xaneiro febreiro marzo m

2
21 Domingo / 18.00 h MARÍA FUMAÇA Xiqui, Xoque, Fiú, Fiú María Fumaça é un concerto-espectáculo para celebrar a vida. Os artistas lévannos a viaxar cando eles no tren máis festeiro. Nos seus vagóns o ambiente sempre é de festa e todo os que soben gozan de bo humor, de cancións- lambetadas e de ritmos-aloumiños. No Día da Lingua Materna, ao ritmo da rumba, da muiñeira, da samba, do hip hop ou do rock, a cantante Uxía e Compañía viaxan neste espectáculo creado para agasallar a Rui -un neno con capacidades especiais- e que nos reencontra cun mundo no que todo é posible, en especial a maxia e a felicidade. Intérpretes e autores: Uxía, Sergio Tannus, Magín Blanco e Santiago Cribeiro / Escenografía e deseño de iluminación: Andrés Giráldez / Deseño de son: Isaac Palacín / Dirección: Uxía Duración: 1 hora Público: a partir de 3 anos Prezo da entrada ordinario: 3 Prezo especial con desconto: 2 Rede Galega de Teatros e Auditorios 26 Venres / 21.00 h AULA 11, AMENAZA DE MUERTE, DUDE, KILLER CATS, STROBOS, LOWCOS, SON SEIS + e THE CERNE Rockarballo Esta noite é para gozar coa música. Rockarballo consolídase cada ano como unha cita imprescindible para os seguidores dos xéneros máis variados das melodías da capital de Bergantiños. Rock & roll, rock fussion, garage, pop e música electrónica faranse ouvir no Pazo da Cultura con ese característico estilo que lles dan as bandas de Carballo, desde as máis alternativas a outras de carácter máis clásico. Unha oportunidade única para tomarlle o pulso e escoitar a evolución e creatividade destas agrupacións así como á música que interpretan. Unha aposta pola diversidade musical na que versións de cancións xa coñecidas e novos temas de sinatura propia completarán o programa desta nova cita coa música máis urbana. Duración: 2 horas Público: Todos Entrada gratuíta até completar aforo 13 Domingo / 18.00 h EMEDOUS EMOCIÓN&ARTE Jim e a illa do tesouro O pequeno e valente Jim Hakins rexenta co seu pai unha pequena pousada na costa de Inglaterra. Diante do mar soña con vivir aventuras e converterse nun gran mariño. O destino fai que chegue ás súas mans o mapa do tesouro do pirata Flint e comezará unha viaxe por medio mundo ata chegar á Illa do Tesouro. Música, acción, liortas, humor, cancións corsarias e moitas sorpresas máis, a cargo de preciosos monicreques e piratas desapiadados, que nos trasladan a un mundo fantástico e aventureiro. Intérpretes/manipuladores: Rocío González e Toni Salgado / Voz en off: Afonso Agra / Música: Santiago Ramos / Frauta: Óscar López / Escenografía e monicreques: Javi Tirado / Vestiario: Mari Seoane / Idea orixinal: Jokin Oregi, Javi Tirado, Álex Díaz / Texto: Jokin Oregi / Dirección: Álex Díaz e Javi Tirado. Duración: 1 hora Público: a partir de 4 anos Prezo da entrada ordinario: 3 Prezo especial con desconto: 2 Rede Galega de Teatros e Auditorios 18 Venres / 21.00 h TALÍA TEATRO Foucellas Ano 1952. Un maquis, un guerrilleiro, un home do monte, un deses que a xente denominaba xenericamente un “foucellas”. Mesmo pode ser O Foucellas. Ou non. Nunha situación límite, acomete a súa derradeira acción: o atraco e secuestro dun labrador acomodado e da súa muller. Unha situación dramática, máis por veces divertida, na que se enfrontan a esperanza e o desespero. Foucellas é unha ficción que especula sobre un momento histórico, pero sobre todo unha reflexión sobre a utopía, a resignación, a vontade e, sobre a derrota. Esta é a última produción da compañía ceense Talía Teatro, que baixo dirección de Cándido Pazó presenta unha das historias máis arraigadas da memoria popular galega, na que a historia é un mito, e o mito unha ficción teatral. Intérpretes: Toño Casais, Artur Trillo, María Ordóñez e Dani Trillo / Escenografía: Dani Trillo / Fotografía e vídeo: Rubén Prieto / Iluminación: Afonso Castro / Vestiario: Martina Cambeiro / Axudante de dirección: Diego Rey / Dirección e Autor: Cándido Pazó. Duración: 1h 20 min Público: Adulto Prezo da entrada ordinario: 4 Prezo especial con desconto: 3 Rede Galega de Teatros e Auditorios 29 Venres / 21.00 h PRODUCIÓNS TEATRAIS EXCÉNTRICAS Os amores de Jacques o fatalista Jacques e o seu amo entreteñen o camiño con historias sobre a vida e o amor. Aproveitan para falar de mulleres sen pudor, pero, de