revista moemia virtual setembro 2012

14

Upload: aula-ocupacional

Post on 19-Mar-2016

238 views

Category:

Documents


4 download

DESCRIPTION

Revista elaborada por los usarios del Aula Ocupacional de NN.TT. de Fingoi Lugo

TRANSCRIPT

Page 1: Revista MOEMIA VIRTUAL setembro 2012
Page 2: Revista MOEMIA VIRTUAL setembro 2012

Revista mensual gratuíta realizada en el Programa de Formación Ocupacional para personas condiscapacidad física gravemente afectadas.

COGAMI - CRD-FINGOI

Índice

O Artigo

Deportes

Recuncho Literario

O Noticiero

Carteleira

Enlaces de interese

Cuento

Edita:

COGAMI - CRD-FINGOI - Lugo.

Consello de Dirección:

Directora:

Rosa M. Pías Salgado

Coordinadora:

Purificación Salvador Rebolo

Maquetación:

Enrique Sanmartín

Redactores de sección:

Juan Antonio García

José Manuel Ramil

José Luis Vázquez

Luis Fernández Trinidad

Enrique Sanmartín

Ana Varela

Jose Rodiño

Roberto Camba

Manuel Paz

Francisco Gullón

Ricardo Lamazares

Nieves Gayoso

Antonio Fernández

Ana Cristina Piñeiro

Manuel Rosón

Óscar Vigo

Jose Luis López

José Carlos Vázquez

Luis Alberto García

Ramón Veiga

Miguel Regueiro

Arturo Fojón

Francisco J. Solana

Gustavo Latorre

Manuel Álvarez

Colaboración Externa:

José Ángel Vázquez

Revista mensual gratuíta realizada en el Programa de Formación Ocupacional para personas condiscapacidad física gravemente afectadas.

COGAMI - CRD-FINGOI

Revista mensual gratuíta realizada no Programa de Formación Ocupacional para persoas congrandes discapacidadesCOGAMI - CRD-FINGOI

3

5

9

11

12

13

13

4

8

9

11

12

13

13

Entrevista 10 10

Page 3: Revista MOEMIA VIRTUAL setembro 2012

3 ARTIGO

PROGRAMA OPERATIVO FSE - GALICIA 2007 - 2013 Curso cofinanciado polo Fondo Social Europeo e a Xunta de GaliciaConsellería de Traballo e Benestar- e impartido por COGAMI a persoas con discapacidade

Secretaría Xeral de Política Social

COGAMI rematou curso de Informática a distancia dirixido a persoas con discapacidade

Dez persoas con discapacidade, 3 homes e 7 mulleres, remataron este 30 de xullo un curso de formación a distancia que durante catro meses lles impartiu a Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI). O alumnado estivo formándose dende as súas propias casas en Informática Básica.

Este curso estivo financiado pola Consellería de Traballo e Benestar-Secretaría Xeral de Política Social da Xunta de

Galicia e mailo Fondo Social Europeo no marco do convenio de Programa de Formación Profesional para persoas con

discapacidade que residan na comunidade galega (PROGRAMA OPERATIVO FSE-GALICIA 2007-2013).

O curso foi impartido a través da rede, polo que as persoas que participaron fixérono dende as súas propias casas, ben dende un ordenador propio ou dun cedido por COGAMI. A través da Internet recibiron diariamente as leccións, marcando cada alumna/o o seu propio ritmo de avance no curso, xa que recibiron de xeito individualizado as tarefas que tiñan que asimilar.

O ámbito de actuación desta iniciativa formativa abrangueu toda Galicia, de modo que 4 alumnos/as foron da provincia de Pontevedra (de Vilaboa, Pontecaldelas, Cuntis e A Estrada); outros/as 6 alumnos/as foron da provincia de A Coruña (Ortigueira, Arteixo, Culleredo, Negreira, Oroso e Val do Dubra) e 4 alumnos/as foron da provincia de Ourense, concretamente dos concellos de Celanova, O Barco de Valdeorras, e dous da cidade de Ourense.

Unha docente contactou durante os tres meses que durou o curso vía chat con cada participante da acción formativa, momentos que servían para que o alumnado puidera expresar as dúbidas, suxestións ou recibir a corrección dos exercicios. En total, o curso a distancia de Informática Básica tivo unha duración de 380 horas lectivas, repartidas en horarios controlados telemáticamente de luns a venres e de 10:00 a 14:00 horas.

Ana Mª Varela

Juan García

COGAMI inicia un curso a distancia para persoas con discapacidadeDoce persoas con discapacidade, 3 homes e 9 mulleres, iniciaron o pasado 4 de setembro un curso de formación a

distancia que impartiu a Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI). O alumnado vaise formar dende as súas propias casas en Teletraballo Administrativo, unha acción formativa que se vai desenvolver ata o mes de decembro.

Este curso está financiado pola Consellería de Traballo e Benestar-Secretaría Xeral de Política Social da Xunta de Galicia e mailo Fondo Social Europeo no marco do convenio de Programa de Formación Profesional para persoas con discapacidade que residan na comunidade galega (PROGRAMA OPERATIVO FSE-GALICIA 2007-2013).

O curso é impartido a través da rede, polo que as persoas que participan vanse formando nas súas propias casas, ben dende un ordenador propio ou dun cedido por COGAMI. A través da Internet reciben as leccións que teñen que seguir a diario, e é cada alumno/a quen marca o seu propio ritmo de avance no curso, recibindo de xeito individualizado as tarefas que debe asimilar.

O ámbito de actuación desta iniciativa formativa abrangue toda Galicia, de modo que: 7 alumnos son da provincia de A Coruña (concellos de Oroso, Santiago, As Pontes, Ortigueira, Culleredo, Miño e Arteixo); da provincia de Lugo hai un alumno de Monforte de Lemos; da provincia de Ourense formáronse dos concellos de Vilamartín de Valdeorras e Póboa de Trives; e, de Pontevedra son alumnos dos concellos de Cuntis e Gondomar.

