moemia marzo galego

16

Upload: aula-ocupacional

Post on 10-Mar-2016

242 views

Category:

Documents


0 download

DESCRIPTION

Revista elaborada por los usuarios del Aula de NN.TT. de Fingoi Lugo

TRANSCRIPT

Page 1: Moemia marzo galego
Page 2: Moemia marzo galego

Revista mensual gratuíta realizada en el Programa de Formación Ocupacional para personas condiscapacidad física gravemente afectadas.

COGAMI - CRD-FINGOI

Índice

O Artigo

Deportes

Recuncho Literario

O Noticiero

Carteleira

Enlaces de interese

Poesía

Revista mensual gratuíta realizada en el Programa de Formación Ocupacional para personas condiscapacidad física gravemente afectadas.

COGAMI - CRD-FINGOI

Revista mensual gratuíta realizada no Programa de Formación Ocupacional para persoas congrandes discapacidadesCOGAMI - CRD-FINGOI

3

6

11

12

13

14

14

5

10

11

13

13

14

14

Edita:

COGAMI - CRD-FINGOI - Lugo.

Consejo de Dirección:

Directora:

Rosa M. Pías Salgado

Coordinadora:

Purificación Salvador Rebolo

Maquetación:

Enrique Sanmartín

Redactores de sección:

Juan Antonio García

José Manuel Ramil

José Luis Vázquez

Luis Fernández Trinidad

Enrique Sanmartín

Ana Varela

Jose Rodiño

Roberto Camba

Manuel Paz

Francisco Gullón

Ricardo Lamazares

Nieves Gayoso

Antonio Fernández

Ana Cristina Piñeiro

Manuel Rosón

Óscar Vigo

Jose Luis López

José Carlos Vázquez

Luis Alberto García

Ramón Veiga

Miguel Regueiro

Arturo Fojón

Francisco J. Solana

Gustavo Latorre

Manuel Álvarez

José Manuel Ulla

Juan Antonio Jiménez

Ana Novo

Colaboración Externa:

José Ángel Vázquez

Page 3: Moemia marzo galego

3 ARTIGO

PROGRAMA OPERATIVO FSE - GALICIA 2007 - 2013 Curso cofinanciado polo Fondo Social Europeo e a Xunta de GaliciaConsellería de Traballo e Benestar-Secretaría Xeral de Política Social e impartido por COGAMI a persoas con discapacidade

COGAMI inicia curso de formación profesional a distanciano que se forman 17 persoas, a maioría mulleres que viven no rural O curso, de técnicas administrativas de oficina, pretende ser unha oportunidade para a inserción laboral

A Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI) inicia curso de formación de Técnicas administrativas de oficina a distancia no que participan 17 persoas, 15 mulleres e 2 homes. Todos estes participantes cumpren cos requisitos básicos para formar parte deste curso: todos proceden de ámbito rural, teñen dificultades de acceso a unha formación presencial por mor da falta de transporte, problemas de mobilidade ou de distancia cos lugares onde se imparte a formación presencial e, a maioría, son mulleres.

Este curso está financiado pola Consellería de Traballo e Benestar a través da Secretaría Xeral de Política Social da Xunta de Galicia e o Fondo Social Europeo no marco do convenio de Formación Profesional e Formación Ocupacional para as persoas con discapacidade que residan na comunidade galega (PROGRAMA OPERATIVO FSE-GALICIA 2007-2013).

Cunha duración de 300 horas lectivas, co que rematará no mes de maio, este curso vaise impartir a través da plataforma Moodle e contará cunha profesora que contactará vía chat con cada alumna/o durante os horarios que xa se establecen ao comezo das clases. Será durante estes contactos cando se expresen as dúbidas e cando se envíen as tarefas que teñen que realizar.

O alumnado procede dos seguintes concellos, segundo provincia:A Coruña: Oleiros, Betanzos, Monfero, Ortigueira, Noia, Ames, BoiroLugo: Vilalba, Láncara, LugoOurense: Xinzo de Limia, A Peroxa, RamirásPontevedra: Caldas de Reis, Fornelos de Montes, O Porriño, Tomiño

A temática que van ter que asimilar consiste en técnicas de comunicación, xestión comercial e laboral, sistema operativo e Internet, procesador de textos e folla de cálculo.Con este tipo de accións formativas, dende a Confederación Galega de Persoas con Discapacidade inténtase que o colectivo que representa estea preparado para inserirse no mercado laboral e conseguir, finalmente, a súa inserción dentro da sociedade.

COGAMI forma a persoas con discapacidade en diversas temáticas que favorecerán a súa inserción sociolaboral Estes cursos están financiados pola Consellería de Traballo e Benestar a través da Secretaría Xeral de Política Social da Xunta de Galicia e o Fondo Social Europeo no marco do convenio de Formación Profesional e Formación Ocupacional para as persoas con discapacidade que residan na comunidade galega (PROGRAMA OPERATIVO FSE-GALICIA 2007-2013).

