valfluvialdolouridocorcoesto.files.wordpress.com€¦  · web viewaproximadamente do aeroxerador...

16
VICEPRESIDENCIA SEGUNDA E CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPRESA E INNOVACIÓN DIRECCIÓN XERAL DE PLANIFICACIÓN ENERXÉTICA E RECURSOS NATURAIS Edificios Administrativos - San Caetano, s/n 15781 Santiago de Compostela Asunto: Solicitude de revisión da Declaración de Impacto Ambiental por incorrer en nulidade de pleno Dereito ao abeiro dos artigos 47 e 106 da Lei 39/2015, de 1 de outubro da Declaración de Impacto Ambiental do Parque Eólico Mesada, no concello de Vila de Cruces, provincia de Pontevedra (expediente IN661A 2011/11- 4). D./Dª. ______________________________ con DNI. Nº. ____________________ e con domicilio en ________________________, municipio de ____________________, provincia de __________, teléfono ______________, email: _________________________. EXPÓN: Á vista da Declaración de impacto ambiental do parque eólico Mesada publicada no DOG Nº. Núm. 29, do 12 de febreiro de 2021, por medio do presente escrito ínstase á revisión da mesma en base ás seguintes CONSIDERACIÓNS: PRIMEIRO.- Antecedentes No DOG Núm. 121, do 26 de xuño de 2012 publicouse a Resolución do 4 de xuño de 2012, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se someten a información pública para autorización administrativa, a declaración de utilidade pública, en concreto, e a necesidade de urxente ocupación que iso implica, a aprobación do proxecto de execución, o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal da instalación eléctrica e o estudo ambiental das instalacións referidas ao Parque Eólico Mesada, no concello de Vila de Cruces, provincia de Pontevedra (expediente IN661A 2011/11-4). No DOG Núm. 29, do 12 de febreiro de 2021 publicouse a Resolución do 25 de xaneiro de 2021, da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e 1

Upload: others

Post on 24-Jun-2021

1 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: valfluvialdolouridocorcoesto.files.wordpress.com€¦  · Web viewaproximadamente do aeroxerador máis próximo. Os restantes núcleos atópanse a máis de 1.000 m de distancia

VICEPRESIDENCIA SEGUNDA E CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPRESA E INNOVACIÓN

DIRECCIÓN XERAL DE PLANIFICACIÓN ENERXÉTICA E RECURSOS NATURAIS

Edificios Administrativos - San Caetano, s/n

15781 Santiago de Compostela

Asunto: Solicitude de revisión da Declaración de Impacto Ambiental por incorrer en nulidade de pleno Dereito ao abeiro dos artigos 47 e 106 da Lei 39/2015, de 1 de outubro da Declaración de Impacto Ambiental do Parque Eólico Mesada, no concello de Vila de Cruces, provincia de Pontevedra (expediente IN661A 2011/11-4).

D./Dª. ______________________________ con DNI. Nº. ____________________ e con domicilio en

________________________, municipio de ____________________, provincia de __________, teléfono

______________, email: _________________________.

EXPÓN:

Á vista da Declaración de impacto ambiental do parque eólico Mesada publicada no DOG Nº. Núm. 29, do 12 de

febreiro de 2021, por medio do presente escrito ínstase á revisión da mesma en base ás seguintes

CONSIDERACIÓNS:

PRIMEIRO.- Antecedentes

No DOG Núm. 121, do 26 de xuño de 2012 publicouse a Resolución do 4 de xuño de 2012, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se someten a información pública para autorización administrativa, a declaración de utilidade pública, en concreto, e a necesidade de urxente ocupación que iso implica, a aprobación do proxecto de execución, o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal da instalación eléctrica e o estudo ambiental das instalacións referidas ao Parque Eólico Mesada, no concello de Vila de Cruces, provincia de Pontevedra (expediente IN661A 2011/11-4).

No DOG Núm. 29, do 12 de febreiro de 2021 publicouse a Resolución do 25 de xaneiro de 2021, da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, pola que se dá publicidade da declaración de impacto ambiental formulada pola Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático relativa ao proxecto do parque eólico Mesada, no concello de Vila de Cruces, promovido por Aldesa Energías Renovables de Galicia, S.A.

No texto da Declaración de Impacto Ambiental (CLAVE: 2011/0171) indícase en liñas xerais que:

Os terreos onde se proxecta o parque eólico, localízanse nas paraxes da Armada e Pinillas de Moas, no concello de Vila de Cruces, provincia de Pontevedra.

