páxinas xaneiro 2008 - inicio. museo do pobo galegomuseodopobo.gal/web/uploads/pdf/xaneiro...

6
Xaneiro / 1 Entre as diversas xestións realizadas pola Xunta Reitora no pasado ano, cómpre salientar a sinatura dun proto- colo de colaboración co Consorcio de Santiago para abordar o Plan Director do Museo. O 21 de xuño o presidente do Padroa- do, o presidente da Xunta Reitora e o director do Museo entrevistáronse coa Sra. presidenta do Parlamento. Solici- touse un aumento da cota institucional e obtívose o patrocinio do Parlamento para o segundo foro do Instituto de Estudos da Identidades, dedicado á cuestión da inmigración. O 26 de outubro o Sr. presidente da Xunta de Galicia recibiu ao presiden- te do Padroado, o director e a secreta- ria do Museo, que lle presentaron o programa conmemorativo do 30 ani- versario e a publicación do primeiro foro do Instituto de Estudos das Iden- tidades. O Sr. Presidente ratificou o compromiso de apoio do goberno galego ao Museo. O 27 de outubro tivo lugar unha sesión extraordinaria para conmemo- rar o 30 aniversario, na que se impuxo a medalla de ouro do Padroado a D. Luciano García Alén. Pronunciou a loanza do homenaxeado o patrón D. Gerardo Fernández Albor. No decurso da asemblea o Sr. Alcalde de Santiago anunciou que propoñería ao pleno do Concello a concesión ao Museo da Medalla de Ouro da Cidade, proposta que, polo que sabemos, é asu- mida por todos os grupos municipais. Na sesión ordinaria do 15 de decembro o Padroado aprobou o orzamento do exercicio 2008, que se eleva a 600.677,05 . A Consellería de Cultura, na súa proposta orzamentaria para 2008, incrementou a partida asignada ao Museo. O Padroado acordou mani- festar o agradecemento á Sra. Consellei- ra, Dª Ánxela Bugallo, por esta iniciati- va, así como ao Sr. Director Xeral de Patrimonio cultural, D. Felipe Arias. Informe da Xunta Reitora do Museo do Pobo Galego Páxinas Informativas Dirección: Carlos García Martínez Secretaría: María-Xosé Fernández Cerviño Redacción: David Conde Lourido, Ana Estévez Lavandeira, Rosa Méndez García, Belén Sáenz-Chas Díaz Administración: Xulia Vázquez Randulfe xaneiro 1/2008 P.D. Museo do Pobo Galego • San Domingos de Bonaval • 15703 Santiago de Compostela tel. 981 583 620 fax 981 554 840 www.museodopobo.es correo electrónico: [email protected] Imposición da insignia de ouro do Museo ao Dr. Luciano García Alén (foto Margen) Estimadas amigas e amigos: Como cada ano ao comezar o novo exercicio, ofrecemos un resumo da memoria da institución durante 2007. Se algunha persoa desexa recibir información máis detallada pode solicitala á Secretaría do Museo. Tamén, como é de rigor, faise constar a gratitude a todas as persoas e institucións que, por calquera título, contribuíron a culminar un exercicio máis na traxectoria do noso centro, que vén de celebrar o seu trixésimo aniversario. A Dirección

Upload: vunga

Post on 14-Feb-2019

218 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: Páxinas xaneiro 2008 - Inicio. Museo do pobo Galegomuseodopobo.gal/web/uploads/pdf/XANEIRO 2008.pdf · colo de colaboración co Consorcio de Santiago para abordar o Plan Director

Xaneiro / 1

Entre as diversas xestións realizadaspola Xunta Reitora no pasado ano,cómpre salientar a sinatura dun proto-colo de colaboración co Consorcio deSantiago para abordar o Plan Directordo Museo.O 21 de xuño o presidente do Padroa-do, o presidente da Xunta Reitora e odirector do Museo entrevistáronse coaSra. presidenta do Parlamento. Solici-touse un aumento da cota institucionale obtívose o patrocinio do Parlamentopara o segundo foro do Instituto deEstudos da Identidades, dedicado ácuestión da inmigración.O 26 de outubro o Sr. presidente daXunta de Galicia recibiu ao presiden-te do Padroado, o director e a secreta-ria do Museo, que lle presentaron oprograma conmemorativo do 30 ani-versario e a publicación do primeiroforo do Instituto de Estudos das Iden-tidades. O Sr. Presidente ratificou ocompromiso de apoio do gobernogalego ao Museo.O 27 de outubro tivo lugar unhasesión extraordinaria para conmemo-rar o 30 aniversario, na que se impuxoa medalla de ouro do Padroado a D. Luciano García Alén. Pronunciou aloanza do homenaxeado o patrón

