comarca de betanzos

94
BETANZOS A NATUREZA

Upload: monadela

Post on 22-Jan-2018

202 views

Category:

Education


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: Comarca de Betanzos

BETANZOSA NATUREZA

Page 2: Comarca de Betanzos

A comarca de Betanzos está situada no norte de Galiza, entre a costa do fondo do Golfo Ártabro e as serrasda Dorsal Galega.Forma parte dunha gran comarca tradicional coñecida como Terras das Mariñas ou Mariñas dos Condes que vai desde A Coruñe ata a desembocadura do Eume.O territorio é dunha gran diversidade xeolóxica e morfolóxica, desde as terras baixas achegadas á costa ata os cumes da Dorsal e as penichairas do interior da provincia da Coruña, o que da lugar tamén a unha gran diversidade paisaxística, climática e biolóxica. Acolle unha gran diversidade natural con espazos de montaña, fluviais e costeiros e dúas áreas protexidas, os LICs “Betanzos-Madeo” e “Encoro de Cecebre”.

Page 3: Comarca de Betanzos

O Mandeo en Chelo, entre Coirós e Paderne.

Page 4: Comarca de Betanzos

SUPERFICIE: 677 km2

POBOACIÓN: 37.452 habitantes (2014)

CONCELLOS: Aranga, Betanzos, Oza-Cesuras, Curtis, Irixoa, Miño, Paderne, Vilarmaior e Vilasantar

ESPAZOS PROTEXIDOS:

LICs “Betanzos-Mandeo”, “Encoro de Cecebre”

Page 5: Comarca de Betanzos

CLIMANas áreas próximas á costa o clima é oceánico-húmido, cunha media de 13,3 ºC. No interior tén matices continentais, con invernos moito máis frios (en Curtis a media é de dous graos menos).

Esteiro do Baxoi (Miño)

Page 6: Comarca de Betanzos

ACTIVIDADESAs principais actividades son os servizos (54%), a industria (17%), e a agrogandaría (17%).

Vista de Betanzos

Page 7: Comarca de Betanzos

PATRIMONIOO patrimonio histórico-artístico e etnográfico é moi importantes: casco histórico de Betanzos, numerosas igrexas románicas e barrocas, pontes, muíños, pazos, castelos, hórreos...

Xacemento arqueolóxico de Pena FuradaDestaca o pretróglifo “A Moura” unha figura co sexo moi destacado que podería representar a fertilidade no simbolismo da idade do ferro.

Page 8: Comarca de Betanzos

Igrexa de San Francisco de Betanzos

Page 9: Comarca de Betanzos

Igrexa de San Francisco, do século XIV, un dos mellores exemplos do gótico galego

Page 10: Comarca de Betanzos

Igrexa de Colantres (Coirós)

Igrexa de Santa María de Lesa (Coirós)

Page 11: Comarca de Betanzos

Igrexa de Santa María de Ois (Coirós)Igrexa de Santiago de Ois (Coirós)

Page 12: Comarca de Betanzos

Igrexa de Mandaio (Oza-Cesuras) Igrexa de Salto (Oza-Cesuras)

Page 13: Comarca de Betanzos

Igrexa de Santa Cruz de Mondoi (Oza-Cesuras)

Igrexa de Porzomillos (Oza-Cesuras)

Page 14: Comarca de Betanzos

Igrexa de San Pedro de Oza (Oza-Cesuras)

Page 15: Comarca de Betanzos

O XARDÍN DO PASATEMPOSituado ás aforas de Betanzos. Promovido polo indiano Juan García Naveira, emigrante retornado. Foi construído en 1893 a xeito de parque temático. Contaba con 90.000 m2 de superfie (consérvase unha décima parte) repartidos entre xardíns e construcións: fontes, covas, estanques, estatuas... Na Guerra Civil foi destruído en parte e dedicado a campo de concentración, logo quedou abandoado. Foi mercado polo concello de Betanzos en 1986 e rehabilitado como parque.

Page 16: Comarca de Betanzos

CONCELLOS

SUPERFICIE: 120,11 km2 POBOACIÓN: 2.033 habitantes (2014)PARROQUIAS: Aranga, Cambás, Feás, Muniferral, San Vicente de Fervenzas e Vilarraso.

ARANGASituado ao leste da comarca na vertente oeste das serras da Dorsal. O territorio é montañoso e está atravesado e sur a noroeste polo río Mandeo que recibe como principal afluente ao Cambás. Está rodeado de serras, en especial polo norte (serra da Loba) e leste (Cordal de Montouto). A máxima altura do concello é o Buño, con 738 m.

Vista sobre Aranga e Curtis desde o Serrón Gordo, na estrada de Ponte Aranga a Cambás.

Page 17: Comarca de Betanzos

Aranga é un concello eminentemente rural sen grandes núcleos de poboación e cunha grande superficie forestal. As actividade principal é a agrogandaría, en especial o gando vacún de leite.Acolle espazos de gran interese natural e etnográfico na contorna do río Mandeo e do seu afluente Cambás. Varias rutas sinalizadas polo concello permiter percorrer estes ríos e a fraga das Barbudas.

Ponte sobre o Mandeo en

Aranga.

Canón do Mandeo en Aranga (A Castellana).

