n xaneiro de Órgano de comunicación do s. n. de cc€¦ · galicia sindical número 65 - xaneiro...

12
www.galicia.ccoo.es Órgano de comunicación do S. N. de CCOO Número 65 - xaNeiro de 2016

Upload: others

Post on 30-Apr-2020

3 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

www.galicia.ccoo.es

Órgano de comunicación do S. N. de CCOONúmero 65 - xaNeiro de 2016

GaLiCia SiNdiCaL Número 65 - xaneiro de 2016

2

www.galicia.ccoo.es

Aclase traballadora sem-pre tivo representantesnas institucións que de-

fendesen os dereitos sociais elaborais. A panca de cambiopara o desenvolvemento depolíticas de progreso e trans-formación sempre puido mo-verse grazas ao compromisode persoas que, desde as ins-titucións, demostraron estar aoservizo da cidadanía. En co-renta anos de democraciahoubo moitos exemplos, peronunca tantos e por tanto tempocomo a nosa democracia ne-cesitaría. Por desgraza, taménhoubo moitos exemplos depersoas que se serven da cida-danía, como imos descubrindocada día, ata o punto de quecase deixa de sorprender.

Sempre houbo cambio nasinstitucións, pero só agora sepuido romper –e non do todo–

coa resignación de non se verrepresentado nesas institu-cións de que dependemos,mesmo en etapas de gobernosque tiñan que ser progresistas.É certo que non son totalmentesatisfactorios os resultados ob-tidos polas forzas políticas deesquerda; incluso nos mellorescasos, non chegaron a ser osesperados.

Porén, a crecente mobiliza-ción electoral en apoio de pro-postas de transformaciónsocial, económica e política,está a pedir respostas en formade decisións que repoñan aspolíticas públicas e sociais,alén de abrir as institucións ácidadanía, tanto para a partici-pación como para o control.

O reto é complexo, pero nonpode haber pretextos. No es-tado hai unha evidente maioríaparlamentaria que compartepropostas programáticas comoa derrogación das reformas la-borais, e pór fin ás políticasde austeridade económica –

CAIXA DO CORREO «GALICIA SINDICAL»

reforma do artigo 135 daConstitución–. E haina, porquehai unha clara maioría cidadá,da que forma parte a clase tra-balladora mobilizada, que deuo seu apoio a un cambio.Agora é o momento de estar áaltura e de cumprir os manda-tos recibidos.

Non hai ningunha razónpara que esas iniciativas par-lamentarias non estean xa re-xistradas, nin tampouco a haipara que non saian aprobadasno Congreso, á vez que sepreparan outras propostasque demostren que son posi-bles políticas económicas e deemprego que pensen en todaa cidadanía e non só nos divi-dendos das grandes fortunas.

A situación está a cambiar, eo cambio non vén por retorceras estatísticas económicas ede emprego como fan cadames o PP e dos seus poderesafíns –bancarios, patronais emediáticos–. Por moito que in-sistan, o crecemento econó-

mico só é perceptible polasgrandes fortunas –as mesmasque propiciaron a crise–, poiso emprego que se está cre-ando xera unha inmensa bolsade persoas e familias empo-brecidas malia teren traballo,pois en moitos casos son em-pregos sen dereitos e con sa-larios ridículos.

3

www.galicia.ccoo.es

GaLiCia SiNdiCaLNúmero 65 - xaneiro de 2016

OSistema para a Autonomíae a Atención á Dependen-cia ou, como se coñece ha-

bitualmente, lei de dependencia,é unha lei na que levamos traba-llando moitos anos en CCOO. Xano 2000 empezamos a tratalacomo unha prioridade, pois onoso sindicato consideraba fun-damental defender e apoiar tantoas persoas con dependenciacomo os seus familiares.No ano 2001, no marco dos

