de Sotavento.Antes de chegar, na Portela de Abelleira hai unhamámoa, e no mesmo parque hai outras tres queaparecen demarcadas por estruturas de madeira.

De volta á estrada principal, chegamos aCarballo Redondo, onde hai unha cruz de lousasobre un balado. Se seguimos recto volvemos ácapela de San Cosme e de alí de novo á ponte e áFeira do Dez.

Non hai que esquecer a ermida de SantaBaia, que aínda que é unha construción moderna hai

referencias documentaismoi antigas dela. Nointerior gárdase unha partedun retablo dunha Virxedo Leite que provén domosteiro de Monfero. Haipouco tempo no seuexterior atopouse un araromana (hoxe no Museodas Mariñas). A poucadistancia da ermida deSanta Baia está o castrode Sixto («Os Castros») eno lugar denominado «Picoda Meda», dúas medoñas.

MÁMOA DE XAN REI

A PONTE DO DEZ. Fotos Veiga. �

Page 17: A Xanela - Betanzos

16A Xanela Outono 2005

O día 5 de decembro do presente 2005 o CentroBetanzos de Bos Aires conmemora o seu centena-rio. Mellor dito, o colectivo betanceiro emigradocelebra o centenario da súa organización como tal.Chamouse de primeiras "Hijos de Betanzos". Houbologo, nos anos vinte e trinta, outros colectivos comoo "Centro Social Betanzos","Hijos de Requián y Piadela"e "Centro Cultural Betanzos".Todos eles conformarían en1946 o "Centro Betanzos".

De 62 socios funda-cionais de "Hijos de Betan-zos", a colectividade foiseampliando a varios centena-res. O Centro Betanzos aca-dou o seu maior número en1956 cun total de 1.024 so-cios. Na actualidade, logoda paralización de saídas áArxentina e os regresos pro-vocados pola mala situacióneconómica do país e a des-aparición física dunha masasocial cada vez máis enve-llecida, conta con 481, moi-tos deles arxentinos descen-dentes de betanceiros.

Dende o primeiro pre-sidente, Luis López Páez,foron varios os que repetiron mandatos, caso deÓscar Dans, José L. Rifón, Enrique Sóñora, AndrésBeade, Osvaldo Dans e a actual Beatriz Lagoa, aprimeira muller que desempeña este cargo.

A colectividade betanceira xerou a súa pro-pia prensa. Dende a revista Las Mariñas, dos anos1910 e1911, á revista Betanzos, pasando pola

tamén denomi-nada Betanzos

do Centro Cultu-ral Betanzos e ado Centro SocialBetanzos, coneste nome. Estasúltimas editaban-se cada ano, co-incidindo coasFestas de SanRoque. Nalgun-has épocas, es-pecialmente nasdécadas 40-60,tivo importantescontidos e mes-mo foi unha refe-rencia nos anos

Cen anos do Centro BetanzosA.C. Eira Vella

do franquismo para os veciños aos que chegabaclandestinamente.

Foron varias as sedes da colectividade be-tanceira: da inicial na rúa Victoria, 700, pasou á rúaBolívar, 173. Na rúa Lima 733 estaba a sede doCentro Social Betanzos, e dende 1933 a ampla

casa señorial da céntricarúa México 1660 foi a sededos betanceiros. Na ac-tualidade, e dende 1990,conta cunha sede (pro-piedade do Concello deBetanzos) na rúa Vene-zuela 1536/36.

Entre as actividades so-ciais desenroladas estána recreación das festas po-pulares (Entroido, Mada-lena) e das patronais be-tanceiras (San Roque eOs Caneiros), os picnicsou romarías campestres eos bailes, que contribuíana relacionar e cohexionaro colectivo de betanceirosemigrantes.

O seu compromiso coacultura galega está paten-te a través da Coral Os

Rumorosos (unha dasmáis importantes que existían na emigración), osgrupos de danzas e baile galego, clases de linguagalega, conferencias, publicacións de algúns li-bros e folletos: conferencia de Rodolfo Prada so-bre Faraldo, Betanzos honra a sus mártires, librosde Lueiro Rey e Carlos Penelas.

Tamén o compromiso coa democracia e coacausa da II República española derrotada polofascismo. O Betanzos será un dos baluartes anti-franquistas entre as entidades da emigración, ho-menaxeará aos mártires betanceiros do 36, acolle-rá a exiliados non só do franquismo senón taméndas dictaduras sudamericanas.

O compromiso galeguista, patente nos anosdo exilio arxentino de Castelao e, especialmente,na etapa de Suárez do Pazo como presidente,supón a participación activa en actos conmemora-tivos e celebracións patrióticas como o aniversariodo Plebiscito de Autonomía, dos Mártires de Ca-rral, do Día de Galicia, do axustizamento de Pardode Cela, homenaxe a Antolín Faraldo, nomeamen-to de Castelao como presidente de honra e dedica-ción dun busto á súa morte.

(Datos procedentes do traballo O "Centro Betanzos"

de Bos Aires. Cen anos de vida, 1905-2005, publicado por

Xesús Torres Regueiro no Anuario Brigantino, nº 27, 2004).

DURANTE MÁIS DEMEDIO SÉCULO ESTE AMPLIO E CÉNTRICOEDIFICIO (NA RÚA MÉXICO, 1660) FOI A SEDE DA

COLECTIVIDADE BETANCEIRA EN BOS AIRES.

Page 18: A Xanela - Betanzos

17A Xanela Outono 2005

No centenario do seu promotor

Oliveira Guerra e a Céltica

Xesús Torres Regueiro

Aproveitando o centenario do nacemento de Ma-nuel Oliveira Guerra (Oliveira de Azemeis, 1905-Porto, 1964) queremos chamar a atención sobreeste home, auténtico namorado da Galiza, e sobrea súa obra de aproximación cultural entre os pobosgalego e portugués que, por historia, cultura elíngua común nunca deberan darse as costas e siollarse de fronte, fecundando mutuamente a se-mente das orixes comúns. Centenario o destegrande amigo da Galiza, creador da revista Céltica,

que case está a pasar inxusta e completamente

esquecido entre nós. Apenas

unha urxente nota de lembranza

que lle dediquei no semanario A

Nosa Terra e un traballo de Con-

cepción Delgado no Anuario Bri-

gantino que ven de aparecer, foi

todo o que vimos ata o momento.

E teño que dicir que o meu coñe-

cimento de Oliveira Guerra e a

súa obra chegoume moi recente-

mente e un pouco de rebote, por

intermedio da súa propia filla, a

poeta María Virgínia Monteiro, a

máis interesada na vindicación

de seu pai, que hai pouco nos

visitou en Betanzos e nos forne-

ceu máis información da xa ex-

haustiva que nos enviara por co-

rreo. Ademais, combinamos para

que a través da Asociación Cultu-

ral Eira Vella, editora desta revista, se distribuise

na Galiza o pequeno fondo remanente daquela

engaiolante aventura editorial que foi a Céltica

"Cadernos de estudos galaico-portugueses".

