lic betanzos-mandeo

45
ESPAZOS NATURAIS LIC Betanzos-Mandeo

Upload: monadela

Post on 15-Apr-2017

171 views

Category:

Education


5 download

TRANSCRIPT

Page 1: Lic Betanzos-Mandeo

ESPAZOS NATURAISLIC Betanzos-Mandeo

Page 2: Lic Betanzos-Mandeo

O espazo protexido abrangue o curso do río Mandeo desde Ponte Aranga e o do Mendo desde Oza (Oza-Cesuras), unha parte do río Zarzo, os esteiros do Mandeo e do Lambre, e a parte da ría de Betanzos entre Miño e a punta de Gandarío.

Page 3: Lic Betanzos-Mandeo

SITUACIÓN: Zona máis interna do Golfo Ártabro, no fondo da ría de Betanzos, ao NNW da provincia da CoruñaSUPERFICIE: 1.020 ha.CONCELLOS: Aranga, Bergondo, Betanzos, Coirós, Irixoa, Miño, Paderne e Oza – Cesures (A Coruña)PROTECCCIÓN: Lugar de importancia comunitaria (LIC) 29 -12-2004Zona especial de conservación (ZEC) 31-3-2014VALORES NATURAIS: esteiro, río, bosque de ribeira, aves acuáticas.

Page 4: Lic Betanzos-Mandeo

Hai, pendente de aprobación desde 2011, unha proposta de apliación a 1.792,1 ha, que inclúe o Mandeo ata a Castellana e parte do curso do rego Cambás (co seu afluente o Palanca).

Page 5: Lic Betanzos-Mandeo

XEOLOXÍAO territorio é dunha gran diversidade xeolóxica e morfolóxica, desde as terras baixas achegadas á costa ata os escarpados vales dos ríos que forman, nalgúns casos, profundos canóns.

O Mandeo en Chelo.

Page 6: Lic Betanzos-Mandeo

CLIMAOceánico-húmido, cunha media de 13,3 ºC. No interior ten matices continentais, con invernos moito máis frios.

Page 7: Lic Betanzos-Mandeo

RÍO MANDEONace no Marco das Pías (Sobrado dos Monxes), entre os montes do Bocelo e do Corno do Boi. Nos seus 56 km de percorrido drena os concellos de Sobrado, Aranga, Curtis, Irixoa, Oza-Cesuras, Coirós, Paderne e Betanzos. Despois dun lento percorrido pola penichaira cae rapidamente no val de Betanzos onde moi a modo acada a desembocadura formando un amplo esteiro.Os principais a fluentes pola dereita son o Portabenza, Cambás (co Palanca) e Zarzo; e pola esquerda o Deo (co Carballido), Vexo e Mendo.Ten varios aproveitamentos hidroeléctricos: Central Eléctrica Mandeo-Zarzo, MC da Castellana (no Mandeo), MC Vexo e Cambás. Está protexido desde a confluencia do Cambás (Ponte Aranga) ata o esteiro, un total de 25 km. En Chelo (Coirós) hai unha Aula da Natureza e un centro de interpretación dos ríos e da auga.

Page 8: Lic Betanzos-Mandeo

O Mandeo en Aranga

Page 9: Lic Betanzos-Mandeo

O Mandeo en Chelo (Coirós/Paderne).

Page 10: Lic Betanzos-Mandeo

O Mandeo en Betanzos.

Page 11: Lic Betanzos-Mandeo

Esteiro do Mandeo.

Page 12: Lic Betanzos-Mandeo

Esteiro do Mandeo.

Page 13: Lic Betanzos-Mandeo

Marismas do Mandeo

Page 14: Lic Betanzos-Mandeo
Page 15: Lic Betanzos-Mandeo

Ponte do Pedrido sobre o esteiro do Mandeo, entre os concellos de Bergondo e Paderne.

Page 16: Lic Betanzos-Mandeo

RÍO MENDO É o principal afluente do Mandeo. Nace en Foxado (Curtis), entre o coto da Carriceira e o monte da Graña, e percorre terreos de Cesuras, Oza-Cesuras (fai límite con Coirós) e Betanzos onde se xunta co Mandeo moi preto da desembocadura. Ten como afluentes pola dereita o Carnes, Miñatos e Torarou; e pola esquerda o Piñeiredo e Velín.Está protexido desde Paio (Oza).

O Mendo en Oza

Page 17: Lic Betanzos-Mandeo

O Mendo en Oza

Page 18: Lic Betanzos-Mandeo

O Mendo en Coirós

Page 19: Lic Betanzos-Mandeo

RÍO ZARZO Un afluente do Mandeo que baixa dos Montes da Pena e atravesa terreos de Irixoa e Paderne. Únese ao Mandeo en Vigo (Paderne) nun estreito canón no que se atopa unha sucesión de rápidos e pequenas fervenzas. Está aproveitado por unha minicentral que mingua moito o seu caudal.

