valfluvialdolouridocorcoesto.files.wordpress.com · web viewsr. josÉ miÑones conde delegaciÓn do...

29
SR. JOSÉ MIÑONES CONDE DELEGACIÓN DO GOBERNO EN GALICIA Área de industria e Enerxía Praza de Ourense, nº 11, A Coruña, C.P. 15003. Asunto: Alegacións ao Anuncio da área de Industria e Enerxía da Subdelegación do Goberno en Pontevedra e da Delegación do Goberno en Galicia polo que se somete a información pública o Estudo de Impacto Ambiental e a solicitude de Autorización Administrativa Previa do Parque Eólico Prada, de 170,5 MW, situado nos termos municipais do Barco de Valdeorras, A Veiga, e Carballeda de Valdeorras (Ourense), e a súa infraestrutura de evacuación, situada nos termos municipais do Barco de Valdeorras, Petín, Larouco, San Xoan de Río e A Pobra de Trives (Ourense) e Quiroga (Lugo). «BOP» de Lugo núm. 183, de 11 de agosto de 2021. Código do proxecto: PEol-403. Don/Dona ________________________________ con DNI. Número ________________________, con domicilio a efectos de notificacións en ________________________, municipio de _______________, provincia__________________, teléfono ________________________________. EXPÓN: Á vista do Anuncio da área de Industria e Enerxía da Subdelegación do Goberno en Pontevedra e da Delegación do Goberno en Galicia polo que se somete a información pública o Estudo de Impacto Ambiental e a solicitude de Autorización Administrativa Previa do Parque Eólico Prada, de 170,5 MW, situado nos termos municipais do Barco de Valdeorras, A Veiga, e Carballeda de Valdeorras (Ourense), e a súa infraestrutura de evacuación, situada nos termos municipais do Barco de Valdeorras, Petín, Larouco, San Xoan de Río e A Pobra de Trives (Ourense) e Quiroga (Lugo). «BOP» de Lugo núm. 183, de 11 de agosto de 2021. Código do proxecto: PEol-403, por medio do presente escrito realiza as seguintes ALEGACIÓNS: 1.- Vulneración flagrante da Directiva 92/43/CEE, relativa á Conservación de Hábitats Naturais e da Fauna e Flora Silvestres. “Artigo 2 1. A presente Directiva ten por obxecto contribuír a garantir a biodiversidade mediante a conservación dos hábitats naturais e da fauna e flora silvestres no territorio europeo dos Estados membros ao que se aplica o Tratado. 2. As medidas que se adopten en virtude da presente Directiva terán como finalidade o mantemento ou o restablecemento, nun estado de conservación favorable, dos hábitats naturais e das especies silvestres da fauna e da flora de interese comunitario”. “Artigo 6 1. Con respecto ás zonas especiais de conservación, os Estados membros fixarán as medidas de conservación necesarias que implicarán, no seu caso, adecuados plans de xestión, específicos aos lugares ou integrados noutros plans de desenvolvemento, e as apropiadas medidas regulamentarias, administrativas ou 1

Upload: others

Post on 21-Aug-2021

7 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: valfluvialdolouridocorcoesto.files.wordpress.com · Web viewSR. JOSÉ MIÑONES CONDE DELEGACIÓN DO GOBERNO EN GALICIAÁrea de industria e Enerxía Praza de Ourense, nº 11, A Coruña,

SR. JOSÉ MIÑONES CONDE

DELEGACIÓN DO GOBERNO EN GALICIA

Área de industria e Enerxía

Praza de Ourense, nº 11, A Coruña, C.P. 15003.

Asunto: Alegacións ao Anuncio da área de Industria e Enerxía da Subdelegación do Goberno en Pontevedra e da Delegación do Goberno en Galicia polo que se somete a información pública o Estudo de Impacto Ambiental e a solicitude de Autorización Administrativa Previa do Parque Eólico Prada, de 170,5 MW, situado nos termos municipais do Barco de Valdeorras, A Veiga, e Carballeda de Valdeorras (Ourense), e a súa infraestrutura de evacuación, situada nos termos municipais do Barco de Valdeorras, Petín, Larouco, San Xoan de Río e A Pobra de Trives (Ourense) e Quiroga (Lugo). «BOP» de Lugo núm. 183, de 11 de agosto de 2021. Código do proxecto: PEol-403.

Don/Dona ________________________________ con DNI. Número ________________________, con domicilio a efectos de notificacións en ________________________, municipio de _______________, provincia__________________, teléfono ________________________________.

EXPÓN:

Á vista do Anuncio da área de Industria e Enerxía da Subdelegación do Goberno en Pontevedra e da Delegación do Goberno en Galicia polo que se somete a información pública o Estudo de Impacto Ambiental e a solicitude de Autorización Administrativa Previa do Parque Eólico Prada, de 170,5 MW, situado nos termos municipais do Barco de Valdeorras, A Veiga, e Carballeda de Valdeorras (Ourense), e a súa infraestrutura de evacuación, situada nos termos municipais do Barco de Valdeorras, Petín, Larouco, San Xoan de Río e A Pobra de Trives (Ourense) e Quiroga (Lugo). «BOP» de Lugo núm. 183, de 11 de agosto de 2021. Código do proxecto: PEol-403, por medio do presente escrito realiza as seguintes ALEGACIÓNS:

1.- Vulneración flagrante da Directiva 92/43/CEE, relativa á Conservación de Hábitats Naturais e da Fauna e Flora Silvestres.

“Artigo 2

1. A presente Directiva ten por obxecto contribuír a garantir a biodiversidade mediante a conservación dos hábitats naturais e da fauna e flora silvestres no territorio europeo dos Estados membros ao que se aplica o Tratado.

2. As medidas que se adopten en virtude da presente Directiva terán como finalidade o mantemento ou o restablecemento, nun estado de conservación favorable, dos hábitats naturais e das especies silvestres da fauna e da flora de interese comunitario”.

“Artigo 6

1. Con respecto ás zonas especiais de conservación, os Estados membros fixarán as medidas de conservación necesarias que implicarán, no seu caso, adecuados plans de xestión, específicos aos lugares ou integrados noutros plans de desenvolvemento, e as apropiadas medidas regulamentarias, administrativas ou contractuais, que respondan as esixencias ecolóxicas dos tipos de hábitats naturais do Anexo I e das especies do Anexo II presentes nos lugares.

2. Os Estados membros adoptarán as medidas apropiadas para evitar, nas zonas especiais de conservación, a deterioración dos hábitats naturais e dos hábitats de especies, así como as alteracións que repercutan nas especies que motivasen a designación das zonas, na medida en que ditas alteracións poidan ter un efecto apreciable no que respecta a os obxectivos da presente Directiva.

3. Calquera plan ou proxecto que, sen ter relación directa coa xestión do lugar ou sen ser necesario para a mesma, poida afectar de forma apreciable aos citados lugares, xa sexa individualmente ou en combinación con outros plans e proxectos, someterase a unha adecuada avaliación das súas repercusións no lugar, tendo en cuenta os obxectivos de conservación do devandito lugar. Á vista das conclusións da avaliación das repercusións no lugar e supeditado ao disposto no apartado 4, as autoridades nacionais competentes só se declararán de acordo con devandito plan ou proxecto tras asegurarse de que non causará prexuízo á integridade do lugar en cuestión e, se procede, tras sometelo a información pública”.

2.- Impactos ambientais severos.

Indefensión á cidadanía e prexuizos irreparables para o medio ambiente causada pola indefinición do proxecto eólico presentado pola mercantil promotora:

Indica a mercantil promotora:

1

Page 2: valfluvialdolouridocorcoesto.files.wordpress.com · Web viewSR. JOSÉ MIÑONES CONDE DELEGACIÓN DO GOBERNO EN GALICIAÁrea de industria e Enerxía Praza de Ourense, nº 11, A Coruña,

“No existe una poligonal definida, por lo que se ha tomado como referencia un Buffer de 200 metros generado de forma automática a partir de las infraestructuras del proyecto.

En cuanto a la Línea de evacuación, se ha tomado como referencia para la prospección extensiva, y como ámbito de proyecto, un buffer de 500 metros a partir del eje del trazado”.

Cómpre indicar que o buffer ou área de influencia a avaliar ten que ser toda a superficie que configura a poligonal do parque eólico definida no proxecto de execución. Non pode por tanto deixarse a capricho da empresa promotora que determina a área afectada segundo o estima conveniente.

Por outra banda, a mercantil promotora non presenta o proxecto de execución nin a relación de bens e dereitos afectados, co cal está a xerar indefensión ás persoas afectadas e á cidadanía en xeral.

Prexuizos significativos e incompatibles co mantemento dos hábitats prioritarios e de interés comunitario nun estado de conservación favorable: Afección severa e prexuizos significativos e irreversibles para a bosque de ribeira (hábitat prioritario).

Os hábitats naturais de interese comunitario requiren de zonas de especial conservación conforme á Directiva 92/43/CEE do Consello do 21 de maio de 1992, relativa á conservación dos hábitats naturais e da fauna e flora silvestres. Non poden ser por tanto nin eliminados, nin degradados. A normativa citada indica expresamente que estes hábitats deben ser conservados e manterse nun estado de conservación favorable. Afección significativa e irreversible para os hábitats: 4020 (prioritario): Queirogais húmidos atlánticos de zonas temperadas de Erica ciliaris e Erica tetralix, 4030 Queirogais secos europeos, 7110 (prioritario) Turbeiras altas activas.

