24 xaneiro 2014 - bd nº 91

16
Número: 91- Ano: VI - 24 de xaneiro de 2013 - Depósito Legal: OU 185-2009 - Periódico quincenal de distribución gratuíta - www.barriosdeportivo.com BARRIOS DEPORTIVO volve repartirse a partir do 7 de febreiro. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190. CAMPIONATO PROVINCIAL DE CROSS Páx. 3 COB Páx. 4 CD OURENSE Páx.7 CIDADE AS BURGAS Páx.8 O ABO cae ante o líder [Páx. 4] A ritmo de triunfos Ribadavia acolleu o Cross Provincial; o COB venceu en casa contra o Navarra; o CD Ourense clasifícase para cuartos da Copa Federación e o Cidade golea ao Soto.

Upload: barrios-deportivo

Post on 18-Feb-2016

238 views

Category:

Documents


7 download

DESCRIPTION

En el número 91 de Barrios Deportivo sacamos en portada el Campeonato Provincial de Campo a Través celebrado en Ribadavia; la derrota del ABO ante el líder Chantada; la victoria del CDO contra el Marino de Luanco y el triunfo del Cidade As Burgas contra el Soto del Real. Uno de los temas principales de este número es la situación del CD Ourense que es inversamente proporcional el aspecto deportivo con el económico.

TRANSCRIPT

Page 1: 24 Xaneiro 2014 - BD Nº 91

Número: 91- Ano: VI - 24 de xaneiro de 2013 - Depósito Legal: OU 185-2009 - Periódico quincenal de distribución gratuíta - www.barriosdeportivo.com BARRIOS DEPORTIVO volve repartirse a partir do 7 de febreiro. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190.

CAMPIONATO PROVINCIAL DE CROSS Páx. 3 COB Páx. 4 CD OURENSE Páx.7 CIDADE AS BURGAS Páx.8

O ABO cae ante

o líder[Páx. 4]

A ritmo de triunfos

Ribadavia acolleu o Cross Provincial; o COB venceu en casa contra o Navarra; o CD Ourense clasifícase para cuartos da Copa Federación e o Cidade golea ao Soto.

Page 2: 24 Xaneiro 2014 - BD Nº 91

� BARRIOS DEPORTIVO�4 de xaneiro de �013 ATLETISMO

Redacción

O pasado sábado 18 de xaneiro celebrouse no mó-dulo de atletismo do pavi-llón municipal dos Reme-dios a segunda xornada da Copa Deputación.

Numerosos atletas gale-gos acudiron a esta cita na que a atracción principal eran os dous deportistas do FC Barcelona, Jean Marie Okutu e Alfonso Palomanes. Okutu parou o crono nos 60 metros lisos en 7.07 segundos, mentres que o seu compañeiro, o ourensán Alfonso Palo-manes, realizou un mellor salto de 15,50 metros no triplo salto.

Presenza estelar4 Na segunda xornada da Copa Deputación de atletis-mo celebrada no módulo do pavillón municipal.

Mínima nacionalA atleta cadete do Ouren-

se Atletismo, Elena Freiría ,acadou mínima nacional da súa categoría en triplo salto. 10,70 metros foi a marca que lle supón esa mínima nacional o que lle permitirá participar nos campionatos nacionais de atletismo.

Terceira xornadaEste sábado �5, a partir

das 17 horas, terá lugar a terceira xornada da XXXI Copa Deputación de Ouren-se. Será no mesmo lugar (módulo dos Remedios) e contará co seguinte progra-ma: 60 valados, 60 lisos, salto con pértega e salto de lonxitude.

Alfonso Palomanes nun dos saltos no módulo do pavillón dos Remedios./RAMSÉS.

Redacción

A Gala do Atletismo Es-pañol contou coa presenza do atleta burgalés afincado en Ourense desde hai dous anos José Antonio Requejo Santos (do equipo Ben Cho Shey), quen recibiu dúas placas como recoñecemento á súa gran tempada, na que logrou ser medalla de ouro por equipos no campionato de Europa de 100 quilóme-tros e unha de bronce en ca-tegoría absoluta.

R.T.

Xa deu o pistoletazo de saída o programa XOGA-DE, organizado pola Xun-ta, na disciplina de campo a través.

Preto de �.500 rapaces e rapazas da provincia de Ourense participarán nes-ta actividade organizada pola Secretaría Xeral para o Deporte.

Agora estase a celebrar a fase previa nas catego-rías benxamín, alevín, in-fantil e cadete.

Durante esta gala o se-leccionador nacional deu a coñecer que o ultrafon-dista burgalés, Requejo, foi seleccionado direc-tamente para o próximo Mundial de 100 quilóme-tros, que se celebrará en Daugavpils (Letonia) o 31 de agosto.

O obxectivo de Requejo será mellorar a súa décimo terceira posición do Mun-dial de �011 e mesmo lo-itar por conseguir algunha medalla.

Recoñecemento para José Antonio Requejo na Gala do Atletismo Español4 Requejo foi seleccionado para o Mundial de 100 quiló-metros que se celebrará en Letonia.

José Antonio Requejo coas dúas placas con que lle galar-doaron na Gala do Atletismo.

O XOGADE ponse en marcha4 Xa comezou a fase previa de campo a través.

FinaisAo longo deste mes de

xaneiro e das primeiras se-manas de febreiro celebra-ranse máis probas previas e finais comarcais ao longo da provincia, nas que os rapa-ces buscarán a clasificación para o Campionato Provin-cial a celebrar o vindeiro 15 de febreiro no Complexo Deportivo de Monterrei, en Pereitro de Aguiar. Desa fase final sairán os atletas que representen a Ourense na final galega contra o res-to de provincias.

Alevíns participantes da fase previa do XOGADE celebra-da no complexo deportivo de Monterrei./S. TORRES.

Page 3: 24 Xaneiro 2014 - BD Nº 91

BARRIOS DEPORTIVO�4 de xaneiro de �013

3ATLETISMO

Ao redor de 140 atletas déronse cita na proba absoluta do Campionato Provincial de cross de campo a través./R.T.

Redacción

Na mañá chuviosa do 1� de xaneiro de �014 cele-brouse na área Recreativa da Veronza en Ribadavia o Campionato Provincial de cross de campo a través

-Cross de Ribadavia-. O día foi desapracible pero a participación apenas se resentiu sobre un circuíto que drenou moi ben toda a choiva caída durante a mañá do domingo. No evento participaron máis

de 300 atletas de todas as categorías que represen-taron a todos os clubs da provincia e de fóra.

EscolaresAs carreiras deron come-

zo ás 10:30 h coas catego-rías cadete e xuvenil mas-culino nas que resultaron vencedores Abraham Ro-dríguez González (Ourense Atletismo) e Adrián Lago Tizón (Comesaña Sporting Club) respectivamente. A continuación en cadete e xuvenil mulleres acadaron a vitoria Aida Martínez Barja (Atletismo Tui) e Cielos Caderno Pérez (In-dependente). En infantil homes o primeiro posto foi

Fernández e Paredes, campións provinciais de campo a través4 Disputouse na Área Recreativa da Veronza de Ribadavia.

para Said Abdoun Bechiki (AD Limiactiva), en infan-til mulleres Itzíar Manso Heras (Ourense Atletis-mo). En categoría alevín os mellores foron Álvaro Díaz Barreiro (Ourense Atletismo) en homes e Be-lén García Arias (ADAS) en mulleres. Na categoría benxamín, gañaron Hugo Alonso Rodríguez (ADAS) e Aroa González Ríos (Ourense Atletismo).

As categorías menores protagonizaron os mo-mentos máis intensos da xornada, con algún axusta-do final, resolto no sprint, e sempre baixo a intensa chuvia e forte vento, que non amedrentou aos parti-cipantes máis mozos, e fixo deste cross unha proba tan fermosa como dura para os máis novos, moitos deles participando por primeira vez nun evento destas ca-racterísticas.

Categorías absolutasNa categoría absoluta

feminina, Iria Fernández (Comesaña) fíxose co tí-tulo de campioa provincial ao imporse con claridade (�0:0� minutos) por diante da súa compañeira de equi-po Barca Toba, quen che-gou á liña de meta nove se-gundos máis tarde (�0:11). En terceira posición ter-minaría Sonia Teijeiro do Ourenrunning, a máis de medio minuto da gañadora (�0:37).

Na categoría absoluta masculina Javier Paredes (SG Pontevedra) venceu sen apuros cun tempo de �7:�7 minutos nun circuí-to de 8.000 metros. A case un minuto (�8:�4) chega-ría o segundo clasificado, Pepe Márquez (Veteranos Ourense); e na terceira po-sición chegaría o atleta do Corredores PedroNimo,

Manuel Martínez Ageitos (�8:40).

EquiposPor equipos, en catego-

ría absoluta entregáronse premios ao tres primeiros clasificados. En mulleres, o Ourenrunning encabezou a clasificación por diante do ADAS O Barco e do Ourense Atletismo.