O Zarzo en Vigo (Paderne), pouco antes de se xuntar co Mandeo

Page 20: Lic Betanzos-Mandeo

RÍO LAMBRE Nace en Monfero e desemboca na Ponte do Porco, entre Paderne e Miño. O esteiro está protexido.

O Lambre na Ponte do Porco

Page 21: Lic Betanzos-Mandeo

RÍA DE BETANZOSTen dous sectores ben diferenciados. O primeiro vai de Betanzos ata a ponte do Pedrido, é un esteiro típico onde sedimentan os lodos transportados polos ríos Mandeo e Mendo, unha zona estreita con amplas zonas de sedimentos fangosos que quedan descubertas coa marea baixa. O segundo é máis amplo e desemboca no mar confluíndo coa ría de AresAs rochas dominantes son xistos, filitas e lousas.Está protexida desde a Punta de Gandarío ata a praia Pequena de Miño, incluíndo o espazo mariño.

A COSTA

Page 22: Lic Betanzos-Mandeo

Esteiro do Mandeo e ría de Betanzos.

Page 23: Lic Betanzos-Mandeo

Punta Xurelos, entre os esteiros do Lambre e do Mandeo

Page 24: Lic Betanzos-Mandeo

Esteiro do Lambre

Page 25: Lic Betanzos-Mandeo

Esteiro do Lambre e praia da Alameda (Ponte do Porco)

Page 26: Lic Betanzos-Mandeo

TIPOS DE HÁBITATS DO ANEXO I DA DIRECTIVA 92/43/CEE

-Bancos de area cubertos permanentemente por auga mariña, pouco profunda-Esteiros-Chairas lamacentas ou areentas que non están cubertos de auga na baixamar-Grandes calas e baías pouco profundas-Arrecifes-Vexetación anual sobre argazos-Cantís con vexetación das costas atlánticas e bálticas-Vexetación anual pioneira con Salicornia e outras especies de zonas lamacentas ou areentas-Pasteiros de Spartina (Spartinion maritimi)-Pasteiros salinos atlánticos (Glauco-Puccinellietalia maritimae)-Matogueiras halófilas mediterráneas e termoatlánticas (Sarcocornetea fructicosae)-Dunas móbiles embrionarias-Dunas móbiles de litoral con Ammophila arenaria (dunas brancas)-Dunas costeiras fixas con vexetación herbácea (dunas grises)-Ríos dos pisos basal a montano con vexetación de Ranunculion fluitantis e deCallitricho-BatrachionQueirogais húmidos atlánticos de zonas temperadas de Erica ciliaris e Erica tetralix-Queirogais secos europeos-Zonas subestépicas de gramíneas e anuais do Thero-Brachypodietea-Prados con molinias sobre substratos calcáreos, turbosos ou arxilo-limosos(Molinion caeruleae)-Megaforbios eutrofos hidrófilos das orlas de chaira e dos pisos montano a alpino-Prados pobres de sega de baixa altitude (Alopecurus pratensis, Sanguisorba officinalis)-Encostas rochosas silíceas con vexetación casmofítica-Rochedos silíceos con vexetación pioneira do Sedo-Scleranthion ou do Sedo albi-Veronicion dillenii-Bosques de encostas, desprendementos ou barrancos do Tilio-Acerion-Bosques aluviais de Alnus glutinosa e Fraxinus excelsior (Alno-Padion, Alnion incanae, Salicion albae)-Carballeiras galaico-portugueses con Quercus robur e Quercus pyrenaica.

Page 27: Lic Betanzos-Mandeo

Nos cursos medios dos ríos consérvanse bosques de ribeira con amieiras, salgueiros freixos, bidueiros, abelairas, sabugueiros, sanguiños, carballos, fentos (dentabrú, blechno, fento macho, fento femia...), brións, molinia, espadainas, xuncos, salgueiriño, amenta de auga, amarelle, ranúnculos, oucas, pe de boi, raíña, adelfiña, herba centella, espiga de auga...

Pé de boi (Oenanthe crocata)

FLORA

Page 28: Lic Betanzos-Mandeo

Flores femininas de salgueiro (Salix cinerea), unha das árbores máis comúns dos ríos e zonas húmidas.

Freixos na ribeira do Mandeo.

Page 29: Lic Betanzos-Mandeo

Dentabrú (Osmunda regalis)

Page 30: Lic Betanzos-Mandeo

Nos esteiros e marismas atópanse plantas adaptadas ás augas salobres: sebas, xuncos, salicornias, verdoaga mariña, acelga salgada, herba das anduriñas, escirpo...

