moemia virtual xaneiro

14

Upload: cogami-confederacion-galega-de-persoas-con-discapacidade

Post on 24-Mar-2016

228 views

Category:

Documents


3 download

DESCRIPTION

Boletín mensual que realizan no centro de recursos de Fingoi

TRANSCRIPT

Page 1: Moemia virtual xaneiro
Page 2: Moemia virtual xaneiro

Revista mensual gratuíta realizada en el Programa de Formación Ocupacional para personas condiscapacidad física gravemente afectadas.

COGAMI - CRD-FINGOI

Índice

O Artigo

Deportes

Entrevista del Mes

Recuncho Literario

O Noticiero

Carteleira

Enlaces de interese

Poesía

Última hora

Edita:

COGAMI - CRD-FINGOI - Lugo.

Consello de Dirección:

Directora:

Rosa M. Pías Salgado

Coordinadora:

Purificación Salvador Rebolo

Maquetación:

Enrique Sanmartín

Redactores de sección:

Juan Antonio García

José Manuel Ramil

José Luis Vázquez

Luis Fernández Trinidad

Enrique Sanmartín

Ana Varela

Jose Rodiño

Roberto Camba

Manuel Paz

Francisco Gullón

Ricardo Lamazares

Nieves Gayoso

Antonio Fernández

Ana Cristina Piñeiro

Manuel Rosón

Óscar Vigo

Jose Luis López

José Carlos Vázquez

Luis Alberto García

Ramón Veiga

Oscar Iglesias

Miguel Regueiro

Arturo Fojón

Francisco J. Solana

Gustavo Latorre

Manuel Álvarez

Colaboración Externa:

José Ángel Vázquez

Revista mensual gratuíta realizada en el Programa de Formación Ocupacional para personas condiscapacidad física gravemente afectadas.

COGAMI - CRD-FINGOI

Revista mensual gratuíta realizada no Programa de Formación Ocupacional para persoas congrandes discapacidadesCOGAMI - CRD-FINGOI

3

4

8

9

10

11

12

13

13

3

7

8

9

10

11

12

13

13

Page 3: Moemia virtual xaneiro

3 ARTIGO

O SERVIZO DE EMPREGO DE COGAMI CERROU 2011 CUN 4,5% MENOS DE INSERCIONS LABORAIS

- O Servizo de Intermediación Laboral conseguiu no 2011 a inserción laboral de 2.641 persoas con discapacidade (un 4,45% menos que no ano 2010) e contactou con 803 empresas galegas.

- O Sil captou 1.451 ofertas de traballo, das que o 84,50% foron cubertas por usuarios/as apuntadas na bolsa de emprego de COGAMI.

- A oficina de Vigo, con 511 contratacións, foi a que máis insercións logrou e, pola contra, a de Pontevedra foi que a que acadou o menor nivel con 244.

Dende que en 1996 se creou o Servizo de Intermediación Laboral en COGAMI (Confederación Galega de Persoas con Discapacidade), centro colaborador do Servizo Público de Emprego de Galicia, os datos de insercións laborais sempre foron á alza dun ano para outro con respecto ao colectivo que representamos.

O colectivo das persoas con discapacidade non queda exento da situación complexa que vivimos en cuestións laborais. O Sil pechou o ano cunha redución no número de contratos nun 4,45% con respecto a 2010, en cifras son 123 persoas menos contratadas durante 2011.

A continuación, presentamos a insercións laborais levadas a cabo por COGAMI en 2011.

A oficina de Vigo foi a que máis insercións laborais logrou en 2011, sendo un total de 511 persoas, unha cifra que supera en 77 os contratos do ano anterior. Outra oficina, a que atende a zona de Ferrol e comarca, logra superar en 3 o número de contratacións con respecto a 2010. O resto das oficinas do Sil non lograron superar nin manter as cifras acadadas no ano anterior, sendo a de Lugo a máis resentida con 65 contratos menos.

COGAMI contou cun equipo multidisciplinar formado por 49 profesionais laborais sendo orientadores/as laborais, técnicos de inserción, auxiliares de orientación e traballadores sociais distribuídos polas sete oficinas que a entidade ten en Galicia e que atenden tanto aos núcleos urbanos como ás áreas rurais.

Todas as persoas que chegan ata o Sil van ser entrevistadas por un profesional que irá completando o currículo do usuario/a e que introducirá na base de datos que ten a entidade. En 2011 realizáronse 2.082 entrevistas de orientación laboral.

Respecto aos datos rexistrados no SIL durante este ano 2011 hai que salientar un total de 1.181 novos/as usuarios/as, incorporados como demandantes de emprego á base de datos que manexamos en COGAMI, que xa ten 24.374 persoas inscritas.

Unha parte esencial do traballo do SIL consiste en visitar a empresas e entidades coa fin de presentarlles e ofrecerlles os nosos servizos gratuítos como axencia de colocación. Realizáronse un total de 803 visitas a empresas e 337 a entidades. Como consecuencia destas visitas realizadas polos profesionais do SIL, ademais doutras accións desenvolvidas, captáronse un total de 1.451 ofertas de traballo.

Nieves Gayoso

PROVINCIA XAN FEB MAR ABR MAI XUÑ XUL AG O SET OUT NOV DEC TOT

SANTIAGO 27 32 33 25 48 32 34 27 51 23 37 100 469

A CORUÑA 36 37 42 56 26 39 37 33 37 27 31 35 436

FERROL 15 37 15 10 23 22 23 15 28 23 36 36 283

OURENSE 19 18 15 20 24 29 28 12 24 18 36 57 300

LUGO 40 50 35 23 29 35 39 22 48 21 32 24 398

VIGO 86 45 36 33 45 44 23 69 43 32 22 33 511

PONTEVEDRA 26 19 20 16 13 17 27 18 31 25 21 11 244

TOTAL CONTRATOS

2011 249 238 196 183 208 218 211 196 262 169 215 296 2.641

PROVINCIA XAN FEB MAR ABR MAI XUÑ XUL AG O SET OUT NOV DEC TOT

SANTIAGO 49 58 55 34 31 52 55 23 45 48 28 50 527

A CORUÑA 22 18 40 42 30 65 50 27 59 24 43 33 455

FERROL 14 13 29 17 35 20 30 18 27 22 22 36 280

OURENSE 13 14 31 28 20 38 38 10 41 21 22 30 306

LUGO 18 31 43 27 34 32 40 26 57 40 33 83 463

VI GO 38 42 30 23 29 29 45 16 66 51 34 32 434

PONTEVEDRA 18 16 15 288 20 37 49 12 20 38 22 23 299

TOTAL CONTRATOS

EN 2010 172 192 243 199 199 273 307 132 315 244 204 287 2.764

Page 4: Moemia virtual xaneiro

4 NOTICIEIRO

Antonio Fernández

Estudo realizado por Technosite para facer máis accesible a informática

A Fundación ONCE e o CERMI promueven un estudo, co fin de realizar os cambios necesarios para facer a informática máis accesible ás persoas con discapacidade.

