o home que ri - asociación de tradutores galegostradutoresgalegos.com/pdf/homeri.pdf · feudalismo...

30
O home que ri Victor Hugo Tradución de Eva Casal Linares

Upload: others

Post on 05-Sep-2020

3 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: O home que ri - Asociación de Tradutores Galegostradutoresgalegos.com/pdf/homeri.pdf · feudalismo máis ilustre, máis terrible nin máis vivaz. É certo, este feudalismo foi útil

O home que riVictor Hugo

Tradución de Eva Casal Linares

Page 2: O home que ri - Asociación de Tradutores Galegostradutoresgalegos.com/pdf/homeri.pdf · feudalismo máis ilustre, máis terrible nin máis vivaz. É certo, este feudalismo foi útil

Victor Hugo

O home que ri

Tradución: Eva Casal Linares

Page 3: O home que ri - Asociación de Tradutores Galegostradutoresgalegos.com/pdf/homeri.pdf · feudalismo máis ilustre, máis terrible nin máis vivaz. É certo, este feudalismo foi útil

En Inglaterra todo é grande, incluso o que non é bo, incluso a oligarquía. Opatriciado inglés é o patriciado no senso absoluto da palabra. Non existefeudalismo máis ilustre, máis terrible nin máis vivaz. É certo, este feudalismofoi útil no seu momento. En Inglaterra é onde se quere estudar o fenómeno daSeñoría, ao igual que en Francia é onde que hai que estudar o fenómeno daRealeza.

O verdadeiro título deste libro sería «A aristocracia». Outro libro, que virádespois poderá titularse «A monarquía». Estes dous libros, se o autor remataeste traballo, precederán e conducirán a outro que se titulará «Noventa e tres».

Hauteville-House, 1869.

Page 4: O home que ri - Asociación de Tradutores Galegostradutoresgalegos.com/pdf/homeri.pdf · feudalismo máis ilustre, máis terrible nin máis vivaz. É certo, este feudalismo foi útil

PRIMEIRA PARTE

O MAR E A NOITE

DOUS CAPÍTULOS PRELIMINARES

I – URSUS

I

Ursus e Homo estaban unidos por unha estreita amizade. Ursus era un homee Homo era un lobo. Ámbolos dous tiñan temperamentos similares. O home foiquen bautizara ao lobo. Seguramente elixira o seu propio nome, polo que se aUrsus lle pareceu un bo nome para el, Homo lle pareceu bo para o animal. Aasociación deste home e este lobo aproveitaba as feiras, as festas das parroquias,os recunchos das rúas onde os transeúntes se aglomeraban e alí onde se atopabaa necesidade que sentía o pobo de escoitar sandeces e de comprar orvietán. Olobo, dócil e agradablemente subordinado, gustáballe á multitude. Ver adomesticación é algo que agrada. O noso maior pracer é o de ver desfilartódalas variedades da domesticación. Pois é o que o que fai que tanta xente vaiaao pasaxe das comitivas reais.

Ursus e Homo ían de cruce en cruce, das prazas públicas de Aberystwyth ásprazas públicas de Jedburgh, de país en país, de condado en condado, decidade en cidade. Ao esgotar un mercado, pasaban a outro.

Ursus vivía nunha choza con rodas, a mesma que Homo, civilizado abondo,carrexaba de día e vixiaba de noite. En camiños difíciles, nas subidas, candohabía moitas fochas ou moito barro, o home atábase o ramal no pescozo etiraban os dous de maneira fraternal, axudándose mutuamente. Taménenvelleceron xuntos. Acampaban á aventura nun baldío, nun claro, naencrucillada dun entrecruce de camiños, na entrada das aldeas, nas portas dosburgos, nos mercados, nas avenidas, nos límites dos parques, nas prazas dasigrexas. Cando a choza paraba nalgún campo de feira, cando os contiñeirosacudían ou cando os curiosos facían un círculo, Ursus comezaba o seu discursoe Homo asentía. Homo, cun pratiño nos fociños, facía a colecta entre o públicoeducadamente. Estaban a gañar as súas vidas. Ámbolos dous eran cultos, ohome e o lobo.

O home adestrara ao lobo, ou quizais adestrárase só. Algunhas das xentilezasdo lobo contribuían ao espectáculo. O seu amigo dicíalle: «Nunca dexeneres enhome».

Page 5: O home que ri - Asociación de Tradutores Galegostradutoresgalegos.com/pdf/homeri.pdf · feudalismo máis ilustre, máis terrible nin máis vivaz. É certo, este feudalismo foi útil

O lobo xamais mordía, o home algunhas veces. Polo menos era o quepretendía Ursus, morder. Pois era un misántropo e para recalcar a súamisantropía, converteuse nun faranduleiro. Tamén para vivir, pois o estómagoten as súas condicións. Ademais, o faranduleiro misántropo, xa fora paracomplicarse ou para completarse, era médico. Médico é dicir pouco, Ursus eraventrílocuo. Víalo falar sen que se lle movese a boca. Copiaba o acento e apronuncia do primeiro que chegaba e imitaba voces cando cría oír ás persoasata o punto de confundilas . Podía chegar a facer o murmurio de toda unhamasa, o que lle concedía o dereito ao título de engastrimita, o al collía.Reproducía todo tipo de cantos de paxaro: o tordo, o cuco, o papafigo, o merloco peitoral branco, todos viaxeiros coma el.

De modo que, por momentos, facíavos escoitar por vontade propia, ou unhapraza pública cuberta de murmurios humanos ou un prado cheo de vocesbestiais, unhas veces tempestuoso coma unha masa e outras, pueril e serenocoma un amencer. Polo resto destes talentos, a pesares de ser estraños, existen.O século pasado, un tal Touzel, que imitaba os tropeis mesturados de homes eanimais e que copiaba tódolos berros dos animais, estaba unido ás persoascomo bufón en calidade de zoo. Ursus era sagaz, incrible e curioso. Tamén eraun afeccionado ás explicacións singulares que coñecemos como fábulas.

Tiña pinta de crer nelas. Este descaro formaba parte da súa malicia. Miraba asmans dos fulanos, abría os libros ao azar e concluía, predicía a sorte, ensinabaque atoparse cunha egua negra era perigoso e máis perigoso aínda que duranteunha viaxe, alguén que descoñece o teu destino chame por ti. Este faise chamaro «mercantil da superstición». Dicía: «entre o arcebispo de Canterbury e eu haiunha diferenza, recoñézoo». Tanto é así que o arcebispo, indignadoxustificadamente, fixéralle vir un día. Pero Ursus, astuto, desarmou á súa grazarecitándolle un sermón sobre o santo día do Nadal. O arcebispo, marabillado,aprendeuno de memoria e ao comezar no púlpito, publicouno coma se fora seu.Medio polo que o perdoou.

Ursus, como médico, curaba dunha maneira ou doutra. Dedicábase ásplantas aromáticas e inclinábase polas simples. Sacaba partido ao profundopoder que se encontra en moitas plantas desdeñadas: o arraclán branco, asgallas da abeleira, a árbore camiñante, as clemátides, o viburno e o espinocerval.

Utilizaba follas de herba leiteira que ao arrancalas pola parte de abaixo, sonpurgativas e ao arrancalas por arriba, son vomitivas. Despoxábate da dor degorxa cunha excrecencia vexetal coñecida como «orella de xudeu» . Sabía cal erao xunco que curaba ao boi e cal era a menta que curaba ao cabalo. Coñecía asbelezas e bondades da herba mandrágora que, como todo o mundo sabe, éhermafrodita. Tiña receitas, curaba queimaduras coa la de salamántiga, da quesegundo afirmaba Plinio, Nerón posuía unha toalla. Ursus posuía unha retorta eun matraz cos que facía transmutacións e vendía panaceas.

Page 6: O home que ri - Asociación de Tradutores Galegostradutoresgalegos.com/pdf/homeri.pdf · feudalismo máis ilustre, máis terrible nin máis vivaz. É certo, este feudalismo foi útil

Dicíase del que noutro tempo estivera encerrado no manicomio de Bedlam.Concedéranlle o honor de tomalo por un insensato, pero soltárono ao decatarsede que só era un poeta.

Probablemente esta historia non fose certa. Todos temos ese tipo de lendasque padecemos.

A verdade é que Ursus era un sabio, un home con gusto e un vello poeta queescribía en latín. Tamén hipocratizaba e recitaba, era un erudito nas dúasespecialidades. Tería competido cun estilo escuro e alambicado contra Rapin eVida. Tería composto traxedias xesuítas dunha maneira tan triunfadora coma opadre Bouhours. Isto xurdía pola súa familiaridade cos venerables ritmos emetros dos anciáns polo que tiña figuras retóricas e toda unha familia demetáforas clásicas. Dicía dunha nai que ía diante das dúas fillas que era undáctilo; dun pai seguido dos seus dous fillos que era un anapesto; e dun rapaciñoentre o seu pai maila súa nai que era un anfímacro. Tanta ciencia só podíadesembocar en fame. A escola de Salerno di: «Comede pouco e a miúdo». Ursuscomía pouco e rara vez, desta maneira obedecía a unha parte do precepto odesobedecía o outro. Mais era culpa do público, que non abundaba sempre enon compraban de maneira frecuente. Ursus dicía «A expectoración dunhaoración alivia. O lobo consólase co ouveo, a ovella coa la, o bosque coa papuxacincenta, a muller co amor, e a filosofía co epifonema». Ursus, cando tiña anecesidade, creaba comedias nas que actuaba máis ou menos, o que lle axudabaa vender as drogas.