O Ourenrunning foi o vencedor por equipos mas-culino acompañado no po-dio por Veteranos Ourense e ADAS O Barco, segundo e terceiro, respectivamente.

Un total de 300 corredores participaron no Campionato Provincial de Cross Adrián Lago venceu na cateogíra xuvenil masculina/R.T.

En Ribadavia, Ourenrunning foi o vencedor por equipos, seguido de Veteranos Ourense e ADAS O Barco

Momento dunha das probas femininas da xornada/R.T.

Page 4: 24 Xaneiro 2014 - BD Nº 91

4 BARRIOS DEPORTIVO�4 de xaneiro de �013

BALONCESTO

Redacción

O ABO, equipo ouren-sán da Liga EBA de ba-loncesto caeu ante o líder Chantada (50-66). Os de Juan Norat aguantaron o tipo ata o derradeiro cuar-to, momento no que os lucenses asentaron a súa vitoria.

Despois dun parón navi-deño de longa duración re-gresaba a competición na Liga EBA. O primeiro en-contro post vacacional do conxunto ourensán era na casa contra o líder Chan-tada, invicto na competi-ción. E saíron de Ourense coa mesma condición de invictos. E iso que o ABO estivo no partido durante os tres primeiros cuartos. Os parciais de 16-18 e 14-14 facían que ao descanso marcharan cara aos vestia-rios cun resultado de 30-3�, o que facía que tanto xogadores coma afección creran na vitoria. O tercei-ro cuarto foi para os visi-tantes (8-13), restando tan só 10 minutos con 38-45 no electrónico, sete abaixo pero nada decidido.

Nada que facerPero no último cuarto, o

Chantada foise decicido a pola vitoria e un parcial de 12-21 fixo que o ABO saíra de baleiro dos Remedios. Ao final 50-66 para un conxunto lucense pragado de ourensáns que marcha directo cara ao título.

Pernas e Otero foron os máis destacados na faceta anotadora dos ourensáns, con 18 e 16 puntos res-pectivamente. Por parte do Chantada, Pacreu foi o máximo anotador con �3 puntos.

O ex xogador do ABO Rubén Vila tamén tivo un papel destacado aportando 11 puntos e nove rebotes. Michael Conde estivo máis discreto con catro puntos e -1 de valoración.

BetanzosO ABO volve xogar a

próxima xornada na casa. Nesta ocasión o seu par-tido será o domingo �6 ás 1� horas no pavillón dos Remedios. O Betanzos é penúltimo con dúas vito-rias, mentres que o ABO é oitavo con tres.

4 Aguantou durante tres cuartos de encontro.

O ABO caeante o líder

4 Xoga contra Huesca nesta xornada.

O COB quere engancharse

ao play offJared Carter collendo un rebote no partido contra o Planasa Navarra./RAMSÉS

R. Torres

O Club Ourense Balon-cesto -Ourense Termal- xoga este venres a partir das �1 horas contra o Peñas Huesca no partido da 17ª xornada.

Tralos dous últimos par-tidos disputados na casa (contra Burgos e Planasa Navarra) aos homes dirixi-dos por Gonzalo García de Vitoria tócalles viaxar ata Aragón para xogar contra o conxunto dirixido por Quim Costa.

No partido da primeira volta correspondente á xor-nada número catro, o Hues-ca asaltou o Paco Paz ao vencer ao COB 63-67.

O Peñas Huesca é oitavo con sete vitorias, mentres que o COB é 1�º con cinco, polo que sería importante sumar un triunfo para poder seguir na loita por entrar no

play off.Para o técnico cobista o

encontro será complicado, contra un equipo que que-re xogar moi rápido “típico dos equipos de Quim Cos-ta”, comentaba García de Vitoria. A pesar da xuventu-de dos xogadores, Gonzalo considera que é un equipo “moi ben traballado”.

Na previa, Gonzalo re-cordaba o partido xogado no Paco Paz contra os os-censes no que tan só perde-ron por catro puntos cando o acerto exterior os levou a anotar tan só dúas canastras de tres durante o encontro. “Daquela o equipo estaba moito máis agarrotado que nas últimas xornada”, afir-maba o técnico.

Pola súa banda, o base Pedro Rivero considera que teñen que aproveitar “a di-námica positiva das últimas xornadas”. Tamén explicou

que estiveron traballan-do durante toda a semana “a saída da presión” algo característico do xogo de Huesca.

O base tamén explicou que levan unhas semanas máis tranquilos grazas aos bos resultados e a “chega-da dos novos xogadores que nos axudaron bastante e liberáronnos un pouco da presión”. Pero considera que lles falta asentarse nes-ta tendencia “enganchando un par de partidos bos”.

NavarraContra Navarra o COB

sumaba a quinta vitoria da tempada nun partido que se lle puxo moi de cara na pri-meira metade, chegando a ter unha vantaxe de �1 pun-tos. Pero na segunda meta-de, ben pola relaxación dos ourensáns, ben porque os xogadores de Navarra esti-

veron máis acertados no tiro as cousas mudaron. O certo é que cada minuto que pasaba se aproxima-ban máis e máis no elec-trónico, ata ter incluso posiblidades de levarse a vitoria; grazas a que nos últimos intres, Ryan Za-mroz estivo acertado nos tiros libres, fixo que a vi-toria se quedara na casa.

Sete días antes, contra un dos equipos favori-tos ao ascenso (Burgos), o COB estivo a piques de vencer. Ao final 74-75 logo de que a última posesión a fallara Ryan Zamroz, ao quedárselle curta unha bandexa nos derradeiros segundos do partido.

O COB é 12º con cinco vitorias, a unha do play off de ascenso

Page 5: 24 Xaneiro 2014 - BD Nº 91

BARRIOS DEPORTIVO�4 de xaneiro de �013

5BALONCESTO

O Pabellón recibe este sábado nos Remedios ao ADBA de Avilés

Redacción

Cinco son xa as derrotas que o Pabellón Ourense leva encadenadas. As tres primeiras ante os tres fa-voritos do grupo A da Liga Feminina � (Ensino, Ferrol e Al-Qázeres) parecían xus-tificables, pero as dúas úl-timas, ante Café O Barco e Cortegada -conxuntos sitos na metade da táboa, a mes-ma posición que debería ter o Pabellón-, xa non o son tanto.

Ante Café O Barco o conxunto ourensán foi su-perado por 71 a 4�, nun encontro que se decidiu no terceiro período. Durante a primeira metade a balanza

estivo bastante equilibra-da, de feito ao descanso as extremeñas tan só levaban unha vantaxede 4 puntos (31-�7), pero un terceiro parcial de 19-� sentenciou definitivamente a cita para o conxunto local. As ouren-sás intentaron salvar o ex-pediente nos derradeiros 10 minutos, pero Café O Bar-co seguiu sendo superior e a brecha no luminoso non fixo máis que ensancharse.

No caso do encontro ante o Cortegada de Vilagarcía, na última xornada de liga disputada ata o momento, a sentenza foi moito máis rá-pida. As pontevedresas asi-naron un primeiro parcial de 30-8 que deixou ao conxun-to ourensán ferido de morte.

Superar �� puntos de des-vantaxe é un reto imposible, e máis se o conxunto depen-de dunha única xogadora. Como nas citas anteriores

O Pabellón non levanta cabeza4 89-59 foi a estrepitosa derrota do conxunto ourensán fronte ao Cortegada de Vilagarcía.

a actuación máis destacada do encontro foi a da pavi-llonista Claudia Aponte que anotou 30 dos 54 puntos do seu equipo e recibiu ata 10 faltas. A moza está a con-verterse polo seu descaro e espontaneidade no xogo nunha das xogadoras máis temidas da liga.

E iso que este carácter arriscado de Aponte pásalle factura na súa porcentaxe de acerto, que baixou ata o �9% ao anotar, por exemplo, só 6 tiros de dous puntos dos �1 que intentou. Iso si, 40 mi-nutos dos 40 de partido na cancha, semellante número de tantos ás súas costas, 17 de valoración e tanta dis-posición a sacar adiante ao seu equipo incluso cando a situación semella non ter re-medio, fan que Claudia sexa a única que segue logrando o sobresaínte en citas que son para esquecer.

Lesións e baixas Tan negativos resultados

teñen parte da súa explica-ción nas lesións, así como nas baixas definitivas, de xogadoras chave do equipo. Arantxa Mallou sofre, den-de fai semanas, as conse-cuencias dunha escordadura

de nocello que está a ocasio-narlle máis complicacións das agardadas nun primeiro momento. Pola súa banda, recentemente coñeceuse que serán baixa de xeito definiti-vo Miriam Bolívar e Laura Kristina Saarinen. Tres au-sencias que se fan notar.

Vindeira citaEste sábado �5 de xanei-

ro, o Pabellón Ourense volta a xogar ante os seus searei-ros. Nesta ocasión verase as caras, ás �0 horas nos Re-

medios, co ADBA, equipo que ocupa a sétima praza na xeral (fronte á undécima do Pabellón) e que vén de vencer na pasada xornada a Café O Barco, polo que se as contas non fallan, será un duro rival para as rapazas de Benjamín Rodríguez.