D. Gerardo Fernández Albor. Nodecurso da asemblea o Sr. Alcalde deSantiago anunciou que propoñería aopleno do Concello a concesión aoMuseo da Medalla de Ouro da Cidade,proposta que, polo que sabemos, é asu-mida por todos os grupos municipais.Na sesión ordinaria do 15 de decembroo Padroado aprobou o orzamento do

exercicio 2008, que se eleva a600.677,05 €. A Consellería de Cultura,na súa proposta orzamentaria para2008, incrementou a partida asignadaao Museo. O Padroado acordou mani-festar o agradecemento á Sra. Consellei-ra, Dª Ánxela Bugallo, por esta iniciati-va, así como ao Sr. Director Xeral dePatrimonio cultural, D. Felipe Arias.

Informe da Xunta Reitora

do Museo do Pobo Galego

Páxinas Informativas

Dirección: Carlos García Martínez ■ Secretaría: María-Xosé Fernández CerviñoRedacción: David Conde Lourido, Ana Estévez Lavandeira, Rosa Méndez García, Belén Sáenz-Chas Díaz Administración: Xulia Vázquez Randulfe xaneiro 1/2008

P.D.

Museo do Pobo Galego • San Domingos de Bonaval • 15703 Santiago de Compostelatel. 981 583 620 • fax 981 554 840 • www.museodopobo.es • correo electrónico: [email protected]

Imposición da insignia de ouro do Museo ao Dr. Luciano García Alén (foto Margen)

Estimadas amigas e amigos:Como cada ano ao comezar o novo exercicio, ofrecemos un resumo da memoria da institución durante 2007. Se algunhapersoa desexa recibir información máis detallada pode solicitala á Secretaría do Museo.Tamén, como é de rigor, faise constar a gratitude a todas as persoas e institucións que, por calquera título, contribuíron aculminar un exercicio máis na traxectoria do noso centro, que vén de celebrar o seu trixésimo aniversario.A Dirección

Page 2: Páxinas xaneiro 2008 - Inicio. Museo do pobo Galegomuseodopobo.gal/web/uploads/pdf/XANEIRO 2008.pdf · colo de colaboración co Consorcio de Santiago para abordar o Plan Director

Xaneiro / 2

OBRAS E INSTALACIÓNSNo último trimestre do ano comezaronos traballos da comisión bipartita paraa redacción do plan director doMuseo, consonte o indicado no epí-grafe precedente.

MONTAXE DE SALASRematou a montaxe das salas denomi-nadas Da imprenta. Dos impresores eencadernadores. Do libro e da prensa,inauguradas oficialmente por RubénC. Lois, director xeral de Turismo econselleiro delegado da S.A. do PlanXacobeo, patrocinadora da montaxe, o2 de xaneiro de 2008. Queda por con-cluír a primeira parte da sala de Ofi-cios urbanos. En total son 430 m2 denovos espazos expositivos.

30 ANIVERSARIO DO MUSEOO Museo do Pobo Galego, inauguradoo 29 de outubro de 1977, cumpriutrinta anos de existencia. A oportuni-dade do aniversario considerouse idó-nea para facer unha aproximaciónespecífica ao barrio de San Pedro, quedispón dunha personalidade ben defi-nida dentro da cidade. Así, deseñouseun conxunto de actividades, solici-tando a colaboración dos colectivoscidadáns implicados e do Concellocompostelán.

