valfluvialdolouridocorcoesto.files.wordpress.com  · web view2021. 7. 4. · directiva 2003/4/ce...

27
VICEPRESIDENCIA SEGUNDA E CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPRESA E INNOVACIÓN XEFATURA TERRITORIAL DA CORUÑA Asunto: Alegacións ao Acordo do 27 de maio de 2021 da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, a declaración de utilidade pública, en concreto, a necesidade de urxente ocupación que implica, a autorización administrativa de construción, o estudo de impacto ambiental e o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal (proxecto de interese autonómico) do proxecto do parque eólico Monte da Tella, no concello de Vimianzo (expediente IN408A 2019/59). DOG Núm. 118, de 23 de xuño de 2021. Don/Dona ________________________________ con DNI. Número ________________________, con domicilio a efectos de notificacións en ________________________, municipio de _______________, provincia__________________, teléfono ________________________________. EXPÓN: Á vista do Acordo do 27 de maio de 2021 da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, a declaración de utilidade pública, en concreto, a necesidade de urxente ocupación que implica, a autorización administrativa de construción, o estudo de impacto ambiental e o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal (proxecto de interese autonómico) do proxecto do parque eólico Monte da Tella, no concello de Vimianzo (expediente IN408A 2019/59). DOG Núm. 118, de 23 de xuño de 2021, por medio do presente escrito realiza as seguintes ALEGACIÓNS: 1.- Vulneración flagrante da Directiva 92/43/CEE, relativa á Conservación de Hábitats Naturais e da Fauna e Flora Silvestres. “Artigo 2 1

Upload: others

Post on 19-Aug-2021

0 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: valfluvialdolouridocorcoesto.files.wordpress.com  · Web view2021. 7. 4. · Directiva 2003/4/CE do Parlamento Europeo e do Consello, do 28 de xaneiro de 2003, relativa ao acceso

VICEPRESIDENCIA SEGUNDA E CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPRESA E INNOVACIÓN

XEFATURA TERRITORIAL DA CORUÑA

Asunto: Alegacións ao Acordo do 27 de maio de 2021 da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a

información pública a solicitude de autorización administrativa previa, a declaración de utilidade pública, en

concreto, a necesidade de urxente ocupación que implica, a autorización administrativa de construción, o estudo de

impacto ambiental e o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal (proxecto de interese autonómico) do

proxecto do parque eólico Monte da Tella, no concello de Vimianzo (expediente IN408A 2019/59). DOG Núm. 118, de

23 de xuño de 2021.

Don/Dona ________________________________ con DNI. Número ________________________, con domicilio a efectos de notificacións en ________________________, municipio de _______________, provincia__________________, teléfono ________________________________.

EXPÓN:

Á vista do Acordo do 27 de maio de 2021 da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a

solicitude de autorización administrativa previa, a declaración de utilidade pública, en concreto, a necesidade de

urxente ocupación que implica, a autorización administrativa de construción, o estudo de impacto ambiental e o

proxecto sectorial de incidencia supramunicipal (proxecto de interese autonómico) do proxecto do parque eólico Monte

da Tella, no concello de Vimianzo (expediente IN408A 2019/59). DOG Núm. 118, de 23 de xuño de 2021, por medio do

presente escrito realiza as seguintes ALEGACIÓNS:

1.- Vulneración flagrante da Directiva 92/43/CEE, relativa á Conservación de Hábitats Naturais e da Fauna e Flora

Silvestres.

“Artigo 2

1. A presente Directiva ten por obxecto contribuír a garantir a biodiversidade mediante a conservación dos hábitats

naturais e da fauna e flora silvestres no territorio europeo dos Estados membros ao que se aplica o Tratado.

2. As medidas que se adopten en virtude da presente Directiva terán como finalidade o mantemento ou o

restablecemento, nun estado de conservación favorable, dos hábitats naturais e das especies silvestres da fauna e da

flora de interese comunitario”.

“Artigo 6

1. Con respecto ás zonas especiais de conservación, os Estados membros fixarán as medidas de conservación necesarias

que implicarán, no seu caso, adecuados plans de xestión, específicos aos lugares ou integrados noutros plans de

1

Page 2: valfluvialdolouridocorcoesto.files.wordpress.com  · Web view2021. 7. 4. · Directiva 2003/4/CE do Parlamento Europeo e do Consello, do 28 de xaneiro de 2003, relativa ao acceso

desenvolvemento, e as apropiadas medidas regulamentarias, administrativas ou contractuais, que respondan as

esixencias ecolóxicas dos tipos de hábitats naturais do Anexo I e das especies do Anexo II presentes nos lugares.

2. Os Estados membros adoptarán as medidas apropiadas para evitar, nas zonas especiais de conservación, a

deterioración dos hábitats naturais e dos hábitats de especies, así como as alteracións que repercutan nas especies que

motivasen a designación das zonas, na medida en que ditas alteracións poidan ter un efecto apreciable no que respecta

a os obxectivos da presente Directiva.

3. Calquera plan ou proxecto que, sen ter relación directa coa xestión do lugar ou sen ser necesario para a mesma, poida

afectar de forma apreciable aos citados lugares, xa sexa individualmente ou en combinación con outros plans e

proxectos, someterase a unha adecuada avaliación das súas repercusións no lugar, tendo en cuenta os obxectivos de

conservación do devandito lugar. Á vista das conclusións da avaliación das repercusións no lugar e supeditado ao

disposto no apartado 4, as autoridades nacionais competentes só se declararán de acordo con devandito plan ou

proxecto tras asegurarse de que non causará prexuízo á integridade do lugar en cuestión e, se procede, tras sometelo a

información pública”.

2.- Impactos ambientais severos.

Afección á Rede Natura 2000:

A un 8 km da poligonal do Parque eólico atópase a zona ZEPA “Costa da Morte (Norte)” con código ES0000176 declarado como tal polo DECRETO 37/2014, do 27 de marzo, polo que se declaran zonas especiais de conservación os lugares de importancia comunitaria de Galicia e apróbase o Plan director da Rede Natura 2000 de Galicia. Tamén a zona ZEPA “Espazo mariño da Costa da Morte” con código ES0000497 mediante a Orde AAA/1260/2014, do 9 de xullo, pola que se declaran Zonas de Especial Protección para as Aves en augas mariñas españolas.

A Costa da Morte tamén está declarada como ZEC co código ES1110005 declarado como tal polo DECRETO 37/2014, do 27 de marzo, polo que se declaran zonas especiais de conservación os lugares de importancia comunitaria de Galicia e apróbase o Plan director da Rede Natura 2000 de Galicia.

Afección moi severa e incompatible cos Hábitats dá Directiva 92/43/CEE do Consello, do 21 de maio de 1992, relativa á conservación dos hábitats naturais e da fauna e flora silvestres:

HIC 4020* Queirogais húmidos atlánticos de zonas tépedas de Erica ciliaris e Erica tetralix

HIC 4030 Queirogais secos europeos e HIC 4090 Queirogais oromediterráneos endémicos con aliaga

HIC 4090 Queirogais oromediterráneos endémicos con aliaga Medio

7110* hábitat de turbeira. Prioritario.

A poligonal do parque está sobredimensionada tendo en conta que se trataría dun único muíño.

2

Page 3: valfluvialdolouridocorcoesto.files.wordpress.com  · Web view2021. 7. 4. · Directiva 2003/4/CE do Parlamento Europeo e do Consello, do 28 de xaneiro de 2003, relativa ao acceso

A riqueza hídrica da entorna da estación eólica é evidente. Na entorna, os Penedos de Pasarela –Traba.