Pactos de Toledo, conseguimosque aparecera por primeira vezun documento público sobre estacuestión, asinado por CCOO,UGT, a patronal e a Administra-ción. Neste momento, CCOO es-tableceu a atención á dependen-cia como o cuarto piar do estadodo benestar, xunto coa educa-ción, a sanidade e as pensións.No ano 2004, o Goberno cen-

tral comezou a traballar sobreesta cuestión, elaborando o LibroBranco, que é o que nos dá adiagnose e magnitude do pro-blema e a base para buscar solu-cións. Na elaboración deste librofoi moi salientable o labor deCCOO, que traballou activamentena redacción. Posteriormente,participamos co mesmo interesena elaboración da lei que daríapaso ao Sistema para a Autono-mía e a Atención á Dependencia.A lei era moi nova, custosa e

complicada, pero con alternativasa todos os problemas que íanaparecendo na súa implantación.Un dos máis arrevesados era odiferente tratamento que se lledaba a esta norma nas distintas

autonomías: ao tratar sobreasuntos sociais, tiña que depen-der das comunidades autóno-mas, xa que os servizos sociaisestaban transferidos.En xeral, os populares dedicá-

ronse a boicotear a lei e tentaracabar con ela, tanto desde osGobernos autonómicos comodesde o central. Por iso, candochega Rajoy ao poder, unha dasprimeiras decisións é recortar oalcance da lei, facéndoa máis ba-rata para a Administración. Isto,á custa das persoas con depen-dencia e dos seus familiares.

Recortes á dependenciaEntre os recortes practicados

cabe sinalar a moratoria queatrasa a entrada no ámbito deprotección da lei de persoas condependencia moderada; ase-made, endurecéronse os bare-mos para a valoración dadependencia e tamén se incre-mentou o copagamento.Ademais, acabouse coa obriga

de que a Administración cotice áseguridade social polas persoascoidadoras non profesionais,como ata ese momento. Isto tiñaefectos positivos para moitas

persoas que tiveron que abando-nar a súa vida laboral, case todasmulleres, ao contaren cunha co-tización que lles permitía chegará xubilación con dereito a unhapensión. Ao deixar de cotizar porelas a Administración, moitas op-taron por non o facer, xa que aprestación percibida quedáballesmoi minguada.A toda esta desfeita súmase a

falla de interese da Xunta de Ga-licia, que empeorou a aplicaciónda lei en lugar de mellorala. Porpoñer exemplos, en decembro de2012 había 5000 persoas máisatendidas por esta lei que namesma data de 2014; en ditamese en PIA (plans individuais deatención), en 2009 estabamos unpunto por riba da media estatal eagora estamos un punto porbaixo; canto ás persoas queteñen recoñecido un servizo enon se lles dá, no 2009 estaba-mos só un punto peor que namedia do estado e no 2014 xaeran 14 puntos e só tres comu-nidades autónomas tiñan peoresdatos.

Campaña de CCOOPor se fose pouco, a Xunta,

que non ten interese en implantara lei en condicións, tampoucocumpre o pouco que a lei reco-ñece. Precisamente, é neste te-rreo onde CCOO está a traballarde xeito moi activo cunha cam-paña específica. O sindicatoanima a todas as persoas con de-pendencia e os seus familiares aque reclamen os servizos e pres-tacións a que teñen dereito porlei. Hai sentenzas que nos apoiane por iso queremos iniciar unhacampaña de reclamacións polavía xudicial.

Cartel da campaña iniciada por CCOO

GaLiCia SiNdiCaL Número 65 - xaneiro de 2016

4

www.galicia.ccoo.es

En España, baixo o Gobernode Rajoy, asistimos á reacti-vación do artigo 315.3 do

Código penal, que permanecíadurmido. Foi utilizado pola Fisca-lía contra o exercicio do dereitode folga, fundamentalmentenunha das súas actuacións máislexítimas, a acción dos piquetesinformativos. Preto de 300 sindi-calistas foron procesados, e al-gúns condenados xa, conpeticións de máis de oito anos decárcere. A gran maioría pola súaparticipación no últimas tres fol-gas xerais contra os recortes la-borais e sociais.O pasado 19 de xaneiro, máis

de 1.500 persoas ateigaron oauditorio Marcelino Camacho,no acto organizado por CCOO eUGT en defensa do dereito defolga. O acto tiña como obxectoimpulsar a campaña en defensado dereito de folga ante o xuízoque se iniciará o 9 de febreirocontra «os 8 de Airbus», para osque a fiscalía pide 66 anos decárcere.Unha vez máis, profesionais