28 outubro Representación do Romance de Xoán TuorumEncargouse ao autor e director teatralRoberto Salgueiro a adaptación dotexto Juan Tuorum: Leyenda sobre unatradición gallega del siglo XIV, de Isi-doro Casulleras Galiana, premiado coa“Lira de Oro y Plata” nos xogos floraisde Pontevedra de 1880. O Museo doPobo Galego, co patrocinio da Conse-llería de Cultura e Deporte, e a colabo-ración do Concello de Santiago e doCentro Dramático Galego, recuperou oromance co propósito de facer unhacontribución ao patrimonio cultural dobarrio e da cidade. Na representación,xunto co actor Diego Meizoso, partici-paron veciños e veciñas do barrio.

29 outubro Xornada de portas abertasA pesar de ser luns, de ordinario díade peche, houbo bastante afluencia

de público. A Banda de Música deSantiago de Compostela, baixo adirección de Casiano Mouriño, ofre-ceu un concerto a mediodía, e adirectiva da Asociación “A Xuntan-za” do barrio de San Pedro visitou oMuseo pola tarde.

30 outubro Inauguración da exposición Barrio de San Pedro, Porta do Camiño. 30 outubro-30 decembroA mostra, patrocinada pola Conselle-ría de Cultura e Deporte e a Conce-llería de Cultura de Santiago de

Compostela, revisa a historia e devirdo barrio a través dos seus fitos máisrelevantes, cunha referencia particu-lar á presenza do Museo do PoboGalego. Na súa realización colabora-ron unha serie de veciños con ache-gas diversas; entre eles cabe citar aMercedes Vázquez, Miguel Rozadose a comunidade de dominicas de Bel-vís. Hai que mencionar igualmente aparticipación dos establecementosde hostalería O Dezaseis, Bonaval,Petiscos e o servizo de catering Almi-rez, que ofreceron o viño servido nainauguración.

Informe do Museo

Un aspecto das novas instalacións. (foto Novoa)

De esquerda a dereita, Iván Area, María Xosé Fernández, Néstor Rego, Ánxela Bugallo,Isaac Díaz Pardo e Carlos García Martínez. (foto Margen)

Page 3: Páxinas xaneiro 2008 - Inicio. Museo do pobo Galegomuseodopobo.gal/web/uploads/pdf/XANEIRO 2008.pdf · colo de colaboración co Consorcio de Santiago para abordar o Plan Director

Xaneiro / 3

EXPOSICIÓNSDez foron as exposicións que as salastemporais do Museo acolleron duran-te o ano 2007. Ademais da mostra con-memorativa do 30 aniversario, referi-da no capítulo anterior, exhibíronse asseguintes:

Antonio Fraguas Fraguas 1905-1999.Centenario. 28 decembro 06–28 de xaneiro 07Exposición homenaxe a don AntonioFraguas da Fundación que leva o seunome e mais do propio Museo,patrocinada pola Consellería de Cul-tura e Deporte.

Memoria. Pinturas. 1 febreiro–4 marzoMostra organizada polo Concello deSantiago de Compostela e o Auditoriode Galicia, que reúne a obra recentedos pintores Xosé Antón Castaño, LuísIglesias Diz, Xurxo Martiño e NoloSuárez, membros do colectivo Anakos.

Entre amigos. 5 maio–3 xuñoNesta cuarta edición da mostra de foto-grafía etnográfica dos socios e sociasdo Museo, dedicada a Xaquín Lorenzono seu centenario, contouse con doceparticipantes. Montserrat Serodio,Xosé Carlos Beiró, Rosa García-Ore-llán, Clodio González Pérez, XoánRamón Marín, Rosa Martínez Ferreiro,Fuco Sanjiao, Fani Lodeiro, MatildeAllones, Xosé Ramón Lema, ManuelVilar e Manuel Rodríguez Calviñoachegan un total de 116 fotografías.

Galicia, célula de universalidade.Europa e a Xeración Nós. 9 maio-30 xuñoMostra organizada pola FundaciónGalicia Europa, coa colaboración daFundación Otero Pedrayo e do Museodo Pobo Galego, e patrocinada polapresidencia da Xunta de Galicia paraconmemorar o cincuenta aniversarioda Comunidade Europea.A inauguración contou coa presenzado conselleiro de Presidencia, JoséLuis Méndez Romeu, e da conselleirade Educación e Ordenación universi-taria, Laura Sánchez Piñón.