Page 18: Comarca de Betanzos

SUPERFICIE: 24,23 km2 POBOACIÓN: 13.352 habitantes (2014)PARROQUIAS: Betanzos, Brabío, Piadela, Pontellas, Requián, San Pedro das Viñas e Tiobre

BETANZOSSituado no noroeste da comarca. O territorio do concello forma parte das Mariñas Coruñesas, é de relevo irregular con pequenas alturas que acadan o máximo no nordeste, no monte Barreiras (166 m), no linde con Paderne. Os cursos baixos dos ríos Mandeo e Mendo forman os vales da parte central do concello e o río Mero fai de linde polo sur e polo oeste.

Casas tradicionais en Betanzos. A vila de Betanzos foi capital dunha das sete provincias en que estaba dividido o antigo reino de Galiza. Tivo un gran desenvolvemento comercial e portuario desde a Idade Media ata o século XIX.

Page 19: Comarca de Betanzos

As principais actividades son os servizos, a industria, a agricultura (viñedos, produtos de horta) e a gandaría. A vila de Betanzos é o centro de servizos da comarca, un importante núcleo turístico e nó de comunicacións.Os espazos de maior interese natural atópanse nos vales dos ríos con zonas protexidas nos LICs “Betanzos-Madeo” e “Encoro de Cecebre”.Acolle un importante patrimonio histórico-artístico, centrado especialmente no casco histórico da vila de Betanzos que conserva rúas de trazado medieval, casas tradicionais e numerosas igrexas de grande valor monumental. Foi declarada Conxunto Histórico Artístico en 1970.

Detalle do pórtico de Santa María de Azogue, de finais do século XIV e comezos do XV.

Igrexa de San Domingos

Page 20: Comarca de Betanzos

Vistas do casco histórico de Betanzos

Page 21: Comarca de Betanzos

SUPERFICIE: 33,60 km2 POBOACIÓN: 1.747 habitantes (2014)PARROQUIAS: Armea, Coirós, Colantres, Santa María de Ois, Santa Mariña de Lesa e Santiago de Ois.

COIRÓSEstá situado no centro da comarca, entre os vales dos ríos Mandeo e Mendo. O relevo é moi accidentado e con grandes desniveis xa que se atopa no terreo de transición entre a Superficie Fundamental Galega, situada ao leste e as terras baixas costeiras. As máximas altura sitúanse no leste cos puntos máis altos no Pico da Felga (595) e na Pena do Sal (499 m).Os ríos forman vales encaixados, o Mandeo, fai de linde polo norte e o Mendo polo sur.

O río Mendo entre Coirós e Oza-Cesuras, no Muíño dos Cabalos.

Page 22: Comarca de Betanzos

Coiros é un concello eminentemente rural sen importantes núcleos de poboación. As principais actividades son a agrogandaría (granxas avícolas, cultivos de horta, gando vacún), os servizos e o sector forestal.Os espazos naturais máis interesantes atópanse nos ríos, protexidos no LIC “Betanzos-Mandeo”.Acolle un importante patrimonio histórico artístico, no que destacan as igrexas da Espenuca, Santa María e Santiago de Ois.

Aula da natureza en Chelo, centro de interpretación da auga e do río.

Campanario no cume da Espenuca

Page 23: Comarca de Betanzos

SUPERFICIE: 116,53 km2 POBOACIÓN: 4.048 habitantes (2014) PARROQUIAS: Curtis (Santaia), Fisteus, Foxado e Curtis-Estación.

CURTISSituad no sur da comarca. Forma parte dunha gran superficie de erosión polo que ten un relevo bastante uniforme e achairado cunha altitude media de 550 m. A serra da Cova da Serpe fai de linde do concello polo leste, co cume máis alto na Pena do Ombral, con 644 m. Una aliñación que sae desta serra cara ao oeste fai de linde polo sur, coa máxima altitude nas Barrosas, con 584 m. O río máis importante é o Mandeo, que percorre o territorio do concello de sur a norte e os seus afluentes Mendo, Deo e Carballido. O Rego dos Muíños, afluente da cabeceira do Tambre, circula polo sur.

Paisaxe de Curtis.

Page 24: Comarca de Betanzos

As principais actividades son a industria (conta con dous importantes polígonos industriais en Curtis e Teixeiro) e a agrogandaría.Os lugares de maior interese natural atópanse na serra da Cova da Serpe e nos vales dos ríos (Brañas do Deo)

Polígono industrial de Teixeiro-Curtis.

O Mandeo en Foxado.

Page 25: Comarca de Betanzos

SUPERFICIE: 68,19 km2 POBOACIÓN: 1.421 habitantes (2014)PARROQUIAS: Ambroa, Churío, Coruxou, Irixoa, Mántaras, Verís e A Viña

IRIXOAEstá situado ao nordeste da comarca. O territorio é de relevo achairado con formas suaves e dunha altitude media de 400 a 500 m. As máximas alturas atópanse ao leste nos montes da Pena que forman parte das estribacións da serra da Loba (Pico de Vales, con 699 m).O río Mandeo fai de linde polo sur do concello e o seu afluente, o Zarzo percórreo de leste a oeste. O Lambre circula polo norte e fai parcialmente de linde co concello de Vilarmaior.

O Mandeo en Irixoa.