Entre nós botamos en falta a Oliveira e,

aínda máis a revista que creou e nos fai seus

debedores, en publicacións e obras de consulta

nas que non debera faltar: enciclopedias, manuais

e catálogos de publicacións literarias, etc., algúns

ben recentes. Ingratitude e desleixo son as pala-

bras que se nos ocorren.

Céltica cítase a veces erroneamente como

Céltiga, quizá porque este título ten máis sona nas

nosas letras. Lembremos a colección así titulada

que se publicou nos anos vinte ou a revista que se

facía na emigración arxentina tamén por eses

anos. E porque Céltica non é suficientemente

coñecida. Máis Oliveira chamoulle Céltica pois

Oliveira sentíase céltico, integrante e descendente

dun territorio e cultura que quizá se corresponda

coa antiga Gallaecia. Para el, a Galiza era unha

continuación natural das súas terras durienses.

Manuel de Oliveira Guerra naceu en Olivei-

ra de Azeméis (concello tamén do famoso novelista

Ferreira de Castro, de quen visitamos recentemente

a sua casa natal en Ossela), fillo

dun operario vidreiro da Marinha

Grande que se instalou como indus-

trial do ramo naquel concello. Curio-

samente, a serea da fábrica de vi-

dro "escoitase" (escóitaa o

emigrante que parte) no romance

Emigrantes de Ferreira. Dende a

infancia Oliveira viuse acometido

por unha doenza ósea que obrigou

ao seu internamento nun sanatorio.

No establecemento sanitario pasa-

ría varios anos da infancia e xuven-

tude, realizando alí algúns estudos,

publicando poemas, redactando un

pequeno xornal e entrando en con-

tacto coa cultura galega da que

ficou enormemente apaixoado a tra-

vés da leitura de xornais galegos

que alí lle chegaban. Rosalía moi

especialmente (retratos seus figuraban na súa casa

en sitios de honra), Curros e outros escritores gale-

gos formaron parte das súas leituras e devocións.

Casou novo Oliveira e chegaron catro fillas

unha tras doutra. Ademais, o traballo na fábrica, as

viaxes por Europa e América do Sul, a posterior

desaparición da empresa da órbita familiar, o verse

desherdado e a obrigada dedicación ao comercio

para subsistir... fixeron que a literatura e a paixón

galega ficaron adormecidas durante anos. Tivo que

ver tamén o escándalo que provocou e o disgusto

familiar polo seu primeiro poemario Padre Nosso,

na liña crítica de Guerra Junqueiro e quizá do noso

Curros.

"...Celtas perdidos nas brumas da memória"

Oliveira Guerra

Page 19: A Xanela - Betanzos

18A Xanela Outono 2005

Establecido no Porto cun comercio domesmo ramo que a fallida empresa familiar, foi estaactividade a que mantivo o resto da sua vida. Só nosútlimos anos voltou á literatura publicando en edi-ción de autor varios libros, comenzando pola reedi-ción da súa "escandalosa" obra prima e seguindopolo poemario Ave Maria, os contos de Caminho

Longo, os poemarios Algemas e Coisas desta ne-

gra vida. Son os anos tamén da súa dedicación aGaliza, coa creación en 1960 do Círculo de EstudosGalaico-Portugueses, que non pasou de proxectoben intencionado, e o gromo deste: a revista Célti-

ca, Caderno de Estudos Galaico-Portugueses.Autor de escritura límpida, alleo ao artificio,

el mesmo era transparente como os vidros da súatenda (en expresión do seu amigo Listopad), toda asúa pretensión literaria estaba en deixar os seuslibros "nos estantes de meia dúzia de amigos". Nonfoi, certamente, Oliveira Guerra un poeta de primeirafila nas letras lusas. El mesmo era consciente diso:

Eu sei poeta, que não lograrásmatar a fome negra com o talentoe que, por certo, un dia morrerásimerso num profundo esquecimento.

Mas também sei que, se o Destino fazmercê a alguém dum bem de que é avarento,dessa mercê mal digno tu serásse lhe não deres emprego e valimento.

Trabalha a tua língua con fervorque, embora tarde, um dia o teu valorhá-de ser tido como maravilha.

... Se um diamante se perder na estrada,há-de encontrá-lo mão aventurada,porque entre as pedras negras ele brilha.

Semella apropiado á sua persoa o sonetoque escribiu súa filla Maria Virginia co título D.

Quijote e que comeza así:

Nunca serás dos escolhidos, dos primeiros(dos bem amados senhores do Absoluto!).Vestido chegas de saudade, por janeiros,e arrastas longos teus farrapos e o teu luto.

Os derradeiros catro anos de vida de Olivei-ra Guerra son os de relanzamento e realización decase toda a súa obra literaria e cultural. No mediodese afán, e afectado por incomprensións e desi-dias alleas, vai morrer subitamente no Porto o 5 dexuño de 1964 aos cincoenta e nove anos.

Maria Virgínia está empeñada no rescateliterario do pai, editando recentemente algúns dosinéditos co título Esta cidade que eu amo, homenaxeao Porto, e Escritos. Dois contos. Algums poemas.

Foron catro os números que apareceronde Céltica, apenas coa variación da cor da súacapa, entre 1960 e 1963. A súa peculiar estéticaincluía a falla de data e numeración e unha paxina-ción continuada nos catro números, como unhaespecie de obra en proceso, facendo un total detrescentas trinta e seis páxinas. Tampouco conta-ba con publicidade nin figuraba ningunha caste deaxuda oficial.O enderezo da revista era o propiodomicilio de Oliveira, imprimíndose tamén no Por-to, na Escola Tipográfica da Oficina de S. José. Arevista era moi devedora dos intereses, relacións eamizades do seu coordenador. Se ben, pola partegalega Oliveira accedeu a un grupo de autoresnovos que terían grande transcendencia na nosaliteratura, non foi ese o caso polo que respecta áparte portuguesa. Esta eiva foille botada en carapor algúns dos seus compatriotas, que o acusaronde personalismo, ferindo a sensibilidade de Olivei-ra que ficou magoado por esta incomprensión.Entendemos que, dalgún xeito, a Céltica viña con-tinuar a iniciativa de 4 Ventos «Revista lusíada deliteratura e arte», publicada en Braga entre os anos1954 e 1957 cunha dirección compartida galaico-portuguesa-brasileira. Nas dúas están presentesos Carré e Manuel María, por exemplo.

A literatura galega está presente en Céltica

cos amplos estudos de Hugo Rocha (xornalista eautor de dous libros sobre Galiza) sobre os poetasdo noso Rexurdimento (Rosalía, Pondal, o precur-sor Añón) e da época das Irmandades da Fala(Noriega Varela, Cabanillas). E, ben baixo os rubros"Poetas de Galiza e Portugal" ou "Prosadores deGaliza e Portugal", nas colaboracións dunha boanómina de autores contemporáneos da revista: osirmáns Lois, Uxío e Leandro Carré Alvarellos (conestudos diversos sobre aspectos da cultura galega,a novela e o teatro), Avelino Abuin de Tembra,Manuel María (que ve publicado aquí o Auto do

Mariñeiro nunca máis editado), Pura Vázquez («amenina bonita de Ourense») e a súa irmá Dora,Xosé Mª Álvarez Blázquez, Xohana Torres, AntónTovar, Enrique Chao Espina, Álvaro Paradela, Isi-dro Conde (traducido ao portugués do seu españolorixinal), Victoria Armesto, Xosé Díaz Jácome, Hen-rique Massó..., a maioría deles con textos poéticos.Ademais de recensións de obras de Celso EmilioFerreiro, F. Javier Carro,... ou a que fai Novoneyrade María Mariño Carou. En castelán publican textosen prosa Dora Vázquez, José Antonio Novais, Die-go Bernal, Manuel V. Peña e en verso Pura Vázqueze Miguel González Garcés.