Entre outras obras, compuxera unha pastoral heroica en honor ao cabaleiroHugh Middleton, o cal proporcionara un río a Londres en 1608. Este río docondado de Hartford era tranquilo e atopábase a máis de 900 km de Londres. Ocabaleiro Middleton veu e colleuno. Levara unha brigada de seiscentos homesarmados con picos e palas, comezaron a remover a terra, cavaron por aquí,levantaron por alá, ás veces a vinte pés de altura e ás veces a trinta pés deprofundidade. Así fixo os acuedutos de madeira no aire, iso mais as oitocentaspontes de pedra, de ladrillo, de madeiros, e un bo día, o río entrou en Londres,onde faltaba a auga.

Ursus transformou todos eses detalles vulgares nunha fermosa bucólica entreo río Támesis e o río Serpentina, o afluente invitaba ó río a vir xunto del, ondelle ofrecía a súa cama e lle dicía: «Sonche demasiado vello para gustarlle ásmulleres, mais sonche suficientemente rico para pagalas». Unha volta enxeñosae galante para expresar que o señor Hugh Middleton fixera tódolos traballos doseu peto.

Ursus era distinguido no soliloquio. Tiña unha personalidade arisca echarlatana. Ao desexar non ver a ninguén e ao precisar falar con alguén,defendíase falando consigo mesmo. Calquera que vivira en solitario sabe ataque punto o monólogo é natural. A palabra interior corroe.

Page 7: O home que ri - Asociación de Tradutores Galegostradutoresgalegos.com/pdf/homeri.pdf · feudalismo máis ilustre, máis terrible nin máis vivaz. É certo, este feudalismo foi útil

Sermonar ao espazo é un exutorio. Falar en voz alta só fai o efecto dundiálogo co deus que un leva dentro. Non esquezamos que era o hábito deSócrates. Este perorábase e Lutero tamén. Ursus asemellábase a eses grandeshomes.

Tiña esa virtude hermafrodita de ser o seu propio auditorio. Preguntábase ael mesmo e contestábase, aclamábase e insultábase. Oiámolo pola rúamonologar na súa choza.

Os transeúntes, que teñen a súa maneira de apreciar á xente de enxeño,dicían: «É un idiota». Como acabamos de dicir, ás veces inxuriábase, mais ásveces tamén había momentos nos que se facía xustiza. Un día, nunha destasalocucións nas que se dirixía a el mesmo, oímolo berrar: «Estudei o vexetal entódolos seus misterios, no tallo, na xema, no sépalo, no pétalo, no estame, nocarpelo, no óvulo, na teca, no esporanxio e no apotecio . Investiguei de preto ocromatismo, a osmose e a equimose, é dicir, a formación das cores, dos olores edos sabores». Sen dúbida algunha, neste certificado que Ursus expedía a Ursushabía algunha fatuidade, mais só lle tiran a primeira pedra aqueles que nonestudaron de preto o cromatismo, a osmose e a equimose.

Afortunadamente, Ursus nunca fora aos Países Baixos. Seguramentequererían pesalo para saber se tiña o peso normal, de máis ou de menos do calun home se consideraba bruxo. Este peso en Holanda estaba sabiamente fixadopola lei. Non había nada máis simple nin máis enxeñoso. Era unha verificación.Metíanvos nun prato e a evidencia estoupaba se rompías o equilibrio. Se erasdemasiado pesado, aforcábante e se eras demasiado lixeiro, queimábante. Indahoxe en día en Oudewater podemos ver a balanza que pesaba aos bruxos, maisagora serve para pesar os queixos, como dexenerou a relixión! CertamenteUrsus tería problemas para marchar con esta balanza. Nas súas viaxes abstívosede ir Holanda e fixo ben. Polo demais, cremos que non saíu de Gran Bretaña.

De tódolos xeitos, sendo moi pobre e moi desapracible e tendo coñecido aHomo nun bosque, xurdiulle o gusto pola vida errante. Collera ese lobo ensociedade e marchara con el polos camiños para vivir ao aire libre da gran vidado azar. Tiña moita maña, malicia e un grande arte en calquera cousa: paracurar, operar, sacar á xente dunha enfermidade e cumprir particularidadessorprendentes. Considerábase un bo saltimbanqui e un bo médico, taménpasaba por médico, algo que se comprende. Mais un pouco, non moito, xa quenaquela época non era bo que che tomasen polo amigo do demo.

Page 8: O home que ri - Asociación de Tradutores Galegostradutoresgalegos.com/pdf/homeri.pdf · feudalismo máis ilustre, máis terrible nin máis vivaz. É certo, este feudalismo foi útil

A dicir verdade, Ursus expúñase debido á súa paixón pola farmacia e ao seuamor polas plantas, posto que a miúdo ía coller herbas nas bastas malezas ondese atopaban as ensaladas de Lucifer e onde se arrisca un, como constatou oconselleiro De L’Ancre, a atopar na néboa da noite a un home que sae da terra,«torto do ollo dereito, sen capa, coa espada a un lado, cos pés nus efarrapeiro». Ursus, polo demais, a pesares da súa aparencia e o seutemperamento estraños, era un home demasiado galante para atraer ou cazar asarabia, facer aparecer rostros, matar a un home co tormento de bailardemasiado, suxerir fantasías claras ou tristes e cheas de pavor ou facer nacergalos con catro alas. Non facía ese tipo de maldades, era incapaz de faceralgunhas abominacións, coma por exemplo, falar alemán, hebreo ou grego sentelo aprendido, o que representa signo dunha maldade execrable ou dunhaenfermidade natural procedente dalgún humor melancólico. Se Ursus falabalatín é porque o sabía. Tampouco se permitiría falar o sirio, xa que non ocoñecía, por outro lado, é ben sabido que o sirio é a lingua dos aquelarres. Enmedicina, prefería a Galeno en lugar de Cardano. Cardano, como home sabioque é, non era máis ca unha miñoca de terra en comparación a Galeno.

Resumindo, Ursus non era unha personaxe que se preocupara pola policía. Asúa choza era bastante longa e bastante ancha para que puidese deitarse sobreun baúl onde se atopaban as súas roupas pouco suntuosas. Era propietario dunfarol, de varias perrucas e dalgúns utensilios fixados con cravos entre os calesestaban os instrumentos musicais. Ademais posuía unha pel de oso coa que setapaba os días de grandes espectáculos, ao que el chamaba: «ir de traxe». Dicía:«teño dúas peles, velaquí a verdadeira», e amosaba a pel de oso. A choza conrodas era del e do lobo. Á parte da choza, da retorta e do lobo, tiña unha frautae unha viola de gamba e tocábaa ben. Fabricaba el mesmo os seus elixires.

Recorría ao seu talento para ter algo de comer algunha vez. No fondo da súachoza tiña un buraco por onde pasaba o tubo dunha tixola de ferro ao lado doseu baúl, dabondo para chamuscar a madeira. A tixola tiña douscompartimentos, nun, Ursus cocía a alquimia e noutro as patacas. Pola noite, olobo durmía baixo a choza, encadeado amigablemente. Homo tiña a pelaxenegra e Ursus o pelo gris. Ursus tiña cincuenta anos, a menos que tivera 60. Asúa aceptación polo destino humano era tal que comía, como acabamos de ver,patacas, a inmundicia coa que se alimentaban os porcos e os presidiariosdaquela. Comía iso indignado e resignado.

Non era moi alto, era longo. Estaba curvado e melancólico. A talla encurvadado ancián é o estancamento da vida. A natureza fixérao para ser triste. Éralledifícil sorrir e sempre lle fora imposible chorar. Faltáballe ese consolo, aslágrimas, e este paliativo, a felicidade. Un home vello é unha ruína pensante.Ursus era esa ruína. Posuía unha locuacidade de charlatán, unha fraqueza deprofeta e unha irascibilidade cargada no seu rostro, así era Ursus. Na súamocidade fora filósofo na casa dun lord.

Page 9: O home que ri - Asociación de Tradutores Galegostradutoresgalegos.com/pdf/homeri.pdf · feudalismo máis ilustre, máis terrible nin máis vivaz. É certo, este feudalismo foi útil

Isto acontecía hai cento vinte anos, nun tempo en que os homes eran unpouco máis lobos do que o son hoxe en día.

Pero non moito máis.