Atención Sociosanitaria a Persoas con Discapacidade en Centros de Atención Diúrna: Un grupo de 11 persoas con discapacidade (8 homes e 3 mulleres), dos concellos de Lugo e Sarria, formaranse durante 240 horas en materias relacionadas co apoio á recepción e acollida, a organización de actividades, a intervención na atención hixiénico-sanitaria e a atención sociosanitaria. Ao rematar realizarán 100 horas de prácticas no Centro de Recursos que COGAMI ten en Lugo. Introducción ás Técnicas de Venda: Trece persoas con discapacidade, todos eles homes, da comarca da Barbanza, en concreto dos concellos de Boiro, Noia, Rianxo, Ribeira e Pobra do Caramiñal, vanse formar durante 230 horas, en actividades de venda profesional, afondando na utilización de ferramentas informáticas nos procesos de comercialización.

Caixeiro/a de supermercado: Dez persoas con discapacidade, 4 mulleres e 6 homes, procedentes dos concellos de Meis, Moaña, Caldas de Reis, Poio e Pontevedra, estanse a formar en materias como a introdución á cultura comercial e orientación no mercado de traballo, atención ó cliente, ademais de formación dun módulo de seguridade e hixiene, onde obterán o carné de manipulador de alimentos e outro módulo de operativa de caixa terminal e punto de venta. Cando finalice a formación teórica, o alumnado, a través dun contrato de colaboración asinado por COGAMI e Supermercados Moldes, vai poder realizar as prácticas nos distintos supermercados que a empresa ten por Pontevedra.

Auxiliar de transporte: Todas as persoas que inician esta acción formativa (12 persoas con discapacidade, 8 homes e 4 mulleres ) proceden dos concellos de Vigo, Pazos de Borbén, Ponteareas, Tomiño, Porriño e Tui.Os contidos abordados, abarcarán temáticas sobre a discapacidade e dependencia, sobre habilidades sociais e de comunicación, sobre manexo e mobilidade de persoas con discapacidade, sobre procedemento de rexistro e documentación, sobre primeiros auxilios e sobre anclaxes de cadeiras de rodas en transportes. A finalidade deste curso é capacitar ao alumnado para poder traballar como acompañantes no transporte de persoas con discapacidade e/ou dependentes

Ana C. Piñeiro

Page 4: Moemia marzo galego

4 ARTIGO

8 de marzo

Día Internacional da Muller

Por unha Participación Política, real e efectiva das Mulleres con Discapacidade

Recordando a Convención de Nacións Unidas sobre a Eliminación de todas as

formas de Discriminación contra a Muller de 1976, onde os Estados Membrose

comprometen a eliminar a discriminación contra a muller na vida política e

pública do país, garantindo, en igualdade de condicións cos homes, o seu

dereito a votar en todas as eleccións e referendos públicos e a ser elixibles; o

dereito a participar na formulación das políticas gobernamentais e na

execución destas, ocupando cargos executivos, e o dereito a participar en

organizacións e asociacións non gobernamentais que se ocupen da vida

pública e política (artigos 7 e 8);

Considerando a Convención de Nacións Unidas sobre os Dereitos das

Persoas con Discapacidade de 2006, que asegura que estas poidan participar

plena e efectivamente na vida política e pública en igualdade de condicións

coas demais persoas, promovendo activamente unha contorna accesible e

adecuada para iso (art. 29);

Tomando nota do recente Informe do Parlamento Europeo sobre Mulleres con

Discapacidade, no que se insta á Comisión Europea a incorporar unha

formulación que teña en conta o enfoque de xénero na revisión intermedia da

Estratexia Europea da Discapacidade 2010-2020.

A Asociación de Mulleres con Discapacidade de Galicia (ACADAR)

DENUNCIA

Que, pese a existencia destes tratados internacionais ratificados por España,

moitas das mulleres con discapacidade non gozamos dos nosos dereitos

políticos en igualdade de condicións que as demais persoas:

- A ineficacia dos sistemas que garantan o noso dereito ao sufraxio universal.

- Non participamos na formulación de políticas públicas, nin tampouco nas que

nos afectan directamente.

- Falta de indicadores nas políticas públicas de transversalidade de xénero e

discapacidade.

- Non ostentamos cargos executivos na esfera pública e apenas o facemos en

organizacións non gobernamentais, onde a nosa presenza ten frecuentemente

un carácter meramente testemuñal.

E que, como consecuencia destas ausencias xeneralizadas, a situación de

discriminación e exclusión das mulleres e nenas con discapacidade segue

sendo no noso país un problema de primeira orde que esixe a adopción de

medidas específicas que incidan sobre as causas reais que lle dan orixe. Sirva

como exemplo o dato de que o 17,3 % das mulleres con discapacidade atópase

en situación de pobreza extrema, taxa que triplica á da poboación española

(6,4%).

Page 5: Moemia marzo galego

5 ARTIGO

Por todo o sinalado, no Día Internacional da Muller, o CERMI

RECLAMAMOS

1. O desenvolvemento con urxencia dunha investigación centrada na

revisión das modificacións da capacidade de obrar que afectan ao dereito

de sufraxio das mulleres con discapacidade.

2. Promover a accesibilidade universal nos colexios electorais para poder

participar en igualdade de condicións nos procesos electorais.

3. Impulsar os proxectos destinados a promocionar o empoderamento das

mulleres con discapacidade no ámbito público e privado.