Tal e como indica o promotor, o núcleo de poboación máis próximo ás instalacións do parque é Fontarcada, a aproximadamente 520 m ao sur do aeroxerador A-03. Mencionar tamén os núcleos de Castro, Barral, Ferreirós, Casal, A Seara, O Castro de Cumeiro ou Cumeiro, situados entre os 780 m e os 950 m

1

Page 2: valfluvialdolouridocorcoesto.files.wordpress.com€¦  · Web viewaproximadamente do aeroxerador máis próximo. Os restantes núcleos atópanse a máis de 1.000 m de distancia

aproximadamente do aeroxerador máis próximo. Os restantes núcleos atópanse a máis de 1.000 m de distancia.

En relación aos espazos protexidos, o ámbito do proxecto non ostenta ningunha fgura autonómica ou estatal de protección de espazos naturais. Tampouco existen humidais dos recollidos no Inventario Galego de Humidais, nin árbores ou formacións senlleiras.

Nunha escala máis detallada, na área ocupada polas obras e futuras instalacións, existría o hábitat 9260 “Soutos”, nun total de 491 m2 que se ocuparían de forma permanente, e 364 m2 que se ocuparían de forma temporal (o que representa o 0,56% da superfcie do hábitat na poligonal).

Nos estudos e nas visitas de campo realizadas, das especies recollidas no CGEA no emplazamento do parque detéctase unicamente a presenza de Circus pygargus

Con data 27.03.2017, o promotor eólico Aldesa Energías Renovables de Galicia, S.L., solicita á entón Dirección Xeral de Enerxía e Minas a modifcación do proxecto, consistente, de forma xeral, nun desprazamento dos 3 aeroxeradores do parque eólico, para o que se alegan motivos relativos a informes de avaliación ambiental. A Dirección Xeral de Enerxía e Minas resolve autorizar os cambios solicitados polo promotor mediante Resolución do 3 de agosto de 2017.

Finalmente, co obxectivo de obter o informe favorable da dirección xeral para a localización da totalidade das infraestruturas asociadas ao parque, o promotor elabora outro documento de avaliación do impacto arqueolóxico de novembro do 2015. O promotor propón un novo emprazamento do aeroxerador A-01 (e consecuentemente, o seu vieiro de acceso), desprazándoo 328 m ao suroeste. A maiores, e a pesar de que a súa localización xa fora aprobada pola Dirección Xeral do Patrimonio Cultural, propón tamén un novo emprazamento para a SET debido á imposibilidade de executala no lugar anteriormente previsto (por motivos alleos á avaliación ambiental).

Existe por tanto unha modificación na ubicación dos aeroxeradores que non foi obxecto de consulta pública nin avaliación ambiental, a pesar dos novos impactos que pode causar a nova ubicación das infraestruturas, tendo en conta a súa afección a especies catalogadas como vulnerables, o impacto paisaxístico e a proximidade á delimitación do solo do núcleo rural, prácticamente á beira.

O público descoñece así cal é a nova ubicación.

Estas modificacións substanciais realizadas sobre do proxecto inicial e que consisten no cambio de ubicación das infraestruturas deberan ser obxecto de exposición ou consulta pública para permitir a participación do público na avaliación das novas repercusións ambientais do proxecto.

Por outra banda as zonas de afección dos aeroxeradores constitúen hábitat potencial das especies rapiñas do xénero Circus (tartaraña cincenta Circus pygargus e gatafornela Circus cyaneus, catalogadas como vulnerables no CGEA), que nidifica sobre o solo en ambientes de matogueira ou mixtos con pasteiros e polo tanto é susceptible de verse afectada polas obras.O órgano ambiental tan só establece como medida que previamente aos labores de roza da vexetación levaranse a cabo as comprobacións necesarias para determinar a existencia ou non de parellas reprodutoras na área de afección directa das infraestruturas e instalacións proxectadas. No caso de detectar a súa nidificación na zona afectada polas obras, adoptaranse as medidas oportunas para que poidan finalizar con éxito o período reprodutor, incluíndo o establecemento dun perímetro de exclusión duns 500 m de radio en torno ao niño, onde se evitará calquera actuación ata a fnalización do

2

Page 3: valfluvialdolouridocorcoesto.files.wordpress.com€¦  · Web viewaproximadamente do aeroxerador máis próximo. Os restantes núcleos atópanse a máis de 1.000 m de distancia

período reprodutor (podendo continuar coas obras noutra zona do parque) e outro perímetro de seguridade de 500 m, onde se limitarán ao máximo as actuacións co obxecto de garantir a tranquilidade das aves.