Unha profesora contacta vía chat con cada alumno/a durante os horarios que xa se estableceron ao comezo das clases. Son durante estes contactos cando se expresan as dúbidas e cando se envían as tarefas que teñen que realizar. En total, o curso a distancia ten unha duración de 320 horas lectivas, co que rematará o 5 de decembro. Os horarios de estudo, que van ser controlados telematicamente, serán de luns a venres e de 9:00 a 14:00 horas. Durante esta tempada, o alumnado prepárase en temáticas especializadas como Técnicas de Comunicación Oral e Telefónica, Xestión comercial e laboral, informática básica, internet, procesador de texto e folla de cálculo.

Con este tipo de accións formativas, dende a Confederación Galega de Persoas con Discapacidade inténtase que o colectivo que representa esté preparado para inserirse no mercado laboral e conseguir, finalmente, a súa inserción dentro da sociedade.

Page 4: Revista MOEMIA VIRTUAL setembro 2012

4 ARTIGO

PROGRAMA OPERATIVO FSE - GALICIA 2007 - 2013 Curso cofinanciado polo Fondo Social Europeo e a Xunta de GaliciaConsellería de Traballo e Benestar- e impartido por COGAMI a persoas con discapacidade

Secretaría Xeral de Política Social

A inserción ao mercado de traballo é un dos aspectos primordiais na busca da integración social das persoas con discapacidade. Para conseguir este obxectivo é fundamental a formación. Por iso, COGAMI préstalle unha grande

importancia á posta en marcha de diferentes ciclos formativos (xa sexan de forma presencial ou a través de internet).

Estes cursos están financiados pola Consellería de Traballo e Benestar- Secretaría Xeral de Política Social da Xunta de

Galicia e mailo Fondo Social Europeo no marco do convenio de Programa de Formación Profesional para persoas con

discapacidade que residan na comunidade galega (PROGRAMA OPERATIVO FSE-GALICIA 2007-2013).

Os cursos que se iniciaron o pasado mes de setembro foron:

- Telefonista-Recepcionista (Ferrol): Iniciouse o día 09 de setembro e vaise impartir nas instalacións que COGAMI ten en Ferrol (rúa Sánchez Calviño, 56-58 baixo). Un total de 15 alumnos/as con discapacidade física, 4 mulleres e 11 homes, formaranse durante 240 horas en contidos como Técnicas de Comunicación Oral, Aspectos Administrativos de Recepción, Sistema Operativo e Ofimática. O curso, que remata o vindeiro 30 de novembro, é presencial polo que o alumnado terá que acudir ás clases de luns a venres en horario de 16:30 a 20:30 h.

- Controlador de Accesos (Pontevedra): Impártese nas instalacións do Pazo de Cultura de Pontevedra dende o pasado luns día 10 de setembro. Un total de 15 alumnos con discapacidade, 14 homes e 1 muller, formaranse durante 192 horas en contidos específicos como son as áreas xurídica, socio profesional, técnico profesional, informática e mecanografía. Esta formación remata o 24 de outubro coa obtención dun título acreditativo do curso. Para obtelo terán que acudir ás clases presenciais de luns a venres de 08:30 a 14:30 horas.

- Xestión de stocks, almacén e control de caixa (Xove): O Centro de Recursos para Persoas con Discapacidade de Palmeiro (Urbanización de Palmeiro, s/n- A Regueira- Xove) acolle dende o pasado 17 de setembro este curso . Un total de 12 alumnos/as con discapacidade, 6 homes e 6 mulleres, formaranse durante 220 horas en contidos como atención ao público, informática, almacenaxe e prevención de riscos laborais. Para obter esta formación, que remata o vindeiro 20 de novembro, o alumnado terá que acudir ás clases presenciais de luns a venres e de 09:00 a 14:00 horas.

- Xestión de Stocks, Almacén e Control de Caixa (Verín): Impártese na Casa da Xuventude de Verín (Avenida de Portugal, nº 11) dende o pasado venres 21 de setembro. Un total de 15 alumnos/as con discapacidade, 8 homes e 7 mulleres, formaranse durante 250 horas en contidos como atención ao público, informática, almacenaxe, prevención de riscos laborais e manipulación de alimentos. Esta formación remata o vindeiro 4 de decembro,e o alumnado terá que acudir ás clases presenciais de luns a venres e de 09:00 a 14:00 horas

COGAMI INICIA VARIOS CURSOS PARA PERSOAS CON DISCAPACIDADE EN VERÍN, XOVE, PONTEVEDRA E FERROL

Ana M. García

Page 5: Revista MOEMIA VIRTUAL setembro 2012

5 NOTICIEIRO

Nieves GayosoArturo Fojón

O Proxecto Gavea rematou a súa volta a Galicia

Os pasados 12 e 13 de xullo arrancou o Proxecto GAVEA (Galicia Vela Adaptada) coa participación dun grupo de persoas con discapacidade do Centro de Recursos de Valadares de ADISBISMUR (Asociación de persoas con discapacidade da bisbarra de Muros) nunha Escola de Vela Lixeira en Camariñas.

Esta actividade daría paso á realización dunha VOLTA PARCIAL A GALICIA dende Ares a Moaña dende o 15 ao 26 de xullo, na que participaron varios grupos de persoas con discapacidade de entidades como Íntegro, Adisbismur, ASEM Galicia ou o Centro de Recursos que COGAMI ten en Mos.

En agosto arrancou a regata de grandes veleiros, a Tall Ships Races, e a Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI) non quixo deixar de estar presente neste evento tan importante para a cidade a través do Proxecto Gavea (Galicia Vela Adaptada).

Dende este venres día 10 agosto e ata o luns día 13, o Laion realizou unha saída ás 10:00 horas e outra ás 16:00 horas nas que embarcaron grupos de persoas con discapacidade, todas elas usuarias do centro que ten a Confederación na cidade de A Coruña. En grupos de 8, realizaron unha saída pola ría para que as persoas que embarcaron poideran gozar da experiencia da navegación, para a maioría sería o seu bautismo no mar.

