boletín do ceesg€¦ · anuario do ceesg 2013 algunhas das actuacións máis salientables do...

10
Rúa Lisboa, 20 - baixo 15707 Santiago de Compostela A Coruña T 981552206 | F 981938274 [email protected] www.ceeesg.org nº 77 - decembro 2013 A profesión que sentes, o colexio que queremos Boletín do Ceesg

Upload: others

Post on 19-Jun-2020

3 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: Boletín do Ceesg€¦ · ANUARIO do Ceesg 2013 Algunhas das actuacións máis salientables do Ceesg no ano 2013: Xaneiro • Constitución do Grupo de traballo A Eira do Ceesg. •

Rúa Lisboa, 20 - baixo 15707 Santiago de Compostela

A Coruña

T 981552206 | F 981938274 [email protected] www.ceeesg.org

nº 77 - decembro 2013 A profesión que sentes, o colexio que queremos

Boletín do Ceesg

Page 2: Boletín do Ceesg€¦ · ANUARIO do Ceesg 2013 Algunhas das actuacións máis salientables do Ceesg no ano 2013: Xaneiro • Constitución do Grupo de traballo A Eira do Ceesg. •

tema do mes

Desexar o bo e o mellor é algo que entra dentro das comúns vontades de calquera persoa que queira levarse ben cos seus e as súas semellantes, é cortesía, é saber estar, é desexable que sexa así. Esta nosa profesión de educación social sabe diso, de cualidades persoais, de vontades e de voluntariedades, pero tamén sabemos de profesionalidade, de reivindicacións, de adestramento de habilidades sociais, de aprendizaxes significativas, do que é xusto e do que non, de que precisamos dunhas ferramentas metodolóxicas que adquirimos no proceso de ensino aprendizaxe (ás veces, con moita autoaprendizaxe). E, cando facemos resumo do feito e do que está por facer, atopámonos con que son bastantes máis cousas a amañar que as que xa están amañadas. Imos dando pasiños, iso é innegable, pero, a estas alturas, aínda temos eivas que non deberían existir. O panorama político tampouco nos favorece,

• a normativa que se está aprobando está sendo un retroceso de dereitos e liberdades

• a concepción que temos dos servizos públicos acaba sendo de impotencia e resignación

• a mediocridade é o habitual e aceptámolo como tal Existen situacións que paralizan o avance da humanidade, e para que a humanidade avance necesitamos ESPERTAR!

• Se queremos que se nos coñeza, démonos a coñecer. • Se queremos que se nos escoite, berremos. • Se queremos que se nos tome en serio, persistamos. • Se queremos ser fortes, unámonos. • Se queremos sobrevivir, compartamos potencialidades e posibilidades.

Sexamos intelixentes e disfrutemos, no camiño, da felicidade en si. Sabemos que o traballo en rede sempre favorece sinerxías, coñecemos as teorías das mellores pedagoxías para sermos persoas máis responsables e felices, limos moitas veces exemplos de desenvolvemento comunitario e incluso os temos levado a cabo, deseñamos proxectos de acción social para calquera colectivo e espazo. Pois esforcémonos no noso día a día para conseguilo. Somos profesionais FUNDAMENTAIS para conseguir ese cambio e que o mundo o gobernen as persoas e non as políticas ou as economías. Que sexa o sentido común, a lóxica das emocións quen dirixa as nosas vidas. Non podemos permitir que se pechen escolas, non debemos deixar ningunha persoa na soidade forzada, non queremos que as mulleres nos sintamos como fai un século atrás, non nos convence cómo estigmatizan a persoas con diversidade funcional ou con algunha outra característica especial, non vemos que se predique co exemplo da austeridade e a racionalidade. NON. E como iso non o queremos, o que temos non nos convence, e sabemos que podemos mellorar... quédannos moitas cousas por facer; moitas:

• conseguir dunha vez por todas que no convenio único da Xunta de Galicia teñamos a categoría profesional de "Educador-a Social"

• que nos centros de atención á infancia, as educadoras e educadores sexan "educadoras-es sociais"

• que nos centros penitenciarios, ademais de revisar o contido e o regulamento dos mesmos, as educadoras e educadores sexan "educadoras-es sociais"

• que as escolas de tempo libre estean dirixidas por "educadoras-es sociais"