Xaquín Lorenzo Fernández (1907–1989). Centenario. 26 xuño–29 xulloActualización da montaxe realizadaen 2004, ano oficial dedicado a donXaquín Lorenzo, coa colaboración doMuseo Arqueolóxico Provincial deOurense, o Museo Etnolóxico de Riba-davia e a Real Academia Galega, paraconmemorar o centenario do nace-mento do primeiro presidente doMuseo do Pobo Galego

VII Bienal de Pintura Eixo Atlántico. 2–19 agostoA mostra itinerante, correspondente áconvocatoria organizada nos anos2006-2007 polo Eixo Atlántico doNoroeste Peninsular, que premia osnovos talentos artísticos luso-galaicos,pechou o seu periplo ao coidado daConcellería de Cultura de Santiago deCompostela.

Cartografía antiga de Galicia. 14 setembro–19 outubroOrganizada pola Asociación Galega deCartografía e SIX, vinculada á celebra-ción das IV Xornadas sobre Infraestru-tura de Datos espaciais de España, pre-senta unha parte dos fondos cartográfi-cos de Carlos Martínez Barbeito, perten-centes do Arquivo do Reino de Galicia.

IV Proxecto didáctico Antonio Fraguas.6 outubro–11 novembro Exposición dos traballos premiados nacuarta convocatoria do Proxecto didác-tico Antonio Fraguas: Educaldea doCEP Xosé María Brea Segade de Tara-goña, e Non deas a esquecemento… doIES Pontecaldelas. O proxecto didácti-co conta co patrocinio da Conselleríade Cultura e Deporte, Fundación CaixaGalicia e Fundación Caixanova.

Badías. Caboverdianas na Mariña. 13 novembro–30 decembroMostra de antropoloxía visual, froitodo traballo de campo realizado polaantropóloga Luzia Oca desde o ano2000 na Ilha de Santiago e na Mariñaluguesa. Quíxose facer coincidir estamostra co foro Inmigración, cidadaníae identidade, organizado polo IEI copatrocinio do Parlamento de Galicia.

Ademais, o Museo participou xuntocoa Universidade e o Concello de San-tiago na organización da exposiciónX.M. Tomé. Antolóxica, comisariadapor Federico López Silvestre e contan-do coa colaboración económica deCaixanova, que se inaugurou nas salasdo Colexio de Fonseca o 12 de xullo,en memoria do que fora socio activo eentusiasta do Museo, á par de artistacomprometido e persoa entrañable.

ItineranciasA exposición Debuxos e gravados nasconstrucións populares, de HiginioFlores Rivas, exhibiuse en abril naBiblioteca Provincial de Lugo, e do 4ao 29 de xuño na Casa da Cultura deLousame.

A exposición da 4ª edición do ProxectoDidáctico Antonio Fraguas, Non deas aesquecemento... do IES de Pontecalde-las, logo de clausurarse no Museo,exhibiuse na Casa da Cultura desapoboación e no concello de Covelo.

Page 4: Páxinas xaneiro 2008 - Inicio. Museo do pobo Galegomuseodopobo.gal/web/uploads/pdf/XANEIRO 2008.pdf · colo de colaboración co Consorcio de Santiago para abordar o Plan Director

Xaneiro / 4

PUBLICACIÓNSEditouse un opúsculo que recolle osmateriais do foro Territorio, paisaxee identidade, organizado polo Insti-tuto de Estudos das Identidades doMuseo do Pobo Galego co patrociniode Construccións Otero Pombo S.A.Tamén se editaron materiais divulgati-vos dos actos do 30 aniversario, enparticular un a modo de cartel de cegoco romance de Xoán Tuorum.

ADQUISICIÓN DE FONDOSEn 2007 ingresaron 183 pezas, co que ototal de rexistros chega a 9.634 elemen-tos. Por primeira vez, o número deingresos por compra foi superior aosrecibidos polos outros conceptos.Adquiríronse 147 obxectos, incluíndoun conxunto de 142 pezas procedentesde Alfoz, entre as que destaca unhacolección de cacharros de Mondoñedo.