Outra presencia é a dos pintores galegosPesqueira e González Collado, dos que se reproduceobra, aínda que o ilustrador -digamos oficial- da revistaé o catalán Marginet, residente no Porto e autor dasxilogravuras que ilustran algúns dos fráxiles encar-tes en paper de cor que acompañan os volumes.

Page 20: A Xanela - Betanzos

19A Xanela Outono 2005

Noiva do mar

Betanzos, noiva do MarA quem o Mar fugiu...Tira o vestido branco de noivadoQue não serviuE guarda-o na arca velha da famíliaNum desses palácios opulentosOnde os minutos da históriaBateram lentos

Betanzos, mira o seu ceptroQue está no seu escrínio de princesaQue há muito foi destronadaHá muito sem realeza

Betanzos, de fronte erguidaNo jeito de quem usou coroaJulgando que nas abóbadasA marcha das trombetas ´inda ecoa

Betanzos, de olhos distantesNum sono vago e perdidoUm sono azul diluídoEm roupagens flutuantesBetanzos sonhando brancaÀ luz branca do luarO nobre reino perdidoPerdido o Reino do Mar

4 de Outubro de 1959

Repetidas veces visitou Galiza este seuamante portuense, percorréndoa de sul a norte.Adoitaba pasar coa súa dona tempadas nas augasde Guitiriz, onde coñeceu a Xosé Díaz Castroverde,a quen dedicou un poema, dos varios de temagalego que escribiu, algúns tributados a Betanzos,A Coruña, as Rías Baixas, Santiago... Falouse derecollelos no agarimo dun libro, mesmo se citaronos títulos de "Maruxa" e "Terra Nai", mais o certo éque Oliveira morreu sen que ese libro adicado áGaliza tomase forma. Quizá algún día ainda vexa aluz. Sería unha boa forma de corresponder ao amore dedicación abnegada que Oliveira Guerra

consagrou á nosa terra. Reproducimos a continua-ción, como mellor homenaxe, o poema "Galicia"(que nos fai lembrar un de Teixeira de Pascoaes) eo que dedicou á nosa cidade, Betanzos, que terá deengrosar algún día unha nova edición de "Betanzosna voz dos poetas".

Galicia

A D. Jose Díaz Castroverde

Senhora e Camponesa,eu beijo a tua mão fidalga e pobre...A fidalguia tem-l´a no espíritoe a pobreza no traje que te cobre...

Senhora e Camponesa,cavando a terra de diae á noite dizendo versos doloridosda triste Rosalía...

Senhora e Camponesa,ganhando um pão mal pagoe à luz da lua branca vagueandonas ruas de S. Tiago...

Senhora, Senhora minha,rendo-me a ti,que outra mais bela e nobre e humilde e castaeu nunca vi...

Eu sou o enamorado cavaleiropor quem passou a Vida indesejadae que chegando ao termo te encontrou,doce visão encantada,e encantado ficou...Eu sou o cavaleiro enamoradoque não pode viver outra vidaalém da que viveu sem ter parado,porque se outra vivesse, eu, por quem sou,eu juro: A viveria para ti,porque mais bela e nobre e humilde e castaSenhora, eu nunca vi...

16.2.958

Page 21: A Xanela - Betanzos

20A Xanela Outono 2005

En Sada, na parroquia de Osedo, a mesma ondese asenta o complexo de Cerámicas do Castro,atópase a morada familiar e o obradoiro do máisimportante ceramista galego de tradición culta:Xosé Francisco Pérez Porto. Unha casa que te-mos visitado en varias ocasións e na que sempresomos recibidos con agarimo e atencións polosseus moradores (a filla Uxía, a compañeira Mano-la, a nai desta e o irmán, alén do propio XoséFrancisco), hospitalidade que coido exercen contoda persoa de ben que alí se achega. Á beira dacasa que, para calquer viaxeiro atento que non selimite a pasar velozmente novehículo, amosa na fachadacomo elementos ornamen-tais vestixios da actividadeceramista do artista, ten ins-talado o seu obradoiro cunforno especial no que o pro-pio Xosé Francisco coce assúas pezas, algunhas degrande tamaño e mesmoarticuladas.

Xosé Francisco é fi-llo de Pérez Parallé, o «poetaazul» de Ferrol, autor dunhapoesía leda e cantareira, liz-gaira como o asubío do mer-lo, que gañara uns XogosFlorais do meu Betanzos alópolo 1960 –un neno eu aín-da– cuns poemas que elmesmo editara baixo o título«Mariñanas (Retábulo betan-

ceiro)» nunha imprenta de

Xubia en edición fermosa

para a época e da que son gostoso propietario.

Vai para vintecinco anos que vin a primeira

exposición das cerámicas de Pérez Porto no cas-

telo coruñés de San Antón, ubicación do Museo

Arqueolóxico que dirixía e coidaba o común amigo

Felipe Senén. Coido lembrar que eran daquela

figuras dun Nadal galego. Sería polo ano oitenta

(do século pasado, hai que dicir agora).

Voltei ver outra exposición da súa obra en

Lugo hai uns cinco anos. E fiquei realmente im-

presionado. Para entón a súa obra xa adquirira

calidades moi estimables e proporcións monu-

mentais.

Na obra de Pérez Porto atopamos unha

visión do mundo –do noso mundo galaico– leda e

agarimosa, un desexo de felicidade e harmonía en

comunión coa natureza. Quizáis un franciscanis-

mo esencial ou un panteísmo moi noso, vencella-

dos a unha relixiosidade popular non desmentida

nin rexeitada polo artista. O arco da vella, os

floridos maios, os nenos, os paxaros, as vellas

lendas... son temas predilectos na obra dun autor

que nunca deixou de ollar o mundo cunha certa

ollada infantil (ollada limpa que non inxenua), pre-

sente mesmo nese colorido brillante e deslumean-

te. Nin a madureza técnica e

persoal nin o compromiso co

país e coa humanidade o alo-

nxaron desa visión das cou-

sas tan pura e sinxela como a

dos nenos. Non en balde son

os nenos e as nenas figuras

protagonistas de moitos dos

seus temas. As cores que

Xosé Francisco utiliza nas

súas pezas son as cores do

arco da vella, así de ampla e

de alegre a súa gama.

E tamén pezas máis ou me-

nos abstractas que, partindo

das vellas formas tradicio-

nais, envolúen a formas in-

novadoras, sorprendentes e

suxerentes, coa pegada da

tradición sempre presente.