do dereito do traballo, xuristas,representantes da cultura e sin-dicalistas nacionais e internacio-nais, advertiron de que un paísque non respecta a súa propiaConstitución, a Carta de DereitosFundamentais da Unión Europeae o Pacto Internacional de Derei-tos Económicos, Sociais e Cul-turais da ONU, dificilmente serárecoñecido como unha demo-cracia moderna e avanzada.Sen dereito de folga efectivo,

non hai democracia posible. Éexpresión inescusable do estadosocial e de dereito. Penalizar o

seu exercicio retrotráenos a eta-pas que críamos felizmente su-peradas. Por esta razónchegaron múltiples mostras deapoio á campaña impulsada porCCOO e UGT para a derrogacióndo artigo 315.3 do Código penale contra a criminalización doexercicio de folga.A escritora Almudena Grandes

conduciu de maneira excelenteo acto. Empezou a súa interven-ción con estas palabras: «folganon é delito. Parece mentira queunha afirmación tan obvia, tanindiscutible para calquera cida-dán dun país democrático, sexa

o lema que nos convoca aquí,esta tarde do 19 de xaneiro de2016. Parece mentira e, contodo, non é estraño, porque ascousas non pasan por casuali-dade». Pechou o emotivo actolembrando que «nós somosmáis, e somos moitos. Non oesquezades, porque a Historianon terminou. Non terminarámentres nós sigamos gritando‘non’ con todas as nosas for-zas». Pola súa banda, Xuícespara a Democracia precisou nuncomunicado que «non resultaadmisible a persistencia dun ins-trumento para a represión comoo delito de coaccións á folga,previsto no artigo 315.3 do Có-digo penal, con penas de prisiónde ata tres anos. Un delito que

se estableceu no final do fran-quismo, con carácter preconsti-tucional, para facilitar aspresións do aparello estatal a unmovemento obreiro cada vezmáis influínte na sociedade».E o peor de todo, é que a

norma que serve aos poderespúblicos para fundamentar asacusacións contra o movementosindical é ese artigo 315.3, xes-tado na ditadura e rescatado haiuns anos, nun intento intolerablede criminalizar o conflito sociale laboral. Ninguén no seu sanxuízo debería botar man dunhanorma preconstitucional paradebilitar ou negar un dereitocomo o de folga, alicerce básicodas relacións laborais.Pero as cousas poden e deben

cambiar. A pesar das dificulta-des que se derivan da actual co-rrelación de forzas parlamen-tarias, CCOO expresa a súa con-fianza en que se poida configu-rar un Goberno de progreso queteña como unha das súas pri-meiras decisións a reversióndesta situación.

5

www.galicia.ccoo.es

GaLiCia SiNdiCaLNúmero 65 - xaneiro de 2016

OProxecto de Orzamentosda Xunta de Galicia para2016 ascende a 10.310

millóns de euros, cifra parecidaá de 2011 e só 515 millóns máisque en 2015. Debemos enmar-car este orzamento nun escena-rio económico e social que man-tén moitos dos efectos provoca-dos por mais de sete anos decrise económica e recortes in-xustos. As políticas erradas pro-vocaron unha perda de acti-vidade económica e de em-prego, xunto cunha redución dedereitos sociais e laborais e unincremento da desigualdade.Estes orzamentos deberan

dar resposta á situación decrise e de emerxencia socialexistente en Galicia, atendendoespecialmente a tres cuestións:a reactivación económica e axeración de emprego de cali-dade, a aposta polo tecido pro-dutivo e a súa diversificación eo reforzamento dos servizospúblicos e a protección social. Porén, a análise do proxecto

de orzamentos permítenos con-cluír que non servirán paraxerar emprego de calidade econsolidar a saída da crise,tampouco para dar coberturaás necesidades da sociedadegalega, nin garantir o mante-mento adecuado dos servizospúblicos. Son as consecuenciasdun orzamento electoralista,confeccionado ideoloxicamen-te, que non procura beneficioda cidadanía; un orzamento hi-potecado pola débeda e quenon recupera o investimento,indispensable para o desenvol-vemento de Galicia.