O Proxecto GAVEA (Galicia Vela Adaptada) da Federación de Asociacións de Persoas con Discapacidade da Provincia de A Coruña (COGAMI Coruña), entidade membro de COGAMI (Confederación Galega de Persoas con Discapacidade), patrocinado por DKV Seguros e Obra Social La Caixa, nace en 2002 para fomentar a participación das persoas con discapacidade en actividades náutico- deportivas, derribando as barreiras que impiden o uso do medio mariño, xa que acceder a este tipo de actividades é complexo por carecer dunha oferta de lecer e tempo libre adaptada na nosa contorna.

A participación na regata do Laion conta co patrocinio de DKV Seguros e Obra Social La Caixa, ademais da colaboración do Concello de A Coruña e o Real Club Náutico da cidade.

Co programa de vacacións de COGAMI conviviron en Sanxenxo persoas

con grandes discapacidades

24 persoas participaron neste programa que foi

dividido en dúas quendas, a primeira do 2 ao 8 de setembro

e a segunda, do 9 ao 15 de setembro.

Con este programa se busca proporcionar unha

experiencia de vida diferente acadando unha maior

capacidade de socialización estimulación da autonomía

persoal realizando actividades lúdicas e deportivas.

Esta é a XVI edición do Programa de Vacacións para

persoas con discapacidade, financiado pola Consellería de

Traballo e Benestar e vaise desenvolver en dúas quendas,

formada por 12 persoas, que se establecendo día 2 ao 8 de

setembro e dende o día 9 ao 15 de setembro. Todas as

persoas teñen una discapacidade, unha idade comprendida

entre os 25 e os 60 anos e ademais proceden da

comunidade autónoma galega.

As persoas seleccionadas son dúas do concello de Vigo

e as outras son de Marín, Coles, As Nogais, Pontevedra,

Mos, Pontedeume, A Coruña, Santa Comba, Rianxo e Pobra

do Caramiñal, na 1ª quenda. Na 2ª veñen dos concellos de

Moaña, Mos, Lugo, Rois, Monforte de Lemos, Pobra de

Brollón, Outes,2 de Noia, Carballedo, Valga e Vigo.

Este programa de vacacións desenvolveu actividades

de lecer con saídas á Praia, visitas o Grove e a Illa da Toxa,

achegándose ata o mirador do Siradella e ao Aquarium.

Tamén foron de excursión ata Cambados para visitar

unha adega de viño albariño. Outras actividades de lecer

foron gynkanas, campionatos de cartas, sesións de cine e

de karaoke, unha semana de vacacións na que se propuxo

que todos o pasasen ben.

Este Programa de Vacacións levan participando máis de

600 persoas con grandes discapacidades de idades entre

os 25 e os 60 anos, que non participaran en anteriores

programas de tempo libre e que estean vivindo

habitualmente en centros asistenciais. Tamén debían

residir en Galicia, ter una discapacidade física ou psíquica,

asociada con outra, acreditada cunha copia do certificado

de discapacidade, aportar copia dun xustificante de

ingresos anuais da unidade familiar e do participante e

cumprimentar correctamente a solicitude. Con este

programa de vacacións búscase proporcionar unha

experiencia de vida diferente, nun medio e nun ambiente

novos, onde se busca unha maior socialización e dunha

estimulación da autonomía persoal realizando actividades

lúdicas e deportivas. Podendo adaptalo as necesidades de

cada persoa.

Page 6: Revista MOEMIA VIRTUAL setembro 2012

6 NOTICIEIRO

Non recortarán o gasto en acción social en 2013 o 64% dos empresarios

Segundo os datos obtidos do Barómetro de Empresas do primeiro semestre do 2012 realizado por Deloitte, o 64% dos empresarios españois non rebaixará a partida presupostaria destinado a acción social no exercicio 2013. Este estudo económico recolle as tendencias e expectativas empresariais das principais compañías españolas dentro de cada sector e mostra que, cada vez máis, as empresas poñen maior interese no coidado da saúde laboral e o medio. As cifras recollidas no estudo conclúen que un 51,7% dos enquisados din que a cantidade económica achegada non foi reducida o último ano e o 64,7% pensa manter a cantidade achegada ata o momento como apoio á sociedade.

Por outra parte o estudo realizado polo Barómetro de Empresas recolle que as institucións que máis reduciron o presuposto son, os clubs deportivos nun 42,5%, seguido das institucións culturais e ONG,s. As empresas utilizan como vía de comunicación para dar a coñecer a súa estratexia de sostibilidade a páxina web nun 69,5%, a memoria anual nun 57,6% e o Intranet nun 39,5%.

Francisco Gullón

Oscar Vigo

PDA como adestradora de persoas autistas

Grace é unha persoa autista, que vai todos os días ó traballo en autobús, pero polo seu nerviosismo sempre chega tarde, pérdese ao tomar o autobús. Grace con 60 anos sofre autismo, parálise cerebral leve e epilepsia. O retraso do autobús provoca chegar tarde ó traballo, sofocada e moi nervosa. Os investigadores do departamento de Terapia Ocupacional da Universidade de Virginia (EEUU) investigan os efectos das novas tecnoloxías para facerlles a vida máis fácil e que a súa saúde e que o seu traballo non se viran afectados polos trastornos desta enfermidade. Os resultados publicáronse no “Journal of Vocational Rehabilitation”.

Segundo opina o doutor Gentry Tony búscase que as dificultades relacionadas coa cognición, o comportamento, a comunicación e o procesamento sensorial propios do autismo no afecten á súa capacidade de obter e manter un emprego. Tras realizar un ensaio, no que se regalaba os analizados unha PDA (Appel iPod Touch) descubriuse que utilizando estes ordenadores como entrenadores persoais laborais axudábanse a xestionar mellor as tarefas destas persoas e aumentar a estimulación nos seus traballos

Este dispositivo dispón dun servizo para conectarse á rede de transportes e saber canto tarda o seu autobús. Os podcasts reproducen algúns programas de radio e música e un vídeo mostra onde permanecer ata que chege o transporte. Una vez que chega ó posto o ordenador indica as tarefas pendentes.

José L. López

As novas tarxetas sanitarias dispoñerán de información en braille

As novas tarxetas sanitarias individuais do sistema nacional de saúde incorporarán certa información en alfabeto braille sempre que os titulares da tarxeta así o demanden, segundo establece un real decreto que prepara o Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade, que sofren certas modificacións en determinados aspectos respecto do vixente na actualidade que data do 2004.

