xanela 2010

72
X A N E L A 1 editorial X anela cumpre sete anos, xa é grandi- ña. Xa sabe, porque llo contaron, que ela naceu para fomentar o uso do galego en toda a co- munidade educativa e para extrapolar e irradiar o seu uso en toda a con- torna. Tamén xa sabe que o galego é a lingua propia de Galicia, que coñeceu una época de esplendor coa lírica medieval e que posteriormente quedou reservada para os usos orais, dado que por motivos políticos quedou case vedada na súa dimensión escrita. Sabe que os poderes políticos, educativos, administrativos e re- lixiosos a ignoraron durante séculos e que foi reprimida de diversos xeitos, unha re- presión agudizada durante os corenta anos de ditadura franquista, pero que a pesar de todo seguiu sendo utilizada, xeración tras xeración, por case a totalidade dos habi- tantes de Galicia. Sorpréndese , porque lle parece case milagroso, que cunha historia tan dura, a nosa lingua resistira como ele- mento comunicativo e espiritual de todo un pobo. Xanela dáse conta que a situación da lingua galega mellorou algo, sobre todo pola súa presenza en diversos sectores an- tes vetados, como nas aulas e en algúns outros ámbitos da vida social; pero preocú- palle a perda de falantes na transmisión xeracional e a pervivencia da baixa auto- estima do galego por parte dun sector da poboación, sobre todo nas cidades. Como Xanela sabe todo isto, ela quere contarnos cousas e situacións cu- riosas. Na contraportada posterior, lémbranos algunhas das normas e leis que propiciaron a actual situación do galego. Na sección de Cousas das linguas, que estrea este ano, contános como o inglés, o idioma hoxe de máis prestixio do mundo, viviu unha situa- ción similar ao galego cando as Illas Británi- cas foron invadidas polos normando que tra- taron de impoñer o francés e unha cultura francófona. Na mesma sección anterior, e por boca dun escritor e profesor de Lingua Castelá Matías Escalera dinos que o con- flito lingüístico non existe senón entre os que queren separar e enfrontar, pero non entre os que de verdade nos queremos co- municar e expresar o que somos na lingua que somos. Isto cóntanolo Xanela en cas- telán, porque ela sabe que o castelan é unha lingua moi digna, que temos que respectar e aprender, e que nada ten que ver co que uns poucos a queiran utilizar para desnaturalizar e dobregar as linguas doutros.

Upload: blog-boiro

Post on 08-Mar-2016

247 views

Category:

Documents


13 download

DESCRIPTION

Revista anual do IES A Cachada

TRANSCRIPT

Page 1: Xanela 2010

X A N E L A

1

editorial X anela cumpre sete anos, xa é grandi-ña. Xa sabe, porque llo contaron, que ela naceu para fomentar o uso do galego en toda a co-munidade educativa e para extrapolar e irradiar o seu uso en toda a con-torna. Tamén xa sabe que o galego é a lingua propia de Galicia, que coñeceu una época de esplendor coa lírica medieval e que posteriormente quedou reservada para os usos orais, dado que por motivos políticos quedou case vedada na súa dimensión escrita. Sabe que os poderes políticos, educativos, administrativos e re-lixiosos a ignoraron durante séculos e que foi reprimida de diversos xeitos, unha re-presión agudizada durante os corenta anos de ditadura franquista, pero que a pesar de todo seguiu sendo utilizada, xeración tras xeración, por case a totalidade dos habi-tantes de Galicia. Sorpréndese , porque lle parece case milagroso, que cunha historia tan dura, a nosa lingua resistira como ele-mento comunicativo e espiritual de todo un pobo. Xanela dáse conta que a situación da lingua galega mellorou algo, sobre todo pola súa presenza en diversos sectores an-tes vetados, como nas aulas e en algúns outros ámbitos da vida social; pero preocú-palle a perda de falantes na transmisión xeracional e a pervivencia da baixa auto-

estima do galego por parte dun sector da poboación, sobre todo nas cidades. Como Xanela sabe todo

isto, ela quere contarnos

cousas e situacións cu-

riosas. Na contraportada

posterior, lémbranos

algunhas das normas e

leis que propiciaron a

actual situación do galego. Na sección de

Cousas das linguas, que estrea este ano,

contános como o inglés, o idioma hoxe de

máis prestixio do mundo, viviu unha situa-

ción similar ao galego cando as Illas Británi-

cas foron invadidas polos normando que tra-

taron de impoñer o francés e unha cultura

francófona. Na mesma sección anterior, e

por boca dun escritor e profesor de Lingua

Castelá – Matías Escalera – dinos que o con-

flito lingüístico non existe senón entre os

que queren separar e enfrontar, pero non

entre os que de verdade nos queremos co-

municar e expresar o que somos na lingua

que somos. Isto cóntanolo Xanela en cas-

telán, porque ela sabe que o castelan é unha

lingua moi digna, que temos que respectar e

aprender, e que nada ten que ver co que uns

poucos a queiran utilizar para desnaturalizar

e dobregar as linguas doutros.

Page 2: Xanela 2010

X A N E L A

2

Consello de Redacción

Manuel Román, Silvia García Carme Rodríguez, Dolores Calo, Milagres Romero, Antonio Porto, María Dieste, Sa-muel Cristobo, María Suárez, Maitane Dacosta, Mateo Núñez, Cristina Suárez, Laura Davila, Esther Perrino e Alicia Rial.

Maquetación Manuel Román Ramos.

Colaboradores Agustín Agra, Mateo Núñez, Maitane Dacosta, Daniel Vázquez, Sarai Outeiral Ces, Sara Hermo, Loreto Abalo, Yago Araújo, Lois Pimentel, Cristina Suárez, María Suárez, Samuel Cristobo, María Dieste, Celia Piñeiro, Belén Hermo, Victoria Domínguez, Iván Gómez, Laura Triñanes, Departamentos de Galego, Relixión, Plástica, Sociais e Equipo da Biblioteca.

EDITA: Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do IES A Cachada. - Boiro.

● Editorial ...................................................... 1

● Sumario ..................................................... 2

● Entrevista a Fran Alonso ........................... 3

● Cadro de honra .......................................... 11

● As nosas letras ........................................... 15

● Xentes do Barbanza ................................... 26

● Cousas das linguas .................................... 27

● Unha parroquia: Bealo ............................... 30

● Uxío Novoneyra .......................................... 33

● Roberto González del Blanco .................... 36

● O entroido ................................................... 38

● O espello das verbas.................................. 41

● Recuncho científico .................................... 44

● Castelanismos ............................................ 46

● Novas ......................................................... 47

● Galería de libros ......................................... 51

● O camiño de Santiago ............................... 52

● Monicreques e proverbios ......................... 54

● Biblioteca ……….. …………………………..56

● Andorra e Sendeirismo …………………… 58

● Cómic e As nosas fotos …………………. 60

● Foto flash e Enredos …………………….68

Page 3: Xanela 2010

X A N E L A

3

F ran Alonso, (Vigo, 1963) é licenciado en Filoloxía Ga-lego-Portuguesa. Poeta e narrador. Profesionalmente está vencellado ao xornalismo e á edición en lingua galega. Na actualidade é subdirector para Edición Xeral en Edicións Xerais de Galicia. Formou parte da redacción de Diario 16 de Galicia e é co-laborador habitual de La Voz de Galicia e d’ A Nosa Terra. Dirixe a colección de narrativa Abismos e dirixiu a colec-ción de poesía Ablativo Absoluto. Entre a súa ampla obra podemos reseñar, dentro da narra-tiva: Trailer (1991), Cemiterio de elefantes (1994), Silencio (1995), O brillo dos elefantes (1999) e Males de cabeza (2001). Como poeta escribiu Tortillas para os obreiros

(1996), Cidades (1997) e Subversións (2001). Como xornalista é autor de Territorio ocupado (1998), unha crónica de literatura periodística sobre o conflito saharauí. Tamén é coautor da tradución ao galego de Polgariño, de Charles Perrault. Participou en múltiples actos, encontros e actividades en Galicia e fóra dela, e impartiu nu-merosas charlas e conferencias. Pertence ao Pen Club de Galicia, á Asociación de escritores en Lingua Galega e á Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil. Apaixonado viaxeiro, colaborou e colabora con diversos proxectos de solidariedade da Aso-ciación Galega de Axuda ao Sáhara, Acción contra a Fame, Educadores pola Paz e de Amnistía Internacional. Entre os numerosos premios que leva conseguido podemos citar o Blanco Amor de Novela, o Rañolas de literatura infantil e xuvenil, o Premio Losada Diéguez de creación literaria e a dis-tinción White Ravens 2003 da Internationale Jugendbibliothek de Munic. Actualmente é vicepresidente da Asociación Galega de Editores.

E N T R E V I S T A

Page 4: Xanela 2010

X A N E L A

4

Pregunta: ¿Por que comezou a escribir xa hai máis de vinte anos? Resposta: Considérome un escritor vocacional. Empecei a escribir cando era neno, recordo que era o que máis me gustaba facer na clase. Durante a miña adolescencia debatía cos meus amigos que eu quería ser escritor, eles dicían que iso era moi difícil, e era verdade, pero eu porfiaba na miña

teima.

P: Vostede nace en Vigo, unha cidade. ¿Como inflúe este feito na súa obra? R: Inflúe de forma determi-

nante, porque eu son urbano

e pertenzo á cultura urbana,

a pesar de que teño as miñas

raíces no rural, tanto por parte materna como pater-

na; pero por riba disto, que é un feito físico, creo

que a cultura europea hoxe é urbana, emana das

cidades, que son o centro produtor de cultura, as

que irradian as formas de vida, os modos de com-

portamento, as modas, os xeitos de pensar… ,e

todo isto exerce influencia sobre o que tradicional-

mente consideramos ámbito rural, que eu creo que

está en vías de extinción.

O rural dende o punto de vista cultural xa non exis-

te, porque a globalización homologou os modos de

vida. Isto creo que é a realidade, por iso os meus

libros tenden a investigar cales son as formas de

vida urbana; a min literariamente o que me interesa

é explorar, e como esa é a nova realidade, aí estou.

P: ¿Que cambiou na literatura de Fran Alonso dende os seus comezos ata hoxe? R: Creo que moitísimo. En primeiro lugar porque eu concibo a literatura como unha búsqueda e

trato de fuxir dos esquemas repetitivos; non me gusta repetir o que fixen nin en canto a temas, estruturas ou formas. Trato de buscar camiños novos. Trato de ir evolucionando. Ás veces non me identifico con ese mozo que fun e que publiquei os meus primeiros libros. Eu era eu, pero outro “eu” distinto. Era un “eu” que que-dou fosilizado no tempo, pero que realmente tamén me deu a min tal e como son hoxe, polo

tanto eu son un produto dos “eu” anteriores, son unha consecuencia do que fun.

P: ¿Que se considera, máis narrador, poeta ou xorna-lista? ¿En que xénero se

sente máis a gusto?

R: Respondo a unha necesidade de explorar todos os ámbitos, que ademais evita o non repetirme, non caer nas mesmas fórmulas. Esa variedade de xéneros permíteme un descanso mental. Non sa-bería quedarme con ningún xénero, porque trato de facer unha literatura onde os xéneros non sig-nifiquen unha fronteira. Hai moitos libros meus de narrativa que levan incorporados poemas. Tamén escribo historias narrativas que nacen desde a poesía. En resumo identifícome cos tres, pero síntome máis cómodo escribindo narrativa; paréceme un reto maior escribir poesía, que me gusta moito pero é máis difícil. O xornalismo para min é un complemento imprescindible, algo necesario co-

mo fonte.

P: ¿De que libros está máis orgulloso?

Males de cabeza

Males de cabeza deita unha ollada sobre a condición humana

na que o autor nos sorprende ás veces con tenrura, ás veces

con dureza, coa súa persoalísima escrita, a través dunha narra-

tiva áxil e dunha estrutura de grande orixinalidade. Fran Alonso

ofrécenos unha visión propia e moderna da tolemia. E faino es-

pindo as tensións e contradicións cotiás do noso tempo e da

nosa sociedade e abrindo un coloquio coa tradición literaria e

cinematrográfica que recrea a tolemia.

A cultura europea hoxe é urbana, emana das cidades que son o centro produtor das formas de vida, dos modos de comportamento, das mo-das, dos xeitos de pensar...

Page 5: Xanela 2010

X A N E L A

5

R: É difícil respostar a isto porque todos son “fillos meus”. Pode ser significativo que cando me pediron da Casa das Palabras o título dun libro meu para expoñer nunha vitrina, elixín Ma-les de cabeza. Fíxeno porque quizais é o maior intento de analizar a sociedade do meu tempo, que creo que como escritor é a miña misión principal, e intentar transmitirlle ao lector esa subxectividade, esa miña percepción perso-al. Territorio ocupado foi qui-zais o libro que máis me custou escribir porque su-puxo unhas implicacións persoais moi fortes. En poesía escollería Subversións, porque quizais é o que mellor transmite unha concepción política e social do mundo.

P: Un home comprometido cos máis débiles da sociedade que o rodea, como así o demostran os seus libros O brillo dos elefantes, Cartas de amor ou Territorio ocupado. ¿Como ve a situación do pobo saharauí neste momento? ¿Cambiou ou mellorou en algo con respecto a cando se escri-biu Territorio ocupado? R: Trato de vela sempre con optimismo pero se son sincero véxoa mal, porque practicamente non avanzou nada nestes últimos vinte anos. Des-de que eu empecei a ir ao Sáhara no 94, mellora-ron algo os campamentos, pero no esencial hai cousas que recuaron. Houbo momentos en que parecía que se ía celebrar o referéndum, incluso cheguei a viaxar a Palma de Mallorca, onde nos reunimos os que hipoteticamente iamos coordi-

nar o proceso de observación internacional. Pero de repente estabamos igual ca ao principio. A desaparición de Hassan II non significou un paso adiante senón todo o contrario.

P: Dous dos seus libros máis coñecidos polos nosos alumnos son Poetízate e Cartas de amor ¿Que opina vostede deles? R: Poetízate é un libro no que tratei de desdramatizar, de achegar ao lector o feito poéti-co. Intentei achegar a visión da poesía aos rapaces. Creo que en certa medida o libro conse-

guiu o seu obxectivo. Cartas de amor é un libro ao que lle teño moitísi-mo cariño. É un libro que me custou moito escri-bir polo que supuxo de implicación en moitos temas que eu vivín persoalmente.

P: ¿Por que en Cartas de amor as súas protago-nistas son todas mulleres? R: É unha circunstancia que veu un pouco dada de forma casual. Cando estaba máis ou menos na metade do libro foi cando me dei conta que as protagonistas eran todas mulleres; entón díxen-me “isto non pode ser casual”. Isto quere dicir que nas situacións de máximo desamparo, de máxima violencia, de máxima contrariedade so-cial e política son sempre as mulleres as que le-van a peor parte: son as vítimas. Foi cando de-cidín explicitar iso facendo que a voz de todos os

relatos fose unha voz feminina.

P: ¿Por que o título de Cartas de amor, cando a

Cidades

As cidades. As máis queridas e as máis ferintes. As cidades

tantas veces visitadas. As do norte e as do sur. As de dátiles

de luz. As de sardiñas de prata. As de papel. As que latexan e

as que doen. As cidades. Sempre ateigadas de xentes, de es-

colas, de camións, de dromedarios, de nenos pobres, de faro-

las, de peixes mortos no mar contaminado. As cidades do co-

razón. Ulindo a vida, a solidariedade, a miseria, a tráfico, a

esperanza, a morte. Estes son os seus poemas.

En situacións de máxima violen-cia, desamparo e contrarieda so-cial e política son sempre as mu-lleres as que levan a peor parte: as vítimas; por iso son a voz no meu libro Cartas de amor.