súpeto, este “paraíso” masculino estrágase cando chegan á pousada da Pousadeira. Contos interrompidos uns polos outros, como acontece nas mellores conversas, tentan buscar a diferenza entre o namoramento e a sedución, entre o sentimento e o instinto, entre o engano e o enxeño, entre a paixón e a violencia, en definitiva, sobre os amores. Producións Teatrais Excéntricas estreará no escenario carballés o seu último traballo, unha adaptación de Quico Cadaval sobre a novela de Diderot, na que realzan a súa modernidade libertaria. Intérpretes: Víctor Mosqueira, Marcos Orsi, María Costas e Piti Sanz / Espazo escénico: Marcelino de Santiago “Kukas” / Deseño de iluminación: Octavio Mas/ Dirección musical: Piti Sanz / Autor: Denis Diderot / Dirección e adaptación: Quico Cadaval. Duración: 1h 30 min Público: Adulto Prezo da entrada ordinario: 4 Prezo especial con desconto: 3 Rede Galega de Teatros e Auditorios 31 Domingo / 18.00 h TALÍA TEATRO Rosa Caramelo e outras historias Illada nun xardín, Margarita é a única elefanta do grupo que non consegue que a súa pel sexa de cor rosa caramelo. Cando os seus pais desisten desa idea descubrirá o significado da liberdade e abrirá o camiño da igualdade para as súas compañeiras. Esta é a primeira das catro historias nas que tamén atopamos uns bonobos con lentes, ratos inmersos nunha feliz catástrofe e as tartarugas Artur e Clementina. Coa dirección de Paula Carballeira, Talía Teatro presenta un espectáculo infantil con música en directo e que se basea nos contos da italiana Adela Turín, que lle dá a volta a roles e estereotipos de xénero. Intérpretes: Artur Trillo e Fernando Fraga / Autora: Adela Turín / Dirección: Paula Carballeira. Duración: 45 min Público: Familiar (de 4 a 8 anos) Prezo da entrada ordinario: 3 Prezo especial con desconto: 2 12 Venres / 21.00 h A PANADARÍA Pan! Pan! Harry, un cowboy americano viaxa de Mississippi a Arkansas perseguindo un indio salvaxe que raptou a súa muller. Este antiheroe sufrirá moitas aventuras en fedorentas cantinas e en desertos cheos de perigos, onde redescubriremos o mundo sen lei dos ranchos vaqueiros. Un escenario baleiro, oito personaxes e toda unha banda sonora son os ingredientes desta divertida e tola obra que desmonta e reconstrúe os vellos westerns do remoto oeste. A Panadaría é unha nova compañía integrada por tres xoves intérpretes, que, con este primeiro e fresco espectáculo de creación propia, recibiron xa diversos recoñecementos, como o premio Xuventude Crea, un María Casares ou o Premio da Crítica 2015. Intérpretes: Areta Bolado, Noelia Fernández e Ailén Kendelman / Música orixinal: Ailén Kendelman / Atrezzo: Isabel Mouzo / Iluminación: Montse Piñeiro / Idea: Areta Bolado / Dirección: Areta Bolado, Noelia Fernández e Ailén Kendelman. Duración: 1 hora Público: Adulto (a partir de 10 anos) Prezo da entrada ordinario: 3 Prezo especial con desconto: 2 Rede Galega de Teatros e Auditorios 19 Venres / 21.00 h PRODUCCIONES VIRIDIANA Ligeros de equipaje. Crónica de la retirada En 1939 case medio millón de persoas cruzaron a fronteira francesa a través dos Perineos. Esta é a historia do home común, dos que viviron sen nada, dos que nunca volveron, dos que morreron de frío ou en campos de concentración franceses ou en bombardeos. Ligeros de equipaje son os anacos rotos da memoria de alguén que recorda sen querer recordar. Unha historia case esquecida, perdida no tempo. Unha crónica do exilio... Só dous actores interpretan a preto de cincuenta personaxes, ofrecéndonos un traballo emocionante e impactante, que nos atrapa desde o primeiro momento e que vén avalado por unha extensa e exitosa xira por toda España. Producciones Viridiana é unha das compañías aragonesas máis consolidada, cunha relevante traxectoria na escena nacional. Intérpretes: Javier García e Pedro Rebollo / Espazo sonoro: Juanjo Javierre / Vestiario: Laura de la Fuente / Escenografía e iluminación: Agustín Pardo / Dirección e autoría: Jesús Arbués Duración: 1h 30 min Público: Adulto Prezo da entrada ordinario: 4 Prezo especial con desconto: 3 Rede Galega de Teatros e Auditorios 27 Sábado / 21.00 h CANTAREIRAS ARUME Concerto 25 Aniversario Con motivo do 25º aniversario do nacemento do Grupo de Cantareiras de Arume, a formación quere agasallarnos cun espectáculo musical