4. A consideración específica das mulleres e nenas con discapacidade en

todas as disposicións lexislativas, políticas e iniciativas en materia de

discapacidade ou de xénero, case inexistentes ata a data presente.

5. A inclusión dos asuntos específicos das mulleres e as nenas con discapacidade nas políticas sociais desenvolvidas polo terceiro sector

en xeral e polas organizacións da discapacidade en particular, especialmente no relativo á violencia e o abuso, á maternidade, aos dereitos

sexuais e reprodutivos e ao acceso á xustiza, formando para iso aos seus profesionais e ofrecendo servizos de atención directa ás mulleres

e nenas que o soliciten.

6. Incorporar o principio de igualdade entre a muller e o home na cultura organizacional, os regulamentos, os estatutos e os programas de

traballo das organizacións representativas das persoas con discapacidade e as familias, se é o caso, de forma real e efectiva, asegurando

que a dirección, a xestión e toma de decisións sexa paritaria en todos os niveis.

7. Asegurar a presenza de mulleres con discapacidade nas organizacións de mulleres, as cales deben garantir a súa plena inclusión e

participación, así como a consideración das demandas e necesidades específicas, agravadas polos efectos dunha discriminación

estrutural de anos de exclusión.

8. Apoiar e fortalecer o establecemento de organizacións, redes e grupos integrados, dirixidos e gobernados por mulleres con

discapacidade, na defensa dos seus propios intereses colectivos, tal e como elas mesmas os definan, sen prexuízo da súa presenza a

través de organizacións mixtas ou específicas.

9. Poñer en valor todas as importantes medidas de accesibilidade e non

discriminación cara ás mulleres con discapacidade que contén a Lei

Orgánica 2/2010, de 3 de marzo, de saúde sexual e reprodutiva e da

interrupción voluntaria do embarazo, así como a non discriminación no

acceso á saúde sexual e reprodutiva; a súa atención adecuada durante

o embarazo, o parto e o puerperio; a formación de profesionais da

saúde sobre a súa situación específica, e a información á muller, que

corren o risco de perderse coa actual revisión lexislativa.

10. A utilización eficaz e eficiente dos instrumentos de financiamento da

Unión Europea, e en particular dos Fondos Estructurales, para poñer fin

á discriminación das mulleres e nenas con discapacidade en todos os

ámbitos da vida.Nieves Gayoso

Page 6: Moemia marzo galego

6 NOTICIEIRO

A compañía telefónica creou un novo dispositivo “Radio me”, co fin, de combater a brecha dixital e solucionar a problemática real que supón a utilización de certos sistemas de mensaxería instantánea como o Whatsapp ou Line para o colectivo de persoas maiores.

Grazas a “Radio me” facilítase o envío de mensaxes instantáneos de voz mediante un sistema no que se utiliza un aparato de uso intuitivo e sinxelo; só se compón de dous botóns con luces. Este dispositivo se conéctase mediante unha conexión móbil con outros dispositivos, co que permite interaccionar mediante un Smarphone con familiares e amigos, tras descararse un “app”.

Este dispositivo, que aínda non saíu o mercado e do que a aínda se descoñece o seu prezo, empezouse a testar cuns 120 usuarios en Cataluña, para despois estenderse polo resto de países onde opera a compañía telefónica.

Os primeiros resultados dos primeiros 6 usuarios , que utilizaron este servizo para interactuar entre pais e fillos, superaron todas as expectativas, xa que todos destacaron as vantaxes de achegar a tecnoloxía da mensaxe instantánea ás persoas maiores.

Este dispositivo desenvolveuse, na súa totalidade, no centro Telefónica I+D de Barcelona, por outra banda o deseño deste enmárcase na estratexia de Telefónica de achegar a innovación aos usuarios, tratando de ver os problemas reais destes e buscando as solucións tecnolóxicas para solucionar os mesmos.

Manuel Paz

Whatsapp sen Smartphone para os maiores

A marca de roupa Diesel contou para a súa última

campaña de primaveira cunha rapaza con discapacidade

de 23 anos. Está firma nas súas campañas adoita saírse

dos convencionalismos co fin de xerar reaccións, neste

caso positivas, das persoas ás que vai dirixida esta

campaña.

A modelo Jilian Mercado, é oriúnda de Nova York e filla de

pais latinos. Á moza foille diagnosticada unha distrofia

muscular cando tiña 12 anos e dende entón necesita unha

cadeira eléctrica, pero a súa condición física non foi un

impedimento para triunfar no mundo da moda.

Jilian Mercado, graduouse no Fashion Institute of Tecnology e traballou en revistas de moda como "Allure" e "Varanda". Actualmente, é

asistenta creativa da revista "PMC", do fotógrafo Patrick McMullan e tamén colaboradora de Beautylish.com. Por outra parte é a

creadora dun blog chamado "Manufactured 1987".

Mercado afirma traballar igual de duro que todos os que traballan na industria da moda e a cadeira non supuxo unha desmotivación

para traballar no que a apaixona. O director da campaña de Diesel, Nicola Formichetti sinalou que non é necesario cumprir cos canons

establecidos para ser modelo nesta industria, que por outra parte, é polémica pola imposición de duras condicións ás modelos para

conseguir chegar ás grandes pasarelas.José L. Vázquez

Moza con discapacidade modelodunha coñecida marca de roupa

Page 7: Moemia marzo galego

7 NOTICIEIRO

Na Guía de Atención á Discapacidade na Universidade 2014, realizada pola Fundación Universia,

recóllese que o número de estudantes con discapacidade matriculados en calquera das

universidades españolas chegou á cifra de 21.942 persoas o que supón un incremento do 10 por

cento respecto ás matriculacións do pasado ano.