O devandito estudo foi realizado por Technosite; no mesmo chégase á conclusión, de que son necesarios cambios na lexislación e campañas de sensibilización sobre este aspecto.

O estudo tamén permitiu comprobar que o desenvolvemento das tecnoloxías supón unha mellora na accesibilidad tecnolóxica. Non obstante, os avances tecnolóxicos poden supoñer un retroceso na accesibilidade.

O feito de que as tecnoloxías emerxentes sexan universalmente accesibles, permite o aforro en custos, pois son susceptibles de ser empregadas por todas as persoas con independencia das súas capacidades.

É necesario incrementar a conciencia que as empresas, os clientes e os legisladores teñen acerca da súa responsabilidade en materia de accesibilidade, a través das leis e campañas de sensibilización e desenvolver unha normativa aberta, flexible, adaptable e fácilmente modificable, que permita superar a limitada incidencia que ata agora han ter as medidas lexislativas.

Luís Alberto García

Cen ONG beneficiaranse de servizos de comunicación doados por Vodafone

Desde a súa adhesión en maio de 2009 ao “ Proxecto Dono”, Vodafone España proporcionou de forma gratuita, servizos de voz e datos a cen ONG e Fundacións, por un valor de 230.000 euros.

Co “ Proxecto Dono” ofrécese a organizacións do terceiro sector acceder á tecnoloxía necesaria para desenvolver o seu labor social. As doacións de Vodafone materialízanse en servizos de voz e datos.

Esta iniciativa será desenvolvida por Technosite, empresa do Grupo Fundosa, corporación da ONCE, que colabora coa organización TechSoup, responsable da administración do programa de doacións a todo o mundo, unha rede da que forman parte 30 países.

Para acceder a esta iniciativa, as entidades que estean interesadas poden atopar información e poden inscribirse no portal de Internet Technosite que se encarga de controlar os pedidos e o seu seguimento.

Os responsables de Aspaym Madrid (Asociación de Parapléxicos e Persoas con Gran Discapacidade Física da Comunidade de Madrid), unha das organizacións beneficiadas, sinalan que a donación de Vodafone España permitiulles un aforro na factura telefónica e posibilítalles o avance no desenvolvemento de distintos proxectos que se levan a cabo na entidade.

Gustavo A. Latorre

Pódense identificar aplicacións accesibles para móbiles nunha web

A Fundación ONCE presentou o pasado 22 de

decembro, un proxecto de accesibilidade móbil chamado

“Amóvil” e desenvolvido por Technosite, unha empresa

especializada en tecnoloxía accesible.

Esta iniciativa enmárcase no “Estudo experimental

para a identificación e comparación de tecnoloxías de

Internet móbil accesibles e fáciles de usar”, cofinanciado

polo Ministerio de Industria, Turismo e Comercio, dentro do

P lan Nac iona l de Inves t i gac ión C ien t í f i ca ,

Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica 2008-2011.

“Amóvil” é un espazo en Internet que trata de axudar a

identificar dispositivos móbiles que se adapten tanto ás

características persoais do usuario como as súas

preferencias de uso.

“Tamén inclúe un buscador de dispositivos móbiles

accesibles, aos que se pode acceder por perfil do usuario e

por tipo de tecnoloxía. O seu obxectivo, é que se converta

nunha ferramenta flexible na que se concentre todo o

coñecemento xerado en tecnoloxía móbil e accesibilidade.

Para iso se, pediu a colaboración e implicación de todos.

Tamén se insistiu na necesidade de que a tecnoloxía se

adapte ao perfil do usuario.

Cada usuario ten necesidades particulares e é un reto

para industria e usuarios traballar xuntos e colaborar: Esta

ferramenta debe axudar aos usuarios a utilizar o seu móbil

e aos fabricantes a saber que necesidades demandan os

seus clientes.

Antonio Fernández

A pesar do cambio de mentalidade que a sociedade española experimentou nos últimos anos, as persoas con discapacidade seguen sendo obxecto de discriminación e exclusión. Por este motivo o Comité Español de Representantes de Persoas con Discapacidade (CERMI), elaborou unha guía na que se informa sobre as posibilidades de defensa, que o noso colectivo ten á hora de facer respectar os seus dereitos. A primeira edición de dita guía realizouse en 2009, sendo esta última unha actualización e ampliación da primeira.

Nesta guía destácase, que a discriminación a persoas con discapacidade en España é ilegal; ofrecendo unha panorámica do marco legal, internacional e nacional, que protexe os dereitos deste grupo social. Así como consellos, orientacións, recursos e instrumentos para que a persoas con discapacidade fagan valer os seus dereitos por si mesmas.

Guía para a autodefensa das persoas con discapacidade

Page 5: Moemia virtual xaneiro

5 NOTICIEIRO

COGAMI traballa conxuntamente co CPAP de Bergondo (A Coruña)para

a difusión do centro entre o noso colectivoO centro de promoción da autonomía persoal de

Bergondo, máis coñecido polo CPAP, está a facer unha campaña de difusión para darse a coñecer entre a poboación, sobre todo a aquela que forma parte do noso colectivo, o das persoas con discapacidade. A dirección do CPAP conta coa experiencia dos orientadores laborais de COGAMI, que semanalmente visitan e manteñen contacto cos traballadores sociais dos concellos. Aprovéitanse estas visitas para informar sobre os recursos dos que está dotado o CPAP, de maneira que os concellos coñezan este tipo de servizos e que poidan derivar a Bergondo ás persoas que llelos soliciten. O centro de promoción de autonomía persoal, con cinco anos de funcionamento, desenvolve actividades específicas para lograr a rehabilitación global das persoas con discapacidade, que tanto pode ser esta física, sensorial ou tamén dano cerebral adquirido tanto por accidente como por enfermidade cerebro-vascular.