e visual da súa traxectoria no mundo da cultura e da música tradicional. Nesta celebración, as mulleres e homes que agora forman parte desta agrupación, realizarán un percorrido pola súa vida artística e persoal, onde haberá tempo para as lembranzas, os saúdos, as anécdotas, os sorrisos e, como non, a música e o baile. O grupo de Cantareiras Arume botou a andar como tal a partir do ano 1990 en Berdillo, integrado por algunhas compoñentes do coro infantil e da escola de pandeireta da Agrupación Cultural Arume. Desde ese momento, foise forxando a identidade dun grupo pioneiro na comarca de Bergantiños dedicándose, xunto a outros, á recuperación, conservación e difusión do patrimonio musical. Froito de todos estes anos de traballo, as Cantareiras de Arume levan colleitando premios e mencións, outorgándolles o recoñecemento e o respecto do público e dos compañeiros. No ano 2005 editaron, como Cantareiras de Berdillo, o cedé Sospirei boitei un ai. Duración: 1 hora Entrada gratuíta até completar aforo Organiza: Asociacións Cultural e Xuvenil Arume Colabora: Concello de Carballo 4 Venres / 21.00 h TEATRO DO NOROESTE Palabras malditas Na escura España da posguerra, en plena época de represión e asasinatos, dous seres marxinados, un profesor expulsado e unha prostituta esfórzanse por atopar a felicidade. Coinciden nunha sórdida pensión da Coruña e, a pesar das aparentes diferenzas que os separan, aferraranse un ao outro como a única táboa de salvación no inmenso océano de soidade. Palabras Malditas é un espectáculo teatral sobre a amizade e sobre o amor máis alá das circunstancias, máis alá da propia natureza e do momento histórico no que toque vivir. Eduardo Alonso é o autor e director desta obra, Accésit do Premio Lope de Vega 2014, que pon en escena unha das compañías galegas de máis longa traxectoria, Teatro do Noroeste. Os protagonistas son dous populares actores galegos cunha presenza importante na escena española, Miguel Ínsua e Sara Casasnovas. Intérpretes: Miquel Ínsua, Sara Casasnovas, Luma Gómez e Inma Antonio / Escenografía e vestiario: Paco Conesa / Composición musical: Fernando Alonso / Dirección e autoría: Eduardo Alonso. Duración: 1 h 30 min Público: Adulto Prezo da entrada ordinario: 4 Prezo especial con desconto: 3 Rede Galega de Teatros e Auditorios 6 Domingo / 18.00 h AS MAIMIÑAS Unha viaxe polo mundo Sabes cantar? Gústache bailar? Daquela, estamos listos para viaxar! As Maimiñas son Lucía e Irene, ou o que é o mesmo, Mai e Miña, dúas nais que un día decidiron actuar para os seus fillos. Foi entón cando comezaron a facer o que querían que visen os nenos: un espectáculo de música e contos nos que puidesen participar activamente. Dende entón, as súas aventuras téñenas levado por auditorios de toda Galicia. En Unha Viaxe polo mundo as nenas e os nenos e as súas familias cantarán, bailarán e gozarán durante máis dunha hora dunha viaxe ben festeira. Intérpretes e autoras: Lucía Lago e Irene Álvarez Duración: 1 h 10 min Público: de 1 a 10 anos Prezo da entrada ordinario: 3 Prezo especial con desconto: 2 www.apego.gal 11 Venres / 21.00 h CHICHARRÓN Presentación do disco Postal Chicharrón foi o nome que lles puxo Alberto Gende moito antes de que Xurxo, Mar, Rubén, Diego e Alberto se xuntasen. Chicharrón foi tamén o nome do seu primeiro disco. Dez cancións aclamadas por crítica e público que, ademais de formar un Lp, resultaron formar un mapa que eles mesmos inventaron para fuxir do seu particular inverno baleiro e eterno e chegar onde agora están: no seu propio camiño. Chicharrón preséntannos agora o seu segundo disco. Unha Postal fuxidía, mesturada en cada parada na estrada. Unha Postal de amor, un eco de vida. Intérpretes: Alberto Vecino (voz e guitarra), Diego Gende (guitarra), Mar Catarina (teclado), Xurxo Meis (batería), Rubén Domínguex (baixo) / Letras: Alberto Vecino Duración: 1 hora Público: Adulto Prezo da entrada ordinario: 3 Prezo especial con desconto: 2 Colaboran: Organizan: Deseño gráfico: www.gendestudio.com XANEIRO FEBREIRO MARZO TEATRO COMEDIA MUSICAL TEATRO TEATRO EN FAMILIA MÚSICA EN FAMILIA MÚSICA EN FAMILIA TEATRO ESTREA MÚSICA TRADI- CIONAL MÚSICA MÚSICA TEATRO EN FAMILIA TEATRO TEATRO VENRES CULTURAIS + CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA CONCELLARÍA DE CULTURA