Logo está a súa obra máis

monumental, exposta polo

país adiante: a fonte de Cerá-

micas do Castro; o monumen-

to a Dieste en Rianxo recollendo moi ben o seu

mundo fabulador; a homenaxe ao Pallaso en Fene,

ese personaxe ao que tanto debemos... Unha obra

que nos fala da viabilidade dunha arte cerámica

ornamental para as nosas zonas urbanas que moi

ben pode conxugar coa dos canteiros ou escultores.

As cerámicas monumentais de Pérez Porto, coa

súa estética peculiar e o seu cromatismo, poden

aledar moi ben zonas urbanas do noso país, degra-

dadas polo feísmo redundante. E mesmo ser fonte

de ensinanzas e de lembranzas. Só falla que os

nosos concellos e institucións se fagan cargo da súa

necesidade. Que xa é hora. �

O CERAMISTA PÉREZ PORTO, POR CALROS SILVAR

Pérez Portoartista da cerámica

Suso Torres

Page 22: A Xanela - Betanzos

21A Xanela Outono 2005

A Betanzos pódese chegar dende diversos lími-tes. Non ten unha entrada precisa, unha pasaxeobrigada como outras cidades que están no itinera-rio forzado dalgunhas presencias. Dende o MarCantábrico –que dende o Fisterra cambiará denome e se chamará Atlántico, para soñar conAmérica– ou dende a terra nutricia que a contornamorosamente con toda a súa sabiduría de pan decenteo e de lavanda, Betanzos impón a súa lem-branza a contramán de toda sentimentalidade ane-cdótica. Chegar a Betanzos é pois un costume docamiño. Chégase a Betanzos como quen chega ásúa propia casa, sen se o propoñer. Instintivamen-te. E a cidade recíbeo con todo o seu avoengo deséculos que verticalizou o seu nome brigantinocomo a un vello amigo de tódolos días.

Só así se pode visitar Betanzos. O demáis éestar presente sen entrar na carnadura da cidadepreclara, que tivo os meirandes privilexios, algúnsdeles realmente fastuosos, máxime na época enque foron concedidos. Citalos é innecesario. Sólembraremos un, o de Henrique Trastamara quedispoñía que non poideran reunirse as Cortes senasistencia dun representante da cidade brigantina.

O pasado esplendor aínda persiste contra otempo que todo o devora. Incluso a tradición demanter as súas feiras celebérrimas o día primeirode cada mes. Sancho IV foi quen impuxo ditadisposición, que foi mantida non só polo seu fillodon Fernando senón tamén por outros sucesores.

Capital de provincia, dunha das sete do vello

Reino de Galiza, a súa capitalidade deu nome e

renome a toda unha época. En plena Idade Media

os Andrade mantiveron alí a súa ascendencia.

Testemuñas desa liñaxe ficaron para sempre na

historia e no perfil da cidade, que ostenta os seus

brasóns cun señorío involuntario.

A mesma foi entón escenario de pendencias

«cabaleirescas» entre señores sen medo e de

medo. Calidade humana de risco e de aventura que

signou e signa á cidade. Betanzos é unha verba de

orde e a militancia é un imperativo, non só entre os

seus homes, senón tamén entre as súas mulleres,

sempre fideis á realidade circundante. Na guerra

da Independencia esa cualidade púxose de mani-

festo sen esquecementos e fican nos vellos arqui-

vos testemuñas que dan fe desa fidalguía.

Como ratificación desa presencia anterior a

cidade aínda conserva vivencias que a confirman.

Mansións con escudos, vellas portas tradicionais,

pontes, sillares sobre ríos con historia, van creando o

clima propicio para que o itinerario sexa entrañabel.

Castelos, pazos, igrexas, mosteiros, traen

un aire de eternidade que o tempo perdido non

puido destruir. Por iso en Betanzos hai que ir ao

rabusco dese tempo perdido. Perdido e reatopado

na maxia do presente que segue a afirmar que o

mundo será sempre dos benaventurados.

A igrexa conventual de San Francisco recí-

benos co seu cruceiro indemne a todas as tormen-

Betanzos, a dos cabaleiros

VIAXEIROS

Víctor Luis Molinari

O arxentino Víctor Luis Molinari naceu no barrio porteño de San

Telmo en 1904 no seo dunha familia italiana. Poeta, conferenciante,

articulista en lingua castelá, conectou moi novo coa cultura galega,

a través dos versos de Rosalía, e coa colectividade galega de Bos

Aires, que tiña as súas principais sedes moi perto da súa casa. Viaxou

dúas veces a Galicia e toda a súa vida foi dunha militancia sen tregua

a prol do noso país e da súa cultura.A súa adicación viuse recompen-

sada por múltiples premios literarios (tres veces obtivo o Valle Inclán

do Centro Galego) e co nomeamento de Académico correspondente

(o primeiro americano) da Real Academia Galega. Os seus traballos

sobre Galicia recolleunos nos libros Itinerario gallego, Latitud Finisterre,

El rumbo en la estrella, La herida sin tiempo e De puerto a puerta.

Molinari finou en Bos Aires no ano 1980. (S.T.)

MOLINARI POR GENO DÍAZ

Page 23: A Xanela - Betanzos

22A Xanela Outono 2005

tas. Construída a fins do século XIV, o seu estilo

oxival sobresae sobre algunhas reminiscencias do

románico. Os seus tres ábsides alertan a súa planta

de cruz latina e entrar nela configura unha pausa

grave no andar betanceiro. Os motivos escultóricos

son importantes, mais algúns enterramentos supe-

ran todo asombro. Así o celebérrimo sepulcro de

don Fernán Pérez de Andrade, o bóo, que impre-

siona co seu oso e o se xabarín tradicionais e que

é un dos exemplares máis valiosos da historia

heráldica e artística de Galiza. De tódolos enterra-

mentos de Galiza, quizáis sexa este o máis emotivo

e trascendente. Sentimento da pedra que transfire

o seu calor humano á fría executoria da escultura.

A igrexa matriz da cidade é a igrexa parroquial

de Santiago, que mantén o mesmo estilo que a de

San Francisco. Novamente aquí os enterramentos

configuran unha alta calidade estética con algunhas

capelas –a de San Pedro e San Pablo– que exhibe

retablo isabelino e ademáis verxa gótica que realza

o entorno. A torre do reloxio impón cos seus dous

corpos, a apuntalar o ábside do Evanxeo.

A igrexa parroquial de Santa María do

Azougue tamén é de estilo oxival, pero aquí as

reminiscenciaas románicas son máis marcadas.

Novamente insístese cos diversos enterramentos,

podendo admirarse os restos dun retablo medio-

eval que mantén toda a suxestión da época. Sen

esquecer San Martiño de Tiobre, San Martiño de

Bravío e Santa María de Pontellas, estas máis

antigas e románicas; dunha soa nave e con ábside

rectangular. E para rematar con esta peregrinaxe

piadosa, o Santuario de Nosa Señora do Camiño,

co seu estilo renacemento, que ten predicamento

entre os fieis, máis aló dos rosarios consecuentes.