O texto foi presentado a consultas ante o Consello Nacional da Discapacidade, no que está presente o CERMI.O proxecto inclúe no seu anexo de especificacións técnicas que no ángulo inferior dereito, se as persoas con déficit visual o solicitan, se gráven os carácteres en braille, seguindo así a Norma UNE-EN 13321.1:2010, no seu parte 5 de marzo de 2006.

Antonio Fernández

Regulación de sancións contra as vulneraciones dos dereitos

das persoas con discapacidade

O Comité Español de Representantes de Persoas con Discapacidade (CERMI), ante a ausencia de leis encargadas de sancionar as infracciones cometidas contra os dereitos das persoas con discapacidade, pide ás comunidades autónomas que lexislen normas, que sancionen os comportamentos que vulneren a igualdade de oportunidades, non discriminación e accesibilidade universal. Desde 2007 existe unha lei de carácter nacional, que sanciona ditas infraccións, pero só o faio cando se produce en máis dunha comunidade autónoma á vez; si a vulneración se comete nunha única autonomía, ao carecer éstas de leis respecto diso (excepto en Navarra), queda un descuberto legal.

Reclámase ás comunidades autónomas que lexislen canto antes para pechar o círculo da protección administrativa dos dereitos das persoas con discapacidade para evitar que se cometan abusos contra este colectivo.

Competición Benéfica a favor de ADISBISMUR

O equipo Mazaricos organizou un cuadrangular no mes de xullo no Campo de Fútbol PEDRA DO OURO(Pino de Val), no que participaron ademais do equipo organizador os equipos de Outes, Carnota e os veteranos do Xallas.

O custe da entrada foi de tres euros e estaba destinada a ADISBISMUR (Asociación de Persoas con Discapacidade da Bisbarra de Muros) para o desenvolvemento das súas actividades.

Ramón Veiga

Page 7: Revista MOEMIA VIRTUAL setembro 2012

7 NOTICIEIRO

Familias e usuarios/as de COGAMI-Deza visitaron as instalacións do CRD Medelo

Familias e usuarios/as do futuro Centro de Recursos de Persoas con Discapacidade que COGAMI (Confederación Galega de Persoas con Discapacidade) ten en Medelo, visitaron as instalacións do seu centro.

Este centro, que prestará servizo ás persoas con discapacidade dos concellos das comarcas de Deza, Tabeirós Montes e limítrofes, configúrase como unha gran oportunidade para os seus usuarios/as ao albergar nun mesmo espazo unha ampla variedade de servizos e de profesionais: logopedia, gabinete psicolóxico, fisioterapia, educación básica, de formación cara ao emprego, de habilidades básicas da vida diaria e sociais, servizo de comedor, de transporte adaptado, etc. Trátase de que as persoas que acudan ao mesmo poidan desenvolver un itinerario de actividades personalizado e axeitado ás súas características fomentando sempre a súa autonomía persoal.

O acto comezou coa intervención do Presidente de COGAMI, Anxo Queiruga quen deu paso a diversas presentacións sobre o traballo que se realiza nos centros de recursos de persoas con discapacidade. O peche desta xornada estivo protagonizado por unha pequena exposición sobre o traballo realizado polos usuarios/as das aulas que COGAMI ten tanto en A Estrada como en Silleda durante este curso, e foi moi ben acollido polos asistentes.

Ao remate da presentación, os/as asistentes puideron degustar unha tapa de empanada do Centro Especial de Emprego Hornos Lamastelle do Grupo Empresarial COGAMI que da emprego a persoas con discapacidade.

Manuel Paz

Ana C. Piñeiro

Persoas con discapacidade da asociación Agora de Monforte estiveron de vacacións

en Portugal

O pasado 30 de xullo, un grupo de persoas usuarias da Asociación de Persoas con Discapacidade AGORA de Monforte de Lemos, entidade que forma parte da Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI), desprazouse ata a vila portuguesa de Gaia para pasar unha semana de vacacións.

O grupo, formado por 14 persoas usuarias e 8 monitores, hospedouse na residencia CRPG de Gaia, unhas instalacións totalmente accesibles que permiten que as persoas con mobilidade reducida que se apuntaron a esta viaxe tamén puideran participar desta experiencia.

Durante a semana que durou a estancia en Portugal, o grupo desenvolveu diferentes actividades, sendo todas elas planificadas polos propios usuarios de Agora. Eles foron os que decidiron que facer nestes días, coa condición de acudir a lugares que foran accesibles a todos.

Unha destas actividades foi a de poder percorrer un roteiro nunhas bicicletas adaptadas que lles foron prestadas pola Fundación María José Jove. Tamén houbo tempo para realizar saídas á praia, ademais de visitar as instalacións dunhas coñecidas adegas de viño de O Porto.

O programa contemplou tamén unha viaxe en tren, que para algúns supuxo toda unha experiencia nova, por ser a primeira vez que se desprazaban en ferrocarril, e que os levou ata a cidade de O Porto.

Como o grupo estivo formado por xente adulta, tamén houbo algunha que outra saída nocturna para poder coñecer a movida que hai nos lugares de lecer de Gaia.

A última parada de visita turística foi, de volta cara

Monforte, cando fixeron unha visita á cidade de Braga.

Page 8: Revista MOEMIA VIRTUAL setembro 2012

8 NOTICIEIRO

Carlos Vázquez

Cine accesible en salas permanentes

En cinco cidades españolas contarase con salas permanentes de cine accesibles. Grazas ao proxecto Cine Accesible desenvolvido pola Fundación Orange e a productora Navarra de Cines a partir do mes de outubro funcionarán estas salas accesibles en Bilbao, Pamplona, Valencia, Zaragoza.

Nestas salas ofreceranse filmes plenamente adaptados para as persoas con discapacidade sensorial, podendo así gozar dunha programación regular ao mesmo prezo de entrada que o resto dos espectadores e como mínimo realizará un pase á semana de cine accesible. Para estas proxeccións as salas dispoñerán da tecnoloxía Acceplay, sistema desenvolvido pola Navarra de Cine e a Universidade de Deusto que permite proxectar o subtítulo en cores e emitira audio descrición de forma sincronizada coa película mentres ésta é proxectada nunha pantalla de cine convencional.