Pero como as matemáticas non sempre acertan neste do deporte, agardamos que nesta ocasión fallen todas as estatísticas e o conxunto ourensán rompa, por fin, a súa mala racha.

Claudia Aponte durante o partido contra o Ensino disputado nos Remedios./RAMSÉS

Page 6: 24 Xaneiro 2014 - BD Nº 91

6 BARRIOS DEPORTIVO�4 de xaneiro de �013 FÚTBOL

Hugo nun partido do Barbadás nos Carrís./I. OSORIO.

Redacción

Partido sen complica-cións para o Barbadás na xornada número �� da Ter-ceira División. Enfronte un Cultural Areas que nada puido facer ante o empuxe dos homes de Jorge Regal.

No minuto sete, os locais xa dominaban no marcador, grazas a un gol de falta obra de Nuno; o porteiro visitan-te mediu mal a súa saída e o balón introducíase na súa portaría. Durante os primei-ros minutos o Barbadás pui-do aumentar a súa renda se Martín Pérez lograse o gol se chega acertar un remate só desde o lateral da área pequena. O Areas tivo a súa

Redacción

O Barbadás Feminino caeu derrotado no partido disputado en Salamanca contra o equipo local.

O conxunto ourensán mereceu máis neste en-contro no que na primeira

réplica a esta xogada tres minutos máis tarde nunha indecisión entre Berto e Al-fredo que finalmente saca este último na mesma liña de gol. Antes da media hora de encontro, novamente Martín Pérez erra unha oca-sión. O dianteiro prantase diante do cancerbeiro, pero o seu disparo despéxao este cos pés.

Xa na segunda metade César logra de cabeza o se-gundo gol azul á saída dun córner. E a pouco máis de sete minutos para o final, unha falta directa lanzada por Luis González desde a parte lateral esquerda cóase por enriba do porteiro Vitas. Antes de finalizar o encon-

Barbadás vence con claridade ao Cultural Areas4 Superouno por 3 goles a 0.

tro, Moisés a bocaxarro non logra o cuarto tanto local.

NovenoO Barbadás é noveno

con 33 puntos. Lonxe, a 13 puntos queda o descen-so. Por enriba, a sete está a promoción de ascenso. A vindeira xornada, os de Regal desprázanse ata Vi-lagarcía para enfrontarse ao Arosa, sétimo clasifi-cado con tres puntos máis -36- que os ourensáns.

parte dominaron dispo-ñendo das mellores oca-sións. Incluso unha xoga-da rematou no longueiro tras unha falta botada por Emma. A segunda parte foi máis igualada e con máis imprecisións en am-bas as áreas. No minuto 78

O Barbadás Feminino regresa derrotado de Salamanca4 Caeu por 2 a 0.

as locais adiantábanse no marcador e sete minutos máis tarde un penalti en contra das azuis senten-ciaba o choque. Era o dous a cero e non queda-ba tempo nin forzas para que as ourensás lograran algo positivo.

OitavasCon este resultado, o

Barbadás ocupa a oitava posición con 19 puntos tras 14 xornadas disputa-das, sete máis que o des-censo directo.

A vindeira xornada, as de Fofi recibirán ao Sar-doma. O cadro vigués é sétimo cos mesmo pun-tos que o Barbadás, 19.

O Barbadás atópase a sete puntos da promoción

Actual plantilla da Unión Deportiva Barbadás Feminino, que compite na Segunda Divi-sión do fútbol feminino nacional.

R.T.

O CD Barco e o CD Ourense B son os equipos ourensáns que están me-llor colocados no grupo sur da Rexional Preferen-te. Mentres, o Melias está a sufrir e ocupa a última praza.

O conxunto valdeorrés está nun momento doce. Das últimas 11 xornadas, oito vitorias e tres empa-tes é a bagaxe dun equipo que ten en Steve Ekedi ao seu artilleiro particular. O dianteiro suma 16 goles en �1 xornadas que se le-van disputadas na compe-tición.

O Barco é cuarto con 36 puntos, a tres da primeira posición, ocupada polo Sanxenxo. Segundo é o Ribadumia, 37 puntos (un máis que os barquenses) e terceiro é o Gondomar cos mesmos puntos que o Bar-co. Por detrás, o filial do Ourense está a tan só un punto. Con esta cuarta po-sición, o Barco disputaría a promoción dos cuartos clasificados á Terceira Di-visión. Pero aínda queda moita liga.

Ourense BA CD Ourense B tam-

pouco lle están a saír mal as cousas. Quinto clasifi-cado con 35 puntos, a tiro dun só punto da cuarta e

terceira posición, a dous da segunda e a catro do líder. Moi debaixo queda a zona de descenso á que nin tan sequera teñen que mirar. A nota negativa é a lesión do seu xogador Toni. O centrocampista lesionouse no partido contra o Melias e ten afectado o ligamento cruzado á espera de que as probas non reflexen algo máis grave.

MeliasQuen está na outra cara da

moeda é o Melias. O equipo do Pereiro de Aguiar ocupa a última posición da táboa con 13 puntos. Lonxe da salvación, que se encontra a

11 puntos.

Vindeira xornadaPara esta xornada o

Ourense B enfróntase ao Rápido Bahía o domingo ás 1� horas en Velle. O Barco recibe en Cabagaleiros ao Mondariz (domingo, 16.30 h) e o Melias visita o campo do Atios.

Pabellón xuvenilO Pabellón xuvenil de

División de Honra marcha na sexta posición con �9 puntos tras perder contra o Roces por dous goles a cero. Esta xornada recibe ao Bandanser o domingo ás 11.45 horas no estadio Mi-guel Ángel.

Barco e Ourense B dan a cara4 O Melias está a pasar máis apuros na Rexional Preferente.

O Ourense B mídese co Rápido Bahía este domingo 26 de xaneiro, ás 12 horas en Velle

O centrocampista Carlos nun encontro en Velle./I. OSORIO.

Page 7: 24 Xaneiro 2014 - BD Nº 91

BARRIOS DEPORTIVO�4 de xaneiro de �013

7FÚTBOL

R. Torres

Afortunado no xogo, de-safortunado no económico. O Club Deportivo Ourense está a sufrir un vía crucis económico nun momen-to no que no deportivo as cousas marchan por bo ca-miño.

Cuarto finalista da Copa Federación, quintos na Liga e non obstante do que máis se fala, case que do único que se fala, é do tema eco-nómico.

Afortunado no xogo, desafortunado no económico4 O CD Ourense está a sufrir un vía crucis económico nun momento que no deportivo as cou-sas marchan por bo camiño tanto na Liga como na Copa Federación.

Con dúas nóminas por liquidar aos xogadores do primeiro equipo, en camiño vén a terceira se non se fai fronte dalgún pago antes de que remate xaneiro, moi-tas son as voces que nes-tas datas fixéronse escoitar da situación delicada que se atravesa. O adestrador, Luisito, quen nas súas com-parecencias fala máis deste tema que do deportivo; xo-gadores que xa anunciaron o complicado que lles está a ser chegar a fin de mes; avi-

sos (aínda non son amea-zas) de tomar medidas se a situación continúa por esta deriva.

E a directiva, nun cane-llón sen saída. Sen lograr os tres obxectivos marcados a comezos da campaña, a tesitura está afogando aos directivos que non encon-tran solucións. A masa so-cial non responde como se esperaba; contábase con subir a 4.000 o número de socios, e apenas chegan aos 3.000. A empresa privada

arrima o ombreiro menos do previsto polos directi-vos. E as subvencións, cada vez máis pequenas, non chegan cando os manda-tarios queren. Por parte da Diputación xa anunciaron que ata que non presenten toda a documentación nece-saria non se lles fará ningún adianto nas axudas. O Con-cello non ten aprobado os orzamentos polo que máis tarde que pronto chegarán; en canto ao patrocinio polo Ourense Termal, máis do mesmo. Especúlase sobre unha cantidade ao redor dos 30.000 euros pero non se sabe cando se fará efectiva.

Todo isto fai que no plan-tel haxa incertidume para saber, a ciencia certa, cando poderán cobrar.

Todo isto xa se viviu en pasadas tempadas, pero nesta está collendo, ultima-mente, tintes apocalípticos.

DébedasPero as débedas non se

quedan nas nóminas sen satisfacer aos xogadores do primeiro equipo. Os do filial tamén teñen atrasos, o mesmo que os adestradores da base, persoal do club, provedores e a máis que sa-

bida débeda a Facenda (que engule �00.000 euros ao ano do orzamento do club).