Son orzamentos continuístasdos de anos anteriores e dosdo Goberno central, porque re-piten as mesmas políticas queestán a prexudicar á cidadaníae aumentan aínda máis as dife-renzas sociais.Tampouco varía o escenario de

ingresos: a Xunta continúa senabordar a vía do incremento dosingresos para mellorar a sostibi-lidade das contas públicas. Polocontrario, introduce dúas rebai-xas consecutivas no tramo auto-nómico do IRPF que van reduciros recursos dispoñibles. Ade-mais, esta rebaixa intensifica odesequilibrio existente a favordos impostos indirectos, regresi-vos, en detrimento dos directos,de maior capacidade redistribu-

tiva. Menos recursos para cam-biar as cousas e desigualmentedistribuídos, razón pola que ins-tamos a Xunta a utilizar a súa au-tonomía fiscal para incrementaros ingresos, pero de maneiramáis xusta e equitativa; porexemplo, incrementando os tiposimpositivos para os tramos derenda máis altos, creando novostributos e reducindo as dedu-cións actuais.

Firmeza co Goberno centralDemandámoslle que teña unha

actitude máis firme co Gobernode España, votando contra a in-xusta distribución do déficit pú-blico entre as diferentesadministracións e que esixa unnovo sistema de financiamentoautonómico para recuperar os in-gresos perdidos nos últimosanos. Debe promover, tamén,unha verdadeira reforma fiscal entodo o Estado que lle devolva su-ficiencia, equidade e eficiencia aonoso sistema fiscal.Desde CCOO tamén reivindi-

camos un plan de racionaliza-ción dos servizos públicosexternalizados para seren pres-tados desde o sector público, oque permitiría liberar recursosque se incorporarían tamén aosorzamentos.A conxunción das actuacións

propostas proporcionaría maisingresos, obtidos de maneiramais xusta, e permitiría, a súavez, reasignar as partidas orza-mentarias para favorecer odesenvolvemento económico esocial e mellorar a calidade devida dos galegos e das galegas.Son posibles, e necesarios,

outros orzamentos para Galiciano 2016 que poñan as persoasno seu cento e faciliten unhasaída da crise mais xusta eequitativa.

GaLiCia SiNdiCaL Número 65 - xaneiro de 2016

6

www.galicia.ccoo.es

Equipo de redacción

7

www.galicia.ccoo.es

GaLiCia SiNdiCaLNúmero 65 - xaneiro de 2016

GaLiCia SiNdiCaL Número 65 - xaneiro de 2016

8

www.galicia.ccoo.es

O Sindicato Nacional de Comi-sións Obreiras de Galicia (CCOO)considera que os «pésimos»datos do paro en Galicia son «oreflexo da teima de Feijóo nosaxustes». Segundo as cifras doparo rexistrado de decembro, acomunidade autónoma galegaencabezou os postos de destru-ción de emprego no último mes,con 228.808 persoas desempre-gadas, mentres que no conxuntodo Estado si se crearon postos detraballo.Hoxe en día, o desemprego, a

precariedade e a desprotecciónson os «principais problemas»de Galicia, afirma a sindicalista.Para lles atopar solución, «cóm-pre situar as persoas no centrodas políticas», sinala Bouza.Porén, as persoas non son aprioridade da política do PPdG,malia que «son as persoas asque seguen pagando os efectosda crise», sentencia.

CCOO presentou no rexistroda Xunta un escrito en que instao conselleiro de Sanidade, JesúsVázquez Almuíña, a recorrer oReal decreto 954/2015, do 23de outubro, polo que se regula aindicación, uso e autorización dedispensación de medicamentose produtos sanitarios de uso hu-mano por parte de profesionaisda enfermería.Segundo a Federación de Sa-

nidade de CCOO, a publicación

no BOE desta norma xerou unhasituación de «grande intranquili-dade e desconcerto» entre as en-fermeiras e enfermeiros galegos. O sindicato alerta da falta de

seguridade xurídica para o co-lectivo de enfermeiros e enfer-meiras. Por esta razón, pídelleao conselleiro que remita ins-trucións ao persoal para a súaactuación fronte a un «novodespropósito» do Gobernocentral.