II

Homo non era o primeiro lobo que aparecía. Debido ao seu apetito polosníscaros e mazás, tomárono por un lobo de pradaría, pola súa pelaxe escuratomárono por un licaón e polo seu ouvido atenuado en ladrido, tomárono porun culpeo. Mais aínda non se observou dabondo a pupila do culpeo para estarseguros de que non é un raposo, e Homo era un lobo de verdade. A súalonxitude era dun metro e medio, o que resulta unha fermosa lonxitude de lobo,mesmo en Lituania. Era moi forte, tiña a mirada oblicua pero non era culpa súa,tamén tiña a lingua doce e ás veces lambía a Ursus. Tiña un estreito peite depelos curtos na espina dorsal e era fraco, dunha boa fraqueza de bosque. Antesde coñecer a Ursus e de ter que arrastrar unha carreta, recorría alegrementecorenta leguas nunha noite. Ursus atopárao nunha barbaña, preto dun córragode auga axitada. Comezara a aprecialo cando o vira pescando cangrexos consabedoría e prudencia e percibiu nel un honesto e auténtico lobo Koupara, dacoñecida especie can cangrexeiro.

Ursus prefería a Homo á un asno como animal de carga. Facer tirar da súachoza a un asno teríalle repugnado, apreciaba demasiado ao asno para iso.Ademais, xa se decatara de que o asno, soñador de catro patas e poucoentendido polos homes, ás veces ten un alzar de orellas inquietante cando osfilósofos din parvadas.

Na vida, un asno é un terzo entre o noso pensar e nós, e isto resulta molesto.Como amigo, Ursus prefería a Homo á un can, pois consideraba que o lobo sermáis fiel.

Por ese motivo, Homo era suficiente para Ursus. Homo era máis que uncompañeiro para Ursus, era un análogo. Ursus dáballe nos costados afuracadosdicindo: «Atopei o meu segundo tomo».

Tamén dicía: «Cando morra, quen queira coñecerme, non terá máis queestudar a Homo. Deixareino tras de min como copia certificada».

Page 10: O home que ri - Asociación de Tradutores Galegostradutoresgalegos.com/pdf/homeri.pdf · feudalismo máis ilustre, máis terrible nin máis vivaz. É certo, este feudalismo foi útil

A lei inglesa, pouco tenra para os animais dos bosques, puido buscarlle ascóxegas a este lobo e preitear a súa coraxe ao entrar nas cidades con toda aconfianza. Pero Homo gozaba da inmunidade que se lle concedera por unestatuto de Eduardo IV aos animais domésticos: «Calquera doméstico que sigaao seu mestre, poderá ir e vir libremente». Ademais, había unha certa liberdadecon respecto aos lobos debido a que cos últimos Estuardos, a moda das mulleresda corte era ter pequenos lobos mongois a modo de cans . Estes, gordos comagatos, facíanse chamar adives, e facíanos vir dende Asia por un prezo moielevado.

Ursus comunicara a Homo unha parte dos seus talentos: manterse de pé,diluír a súa cólera en mal humor, rosmar en lugar de berrar, etcétera. Pola súaparte, o lobo ensinara ao home o que sabía: prescindir de teito, prescindir depan, prescindir de lume e preferir a fame nun bosque que a escravitude nunpalacio.

A choza, unha especie de choza-coche, seguía o itinerario máis variado,mesmo sen saír de Inglaterra e Escocia. Tiña catro rodas mais un varal para olobo e un balancín para o home. O balancín estaba en caso de atopar camiñosdifíciles, era sólido a pesares de estar elaborado con táboas lixeiras coma unarmazón de tabique. Na parte dianteira tiña unha vidreira cun pequeno balcónque serve para os discursos, unha tribuna reducida a un púlpito. Na partetraseira había unha porta opaca, afuracada cun montante. O descenso dunestribo de tres chanzos que xira sobre a bisagra e que aparecía tras a porta domontante daba á entrada da choza, ben fechada pola noite con ferrollos efechaduras. Moito lle tivo chovido e nevado enriba. Pintárase, mais xa non sesabía moi ben de que cor, os cambios de estación para as carretas son coma oscambios de reinado para os cortesáns. Diante, na parte exterior, había unhaespecie de frontispicio de cangado. Noutro tempo xa se puidera descifrar estainscrición en carácteres negros sobre branco, os cales se mesturaran econfundiran pouco a pouco.

«O ouro perde anualmente pola fricción un catorce por cento do seu volume,o que chamamos desgaste, de aí que de mil catrocentos millóns de ouro quecirculan por toda a terra, se perda un millón cada ano. Este millón de ouromarcha coma o po, voa, flota, é átomo, convértese en algo respirable, carga,dosifícase, lastra e entorpece as conciencias, amalgámase coa alma dos ricos, aosque volve soberbios e coa alma dos pobres, aos que volve ariscos.

Page 11: O home que ri - Asociación de Tradutores Galegostradutoresgalegos.com/pdf/homeri.pdf · feudalismo máis ilustre, máis terrible nin máis vivaz. É certo, este feudalismo foi útil

Esta inscrición, borrada e tachada pola choiva e pola bondade daprovidencia, afortunadamente era ilexible, pois é probable que ao mesmotempo, enigmática e transparente, esta filosofía de ouro que se respira non fosedo gusto dos shériffs, dos prebostes, dos menestreis e doutros portaperrucas. Alexislación inglesa tomábase moi en serio naqueles tempos. Un podía ser untraidor facilmente. Os maxistrados amosábanse feroces por tradición e acrueldade era rutineira. Rebordaban xuíces da inquisición e os shériffs tiñansucesores.

III

No interior da choza había outras dúas inscricións. Enriba do baúl, na parededas táboas lavadas con auga de cal, aparecía manuscrito con tinta:

«AS ÚNICAS COUSAS QUE PAGA A PENA SABER»

O barón, par de Inglaterra, leva unha cinta con seis perlas.

A coroa comeza co vizconde.

O vizconde leva unha coroa de perlas innumerables; o conde leva unha coroade perlas sobre as puntas enredadas das follas máis baixas da fresa; o marqués,perlas e follas da mesma altura; o duque, floróns sen perlas; o duque real, uncírculo de cruz e lirios e o príncipe de Gales, unha coroa parecida á do rei, peroaberta.

O duque é un príncipe moi alto e moi poderoso; o marqués e o conde,señores moi nobres e poderosos; o vizconde, un señor nobre e poderoso, e obarón, un señor de verdade.

O duque é graza e os outros pares, son señoría.

Os lords son inviolables.

Os pares son cámara e corte, concilium e curia lexislatura e xustiza.

Most honourable é máis que right honourable.

Os lords pares se consideran «lords de dereito»; os lords non pares son «lordsde cortesía». Non hai máis lords que os que son pares.

Page 12: O home que ri - Asociación de Tradutores Galegostradutoresgalegos.com/pdf/homeri.pdf · feudalismo máis ilustre, máis terrible nin máis vivaz. É certo, este feudalismo foi útil

O lord xamais presta xuramento, nin ante o rei nin na xustiza. A súa palabraabonda. Soamente di: «Polo meu honor».

Os comúns, é dicir, o pobo, cando se lles chama para declarar, preséntansecon humildade e coa cabeza descuberta ante os pares coa cabeza cuberta.

Os comúns envían aos lords os proxectos de lei con corenta membros que sepresentan con tres intensas reverencias.

Os lords envían os proxectos de lei aos comúns a través dun simple clérigo.

En caso de conflito, as dúas cámaras reúnense na cámara pintada, os paressentados e cubertos e os comúns de pé e coa cabeza descuberta.

Segundo unha lei de Eduardo VI, os lords teñen o privilexio de homicidiosimple. Un lord que mata a un home simplemente, non se persegue.

Os baróns están no mesmo rango que os bispos.

Para ser barón par, hai que depender do rei per baroniam integram, é dicir, porenteira baronía.

A enteira baronía está composta por trece feudos nobres e un cuarto. Cadafeudo nobre vale vinte libras esterlinas, o que suma catrocentos marcos.

O xefe da baronía ( caput baroniae) é un castelo rexido hereditariamente, comoa mesma Inglaterra. É dicir, non podía corresponder ás rapazas sen ter fillosvaróns, e de ser o caso, pertencía á filla maior, coeteris filiabus aliunde satisfactis, oque quere dicir: «Aseguramos ao resto das rapazas como podemos». (Nota deUrsus na marxe da parede).

Os baróns teñen a calidade de lord, do saxón laford, do gran latín dominus e dobaixo latín, lordus.

Os primoxénitos e os fillos segundos dos vizcondes e dos baróns son osprimeiros escudeiros do reino.

Os primoxénitos dos pares tiñan prioridade sobre os cabaleiros da Xarreteira;os segundos fillos non.

O primoxénito dun vizconde vai despois de tódolos baróns e antes detódolos baronetes.

Toda filla de lord é lady. As demais fillas inglesas son miss.

Page 13: O home que ri - Asociación de Tradutores Galegostradutoresgalegos.com/pdf/homeri.pdf · feudalismo máis ilustre, máis terrible nin máis vivaz. É certo, este feudalismo foi útil

Tódolos xuíces son inferiores aos pares. O sarxento ten un capuchón de pelde cordeiro; o xuíz ten un capuchón de pel de petigrís, de minuto vario , unhacantidade de pequenas peles brancas de todo tipo, excepto de armiño. O armiñoresérvase para os pares e para o rei.