Sen embargo estas medidas son claramente insuficientes para especies que están catalogadas como vulnerables.

O hábitat da tartaña cincenta e da gatafornela acostuma a ser os humidais e pastizais, en coherencia no presente caso coa presencia do humidal das Brañas da Seixiña, obviado na avaliación de impacto ambiental.

Tanto a tartaraña cincenta como a gatafornela son especies caracterizadas como vulnerables (Vulnerable: especie, subespecie ou poboación dunha especie que corre o risco depasar á categoría anterior nun futuro inmediato se os factores adversos que actúan sobre ela non son corrixidos).

O Artigo 91 da Lei 5/2019, do 2 de agosto, do patrimonio natural e da biodiversidade de Galicia indica con respecto ao Catálogo galego de especies ameazadas:

1. No seo da Listaxe de especies silvestres en réxime de protección especial de Galicia inclúese o Catálogo galego de especies ameazadas, que se configura como unha sección da dita listaxe. O contido deste catálogo desenvolverase regulamentariamente.

2. O Catálogo galego de especies ameazadas incluirá, cando exista unha información técnica ou científica que así o aconselle, as especies, as subespecies ou as poboacións de competencia autonómica conforme o previsto no artigo 4 que, atopándose ameazadas, requiran medidas de protección específicas. Estas especies ameazadas clasificaranse nalgunha das seguintes categorías:

a) En perigo de extinción.

Incluiranse nesta categoría aqueles taxons ou poboacións cuxa supervivencia é pouco probable de persistiren os factores causantes da súa actual situación.

Dentro desta categoría procede declarar unha especie en situación crítica cando do seguimento ou da avaliación do seu estado de conservación resulta que existe un risco inminente de extinción.

b) Vulnerable.

Incluiranse nesta categoría aqueles taxons ou poboacións que corren o risco de pasar á categoría anterior nun futuro inmediato de non seren corrixidos os factores adversos que actúan sobre eles.

O artigo 122 da citada Lei referido a Infraccións graves establece que:

Son infraccións graves:

a) A destrución ou a alteración da estrutura ou do funcionamento ecolóxico do hábitat das especies silvestres en réxime de protección especial de Galicia, sempre que non estean incluídas no Catálogo galego de especies ameazadas ou na Listaxe de especies silvestres en réxime de protección especial, en especial dos lugares de reprodución, invernada, repouso ou alimentación incluídos nos espazos naturais protexidos.

b) A tenza, a destrución, a morte, a deterioración, a recolección, o comercio, a captura ou a exposición para o comercio ou a naturalización non autorizados de especies incluídas no Catálogo galego de especies

3

Page 4: valfluvialdolouridocorcoesto.files.wordpress.com€¦  · Web viewaproximadamente do aeroxerador máis próximo. Os restantes núcleos atópanse a máis de 1.000 m de distancia

ameazadas na categoría de «en perigo de extinción» ou «vulnerable», ou expresamente identificadas para estes efectos nos instrumentos de planificación dos espazos naturais, así como dos seus propágulos ou restos, sempre que estas especies non teñan tal catalogación no Catálogo español de especies ameazadas.

c) A destrución ou a alteración da estrutura ou do funcionamento ecolóxico do hábitat das especies incluídas no Catálogo galego de especies ameazadas na categoría de «en perigo de extinción» ou «vulnerable», en especial dos lugares de reprodución, invernada, repouso ou alimentación incluídos nos espazos naturais protexidos, sempre que estes hábitats non estean incluídos no Catálogo español de hábitats en perigo de desaparición.

Polo tanto, permitir a instalación das infraestruturas eólicas e os aeroxeradores do parque eólico Mesada é incompatible coa viabilidade e o funcionamento ecolóxico do hábitat de especies catalogadas como vulnerables como gatafornela e a tartaña cincenta.

1.- No relativo a presencia de brañas e humidais na zona de afección do proxecto eólico:

Indícase na Declaración de Impacto Ambiental:

“No que atinxe a espazos protexidos e outras zonas ou elementos de interese ambiental, segundo informou no seu momento a Dirección Xeral de Conservación da Natureza, a zona onde se proxecta a instalación non ostenta ningunha figura autonómica ou estatal de protección de espazos naturais. Tampouco existen humidais dos recollidos no Inventario Galego de Humidais, nin árbores ou formacións senlleiras”.