Para CCOO, os pésimos datos do paro en Galicia son o reflexoda teima do presidente da Xunta nos axustes

Na derradeira semana de xa-neiro, o presidente da Xunta deGalicia, Alberto Núñez Feijóo,viuse obrigado a comparecer noParlamento para confirmar queo seu Executivo dá cabo do pro-xecto de lei de acuicultura. Se-gundo o dirixente autonómico, anorma non sairá adiante entanto o sector non vexa que épositiva.O anuncio de Feijóo produ-

ciuse poucos días despois deque fosen convocadas mobili-zacións e no medio de declara-cións públicas de diferentesorganizacións repudiando oproxecto da Xunta.Tamén CCOO emitiu un co-

municado rexeitando a lei deacuicultura, tanto polo prexuízomedioambiental como por per-seguir a privatización dunhaactividade da que dependenmilleiros de empregos en nu-merosas comarcas e formas devida tradicionais no noso país.

O paro rexistrado subiu porcuarto mes consecutivo en Gali-cia: había 3.650 persoas máis enparo ca no mes de novembro, oque equivale a unha suba do1,62%. Pola contra, na media es-tatal baixou un 1,34% (en cifras

absolutas, son 55.790 persoasparadas menos). A suba cen-trouse nos homes (4.115 máisfronte a 465 paradas menos) enas persoas de 25 ou máis anos(3.918 máis fronte a 268 menosmenores de 25 anos).

9

www.galicia.ccoo.es

GaLiCia SiNdiCaLNúmero 65 - xaneiro de 2016

No ano 2015 e ata o mes dedecembro (datos provisio-nais), asináronse ou revi-

sáronse 95 convenios colectivos.Destes, 80 son convenios de em-presa, que afectan a 7.175 traba-lladores e traballadoras, e os 15restantes son convenios de ám-bito superior que afectan a49.189 persoas . Estes datosdannos menos convenios que no2014, pero unha maior coberturade persoas traballadoras. Porén,malia unha certa recuperación,debemos lembrar ano 2008 seasinaron ou revisaron 227 con-venios, que afectaban a 366.874traballadores e traballadoras.O aumento salarial pactado

media nos convenios con efectoseconómicos no 2015 foi do0,76%, porcentaxe superior ádos anos 2013 (0,63%) e 2014(0,47%), pero moi lonxe do in-cremento pactado no 2008(4,07%).Con todo, cómpre destacar

positivamente que as tres cuar-tas partes dos convenios colec-tivos teñen un pacto de ultra-actividade, isto é, continúan asurtir efectos depois da data decaducidade mentres non se ne-gocie un novo texto. Tamén sa-lientamos o incremento do nú-mero de convenios asinadoscon cláusula de revisión salarial,a dimución da xornada pactadaou o descenso das non aplica-cións de convenios.

Nova patronal galegaDesde CCOO emprazamos a

nova dirección da patronal galega

a desbloquear a negociación co-lectiva na nosa comunidade du-rante o primeiro trimestre desteano. Ademais, tendo en contaque Galicia pechou 2015 cundescenso anual do 0,2% no ín-dice de prezos de consumo (IPC),consideramos que hai marxepara avanzar nas melloras sala-riais no marco dunha negocia-ción colectiva.Hai percorrido para que os sa-

larios crezan o 1%, sobre todonaquelas empresas en que o per-mitan os beneficios e os incre-mentos de produtividade, tal ecomo establece o Acordo para oEmprego e a Negociación Colec-tiva 2015-2017. Debemos pensaren crecementos salariais e deixarxa o discurso da conxelación.

Cómpre lembrar, tamén, queesta paralización da negocia-ción colectiva non só vénacompañada de perda salarial,senón tamén de perdas de de-reitos. Por esta razón é que rei-vindicamos unha forte rede deconvenios sectoriais.

Negociacións bloqueadasOs bloqueos na negociación

colectiva non teñen sempre asmesmas causas nin estas secombaten do mesmo xeito.Abonda con que lembremos oconvenio do metal de Ponteve-dra, que tras un ano de negocia-cións e dezaoito reunións, deucomo resultado un convenioque, aínda que non satisfai todasas nosas aspiracións –sobre

todo salariais–, contén aspectosmellorados.Outros casos significativos

de bloqueo débense á ausenciade asociacións empresariaispara negociar, como ocorrenos convenios de confeitaríasna Coruña, comercio de mobleen Lugo ou vinícolas –A Co-ruña, Lugo e Ourense.