Non se pode outorgar unha orde de supplicavit contra un lord.

Non se pode encerrar a un lord, exceptuando o caso da Torre de Londres.

Un lord chamado á casa do rei ten dereito a matar a un gamo ou dous noparque real.

O lord ten unha corte de barón no seu castelo.

É indigno dun lord ir polas rúas cunha capa precedido por dous lacaios. Sópode mostrarse cunha gran fileira de xentilhomes domésticos.

Algúns pares van ao Parlamento en carrozas na fila, os comúns non. Algúnspares van a Westminster en asentos invertidos de catro rodas. A forma destesasentos e destas carrozas brasonados e coroados só se lles permite aos lords eforma parte da súa dignidade.

Un lord só pode ser condenado por unha multa doutro lord e xamais pormáis de cinco xilins. Excepto o duque, que pode ser condenado por dez.

Un lord pode ter a seis estranxeiros na súa casa, calquera outro inglés nonpode ter máis de catro.

Un lord pode ter oito toneis de viño sen pagar dereitos.

O lord é o único exento de presentarse diante dos menestreis de circuíto.

Ao lord non se lle pode impoñer a milicia.

O lord pode recrutar un réxime e darllo ao rei cando queira. Desta maneira oduque de Athol, o de Hamilton e o de Northumberland conceden a súa graza.

O lord soamente depende dos lords.

Nos procesos de interese civil, pode pedir un aprazamento se non hai polomenos un cabaleiro entre os xuíces.

O lord nomea aos seus capeláns.

Page 14: O home que ri - Asociación de Tradutores Galegostradutoresgalegos.com/pdf/homeri.pdf · feudalismo máis ilustre, máis terrible nin máis vivaz. É certo, este feudalismo foi útil

Un barón nomea a tres capeláns, un vizconde a catro, un conde e un marquésa cinco e un duque a seis.

Non se pode dubidar dun lord, mesmo en caso de alta traizón.

Non se pode marcar a man dun lord.

O lord é clérigo aínda que non saiba ler. Sabe por dereito.

Un duque sempre leva un palio en calquera sitio onde non se atope o rei, unvizconde ten un palio na súa casa; un barón ten unha tapadeira e o manténbaixo a copa mentres bebe e unha baronesa ten dereito a que un home lle leve acola en presenza dunha vizcondesa.

Oitenta e seis lords ou primoxénitos de lords presiden nas oitenta e seismesas de cinco cubertos cada unha. Estas sérvense cada día á Súa Maxestade noseu palacio ás costas do país que rodea a residencia real.

Se un plebeo pega a un lord, córtaselle a man.

O lord é máis ou menos un rei.

O rei é máis ou menos un Deus.

A terra é un señorío.

Os ingleses dinlle milord á Deus.

Fronte a esta inscrición, líase outra escrita da mesma maneira e na que sepodía ler:

«SATISFACIÓNS QUE DEBEN ABONDAR AOS QUE NON TEÑENNADA»

Page 15: O home que ri - Asociación de Tradutores Galegostradutoresgalegos.com/pdf/homeri.pdf · feudalismo máis ilustre, máis terrible nin máis vivaz. É certo, este feudalismo foi útil

Henri Auverquerque, conde de Grantham, senta na Cámara dos Lores entre oconde de Jersey e o conde de Greenwich e ten cen mil libras esterlinas de renda.O palacio Grantham-Terrace, pertencente á súa señoría, está feito de mármorena súa totalidade. Este é célebre polo que se coñece coma o labirinto doscorredores, o que resulta unha curiosidade, pois se atopa o corredor encarnadode mármore de Sarancolin; o corredor pardo de lumaquela de Astracán, ocorredor branco de mármore de Lani; o corredor negro de mármore deAlabanda; o corredor gris de mármore de Staremma; o corredor amarelo demármore de Hesse; o corredor verde de mármore de Tirol; o corredor vermello,cunha metade de mármore de manchas vermellas de Bohemia e de lumaquelade Córdoba; o corredor azul turquesa de Xénova; o corredor violeta de granitode Cataluña; o corredor de loito, listado en branco e negro, de xisto deMurviedro; o corredor rosa de cipolino dos Alpes e o corredor de tódalas cores,chamado corredor cortesán, de brechas de arlequín.

Richard Lowther, vizconde Lonsdale, posúe Lowther en Weslmoreland, édunha accesibilidade fastosa e ten unha escaleira de entrada que semella invitara entrar aos reis.

Richard, conde de Scarborough, vizconde e barón Lumley, é vizconde deWaierford en Irlanda, lord lugartenente e vicealmirante do condado deNorthumberland e de Durham, cidade e condado. Ten a dobre castelanía deStansted, a antiga e a moderna, onde se admira unha incrible cancela ensemicírculo que rodea un estanque cunha emanación de auga incomparable.Ademais ten seu castelo de Lumley.

Robert Darcy, conde de Holderness, ten o seu dominio de Holderness contorres de barón, xardíns infinitos á francesa por onde se pasea cunha carroza deseis cabalos precedida de dous picadores, como é propio dun par de Inglaterra.

Charles Beauclerk, duque de Saint-Albans, conde de Burford, barónHeddington, gran falcoeiro de Inglaterra, ten unha casa rexia en Windsor xuntoá do rei.

Charles Bodville, lord Robartes, barón Truro, vizconde Bodmyn, posúeWimple en Cambridge, que forma tres palacios con tres frontóns, un arqueado edous triangulares. A entrada é un cuádruplo rango de árbores.

O moi nobre e poderoso lord Philippe Herbert, vizconde de Caërdif, condede Montgomeri, conde de Pembroke, señor par e malvado de Candall,Marmion, Saint-Quentin e Churland, visitante hereditario do Colexio de Xesús,posúe o marabilloso xardín de Willton onde se atopan dous estanques conemanacións máis fermosas que as de Versalles do moi cristián rei Luis XIV.

Page 16: O home que ri - Asociación de Tradutores Galegostradutoresgalegos.com/pdf/homeri.pdf · feudalismo máis ilustre, máis terrible nin máis vivaz. É certo, este feudalismo foi útil

Charles Seymour, duque de Somerset, posúe Somerset House no Támesis,que iguala a cidade Pamphili de Roma. Na gran cheminea pódense percibirdous floreiros de porcelana da dinastía dos Yuen, que valen medio millón enFrancia.

En Yorkshire, Arthur, lord Ingram, vizconde Irwin, posúe o Templo-Newsham, onde se entra por un arco de triunfo cuxos longos teitos planossemellan terrazas mouriscas.

Robert, lord Ferrers de Chartley, Bouchieret Lovaine, ten no Leicestershire,Staunton-Harold, cuxo parque de deseño xeométrico ten forma dun templo confrontón e, fronte ao estanque, a grande igrexa con campanario cadrado, taménpertencente á súa señoría.

No condado de Northampton, Charles Spencer, conde de Sunderland, doconsello privado da Súa Maxestade, posúe Althrop, lugar onde se entra porunha cancela de catro postes coroados por grupos de mármore.

Laurence Hyde, conde de Rochester, ten o New Park en Surrey, magníficopolo seu acroterio esculpido, o seu céspede circular ao redor das árbores e oslímites dos seus bosques, onde se atopa una pequena montaña artisticamenteredondeada e coroada cun gran carballo que se ve dende lonxe.

Philippe Slanhope, conde de Chesterfield, posúe Bredby (en Derbyshire).Este ten un pavillón de reloxos incrible, cetrarías, cotos de pesca e fermosasaugas longas, cadradas e ovaladas. Unha delas con forma de espello con dúasemanacións que ascenden a gran altura.

Lord Cornwallis, barón de Eye, posúe Brome-Hall, un palacio do século XIV.

O moi nobre Algernon Capel, vizconde Malden, conde de Essex, posúeCashiobury en Hersfordshire, castelo que ten a forma dunha grande H eabundantes montes para a caza.

Charles, o lord Ossulstone, posúe Daxly en Middlesex, ata a que se chega através dos xardíns italianos.James Cecill, conde de Salisbury, ten Hartfield-House a sete leguas de Londres, cos seus catro pavillóns señoriais, a súa atalaiano centro e a súa corte de honor, embaldosada en branco e negro como a deSaint-Germain. Este palacio ten 83 metros de entrada, foi construído durante oreinado de Xacobe I, polo tesoureiro de Inglaterra, que foi o bisavó do condereinante. Pódese ver a cama dunha condesa de Salisbury, dun prezoinestimable, feita na súa totalidade cunha madeira de Brasil que é unha panaceacontra a mordedura das serpes. Chámana milhombres. Nesta cama está escritocon letras de ouro: «O que pense mal, deshonrado sexa».