Page 26: Comarca de Betanzos

A principal actividade é a agrogandaría.Os espazos naturais de maior interese atópanse nos vales dos ríos e nas montañas. Unha parte está protexida no LIC “Betanzos-Mandeo”

O Mandeo en Irixoa.

Page 27: Comarca de Betanzos

SUPERFICIE: 32,51 km2 POBOACIÓN: 5.838 habitantes (2014)PARROQUIAS: Bemantes, Callobre, Carantoña, Castro, Leiro, Miño, Perbes e Vilanova.

MIÑOEstá situado na marxe dereita da ría de Betanzos, nun territorio que forma parte das Mariñas, de relevo moi variado e irregular, pero de pouca altura. O río Baxoi é o principal curso fluvial do concello. Atravésao de leste a oeste e forma un amplo esteiro e a barra onde se asenta a praia de Miño. O río Lambre fai de linde polo sur.A costa alterna amplos areais protexidos con zonas rochosas de pouca altura.

Porto e praia da Ribeira, en Miño.

Ponte medieval (do século XIV) sobre o Baxoi, en Miño.

Page 28: Comarca de Betanzos

As principais actividades son os servizos, en especial o turismo, a agrogandaría, a pesca e o marisqueo.A súa costa ten un grande interese natural, unha parte está protexida no LIC “Betanzos-Mandeo”

Igrexa románica de San Xoán de Vilanova, do século XII.

Muíño de vento do Boucelo

Page 29: Comarca de Betanzos

SUPERFICIE: 151,8 km2

POBOACIÓN: 5.275 habitantes (2014)PARROQUIAS: Borrifáns, Bragade, Carres, Cutián, Dordaño, Figueiredo, Filgueira de Barranca, Filgueira de Traba, Loureda, Mandaio, Paderne, Probaos e Trasanquelos (antes Cesuras), Bandoxa, Cis, Cuíña, Mondoi, Oza, Parada, Porzomillos, Reboredo, A Regueira, Rodeiro, Salto e Vivente (antes Oza dos Ríos).

OZA-CESURASÉ o concello máis novo de Galiza, constituído o 7 de xuño de 2013 por fusión dos concellos de Cesuras e Oza dos Ríos.Está situado no suroeste da comarca. O terreo encosta baixa cara ao oeste desde os montes da Tieira, ao sur (520 m) e os montes do Gato, ao leste (550 m), nos que recollen as augas os ríos Mero (recibe O Miñatos e o Felín) e Mendo (cos seus afluentes Furoca e Corveiro).

Page 30: Comarca de Betanzos

As principais actividades son os servizos, a agrogandaría (gando vacún) e o sector forestal.Os espazos naturais de maior interese atópanse nos vales dos ríos que acollen áreas de bosques de ribeira ben conservadas e algunha fervenza. Unha parte está protexida no LIC “Betanzos-Mandeo”.Conserva un importante patrimonio histórico artístico entre o que destacan as igrexas románicas de San Nicolás de Cis e San Pedro.

Igrexa románica de San Nicolao de Cis.

O Sanatorio (O Paraxón, Bragade). Construído en 1927 con cartos dos emigrantes cubanos, só funcionou como centro antituberculoso durantes uns meses. Actualmente é un parque municipal cun amplo espazo de bosque.

Page 31: Comarca de Betanzos

SUPERFICIE: 39,90 km2 POBOACIÓN: 2.502 habitantes (2014)PARROQUIAS: Adragonte, Obre, Paderne, Quintas, San Pantaleón das Viñas, San Xulián de Vigo, Souto, Vilamourel e Vilouzás.

Desembocadura do lambre na Ponte do Porco.

PADERNEEstá situado ao noroeste da comarca, na marxe dereita da ría de Betanzos. A capital municipal é O Consistorio.O territorio é unha sucesión de superficies de erosión situadas entre os vales dos ríos Lambre, ao norte, e Mandeo, ao sur, coas máximas alturas ao leste, no Pico do Feal (409 m) e monte Petón (338 m) e unha zona achairada no centro. A liña costeira vai desde o esteiro do Mandeo ata o do Lambre e alterna pequenas áreas de rochas baixas con extensos areais protexidos.

Page 32: Comarca de Betanzos

As principais actividades son a agrogandaría (especialmente gando vacún) e os servizos. Os espazos de interese natural está asociados á costa e ao río Mandeo, ambos protexidos no LIC: “Betanzos-Mandeo”.

Ponte do Pedrido, na desembocadura do Mandeo.

Igrexa de San pantaleón das Viñas, no camiño de Santiago.

Page 33: Comarca de Betanzos

SUPERFICIE: 30,34 km2 POBOACIÓN: 1.236 habitantes (2014).PARROQUIAS: Doroña, Goimil, Grandal, Torres, Vilamateo e Vilarmaior

Paisaxe de Vilarmaior.

VILARMAIOROcupa una superficie de no nordeste da comarca. A capital municipal é A Armada.O territorio é accidentado, moi fracturado e afectado pola erosión dos ríos. Sitúase na transición entre as terras costeiras das Mariñas e as penichairas de Monfero e ten as máximas altitudes no leste, no Catasol (440 m) e no Seixo Grande (375 m).O río Baxoi cruza o concello de leste a oeste e o Lambre fai de linde polo sur.

Page 34: Comarca de Betanzos

Igrexa románica de Doroña.