A finalidade desta recuperación desembocaría na recuperación profesional, no caso de que fora factible, e tamén se dirixe ao adestramento da autonomía persoal co fin de lograr a maior integración posible dentro da sociedade. Para isto, contan con servizos de recuperación médico funcional, de atención psicolóxica, de atención neuropsicolóxica, de atención social ademais de formación e capacitación profesional e intermediación laboral. Os programas que se desenvolven contan con tratamentos como: fisioterapia, logopedia, terapia ocupacional, intervención para os problemas cognitivos de dano cerebral, formación en administración e xestión, xardinería e florería, informática, preparación para a ESO, carné de conducir, ademais de servizos de orientación laboral que promoven as prácticas en empresas. Os usuarios do CPAP tamén saen preparados para a vida independente porque poden practicar no apartamento totalmente domotizado e preparado con servizos técnicos, onde aprenden dende facer a comida, ata limpar, en fin, todas as actividades domésticas.

O centro de promoción ten habilitadas 114 prazas tanto en réxime residencial como en media pensión, das que o 35% están reservadas para usuarios con dano cerebral adquirido. As persoas usuarias do mesmo, non só están aquí para rehabilitarse, as instalacións que ocupan 8.800 metros cadrados en primeira liña de costa na ría de Betanzos, contan con zonas verdes e con espazos habilitados para actividades de lecer. Arestora están ocupadas o 90% das prazas. As actividades de lecer que se desenvolven son diversas, van dende o baloncesto, a natación, navegación a vela, boccia, pin-pon, excursións ou saídas organizadas, ademais de obradoiros de fotografía, pintura, teatro ou lectura, por exemplo.

Para acceder ao centro de promoción de autonomía persoal de Bergondo hai que ser maior de 16 anos, posuír certificado de discapacidade e ser residente legal no noso país. Outros requisitos son non ter enfermidades infectocontaxiosas nin trastornos que alteren a convivencia do centro. Por último, os usuarios deben ter aptitudes cognitivas e funcionais a nivel suficiente para aprender as tarefas e presentar disposición para estar dentro do programa. Actualmente, contan con usuarios de entre 17 e 60 anos, aínda que a maior parte é xente nova.

Ana Mª VarelaJ. Carlos Vázquez

Os investimentos débense condicionar á accesibilidade dos proxectos

Solicitouse á titular do Ministerio de Fomento, Ana Pastor, por parte do Comité Español de Representantes de Persoas con Discapacidade (CERMI), que condicione a aprobación dos investimentos do 1 por cento cultural que xestiona o seu departamento a que os proxectos beneficiados teñan en conta a accesibilidade universal para persoas con discapacidade. A Lei do Patrimonio Histórico, en vigor, obriga a que o 1 por cento do que o Estado destina anualmente a obra pública se invista en actuacións de rehabilitación, restauración ou mellora de bens que integren o patrimonio artístico español.

O CERMI recorda que estes fondos estatais non consideraron expresamente a accesibilidade das actuacións, polo que se producen casos nos que o investimento público non serve para eliminar ou suprimir barreiras e obstáculos preexistentes ou para que o novo xurda en condicións de pleno acceso para as persoas con discapacidade. Esta situación sería incompatible cos mandatos das leis contra a discriminación das persoas con discapacidade, polo que o CERMI solicita a Fomento o establecemento claramente da accesibilidad da actuación como requisito dos proxectos que aspiran a recibir axudas do 1 por cento cultural do Estado. Con esta medida se promovería a accesibilidad universal aos bens que integran o patrimonio histórico e artístico español.

Abre unha discoteca accesible en Porto do Son

O pasado, 23 de decembro, inagurouse en Xuño (Porto do Son) a primeira discoteca accesible para as persoas con mobilidade reducida. Aquarium Sala de Eventos abriu despois de ter unha remodelación integral na que tivo moito que ver a área de accesibilidade de COGAMI (Confederación Galega de Persoas con Discapacidade). O equipo de accesibilidade asesorou ao dono das instalacións na construción dun negocio accesible, sen excluír ao colectivo de persoas con dificultades de mobilidade.

Entre as accións acometidas están a colocación dun elevador salvaescaleiras que está colocado na entrada do local e tamén se fixo un aseo adaptado, arranxos estes realizados segundo marca a Ley a través do decreto 35/2000 do 28 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento de desenvolvemento e execución da Lei accesibilidade e supresión de barreiras na Comunidade Autónoma de Galicia; o Real Decreto 173/2010, do 19 de febreiro, polo que se modifica o Código Técnico de Edificación, aprobado polo Real Decreto 314/2006, do 17 de marzo, en materia de accesibilidade e non discriminación das persoas con discapacidade e a Orde VIV/561/2010, do 1 de febreiro, polo que se desenrola o documento técnico de condicións básicas de accesibilidade e non discriminación para o acceso e utilizacións espazos públicos urbanizados.

Este tipo de iniciativas inclusivas sempre son moi ben acollidas por COGAMI, porque todas e todos temos dereito a sentirnos parte da sociedade. A eliminación das barreiras físicas e mentais axudan a que haxa unha maior integración.

Manuel Paz

Page 6: Moemia virtual xaneiro

6 NOTICIEIRO

Juan García

A Rede de Defensa Legal da Discapacidad é reforzada polo CERMI

A Rede para a Defensa Legal da Discapacidade, establecida para perseguir e tratar de minimizar as violacións de dereitos e as discriminacións que sofren estes cidadáns, foi reforzada polo Comite Español de Representantes de Persoas con Discapacidade (CERMI). No seu terceiro ano de percorrido, a Rede da Defensa Legal da Discapacidade incorporou a mediación activa como medida de prevención ou no seu caso liquidar ou suavizar as controversias que se produzan entre persoas con discapacidade ou os seus familiares e outros axentes ou operadores, públicos ou privados, por razón de discapacidade.

Deste xeito, o traballo da Rede, o primeiro destas características existente en España, esténdese á mediación no ámbito da discapacidade, método de resolución de diferenzas non xurídico, que se está ampliando en todos os ordes de convivencia, xa que é máis sinxelo, económico e eficaz. A Rede de Defensa Legal do CERMI ten como obxecto estender unha cultura de defensa xurídica da discapacidade e reformar o activismo xurídico, con arranxo á perspectiva dos dereitos humanos e discapacidade. Trátase, sinalou o comité, dunha rede informal, constituída por delegados xudiciais ou que teñen tutela legal en cada institución membro do CERMI ou afiliadas noutra que dependa dunha sociedade do CERMI.