O equipo, en cuartos, e quintos

A todo isto, o conxunto dirixido por Luisito xa está entre os oito mellores equi-pos da Copa Federación. O pasado mércores ven-ceu por 0-3 ao Marino de Luanco (con goles de Ós-car Martínez, Rubén Arce e Borja Valle) e firmou o pa-saporte aos cuartos de final. No partido de ida os rojillos gañaran por 1-0 con gol de Portela. Unha rolda máis e o club comezará a gañar diñeiro nesta competición. 12.000 euros se é seimifina-lista; 30.000 se chega á fi-

nal, e 90.000 euros se gaña a Copa. Un caramelo ao que non queren renunciar. Ao Ourense acompañarano en cuartos o Guadalajara, Balmaseda, Real Unión, Yeclano, Alcalá, Zaragoza B, e o vencedor da elimina-toria entre o Alcoyano e o Novelda.

E na Liga son quintos con 33 puntos a dous da promo-ción de ascenso, lugar que ocuparon ata esta xornada cando saíron dela ao caer derrotados en casa do Rá-cing de Ferrol por tres go-les a un.

Este domingo, ás 17 ho-ras o CD Ourense recibe ao Sporting de Gijón B. Os asturianos son novenos con �9 puntos.

A masa social non responde como se esperaba; as empresas arriman o ombreiro menos do previsto e as subvencións non chegan cando pretenden os directivos.

Os rojillos son cuarto finalistas na Copa Federación e quintos na 2ª División B

CD Ourense - Sporting de Gijón B, domingo 26, 17h -O Couto-

Borja Valle controlando o balón diante dun xogador do Celta B e de Pinillos./RAMSÉS.

Page 8: 24 Xaneiro 2014 - BD Nº 91

8 BARRIOS DEPORTIVO�4 de xaneiro de �013

FÚTBOL SALA

Iria Saeta preparada para lanzar a portaría./RAMSÉS

O Cidade As Burgas deixa a sete puntos o descenso directo

4 Xornada 15 - 25 de xaneiroOrvina - ValliranaGironella - RiojaPonte Ourense - AmarelleSoto del Real - AlicanteAlcorcón - BurelaPoio - At. de MadridRoldán - MóstolesFerrol - Cidade As Burgas

4 Xornada 16 - 1 de febreiroOrvina - RiojaGironella - At. de MadridCidade As Burgas - AmarelleSoto del Real - BurelaAlcorcón - ValliranaPoio - MóstolesRoldán - Ponte OurenseFerrol - Alicante

R. Torres

O Cidades As Burgas tiña un difícil compromiso con-tra o Soto del Real que se saldou cun 5-1 a favor e con varias lesionadas.

Figo ten rotura de liga-mentos no nocello dereito polo que estará fóra das canchas máis dun mes; Va-nessa ten unha contractura nun xemelo que a falta de probas a ten afastada dos adestramentos; e Peke e Sonia Pacios teñen un for-te golpe nun nocello. Mal panorama para afrontar o importante partido contra Valdetires Ferrol.

O encontro estivo mar-cado pola posición na cla-sificación. Os dous equipos querían a vitoria para esca-

Vitoria do Cidade nunha batalla con baixas4 O Cidade As Burgas vence ao Soto del Real pero lesiónanse varias xogadoras.

par dos postos de abaixo.As cousas comezaron a ir

de cara ás franxiverdes des-de o primeiro minuto cando Iria facía o 1-0; Vanessa sacaba un córner que Iria introducía de forte disparo desde fóra da área. Figo no minuto 8 lograba o segun-do tanto local de potente disparo desde 10 metros. Antes do descanso, Vanessa lograba o 3-0 de dobre pe-nalti; pola contra as madri-leñas fallaban neste período dous lanzamentos desde os 11 metros.

Ao pouco da reanudación Iria lograba o cuarto para as locais; Sonia roubaba o balón e o contragolpe re-mataba no fondo da rede. As madrileñas recurtarían distancias co gol de Coral

nunha contra tras perda de balón de Candela, quen volvía despois de varias xornadas sen entrar na con-vocatoria.

IriaTardou en debutar esta

tempada por mor dunha lesión traicioneira. Nos primeiros minutos que dis-putaba notábase falta de rit-mo, pero contra o Soto del Real viuse a Iria Saeta de sempre. A ourensá redon-deu o seu gran partido co quinto gol do Cidade, ter-ceiro na súa conta particu-lar. O Soto decidírase polo xogo de cinco, acción que aproveitaría Iria para, des-de medio campo e a porta baleira conseguir o gol.

FerrolPara a xornada número 16

o Cidade ten un complica-do desprazamento a Ferrol para enfrontarse ao Valde-tires. O conxunto da cidade departamental é 15º con 8 puntos, a tres da salvación. Sacar algo positivo (empate ou vitoria) deste despraza-mento suporía alonxar un pouco máis a un rival direc-to pola permanencia. Nove puntos separan a ourensás de ferrolás na táboa. Eri é a máxima realizadora do Val-detires con seis goles.

Vanessa Sotelo co balón controlado./RAMSÉS

Redacción

Galicia comezou con bo pé o Campionato de España de Seleccións Te-rritoriais de Fútbol Sala Feminino, grazas á actua-ción de dúas das xogado-ras do Cidade As Burgas convocadas para a cita.

María Romero e Can-dela foron autoras dos dous goles que lle deron a vitoria á selección ga-lega fronte a Aragón, no primeiro encontro da no-sas representantes na cita nacional, que se celebra en Burela (no pavillón de Vista Alegre) do �� ao �6 de xaneiro. Xunto a elas tamén viaxou á localida-de lucense a franxiverde Antía Piñeiro.

Este primeiro partido tivo lugar o pasado mér-

cores, e nel Galicia im-púxose por un axustado � a 1 a Aragón, a pesar de que as galegas comezaron o en-contro moi nerviosas, pero pouco a pouco fixéronse dominadoras.

Seguintes citasA seguinte cita da selec-

ción galega será este ven-res �4 ás 1� horas, cando se mida con Andalucía.

Dos resultados acadados por Galicia, Aragón e An-dalucía (grupo A) decidi-rase quen pasa a semifinais (acceden os mellores dos tres grupos que compoñen o campionato e o mellor segundo clasificado).

As semifinais terán lugar o �5 de xaneiro ás 11 e ás 13 horas. E a gran final o domingo �6, ás 1� do me-diodía.

CAMPIONATO DE ESPAÑA DE SELECCIÓNS TERRITORIAIS

Galicia gaña a Aragón con goles verdibrancos

Page 9: 24 Xaneiro 2014 - BD Nº 91

BARRIOS DEPORTIVO�4 de xaneiro de �013

9FÚTBOL SALA

O Ponte Ourense recibe este sábado (17 horas) ao Viaxes Amarelle

Primeira División FSF - 12ª xornada

Posto Equipo Puntos1º At. Madrid 38 �º Burela 37 3º Alcorcón 344º Alicante �65º Gironella �36º Roldán ��7º Amarelle �1 8º Ponte Ourense 199º Rioja 1910º Poio 1711º Cidade As Burgas 17 1�º Móstoles 1513º Soto del Real 1114º Orvina 1015º Ferrol 8 16º Vallirana 3

R. Torres

O Ponte Ourense vence con solvencia a Móstoles por dous goles a cinco. O partido foi moi intenso e emocionante coas dúas es-cadras en busca da vitoria. Tanto Móstoles coma Pon-te, dous equipos que, por xogadoras, tiñan que estar loitando polo título, come-zaron moi mal a tempada. Isto fixo que ningún dos dous conxuntos poida loitar polo campionato, pero si que teñen opcións de acce-der a unha praza na Copa de España.

Por ese obxectivo é polo que loita cada xornada o equipo dirixido por Óscar Vivián. A partir de agora e ata final de tempada, cada xornada é importante para As pontinas so

pensan en entrar na Copa de España

O Ponte Ourense vence con solvencia ao Móstoles4 2-5 foi o resultado a favor das ourensás.

logralo, e se é contra un rival co mesmo obxecti-vo a importancia elévase a condición de vital. Con este aliciente saltaron á cancha do pavillón Villa-fontana madrileñas e ga-legas. Tras uns primeiros minutos tanteándose, o Ponte golpeu primeiro e por dúas veces nun minu-to. Rosángela por partida dobre lograba o primeiro nun man a man coa can-cerbeira local, e o segun-do tras un pase de Anita. Xusto antes de que finali-zara esta primeira metade e tras un asedio constante das locais que se topaban cunha acertadísima Va-nessa, Eva Menguán re-curtaba distancias e poñía o 1-� no electrónico ao aproveitar un pase en lon-

go de Patri Chamorro.Xa na segunda parte,

as albinegras lograban outros dous tantos de for-ma consecutiva. No minu-to �5, Rosángela lograba o terceiro da súa conta particular que coincidía co terceiro do seu equipo. O segundo deste rexistro goleador foi obra de Anita no man a man coa portei-ra. 1-4 e vislumbrábase unha vitoria visitante.

Tramo finalInma, de potente dis-

paro desde fóra da área, recortaba distancias (�-4). Unhas e outras tentaban contemporizar as súas posesións e co paso dos minutos, o Móstoles co-rría máis riscos sobre a cancha en busca dun tanto

que lle metese de cheo na pugna polo triunfo; polo que xogaba de cinco, pero sería o Ponte quen pecharía o choque cun tanto de Vane desde cancha propia a por-ta baleira. �-5 e tres puntos importantes para as albine-gras, que con esta vitoria suman 19 puntos e ocupan a oitava posición.