Este sistema é compatible con todos os formatos de proxección que se poidan ofertar nas salas de cine e supón unha innovación tecnolóxica importante no campo da accesiblidade.

Cando se necesite proxectar para persoas con discapacidade auditiva contarase cun proyector adicional colocado debaixo da pantalla principal no que se poderán ler os subtítulos con códigos de cores. Nas salas utilizadas por usuarios de audífonos, instalaranse bucles magnéticos para que éstes poidan escoitar o son de xeito limpo e claro a través deles. Para as persoas con discapacidade visual contarán cuns auriculares inalámbricos que han de solicitar á entrada da sala, que lles permitirán seguir a audio descrición, unha locución sincronizada sobre todo aquilo que sucede en pantalla.

José Luis LópezMiguel Regueiro

O Presidente da Xunta de Galicia visita as instalacións de Hornos de Lamastelle,

empresa que forma parte do grupo COGAMI

Hornos de Lamastelle, o centro especial de emprego que forma parte do grupo empresarial que ten COGAMI (Confederación Galega de Persoas con Discapacidade) recibiu a visita do Presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo; a Conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato; a Secretaria Xeral de Política Social, Coro Piñeiro; a Delegada Territorial en A Coruña, Belén Docampo; o Presidente da Deputación de A Coruña, Diego Calvo; o Alcalde do Concello de Oleiros, Ángel García; o Concelleiro de Servizos Sociais, Sanidade e Consumo, e membros da Corporación Municipal do Concello de Oleiros, quen foron recibidos polo Presidente de COGAMI, Anxo Queiruga, o Vicepresidente, Ramón Sestayo, e mailo Xerente de Hornos de Lamastelle, Ramón Dourado. A visita realizou un percorrido polas instalacións desta empresa que se dedica á fabricación de empanadas conxeladas e refrixeradas e de tortas de Santiago dende hai dezanove anos.

Hornos de Lamastelle ten contratadas a 71 persoas con discapacidade tanto física como intelectual e/ou sensorial. A maior parte destas traballan nas instalacións que a empresa ten en Oleiros e 5 persoas están contratadas para rexentar a tenda que hai dous anos abriu no número 124 na rúa Juan Flórez de A Coruña, onde é posible a venda directa das empanadas de Hornos de Lamastelle ao consumidor. Actualmente, a empresa Hornos de Lamastelle atópase nunha etapa de cambios de mellora na mecanización e, polo tanto, na ampliación de produción. A empresa vén de participar nun proxecto do BBVA, o Momentum, co que obteu un préstamo en condicións melloradas por valor de 568.000 euros, cantidade que se investiu en maquinaria máis moderna que permitirá un incremento de ata un 50% da produción, chegando ao 100% en catro anos.

Cada día saen da planta de fabricación de Oleiros 6.000 quilos de empanadas, unha cantidade que se agarda superar coa ampliación do mercado a países como Xapón, Francia e Portugal. Hornos de Lamastelle é unha das catorce empresas sociais que forman parte do grupo empresarial que ten COGAMI en Galicia e que empregan a máis de 800 persoas. Todas estas empresas son centros especiais de emprego que contan con que a maior parte do cadro de persoal, máis do 90%, son persoas con discapacidade ou incapacidade laboral recoñecida. Dende a Confederación o que se pretende é traballar pola inserción do colectivo das persoas con discapacidade, porque o emprego favorece a integración e a plena participación social dos grupos máis vulnerables a sufrir a exclusión social. Facéndonos visibles e útiles ante o resto da sociedade, tamén logramos que esta entenda o que é vivir dentro da diversidade.

Kaissa: reloxo de xadrez accesibleNo transcurso da XIV olimpiadas de xadrez,

competición que se desenvolveu en Chennai (India) e que

contou coa participación de 150 xogadores de 25 países,

Vía Libre (compañía do grupo empresarial da ONCE

integrada no grupo Fundosa), presentou a Kaissa un reloxo

de xadrez accesible para persoas cegas ou con baixa visión.

Este reloxo conta cunha saída visual e acústica que

permite visualizar nos súas displeys as horas, minutos e

segundos de ambos xogadores en formato digital, e emitir

á súa vez esta información de forma acústica cando

calquera dos xogadores requírao en diferentes idiomas:

español, inglés e ruso. O que permite a utilización dos

mesmos en torneos internacionais como as pasadas

olimpiadas de ajedrez para cegos.

Neste campionato a representación española alzouse

coa medalla de bronce, sendo só superados polos equipos

de Rusia e Ucrania.

Page 9: Revista MOEMIA VIRTUAL setembro 2012

9 DEPORTES

O Equipo Paralímpico que representou a España nos Xogos de Londres estivo formado por 142 deportistas, dos cales 127 foron deportistas con discapacidade e 15 deportistas de apoio (guías de atletismo, pilotos de ciclismo, porteiros de fútbol para cegos e directores de boccia). A Delegación Española estaba composta por 82 membros máis, entre adestradores, médicos, fisioterapeutas, mecánicos, tradutores, persoal de apoio e de oficina.

Os deportistas españois participaron en 15 das 20 disciplinas do programa paralímpico de verán: atletismo, baloncesto en cadeira de rodas, boccia, ciclismo, esgrima en cadeira de rodas, fútbol 5, judo, halterofilia, natación, remo, tenis de mesa, tenis en cadeira de rodas, tiro con arco, tiro olímpico e vea.

Os Xogos Paralímpicos 2012 remataron cun triunfo indiscutible para os chineses con 95 medallas de Ouro de 231 en total, mentres que España logrou 45 medallas, México 21 e Cuba 17.

Nunha rolda de prensa ofrecida no Centro Principal de Prensa de Londres 2012, o presidente do Comité Paralímpico Español Miguel Carballeda destacou que os éxitos dos deportistas españois tiveron o seu eco en España e apuntou, que os Xogos Paralímpicos estiveron como un dos “temas máis comentados nas redes sociais e a televisión e provocaron ao redor de 900 impactos diarios nos medios de comunicación e máis dun millón de entradas na nosa páxina web.