J. Carlos Vázquez

Foi editado en inglés e francés o segundo manifesto dos dereitos das mulleres e nenas

con discapacidade na UELanzouse, polo Comité Español de Representantes de

Persoas con Discapacidade (CERMI), en forma de libro a edición inglesa e francesa do 2º Manifesto dos Dereitos das Mulleres e Nenas con Discapacidade da Unión Europea.

No seno da Asemblea Xeral do Foro Europeo da discapacidade, do pasado 28 e 29 de maio de 2011 en Budapest, deuse a coñecer o segundo manifesto sobre os dereitos das Mulleres e nenas con Discapacidade na Unión Europea.

Este manifesto foi realizado pola Procuradora Xeral do Principado de Asturias e o Comité Español de Representantes de Persoas con Discapacidade (CERMI). O mesmo marca os principios para unha igualdade de xénero en relación coa discapacidade. Segundo o CERMI, está concebido como unha ferramenta para activistas e responsables políticos. O segundo manifesto alude aos distintos artigos da convención internacional sobre os dereitos das persoas con discapacidade.

Para a súa elaboración, o CERMI contou coa achega do Comité de Mulleres do foro Europeo da Discapacidade, de mulleres con discapacidade e de nais de persoas con discapacidade da súa base asociativa, así como asociacións presentes na asemblea anual do citado organismo europeo.

Juan García

O CERMI recorda que España debe revisar a lexislación educativa

O CERM I(Comité Español de Representantes de Persoas con Discapacidade), dirixiu foi dirixida unha solicitude ao novo ministro de Educación, Cultura e Deporte, José Ignacio Wert, por parte do Comite Español de Representantes de Persoas con Discapacidad (CERMI), para solicitar que impulse de xeito urxente as reformas legislativas que permitan que o noso país asuma definitivamente a dimensión inclusiva no ámbito da educación.

España como Estado parte da Convención Internacional sobre os Dereitos das Persoas con Discapacidade, está obrigada internacionalmente a adaptar o seu sistema educativo, no que se refire ao alumnado con discapacidade, aos principios, valores e mandatos do tratado internacional da discapacidade, que no seu artigo 24 establece o paradigma da educación inclusiva, sen ningún tipo de segregación por motivos de discapacidade.

Débense de revisar sen demora os compromisos internacionais que España ha de cumprir en relación cos dereitos humanos das persoas con discapacidade, entre os que figura, a posibilidade de acceder a unha educación inclusiva. En moitas ocasións a Lexislación española vigente en materia educativa e as prácticas das distintas

Ana Cristina Piñeiro

2012 ano da enerxía sostenible

Malia que certos sectores seguen negando o cambio climático, ou doutro xeito, negan que as actividades humanas sexan as responsables de devandito cambio. Cada vez parece máis evidente, que estas son a causa das alteracións no clima. A utilización de combustibles fósiles (carbón, petróleo, gas natural), como principal fonte de enerxía, para o funcionamento da economía mundial, son as responsables do efecto invernadero, efecto que está propiciando un aumento global da temperatura planetaria. As consecuencias deste aumento de temperatura van ser a medio prazo negativas para a biosfera, ao inducir cambios importantes nun escaso lapso de tempo. Por esta razón a ONU decidiu converter o ano 2012, ano da enerxía sostenible para todos.

Con esta medida preténdese unha concienciación dos seres humanos, de cara a conseguir un desenvolvemento sostenible da economía mundial, utilizando enerxías renovables que reduzan de forma considerable os impactos no medio ambiente. Con anterioridade a comunidade internacional xa celebrou outros eventos encamiñados neste sentido, como foron, o protocolo de Kioto, o Cume da ONU sobre o Cambio Climático de Bali (ano 2007), Copenhague 2009 ou a máis recente de Durban en Suráfrica. A utilización das enerxías renovables abre ao mesmo tempo novas oportunidades para o emprego das persoas con discapacidade.

Page 7: Moemia virtual xaneiro

7 NOTICIEIRO

Francisco Gullón

As Nacións Unidas pretenden que a televisión sexa accesible

para as persoas con discapacidade

A necesidade de que a televisión sexa accesible ás persoas con discapacidade, púxose de manifesto nun informe da Unión Internacional de Telecomunicaciones (ITU), unha axencia de Nacións Unidas.

Este informe detalla os distintos tipos de opcións que poden facer completamente accesible os contidos audiovisuales.

No mundo, segundo este informe hai máis de 1,4 mil millóns de fogares con televisión, que representan o 98 por cento das casas nos países desenvolvidos e case un 73 por cento no mundo en desenvolvemento.

Con todo, as persoas con problemas audiovisuales non poden facer uso destas canles de información, educación e entretenemento.

Asímismo, xunto con Global Iniciative for Inclusive Informatión and Communicación Technologies (G3ict), identificou distintos sistemas e opcións de accesibilidade e explica como acceder a estes para que os reguladores e proveedores de servizos comprendan tanto os problemas derivados da falta de accesibilidade como dos custos que teñen.

Fálase polo tanto do subtitulado, do signado, da audiodescripción, do desenvolvemento de dispositivos de control remoto para persoas maiores ou con mobilidade reducida.

Hamadoun Touré, secretario xeral da ITU, sinala que a televisión accesible debe ser unha ferramenta fundamental para a construción dunha sociedade inclusiva.

Estas medidas recollidas no informe, non só axudan á inclusión das persoas con discapacidade, senón que tamén axudan á integración de inmigrantes, persoas sen educación e persoas maiores.

Hoxe en día a programación de televisión é a principal

fonte de noticias e información para estes segmentos da

poboación, e son un elemento crave para o reforzamento

da participación social e a identificación coa comunidade.

Por outra banda, a televisión xoga un papel moi importante en tempos de urxencias, e pode usarse con fins educativos coa transmisión de material específico.