Loita pola CopaO Ponte Ourense tras

dous empates (Rioja e Atlé-tico de Madrid) e a vitoria sobre Móstoles busca como obxectivo ata final de cam-paña ascender ata a cuarta posición que lle dea derei-to a participar na Copa de España. Na oitava posición, con 19 puntos, o camiño é complicado, xa que este ano pasan de oito a catro

os equipos que participen na fase final da cita copeira. As pontinas están sete pun-tos por debaixo desa cuarta posición que ocupa actual-mente a Universidad de Alicante (�6 puntos). Pero se complicado é ascender ata esa cuarta posición, tan-to ou máis aínda o é o ter que sobrepasar na clasifica-ción aos equipos que se en-contran entre esa cuarta po-sición e a novena que ocupa o Ponte. En quinta posición está o Gironella, con �3 puntos; sexto o Roldán, con ��, e sétimo o proximo rival, o Viaxes Amarelle con �1 puntos. Os rivais de máis renome para esa cuar-ta posición son o Alicante e o Gironella por traxectoria (acostuman participar cada ano na cita copeira ao es-tar arriba na clasificación). Roldán e Amarelle parecen máis asequibles aíndas que as murcianas son fortes na súa casa e as herculinas ba-sean a súa solvencia na gran defensa que posúen.

A empresa é complexa, pero non menos certo é que o conxunto ourensán está nunha clara liña ascendente.

Viaxes AmarelleEste sábado �5 o Ponte

Ourense recibe a partir das 17 horas ao Viaxes Ama-relle na cancha central dos Remedios. Na escadra co-ruñesa están xogadoras da categoría de Lucía Nespe-reira ou María Dolores del Pilar “Dolo” (campioas de Liga e Copa co Burela a pa-sada tempada). Tamés esta nas súas filas Laura Pérez, ex xogadora do Cidade As Burgas.Vanessa nun penalti a favor do Atlético de Madrid que non foi gol. /RAMSÉS

A xogadora do Atl. de Madrid, Leti, co balón diante da pontina Raquel de Souza. /RAMSÉS.

Page 10: 24 Xaneiro 2014 - BD Nº 91

10 BARRIOS DEPORTIVO�4 de xaneiro de �013

ACTUALIDADE

Redacción

A última xornada dispu-tada ata o momento da liga provincial masculina de fút-bol sala acolleu os enfron-tamentos entre os equipos colocados na zona alta da clasificación contra os que loitan por eludir o descenso, o que deu lugar a resultados moi avultados a favor dos primeiros, entre os que des-tacou o �0-4 que lle endosou A Veiga ao Outomuro FS, ou o 13-0 do En Xogo ao Café

A Veiga e En Xogo golean4 O primeiro venceu por 20 a 4 ao Outomuro; e o segundo, por 13 a 0 ao Piorno.

Bar O Piorno-Ourense FS. Pola súa banda, na pro-

vincial feminina destaca o sufrido triunfo (0 a 1) do Ci-dade de Ourense na sempre difícil cancha do Peroxa.

Tamén é de destacar a vi-toria do EDC Celanova na cancha do equipo revelación da categoría, o Ábedes FSF.

Liga local de OurenseNa liga local de Ourense,

dentro do grupo A destacou a vitoria do Pub Night sobre O Faíscas por 8 goles a 1,

así como a do Recreativos Saiz-Mundourense sobre o V98/Bar Aradia, que ven-ceu por �-1. O que fai que a loita polas dúas prazas pen-dentes (para situarse entre os cinco primeiros equipos, que pelexarán polo ascen-so) a estea disputando catro conxuntos distanciados a só tres puntos.

No grupo B semella todo moito máis claro, dado que a distancia entre o quinto clasificado e o sexto é xa de seis puntos, o cal, cando só

quedan cinco xornadas, pa-rece que ten a clasificación case definida, salvo que xurda algunha sorpresa.

Liga do CarballiñoNa liga do Carballiño,

non fallou ningún dos que marchan na cabeza da cla-sificación.

O líder, o Gestamp, pa-sou moitos apuros para imporse por 5 goles a 4 ao Cerber/Copetin, pero esta vitoria manteno á fronte da clasificación. Seguido a tres puntos polo Garabás e a 4 polo Dacón FS.

Vindeira xornadaNa xornada do �5 de xa-

neiro agárdanse disputas moi intensas na liga pPro-vincial, ao verse as caras os catro primeiros clasificados entre si. Ás 16 horas, no Pavillón do Pereiro, o Bar-badás (3º clasificado) míde-se co líder, A Veiga FS. Xa ás 18 horas, no Pavillón de Miraflores, será o momen-to de que se enfronten La Bull �.0 (segundo) e Bar En Xogo (cuarto). Tamén des-tacan, na parte baixa, o cho-que entre Bar Barela/Avión e Reguenga.

No caso da liga local de Ourense, dentro do grupo A, mediranse nesta xorna-da o AGS 11 Barrocás e o Pub Night, que disputan as

últimas oportunidades de entrar nos cinco primeiros.

Dentro do grupo B, o par-tido máis importante será o que enfronte a Cidade As Burgas e Os Peares, que loitan por conseguir o título da fase regular.

Xa na liga do Carballi-ño destacan, na loita por abandonar a zona baixa da clasificación, os partidos entre Mesón do Sol e Feti-che/Lago, e entre Atlético Maside e Agrícola Sobra-do/Gasoleos Ateneo.

Por último, na liga pPro-vincialfeminina o partido máis destacado é o que en-frontará os equipos Cidade de Ourense e Verín.

Redacción

O Club Ciclista Maceda (Actyon-Merida-Acade-mia Postal) foi nomeado como mellor equipo galego

de BTT. O domingo 19 de xaneiro celebrouse a gala anual do ciclismo galego en Ponteareas, na que se fixo entrega dos premios nas es-pecialidades de ruta, BTT e

O Club Ciclista Maceda, elixido o mellor equipo galego de BTT4 Na gala que premiou aos mellores ciclistas.

ciclocross.En BTT, Eva Álvarez re-

cibía o seu recoñecemento como campioa de España júnior; Marcos Villar, pola súa medalla con Galicia na proba por equipos do Cam-pionato de España; Saúl López, como mellor sub�3 do calendario galego; Eva Álvarez, como mellor jú-nior e Xiana Conde como mellor cadete.

En ciclocross, Iván Fei-joo foi premiado pola súa medalla con Galicia nos recentes Campionatos de España de ciclocross, e ta-mén recibiu o o premio que o acredita como mellor ca-

dete. E Xiana Conde reci-bía o galardón como mellor júnior.

Cita nacionalIván Feijoo acadou a me-

dalla de bronce, coma inte-grante da selección galega cadete, no Campionato de España de ciclocross cele-brado en Castellón. A súa primeira presea de ámbito nacional.

Individualmente, Saúl López foi sétimo na carrei-ra sub�3; Xiana Conde, 13ª en júnior; Raúl González, 19º tamén en júnior; e Ivan Feijoo e Román Saa, �1º e 39º na categoría cadete.

Grupo de deportistas do club macedán premiados na gala anual do ciclismo galego.

Equipo do AGS 11 Barrocás de Primeira División./FOTO CEDIDA DELEGACIÓN F.SALA.

Plantilla do Castrelo de Miño FSF da Provincial./FOTO CEDIDA DELEGACIÓN F.SALA.

TIROPrimeiros resultados en EiroásRedacción

Xa se coñecen as cla-sificacións das primeiras competicións deste �014. Na primeira xornada da XXVI Copa Ourense de Armas Neumáticas par-ticiparon 17 deportistas, con Juan Carlos Ferreño (556 puntos) e Nuria Mera (365 puntos) ofrecendo as mellores puntuacións en pistola sénior e damas, respectivamente.

En canto á Liga 9mm Parabelum, na primeira proba do ano acudiron 10 tiradores, sendo os mello-res Juan Doval, con 534 puntos, en categoría sé-nior, e Ángel García, en veteranos.

Tirada de San Sebas-tián

O próximo domingo �6 o club ourensán acolle a tradicional tirada social de San Sebastián, festividade do seu patrón.

Iván Feijoo foi medalla de bronce no Campionato de España de ciclocross.

Houbo recoñe-cementos indivi-duais para Eva Álvarez, Marcos Villar, Saúl López, Xiana Conde e Iván Feijoo

Page 11: 24 Xaneiro 2014 - BD Nº 91

BARRIOS DEPORTIVO�4 de xaneiro de �013

11ACTUALIDADE

Ata o 24 de xanei-ro, renovación de inscricións, e do 29 de xaneiro ao 5 de febreiro, ma-trícula para novos usuarios

A matrícula está aberta do 29 de xaneiro ao 5 de febreiro para novos usuarios

José e Ezequiel Gago na demostración de yang tai chi.