• que no ámbito das persoas maiores se nos recoñeza o noso labor educativo e esteamos no equipo profesional destes equipamentos

• que poidamos entrar nos centros educativos, como persoal non docente, para abordar moitas temáticas que o profesorado ignora, evade ou simplemente non chega

• que nos centros socioculturais e demais espazos culturais se nos permita facer o noso labor socioeducativo con calidade e recursos

• que o noso espazo nos servizos sociais estea garantido • que teñamos presente a perspectiva de xénero en todas as nosas accións e se nos recoñeza como profesionais "axentes de igualdade de oportunidades"

• que a educación en valores estea presente, SEMPRE • que as estratexias de promoción de emprego recoñezan as nosas funcións de orientación profesional

• que o que se estuda nas facultades de ciencias da educación coincida co que realmente existe na realidade e que poidamos ter o apoio institucional suficiente para acadar compromisos de inserción laboral reais

• que se nos permita medrar en novos xacementos de emprego

• que se cumpra o que está regulado e se non convence á cidadanía, que exista unha auténtica DESOBEDIENCIA CIVIL

• que "o social" se quede no local, a carón da xente, e se sitúe no punto principal de todas as políticas

Como vedes, moitos desafíos van ocupar este novo ano. Podemos conseguilos, pero para iso, precisamos de todas e cada unha de vós, persoas que podedes botar unha man en algo puntual ou máis extenso. Só depende da motivación que teñamos para chegar o máis adiante posible. Dicía Paulo Freire “Se a educação sozinha não pode transformar a sociedade, tampouco sem ela a sociedade muda", así que, profesionais da EDUCACIÓN SOCIAL, algo teremos que facer para que isto aconteza. Feliz e Reivindicativo 2014.

2014, un ano de desafíos

Sofía Riveiro Presidenta do Ceesg

Colexiada nº 3946

Page 3: Boletín do Ceesg€¦ · ANUARIO do Ceesg 2013 Algunhas das actuacións máis salientables do Ceesg no ano 2013: Xaneiro • Constitución do Grupo de traballo A Eira do Ceesg. •

actualidade

Aprobada e publicada a reforma local

O pasado 31 de decembro publicouse no Bole-

tín Oficial do Estado a Lei 27/2013, do 27 de decembro, de Racionalización e Sostibilida-

de da Administración Local, a temida reforma

da Lei de Bases de Réxime Local, que limita as

competencias dos concellos.

Así, no tocante aos servizos sociais, os conce-

llos de menos de 20.000 habitantes (292 dos

314 concellos galegos) non terán competencias

nesta materia, e os de máis de 20.000 só as

terán para a “avaliación e información de situa-

cións de necesidade social e atención inmedia-

ta a persoas en situación ou risco de exclusión

social”. A norma dá marxe ata o 31 de decem-

bro de 2015 para implantar estes cambios.

¿Terán as administracións autonómicas capaci-

dade para asumir todos os programas de servi-

zos sociais que na actualidade xestionan e fi-

nancian os concellos? Nós aventurámonos a

dicir que non, e que esta lei levará consigo ade-

mais a desaparición de servizos e de postos de

traballo.

Segundo o que puidemos ler nos xornais nos

últimos días, a Xunta de Galicia eludirá os cam-

bios que se aproban nesta lei e que afectan aos

servizos sociais. Prevense reformas en leis au-

tonómicas para que isto sexa posible, a realizar

nos dous anos que a lei establece como prazo

para adaptarse á nova norma. Quedan así

abertos os interrogantes sobre o que ocorrerá

nos servizos sociais galegos.

Aprobouse a lei, pero aínda non está todo dito.

Estaremos atentas a como se aplica.

Reformas lexislativas que atacan dereitos

A sociedade española está vivindo un retroceso,

impulsado polas múltiples reformas lexislativas

que se teñen aprobado ou están en camiño de

facelo.

Claro exemplo é a coñecida curiosamente como a

“Lei do aborto”, aprobada o pasado 20 de decem-

bro no Consello de Ministros.

A Lei Orgánica de Protección da Vida do Con-

cibido e os Dereitos da Muller Embarazada,

impide ás mulleres decidir sobre o seu propio cor-

po. Ata agora, o aborto era libre ata a semana 14.