Nace a Prataforma do Terceiro SectorSete destacadas organizacións de carácter social: A

ONG de Acción Social; a Plataforma do Voluntariado de España (PVE), a Red Europea de Loita Contra a Pobreza e a Exclusión Social do Estado Español (EAPN), o Comité Español de Representantes de Persoas con Discapacidade (CERMI), Cruz Roja Española, Cáritas Española, e a Organización Nacional de Cicegos Españois (ONCE), culminaron o pasado día 10 de xaneiro en Madrid o nacemento da Plataforma do Terceiro Sector. Esta plataforma arrancou coa celebración da súa primeira Asemblea Xeral, en la que se han adoptado acordos e realizáronse nombramentos de relevancia para o inicio das súas actividades, despois de que o pasado 20 de decembro asináronse a constitución da entidade por parte dos seus sete membros constituíntes, unha vez recabado o acordo dos seus respectivos órganos estatutarios. A nova entidade pretende ser un factor de cohesión e unidade de acción para defender o valor do social, o Estado de Benestar, os dereitos socias, e propiciar a máxima colaboración público-privada en beneficio das persoas máis desfavorecidas.

Como prioridade da Plataforma do Terceiro Sector, está o fomento activo da articulación do Terceiro Sector en todo o territorio e o fomento dun clima de cooperación coas plataformas xa existentes nalgúns ámbitos territorias, ás que invitará ao diálogo e a súa posible participación futura. Esta Plataforma persegue constituírse como unha voz unitaria de representación das organizacións, con vocación de servizo e compromiso na búsquena de solucións en favor dos colectivos máis desfavorecidos ou con necesidades socias moi especiais. Sumará ademais esforzos a favor do interés xeral, dende a perspectiva dos seus fins sociais e dentro do máis estricto respeto á identidade, fins e funcionamento de cada unha das organizacións asociadas.

Nieves Gayoso

Antonio Fernández

A Asociación Solcom para a Solidariedade Comunitaria para as Persoas con Diversidade Funcional e a Inclusión Social, encargou a realización dun estudo “O ensino dos dereitos fundamentais na Universidade Española”, á Universidade Carlos III de Madrid. Para elaborar este informe analizáronse os plans de estudo das 71 universidades públicas e privadas que ofrecen grados susceptibles de incluír materias sobre accesibilidade e deseño universal. Logo de analizar os resultados, conclúese que 47 universidades (o 66%), non ofrecen ningunha asignatura sobre accesibilidad e deseño para todos.

Por outro parte, en 17 universidades, un 24 por cento cumpren, en certo grado, coa impartición de asignaturas sobre accesibilidad e un total do 7 por cento, cumpren plenamente co cometido. As 7 universidades que cumpren plenamente coa impartición de asignaturas sobre accesibilidad son: Carlos III de Madrid, a Universidade Santa Teresa, Universidade Internacional da Rioja, a Pompeu Fabra, a Universidade Rei Juan Carlos e a Universidade Nacional de Educación a Distancia (UNED). Para realizar este traballo, os autores tomaron como base lexislativa o decreto 1393/2007, no que se establece como ha de ser a ordenación dos ensinos universitarios.

Unha boa parte das universidades españolas carecen de asignaturas

sobre a discapacidade

Page 8: Moemia virtual xaneiro

8 ÚLTIMA HORA

Presentación do libro de Iago Santalla e Manuel Rivero “O ilímite do potencial humano”

Iago natural da parroquia de Vilaxuste, en Portomarín, (Lugo) é Diplomado en Educación Social, posgrado en Servizos Sociais e doutor en Humanidades.

Cando Iago acudiu á súa primeira entrevista sentado na súa cadeira de rodas e preguntáronlle si as beirarrúas eran accesibles para persoas con discapacidade, el respondeu “Non me preocupan as barreiras das beirarrúas, senón os bordillos das conciencias”.

Fai aproximadamente un ano Santalla sacou á luz o seu primeiro traballo “O límite de pensarte libre”, que realizou en solitario, pero as súas inquietudes literarias leváronlle a escribir o seu segundo libro “O ilímite do potencial humano”, nesta ocasión contou coa aportación de Manuel Rivero, este ourensano é autor de varios traballos literarios e membro creador do método QCOACH de formación de habilidades directivas.

Iago nesta obra sinala que ”Todos somos absolutamente limitados e ilimitados non hai ninguén que non teña ningunha discapacidade, o importante é que cada un busque a súa”, “é como o caso dun neno que vai mal en matemáticas e é un fenómeno en debuxo. Hai que potenciar a súa mellor vertente pensando en que aí pode estar o seu futuro”.

Por outra banda resalta que a sociedade actual non está concienciada. “O Estado de benestar non existe”, asegura. Segundo explica, poucos meses logo do seu nacemento creouse, a Lei de Integración Social das Persoas con Discapacidade de 1982, pero non se desenvolveu. A non implantación desta lei supuxo unha loita constante por parte da súa nai.

En 2003 aprobouse a Lei de Igualdade, Non Discriminación e Accesibilidad Universal; unha lei marabillosa, que establecía sancións, pero que ninguén cumpría. Si non se escolarizaba a unha persoa con discapacidade, non pasaba nada. Pero si non se escolarizaba a calquera outro neno segundo Iago bromea, “Mandan ao exército, os GEOS, á CIA ou ao FBI a casa”

Aínda con todas estas dificultades Iago accedeu ao ensino público, do cal séntese orgulloso. Na súa formación destaca o importante papel da súa nai.

Santalla, quere servir de exemplo para outras persoas: “Creo que a miña misión na vida é concienciar”.

Ana Mª Varela

Page 9: Moemia virtual xaneiro

9 DEPORTES

Luis Alberto García

No Campionato de España de Aire Comprimido resultou vencedor

o veterano Francisco Anxo SorianoO veterano tirador olímpico valenciano Francisco Anxo

Soriano, que competiu na categoría P1, proclamouse vencedor no Campionato de España de Aire Comprimido, que se celebrou no Centro de Tecnificación Deportiva de Prado Salobre, na localidade rioxana de Lardero. Tamén conseguiron subir ao podio o balear Ricardo Sevillano, en categoría R1, o galego Juan Antonio Saavedra, en categoría R4, e a rioxana Cristina Ortega, en categoría P2. O resto de medallistas do Campionato de España foron o asturiano José Luís Martínez (prata) e o vasco Francisco Javier Ojeda (bronce) en P1, xunto a Francisco Anxo Soriano (ouro); o catalán Miguel Orobitg (prata) e o galego Manuel Brage (bronce) en R1, acompañou no podio a Ricardo Sevillano (ouro); e o murciano Maximino Álvarez (prata) e o galego e compañeiro de COGAMI Paulo Fontán (bronce) en R4, que acompañaron a Juan Saavedra (ouro) no podio.