Novos prazos de inscrición nas Escolas Deportivas4 O campus de Ourense abre as matriculacións para as ac-tividades deportivas do se-gundo cuadrimestre.Redacción

O Servizo de Deportes do campus de Ourense abre un novo período de inscricións nas Escolas Deportivas para o segun-do cuadrimestre. As acti-

vidades están dirixidas só á comunidade universitaria (alumnado, profesorado e PAS) e existen dous perío-dos de matriculación: ata o �4 de xaneiro para quen teña que renovar a súa ins-crición e do �9 de xaneiro

Redacción

Durante o Nadal o mestre ourensán José Gago partici-pou en varias xornadas de-dicadas ao tai chi en China.

O 31 de decembro de �013 celebrouse un Cam-pionato Internacional de Tai Chi, na modalidade de equipos e categorías de for-mas sincronizadas de puño e armas, como homenaxe e celebración do 110º aniver-sario do nacemento do gran mestre Fu Zhog Wen.

Ao final do campionato celebráronse as demostra-cións de wushu. José Gago, coa axuda do seu fillo Eze-quiel Gago, realizou unha demostración de yang tai chi.

Das 16 demostracións, a do ourensán foi a única que realizou aplicacións mar-ciais de tai chi posto que en China é máis un exercicio para a saúde.

“O máis emocionante”Para Gago, este foi o mo-

mento máis emociónante e

O mestre de tai chi, José Gago, regresa de China4 Tras varias xornadas inten-sas dedicadas ao tai chi.

comprometido dos seus 38 anos de práctica de wushu debido á realización dun-ha demostración en China ante 500 competidores e moitos mestres de wushu e tai chi. Ao remate da exhibición toda a xente quería tirar fotos cos dous ourensáns. “Foi o momen-to máis emocionante da miña carreira deportiva”, relataba Gago.

O ano comezou para o mestre ourensán partici-pando na inauguración dunha nova escola de tai chi en China, e a partir do � de xaneiro, acudía ao parque onde se xuntaban os alumnos de Fu Sheng Yuan, para adestrar todos xuntos as formas de tai chi.

ao 5 de febreiro para novos usuarios.

A oferta do campus uni-versitario inclúe, entre outras actividades, GAP, defensa persoal-artes mar-cíais, boot camp, ciclo in-door, rugbi, squash, volei-bol, tenis, xadrez, natación, aquagym, pilates, ioga, iudo, aeróbic, tai chi, ou wushu.

A actividade das Escolas Deportivas retomarase o 10 de febreiro e manterase ata o 1� de abril; tras un breve descanso, o �1 de abril rei-niciaranse para rematar o curso o 7 de xuño.

Para matricularse é pre-ciso consultar primeiro no Servizo de Deportes se hai prazas vacantes na Escola

Deportiva correspondente, reservar praza, efectuar o pagamento e presentar a documentación no mesmo servizo nun prazo de 48 horas desde que se realice a reserva de praza. Os in-teresados deberán cubrir un cuestionario de aptitude para a actividade física. [+ info no SIOPE do campus

de Ourense, no 988 387 10� ou en [email protected] ]

“O momento máis emocionante da miña carreira de-portiva”, relataba Gago en referen-cia á súa demos-tración en China

Page 12: 24 Xaneiro 2014 - BD Nº 91

1� BARRIOS DEPORTIVO�4 de xaneiro de �013 NATACIÓN

Salvour desprazará a Carballo os seus mellores deportistas de cada idade

Redacción

O domingo 1� de xanei-ro celebrouse na piscina de Ponteareas o festival de estilos de natación máster. Nadáronse as probas de estilo individual 400, �00 e 100.

Do Pabellón Ourense competiron tres nadadores: Manuel García Colomo, Carlos Boo e Manuel Gó-mez Sousa. Tanto Carlos Boo como Gómez Sousa lograron mellorar as súas marcas nas dúas probas que nadaron (�00 e 100 esti-los).

Manuel García Colomo nadou nas tres distancias, proclamándose campión absoluto nos 400; nas outras dúas probas estivo

4 Campionato Galego de Longa Distancia

O sábado 11 de xanei-ro celebrouse o Campio-nato Galego de Longa Distancia. Desta cita saíron tres campións ga-legos. Laura Pimentel en sénior feminino; Marc Ciurana, en sénior mas-culino e Mara Vélez en categoría infantil.

Ademais destes títu-los, logrou a medalla de bronce Ana María Santis en júnior. Miguel Pimen-tel foi sétimo en júnior; Andrea Sabuz, 11ª en in-fantil e Andrea Bello 16ª na mesma categoría que esta última.

no podio.

Campionatos galegosPara o mes de febreiro

disputaranse os campio-natos galegos (día �) onde haberá unha gran participa-ción do Pabellón Ourense -entre 10 e 1� nadadores-. Aos nacionais que terán lu-gar en Palma de Mallorca (días �0, �1, �� e �3 de fe-breiro) acudirán os irmáns García Colomo, Antonio, Manuel e Cristina.

Chega a última xornada da liga galega de salvamento en augas pechadas4 Salvour preséntase co obxectivo de conso-lidar a posición nas distintas categorías.Redacción

O vindeiro sábado día �5 de xaneiro dispútase na piscina municipal de Carballo a quinta e última xornada da liga galega de salvamento acuático en augas pechadas.

Esta xornada desenvol-verase en dúas sesións: unha de mañá para as ca-tegorías inferiores e outra de tarde para os maiores. O club ourensán Salvour, dirixido por José Manuel Paredes, preséntase a esta última cita coas expec-tativas postas en manter as posicións actuais nas táboas clasificatorias das diferentes categorías. Para iso convócanse nesta oca-sión, para desprazarse á localidade coruñesa, aos mellores deportistas de cada idade.

En categorías alevín David Paredes Fuente-fría, Pablo Serrano Pérez, Xián Breogán Rodriguez e Carla Rodríguez par-ticiparán na proba de �5 metros arrastre de mani-quí. En categoría infantil Uxía Conde Fuentefría e Samuel Quintas Rivera disputarán os 50 metros socorrista e �5 rescate de maniquí, mentres que en cadetes Lucía Serrano Pérez e Álvaro Rodríguez Delgado faran a proba de 100 metros supersocorris-ta.

Pola tarde, entran en liza os maiores, onde en

categoría sénior Julio Igle-sias, Cecilia Martínez, Cris-tina García Colomo, María Estrada e Andrea González Varela participarán en 100 metros socorrista, 100 me-tros rescate con aletas e 50 metros rescate.

FavoritosComo durante toda a tem-

pada, os primeiros postos disputaranos os clubs máis

Samuel Quintas na liga galega de salvamento de augas pechadas.

Festival de estilos de natación máster4 O ourensán Manuel García Colomo foi cam-pión absoluto nos 400.

potentes de Galicia que son, entre outros, o club anfitrión Sysca e os clubs de Sada (Sasa), Cerceda, Arteixo (Salvar), Umia e Laracha.

Do Pabellón Ourense competiron tres nadadores: Manuel García Colomo, Carlos Boo e Manuel Gómez Sousa.

Boo e Gómez Sousa melloraron marcas en 200 e 100 estilos, García Colomo foi podio nesas dúas distancias

Page 13: 24 Xaneiro 2014 - BD Nº 91

BARRIOS DEPORTIVO�4 de xaneiro de �013

13ACTUALIDADE

4 Axenda deportivaFútbol- Día �6 de xaneiro. O Couto. Ourense - Sporting B. �ªB.- Día �6 de xaneiro. Velle. CD Ourense B - Rápido Bahía. Rexional Preferente.- Día �6 de xaneiro. O Barco de Valdeorras. Barco - Mondariz. Rexional Preferente.- Día � de febreiro. Os Carrís. UD Barbadás - Bertamiráns. 3ª División.- Día �6 de xaneiro. Estadio Miguel Ángel. Pabellón Ourense - Bansander. División de Honra xuvenil.- Día � de febreiro. Meliás. Meliás - CD Barco. RP.Baloncesto- Día �5 de xaneiro. Os Remedios -�0.00h-. Pabellón Feminino - ADBA. Liga Femenina �.- Día �6 de xaneiro. Os Remedios -1�.00h-. ABO - Be-tanzos. Liga EBA.- Día � de febreiro. Os Remedios -�0.00h-. Pabellón Fe-minino - Universidade de Oviedo. Liga Femenina �.Atletismo- Día �5 de xaneiro. Módulo de atletismo dos Reme-dios. XXXI Copa Deputacion.Fútbol sala - Día �5 de xaneiro. Os Remedios -17.00h- Ponte Ourense - Viaxes Amarelle. 1ª División.- Día 1 de febreiro- Os Remedios -17.00h- Cidade As Burgas - Viaxes Amarelle.Balonmano- Día �5 de xaneiro. Anexo Os Remedios -18.30h- Ba-lonmán Pabellón - Lalín. 1ª Estatal.- Día �5 de xaneiro. Pavillón dos Remedios. Pabellón Balonmán Ourense - Ferrolterra. 1ª Autonómica.Tenis de mesa- Día 1 de febreiro -10.30h- Paco Paz. Galmédica Ouren-se TM - Mercantil Vigo “B”. 3ª División Nacional.Voleibol- Día 1 de febreiro. Os Remedios. Dompa Gestión - CV Bruxas. �ª División A Galega.- Día 1 de febreiro. Paco Paz. Caldaria Voleiourense - Xuve-nil Teis B. �ª División A Galega.Tiro- Día �6 de xaneiro. Club de tiro Eiroás. Campionato Autonómico Social - Trofeo San Sebastián.- Días 1 e � de febreiro. Club de tiro Eiroás. XXVI Copa Deputación de Ourense. Nas modalidades de pistola e carabina.Rugbi- Día �5 de xaneiro - Campus de Ourense. Campus Ourense Rugby - Pontevedra. Sénior Galega.Hoquei sala- Día �5 de xaneiro - Pavillón municipal de Oira - 16.00h - Pabellón - Barro. 1ª Galega.- Día �5 de xaneiro - Pavillón municipal de Oira - 19.00h - Albor - Apóstol. 1ª Galega.- Día 1 de febreiro - Pavillón municipal de Oira - 17.00h - Apóstol - Pabellón. 1ª Galega.