Por doazón ingresaron 34 pezas. Osdepósitos foron un retrato do escultorJosé Rivas, de Fernando Álvarez deSotomayor, ofrecido por Aurelio RivasVarela, e unha antiga máscara deboteiro de Viana do Bolo, recibida deJoão Guisán Seixas.Ademais, ingresou o fondo da empresa“La Artística” formado por preto de700 pedras litográficas, a meirandeparte delas para o etiquetado de latasde conserva pero tamén para o envasede produtos de limpeza e perfumería.O traballo consistiu na limpeza e foto-grafado de cada unha das pedras, colo-cándoas logo en palés para gardalas noalmacén externo do Museo. O depósitoinclúe tamén a documentación da

empresa, as máquinas de impresión delitografías e os antigos reloxos de ficharos traballadores.A actividade do departamento inclúe osPRÉSTAMOS PARA EXPOSICIÓNS e asREPRODUCIÓN DE FONDOS a peticiónde diversas entidades, medios de comu-nicación e investigadores.

BIBLIOTECA

Durante o ano 2007 ingresaron untotal de 346 títulos dos cales 213corresponden a doazóns, 114 porintercambios institucionais, 17 poradquisición e 2 de produción propia. O libro de rexistro contabiliza un totalde 51.958 entradas, pasando xa dos56.000 volumes.Neste período ingresaron 9 novaspublicacións periódicas, 3 por doa-zón e 6 por intercambio a través darevista ADRA. Desde a súa chegada ao Museo enoutubro de 2006 e durante todo esteano de 2007 o maior esforzo centrousena limpeza, organización e rexistro daBiblioteca Baltar. O total de librosrexistrados é de 12.479 volumes. Que-dan pendentes algunhas monografíase mais as revistas.No ARQUIVO ingresou diverso mate-rial documental (manuscrito ouimpreso) que está en proceso deinventariado.O catálogo automatizado está ao día,pendente da incorporación da Biblio-teca Baltar.O servizo atendeu 157 usuarios. Des-taca a presenza de investigadores pro-cedentes de diversas universidadesestranxeiras. O número de libros con-sultados foi de 2.652.Neste capítulo cabe reseñar tamén aREPRODUCIÓN DE FONDOS DO-

CUMENTAIS e os PRÉSTAMOS PARAEXPOSICIÓNS.

DEPTO. DE EDUCACIÓN E ACCIÓN CULTURAL

O DEAC atendeu, ao longo deste anouns 21.000 visitantes, dos cales un48,7% foron grupos da terceira idade,un 40% escolares, un 4% universita-rios, un 4,4% turistas e un 2,9% colec-tivos socioculturais.A programación para escolares, patro-cinada pola Concellería de Cultura deCompostela, contou coas opcións devisitas dinamizadas, roteiros temáti-cos e obradoiros.No mes de xullo desenvolveuse unObradoiro de Arqueoloxía para rapacesde 7 a 13 anos. En dúas sesións, da mande Xosé Valtierra, os participantes traba-llaron como arqueólogos, cazaron e ves-tiron como castrexos, xogaron como osromanos e probaron a súa gastronomía.

O Museo sumouse ao Proxecto Terrana realización do seu programa deachegamento á arquitectura e ao urba-nismo para escolares de secundaria.O DEAC levou a cabo outras actua-cións, por si só ou en colaboracióncon outras institucións: universida-des, colectivos socioculturais e enti-dades que traballan con grupos deinserción social ou persoas con diver-sidade funcional... Do 23 ao 26 de outubro desenvolveusea II Mostra de Cine Etnográfico, quecontou co patrocinio da DirecciónXeral de Comunicación Audiovisual.Asistiron o Vicepresidente e o Delega-do de Cultura da comarca do Sobrar-be, onde se realiza o festival máisimportante do estado español de CineDocumental Etnográfico. O Museoserá invitado na súa vindeira edición,que vai dedicar a sección Panorama aodocumental O Carro e o Home.