Page 6: Xanela 2010

X A N E L A

6

temática ten tan pouco de amor? R: Pensei moito en poñer ese título, por iso no prólogo xa trato de avisar aos lectores o que po-dían atopar. Porque o certo é que son cartas de amor, pero dun amor que case nunca chega a consolidarse, un amor case sempre frustrado polas circunstancias das protagonistas. É unha visión máis de desamor ou imposibilidade de amor que de amor. De calquera forma en todas as cartas, á parte das cir-cunstancias políticas e so-ciais dos momentos dramá-ticos que esas persoas vi-ven, o motor que fai mover todas as historias é sempre o amor.

P: Tamén é escritor de contos para os máis pe-quenos. ¿Influíu algo nisto o nacemento das súas dúas fillas? R: Influíu sobre todo na miña creación de albums. Na Casa da Lúa e en Araña e mais eu, elas son as protagonistas. Está claro que o nacemento das miñas fillas foi determinante para que eu me puxese a escribir albums. Para min, sen lugar a dúbidas, é o xénero máis difícil.

P: ¿Considérase un autor novo? É dicir, ¿parécelle que chegou moi novo á literatura? R: Cando publiquei a primeira obra tiña vinte e oito anos, que foi cando gañei o premio Blanco Amor con Tráiler. Madurei como escritor e esa madurez faiche cambiar, non só no xeito de escri-bir, que é algo natural, senón, e sobre todo, no discurso literario. A madurez que adquires a me-

dida que vas construíndo a túa obra faiche saber que queres facer e como queres modelar o teu proxecto, en definir moito máis os teus límites, as túas fronteiras, as túas pautas e os teus propios intereses. Estou contento de non ter publicado antes, por-que seguramente non daría os mínimos de calida-de.

P: ¿Influíu a súa infancia na súa inquedanza pola escritu-ra? R: Aínda que debe de ser ver-dade iso de que a nosa patria é a infancia, teño que recoñer que recorrín moi poucas veces a investigar a miña infancia para facer literatura, excepto

quizais en “Cidades”. Creo que é un tema que teño pendente, supoño que algún día me terei que poñer.

P: ¿Nunca pensou en continuar a historia de Tráiler? R: Non, no mesmo sentido que non me gusta repetir, non me gustan segundas partes en ningún dos meus libros. O que si é certo é que todos eles son fonte de investigación para min. Por unha parte cánsame moito reler os meus libros; pero ao mesmo tempo recorro con fre-cuencia a eles para buscar personaxes e situa-cións que logo paso a outros libros. Hai perso-naxes de Tráiler que están en Cemiterio de ele-fantes, en Males de cabeza, e incluso nalgún libro colectivo.

Tráiler

Tráiler é unha obra ateigada de puntos de vista e voces narra-

doras. Tráiler mergúllanos no mundo actual. E ó carón atopa-

mos o home inamovible tradicional, cos seus costumes e valo-

res de sempre: Pepe afonda no individuo concreto, Xenaro na

relación de parella e Lino no sentido do clan, da familia e do

sangue. Sexo, perigo e un final desenganado.

O “decretazo” logrou espertar a conciencia en todo o tecido social e cultural galego e fixo que algu-nhas institucións saísen do seu letargo. Tamén fomentou o plura-lismo na defensa da lingua a través de distintas plataformas.

Page 7: Xanela 2010

X A N E L A

7

P: ¿Que tal está de saúde a Literatura galega actual? ¿Como ve Vde. actualmente o panorama literario galego? R: Eu véxoa moi ben, no sentido de que hai va-rias xeracións de autores publicando simultanea-mente, cun proceso de renovación constante; ademais en todos os xéneros menos, talvez, no teatro. Quizais na literatura infantil se renovan pouco os autores, hai pouco cambio xeracional. Non obstante hai un nivel medio de calidade moi bo. Non temos nada que envexar a outras culturas.

P: ¿Cre que esta literatura é comprometida, en xeral, cos problemas da sociedade? R: A literatura galega está vivindo a globalización na medida que hai unha fragmentación de inte-reses, hai moitas correntes posibles. A min isto paréceme ben. Hai libros para todo tipo de lecto-res. Creo que a literatura galega lanza unha visión sobre a sociedade á que pertence, sen que iso signifique ningún tipo de ataduras. Para min o principal compromiso da literatura é darlles aos lectores unha visión do seu tempo, e dentro do seu tempo está o país onde se fai esa literatura, que non pode permanecer impasible diante desa realidade. Creo que non se pode facer unha literatura de compromiso caduca, esteticamente ultrapasada. A literatura confórmase de moitas realidades, de humor, de ironía, de intereses, de compromiso, de xogo; ou sexa, ten unha serie de elementos que convenientemente conxugados constrúen un sistema literario. O que interesa é que a literatura

galega sexa potente dende o pundo de vista crea-

tivo.

P: ¿Que é para vostede un escritor? R: Para min é un creador. Ter esa capacidade de crear mundos que están máis alá de nós, que responden á capacidade que o ser humano ten de soñar, de ir máis alá da súa propia realidade

para facerse preguntas, para interrogarse, para intentar transmitirlles aos seus contem-poráneos esa realidade . Eu concibo a literatura como un diálogo cos teus contemporá-neos, co teu tempo; sen estar obsesionado por saber se a túa obra vai sobrepasar o teu tem-

po. Iso xa o determinará o futuro, a propia histo-ria da literatura. O escritor o que fai é recrear mundos e intentar responder a todas esas interrogantes, utilizando todos os elementos que ten ao seu alcance e ao mesmo tempo crear ese diálogo, esa comunica-ción, esa beleza.

P: ¿Que é o que o pode motivar a escribir? R: Esta é unha pregunta moi individual. Os escri-tores responden neste sentido a estereotipos moi diferentes. Hai escritores que naceron por com-promiso coa lingua, caso de Ferrín; outros desco-bren a posibilidade de desenvolverse a través da escrita. No meu caso responde a un motivo de vocación. O meu proceso de nacemento á escrita non vén determinado nin sequera pola lectura. Tampouco teño antecedentes familiares e na casa de meus pais había moi poucos libros.

Cemiterio de elefantes

A súa trama narrativa xira en torno a ese mundo máxico, si-

nistro, encantador, misterioso e atractivo que é a noite. A

través de nove contos diferentes pero habilmente entrelaza-

dos entre si, vai transcorrendo a vida nocturna dunha cidade,

con todo o seu poder e a súa forza deslumbrante, pero tamén con toda a traxedia e a dor dos seus personaxes.

A situación do pobo saharauí trato de vela sempre con opti-mismo, pero se son sincero véxoa mal, porque practica-mente non avanzou nada nes-te últimos vinte anos.

Page 8: Xanela 2010

X A N E L A

8

Cada escritor responde a mecanismos moi dife-

rentes, non hai unha única razón.

P: ¿Cal é a súa principal afección? Ademais de escribir, andar en bicicleta, nadar e pasear, se é polo monte mellor. Todos estes gus-

tos moi relacionados coa natureza.

P: ¿Cal é a súa música preferida? R: Pásame como coa literatura, que me apaixo-nan fontes moi diversas. Escoito moita música galega, aínda que son máis roqueiro e pop que folk. Tamén escoito música afri-cana, portuguesa ou da lusofo-nía. Gústanme moito os grupos como Estremoduro, que é un grupo polo que sinto unha espe-cial devoción. Un pouco de to-

do.

P: ¿Que opina sobre a situa-ción lingüística actual e sobre todo, do tristemente famoso “decretazo”? R: A situación á que nos conduciu o PP paréceme un auténtico despropósito, sobre todo polo nivel de perversión da política e da desacreditación da lingua galega. Utilizaron a lingua galega para os seus propios intereses políticos sen ter en conta o que iso significaba social e culturalmente. Sen valorar a trascendencia que ía traer para o propio país e para a tranquilidade do seu tecido social e cultural. Evidentemente iso púxoselles en contra. O decreto colocou ao PP nunha posición moi complicada. Están recuando, despois da mobiliza-ción social e institucional que se produciu pero

non saben moi ben como. Tamén é certo, como elemento positivo, que lograron espertar a con-ciencia en todo o tecido social e cultural galego e fixo que algunhas institucións saísen do seu letar-go. Tamén fomentou o pluralismo na defensa da lingua a través de distintas plataformas. Desenca-dearon esa resposta que agora está activada.

P: Déanos unha idea para o fomento da lectura entre os máis novos. R: O máis importante é que cada persoa ten que descubrir na lectura os seus propios intereses.

Hoxe hai un abano moi rico, moi diverso de lectura. É moi importante concienciar da im-portancia da lectura como algo clave para facernos máis libres, darnos máis capacidade de opi-nar por nós mesmos, ter inde-pendencia de pensamento é, sobre todo, ter máis oportuni-dades. Debe de ser considerada

como un elemento estratéxico, un medidor de desenvolvemento nas sociedades máis avanza-das. Ao mesmo tempo, as actividades de animación á lectura deben de fomentar a continuidade Un dos segredos para que a lectura funcione é en-ganchar aos rapaces nesta continuidade, é dicir, que a lectura non sexa un feito illado. Algo moi importante é que sistematicamente se está deixando a reponsabilidade da lectura nas mans da escola, e a escola non é a única respon-sable. É corresponsable coa familia. Os rapaces imitan comportamentos e o que ven na familia fano eles. Se ven que os pais len, eles van ler.

No fomento da lectura, un dos segredos é a continuida-de; o ler non debe de ser un feito illado. Outro é a impli-cación, non só da escola, senón tamén da familia no proceso lector.

Territorio ocupado

Territorio ocupado é unha intensa crónica humana, entre o pe-

riodismo e a literatura, sobre o conflito saharauí na que o autor

cede a súa voz aos protagonistas: as mulleres que dirixen os

campamentos de refuxiados, o militante encarcerado clandesti-

namente en Marrocos, un vello nómade, aquela muller que su-

friu os bombardeos de avións no deserto, os ministros do go-

berno exiliado, os fundadores do Fronte Polisiario, a nena que

veu de vacacións de verán a Galicia...

Page 9: Xanela 2010

X A N E L A

9

P: Vostede, que é subdirector de Edición Xerais de Galicia ¿cre que se le menos agora que hai vinte anos? R: Non, seguro que non. Os índices de lectura medran; polo tanto din obxectivamente que non. Tampocuo creo que a televisión sexa unha com-petencia. A lástima é que a televisión non anime á lectura, con programas que fixe-sen a lectura produto de intercam-

bio e diálogo social.

P: Na súa, ata agora última publi-cación, Un país a medio facer, recorre a aquela frase famosa de Manuel Rivas de que “Galicia é coma un bonsai, unha árbore fermosa á que non deixan medrar”. ¿Que opina vostede? ¿Fáltalle moito a este país para deixar de estar a “medio facer”? R: Hai sectores que non queren que este país sexa normal, non queren que medre, que sexa un país con proxección internacional, non queren que estea desenvolvido, porque teñen claro que Galicia pode ser un país exportador de cultura, de literatura, de música. Fallan as infraestruturas. Ás veces no estranxeiro, cidadáns deses países téñenme preguntado por que Galicia é un país que non apoia a súa propia lingua. Nunha confe-rencia en Holanda, recordo un individuo que se interesara polo galego, pola cultura, pola literatu-ra e decidiu estudar e aprender o galego. Cando chegou a Galicia e viu que os galegos non falaban a sús propia lingua, el non se explicaba aquilo. Preguntábame que pasaba. Unha pregunta moi difícil de contestar porque realmente produce perplexidade. Eu atopei por Europa xente que aprendeu o gale-

go e que o fala perfectamente, e aquí hai algúns que nin o falan nin o aprenden. Evidentemente hai algo máis ca unha barreira lingüística, hai unha barreira psicolóxica e política. Hai xente que está contra o galego, que non que-re que este país teña proxección internacional, non queren que os seus fillos aprendan o galego

porque o seu provincianismo non lles deixa ver máis alá da súa pro-

pia miopía.

P: ¿Cal vai ser a súa próxima pu-blicación? A próxima pode ser O meu gato é un poeta, un poemario para Pri-

maria, que creo que vale para distintas idades. É un libro moi sensorial que intenta achegar unha percepción da poesía aos rapaces. Vai acompaña-do dun disco, onde Xurxo Souto compuxo a músi-ca e eu recito. Abarca poesías conceptualmente desde moitos puntos de vista, introducindo xogos para darlle á poesía un aspecto lúdico. Outro libro que sairá posiblemente o próximo setembro é un libro de poemas para adultos, tamén acompañado dun disco; titúlase Transi-

ción.

P: Como subdirector de Edicións Xerais de Gali-cia ¿que opina do futuro do libro? R: O mundo no que vivimos é un mundo dixitali-zado: a TV é dixital, a fotografía é dixital, a música é dixital... polo tanto, o libro é o último bastión que está resistindo, pero que xa non pode resistir máis porque o proceso o empuxa. Fiándonos dos especialistas e observando as ten-dencias actuais e de futuro, penso que o libro de

Segundo os especialistas o libro tradicional a curto prazo, de cinco a dez anos, vai ser desencabal-gado polo libro dixital.

Cartas de amor

As historias deste libro nace a partir de cartas de amor. Pero non

son cartas de amor convencionais. O amor e desamor son as

desculpas que nos permiten coñecer as dramáticas circunstan-

cias que rodean ás mulleres que as escriben. De feito, os verda-

deiros protagonistas das cartas son a pobreza, a guerra, a inmi-

gración, o franquismo, a violencia, a prostitución, a presión so-

cial, a integración...

Page 10: Xanela 2010

X A N E L A

10

papel, o libro tradicional a curto prazo vai ser desbancado polo libro dixital. Non vai desapare-cer porque convivirán durante algún tempo, pero pouco a pouco o libro de papel irá recuan-do. É algo inminente: quizais en cinco anos o libro dixital estará xa moi implantado e en dez anos os espe-cialistan din que a presenza do libro dixi-tal superará ao libro de papel. Estase xa a traballar en campos que teñen que ver co desenvolvemento tecnolóxico, coa resitua-ción do que se chama a cadea de valor do libro. É dicir, como se resitúan as librerías, que están abocadas a vivir unha crise forte; a industria edi-torial, que ten que xogar un papel moi activo no proceso de dixitalización; as distribuidoras, que non sabemos se van ser necesarias ou non; as imprentas, que están abocadas a desaparecer, etc. O proceso vainos conducir a un sistema onde imos poder ler un libro electrónico nunhas plata-formas dixitais, é dicir, nuns dispositivos de lectu-ra (máquinas, para entendernos). Os libros dixi-tais van poder lerse nesas máquinas, en teléfonos móbiles, en ordenadores, en televisores, ou nou-tros aparellos de próxima aparición. As posibilidades para os lectores son enormes, porque poderán ler neses dispositivos que terán dicionarios incorporados, poderanse facer notas, marcas, navegar en Internet, vincular uns libros con outros, almacenar nese aparello os títulos

que queiras… Ten moitas vantaxes e iso vai facer que o proceso de dixitalización sexa imparable. Durante un tempo vai convivir co libro de papel,

pero este está abocado a con-verterse en algo minoritario.

Hai xente que está contra o galego porque non quere que este país teña proxección internacional, non queren que os seus fillos aprendan o galego porque o seu provincianismo non lles deixa ver máis alá da súa propia miopía.

Un país a medio facer

Hai vinte anos, as casas de ladrillo sen recubrir constituían, na

opinión de Manuel Rivas, unha boa metáfora de Galicia. A

través de entrevistas feitas naquela época, reconstrúese agora

o pulso cultural dun tempo en que Galicia era un país a medio

facer e vivía ese feito de xeito obsesivo. Logo, o libro salta no

tempo e viaxa, vinte anos despois, a unha Galicia que parece

normal. ¿É normal? ¿Que cambiou na cultura galega?