A disciplina de Tiro Olímpico practícana deportistas con discapacidade física ou visual e divídese en probas de rifle (ou carabina) e pistola, tanto en aire comprimido como en calibre 22. Ademais, existen as modalidades de cadeira de rodas e de pé, individuais, por equipos, e tiro a brancos móbiles. Os deportistas con discapacidade clasifícanse segundo o seu grado: a categoría SH1 comprende a aqueles tiradores que poden soster as armas sen axuda, a SH2 a aqueles que si precisan un soporte para realizar os disparos e a SH3 aos deportistas cegos, que utilizan un sistema sonoro para identificar os brancos. En canto ás distintas modalidades de armas, os tiradores olímpicos con algún tipo de discapacidade tomarán parte neste campionato en R1 (carabina de aire de pé a dez metros para homes), R4 (carabina de aire de pé a 10 metros mixto), P1 (pistola de aire a 10 metros para homes) e P2 (pistola de aire a 10 metros para mulleres).

J. Carlos Vázquez

Presentación do primeiro equipo paraecuestre español de cara a Londres 2012

A Fundación para a Promoción do Deporte Ecuestre presentou oficialmente o primeiro equipo paraecuestre que representará a España nos Xogos Olímpicos de Londres 2012.

En colaboración coa Real Federación Hípica Española, no pasado mes de xullo asinouse un convenio co obxectivo de clasificar un equipo de xinetes e amazonas con distintos niveis de discapacidade, na modalidade de doma clásica adaptada e que, por outra banda, este obxectivo sirva de estímulo para incorporar á competición a outros participantes das terapias ecuestres.

Esta presentación contou coa presenza da infanta doña Elena. Tamén estiveron presentes os 11 posibles compoñentes do equipo paraecuestre español, representantes da Fundación para a Promoción do Deporte Ecuestre, entre os que se atopaba o presidente, don Germán López Madrid e o presidente da Federación Hípica Española, don Javier Revolta do Peral.

Miguel Regueiro

Os cadetes e xuvenís do SD Compostela visitaron Trameve

O Presidente de COGAMI (Confederación Galega de Persoas con Discapacidade), Anxo Queiruga, acompañado do Xerente de Trameve, Luis Penido, recibiu a un grupo de vinte xogadores das categorías cadete e xuvenil do SD Compostela que foron de visita á nave de Tratamento Medioambiental de Vehículos que o Grupo Empresarial de COGAMI ten en Santiago (Vía La Cierva, nº 90 pasando Merca Galicia). Esta visita forma parte das actividades conxuntas que acordaron realizar tanto COGAMI como o SD Compostela despois de que o club deportivo nomeara socio de honra á Confederación. A visita desenvolveuse por a nave que Trameve ten no Polígono Industrial do Tambre, que conta cunha extensión de 13.000 metros cadrados, que recentemente foron ampliados ao construír un novo andar na parte superior do centro.

Esta iniciativa empresarial naceu en 2000 a partir dun proxecto europeo que tiña como finalidade formar a persoas con discapacidade en técnicas de despece e descontaminación de vehículos. Arestora traballan neste centro especial de emprego 15 persoas, das que o 95% teñen discapacidade. Como anécdota desta visita, os rapaces poideron ver en Trameve o vehículo profesional de rallyes que usa Luis Penido nas competicións que realiza xunto co seu compañeiro de equipo, Óscar Pereiro.

Gustavo A Latorre

A vida sa e o deporte sen barreiras é promovido pola Deputación de Lugo

Facer deporte na comarca mariñana, é máis fácil grazas ao programa “Todos a Xogar”, promovido polo Área de Benestar Social e Deporte da Deputación de Lugo, a través da Fundación Balogal, e do que se benefician 39 colectivos mariñanos. Segundo relata Antonio Veiga, vicepresidente primeiro do organismo provincial. A finalidade desta iniciativa vai máis aló da promoción do exercicio físico no conxunto da sociedade, e tamén intenta a integración daqueles colectivos nos que a práctica deportiva plantexa máis dificultades e tamén polo valor do deporte como elemento para combater a exclusión social. Así nenos, maiores e persoas con discapacidade son os destinatarios desta actividade totalmente gratuíta. Das 39 accións sete correspóndense coa liña “Eu tamén xogo no Breo”, 17 con “Non te retires, Volta a xogar”, e 15 con “Obradoiro deportivo”, todas estas actividades teñen en común que son impartidas por monitores especializados en dúas horas semanais por colectivo.

Coa primeira actividade “Eu tamén xogo no Breo” preténdese fomentar a práctica do deporte entre os distintos colectivos e institucións de persoas con discapacidade na comarca, como COGAMI e Camiña, e grupos con risco de exclusión social, mentres que a oferta “Non te retires, Volta a xogar”, ten como eixe central proporcionar ao colectivo de persoas maiores un tipo de exercicio físico xerontolóxico, de baixa intensidade e que promove un envellecemento activo. As sesións consisten en mellorar a calidade de vida dos participantes traballando as súas capacidades básicas: flexibilidade, resistencia e forza, e tendo en conta as particularidades dos participantes e os seus problemas cognitivos ligados ás enfermidades neurodexenerativas (alzheimer ou

Page 10: Moemia virtual xaneiro

10 ENTREVISTA DO MES

ENTREVISTA DO MES A JOSÉ LUIS LÓPEZ VÁZQUEZ

-

Estiven estudando non Seminario Diocesano de Lugo (8 anos), despois fixen o servizo militar en (Madrid). Anos máis tarde, tiven o accidente.

-Por que decidiches vir a Aula de Novas Tecnoloxías de COGAMI Lugo?

Decidín vir para facer algo, porque senon aburríame en casa. Non me podía relacionar cos demáis.

-Cantos anos levas neste centro?

Creo que levo 10 anos, prácticamente dende os inicios da creación da Aula de Novas Tecnoloxías.

-Que aprendiches non tempo que levas no centro?

Algo de informática, resumir noticias para a nosa revista, deseño, galego, cociñar e a mellorar a miña autonomía.