Outro dato que recolle o devandito estudo indica que o 94% dos estudantes con discapacidade

realizan os seus estudos nas universidades públicas. Do total de estudantes con discapacidade un

55% fanno de xeito presencial, mentres que o 45% o fai na universidade a distancia.

Este informe anual que realiza a Fundación Universia, contou nesta ocasión coa colaboración de

Endesa e os Servizos de Atención á Discapacidade de 76 universidades españolas.

A finalidade deste informe é o de dar a coñecer os Servizos de Atención á Discapacidade das

universidades españolas, e con iso impulsar o acceso dos mozos con discapacidade aos estudos

superiores.Juan García

Nas universidades españolas aumentaun 10% o número de estudantescon discapacidade

Persoas con discapacidade auditiva poden conseguir unha audición limitada grazas aos implantes cocleares, dispositivos médicos que

estimulan electricamente o nervio auditivo. Ata o momento estes dispositivos requiren dun transmisor en forma de disco, cun diámetro

dunha polgada, que se coloca no cranio cun alambre que serpea ata un micrófono e a fonte de enerxía, que se asemella a un

audiófono de gran tamaño que se coloca arredor da orella do paciente.

Na semana da Conferencia Internacional de Circuítos en Estado Sólido, celebrada en San Francisco (Estados Unidos) foi presentado

polo seu autor Marcus Yip, e os seus colegas Rui Jin e Nathan Ickes un novidoso chip que podería levar a que un implante coclear non

necesitase dun hadware externo e que ademais se puidese recargar de forma inalámbrica.

Con este deseño poderíase utilizar un teléfono como un adaptador para cargar o implante coclear, polo que non necesitaría de

conexión. Outra posibilidade sería a da utilización dunha almofada intelixente, que cargase o implante pola noite, e que ao día

seguinte estivese cargado para a súa utilización durante o día.

Os implantes actuais utilizan un teléfono cun adaptador para cargar o implante

coclear, polo que necesita dunha conexión. O novo dispositivo podería utilizar

o oído medio como micrófono natural, que adoita estar intacto en paciente con

este tipo de implantes.

A cadea de osiños situados no oído medio, transmiten vibracións do tímpano á

cóclea, cámara pequena en forma de espiral do oído interno que transforma os

sinais acústicos en eléctricas. Para os pacientes que teñen un implante de

oído medio, a cóclea é funcional, pero o estribo, un dos seus osiños non vibra

coa suficiente forza para conseguir a estimulación do nervio auditivo. Un

implante de oído medio consiste nun diminuto sensor que detecta as

vibracións dos osiños e un activador que axuda a impulsar o estribo.

Fran Solana

Novo chip de implante cloclear que non require hadware externo

Page 8: Moemia marzo galego

8 NOTICIEIRO

O pasado 3 de marzo, a Concelleira de Desenvolvemento Urbano e

Sostible, María Pardo, visitou as instalacións que o grupo

empresarial Galega de Economía Social (GES) ten en Santiago de

Compostela (Polígono Costa Vella, República Checa, 17).

Acompañada polo Presidente de GES, Anxo Queiruga, e o

Conselleiro Delegado, Ramón Sestayo, a concelleira visitaou, en

primeiro lugar, as instalacións da empresa de recollida e reciclaxe

de papel e cartón Coregal, mentres que o xerente, Ramón García,

lle explicó como se efectúa a separación do material que chega á

pranta.

Posteriormente, realizouse unha visita á matriz de GES, as oficinas

centrais do grupo e, posteriormente, desprazáronse ata o Polígono

Industrial do Tambre para visitar as instalacións de Trameve,

empresa que se dedica ao despece de xeito ecolóxico para a

posterior venda de recambios para automóbiles.

Foi o xerente de Trameve, Luis Penido, quen se encargou de

explicar o funcionamento desta empresa na que traballan 20

persoas.

A Concelleira María Pardo visitou tres das empresas compostelás que forman parte do grupo Galega de Economía Social

Miguel Regueiro

O pasado, 4 de marzo, no 1º andar do Edificio Multiúsos Terra do Queixo, a asociación de persoas con discapacidade de Arzúa e Terra de Melide (Amarai) representou a obra de teatro Os Amores de Boimil, na que participaron 14 persoas usuarias do centro de recursos que ten a entidade en Boimorto.

Dende hai ano e medio, e durante unha hora todos os venres pola tarde, os participantes da obra estiveron ensaiando dentro da actividade da aula de teatro que imparte o centro de recursos.

Cunha duración de 1 hora, e con entrada gratuíta, Os Amores de Boimil representa a vida nunha aldea. A Obra que se dividiu en tres actos nos que se falaou de herdanzas, festas, contos e, baile, música..., en fin, todos os compoñentes necesarios para que ninguén quedase indiferente ao espectácul que se interpretou.

