sistema solar 5º 2012

16
O SISTEMA SOLAR O sistema solar e un conxunto de astros. Que xiran arredor do sol.

Upload: ceiprandufe

Post on 13-Jan-2015

622 views

Category:

Education


0 download

DESCRIPTION

Traballo elaborado polo alumnado de 5º de E. Primaria do ceip de Randufe curso 2011/12

TRANSCRIPT

Page 1: Sistema solar 5º 2012

O SISTEMA SOLAR

O sistema solar e un conxunto de astros.Que xiran arredor do sol.

Page 2: Sistema solar 5º 2012

O Sol

Page 3: Sistema solar 5º 2012

O Sol

O O SolSol é unha é unha estrelaestrela de tamaño medio, en relación ao conxunto da nosa de tamaño medio, en relación ao conxunto da nosa galaxiagalaxia, a , a Vía LácteaVía Láctea, , arredor da cal gravitan a arredor da cal gravitan a TerraTerra e mais os outros membros do noso e mais os outros membros do noso sistema planetariosistema planetario. A súa . A súa masamasa é é de 333.000 veces a da Terra e o seu volume 1.400.000 veces. A distancia do noso planeta ao Sol é de 333.000 veces a da Terra e o seu volume 1.400.000 veces. A distancia do noso planeta ao Sol é

de preto de 150 millóns de de preto de 150 millóns de quilómetrosquilómetros (1 (1 Unidade astronómicaUnidade astronómica, definida como a distancia media , definida como a distancia media Terra-Sol, 149.600.000 km), tardando a súa Terra-Sol, 149.600.000 km), tardando a súa luzluz, en chegar ata nós, case oito minutos e vinte , en chegar ata nós, case oito minutos e vinte

segundos. Por sí só representa o 98,6% da masa do Sistema Solar. A súa enerxía, en forma de luz segundos. Por sí só representa o 98,6% da masa do Sistema Solar. A súa enerxía, en forma de luz solar, alimenta a case todos os xeitos de vida na Terra por mor da fotosíntese, e determina o clima solar, alimenta a case todos os xeitos de vida na Terra por mor da fotosíntese, e determina o clima

terrestre e a meteoroloxía no noso planetaterrestre e a meteoroloxía no noso planeta..

Page 4: Sistema solar 5º 2012

MercurioMercurioMercurio é o primeiro planeta do Sistema solar, contando a partir do Sol. É o segundo menor do sistema solar: o seu diámetro é un 40% menor que o da Terra e só un 40% maior que o da Lúa. É ata menor que Ganimedes, unha das lúas de Xúpiter, ou que Titán, unha lúa de Saturno. É un mundo inhóspito para os humanos, no que se acadan altas e tamén baixas temperaturas, debido á proximidade do Sol e a que por efecto da marea solar a través do tempo, ten unha duración de día parella á do ano (período de revolución arredor do seu propio eixe en relación ó período de revolución arredor do Sol), e polo tanto, cando unha parte do planeta entra na súa propia sombra, emite moita calor.

Mercurio foi chamado así polos romanos en honor ó mensaxeiro dos deuses, de alas nos pés, porque parecía moverse máis axiña do que calquera outro planeta.

Page 5: Sistema solar 5º 2012

Venus

Venus é o segundo planeta a contar desde o Sol e ten algunhas características peculiares. Ten unha rotación retrógrada e lenta (é dicir, o Sol sae polo oeste). A súa atmosfera está constituída case exclusivamente por dióxido de carbono,o que lle produce en particular un efecto invernadoiro moi forte, que mantén a súa superficie a varios centos de graos centígrados.

Page 6: Sistema solar 5º 2012

A TerraA Terra formouse hai 4.570 millóns de anos, ao igual que o resto do sistema solar. É o planeta onde vivimos e o por agora o único no que se coñece que se desenvolveu a vida. Ten un só satélite, a Lúa.

Page 7: Sistema solar 5º 2012

A LÚA

A Lúa é o satélite natural da Terra, visíbel desde esta só en parte e baixo formas distintas, chamadas fases, segundo a posición que teña respecto da Terra e o lado por onde reciba a luz do Sol.

Page 8: Sistema solar 5º 2012

Estrelas fugaces

As estrelas fugaces son pequenos fragmentos que están no espazo e que ao chegaren á atmosfera incéndianse e desfanse antes de chegar a superficie da Terra

Page 9: Sistema solar 5º 2012

MarteMarte

Marte é o cuarto planeta do Sistema Solar. Por ser vermello ten o nome do deus romano da guerra. Ten apenas un cuarto da superficie da Terra e apenas un décimo da súa masa. Marte ten dúas pequenas lúas, pequenas e deformadas, posibelmente asteroides capturados polo planeta. Marte ten os volcáns máis altos do Sistema Solar, por exemplo un é o fermoso Monte Olimpo.

Page 10: Sistema solar 5º 2012

Cinto de asteroidesO Cinto de asteroides é unha zona do espazo entre Marte e Xúpiter

onde se localiza un gran número de asteroides.