Upload: others

Post on 14-Jul-2022

3 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: XANEIRO FEBREIRO MARZO m

21 Domingo / 18.00 hMARÍA FUMAÇA

Xiqui, Xoque, Fiú, Fiú

María Fumaça é un concerto-espectáculo paracelebrar a vida. Os artistas lévannos a viaxarcando eles no tren máis festeiro. Nos seus vagónso ambiente sempre é de festa e todo os quesoben gozan de bo humor, de cancións-lambetadas e de ritmos-aloumiños.

No Día da Lingua Materna, ao ritmo da rumba, damuiñeira, da samba, do hip hop ou do rock, acantante Uxía e Compañía viaxan nesteespectáculo creado para agasallar a Rui -un nenocon capacidades especiais- e que nos reencontracun mundo no que todo é posible, en especial amaxia e a felicidade.

Intérpretes e autores: Uxía, Sergio Tannus, MagínBlanco e Santiago Cribeiro / Escenografía e deseñode iluminación: Andrés Giráldez / Deseño de son:Isaac Palacín / Dirección: Uxía

Duración: 1 horaPúblico: a partir de 3 anos Prezo da entrada ordinario: 3 €Prezo especial con desconto: 2 €

Rede Galega de Teatros e Auditorios

26 Venres / 21.00 hAULA 11, AMENAZA DEMUERTE, DUDE, KILLER CATS,STROBOS, LOWCOS, SON SEIS +e THE CERNERockarballo

Esta noite é para gozar coa música. Rockarballoconsolídase cada ano como unha citaimprescindible para os seguidores dos xénerosmáis variados das melodías da capital deBergantiños. Rock & roll, rock fussion, garage,pop e música electrónica faranse ouvir no Pazoda Cultura con ese característico estilo que llesdan as bandas de Carballo, desde as máisalternativas a outras de carácter máis clásico.

Unha oportunidade única para tomarlle o pulso eescoitar a evolución e creatividade destasagrupacións así como á música que interpretan.

Unha aposta pola diversidade musical na queversións de cancións xa coñecidas e novos temasde sinatura propia completarán o programa destanova cita coa música máis urbana.

Duración: 2 horasPúblico: TodosEntrada gratuíta até completar aforo

13 Domingo / 18.00 hEMEDOUSEMOCIÓN&ARTEJim e a illa do tesouro

O pequeno e valente Jim Hakins rexenta co seupai unha pequena pousada na costa de Inglaterra.Diante do mar soña con vivir aventuras econverterse nun gran mariño.

O destino fai que chegue ás súas mans o mapado tesouro do pirata Flint e comezará unha viaxepor medio mundo ata chegar á Illa do Tesouro.

Música, acción, liortas, humor, cancións corsariase moitas sorpresas máis, a cargo de preciososmonicreques e piratas desapiadados, que nostrasladan a un mundo fantástico e aventureiro.

Intérpretes/manipuladores: Rocío González e ToniSalgado / Voz en off: Afonso Agra / Música: SantiagoRamos / Frauta: Óscar López / Escenografía emonicreques: Javi Tirado / Vestiario: Mari Seoane /Idea orixinal: Jokin Oregi, Javi Tirado, Álex Díaz /Texto: Jokin Oregi / Dirección: Álex Díaz e JaviTirado.

Duración: 1 horaPúblico: a partir de 4 anosPrezo da entrada ordinario: 3 €Prezo especial con desconto: 2 €

Rede Galega de Teatros e Auditorios

18 Venres / 21.00 hTALÍA TEATROFoucellas

Ano 1952. Un maquis, un guerrilleiro, un home domonte, un deses que a xente denominabaxenericamente un “foucellas”. Mesmo pode ser OFoucellas. Ou non. Nunha situación límite,acomete a súa derradeira acción: o atraco esecuestro dun labrador acomodado e da súamuller. Unha situación dramática, máis por vecesdivertida, na que se enfrontan a esperanza e odesespero.

Foucellas é unha ficción que especula sobre unmomento histórico, pero sobre todo unha reflexiónsobre a utopía, a resignación, a vontade e, sobrea derrota.

Esta é a última produción da compañía ceenseTalía Teatro, que baixo dirección de Cándido Pazópresenta unha das historias máis arraigadas damemoria popular galega, na que a historia é unmito, e o mito unha ficción teatral.

Intérpretes: Toño Casais, Artur Trillo, María Ordóñez eDani Trillo / Escenografía: Dani Trillo / Fotografía evídeo: Rubén Prieto / Iluminación: Afonso Castro /Vestiario: Martina Cambeiro / Axudante de dirección:Diego Rey / Dirección e Autor: Cándido Pazó.

Duración: 1h 20 minPúblico: AdultoPrezo da entrada ordinario: 4 €Prezo especial con desconto: 3 €

Rede Galega de Teatros e Auditorios

29 Venres / 21.00 hPRODUCIÓNS TEATRAISEXCÉNTRICASOs amores de Jacques o fatalista

Jacques e o seu amo entreteñen o camiño conhistorias sobre a vida e o amor. Aproveitan parafalar de mulleres sen pudor, pero, de súpeto,este “paraíso” masculino estrágase candochegan á pousada da Pousadeira.