Xunco (Juncus effusus)

Page 31: Lic Betanzos-Mandeo

Verdoaga mariña (Halimione portulacoides). Vive nas marismas fangosas onde cubre amplos espazos na liña das mareas.

Page 32: Lic Betanzos-Mandeo

Nos areais hai correola, feo, pirixel do mar, caquile, cardo mariño...Na rochas podemos atopar pirixel do mar, herba de namorar, liques, sedum...

Pirixel do mar (Crithmum maritimum)

Correola (Calystegia soldanella)

Page 33: Lic Betanzos-Mandeo

Bocho (Fucus vesiculosus)

Na área mariña aparecen algas apegadas ás rochas e ao fondos mariños.

Page 34: Lic Betanzos-Mandeo

ESPECIES DO ANEXO II DA DIRECTIVA 92/43/CEENarcissus cyclamineusTrichomanes speciosumWoodwardia radicans

Fento (Woodwardia radicans)

Page 35: Lic Betanzos-Mandeo

No bosque de ribeira e na beira da auga viven paxaros (ferreiriños, lavandeiras, merlos rieiros…), picapeixes, anfibios (ras, pintafontes, saramaganta, sapos), réptis (cobra sapeira, lagartos), moluscos (lesmas, caracois) e numerosos insectos.

Picapeixes (Alcedo atthis)Lesma (Arion ater)

FAUNA

Page 36: Lic Betanzos-Mandeo

Libeliña (Calopteryx virgo)

Page 37: Lic Betanzos-Mandeo

Os esteiros e marismas acollen unha importante representación de aves acuáticas: garza, garzota, picapeixes, gabita, gaivotas (patiamarela, chorona e escura), mazarico (galego e curlí), píllara real, lavanco real, pato cincento, pato asubión, parrulo pentumeiro común, mergo, corvo mariño real...

Xunco (Juncus effusus)

Limícolas.

Page 38: Lic Betanzos-Mandeo

Rascón (Rallus aquaticus)

Page 39: Lic Betanzos-Mandeo

ESPECIES DO ANEXO II DA DIRECTIVA 92/43/CEEInvertebrados Cerambyx cerdoElona quimperianaEuphydryas auriniaGeomalacus maculosusLucanus cervusMargaritifera margaritiferaOxygastra curtisiiPeixesChondrostoma polylepisPetromyzon marinusRutilus arcasiiSalmo salarAnfibiosChioglossa lusitanicaDiscoglossus galganoiRéptilesLacerta monticolaLacerta schreiberiMamíferosGalemys pyrenaicusLutra lutraRhinolophus ferrumequinumRhinolophus hipposideros

Escarabello lonxicorne (Cerambyx cerdo)

Sapiño pinto (Discoglossus galganoi)

Page 40: Lic Betanzos-Mandeo

Pesca, marisqueo, lecer...

ACTIVIDADES

Page 41: Lic Betanzos-Mandeo

É unha área densamente poboada desde tempos moi antigos.Ata o século XVIII o porto de Betanzos foi un dos máis importantes centros pesqueiros e comerciais do antigo Reino de Galiza. Os sedimentos fluviais que colmataron a ría e minguaron o seu calado contribuíron a que fose esmorecendo o tráfico marítimo.

HISTORIA-PATRIMONIO CULTURAL

O Mandeo en Betanzos. Moitos dos barcos do río empréganse para remontalo na romería dos Caneiros.

Page 42: Lic Betanzos-Mandeo

-Vila de Betanzos-Paraxe de Chelo: o Mandeo discorre encaixado por un angosto canón de rochas xistosas. Hai unha aula do río cun centro de interpretación fluvial.-A Espenuca: vistas sobre o canón do Mandeo e capela-Esteiro do Mandeo-Praias de Moruxo, Cabana e Pedrido (Bergondo) e Alameda e Subrido (Miño)-Punta Xurela (Paderne)-Pazo de Mariñán (Bergondo), conta con numerosas árbores de interese, algunhas protexidas no Catálogo de árbores senlleiras da Xunta de Galiza.

PUNTOS DE INTERESE

Aula da Natureza e Centro de Interpretación Fluvial de Chelo (Coirós)

Page 43: Lic Betanzos-Mandeo

O Pazo de Mariñán e o esteiro do Mandeo

Page 44: Lic Betanzos-Mandeo

Extracción de áridos, vertidos, recheos, obras, presenza de especies invasoras (cangrexo de río americano, véspora asiática, troita arco da vella, acacia, mimosa, plumeiro, tritonia, tradescantica, unlla de gato, sargazo xaponés ...)

PROBLEMAS

Crocosmia ou tritonia procedente do cruce de dúas especies sudafricanas. Atópase pola beira dos ríos e lugares húmidos

Page 45: Lic Betanzos-Mandeo

Montaxe e Fotos: Adela Leiro, Mon DaportaXullo 2016