Afección severa ás explotacións agro –gandeiras e forestais. Afección severa ás economías familiares e ao sector madereiro:

Afección severa a terras de produción cerealística vencelladas á PAC (política agraria comunitaria) e de gran capacidade agrícola e productividade. Fragmentación dás explotacións agrogandeiras e perda severa de base territorial. Impactos non avaliados non proxecto pola promotora que obvia a existencia de explotacións gandeiras, forestais de madereiras que constitúen o medio de vida dás persoas e familias que habitan e viven no ámbito afectado polo proxecto eólico e as infraestruturas de evacuación. Afección severa ás explotacións forestais e madereiras dá zona. Os rendementos madereiros constitúen unha importante fonte de ingresos para as economías dás familias que viven non ámbito de afección do proxecto. Fragmentación dás explotacións forestais e madereiras, perda de base territorial e perda de ingresos para as familias, para o sector dá madeira, aserradoiros, carpinterías e demais industria transformadora dá madeira. Impactos severos e non avaliados pola promotora do proxecto eólico Monte da Tella, Alto da Croa II e Monte Tourado. A afección ás economías familiares e ao sector madereiro é inasumible tendo en conta que ou sector forestal, tal e como indica a Lei de Montes de Galicia é un sector económico estratéxico que contribúe á descarbonización dá economía e que cumpre cos obxectivos climáticos de Quioto. Os impactos sobre o sector forestal e agrogandeiro son inasumibles e totalmente incompatibles cos usos e medios de vida actuades. Aspectos todos eles non avaliados pola promotora.

A escribenta das canaveiras, en serio perigo de extinción

En relación á escribenta das canaveiras e os proxectos eólicos que poidan ter algunha incidencia sobre a especie, indicar que a Xunta de Galicia, tras darse a sí mesma un prazo de 6 anos para facelo (desde o 2013), non chegou a determinar os perímetros de protección dos humidais que constitúen o hábitat potencial desta especie en perigo de extinción.

A cuestión non é baladí porque hai unha manchea de parques eólicos que afectan a esta especie con charcas e humidais cuxo perímetro están sen determinar e a saber cal é a área comprendida no ámbito do Plan de recuperación da

3

Page 4: valfluvialdolouridocorcoesto.files.wordpress.com  · Web view2021. 7. 4. · Directiva 2003/4/CE do Parlamento Europeo e do Consello, do 28 de xaneiro de 2003, relativa ao acceso

subespecie lusitánica da escribenta, da que unicamente aparece nunha representación gráfica e fica por tanto o seu perímetro de zonificación ás expensas das avaliacións que realicen as mercantís promotoras eólicas.

Por outra banda o artigo 4 do Decreto que aproba o plan de recuperación da especie, referido a súa revisión indica que:

"2. Co fin de adaptar o plan aos novos condicionantes existentes para a conservación da subespecie, avaliaranse os seus resultados cada 6 anos, e modificarase no caso de que se requira o reaxuste das medidas de recuperación", non existindo constancia desta avaliación tras o transcurso do periodo indicado.

O referido plan tamén indica na súa exposición de motivos que:

"A aprobación deste plan executivo vincula tanto os particulares como as administracións competentes, que deben cumprir as directrices e actuacións contidas neste decreto".

"Debido ao declive poboacional estimado e ao reducido tamaño da poboación actual, a subespecie lusitánica da escribenta das canaveiras aparece recollida no anexo I do Decreto 88/2007 na categoría «en perigo de extinción». Esta categoría está reservada para aquelas especies cuxa supervivencia é pouco probable se os factores causantes da súa actual situación seguen actuando.

A catalogación dunha especie como en perigo de extinción implica a elaboración dun plan de recuperación cuxo fin é garantir a conservación da especie que vive en estado silvestre no territorio da Comunidade Autónoma, dos seus hábitats e establecer medidas adecuadas que permitan preservar, manter e restablecer as súas poboacións naturais facéndoas viables".

O artigo 3 do Decreto 75/2013, do 10 de maio, polo que se aproba o Plan de recuperación da subespecie lusitánica da escribenta das canaveiras (Emberiza schoeniclus L.subsp. lusitanica Steinbacher) en Galicia indica:

“A finalidade do plan de recuperación, de acordo cos antecedentes e razóns que se expoñen no anexo I, é a de inverter a tendencia demográfica regresiva da subespecie lusitánica da escribenta das canaveiras en Galicia ata que se limite de xeito significativo o seu risco de extinción nun horizonte temporal de 20 anos, se acade a recuperación das localidades de reprodución coñecidas que se perderon e unha poboación reprodutora superior a 112 parellas”.

Sen embargo, este obxectivo de recuperación previsto no Decreto do ano 2013 queda moi lonxe da realidade e a situación da especie é de especial gravidade.

No Censo de Escribenta das canaveiras Emberiza schoeniclus lusitanica en Galicia 2018, que se achega a este escrito, indícase a priori, que a escribenta das canaveiras (Emberiza schoeniclus) debería empezar a dar sinais de recuperación en Galicia. A pesar da súa vulnerable situación, é unha das escasísimas especies ameazadas que conta cun plan de recuperación aprobado pola Xunta (só son 3 de 198, segundo teñen denunciado repetidamente varias entidades ecoloxistas). Mais os resultados dun novo censo volven advertir da necesidade de medidas efectivas. “Segundo os datos dispoñibles, quedarían unhas 20 parellas reprodutoras en Galicia fronte ás case 70 censadas en 2005, o que supón unha redución de arredor do 70% en tan só 13 anos“, advirte o traballo, realizado por Emilio Martínez Sabarís, Xabier Prieto Espiñeira, José Ramón Castro Gómez, José Luis Rabuñal Patiño, Cosme Damián Romay Cousido, Álvaro Rodríguez Pomares e Francisco Rosende Maneiro.

PROXECTO INCOMPATIBLE COA LEI 7/2012, DO 28 DE XUÑO, DE MONTES DE GALICIA.

O monte é un sector estratéxico na economía galega que contribue ao cambio climático e á descarbonización da economía. Aspecto non avaliado pola promotora.

Afección severa e prexuizos serios e irreparables para as explotacións forestais, madereiras e agro-gandeiras da área de afección do proxecto:

4

Page 5: valfluvialdolouridocorcoesto.files.wordpress.com  · Web view2021. 7. 4. · Directiva 2003/4/CE do Parlamento Europeo e do Consello, do 28 de xaneiro de 2003, relativa ao acceso

Cómpre destacar a importancia económica das explotacións forestais e madereiras da área de afección do proxecto como complemento das economías domésticas e familiares. As rendas do sector forestal e a importancia deste ao PIB da Comunidade de Galicia e ao desarrollo da industria da madeira foi obviado pola mercantil promotora.

A estación eólica e as súas infraestruturas de evacuación fragmentan as explotacións forestais e madereiras e as agro –gandeiras coa conseguinte perda da base territorial destas e a perda de rendementos.

A fragmentación que produce a infraestrutura eólica resulta incompatible cos obxectivos da Política agraria comunitaria (PAC).

A empresa promotora non avaliou os impactos do proxecto sobre destas explotacións económicas e como repercute a estación eólica nas economías familiares dos núcleos afectados.

Afección severa a brañas e humidais presentes na zona. Prexuizos significativos e irreparables para estes:

Cómpre ter en conta que o proxecto desarróllase nas Brañas da Cruz regadas polo rego do Castro e os seus dous afluentes.

Á beira destas están as Brañas do Crego. O parque eólico proxectado afecta directamente a humidais e brañas. Preto está a Fonte Arcón, As Lagoas, Fonte Verde, Fonte do Lobo, Fonte do Castro, …etc e con posible afección ao xacemento arqueolóxico do Castro, rodeado polo parque eólico Alto da Croa II. A escasos metros está o posible xacemento da “Croa” (patrimonio non avaliado pola mercantil promotora). Nas proximidades tamen está a Fonte Salto e o rego innominado, que xunto co Cabral, atravesa o Monte do Medio. Nos prados deste (Prado do Sal, Prado das Seixas, Prado Grande, Prado do Val, Prado de Atrás, Prado dos Penedos, Prados de arriba…) aséntase directamente as estruturas eólicas do parque Alto da Croa II, consecuencia dunha moi deficiente avaliación ambiental. Hai que ter en conta que na entorna do parque hai multitude de regos e brañas. Moi preto tamen está o Encoro de Lavandeira, o Encoro da Fervenza e o encoro de Ponte Olveira. Toda da zona onde se ubican os parques eólicos Alto da Croa II, Monte Tourado e Monte da Tella é zona de distribución potencial da escribenta palustre polo gran número de humidais, carrizais e brañas que hai.