Contos interrompidos uns polos outros, comoacontece nas mellores conversas, tentan buscara diferenza entre o namoramento e a sedución,entre o sentimento e o instinto, entre o enganoe o enxeño, entre a paixón e a violencia, endefinitiva, sobre os amores.

Producións Teatrais Excéntricas estreará noescenario carballés o seu último traballo, unhaadaptación de Quico Cadaval sobre a novela deDiderot, na que realzan a súa modernidade libertaria.

Intérpretes: Víctor Mosqueira, Marcos Orsi, MaríaCostas e Piti Sanz / Espazo escénico: Marcelino deSantiago “Kukas” / Deseño de iluminación: OctavioMas/ Dirección musical: Piti Sanz / Autor: DenisDiderot / Dirección e adaptación: Quico Cadaval.

Duración: 1h 30 minPúblico: AdultoPrezo da entrada ordinario: 4 €Prezo especial con desconto: 3 €

Rede Galega de Teatros e Auditorios

31 Domingo / 18.00 hTALÍA TEATRORosa Caramelo e outrashistorias

Illada nun xardín, Margarita é a única elefanta dogrupo que non consegue que a súa pel sexa decor rosa caramelo. Cando os seus pais desistendesa idea descubrirá o significado da liberdadee abrirá o camiño da igualdade para as súascompañeiras.

Esta é a primeira das catro historias nas quetamén atopamos uns bonobos con lentes, ratosinmersos nunha feliz catástrofe e as tartarugasArtur e Clementina.

Coa dirección de Paula Carballeira, Talía Teatropresenta un espectáculo infantil con música endirecto e que se basea nos contos da italianaAdela Turín, que lle dá a volta a roles eestereotipos de xénero.

Intérpretes: Artur Trillo e Fernando Fraga / Autora:Adela Turín / Dirección: Paula Carballeira.

Duración: 45 minPúblico: Familiar (de 4 a 8 anos)Prezo da entrada ordinario: 3 €Prezo especial con desconto: 2 €

12 Venres / 21.00 hA PANADARÍAPan! Pan!

Harry, un cowboy americano viaxa de Mississippia Arkansas perseguindo un indio salvaxe queraptou a súa muller. Este antiheroe sufrirá moitasaventuras en fedorentas cantinas e en desertoscheos de perigos, onde redescubriremos omundo sen lei dos ranchos vaqueiros.

Un escenario baleiro, oito personaxes e toda unhabanda sonora son os ingredientes desta divertidae tola obra que desmonta e reconstrúe os velloswesterns do remoto oeste.

A Panadaría é unha nova compañía integrada portres xoves intérpretes, que, con este primeiro efresco espectáculo de creación propia, recibironxa diversos recoñecementos, como o premioXuventude Crea, un María Casares ou o Premioda Crítica 2015.

Intérpretes: Areta Bolado, Noelia Fernández e AilénKendelman / Música orixinal: Ailén Kendelman /Atrezzo: Isabel Mouzo / Iluminación: Montse Piñeiro /Idea: Areta Bolado / Dirección: Areta Bolado, NoeliaFernández e Ailén Kendelman.

Duración: 1 horaPúblico: Adulto (a partir de 10 anos)Prezo da entrada ordinario: 3 €Prezo especial con desconto: 2 €

Rede Galega de Teatros e Auditorios

19 Venres / 21.00 hPRODUCCIONES VIRIDIANALigeros de equipaje. Crónicade la retirada

En 1939 case medio millón de persoas cruzarona fronteira francesa a través dos Perineos. Esta éa historia do home común, dos que viviron sennada, dos que nunca volveron, dos que morreronde frío ou en campos de concentración francesesou en bombardeos.

Ligeros de equipaje son os anacos rotos damemoria de alguén que recorda sen quererrecordar. Unha historia case esquecida, perdidano tempo. Unha crónica do exilio...

Só dous actores interpretan a preto de cincuentapersonaxes, ofrecéndonos un traballoemocionante e impactante, que nos atrapa desdeo primeiro momento e que vén avalado por unhaextensa e exitosa xira por toda España.

Producciones Viridiana é unha das compañíasaragonesas máis consolidada, cunha relevantetraxectoria na escena nacional.

Intérpretes: Javier García e Pedro Rebollo / Espazosonoro: Juanjo Javierre / Vestiario: Laura de la Fuente/ Escenografía e iluminación: Agustín Pardo /Dirección e autoría: Jesús Arbués

Duración: 1h 30 minPúblico: AdultoPrezo da entrada ordinario: 4 €Prezo especial con desconto: 3 €

Rede Galega de Teatros e Auditorios

27 Sábado / 21.00 hCANTAREIRAS ARUMEConcerto 25 Aniversario

Con motivo do 25º aniversario do nacemento doGrupo de Cantareiras de Arume, a formaciónquere agasallarnos cun espectáculo musical evisual da súa traxectoria no mundo da cultura eda música tradicional. Nesta celebración, asmulleres e homes que agora forman parte destaagrupación, realizarán un percorrido pola súa vidaartística e persoal, onde haberá tempo para aslembranzas, os saúdos, as anécdotas, os sorrisose, como non, a música e o baile.