Retos e balanceSegue sendo preocupante o

gran número de traballadoras etraballadoras aos que se llesaplica un convenio que xa ven-ceu, porque aínda que se man-teñan as condicións laborais,tampouco se producen mello-ras. Tamén vemos problemá-tico que aínda hoxe persista ungran número de persoas traba-lladoras que quedou fóra danegociación colectiva porque oseu convenio colectivo decaeue non hai ningún outro aplica-ble de ámbito superior.Por todo isto, o balance que

CCOO fai da negociación co-lectiva en Galicia segue a sernegativo no 2015. Malia du-rante os anos máis difíciles dacrise logramos combater osefectos da reforma laboral doPP, cremos que é o momentode pasar a unha fase de recu-peración das condicións detraballo.O primeiro paso para isto

debe ser incrementar os sala-rios máis baixos a través dunhamellora sostida do SMI, que hasituarse nos 800 euros men-suais neste ano 2016. Destexeito, achegaríamonos aos ni-veis recomendados na CartaSocial Europea subscrita porEspaña.

GaLiCia SiNdiCaL Número 65 - xaneiro de 2016

10

www.galicia.ccoo.es

En CCOO de Catalunya des-envolvemos nos últimosseis meses un proceso par-

ticipativo de debate e propostasobre os retos actuais do sindi-calismo de clase e os cambiosque debemos abordar para orga-nizar e dar resposta á realidadedo mundo laboral actual.A idea deste proceso xurdiu a

partir da celebración do cin-cuenta aniversario da fundacióndo noso sindicato. O 20 de de-cembro de 1964, na igrexa deSant Medir de Barcelona, reuní-ronse trescentos homes e mulle-res sindicalistas en represen-tación de diversos centros detraballo. Alí decidiron construírun instrumento útil para dar res-posta e defender mellor as rei-vindicacións laborais, sociais eas liberdades democráticas, poisestabamos en plena ditadurafranquista.Medio século despois toma-

mos a remuda dos nosos funda-dores cunha nova asemblea,para definirmos cales son as rei-vindicacións actuais e comoteñen de ser as nosas formas deloita e organización para lles darresposta.Quixemos que fose un pro-

ceso aberto, horizontal e deabaixo arriba: aberto á partici-pación de afiliados e afiliadas e apersoas e entidades con quecompartimos loitas nos move-mentos sociais ou espazos departicipación institucional; hori-

zontal, porque o debate non es-tivo dirixido desde a dirección,senón que as propostas xurdirona partir das opinións da xente,expresadas nos diferentes ins-trumentos de participación;de abaixo arriba, porque as pro-postas se validaron por votaciónde todas as persoas participan-tes e a dirección do sindicatoaceptou o compromiso de leva-las á práctica.

Fases da asembleaA asemblea sindical aberta

desenvolveuse en varias fases:debate, votación, priorización eposta en marcha.A primeira fase de debate rea-

lizouse mediante unha enquisa,asembleas, seminarios e entre-vistas. Todo o debate se ordenouarredor de cinco eixes de discu-sión: participación, organización,prioridades sindicais e sociais,acción sindical e valores e éticasindical. Na enquisa participaronunhas seis mil persoas, dascales un dez por cento non esta-

ban afiliadas. Nas cento vinteasembleas e debates participa-ron unhas tres mil persoas conmoita diversidade de formatos eniveis de participación. En todosos actos, unha relatora ou relatorrecolleu na acta todas as críticas,opinións e propostas, xa fosenexpresadas por unha persoa oupor varias.O resultado da primeira fase

compilouse en cen opinións epropostas que pasaron á se-gunda fase, de votación, que sefixo en liña. Votaron nove milpersoas, que tiveron que escollervinte e cinco propostas entreas cen recollidas na primeirafase –cinco por cada eixe de de-bate–. Desta forma, efectuábasea validación mediante votaciónde todas as propostas recollidasna fase inicial.Finalmente, o proceso partici-

pativo concluíu nunha grandeasemblea o día 7 de novembrona que participaron mil cinco-centas persoas. De xeito presen-cial, priorizáronse esas vinte e