Agora, só haberá dous motivos para poder facelo

legalmente: que o embarazo sexa produto dunha

violación (ata a semana 12), ou a existencia de

risco para a saúde física ou psíquica da nai (ata a

semana 22). Non contempla as anomalías ou mal-

formacións graves fetais como motivos legais de

aborto (o que resulta máis cruel aínda se suma-

mos a escasa atención á Dependencia) Noutros

países tense demostrado que a prohibición non

acaba coa práctica, senón que leva á clandestini-

dade. A maternidade debe ser unha elección libre,

nunca nunha imposición, e para que isto se cum-

pra, o aborto debe ser libre e gratuíto.

No ámbito educativo, final-

mente aprobouse a Lei Or-

gánica 8/2013, do 9 de de-

cembro para a Mellora da

Calidade Educativa, coa

comunidade educativa en

contra (a marea verde), e

cos votos a favor unicamen-

te do partido que nos gober-

na en maioría absoluta.

Coñecida como a LOMCE, e tamén popularmente

como a “Lei Wert”, aporta unha definición mercan-

tilista dos procesos educativos, poñéndoos ao

servizo da empresa, centrándose na formación

das persoas de acordo coas necesidades que

marcan os mercados.

Dende o Ceesg simpatizamos coa Marea Verde, e

compartimos o posicionamento do Colexio Profe-

sional de Educadoras e Educadores Sociais de

Andalucía, como parte da comunidade educativa

que somos as educadoras e educadores sociais.

O seu posicionamento pode lerse completo en:

https://dl.dropboxusercontent.com/u/55702111/

NOTICIAS/Rechazo%20LOMCE.pdf

Page 4: Boletín do Ceesg€¦ · ANUARIO do Ceesg 2013 Algunhas das actuacións máis salientables do Ceesg no ano 2013: Xaneiro • Constitución do Grupo de traballo A Eira do Ceesg. •

8 de febreiro de 2014, Pontevedra: Asemblea do Ceesg.

O pasado 14 de decembro démonos cita no centro cívico de Castrillón, A Coruña, para manter unha xornada intensiva de traballo.

Pola mañá, reunión da Xunta de Goberno. E pola tarde, paralelamente á segunda parte desta mesma reunión, sesión á que foron convocadas todas as persoas integrantes de grupos de traballo do Ceesg, as/os dinamizadoras/es PIC, e as persoas colaboradoras do Ceesg, co obxectivo de deseñar e poñer en común os plans de traballo para o ano 2014.

Entre outros temas, elixiuse o lugar e data para a celebración da próxima Asemblea Xeral Ordinaria do colexio. Atendendo á decisión

tomada na asemblea deste ano, a do 2014 terá lugar nunha localidade diferente, para favorecer a asistencia de persoas que teñen no desprazamento un inconveniente para participar. Así, a cidade escollida para acoller a asemblea do Ceesg do ano 2014 será Pontevedra, e a data, o 8 de febreiro.

As persoas colexiadas pronto recibiredes a convocatoria oficial. Mentres tanto, animámoste a participar, pois é o momento para decidir, entre todas/os, o camiño do colexio. Recordamos tamén que se non podes asistir, sempre é posible a delegación do teu

voto noutra persoa que si poida acompañarnos.

Tamén podemos ir adiantando que a asemblea será en horario de mañá, e pola tarde haberá un relatorio sobre o paso “do social ao penal”, a raíz de todos os cambios legais que recortan dereitos. Encontro de traballo do Ceesg. 14 de decembro. A Coruña

Cota de mantemento colexial. Cota de mantemento colexial. Cota de mantemento colexial. Cota de mantemento colexial.

• A finais de xaneiro procederase ao cobro da cota de mantemento colexial. O pra-

zo de envío da documentación para a bonificación da cota por situación de desemprego ou salario inferior ao SMIdesemprego ou salario inferior ao SMIdesemprego ou salario inferior ao SMIdesemprego ou salario inferior ao SMI é ata o día 27 de xaneiro27 de xaneiro27 de xaneiro27 de xaneiro.

