nutrición ii
TRANSCRIPT
NUTRICIÓN II: DIXESTIVO, RESPIRATORIO E
URINARIO
Profesor: Adán Gonçalves
O proceso dixestivo nos animais
SALIR ANTERIOR
Fases do proceso dixestivo
1. INXESTIÓN 2. DIXESTIÓN
Intracelular
Interna
3. ABSORCIÓN
Nutrientes
Células
4. EXESTIÓN
Heces
fecales
Extracelular
Externa
Sangre
INTRODUCIÓN
APARATO DIXESTIVO
O aparato dixestivo ocúpase de extraer dos alimentos os nutrientes a
través dun proceso chamado dixestión. Os nutrientes pasan dende o
dixestivo ó sangue que se ocupará de repartilos por todas as células do
organismo.
Os procesos dixestivos que sucede no aparato dixestivo son:
Inxestión: os alimentos son introducidos no tubo dixestivo pola boca.
Dixestión: os alimentos son disgregados e degradados a nutrientes que
poden ser asimilados polas células. Hai dous tipos de dixestión:
mecánica e química.
Absorción: Os nutrientes obtidos pasan dende o dixestivo ao torrente
sanguíneo para poder ser distribuídos.
Exección: non todo o alimento pode ser transformado en nutrientes, as
substancias non dixeridas polo tubo dixestivo son expulsadas en forma
de feces.
Dixestión mecánica: este tipo de dixestión refírese a triturar e
esmiuzar o alimento. Sucede fundamentalmente na boca e no
estómago e incrementa a eficacia da dixestión química.
Dixestión química: consiste na transformación do alimento en
nutrientes mediante a participación de enzimas dixestivos.
A DIXESTIÓN
ÓRGANOS DO APARATO DIXESTIVO
As distintas partes do dixestivo
clasifícánse en:
Tubo dixestivo, que é o conducto
polo que discorren os alimentos
para transformarse en nutrientes.
Está formado por: boca, farinxe,
esófago, estómago, intestino
delgado, intestino groso e ano.
Glándulas dixestivas, órganos
que verten secreccións para
facilitar a dixestión en distintas
partes do dixestivo. Son: as
salivares, o páncreas e o fígado.
BOCA: apertura pola que entra o alimento. Aquí comeza xa a dixestión
(sobre todo mecánica). Os dentes esmiuzan os alimentos e a lingua
axuda a mesturalos coa saliva (dixestión química= enzima amilase).
FARINXE: tubo compartido entre dixestivo e respiratorio. Leva o
alimento dende a boca ata o esófago. A epiglote evita que o alimento
vaia cara o respiratorio. A saída da farinxe os trozos alimento
mesturado coa saliva denomínaselle bolo alimenticio.
ESÓFAGO: conduto musculoso cuxos
movementos peristálticos permiten o
avance do bolo alimenticio ata o
estómago.
ESTÓMAGO: cavidade tapizada por
células que segregan o zume gástrico
(enzimas e ácido) que xunto aos
movementos continuos permiten unha
dixestión química e mecánica moi
eficaz. Tamén hai absorción dalgunhas
substancias. O bolo alimenticio sofre
xa tantos cambios que pasa a
chamarse quimo e entra no intestino
delgado.
INTESTINO DELGADO: ten tres partes; duodeno, xexuno e íleo. As
súas paredes presentan vilosidades intestinais que aumentan moito a
superficie de absorción de substancias nutritivas. Ésta é a súa principal
función.
FÍGADO: glándula dixestiva que produce a bile que se almacena na
vesícula biliar. Vértese no duodeno para degradar as graxas.
PÁNCREAS: glándula dixestiva que produce o zume pancreático,
tamén se verte ao duodeno e completa a dixestión.
Todas estas secreccións máis os
movementos intestinais converten o
quimo en quilo despois do seu paso polo
intestino delgado.
VILOSIDADES INTESTINAIS
INTESTINO GROSO: a última parte do
dixestivo divídese en: cego, colon e
recto. O recto ábrese ao exterior polo
ano. A principal función do intestino
groso e absorber a auga e as sales
minerais (ata un 70% de
recuperación da auga dos residuos
da dixestión).
Ademais no groso hai bacterias
simbióticas que producen
aminoácidos e vitamina K que deben
ser absorbidos, asemade tamén son
responsables da degradación e
putrefacción dos restos (de aí o seu
cheiro) orixinando as feces fecais.
Colon
Ano
Recto
Cego
ENFERMIDADES DO DIXESTIVO
PREVENCIÓN
Prevención enfermidades do dixestivo:
Levar unha dieta equilibrada.
Cepillar os dentes despois de cada comida.
Evitar o tabaco e o alcol.
APARATO RESPIRATORIO
O aparato respiratorio encárgase
da entrada do O2 dende atmosfera
cara ao organismo e a saída de CO2
cara o exterior.
Está formardo por:
Vías respiratorias: fosas nasais,
farinxe, larinxe e traquea.
Pulmóns, onde atopamos:
bronquios, bronquiólos e
alvéolos.
FOSAS NASAIS: cavidades que
comunican cos orificios do nariz.
Quentan e humedecen o aire
inspirado.
FARINXE: xa falamos dela e da
epiglote.
LARINXE: comunica a farinxe coa
traquea. Nela atópanse as cordas
vocais que emiten a voz ao vibrar.
TRAQUEA: conduto cartilaxinoso que
discorre paralelo o esófago. Posúe
células ciliadas e produce
mucosidade para reter partículas e
patóxenos. Divídese en dous
bronquios principais que entran nos
pulmóns.