A asociación Amarai estrea obra de teatro en Arzúa

Antonio Fernández

Page 9: Moemia marzo galego

9 NOTICIEIRO

Casilla de fins Sociais

Ana Mª Varela

No ano 2013 o 48% dos contribuíntes

da declaración da Renda non marcaron

a casilla de Fins Sociais, porque deixou

en branco a súa asignación ou porque

marcou exclusivamente a casilla da

Igrexa Católica.

A tendencia das persoas contribuíntes

q u e m a r c a n e s t a c a s i l l a v a i

aumentando. Este aumento permitirá

que as ONGs poidan atender a máis

persoas en risco de exclusión social en

2014.

Ó marcar na declaración da renda esta

casilla, contribúese ó desenvolvemento

de programas de acción social,

apoianse a execución de programas de

cooperación ó desenvolvemento e a

realización de programas que favorezan

o medio ambiente.

O marcar a casilla de fins sociais non

implica pagar mais ni menos.

A Plataforma do Terceiro Sector que

integra á Plataforma de ONG de

Acción Social, á Plataforma do

Voluntariado de España, á Rede de

Loita contra a Pobreza e a Exclusión

Social (EAPN-ES) ó Comité Español

de Representantes de Persoas con

Discapacidade (CERMI) lidera este

ano a campaña “X Solidaria”xunto ca

Plataforma de Organizacións de

Infancia e a Coordinadora de ONG

para o Desenvolvemento.

Esta campaña de sensibilización está

dirixida ás persoas contribuíntes para

que marquen a casilla de Fins Sociais

na súa declaración da renda anual.

En catro de cada dez ONG españolas ocupan as mulleres o 40% dos órganos de goberno A Fundación Lealtad celebrou o Día Internacional da muller, e aproveitando este motivo analizou a presenza das mulleres nos órganos de

goberno das ONG da Guía de Transparencia e Boas Prácticas. Actualmente estúdase na Unión Europea unha iniciativa para alcanzar a

paridade de sexos nos consellos de administración das empresas, liderada por Viviane Reding, Comisaria de Xustiza, Dereitos

Fundamentais e Cidadanía, que propón establecer unha cota do 40 % para as mulleres conselleiras.

A Fundación Lealtad mostra os avances alcanzados como resultado da análise de 181 ONG’s:

- O promedio de mulleres no órgano de goberno das ONG (38%) triplica a porcentaxe das mulleres nos consellos de administración

das empresas.

- 4 de cada 10 ONG analizadas superan a cota do 40% proposto por Bruselas.

- As ONG con índices mais altos de cumprimento da cota son as organizacións pequenas e moi grandes.

- No 58% das ONG o posto de director e/ou presidentelo ocupao unha muller.

O 45% das ONG xestionan menos de 1 millón de euros e o 44%

conta cun presuposto superior os 25 millóns de euros. As ONG

pequenas e moi grandes son as que mellor se enfrontan á crise

económica e son as que cumpren mellor a cota do 40% proposta

por Bruselas. Estes datos indican como as mulleres deben

contribuir á reducción das barreiras de entrada no consello de

administración das empresas.

Ana Mª Varela

Page 10: Moemia marzo galego

10 NOTICIEIRO

Os aeroportos atenderon a máis de un millón de persoas con movilidade reducida

O Servizo de Asistencia a Persoas con Movilidade Reducida (PMR), tamén denominado “Sin Barreras”, dispoñible na rede de aeroportos de Aena, deu servizo durante o 2013 a preto de 1.080.000 pasaxeiros con movilidade reducida. Este servizo PMR garante, baixo os parámetros de calidade, que todas as persoas poidan gozar do transporte aéreo con independencia da súa discapacidade ou problema de mobilidade.

Esta asistencia bríndase de xeito gratuita en todos os aeroportos da rede de Aena. No Aeroporto Madrid-Barajas atendéronse en 2013 a máis 252.000 viaxeiros con mobilidade reducida, polo que é o aeroporto onde se efectuaron o maior número de apoios. Tamén, outros aeroportos como Palma de Mallorca, con máis de 130.000 persoas usuarias, Barcelona-O Prat (preto de 119.000) e Alacante-Elche (118.00) excederon a barreira das 100.000 asistencias prestadas o pasado ano.

O tipo de apoio máis solicitado no 2013 na referida rede de aeroportos, con máis de 900.000 asistencias, foron os que se dirixen á atención de pasaxeiros autosuficientes dentro do avión pero que necesitan apoios, como cadeiras de rodas, para realizar os desprazamentos necesarios polas terminales e/ou entre estas e o avión, entre lestes inclúense tamén os que necesitan axuda nas escaleiras.

Todos os aeroportos da rede Aena contan cuns puntos debidamente sinalizados que se atopan tanto dentro como fóra dos edificios de terminais (aparcamentos, beirarrúa de chegadas, zona de facturación), Estes puntos sinalizados son os encargados de recibir ás persoas con discapacidade ou movilidade reducida e desde eles iniciarase a asistencia polo aeroporto.

Así, o servizo de axuda a persoas con movilidade reducida (PMR) realízase o mesmo en saídas, como chegadas dos aeroportos, ao mesmo tempo que as conexións dos mesmos ao longo de todo o seu percorrido polas instalacións.