Pola súa banda o director xerente do Comité Paralímpico Español, Alberto Jofre afirmou que o Comité Paralímpico Español conseguiu o seu obxectivo principal: que a sociedade, valore o que é capaz de facer unha persoa con esforzo, sacrificio e loita logo de momentos difíciles na vida.

Os deportistas que escoitaron o himno español no máis alto do podio foron os atletas David Casinos (lanzamento de disco), José Antonio Expósito (salto de lonxitude) e Alberto Suaréz (maratón); os ciclistas Alfonso Cabelo (quilómetro) e o tándem Christian Venge – David Llauradó (contrarreloxo), e a nadadora Teresa Perales.

A natación continuou sendo o bastión de éxitos, os seus 22 medallas teñen nomes e apelidos : Teresa Perales (un ouro, tres pratas e dous bronces), Michelle Alonso (un ouro), Sebastián “Chano” Rodríguez e Enhamed Enhamed (dúas pratas e un bronce), Richard Oribe e Sarai Gascón (unha prata e un bronce), Enrique Floriano e Miguel Luque (unha prata), e Ricardo Ten, Deborah Font e José Antonio Marí (un bronce).

Teresa Perales pasou a ser a deportista paralímpica española máis laureada (22 medallas), Chano Rodríguez e Richard Oribe teñen 16, o mesmo número que conseguiu a atleta retirada Puri Santamarta.

O Ciclismo aportou sete medallas a España, catro na pista (ouro de Alfonso Cabelo en quilómetro, prata de José Enrique Porto – Juan Antonio Villanueva en quilómetro e bronces de Porto – Villanueva en quilómetro e bronces de Porto– Villanueva en velocidade e de Miguel Anxo Clemente – Diego Vence – David Llauradó en contrarreloj, prata de Josefa Bénite – Mayalen Noriega en liña e bronce de Maurice Eckhard en contrarreloj).

As cinco medallas do atletismo recaeron en David Casinos (ouro en lanzamento de disco), José Antonio Expósito (ouro en salto de lonxitude), Alberto Suárez (ouro en maratón), Elena Congost (prata en 1.500 metros) e Abderrahman Ait (prata en maratón).

En judo Carmen Herrera, obtivo o seu terceiro título de campioa paralímpica, Mónica Merenciano e Marta Arce fixéronse con senllas medallas de bronce.

En tenis de mesa, prata individual de Álvaro Morais, prata por equipos de Álvaro Valera e Jordi Morais, e bronce por equipos de José Manuel Ruiz e Jorge Cardona.

En tiro olímpico, Juan Antonio Saavedra logrou unha prata en R6 (carabina libre a 50 metros tendido) o que supón o cuarto metal español deste deporte en todos os Xogos Paralímpicos. Luís e Francisco Angel Soriano competiron en 2012.A selección española de fútbol 5 para cegos conquistou a medalla de bronce tras derrotar nos penaltis a Arxentina.

Quedáronse sen medallas os representantes españois de baloncesto en cadeira de rodas, boccia, esgrima en cadeira de rodas, halterofilia, remo, tiro con arco, tenis en cadeira de rodas e vea.

Guillermo Rodríguez finalizou o cuarto en tiro con arco, a sección española de baloncesto en cadeira de rodas converteuse no equipo revelación ao ocupar unha digna posición tras 16 anos sen participar nuns Xogos Paralímpicos.

Resultados do equipo paralímpico español

Ana C. Piñeiro

Page 10: Revista MOEMIA VIRTUAL setembro 2012

10 ENTREVISTA DO MES

ENTREVISTA DO MES: Entrevista a Nieves Gayoso, usuaria do Aula Ocupacional de Novas Tecnoloxías COGAMI CRD-Fingoi (Lugo)

Por que decidiches vir a Cogami?Porque antes de vir a COGAMI estaba en casa e aburríame un pouco por ese motivo decidín incorporarme a COGAMI. Para aprender diversos programas que teñen que ver coa informática, a resumir noticias e coñecer xente nova.

Que che aporta a aula ocupacional?É unha forma de entreterme, formarme e tamén poder realizar diversas excursións.

Cantos anos levas en Cogami?Levo en COGAMI desde o ano 2006.

Arrepíntesche de algo nesta vida?De momento, non me arrepinto de nada.

Que che gusta facer no teu tempo libre?Pasear, facer pasatempos etc.

Gústache ler?, Que libro ou que novela estás lendo nestes momentos?O que me gusta ler son as novelas policíacas ou de misterio. Agora mesmo non estou lendo ningún libro.

Á que te dedicarías si p u i d e s e s v o l v e r empezar?Gustaríame traballar como a d m i n i s t r a t i v o o u telefonista.

Gústache cociñar?, Que prato che gusta cociñar?Si, gústame cociñar. Sobre todo a tortilla española.

Cales foron as mellores vacacións que pasaches na túa vida?Cando nos fomos de vacacións a Mallorca porque é unha illa preciosa.

Que che gusta levar dentro do bolso?O imprescindible.

Enrique Sanmartín Cupeiro

Page 11: Revista MOEMIA VIRTUAL setembro 2012

11 CARTELEIRA

EL FRAUDE

Argumento:O fraude é un tenso e sedutor thriller sobre o amor e a

lealdade no mundo das altas finanzas. O protagonista do filme é Robert Miller, un magnete que en véspera do seu 60 aniversario parece o perfecto retrato do éxito americano na súa vida profesional e familiar, sempre acompañado pola súa fiel muller Ellen e Brooke, a súa filla e herdeira do seu imperio. Pero tras os dourados muros da súa mansión, Miller está coa auga ao colo, desesperado por completar a venda do seu imperio a un gran banco antes de que quede exposta unha fraude que cometeu.

Ademais, mantén un romance cunha marchante de arte francesa ás costas da súa muller e a súa filla. Xusto cando se dispón a desfacerse do seu problemático imperio, un sanguento e inesperado erro obrígao a reencontrarse cun fantasma do seu pasado e a enfrontarse aos límites da súa dobre moral.