Se engadimos a esta monumentalidade evidente

os vellos palacios, a Casa Consistorial de estilo

neoclásico, o Colexo das Orfas, o Hospital, o

Hospital de San Antón de Padua –onde nos recibe

un Rubens inesperadamente– e o Palacio do Ar-

quivo Xeral do Reino de Galiza, tamén neoclásico,

o tránsito urbano transfórmase nunha festa que os

calendarios non poden soslaiar pese ao tempo

transcorrido.

A cidade empínase na súa festa maior que

culmina o día de San Roque, coa tradicionalísima

romaría dos Caneiros, que se cumpre polo río

Mandeo arriba en busca do lugar para que a

romaría abra o seu abano de sorpresas. As embar-

cacións engalanadas, percuran a sombra propicia

das árbores da ribeira, con faroliños multicores,

que serán acendidos logo pola noite cando o regre-

so dé a euforia dos fogos de artificio. O desplegue

gastronómico de empanadas, cos seus motivos

distintos de gusto e presentación –así sexan de

polo, de bacallau, de raxo ou de chourizo– configu-

ran un desafío á dixestión menos laboriosa. Xa o di

a copla popular:

Non son ferramentas

para ir segar,

que son empanadas

para ir merendar.

E logo a pausa, na beira e ao abrigo do sol,

coa gaita como música de fondo e os aturuxos

pánicos que configuran o berro da estirpe. Todo no

clima propicio das ribeiras do Mandeo que dan a súa

verde esperanza máis aló da angustia do presente.

A TUMBA DE ANDRADE O BÓ NUNHA ANTERIOR UBICACIÓN

PARRULOS NO PEIRAO. FOTO DE RAMÓN DIMAS

Page 24: A Xanela - Betanzos

23A Xanela Outono 2005

Ese día a cidade ponse de festa dende o

mencer. As atraccións, as competencias deporti-

vas, as comparsas de xigantes e cabezudos, os

bailes dos antigos gremios, coas súas danzas de

mariñeiros e labregos, as batallas de serpentinas e

de flores, os fogos acuáticos e o tradicional globo de

papel que busca as alturas entre o estrondo das

matracas e a alegría de grandes e pequenos, dá á

festa patronal, que signa a fe de San Roque, un

perfil humano e unha proxección anímica trascen-

dente. Betanzos vibra na súa festa maior e tela

vivido a carón da súa xente é unha referencia

inesquecible do camiño. Todo esto sen esquecer as

lumeiradas de xuño e a festividade de Nosa Señora

dos Remedios en setembro e a Feira de Santos,

que xa ten sona en toda Galiza.

Este relumbrón de vellas tradicións e estas

testemuñas de monumentalidade permanente deron

a Betanzos unha aura de eternidade que se confirma

no interese que a súa visita transcende cada día en

máis. Pero fronte a esa categorización do tempo ido,

asombra a falta de ímpetu do momento actual. A

cidade demorouse no seu devir glorioso e a falla de

actividade empalideceu o seu trasmundo comercial

e social a tal punto que os betanceiros seguen a

emigrar na percura de compesacións reais máis de

acordo coas esixencias do momento presente.

ENCHENDO A SELLA NA FONTE DE DIANA.FOTO DE JOSÉ SUÁREZ (1902-1974)

Betanzos reprégase entón en si mesmo e

nalgunhas horas do véspero, na media tarde do

crepúsculo, cando a nosa sombra percura o muro

que a comprenda, unha leve melancolía embaza

as mellores horas. A cidade quere concretar a súa

mensaxe presente, pero vese trabada pola falta de

perspectivas que a impulsen de novo ao seu des-

tino maior. As vellas voces e as tradicións incólu-

mes manteñen emporiso o mesmo fervor de sem-

pre. Notásello nos diálogos que á beira do camiño

nos informan da realidade cotiá. O espírito segue

a ser o mesmo. Pleno de optimismo e de esperan-

za. Mais os días enfíanse entre as semanas e o

mañá faise improbábel. Betanzos entón soña e

agarda.

Mentres tanto, seguro de si mesmo, deixa a

auga tomada da fonte tradicional na clásica sella,

sabendo que o rumor da mesma, como unha

caracola mariña, traeralle os ecos dunha futura

grandeza, que ninguén poderá evitar.

Porque para iso é Betanzos, a dos cabalei-

ros...

(«De puerto a puerta. Vivencias Gallegas».

Edicións Galicia do Centro Galego de Buenos

Aires. Instituto Argentino de Cultura Galega.

1975. Corrixiuse a copla, que estaba mal.)

Page 25: A Xanela - Betanzos

24A Xanela Outono 2005

Aínda hai xente a estas alturas que non sabe queen Extremadura hai tres pobos nos que se fala unhalingua moi semellante ó galego, que os propiosfalantes chaman a fala e que os turistas non moihábiles en materia lingüística confunden cunhavariante portuguesa, dada a súa cercanía a Portu-gal, pero a verdade é que as xentes destes pobosnon se entenden cos portugueses e coa lingua quemáis relación ten é co propio galego, exactamentenon é galego xa que ten moitas inflexións do bableasturiano e o acento propio é o de extremadura, haique acostumar o oído para entendelos. Estes po-bos ubícanse na serra de Gata, que marca fronteiraentre as provincias de Cáceres e Salamanca, moipreto, como se dixo antes, de Portugal, chámanse:Esjas, Villaverde del Fresno e San Martín de Treve-jo (é curioso a cantidade de nomes que hai enExtramadura con xenitivo); as razóns que se adu-cen para explicar as orixes deste curioso fenómenoremontan ós tempos medievais, coñecidos na his-toriografía tradicional como Reconquista, co esta-blecemento de grupos de poboación galego-astur-leoneses; agora ben, explicado a orixe do mesmo omáis dificil resulta explicar a pervivencia ó longo detantos séculos, como é posi-ble, remata un por preguntar-se, que non fose fagocitadopolo castelán, que era o idio-ma das elites dominantes noresto da coroa de Castela,sen lugar a dúbidas é difícildar cos motivos... pero pa-seando por estes pobos, apropia observación das súasxentes danos unha pista moivaliosa e ó mesmo temposinxela: é unha lingua quenon desapareceu porque osseus falantes transmitíronaxeración tras xeración, trans-mítena xeración tras xeración,xa que non é raro escoitarllafalar ós máis cativos, proce-so este que se está rompen-do en Galicia xa que as últi-mas pescudas sinalan que

xa son máis os castelán falantes que os galegosfalantes, nun proceso dialéctico onde un idiomaremata papando a outro. Hai que interrogarse por-que este proceso non se dou –e se se da, en moitamenor medida– nestes tres pobos, xa que é obvioque neles nunca a administración nin a educaciónestiveron na súa propia lingua como aconteceudurante tanto tempo no resto do Estado Español. Aerosión do galego e a ruptura progresiva nas súascadeas de transmisión xeracional explícase porquea xente considera máis útil e válido o castelán que asúa propia lingua, crendo que falar castelán é falarben e falar galego é falar mal (Castelao), axiomaeste establecido cunha solidez inamovible na mentede milleiros de persoas; neste sentido é acertada ahipótese que fai varios anos lanzaba Basilio Losa-da de que o galego desaparecerá nos próximosdouscentos anos, é obvio. Volvendo ós pobos dafala atopámonos que na súa mentalidade popularnon se dou este proceso que conduce á autodes-trucción da lingua, do seu peculiar particularismo,senón que a falan con toda a naturalidade e sobretodo dignidade: a súa lingua, ó contrario da nosa,non ten ningún tipo de connotacións negativas:

sexan estas verticais (dife-rencia de clases) ou hori-zontais (mundo urbano ver-sus mundo rural).