Page 5: Páxinas xaneiro 2008 - Inicio. Museo do pobo Galegomuseodopobo.gal/web/uploads/pdf/XANEIRO 2008.pdf · colo de colaboración co Consorcio de Santiago para abordar o Plan Director

Xaneiro / 5

En canto aos materiais educativos depréstamo, ademais da maleta OsXogos, incorporouse unha nova sobreO Pan cun material didáctico cedidopola Concellería de Patrimonio deVigo, e ampliouse o número de títulosda videoteca de préstamo.

OUTRAS ACTIVIDADESAs dependencias do Museo acolleronun amplo número de actividades: pre-sentacións de libros, xornadas, grava-ción de producións audiovisuais, reci-tais, entregas de premios, etcétera.O 13 xaneiro o conselleiro de Mediorural presidiu a presentación da acti-vidade “Non queimes o futuro”, orga-nizada pola Asociación Socio-Pedagó-xica Galega.O 10 maio, dentro dos actos da Sema-na de Europa, celebrouse un debatesobre o proceso de integración euro-pea, organizado pola Fundación Gali-cia Europa e retransmitido pola TVG ea radio. Na mesma xornada realizousea entrega dos premios do concurso depintura para escolares “Contos e len-das da Unión Europea”.Durante o mes de maio o Auditorioacolleu once sesións de contacontospara escolares, dentro da campañaContos no Camiño, organizada porOQO Editora en colaboración coaS.A. de Xestión do Plan Xacobeo.

Participaron máis de 3.500 rapacesduns 50 centros de educación infan-til e primaria de 12 municipiossituados nas distintas rutas xacobe-as. O programa pechouse o 8 dexuño coa presenza do Conselleiro deInnovación e Industria, FernandoBlanco, e do xerente da S.A. de Xes-tión do Plan Xacobeo, Ignacio Rodrí-guez Eguíbar.O 23 xuño, data na que se cumpría ocentenario do nacemento de donXaquín Lorenzo Fernández, cele-brouse en Ourense, diante da casanatal da rúa da Paz, un acto dehomenaxe. O vicepresidente doPadroado, Fernando Acuña, interveuno nome do Museo, e pechou o actoo alcalde da cidade.No claustro celebráronse os días 6,11, 17 e 21 xullo catro dos Concertosexpress programados dentro do festi-val de música Via Stellae.O 20 setembro o Presidente da Xuntade Galicia presidiu unha recepciónao Consello das Comunidades Gale-gas. A Secretaría Xeral da Emigra-ción celebrou os días 14 e 29 denovembro recepcións aos participan-tes no proxecto “Volver á terra”, quevisitaron as nosas salas.O Museo colaborou coa “noite enbranco” organizada o 15 de decem-bro pola Asociación de Comerciantesdo barrio de San Pedro, celebrandounha actuación do grupo BatukoTabanka, formado por mullerescaboverdianas residentes na Mariña.A actuación foi patrocinada polaConcellería de Cultura de Burela.

XUNTANZAS E ASEMBLEAS

A Asociación de Escritores en Lin-gua Galega, a Asociación do TraxeGalego, a Fundación Pedrón deOuro, a Sociedade Galega de HistoriaNatural, AGABEL, Asociación Gale-ga polas Bibliotecas Escolares e aLectura, a Comisión permanente doConsello Galego de Museos, a Aso-ciación Mámoa de aleitamento natu-ral e a Fundación Galicia Emigraciónreuníronse nas dependencias doMuseo, que tamén acolleron unhaasemblea para a creación da Asocia-ción Galega de Xestores e Técnicosde Cultura.

FUNDACIÓN ANTONIO FRAGUAS FRAGUAS

Resolveuse a 5ª edición do proxectoDidáctico Antonio Fraguas. O Xurado,reunido o 30 de abril, acordou por una-nimidade conceder dous premios namodalidade de ensino secundario aosproxectos As fábricas de Rechinol, Por-todís e Portochao como exemplo de des-coñecemento do noso patrimonio cultu-ral, do IES de Melide, e As embarca-cións tradicionais da comarca de Ferrol,do IES Concepción Arenal de Ferrol.