Page 11: Xanela 2010

X A N E L A

11

CCADROADRO DEDE HONRAHONRA

O xurado do concurso de Relato Curto Letras Galegas 2010, convocado no IES A Cachada, acordou ditaminar do seguinte xeito:

1º Ciclo 1º Premio : “A concertista da noite”

de Maitane Dacosta Urbieta.

2º Premio : “ Rosco”

de Raquel Rodríguez Triñanes.

3º Premio : “Memorias dun asasino”

de Raúl Deira Pérez.

2º Ciclo 1º Premio : “O cadro”

de Daniel Vázquez Fernández.

2º Premio : “Autoestrada ata o ceo ”

de Laura Davila Pena.

3º Premio : “Condenada roda”

de Ricardo Fernández Schot.

Page 12: Xanela 2010

X A N E L A

12

O xurado do concurso de Cómic Letras Galegas 2010, convoca-do no IES A Cachada, acordou ditaminar do seguinte xeito:

1º Ciclo 1º Premio : “Coidado”

de Sarai Outeiral Ces.

2º Premio : Deserto.

3º Premio : Deserto.

2º Ciclo 1º Premio : Deserto.

2º Premio : Deserto.

3º Premio : Deserto.

Page 13: Xanela 2010

X A N E L A

13

O xurado do concurso de Poesía Letras Galegas 2010, convoca-

do no IES A Cachada, acordou ditaminar do seguinte xeito:

1º Ciclo 1º Premio : “A trasnada”

de Loreto Abalo Calo.

2º Premio : “Teño”

de Sara Hermo Alonso.

3º Premio : ”A ría de Vilagarcía”

de Yago Araújo Piñeiro.

2º Ciclo 1º Premio : Deserto.

2º Premio : Deserto.

3º Premio : Deserto.

Page 14: Xanela 2010

X A N E L A

14

O xurado do concurso de Fotografía Letras Galegas 2010, con-vocado no IES A Cachada, acordou ditaminar do seguinte xeito:

1º Ciclo 1º Premio : “Ovellas”

de Celia Piñeiro Silva .

2º Premio : “ Unha lenda”

de Belén Hermo Rodríguez.

3º Premio : “Historia galega”

de Victoria Domínguez Tubío.

.

2º Ciclo 1º Premio : Deserto.

2º Premio : Deserto.

3º Premio : “O lume na leira”

de Iván Gómez Vila.

Page 15: Xanela 2010

X A N E L A

15

A Concertista da Noite Maitane Dacosta Urbieta

D afne cerraba pausadamente a reixa da súa preciosa florería. Ela tiña uns vinte anos, era esvelta e cunha longa cabeleira negra igual que os seus atentos ollos. O traballo de floreira era para ela un traballo imaxinativo e moi apro-piado para alguén co seu nome xa que unha len-da contaba que unha ninfa chamada Dafne torna-ra nun loureiro, “Quen mellor para coidar das plantas?”, pensaba ela.

A florería era moi popular no seu barrio, un barrio de xente máis ben rica e moi amante das flores. Sempre as pedían vistosas para deco-rar as súas enormes mansións, ou caras para re-galar. Pero o bo era que estaban demasiado ocu-pados como para prestar atención ao seu redor. Dafne sorriu ante tal pensamento, iso era unha vantaxe para ela, ninguén sospeitaba que tiña unha emocionante dobre vida.

- Coidado coa Concertista da Noite – a voz da señora Elisabeth sacouna dos seus pensamen-tos. Dita señora sempre dicía o mesmo, era unha muller rica que vendería a calquera dos seus pa-rentes por unha peza de arte valiosa e exclusiva. Resumindo, unha compradora compulsiva tan excéntrica como caprichosa debido ao seu cobi-zoso e inestable temperamento.

- Por suposto que o terei, miss Elisabeth - respondía sempre ela.

Si, ninguén se decataba de quen era ela,

ela era a Concertista da Noite, unha muller verda-deiramente sorprendente.

A Concertista da Noite era principalmente unha ladroa, pero unha ladroa realmente singular pois entraba silenciosamente nas casas para rou-bar e, cando decidía que tiña suficiente, tocaba belas pezas musicais nun piano dos que os ricos tiñan sempre nas súas casas, normalmente máis por estética que para interpretar obras musicais. Ás veces, tocaba o violín que sempre levaba con-sigo e cuxo arco tiña unha coitela afiada como un bisturí para defenderse. Aínda que poucos a vi-ron, sabían que era unha muller porque, en oca-sións, acompañaba as cancións coa súa doce e sempre sosegada voz feminina. O máis sorpren-dente é que, a pesar de tocar, nunca estivo a punto de que a colleran. Ao escoitar pasos fuxía, ou pola contra, agachábase e espiaba. Tiña que recoñecer que o que facía era temerario pero non lle parecía razón para deixar de tocar tras come-ter os seus roubos. Ela roubaba máis por xustiza que por necesidade, non lle caían demasiado ben aqueles prósperos veciños, e tocar cancións e fuxir indemne das casas e darlles aos propietarios a impresión de que podían tela collido, era a súa forma de burlarse deles polos seus actos de des-prezo cara á xente corrente.

Page 16: Xanela 2010

X A N E L A

16

Sumida nas súas reflexións chegou ata a súa casa, que era pequena e sinxela en compara-ción coas dos seus veciños, a pesar de ter un gran xardín cunha preciosa fonte.

Como a maioría das noites preparou un bocata e unha ensalada para cear mentres vía as noticias locais; nelas informábase dun novo rou-bo no barrio, nunha das casas máis luxosas. Daf-ne aínda recordaba as valiosas estatuas e as cá-maras de seguridade que tivera que sortear, ese roubo fora un verdadeiro éxito.

Pero non debía atrasarse no referente a cometer os seus roubos, por iso vestiu a axustada e cómoda roupa azul escuro, para coarse onde fose, cuns zapatos de planta baixa, para non facer ruído, gardou unhas luvas de látex no peto, para non deixar pegadas ao coller as cousas, fixo un moño e saíu da casa armada cunhas partituras e o seu fiel violín.

*** Por outra banda, a detective Maia investi-

gaba á Concertista da Noite, era un caso que a traía de cabeza, como cometía uns roubos tan perfectos sen que ninguén a vira nunca?, como é que tocaba doces melodías e aínda tiña tempo de fuxir sen ser descuberta?

- Uff, un verdadeiro misterio – suspirou Maia cansa de investigar sobre a Concertista da Noite tras tres horas pegada á cadeira do seu despacho con resultado infrutuoso.

Sempre lle pasaba o mesmo pero non era capaz de deixar o caso, parecíalle tan emocionan-te a posibilidade de topar unha ladroa tremenda-mente experta...

Decidiu que ao día seguinte buscaría novas pistas sobre a Concertista da Noite e dirixiuse cara á súa gran casa, na que se distinguía a pisci-na de transparente auga azul celeste iluminada polos tenues focos no medio do inmenso e colori-do xardín. Polo menos o seu traballo estaba moi, pero que moi ben pagado e podía permitirse cer-tos luxos.

A pesar da hora cociñou a súa cea e co-meuna en silencio mentres escoitaba música clá-sica. Ás veces preguntábase a si mesma se non

investigaba a Concertista da Noite porque quería coñecela. Pero debía deixar de pensar tanto no seu traballo e meterse na cama dunha vez, esta-ba tremendamente cansa.

Mentres tanto, Dafne entraba por unha ventá da casa que, sen sabelo, pertencía a Maia, a detective que a investigaba!!!

Decidírase por esa casa porque era unha das poucas que non explorara e parecíalle dun gusto exquisito. Coma sempre, meteu na súa bol-sa pezas bonitas e caras e dispúxose a tocar algo. Como esperaba, había un elegante piano de cola, sentou e comezou a interpretar unha burlesca melodía: “Tempo di Valse”, Tempo de vals, de György Ligeti, a cuarta do seu libro “Musica ricer-cata”. Tras tocala co piano escoitou unha voz fe-minina que identificou deseguida:

- Quen anda aí? - Boas noites, detective Maia, conque esta

é a súa casa, moi bonita, a verdade – soltoulle Dafne sen inmutarse, xa que coñecía de sobra a detective que a investigaba.

- Como sabe o meu nome? Quen es? – preguntou molesta Maia.

- Oín que eras moi boa pero atrévome a poñer en dúbida a túa reputación ao non recoñe-ceres a persoa que investigas cando a tes diante, de verdade que non sabes quen son? – espetou-lle Dafne a modo de resposta mentres desenfun-daba lentamente o arco do seu violín por se a situación empeoraba.

- Es a Concertista da Noite???!!! Sempre quixen apresarte pero tamén sentía curiosidade por coñecerte e tamén por escoitar a túa música, din que é realmente marabillosa – repuxo Maia con ollos soñadores e voz melosa.

- É obvia a razón pola que me queres apre-sar pero, por que me queres coñecer? – murmu-rou Dafne expectante mentres saltaba enriba do piano.

Antes de contestar, Maia observou detida-mente a famosa ladroa. Dafne estaba de pé sobre o piano e, ao estar case a escuras, a súa silueta presentábase recortada co arco na man, que em-puñado á maneira de espada, conferíalle un as—

Page 17: Xanela 2010

X A N E L A

17

pecto de deusa, de todopoderosa. Esta impresión realzábase co seu comportamento, estaba na casa da detective que a buscaba, pero non tenta-ba fuxir e ademais falaba con ela como se lle fala a un amigo, con confianza. Quizais o máis sor-prendente da Concertista da Noite era a súa acti-tude: sarcástica, despreocupada e, sobre todo, teatreira, combinada coas comunicativas expre-sións do seu semblante e a súa pasmosa indife-renza e tranquilidade ante as situacións máis pe-rigosas. Valentía. Si, esa era sen dúbida a súa ma-ior calidade.

- Quería coñecerte pola túa maneira de actuar pois é moi diferente á dos demais ladróns e ladroas que evitan ser descubertos a toda costa pero ti…, tocas melodías e sempre escapas polos pelos. Non o comprendo – si, todo o que contaba Maia era certo e Dafne sabíao.

- Moi interesante, propoño que chegue-mos a un acordo, eu non che roubo e ti non me delatas endexamais – sentenciou Dafne.

- De acordo, pero o teu nome, cal é? – murmurou Maia cohibida polo aspecto omnipo-tente de Dafne.

- Dafne… ese é o meu verdadeiro nome. Volveremos a vernos, Maia... – dixo Dafne en resposta.

- … pero esta vez como amigas – comple-tou Maia mentres observaba como a ladroa desa-parecía fundíndose coa noite, como unha miste-riosa sombra máis.

*** Rutina, aburrida e predicible rutina, pensa-

ba a detective mentres ordenaba os expedientes dos seus numerosos casos e buscaba o expedien-te que pretendía sacar da súa mesa. O expedien-te no que se encontraban recollidos os seus pe-quenos progresos no caso da Concertista da Noi-te, pensaba entregarllo a outro alegando que progresaría máis ca ela. En realidade, estaba ben claro que a verdadeira razón era que non quería seguir investigando a súa nova, secreta e compro-metedora amiga que conseguira por pura casuali-dade. A dicir verdade Maia non sabería especifi-car a razón pola que se fixo amiga dunha ladroa

sendo detective. *** Lonxe da oficina, a floreira Dafne traballa-

ba pensando na súa única amiga, a detective, e preguntándose por que se aliara con ela. Antes de que puidera contestarse escoitou a campá da porta que anunciaba un novo cliente.

Ao volverse topouse fronte a un rapaz no-vo, máis ou menos da súa idade, que a miraba cun pícaro sorriso. El tiña un cabelo castaño que levaba nin moi longo, nin moi curto. E uns ollos grises e profundos que encaixaban realmente ben na súa cara perfectamente simétrica. Tras miralo, Dafne volveu o rostro ao notar que se ruborizaba pois o rapaz parecíalle tremendamente atractivo.

- Ola, son Orión. Tería algunha planta es-pecialmente especial? – presentouse o rapaz.

- Especialmente especial? Claro, espere un segundo – respondeu ela.

Ao volver, traía consigo unha pequena árbore de toro retorcido e aspecto venerable con follas dunha cor verde pálido.

Page 18: Xanela 2010

X A N E L A

18

- Unha oliveira, que ten iso de espe-cial???!!! – sorprendeuse Orión

- Moito, para os antigos gregos as oliveiras eran un símbolo de sabedoría que ademais re-presentaba a deusa Atenea que como deducirás, era a deusa da sabedoría. Contan que na Acade-mia fundada por Platón encontrábanse doce ár-bores desta especie, supostamente plantadas por esta deidade – espetoulle Dafne cunha defi-nición case enciclopédica.

- Interesante, tes razón, esta árbore é sim-bólica e iso convértea en especial – soltoulle Orión mirándoa aos ollos con firmeza e un certo matiz de dozura – Xenial, canto custa?

Despois de que Orión lle pagase, a Dafne entristeceulle a perspectiva de que Orión se fose pero este sorprendeuna cunha invitación.

- Vés tomar algo? – preguntou timidamen-te el.

- Por suposto – respondeu Dafne que non acostumaba a rexeitar invitacións – Encantada.

Xa acomodados nun confortable café em-pezaron a coñecerse.

- Aínda non che preguntei o teu nome – comezou el.

- Son Dafne – respondeu – e menos mal que non te chamas Apolo pois nese caso eu con-verteríame nun loureiro – engadiu rindo ao facer alusión a lenda.

A continuación, tras moito tempo de con-versación, descubriron o seu parecido e… o amor que sentían, algo que ambos descoñecían e que os colleu desarmados por completo.

Tras pagar e levantarse, foron dar un pa-seo ata un miradoiro con vistas ao mar. E alí esta-ban, un ao lado do outro.

Ata que Orión fixo un xesto que sorpren-deu a Dafne. Pasoulle o brazo ao redor das cos-tas á altura das cadeiras e atraeuna ata el suave-mente para despois bicala pausada e docemente.

E ficaron alí felices ata o anoitecer gozando das vistas a un mar amplo e sucado por peque-nas e pintorescas embarcacións.

Cando xa estaba na piques de marchar, Orión decidiu confesarlle algo a Dafne.

- Dafne…, debía tercho dito pero eu… son un ladrón – confesou apesarado.

- Que???!!!! – sorprendeuse ela. - Si, por iso ningunha rapaza está comigo,

temen que as poña en perigo. Supoño que adeus – contestou decidido a marcharse.

- Espera, non é iso, sorpréndome porque eu son unha famosa ladroa, tes ante ti a Concertista da Noite – explicou Dafne non sen certo matiz de orgullo.

- De veras? – preguntou el – pois dime, cales son as calidades que necesita un bo ladrón?

- Fácil pregunta: coñecemento do lugar, un bo plan, rapidez e eficacia – articulou a modo de resposta.

O feito de seren dous ladróns uniunos moi-to. Agora estaban unidos polo amor e polo perigo. Algo, sen dúbida para eles, apaixonante. Como era de esperar, non se lles ocorreu outra cousa máis lóxica e pintoresca que irse xuntos a roubar a unha casa para celebralo.

Como puideron comprobar, os dous eran totalmente expertos ladróns e levar un bo botín non lles supuxo un problema. Ademais, aquela era a casa do alcalde e Dafne xa a visitara en máis du-nha ocasión, e polo tanto coñecíaa moi ben. Loxi-camente isto debíase a que a casa tiña pezas valio-sas e un piano de cola.

Pero esa visita foi distinta ás outras por unha simple razón, non eran dúas mans as que premían as teclas do piano, eran catro que toca-ban alegremente a peza “Cortège”, o segundo movemento da obra “Petit Suite” de Claude De-bussy.

A alcaldesa, sobresaltada, baixou pero para a súa desgraza non topou a ninguén no cuarto do piano, xa fuxiran.

- Debemos ir visitar a unha amiga – comen-tou Dafne mentres corrían pola rúa.