Prexuizos significativos e irreversibles para Áreas protexidas e Espazos Naturais Protexidos e zonas pertencentes á Rede Natura 2000 e outros espazos protexidos:

ZEC Pena Trevinca (CÓDIGO ES1130007)

ZEC Macizo Central (CÓDIGO ES1130002)

ZEPA Peña Trevinca (CÓDIGO ES0000437)

Pena Trevinca

Código do ZEC

ES1130007

Rexión

Mediterránea.

Data declaración LIC

21 de setembro de 2006. Decisión da Comisión do 19 de xullo de 2006 poa que se adopta, de conformidade coa Directiva 92/43/CEE do Consello, a lista de lugares de importancia comunitaria da rexión bioxeográfica mediterránea

Data declaración ZEC

31 de marzo de 2014. Decreto 37/2014, do 27 de marzo de 2004, polo que se declaran zonas especiais de conservación os lugares de importancia comunitaria de Galicia e se aproba o Plan director da Rede Natura 2000 de Galicia.

Instrumentos de planificación

Plan director da Rede Natura 2000. Decreto 37/2014.

Concellos

Carballeda de Valdeorras, A Veiga, Viana do Bolo, Manzaneda e O Bolo.

2

Page 3: valfluvialdolouridocorcoesto.files.wordpress.com · Web viewSR. JOSÉ MIÑONES CONDE DELEGACIÓN DO GOBERNO EN GALICIAÁrea de industria e Enerxía Praza de Ourense, nº 11, A Coruña,

Superficie

24.896 ha.

Situación

Cuadrante sudoriental galego, na fronteira con Zamora (Castela e León), ao sur do río Sil e ao norte do eixe de comunicación N-525/A-55. Localidades de referencia: Casaio e Soutadoiro (Carballeda de Valdeorras); Vilanova, A Ponte, Xares, Seoane e Valdín (A Veiga); todo o concello de Viana do Bolo; Raigada e Palleiros (Manzaneda); Celeirós e Rigueira (O Bolo).

Outras figuras de protección

Zona de Especial Protección dos Valores Naturais “Pena Trevinca”, de 24.894 ha.

Zona de Especial Protección para as Aves, ZEPA ES0000437 Pena Trevinca, de 22.511 ha.

Tipos de hábitats do Anexo I da Directiva 92/43/CEE

Código Denominación

3130 Augas estancadas, oligotróficas ou mesotróficas con vexetación de Littorelletea uniflorae e/ou Isoeto-Nanojuncetea

3160 Lagos e estanques distróficos naturais

3260 Ríos dos pisos basal a montano con vexetación de Ranunculion fluitantis e de Callitricho-Batrachion

3270 Ríos de ribeiras lamacentas con vexetación de Chenopodion rubri p.p. e de Bidention p.p.

4020 Queirogais húmidos atlánticos de zonas temperadas de Erica ciliaris e Erica tetralix

4030 Queirogais secos europeos4060 Queirogais alpinos e boreais4090 Queirogais oromediterráneos endémicos con toxos5120 Formacións montanas de Genista purgans6160 Prados ibéricos silíceos de Festuca indigesta

6210 Prados secos semi naturais e facies de matogueira sobre substratos calcáreos (Festuco-Brometalia) (* paraxes con notables orquídeas)

6220 Zonas subestépicas de gramíneas e anuais do Thero-Brachypodietea

6230 Formacións herbosas con Nardus, con numerosas especies, sobre substratos silíceos de zonas montañosas (e de zonas submontañosas da Europa continental)

6410 Prados con molinias sobre substratos calcáreos, turbosos ou arxilo-limosos(Molinion caeruleae)

6430 Megaforbios eutrofos hidrófilos das orlas de chaira e dos pisos montano a alpino

6510 Prados pobres de sega de baixa altitude (Alopecurus pratensis, Sanguisorba officinalis)

6520 Prados de sega de montaña7110 Turbeiras altas activas7140 'Mires' de transición7150 Depresións sobre substratos turbosos do Rhynchosporion8130 Desprendementos mediterráneos occidentais e termófilos8210 Encostas rochosas calcícola con vexetación casmofítica8220 Encostas rochosas silíceas con vexetación casmofítica

8230 Rochedos silíceos con vexetación pioneira do Sedo-Scleranthion ou do Sedo albi-Veronicion dillenii

8310 Covas non explotadas polo turismo9180 Bosques de encostas, desprendementos ou barrancos do Tilio-Acerion91D0 Turbeiras boscosas91E0 Bosques aluviais de Alnus glutinosa e Fraxinus excelsior (Alno-Padion,

3

Page 4: valfluvialdolouridocorcoesto.files.wordpress.com · Web viewSR. JOSÉ MIÑONES CONDE DELEGACIÓN DO GOBERNO EN GALICIAÁrea de industria e Enerxía Praza de Ourense, nº 11, A Coruña,

Alnion incanae, Salicion albae)9230 Carballeiras galaico-portugueses con Quercus robur e Quercus pyrenaica9260 Soutos9340 Aciñeirais9380 Acevedos9580 Bosques mediterráneos de Taxus baccata

Especies do Anexo II da Directiva 92/43/CEE

Flora Invertebrados PeixesFestuca elegans Geomalacus maculosus Chondrostoma polylepisFestuca summilusitana Lucanus cervusNarcissus asturiensis Oxygastra curtisiiNarcissus pseudonarcissus ssp. nobilisSantolina semidentata

Anfibios/Réptiles MamíferosChioglossa lusitanica Galemys pyrenaicusDiscoglossus galganoi Lutra lutraLacerta monticola Myotis blythiiLacerta schreiberi Myotis myotis

Rhinolophus ferrumequinumRhinolophus hipposideros

Macizo Central

Código ZEC

ES1130002

Rexión

Atlántica e Mediterránea.

Data declaración LIC

29 de decembro de 2004. Decisión da Comisión do 7 de decembro de 2004, pola que se aproba a lista de lugares de importancia comunitaria da rexión bioxeográfica atlántica. 21 de setembro de 2006. Decisión da Comisión do 19 de xullo de 2006 poa que se adopta, de conformidade coa Directiva 92/43/CEE do Consello, a lista de lugares de importancia comunitaria da rexión bioxeográfica mediterránea

Data declaración ZEC

31 de marzo de 2014. Decreto 37/2014, do 27 de marzo de 2004, polo que se declaran zonas especiais de conservación os lugares de importancia comunitaria de Galicia e se aproba o Plan director da Rede Natura 2000 de Galicia.

Instrumentos de planificación

Plan director da Rede Natura 2000. Decreto 37/2014

Concellos

O Bolo, Chandrexa de Queixa, Laza, Manzaneda, A Pobra de Trives, Viana do Bolo, Vilariño de Conso, Quiroga, Larouco e Montederramo.

Superficie

4

Page 5: valfluvialdolouridocorcoesto.files.wordpress.com · Web viewSR. JOSÉ MIÑONES CONDE DELEGACIÓN DO GOBERNO EN GALICIAÁrea de industria e Enerxía Praza de Ourense, nº 11, A Coruña,

46.986 Ha.

Outras figuras de protección

Zona de Especial Protección dos Valores Naturais, “Macizo Central” de 46.829 ha

Parque natural “O Invernadeiro” de 5.722 ha.

Monumento natural “Souto de Rozavales” de 1,80 ha.

Tipos de hábitats do Anexo I da Directiva 92/43/CEE

Código Denominación

3130 Augas estancadas, oligotróficas ou mesotróficas con vexetación de Littorelletea uniflorae e/ou Isoeto-Nanojuncetea

3160 Lagos e estanques distróficos naturais

3260 Ríos dos pisos basal a montano con vexetación de Ranunculion fluitantis e de Callitricho-Batrachion

4020 Queirogais húmidos atlánticos de zonas temperadas de Erica ciliaris e Erica tetralix

4030 Queirogais secos europeos4060 Queirogais alpinos e boreais4090 Queirogais oromediterráneos endémicos con toxos5230 Matogueiras arborescentes de Laurus nobilis6160 Prados ibéricos silíceos de Festuca indigesta6220 Zonas subestépicas de gramíneas e anuais do Thero-Brachypodietea

6230 Formacións herbosas con Nardus, con numerosas especies, sobre substratos silíceos de zonas montañosas (e de zonas submontañosas da Europa continental)

6410 Prados con molinias sobre substratos calcáreos, turbosos ou arxilo-limosos(Molinion caeruleae)

6430 Megaforbios eutrofos hidrófilos das orlas de chaira e dos pisos montano a alpino

6510 Prados pobres de sega de baixa altitude (Alopecurus pratensis, Sanguisorba officinalis)

6520 Prados de sega de montaña7110 Turbeiras altas activas7140 'Mires' de transición7150 Depresións sobre substratos turbosos do Rhynchosporion8130 Desprendementos mediterráneos occidentais e termófilos8220 Encostas rochosas silíceas con vexetación casmofítica