En relación á existencia de humidais recollidos no Inventario Galego de Humidais cómpre indicar que segundo Resolución do subdirector xeral de Espazos Naturais, Tomás Fernández-Couto Juanas de data 22/03/2021:

“A día de hoxe non hai ningunha resolución de inclusión publicada no Diario Oficial de Galicia, polo que non hai ningunha zona húmida inscrita no Inventario de Humidais de Galicia”.

O artigo 15.2 do Decreto 127/2008, do 5 de xuño, polo que se desenvolve o réxime xurídico dos humidais protexidos e se crea o Inventario de humidais de Galicia establece que o procedemento de inclusión dun humidal protexido no Inventario finaliza coa resolución da persoa titular da dita dirección xeral que será publicada no Diario Oficial de Galicia e incluirá nome, código, superficie e localización xeográfica do humidal.

Polo tanto, a Declaración de Impacto Ambiental relativa ao proxecto do parque eólico Mesada debe ser revisada no referido a existencia e avaliación dos humidais da área de afección do proxecto eólico, xa que logo, afirma que non existen humidais dos recollidos no Inventario Galego de Humidais, o cal é absurdo posto que como ben indica o subdirector xeral de Espazos Naturais, é imposible que existan porque non hai ningún inscrito.

OMISIÓN DA AVALIACIÓN DE IMPACTOS SOBRE O HUMIDAL BRAÑAS DA SEIXIÑA.

O regueiro O Seixo, na Zarra de Fontán ou Guntán, no lugar da Pastoriza, parroquia de Carbia (Vila de Cruces).

4

Page 5: valfluvialdolouridocorcoesto.files.wordpress.com€¦  · Web viewaproximadamente do aeroxerador máis próximo. Os restantes núcleos atópanse a máis de 1.000 m de distancia

O humidal As Brañas da Seixiña ocupa unhas dimensións entre os 70.000 e 80.000 metros cadrados. As parcelas afectadas ubícanse na paraxe da Armada, Seixiñas e Zarra de Fontán ou Guntán, nos polígonos 78 e 79 do Catastro parcelario do municipio de Vila de Cruces.

Ademais dunha impresionante e exclusiva biodiversidade, calcúlase que unha hectárea de turbeira pode almacenar entre 3 e 3,5 veces máis carbono que unha hectárea de bosque tropical, reducindo a emisión de gases de efecto invernadoiro e o quecemento global do planeta, polo que é fundamental a conservación destes sumidoiros e acumuladores de carbono.

A estrutura pechada e esponxosa das turbeiras actúa como importante regulador dos ciclos hidrolóxicos. A auga caída durante choivas intensas e copiosas almacénase dentro desta enorme esponxa, de forma que se suprimen e lamínan posibles picos de inundación augas abaixo, evitando procesos erosivos e mesmo danos ás poboacións que se atopan nesa conca hidrográfica.

Posteriormente, toda a auga retida pola turbeira libérase paulatinamente, o que proporciona un caudal máis constante durante máis tempo e, por tanto, máis útil para o home e os ecosistemas. A retención de auga na estrutura esponxosa dos esfagnos proporciona auga a outras especies vexetais en épocas de escaseza de choivas. Esta particularidade fai que as turbeiras alimenten ríos e regatos á vez que manteñen pastos máis frescos en épocas de verán ou seca, o que as fai indispensables para a biodiversidade e agricultura augas abaixo, e moi interesantes desde o punto de vista do aproveitamento gandeiro onde se atopan, a condición de que este sexa de forma extensiva, evitando a excesiva pisada da turbeira.

As Brañas da Seixiña son alimentadas polas augas do Regueiro O Seixo, na Zarra de Fontán ou Guntán, no lugar da Pastoriza, parroquia de Carbia (Vila de Cruces). O Regueiro O Seixo orixínase no nacemento do rego do Seixo que aliméntase no seu devir das augas doutros puntos de auga que abrollan no terreo e cuxas coordenadas a continuación se indican:

5

Page 6: valfluvialdolouridocorcoesto.files.wordpress.com€¦  · Web viewaproximadamente do aeroxerador máis próximo. Os restantes núcleos atópanse a máis de 1.000 m de distancia

6

Page 7: valfluvialdolouridocorcoesto.files.wordpress.com€¦  · Web viewaproximadamente do aeroxerador máis próximo. Os restantes núcleos atópanse a máis de 1.000 m de distancia

Entre os dous puntos citados anteriormente atópanse as brañas seguintes:

Entre Regos, polígono 79 do Catastro de Vila de Cruces. Zarra de Fontán, polígono 79 do Catastro de Vila de Cruces. Armada, polígono 79 do Catastro de Vila de Cruces. Seixiñas, polígono 79 do Catastro de Vila de Cruces. Cima Fontán, polígono 79 do Catastro de Vila de Cruces. Riba Zarra Guntán, polígono 79 do Catastro de Vila de Cruces.