- Non nos delatará? – alegou Orión asusta-do.

- Nunca nos delataría – afirmou ela cun ton case ofendido por ver que Orión dubidara de Maia aínda que só fose por uns intres.

A casa da detective tiña un aspecto distinto

Page 19: Xanela 2010

X A N E L A

19

ao que presentaba a última vez, non aparente-mente, pero esa era a desagradable e inquietan-te sensación que producía na Concertista da Noi-te.

Entraron sixilosamente de tal maneira que non se decataran da súa presenza ata que eles o desexaran e este feito dáballes unha pequena marxe para espiar por se había estraños na casa que os puideran recoñecer.

Fixeron ben en non presentarse pois Maia non estaba soa, senón cun home novo pero ma-ior que ela e que tiña un sospeitoso parecido con Orión. A misteriosa identidade daquel home viu-se acrecentada ao reparar no feito de que Orión palidecera ao velo.

- Coñécelo? – preguntoulle Dafne a Orión ao reparar na súa reacción.

- Coñézoo demasiado – respondeu el eva-sivamente.

- Pero quen é? – interrogou ela. - O meu irmán maior, Fineo– pronunciou

Orión con voz insegura. - Un irmán teu que se chama Fineo está

coa miña amiga Maia? – riu Dafne. - Si, ese...Fineo sempre me facía sombra,

que se Fineo isto, que se Fineo outro, estou segu-ro de que se el morrera escoitaríase: por que o destino non se levou a Orión en troco de Fineo?.

- Podemos comprobalo – borboriñou Daf-ne.

Ela e Orión entraron levados pola curiosi-dade, máis forte que o perigo de atoparse con Fineo, que, polo visto, non aprezaba moito ao seu irmán Orión.

- Ola, Maia – saudou quedamente Dafne. - Ola, irmán – dixo Orión cunha indescifra-

ble expresión no rostro. - O-Orión??? – sobresaltouse Fineo – Hai

dez anos que non escoitaba a túa voz pero nunca esquecerei as últimas palabras que me dixeches, tiñas quince anos e xa te dabas aires de poe-ta....como era? Ah, si, eran estas “Irmán, non podo vivir máis a túa sombra convivindo co teu desprezo, por iso, debo marchar. Adeus, Fineo”. Moitas veces tentei atoparte pero o único que

souben de ti foron rumores sobre turbios nego-cios... É iso certo?

- Quizais, pero se non falei contigo en dez anos non vexo porque debo facelo agora.

- Ten en conta que estás na casa dunha de-tective... – recalcou Fineo – Por certo, esa rapaza tan guapa é a túa moza? Non tiña nin idea... Pre-séntasma?

- Parece que o gran Fineo sempre o sabe todo... Efectivamente, ela é a miña namorada, Dafne - murmurou Orión entre dentes.

- Orión, xa teredes ocasión de falar noutro momento. – dixo Dafne – Preguntémoslle que o levou a vir ata aquí.

- Fineo veu para ver se lle podía axudar a atopar a Orión e obter información sobre os seus negocios, precisamente agora estabamos discutin-do o prezo, pero xa que el está aquí o meu traba-llo acabou, este é o momento de que falen dos asuntos que os incomunicaron durante tanto tem-po – aclarou Maia.

- Maia ten razón, irmanciño, levo buscándo-te todo este tempo. Sempre serás o meu irmán menor e agora podemos falar como adultos e acla-rar as nosas diferenzas para poder por fin levarnos ben. Iso é o único que desexo – rogou Fineo.

- Síntoo, pero é demasiado tarde para des-culpas, as feridas demasiado fondas nunca sanda-rán. E non sei se alcanzas a intuír a fondura da miña ferida.

- E-eu esperaba que todo volvese ser coma antes, cando eramos pequenos... Agora dirixo unha gran empresa, podo proporcionarche un bo posto de traballo, incluso facerte o meu socio. En ambos os casos terías un cuantioso soldo e pódo-che atopar facilmente unha preciosa casa para Dafne e para ti. Perdóame por todo, Orión – im-plorou Fineo.

- Non podes comprarme con diñeiro, unha casa ou unha vida mellor. Nós podemos saír adian-te sós, non necesitamos donativos e menos aínda un irmán que se deprime se non consigue todo o quere. Repítocho, é demasiado tarde – solucionou Orión claramente disposto a non falar máis con Fineo.

Page 20: Xanela 2010

X A N E L A

20

- De verdade que non desexas nada que eu che poida dar? – intentou por última vez Fi-neo.

- A dicir verdade, si. Non nos busques en-dexamais porque xuro que non nos atoparás .

Daquela, Fineo comezou a saloucar con forza ante o rostro impasible do seu irmán e as asombradas Maia e Dafne.

- Se iso che permitirá vivir tranquilo, eu perdóote pero non desexo volver a verte, nin ti nin ninguén pode cambiar o pasado.

- Moitas grazas, Orión. Con ese xesto aca-bas de demostrar que sempre estarás por riba miña moralmente, pois, a pesar de todo o que che fixen sufrir fuches capaz de perdoarme. Ne-cesitaba oílo. Dafne é moi afortunada por ter o teu amor. Agora debo marchar. Adeus a todos, sorte na vida, e ti Orión, meu irmán, sempre se-rás o mellor dos dous.

Desta maneira, Fineo desapareceu na noi-te para non volver xamais, esta sería a última vez que se mostrase ante alguén, pois ao día seguin-te desaparecería do mapa e ninguén volvería saber nada del.

- Orión, por que non nos contas o que che levou a fuxir da casa e parece estar relacionado co teu irmán? – indagou Dafne.

- Non sei se serei capaz de contalo... – du-bidou el.

- Agora ou nunca – alentouno Maia. - Está ben, intentareino – e entón comezou

a narrar – Antes sempre nos levabamos ben e nunca pelexabamos. Gradualmente, meu irmán foi sendo aparentemente moi bo nos estudos e tamén tiña moitos outros dons e comezou rapi-damente a progresar e gañar diñeiro mentres compaxinaba o traballo cos estudos. Para min, que o coñecía mellor ca ninguén, era evidente que pasaba algo raro. Daquela, sóubeno, era un “camelo”…, o que nunca saberemos é o porque de meterse nese negocio…, realmente non o entendo. Por iso eu fuxín, porque intentei disua-dilo do seu tolo proxecto e, como consecuencia, pegoume unha malleira. Así, ao día seguinte, collín roupa e diñeiro e marchei da casa, vagando

sen rumbo pero sempre poñendo máis distancia entre Fineo e eu. Intentei buscar algún traballo honrado pero acabei sendo un excelente ladrón, só en contadísimas ocasións roubei cousas de gran valor, pois normalmente dedicábame a pe-quenos roubos, principalmente de comida, tan só o básico para sobrevivir. Grazas ás miñas ex-traordinarias dotes, un museo, cuxo nome non estou autorizado a revelar, contratoume para roubar pezas a coleccións particulares que as conseguiran ilegalmente e, como estes particula-res non deberían ter esas pezas, non podían de-nunciar o roubo. É un traballo moi ben remune-rado... E non podedes alcanzar a imaxinar a mo-rea de encargos que teño. Por iso nunca volvín pensar en conseguir un traballo honrado ata ago-ra… e esta é a miña historia – finalizou Orión.

- A túa historia é estraña e triste e poderíase ter evitado – comentou Dafne cun ton sombrío mentres pasaba un brazo arredor dos ombros de Orión.

- Dafne ten razón, non tiñas por que ter pasado por todo isto – coincidiu Maia.

Durante uns longos intres os tres ficaron calados, sen atreverse a romper o silencio da es-tancia, meditando nos seus asuntos, predicindo que pronto se separarían pois non era prudente que Dafne e Orión quedasen moito máis tempo na cidade e Maia non podía ir con eles.

- Agora véxome obrigada a falarche do moti-vo principal da nosa repentina visita – comezou rompendo o silencio Dafne dirixíndose a Maia.

- Que pasa, Dafne? – alarmouse Maia. - Como sagaz detective podes deducir que

os nosos camiños están a piques de separarse – proseguiu Dafne con tristeza - marcho da cidade, mellor dito, Orión e eu marchamos da cidade – respondeu baixando a cabeza.

- E iso a que se debe? Cóntamo todo dunha vez, por favor, Dafne – impacientouse Maia.

- A verdade é que Orión e eu imos casar e queremos facelo lonxe de aquí porque me coñe-cen demasiado. Antes de que me preguntes a que se debe esta repentina decisión responderei-che: ambos estamos máis que convencidos de

Page 21: Xanela 2010

X A N E L A

21

que xamais toparemos unha persoa tan seme-llante a nós e por iso imos marchar, para levar unha vida mellor e atopar un traballo honrado, seguramente montaremos unha florería como a que teño aquí. Así que supoño que esta pode ser a última vez que nos vexamos – murmurou Daf-ne.- Maia, prométoche que intentarei poñerme en contacto contigo pero non teño nada que deixarche de recordo – queixouse a Concertista.

- Dá igual, non poderei esquecer a miña amiga Dafne. Boa sorte aos dous – despediuse Maia.

Pouco despois observou as dúas figuras que corrían polo xardín perdéndose na escurida-de e no tempo.

Maia deitouse vestida e desanimada, nun-ca tivera unha boa amiga e a única que tiña, aín-da que fose unha ladroa, íase.

Á mañá seguinte levantouse deprimida. Baixou ata o comedor e atopouse cunha grata sorpresa, enriba da mesa estaba colocado un

precioso violín e, ao lado, unha partitura e unha nota:

“Querida Maia, de verdade pensabas que me ía sen deixarche nada de recordo? Por suposto que non! Aquí tes un dos meus violíns e a partitu-ra coa canción que toquei cando asaltei a túa casa, “Tempo di valse”, Gózaa. Ademais, desexo pedir-che que devolvas tódos os obxectos que roubei aos seus lexítimos propietarios. Vai recollelos a este enderezo: Rúa do Cebreiro nº 146. Grazas por todo. Nunca esquecerei a miña mellor amiga, a detective Maia. Cóidate.

A túa amiga, Dafne”

Tras ler esta nota, Maia sentiuse feliz e

prometeuse a si mesma devolver os obxectos rou-bados pola Concertista da Noite e aprender a to-car esa canción co violín de Dafne para así recor-dala.

Page 22: Xanela 2010

X A N E L A

22

O CADRO

Daniel Vázquez Fernández

P or fin estaba diante da vella casa dos meus

avós. Os pobres había xa cincuenta anos que mo-

rreran nunhas estrañas circunstancias.

O edificio mantiña ao seu redor os carballos cen-

tenarios que tanta sombra daban no verán aos

cuartos da ala sur da casa. Detiven a miña mirada

nas súas formas voluminosas, no enrevesado dos

seus troncos e nas figuras que as sombras produ-

cían ao solpor daquelas pólas cheas de follas a

piques de caer a causa do inverno.

A casa era unha antiga edificación de principios

do S. XVII. Aínda que aos ollos o conxunto podía

resultar austero e inaccesible, a min traíame fer-

mosos recordos da miña infancia e unha cálida

sensación de proximidade. Sorprendeume grata-

mente o bo estado de conservación no que se

achaba. Certo é que non contaba atopala así.

Crucei a eira e abrín a porta de entrada con deli-

cadeza. A chave de entrada seguía agochada tras

dunha pedra da fachada principal. Sempre foi así

e así seguía sendo.

Sen présas, e á expectativa do que puidese acon-

tecer, vinme no centro do distribuidor principal

da casa e ante os meus ollos, como se unha racha

de vento me transportase á miña nenez, estaba

ante min o mesmo escenario dos meus sete ou

oito anos de idade. Todo estaba limpo e ordena-

do cunha harmonía propia do carácter da miña

avoa, unha muller exquisita, esixente, prudente,

pero ao mesmo tempo estraña.

Percorrendo un amplo corredor, dirixinme á pri-

meira planta onde se atopaba o cuarto que ocu-

paba de cativo. Desfixen sen moito rigor a miña

equipaxe e gardei no armario as poucas perten-

zas que traía. Resultaba curioso percibir aínda o

frescor daquela madeira, podería dicir, sen medo

a equivocarme, que o seu aroma transmitía…,

vida?

Canso pola viaxe, sentei aos pés da cama. Lem-

brei a miña infancia. Por aqueles anos, a casa

Page 23: Xanela 2010

X A N E L A

23

estaba chea de xente, era triste recoñecer que

hoxe só vagaban polos cuartos e corredores os

meus recordos. No medio dos meus pensamen-

tos foise a luz. Isto si que seguía sendo frecuente.

Hai cousas que non mudan e a casa de Galatán

non foi quen de librarse dun corte de subministro

eléctrico que afectaba a toda a aldea. Só transco-

rreron uns minutos para que, ao volver a luz, algo

cambiara naquel dormitorio: na parede principal

daquel cuarto aparecía ante o meu asombro, un

cadro de grandes dimensións. A escena alí pinta-

da representaba con exactitude, igual que fan

os espellos, a mesma estancia na que eu estaba,

e non só aparecían os mesmos obxectos do dor-

mitorio, tamén eu era parte daquel escenario.

Púxenme moi nervioso. Non tiña aire. Suaba. Sen

afastar a mirada daquela imaxe, tentei abrir a

porta do gran balcón pero non fun capaz, volvin-

me cara ao cadro e para o meu asombro, a ventá

que tentara abrir recentemente, desaparecera do

lenzo. Sen dubidalo, con desacougo fun cara á

porta, pero a gran alfombra verde que cubría

parte do cuarto impediu o meu desprazamento

facéndome caer ao chan. Como un lóstrego, nun

último intento por saír de alí, conseguín aferrar-

me ao picaporte coma se fose a miña salvación.

Apertei con ansiedade o mango. Non fun quen de

abrir a porta. Novamente mirei o cadro e xa non

estaba aquela saída. Botei as mans á miña cabeza

querendo pór orde a todo o que estaba aconte-

cendo e sen saber como, do máis fondo do meu

ser, liberei un berrido cheo de pánico ao mirar

novamente cara ao lenzo da parede. Nel aparecía

todo absolutamente desordenado. O teito non

tiña tellado, aparecía aberto ao ceo cunhas pou-

cas vigas queimadas, o chan mantíñase en pé

grazas a unhas poucas táboas comestas e podres,

as paredes aparecían gretadas, algún muro derru-

bado e o mobiliario aparecía desordenado e caí-

do. Todo estaba extremadamente deteriorado

polo abandono e polo paso do tempo. Tentei

verme no cadro, saber cal era o meu lugar naque-

la tétrica representación do meu pasado ou do

meu presente.

Non fun capaz de ceibar ningún son ao decatar-

me que eu xa non existía naquela escena. Xa non

existía. Debía aceptalo. Eu era Nada. Nada. Como

todos os anos

Page 24: Xanela 2010

X A N E L A

24

Un día de chuvia no mes de novembro, atopábame eu a carón do ceo. Estaba mirando por unha ventá nunha casa alta preto do mar. Saquei unha man fóra da ventá para tocar unha nube e non fun capaz. O vento era forte e case me tira petaría coas árbores que prado había. Estaba estudando e non tiña ganas, entón ocorréuseme facer trasnadas.

Senteime moi “pancha” na ventá da casa mollándome toda e ollando a estrada. Medo non tiña gustábame o sitio, estaba contenta aínda que tiña frío. Pasei unha hora alí na ventá, a xente do barrio ollábame ó pasar. Cando me fartei E quixen baixar tropecei cos libros e caín ó chan. A miña trasnada acabou moi mal: cun brazo rompido e nun hospital

Loreto Abalo Calo

TEÑO Teño un sol que me abre o corazón. Tamén teño unha lúa da que me sae a tenrura. Unha flor, na que o sentimento ten o movemento. Teño moitas cousas que falan do amor e a sinceridade; pero tamén da liberdade. Sara Hermo Alonso

A TRASNADA

Page 25: Xanela 2010

X A N E L A

25

A RÍA DE VILAGARCÍA

A ría de Vilagarcía,

é unha ría moi agarimosa,

a xente desa ría é moi bondadosa.