A propia mercantil promotora recoñece literalmente:

“Los puntos más cercanos a la red hidrográfica en referencia a las distintas estructuras del proyecto se localizan en el Rego Sarteguas que se sitúa a unos 215 metros de las estructuras asociadas al aerogenerador, a aproximadamente 220 metros del vial de acceso, a unos 243 metros de la zanja de cableado, a 255 metros aproximadamente del centro de seccionamiento y control y a unos 360 metros de la zona de acopio. El cableado que será necesario tender a través de la zanja de cableado del parque eólico Monte Tourado (Proyecto independiente) se localiza a unos 20 metros del Rego Cabral, no acometiéndose no obstante ninguna obra recogida en el proyecto del parque eólico Monte da Tella a menos de 356 metros de este curso fluvial.

Los demás cursos fluviales se sitúan más alejados de la zona de obras, localizándose por el norte el nacimiento del Río do Castro y de dos de sus afluentes, el Río Lavandeira y el Río Matacáns. En dirección sur se observa el nacimiento de dos cursos fluviales, el Río Hospital y el Rego Vilar”.

O certo é que o parque aséntase directamente sobre humidais e brañas regados por distintos cauces con potencial vexetación palustre como carrizais. De feito a propia mercantil promotora recoñece a riqueza hídrica da área onde se localizan os tres parques que comparten infraestruturas comúns: Alto da Croa II, Monte Tourado e Monte da Tella.

“El interior de la GAP alberga 24 tipos de hábitats de interese comunitario (HIC) (Anexo I da DC 92/43/CEE), de los cuales seis se consideran hábitats prioritarios. La zona donde se ubica el proyecto corresponde a un conjunto de pequeños valles fluviales que han dado refugio a diferentes asentamientos humanos y cuya superficie parece conformada por un agrosistema tradicional que aún mantiene un alto valor natural ( HIC 6510, 6410, 6420, 6430, 4020, 4030 y 9230)”

5

Page 6: valfluvialdolouridocorcoesto.files.wordpress.com  · Web view2021. 7. 4. · Directiva 2003/4/CE do Parlamento Europeo e do Consello, do 28 de xaneiro de 2003, relativa ao acceso

Afección moi severa e prexuizos significativos para os recursos hídricos:

Indica a mercantil promotora:

“Los puntos más cercanos a la red hidrográfica en referencia a las distintas estructuras del proyecto se localizan en el Rego Sarteguas que se sitúa a unos 215 metros de las estructuras asociadas al aerogenerador, a aproximadamente 220 metros del vial de acceso, a unos 243 metros de la zanja de cableado, a 255 metros aproximadamente del centro de seccionamiento y control y a unos 360 metros de la zona de acopio. El cableado que será necesario tender a través de la zanja de cableado del parque eólico Monte Tourado (Proyecto independiente) se localiza a unos 20 metros del Rego Cabral, no acometiéndose no obstante ninguna obra recogida en el proyecto del parque eólico Monte da Tella a menos de 356 metros de este curso fluvial.

Los demás cursos fluviales se sitúan más alejados de la zona de obras, localizándose por el norte el nacimiento del Río do Castro y de dos de sus afluentes, el Río Lavandeira y el Río Matacáns. En dirección sur se observa el nacimiento de dos cursos fluviales, el Río Hospital y el Rego Vilar.

La distribución de los principales elementos del parque según las cuencas vertientes es la siguiente:

- Rego Cabral: Parte del vial de acceso, la zona de acopio, parte de la zanja de cableado y del centro de seccionamiento y control, así como parte de la cimentación y las plataformas asociadas al aerogenerador.

- Rego Sarteguas: Parte del vial de acceso, parte de la zanja de cableado y del centro de seccionamiento y control, así como parte de la cimentación y las plataformas asociadas al aerogenerador”.

Prexuizos significativos e incompatibles para o Lobo protexido por convenios internacionais.

A totalidade das infraestruturas eólicas fragmentan os hábitats das especies producindo prexuizos signifitcativos para unha especie de marcado carácter territorial. Os lobos son TERRITORIAIS, e os lobos que nun territorio alleo no que non estean abertos a aceptar elementos novos, serán eliminados. O 70% dos lobos que morren por causas naturais o son por esta causa. O Convenio de Berna relativo á Conservación da Vida Silvestre e o Medio Natural de Europa, foi asinado en Estrasburgo (Francia) en 1979. Este convenio incluíu ao lobo no Anexo II “Especies de fauna estritamente protexidas”, constando as prohibicións correspondentes no seu art. 6. Este Convenio debe o seu valor a tres características fundamentais: o seu carácter xeneralista, a concepción da lista única de especies e a incorporación da política conservacionista na planificación económica, especialmente no relacionado coa protección dos hábitats (artigos 3 e 4). O artigo 56 da Lei 42/2007 de Patrimonio Natural e da Biodiversidade establece a protección para todas as especies amparadas por tratados e convenios internacionais, como o de Berna, ratificado por España, polo que en caso de non ter dita consideración estariamos ante un incumprimento flagrante das obrigacións derivadas do Convenio de Berna, e da subseguinte Directiva Hábitats 92/43/CEE, en relación a unha especie protexida e de interese comunitario como o Lobo.

O Anexo 4 referido ao Lobo presentado pola mercantil promotora refírese exclusivamente ao ámbito do parque eólico Monte da Tella, e non aos parques eólicos Alto da Croa II e Monte Tourado, cos que comparte infraestruturas comúns e ámbito xeográfico. Polo tanto ademáis dunha moi deficiente avaliación ambiental dos impactos sobre da especie, hai que considerar aos efectos da avaliación a totalidade das poligonais dos tres parques como superficie afectada en relación ao Lobo.

Hai que ter en conta tamen outro impacto negativo para a especie como é a corta, o desbroce, a eliminación da matogueira dos tres parques e a plantación masiva de eucaliptos na entorna, prexudicando significativamente os lugares de encame e refuxio da especie, en tanto que zonas onde o animal atópase seguro. Polo tanto, e tendo en conta qué é obriga da Dirección Xeral de Patrimonio Natural da Xunta de Galicia manter nun estado de conservación favorable os hábitats da especie, non debera aprobarse este parque, para evitar incrementar os prexuizos sobre a especie e manter nun estado de conservación favorable os seus hábitats. A instalación da estación

6

Page 7: valfluvialdolouridocorcoesto.files.wordpress.com  · Web view2021. 7. 4. · Directiva 2003/4/CE do Parlamento Europeo e do Consello, do 28 de xaneiro de 2003, relativa ao acceso

eólica incrementa os prexuizos e danos para a especie. Cómpre lembrar a presencia doutros parques na entorna e que este está estreitamente vinculado con outros dous que comparten área xeográfica. Ademais está en tramitación o parque eólico Monte da Croa, tamen na mesma área. Esta fragmentación do territorio, non avaliada no informe do lobo do Anexo 4, incide de xeito negativo na especie e nos seus hábitats, cada vez máis fragmentados e con menos vexetación densa.

Polo tanto e seguindo as recomendacións do informe do Anexo 4 non debe autorizarse esta estación eólica xa que a presencia de lobos na zona vese directamente afectada pola nova estación eólica e as demais coas que comparte infraestruturas:

“ Se recomienda que en la fase de planificación de un nuevo parque eólico (fase proyecto) se consulten las fuentes disponibles acerca de la presencia de manadas de lobos en la zona. De esta manera, teniendo en cuenta los requerimientos de la especie y lo que se conoce del efecto de los parques eólicos sobre los lobos, pueden minimizarse, e incluso, evitarse impactos negativos sobre este cánido. Es conveniente que durante la planificación de un parque eólico se identifiquen las principales manchas de vegetación arbustiva y se evite, en la medida de lo posible, su fragmentación y destrucción. Considerar, durante la fase del proyecto del parque eólico, la proximidad de los aerogeneradores a las zonas potencialmente actas para la reproducción de los lobos e intentar su cambio de ubicación”

Como indica o informe do Anexo 4: “Como se comentó anteriormente, es muy probable que las actividades forestales que se estaban haciendo en la zona durante la época de cría, en el propio rendezvous site, hayan supuesto importantes molestias a los lobos a la hora de seleccionar este lugar como zona de cría.Cuando se estaban efectuando los muestreos de campo, se observó la realización de desbroces en el rendezvous site en julio y la posterior plantación de eucaliptos (agosto)(Fig. 2.4)”.