As principais actividades son os servizos, a agrogandaría e o sector forestal.Os espazos naturais de maior interese atópanse nas marxes dos ríos.No patrimonio cultural destacan as igrexas románicas de Santa María de Doroña, construída en 1162, e a de San Pedro de Vilarmaior.

Área de lecer Muíño da Ferreña, no río Anduriña.

Page 35: Comarca de Betanzos

SUPERFICIE: 59,21 km2 POBOACIÓN: 1.316 habitantes (2014).PARROQUIAS: Armental, Barbeito, Mezonzo, Présaras, San Vicenzo de Curtis, Vilariño e Vilasantar.

Escola de agricultura ecolóxica.

VILASANTAREstá situado ao sur da comarca. O territorio do concello forma parte dunha ampla superficie de erosión cunha altitude de 350 a 500 m. Os cumes máis destacados son o Pena Grande, con 563 m e o O Corvo, con 550 m.Forma parte da conca do Tambre, que percorre o linde do concello polo sur e recolle as augas do rego dos Muíños, Cabalar e Gándaras.

Page 36: Comarca de Betanzos

Igrexa de Santa María de Mezonzo. Formou parte dun mosteiro suprimido no século XV.

A principal actividade é a agrogandaría, especialmente o gando vacún de leite e a forestal.Os espazos de maior interese natural atópanse nas beiras dos ríos.Conserva un importante patrimonio histórico artístico no que destaca a igrexa románica de Santa María de Mezonzo.

Encoro da minicentral de Présara, na confluencia dos ríos Tambre e Cabalar.

Page 37: Comarca de Betanzos

RELEVOA comarca de Betanzos ten un relevo moi irregular con alternancia de zonas baixas e altas, de vales profundos, serras e penichairas. A composición das rochas é tamén moi variada, o que constribúe a unha paisaxe máis diversa. As partes baixas forman parte do chamado Complexo de Ordes, con rochas moi variadas, (xistos, anfibolitas, gabros...) e as altas está formadas maiormente por granitos.No relevo distínguense varias zonas: no oeste e norte unha área de baixa altitude de vales amplos que descenden en xeral cara á costa e aos vales dos ríos Lambre, Mandeo, Mendo e Mero; no centro unha área de transición con relevos abruptos e abundancia de granitos; e no sur unha ampla penichaira de 500 a 600 m de altitude. No linde leste unha sucesión de serras que forman parte da Dorsal Galega: serra da Loba, Cordal de Montouto e Cova da Serpe, e no suroeste os monte da Tieira, que fan de linde coa comarca de Ordes.

Cumes da serra da Loba

Page 38: Comarca de Betanzos

Vista das serras da Loba e Montouto onde se aprecian os cumes achairados.

Page 39: Comarca de Betanzos

A vexetación dos montes é tamén moi variada. Hai grandes áreas repoboadas con piñeiros e eucaliptos e nas serras da Dorsal consérvanse algunhas fragas atlánticas.Os cumes están cubertos de mato de toxo e breixo. Nas zonas achairadas de cumes suaves os montes están aproveitados como terras de pastos.

Montes da Pena, en Aranga.

Breixos, unha das plantas máis abundantes no mato dos montes.

Page 40: Comarca de Betanzos

Vista xeral da serra.

SERRA DA LOBAEsténdese con dirección N-S, facendo de fronteira entre as provincias de Lugo e A Coruña, desde a Depresión das Pontes ata as cabeceiras dos ríos Mandeo (oeste) e Labrada (leste) que a separan da Cordal de Montouto. É unha serra de relevo suave modelado sobre granito de dúas micas, gneis “ollo de sapo”, xistos migmatíticos e granito intrusivo. Fai de divisoria de augas entre a conca do Miño e as do Lambre e Mandeo.Os puntos máis altos nesta comarca son o Serrón Gordo, con 682 m e o Outeiro da Loba, con 639 m. Accedese desde Cambás (Aranga).Unha ruta indicada polo concello de Aranga permite percorrer gran parte desta serra e do Cordal de Montouto.

Page 41: Comarca de Betanzos

Serra da Loba desde o monte da Feixa.

Gran parte das abas e cumes da serra da Loba son aproveirados para pasteiros.

Page 42: Comarca de Betanzos

Vista da vertente oeste do Cordal de Montouto.

CORDAL DE MONTOUTOSerra de relevos aplanados con orientación norte-sur, que se estende a continuación da serra da Loba e fai de divisoria entre A Coruña (Aranga) e Lugo (Gutiriz). Na vertente leste nacen afluentes do Parga e na oeste afluentes do Mandeo. O punto máis alto é Pena da Uce, con 734 m. Nos vales do Barranco da Loba e rego da Palanca (afluentes do Cambás, que á súa vez vai ao Mandeo) consérvanse fragas autóctonas de bastante extensión.Accedese desde Cambás (Aranga).

Page 43: Comarca de Betanzos

Fraga do Barranco da Loba, na ladeira oeste do Cordal de Montouto.

Interior da fraga das Barbudas, ao pé dunha das fervenzas do rego da Palanca. Cultivos e sebes nas abas do Montouto.

Page 44: Comarca de Betanzos

Vista xeral da serra.