O fútbol sala será un dos protagonistas nestas datas.

O xerente de Copersa, Antonio García, e os responsables comerciais,Servando Pardo e Paula Losada, na presentación do novo Seat León ST.

Presentación do novo Seat León ST

O pasado 14 de xaneiro a caravana que presenta o novo Seat León ST fixo un alto no concesionario Seat de Ourense, Copersa. Sete modelos deste coche pui-deron ser probados polo público que se achegou ata as súas instalacións. A versatilidade é a marca da nova versión do Seat León, cunha motorización que vai desde os 86 cv ata os 184 cv, e unha gran ca-pacidade do maleteiro (ata 1.075 l). Estará á venda desde 14.500 euros.

Page 14: 24 Xaneiro 2014 - BD Nº 91

14 BARRIOS DEPORTIVO�4 de xaneiro de �013

POLIDEPORTIVO

Redacción

Remata a primeira vol-ta da Terceira División Nacional e o Galmédica TM ocupa a segunda pra-za tan só superado polo Helios Car Lunas.

O pasado sábado dispu-touse no pazo dos depor-tes Paco Paz o último en-contro da primeira volta da Liga de Terceira Divi-sión Nacional de tenis de mesa entre o Galmédica Ourense T.M. e o Chine-las T.M. de Cambados. O encontro foi moi rifado como fai ver o resultado final de 3 a 4 a favor dos

Redacción

O 1 de febreiro comeza unha nova edición do rán-

Redacción

A liga galega de clubs de xadrez chegou á súa segun-da xornada en todas as ca-tegorías o pasado 18 de xa-neiro. Na división de honra, o Club Xadrez Ourense perdía pola mínima ante o vixente campión, o Uni-versitario Vigués, por �.5 a 3.5, o que supón, a pesar da

4Liga Rías BaixasEsta fin de semana

volve a competición na liga Rías Baixas.

Por primeira vez a nosa provincia contará cun equipo na Primeira División Galega, P�1 Padel Club, que tratará de manter no máis alto o pádel da provincia, ante as mellores pas da comu-nidade.

Este sábado o conxun-to estréase na casa, ante o Mercantil de Vigo. O choque será ás 14.00 ho-ras no P�1 Padel Club.

Ademais, P�1 contará con outro equipo mas-culino, que disputará a Segunda División; e un equipo feminino, que se estrea este domingo en-frontándose ás xogado-ras de Padel Oira.

PáDEL

O ranking individual, a partir de febreiro4 Dará comezo o día 1.

king individual de padel no P�1 Padel Club.

Aberto a mozos e mozas, que xogarán baixo un for-

derrota, un bo botín en pun-tos para os ourensáns que aínda que non aspiran ao triunfo si teñen aspiracións de finalizar na zona alta, ao igual que na pasada campa-ña. Jorge Viterbo e Adrián Gómez lograron senllas vitorias mentres que David Gómez logrou táboas no seu enfrontamento.

Pola súa banda, o Liceo

visitantes.Con iso, o equipo ouren-

sán remata a primeira volta da liga na segunda posición da táboa clasifi-catoria, con oito vitorias e tres derrotas. Tan só é superado polo equipo de Bembrive, o Helios Car Lunas, que leva 10 vito-rias e unha derrota.

Vindeira citaA próximo fin de semana

o Galmédica desprázase a Vigo para enfrontarse ao último clasificado, C.T.M. Vigo. Dúas vitorias e 9 derrotas é a bagaxe do conxunto vigués.

TENIS DE MESA

O Galmédica, segundo trala primeira volta

xADREz

O Xadrez Ourense arrinca 2.5 puntos ao vixente campión de liga4 O Liceo cede ante o poderoso Círculo Ferro-lán por 0.5 a 5.5.

de Ourense tiña a difícil papeleta de enfrontarse ao forte conxunto do Círculo Ferrolán e unicamente foi capaz de lograr medio pun-to, de mans de Armando Sousa.

Primeira divisiónEn primeira división

destacaba a gran vitoria da Pena Recreativa ante o Xa-drez Galego de Vigo por un contundente 4-0; para esta rolda os peñistas aliñaron a clásicos do taboleiro ouren-sán como Antonio Villar e Manuel Vidal.

No derbi local entre Xa-drez Ourense “B” e Cam-pus de Ourense os filiais do Ourense impúñanse por 3.5 a 0.5, mentres que a Casa da Xuventude cedeu ante o Xa-drez Bueu por 1 a 3; idén-tico resultado que o Xadrez Ourense “C” ante o Marín.

Segunda e terceiraEn segunda cabe destacar

o gran triunfo do Loureiro do Couto por 4-0 ante o Lucena de Vigo, do mesmo xeito que o 4-0 do Celanova

ante o Universitario “B”. Tamén cultivaron vitorias o Xadrez Ourense “D” (3-1) e o Ateneo de Ourense (�.5-1.5), ante o Nigrán e o Lalín. Pola súa banda, o Xadrez Bande empatou en Chantada, mentres que Casa da Xuventude “B” cedeu pola mínima ante o Universitario de Vigo “C”.

En terceira, os peóns de Monterrei pasan a coman-dar a táboa trala súa vitoria ante o Lalín “C”, mentres que Xadrez Ourense “E” pasa ao terceiro posto tras superar ao Benchoshey Senior por 3-1

Clasificatorio para o Autonómico

O domingo pasado tivo lugar nos salóns da asociación de veciños de Barrocás o campionato clasificatorio para os au-tonómicos sub-8, sub-1� e sub-16 cunha ampla par-ticipación. En sub-16, An-gel Domínguez, Adrián Gómez e Miguel Puga ocuparon o podio; men-tres que en sub-1�, Mar-tín Gómez, Xurxo Gerpe e Martín Fernández foron ouro, prata e bronce, res-pectivamente.

Na categoría dos máis novos, Xoaquín López, Juan Saco e Alejandro Ga-rrido coparon os postos de privilexio.

De seguido, o � de fe-breiro terán lugar os preau-tonómicos sub-18, sub-14 e sub-10, restantes.Partida dunha das categorías menores.

mato de ránking por retos, podendo retar a xogadores que estean en posicións máis altas na clasificación, e intercambiando os pos-tos en caso de derrota.

O formato é de open mixto e pódese retar a un xogador ata 10 postos por enriba. Se o vencedor é o de menor ránking inter-cambiará posto co derro-tado. En cada xornada xo-garase como máximo tres partidos e cada xogador pode rexeitar un só reto por xornada.

Despois da clasificación final da última xornada, os oito primeiros xogarán un cadro final en formato eli-minatorias.

PrezoA inscrición terá un pre-

zo de 7 euros para socios e de 10 para os non socios.Imaxe do cartel do ranking individual de pádel.

Page 15: 24 Xaneiro 2014 - BD Nº 91

BARRIOS DEPORTIVO�4 de xaneiro de �013

15

4O RINCÓN DO MESTRE

Capítulo 26. Perfil dos edu-cadores-ensinantes.

O deporte de base ha de ser un auténtico festival de alegría, gozar, felicidade, ilusión convivencia, par-ticipación, etc.

As novas promesas han de sentirse realizadas tanto nas actividades formativas, como nas lúdicas e recrea-tivas. Esta misión corres-ponde aos técnicos-educa-dores, familia e profesores.

Características- Ante todo, experiencia

como deportistas e peda-gogos.

- Deben concienciarse de que son técnicos-educado-res.

- Deben dominar o tra-ballo que realizan e saber aplicalo.

- Experiencia como téc-nicos-educadores.

- Boa aparencia: indu-mentaria, forma física.

- Bos hábitos de vida e traballo.

- Han de ser persoas or-ganizadas: adestramentos, viaxes, etc.