• En caso de situacións económicas moi complicadas, existe a posibilidade de

aprazar o pago. Consúltanos esta opción.

avisosavisosavisosavisos

A educación social di N N á reforma da

administración local

8 FEB. ASEMBLEA CEESG

Page 5: Boletín do Ceesg€¦ · ANUARIO do Ceesg 2013 Algunhas das actuacións máis salientables do Ceesg no ano 2013: Xaneiro • Constitución do Grupo de traballo A Eira do Ceesg. •

ANUARIO do Ceesg 2013

Algunhas das actuacións máis salientables do Ceesg no ano 2013:

Xaneiro • Constitución do Grupo de traballo A Eira do Ceesg.

• Xantar laranxa e presentación á prensa da Marea Laranxa.

• Aniversario: 12 anos de colexio.

Febreiro • Curso: Emprego con apoio e a figura do peparador/a laboral: unha inserción laboral real para todas e

todos.

Marzo

• Asemblea xeral do Ceesg.

• Convenio con PersonasWIP.

• Convenio con Pere Tarrés.

• Obradoiro de Potencial humano.

Abril • Formación xurídica: Discapacidade, incapacidade.

• Curso: Iniciación á mediación familiar e con menores.

Maio

• Charla sobre a Renda Básica das Iguais.

• IX Xornadas Interxeracionais rurais.

• Mesa redonda: Da diplomatura ao título de grao: un camino con barreiras?

• II Encontro de profesionais do ámbito de adiccións.

Xullo • Curso: O valor pedagóxico do humor en educación social.

• Convenio con UNED A Coruña.

Setembro

• Día mundial da Educación social.

• Presentación do libro Experiencias de Educación Social. Outubro

• Constitución da Comisión técnica antidesafiuzamentos de Ourense.

• VI Xornadas de recursos educativos: educación social.

• Curso: Avellentamento activo: ferramentas de intervención socioeducativa.

• Presentación do libro Educablog 2006-2011.

• Curso: Educación social e TICs: as redes como un espazo de intervención.

• Manifesto Fiadeiras: Seguimos fiando… rotos e descosidos!

Novembro

• III Xornada sobre educación social e violencia de xénero Decembro

Page 6: Boletín do Ceesg€¦ · ANUARIO do Ceesg 2013 Algunhas das actuacións máis salientables do Ceesg no ano 2013: Xaneiro • Constitución do Grupo de traballo A Eira do Ceesg. •

FORMACIÓN

Aulas xurídicas: Drogodependencia legal vs. Drogodependencia ilegal

De xaneiro a xuño, os úl�mos venres de cada mes.

Duración total de 9 h.

Posibilidade de inscrición a sesións sol-

tas ou ao curso completo.

Prazo de inscrición: ata o luns anterior

a cada sesión.

Inscrición gratuíta a través de

www.ceesg.org

⇒ Falemos das substancias. 31 de xaneiro

⇒ Falemos da prohibición administrativa do seu consumo público. 28 de febreiro

⇒ Falemos da persecución penal de favorecer o consumo ilegal. 28 de marzo

⇒ Falemos da xustificación da conduta e da posible exención ou atenuación da pena a impoñer. 25 de abril

⇒ Alternativas á prisión desde a perspectiva da problemática da toxidrogodependencia. 30 de maio

⇒ Legalización, despenalización, regulación, normalización. 27 de xuño

Programa

Lugar: Sede do Ceesg. Santiago de Compostela Horario: 17:00 a 19:30 h. Facilitador: Fran del Buey, Avogado. Postgrado Experto U. en Ciencias Forenses e Dereito Sanitario. Contidos:

Esther Vázquez é Avogada do Ceesg. Marisa Sánchez é Educadora de rúa. Alberto F. Souto é Educador de rúa. Francisco Capinel é Axente de saúde. Manolo Garrido Sotelo é Médico. Eduardo López é Psicólogo especialista en neurociencia cognitiva. Álvaro Lois é Farmacéutico. Lucía Rocamonde é Farmacéutica.

Organizan:

Xuntanza

Anprohibicionista

Con�dos:

Aberto prazo de inscricións

Page 7: Boletín do Ceesg€¦ · ANUARIO do Ceesg 2013 Algunhas das actuacións máis salientables do Ceesg no ano 2013: Xaneiro • Constitución do Grupo de traballo A Eira do Ceesg. •

Para ler e reflexionar...