O grupo de Cantareiras Arume botou a andar comotal a partir do ano 1990 en Berdillo, integrado poralgunhas compoñentes do coro infantil e da escolade pandeireta da Agrupación Cultural Arume.Desde ese momento, foise forxando a identidadedun grupo pioneiro na comarca de Bergantiñosdedicándose, xunto a outros, á recuperación,conservación e difusión do patrimonio musical.

Froito de todos estes anos de traballo, asCantareiras de Arume levan colleitando premios emencións, outorgándolles o recoñecemento e orespecto do público e dos compañeiros. No ano2005 editaron, como Cantareiras de Berdillo, ocedé Sospirei boitei un ai.

Duración: 1 horaEntrada gratuíta até completar aforoOrganiza: Asociacións Cultural e Xuvenil ArumeColabora: Concello de Carballo

4 Venres / 21.00 hTEATRO DO NOROESTEPalabras malditas

Na escura España da posguerra, en plena épocade represión e asasinatos, dous seresmarxinados, un profesor expulsado e unhaprostituta esfórzanse por atopar a felicidade.

Coinciden nunha sórdida pensión da Coruña e, apesar das aparentes diferenzas que os separan,aferraranse un ao outro como a única táboa desalvación no inmenso océano de soidade.

Palabras Malditas é un espectáculo teatral sobrea amizade e sobre o amor máis alá dascircunstancias, máis alá da propia natureza e domomento histórico no que toque vivir.

Eduardo Alonso é o autor e director desta obra,Accésit do Premio Lope de Vega 2014, que ponen escena unha das compañías galegas de máislonga traxectoria, Teatro do Noroeste. Osprotagonistas son dous populares actoresgalegos cunha presenza importante na escenaespañola, Miguel Ínsua e Sara Casasnovas.

Intérpretes: Miquel Ínsua, Sara Casasnovas, LumaGómez e Inma Antonio / Escenografía e vestiario:Paco Conesa / Composición musical: FernandoAlonso / Dirección e autoría: Eduardo Alonso.

Duración: 1 h 30 minPúblico: AdultoPrezo da entrada ordinario: 4 €Prezo especial con desconto: 3 €

Rede Galega de Teatros e Auditorios

6 Domingo / 18.00 hAS MAIMIÑASUnha viaxe polo mundo

Sabes cantar?Gústachebailar?Daquela,estamos listospara viaxar!

As Maimiñasson Lucía eIrene, ou o queé o mesmo,Mai e Miña,dúas nais queun día decidironactuar para osseus fillos. Foientón cando

comezaron a facer o que querían que visen osnenos: un espectáculo de música e contos nosque puidesen participar activamente. Dendeentón, as súas aventuras téñenas levado porauditorios de toda Galicia.

En Unha Viaxe polo mundo as nenas e os nenose as súas familias cantarán, bailarán e gozarándurante máis dunha hora dunha viaxe ben festeira.

Intérpretes e autoras: Lucía Lago e Irene Álvarez

Duración: 1 h 10 minPúblico: de 1 a 10 anos Prezo da entrada ordinario: 3 €Prezo especial con desconto: 2 €

www.apego.gal

11 Venres / 21.00 hCHICHARRÓNPresentación do disco Postal

Chicharrón foi o nome que lles puxo AlbertoGende moito antes de que Xurxo, Mar, Rubén,Diego e Alberto se xuntasen. Chicharrón foi taméno nome do seu primeiro disco. Dez canciónsaclamadas por crítica e público que, ademais deformar un Lp, resultaron formar un mapa que elesmesmos inventaron para fuxir do seu particularinverno baleiro e eterno e chegar onde agoraestán: no seu propio camiño.

Chicharrón preséntannos agora o seu segundodisco. Unha Postal fuxidía, mesturada en cadaparada na estrada. Unha Postal de amor, un ecode vida.

Intérpretes: Alberto Vecino (voz e guitarra), DiegoGende (guitarra), Mar Catarina (teclado), Xurxo Meis(batería), Rubén Domínguex (baixo) / Letras: AlbertoVecino

Duración: 1 hora Público: AdultoPrezo da entrada ordinario: 3 €Prezo especial con desconto: 2 €

Colaboran:

Organizan:

Des

eño gráfico: w

ww.gendestud

io.comXANEIRO FEBREIRO MARZO

TEATROCOMEDIAMUSICAL

TEATRO TEATROEN

FAMILIAMÚSICA

EN FAMILIAMÚSICA

EN FAMILIATEATRO

ESTREA

MÚSICATRADI-CIONAL

MÚSICA MÚSICATEATROEN

FAMILIATEATRO

TEATRO

VENRESCULTURAIS

+

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓNE ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