Page 17: O home que ri - Asociación de Tradutores Galegostradutoresgalegos.com/pdf/homeri.pdf · feudalismo máis ilustre, máis terrible nin máis vivaz. É certo, este feudalismo foi útil

Edward Rich, conde de Warwick e Holanda ten o Warwick-Castle, onde sequeiman carballos enteiros nas chemineas.

Na parroquia de Seven-Oaks, Charles Sackvile, barón Buekhurst, vizcondeCrainfeild, conde de Dorset e Middlesex, posúe o Knowle, que é grande comaunha cidade. Está composto por tres palacios paralelos un detrás doutro comaliñas de infantería, con dez frontóns con escaleira na fachada principal e unhaporta baixo o torreón de catro torres.

Thomas Thynne, vizconde Weymouth, barón Varminster posúe Long-Leate,que ten case tantas chemineas, lanternas, glorietas, pementeiros, pavillóns etorreciñas como Chambord en Francia, que pertence ao rei.

Henry Howard, conde de Suffolk, ten o palacio de Audlyene en Middlesex, adoce leguas de Londres, que a penas supera en grandeza e en soberanía aoEscorial do rei de España.

En Bedforshire, o Wrest-House-and-Park, que é todo un país cercado confosas e murallas, con árbores, ríos e outeiros, é de Henri, o marqués de Kent.

Hampton-Court, en Hereford, cunha poderosa gran torre almenara e o seuxardín interceptado por un estanque que o separa do bosque, pertence aThomas, lord Coningsby.

Grimsthorf, en Lincolnshire, coa súa longa fachada cortada por altastorreciñas en punta, os seus parques, os seus estanques, os seus criadeiros defaisáns, os seus curros, as súas parcelas de céspede, o seu quincunce, os seussendeiros, os seus montes, os seus xardíns adornados, cuadriculados e losanxesde flores que semellan grandes tapices, as súas praderías de carreiras e omaxestoso círculo por onde as carrozas dan a volta antes de entrar no castelo,pertencen a Robert, conde Lindsay, lord hereditario do bosque de Walham.

Up Park, en Sussex, é un castelo cadrado con dous pavillóns simétricos deatalaia polos dous lados da corte de honor que pertence ao moi honorable Ford,lord Grey, vizconde Glendale e conde de Tankarville.

Newnham Padox, en Warwickshire, que ten dous viveiros cuadriculares e unfrontón con vidreira de catro lados, pertence ao conde de Denbigh, que é oconde de Rheinfelden de Alemaña.

Wythame, no condado de Berk, co seu xardín francés onde se atopan catroglorietas talladas e a súa gran torre almenara cun escudo no que se ven dúasgrandes naves de guerra, pertence a lord Montagne, conde de Abiegdon. Taméné dono de Rycott, do que é barón e cuxa porta principal ten inscrito o lema:Virtus ariete fortior.

Page 18: O home que ri - Asociación de Tradutores Galegostradutoresgalegos.com/pdf/homeri.pdf · feudalismo máis ilustre, máis terrible nin máis vivaz. É certo, este feudalismo foi útil

William Cavendish, duque de Devonshire, ten seis castelos, entre eles oChaltsworth, que se asemella a outros dous do estilo grego máis fermoso.Ademais da súa graza, ten o seu hotel en Londres, onde hai un león que lle dáas costas ao palacio do Rei.

O vizconde Kinalmeaky, conde de Cork en Irlanda, ten Burlington-House enPicadily con vastos xardíns que van ata o campo fóra de Londres. Tamén estáChiswick onde hai nove corpos de vivendas magníficas e Londesbrugh, unhotel novo ao lado dun antigo palacio.

O duque de Beaufot posúe Chelsea que contén dous castelos góticos e uncastelo florentino. Tamén ten Badmington en Glocester, que é unha residenciade onde irradian un montón de avenidas coma unha estrela. Moi nobre epoderoso, o príncipe Henri, duque de Beaufort, tamén é ao mesmo tempomarqués e conde de Worcester, barón Raglan, barón Power e barón Herbert deChepstow.

John Holles, duque de Newcastle e marqués de Clare, ten Bolsover, cunhagran torre cadrada maxestosa, ademais do de Haughton en Nottingham, ondehai unha pirámide redonda que imita a torre de Babel no centro do estanque.

William, lord Craven, barón Graven de Hampsteard, ten en Warwickshireunha residencia, Com-Abbey, onde se ve a emanación de auga máis fermosa deInglaterra. Ademais en Berkshire, ten dúas baronías: Hampstead Marshall, cuxafachada ten cinco lanternas góticas e Asdowne Park que é un castelo no puntode intersección dun cruce de rutas nun bosque.

Lord Linnoeus Clancharlie, barón Clancharlie e Hunkerville, marqués deCorleone en Sicilia, ten o seu título de par asentado no castelo de Clancharlie,construído en 914 por Eduardo o Vello contra os daneses. Ademais deHunkerville-House en Londres, que é un palacio, ten outro, o Corleone-lodgeen Windsor e oito castelanías: unha en Bruxton, no Trerit con dereito nascarreiras do alabastro e logo Gumdraith; Homble; Moricambe; Trenwardraith;Hell-Kerters, onde hai un pozo marabilloso; Pillinmore e as súas turbeirasReculver preto da antiga cidade Vagniacae e Vinecaunton na montaña Moilenlli.Ademais de dezanove burgos e aldeas con bailías e toda a rexión dePensnethchase, o que en conxunto aporta á súa señoría corenta mil librasesterlinas de renda.

Os cento setenta e dous pares que reinan baixo Xacobe II posúen en conxuntoun ingreso de duascentas setenta e dúas mil libras esterlinas anuais, que é aundécima parte do ingreso de Inglaterra.

Á marxe do último nome, lord Linnoeus Clancharlie, podíase ler esta notaescrita por Ursus:

Page 19: O home que ri - Asociación de Tradutores Galegostradutoresgalegos.com/pdf/homeri.pdf · feudalismo máis ilustre, máis terrible nin máis vivaz. É certo, este feudalismo foi útil

«Rebelde, en exilio, bens, castelos e dominios secuestrados. Ben feito.»

IV

Ursus admiraba a Homo. Admírase algo que está preto de un, é unha lei.

Estar sempre cegado pola furia era o estado interno de Ursus e botar unhareprimenda era a situación externa. Ursus estaba descontento coa creación. Éalgo natural que alguén se opoña.

Tomaba o universo polo lado malo. Non facía cumpridos a ninguén. Facer omel non impedía que a abella picara; unha rosa aberta non eximía ao sol dafebre amarela e do vómito negro. É probable que Ursus criticara moito a Deusna intimidade. Dicía: «Evidentemente, o demo funciona con resorte e o fallo deDeus foi soltar o gatillo». Non aprobaba demasiado aos príncipes e tiña unhamaneira de seu para felicitalos. Un día que Xacobe II doara unha lámpada deouro maciza á Virxe dunha capela católica irlandesa, Ursus, que pasaba por alícon Homo (aínda máis indiferente) explotou en admiración fronte a todo o poboe berrou: «É certo que a santa Virxe precisa máis unha lámpada de ouro ca estesnenos velaquí descalzos precisan zapatos».

Probas coma aquela da súa «lealdade» e a evidencia do seu respecto polospoderes establecidos non contribuían demasiado a facer que tolerasen a súaexistencia vagabunda e o seu mal casamento cun lobo polos maxistrados. Ásveces ao anoitecer, por debilidade amigable, deixaba que Homo estirase unpouco os membros e errase en liberdade ao redor da choza. O lobo era incapazde abusar da confianza e comportábase «en sociedade», é dicir, entre os homes,coa discreción dun caniche. Porén, se tivera que arranxar algún asunto cosalcaldes de mal humor, iso podería ter inconvenientes. Tamén para Ursus, poriso o mantiña o máximo tempo posible ao honesto lobo encadeado. Dende unpunto de vista político, o seu letreiro sobre ouro, xa indescifrable e ademais unpouco ilexible, non era máis ca un garabato de fachada e non o delataba.

Incluso despois de Xacobe II e baixo o «respectable» reinado de Guillerme eMaría, as pequenas cidades e condados de Inglaterra podían ver rodar a súacarreta tranquilamente. Viaxaba libremente dun extremo de Gran Bretaña aooutro, soltando as súas pocións e frascos, facendo as súas comedias de médicode cruce a medias co seu lobo. Tamén pasaba con soltura polas mallas da redede policía daquela tendidas por toda Inglaterra para atrapar ás bandas denómades e concretamente para parar na pasaxe dos «comprachicos».

Page 20: O home que ri - Asociación de Tradutores Galegostradutoresgalegos.com/pdf/homeri.pdf · feudalismo máis ilustre, máis terrible nin máis vivaz. É certo, este feudalismo foi útil

Polo demais era xusto. Ursus non pertencía a banda algunha. Ursus vivía conUrsus, nunha conversa consigo mesmo na que o lobo metía o seu fociñoamable. A ambición de Ursus era a de ser caribeño, mais ao non poder selo, eraaquel que está só. O solitario é un diminutivo do salvaxe aceptado polacivilización. Estamos máis sós aínda cando somos errantes. De aí o seudesprazamento constante. Quedar algures parecíalle unha domesticación.Pasaba a súa vida a facer o seu camiño. A vista das cidades facía que llegustaran o dobre as malezas, as breñas, as espiñas e os buracos nas rochas. Oseu fogar era o bosque. Non se sentía desorientado no murmurio das prazaspúblicas, bastante similares ao alboroto das árbores. En certo modo, a multitudecolleu o gusto que temos polo deserto. O que lle molestaba nesa choza era quetiña unha porta e ventás e que parecía unha casa. Tería acadado o seu ideal setivese podido meter unha caverna sobre catro rodas e viaxar nun antro.