Trivial feminista (Observatorio da Mariña pola Igualdade, 2012) Este xogo coeducativo cumpre co obxectivo de visibilizar e poñer en valor as achegas e logros das mulleres de distintos recantos do planeta e de distintos períodos históricos, denunciando a súa frecuente marxinación en todos os eidos do coñecemento humano e das sociedades. A idea do Trivial Feminista xurdiu coa vontade de implicar a alumnado e profesorado en actividades que afondasen no coñecemento do feminismo e das achegas das mulleres de todo o mundo ao desenvolvemento das sociedades ao longo do tempo. Así, o proxecto colleu pulo grazas ao traballo inicial en distintos centros educativos mariñáns, que dedicaron horas de titorías a investigaren desde unha perspectiva feminista sobre a Arte e Literatura, a Cultura e Espectáculos, a Xeografía e Historia, as Ciencias e o Deporte.

Obras que podes atopar na biblioteca do Ceesg

Novas publicacións dispoñibles da biblioteca

• (2006): Lembranzas de Lugrís. Xandobela, xestión e dinamización sociocultural.

• FERREIRA FERÁNDEZ, A.X.; NOGUEIRA LÓPEZ, A.; TATO PLAZA, A.; VILLARES NAVEIRA, L. (2005): Estatuto xurídico da lingua galega. Xerais.

• CHAO REGO, X. (2012): Por aquí chégase a Galicia. Tresctres.

• CASARES GÁNDARA, J.M. (2011): O pensamento político de Florentino López Cuevillas. Duen de Bux.

• CARIDE ORGANDO, R. (2012): O capitán Aspanitas e o misterio das Burgas. Xerais.

• NEIRA VILAS, X. (2013): Aquel neno. Edicións Embora.

Consulta o catálogo completo de publicacións en http://ceesg.org/servizos/biblioteca

Page 8: Boletín do Ceesg€¦ · ANUARIO do Ceesg 2013 Algunhas das actuacións máis salientables do Ceesg no ano 2013: Xaneiro • Constitución do Grupo de traballo A Eira do Ceesg. •

Micro-leccións de orientación laboral

Curriculum Vitae online

María P. Sande Educadora social e Psicopedagoga

Colexiada nº 3946 http://orientandodendearede.blogspot.com

As Novas Tecnoloxías da Información e da Comunicación (TIC) ofrécennos multitude de oportunidades para darnos a coñecer ás empresas e entidades, tanto nacionais como internacionais, e facilitar o noso proceso de busca de em-prego. O que se pretende con este pequeno artigo é informarvos sobre outro tipo de curriculum que podemos elaborar: o curriculum vitae online.

Que é? O curriculum vitae online, como o offline, é un documento que ofrece información sobre a nosa traxectoria académi-

ca, formativa e laboral. Ó estar creado na rede, as persoas responsables dos procesos de selección poden, cunha soa visualización, obter información actualizada sobre os candidatos/as en calquera momento e lugar.

Neste senso, debemos recordar que temos que elixir o tipo de información que queremos publi-car para que esta nos beneficie e non nos prexudique no momento da selección. Así mesmo, hai que ter en conta que o CV online non debe substituír ó tradicional (en papel, pdf,...), senón que debemos consideralo como un complemento engadindo o enlace ó CV que utilicemos para a nosa procura de emprego.

Como facelo? Para a creación deste tipo de curriculum vitae existen diferentes páxinas web que nos facilitan a súa elaboración: vizi-

fy.com, about.me, visualize.me ou CuVitt.com son exemplos delas onde podemos incluír información de carácter profesional e persoal.

Unha boa opción é a páxina vizify.com, na cal se pode elaborar un CV moi visual, creativo, e de fácil navegación. Outra forma de realizar o CV online é creando e deseñando a túa propia páxina web; a través dela darémonos a coñe-

cer ás diferentes entidades, informándoos sobre as nosas características profesionais e persoais.

Vantaxes • Podemos ofrecer a nosa información actualizada en calquera momento; poida que unha persoa teña o noso

curriculum dende hai meses e, a través destas páxinas, pode informarse das novas actualizacións engadidas ó CV online.

• Temos a posibilidade de afondar máis que no CV tradicional. O CV estándar debe condensar e resumir a infor-mación sobre nós, sen superar as dúas páxinas. Un CV online, aínda que debe ofrecer unha visualización esque-mática e resumida a primeira vista, ofrece a posibilidade afondar en cada aspecto engadindo enlaces, documen-tos, fotografías...