-Que che gusta facer no teu tempo libre?

Gústame ler e escoitar música.

-Si che gusta viaxar, A onde che gustaría ir?

Gustaríame ir a Haiti, para poder axudar á xente.

-Que tipo de libros che gusta ler?

Libros de aventuras.

-Cal é o teu grupo musical ou música preferida?

Música Pop e Rock, en especial os Dire Straits.

-De que te arrepintes na túa vida?

De non haber ido á universidade .

-Cal foi a derradeira película que fuches ver ao cine?

A derradeira película que vín foi “Tango e Cash”.

-Cal é ou teu deporte preferido?

O voleibol.

A que che dedicabas antes de incorporarche a COGAMI?.

Nieves Gayoso - Enrique Sanmartín

Page 11: Moemia virtual xaneiro

11 CARTELEIRA

INDOMABLEArgumento:

A fermosa Mallory Kane é unha novo soldado que traballa encuberta e é contratada por numerosos gobernos para realizar tarefas que eles mesmos non poderían levar a cabo… Encoméndaselle unha misión en Dublín onde a moza fracasa ao ser traizoada. Deberá utilizar todas as súas habilidades para escapar dunha persecución internacional e intentar chegar a Estados Unidos para protexer á súa familia e preparar a vinganza cara a aqueles que a traizoaron.

Ficha TécnicaDirector: Steven SoderberghReparto: : Gina Carano, Michael Fassebender, Ewan Mcgregor, Michael Douglas, Canning Tatum, Antonio Banderas, Mathieu Kassovitz, Bill Paxton, Michael Angarano, Anthony Wong.

Roberto Camba

KATMANDUArgumento:

Nos primeiros anos 90 Laia unha moza mestra catalá trasládase a Katmandù como voluntaria nunha escola local. Pronto descubrirá unha pobreza extrema e un panorama educativo desolador que ademais deixa fóra aos máis necesitados. Tras contraer, ao seu pesar un matrimonio de conveniencia para legalizar a súa situación, Laia embárcase nun ambicioso e persoal proxecto pedagógico nos barrios de chabolas de Katmandú.

Deseguido se enfronta á evidencia de que non pode facelo soa. Pero tamén se atopa cun fermoso agasallo que non esperaba: namorase do descoñecido co que se casou. Da man da súa amiga e moza mestra Sharmila, Laia emprende unha viaxe que a levará ata o fondo da sociedade nepalí e tamén ata o fondo de si mesma.

Ficha TécnicaDirector: Iciar Bollain

Reparto: Verónica Echegui, Sumyata Battarai, Norbu Tsering, Gurumg Gustavo A. Latorre

MONEYBALL

Argumento:O manager do equipo de béisbol de Oakland, Billy

Beane, é consciente de que co seu limitado orzamento xamais chegará a triunfar nas World Series.

Cando está a piques de tirar a toalla, descobre un programa estatístico que lle permite seleccionar aos xogadores en función do seu rendemento. Beane analiza aos seus futuros fichajes, minimiza os riscos de facer malos investimentos e, aos poucos, faise un oco entre a elite do béisbol estadounidense.

Ficha TécnicaDirector: Bennett Miller

Reparto: : Brad Pitt, Jonah Hill, Philip Seymour Hoffman, Robin Wright Kathryn Morris, Chris Pratt

Roberto Camba

WANDERLUST

Argumento:Wanderlust trata sobre unha parella que decide

abandonar as presións da gran cidade e unirse a unha comunidade moi libre, onde a única regra consiste en ser un mesmo. George e Linda son a típica parella superestrasada que reside en Manhatan. Pero a empresa de George reduce o persoal e este quédase na rúa. Non lles queda máis remedio que mudarse a Atlanta a vivir co insoportable irmán de George.

Mentres conducen cara alí, George e Linda descobren Eliysium, unha comunidade idílica onde residen uns personaxes moi especiais que ven a vida doutro xeito. O diñeiro? Non compra a felicidade. Unha carreira? Para que? Roupa? Só si fai falta poñela. ¿Será Elysium o novo comezo que necesitan George e Linda? Ou un cambio tan brusco de perspectiva causará máis problemas dos que resolverá?..

Ficha TécnicaDirector: David Wain

Reparto:Jennifer Amiston, Paul Rudd, Justin Theroux, Malin, Akerman, Ray Liotta, Alan Alda, Karhryn Hahn, Joe Lo Truglio.

Luis Fernández

PROMOCIÓN PANTASMA

Argumento:Modesto é profesor e en ocasións ve mortos. Isto non

so lle custou unha fortuna en psiquiatras, senón que tamén fixo que lle despidan de todos os colexios onde traballou. A súa sorte cambia cando consegue praza no Monforte e ten que dar clase a cinco alumnos que converteron un colexio de prestixio na casa dos horrores. Modesto ten que lograr que os cinco mozos aproben o último curso e se larguen de alí dunha vez por todas. Pero non o vai a ter fácil: os cinco levan vinte anos mortos.

Ficha TécnicaDirector: Javier Ruiz Caldera

Reparto:Raúl, Arévalo, Alexandra Jiménez, Andrea Duro, Anna Castillo, Aura Garrido, Joaquín Reyes, Carlos Areces, Silvia Abril, Luis Varela, Elena Irureta, Jaime Olías, Alex Marumy, Javier Bódalo.

Luis Fernández

Argumento: Unha señora maior sofre terribles dores cando a súa

casa se incendia. Xa no hospital só consegue balbucear o moito que odia “a caixa”. Días despois no xardín da súa casa celébrase un mercadillo. A pequena Emily e o seu pai compran “a caixa” e lévana a casa. A partir dese momento, estranos sucesos empezan a pasar: a casa énchese de bichos, a pequena ten cada vez peor aspecto, as ratas atacan a un dos seus profesores...

O pai sospeita que a caixa ten algo que ver e visitan a un rabino que lles di que “a caixa” contén un espírito demoníaco que consumirá á súa filla a menos que consigan devolvelo á caixa mediente exorcismo.

Ficha TécnicaDirector: Ole Bornedal

Reparto: Jeffrey Dean Morgan, Kyra Sedgwich

A POSESIÓN

Ricardo Lamazares

Page 12: Moemia virtual xaneiro

12 RINCÓN LITERARIO

CAPÍTULO ANTERIOR:

CAPÍTULO 24:

Puri quedou con Cristina e Jesús, que estaba moi preocupada porque falara cun amigo médico forense e comentoulle que a Carlos Jiménez déronlle un medicamento non autorizado por Sanidade que tiña consecuencias cardíacas irreversibles e que nos últimos anos faleceran pacientes pola mesma causa.