El non sorría, xa o dixeramos, mais ría ás veces, a miúdo incluso, cunha risaamarga. Hai consentimento no sorriso, mentres que a risa moitas vecesrepresenta rexeitamento.

A súa gran tarefa era odiar a raza humana. Era implacable neste odio. Sacouen claro que a vida humana é algo horrible observando a superposición daspragas: os reis sobre o pobo, a guerra sobre os reis, a peste sobre a guerra, afame sobre a peste e a necidade sobre o todo. Así constatou unha certacantidade de castigo polo único feito de existir e recoñeceu que a morte é unhaliberación. Cando lle levaban a un enfermo, curábao. Tiña cordiais e beberaxespara alongar a vida dos anciáns. Puña aos tollidos sobre os seus pés elanzáballes sarcasmos: «aí estás sobre as túas patas. Que poidas camiñardurante moito tempo no val das lágrimas!». Cando vía a un pobre morrendocoa fame dáballe tódalas moedas que tiña rosmando.

«Vive, miserable! Come! Dura moito tempo! Non serei eu o que abrevie o teupresidio». Despois refregaba as mans e dicía: «Fago todo o mal que podo aoshomes».

Os transeúntes, a través da bufarda de detrás, podían ler no teito da súachoza ese letreiro carbonizado escrito no interior, pero tamén visible por fóra econ letras en grande: URSUS, FILÓSOFO.

Page 21: O home que ri - Asociación de Tradutores Galegostradutoresgalegos.com/pdf/homeri.pdf · feudalismo máis ilustre, máis terrible nin máis vivaz. É certo, este feudalismo foi útil

II

OS COMPRACHICOS

I

Quen coñece agora a palabra comprachicos? E quen coñece o senso?

Os comprachicos, ou comprapequeños eran unha repugnante e estraña afiliaciónnómade, que foi famosa no século XVII, foi esquecida no XVIII e ignorada nopresente. Os comprachicos son, como o «po da sucesión», un antigo detalle socialcaracterístico. Forman parte da vella fealdade humana.

Aos grandes ollos da historia que ve os conxuntos, os comprachicos estánrelacionados co inmenso feito da Escravitude. Un capítulo da súa lenda é a deXosé vendido polos seus irmáns. Os comprachicos deixaron rastro naslexislacións penais de España e de Inglaterra. Atopamos iso e aí, na escuraconfusión das leis inglesas atópase a presión deste feito monstruoso, coma seatopa a pegada do pé dun salvaxe nun bosque.

Comprachicos, ao igual que comprapequeños, é unha palabra españolacomposta que significa «os compra pequenos».

Os comprachicos facían tráfico de nenos.

Comprábanos e vendíanos.

Non roubaban. O roubo de nenos era outra industria.

E que facían con eses nenos?

Monstros.

Por que monstros?

Para rir.

O pobo precisa rir e os reis tamén. Precísase un comediante nas prazaspúblicas e un bufón nos palacios reais. O primeiro chámase Turlupi, o segundoTriboulet. Ás veces os esforzos do home para procurar a felicidade son dignosda atención dun filósofo.

Page 22: O home que ri - Asociación de Tradutores Galegostradutoresgalegos.com/pdf/homeri.pdf · feudalismo máis ilustre, máis terrible nin máis vivaz. É certo, este feudalismo foi útil

Que estabamos a bosquexar nestas páxinas preliminares? Un capítulo domáis terrible dos libros, do libro que poderiamos intitular «A explotación dosinfelices polos felices».

II

Un rapaz destinado a ser o xoguete dos homes xa tivo lugar e aínda segue aexistir hoxe en día. De feito constituía unha industria especial en épocasinocentes e feroces. O século XVII, coñecido como o gran século, foi unha desasépocas. Trátase dun século moi bizantino, tivo a inocencia corrompida e aferocidade delicada, unha variedade curiosa para unha civilización. Como untigre que simula un pequeno fociño ou Madama de Sévigné minuciosa coacacharela e a roda. Nese século explotáronse moitos nenos. Os historiadores e osaduladores do século esconderon a praga, mais deixaron ver o remedio: Vincentde Paul.

Para que o home-axóuxere teña éxito, hai que collelo cedo. O anano debecomezar dende pequeno. Xogabamos coa infancia. Mais un neno dereito non édivertido. Un chepudo é máis divertido.

De aí naceu un arte. Había criadores. Collían a un home e facían del unmonstro, collían un rostro e facían del un fociño. Apisoaban o crecemento eamasaban a fisionomía.

Esta produción artificial das teratoloxías tiña as súas regras, era toda unhaciencia, así como imaxinar unha ortopedia no senso inverso. Alí onde Deusfixara a súa mirada, este arte poñía o estrabismo no seu lugar. Alí onde Deuspuxera a harmonía, púñase a deformidade. Alí onde Deus puxera a perfección,restablecíase o esbozo. Para os ollos coñecedores, era o esbozo o que eraperfecto. Tamén había retoques para os animais, inventaban os cabalos pío .Turena montaba un cabalo pío. Hoxe en día non pintamos os cans de azul e deverde? A natureza é o noso esbozo. O home sempre quixo engadirlle algo aDeus, o home retoca a creación, ás veces para ben e outras para mal. O bufón dacorte non era máis ca un intento para levar o home ao mono: unha involución.A obra mestra en retroceso.

Page 23: O home que ri - Asociación de Tradutores Galegostradutoresgalegos.com/pdf/homeri.pdf · feudalismo máis ilustre, máis terrible nin máis vivaz. É certo, este feudalismo foi útil

Ao mesmo tempo, dicíase que o mono fixera ao home. Barbe, duquesa deCleveland e condesa de Southampton tiña como paxe a un mono sajú. Na casade Françoise Sutton, a baronesa Dudley (a oitava par do banco dos varóns) unbabuíno vestido cun brocado de ouro servía o té. Lady Dudley chamábao «omeu negro». Catherine Sidley, condesa de Dorchester, asistía ás sesións doparlamento nunha carroza brasonada detrás da cal tres babuínos con grandeslibreas se mantiñan de pé e cos fociños ao vento.

O cardeal Polus viu que unha duquesa de Medina-Coeli facía que unorangután lle puxera os baixos ao levantarse. Estes monos subiron de nivel efacían contrapeso cos homes embrutecidos e salvaxes. Esta promiscuidade, queera a ambición dos grandes (o home e a besta), estaba particularmenteremarcada polo anano e o can. O anano xamais abandonaba ao can, sempremáis grande ca el. O can era o compañeiro do anano. Eran coma dous colaresunidos. Esta xustaposición se constataba por unha multitude de monumentosdomésticos, especialmente polo retrato de Jeffrey Hudson, o anano de Enriquetade Francia, filla de Enrique IV e muller de Carlos I.

Degradar ao home leva a deformalo. Completaban a supresión do estado coadesfiguración. Algúns disectores daquel tempo conseguían borrar moi ben aefixie divina do rostro humano. O doutor Conquest, membro do colexio deAmen-Street e visitante xurado dos negocios de químicos de Londres escribiraun libro en latín sobre esta cirurxía inversa no que informa sobre osprocedementos. Segundo Justus de Carrick-Fergus, o inventor desta cirurxía éun monxe chamado Aven-More, palabra irlandesa que significa «gran río».

O anano do elector palatino, Perkeo, cuxa boneca (ou espectro) sae dunhacaixa de sorpresas no soto de Heidelberg, era un espécime notable nesta cienciamoi variada nas súas aplicacións.

Isto creaba seres cuxa lei de existencia fora terriblemente sinxela: permisopara sufrir, orde para divertir.

Page 24: O home que ri - Asociación de Tradutores Galegostradutoresgalegos.com/pdf/homeri.pdf · feudalismo máis ilustre, máis terrible nin máis vivaz. É certo, este feudalismo foi útil

III

Esta fabricación de monstros practicábase a gran escala e comprendíadiversos xéneros.

O sultán e o Papa precisábanos. A un para que coidara das súas mulleres e aooutro para que rezara. Era un xénero á parte que non se podía reproducir por simesmo. Estes «case humanos» eran útiles para a voluptuosidade e para arelixión. O palacio do sultán e a capela Sextina consumían a mesma especie demonstros, aquí feroces e alí doces.