O maior deles é Ceres.

Page 11: Sistema solar 5º 2012

XúpiterXúpiterXúpiter é o quinto planeta do Sistema solar e o maior de todos eles. Forma parte dos denominados planetas exteriores ou gasosos. Era coñecido xa desde a antigüidade e parece ser que recibe o nome por ser o maior de todos, xa que na mitoloxía romana Xúpiter era o pai dos deuses.

Componse fundamentalmente de hidróxeno, cunha porción menor de helio e un núcleo rochoso. Debido á súa rápida rotación, o planeta posúe un lixeiro avultamento no ecuador, o que lle dá unha aparencia oblonga. A atmosfera exterior distribúese en varias bandas paralelas ao ecuador que ocasionan turbulencias e tormentas ao longo dos límites entre elas. Un resultado notorio é a Gran Mancha Vermella, que non é senón unha xigantesca tormenta que se vén desenvolvendo desde, como mínimo, o século XVII.

O planeta está rodeado por un lixeiro sistema de aneis planetarios e unha magnetosfera moi poderosa. Posúe tamén 63 lúas polo menos, incluíndo as catro lúas maiores, que foron descubertas por Galileo en 1610.

Xúpiter foi explorado en varias ocasións por sondas espaciais, especialmente cando pasaron ao seu carón as Pioneer e Voyager e, posteriormente, a sonda orbital Galileo. Agora mesmo hai un interese especial por descubrir un posíbel océano líquido cuberto por xeo na lúa Europa.

Page 12: Sistema solar 5º 2012

SaturnoSaturno é o sexto planeta do Sistema solar e o único con aneis visíbeis dende o noso planeta. Foi chamado así polo deus romano Saturno. Forma parte dos denominados planetas exteriores ou gasosos, tamén chamados xovianos, por Xúpiter. Antes da invención do telescopio, Saturno era o planeta coñecido máis distante. O primeiro en observarlle os aneis foi Galileo en 1610, aínda que a baixa inclinación dos aneis e a baixa resolución do seu telescopio fíxolle pensar que se trataban de grandes lúas. Christiaan Huygens, con mellores medios de observación puido en 1659 ollar con claridade os aneis. No ano 1859 James Clerk Maxwell demostrou matematicamente que os aneis non podían ser un único obxecto sólido, senón que debían ser unha agrupación de millóns de partículas de menor tamaño.

O planeta Saturno é un xigante de gas, o segundo do sistema en tamaño despois de Xúpiter, ó que se asemella bastante en constitución. A súa distancia media do Sol é duns 1430 millóns de quilómetros.

Page 13: Sistema solar 5º 2012

Urano

Urano é un planeta do Sistema Solar situado entre Saturno e Neptuno. Descuberto en 1781, recibiu o nome de Georgium Sidus, en homenaxe ao rei Xurxo III do Reino Unido. Durante moito tempo coñeceuse como Georgian ata que, finalmente en 1850, foi rebatizado como Urano, de acordo coa tradición de dar nome de deuses aos planetas. É o 7º na orde das distancias ao Sol.

Page 14: Sistema solar 5º 2012

Neptuno

Orbitando tan lonxe do Sol, Neptuno recibe moi pouca calor. A súa temperatura superficial media é de -218 °C. Porén, o planeta parece ter unha fonte interna de calor. Cóidase que isto se debe ao resto da calor xerada pola materia en caída durante o nacemento do planeta, que agora irradia ao espazo. A atmosfera de Neptuno ten as máis altas velocidades de ventos no sistema solar, que están por riba dos 2.000 km/h; considérase que os ventos son amplificados por este fluxo interno de calor.

Page 15: Sistema solar 5º 2012

Cinto de KuiperCinto de KuiperO Cinto de Kuiper (tamén chamado Cinto de Edgeworth-Kuiper) é unha área do sistema solar que se extende desde a órbita de Neptuno (a 30 UA do Sol) ata 50 UA do Sol.

A súa composición é semellante á do cinto de asteroides, pero é moito máis grande: 20 veces máis ancho e entre 20 e 200 veces máis masivo. Igual que o cinto de asteroides, consiste principalmente en corpos pequenos (restos da formación do Sistema Solar), varios planetas ananos (Plutón, Makemake e Haumea) e un bo número de planetoides que son posibles candidatos a planeta anano. Pero, mentres que os asteroides están compostos fundamentalmente de rocha e metal, os obxectos do cinto de Kuiper están compostos principalmente de volátiles (en forma de "xeo"), como metano, amoníaco e auga.

Page 16: Sistema solar 5º 2012

Cometas

Os cometas son corpos de forma irregular, fráxiles e pequenos (en relación con outros corpos espaciais), compostos por unha mestura de grans non volátiles e gases conxelados. Teñen órbitas moi elípticas que os leva moi preto do Sol e os devolve ao espazo profundo, moitas veces alén da órbita de Plutón.