CONCELLARÍA DE CULTURA

Page 2: XANEIRO FEBREIRO MARZO m

TRINKETRINKEContacontos teatral13 e 27 de xaneiro, 10 e 24 de febreiro, 9 e 30 de marzo17.30 h e 19.00 h (dúas sesións)Biblioteca Rego da BalsaDe 3 a 8 anos

GatuxoMAGÍN BLANCO ECOMPAÑÍAEspectáculo músico-teatral 21 de xaneiro18.00 hPazo da Cultura De 0 a 5 anos

Deputación da Coruña

Fíos do quererCÉ ORQUESTRAPANTASMAEspectáculo músical4 de febreiro18.00 h / Pazo da Cultura De 0 a 3 anos

Brinca Vai!PACO NOGUEIRASConcerto17 de marzo18.00 h / Pazo da Cultura De 1 a 10 anos

Ademais, obradoiros parapais e nais, charlas dealimentación complementariaa demanda, obradoiros paranenos e nenas,... Consultar informacióncompleta enwww.carballo.gal ouwww.apego.gal

Organiza: Servizo de NormalizaciónLingüística

Expo

28 xan a 18 febColectiva

Teatro

29 xanPT Excéntricas

EN FAMILIATeatro

31 xaneiro Talía Teatro

Expo

4 a 28 febreiro Aula K

TeatroComedia Musical

12 febreiro A Panadaría

19 febreiro Producciones Viridiana

21 febreiro María Fumaça

Expo

25 feb a 25 marCertame fotográfico

Música

26 febreiro Rockarballo

27 febreiro Cantareiras Arume

3 a 7 marzo Rosalía, Chiña, Paco, Mon

Expo

4 marzo Teatro do Noroeste

6 marzo As Maimiñas

11 marzo Chicharrón

13 marzoEmedous Emoción&Arte

18 marzo Talía Teatro

Do 28 xaneiro ao 18 de febreiroCOLECTIVAMiradas 4andar 3º do Pazo da Cultura

Exposicióncolectiva decreadoresvinculados aMuxía eCarballo, quese celebracon carácterbianual e naqueapreciaremosos últimostraballosrealizadospor artistas

de diversas disciplinas, como a pintura, ogravado, a escultura ou a fotografía, dediversidade de estilos, formatos e técnicas.

Do 4 ao 28 de febreiroAULA KVermelloandar -1 do Pazo da Cultura

Mostrafotográfica doColectivo AulaK, Asociacióncon sede naCoruña cunhatraxectoria demáis de 20 anosa prol dadivulgación e daensinanza dafotografía e doaudiovisual.

Unha serie deinstantáneasxogan na

procura da cor vermella. Percepción ereflexións persoais arredor desta cor. Sinais,formas, reflexos, refachos, ideas,... Pegadasfugaces dunha cor rechamante, evidente emisteriosa da man de Pedro Carrete, ÁngelCordero, Rubén Fabeiro, Carolina Lorenzo,Rodrigo Moreiras, Brais Quintero, CarlosRodríguez, Basti Soto, Alfredo Varela, PabloSantiago, Antón Varela, Lupe Vázquez, PaolaVelo e Manuel Vicente.

Organiza: Concello de Carballo e Asociación Cultural Aula K

Do 25 de febreiro ao 25 de marzoXVIII CERTAMEFOTOGRÁFICO XOSÉMANUEL EIRÍSandar 3º do Pazo da Cultura

Selección fotográfica das obras presentadas áXVIII edición do Certame Fotográfico XoséManuel Eirís. Con este concurso de carácteranual creado en 1997 o Concello de Carballoquere contribuír á creación artística e a fomentara divulgación da fotografía.

A mostra está composta polas fotografíaspremiadas polo xurado e por unha escolma daspresentadas a esta edición. As fotografíasparticipantes son de tema libre, aínda que existeun premio especial para as que fagan referenciaa Carballo.

Do 3 ao 27 de marzoROSALÍA FERNÁNDEZ,CHIÑA, PACO SOUTO EMON LENDOIROCatálogoandar -1 do Pazo da Cultura

Catálogo forma parte dun proxecto expositivode catro creadores da comarca que, baixo apremisa da interacción entre as artes, pretendenaxitar a vida cultural da Costa da Morte.

En Catálogo inverten a habitual relación entreilustración e texto no proceso creativo, sendoaquela xerme e pretexto deste.

MARZOO BOSQUE NA BUTACA VERDEProxeccións de cineBiblioteca Rego da Balsa

Dentro das Xornadas de Interpretación dosBosques 2016 presentamos esta serie dedocumentais do arquivo do Centro de ExtensiónUniversitaria e Divulgación Ambiental de Galicia(CEIDA). Con isto pretendemos o achegamentoa diferentes problemáticas en bosquesautóctonos de diferentes partes do mundo e áposta en común coas ameazas do bosqueautóctono galego.