SERRA DA COVA DA SERPEEsténdese con dirección N-S facendo linde entre as provincias de Lugo (Guitiriz e Friol) e A Coruña (Curtis e Sobrado). Está formada por granitos de dúas micas, gneis “ollo de sapo”, xistos, cuarcitas e granitos intrusivos. Ten un aspecto masivo e suave cunha maior inclinación cara ao leste. O monte máis alto nesta comarca é a Pena do Ombral, con 644 m. Na vertente leste nacen afluentes do Parga e na oeste do Mandeo.Accedese desde Teixeiro.

Page 45: Comarca de Betanzos

Vista sobre Curtis desde a Cova da Serpe.

Aproveitamento agro-gandeiro na serra.

Page 46: Comarca de Betanzos

Vista dos montes do Gato desde Paderne.

MONTES DO GATOSerra que se estende con direción SE-NO polos lindes dos concellos de Coirós, Oza-Cesuras e Aranga. Os cumes máis destacados son o Petón (557 m), Pena Moura (554 m) e Felgar (512 m). Son a divisoria das augas do Mandeo e o Mendo.

Page 47: Comarca de Betanzos

MONTES DA TIEIRAPequena aliñación que se estende con dirección leste-oeste entre os concellos de Oza-Cesuras e Mesía. Os cumes máis destacados son o alto de Gabrui, con 482 m e o Alto do Sesto, con 439 m. As partes chans están cubertas de prados e repoboacións forestais onde dominan os eucaliptos. Nas zonas máis escarpadas consérvanse bosques autóctonos.Accedese desde Borrifáns (Cesuras).

Page 48: Comarca de Betanzos

RÍOSA maior parte da comarca de Betanzos está drenada polo río Mandeo que a percorre, primeiro de sur a norte, e despois de este a oeste ata desaugar na ría de Betanzos. Ao norte están os ríos Baxoi e Lambre que desembocan na marxe dereita da ría. O Mero fai de linde polo oeste e alguns regos do curso alto do Tambre drenan a zona sur en terras de Vilasantar.Os ríos forman vales encaixados nos cursos altos, nos que son frecuentes os rápidos e as fervenzas e amplos esteiros na súa desembocadura.

Rego da Palanca. O releve irregular favorece a presenza de saltos e fervenzas, sobre todo nos pequenos ríos das cabeceiras.

Page 49: Comarca de Betanzos

Nas augas dos ríos e nas beiras fórmanse ecosistemas moi variados e dunha grande riqueza biolóxica: bosques de ribeira, pozas, marismas...Asociados aos ríos consérvanse gran cantidade de patrimonio cultural: pontes, muíños, caneiros, lavadoiros...Numerosas rutas por toda a comarca permiten percorrer as zonas máis interesantes.

Os cursos altos e medios dos ríos da comarca están flanqueados por bosques de ribeira ben conservados.

Esteiro do Baxoi. Os principais ríos da comarca forman, na súa desembocadura, esteiros dunha grande riqueza biolóxica.

Page 50: Comarca de Betanzos

Flores femininas de salgueiro (Salix cinerea), unha das árbores máis comúns dos ríos e zonas húmidas.

Freixos na ribeira do Mandeo.

Page 51: Comarca de Betanzos

Pé de boi (Oenanthe crocata), unha planta común nos ríos que pode vivir dentro dos cauces ou na beira.

Carrizos (Phragmites communis), gramíneas que poden acadar 4 m de altura e ocupan grandes extensións nas zonas húmidas dos cursos baixos dos ríos.

Page 52: Comarca de Betanzos

Galiña de auga (Gallinula chloropus). Vive entre a vexetación de lugares asolagados: pozas, lagoas, remansos, encoros, esteiros...

O máis destacado da fauna son as aves acuáticas: garza, garzota, martiño peixeiro, gabita, gaivotas (patiamarela, chorona e escura), mazarico (galego e curlí), píllara real, alavanco real, pato cincento, pato asubión, parrulo pentumeiro común, mergo, corvo mariño real...

Garzota (Egretta garceta). Visitante habitual dos esteiros.

Page 53: Comarca de Betanzos

Cobra de auga (Natrix maura). É a máis acuática das cobras, onde busca alimento e refuxio. Aínda que escasea no tercio norte de Galicia, está presente nesta área.

Lontra (Lutra lutra). Está intimamente ligada á vida acuática. Aliméntase sobre todo de peixes, anfibios e algúns micromamíferos que captura na auga ou na beira.

Page 54: Comarca de Betanzos

Esteiro do Baxoi en Miño.

RÍO BAXOIOs ríos Anduriña e Vilariño que nacen en Monfero, na serra do Queixeiro, forman o Xurio, en Vilarmaior, nomeado Baxoi en Miño, onde desemboca dando lugar, en acción conxunta co mar, unha frecha de area que forma a praia Grande de Miño, na ría de Betanzos.

O río Anduriña, unha das cabeceiras do Baxoi, en Vilarmaior.

Page 55: Comarca de Betanzos

RÍO LAMBRENace no Monte da Pena da Uz (Monfero) e pasa polos concellos de Monfero, Irixoa, Vilarmaior (onde hai dúas minicentrais), Miño e Paderne. Desemboca na Ponte do Porco na ría de Betanzos facendo fronteira entre os concellos de Paderne e Miño.

Ponte medieval sobre o Lambre na estrada da Ponte

do Porco a Vilamateu.