Como vén facendo desde a 1ª edicióndo Proxecto Didáctico Antonio Fra-guas, o Departamento de Educación eAcción Cultural do Museo asumiu acoordinación dos traballos e da expo-sición final que, no caso dos gañado-res da 4ª edición, se inaugurou o 6 deoutubro cun acto no que tamén se fixoentrega do premio aos seleccionadosna 5ª edición.

INSTITUTO DE ESTUDOS DAS IDENTIDADES

A actividade do IEI, creado en 2005,arranca efectivamente a finais do ano2006, enfocándose cara a dúas liñasfundamentais de actividade.

Foros de debateO 12 de xaneiro tivo lugar a presenta-ción en rolda de prensa do Instituto deEstudos das Identidades. Coincidindocon este acto, lanzouse o foro Territo-rio, paisaxe e identidade, que incidíanun tema de indubidable transcenden-cia na conformación da identidade

Homenaxe a D. Xaquín Lorenzo no seu centenario. De esquerda a dereita, Xosé Carlos Sierra,................................., Xosé Lino Vázquez-Monxardín,Manuel Suárez, alcalde de Ourense, Fernando Acuña e Carlos García Martínez.

Foto Denís Estévez

Detalle da exposición da cuarta edición do Proxecto didáctico

Page 6: Páxinas xaneiro 2008 - Inicio. Museo do pobo Galegomuseodopobo.gal/web/uploads/pdf/XANEIRO 2008.pdf · colo de colaboración co Consorcio de Santiago para abordar o Plan Director

Xaneiro / 6

galega e, ao mesmo tempo, de plenaactualidade: a visión tradicional doterritorio e a paisaxe e as modificaciónsque se están a operar na súa realidadefísica e na súa percepción social.Partindo duns materiais básicos ache-gados polos relatores, durante o mesde xaneiro mantívose na rede un foroaccesible desde a páxina web doMuseo. O 3 de febreiro tivo lugar unhasesión pública, na que se someteron aconsideración as contribucións pro-postas polos relatores e mais as cues-tións formuladas no foro.A finais de ano organizouse o segundoforo do IEI, patrocinado nesta ocasiónpolo Parlamento de Galicia. Escolleu-se o tema Inmigración, Cidadanía eIdentidade, tomando como base dodebate as achegas dos profesores JoséLuis Alba Robles, Xosé Luís BarreiroRivas, Miguel Anxo Santos Rego,Antonio Izquierdo Escribano e GemaMartín Muñoz, coordinados por MarLorenzo Moledo.Como colofón da fase virtual que sedesenvolveu desde comezos denovembro, o 12 de decembro cele-brouse unha sesión pública de debatee conclusións. Arestora prepáranse osmateriais para a edición.

Sons e Voces da IdentidadeXa nunha liña estrictamente de inves-tigación, o IEI iniciou o proxecto Sonse Voces da Identidade, consistente nadixitalización, catalogación, estudo edifusión do patrimonio oral. O 1 dedecembro o proxecto foi presentado aun grupo de especialistas no tema, queo acolleron con moito interese, abrin-do a posibilidade de incrementar ofondo coa achega de novos elementos.Como punto de partida cóntasecunha abondosa “materia prima”,integrada por unhas 600 cintas mag-netofónicas recollidas directamente,ou baixo a súa dirección, por XoséLuís Rivas e Baldomero Iglesias, pro-fesores e cultivadores do folklore,nos últimos 35 anos de informantesda Galicia rural e con contidos moidiversos. Este fondo ten un grandeinterese como testemuño directo davida rural que se perde a medida quedesaparecen os seus protagonistas, epermite, xunto cos datos que posúenos recompiladores, levar a cabo unhaaxeitada contextualización dos mate-riais no universo ideacional, mate-rial e social das comunidades ruraisgalegas. Xunto a Xosé Luís Rivas eBaldomero Iglesias, participan no

proxecto Carlos García Martínez,director do Museo e presidente doIEI, Xosé Manuel González Rebore-do, coordinador do IEI e tamén coor-dinador do proxecto, María XoséFernández, secretaria do Museo etamén secretaria do IEI, Sergio de laOssa, etnomusicólogo, e César Martí-nez, músico e técnico de son. Men-ción especial é debida á patroa Con-cha Losada, responsable da arquitec-tura da base de datos que no futuroservirá para procesar toda a informa-ción recollida.Para encetar o arquivo cóntase conaxudas da Fundación Antonio Fraguase da Consellería de Cultura e Deportea través da Dirección Xeral de Crea-ción e Difusión cultural.