Cando esperto pola mañá,

vexo os barquiños no mar,

cos motores prendidos,

listos para faenar

Cando as redes cheas están,

eles volves para xantar,

e co mal tempo,

non poden saír traballar.

Logo pola noite cos farois prendidos,

volven a pescar,

ata a mañá cediño,

que voltan para descansar,

e así o seu xornal,

poden gañar.

Yago Araújo Piñeiro

.

Page 26: Xanela 2010

X A N E L A

26

Xentes do BarbanzaXentes do Barbanza

Kin García

Noia, 1964. Kin foi un rapaz que naceu no seo dunha familia de músicos e xa con nove anos iniciou os seus estudos musicais de per-cusión e contrabaixo no conservatorio de música da Coruña. Aos dezaseis anos comezou a súa propia singradura a través do rock, do funky-fusión ata chegar ao jazz. Como jazzista comezou a colaborar con músicos como Alberto Con-de ou Luís Pimentel e foi completando a súa formación académica con seminarios e “master classes” nas que entrou en contacto con músicos de renome internacional como Niels-Henning Orsted Peder-sen ou Dennis Irwin, Tom Harrell, John Smith ou Albert Bover. Pero a súa presenza como contrabaixista tamén se deixou sentir no folk, actuando ou colaborando en discos de Berrogüeto, Susana Seivane, Capercaillie, Rodrigo Romaní ou Uxía Senlle. En 1997 crea a Escola de Música Creativa Drops en Santiago de Com-postela e en xuño de 2006 saca o seu primeiro disco O Lobo morde a

man . Na actualidade imparte clases no Conservatorio Superior de Música da Coruña, na especiali-dade de jazz, e está participando nun proxecto musical xunto coa universidade de Ithaca (EEUU) en colaboración co guitarrista Steve Brown. O proxecto chámase Atlantic Brigde e nel, os alumnos e profesores do conservatorio coruñés intercambian os seus coñecementos e a súa visión do jazz cos compañeiros do outro continente a través de seminarios, intercambios e master classes . O froito de todo este traballo materializouse nun disco que foi presentado este mes de xaneiro na cidade da Coruña.

O lobo morde a man.

Foi o seu álbum de debut e o seu proxecto perso-al no que o contrabaixo exerce de solista neste universo jazzístico. Nel, Kin réndelle homenaxe non só á música senon tamén á natureza; e en concreto á paisaxe do río Tambre. Escolleu este título pola admiración que sente por este animal que o home non foi quen de domesticar. Coma o lobo, el tamén ten algo de indomable e ser sal-vaxe; xa que non se conformou coa música que se facía en Galicia no seu tempo e igual que fai o lobo ao transitar en solitario entre cavorcos e uces, el tamén decidiu emprender o seu propio camiño por paisaxes musicais inexploradas

Page 27: Xanela 2010

X A N E L A

27

O INGLÉS RESISTIU

O 14 de outubro do ano 1066 os normandos derrotaron aos ingleses na batalla de Has-tings. Alí nese día perderon os ingleses o seu rei, o seu reino e, en menos de 20 anos , gran par-

te da súa identidade como pobo. En vinte anos a lingua dos documentos, dos tribunais, da igrexa e da vida civil pasou a ser o francés; o rei Guillel-me I entraba no mosteiro de Peterborough con 160 arqueiros, puxo un abade e varios monxes francófonos, unha ducia de cabaleiros, e outra ducia de homes, repartiulles as terras e aos nati-vos ingleses converteunos en servos do abade e dos tenentes libres normandos.

Aos ingleses non lles quedou máis remedio que afrancesarse e iso revélao con toda claridade a análise das cicatrices da lingua inglesa: todos os nomes ingleses dos oficios que traballaban para os mosteiros e os castelos desapareceron e foron substituídos polos nomes que esas profe-sións tiñan na lingua francesa dos novos donos de Inglaterra. O canteiro que se chamaba heardhewer pasou a chamarse mason (como o maçon francés); o carpinteiro, que se chamaba wyrhta pasou a chamarse carpenter; e o pintor, que se chamaba, limner pasou a chamarse pain-ter … O inglés quedou convertido na lingua das aldeas, dos irredentos. Por iso só resistiron en inglés os nomes das profesións que os norman-dos non querían para eles: o muiñeiro seguiu sendo miller; o ferreiro, smith; e o labrego, plowman. Queren examinar máis cicatrices? O

porco, animal inmundo, conserva o seu nome inglés, pig, pero a sabedoira carne do porco ten fino nome francés pork; proba evidente de que os que o criaban falaban inglés, pero tamén de que os que o podían comer falaban francés.

Douscentos anos despois da conquista francesa cando nós xa temos o Pórtico da Gloria e na cor-te real en Toledo se compoñen en galego as Can-tigas de Santa María, a cousa en Inglaterra ía a peor: os frades beneditinos de Westminster e de Whiby impóñense a prohibición de predicaren en inglés e mesmo de falaren entre eles o inglés. A situación da lingua inglesa era desesperada.

Trescentos anos máis tarde, a escola obrigaba aos nenos ingleses a abandonaren a súa lingua inglesa e a aprenderen todo en francés; e os fillos dos nobres xa só oían o francés dende o berce.

Xesús Ferro Ruibal

Page 28: Xanela 2010

X A N E L A

28

Pero algo se mo-vía, porque en 1362 o Parlamen-to inglés ten que aprobar unha lei que admitía o uso do inglés nos xuízos, porque moita xente aínda non entende nin sabe expresarse en francés. Por esa época John Wyclif, teólogo e profesor da Uni-versidade de Ox-

ford, inicia a tradución da Biblia ao inglés; créase entón un movemento, os lolardos, que percorren as aldeas, facendo seráns bíblicos nos que len, comentan e memorizan textos bíblicos. Moitos labregos e labregas inglesas aprenden a ler naque-la biblia en inglés e, aínda que aquel movemento biblista laico inicialmente á Igrexa pareceulle ben, acabouno combatendo, porque suplantaba a au-toridade interpretadora do clero e acabou dicindo que poñer a palabra de Deus en inglés era botarlle as margaridas aos porcos; que falar de Deus en inglés era faltarlle ao respecto a Deus. 340 anos despois da batalla de Hastings, ler a biblia en inglés, defender a normalización do inglés era ser sospeitoso de heterodoxia. Se lles contei estas cousiñas do inglés, que nunca

se contan, é porque aqueles anglófonos, pobres,

humillados e ameazados, resistiron numantina-

mente seiscentos anos pero no século XVII, por

fin, viron a súa lingua inglesa plenamente normali-

zada.

( Fragmento dun discurso de Xesús Ferro Ruibal)

“MODELO BURELA”

Una lección de cine y de sentido común sobre el uso de las len-guas Una joven gallega de Burela, Lugo, se justifica, delante de un frontal de nichos, du-rante varios minutos –y casi se disculpa–, por-que se atrevió a convencer, primero, a sus familiares y, luego, al marmolista, de que el epitafio de uno de sus seres queridos, falleci-do, quedase escrito en la lengua del difunto, que no era otra que la lengua de sus familia-res; que no era otra que la lengua del marmo-lista, y que no era otra que su propia lengua, esto es, la lengua gallega; y esto, en medio de una mar de lápidas escritas en castellano… Solo ese fragmento de vida arrancada a la pantalla, bastaría para recomendar a todos los gallegos, y al resto de los españoles, que vie-sen el documental de Matías Nicieza y Bernar-do Penabade, Modelo Burela (2009), reciente-mente exhibido en el Palacio del Marqués de Valdecillas de Madrid, en la inauguración del Ciclo “Documentales y Cortos sobre la Memo-ria”, organizado por Amesde, Asociación para la Memoria Social Democrática, y la Universi-dad Complutense de Madrid. No sé si a ustedes, pero a alguien, como es mi caso, que escribe y se expresa en castella-no, y que enseña lengua y literatura castella-na –y no solo porque sea su profesión–, no

Page 29: Xanela 2010

X A N E L A

29

deja de resultarle chocante y humillante, a un tiempo, el que una joven gallega deba explicarse, y casi disculparse, porque ha utilizado su propia lengua en el adiós definitivo de un ser querido. En realidad, considerándolo bien, esa escena nos humilla a ambos, a ella, por tenerse que explicar, y a mí, al comprobar, una vez más, cómo mi len-gua, la castellana, se ha utilizado, y se pretende aún utilizar, para desnaturalizar y doblegar las lenguas de otros. Por eso, a ella y al resto de los ciudadanos de Burela, de Galicia, del País Vasco, de Cataluña, les digo que ese uso espurio de mi lengua no se hace en mi nombre, ni en el de muchos otros castellanoparlantes, que nos abochornamos por ello; y que el llamado “conflicto lingüístico” no existe sino entre los que nos quieren separar y enfrentar, pero no entre los que de verdad nos queremos comunicar, y expresar lo que somos, en la lengua o en las lenguas que somos. Y, no obstante –lo sé bien–, hay muchos castella-noparlantes que se sienten sinceramente atribu-lados por el destino de su lengua; a ellos, les pre-gunto, ¿puede, en verdad, creerse que una len-gua que hablan cuatrocientos millones de perso-nas en tres continentes, y que estudian decenas de millones de otras personas, en esos, y en los dos continentes restantes, se va a resentir por-que nuestros compatriotas gallegos, vascos y catalanes hablen, piensen y se expresen en sus propias lenguas?; ¿realmente alguien con senti-do común puede creerlo? Las lenguas se desarrollan o mueren por la utili-dad social y práctica que nos ofrecen –en cuanto herramientas de comunicación que son–, y nin-guna política lingüística, en una coyuntura de-mocrática, sea esta ingenuamente voluntarista, o ansiosamente histérica, logrará modificar ni un ápice ese hecho incontrovertible. Solo una política premeditadamente imperialista, de exterminio y sustitución, y este, creo, no es el caso, lo ha logrado –y, aun así, parcialmente– en el pasado. Por eso mismo, les digo también a esos mismos atribulados hablantes de mi propia lengua que,

paradójicamente, si hay una lengua que esté en peligro de desaparición en Galicia es el gallego; como, en el País Vasco, lo es el euskera; y, en Ca-taluña, el catalán; y que son estas las lenguas que deben ser protegidas.

Que la imposición del castellano, la queja conti-nua y el abuso, no humilla tanto a las lenguas de los otros, sino, sobre todo, a nuestra lengua; y que le hacemos un flaco favor, de ese modo, pues impedimos que se establezca la natural convivencia entre los idiomas; esa interacción que los especializa y distribuye, en el aula, en el patio del recreo, en casa y en la calle; es decir, en cada uno de los contextos y “situaciones de uso” que marcan los ritmos de la vida cotidiana, de un modo lógico y armónico. Además de provocar una patente –y, por qué no, lógica también– ani-madversión en una parte de los que, objetiva o subjetivamente, se sienten expropiados de la suya propia. Y, en última instancia, ¿alguien cree, de verdad, que la victoria del castellano en los cementerios y en las notarías gallegas, hace algún favor a nuestra lengua? ¿Alguien cree que llevando la tensión a las escuelas y a los claustros de profesores, suscitando un conflicto donde no lo hay, por el mero rédito político, hace un favor a la lengua que supuestamente defienden? Quien lo piense, no está en este mundo. Y es esto precisamente lo que Matías Nicieza y Ber-nardo Penabade, con una cámara de tercera al hombro, y un micrófono de karaoke, con extraor-dinario olfato para el discurso cinematográfico y documental, dejando hablar y expresarse a esa joven, y a unas decenas más de ciudadanos de Burela, nos han mostrado, en una lección de sen-tido común y de cine documental insuperable Martín Escalera, escritor e profesor de Lingua Castelá na

Page 30: Xanela 2010

X A N E L A

30

.

ñ

ñ

Nun lugar entre Ad Duos Pontes e Atricondo na Per Loca Marítima que os devanceiros chama-ron Vialis, atópase San Pedro de Bealo, parroquia situada no concello de Boiro. Esténdese dende os montes Castelo e Confurco, ao norte, ata o esteiro dos ríos Brea e Beluso, ao sur; entre as ladeiras do Castro Barbudo, ao leste, e as primeiras estribacións do Barbanza ao oeste. Segundo o padrón munici-pal de 2008 tiña 791 habitantes (416 mulleres e 375 homes). Nun curioso artigo publicado o 24 de maio de 2006 no New York Time, defínese a Bealo como unha aldea verde, de casas sinxelas de pedra branca, con viñas nos frontes , pequenas leiras detrás e con hórreos para o millo, que semellan catedrais en miniatura; os montes son pedrosos, salpicados de flores brancas e amarelas e silenciosos piñairais e eucaliptais. Hoxe en día se a parroquía é moi coñecida en toda a bisbarra, sen lugar a dúbidas é pola famo-sa romaría de San Ramón, ao que todos os fregueses deste lugar lle teñen moita devoción, e que foi declarada festa de Galicia de interese turístico polo consello da Xunta de Galicia o día vinte e nove de marzo de dous mil sete. Aparece Bealo nos traballos de personaxes importantes da cultura galega como poden ser: a do pintor galego Arturo Souto, e o escritor Manuel María ou o periodista ‘’Borobó’’.

Page 31: Xanela 2010

X A N E L A

31

.

A CAPELA DE SAN RAMÓN

A capela na honra de San Ramón foi mandada cons-truír polo párroco don Xosé Bravo. A pedra que se utilizou foi totalmente extraída dos montes de Bealo. A estrutura no seu interior apenas se viu alterada dende a súa contrución. Tanto as dúas capelas laterais, como a nave central e o pres-biterio teñen bóveda de medio canón. No exterior unha cuberta de tella árabe cubre todo o edificio. Conta o párroco actual que nun principio só había unha imaxe, a de San Ramón, como non podía ser doutro xeito. Máis tarde empezáronse a venerar outras imaxes co-mo a Virxe das Dolores, San Roque, San Gregorio e final-mente a Virxe Milagrosa, doada por un particular. Coa ermida xa erixida, chegou a quenda de oficiar a primeira Eucaristía, o 22 de agosto de 1758. Finalmente cambiouse para o día 31 de agosto.

A ROMARÍA Todo empeza no 1200 co nacemento en Cataluña de San Ramón, patrón das parturentas. Isto é debido a que súa nai morreu durante o parto.

O 31 de agosto celébrase a romaría de San Ramón, unha festa capaz de congregar a miles de persoas, a familias enteiras que se reunen ao pé dun carballo para comer, can-tar, falar... A romaría é unha das máis importantes do sur da provincia da Coruña, mesmo foi declarada pola Xunta de Galiza en 2007 ‘’Festa de Interese Turístico’’. Claro está que os romeiros xa non son os mesmos, antes , o traxecto facíase a pé ou a cabalo; agora viáxase en vehículos; no pasado, os cantares, a refagueira, os aturuxos; agora, os altofalantes das orquestras, e mesmo dos repro-dutores de discos. Pero a esta gran festa non só acudía xente cotiá, se-nón tamén personaxes como: Castelao, Eduardo Dieste, Fernández Mato, Martínez López, Rafael Dieste, Manuel Antonio, Manuel María, Borobó, Arturo Souto, ou o mesmo Ramón María del Valle-Inclán, en cuxas obras as alusións a personaxes desta parroquia son abondosos .