Ficha TécnicaDirector: Nicholas Jarecki

Reparto: Richard Gere, Susan Sarandon, Tim Roth, Laetitia Casta, Brit Marling, Nate Parker, Josh Pais, Bruce Atman, Chris Eigeman

Francisco Solana

SKYFALL

Argumento:Entrega 23ª do axente James Bond. A lealtad de Bond

cara a M é posta a proba cando o pasado de M volve para

atormentala.

A súa vida verase en perigo e 007 deberá localizar e

eliminar a ameaza, sen importar o prezo persoal que terá

que pagar.

Ficha TécnicaDirector: Sam Mendes

Reparto: Daniel Craig, Judi Dench, Javier Bardem, Ralph Fiennes, Naomie Harris, Ben Whishaw, Helen McCrory, Bérénice Marlohe, Albert Finney

Roberto Camba

BEL AMI

Argumento:Duroy é un home novo de finais do século XIX que

consegue codearse coa alta sociedade parisina, utilizando

os seus dotes de sedución para conquistar ás mulleres máis

glamurosas e influintes da cidade.

Non é intelixente nin culto, pero si atractivo

físicamente, así que non lle é difícil cautivar a todas esas

mulleres.

Ficha TécnicaDirector: Declan Donnellan, Nick Onmerod

Reparto: Robert Pattinson, Uma Thurman, Kristin Scott Thomas, Christina Ricci, Colm Meaney, Philip Glenister, Holiday Grainger, Natalia Tena, James Lance.

José Rodiño

O LADRÓN DE PALABRAS

Ficha TécnicaDirector: Brian Klugman, Lee StemthalReparto: Bradley Cooper, Jeremy Irons, Dennis Quaid, Olivia Wilde, Zoe Saldana, Ben Barnes, Nora Arnezeder, Michael Mckean, John Hannah.

Argumento:

A publicación do primeiro libro de Rory Jansen é un deses

acontecementos irresistibles. Cunha narrativa fresca e

unha sabedoría da vida en certo xeito atemporal, Rory

convértese da noite para a mañá nunha estrela das letras.

O novo escritor, carismático, intelixente e de talento,

parece telo todo; unha marabillosa vida, unha muller

afectuosa, o mundo aos seus pés…. E todo grazas ás súas

palabras.

Pero de quen son esas palabras? E de quen é esa

historia, en definitiva?. No cume o seu éxito, un misterioso

ancián localiza a Rory e enfróntase a el afirmando ser o

verdadeiro autor da novela. O ancián relata os fermosos

aínda que tráxicos recordos da súa mocidade en París, logo

da Segunda Guerra Mundial, que deron orixe ao libro. Ao

comprobar que outro home pagou caro o tesouro que

contén esas historias, Rory deberá facer fronte a cuestións

como a creatividade, a ambición e as eleccións morais que

fixo guiado por eses intereses.

Escrita a modo de historia dentro dunha historia, a vida

do propio Rory é unha ficción. Detrás dela atópase un

auténtico león literario, Clay Hammond, que, persuadido

por unha fermosa e astuta estudante para que fale do

verdadeiro significado da súa novela, non pode senón

insinuar as conexións entre a historia e o seu segredo

pasado.

Luis Fernández

Argumento: Trala inesperada morte do seu querido can Sparky, o

mozo Victor aproveita o poder da ciencia para devolver ao

seu mellor amigo á vida con algúns axustes menores.

Intenta esconder as costuras caseiras da súa creación

pero cando Sparky salga, os compañeiros de Victor, os seus

profesores e a cidade enteira aprenderán que conseguir

unha nova correa que o agarre á vida pode ser monstruoso.

Ficha TécnicaDirector: Tim Burton

Reparto: Winoa Ryder, Martin Landau, Martin Short, Catherine O´Hara, Robert Capron.

FRANKENWEENIE

Ricardo Lamazares

Page 12: Revista MOEMIA VIRTUAL setembro 2012

12 RINCÓN LITERARIO

Usuarios Aula Ocupacional CRD Fingoi - Lugo

CAPÍTULO ANTERIOR: Alberto sacou unhas follas impresas e pasoullas a José Luís. Era unha lista de “requisitos”, moi similares aos que a Dama Branca presentara na reunión. Os dous chegaron á conclusión que para aforrar diñeiro ás compañías de seguros aos enfermos terminales matábanos practicándolles unha eutanasia encuberta, e tamén que aqueles que non querían entrar á organización tamén os asasinaban simulando accidentes.

CAPÍTULO 31: Facía unha calor e un bochorno espantosos aquela tarde, Nieves García durmía unha sesta, pero resultáballe prácticamente imposible por mor das súas espantosos e recurrentes pesadelos. Estaba botada boca abaixo, coa saba empapada. Tiña os puños pechados e os músculos tensos, en certo xeito, cría que todo pertencía ao pasado, que non facía máis que evocar unha terrible experiencia. Nieves tiña trinta e cinco anos e fora policía secreta nunha comisaría do distrito central de Madrid, pero tívoo que deixar por mor de que se quedou parcialmente cega dun ollo, por culpa do Doutor Corleone, agora dedicábase a investigar casos pola súa conta, era detective privado e tiña un equipo de tres persoas traballando con ela.

O soño repetíase unha e outra vez na súa cabeza…

“O Hiconitrol ten, átomo a átomo, unha composición química case idéntica á do neurotransmisor, que se encarga da transmisión da dor e tamén pode alterar a velocidade do corazón ata rebentalo en pedaciños. Iso significa que podo activar calquera sistema nervioso dunha vez ou gradualmente, como queira, proporcionándolle so dor, pura dor dentro do seu corazón e en todo o seu corpo. Salvo para o meu traballo, o Hiconitrol ou tamén chamado pluricoralisis non ten o menor valor clínico para os médicos, si algún día o comercializamos, creo que o seu nome apropiado sería Agonil. Aínda que o creei eu, si mo permite, é un fármaco asombroso, Unha pequena dose? Un cosquilleo, Unha dose maior? Bo… xa pode imaxinalo”.