VISITASO número total de visitantes duranteo ano 2007 foi de 74.879 persoas; algoinferior ao de 2006, pero na tónica deanos precedentes. Deles, 42.119 foronvisitas individuais e 32.760 visitas engrupo. A proporción segundo a proce-dencia foi en detrimento dos visitan-tes galegos (37,3%) fronte ao 33,7%doutras comunidades autónomas e o29% de estranxeiros.

PATROCINADORESXunta de Galicia: Consellaría de Cultura e Deporte(Direccións Xerais de Patrimonio Cultural e de Creación e Promoción Cultural)S.A. de Xestión do Plan XacobeoConcello de Santiago de CompostelaConsorcio de SantiagoDeputación Provincial da CoruñaDeputación Provincial de LugoDeputación Provincial de OurenseDeputación Provincial de PontevedraFundación Caixa GaliciaFundación CaixanovaFundación Pedro Barrié de la MazaParlamento de GaliciaUniversidade da CoruñaUniversidade de Santiago de Comp.Universidade de Vigo

COLABORADORES– Carme Campo Martínez,

bolseira do DEAC– Susana Castelo Rey,

bolseira do CSBG (outubro-novembro)– Fernando Castro Bugallo, prácticas

de animación sociocultural no DEAC

– Alba Castro Trinidad, en prácticas de información e comercialización turísticas

– Mª Dolores Corzón Leises, en prácticas de biblioteca pola USC

– Marcia Díaz Villar, colaboradora na biblioteca

– Trinidad Gancedo Herreras, bolseira do CSBG (febreiro-abril)

– Alexa García Pose, colaboradora do Depto. de conservación

– Lucía Gómez Quintas, en prácticasde biblioteca pola USC

– Purificación González Blanco– Cristina Losada Vieiro,

en prácticas de biblioteca pola USC– Beatriz Louzán,

Practicum II de Pedagoxía da USC– Xoán Ramón Marín Martínez,

debuxante– Lidia Pérez,

Practicum II de Pedagoxía da USC– Beatriz Pérez Canosa,

en prácticas de información e comercialización turísticas

– David Precedo Sánchez, en prácticas de información e comercialización turísticas

– Dolores Puga Delgado– Marcel Rodríguez Cueli,

en prácticas de biblioteca pola USC– Esperanza Seoane Becerra,

bolseira do CSBG (xullo-setembro)– Iria Veloso Pérez,

colaboradora do DEAC

CADRO DE PERSOAL– Administración,

Xulia Vázquez RandulfeMª Consolación Castro (plan defomento de emprego, ata 30/08/07)Sandra Guldrís Pérez (substitución)Ángeles Bendaña Vázquez (plan de fomento de emprego, desde 27/09/07)

– Biblioteca,Rosa María Méndez García

– Conservación,Belén Sáenz-Chas Díaz

– Educación e Acción Cultural,Ana Belén Estévez LavandeiraEnrique Cameselle (plan de fomentode emprego, ata 30/08/07)Paula María Lorenzo García (plan de fomento de emprego, desde 27/09/07)

– Exposicións, Juan David Conde Lourido

– Limpeza,Josefa Gallardo FreireÁngeles Varela García

– Mantemento, Manuel Vilas Tubío

– Vixilancia,Gonzalo Guillín GarcíaXurxo Martínez OteroManuel Pérez Brocos(Concello de Santiago de Compostela)Ana Allo Moreira (concerto con COGAMI)Cristina Roldán (plan de fomento de emprego, ata 30/08/07)Rocío P. Santiago Vázquez (plan de fomento de emprego, ata 30/08/07)Silvana Mariño Callejo (plan de fomento de emprego, desde 2/10/2007)Margarita Arca Nogueira(plan de fomento de emprego, desde 2/10/2007)Alicia Liñares Recarey (substitución)Esther Baleirón Soñora (substitución)

AGRADECEMENTOS