Debuxo qu Arturo Souto trala súa visita á casa dos irmáns Dieste, asistindo con eles ao San Ramón fixo no ano 1932

Page 32: Xanela 2010

X A N E L A

32

A PAISAXE

As pedras son os elementos caracterís-ticos da paisaxe de Bealo. Estes outeiros, de formas curiosas e arrevesadas, son todos diferentes uns dos outros, xa sexa pola súa forma ou pola súa historia. A algúns atribúen-selles poderes máxicos, a outros artes curati-vas e outros incluso serviron de agocho para algúns fuxidos de Guerra Civil. Outra característica moi común dos montes bealenses, son os petróglifos. Pode-mos atopar gravados destes en máis de vinte laxes separadas unhas das outras por uns metros ou por centos. Pero entre todos eles

destacan dous: a situada a uns dez metros da Escola Unitaria e a da serpe, a carón do Castriño, cento cincuenta metros cara ao sur. Se a pedra é o elemento natural máis característico do territorio de Bealo, o río Beluso tamén ten o seu protagonismo. Para chegar a el, debemos partir dende a capela en dirección ao leste. Esta magnífica corrente de auga está rodeada por un bosque de amieiros, freixos, abelairas e carballos. To-dos estes perfumados por violetas. Este río está ateigado de muíños, moitos deles derruídos, que eran espazos nos que se facía vida noutros tempos.

A BANDA DE MÚSICA

Baixo o mando do ‘’Pinchudo’’, a banda de música de Bealo empezou a dar os seus primeiros pasos aló polo ano 1929. Logo, coa morte do fundador o 23 de xullo de 1934, a batuta pasou a mans do seu irmán menor Francisco, e máis tarde á dos seus fillos Manolo e Valentín. Foi con este último co que a Banda de Bealo acadará cotas de éxito maiúsculo, como consecución do primeiro premio nun certame celebrado en 1939.

ñ

A banda de música de Bealo nos anos 30

Page 33: Xanela 2010

X A N E L A

33

VIDA

E ugenio Novo Neira naceu o 19 de xaneiro de 1930 en Parada de Moreda, na serra do Courel. Co-ñecido por Uxío Novoneyra, foi un poeta e escritor de contos infantís en lingua galega e en castelán. Fillo dunha familia de labradores, comezou a escribir poesía mentres estudaba

bacharelato en Lugo. Logo trasladouse a Madrid a estudar Filosofía e Letras. No

1951 regresa a Galicia e inicia as súas publicacións en galego. En 1962 volve a Ma-

drid e traballa en programas de radio e televisión. En 1973 casou con Elba Rei, con

quen tivo tres fillos. En 1983 afíncase definitivamente en Santiago de Compostela,

cidade na que exerceu o cargo de presidente da Asociación de Escritores en Lin-

gua Galega ata a súa morte o 30 de outubro de 1999, aos 69 anos de idade. Nos

seus poemas manifesta o seu compromiso nacionalista sen descoidar a forma

poética.

É hora de que señas toda patria dos teus

dos que gardaron a fala en que máis se dixo adeus

e señas dona de ti e señora de falar

Anos despois da súa morte a súa voz ecoa máis forte ca nunca nos “tesos cumes” do Courel - que lle deron o porte dun castiñeiro centenario - e nas rúas dunha Compostela onde descubriu que a liberdade era unha misión posible.

Page 34: Xanela 2010

X A N E L A

34

OBRA

O Courel, a terra onde nace Uxío, converteuse nun referente físico para os seus versos, ofrecendo unha innovadora visión da paisaxe dentro da literatura galega. A súa poesía adquire matices especies cando o mesmo poeta recitaba os seus propios versos, proba do seu enraizamento co pobo e a poesía popular. En 1955 publicou o seu primeiro libro Os eidos con prólogo de Ramón Piñeiro; poe-mario co que comeza un ciclo poético que retomará con Os eidos 2 e outros poemas en 1974. O poeta na súa soidade entre os vales e as montañas natais, en comuñón co mundo físico é capaz de evocar sensacións visuais, táctiles, auditivas ou anímicas me-diante a combinación e repetición de fonemas. Nos anos sesenta, as súas propostas ampliáranse cara á preocupación colectiva e temática política dominante na poesía da época. O poema extenso Viet Nam canto vén guiado por unha reflexión sobre o destino da colectividade. A comezos da década de 1980 recompilou e depurou o seu ciclo courelán, publicando Os eidos. Libro do Courel, que reeditou en varias ocasións. Afincado xa en Composte-la, comezou unha recompilación temática da súa produción poética completa: Muller pra lonxe, poemas paixonais e amorosos e Do Courel a Compostela 1956-1986, poe-mas políticos acompañados dunha antoloxía crítica. En 1994, logo de varios anos de silencio editorial, editou Poemas de doada certeza i este brillo premido entre as pálpebras, e en 1998 Betanzos: Poema dos Caneiros e Estampas.

Page 35: Xanela 2010

X A N E L A

35

Os eidos Cousos do lobo! Caborcos do xabarín! Eidos solos onde ninguén foi nin ha d’ir O lobo! Os ollos o lombo do lobo! Baixa o lobo polo ollo do bosco movendo nas flairas dos teixos ruxindo na folla dos carreiros en busca da vagoada máis sola e máis medosa… Rastrexa párase e venta finca a pouta ergue a testa e oula cara o ceo con toda a sombra da noite na boca

A fiandeira Fiandeira namorada que fías detrás do lume cos ollos postos nas chamas

vermellas, brancas e azules. Fiandeiriña que fías nas noites do longo inverno

as liñas máis delgadiñas que o fío do pensamento. Cae a neve branca fóra, riba dos teitos, calada, mentres ti fías e soñas nunha cousiña afastada

LETANÍA DE GALICIA GALICIA digo eu / un di ..............GALICIA GALICIA decimos todos ..............GALICIA astr´os que calan din ...................GALICIA e saben .......................................sabemos GALICIA da door chora ...............á forza GALICIA da tristura triste ............á forza GALICIA do silencio calada ..........á forza GALICIA da fame emigrante .........á forza GALICIA vendada cega ................á forza GALICIA tapeada xorda ...............á forza GALICIA atrelada queda ...............á forza libre pra servir ....................libre pra servir libre pra non ser .................libre pra non ser libre pra morrer ..................libre pra morrer libre pra fuxir .....................libre pra fuxir GALICIA labrega ...............GALICIA nosa GALICIA mariñeira ............GALICIA nosa GALICIA obreira ...............GALICIA nosa GALICIA irmandiña ...........GALICIA viva inda recóllote da terra ................estás mui fonda recóllote do pueblo..............estás nil toda recóllote da HISTORIA ......estás borrosa recóllote i érgote no verbo enteiro no verbo verdadeiro que fala o pueblo recóllote prós novos que vein con forza prós que inda non marcou a malla d´argolas prós que saben que ti podes ser outra cousa prós que saben que o home pode ser outra cousa sabemos que ti podes ser outra cousa sabemos que o home pode ser outra cousa

Page 36: Xanela 2010

X A N E L A

36

Boirenses

na

lembranza

A índa que non naceu no noso Concello, podemos dicir que Roberto González del

Blanco é un pintor de Boiro, porque desde que a súa familia adquire o pazo de Agüeiros na parroquia de Abanqueiro, o pintor leonés, criado en Compostela, vive nas terras boiren-ses moitos dos días da súa existencia, pero sobre todo porque moitos dos modelos e mo-tivos da súa obra están recollidos do entorno do pazo. De aí que, segundo Borobó, “Roberto González del Blanco é o indiscutible e máximo pintor de Boiro: dos seus recios la-bregos e pescadores, das súas lindas mozas e raparigas. Quizais ningunha aldea do mundo posúa unha galería de retratos dos seus veci-ños –os modelos preferidos do artista- tan nutrida e primorosa como a que don Roberto pintou dos meus paisanos de Trevonzos e Fe-rreiros” A pintura de González del Blanco seguiu sem-pre unha liña marcadamente realista, aínda que non allea a outras tendencias coma o modernismo ou o naturalismo. O sentimento cara á estampa do galego foi sempre interpretado polo pintor elixindo motivos alegres do campo, da festa, pero non dunha festa calquera senón a principal: a do Carme de Abanqueiro: a procesión coa Virxe levada a ombros por catro mariñeiros que fan o percorrido de xeito moi parsi-monioso, con vaivén lento, acompañados por unha marcha musical. Diante da imaxe, o crego con capa, a cruz parroquial e os ciriais; detrás, o pobo fiel agrupado preto da súa santa. Ou a romaxe de San Vicente de Cespón na hora do serán, á hora en que dá comezo a festa e se pon fin á feira que se celebra durante a mañá e primeiras horas da tarde

Page 37: Xanela 2010

X A N E L A

37

.

Roberto González del Blanco nace en León o día 2 de decembro de 1887. Aos dous anos, orfo de pai, trasládase para vivir en Santiago de Compostela cun irmán de súa nai, cóengo da catedral. Ao mes-mo tempo que cursa o Bacharelato, estuda Música e Debuxo. Logo licénciase en Medicina pola univer-sidade compostelá. De 1912 a 1914 viaxa a Palestina, Exipto, Italia, Grecia e Turquía, residindo durante tempadas en Alexandría, Florencia e Roma. Máis tarde vive en Tánxer, A Habana e Nova York. En 1927, obtén unha cátedra na Escola de Arte e Oficios de Cádiz. De novo en Santiago é nomeado director da Escola de Artes e Oficios desta cidade, e logo, xa en 1954, profesor de Debuxo do Instituto Arcebispo Xelmírez. Morreu en Santiago o 16 de outubro de 1959

Encambando xoubas

Vendedora de froita

Flores

Page 38: Xanela 2010

X A N E L A

38

Máis orixinal :

Flocos de millo e Coca-cola 4º PDC

Máis traballado :

Bob esponxa 2º C

Máis Divertido :

Shrek 4º A

Mellor coreografía :

Grease 1º D

Premio especial por coreografía

e elegancia :

Chicago 3º B e 3º PDC

Page 39: Xanela 2010

X A N E L A

39

Page 40: Xanela 2010

X A N E L A

40

Page 41: Xanela 2010

X A N E L A

41

OO

ESPELLOESPELLO

DASDAS

VERBASVERBAS

Page 42: Xanela 2010

X A N E L A

42

AQUÍ NOS TEÑEN

N o ano 2003 o lucense San-tiago Jaureguizar publicaba a nove-

la Casa Skylab, nela facía que as lentes de Caste-lao, entre outros fetiches históricos, foran custo-diadas no pub Sempre en Galiza, local que fun-cionaba asemade a xeito de parque temático do nacionalismo. Un tempo antes, en 1994, no relato 05:00 AM –de Cemiterio de Elefantes do vigués Fran Alonso–, dous membros do Exército Guerri-lleiro, o Che e mais o Trotski, entraban no conven-to de san Domingos de Bonaval, abrían o sartego do rianxeiro no Panteón de Galegos Ilustres coa intención de roubar o cadáver... e atopábano ba-leiro. Antes aínda, no 1987, o picheleiro-camboñiano (de Camboño) Suso de Toro conmo-cionaba a literatura galega con Polaroid. Nun dos textos que contiña, Manifesto Kamikaze (apoteose do churrasco), aguilloaba sen piedade as nosas conciencias. Fronte á desidia irredenta e ao secular sometemento que amosamos para co noso país e a nosa lingua, exhortábanos a que fósemos nós mesmos, e non outros, nunha derra-deira mostra de dignidade, quen destruisemos o que queda de Nós. No urro final invocábanos a facer croquetas coa momia de Castelao e, xa que non eramos máis que un cadáver, a rematar de vez con Galicia e co galego. Non sei se cando tal escribiu o sentido lle andaría nas silveiras. Poida que a súa clarividencia o levase a acadar un esta-do de estrema lucidez, ou poida que simplemente espertase aquel día coa neurona iconoclasta. Non o sei. O que si sei é que hai –hai, si–, quen tomou o chamamento ao pé da letra e non dubidou en pasar pola aguzadoira o gume da picaña coa in-tención de acabar con este ser semivivo. Agora, despois de moitos días coa pregunta a amolecer na cabeza, debo confesar que aínda non dei cunha resposta a xeito. Non, non sei se seremos quen, tamén Nós, de sacar as poutas e facer uso da pedra de afiar, ou citando un artigo recente do

carballense Xurxo Borrazás: …a ver se agora que nos levan os móbeis conseguimos ver o edificio e saber quen somos, o que queremos e canto vale-mos. E ao tempo ter as mans libres para dicirlles a eles quen son, canto valen e que, se nos buscan, xa saben... aquí nos teñen. Non sei vós, mais eu sigo aquí; mantéñome a velas vir, agardando acontecementos.

Agustín Agra

A cidade onde vivo ten mar.

No inverno é mar bravío;

no verán, agarimoso;

cando quere mimoso e cando non,

maldito,

perigoso,

traidor,

e, se non,

que llo digan ó pescador

que nel anda, coma cunha espiña

para traer a porto

pescada e xurelo e sardiña.

Fran Alonso

Page 43: Xanela 2010

X A N E L A

43

QUE NON QUEDE NADA

Xurara non mercar endexamais unha arma de xoguete ó neno. Pertencera a Greenpeace, aínda coti-zaba cun recibo anual, e sentía unha simpática nostalxia cando miraba na

televisión unha marcha pacifista desafiar a prohi-bición de internarse no deserto de Nevada, onde os enxeñeiros nucleares se extasiaban sementan-do nos cráteres fungos monstruosos. O seu traba-llo de representante comercial absorbíao total-mente. Tamén casara. E tivera un fillo. - ¿Un fillo? -preguntáralle Nicolás con ollos de espanto. Era un antigo compañeiro de inquedan-zas, co que coincidira no aeroporto. - Pois si –dixera el, sentíndose algo incómodo. Nunca pensara que debían explicarse esas cousas. Tense un fillo e xa está. - Non, ¿sabes?, se o digo pola valentía que supón. Penso que hai que ser valeroso para ter un fillo. Eu non sería capaz de tomar una decisión así. Daría-me vertixe. En realidade, nunca pensara no significado de ter un fillo. Casara porque lle apetecera e tivera un fillo polo mesmo. Pero Nicolás non deixaba de miralo coma un confesor atormentado polos peca-dos alleos. - ¿Sabes? Creo que hai que tomalo sobre todo coma un feito biolóxico, sen darlle moitas voltas trascendentes. É como asumir a nosa condición animal. Un fillo faite sentir ben, así, coma un ani-mal. Recuperar a nosa animalidade coma unha condición positiva. Nicolás riu. Ó cabo, era biólogo. - Non sei. Para min é coma se decidísedes conver-tervos por un intre en Deus. Traer a alguén a este mundo debe ser fermoso, pero… é tamén tan te-rrible. Non sei. - Mira. El esperta moitas veces pola noite. Chama por nós, e volve durmir. Así varias veces pola noi-te. Podes ser un deus, pero un deus escarallado. El, hostias. Dorme cando quere. Agora riron os dous. - ¿Cóntaslle contos?