Río do Medio (Lambre) entreCallobre (Miño) e Güimil (Vilarmaior)

Page 56: Comarca de Betanzos

O Mandeo na Castellana discorre por un tramo encaixado con forte desnivel no que forma pozas, rápidos e fervenzas.

RÍO MANDEONace no Marco das Pías (Sobrado dos Monxes), entre os montes do Bocelo e do Corno do Boi. Nos seus 56 km de percorrido drena os concellos de Sobrado, Aranga, Curtis, Irixoa, Oza-Cesuras, Coirós, Paderne e Betanzos. Despois dun lento percorrido pola penichaira cae rapidamente no val de Betanzos onde moi a modo acada a desembocadura formando un amplo esteiro.

Os principais a fluentes pola dereita son o Portabenza, Cambás (co Palanca) e Zarzo; e pola esquerda o Deo (co Carballido), Vexo e Mendo.Ten varios aproveitamentos hidroeléctricos: Central Eléctrica Mandeo-Zarzo, MC da Castellana (no Mandeo), MC Vexo e Cambás.Está protexido desde a confluencia do Cambás (Ponte Aranga) ata o esteiro no LIC “Betanzos-Mandeo”. En Chelo (Coirós) hai unha Aula da Natureza e un centro de interpretación dos ríos e da auga.

Page 57: Comarca de Betanzos

FERVENZAS DA CASTELLANANa parroquia de Vilarraso (Aranga). O río Mandeo á altura da Castellana encáixase nun canón en rochas graníticas facendo unha combinación de rápidos, fervenzas e grandes pozas. A de máis altura é a do pozo da Xesta, de entre 6 e 8 m. O caudal do río está moi diminuído polo encoro que se atopa un pouco máis arriba.

Fervenza do Pozo da Xesta.

Rápidos e pozo da Maraguda.

Page 58: Comarca de Betanzos

Rego da Portorosa ou Piogueira, un afluente do Mandeo que desemboca no canón na Castellana-Vilarrasa (Aranga)

Page 59: Comarca de Betanzos

O Mandeo en Betanzos. Moitos dos barcos do río empréganse para remontalo na romería dos Caneiros.

O Mandeo en Chelo.

Page 60: Comarca de Betanzos

Ponte sobre o Mandeo en Betanzos

Page 61: Comarca de Betanzos

O Mandeo en Betanzos, na confluencia co Mendo.

Page 62: Comarca de Betanzos

Esteiro do Mandeo.

Ponte do Pedrido, sobre a

desembocadura do Mandeo, entre

os concellos de Bergondo e

Paderne.

Page 63: Comarca de Betanzos

O Deo en Curtis

RÍO DEONace nos montes da Carriceira e da Graña (Curtis) e xúntase co Mandeo na Castellana (Aranga). Os seus principais afluentes son o Martín, o Carballido, o Rego de Porto Espiñeira e o Rego de Vilarraso.

Page 64: Comarca de Betanzos

RÍO CAMBÁSUn afluente do Mandeo que se forma coa confluencia do Rego da Loba (que ven da Serra da Loba) e o rego da Palanca, que ven do Cordal de Montouto.No seu percorrido atravesan formacións de lousas e neis con agún afloramento de cuarcita e escavan profundos canóns onde se combinan rápidos e fervenzas.

FERVENZAS DO REGO DA PALANCANa parroquia de Cambás (Aranga). A fervenza máis grande salva un desnivel duns 30 m en neis. A caída principal ten 20 m de altura.Augas arriba da fervenza grande atópase o atranco da antiga minicentral e unha pequena fervenza duns 5 m de altura.

Nos vales destes dous ríos consérvase a fraga das Barbudas, un bosque autóctono que se pode percorrer cun itinerario (ruta de sendeirismo nº 2 do concello de Aranga) que pasa por antigas instalacións de centrais eléctricas e varios muíños e fervenzas.

Page 65: Comarca de Betanzos

Ao pé de antiga minicentral atópase esta fervenza, con dous saltos de de 5 e 10 m de altura.

POZO DE CASTRO RODICIONo rego da Loba, na parroquia de Cambás (Aranga). O río, moi diminuído polo encoro que hai máis arriba, salva un desnivel de máis de 20 m en varios saltos e forma un pozo circular moi profundo.

Page 66: Comarca de Betanzos

RÍO VEXOUn afluente do Mandeo que nace preto dos montes do Gato (Aranga). Ten un percorrido con grandes desniveis, dando lugar a numerosas fervenzas e rápidosNo seu percorrido atravesan formacións de lousas e neis con agún afloramento de cuarcita e escavan profundos canóns onde se combinan rápidos e fervenzas.

Río Vexo en Santa María de Ois. Unha ruta que sae de Ponte Xora (Coirós) segue o curso do río nunha zona con varios saltos e áreas de rápidos, muíños, unha minicentral e restos dun mazo.

Page 67: Comarca de Betanzos

FERVENZAS DE FERVENCEDONa parroquia de Fervenzas (Aranga). O río das Fervenzas, afluente do Mandeo, baixa por unha zona de rochas granítica moi encaixado con varios saltos de máis de 5 m e numerosos rápidos.