Unha especie típica deste hábitat é a lacerta vivípara:

a vinculación desta especie con hábitats moi específicos fai que a distribución desta especie sexa descontinua e que algunhas poboacións sexan moi vulnerables ás alteracións dos seus biótopos característicos.

Prexuizos significativos e incompatibles co benestar das familias que habitan e residen nos núcleos próximos aos tres parques eólicos (Alto da Croa II, Monte da Tella e Monte Tourado):

Sarteguas 980 metros.

A Boudaneira 1.300 metros.

Parroquia de Baiñas e Parroquia de Olveira (municipio de Dumbría). Impactos non avaliados pola merdantil promotora. A mercantil promotora debera avaliar os impactos da totalidade dos tres parques que comparten infraestruturas comúns na mesma área xeográfica para os núcleos e as familias que viven neles. Impacto do conxunto dos parques eólicos no posible éxodo poboacional. Non avaliado pola promotora.

VULNERACIÓN FLAGRANTE DA LEI 7/2012, DE 28 DE XUÑO DE MONTES DE GALICIA. ELIMINACIÓN DA MULTIFUNCIONALIDADE DO MONTE.

O monte é un sector estratéxico na economía galega que contribue a mitigar o cambio climático e á descarbonización da economía. Aspecto non avaliado pola promotora. A mercantil promotora non avalía o impacto da estación eólica e as súas infraestruturas de evacuación sobre o benestar das familias dos núcleos habitados e o posible éxodo poboacional que se pode dar derivado da manchea de estacións eólicas que hai no territorio e outras infraestruturas, que dificultan a vida no rural e a sustentabilidade e viabilidade das explotacións forestais e agro – gandeiras (fomentando o feito coñecido como despoboamento do rural ou España 16 baleirada). A este respecto debera informar a Dirección Xeral Xeral de Defensa do Monte da Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia e á luz da exposición de motivos e o artigo

7

Page 8: valfluvialdolouridocorcoesto.files.wordpress.com  · Web view2021. 7. 4. · Directiva 2003/4/CE do Parlamento Europeo e do Consello, do 28 de xaneiro de 2003, relativa ao acceso

5 da Lei 7/2012, de 28 de xuño se informe sobre a prevalencia do uso forestal sobre o uso eólico e a incompatibilidade deste, dentro da superficie afectada pola poligonal do parque eólico, en tanto en canto como ben di a exposición de motivos da referida lei, o monte galego é unha fonte de riqueza que xera emprego estable, descarboniza a economía, cumpre co protocolo de Kioto e realiza unha contribución importante ao PIB galego.

AFECCIÓN SEVERA E PREXUIZOS SERIOS E IRREPARABLES PARA AS EXPLOTACIÓNS FORESTAIS, MADEREIRAS E AGRO-GANDEIRAS DA ÁREA DE AFECCIÓN DO PROXECTO:

Cómpre destacar a importancia económica das explotacións forestais e madereiras da área de afección do proxecto como complemento das economías domésticas e familiares. As rendas do sector forestal e a importancia deste ao PIB da Comunidade de Galicia e ao desarrollo da industria da madeira foi obviado pola mercantil promotora. A estación eólica e as súas infraestruturas de evacuación fragmentan as explotacións forestais e madereiras e as agro –gandeiras coa conseguinte perda da base territorial destas e a perda de rendementos. A fragmentación que produce a infraestrutura eólica resulta incompatible cos obxectivos da Política agraria comunitaria (PAC). A empresa promotora non avaliou os impactos do proxecto sobre destas explotacións económicas e como repercute a estación eólica nas economías familiares dos núcleos afectados.

Afección severa e incompatible coas lagoas, brañas e humidais presentes na área de desarrollo deste proxecto e no conxunto dos tres parques que comparten infraestruturas común (Alto da Croa II, Monte Tourado e Monte da Tella):

non avaliado pola mercantil promotora.

Afección severa ás masas de auga soterradas, acuíferos e captacións de auga para consumo humano e as explotacións agro –gandeiras da poligonal do parque:

non avaliado pola promotora.

Vulneración flagrante da Directiva Marco dá Auga (DMA). AUSENCIA DUN ESTUDO HIDROLÓXICO E HIDROXEOLÓXICO QUE GARANTA A CALIDADE DAS MASAS DE AUGA SUPERFICIAIS E SOTERRADAS E A NON AFECCIÓN AOS ACUÍFEROS:

Non avaliado pola promotora.

Prexuizos significativos e incompatibles coa avifauna:

Iberolacerta montícola, Anas crecca, Gallinago gallinago, Circus cyaneus, Pandion haliaetus, Scolopax rusticola, Discoglossus galganoi, Píntega píntega, Ra ibérica, Ra temporaria, Chioglossa lusitánica, Chondrostoma duriense, Chondrostoma arcasii, Rhinolophus ferrumequinum, Rhinolophus hipposideros, Circus pygargus, Pandion haliaetus considerada “Vulnerable”. Segundo as Listas Vermellas (UICN), as especies catalogadas e o seu réxime de protección son os seguintes: - “Vulnerables”: Circus pygargus, Streptopelia turtur, Rhinolophus hipposideros, Rhinolophus ferrumequinum, Cervus elaphus, Anguilla anguilla, Salmo trutta, Chondrostoma duriense, Chioglossa lusitanica, Píntega píntega e Ra iberica. Atendendo ao Catálogo Español de Especies Ameazadas e Listaxe, as especies catalogadas e o seu réxime de protección son os seguintes: - “Vulnerables” (2 taxóns): Circus pygargus e Chioglossa lusitanica. Segundo o Catálogo Galego de Especies Ameazadas, as especies catalogadas e o seu réxime de protección son os seguintes: - “Vulnerables” na península (8 taxóns). Circus pygargus, Rhinolophus hipposideros, Chioglossa lusitanica, Píntega píntega, Discoglossus galganoi, Ra ibérica, Ra temporaria, Iberolacerta montícola. Ademais, existen varias especies atopadas durante o inventario, que non aparecen nas cuadrículas de IETT biodiversidade, pero se o fixeron no inventario e cuxo réxime de protección no Catálogo Galego de Especies Ameazadas, é o seguinte: - “En Perigo de Extinción” (2 Taxones): Anas crecca e Gallinago gallinago. - “Vulnerables” (3 Taxóns): Circus cyaneus, Pandion haliaetus e Scolopax rusticola

8

Page 9: valfluvialdolouridocorcoesto.files.wordpress.com  · Web view2021. 7. 4. · Directiva 2003/4/CE do Parlamento Europeo e do Consello, do 28 de xaneiro de 2003, relativa ao acceso

Prexuizos significativos e incompatibles coa Paisaxe e co Turismo. Afección paisaxística moi severa. Incremento do feísmo paisaxístico sin precedentes dentro da Costa da Morte:

A manchea de parques eólicos na Costa da Morte, arestora en tramitación 25, aos que hai que engadir os xa autorizados e/ou instalados converten a este territorio, que debera destacar polo seu potencial turístico, nun territorio de sacrificio das empresas eólicas que en connivencia coa Xunta de Galicia, inzan a esgalla e sen planificación algunha eólicos por todas partes e de forma desordeada. Así atopamos eólicos á beira do Camiño de Santiago, en fronte de importantes miradores, enriba de brañas e humidais…etc.

Cómpre lembrar que segundo o Convenio europeo da Paisaxe, os obxectivos de calidade paisaxística determínaos a Administración en base ás aspiracións da cidadanía (e non en base ás aspiracións da mercantil promotora dunha estación eólica).