Ó mellor, nun futu-ro non moi lonxano, os quequeiran escoitar falar algosemellante ó galego teránque seguir o camiño quepercorreron aqueles gruposde poboación galego-astur-leoneses durante o séculoXII e reflexionar como é po-sible que un país rematerenunciando á súa propiafala mentras que unha va-riante desta perviva a máisde 600 quilómetros com-pletamente aillada da mes-ma durante centos deanos.

A Fala de Extremadura

Por Maxi Rei

imaxe dunha rúa de San Martín de Trebellu, obsérvese apeculiar morfoloxía da mesma: o regato de auga

atravesa o centro da rúa, elemento moi importante tantopolo seu equilibrio térmico como polo seu atractivoturístico; asimesmo son de destacar os escalóns de

cantería que hai nas entradas das casas, que se utilizabanpara cargar e subirse ós animais, segundo non indicou

unha guía local; tamén chama a atención a grancantidade de portas de dobre folla, tan típicas en Galicia.

Page 26: A Xanela - Betanzos

25A Xanela Outono 2005

Ir ó muíño de Cutián eraunha aventura para min.Collía un carreiro que estabadetrás da miña casa, un ca-rreiro cara ó leste que ía polabeira do balo que pechaba opasto dos de Cacheiro. Des-pois desembocaba no cami-ño da Fós, seguíao caraabaixo, chegaba a outro queviña do Cruceiro de Prese-do, e xiraba cara á dereita ecara abaixo, sempre caraabaixo. Todo transcorría nomedio dos montes, montescon pinos altos, algún euca-lipto de vez en cando, toxos,fieitos, silvas, corvos, pegas,paxaros por todas partes, insectos infindos...

Chegado un momento, saía do camiño ecollía, á esquerda, un carreiro que ía dereito caraó muíño. Pero este carreiro caía ó final moi empi-nado e tiña que procurar non esvarar.

Por fin, abaixo, estaba noutro camiño quebordeaba o río Mero e, á beira, unha ponte de pau.Ó outro lado, a casa grande (a min parecíamodaquela) con tres muíños moendo. Olor a fariña.¡Que dozura a fariña acabada de moer e quenteesvarando polos dedos tenros dun neno! Os rodi-cios que xiraban alí abaixo na auga. «Rodicio»:aínda me soa máxica hoxe esta palabra.

E logo o canal que traía a auga directamenteó muíño. Era un canal feito a propósito había moitotempo. Cada ano limpábano e aproveitaban varioshomes para coller moitas troitas co goxo. Un anocolleron unha enorme: traíaa o muiñeiro todo orgu-lloso ó lombo. Parece mentira pero así era. ¡Quealegría, que festa, que fame tiña eu e con queganas comía! Comía de todo naquel tempo, por-que ademais meus pais inculcáronme a idea deque non se podían botar soberbias, posto quehabía nenos no mundo que non tiñan que comer,e a min eso convenceume definitivamente, así quesempre comín o que me puxeron no prato e logointentei inculcarllo ós fillos.

Unha cousa que me quedou moi gravada foicando, un día que á noitiña saía para a miña casa,Xosé Manuel do Muíño me dixo: espera, vouchecoller unhas troitas. Metémonos no río, desde aponte cara arriba. Non había moita auga, eu íadetrás. Achegouse paseniño a unha beira, quedou

quieto, meteu as dúas mansabertas cara arriba, esperouinmóbil e, de súpeto, sa-counas pechadas agarrandounha troita. A impresión foitanta, parecíame tan incrible,que aínda hoxe o recordocomo se estivera pasando.Díxome que ás veces mesmolles acariciaba a barriga e elasesperaban. O caso é que porese método, sempre río arri-ba, colleume unha ducia máisou menos. Íaas enganchan-do polas engalas nun paocunha ramiña na parte baixa,que impedía que caeran.

Sempre me custaba vol-ver para a casa, pero logo non había máis remedio:tiña que, subir a costa. O problema estaba en quecon frecuencia era de noite. Lembro vivamente asensación de camiñar só polos camiños e carrei-ros, polo medio do monte, de noite pecha, sen lúa,rodeado polos infindos sons das árbores xigantes,dos animais...

Tódolos meus sentidos estaban alerta. Mes-mo remataba por ver bastante ben, aínda que nonhoubese lúa. Tiña medo, desde logo, pero estabaalí e había que chegar á casa como fose. E así, abase de repetir a experiencia moitas veces, funlleperdendo algún medo á noite, pero de todo aíndanon llo perdín hoxe. Hai algo na noite que produceinquedanza. De pronto, posibilidades terribles quede día non pasan pola cabeza, fanse moi reais coachegada das tebras. Está claro que a noite foisempre un tempo de perigo para as nosas vidasdesde hai millóns de anos e eso está impreso nomáis fondo do noso ser.

Coa familia dese muíño tiñamos meus paismáis eu unha relación de fonda amizade, aínda quetamén eramos familiares. Pero o muiñeiro prestára-lle cartos a meu pai cando estaba necesitado e meupai nunca o esqueceu e lembróunolo sempre.

Compartiamos as rexoadas, axudabámonosnos traballos de labranza (chameilles as vacas envarias ocasións nas terras costeiras que eles tiñan) e,en fin, aquela xente e ese muíño perdido no fondodaquel val encheron unha parte moi importante daxeografía mítica daquel neno labrego que aínda xogaas agachadas nos recunchos da miña memoria.

O muíño da memoria

Alfredo Erias

Ilustración: ERIAS

Page 27: A Xanela - Betanzos

26A Xanela Outono 2005

Víctor Tizón

Page 28: A Xanela - Betanzos

27A Xanela Outono 2005

Xosé Luis Sobrino

MÚSICA

Unha época dourada

para o pop coruñés

Jacobo Paz & Company

Single «En las Calles».

www.jacobopaz.com

O músico coruñés Jacobo Paz non é unrecén chegado á escena musical, aos seus 29anos xa ten publicado o disco «Buscando Pistas»e neste momento está a ultimar os temas quecomporán o seu segundo traballo discográfico. Oseu novo disco podería sair a principios do ano2006. Neste single de adianto Jacobo Paz ofreceunha pequena mostra do que pode conter esteálbum que seguramente confirmará a Jacobo comoun dos referentes da escena musical coruñesa.

O single ofrécenos o tema «En las calles» noque Jacobo cun estilo marcado polo pop españoldos anos 80 fai un percorrido nostálxico pola paisaxeurbana dunha cidade calquera, facilitando así aidentificación dos ointes co tema. Pero ademáistemos outro bo exemplo do seu bo facer co tema«Tierra seca, tierra mojada» con el podemosfacernos unha idea do que pode conter o agardadosegundo disco deste autor.