Page 68: Comarca de Betanzos

Rego de Maínzoso (Mandeo)Paderne

Page 69: Comarca de Betanzos

Rego das Moas, un afluente do río Zarzo en Mántaras (Irixoa)

RÍO ZARZO Un afluente do Mandeo que baixa dos Montes da Pena e atravesa terreos de Irixoa e Paderne. Únese ao Mandeo en Vigo (Paderne) nun estreito canón no que se atopa unha sucesión de rápidos e pequenas fervenzas. Está aproveitado por unha minicentral que mingua moito o seu caudal.

Río Zarzo enVigo (Paderne)

Page 70: Comarca de Betanzos

Río Zarzo en Verís (Irixoa)

Page 71: Comarca de Betanzos

FERVENZA DA REXEDOIRANa parroquia de Filgueira de Barranca (Oza-Cesuras). O río Mendo ten un tramo con rápidos e varias fervenzas en xistos e lousas. A máis grande mide arredor de 8 m de altura encaixada entra rochas.

RÍO MENDO É o principal afluente do Mandeo. Nace en Foxado (Curtis), entre o coto da Carriceira e o monte da Graña, e percorre terreos de Cesuras, Oza-Cesura (fai límite con Coirós) e Betanzos onde se xunta co Mandeo, pouco antes da desembocadura. Ten como afluentes pola dereita o Carnes, Miñatos e Torarou; e pola esquerda o Piñeiredo e Velín.

Page 72: Comarca de Betanzos

Ponte Roibeira sobre o Mendo entre Betanzos (Bravío) e Oza-Cesuras (Mondoi)

Page 73: Comarca de Betanzos

Ponte das Cascas sobre o Mendo en Betanzos

Page 74: Comarca de Betanzos

O Mendo en Betanzos

Page 75: Comarca de Betanzos

O Mendo en Betanzos, poco antes de se xuntar co Mandeo.

Page 76: Comarca de Betanzos

Encoro de Cecebre, entre Betanzos (ao fondo) e Abegondo.

RÍO MERONace nos montes de Tieira. Desde a penichaira de Cesuras ata as Mariñas coruñesas descende lentamente case todo o seu curso cara ao Atlántico cun trazado sinuoso, e desemboca na ría do Burgo, entre Culleredo e Cambre despois de 46 km de percorrido. Nesta comarca fai de linde polo oeste, en terras de Betanzos e Oza-Cesuras e recibe pola dereita o Furoca.Está protexido no LIC “Encoro de Cecebre”.

Page 77: Comarca de Betanzos

FERVENZA DE VISANTOÑANo linde entre os concellos de Cesurase Mesía. O río da Furoca, afluente do Mero, salva un resalte en xistos e lousas de aproximadamente 8 m de altura en varios saltos. Río abaixo hai outras fervenzas máis pequenas.

Ponte romano de Beldoña, entre Betanzos e Abegondo.

Page 78: Comarca de Betanzos

Confluencia do Cabalar e o Tambre en Présaras. Neste tramo o Tambre corre encaixado entre grandes bolos graníticos que forman pequenas fervenzas e rápidos.

RÍO TAMBRENace na Serra do Bocelo e desemboca na ría de Muros e Noia. Na comarca ten un percorrido bastante encaixado ao sur do concello de Vilasantar, no linde con Sobrado e Boimorto. Recolle as augas do Cabalar e Gándaras.Varias rutas de sendeirismo permiten percorrer o rego das Gándaras, onde se conservan varios muíños e outros aproveitamentos hidráulicos, e parte do Cabalar e o Tambre.

O Tambre en Mezonzo.

Page 79: Comarca de Betanzos

FERVENZA DO CABALAREn Vilasantar, entre as parroquias de Présaras e Mezonzo. Antes de se xuntar co Tambre, o Cabalar cae nun forte desnivel entre bolos graníticos formando varios saltos e numerosos rápidos. O máis grande ten 4 m de altura.

Page 80: Comarca de Betanzos

A COSTAA área costeira desta comarca é un pequeno tramo na ría de Betanzos que vai desde a desembocadura do Mandeo ata a praia de Perbes.

Miño

Page 81: Comarca de Betanzos

Acolle diversos ecosistemas: esteiros, marismas, praias, dunas e cantís de pouca altura nos que se conserva unha rica flora e fauna adaptada.

Pirixel do mar (Crithmum maritimum) Limícolas.

Correola(Calystegia soldanella)

Page 82: Comarca de Betanzos

Praia de Perbes. Ao fondo a illa Carboeira. En Perbes hai tres areais (Andaio, San Pedro e Marín) que en conxunto miden 600 m de lonxitude.

RÍA DE BETANZOSMide 12 km de fondo e presenta dous sectores ben diferenciados. O primeiro, de Betanzos ata a ponte do Pedrido, é un esteiro típico onde sedimentan os lodos transportados polos ríos Mandeo e Mendo, unha zona estreita con amplas zonas fangosas que quedan descubertas coa marea baixa. O segundo, entre as puntas Lavadoira e Torella, é máis amplo e conflúe coa ría de Ares. As rochas dominantes son xistos, filitas e lousas. É unha importante zona marisqueira (ameixa, berberecho...). Os esteiros do Mandeo e do Lambre, e a parte da ría de Betanzos entre Miño e Gandarío forma parte do LIC “Betanzos-Mandeo”

Page 83: Comarca de Betanzos

Praia de San Pedro, en Perbes

Praia Grande de Miño (1360 m), formada sobre a frecha que pecha o esteiro do río Baxoi. Miño é un dos centros de veraneo máis importantes de Galiza.