O feísmo paisaxístico e o impacto negativo para o turismo e a hostalería é proporcional a este caos de eólico. Así a propia mercantil recoñece:

“Desde todas as poboacións obsérvanse parques eólicos existentes localizados máis próximos que o parque eólico que se avalía considerando por tanto que se trata de estruturas que xa forman parte da paisaxe na contorna das mesmas. Respecto a as infraestruturas de comunicación o parque eólico será visible desde parte do trazado da AC-552, a AC-440 e a AC-441, que son as estradas de maior importancia dentro da conca de 15 km. En referencia aos usuarios dos roteiros de sendeirismo sinalar que o roteiro máis próximo, a

PR- G 158 Roteiro dá Costa da Morte, localízase a un 15 km e presenta parte do seu percorrido polas pistas do Parque Eólico do Vilán, estando así mesmo na contorna deste roteiro o Parque Eólico

Viravento (antes Cabo Vilán) e as máquinas do Parque Eólico Cabo Vilán repotenciación. Desde cinco dos seis miradoiros estudados será potencialmente visible a máquina do parque eólico estudado. Dous deles, Alto dá Ruña e o de Faro de Fontefría, localízanse no interior de parques eólicos en funcionamento polo que a incidencia sería nula. Alto de Brañas dá Cruz e o Miradoiro do Monte do Castro son puntos elevados no terreo que non contan nin cun miradoiro nin con zona de recreo ou esparexemento, polo que non se prevé un alto número de potenciais observadores…”.

É tal o impacto das infraestruturas eólicas e das liñas de evacuación na paisaxe que a Costa da Morte xa acadou un nivel de feísmo paisaxístico sin paracón a ningún outro territorio. E por enriba, o órgano encargado da avaliación ambiental dos impactos, continua informando favorablemente máis proxectos eólicos para a Costa da Morte.

A AEIP máis próxima aos parques Alto da Croa II, Monte Tourado e Monte da Tella, que comparten infraestruturas é o denominada Devesa de Anllares situada a uns 5 km ao sur da zona de implantación. As AEIP Penedos de Pasarela e Traba e o Monte do Pindo sitúanse a un 13 km ao sur e ao norte da zona de localización do parque eólico Monte dá Tella.

Afección a festas de interés: Asalto ao Castelo.

Faguía de Carnés, Rapa das bestas, Fray Diego de Cádiz.

Eólicos que infestan o Camiño de Santiago, roteiros e miradores. Feísmo Paisaxístico e descontextualización do patrimonio.

O Camiño de Santiago, Camiño a Fisterra, localízase visualemente na entorna do parque eólico Monte dá Tella. Os aeroxeradores son elementos relativamente comúns neste tramo de camiño xa que as máquinas do parque eólico Ponte Rebordelo sitúanse a uns 200 metros do propio Camiño, reflexo do desleixo absoluto da Xunta de Galicia que infesta de eólicos unha vía cultural da importancia desta e os roteiros de sendeirismo da entorna.

9

Page 10: valfluvialdolouridocorcoesto.files.wordpress.com  · Web view2021. 7. 4. · Directiva 2003/4/CE do Parlamento Europeo e do Consello, do 28 de xaneiro de 2003, relativa ao acceso

Existe unha obsesión inexplicable por parte da clase política galega de compatibilizar o patrimonio cultural coa instalación de estacións eólicas, ignorando a descontextualización que se produce do patrimonio e do vínculo estreito deste coa paisaxe.

Da mesma maneira ocorre con outros parques da entorna, como o parque eólico de Valsagueiro, cuxas máquinas localízanse a menos de 250 metros do Camiño de Santiago, estando este parque e outros na visual do peregrino. O parque eólico Serra de Outes sitúase a uns 1.000 metros deste roteiro de peregrinación e o parque eólico Paxareiras II F a 2 km aproximadamente.

Na conca de 15 km ao redor do parque dá Tella localízanse seis miradoiros. Desde un destes miradoiros, o Miradoiro do Ézaro, situado ao suroeste, prevese a visualización de varios parques eólicos. Pero logo tratan de patrocinalo desde as distintas Administracións como se se tratara dun miradoiro realmente único. E en efecto, van por bo camiño se queren que sexa o único infestado de eólicos. O miradoiro máis próximo desde o cal será visible a máquina do parque eólico Monte dá Tella é o chamado Alto de Brañas dá Cruz, situado a aproximadamente 1,1 km da zona de implantación en dirección suroeste. Trátase dun punto elevado próximo a un radar de salvamento marítimo. Desde este punto as vistas son impresionantes pero a Xunta de Galicia trata de novo de compatibilizar estas coa instalación de eólicos e así parécelle normal que Greenalia nun proxecto indique literalmente:

“Esta zona non se atopa habilitada para gozar da paisaxe xa que non conta nin cun miradoiro nin con zona de recreo ou esparexemento, polo que non se prevé un alto número de potenciais observadores”, o que resulta ser totalmente insólito.

Tanto o miradoiro de Alto dá Ruña como o de Faro de Fontefría localízanse no interior de parques eólicos en funcionamento pero a mercantil promotora pretende facernos creer que iso é normal. Cando de normal non ten nada e o feísmo paisaxístico pasa a ser o común da vida cotiá.

O miradoiro do Monte do Castro, o miradoiro de San Bartolo…, desde eles obsérvase o parque eólico Muxía II Modificado, xa autorizado, e a mercantil promotora volta a dicir que este punto non está habilitado para gozar da paisaxe, xa que non conta con miradoiro nin con infraestruturas de recreo.

Pero na entorna destes parques hai 3 AEIPs, é dicir, 3 Áreas de Especial Interés Paisaxístico: a Devesa de Anllares, o Monte Pindo e os AEIP Penedos de Pasarela e Traba. Indica a mercantil promotora do parque eólico Monte dá Tella (Wind Premier vencellada á Greenalia), que: “Dado que se trata de dous AEIPs que se atopan rodeadas de parques eólicos existentes (o parque eólico Barrigoso e o parque eólico Monte Redondo) considérase que a presenza dunha nova máquina a esas distancias non supoñerá un impacto significativo sobre os mesmos”.

Camiño de Santiago está catalogado como Patrimonio da Humanidade (ou Patrimonio Mundial) pola Unesco (Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura).

O anterior significa que dita institución considerou que o Camiño de Santiago conta con importancia cultural e natural; e que merece ser preservado para as futuras xeracións da humanidade. (Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia.TÍTULO VI. Os Camiños de Santiago).

Prexuizos significativos para o patrimonio cultural e arqueolóxico. Descontextualización deste.

Os elementos patrimoniais quedan rodeados de tres parques eólicos e escasos metros das súas infraestruturas: parque eólico Monte da Tella, parque eólico Tourado e parque eólico Alto da Croa que configuran un único complexo eólico ao compartiren vías de acceso, gabias de cabreado e subestación eólica.

Monte do Castro GA15092026 Manlle Vimianzo Época

Castreña. Asentamiento fortificado

10

Page 11: valfluvialdolouridocorcoesto.files.wordpress.com  · Web view2021. 7. 4. · Directiva 2003/4/CE do Parlamento Europeo e do Consello, do 28 de xaneiro de 2003, relativa ao acceso

Túmulo 1 das Xoias GA15092027 Rabós Vimianzo Neolítico Túmulo

Túmulo 2 das Xoias GA15092028 Rabós Vimianzo Neolítico Túmulo

Mámoa 1 de Alto da Cruz GA15034010 Sarteguas Dumbría Neolítico Túmulo

Mámoa 2 de Alto da Cruz GA15034056 Sarteguas Dumbría Neolítico Túmulo

Petroglifo da Pedra da Vela GA15092099 Manlle Vimianzo Edad de Bronce Grabado rupestre

Túmulo de Monte da Tella GA15092131 Baíñas Vimianzo Neolítico Túmulo

Os elementos máis próximos ás estruturas do PE son o Túmulo de Monte dá Tella (GA15092131) que se atopa a uns 170 metros ao leste do cableado proxectado para

realizar a interconexión que discorre pola gabia de cableado do PE Monte Tourado (Proxecto independente), co que non será necesario acometer ningunha obra no terreo, e o Túmulo 1 dás Xoias ( GA15092027) que se sitúa a uns 190 metros ao norte dun tramo de vial de acceso xa existente que corresponde coa estrada de acceso ao radar.