• Algunhas destas páxinas teñen a opción de conectar directamente coa información que ofrecemos nas redes sociais facebook, linkedin, twitter... Isto pode dicir moito máis sobre nós que o CV tradicional, seleccionando só aquela información que nos interese facer pública.

• Co uso destes recursos podemos mostrarnos como persoas innovadoras e creativas, informadas dos servizos que nos ofrece a rede e interesadas no uso das novas TIC.

Desvantaxes

• Require actualización continua. Se creamos este tipo de curriculum non o debemos deixar no esquecemento, posto que información profesional obsoleta daría moi mala impresión. Así pois, para que a primeira vantaxe enumerada neste artigo sexa efectiva, é importante ir modificando e actualizando o CV para que as persoas teñan en calquera momento información actual sobre nós.

• Reticencia a compartir información persoal. O feito de facer pública a nosa información pode crearnos certo reparo; por iso, esta é unha opción que debe valorar cada quen persoalmente.

Page 9: Boletín do Ceesg€¦ · ANUARIO do Ceesg 2013 Algunhas das actuacións máis salientables do Ceesg no ano 2013: Xaneiro • Constitución do Grupo de traballo A Eira do Ceesg. •

Actuacións Visita ao Museo das Peregrinacións. No Museo das Peregrinacións, en Santiago, houbo unha exposición sobre a peregrinación xitana. Unha experiencia fan-tástica, polo que no colexio organizamos unha visita especial na que se contou como se orientou o traba-llo, o impacto que tivo, as colaboracións que se xesta-ron... ademais de gozar da mostra.

Curso sobre Avellentamento activo: ferramentas de intervención socioeducativa. Distribuído en 5 sesións, ten como obxectivo, entre outros, dotar de ferramentas e recursos ás/aos profesionais do ámbito socioeducativo con persoas maiores e conta co aval da Socieda-de Galega de Xerontolo-xía e Xeriatría.

Reunión do Foro de Inmigración. As entidades de Santiago reunímonos, como cada mes, para repasar as actuacións realizadas contra actos discriminato-rios cara o colectivo inmigrante, e planificamos un acto para a ce-lebración do Día Mundial das Mi-gracións (18 de decembro)

I Invernada de Cine. Organizada pola Asociación de Veciños de Cabreiros (Xermade). O Ceesg colabora nesta actividade, participa no seu acto inaugural, e asistimos ás proxeccións. En decembro houbo dúas proxeccións: O día 7 comezou cunha charla con Jor-di Santos e Luis Noriega (Cool Films) e Antón Gran-de (escritor e xornalista), e seguiu co visionado de "O crime da Legua Derei-ta", cun tempo para colo-quio final. E o día 21 pui-demos ver “Engurras” des-pois da conversa con Ángel de la Cruz (produtor e guionista do filme).

Reunión do Consello Galego de Benestar. Sesión nº 3 do consello, onde se aproba o informe sobre o Decreto de modificación do Decreto 99/2012 sobre servizos sociais comunitarios e o seu financiamento, e se presenta o Decreto de mobilidade. Tamén se presenta o proxecto de decreto polo que se crea a Axencia Galega de Servizos Sociais, cuxo informe aínda non se aprobou.

Xornada: VIH. 30 anos de vi-da. A Universidade de Santiago de Compostela organizou esta xornada con motivo do 1 de decembro, Día Internacional da loita contra a Sida. Convi-dáronnos a formar parte dunha mesa redonda na que intervi-ñeron diferentes profesionais, e na que puidemos aportar o punto de vista da Educación Social.

Solicitude á Deputación de Lugo. Enviamos un es-crito á Deputación de Lugo, solicitando a modifica-ción das bases de selección para a bolsa de "Educador/a de museos", para que inclúan a educa-ción social entre os perfís aceptables para a mesma.

Xornada de traballo intensiva: Xunta de Goberno e Grupos de Traballo do Ceesg. Todo un día dedicado a revisar o traballo feito neste ano no colexio, e planificar e temporalizar as accións e programacións do vindeiro. Foi unha xornada moi produtiva da que saíron xa as liñas de traballo para o próximo ano. Preparándonos para a asemblea 2014.