Hai que destacar que Jacobo Paz contoupara a gravación destes dous temas coacolaboración de Ángel Venancio, guitarrista quesoe acompañar a músicos como Manolo Tena ouLos Caños.

Ademáis para os directos o compositorherculino rodeouse dunha banda entre a quedestaca o guitarrista arxentino, Richi, músico cunhaampla traxectoria musical en Madrid e na Coruña.

Esta entrega complétase cunha entrega dovideoclip «En las calles», un bo aperitivo para irfacendo boca na espera de que se publique esesegundo traballo discográfico.

Dirección Norte

«Dirección Norte»

www.falcatruada.com

Dende a Coruña tamén chega DirecciónNorte, formación xurdida a raíz da desaparicióndoutra banda que acadara bastante sona no seumomento o grupo Hechizo. Dirección Norte estácomposta por Anet Beiro (vocalista) e Adolfo xuntocon Adrián na guitarra. Formación que se completanos directos cun batería, baixo e teclista.

Dirección Norte optou neste traballo polopop, dende o máis vitalista como no tema que abreo disco «Buscaré una luz», ata un pop máis

A música na cidade coruñesa está a atravesar un bo momento. Sempre se falou de que o referente musicalneste estilo era a cidade de Vigo e así foi no seu momento xa que de alí sairon nos 80 e 90 moitos dos gruposque logo chegarían a ser un referente a nivel nacional. O caso é que esta década trae novidades dende aCoruña e delas ímonos ocupar de seguido.

Page 29: A Xanela - Betanzos

28A Xanela Outono 2005

intimista con aires de balada romántica como o da

canción «Cuéntame». Na gravación do disco con-

taron con algunha colaboración salientable como a

de Rosa Cedrón (ex-Luar na Lubre), que ofrece un

dueto con Anet no tema «Cálido», tema que debe-

ría ser posiblemente un dos adiantos deste disco.

Pero neste disco poderemos atopar moitas cousas

máis como un homenaxe á música sudamericana

coa ranchera «No lo digas más». Pese a todo o pop

melódico é o nexo en común da maior parte deste

debut discográfico. Dez temas en suma nos que

disfrutar cun pop fresco que seguramente chegará

e satisfará a públicos moi diferentes e deixa paten-

te as súas raigames procedentes de estilos tan

suxerentes como o soul.

Silvia Penide

Invisible

www.falcatruada.com

Podemos xa disfrutar da nova entrega da

cantautora coruñesa, quen tras estar de xira polo

este de Europa regresou para ofrecer novos temas

neste novo disco «Invisible». Un traballo que segue

a liña doutras entregas, polo tanto o intimismo é o

seu ingrediente principal. O novo album está

integrado por trece temas nos que de novo é

evidente o talento como autora e letrista de Penide.

Un pequeno bocado ou perla é o que abre o

disco: «Quiero darte», un anticipo do que pode

ofrecer Silvia Penide a aqueles que non coñecen

aínda a súa música. O disco ten algún tema cumio

como «Que hago yo con esta ciudad» ou «Mi

rompecabezas». Pero si algo debe recoñecerselle

a Silvia é que ten unha habilidade particular para

ir fiando unha sucesión de temas que teñen sem-

pre algo en común. A cotidianidade anegada de

lirismo das súas letras que fan que os temas que

aborda, que son do máis variado, cheguen con

facilidade ao público. Ademáis neste traballo Silvia

Penide ofrece unha novidade, un tema cantado en

galego «Sen dúbida» que representa a súa estrea

como compositora na nosa lingua e sen dúbida

déixanos con ganas de escoitar no futuro algún

tema máis en galego. Tamén é salientable a pre-

sentación visual deste novo traballo, para o cal

Silvia Penide se rodeou dalgúns colaboradores/as

habituais que conseguiron un estupendo resulta-

do final. En suma un bo conxunto de cancións para

deixarse levar da voz e letras dunha cantautora

que xa ocupa un lugar preferente dentro da nosa

música.

Page 30: A Xanela - Betanzos

29A Xanela Outono 2005

CUADERNO DEL PRÍNCIPE DE ESPENUCA, de Carlos Penelas (Ave-

llaneda, 1946) é unha colección de notas intimistas e autobiográficas deste fillo de

galegos emigrantes, autor dunha extensa obra poética. Editado no pasado 2004

polo Centro Betanzos de Buenos Aires, entidade que ven de cumplir o seu

centenario, o autor evoca nas cen páxinas do caderno as orixes galegas da familia

(con raíces en Espenuca), as vivencias porteñas no seo dunha familia emigrada,

o proceso de formación intelectual e ideolóxico alentado dende a casa, ao tempo

que fai introspección sobre o papel do poeta e do intelectual na sociedade.

RAMÓN PIÑEIRO: CRONOBIOGRAFÍA E CARTAS é o segundo dos

Cadernos Ramón Piñeiro que edita o Centro do mesmo nome para a Investigación

en Humanidades. A edición está a cargo de Luís Alonso Girgado e Teresa

Monteagudo Cabaleiro. Recolle unha amplia cronobiografía e corenta e oito

cartas que Piñeiro (1915-1990) dirixira a Avilés de Taramancos (4 cartas), Carlos

Casares (3), Luis Pimentel (3) e a súa viúva Pilar Cayón (1), Rafael Dieste (4),

Manuel María (5), Manuel Meilán (1), Eduardo Moreiras (6), Claudio Rodríguez

Fer e Carme Blanco (5), Pilar Vázquez Cuesta (3) e Carlos Zubillaga Barrera (13).

O Caderno I leva por título RAMÓN PIÑEIRO: DÚAS LECTURAS e ten por

autores a Anxo González Fernández e Ramón López Vázquez.

O Caderno III está dedicado a BIBLIOGRAFÍA E HEMEROGRAFÍA DERAMÓN PIÑEIRO: UNHA CONTRIBUCIÓN e foi elaborado por Luís Alonso

Girgado, María Cuquejo Enríquez e Teresa Monteagudo Cabaleiro.

ALGUNHAS REFLEXIÓNS SOBRE O EXILIO E LORENZO VARELA,

recolle unha conferencia de Xosé Luis Axeitos na Universidade da Coruña

dentro dos actos de homenaxe ao poeta de Monterroso, protagonista da pasada

edición das Letras Galegas. Complementan o esclarecedor texto sete dos

poemas galegos de Varela. A edición do folleto corre a cargo de Ediciós do Castro

e leva un limiar do reitor da universidade coruñesa José María Barja.

FOULAS E RONSEIS (Retrincos para un tratado do mar dos galegos)é un volume que ven de editar Positivas recompilando artigos e ensaios de

Dionisio Pereira arredor da temática marítima, eido que o autor ven cultivando

alén da súa condición de investigador do sindicalismo galego, nomeadamente o

de signo anarquista. "O mar tamén ten historia", "O mar, humanizado" e "Cues-

tións encol do patrimonio marítimo" son os tres eixes arredor dos que se ordenan

os diferentes traballos que van dende as vellas loitas e organizacións mariñeiras,

ás formas de sociabilidade, a navegación tradicional, ate o patrimonio marítimo

vivo ou museístico.