3.- Efectos acumulativos (aditivos, sumativos e globais) con P.E. próximos: SIN AVALIAR

DIVISIÓN ARTIFICIOSA DE PROXECTOS. INFRAESTRUTURAS COMPARTIDAS CO P.E. ALTO DA CROA II. AMPLIACIÓN ENCUBERTA DESTE

Este parque eólico non deixa de ser unha ampliación encuberta do parque eólico Alto da Croa II. De feito comparte infraestruturas comúns con este e a mesma área xeográfica. Ao mesmo tempo, comparte infraestruturas co parque eólico Monte Tourado, tamén vencellado ao parque eólico Monte da Croa II, co que tamen comparte infraestruturas.

Indica a mercantil promotora:

“PARQUE INTEMPERIE, SUBESTACIÓN Y EDIFICIO DE CONTROL E INTERCONEXIÓN DEL PARQUE EÓLICO

El parque eólico Monte da Tella no contará con ninguno de estos elementos, ya que realizará la interconexión eléctrica con el centro de seccionamiento del parque eólico Alto da Croa II (Tramitándose en la actualidad con el número de expediente IN661A 2010/4-1) por medio de canalización subterránea de 30 kV. Desde el centro de seccionamiento del parque eólico Alto da Croa II se realizará la conexión eléctrica en la subestación colectora deRegoelle donde el parque eólico cuenta con acceso y conexión.

CENTRO DE SECCIONAMIENTO Y CONTROL DEL PARQUE EÓLICO

El parque eólico contará con un pequeño centro de seccionamiento y control ubicado en las proximidades de la plataforma de montaje. Se trata de un edificio prefabricado que tiene el objeto de reunir las líneas eléctricas de media tensión del parque y las diferentes celdas de protección, medida, etc. Desde este centro colector será desde donde parta la canalización eléctrica en 30 kV hasta el centro de seccionamiento del PE Alto da Croa II”.

Indica tamen a mercantil promotora:

“Para realizar la evacuación de la energía, el cableado de la línea de interconexión hasta el centro de seccionamiento del parque eólico Alto da Croa II (Proyecto independiente) se tenderá a través de la zanja de cableado del parque eólico Monte Tourado (Proyecto independiente). La zanja de cableado del parque eólico Monte Tourado discurre por la zona de policía de Rego Cabral, no obstante dado que el presente proyecto solo contempla el tendido de cableado y no la apertura de esa zanja se considera que no se ejecutará obra alguna en Dominio Público Hidráulico.

11

Page 12: valfluvialdolouridocorcoesto.files.wordpress.com  · Web view2021. 7. 4. · Directiva 2003/4/CE do Parlamento Europeo e do Consello, do 28 de xaneiro de 2003, relativa ao acceso

Los puntos más cercanos a la red hidrográfica en referencia a las distintas estructuras del proyecto se localizan en el Rego Sarteguas que se sitúa a unos 215 metros de las estructuras asociadas al aerogenerador, a aproximadamente 220 metros del vial de acceso, a unos 243 metros de la zanja de cableado, a 255 metros aproximadamente del centro de seccionamiento y control y a unos 360 metros de la zona de acopio. El cableado que será necesario tender a través de la zanja de cableado del parque eólico Monte Tourado (Proyecto independiente) se localiza a unos 20 metros del Rego Cabral”.

Polo tanto, e á vista do grao de vinculación dos tres parques, a avaliación ambiental debe realizarse de forma conxunta para as infraestruturas de todos eles e tendo en conta os impactos que os tres producirían na superficie das poligonais de cada un deles. Non se pode fraccionar a efectos ambientais a avaliación ambiental conxunta de infraestruturas vinculadas estreitamente entre sí como é este caso.

De facelo, estariase a diluir ou minorar os impactos ambientais globais e a avaliación resultante incurriría en causa de nulidade de pleno dereito.

FRAGMENTACIÓN DO TERRITORIO E DOS HÁBITATS, PERDA DE BIODIVERSIDADE:

a promotora non avalía a totalidade de infraestruturas que fragmentan o territorio (xa de por sí moi fragmentado), a fragmentación de hábitats e a perda de biodiversidade.

Cómpre a avaliación dos impactos da totalidade dos parques e liñas de evacuación que hai na entorna dos tres parques eólicos que comparten infraestruturas común: Alto da Croa II, Monte Tourado e Monte da Tella.

Pero tamen a presencia doutras infraestruturas próximas como as fervenzas, encoros, estradas, camiños, viais abertos

para os tres parques…etc. Tamen hai que ter en conta as estradas autonómicas (AC-552, a AC-440 e a AC-441..), locais,

canteiras…etc.

DECLIVE PARA O TURISMO E INCREMENTO DO FEÍSMO PAISAXÍSTICO: impacto non avaliado pola mercantil

promotora.

12

Page 13: valfluvialdolouridocorcoesto.files.wordpress.com  · Web view2021. 7. 4. · Directiva 2003/4/CE do Parlamento Europeo e do Consello, do 28 de xaneiro de 2003, relativa ao acceso

13

Page 14: valfluvialdolouridocorcoesto.files.wordpress.com  · Web view2021. 7. 4. · Directiva 2003/4/CE do Parlamento Europeo e do Consello, do 28 de xaneiro de 2003, relativa ao acceso

Parques eólicos Alto dá Croa, Alto dá Croa II e Monte Tourado.- En fase de construción o primeiro (con dous aeroxeradores) e en fase de tramitación os dous seguintes (con tres aeroxeradores cada parque eólico). Nun período breve comezarán as obras de construción de ambos. O único aeroxerador do parque eólico Monte dá Tella atópase a unha distancia de 1,1 km. do parque eólico Alto dá Croa, a 1,7 km. do parque eólico Alto dá Croa II e a 3,4 k. do parque eólico Monte Tourado.O parque eólico Alto dá Croa podería ter a declaración de impacto ambiental sin efectos e incursa en causa de caducidade, e a pesar diso, iníciase a execución do parque.

Por Resolución do 22 de agosto de 2013, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, autorizáronse as instalacións electromecánicas, aprobouse o proxecto de execución, recoñeceuse a condición de instalación acollida ao réxime especial de produción eléctrica e declarouse a utilidade pública, en concreto, do proxecto do parque eólico Alto da Croa (DOG núm. 7, do 10 de xaneiro).Por Resolución do 16 de decembro de 2020, da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, modificábase a declaración de utilidade pública, en concreto, do parque eólico Alto da Croa, sito no concello de Vimianzo (A Coruña) e promovido por Greenalia Wind Power Alto da Croa, S.L.U. (IN661A 2007/06).A citada resolución incorría en causa de nulidade de pleno Dereito ao abeiro do artigo 47 da Lei 39/2015, de 1 de outubro e infracción normativa do artigo 48 do mesmo texto legal, ao ditarse prescindindo total e absolutamente do procedemento legalmente establecido consonte os parágrafos e) e f) do citado artigo, ao outorgar facultades á empresa promotora do parque Greenalia Wind Power, cando legalmente a Declaración de Impacto Ambiental formulada por Resolución do 23 de decembro de 2010, da Dirección Xeral de Industria, Enerxíae Minas (DOG núm. 21, do 1 de febreiro de 2011) estaba incursa en causa de CADUCIDADE tal e como prescribe a Disposición Transitoria primeira. Réxime transitorio:“3. Las declaraciones de impacto ambiental publicadas con anterioridad a la entrada en vigor de esta Ley perderán su vigencia y cesarán en la producción de los efectos que le son propios si no se hubiera comenzado la ejecución de los proyectos o actividades en el plazo máximo de seis años desde la entrada en vigor de esta Ley. En tales casos, el promotor deberá iniciar nuevamente el trámite de evaluación de impacto ambiental del proyecto conforme a lo establecido en esta Ley”.Como queira que nin sequera constaba a prórroga da Declaración de impacto ambiental do parque debérase suspender a execución das obras, xa que logo, a Declaración de impacto ambiental previsiblemente non cumpriría cos requisitos establecidos na Lei 21/2013, de avaliación ambiental ao transcurriren seis anos desde a súa publicación, xa que logo, o 24.11.2010, o órgano ambiental formulou a declaración de impacto ambiental relativa ao parque eólico Alto da Croa, que se fixo pública por Resolución do 23 de decembro de 2010, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas (DOG núm. 21, do 1 de febreiro de 2011).