- Han de ser bos comu-nicadores: explicar claro, saber escoitar, etc.

- Han de dispor sempre de tempo para os mozos de-portistas.

- Han de ser positivos:

ánimos, eloxios, optimis-mo.

- Han de ser xustos e ho-nestos coas novas prome-sas.

- Abertos a todo tipo de suxestións dos seus alum-nos.

- Mostrar un verdadeiro interese polos mozos de-portistas.

O que deben facer:- Han de ser unhas per-

soas tranquilas, comprensi-vas e non viscerais.

- Erradicar o termo ran-cor.

- Ser flexibles, pero impor a man esquerda cando o re-quira a situación.

- Mostrar en todo mo-mento o espello da alegría.

- Coñecer o perfil psico-lóxico dos mozos deportis-tas e tratalos de acordo ao mesmo.

- Estar en todo momento abertos ao diálogo. Incul-carlles ilusión e animalos constantemente.

- Informarlles sobre a alimentación, descanso e sustancias nocivas.

- Presentarse no traballo antes que os mozos depor-tistas.

- Non chamar á orde en público, pola contra pecha-ríanlles a porta da confian-za, do diálogo.

Deporte e realidade (XXVIII)

“O Turista, o equipo que mellor soubo frear o xogo efectivo do Ourense”

4TRIBUNA ABERTA

Cando fomos deuses (V)

8ª xornada.Calvo Sotelo A.P. 1 – 4

C.D. OurenseNo seu segundo partido

Lolín logra marcar, por dúas veces no segundo tem-po, ampliándose a nómina de goleadores do Ourense. Pito logra o primeiro tanto aos dez minutos e Carba-lleda aos 22 fan os outros dos tantos do equipo. Neste encontro rexístrase tamén como novidade o primeiro tanto encaixado polos roji-llos que o reciben aos trinta minutos da primeira parte por obra de Roca, medio-

campista do Calvo Sotelo. O encontro resulta de ab-soluto dominio do Ourense que amosa claramente por vez primeira a súa condi-ción de aspirante ao ascen-so.

O Calvo Sotelo nacera ao tempo nas Pontes de Gar-cía Rodriguez na provincia da Coruña e en Puertolla-no, na provincia de Ciu-dad Real. Ambas entidades créanse auspiciadas pola empresa estatal de dito nome no ano 60. O equipo galego logra o ascenso na tempada 63/64, descenden-

“O exercicio físico non se debe ver como un gasto de diñeiro, tempo e esforzo, senón como un investimento en saúde”

ACTUALIDADE

Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-3�.3�3.9�5. Depósito Legal: OU 185-�009. Redacción: r/ Valle Inclán �5 �º Of. 15 - 3�004 Ourense. Tel: 988 �39 634. Correo-e: [email protected]. Distribúe: Orixe. Imprime: Publicaciones Tameiga.Director: Ramsés Torres. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción e fotografía: Paula Lodeiro, Ramsés Torres, Silvia Nieto, Miguel Rejo. Colabo-racións: Alfonso Vilachá, José A. Santos

Nº91- Ano: VI - �4 de xaneiro de �013 - Difusión: 5.000 exemplaresEste periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Impreso en papel 100% reciclado.Se ten algún problema co reparto, pregámoslle que nolo comunique no teléfono 988 �39 634.

Unha vez superada a resaca do Nadal, e con algún quilo de máis (di-versos autores establecen a media de aumento de peso nas datas do Nadal en 2 kg), son moitos os que afrontaron o inicio do ano co propósito de facer exercicio. A maio-ría tiñan ben claro que querían conseguir: perder eses quilos que sobran, aumentar a masa muscu-lar, terminar esa carreira que sempre soñaches... estiveron entre os dese-xos máis comúns. Así, vimos polas rúas durante os últimos días novos co-rredores hipermotivados, lucindo orgullosos o ma-terial deportivo que lles deixaron os Reis Meigos e os ximnasios enchéronse de sufridores sobre unha bicicleta estática peda-leando até a extenuación. Pero son poucos os que aguantaron máis aló dese primeiro impulso post na-videño. Pasadas unhas semanas van perdendo a motivación e atopando escusas para saltarse a sesión de exercicio.

Cales son as causas polas que isto sucede? Vexamos: En primeiro lu-gar, a falta dun obxectivo realista, non se pode pre-tender baixar 5kg nunha semana, nin conseguir eses abdominais de por-tada de revista en dous

días, é pouco probable que se consiga e ademais nada saudable. Débese buscar un obxectivo a medio prazo con pequenas metas ao lon-go do camiño, avanzando paso a paso e superando as fochancas que seguro aparecerán. Desta manei-ra non se caerá en frustra-cións temperás e o resulta-do será máis duradeiro, xa que, ademais de crear un hábito de exercicio co que será máis fácil seguir tra-ballando, o corpo asimilou mellor os cambios que ex-perimentou.

En segundo lugar, a falta de coñecementos para con-seguir o obxectivo propos-to: “sei o que quero conse-guir pero non sei como”. Non hai que ter medo de informarse ben sobre como alcanzar o obxectivo, bus-car fontes fiables, pregun-tar a deportistas con expe-riencia, adaptar ás nosas posibilidades os plans de adestramento existentes... e sobre todo, seguir as indi-cacións dun profesional do sector adoita ser garantía de éxito.

E en último lugar, e creo que o máis importante, dé-bese ser realmente cons-ciente da gran importancia que ten o exercicio físico sobre a calidade de vida, previndo e curando enfer-midades e mellorando a vida diaria. Non se debe ver como un gasto de diñei-ro, tempo e esforzo, senón como un investimento en saúde.

Jose Mª Arribas Moreno, licenciado CCAFD, entre-nador persoal en ximnasio

Trabazos

4PRACTICANDO SAÚDE

Sobre os propósitos do comezo de ano- Han de procurar que

atopen neles uns amigos.- Nos descansos dos par-

tidos ou adestramentos non berrarlles, senón máis ben motivarlles, levantarlles o ánimo.

- Han de procurar que o vestiario sexa unha fonte inesgotable de alegría.

- Han de ser uns bos de-portistas e profesionais.

- Deben organizarse e preparar metodicamente os adestramentos, para iso de-ben dominar o traballo que realizan.

- Dar todas as explica-cións que os alumnos pi-dan.

- Que aprendan divertín-dose.

- Mentalizarlles de que gañar non é o máis impor-tante.

- Os obxectivos deben conseguirse aos poucos sen présas, para que asimilen o que teñen que realizar.

- Adaptar o deporte ao seu desenvolvemento psico-motor para que aprendan e gocen.

- Ofrecer aos mozos de-portistas unha amizade sin-cera.

- Evitar o castigo.- Non someter aos alum-

nos a unha presión innece-saria centrada nos resulta-

dos ou a clasificación.- Deben corrixir os

erros.- Deben procurar que

todos teñan as mesmas posibilidades de xogar.

- Utilizar as dimensións do terreo, o balón e as re-gras de xogo de acordo co nivel dos mozos xogado-res.

O que non deben facer:- Un plan de traballo

inadecuado para a súa idade.

- Ensinar ás novas pro-mesas se non están prepa-rados para tal fin.

- Levar a cabo a súa tarefa se non contan co material elemental de adestramento e coas ins-talacións adecuadas.

- Buscar só fins econó-micos.

- Prepararlles só para competir.

- Valorar os éxitos polos resultados dos partidos.

- Permitir aos pais en-trometerse no seu labor.

- Fomentar actitudes violentas, marrullerías, fullerías, etc. con adver-sarios e árbitros.

- Non preocuparlles por estar ao día.

Alfonso Vilachá, concelleiro de Deportes de

Ourense e entrenador

do nesta tempada por mor da reestruturación de cate-gorías imposta pola Fede-ración Española de Fútbol. Na década dos oitenta tro-ca o nome por Endesa As Pontes F.C.

9ª xornada.C.D. Ourense 4 – 0 Tu-

ristaO Turista fúndase como

Sporting Club Turista no 1927, pero a normativa ofi-cial do ano 40 que obriga a nacionalizar os nomes dos equipos de fútbol leva a que a entidade suprima o Spor-

ting do nome. A finales da década dos oitenta pasa a ser filial do Celta.

Con dous goles de Carba-lleda, un de Pataco e outro de Cortés firman unha nova vitoria relativamente có-moda na casa. Inda así pó-dese considerar ao Turista como o equipo que mellor soubo frear o xogo ofensi-vo do Ourense. A primeira parte remata cun solitario gol de Carballeda de ca-beza ao rematar un cen-tro de Cortés. De volta ao campo prodúcense os dous goles de Carballeda para

rematar o marcador cun espléndido gol de Cortés, que tras deixar tras del a varios marcadores acerta cun disparo seco desde a fronte do área.

[Quinta entrega sobre a historia do CD Ourense na

tempada 67/68]José A. Santos

Page 16: 24 Xaneiro 2014 - BD Nº 91

BARRIOS DEPORTIVO�4 de xaneiro de �013