8230 Rochedos silíceos con vexetación pioneira do Sedo-Scleranthion ou do Sedo albi-Veronicion dillenii

8310 Covas non explotadas polo turismo9180 Bosques de encostas, desprendementos ou barrancos do Tilio-Acerion

91E0 Bosques aluviais de Alnus glutinosa e Fraxinus excelsior (Alno-Padion, Alnion incanae, Salicion albae)

9230 Carballeiras galaico-portugueses con Quercus robur e Quercus pyrenaica9260 Soutos92A0 Bosques galería de Salix alba e Populus alba9330 Sobreirais9340 Aciñeirais9380 Acevedos

Especies do Anexo II da Directiva 92/43/CEE

Flora Invertebrados PeixesFestuca elegans Geomalacus maculosus Chondrostoma polylepisFestuca summilusitana Lucanus cervus Rutilus arcasii

5

Page 6: valfluvialdolouridocorcoesto.files.wordpress.com · Web viewSR. JOSÉ MIÑONES CONDE DELEGACIÓN DO GOBERNO EN GALICIAÁrea de industria e Enerxía Praza de Ourense, nº 11, A Coruña,

Narcissus asturiensisNarcissus pseudonarcissus ssp. nobilisVeronica micrantha

Anfibios/Réptiles MamíferosDiscoglossus galganoi Barbastella barbastellusLacerta monticola Galemys pyrenaicusLacerta schreiberi Lutra lutra

Rhinolophus ferrumequinumRhinolophus hipposideros

Zonas de Especial Protección para as Aves (ZEPA):

Declaradas ZEPVN no Decreto 72/2004, do 2 de abril, polo que se declaran determinados espazos como Zonas de Especial Protección dos Valores Naturais. A ZEPA “Pena Trevinca” foi declarada coma ZEPVN no Decreto 131/2008, do 19 de xuño, e a ZEPA “A Limia”, segundo o Decreto 411/2009, do 12 de novembro.

Vulneración normativa: Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e créanse o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental.

Disposición transitoria segunda. Áreas de desenvolvemento eólico.

“2. En caso das áreas de desenvolvemento eólico en que se produza superposición coa Rede Natura, a zona de superposición que afecte a aquela non se considerará apta para implantar novos parques eólicos, excepto proxectos de modificación de parques eólicos nos termos indicados no artigo 32 da presente lei. Esta limitación farase extensiva á totalidade das instalacións do parque eólico contempladas na poligonal establecida no seu proxecto de execución”

Prexuizos significativos e irreparables para as Aves.

Áreas Importantes para a Conservación das Aves (IBAs) que conforman unha rede de espazos naturais, desenvolta por BirdLife International, cuxo obxectivo é preservar as poboacións de aves máis ameazadas e representativas que habitan neles. No envolvente 10 km do Parque Eólico Prada atópase a IBA Sierra de La Cabrera á beira dos aeroxeradores. Cómpre lembrar que a mercantil promotora non define a poligonal do parque eólico nin por tanto a superficie realmente afectada por este. É importante ter en conta que as aves non coñecen de límites nin de fronteiras e que a conectividade ecolóxica é clave para o mantemento dos ecosistemas nun estado de conservación favorable.

Prexuizos significativos e irreversibles para as Paisaxes. Produción de Feísmo Paisaxístico.

Áreas de Interese Especial Paisaxístico (AIEP): “Pena Trevinca”, pertencente á Gran Área Paisaxística (GAP) “Serras Surorientais”. Así mesmo, a liña de evacuación eléctrica sobrevoa a área de Especial Interese Paisaxístico “Val do Río Navea”, situada nesta mesma GAP.

Afección severa a brañas e humidais presentes na zona. Prexuizos significativos e irreparables para estes:

Afección significativa e severa a lagoas, gándaras, regueiros, cavorcos, brañas e humidais: As Bouzas de Ramilo afectadas polos aeroxeradores P-05 e P-06, o Alto dos Fiais afectado polo aeroxerador P-04, a Poula das Lagoas afecta polos aeroxeradores P-15 e P-16, o Altos da Moneda afectado polo aeroxerador P-17, a Chaira de Paredes e o Lombo da Carba afectadas polos aeroxeradores P-13 e P-14 e outros moitos humadais que a mercantil promotora non recolle no inventario ambiental. A isto hai que engadir a omisión ás turbeiras, hábitat prioritario.

Corga: curso de auga de pouco caudal que transcorre por unha depresión do terreo, formado da unión dos pequenos regatos que baixan dos montes.

Cavorco: camiño fondo entre montañas por onde corre un regato.

6

Page 7: valfluvialdolouridocorcoesto.files.wordpress.com · Web viewSR. JOSÉ MIÑONES CONDE DELEGACIÓN DO GOBERNO EN GALICIAÁrea de industria e Enerxía Praza de Ourense, nº 11, A Coruña,

Afección moi severa e prexuizos significativos para os recursos hídricos. Vulneración flagrante da Directiva Marco dá Auga (DMA). AUSENCIA DUN ESTUDO HIDROLÓXICO E HIDROXEOLÓXICO QUE GARANTA A CALIDADE DAS MASAS DE AUGA SUPERFICIAIS E SOTERRADAS E A NON AFECCIÓN AOS ACUÍFEROS:

O parque eólico e a súa liña de evacuación afectan ao regueiro da Fonte da Uz, ao regueiro Felgar, ao regueiro de Touza, regueiro de Valdetroia, o regueiro Pañán, regueiro Ferrizolas, regueiro da Treita, regueiro Pedrazais, ao río Xares, ao regueiro O Val, o regueiro As Pías, ao cavorco do Valado, ao cavorco de Larantigua, ao regueiro de Mourelas, cavorco de Biduedo, cavorco dos Cantos, cavorco da Lastra, ao regueiro Lamazas, ao cavorco de San Mamede, ao río Seco, ao regueiro dos Peixes, ao encoro de Santa Baia, ao regueiro das Lamas, ao regueiro de Santa Mariña, o regato de Semil, ao río da Vacariza, ao cavorco do Cibreiro, ao regueiro do Carucedo, ao cavorco da Bioca, ao regueiro da Rúa, ao regueiro das Hortas, ao regueiro da Fonte Nova, ao cavorco das Lobaceiras, ao regueiro de San Martiño, ao regueiro Valello, regueiro do Olivedo, regueiro do Carucedo, regueiro do Carbitel e regueiro de Valbarrán (ambos os dous afluentes do río Sil), encoro de San Martiño, regueiro do Pilar, regueiro da Pincheira, río das Cabanas, regato da Teixeira, encoro de Montefurado, río Bibei, río Sil, río Navea, río Piscariño, cavorco da Bioca, regueiro do Olivedo, regueiro do Carucedo, regueiro dos Carballos, regueiro da Chaira, regueiro das Lamas, cavorco do Castro, regueiro da Fervenza, regueiro do Meiral, cavorco da Lastra, regueiro dos Filgueiros, A Cavorca, Cavorco da Malladiña, regueiro Trasdosouto, Cavorco da Porqueira, Cavorco de Fiais, regueiro de Terrizolas, Cavorca Grande, río Mao, cavorco de San Mamede, Cavorco dos Cantos, regueiro de Bouzas, cavorco de Larantigua, arroio das Azuceiras, regueiro da Fonfría, regueiro de Candedo, regato de Borraxes, regueiro de Val de Cubas, regueiro Borraxeiro, regueiro de Medal, río de Riodolas, río da Carruceiro, regueiro de Verduguedos, cavorco da Moxena, cavorco da Cabana, O Regueirón, regueiro de Candís, regueiro do Val, regueiro de Vales e cavorco de Eirapete e á corga da Ladeira.

Esta afección afecta sobre todo ao hábitat prioritario 91E0 formado por bosques aluviais de Alnus glutinosa e Fraxinus excelsior (Alno-Padion, Alnion incanae, Salicion albae) e esta afección pode considerarse permanente e irreversible en canto implica a eliminación de exemplares das especies.

O parque eólico Prada afecta a 47 regueiros, 21 cavorcos, 1 corga e a unha manchea de turbeiras, brañas, lagoas e humidais. E é que a zona afectada é a estampa do país dos mil ríos.Un cavorco é un camiño fondo entre montañas onde corren regos e unha corga e un curso de auga que viaxa por unha depresión do terreo formada pola unión de varios regatos que baixan dos montes. A afección afecta sobre todo ao hábitat prioritario 91E0 formado por bosques aluviais de Alnus glutinosa e Fraxinus excelsior (Alno-Padion, Alnion incanae, Salicion albae) e esta afección pode considerarse permanente e irreversible en canto implica a eliminación de exemplares das especies.