14

Page 15: valfluvialdolouridocorcoesto.files.wordpress.com  · Web view2021. 7. 4. · Directiva 2003/4/CE do Parlamento Europeo e do Consello, do 28 de xaneiro de 2003, relativa ao acceso

Imaxe do elemento patrimonial “Petroglifo Pedra da Vela” á beira das infraestruturas eólicas do outro parque co que comparte infraestruturas comúns e espazo xeográfico

Rego innominado na entorna do parque eólico

15

Page 16: valfluvialdolouridocorcoesto.files.wordpress.com  · Web view2021. 7. 4. · Directiva 2003/4/CE do Parlamento Europeo e do Consello, do 28 de xaneiro de 2003, relativa ao acceso

Brañas do Monte da Terra e os regos e arroios que o rodean. A dereita o embalse da Fervenza, en Vimianzo.

Imaxe de Fonte Salto, onde se localizan as obras do outro parque eólico co que comparte área xeográfica e infraestruturas comúns

Últimos parques eólicos en tramitación na Costa da Morte:

16

Page 17: valfluvialdolouridocorcoesto.files.wordpress.com  · Web view2021. 7. 4. · Directiva 2003/4/CE do Parlamento Europeo e do Consello, do 28 de xaneiro de 2003, relativa ao acceso

A participación do público na toma de decisións en materia do medio ambiente, e en particular, na avaliación ambiental

dos proxectos industriais está recollida no Convenio de Aarhus, no artigo 45 da Constitución española e na Lei 27/2006,

do 18 de xullo, pola que se regulan os dereitos de acceso á información, de participación pública e de acceso á xustiza

en materia de medio ambiente (incorpora as Directivas 2003/4/CE e 2003/35/CE).

Substraer da participación pública e por tanto da avaliación por parte desta de determinadas infraestruturas, polo mero

feito de ser compartidas é unha violación severa do espíritu de Aarhus e dos dereitos fundamentais inalienables do ser

humano, xa que está a impedir e obstaculizar a avaliación global, sumativa e sinérxica dos impactos ambientais do

conxunto das infraestruturas do proxecto industrial.

A avaliación ambiental dos impactos da totalidade das infraestruturas do proxecto industrial debe permitir á cidadanía a

valoración conxunta, global, sinérxica e sumativa destes, en todas as fases de execución e durante o funcionamento do

parque.

Ao anterior hai que engadir outras infraestruturas como as estradas e camiños que fragmentan o territorio e supoñen a

perda de biodiversidade. Ao mesmo tempo todas estas infraestruturas eólicas fragmentan a paisaxe e incrementan a

fraxilidade visual.

Falla de avaliación dos impactos globais e sumativos de todas as infraestruturas presentes na área do proxecto incluidas

as liñas de evacuación e outras infraestruturas presentes como as estradas e camiños.

A actividade de produción de enerxía eléctrica non pode ser allea a formulacións ambientais de forma tal que a auga

dos nosos ríos, a forza do vento ou a calor proveniente do sol, son fontes limpas e inesgotables de produción de enerxía

eléctrica que por iso son fomentadas polos estamentos públicos. Precisamente para conseguir eses obxectivos, protexer

o medio ambiente e garantir unha subministración eléctrica de calidade, entre outros mecanismos está a avaliación

ambiental dos proxectos industriais, que non pode ser burlada mediante a división ou fragmentación articiosa destes

para eludir a finalidade prevista na normativa que a regula.

17

Page 18: valfluvialdolouridocorcoesto.files.wordpress.com  · Web view2021. 7. 4. · Directiva 2003/4/CE do Parlamento Europeo e do Consello, do 28 de xaneiro de 2003, relativa ao acceso

4.- PATRIMONIO CULTURAL INMATERIAL: SEN AVALIAR.

O proxecto eólico fica nas inmediacións de diversos bens do patrimonio cultural. A descontextualización do patrimonio

cultural é evidente.

5.- ANÁLISE DOS PLANEAMENTOS URBANÍSTICOS MUNICIPAIS DOS MUNICIPIOS AFECTADOS POLO PARQUE EÓLICO

MONTE DA TELLA.

A mercantil promotora propón a modificación de cualificación urbanística e regulación detallada do uso

pormenorizado para recalificalo como chan rústico de especial protección de infraestruturas.

De acordo co previsto no Artigo 34.4 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do chan de Galicia, cando un terreo, polas súas

características, poida corresponder a varias categorías de chan rústico de especial protección, aplicaranse os distintos

réximes de forma complementaria, prevalecendo aquel que outorgue unha maior protección (que neste caso non é o

chan de infraestruturas). Polo tanto, desde o punto de vista urbanístico o proxecto eólico MONTE DA TELLA é

incompatible. A promotora pretende unha recalificación urbanística non amparada legalmente.

“Artigo 34.4. Cando un terreo, polas súas características, poida corresponder a varias categorías de chan rústico,

aplicaranse os distintos réximes de forma complementaria”.

Ao anterior hai que engadir a prevalencia dá protección ambiental do Artigo 2 da Lei 42/2007, do 13 de decembro,

do Patrimonio Natural e dá Biodiversidade.

“Artigo 2. Principios.

Son principios que inspiran esta lei:

f) A prevalencia dá protección ambiental sobre a ordenación territorial e urbanística e vos supostos básicos dá

devandita prevalencia”.

A maior abondamento hai que contar coa protección ambiental reforzada dá Directiva 92/43/CEE do Consello, do 21

de maio de 1992, relativa á conservación dos hábitats naturais e da fauna e flora silvestres. Hai hábitats prioritarios e

hábitats de interese comunitario pero ambos vos dous tipos gozan dá protección do artigo 2 desta directiva, isto é:

1. A presente Directiva ten por obxecto contribuír a garantir a biodiversidade mediante a conservación dos hábitats

naturais e da fauna e flora silvestres no territorio europeo dos Estados membros ao que se aplica o Tratado.

2. As medidas que se adopten en virtude da presente Directiva terán como finalidade o mantemento ou o

restablecemento, nun estado de conservación favorable, dos hábitats naturais e das especies silvestres da fauna e da

flora de interese comunitario.

Os hábitats naturais de interese comunitario requiren de zonas de especial conservación conforme á Directiva

92/43/CEE do Consello do 21 de maio de 1992 relativa á conservación dos hábitats naturais e da fauna e flora

18

Page 19: valfluvialdolouridocorcoesto.files.wordpress.com  · Web view2021. 7. 4. · Directiva 2003/4/CE do Parlamento Europeo e do Consello, do 28 de xaneiro de 2003, relativa ao acceso

silvestres. Non poden ser por tanto nin eliminados, nin degradados. A normativa citada indica expresamente que

estes hábitats deben ser conservados e manterse nun estado de conservación favorable.

7.- A prevalencia da protección ambiental da Lei 42/2007, do 13 de decembro, do Patrimonio Natural e da

Biodiversidade.

“Artigo 2. Principios.

Son principios que inspiran esta lei:

a) O mantemento dos procesos ecolóxicos esenciais e dos sistemas vitais básicos, apoiando os servizos dos ecosistemas

para o benestar humano.

b) A conservación e restauración da biodiversidade e da geodiversidad mediante a conservación dos hábitats naturais e

da fauna e flora silvestres. As medidas que se adopten para ese fin terán en conta as esixencias económicas, sociais e

culturais, así como as particularidades rexionais e locais.

c) A utilización ordenada dos recursos para garantir o aproveitamento sostible do patrimonio natural, en particular, das

especies e dos ecosistemas, a súa conservación, restauración e mellora e evitar a perda neta de biodiversidade.

d) A conservación e preservación da variedade, singularidade e beleza dos ecosistemas naturais, da diversidade

xeolóxica e da paisaxe (…).

f) A prevalencia da protección ambiental sobre a ordenación territorial e urbanística e os supostos básicos da devandita

prevalencia.

g) A precaución nas intervencións que poidan afectar a espazos naturais ou especies silvestres”.