Page 84: Comarca de Betanzos

Praia de Ponte do Porco, na desembocadura do río Lambre, etre Miño e Paderne.

Praia pequena de Miño ou da Ribeira, e punta Xurelos.

Page 85: Comarca de Betanzos

Ría de Betanzos desde Ponte Pedrido, na desembocadura do Mandeo, o río principal que alimenta a ría de Betanzos. O tramo final do río conserva unhas extensas marismas de gran riqueza biolóxica.

Page 86: Comarca de Betanzos

AS ÁRBORESEn xeral o terreo forestal está ocupado por plantacións de piñeiros e eucaliptos. Nas serras da dorsal e nos vales máis profundos dos ríos consérvanse fragas atlánticas dunha gran diversidade formadas por carballos, bidueiros, castiñeiros, pereiras bravas... e nas beiras dos ríos salgueiros, amieiras e freixos. As máis destacadas son as dos vales dos regos Palanca e A Loba en Aranga.

Fraga das Barbudas en Aranga. Pódese percorrer seguindo a ruta nº 2 do concello de Aranga.

Page 87: Comarca de Betanzos

Carballo (Quercus robur) do campo da igrexa parroquial da Nosa Señora dos Remedios en Teixeiro (Curtis). Mide 20 m de altura.

Nalgúns parques e xardíns de pazos atópanse especies monumentais, entre os que destacan a grevillea e a magnolia do pazo de Illobre, en Betanzos.

Carballo (Quercus robur) en Grandal (Vilarmaior).

Page 88: Comarca de Betanzos

Maceira en Colantres (Coirós). Mide 2,80 m de perímetro e ten unha ampla copa de 23 m de diámetro. Segundo os veciños chegou a dar 2.000 kg de mazáns.

Page 89: Comarca de Betanzos

ESPAZOS PROTEXIDOSLIC BETANZOS-MANDEOComprende 865 ha o curso do río Mandeo, desde Ponte Aranga, e o do Mendo desde Oza dos Ríos, os esteiros do Mandeo e do Lambre, e a parte da ría de Betanzos entre Miño e Gandarío. Nesta comarca terreos dos concellos de Aranga, Betanzos, Irixoa, Miño, Paderne e Oza-Cesuras.

O Mandeo en Aranga, no comezo do espazo

protexido.

Page 90: Comarca de Betanzos

Podemos atopar varios ecosistemas diferenciados:-O curso medio dos ríos Mandeo e Mendo conservan bosques de ribeira con amieiras, salgueiros freixos, bidueiros, abelairas, sabugueiros, sanguiños, carballos, fentos (dentabrú, blechno, fento macho, fento femia...), brións, molinia, espadainas, xuncos, salgueiriño, amenta de auga, amarelle, ranúnculos, oucas, pe de boi, reina, adelfiña, herba centella, espiga de auga...-Esteiros e marismas, con predominio de plantas adaptadas ás augas solobres: sebas, xuncos, salicornias, verdoaga mariña, acelga salgada, herba das anduriñas, escirpo... e gran grariedade de aves acuáticas.-Areais e dunas cunha vexetación psamófila típica.-Costa rochosa protexida na que viven as algas e animais propios da zona.

O Mandeo na zona da Espenuca e Chelo discorre encaixado por un angosto canón de rochas xistosas e granitos. Nesa zona atópase a aula da natureza cun centro de interpretación fluvial. Esteiro do Mandeo

Page 91: Comarca de Betanzos

LIC ENCORO DE CECEBREÉ un encoro construído en 1976 para o abastecemento de auga potable á Coruña. O espazo protexido comprende 522 ha no encoro, áreas da súa ribeira e parte dos cursos dos ríos Mero e Barcés. Nesta comarca unha parte do concello de Betanzos.O principal interese deste espazo son as aves acuáticas, tanto sedentarias como de paso, entre as que se atopan algungas pouco comúns en Galiza.

Page 92: Comarca de Betanzos

BRAÑAS DO DEOÉ un espazo proposto como LIC (3.385,2 ha), pendente de aprobación. Está situado na cunca do río Deo (afluente do Mandeo) ao sur da.As brañas aséntase nunha ampla penichaira atravesada por numerosos cursos de auga tributarios do do Deo (afluente do Mandeo). A maior parte do terreoo está ocupado por brañas, prados e matogueira con árbores nas beiras e faixas de bosques de galería que acompañan os cursos dos ríos. Hai tamén amplas zonas de repoboación con piñeiros e eucaliptos.

Page 93: Comarca de Betanzos

ESTEIRO DO BAXOIÉ un espazo proposto como LIC (93 ha, 64,8 terrestres e 28,2 acuáticas) pendente de aprobación. Inclúe o tramo final do río Baxoi desde Ponte Baxoi ata a punta Redonda e unha pequena parte da frecha que forma a praia Grande de Miño.Os ecosistemas de maior interese son o esteiro, as dunas e un pequeno bosque de ribeira.

Page 94: Comarca de Betanzos

MONTAXE E FOTOS: Adela Leiro, Mon Daporta Xullo 2016