Afección severa e irreversible para os núcleos de poboación e ás familias que viven e residen neles:

Statkraft. Desarrollos Renovables Iberia Beta S.L. recoñece afección paisaxística e molestias do parque eólico para 117 núcleos dos municipios de O Barco de Valdeorras, A Veiga, Petín e Carballeda de Valdeorras, Larouco, Pobra de Trives e San Xoán de Río (provincia de Ourense), e Quiroga (provincia de Lugo): Santoalle, San Fiz, Acevedo, Riomao, Santigoso, Candeda, Ricosende, Soutadoiro, Riodolas, Pusmazán, Santa Cruz, Bascois, Carballeda, Casoio, Domiz, Robledo, Viladequinta, O Trigal, A Portela, O Casaia, A Lardeira, Prada, Poboado de Prada, Meda, Curra, Lamalonga, Meixide, Hedreira, Vilanova, A Ponte, Xares, Requeixo, San Lourenzo, Prado, Espiño, Candeda, Castromarigo, Santa Cristina, Vilaboa, Paradela, Valdanta, Os Orxais, Xara, Valbuxán, Chao das Donas, San Pedro de Nabos, O Bolo, Fornelos, Barxa, San Martiño, Celavente, Lentellais, Outar de Pregos, Portomourisco, Freixido, A Portela de Portomourisco, Casasola, Freixido de Abaixo, O Carballal, Mones, O Posto, Outeiro, San Paio, Barxela, Petín, A Rúa de Valdeorras, Somoza, Valencia do Sil, Correxais, Penouta, Vilamartín, Valdegodos, Arcos, Arnado, A Medua, Pumares, San Xusto, Sobradelo, Candís, Entorna, Raxoá, San Mariño, Alixo, Coedo, Viloria, Sonlecín, Éntoma, Candís, Sobradelo, Castro, Vilariño, O Barco, Vales, Cesures, O Meiral, Santa Mariña, San Xulián, San Vicente, Cernego, O Mazo, Baxeles, A Portela, Córgomo, Ferradal, O Castro, Veigamuíños, O Córrego, Viloval, Outarelo, Xagoaza, Reporicelo, O Val, Rubiá, Forcadel, Nogadelo, Trambasaugas.

A afección da liña de evacuación non a avalía pese a ter unha lonxitude de máis de 30 km e 101 apoios. A súa lonxitude fragmenta os hábitats coa conseguinte perda severa de biodiversidade.

A mercantil promotora tamen recoñece afección acústica por enriba dos 45 dB para os núcleos de Riomao, San Fiz, Santoalla, Santigoso, Candeda, Soutadoiro e Ricosende.

Afección severa ás masas de auga soterradas, acuíferos e captacións de auga para consumo humano e as explotacións agro –gandeiras da poligonal do parque: non avaliado pola promotora. Vulneración flagrante da Directiva Marco dá Auga (DMA). AUSENCIA DUN ESTUDO HIDROLÓXICO E HIDROXEOLÓXICO QUE GARANTA A CALIDADE DAS MASAS DE AUGA SUPERFICIAIS E SOTERRADAS E A NON AFECCIÓN AOS ACUÍFEROS:

Non avaliado pola promotora. 7

Page 8: valfluvialdolouridocorcoesto.files.wordpress.com · Web viewSR. JOSÉ MIÑONES CONDE DELEGACIÓN DO GOBERNO EN GALICIAÁrea de industria e Enerxía Praza de Ourense, nº 11, A Coruña,

*Ausencia dun inventario ambiental serio e cumprindo co esixido no artigo 35 e Anexo VI da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental: deficiencia do estudo da fauna, da flora, da biodiversidade…

*A promotora obvia a importancia micolóxica da área de afección do proxecto.

*A promotora obvia a importancia económica da producción de castaña en réxime ecolóxico polo que respecta á afección aos soutos.

VULNERACIÓN FLAGRANTE DA LEI 7/2012, DE 28 DE XUÑO DE MONTES DE GALICIA. ELIMINACIÓN DA MULTIFUNCIONALIDADE DO MONTE.

O monte é un sector estratéxico na economía galega que contribue a mitigar o cambio climático e á descarbonización da economía. Aspecto non avaliado pola promotora. A mercantil promotora non avalía o impacto da estación eólica e as súas infraestruturas de evacuación sobre o benestar das familias dos núcleos habitados e o posible éxodo poboacional que se pode dar derivado da manchea de estacións eólicas que hai no territorio e outras infraestruturas, que dificultan a vida no rural e a sustentabilidade e viabilidade das explotacións forestais e agro – gandeiras (fomentando o feito coñecido como despoboamento do rural ou España 16 baleirada). A este respecto debera informar a Dirección Xeral Xeral de Defensa do Monte da Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia e á luz da exposición de motivos e o artigo 5 da Lei 7/2012, de 28 de xuño se informe sobre a prevalencia do uso forestal sobre o uso eólico e a incompatibilidade deste, dentro da superficie afectada pola poligonal do parque eólico, en tanto en canto como ben di a exposición de motivos da referida lei, o monte galego é unha fonte de riqueza que xera emprego estable, descarboniza a economía, cumpre co protocolo de Kioto e realiza unha contribución importante ao PIB galego. Así os apoios da liña de evacuación, a maioría deles, prevense localizalos sobre explotacións forestais e madereiras. Os apoios localízanse sobre vexetación que se corresponde con explotacións forestais e madereiras formando un mosaico con cultivos forraxeiros que abastecen ás granxas familiares que hai nos núcleos rurais afectados, e que constitúen o medio de vida das familias que viven e residen neles.

AFECCIÓN SEVERA E PREXUIZOS SERIOS E IRREPARABLES PARA AS EXPLOTACIÓNS FORESTAIS, MADEREIRAS E AGRO-GANDEIRAS DA ÁREA DE AFECCIÓN DO PROXECTO:

Cómpre destacar a importancia económica das explotacións forestais e madereiras da área de afección do proxecto como complemento das economías domésticas e familiares. As rendas do sector forestal e a importancia deste ao PIB da Comunidade de Galicia e ao desarrollo da industria da madeira foi obviado pola mercantil promotora. A estación eólica e as súas infraestruturas de evacuación fragmentan as explotacións forestais e madereiras e as agro –gandeiras coa conseguinte perda da base territorial destas e a perda de rendementos. A fragmentación que produce a infraestrutura eólica resulta incompatible cos obxectivos da Política agraria comunitaria (PAC). A empresa promotora non avaliou os impactos do proxecto sobre destas explotacións económicas e como repercute a estación eólica nas economías familiares dos núcleos afectado.

Hai que destacar a importancia dos cultivos de viñedo da denominación de orixe Valdeorras en grandes extensións que se ven fragmentados pola liña de evacuación.

Cómpre lembrar que a mercantil promotora non delimita a poligonal do parque eólico nin presenta proxecto de execución nin relación de bens e dereitos afectados, polo que non se pode avaliar realmente os impactos que van a ter a infraestruturas do parque xerando indefensión á cidadanía e en particular as persoas directamente afectadas.

A importancia do monte vén dada polo elevado número de montes veciñais en man común. O proxecto implica unha transformación urbanística non amparada legalmente e a eliminación da funcionalidade actual e potencial dos chans.

M.V. M. C Coutado, Salgueiral, Campiño e Pena Pintada Valdeorras- Trive O Barco de Valdeorras Actuación en vial de accesoM.V. M. C. Touza Valdeorras- Trive O Barco de Valdeorras Actuación en vial de accesoM.V. M. C. Navea Valdeorras- Trive A Pobra de Trives Liña A. T. 220 kV (Apoios 60-62 e 64-69)M.V. M. C. Balsada ou Bibei Terra de Lemos Quiroga Liña A. T. 220 kV (Apoios 56-59)M.V. M. C. Enciñeira Terra de Lemos Quiroga Liña A. T. 220 kV (Voo apoios 55-56)M.V. M. C. Anguieiros Terra de Lemos Quiroga Liña A. T. 220 kV (Apoios 50 e 55-52)M.V. M. C. Vilanuide Terra de Lemos Quiroga Liña A. T. 220 kV (Apoios 45-49)M.V. M. C. de Carballal e Fontela Valdeorras- Trive Petín Liña A. T. 220 kV (Voo apoios 29-33)M.V. M. C. de Mones e Sampaio Valdeorras- Trive Petín Liña A. T. 220 kV (Apoios 11-23)M.V. M. C Couto Redondo de Santoalla Valdeorras- Trive Petín Aeroxerador P.01 (voo) e infraestruturas asociadas Liña A. T. 220 kV (Apoios 10-03)M.V. M. C Mouzón Valdeorras- Trive O Barco de Valdeorras Aeroxerador P.01 e infraestruturas asociadas Liña A. T. 220 kV (Apoio 02)M.V. M. C Ferroedo Valdeorras- Trive O Barco de Valdeorras Acondicionamento camiño existente e canalizacións subterráneas de 30 kV Plataforma Torre Meteorolóxica TM.1 Liña A. T. 220 kV (Voo Apoios 1-2)M.V. M. C Cadaval e Couto de Pena Cabrón Valdeorras- Trive O Barco de Valdeorras Aeroxeradores P.05 e P.09 e as súas infraestruturas

8

Page 9: valfluvialdolouridocorcoesto.files.wordpress.com · Web viewSR. JOSÉ MIÑONES CONDE DELEGACIÓN DO GOBERNO EN GALICIAÁrea de industria e Enerxía Praza de Ourense, nº 11, A Coruña,

asociadas Plataforma P.06 Voo P.10 Torres meteorolóxicas TM.1 e TM.2 Subestación 30/220 kV Liña A. T. 220 kV (Apoio 1)M.V. M. C Biduedo e Fias Valdeorras- Trive A Veiga Aeroxerador P.03 e infraestruturas asociadasM.V. M. C Biduedo e Serra do Eixo Valdeorras- Trive A Veiga Aeroxeradores P.02 a P.08 e P.11 a P.16 e infraestruturas asociadasM.V. M. C. Montes Baixos de Candeda e Domiz Valdeorras- Trive Carballeda de Valdeorras Viario de acceso Aeroxeradores P.09, P.10 eP.24 e as súas infraestruturas asociadas Área de provisiónM.V. M. C. Serra do Eixo Valdeorras- Trive Carballeda de Valdeorras Aeroxeradores P.10, P.11,P.13 a P.23, P.25 a P.29 e P.31 e infraestruturas asociadas Torre Meteorolóxica TM.4M.V. M. C. Carballa Branca e Couto Valdeorras- Trive A Veiga Acondicionamento camiño existente e canalizacións subterráneas de 30 kVM.V. M. C. Serra do Eixo e Monte Mazaira Valdeorras- Trive A Veiga Aeroxeradores P.17 a P.21 e infraestruturas asociadas Torre Meteorolóxica TM.3 Area de provisiónM.V. M. C. Candaira Valdeorras- Trive A Veiga Viarios de acceso e canaliz. subterráneas de 30 kVM.V. M. C. De Vilanova Valdeorras- Trive A Veiga Aeroxeradores P.22 e P.23 e infraestruturas asociadasM.V. M. C. Montes Baixos de Bascois, Carballeda de Santa Cruz Valdeorras- Trive Carballeda de Valdeorras Aeroxeradores P.26 a P.30 e infraestruturas asociadas

Afección severa do proxecto ás explotacións agrarias. Impacto socioeconómico non avaliado pola mercantil promotora.