BRONQUIOS: cada un dos dous que entran nos pulmóns ramifícanse en
bronquiólos (ata chegar a uns 30000 por pulmón) que rematan nuns
sacos de paredes moi finas chamados alvéolos pulmonares que son o
lugar onde se produce o intercambio de gases. Hai uns 600000000 en
total.
PULMÓNS: dous órganos esponxosos situados sobre o diafragma e
protexidos pola caixa torácica. Cada pulmón está rodeado dunha
membrana, a pleura que permite aos pulmóns adaptarse aos
movementos respiratorios.
Chega sangue pobre en osíxeno
Sae sangue rica en osíxeno
VENTILACIÓN PULMONAR
Consiste na entrada de aire dende o exterior cara os pulmóns e a saída
deste aire cara o exterior.
Consta de dous movementos:
Inspiración: entrada de aire aos pulmóns dende o exterior.
Expiración: saída de aire dende os pulmóns cara o exterior.
A entrada e saída de aire durante a ventilación pulmonar débese á
variación de volume dos pulmóns grazas a acción coordinada de varios
músculos entre os que destaca o diafragma.
O INTERCAMBIO DE GASES
Consiste no paso do O2 dende o aire dos alvéolos cara o sangue e a súa
vez, o paso do CO2 dende o sangue cara o alvéolo para poder expulsalo
ao exterior. O paso prodúcese por difusión simple (do máis concentrado
ao menos)
O O2 chega grazas ao sangue a todas as células. Éste é empregado en
extraer enerxía dos nutrientes mediante a respiración celular nas
mitocondrias. Este proceso produce CO2 que é liberado ao torrente
sanguíneo para que o transporte aos alvéolos e sexa expulsado fóra do
organismo.
ENFERMIDADES DO RESPIRATORIO
O TABACO
A enfermidade respiratoria máis grave é o cancro de pulmón,
asociado nun 90% dos casos ao consumo de tabaco.
Anuncio
Efectos tabaco Indícanse con asteriscos as substancias canceríxenas.
Prevención enfermidades do respiratorio:
Non fumar.
Evitar os cambios bruscos de temperatura.
Inspirar polo nariz e espirar pola boca.
A EXCRECIÓN E O APARATO URINARIO
A excreción consiste en eliminar as
substancias de refugallo producidas
durante o metabolismo celular.
Os refugallos pasan ao sangue que os
distribúe aos distintos órganos
excretores para expulsalos fóra.
O aparato urinario é un deses órganos
excretores é está formado polos riles, os
uréteres, a vexiga e a uretra.
Ademais podemos expulsar refugos pola
pel (sudoríparas), os pulmóns e a
mediante a bile.
RILES: dous órganos con forma de faba
situados na parte posterior do abdome a
ambolos dous lados da columna
vertebral. Realizan o filtrado do sangue e
producen os ouriños.
URÉTERES: condutos que levan os
ouriños dende os riles ata a vexiga.
VEXIGA: bolsa que almacena e recolle os
ouriños.
URETRA: conduto que permite a saída
dos ouriños ao exterior.
NOTA: a uretra masculina é máis longa que
a feminina e expulsa ouriños e seme. A
feminina só expulsa ouriños.
OS RILES A FONDO
Nun ril podemos diferenciar:
Arteria renal: a que leva a sangue con refugallos ao ril
Codia renal (de cor vermello claro) e médula renal (de cor vermello
escuro): son os lugares onde se forman os ouriños.
Pelve renal: estrutura a modo de embudo e que conduce os ouriños
cara o uréter.
Vea renal: extrae a sangue limpa dos riles.
Os ouriños son unha mestura de auga, sales minerais e urea.
O aparato urinario mantén a homeostase porque regula a concentración de
sales nos líquidos corporais mediante a súa eliminación e a reabsorción de
auga.
A unidade estrutural dos riles é o nefrón.
O NEFRÓN
É a unidade funcional dos riles porque neles se producen os ouriños. Está
formado por:
• Glomérulo: maraña de capilares polos que circula o sangue con
refugallos.
• Cápsula de Bowman: estrutura que rodea o glomérulo e filtra o plasma
sanguíneo.
• Túbulo renal: nel prodúcese a reabsorción de auga e outras
substancias que pasan ao sangue de novo.
• Conduto colector: leva os ouriños recén formados á pelve renal. É
compartido por varios nefróns.
Os ouriños prodúcense en dúas fases:
Filtración: entre outras substancias, a auga e a urea pasan do
glomérulo cara a cápsula de Bowman.
Reabsorción: regresan ao sangue boa parte das substancias, ata un
99% da auga, pero non a urea.
APARATO URINARIO
ENFERMIDADES DO URINARIO
Cólico nefrítico: débese a acumulación de cálculos nos riles. Estes
cálculos (depósitos de substancias sólidas) poden ser moi
dolorosos e chegar a obstruír o uréter.
Cistite: inflamación da vexiga ou das paredes urinarias por unha
infección.
Prevención:
Hixiene da pel e das vías urinarias.
Non abusar de alimentos ricos en ácido úrico.
Beber auga.
GRAZAS POR ATENDERME
WEBGRAFÍA
https://activismolucha.wordpress.com/2015/02/07/586/ http://ciencias6eb23padredonaciano.blogspot.com.es/2010/11/absorcao-
digestiva-e-assimilacao.html http://cmapspublic.ihmc.us/rid=1HYNFFZYC-21Y565K-
13BR/APARELLO%20RESPIRATORIO.jpg https://www.fairview.org/espanol/BibliotecadeSalud/art%C3%ADculo/82717 http://keywordsuggest.org/gallery/406476.html https://profevio.wordpress.com/tag/mafalda/ http://www.sobiologia.com.br/conteudos/Histologia/epitelio6.php