- Non vexas. Levo contado miles. Ben, cando es-tou. Xa sabes, ando de aquí para alá, con este mal-dito choio. Hai noites que lle conto tres ou catro, e que quedo durmido antes ca el. - ¿Como son? ¿Que é o que lle contas? -dixo, di-vertido, Nicolás. - Buff. Sobre todo de animais. Encántanlle os con-tos de animais. Animais que teñen filliños, e veñen os cazadores, e todo iso. Procuro que o lobo sexa bo –e dixo isto último cunha chiscadela tamén divertida. - Gustaríame velo algunha vez –dixo Nicolás, can-do xa se despedían. O amigo fixo un derradeiro sinal de adeus trala porta de vidro e el dirixiuse a una das tendas do aeroporto. Sempre levaba algún regalo para o neno. Non había moito onde escoller. O maior surtido era a imitación de armas de fogo. Habíaas de todas clases. O colt vaqueiro, unha pistola de axente especial con silenciador, un rifle de mira telescópica, unha ametralladora de raios láser. E logo estaba tamén a artillería, e os blindados, e sofisticadísimos adiantos da guerra das galaxias. Evitounos todos cun aceno de noxo, e finalmente escolleu un parauguiñas de tea plástica transpa-rente e con pegatinas de graciosos animaliños. Cando chegou á casa, o neno estaba durmindo. - Troúxenlle isto –dixo el cun sorriso. - É bonito –dixo a muller. Pola mañá, o neno preguntou: ¿Vas traballar? El contestou que si con mágoa e o fillo botou a cho-rar. - Tróuxenche una cousa –dixo el brincando da cama. O neno calou e agardou expectante que desenvolvese o regalo. - Mira, ten debuxos de Snoopy –dixo satisfeito, alargando o pequeno paraugas. O neno mirou o regalo, deulle voltas para ver tódolos animais, e parecía contento. Antes de marchar, deulle un bico e agarimou a súa cabeza. Cando ía abrir a porta, escoitou que o fillo o chamaba. Deu a volta e viuno alí, cunha perna adiantada e o paraugas apoiado no ombro cun perfecto estilo de tirador. - ¡Pum! Estás morto, papá.

Page 44: Xanela 2010

X A N E L A

44

Unha duna lonxe do deserto

Para nós, todos os que vivimos na comarca do Barbanza, a gran duna móbil xa nos é coñecida pero, para os turistas é algo total-mente inesperado, e seguramente se pre-guntarán “Que fai esta duna aquí?” A historia desta espléndida paisaxe come-zou hai máis de 12.000 anos, no período Cuaternario, cando a última glaciación aínda non rematara e o nivel do mar era moito máis baixo que na actualidade. Entón, na idade de xeo, o vento foi pechando, cunha

inmensa barreira de area, unha antiga baía que pouco a pouco se transformou nas lagoas e maris-mas que hoxe coñecemos. Uns 7.000 anos despois o vento rematou de formar a duna móbil de area fina, branca e brillante. Parque Natural das Dunas de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán é o noso espazo natural protexido máis próximo e un dos seis Parques Naturais que hai en Galiza. Atópase situado ao su-roeste da Península do Barbanza e pertence ao concello de Ribeira. O parque ten unha superficie de 996,25 ha . Os elementos máis destacados deste espazo son a gran duna móbil, a extensa du-na fixa, a lagoa salgada de Carregal e a lagoa doce de Vixán

Debido a que hai varios hábitats diferentes nesta contorna, este espazo natural conta cunha gran variedade de especies pois nel están representados o 70% dos anfibios que hai en Galiza e o 71% dos réptiles.

Os invertebrados están representados por numerosas especies de vermes, larvas, variados micro-crustáceos, ruidosos insectos, aprezados moluscos e vistosos peixes de distintos tamaños. Este

Page 45: Xanela 2010

X A N E L A

45

grupo é a base de alimentación de aves, réptiles e anfibios. Tamén debemos ter en conta que a riqueza das augas mariñas próximas está moi relacionada coa presenza da marisma e a lagoa de Carregal, lugares seguros e cheos de alimento onde as larvas de peixe se desenvolven ben.

As especies máis chamativas de anfibios son a extra-ordinaria ra de Santo Antón, unha ra arborícola, os áxiles tritóns e as escorregadizas píntegas. En canto aos réptiles, temos os estraños escánceres e a veleno-sísima víbora de Seoane.

Os mamíferos máis espectaculares son os riseiros golfiños que se poden ver dende a costa, e en terra firme están, entre outros, os ourizos cachos.

A vexetación das dunas caracterízase por ter follas dun verde pálido e moi finas, para evitar absorber demasiada calor e non perder demasiada auga; ademais, algunhas plantas, como a herba salgada, te-ñen talos grosos para almacenar auga. Outra planta propia das dunas é o feo de praia, moi semellante aos xuncos, igual de flexible e con raíces que poden alcanzar ata cinco metros de profundidade para evitar que a planta sexa arrancada polos fortes ventos que ao longo de tanto tempo formaron as du-nas. Outras plantas que podemos atopar alí son a cebola das gaivotas, o carrasco bravo e a fedorenta herba de namorar, especie habitual neste parque natural e noutras praias de Galiza. Algún día aínda afastado, cando o ascenso inevitable do nivel do mar rompa a barreira de area, esta vella e querida paisaxe cambiará para sempre, pero ata que iso suceda seguiremos coidándoa como un tesouro e marabillándonos coa súa beleza.

Page 46: Xanela 2010

X A N E L A

46

O ENDL prosegue na campaña que ini-ciou o curso pasado destinada a erradi-car o uso de castelanismos que habi-tualmente contaminan a lingua galega.

Page 47: Xanela 2010

X A N E L A

47

NOVAS

DESFILE

O día 13 de novembro de 2009, celebrouse, na discoteca Tonos de Boiro, un desfile que tiña como obxectivo recadar fondos para a axuda da excur-sión á neve que os alumnos de 4º ESO fixeron en xaneiro. Todo transcorreu mellor do esperado a pesar de que as condicións climatolóxicas non eran as apropiadas para unha noite de festa, polo que houbo xente que non asistiu por ese motivo. A pesar de que o desfile non empezou á hora prevista, e dos característicos nervios dos e das modelos antes de come-zar, todo transcorreu como se esperaba. As tendas do conce-

llo de Boiro mostráronse moi entregadas á causa e colabora-ron coma todos os anos, deixándolles aos alumnos e alumnas as prendas coas que desfilaron. Segundo comentarios dos par-ticipantes consideraron o des-file como unha experiencia única na que estarían encanta-dos de volver a participar.

POSTAL E MARCAPÁXINAS

Dentro das actividades progra-madas para o fomento do uso do galego e proxectos para a revitalización da lingua galega, o Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do IES d`A Cachada fixo unha pos-ta de Nadal para felicitar as festas a toda a comunidade educativa. Tamén se distribuí-

ron entre todos, uns mar-capáxinas-calendario. Tanto as tarxetas postais coma os mar-capáxinas contiñan uns textos normalizadores para animar a todos a usar a lingua propia de Galicia.

EXCURSIÓN A SANTIAGO O mércores 11 de novembro, os alumnos e alumnas de re-lixión de 1º ESO, fixeron unha saída a Santiago de Composte-la. Visitaron a catedral polo seu interior, onde non se lles permitiu bicar o Santo, pero si lle puideron dar unha aperta. Tamén viron os restos do San-tiago Ápostolo. Despois foron a Galicia Dixital, onde puideron gozar de activi-dades interactivas, como re-crearse nuns contos a través duns lentes de tres dimensións e ver os pazos que rodean a catedral. Deseguido foron visi-tar as cubertas da catedral, lugar desde onde puideron ver as prazas que lles amosaran en Galicia Dixital. Remataron a viaxe xantando en Área Cen-tral. Os profesores que acom-pañaron aos alumnos/as nesta excursión foron Ánxeles, Tere-sa e Esther.

Page 48: Xanela 2010

X A N E L A

48

EXCURSIÓN A PONTEVEDRA O martes 27 de outubro, o alumnado de relixión de 2º da ESO fixo unha saída a Ponteve-dra. En primero lugar visitaron o mosteiro de Armenteira e, alí, unha monxa explicoulles un pouco a historia do cenobio e da súa propia vida. Despois visitaron o mosteiro de Poio, onde, a través dun vídeo, viron todo o mosteiro. Xa in situ percorreron a igrexa e outros lugares da planta baixa. Logo, xa na capital, xantaron todos na praza da Ferrería. EXPOSICIÓN

O pasado mes de novembro alumnos e alumnas do noso IES visitaron na sala de exposi-cións da Casa da Cultura “Ramón Martínez López” unha mostra textual, gráfica e au-diovisual sobre a represión lingüística durante a ditadura. Nela recollíanse as vivencias das persoas que sufriron algún tipo de represión durante a ditadura franquista, psicolóxi-ca, social ou económica. Pa-neis explicativos informaban sobre cuestións como a falta

de autoestima individual e colectiva que azoutou Galicia e a súa lingua, ou o desprezo pola lingua propia de Galicia durante os longos e escuros anos do franquismo. CONCERTO MUSICAL

Alumnos e alumnas de 2º ESO

asistiron o 27 de xaneiro na

Casa da Cultura a un concerto

didáctico, protagonizado por

Son+d2. Neste concerto fíxo-

se unha viaxe polas diferentes

músicas e ritmos do mundo,

dende a música tradicional

galega pasando por Latino-

américa (Brasil, Perú, Cuba…)

ata África.

Son+d2 é un trío acústico no

que unha guitarra, dúas voces

e a percusión (pandeireta,

tamboril, tumbadoras, bongós,

caixón, pandeiro, bendhir…)

mestúranse dun xeito tradicio-

nal e experimental. Os seus

compoñentes Carlos Freire

Pérez, Jara Ortíz e Xoán Curiel

fixéronnos pasar uns momen-

tos inesquecibles.

ANXO FARIÑA Aproveitando un convenio da Secretaría Xeral de Política Lingüística coa editorial A No-sa Terra para a realización de proxectos de fomento da lec-tura, os alumnos/as de 2º ESO asistiron o día 4 de novembro a un encontró co escritor e ilustrador Anxo Fariña. A char-la-coloquio tivo lugar na casa da cultura da Cachada. Previa-mente á visita do autor os alumnos/as leron un libro que se lles regalou, A espada es-meralda, da colección Mega-toxos para que a interrelación lector-autor fose máis afecti-va. Na charla-debate, Anxo Fariña compartiu as súas experien-cias cos alumnos/as sobre a creación da obra; unha con-versa amena onde o escritor explicou como utiliza as novas tecnoloxías na creación das ilustracións, ao mesmo tempo que fixo desmostracións de debuxo directo e explicou os procesos mentais de creación.

Page 49: Xanela 2010

X A N E L A

49

DÍA DA PAZ O día 30 de xaneiro celebrouse a Xornada Mundial da Paz. O departamento de Relixión este ano, debido aos desastres acon-tecidos en Haití, decidiu facer unha semana dedicada a este país. Elaborouse e colocouse na plan-ta baixa un mural titulado Diario dunha traxedia. Nese mural colocáronse fotos e noticias desde o día 13 de xaneiro, que foi a data do terremoto, ata tres semanas despois. Tamén se levou a cabo unha colecta para os damnificados; por iniciativa dos alumnos/as o recadado enviouse a UNIFEC. A recadación foi de 275 € . Grazas a todos por colaborar! LUMIÈRE ET CÁMERA O departamento de Francés organizou un ciclo de cine. As películas programadas que se proxectan todos os primeiros martes de cada mes son: L’au-berge espagnole, Bienvenue chez les Ch’tis, Entre les murs, Une hirondelle a fait de prin-temps e Persepolis.

Cada día de proxección e a cada asistente, sélaselle unha especie de cartilla, de modo que os que asistan ao cine club todos os días entregan ao final a cartilla selada e participan nun sorteo dun lote de DVDs.

TRANSLATIO 2010 A nosa viaxe comezou o día oito de febreiro e rematou o día on-ce. Os alumnos/as de terceiro da ESO, acompañados da profesora Manuela de Bioloxía, participa-mos no programa Translatio 2010 e aloxámonos no albergue xuvenil As Sinas, (Vilanova de Arousa). Compartimos o progra-ma cos alumnos de Montegran-de, da Coruña. Participamos en actividades moi variadas, pero antes dividíronnos en distintos grupos: Cunchas, Peregríns, Botas e Frechas. Al-gunhas das actividades realiza-das foron: percorrido en bicicleta e tándem dende Cambados ata o

complexo intermareal Umia-O Grove; traxecto en Drakar vikin-go dende Cortegada ata Ponte-cesures; ruta en barco pesqueiro (Chasula) pola ría de Arousa, ruta de sendeirismo ata o mirador da illa, orientación na vila de Vilano-va e xogos e deportes variados. Como non, houbo quen non saía do chan en certas actividades, como no percorrido en bicicleta.

Polas noites tiñamos diferentes veladas, onde a verdade o pasa-bamos moi ben. Foi unha gran oportunidade para socializar-nos cos rapaces e rapazas do outro instituto. Antes de cada velada sempre tiñamos unha reunión co director que acostu-maba durar máis do esperado. A última noite fixéronnos un simulacro de ‘’festa’’ – refírome a apagar as luces nunha cuarto e poñer música alta- houbo xente que o gozou, pero outros conformáronse con sentarse nunha mesa e riren ao ver co-mo bailaban os demais.

Page 50: Xanela 2010

X A N E L A

50

9 días e 8 noites 16 cachadonios da Sección Bilingüe de 3º, 2 vítimas colaterais deste tinglao, 4 cidades, 3 albergues, 78 correos electrónicos, 41 chamadas telefóni-cas, 2 avións, 3 trens, 2 buses, 1 RER, 3 tranvías, 5 metros... e pata! (Moita pata!!!). Moitísimos quilómetros e algún dente menos (vaaale... era un empaste). E aló marchamos para París (porque “arredediós” que había que ver París),

Bruxelas, Lille e Arrás. Mais isto non foi decisión dun día; xa polo mes de novembro puxémonos todos a argallar onde poderiamos ir e logo de máis de tres meses de traballo, investigación sobre os moitos posibles destinos, empanadillas, napolitanas e queixo (moito queixo), reunións os martes ao medio-día... decidiuse conxuntamente que queriamos ir aló pola “zona norte”. Mais non pensedes que que-dou aí a cousa: agora había que configurar a ruta, buscar voos, atopar aloxamento, facer reservas, comprar billetes de tren, chamar por teléfono a Francia (que medo!!)... e os cachadonios de novo ao traballo! E parece que lles pagou a pena: “A primeira imaxe que me vén á cabeza ao recordar a viaxe é a todo o grupo cantando polas rúas de París cando saímos do Louvre.” (Carme)

“A cousa máis divertida aconteceu ao preguntarmos polo dicionario de Flamenco, que unha muller entendeu que tiñamos que completar co significado que tiñan as palabras, e repetía À la biblioteque! À la biblioteque! e Lucía pensaba que nos quería secuestrar.” (Carlos)

“O mellor desta viaxe foi percorrer esas cidades todos xuntos. Recordaremos eses fantásticos momen-tos vividos; dende a insignificante cor dun edredón até as marabillosas vistas de París. Foi unha viaxe inesquecible dun pequeno grupo da Cachada polo mundo adiante” (Alicia)

“Creo que botarei en falta poder cantar a canción de Paquita pola rúa sabendo que ninguén che enten-de.” (Adrián)

“O máis chulo desta viaxe foi ver como os rapaces foron en todo momento os protagonistas: nas tomas de decisións, na organización da ruta, no concreto do día a día (compras, ceas, louza...). É tremendo velos traballar xuntos e pola súa conta!” (Berta)

“ Pois a min non me gustou nada: os cachadonios todos serios, sempre querendo durmir cedo e sen facerse bromas entre eles, as cidades horrorosas e mal conservadas, nada apetecible que traer de re-cordo, nin unha soa canción e ceas aburridísimas a base de sandwichs de leituga… puaf!” (Ana)

Page 51: Xanela 2010

X A N E L A

51

● TÍTULO : MAKINARIA.

● AUTOR : Carlos Negro.

● EDITORIAL: Edicións Xerais.

● COMENTARIO: Makinaria é una aceleración poética de cero a cen en tres segundos. Se tes arredor de quince anos, vas de malote e mallas na música, este poder ser o teu libro; un libro de versos co depósito cho de gasolina, testosterona e alcohol; un libro de versos tuneados, maqueados de furia xuvenil, sen máis límite que o do contaquilóme-tros que sinala unha ruta suicida.

● TÍTULO : A PRAIA DOS AFOGADOS.

● AUTOR : Domingo Villar.

● EDITORIAL : Galaxia.