9

Page 10: valfluvialdolouridocorcoesto.files.wordpress.com · Web viewSR. JOSÉ MIÑONES CONDE DELEGACIÓN DO GOBERNO EN GALICIAÁrea de industria e Enerxía Praza de Ourense, nº 11, A Coruña,

Afección severa do proxecto ás explotacións forestais, madeireiras e agro -gandeiras. Impacto socioeconómico non avaliado pola mercantil promotora.

Afección severa ao bosque autóctono ou ancient Wood galego. Impacto non avaliado pola mercantil promotora.

10

Page 11: valfluvialdolouridocorcoesto.files.wordpress.com · Web viewSR. JOSÉ MIÑONES CONDE DELEGACIÓN DO GOBERNO EN GALICIAÁrea de industria e Enerxía Praza de Ourense, nº 11, A Coruña,

Explotacións forestais e turbeiras afectadas polo proxecto eólico

Afección paisaxística significativa e irreversible do proxecto eólico

11

Page 12: valfluvialdolouridocorcoesto.files.wordpress.com · Web viewSR. JOSÉ MIÑONES CONDE DELEGACIÓN DO GOBERNO EN GALICIAÁrea de industria e Enerxía Praza de Ourense, nº 11, A Coruña,

A beleza paisaxística en esencia de Pena Trevinca

Macizo Central

Prexuizos significativos e irreparables para o bosque de ribeira e o bosque autóctono galego ou ancient wood: **Vulneración flagrante da Directiva 92/43/CEE, relativa á Conservación de Hábitats Naturais e da Fauna e Flora Silvestres. “Artigo 2 1. A presente Directiva ten por obxecto contribuír a garantir a biodiversidade mediante a conservación dos hábitats naturais e da fauna e flora silvestres no territorio europeo dos Estados membros ao que se aplica o Tratado. 2. As medidas que se adopten en virtude da presente Directiva terán como finalidade o mantemento ou o restablecemento, nun estado de conservación favorable, dos hábitats naturais e das especies silvestres da fauna e da flora de interese comunitario”.

12

Page 13: valfluvialdolouridocorcoesto.files.wordpress.com · Web viewSR. JOSÉ MIÑONES CONDE DELEGACIÓN DO GOBERNO EN GALICIAÁrea de industria e Enerxía Praza de Ourense, nº 11, A Coruña,

Vulneración normativa: **Artigo 59 da Lei 7/2012, de 12 de xuño. Cambio de uso forestal

1. O cambio de uso forestal dun monte, cando non veña motivado por razóns de interese xeral, e sen prexuízo do disposto no artigo 28.2 desta lei e da normativa ambiental aplicable, terá carácter excepcional e requirirá informe favorable do órgano forestal e, de ser o caso, do titular do monte. 2. A Administración forestal competente poderá regular un procedemento máis simplificado para a 29 autorización do cambio de uso naquelas plantacións forestais temporais para as cales se solicite unha reversión a usos anteriores non forestais. 3. En terreos afectados por incendios forestais, non se poderá producir un cambio de uso en trinta anos. Con carácter singular, poderanse acordar excepcións sempre que, con anterioridade ao incendioforestal, o cambio de uso estiver previsto: a) Nun instrumento do planeamento previamente aprobado. b) Nun instrumento do planeamento pendente de aprobación se xa foi obxecto de avaliación ambiental favorable ou, de non ser esta esixible, se xa foi sometido ao trámite de información pública. c) Nunha directriz de política agroforestal que recolla o uso de pastos ou agrícola extensivo en montes incultos ou en estado de abandono que non estean arborados con especies autóctonas.

Prexuizos significativos para o Lobo. Plan de Xestión do Lobo de Galicia. O proxecto afecta directamente a zonas de encame e puntos de encontro da especie. Falla de avaliación por parte da promotora.

Hai que ter en conta que a corta de matogueira e a ocupación do terreo ten impactos significativos para a especie. Non se siguen os criterios dos expertos que indican: “• Recoméndase que na fase de planificación dun novo parque eólico (fase proxecto) consúltense as fontes dispoñibles acerca da presenza de mandas de lobos na zona. Desta maneira, tendo en conta os requirimentos da especie e o que se coñece do efecto dos parques eólicos sobre os lobos, poden minimizarse, e mesmo, evitarse impactos negativos sobre este cánido. • É conveniente que durante a planificación dun parque eólico identifíquense as principais manchas de vexetación arbustiva e evítese, na medida do posible, a súa fragmentación e destrución”. A totalidade das infraestruturas eólicas fragmentan os hábitats das especies producindo prexuizos significativos para unha especie de marcado carácter territorial. Os lobos son TERRITORIAIS, e os lobos que nun territorio alleo no que non estean abertos a aceptar elementos novos, serán eliminados. O 70% dos lobos que morren por causas naturais o son por esta causa. O Convenio de Berna relativo á Conservación da Vida Silvestre e o Medio Natural de Europa, foi asinado en Estrasburgo (Francia) en 1979. Este convenio incluíu ao lobo no Anexo II “Especies de fauna estritamente protexidas”, constando as prohibicións correspondentes no seu art. 6. Este Convenio debe o seu valor a tres características fundamentais: o seu carácter xeneralista, a concepción da lista 9 única de especies e a incorporación da política conservacionista na planificación económica. O artigo 56 da Lei 42/2007 de Patrimonio Natural e da Biodiversidade establece a protección para todas as especies amparadas por tratados e convenios internacionais, como o de Berna, ratificado por España, polo que en caso de non ter dita consideración estariamos ante un incumprimento flagrante das obrigacións derivadas do Convenio de Berna, e da subseguinte Directiva Hábitats 92/43/CEE, en relación a unha especie protexida e de interese comunitario como o Lobo.

Prexuizos significativos e incompatibles coa avifauna:

Iberolacerta montícola, Anas crecca, Gallinago gallinago, Circus cyaneus, Pandion haliaetus, Scolopax rusticola, Discoglossus galganoi, Píntega píntega, Ra ibérica, Ra temporaria, Chioglossa lusitánica, Chondrostoma duriense, Chondrostoma arcasii, Rhinolophus ferrumequinum, Rhinolophus hipposideros, Circus pygargus, Pandion haliaetus considerada “Vulnerable”. Segundo as Listas Vermellas (UICN), as especies catalogadas e o seu réxime de protección son os seguintes: - “Vulnerables”: Circus pygargus, Streptopelia turtur, Rhinolophus hipposideros, Rhinolophus ferrumequinum, Cervus elaphus, Anguilla anguilla, Salmo trutta, Chondrostoma duriense, Chioglossa lusitanica, Píntega píntega e Ra iberica. Atendendo ao Catálogo Español de Especies Ameazadas e Listaxe, as especies catalogadas e o seu réxime de protección son os seguintes: - “Vulnerables” (2 taxóns): Circus pygargus e Chioglossa lusitanica. Segundo o Catálogo Galego de Especies Ameazadas, as especies catalogadas e o seu réxime de protección son os seguintes: - “Vulnerables” na península (8 taxóns). Circus pygargus, Rhinolophus hipposideros, Chioglossa lusitanica, Píntega píntega, Discoglossus galganoi, Ra ibérica, Ra temporaria, Iberolacerta montícola. Ademais, existen varias especies atopadas durante o inventario, que non aparecen nas cuadrículas de IETT biodiversidade, pero se o fixeron no inventario e cuxo réxime de protección no Catálogo Galego de Especies Ameazadas, é o seguinte: - “En Perigo de Extinción” (2 Taxones): Anas crecca e Gallinago gallinago. - “Vulnerables” (3 Taxóns): Circus cyaneus, Pandion haliaetus e Scolopax rusticola Prexuizos significativos e incompatibles coa Paisaxe e co Turismo. Afección paisaxística moi severa. Incremento do feísmo paisaxístico sin precedentes dentro dunha paisaxe que debido ao illamento conserva aínda a súa esencia.