III Xornada sobre Educación social e violencia de xénero. Durante os tres últimos anos, Fiadeiras propón traballar o 25 de novembro, Día Internacional contra a violencia de xénero, organizando unhas xornadas baixo o lema Educación social e Violencia de Xénero que teñen como principal obxectivo sensibilizar e concienciar sobre a necesidade de establecer boas prácticas dende a educación social para a eliminación de tódalas formas de violencia contra as mulleres. Este ano celebráronse en Santiago de Compostela baixo o título Sexualidades desobedientes.

Page 10: Boletín do Ceesg€¦ · ANUARIO do Ceesg 2013 Algunhas das actuacións máis salientables do Ceesg no ano 2013: Xaneiro • Constitución do Grupo de traballo A Eira do Ceesg. •

Docente. Para impartir o certificado de profesionalidade en Dirección e Coordinación de Actividades de tempo libre infantil e xuvenil.

Educador/a social. Con coñecementos de Lingua de Sig-nos españois. Santiago. Educador/a social. Con coñcementos ou formación en psicoloxía e saúde mental. Santiago.

Técnico en prospección laboral. Para o concello de Re-dondela.

Docente Ciclo Superior Educación Infantil. Requírese CAP ou equivalente, e celga 4. Lugo. Docente cursos Monitor/a de tempo libre. Valórase ex-periencia. Toda Galicia. Director/a de ocio e tempo libre. Capacidade de lideraz-go e dotes comerciais.

Estas son algunhas das ofertas de emprego que se publicaron este mes na nosa web. Para ver a información completa e actualizada, revisa a web do Ceesg: http://ceesg.org/servizos/emprego/bolsa-emprego-do-ceesg

Novas dos boletíns

EMPREGO

EMPREGO Universidade de Santiago de Compostela: Convo-catoria para cubrir dúas prazas de técnico/a de grao me-dio de teleformación (e-learning). DOG 17/12/13 Concello de Vigo (Pontevedra): Oferta de emprego público 2010 e 2011. 1 praza de Técnico/a medio/a igual-dade. DOG 24/12/13

AXUDAS E SUBVENCIÓNS Instituto Galego de Promoción Económica: Axudas aos proxectos de creación de pequenas e medianas em-presas ou de realización de investimentos en pequenas e medianas empresas novas promovidas por novos em-prendedores. DOG 13/12/13

Instituto Galego de Promoción Económica: Axudas aos proxectos de investimento empresarial. DOG 13/12/13

Consellería de Traballo e Benestar: Subvencións pa-ra a contratación de persoal técnico para a realización de actividades de información, orientación e prospección de emprego no exercicio 2014. DOG 31/12/13

LEXISLACIÓN Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria: Orde pola que se autoriza a implanta-ción de ensinanzas universitarias oficiais de doutoramen-to nas universidades do Sistema universitario de Galicia, para o curso 2013/14 e se inicia o proceso de extinción dos programas oficiais de doutoramento autorizados polo Real decreto 1393/2007, do 29 de outubro. DOG 20/12/13 Consellería de Traballo e Benestar: Decreto 183/2013, do 5 de decembro, polo que se crea a Rede galega de atención temperá. DOG 23/12/13 Presidencia da Xunta de Galicia: Lei 9/2013, do 19 de decembro, do emprendemento e da competitividade económica de Galicia. DOG 27/12/13 Axencia Galega de Desenvolvemento Rural: Resolu-ción pola que se aproba o novo marco financeiro do pro-grama Leader Galicia 2007-2013 e se modifican as bases reguladoras para a selección de programas de desenvol-vemento rural e para a selección e o recoñecemento de entidades colaboradoras na xestión. DOG 27/12/13 Xefatura do Estado: Lei 27/2013, de 27 de decembro, de racionalización e sostibilidade da Administración Local. BOE 30/12/13 Presidencia da Xunta de Galicia: Lei 10/2013, do 27 de novembro, de inclusión social de Galicia. DOG 31/12/13

AULAS XURÍDICAS: Drogodependencia legal VS. Drogodependnecia ilegal

Sesión 1: Falemos das substancias. Organiza: Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia. Data e horario: 31 de xaneiro. De 17:00 a 19:30 h.

Lugar: Sede do Ceesg. Rúa Lisboa, 20, baixo. Santiago de Compostela.

Información e inscricións: www.ceesg.org | 981552206 | [email protected]

formación