● COMENTARIO: O inspector de policía vigués Leo Caldas recibe unha chamada onde o avisan da aparición na pria de Madorca, en Paixón, dun cadáver, aparentemente afogado. Crese que é un suicidio, e o inspector non lle dá moita importancia, ata que na autopsia se compro-ba que o xeito en que ten colocada a borda que lle ata as mans apun-tan a un asasinato.

● TÍTULO: LÚA DO SENEGAL.

● AUTOR: Agustín Fernández Paz.

● EDITORIAL : Edicións Xerais.

● COMENTARIO: Khoedi, unha nena de dez anos, ten que deixar a súa casa do Senegal para instalarse en Vigo, a cidade onde seu pai xa leva varios anos emigrado. Na nova terra, a vida é dura para Khoedi: non coñece ninguén e todo lle resulta diferente. Está en Europa, mais a súa cabeza e o seu corazón continúan en África. O único lazo entre a nova realidade e o mundo que deixou atrás é a Lúa que brilla no ceo polas noites.

Page 52: Xanela 2010

X A N E L A

52

O camiño de Santiago é a ruta que percorren os peregrinos ata Santiago de Com-postela, onde están as reliquias do apóstolo Santiago o Maior. A finais do século VIII difúndese a lenda de que Santiago o Maior fora enterrado en Santiago de Compostela. No ano 813, un ermitán chamado Pelaio viu unha estrela pousada no bosque Libredón. Co-municoullo ao bispo de Iria Flavia e alí descubriron o sartego. A noticia expállase por toda a Europa cristiá e comezan a chegar peregrinos de todas partes Hai séculos que a vieira é o símbolo do Camiño de Santiago e dos seus peregrinos. Antigamente, os peregrinos levábana posta encima das súas roupas ou no sombreiro para demostrar que chegaran a Santiago, o obxectivo da viaxe. As sinais que guían o camiño son: debuxos dunha vieira grabada nunha rocha, unha frecha amarela, a Cruz de Santiago ou unha cuncha azul da UE. Pero a máis coñecida é a pri-meira. A Compostela é un certificado que se lle entrega aos peregrinos ao rematar o percorri-do. Para obtela necesítase percorrer un mínimo de 100 km a pé, en bicicleta ou en cabalo. Na Idade Media a Compostela reducía á metade o tempo da alma no purgatorio pero se esta se conseguiu nun Ano Santo Compostelán, obtíñase indulxencia plenaria. Almanzor foi un caudillo musulmán que revitalizou o Camiño de Santiago e provocou a súa fama internacional debido aos seus repetidos ataques sobre os reinos cristiáns españois. O “camiño francés” pasa por Roncesvalles, Pamplona, Puente la Reina , Estella, Logro-ño, Nájera, Santo Domingo de la Calzada, Belorado, Burgos, Castrojeriz, Frómista, Carrión de los Condes, Sahagún, León, Astorga, Villafranca del Bierzo, Ponferrada, Cebreiro, Triacas-tela, Sarria, Portomarín, Palas de Rei, Arzúa e Santiago de Compostela.

O Ano Santo é cando o 25 de xullo cadra en domingo. A secuencia dos Anos Santos é de 6-5-6-11 anos.

Nun século hai catorce Anos Santos. Nestes anos os católicos poden conseguir a bula xubilar ou xubileo.

Page 53: Xanela 2010

X A N E L A

53

O papa Alexandre III concedeu un privilexio que consiste en que o ano no que o 25 de xullo cae en domingo, os peregrinos poden obter a bula (1179) Fisterra considérase o final do camiño e os peregrinos fan alí unha purificación espiritual. Antes de volver á casa, realizan tres actos:

Bañarse na Praia da Langosteira, na Costa da Morte. Queimar as súas roupas. Mirar a posta de sol, que simboliza a morte e a resurreción.

Page 54: Xanela 2010

X A N E L A

54

Como veñen facendo estes últimos anos, os alumnos/as de Educación Plástica e Visual de 4º de ESO realizaron unha vistosa e colorida colección de monicreques e bo-necos móbiles durante a 2ª avaliación. Os traballos, coor-dinados pola profesora da materia, María Constantino Arriaga, foron avaliados como parte da programación e expostos na entrada do instituto para poder ser vistos e gozados polo resto da comunidade educativa. A técnica empregada para construílos foi o papel maché, e os ma-teriais papel, cola, cartón, tea, pinturas e outros recicla-dos.

Page 55: Xanela 2010

X A N E L A

55

Page 56: Xanela 2010

X A N E L A

56

QUE SE MOVE ESTE CURSO NA

BIBLIOTECA?

UN ANO MÁIS A BIBLIOTECA É O NOSO PUNTO DE ENCONTRO

ESTE ANO TAMÉN AMPLIAMOS O NOSO FONDO BIBLIOGRÁFICO PA-

RA QUE CONTINÚES A GOZAR DAS MELLORES LECTURAS, ASÍ COMO

DAS “PELIS”

CONTINUAMOS RESERVANDO O RECUNCHIÑO DE INTERNET PARA

VÓS

Page 57: Xanela 2010

X A N E L A

57

LEMBRADE OS NOSOS CONCURSOS!!! ESTE ANO ANÍMATE COS

MICRORRELATOS OU RELATOS BREVES

OLLO! TAMPOUCO ESQUECEMOS O CLUB DE LECTURA PORQUE ESTE ANO

VIAXAMOS AO PASADO CO TEMA DA GUERRA CIVIL. SE QUERES SABER MÁIS,

XA SABES ONDE ATOPARNOS E ATENTO NA SEMANA DO DÍA DO LIBRO E NAS

LETRAS GALEGAS PORQUE HABERÁ SORPRESAS.

PARTICIPA E GOZA COA TÚA BIBLIOTECA!!!!

Page 58: Xanela 2010

X A N E L A

58

Como xa vén sendo habitual dende hai uns anos o departamento de E. Física organizou unha viaxe de fin de curso a Andorra. Despois de catro meses de traballo a contra reloxo para organizar a excursión, da venda de produtos e da realización dun desfile para recadar diñeiro o esforzo deu provei-to o día 23 de xaneiro, día en que emprendemos camiño a Andorra. Despois dunha semana chea de nervios, o sábado vinte e tres chegou, e ás oito da tarde despois de cargar o autobús coas maletas puxemos rumbo a Andorra. Ás once da noite fixemos unha parada en Valcarce de la Vega para cear e logo seguir coa viaxe. Ás tres da madrugada outra parada en Burgos e logo ata Zaragoza onde almorzamos á mañá seguinte nunha estación de servizo. A maioría dos rapa-ces durmimos pouco debido a que iamos falando cos compañeiros ou escoitando música; ademais, a tensión por chegar a Andorra mantíñanos espertos. Ao chegar paramos a comer en Andorra la Vella. Despois de comer e visitar algunhas tendas e centros comerciais, dirixímonos á estación de esquí para recoller o material que previamente alugaramos. De alí ao hotel para efectuar o reparto de habita-cións e establecernos nelas. A continuación unha volta por La Massana. De novo no hotel, ceamos, fomos as habitacións e a durmir. O luns espertamos cedo e logo de almorzar e subir ata a estación nu-nha telecabina, situado a 500 m do hotel, recollemos o material e os monitores fixeron a repartición en grupos de 10 persoas aproximadamente. Os monitores impartiron as clases e logo xantamos nun res-taurante na estación. Logo de xantar practicamos os exercicios que os monitores nos explicaran pola mañá ata as 4:30, hora na que nos reunimos cos profesores para gardar o material e baixar ao hotel. O que fixemos o luns repetiríase todos os días da semana ata o venres, que foi cando devolvemos o ma-terial e tras cargar o autobús coas maletas emprendemos rumbo a Boiro a onde chegamos o sábado, para reencontrarnos coas nosas familias.

Pero ademais de esquiar, nesta marabillosa semana, fixemos outras cousas: o martes ao vol-ver da estación e asearnos, demos un paseo pola Massana para coñecela un pouco máis; o mércores, fomos de compras a Andorra La Vella e á noite, tras a cea, fomos de festa a un pequeno pub onde o pasamos xenial e o xoves visitamos un complexo de auga termal chamado Caldea onde descansamos durante dúas horas pegándonos un bo baño.

Na miña opinión creo que todo o esforzo que fixemos os catro meses anteriores á excursión pagou a pena e penso que foi unha experiencia única que volvería a repetir todas as veces que fixera falta. A atención por parte dos monitores, persoal da estación e dos restaurantes foi exquisito. Tamén cabe destacar o esforzo dos profesores que tiveron que facerse cargo da organización da excursión para que todos nós o pasaramos tan ben.

Page 59: Xanela 2010

X A N E L A

59

Como en anos anteriores o Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística (ENDL) e o Departa-mento de Educación Física do IES da Cachada organizan unas xornadas de sendeirismo cultural, para acercar a todo aquel que o desexe á realidade cultural na que nos desenvolvemos. Unha realidade conformada polo propio medio físico-xeográfico e polas creacións que o xenio popular foi capaz de producir. A ruta que propoñemos, e que nós fixemos o 14 de abril, transcorre pola parroquia de San Pedro de

Bealo.

ITINERARIO Iniciamos a ruta en Bealo ao pé da

capela de San Ramón, onde tamén

se poden ver diferentes petroglifos e

gozar da área recreativa entorno á

capela con cruceiro, fonte e reloxo

de sol. De San Ramón saímos á estra-

da CP-1104 (Beluso-Noia), á altura de

Beluso , cruzámola e dirixímonos a

Xián despois de atravesar o río Gran-

de. Paralelo ao río chegamos a Trei-

tes de Abaixo e de alí A Coviña, onde

podemos ver un fermoso cruceiro.

Preto están os restaurados muíños de Brea, cruzamos a ponte pola estrada C-550 (Padrón-Ribeira) e

collemos unha pista que nos leva a Amanecida onde atravesamos outra vez a CP-1104 indo cara o lu-

gar de Loimar, logo chegamos ao lugar de A Igrexa onde atopamos a igrexa parroquial de San Pedro.

De alí a Bealo onde atopamos unha coqueta praciña con cruceiro, hórreo e merendeiro. Desviándonos

un pouco podemos ver a ponte dun arco sobre o río Beluso. Voltamos e indo cara a San Ramón vemos

a Laxe da Serpe. Rematamos a ruta outra vez diante da capela de San Ramón

Page 60: Xanela 2010

X A N E L A

60

CÓMIC 1º PREMIO 1º CICLO ESO Por SARAY OUTEIRAL

Page 61: Xanela 2010

X A N E L A

61

Page 62: Xanela 2010

X A N E L A

62

Page 63: Xanela 2010

X A N E L A

63

Page 64: Xanela 2010

X A N E L A

64

Page 65: Xanela 2010

X A N E L A

65

Page 66: Xanela 2010

X A N E L A

66

Belén Hermo Rodríguez

Victoria Domínguez Tubío

Celia Piñeiro Silva

Iván Gómez Vila

Page 67: Xanela 2010

X A N E L A

67

FOTO CON HISTORIA

Antes Agora

4º A

4º C

4º B

Page 68: Xanela 2010

X A N E L A

68

FOTO-FLASH

FOTO-FLASH

FOTO-FLASH

NOME:

María del Carmen Vilasoa Del Río

IDADE:

46 anos

ESTUDOS:

Administrativos

UN ACTOR:

Morgan Freeman.

UNHA ACTRIZ:

Meryl Streep.

UN LIBRO:

El tercer ojo.

UN CANTANTE:

Janet Joplin.

UN DÍA:

Luns.

UNHA ESTACIÓN :

A primavera

UN IDIOMA:

O galego.

UN CD :

Sabina

UNHA CIDADE:

Philadelphia.

UNHA VIAXE:

A Venezuela.

UNHA COR:

O verde

UN LUGAR PARA VIVIR

SEMPRE:

Boiro.

UN LUGAR CON SIGNIFI-

CADO ESPECIAL:

A Pobra.

UNHA PELÍCULA:

Alguien volo sobre el nido del

cuco.

UNHA FRASE:

“Un é dono dos seus pensamen-

tos e escravo das súas palabras”.

ESCRITOR/A:

Kent Folet.

UNHA PALABRA GALEGA:

Xoula.

TRAZO QUE DESTACAS

DO TEU CARÁCTER:

Son moi hiperactivo.

QUE MÁIS APREZAS DUN/

HA AMIGO/A :

Que saiban dicir a verdade sen

facer dano.

QUE CHE GUSTARÍA

SER :

Un paxaro para voar.

UNHA COMIDA :

Calquera, ben feita, na súa épo-

ca.

UNHA AFECCIÓN :

Facer sudokus.

UN DEPORTE

Natación sincronizada.

Page 69: Xanela 2010

X A N E L A

69

Sopa de letras: busca o nome de seis profesores e seis profesoras do centro

e e

DÚAS PROFESORAS DESTE CENTRO

XEROGLÍFICO

Empezando pola base, cada definición vai perden-do una letra da anterior.

AS PIRÁMIDES

O INSTITUTO É A TELE

-Sesión de tarde: os martes. -El internado: o instituto. -Pillados: copiando nos exames. -Sálvame: pásame a chuleta. -Cifras e letras: clases de matemáticas. -Bricomanía: aula de tecnoloxía. -Más que coches: o aparcadoiro -Nosolomúsica: aula de música. -Los Lunnis: corredor de primeiro. -Sé lo que hicisteis: corrixindo os exames. -El intermedio: nos recreos. -Larpeiros: na cafetaría. -Vaya tropa: sala de profes - Vaya semanita : venres á última hora

E D R T F U R Z L M

I M E N R T E S A A

P H I N A A R I F R

A D V L S N C L U I

A R A S I A P V R A

N T X D I O M I R N

A Y O L A N D A F A

M U U G Z N M L G O

O J X E L O L P C X

R F E R N A N D O O

Un dente

O mesmo que “amora”

Nin quente nin fría

En feminino, que lle gusta mirar

Profesor de inglés deste instituto

É redondo

Os coches levan catro

O que tiras á diana

Participio de verbo “redar”

Profesor de inglés deste instituto

Page 70: Xanela 2010

X A N E L A

70

-Cal é o animal que dá máis voltas despois de

morto? O polo asado.

-Chega o Papa a España e cando ía no coche pídelle ao cho-fer que lle deixe conducir o papamóbil, porque xa está farto de ir sempre no asento de atrás. O chofer accede e cambian de sitio. O Papa ponse ao volante e cando vai pola estrada párao Tráfico. O garda achégase ao coche e ao ver quen vai conducindo, colle o aparello de radio e chama á Central. -Central? Mira, que acabo de parar a un coche porque ía a moita velocidade, pero non sei se poderei poñerlle a multa, xa é unha persoa moi importante… -E logo quen é? O alcalde? – contéstanlle da Central. -Non, moito máis… -O ministro? -Máis importante, máis importante… -O presidente? -Moito máis, moito máis… -Pero a ver, que é entón? -Pois debe de ser Deus porque vai o Papa de chofer…

-iña

XEROGLÍFICO

CHISTE

CHISTE

Un profesor do IES

Page 71: Xanela 2010

X A N E L A

71

Alumnos de 3º de ESO do IES A Ca-

chada de Boiro no Panteón dos Gale-

gos Ilustres, nunha visita feita a San-

tiago, para o estudo da arquitectura e

a cidade, actividade patrocinada polo

Proxectoterra. Visitaron o parque de

San Domingos de Bonaval, o Museo

do Pobo Galego, o CGAC, para rema-

tar cun percorrido polo centro históri-

co da cidade ata a Ferradura. Nesta

visita puideron observar os diferentes

estilos arquitectónicos, a rehabilita-

ción e o cambio de funcionalidade

doutros edificios emblemáticos de

S a n t i a g o d e C o m p o s t e l a .

SOLUCIÓNS ENREDOS

Page 72: Xanela 2010

X A N E L A

72

dedicatorias