Eólicos que infestan o Camiño de Santiago, roteiros e miradores. Feísmo Paisaxístico e descontextualización do patrimonio. Afección severa ao turismo e á hostalería.

Non avaliado pola mercantil promotora.

13

Page 14: valfluvialdolouridocorcoesto.files.wordpress.com · Web viewSR. JOSÉ MIÑONES CONDE DELEGACIÓN DO GOBERNO EN GALICIAÁrea de industria e Enerxía Praza de Ourense, nº 11, A Coruña,

Prexuizos significativos para o patrimonio cultural e arqueolóxico. Descontextualización deste.

MÁMOA DO ALTO DA MOEDA GA32083033 667.848 4.692.815

MÁMOA DO ALTO DA MOEDA GA32063015 667.848 4.692.815

A mercantil promotora obvia os muíños fariñeiros e outro patrimonio da área de afecciónd o proxecto e da liña de evacuación.

PATRIMONIO CULTURAL INMATERIAL: sin avaliar.

OMISIÓN DA AVALIACIÓN AMBIENTAL CONXUNTA, GLOBAL E ACUMULADA DOUTROS PARQUES EÓLICOS COMO É O COMPLEXO INDUSTRIAL EÓLICO QUE CONFIGURAN OS PARQUES NEBOADA, TREBOADA, VENTUMELO, XEADA E ORBALLEIRA

☞ Prexuizos significativos e irreversibles para os chans e o medio ambiente:

O chan é un recurso natural non renovable e finito cuxo proceso de formación tómase centos de anos. Son unha parte fundamental no equilibrio dos ecosistemas: funciona como filtro e amortiguador ao reter substancias, protexe as augas subterráneas e superficiais contra a penetración de axentes nocivos e transforma compostos orgánicos descompoñéndoos ou modificando a súa estrutura conseguindo a mineralización.

A implantación dos eólicos proxectados do parque eólico Prada, ao igual que os outros cinco parques eólicos que a promotora prevé desarrollar no mesmo ámbito xeográfico, alteraría os ciclos bioxeoquímicos dos chans. A degradación que sofren os chans supón unha ameaza á capacidade deste recurso para satisfacer as necesidades das futuras xeracións.

A materia orgánica do chan ou humus é fundamental para manter a estrutura do chan, reter a auga necesaria, actuar como reserva nutritiva e imprescindible para manter a produtividade dá terra. Certos usos do chan, como as cimentacións eólicas, diminuen de forma drástica o contido de materia orgánica do chan. As remocións de toneladas de terra que esixe a implantación do parque eólico proxectado non é cuestión baladí e eses chans non se van a recuperar polo que nun futuro, no caso de implantarse, teremos unha gran área de chan desertificada e erosionada de terro infértil.

Coa implantación das cimentacións dos parques, as excavacións e remocións de toneladas de terras durante a súa instalación, elimínase a materia orgánica dos chans e pérdese a produtividade destes. Non só se produce un cambio de usos (agrícolas de cultivo, de pasteiros ou forestais). Tamén se produce unha transformación urbanística non amparada legalmente, ao quedar os chans erosionados e perder de forma irreversible a súa produtividade orixinaria.

A Lei do chan de Galicia aposta na súa exposición de motivos pola protección territorial e, en particular, pola defensa e respecto do chan rústico, xa sexa pola afección ao dominio público ou pola presenza de valores merecedores de especial salvagarda. Así o indica literalmente:

“A Lei do chan aposta pola protección territorial e, en particular, pola defensa e respecto do chan rústico, xa sexa pola afección ao dominio público ou pola presenza de valores merecedores de especial salvagarda”.

O artigo 31 da citada lei referido a “Concepto e categorías” establece:

“1. Terán a condición de chan rústico:

a) Os terreos sometidos a algún réxime de especial protección, de conformidade coa lexislación sectorial de protección do dominio público marítimo-terrestre, hidráulico ou de infraestruturas, ou coa lexislación sectorial de protección dos valores agrícolas, gandeiros, forestais, paisaxísticos, ambientais, naturais ou culturais”.

Así, o artigo 34 da Lei 2/2006 do chan de Galicia indica respecto ao “Chan rústico de especial protección” que:

“4. Cando un terreo, polas súas características, poida corresponder a varias categorías de chan rústico, aplicaranse os distintos réximes de forma complementaria”, pero entendendo en base ao indicado na exposición de motivos da lei, que no caso de non poder complementarse prevalecerá aquel que máis protexa o chan rústico e en ningún caso, aquel que poida alterar de forma irreversible a funcionalidade deste como é o caso das infraestruturas eólicas proxectadas.

De feito, o artigo 35.2 indica que: “Os restantes usos en chan rústico son usos prohibidos”, sobre todo aqueles que alteren de forma irreversible a súa funcionalidade, como é o caso das remocións de terra descritas no proxecto eólico PRADA.

Conclusión:

14

Page 15: valfluvialdolouridocorcoesto.files.wordpress.com · Web viewSR. JOSÉ MIÑONES CONDE DELEGACIÓN DO GOBERNO EN GALICIAÁrea de industria e Enerxía Praza de Ourense, nº 11, A Coruña,

O parque eólico Prada proxectado é incompatible cos usos e a fertilidade actual dos chans. As cimentacións do parque xunto coa remoción de toneladas de terra previstas para a súa implantación, altera de forma irreversible a cuberta vexetal e os recursos hídricos, producindo erosión da cuberta vexetal e a medio e longo prazo desertificación da área afectada, xa que, a perda da cuberta vexetal e dos humidais converte aos chans nun recurso natural non renovable e finito perdendo a súa funcionalidade e aptitude agrícola, gandeira e forestal actual de xeito irreversible.

☞ IMPACTOS SOBRE O PATRIMONIO CULTURAL, A PAISAXE, E O SECTOR FORESTAL E AGROGANDEIRO. IMPACTO SOCIAL INASUMIBLE.

Afección severa á terras de produción cerealística vencelladas á PAC (política agraria comunitaria) e de gran capacidade agrícola e productividade. Fragmentación das explotacións agrogandeiras e perda severa de base territorial. Impactos non avaliados non proxecto pola promotora que obvia a existencia de explotacións gandeiras, forestais de madereiras que constitúen o medio de vida das persoas e familias que habitan e viven no ámbito afectado polo proxecto eólico e as infraestruturas de evacuación.

☞ Afección severa ás explotacións forestais e madereiras da zona.

Os rendementos madereiros constitúen unha importante fonte de ingresos para as economías das familias que viven non ámbito de afección do proxecto. Fragmentación das explotacións forestais e madereiras, perda de base territorial e perda de ingresos para as familias, para o sector da madeira, aserradoiros, carpinterías e demais industria transformadora da madeira.

● O monte é un sector estratéxico na economía galega que contribue ao cambio climático e á descarbonización da economía.

Aspecto non avaliado pola promotora.

A mercantil promotora non avalía o impacto da estación eólica e as súas infraestruturas de evacuación sobre o benestar das familias dos núcleos habitados e o posible éxodo poboacional que se pode dar derivado da manchea de estacións eólicas que hai no territorio e outras infraestruturas, que dificultan a vida no rural e a sustentabilidade e viabilidade das explotacións forestais e agro –gandeiras (o feito coñecido como despoboamento do rural ou España baleirada).

☞ PREXUÍZOS SIGNIFICATIVOS PARA AS EXPLOTACIÓNS GANDEIRAS, AGRÍCOLAS E FORESTAIS DA ÁREA DE AFECCIÓN DO PROXECTO. INCOMPATIBILIDADE DO PROXECTO COA LEI 7/2012, DO 28 DE XUÑO, DE MONTES DE GALICIA.

O monte galego é un sector estratéxico na economía galega.

Ausencia de avaliación do sector forestal da comarca e a súa relevancia na economía dos municipios de afección do proxecto eólico, como complemento dos ingresos das economías familiares e subministrador de madeira para as carpinterías e aserradoiros da zona.

O proxecto fragmentará as explotacións forestais e madereiras, que ao igual que na comarca limítrofe de Bergantiños, constitúen unha importante fonte de ingresos que complementa ás economías familiares.