Para requirir este servizo débese de indicar á compañía aérea ou axente de viaxes, á hora de facer a reserva ou compra do billete de a necesidade de recibir asistencia, e indicando ao mesmo tempo as limitacións do pasaxeiro. Ademais para garantir esta asistencia débese informar desta petición 48 horas antes do voo.

Outra forma de acceder a este servizo é mediante a páxina web de Aena Aeroportos (www.aena-aeroporto.es) ou no servizo de información e Atención de Aena Aeroportos (902 404 704). En 2013 a maior parte das peticións destes apoios do servizo fixéronse a través da compañía aérea ou a axencia de viaxes á hora de reservar ou obter o billete de avión, con máis de 714.000 solicitudes; 235.000 fixéronse no mesmo aeroporto e, no resto, utilizaron outros medios como Call Center, a páxina web de Aena e as solicitudes

Juan García

Page 11: Moemia marzo galego

11 DEPORTES

Unha vez finalizados os Xogos Paralímpicos de Inverno de Sochi toca facer

balance do acontecido. Foron estes xogos de inverno os que tiveron máis

participación no que se refire a países cun total de 45 países participantes,

547 deportistas, e por outra parte a edición coa maior venda de entradas e

con máis seguimento de televisión, o que fixo que sexan considerados os

mellores Xogos de Inverno da historia..

Rusia arrasou nestes xogos,

mostráronse intratables en especial no

biatlón e esquí de fondo. En segundo lugar quedou Ucraína con 25

medallas e Estados Unidos (EUA) de terceiro con 18 medallas. Os

anfitrions estableceron un novo récord no número total de medallas nuns

Xogos Paralímpicos de Inverno. Anteriormente o récord pertencía aos

austríacos, que en 1984 gañaron 70 medallas nas Paralimpiadas que eles

mesmos organizaron.

No que se refire á armada española rematou décimo terceira no medalleiro,

segundo César Carlavilla, Director de Deportes do Comité Paralímpico

Español, os resultados melloraron as previsións grazas á magnífica

actuación de Jon Santacana mesmo despois de sufrir unha grave lesión, (a

rotura do tendón de Aquiles), hai seis meses polo que parecía impensable

que puidese conseguir estes resultados. A delegación formada por nove

deportistas marcha de Sochi co ouro en descenso, a prata en slálom con

Jon Santacana e Miguel Galindo, e o bronce na supercombinada de Gabriel

Gorce e Arnau Ferrer.

Rusia cumpriu de sobra a tarefa de celebrar exitosamente este evento,

segundo comenta o presidente do Comité Paralímpico Internacional,

Philip Craven. Agradeceu aos organizadores por deixar unha impresión

inesquecible en todos os presentes. Os Xogos Paralímpicos son unha

competición olímpica oficial fundada en 1960 para atletas con certos tipos

de discapacidades físicas como amputacións ou cegueira, parálise

cerebral, así como discapacidades mentais e discapacidad intelectual.

conseguindo un total de 80 medallas: 30 de

ouro, 28 de prata e 22 de bronce,

España consegue tres medallas nos Xogos Paralímpicos de inverno de Sochi

José Manuel Ramil

Page 12: Moemia marzo galego

12 CARTELEIRA

Argumento: Russell Crowe interpreta a Noé, o home elixido por Deus para realizar

unha gran tarefa antes de que unha apocalíptica inundación destrúa a Terra.

Xunto a Crowe, a repartición complétase con nomes do talle de Jennifer Connelly que interpreta á súa esposa Naamá, Sir Anthony Hopkins no papel de Matusalén e a Emma Watson no papel de Ila.

Argumento: É a historia dun actor español, Juan, que foi a Nova York a estudar

interpretación e a buscarse a vida. Despois de dez anos nesta cidade non conseguiu nada sólido. El sabe que podería seguir así indefinidamente, como todo ese batallón de aspirantes a artistas que buscan atrapar un sono e van sobrevivindo facendo pequenos traballos que como moito lles permiten chegar co fin de mes, pero Juan non quere converterse nun deses "mozos" que rozan a corentena. O seu corazón está cheo de inquietude e encóntrase nese momento da vida en que ten que tomarse unha decisión. Ese é o seu estado de ánimo, aínda inconsciente, cando chega á gran cidade o primo, o seu primo.

O seu primo é algo máis novo, máis guapo e cun gran presente profesional como investidor. O contraste entre a facilidade con que ao Primo se lle presentan saborosas oportunidades laborais e a precariedade da vida de Juan vai repercutindo no ánimo dos dous durante o mes que pasan xuntos. Míranse, compáranse, envéxanse, admíranse, quérense... ás veces ódianse. Os dous namóranse de dúas mulleres americanas. Os dous son conscientes de que ese namoramento trastornará as súas vidas. Pero... están dispostos a cambiar o seu destino?

Argumento: Un perigoso espia internacional, está decicido a renunciar á súa arriscada

vida para poder construír unha relación máis estreita coa súa esposa e filla, das que se mantivo distanciado para impedir que corresen perigo.