2.- No relativo ao Plan de Xestión do Lobo:

Nestes documentos preceptivos e determinantes como son as Declaracións de impacto ambiental, para a autorización dos proxectos eólicos indicados, non hai referencia algunha con respecto á avaliación dos impactos sobre o Lobo. Esta omisión convela implícita unha posible prevaricación por omisión en relación ao empregado público responsable de informar o proxecto industrial, que neste caso correspondería á Dirección Xeral de Patrimonio Natural que dirixe Belén María do Campo Piñeiro, e é causa de nulidade de pleno Dereito do proxecto industrial e ao órgano substantivo que tramita ambos os dous procedementos industriais, isto é a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais.

O Convenio de Berna relativo á Conservación da Vida Silvestre e o Medio Natural de Europa, foi asinado en Estrasburgo (Francia) en 1979. Este convenio incluíu ao lobo no Anexo II “Especies de fauna estritamente protexidas”, constando as prohibicións correspondentes no seu art. 6.

Este Convenio debe o seu valor a tres características fundamentais: o seu carácter xeneralista, a concepción da lista única de especies e a incorporación da política conservacionista na planificación económica, especialmente no relacionado coa protección dos hábitats (artigos 3 e 4).

7

Page 8: valfluvialdolouridocorcoesto.files.wordpress.com€¦  · Web viewaproximadamente do aeroxerador máis próximo. Os restantes núcleos atópanse a máis de 1.000 m de distancia

Por outra banda, o Decreto 297/2008, do 30 de decembro, polo que se aproba o Plan de xestión do lobo en Galicia recolle no seu artigo 18 prevé o estudo e a análise do efecto barreira das infraestruturas, especialmente as infraestruturas lineais existentes entre A Coruña e Pontevedra, abordándose a identificación de corredores ecolóxicos e a conexión entre os lobos do norte de Pontevedra e a costa occidental da Coruña. Así mesmo indícase que a Dirección Xeral de Conservación da Natureza fomentará que nas avaliacións de impacto ambiental de proxectos de implantación eólica inclúanse datos sólidos sobre a presenza de lobos nas súas áreas de influencia e realícese unha avaliación e seguimento das afeccións da instalación eólica sobre a poboación de lobos; estrutura social, zonas de cría, uso do espazo, etc. Ademais realizarase un estudo de cuestións como a estrutura social das mandas, produtividade, mortalidade, uso do espazo e selección de zonas de cría en zonas con e sen parques eólicos, entre outras, que permitirán avaliar o impacto dos parques eólicos nos lobos.

O artigo 56 da Lei 42/2007 de Patrimonio Natural e da Biodiversidade establece a protección para todas as especies amparadas por tratados e convenios internacionais, como o de Berna, ratificado por España, polo que en caso de non ter dita consideración estariamos ante un incumprimento flagrante das obrigacións derivadas do Convenio de Berna, e da subseguinte Directiva Hábitats 92/43/CEE, en relación a unha especie protexida e de interese comunitario como o Lobo.

3.- No relativo á producción forestal e madereira da área afectada polo proxecto eólico e o municipio de Vila de Cruces. Lei 7/2012, de 28 de xuño e artigo 17.1 da Lei 5/2019, do 2 de agosto, do patrimonio natural e da biodiversidade de Galicia.

Indica o artigo 17.1 da Lei 5/2019, de 2 de agosto no relativo ás “Actuacións forestais”:

1. A xestión dos montes rexerase polos principios de aproveitamento sustentable, de conservación e de mellora do patrimonio natural.

Por outra banda, tendo en conta a Lei 7/2012, de 28 de xuño e á vista da Declaración de Impacto Ambiental do parque eólico Mesada é preciso plasmar a ausencia de avaliación do sector forestal da área de afección do proxecto, no municipio de Vila de Cruces e a súa relevancia na economía dos municipios de afección do proxecto eólico, como complemento dos ingresos das economías familiares e subministrador de madeira para as carpinterías e aserradoiros da zona.