Cristina pensaba que se confirmou a súa teoría de que mataban a pacientes e sospeitaba da relación destes sucesos coas compañías de seguros.

Jesús comentou tamén que se estaba realizando unha investigación secreta na que se seguía a pista a compañías de seguros americanas e españolas que realizaban eutanasias encubertas, pero non tiñan aínda probas suficientes contra as mesmas.

Enrique e Mirta estaban durmindo, era domingo, polo tanto tiñan máis tempo para descasar, pero de súpeto soou o teléfono da casa, serían as doce da mañá, Enrique levantouse e contestou.

-Diga quen é?

-Estou moi enfadado con vostede, doutor –díxolle unha voz con claro acento italiano. Moi enfadado.

-Quen é vostede? –preguntou Enrique.

-Porque non se dedica á súa profesión? no canto de dedicarse a ser un axente secreto de pacotilla- dixo o anónimo comunicante con frialdad. O que sabe de nós pódelle prexudicar toda a vida.Converteuse vostede nun grave problema para a nosa organización e non teremos máis remedio que resolvelo ao noso xeito.

-Porque estamos nun país libre e nin vostede nin ninguén me vai a dicir o que teño que facer –contestou Enrique, de forma airada e contundente -, non fai falta ser moi listo para saber que é vostede o asasino de todas esas persoas, porqué o fai?

-Só quedan dúas opcións –doutor Sánchez- e é que a súa muller e vostede se suicide ou se marchen do país.Témome que esas son as únicas posibilidades que teñen, porque lle aseguro que quererá facelo cando me teña diante.

-¡Váiase a facer puñetas!

Enrique sentiu o impulso de colgar, pero con todo, optou por sentarse nunha cadeira e pensar, nun desesperado esforzo por dar coas palabras adecuadas para conxurar a ameaza.

-Porqué non nos deixa en paz?, ¡por Deus!, non sei quen é vostede nin a miña muller tampouco.

-Xa. ¡E voumo a crer! Non conte con iso. A súa muller, a súa irmá e vostede viron varios videos da nosa organización que agora están no noso poder, e para darlle unha proba da seriedade das miñas intencións e que non se lle ocorra dicir nada a ninguén, decidimos secuestrar á súa irmá. Chámase Amaya, non?

-¡Cabrón! ¡Non se lle ocorra facerlle dano!

-Quitarlle o pano da boca –dixo Pablo Corleone.

-De súpeto escoitouse a voz de Amaya, que dicía:

-Quique, estes homes van moi en serio, por favor non se che ocorra chamar á policía, se non me…

-Agora xa sabe que a súa irmá está no noso poder, polo tanto, pense nas súas opcións, doutor Sánchez, unha boa dose de morfina é totalmente indolora, ou unha boa ración de somníferos, tamén poden recorrer ao monóxido de carbono, xa sabe: o tubo de escape dun coche. Lanzarse ao baleiro desde un rañaceos, iso sería marabilloso para vostede, e apenas sentiría nada, e a outra é despedirse da súa vida en España e irse, sen dicir nada, vostede decide.

-Por favor –dixo Enrique en ton suplicante -. Déame tempo. Déame tempo para decidirme, vostede nestes momentos ten todo o poder nas súas mans, por iso pídolle tempo.

-Dispón de canto queira.

-Grazas. Moitas grazas.

-Esquecíame, teña moito coidado cos seus pacientes, porque algún pode sufrir ataques cardíacos sen remisión

– Bos días, doutor.

-¡Non! –gritou Enrique. Pero xa colgaran - ¡Maldita sexa!

Enrique alzou a vista e viu que Mirta estaba na porta.

-Que pasou? –preguntou Mirta

-Secuestraron á miña irmá –dixo Enrique furioso e triste á vez.

El Último Tramo - Capítulo 24

Usuarios Aula Ocupacional CRD Fingoi - Lugo

Page 13: Moemia virtual xaneiro

13 POESÍA

EN INTERNET

- Blog DISINCREIBLES de Fingoi:

- Proyecto Retadis:

- Polibea Turismo: e-mail:

Federación Española De Ortesistas Protesistas (FEDOP): e-mail:

- Canal Discapacidade:

- Información Discapacidade:

- Portal Solidario:

- Blog Amica:

- Cogami:

- Cocemfe:

- Cermi:

- Sin Barreras:

- Socialia:

- Lugo Accesible:

- Voluntariado Galego:

http://www.disincreibles blogspot.com

http://www.retadis.es

http://www.polibea.com [email protected]

http://www.fedop.org [email protected]

http://www.risolidaria.org

http://www.discapnet.es

http://www.portalsolidario.net

http://www.sotileision.blogspot.com

http://www.cogami.es

http://www.cocemfe.es

http://www.cermi.es

http://www.telepolis.com/comunidades/sinbarreras/

http://www.socialia.org

http://www.lugoaccesible.net

http://www.voluntariadogalego.org/web/

-

(Único portal gallego dirigido específicamente al 3° sector.)

José Ángel Vázquez CirizaUsuario de Cogami Monterroso

Enrique Sanmartín

A aurora

Cando esperta a aurora

co seu manto azul e nácar,

vinche xurdir radiante

como unha estrela de prata

flor de lúa mensaxeira

a flor máis tenra e lozana

que non se perda o teu embruxo

cando chegue a mañá.

Camiño e camiño

pero non podo

levantar o voo

porque deixei

de estar namorado

desa muller

á cal

quería tanto e

agora sento que

o meu camiño terminou

Levantar o voo

Page 14: Moemia virtual xaneiro

PROGRAMA OPERATIVO FSE-GALICIA 2007-2013

COFINANCIADO POLO FONDO SOCIAL EUROPEO E A XUNTA DE GALICIA

CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR- DIRECCION XERAL DA DEPENDENCIA E AUTONOMÍA PERSOAL

FORMACIÓN OCUPACIONAL A PERSONAS CON GRANDES DISCAPACIDADES

UNIÓN EUROPEA

FONDO SOCIAL EUROPEO

“O FSE inviste no teu futuro”