Pero primeiro ten que completar unha última misión, mesmo se isto significase enfrontarse a dous dos retos máis difíciles de toda a súa vida: dar caza ao terrorista máis despiado do mundo e coidar da súa filla adolescente por primeira vez en dez anos, mentres que a súa esposa está fóra da cidade.

Ficha TécnicaDirector: Darren Aronfsky

Reparto: Russell Crowe, Emma Watson, Jennifer Connelly, Anthony Hopkins, Logan Lerman, Douglas Booth, Ray Winstone, Kevin Durand, Madison Davenport, Marton Csokas, Dakota Goyo, Mark Margolis

Ficha TécnicaDirector: Jorge Torregrossa

Reparto: Javier Cámara, Raúl Arevalo, Carmen Ruiz, Tammy Blanchard, Sarah Sokolovic

Ficha TécnicaDirector:Mcg

Reparto: Amber Heard, Hailee Steinfeld, Connie Nielsen, Kevin Costner, Richard Sammel, Eriq Eboauaney, Tomas Lemarquis, Bruno Ricci

NOE

Fran Solana

A VIDA INESPERADA

Arturo Fojón

TRES DIAS PARA MATAR

Luis Fernández

Page 13: Moemia marzo galego

13 CARTELEIRA

Argumento: En mundo futurista onde a sociedade está dividida en cinco faccións. Tris

Prior -escolle Ousadía, atrevidos e arriscados que perseguen a valentía por enriba de todas as cousas. Durante a iniciación da Ousadía, Tris completa exercicios acrobáticos, desafiando a morte, mentres se enfronta aos seus medos máis profundos en simulacións espectaculares.

Cando descobre que é unha Divergente, alguén que nunca encaixaría en ningunha facción, lle advirten que debe gardar o segredo se non quere arriscar a súa vida.

Cando Tris descubra que unha guerra se aveciña, a cal ameaza á súa familia e a vida do misterioso líder de Ousadía, de quen chega a namorarse, Tris debera afrontar a súa maior proba ata agora -e é que revelar que é unha Divergente pode salvar o mundo... ou destruílo.

Argumento: Que pasa cando un home nunha misión suicida se fai amigos das súas

vítimas...?Que pasa cando a un home nunha misión suicida lle estala a vida na cara...?

Slatan é un home corrente de Karadjistan enfrontando a unha situación extrema: facerse

estalar nun avión de pasaxeiros de Moscú con destino a Madrid. Non obstante, os plans de

Slatan tórcense cando unha tormenta de neve atrase o voo e todos os pasaxeiros son

aloxados nun hotel de montaña ata que pase o temporal.

Este atraso obriga a Slatan a convivir, durante tres días, coas súas futuras vítimas. Uns

pasaxeiros cunha visión positiva e optimista da vida...

Ficha TécnicaDirector: Álex Pina

Reparto: Álex García, Verónica Echegui, Carmen Machi, Leticia Dolera, Eduardo Blanco, Ivan Massangue, Héctor Alterio

KAMIKAZE

Ficha TécnicaDirector:Neil Burger

Reparto: Shailene Woodlye, Kate Winslet, Zöe Kravitz, Theo James, Miles Teller, Ashley Judd, Maggie Q, Ray Stevenson, Tony Goldmyn, Jai Courtney, Mekhi Phifer, Ansel Elgort

DIVERXENTE

Argumento: Peter Parker leva unha vida moi ocupada, compaxinando o seu tempo entre o

seu papel como Spider-Man, rematando cos malos, e no instituto coa persoa á que quere, Gwen. Peter non ve o momento de graduarse.

Non esqueceu a promesa que lle fixo ao pai de Gwen de protexela, manténdose lonxe dela, pero é unha promesa que simplemente non pode cumprir.

As cousas cambiarán para Peter cando aparece un novo vilán, Electro, e un vello amigo, Harry Osborn, regresa, ao tempo que descobre novas pistas sobre o seu pasado.

Ficha TécnicaDirector: Marc Webb

Reparto: Andrew Garfield, Emma Stone, Jamie Foxx, Shailene Woodley, Sally Field, Paul Giamatti, Felicity Jones, Dane Dehaan, Martin Sheen, Colm Feroe

THE AMAZING SPIDER MAN 2 O PODER DO ELECTRO

Alejandro Carballeira

Juan A. Jiménez

Ricardo Lamazares

Page 14: Moemia marzo galego

14 RINCÓN LITERARIO

Xosé Luis decidira suicidarse, e fíxoo coma se fose un accidente, para que a súa muller e os seus fillos puidesen cobrar o seguro dun millón de euros. Baixo con dous bos amigos ata o sótano, que inundara el a propósito. O cabaleiro do Taboleiro Cadrado, respirou fondo e tocou coa man a parte de atrás da secadora. O seu corpo quedou ríxido. Empezaron a saltar faíscas das súas pernas por onde lle chegaba a auga. O corazón paróuselle de inmediato e a súa man crispouse arredor do cable. Xosé Luis levaba morto quince segundos ao derrubarse no inundado sótano.