O proxecto fragmentará as explotacións forestais e madereiras, que constitúen unha importante fonte de ingresos que complementa ás economías familiares.

Por outra banda, e tendo en conta o marcado carácter forestal deste municipio e a relevancia dos rendementos madereiros e das explotacións forestais como complemento das economías domésticas, cómpre lembrar que a Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia indica na súa exposición de motivos que:

“No ámbito forestal, Galicia ocupa, no conxunto do territorio nacional, un lugar esencial. É, sen lugar a dúbidas, a maior potencia forestal de España e unha das más importantes de Europa. A súa superficie forestal arborada representa o 48 % da totalidade da Comunidade Autónoma, superando as 1.400.000 hectáreas e cunha alta produción de madeira, próxima ao 45 % da produción nacional. Esta é a razón pola cal o incremento da masa arborada en cantidade e calidade constitúe un obxectivo básico, non só do sector forestal en particular, senón da sociedade galega do século XXI no seu conxunto, garantindo o aproveitamento continuado dos recursos forestais, especificamente da madeira, que segue a ser, nestes

8

Page 9: valfluvialdolouridocorcoesto.files.wordpress.com€¦  · Web viewaproximadamente do aeroxerador máis próximo. Os restantes núcleos atópanse a máis de 1.000 m de distancia

momentos, o segundo produto deficitario na Unión Europea –tras o enerxético–, o que pode supoñer unha vía de ordenación territorial que posibilite un freo ao abandono sistemático das explotacións do rural de Galicia e permita, a través do desenvolvemento de explotacións e industrias forestais, a fixación da poboación, co cal se evitaría o despoboamento e a crise demográfica que atenazan o mundo rural galego.

Para aquilatar a importancia actual do sector forestal na economía galega, non sempre adecuadamente ponderada, é necesario indicar que a contratación de servizos externos que realizan os propietarios e os xestores forestais dá emprego estable en Galicia, directo e indirecto, a un colectivo superior ás 15.000 persoas, formado por cuadrillas propias no monte, persoal técnico e administrativo das asociacións profesionais, viveiristas, consultoras de enxeñaría, empresas de traballos silvícolas, empresas de aproveitamentos forestais e transportistas especializados. A facturación dos propietarios forestais galegos supera os 300 millóns de euros anuais entre produtos madeireiros e non madeireiros.

Pola súa parte, a facturación conxunta da industria de transformación da madeira supera na nosa Comunidade Autónoma os 1.600 millóns de euros anuais, proporciona emprego directo a máis de 22.700 traballadores e constitúe o sector industrial que maior emprego xera na comunidade, cun 12 % da poboación laboral activa. A industria de primeira transformación produce o 60 % da produción nacional de taboleiros, o 40 % da madeira de serradoiro e o 20 % da pasta de papel, o que totaliza o 3,5 % do PIB da Comunidade Autónoma.

O monte, ademais da importancia económica e social referenciada en Galicia, ten unha función medioambiental que se recoñece e acrecenta progresivamente. A relación da sociedade galega co monte evolucionou considerablemente desde o último terzo do século pasado, xerando unha nova configuración baseada na esixencia do desenvolvemento sustentable e do aproveitamento racional dos recursos forestais. Así, os bosques aparecen como un elemento básico da estratexia ambiental como reservorios e depósitos de fixación de carbono, que chegan a fixar hoxe máis de 42 millóns de toneladas, o que os converte en piares fundamentais para o cumprimento dos compromisos adquiridos no protocolo de Quioto.

O monte é, ademais, un espazo que determina a paisaxe e a identidade da nosa comunidade, ao tempo que ten un compoñente social de recreo, de lugar de encontro, lúdico e de gozo dos cidadáns. A lei trata de compatibilizar a funcionalidade medioambiental, social e estética do monte, cuxos beneficios intanxibles son aproveitados por toda a sociedade, e uns lexítimos beneficios directos que corresponden aos seus titulares. De aí que a lei persiga, como un dos seus obxectivos fundamentais, adaptar a realidade forestal galega ás esixencias, cada vez maiores, dunha sociedade, madura e moderna, como a de Galicia, que debe cohonestarse cos dereitos á percepción de rendas, froitos e utilidades dos propietarios forestais e dos silvicultores”.