Por outra banda, e tendo en conta o marcado carácter forestal destes municipios e a relevancia dos rendementos madereiros e das explotacións forestais como complemento das economías domésticas, cómpre lembrar que a Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia indica na súa exposición de motivos que:

“Pero a importancia do sector forestal non reside só nas cifras macroeconómicas, claros expoñentes da súa importancia, senón que, como xa indicamos, desempeña unha función básica na fixación da poboación no rural. En comarcas como as de Lugo, A Fonsagrada, A Terra Chá, Bergantiños, Fisterra, A Limia ou Verín, a forestal figura entre as tres primeiras actividades industriais por emprego xerado, pois o 70 % destas empresas aséntase en poboacións de menos de 5.000 habitantes. En consecuencia, un dos obxectivos prioritarios desta nova norma é colaborar e impulsar a organización do territorio galego, equilibrando os usos do solo, permitindo un adecuado aproveitamento dos recursos e, ao mesmo tempo, colaborando no mantemento das explotacións agrarias existentes, axilizando a súa posibilidade de crecemento e consolidación como factor básico que minimice, na medida do posible, o abandono do rural e consiga frear o envellecemento demográfico e o despoboamento, posibilitando a fixación da poboación. Esta lei xorde nun momento en que o abandono agrario segue a tendencia ao incremento da superficie forestal. Neste contexto, e co obxectivo de consolidar e mellorar as superficies forestais, é importante acadar o equilibrio de usos, eliminando en gran parte o risco de desaparición e, con iso, a imposibilidade de realizar un adecuado aproveitamento racional e multifuncional”

“No ámbito forestal, Galicia ocupa, no conxunto do territorio nacional, un lugar esencial. É, sen lugar a dúbidas, a maior potencia forestal de España e unha das más importantes de Europa. A súa superficie forestal arborada representa o 48 % da totalidade da Comunidade Autónoma, superando as 1.400.000 hectáreas e cunha alta produción de madeira, próxima ao 45 % da produción

15

Page 16: valfluvialdolouridocorcoesto.files.wordpress.com · Web viewSR. JOSÉ MIÑONES CONDE DELEGACIÓN DO GOBERNO EN GALICIAÁrea de industria e Enerxía Praza de Ourense, nº 11, A Coruña,

nacional. Esta é a razón pola cal o incremento da masa arborada en cantidade e calidade constitúe un obxectivo básico, non só do sector forestal en particular, senón da sociedade galega do século XXI no seu conxunto, garantindo o aproveitamento continuado dos recursos forestais, especificamente da madeira, que segue a ser, nestes momentos, o segundo produto deficitario na Unión Europea –tras o enerxético–, o que pode supoñer unha vía de ordenación territorial que posibilite un freo ao abandono sistemático das explotacións do rural de Galicia e permita, a través do desenvolvemento de explotacións e industrias forestais, a fixación da poboación, co cal se evitaría o despoboamento e a crise demográfica que atenazan o mundo rural galego.

Para aquilatar a importancia actual do sector forestal na economía galega, non sempre adecuadamente ponderada, é necesario indicar que a contratación de servizos externos que realizan os propietarios e os xestores forestais dá emprego estable en Galicia, directo e indirecto, a un colectivo superior ás 15.000 persoas, formado por cuadrillas propias no monte, persoal técnico e administrativo das asociacións profesionais, viveiristas, consultoras de enxeñaría, empresas de traballos silvícolas, empresas de aproveitamentos forestais e transportistas especializados. A facturación dos propietarios forestais galegos supera os 300 millóns de euros anuais entre produtos madeireiros e non madeireiros.

Pola súa parte, a facturación conxunta da industria de transformación da madeira supera na nosa Comunidade Autónoma os 1.600 millóns de euros anuais, proporciona emprego directo a máis de 22.700 traballadores e constitúe o sector industrial que maior emprego xera na comunidade, cun 12 % da poboación laboral activa. A industria de primeira transformación produce o 60 % da produción nacional de taboleiros, o 40 % da madeira de serradoiro e o 20 % da pasta de papel, o que totaliza o 3,5 % do PIB da Comunidade Autónoma.

O monte, ademais da importancia económica e social referenciada en Galicia, ten unha función medioambiental que se recoñece e acrecenta progresivamente. A relación da sociedade galega co monte evolucionou considerablemente desde o último terzo do século pasado, xerando unha nova configuración baseada na esixencia do desenvolvemento sustentable e do aproveitamento racional dos recursos forestais. Así, os bosques aparecen como un elemento básico da estratexia ambiental como reservorios e depósitos de fixación de carbono, que chegan a fixar hoxe máis de 42 millóns de toneladas, o que os converte en piares fundamentais para o cumprimento dos compromisos adquiridos no protocolo de Quioto.

O monte é, ademais, un espazo que determina a paisaxe e a identidade da nosa comunidade, ao tempo que ten un compoñente social de recreo, de lugar de encontro, lúdico e de gozo dos cidadáns. A lei trata de compatibilizar a funcionalidade medioambiental, social e estética do monte, cuxos beneficios intanxibles son aproveitados por toda a sociedade, e uns lexítimos beneficios directos que corresponden aos seus titulares. De aí que a lei persiga, como un dos seus obxectivos fundamentais, adaptar a realidade forestal galega ás esixencias, cada vez maiores, dunha sociedade, madura e moderna, como a de Galicia, que debe cohonestarse cos dereitos á percepción de rendas, froitos e utilidades dos propietarios forestais e dos silvicultores”.

Por outra banda no Proxecto de Lei de cambio climático e transición enerxética (Boletín oficial das Cortes Xerais Senado XIV Lexislatura, Núm. 170 de 14 de abril de 2021), arestora en tramitación no Senado, establece no seu artigo 25 relativo ao “Desenvolvemento rural: política agraria, política forestal e enerxías renovables”:

O Goberno incorporará na aplicación da Política Agraria Común, así como noutras estratexias, plans e programas en materia de política agraria e de desenvolvemento rural, e no Plan Forestal Español, medidas encamiñadas a reducir a vulnerabilidade ao cambio climático dos chans agrícolas, dos montes e dos chans forestais e para facilitar a preservación dos mesmos, entre elas, a elaboración dun mapa de vulnerabilidade, así como, a avaliación e promoción de sistemas agrícolas e prácticas de xestión forestal sostibles para aumentar a súa resiliencia fronte ao cambio climático, que fomentarán en todo caso as sinerxias coa redución de emisións de gases de efecto invernadoiro nestes ecosistemas”.

☞ Efectos acumulativos (aditivos, sumativos e globais) con P.E. próximos: SIN AVALIAR

Está prevista a presencia doutros parques na área de afección do proxecto. Non só o parque Neboada que referencia a empresa promotora.

NOME DO PROXECTO

EÓLICO

PROMOTORA LOCALIZACIÓN CARACTERÍSTICAS ESTADO DO PROCEDEMENTO

VentumeloWIND HERO SL

(empresa localizada nas illas Baleares, 2 anos de antigüidade)

San Xoán de Río, A Pobra de Trives na

provincia de Orense e Ribas de Sil na provincia

de Lugo.

50 MW de potencia eléctrica bruta.

12aeroxeradores.

Documento de inicio

16

Page 17: valfluvialdolouridocorcoesto.files.wordpress.com · Web viewSR. JOSÉ MIÑONES CONDE DELEGACIÓN DO GOBERNO EN GALICIAÁrea de industria e Enerxía Praza de Ourense, nº 11, A Coruña,

NeboadaMAIA

DIRECTORSHIP S.L.(empresa localizada en Madrid, creada en

data 29/10/2019).

Quiroga na provincia de Lugo e Vilamartín de

Valdeorras e A Rúa na provincia de Ourense.

50 MW de potencia eléctrica bruta.

12aeroxeradores.

Documento de inicio

TreboadaWIND GROWER

SL(empresa localizada nas illas Baleares, 2 anos de antigüidade)

San Xoán de Río, CastroCaldelas, A Pobra de Trives, Chandexa de

Queixa na provincia de Ourense e Ribas de Sil na provincia de Lugo.

50 MW de potencia eléctrica bruta.

12aeroxeradores.

Documento de inicio

Xeada(ainda sen

datos)Orballeira(ainda sen

datos)

Ao anterior hai que engadir outras infraestruturas como as estradas e camiños que fragmentan o territorio e supoñen a perda de biodiversidade. Ao mesmo tempo, todas estas infraestruturas eólicas fragmentan a paisaxe e incrementan a fraxilidade visual.

Falla de avaliación dos impactos globais e sumativos de todas as infraestruturas presentes na área do proxecto incluidas as liñas de evacuación e outras infraestruturas presentes como as estradas e camiños.

A actividade de produción de enerxía eléctrica non pode ser allea a formulacións ambientais de forma tal que a auga dos nosos ríos, a forza do vento ou a calor proveniente do sol, son fontes limpas e inesgotables de produción de enerxía eléctrica que, por iso, son fomentadas polos estamentos públicos. Precisamente, para conseguir eses obxectivos, protexer o medio ambiente e garantir unha subministración eléctrica de calidade, entre outros mecanismos, está a avaliación ambiental dos proxectos industriais, que non pode ser burlada mediante a división ou fragmentación articiosa destes para eludir a finalidade prevista na normativa que a regula.

3.- ANÁLISE DOS PLANEAMENTOS URBANÍSTICOS MUNICIPAIS DOS MUNICIPIOS AFECTADOS POLO PARQUE EÓLICO PRADA

A mercantil promotora propón a modificación de cualificación urbanística e regulación detallada do uso pormenorizado para recalificalo como chan rústico de especial protección de infraestruturas.

De acordo co previsto no Artigo 34.4 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do chan de Galicia, cando un terreo, polas súas características, poida corresponder a varias categorías de chan rústico de especial protección, aplicaranse os distintos réximes de forma complementaria, prevalecendo aquel que outorgue unha maior protección (que neste caso non é o chan de infraestruturas). Polo tanto, desde o punto de vista urbanístico o proxecto eólico PRADA é incompatible. A promotora pretende unha recalificación urbanística non amparada legalmente en relación ao chan rústico de protección forestal, chan rústico de protección de cauces, o chan rústico de protección paisaxística e o chan rústico de protección de espazos naturais.

“Artigo 34.4. Cando un terreo, polas súas características, poida corresponder a varias categorías de chan rústico, aplicaranse os distintos réximes de forma complementaria”.