1 marzo / 20.00 hAmazonía Carbonizada, de CarlosGarcía Paret e Ramón Alegre Actualmente, a Amazonía colócase no epicentrodas negociacións internacionais que buscan unacordo global para atallar o cambio climático.Esta zona enfróntase tamén a outras feridascomo a crueldade, o asasinato e a depredaciónda súa cultura indíxena e da súa biodiversidade.Duración: 50 min.

10 marzo / 20.00 hGreen, de Patrick RouxelGreen narra as consecuencias da deforestaciónen Indonesia a través dos ollos dunha femia deorangután que foi rescatada en condiciónsextremas. Ademais de producir grandes danosambientais, este problema está a causar aacelerada perda dunha das especies de primatemáis próxima a nós: o orangután.Duración: 48 min

15 marzo / 20.00 hMarcha atrás, de Ecologistas en AcciónCada vez con maior frecuencia vemos vehículos4x4 nas nosas rúas e estradas. O todoterreopasou de ser un vehículo para o traballoprofesional no campo a un vehículo de usodiario, que se asocia a valores como aliberación, o estatus, o salvaxe, o poder ou aseguridade. Este documental analiza o nosomodelo de transporte a través dos vehículos 4x4e a cultura do motor.Duración: 30 min

------------------------------------------Público: AdultoEntrada libre ata completar aforoOrganiza: A. Ambiental Senda Nova Colaboran: CEIDA e Concello de Carballo+ INFO : www.sendanova.org------------------------------------------

5 marzo / 21.00 hHOMENAXE AO GAITEIROFRANCISCO CALVOREGUEIRO

Actuación do grupo de gaitas Lembranzas deBergantiños que homenaxearán ao carballésrecentemente falecido Francisco Calvo Regueiro“Regueiro”, fundador e director da agrupación,ademais de artesán deste instrumento cunobradoiro de gaitas en Bértoa. Ademaisproxectarase un vídeo na súa memoria.

Duración: 1 horaEntrada gratuíta ata completar aforoOrganiza: Asociación Cultural Lembranzas deBergantiñosColabora: Concello de Carballo

TeatroEN

FAMILIAMúsica

EN FAMILIAMúsica

Teatro

ESPECTÁCULOSINCLUÍDOS NO BONO

Teatro

Todas as actividadesteñen lugar no Pazoda Cultura de CarballoEXPOSICIÓNS OUTRAS PROPOSTAS

próximamente...

Horario de apertura: de 18.00 h a 21.00 h, de luns a domingo +info[ ]

ENTRADASDebido á limitación do auditorio, se énecesaria a reserva previa, comunicarase coaantelación posible.VENDA DE ENTRADAS: no despacho debilletes do Pazo da Cultura, unha hora emedia antes do inicio da actuación.RESERVA DE ENTRADAS: no teléfono 981704 300, ou na Concellaría de Cultura (Pazoda Cultura), habitualmente dende 15 díasantes da celebración dos espectáculos.Límite: 4 entradas por persoa.DESCONTOS: Nalgúns espectáculosaplicaranse prezos reducidos a determinadoscolectivos que deberán acreditardebidamente a súa circunstancia especial:estudantes con carné de estudante, maioresde 65 anos e menores de 12 anos.

BONOSPara os días 29 de xaneiro, 12 e 19 defebreiro, 4, 11 e 18 de marzo· Bono ordinario: 19 €· Bono especial con prezo reducido: 14 €(para estudantes con carné de estudante,maiores de 65 anos e menores de 12 anos)· Data de inicio de venda de bonos: 20 dexaneiro.· Lugar e horario de venda de bonos: Oficinasda Concellaría de Cultura (Pazo da Cultura),de 11.00 h a 14.00 h.

INFORMACIÓNPazo da Cultura I Rúa do Pan s/n15100 Carballo I Tfno.: 981 704 [email protected] I www.carballo.gal

XIV PRIMAVERAENDANZADo 2 ao 22 de abril O ciclo de danzacontemporánea regresa un anomáis ao escenario do auditoriodo Pazo da Cultura paraachegarse á danza e incluiráespectáculos de compañíasgalegas e de fóra de Galicia,tanto para adultos como parapúblico familiar.

EXPOSICIÓNSSAbril odesexo Xulio Maside, XoánPardiñas e FernandoRiveiroAndanzasLaura Tova

XI SEMANA DOLIBRO E A LECTURADo 25 de abril ao 1 demaio Exposición e actividades deanimación á lectura

III CARBALLOINTERPLAYDo 5 ao 7 de maioFestival de contidos dixitais

ProgramaApegoActividades para asocialización en galego da infancia

Música tradicional

EN FAMILIATeatro

Prégase puntualidade. Unha vez comezada a función nonse garante o acceso á sala.

Esta programación poderá sufrir algunha modificación(novos espectáculos, datas, entradas...) que se comunicarácoa máxima antelación posible.

✔ ✔

✔Música✔