A policía levaba máis dun mes buscando casas pola serra de Madrid e por fin encontrara unha que lle pareceu o suficientemente sospeitosa, Jesús López e o seu equipo de cinco homes xa rexistraran dúas casas anteriormente sen ningún resultado positivo. Antes de entrar nas casas tiñan estudalas e vixialas durante varios días para saber todo o referente a esa casa e sobre todo cantas persoas había dentro. A policía conseguira unha orde de rexistro xudicial, que ás veces non servía para nada en casos de asasinato ou secuestro, por iso sempre tiñan que elaborar unha táctica.

-Por onde empezamos? -pregúntolle un dos seus axudantes.

-Polo vixilante da caseta do enreixado -asegurou Xesús -, pero só iremos tres, o resto quedará fóra vixiando os arredores da casa, por se hai algunha fuga.

As mojoneras, moi próximas ao muro, facilitaban escalalas. Xesús e dous dos seus homes descolgaron ata a metade da cara interna e logo deixáronse caer ao chan, que estaba empapado. O terreo tiña moitas árbores, o cual facilitaba que non os descubrisen.

Empuñaron as súas armas, ao lado do enreixado estaba un 4 x 4 de cor escura. A través do ventanuco da caseta viron como o vixilante falaba por teléfono.

Xesús, indicoulle un dos seus homes cun ademán que fose a situarse ao outro lado da caseta, chamou cos cotenos e arrimou o corpo á parede. A porta entreabriuse e asomou o vixilante revólver en man. Foi todo moi rápido. Xesús golpeou coa súa pistola o boneco do vixilante, que deixou caer a arma ao chan, non lle deu tempo nin a berrar. A acción foi tan eficaz como silenciosa, mandárono poñerse de xeonllos, mentres outro dos seus homes o esposaba e apuntándolo cunha pistola con silenciador o preguntaron.

-Onde está a muller?

O vixilante mirou o sudoroso rostro de Xesús e notou que sopesaba as vantaxes e inconvenientes de mentir, pero as dúbidas de Xesús duraron só uns instantes.

-No pavillón de convidados, aí abaixo, polo sendeiro da esquerda.-Está Antonio Perchek con ela?

-Non, encóntrase na outra casa -dixo o vixilante con moito temor.

-Cantos homes hai? -preguntou Xesús, aínda que esta información xa a sabían, grazas a un helicóptero camuflado da Garda Civil, que detectaba persoas por medio de soar.

-Tres no pavillón e cinco na casa -balbuciu o vixilante.

-Poñédelle unha fita na boca e atádelle os nocellos -ordenou Xesús.

Os tres saíron de alí, e en canto chegaron, internáronse acazapados entre as árbores. O pavillón de convidados era unha versión en miniatura da mansión, pero non menos espectacular. A través dunha das ventás, reforzada con barrotes de ferro viron a Amaya, que estaba sentada ao bordo dunha cama. Xesús se levo o dedo indice aos labios e sinalou cara á porta da casa. Había tres persoas

como dixera o vixilante, os tres entraron a machete dentro da casa, conseguindo o factor sorpresa, estaban sentados nunha cadeira de brazos falando.

-Quietos, non movedades nin un músculo, todos contra a parede -dixo Xesús identificándose como policía.

Carlos, un dos seus axudantes, sinaloulle a Xesús cun ademán o tramo de escaleira que partía da estanza. Ao cabo de apenas medio minuto, regresou dela, Amaya estaba olleirenta, e tiña unha codia de sangue no labio inferior. Non obstante, non parecía sufrir máis dano.

O Ultimo Tramo- Capítulo 40

Usuarios Aula Ocupacional CRD Fingoi - Lugo

Page 15: Moemia marzo galego

15 POESÍA

EN INTERNET

- Blog DISINCREIBLES de Fingoi:

- Proyecto Retadis:

- Polibea Turismo: e-mail:

Federación Española De Ortesistas Protesistas (FEDOP): e-mail:

- Canal Discapacidade:

- Información Discapacidade:

- Portal Solidario:

- Blog Amica:

- Cogami:

- Cocemfe:

- Cermi:

- Sin Barreras:

- Socialia:

- Lugo Accesible:

- Voluntariado Galego:

http://www.disincreibles blogspot.com

http://www.retadis.es

http://www.polibea.com [email protected]

http://www.fedop.org [email protected]

http://www.risolidaria.org

http://www.discapnet.es

http://www.portalsolidario.net

http://www.sotileision.blogspot.com

http://www.cogami.es

http://www.cocemfe.es

http://www.cermi.es

http://www.telepolis.com/comunidades/sinbarreras/

http://www.socialia.org

http://www.lugoaccesible.net

http://www.voluntariadogalego.org/web/

-

(Único portal gallego dirigido específicamente al 3° sector.)

Enrique Sanmartín

Será os seus ollos

marróns escuros os

que provocan en min

unha extrana sensación

de amor e cando

non os vexo, me

encontro triste e

melancólico, porque

son eses ollos

os que me axudan

a seguir namorado

dela.

Extraña sensación

Page 16: Moemia marzo galego

PROGRAMA OPERATIVO FSE-GALICIA 2007-2013

COFINANCIADO POLO FONDO SOCIAL EUROPEO E A XUNTA DE GALICIA

CONSELLERIA DE TRABALLO E BENESTAR- SECRETARIA XERAL DE POLITICA SOCIAL E IMPARTIDO POR COGAMI A PERSOAS CON DISCAPACIDADE