Neves tragaba saliva. Latexáballe tan forte o corazón que estaba segura de que o doutor vía os movementos do seu

peito.

“Non, por favor –clamaba en silencio -. Por favor…”

O pulgar do doutor presionaba outra vez o émbolo da xeringuilla. Menos dun minuto despois, Neves notaba unha tenue vibración en todo o seu corpo, coma se lle aplicasen unha pequena descarga eléctrica. O seu coiro cabelludo tensábase, e os músculos do seu rostro se crispaban. Unía as xemas dos dedos dos seus pés e das súas mans, llos frotaba coma se tratará de desentumecerllos.

Mentres tanto, Corleone sacara un cronómetro do seu maletín.

-“Calculo que o efecto de está minúscula dose duraralle un minuto e vinte segundos –dicía Corleone -. O efecto de doses

superiores dura un pouco máis. De todas as maneiras, o tempo váiselle a facer a vostede moi relativo, uns poucos

segundos poden parecerlle horas, e un minuto, unha eternidade.

O que nos interesa saber, o que pescudou sobre a nosa organización. Ela dicíalle que non sabía nada, malia que ás

veces se lle escapaba algún nome. Logo de facerlle varias veces esta pregunta, chamaron á porta, tratábase dun dos seus

axudantes.

-Están dous coches de policía aí fóra -. Temos que saír de aquí, doutor.

Pablo Corleone non tivo outra opción que deixar alí a Neves, pero antes inxectoulle outra dose que deixou a Nieves con varios problemas no ollo dereito, afectoulle os nervios ópticos, de tal forma que estivo varios meses cega totalmente dese ollo. Pero foi a única vítima que estivo en mans do Doutor, que non morreu, grazas en parte aos seus compañeiros que souperon reanimarla en todo momento e tamén a que o Doutor cometeu un pequeno fallo, cando saíu de alí, coas présas, tirou o tubo do gotero e rompeu todo, co cal, o medicamento non puido chegar ao corazón de Neves que xa estaba seminconsciente a causa da dor que sufrirá, non se deu conta de nada.

Bañada en suor, Neves Gayoso incorporouse bruscamente da cama. Logo de máis de sete anos, case se afixo a aquel

recurrente pesadelo.

O último tramo - capitulo 31

Page 13: Revista MOEMIA VIRTUAL setembro 2012

13 CUENTO

EN INTERNET

- Blog DISINCREIBLES de Fingoi:

- Información Discapacidade:

- Cogami:

- Cocemfe:

- Cermi:

- Sin Barreras:

http://www.disincreibles blogspot.com

http://www.discapnet.es

http://www.cogami.es

http://www.cocemfe.es

http://www.cermi.es

http://www.telepolis.com/comunidades/sinbarreras/

Anselmo, era un oso moi alegre, vivía nos bosques. Gustáballe pasear, era cariñoso e cordial. Todos o querían moito.

Un día Anselmo foise a visitar á súa amiga Elisa, cando chegou á súa cova díxolle ¡¡Elisa!!, bos días, que tal estás?.

Moi ben, xa sabes que estou moi contenta, porque neste bosque non hai cazadores.

¡¡Si!! Que sorte temos de vivir nun sitio tan máxico. Apetéceche que fagamos algo?.

Si Anselmo, gustaríame ir contigo a por flores.

Anselmo e Elisa marcháronse xuntos paseando polo carreiro do bosque. Polo camiño atopáronse a outro oso que estaba pescando no río, pois tiña fame.

Elisa díxolle a Anselmo; ¡¡Cando estou contigo, non teño medo de nada!!.

Mentres Elisa se recollía flores, Anselmo pescou un gran peixe e ofreceullo.

“Toma Elisa, para ti”. Nunha verde pradaría Elisa, comeuse a troita.

Mentres Elisa comía o suculento manxar, Anselmo seguía pescando no río. Sixiloso, apareceu por alí Santi, un vello lobo que tiña intención de botarse un bocado por conta dos osos.

Santi achegouse ao lugar onde Anselmo pescaba, nese momento coa zarpa Anselmo sacou unha fermosa troita e deixouna na beira. Santi achegouse con sixilo colleuna e marchouse correndo.

Ja, ja, ja riuse o descoñecido oso, que observara a escena. “Roubáronche a pesca nos narices”, engadiu.

Anselmo dixo; Amigo, aquí hai pesca para todos. Ese é o vello Santi, xa non pode cazar por si só, así que lle deixo os peixes na beira para que os colla e no seu orgullo, non se senta ferido.

Elisa mirou con admiración ao seu amigo, pola lección de solidariedade demostrada. Naquel instante, de lonxe, escoitouse un son como dun trono, pero non había nubes no ceo.

Anselmo e Elisa afastáronse do río e foron investigar o son. Achegáronse sixilosamente e puideron observar a uns cazadores, que deran morte ao vello Santi.

Elisa non puido conter as bágoas e a mirada de Anselmo expresaba estupor. Sorprendido, díxolle:

“Non chores imos a casa e recordamos os bos momentos vividos con el”.

Anselmo e Elisa chegaron á cova sentáronse xunto ao lume e falaron sobre iso.

Como te atopas?, preguntou Anselmo.

Elisa respondeu “Quérote Anselmo”, e quero vivir contigo.

Eu tamén te quero e protexereiche sempre, non teñas medo.

“Non teño medo” dixo Elisa, “contigo nunca”.

Anselmo e Elisa viviron xuntos moitos anos cheos de felicidade, pero desde aquel día, souberon que non estaban libres de perigo, e que o seu bosque sería un pouco menos máxico, pola perda do seu amigo.

Corazón de oso

Residencia Pomarónde Fundación DFA

Zaragoza

Page 14: Revista MOEMIA VIRTUAL setembro 2012

PROGRAMA OPERATIVO FSE-GALICIA 2007-2013

COFINANCIADO POLO FONDO SOCIAL EUROPEO E A XUNTA DE GALICIA

CONSELLERIA DE TRABALLO E BENESTAR- SECRETARIA XERAL DE POLITICA SOCIAL E IMPARTIDO POR COGAMI A PERSOAS CON DISCAPACIDADE