En virtude do anterior,

SOLICITA:

1.- O rexeitamento da solicitude de autorización administrativa previa, a declaración de utilidade pública, en concreto, a

necesidade de urxente ocupación que implica, a autorización administrativa de construción, o estudo de impacto

ambiental e o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal (proxecto de interese autonómico) do proxecto do

parque eólico Monte da Tella, no concello de Vimianzo (expediente IN408A 2019/59) e a súa retirada definitiva pola súa

incompatibilidade cos valores ambientais, patrimoniais, paisaxísticos e socioeconómicos presentes na área de afección

do proxecto e a falla de licencia social.

2.-SIRVAN AS PRESENTES ALEGACIONS COMO NOTIFICACION PREVIA DESTE ASUNTO, QUE VAI A SER OPORTUNAMENTE

RATIFICADA PARA O CASO DE PROGRESO DA SOLICITUDE RELATIVA AO PARQUE EÓLICO MONTE DA TELLA (EXPEDIENTE

IN408A 2019/59) E PROGRESO DA MESMA, DEBENDO OS PROMOTORES ENFRENTARSE AOS PROCEDEMENTOS

XUDICIAIS QUE SE INICIEN (CONTENCIOSO-ADMINISTRATIVOS E PENAIS), ASI COMO, ÁS INDEMNIZACIONS QUE

19

Page 20: valfluvialdolouridocorcoesto.files.wordpress.com  · Web view2021. 7. 4. · Directiva 2003/4/CE do Parlamento Europeo e do Consello, do 28 de xaneiro de 2003, relativa ao acceso

PROCEDAN, CON RESPONSABILIDADE SUBSIDIARIA DE QUEN AUTORIZA SEN TER EN CONTA OS DEFECTOS DOS QUE SE

LLE PON EN COÑECEMENTO.

3.- Téñase en conta que o Inventario de Humidais de Galicia non recolle ningún humidal. Téñase en conta que ademais

dunha impresionante e exclusiva biodiversidade, calcúlase que unha hectárea de turbeira pode almacenar entre 3 e 3,5

veces máis carbono que unha hectárea de bosque tropical, reducindo a emisión de gases de efecto invernadoiro e o

quecemento global do planeta, polo que é fundamental a conservación destes sumidoiros e acumuladores de carbono.

4.- Téñase en conta que o Plan Sectorial Eólico de Galicia é un regulamento que non está adaptado a actual normativa

de avaliación de impacto ambiental e que está desfasado, caduco e obsoleto e que carece de avaliación ambiental

estratéxica. Ademais nunca chegou a publicarse íntegramente o seu texto e as correspondentes modificacións do

mesmo no Diario Oficial de Galicia vulnerándose o artigo 9.3 da Constitución española. Existe unha opacidade absoluta

no tocante á planificación enerxética en Galicia por parte da Xunta de Galicia.

5.- Teñan en conta que en consoancia co anterior estase a vulnerar unha manchea de normativa que xera indefensión

para a cidadanía como:

Directiva 2003/4/CE do Parlamento Europeo e do Consello, do 28 de xaneiro de 2003, relativa ao acceso do

público á información ambiental e o Convenio de Aarhus de 1998 sobre o acceso á información, a participación

do público e o acceso á xustiza en materia de medio ambiente, que garanten o acceso público a información

ambiental que obre en poder das autoridades públicas ou doutras entidades no seu nome, tanto cando se lles

solicite como mediante divulgación activa.

Decisión 2005/370/CE do Consello, do 17 de febreiro de 2005 sobre a celebración, en nome da Comunidade

Europea, do Convenio sobre o acceso á información, a participación do público na toma de decisións e o acceso

á xustiza en materia de medio ambiente (DO L 124 de 17.5.2005, pp. 1-3)

Regulamento (CE) nº. 1367/2006 do Parlamento Europeo e do Consello, do 6 de setembro de 2006, relativo á

aplicación, ás institucións e aos organismos comunitarios, das disposicións do Convenio de Aarhus sobre o

acceso á información, a participación do público na toma de decisións e o acceso á xustiza en materia de medio

ambiente (DO L 264 de 25.9.2006, pp. 13-19)

Vulneración flagrante do Decreto 127/2008, do 5 de xuño, polo que se desenvolve o réxime xurídico dos

humidais protexidos e se crea o Inventario de humidais de Galicia.

7.- En cumprimento da Directiva 2009/147/CE do Parlamento europeo e do Consello do 30 de novembro de 2009

relativa á conservación das aves silvestres e o Decreto 75/2013, do 10 de maio, polo que se aproba o Plan de

recuperación da subespecie lusitánica da escribenta das canaveiras (Emberiza schoeniclus L.subsp. lusitanica

Steinbacher) en Galicia e o disposto no Anexo IV do mesmo referido ao calendario de actuacións, cómpre que a

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda a través da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental

proceda á suspensión das avaliacións ambientais de todos aqueles proxectos industriais eólicos e plans e programas que

poidan afectar á conservación da especie, en tanto en canto non se proceda á determinación dos perímetros de

20

Page 21: valfluvialdolouridocorcoesto.files.wordpress.com  · Web view2021. 7. 4. · Directiva 2003/4/CE do Parlamento Europeo e do Consello, do 28 de xaneiro de 2003, relativa ao acceso

protección dos humidais que constitúen o hábitat potencial desta ave en perigo de extinción e se garanta a

conservación da especie e dos seus hábitats nun estado de conservación favorable.

8.- Que por parte do Consello da Cultura Galega, máximo órgano asesor da Xunta de Galicia en materia de cultura, se

informe sobre da compatibilidade do proxecto da estación eólica Monte da Tella en relación aos parques Alto da Croa II

e Monte Tourado cos que comparte infraestruturas e os demais parques eólicos que se localizan na mesma área de

actuación, cos valores culturais, paisaxísticos e ambientais da área de afección dos parques delimitada pola superficie

das súas poligonais.

9.- Que por parte da Dirección Xeral de Defensa do Monte da Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia e á luz da

exposición de motivos e o artigo 5 da Lei 7/2012, de 28 de xuño se informe sobre a prevalencia do uso forestal sobre o

uso eólico e a incompatibilidade deste, dentro da superficie afectada pola poligonal do parque eólico Monte da Tella en

relación aos parques Alto da Croa II e Monte Tourado cos que comparte infraestruturas, en tanto en canto como ben di

a exposición de motivos da referida lei, o monte galego é unha fonte de riqueza que xera emprego estable,

descarboniza a economía, cumpre co protocolo de Kioto e realiza unha contribución importante ao PIB galego.

10.- Que por parte do ICOMOS se emita informe sobre do grao de afección do proxecto eólico Monte da Tella en

relación aos parques Alto da Croa II e Monte Tourado cos que comparte infraestruturas ao Camiño de Santiago,

declarado pola UNESCO como Patrimonio da Humanidade, tendo en conta a manchea de eólicos que xa hai instalados e

se prevé instalar na área xeográfica de afección destes parques esólicos en particular e na Costa da Morte en xeral, con

especial afección ao Camiño de Santiago de Compostela –Camiño Fisterra.

11.- O rexeitamento do proxecto do parque eólico Monte da Tella polos prexuizos irreparables que supón para os lobos

e os seus hábitats, que impiden manter a especie nun estado de conservación favorable, xa que tal e como se indica na

documentación presentada pola promotora, a planificación da estación eólica ten que considerar previamente unha

análise da presencia da especie na zona coa finalidade de evitar os prexuizos para os cánidos.

Vimianzo, 4 de xullo de 2021

Asdo.- _______________________

21