Por outra banda no Proxecto de Lei de cambio climático e transición enerxética (Boletín oficial das Cortes Xerais Senado XIV Lexislatura, Núm. 170 de 14 de abril de 2021), arestora en tramitación no Senado, establece no seu artigo 25 relativo ao “Desenvolvemento rural: política agraria, política forestal e enerxías renovables”:

O Goberno incorporará na aplicación da Política Agraria Común, así como noutras estratexias, plans e programas en materia de política agraria e de desenvolvemento rural, e no Plan Forestal Español, medidas encamiñadas a reducir a vulnerabilidade ao cambio climático dos chans agrícolas, dos montes e dos chans forestais e para facilitar a preservación dos mesmos, entre elas, a elaboración dun mapa de

9

Page 10: valfluvialdolouridocorcoesto.files.wordpress.com€¦  · Web viewaproximadamente do aeroxerador máis próximo. Os restantes núcleos atópanse a máis de 1.000 m de distancia

vulnerabilidade, así como a avaliación e promoción de sistemas agrícolas e prácticas de xestión forestal sostibles para aumentar a súa resiliencia fronte ao cambio climático, que fomentarán en todo caso as sinerxias coa redución de emisións de gases de efecto invernadoiro nestes ecosistemas”.

En xeral, os propietarios de móntelos piñeiro pinaster da comarca realizan fortes investimentos nos coidados culturais anteriormente descritos (podas, claras e clareos) e as masas forestais presentan exemplares con bo vigor e estado sanitario, con boas aptitudes tecnolóxico-industriais.

Por outra banda, estás labores culturais e outras auxiliares, como poden ser as rozas, de vital importancia para o control da vexetación competidora nos primeiros anos de desenvolvemento das plantas novas, son realizadas por empresas auxiliares do sector da forestal que xera unha importante demanda de empregos no sector.

O aproveitamento madeireiro considérase unha práctica tradicional na zona, cunha forte vinculación e relación da poboación co monte, o obxectivo principal é quizais a produción de madeira de calidade, que proporciona en momentos en que se precisa un importante ingreso suplementario, xunto coa conservación ambiental destas masas forestais e a súa adecuación ao recreo.

Conclúese que os rendementos madeireiros xerados coas explotacións forestais na zona de afección do proxecto, unha vez analizada a estrutura das explotacións, atópanse entre os máis elevados de Galicia e do noroeste peninsular. En concreto, o sector forestal é de vital importancia na comarca de Bergantiños, xa que é unha fonte de riqueza que xera importantes ingresos económicos para as familias e produtores forestais, e importante fonte de empregos no sector primario do municipio e a comarca. Segundo datos do IGE, a superficie forestal da comarca vese incrementada nun 0,8%, o que demostra, que é un sector económico en alza e con perspectivas de futuro.

Os bosques son sumidoiros de carbono que contribúen a mitigar os efectos do cambio climático. Durante o seu crecemento as árbores absorben CO2 e producen Ou2, neste proceso unha árbore absorbe, a través da fotosíntesis, o equivalente a unha tonelada de dióxido de carbono por cada metro cúbico de crecemento e produce o equivalente a 0,7 t de osíxeno.

Destinos da madeira producida na zona

Usos nobres.- Chapa plana, desenrrollo, ebanistería mueblería e carpintería fina. Requírese unha boa proporción de árbores cunha altura de 6 metros, rectos e sen ramas ou defectos.

Aserrados.- estruturas, madeira de obra (encofrados, valos), cajerío, palets. Polo xeral, a presenza de nós é aceptable. Requírese rectitude.

Trituración.- Fabricación de taboleiros e partículas de papel. Postes para cercados. As necesidades dimensionales son inferiores, moitos defectos son admisibles a funcionalidade do chan, que nunca vai recuperar o seu valor forestal actual e o seu valor potencial futuro, como herdanza ás xeracións futuras que están por vir.

O proxecto eólico implica unha transformación urbanística do chan, que pasa de estar clasificado como chan rústico de protección forestal a rústico de protección de infraestruturas.

Segundo a Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, no seu artigo 58.1 e 58.2, respectivamente, defínese como uso forestal, “calquera utilización de carácter continuado do monte que sexa compatible

10

Page 11: valfluvialdolouridocorcoesto.files.wordpress.com€¦  · Web viewaproximadamente do aeroxerador máis próximo. Os restantes núcleos atópanse a máis de 1.000 m de distancia

coa súa condición” e actividade forestal a “toda acción material relativa á conservación, mellora e aproveitamento dos montes –tanto madeireiros como non madeireiros-, pastos, caza, cogomelos, aromáticas, froitos, etc., así como subministración de servizos como o sociorrecreativo, paisaxe, protección dos recursos hídricos, o aire e o chan e a cultura e o coñecemento forestal”.