CADERNO DE ESTUDIOS CHAIREGOS, nº 2, editado polo Instituto de

Estudios Chairegos (entidade sediada en Vilalba que ven desenvolvendo un moi

notable traballo cultural), ábrese cun limiar de Bernardo García Cendán e continúa

con vinte textos de diversos autores en "Homenaxe a Manuel María". Deste autor

reprodúcense varios textos sobre Vilaba. No apartado de "Investigación" atopa-

mos traballos sobre "As feiras e mercados no Condado de Vilalba" e "Os cruceiros

da Terra Cha. Algunhas tipoloxías dos cruceiros de A Pastoriza". Do xornalista

vilalbés Moncho Paz publícanse "Sete conversas con chairegos" recollidas de

xornais. Unha boa parte deste extenso volume está dedicado á sección "Tal como

eramos", que recolle a reproducción de máis de duascentas "Fotos para o

recordo", que recrean acontecementos, actividades e xentes de Vilalba. Pecha o

volume o apartado "Nova poesía" que recolle o poemario "Ao norte do camiño" de

María Xosé Lamas.

Baraxeiro

As novas que nos chegan

PUBLICACIÓNS

Page 31: A Xanela - Betanzos

30A Xanela Outono 2005

SILVA DE VARIA RECENSIÓN recolle varios comentarios críticos publi-

cados por Antón Capelán na prensa periódica sobre publicacións relacionadas

coa figura e obra de Camilo Díaz, Manuel Antonio, Armando Fernández Mazas,

Alejandro Finisterre e Avilés de Taramancos. O folleto inaugura a colección

Cadernos Ensaio de Edicións Laiovento.

O LIVRO DA PRIMEIRA CLASSE, novo poemario que autoeditaFernando Botto Semedo, autor cunha xa extensa obra poética, recupera amemoria da infancia e das cousas cotiás para reencontrarse co neno que foi,nuns versos limpos que o poeta quixera que fosen como unhas anotacións nocaderno escolar da crianza que comeza a escribir e a darlle nome ás cousas.

ESCRITOS. DOIS CONTOS E ALGUNS POEMAS recolle textos re-cuperados e inéditos de Oliveira Guerra, escritor portugués do que se cumpleeste ano o centenario do seu nacimento e que tivo unha grande relación conGalicia, contribuindo ao intercambio cultural galego-portugués coa creaciónda revista Céltica. A coordinación e selección dos textos, así como un limiarcorresponden a Alexandra Farela Ramos. A edición inclúe unha táboa crono-biográfica e textos sobre Oliveira de varios autores, incluída a súa filla MaríaVirginia Guerra Monteiro. O apartado "In Memoriam" recolle a repercusión dasúa morte en 1964 entre escritores e medios da Galicia da época.

NERUDA, CEM ANOS DEPOIS. Reflexos na poesia portuguesa,recolle unha colectánea de 77 poetas portugueses que celebran o poetachileno e a súa obra no centenario do seu nacemento o pasado 2004. Entreeles vemos nomes coñecidos, algúns amigos d´A Xanela como Ruy Ventura,Susete Viegas ou María Virginia Monteiro. Conta cun prefacio sobre arecepción da obra de Neruda en Portugal, de Manuel Simões, quen taméntraduz dous poemas do Nobel de 1971, de tema portugués. O organizador daantoloxía, que publica a Universitaria Editora, é o poeta Cristino Cortes.

saudade, revista de poesia, editada en Amarante (Portugal) e dirixidapor António José Queirós, sacou en xuño o seu número 7. Máis de corentavoces poéticas, a maior parte portuguesas, participan neste número dedicadoao poeta e profesor José Augusto Seabra. Entre elas o propio director, ecoñecidos nosos como Botto Semedo, Maria Virgínia Monteiro, AntónioCândido Franco, Nicolau Saião, Ulisses Duarte ou os galegos Xosé LoisGarcía e Xosé Mª Álvarez Cáccamo. Como "Extratexto" acompáñase undeseño de Francisco Laranjo, tamén en homenaxe a Seabra.

terra e tempo, revista galega de pensamento nacionalista, editadapola Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas e dirixida por XoánCarlos Garrido Couceiro achegounos dous novos números. Así, o nº 133,correspondente ao primeiro trimestre do 2005, entrevista ao líder indexinistaboliviano Evo Morales e inclúe un amplo dossier sobre Jean Paul Sartre nocentenario do pensador francés. Opinión, economía, cultura, internacional,viaxes, son outros apartados que recollen diversas colaboracións.

DISCO-BAR

Rosalía de Castro, 6-8

BETANZOSC/ Rollo, 34 · Tel. 981 772010 · BETANZOS

ESMORGA

Page 32: A Xanela - Betanzos

31A Xanela Outono 2005

Valdoncel, 91(Ponte Nova)

Tel. 981 770201BETANZOS

ESTANCO

PAPELERÍA

LIBRERÍA

REGALOS

IMPORTACIÓN

Plaza Alfonso IX, 10

Teléfono 981 770952 · BETANZOS

Na mesma Porta da Vila

Plateiros, 1 · BETANZOS

Tels. 981 770410 - 981 772661

F E R R E T E R Í A

BUTANO

José Luis

Page 33: A Xanela - Betanzos

32A Xanela Outono 2005

Rúa da Pescadería, 2Tel. 981 77 26 72 · Fax 981 77 47 3415300 BETANZOS (A Coruña)

FERRETERÍA

MENAXEROQUEROQUEROQUEROQUEROQUEMATERIAL ELÉCTRICODistribuidor: CAMPING-GAS

COPIA DE CHAVESCERRALLERÍA · FERRAXES

Avda. Xesús García Naveira, 36

Tel. 981 773253 · BETANZOS

R/ Valdoncel, 16

15300 BETANZOS

Teléfono 981 774798

MARÍA LÓPEZ JUNQUERAJORGE DÍAZ SÁNCHEZ

L I B R E R Í A P A P E L E R Í A

Rúa do Rollo, 32 · 15300 BETANZOS (A Coruña)Tel. 981 772649 · E-mail: [email protected]

Rúa do Castro, 2

Betanzos dos Cabaleiros

Teléfono 981 77 36 69

SOPORTAIS DA FONTE DE UNTA, 10

B E T A N Z O SB E T A N Z O S

Avda. Fraga Iribarne, s/n · Tel. 981 772714Fax 981 772600 · 15300 BETANZOS

Almacenes ROYAL, S.L.A SUA CASA EN PINTURAS

EN PINTURAS BRUGUER,

PREZOS SEN COMPETENCIA

FincasDoCastro

Se merca ou vende. Consúltenos!

A.P.I.

981 773636 Rúa do Castro, 17-1º

Carta de Café

Doces caseiros

Café Café Café Café Café PlazaVenta de billetes do

Grupo Alsa Enatcar

Avda. de Castela, 2 · BETANZOS

Teléfono 981 77 27 45

Page 34: A Xanela - Betanzos