A asemblea sindical aberta deixou imaxes coma esta

cinco propostas cunha votacióncon móbil ou papel, que se vali-daron con votacións a man al-zada durante todo o proceso. Adirección do sindicato, na persoado secretario xeral, asumiu o re-sultado do proceso e compro-meteuse a aplicar as propostasvotadas, ben sexa de maneira in-mediata ou a partir do próximocongreso –aquelas que requirencambios estatutarios–, iniciandocoas súas palabras a fase deposta en marcha.Todo o proceso contou tamén

con instrumentos de difusióne comunicación específicos.A páxina web www.ccoo.cat//assembleaoberta/, onde publica-mos as actividades, artigos, en-quisas, votacións, publicaciónsdixitais e en papel, difusión a tra-vés das redes sociais e, especial-mente, na asemblea do pasado 7de novembro.

Un instrumento útilSe tivésemos que resumir os

principais temas de debatenunha idea, esta sería que o sin-dicato continúa a ser instru-mento útil para os traballadorese traballadoras, pero que nece-sita actualizarse, cambiar formasde actuar e de organizarse pararesponder mellor ás novas reali-dades do mundo do traballo eestar máis próximo á xente.A asemblea aberta foi un pro-

ceso moi valorado pola afiliación,sobre todo polo feito de pregun-tarlle, escoitar e tomar nota detodas as críticas e opinións. Ago-ra, o sindicato, e especialmenteos seus órganos de dirección,temos o reto de levar á prácticaas propostas votadas para avan-zarmos realmente nun sindicatomáis útil e achegado.

11

www.galicia.ccoo.es

GaLiCia SiNdiCaLNúmero 65 - xaneiro de 2016

SEN COMENTARIOS

CCOO ve «imprescindible» areversión inmediata a un sis-tema de xestión directa e públicados actuais consorcios de bom-beiros. O sindicato sinala que«estamos nun momentoúnico», en que a maioría das de-putacións e cidades contan con«gobernos que afirman ser pro-gresistas e de cambio». Por estarazón, reclama o cumprimentodas promesas electorais e in-siste en que «xa é hora» deconstruír un servizo público deemerxencias «á altura das nece-sidades do país».Pouco antes das eleccións lo-

cais do pasado maio, CCOO fixopúblico un documento con 25

propostas para defender o em-prego e os servizos públicosmunicipais. Unha desas reivin-dicacións era, precisamente, anecesaria reversión ao públicodos servizos esenciais privatiza-dos, como neste caso. ParaCCOO, o modelo actual é «pre-xudicial en todos os sentidos»:un gasto «desmedido» para oerario, un servizo «que se prestade xeito deficiente» e unhascondicións laborais que se «de-gradaron» coa privatización.Segundo CCOO, a xestión das

emerxencias leva anos en mansde empresas que «fixeron nego-cio» mentres o servizo «pade-ceu grandes eivas».

A loita sempre dá resultado.Por iso CCOO quere felicitar osector do cerco, que o 24 de xa-neiro levantou o seu campa-mento despois de tres meses dedigna perseveranza e tras con-seguir un mínimo de cota paraaqueles barcos que non a tiñan.CCOO esíxelle á Xunta de Ga-

licia que aposte polo mante-mento da actividade e doemprego no noso sector pes-queiro; que non permita queningún barco da nosa frota encondicións para traballar que-de sen facelo por non ter cotahistórica.CCOO mantén a súa total opo-

sición, como fixo en anteriores

ocasións, a un sistema de trans-feribilidade que supoña a priva-tización dun recurso público.Cómpre establecer un novo me-canismo para xestionar os exce-dentes nacionais, no caso dedárense ou de chegaren por ne-gociacións co resto de países daUnión Europea.CCOO reclama a apertura in-

mediata da mesa de negociaciónpara o Plan de xestión do cala-doiro do Cantábrico Noroesteentre o Goberno galego e as or-ganizacións empresariais e sin-dicais, que anunciou o portavozde Pesca do Partido Popular naComisión de Pesca do Parla-mento de Galicia.

Número 65 - xaNeiro de 2016

Órgano de comunicación do Sindicato Nacional de CCOO

www.galicia.ccoo.es

O PUNTO XE

Por X. Rodríguez

MEMORIA OBREIRA