O artigo 59.1 da Lei 7/2012 contempla a posibilidade do cambio de uso “O cambio de uso forestal dun monte, cando non viñese motivado por razóns de interese xeral, e sen prexuízo do disposto no artigo 28.2 da presente Lei e da normativa ambiental aplicable, terá carácter excepcional, requirindo informe favorable do órgano forestal e, no seu caso, do titular do monte” e neste caso a empresa promotora non acredita a propiedade das parcelas forestais afectadas polo proxecto eólico.

É por tanto, un deber da Administración forestal, neste caso a Consellería do Medio Rural, o velar pola protección dos valores forestais, recreativos, paisaxísticos e ambientais das masas forestais existentes nas parroquias de Vila de Cruces e contribuír á mellora competitiva das mesmas, xa que responden a unha planificación eficaz de xestión forestal e unha fonte de recursos para os propietarios forestais moi importante, sobre todo nesta época de crise, ademais de contribuír ao cumprimento das funcións ecolóxicas e de fixación de poboación que contempla a actual lei de montes de Galicia.

En virtude do anterior,

SOLICITA:

1.- Procédase á suspensión da tramitación do proxecto do parque eólico Mesada, no municipio de Vila de Cruces, provincia de Pontevedra (expediente IN661A 2011/11-4) e á revisión da Declaración de Impacto Ambiental publicada no DOG Núm. 80 de 29 de abril de 2021, ao basear a avaliación ambiental dos humidais, charcas e brañas presentes no ámbito de afección do proxecto eólico, no Inventario de Humidais de Galicia que non contén ningún humidal inscrito, tal e como confirma a resolución do subdirector xeral de Espazos Naturais, Tomás Fernández-Couto Juanas de data 22/03/2021.

Achégase a esta solicitude a notificación asinada polo subdirector xeral de Espazos Naturais, Tomás Fernández-Couto Juanas de data 22/03/2021 como DOCUMENTO NÚMERO 1.

2.- A declaración de nulidade de pleno Dereito da Declaración de impacto ambiental favorable do proxecto eólico por omitir a avaliación dos impactos do proxecto eólico sobre o Lobo, ao abeiro do Convenio de Berna e o Plan galego de xestión da especie nos termos indicados neste escrito. Esta omisión fundamental invalida, ao igual que nos dous parágrafos anteriores, o documento ambiental, en tanto en canto, prescinde total e absolutamente do procedemento establecido ao efecto na normativa.

Por outra banda, a avaliación ambiental do proxecto eólico obviou a importancia e prevalencia do sector forestal e madereiro para a economía das familias dos municipios afectados e a súa importante función social e ecolóxica.

Ademais a Declaración de impacto ambiental non garante a viabilidade ecolóxica das especies como a tartaña cincenta e a gatafornela, catalogadas como vulnerables.

Por outra banda, na área de afectación do proxecto existen diversas captacións de auga para consumo doméstico.

11

Page 12: valfluvialdolouridocorcoesto.files.wordpress.com€¦  · Web viewaproximadamente do aeroxerador máis próximo. Os restantes núcleos atópanse a máis de 1.000 m de distancia

4.- A suspensión da aplicación do Plan Sectorial eólico de Galicia derivada da súa invalidez aos efectos medioambientais, polo transcurso do tempo, ao abeiro da lexislación ambiental actual e ao principio de xerarquía normativa e nulidade de pleno dereito das disposicións administrativas que vulneran normas de rango superior, como é o caso. Un plan como o Plan Sectorial eólico carece de avaliación ambiental estratéxica e o seu texto nunca chegou a publicarse no DOG.

A actividade de produción de enerxía eléctrica non pode ser allea a formulacións ambientais de forma tal que a auga dos nosos ríos, a forza do vento ou a calor proveniente do sol, son fontes limpas e inesgotables de produción de enerxía eléctrica que por iso son fomentadas polos estamentos públicos. Precisamente para conseguir eses obxectivos, protexer o medio ambiente e garantir unha subministración eléctrica de calidade, entro outros mecanismos está a avaliación ambiental de proxectos que debe cumprir con todos os requisitos indicados na normativa vixente.

Carbia, 5 de maio de 2021

Asdo.- _______________________

12