Daquela sabiamos producir cousas que xa non se producen agora, tiñamostalentos que agora nos faltan . Por algunha razón as boas mentes berran ádecadencia. Agora xa non sabemos esculpir en plena carne humana e débese aque a arte dos suplicios se perde. Éramos virtuosos nese ámbito, mais xa non.Estamos a simplificar esa arte ata que implique a súa completa desaparición.Cortando os membros de persoas vivas, abríndolles o ventre, arrancándolles asvísceras, pillábamos aos fenómenos coas mans na masa, faciamosdescubrimentos. Hai que renunciar, e a nós priváronnos dos progresos que overdugo lle facía á cirurxía.

Esta vivisección doutro tempo non se limitaba a confeccionar aos fenómenospara a praza pública, aos bufóns para os palacios, ás especies de aumentativosdo cortesán e aos eunucos para os sultáns e o papas. Abundaba en variantes. Undestes triunfos foi facer un galo para o rei de Inglaterra.

Era habitual que no palacio real de Inglaterra houbera un tipo de homenocturno cantando coma un galo. Este vixiante, esperto mentres durmiamos,roldaba polo palacio e lanzaba de hora en hora ese berro de curral, repetidotantas veces como fose preciso para substituír a campá. Este home, ascendido agalo, sufriu unha operación na farinxe cando era novo para chegar a aquilo.Esta operación forma parte do arte escrito polo doutor Conquest. Baixo oreinado de Carlos II, unha salivación inherente á operación desgustara áduquesa de Portsmouth, polo que se conservou o traballo co fin de nondiminuír o estalido da coroa. Porén, decidiron que o que lanzase o berro do galofora un home sen mutilar. Elixíase a un antigo oficial para este honorabletraballo. Durante o reinado de Xacobe II, o funcionario chamábase WilliamSampson Coq e recibía polo o seu canto, nove libras, dous xilins e seis patacosanuais.

Page 25: O home que ri - Asociación de Tradutores Galegostradutoresgalegos.com/pdf/homeri.pdf · feudalismo máis ilustre, máis terrible nin máis vivaz. É certo, este feudalismo foi útil

As memorias de Catalina II contan que apenas cen anos atrás en Petersburgo,cando o tsar ou a tsarina estaban enfadados cun príncipe ruso, facían que opríncipe se anesgase na grande antecámara do palacio e quedase nesa posturaunha cantidade de días determinados miañando (por orde) coma un gato oucacarexando coma unha galiña que está a poñer, ademais de comer a súacomida na terra.

Estas modas pertencen ao pasado, porén, menos do que pensamos. Hoxe oscortesáns cacarexan para compracer, modificando un pouco a entoación. Máisdun recolle na terra o que come, e non digamos no barro.

Que felicidade saber que os reis non se poidan equivocar. Desta maneira, assúas contradicións non poden humillar xamais. Aprobando sen cesar, estamosseguros de ter sempre a razón, o que resulta agradable. Luís XIV non quereríaver en Versalles nin a un oficial facendo o galo nin a un príncipe facendo opavo. O que realzaba a dignidade real e imperial en Inglaterra e en Rusia, a Luíso Grande pareceríalle incompatible coa coroa de San Luís. Sabemos o desgustoque levou Madama Enriqueta cando unha noite se deixou levar ata ver en soñosa un polo. En efecto, non sería propio dunha persoa da corte. Cando se pertenceá grandeza, non se debe soñar co curral. Lémbrase que Bossuet compartira oescándalo de Luís XIV.

IV

O comercio dos nenos completouno unha industria no século XVII, comoacabamos de explicar. Os comprachicos practicaban este comercio e exercían estaindustria. Compraban nenos, traballaban un pouco esta materia prima erevendíanos enseguida.

Os vendedores eran de todo tipo, dende o pai miserable que se desfacía dasúa familia, ata o mestre que utilizaba o seu fato de escravos. Vender homes nontiña nada de sinxelo. Neses tempos loitabamos para manter ese dereito.Lémbrase que hai menos dun século disto, o elector de Hesse vendía os seussúbditos ao rei de Inglaterra, que precisaba homes para que se fixesen matar enAmérica. Iamos xunto ao elector de Hesse coma se foramos xunto ao carniceiropara mercar a carne. O elector de Hesse tiña a carne de canón. Este príncipecolgaba aos seus súbditos na súa tenda e regateaba, pois estaban para vender.

Page 26: O home que ri - Asociación de Tradutores Galegostradutoresgalegos.com/pdf/homeri.pdf · feudalismo máis ilustre, máis terrible nin máis vivaz. É certo, este feudalismo foi útil

En Inglaterra, tras a tráxica aventura de Monmouth e con Jeffreys ao mando,houbo moitos señores e xentilhomes que foron decapitados e despezados. Estesdeixaron a esposas viúvas e a fillas orfas, as mesmas que Xacobe II dera á raíña,a súa muller. A raíña vendera as damas a Guillaume Penn. É probable que esterei tivera un desconto dun tanto por cento. O que sorprende non é que XacobeII vendera a estas mulleres, senón que Guillaume Penn as comprara.

A compra de Penn se xustifica ou se explica porque Penn, ao ter un desertode homes por sementar, precisaba ás mulleres. As mulleres formaban parte doseu negocio. Estas damas foron un bo negocio para a súa maxestade. As rapazasvendíanse a un alto prezo. Coa incomodidade dun sentimento de escándalocomplicado, crese que Penn probablemente obtivera vellas duquesas a moi boprezo.

Os comprachicos tamén se facían chamar os cheylas, palabra hindú quesignifica «os desaniñadores de nenos».

Os comrachicos ocultáronse a medias durante moito tempo. Ás veces, na ordesocial existe unha penumbra que comprace ás industrias viláns e aínda seconservan. Antano en España vimos unha afiliación deste tipo dirixida polofaccioso Ramón Selles que durou dende 1834 ata 1866 e mantívose durantetrinta anos baixo o terror das tres provincias: Valencia, Alicante e Murcia.

Baixo os Estuardo, os comprachicos non estaban mal na corte. En caso denecesidade, a razón do Estado servíase deles. Para Xacobe II foron case uninstrumentum regni. Era a época na que se truncaba ás familias inoportunas erefractarias, na que se cortaban as filiacións e na que se suprimía bruscamenteaos herdeiros. Ás veces frustrábase unha rama para beneficiar a outra. Oscomprachicos tiñan o talento de desfigurar, o que os convertía en persoasrecomendables para a política. Desfigurar é mellor que matar. Había máscarasde ferro, pero era un gran gasto. Non se pode poboar Europa con máscaras deferro mentres que os malabaristas deformes corren polas rúas seninverosimilitude. Ademais, a máscara de ferro pódese arrancar, a máscara decarne non.

Enmascarar o propio rostro para sempre é do máis enxeñoso. Oscomprachicos traballaban o home coma os chinos traballan a árbore. Tiñansegredos, dixeramos. Tiñan trucos, arte perdido, un certo desmedro estraño saíadas súas mans. Era ridículo e profundo. Tocaban a un pequeno ser con tantoenxeño que o pai non o recoñecería. Ás veces deixaban a columna dorsaldereita, pero refacían o rostro. Desfacían a un neno coma se desfixeran un pano.

Os produtos destinados aos faranduleiros tiñan as articulacións dislocadasdun xeito hábil. Chamáronos «desosados» e iso creaba ximnastas.

Page 27: O home que ri - Asociación de Tradutores Galegostradutoresgalegos.com/pdf/homeri.pdf · feudalismo máis ilustre, máis terrible nin máis vivaz. É certo, este feudalismo foi útil

O rostro non era o único que lle quitaban ao neno, senón que tamén llequitaban a memoria. Polo menos borraban o que podían. O neno non eraconsciente da mutilación que sufrira. Esta espantosa cirurxía deixaba rastro nasúa cara, non na súa mente. Podía recordar como moito que un día o colleranuns homes, que quedara durmido e que despois o curaran. Curar qué? Non osabía. Xa non se lembraría de nada, nin das queimaduras polo xofre, nin dasincisións polo ferro. Durante a operación os comprachicos adormecían aopequeno paciente cun po asombroso que se facía pasar por máxico e suprimía ador. Este po sempre foi coñecido en China e aínda se está a utilizar a estasalturas. China tivera tódolos nosos inventos antes que nós: a impresión, aartillería, a navegación aérea e o cloroformo.

Aquela descuberta que en Europa colle vida e crecemento enseguida e seconverte en prodixio e marabilla, segue a ser un embrión en China e consérvasemorta. China é un tarro de fetos.

Xa que estamos con China, falemos un pouco máis dun detalle. En China,dende sempre vimos a busca de arte e da industria, e velaquí o molde do homevivente. Collemos a un neno de dous ou tres anos, metémolo nun floreiro deporcelana máis ou menos estraño, sen tapa e sen fondo para que os pés e acabeza sobresaian, de día mantense o floreiro de pé e pola noite tómbase paraque o neno poida durmir.

Así o neno engorda sen crecer, enchendo a súa carne comprimida e os seusósos torcidos polos saíntes do floreiro. Este crecemento en botella dura variosanos. Nun momento dado é irremediable. Cando cremos que aquilo funcionoue que o monstro xa está feito, rómpese o floreiro, o neno sae e temos un homecon forma de floreiro.