17

Page 18: valfluvialdolouridocorcoesto.files.wordpress.com · Web viewSR. JOSÉ MIÑONES CONDE DELEGACIÓN DO GOBERNO EN GALICIAÁrea de industria e Enerxía Praza de Ourense, nº 11, A Coruña,

Ao anterior hai que engadir a prevalencia da protección ambiental do Artigo 2 da Lei 42/2007, do 13 de decembro, do Patrimonio Natural e dá Biodiversidade.

“Artigo 2. Principios.Son principios que inspiran esta lei:f) A prevalencia da protección ambiental sobre a ordenación territorial e urbanística e os supostos básicos dá devandita prevalencia”.

A maior abondamento hai que contar coa protección ambiental reforzada dá Directiva 92/43/CEE do Consello, do 21 de maio de 1992, relativa á conservación dos hábitats naturais e da fauna e flora silvestres. Hai hábitats prioritarios e hábitats de interese comunitario pero ambos os dous tipos gozan da protección do artigo 2 desta directiva, isto é:

1. A presente Directiva ten por obxecto contribuír a garantir a biodiversidade mediante a conservación dos hábitats naturais e da fauna e flora silvestres no territorio europeo dos Estados membros ao que se aplica o Tratado.

2. As medidas que se adopten en virtude da presente Directiva terán como finalidade o mantemento ou o restablecemento, nun estado de conservación favorable, dos hábitats naturais e das especies silvestres da fauna e da flora de interese comunitario.

Os hábitats naturais de interese comunitario requiren de zonas de especial conservación conforme á Directiva 92/43/CEE do Consello do 21 de maio de 1992 relativa á conservación dos hábitats naturais e da fauna e flora silvestres. Non poden ser, por tanto, nin eliminados, nin degradados. A normativa citada indica expresamente que estes hábitats deben ser conservados e manterse nun estado de conservación favorable.

4.- A prevalencia da protección ambiental da Lei 42/2007, do 13 de decembro, do Patrimonio Natural e da Biodiversidade.

“Artigo 2. Principios.

Son principios que inspiran esta lei:

a) O mantemento dos procesos ecolóxicos esenciais e dos sistemas vitais básicos, apoiando os servizos dos ecosistemas para o benestar humano.

b) A conservación e restauración da biodiversidade e da xeodiversidade mediante a conservación dos hábitats naturais e da fauna e flora silvestres. As medidas que se adopten para esa fin terán en conta as esixencias económicas, sociais e culturais, así como, as particularidades rexionais e locais.

c) A utilización ordenada dos recursos para garantir o aproveitamento sostible do patrimonio natural, en particular, das especies e dos ecosistemas, a súa conservación, restauración e mellora e evitar a perda neta de biodiversidade.

d) A conservación e preservación da variedade, singularidade e beleza dos ecosistemas naturais, da diversidade xeolóxica e da paisaxe (…).

f) A prevalencia da protección ambiental sobre a ordenación territorial e urbanística e os supostos básicos da devandita prevalencia.

g) A precaución nas intervencións que poidan afectar a espazos naturais ou especies silvestres”.

En virtude do anterior,

SOLICITA:

1.- O rexeitamento do Estudo de Impacto Ambiental e a solicitude de Autorización Administrativa Previa do Parque Eólico Prada, de 170,5 MW, situado nos termos municipais do Barco de Valdeorras, A Veiga, e Carballeda de Valdeorras (Ourense), e a súa infraestrutura de evacuación, situada nos termos municipais do Barco de Valdeorras, Petín, Larouco, San Xoan de Río e A Pobra de Trives (Ourense) e Quiroga (Lugo). «BOP» de Lugo núm. 183, de 11 de agosto de 2021. Código do proxecto: PEol-403, e a súa retirada definitiva pola súa incompatibilidade cos valores ambientais, patrimoniais e paisaxísticos presentes na área de afección do proxecto e a falla de licencia social.

2.-SIRVAN AS PRESENTES ALEGACIONS COMO NOTIFICACION PREVIA DESTE ASUNTO, QUE VAI A SER OPORTUNAMENTE RATIFICADA PARA O CASO DE PROGRESO DA SOLICITUDE RELATIVA AO PARQUE EÓLICO PRADA (CÓDIGO DE PROXECTO: PEOL-403) E PROGRESO DA MESMA, DEBENDO OS PROMOTORES ENFRENTARSE AOS PROCEDEMENTOS XUDICIAIS QUE SE INICIEN (CONTENCIOSO-ADMINISTRATIVOS E PENAIS), ASÍ COMO, ÁS INDEMNIZACIONS QUE PROCEDAN, CON RESPONSABILIDADE SUBSIDIARIA DE QUEN AUTORIZA SEN TER EN CONTA OS DEFECTOS DOS QUE SE LLE PON EN COÑECEMENTO.

3.- Téñase en conta que o Inventario de Humidais de Galicia non recolle ningún humidal. Téñase en conta que ademais dunha impresionante e exclusiva biodiversidade, calcúlase que unha hectárea de turbeira pode almacenar entre 3 e 3,5 veces máis carbono

18

Page 19: valfluvialdolouridocorcoesto.files.wordpress.com · Web viewSR. JOSÉ MIÑONES CONDE DELEGACIÓN DO GOBERNO EN GALICIAÁrea de industria e Enerxía Praza de Ourense, nº 11, A Coruña,

que unha hectárea de bosque tropical, reducindo a emisión de gases de efecto invernadoiro e o quecemento global do planeta, polo que é fundamental a conservación destes sumidoiros e acumuladores de carbono.

4.- Téñase en conta que o Plan Sectorial Eólico de Galicia é un regulamento que non está adaptado a actual normativa de avaliación de impacto ambiental e que está desfasado, caduco e obsoleto e que carece de avaliación ambiental estratéxica. Ademais, nunca chegou a publicarse íntegramente o seu texto e as correspondentes modificacións do mesmo no Diario Oficial de Galicia vulnerándose o artigo 9.3 da Constitución española (principio de publicidade das normas e principio de seguridade xurídica). Por outra banda, o parque eólico PRADA tampouco se integra na planificación sectorial galega.

5.- Teñan en conta que en consoancia co anterior estase a vulnerar unha manchea de normativa que xera indefensión para a cidadanía como:

● Directiva 2003/4/CE do Parlamento Europeo e do Consello, do 28 de xaneiro de 2003, relativa ao acceso do público á información ambiental e o Convenio de Aarhus de 1998 sobre o acceso á información, a participación do público e o acceso á xustiza en materia de medio ambiente, que garanten o acceso público a información ambiental que obre en poder das autoridades públicas ou doutras entidades no seu nome, tanto cando se lles solicite como mediante divulgación activa.

● Decisión 2005/370/CE do Consello, do 17 de febreiro de 2005 sobre a celebración, en nome da Comunidade Europea, do Convenio sobre o acceso á información, a participación do público na toma de decisións e o acceso á xustiza en materia de medio ambiente (DO L 124 de 17.5.2005, pp. 1-3)

● Regulamento (CE) nº. 1367/2006 do Parlamento Europeo e do Consello, do 6 de setembro de 2006, relativo á aplicación, ás institucións e aos organismos comunitarios, das disposicións do Convenio de Aarhus sobre o acceso á información, a participación do público na toma de decisións e o acceso á xustiza en materia de medio ambiente (DO L 264 de 25.9.2006, pp. 13-19)

● Decreto 127/2008, do 5 de xuño, polo que se desenvolve o réxime xurídico dos humidais protexidos e se crea o Inventario de humidais de Galicia.

● Lei 7/2012, de 28 de xuño de Montes de Galicia.

6.- Que por parte do Consello da Cultura Galega, máximo órgano asesor da Xunta de Galicia en materia de cultura, se informe sobre da compatibilidade do proxecto da estación eólica PRADA e os outros cinco parques eólicos previstos para a área de actuación denominados Neboada, Treboada, Ventumelo, Xeada e Orballeira, cos valores culturais, paisaxísticos e ambientais da área de afección.

7.- Que por parte da Dirección Xeral de Defensa do Monte da Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia e á luz da exposición de motivos e o artigo 5 da Lei 7/2012, de 28 de xuño se informe sobre a prevalencia do uso forestal sobre o uso eólico e a incompatibilidade deste, dentro da superficie afectada pola poligonal do parque eólico PRADA e os outros cinco parques eólicos previstos para a área de actuación denominados Neboada, Treboada, Ventumelo, Xeada e Orballeira, en tanto en canto como ben di a exposición de motivos da referida lei, o monte galego é unha fonte de riqueza que xera emprego estable, descarboniza a economía, cumpre co protocolo de Kioto e realiza unha contribución importante ao PIB galego.

8.- Información sobre das axudas públicas e contías recibidas pola empresa promotora Statkraft. Desarrollos Renovables Iberia Beta S.L. tanto do Estado español como do Banco Europeo de Inversións ou calquera outra Administración pública para o desenvolvemento do parque eólico Prada.

9- Que por parte do ICOMOS se avalíe e informe o grao de compatibilidade do Camiño de Santiago de Compostela cos cinco parques eólicos denominados Neboada, Treboada, Ventumelo, Xeada e Orballeira na área xeográfica de incidencia deste proxecto e a vía cultural histórica referenciada.

Santigoso, 18 de agosto de 2021

Asdo.- _______________________

19