É cómodo, podemos pedir un anano coa forma que queiramos conantelación.

V

Xacobe II tolerou aos comprachicos por unha boa razón: utilizábaos. Istoacontecéralle máis de unha vez.

Non sempre desdeñamos o que menosprezamos. Esta industria de abaixo ásveces era moi oportuna para a industria de arriba, á que chamamos política.Mantíñase miserable voluntariamente, mais non perseguida. Non habíavixilancia algunha, mais unha certa atención, o que podía resultar útil. A leipechaba un ollo e o rei abría o outro.

Page 28: O home que ri - Asociación de Tradutores Galegostradutoresgalegos.com/pdf/homeri.pdf · feudalismo máis ilustre, máis terrible nin máis vivaz. É certo, este feudalismo foi útil

Ás veces incluso o rei recoñecía a súa complicidade. Aí están as audacias doterrorismo monárquico. O desfigurado estaba adornado con flores de lis,quitábanlle a marca de Deus e púñanlle a do rei. Jacob Astley, cabaleiro ebaronete, señor de Melton, constante no condado de Norfolk, tivera un nenovendido na súa familia. O comisario vendedor imprimíralle na fronte un liriocon ferro quente. Nalgúns casos, se queríamos constatar a orixe real da novasituación do neno por algunha razón, empregábase ese medio. Inglaterrasempre nos concedeu o honor de utilizar (para uso persoal) o lirio.

Os comprachicos, co matiz que separa unha industria do fanatismo, erananálogos aos estranguladores de India, vivían entre eles, en bandas, un poucocomediantes, mais só como pretexto. Pois a circulación lles era máis fácil desamaneira. Acampaban por aquí e por alá, pero serios, relixiosos e eran incapacesde roubar, non tiñan ningunha semellanza con outros nómades. O pobo sempreos confundía cos mouriscos de España e os de China. Os mouriscos de Españaeran falsos fabricantes de moedas, os de China eran maliciosos, nada que vercos comprachicos. Estes eran xente honesta. Que pensen o que queiran, ás veceseran escrupulosos. Empuxaban unha porta, entraban, regateaban polo neno,pagábano e levábano. Aquilo facíase correctamente.

Eran de tódolos países. Con ese nome, comprachicos, fraternizaban cosingleses, os franceses, os españois, os alemáns e os italianos. Estas mesturasfanse cun mesmo pensamento, unha mesma superstición e a explotación encomún dun mesmo traballo.

Nesta fraternidade de bandidos, os levantinos representaban Oriente e ospoñentes representaban Occidente. Co tempo, os vascos acabaron falando cosirlandeses, o vasco e o irlandés se entenden, pois falan o vello argot púnico.Ademais disto, as relacións íntimas entre a Irlanda católica e a católica españolacase rematan aforcando a un rei irlandés en Londres, o lord galés de Brany, oque produciu o condado de Letrim.

Os comprachicos eran máis unha asociación ca un poboado, un residuo máisca unha asociación. Era toda a mendicidade do universo a que tiña un crime enforma de industria. Era un tipo de pobo arlequín composto por tódolosfarrapos. Afiliar a un home era coser un farrapo.

Errar era a lei de existencia dos comprachicos. Aparecer e desaparecer. O quesó está tolerado, non bota raíces.

Incluso nos reinos onde a súa industria abastecía as cortes, en caso denecesidade, axudaba ao poder real e ás veces tratábanos de maneira ruda derepente. Os reis utilizaban o seu arte e puñan aos artistas en enredos. Estasinconsecuencias están no vaivén do capricho real. Pois así é o noso pracer.

Page 29: O home que ri - Asociación de Tradutores Galegostradutoresgalegos.com/pdf/homeri.pdf · feudalismo máis ilustre, máis terrible nin máis vivaz. É certo, este feudalismo foi útil

Pedra que roda e industria que roldan non amontoan espuma . Oscomprachicos eran pobres. Podían dicir o mesmo que dicía aquela meiga fraca econ farrapos cando vía acender o facho da cacharela : Isto non paga a pena .Quizais, incluso probablemente os seus xefes descoñecidos, os grandesempresarios do comercio dos nenos fosen ricos. Esta cuestión sería difícil deaclarar despois de dous séculos.

Era unha afiliación, como dixeramos. Tiña as súas leis, o seu sermón, as súasfórmulas e tamén case a súa cábala. Quen queira saber máis hoxe en día acercados comprachicos só tería que ir a Vizcaya e a Galicia. Como había moitos vascosentre eles, é nas montañas onde perdura a súa lenda. Aínda se fala doscomprachicos en Oyarzun, en Urbistondo, en Lezo e en Astigarraga.

Aguarda te, niño, que voy u llamar al comprachicos! É nese país onde estaba oberro de intimidación das nais aos seus fillos.

Ten coidado neno, que vou chamar aos comprachicos.

Os comprachicos, coma os xitanos e os gispsis, citábanse e de cando en candoos xefes intercambiaban coloquios. No século XVII tiñan catro puntos deencontro principais. Un en España, o desfiladeiro de Pancorbo; un en Alemaña,o claro chamado a Mala Muller, preto de Diekirch, onde hai dous baixorrelevosenigmáticos que representan a unha muller que ten unha cabeza e un home quenon a ten; un en Francia, o outeiro onde se atopaba a estatua colosal Massue-la-Promesse, no antigo bosque sagrado Borvo-Tomona, preto de Bourbonne-Ies-Bains e un en Inglaterra, detrás do muro do xardín de William Chaloner,escudeiro de Gisbrough en Cleveland (York), entre a torre cadrada e o granfrontón cunha porta oxiva.

VI

As leis contra os vagabundos sempre foron rigorosas en Inglaterra.Inglaterra, na lexislación gótica, semellaba inspirarse neste principio: Homoerrans fera errante pejor. Un deses estatus especiais cualifica ao home sen asilo«máis perigoso que o áspide, o dragón, o lince e o basilisco» ( Atrocior aspide,dracone, lynce et basilico).

Durante moito tempo Inglaterra tivo a mesma preocupación polos xitanos,dos que se quería desfacer, que polos lobos, dos que xa se desfixera.

Nese aspecto o inglés difire do irlandés, que reza aos santos pola saúde dolobo e o chama o «meu padriño».

Page 30: O home que ri - Asociación de Tradutores Galegostradutoresgalegos.com/pdf/homeri.pdf · feudalismo máis ilustre, máis terrible nin máis vivaz. É certo, este feudalismo foi útil

Porén, a lei inglesa, así como toleraba (como acabamos de ver) ao lobodomesticado convertido nun tipo de can, tamén toleraba ao vagabundo enestado, convertido nun súbdito.

Non acosaban ao saltimbanqui, nin ao barbeiro ambulante, nin ao físico, ninao vendedor ambulante, nin ao sabio á vista, xa que tiñan un traballo para vivir.Aparte diso e con algunhas excepcións, a especie de home libre que hai nohome errante dálle medo á lei. Un transeúnte era un posible inimigo público.Vagar, esta cousa moderna ignorábase, só se coñecía esa cousa antiga: roldar. O«mal aspecto», ese algo que todo o mundo comprende e que ninguén podedefinir, era suficiente para que a sociedade collera a un home polo pescozo.Ónde vives? Que fas? E se non podía responder, duros castigos lle esperaban. Oferro e o lume estaban no código. A lei practicaba a cauterización dovagabundeo.

De aí que en todo o territorio inglés existira unha verdadeira «lei desospeitosos» aplicada aos curiosos, aos voluntarios malfeitores, digamos, eparticularmente aos xitanos, cuxa expulsión foi un erro comparada coaexpulsión dos xudeus e dos mouros en España e dos protestantes en Francia. Encanto a nós, non confundimos unha loita cunha persecución.

Os comprachicos, insistamos niso, non tiñan nada en común cos xitanos. Osxitanos eran unha nación, os comprachicos eran un composto de tódalas nacións,un residuo, como xa dixemos, unha cloaca horrible con augas inmundas. Oscomprachicos non tiñan un idioma propio coma os xitanos. O seu argot era unhapromiscuidade de idiomas, tódalas linguas mesturadas eran a súa lingua,falaban un balbordo. Remataron sendo, así coma os xitanos, un pobo serpeanteentre os pobos, mais o seu vínculo era a afiliación e non a raza. En tódalasépocas da historia podemos constatar nesta vasta masa líquida que é ahumanidade, eses regueiros de homes velenosos correndo á parte con algúnenvelenamento ao seu redor. Os xitanos eran unha familia, os comprachicos eraunha masonería, unha masonería que non tiña un fin augusto, senón unhaindustria repugnante. A última diferenza: a relixión. Os xitanos eran pagáns e oscomprachicos eran cristiáns, bos cristiáns incluso. Como convén nunha afiliación,a pesares de estar mesturada por tódolos pobos, xurdira en España, lugardevoto.

Eran máis que cristiáns, eran católicos, e máis que católicos, eran romanos.