as existencias

8
BLOQUE II. A ACTIVIDADE PRODUTIVA DA EMPRESA UNIDADE 3. A XESTIÓN DE EXISTENCIAS 1.- OS INVENTARIOS. https://soundcloud.com/marisagoas/as-existencias-1 1.1.- Concepto Denominaremos inventario ao conxunto de mercadorías ou produtos acumulados nun almacén en espera de ser vendidos ou utilizados no proceso de produción. 1.2.- Funcións dos inventarios. Os inventarios cumpren as seguintes funcións dentro dunha empresa: Manter a continuidade no proceso produtivo: evitar que se deixe de producir por falta de materias primas ou de outras existencia necesarias para a produción (ruptura de stocks). Evitar demoras nos pedidos aos provedores (incumprimento do prazo de entrega). Evitar o risco de non poder satisfacer a demanda (ruptura de stocks): non quedarse sen produtos se hai un incremento inesperado da demanda, xa que isto podería provocar que algúns clientes se fosen á competencia. Prever desaxustes entre demanda e oferta. Poden existir diferenzas importantes nos ritmos de produción e distribución cando a demanda dependa da época do ano. Por exemplo unha empresa que fabrica abrigos ten demanda nos meses de inverno, por tanto, durante os meses cálidos fabrica e incrementa as existencias. Abaratar as compras para obter importantes descontos pola compra de materiais en grande cantidade (rappels). Aproveitar esta oportunidade contribúe a reducir os custos de produción. 1.3.- O custo dos inventarios. Manter un almacén, para unha empresa ten un custo que dependerá da cantidade de produto almacenado e das instalacións destinadas a almacén, así como doutros gastos que se requiran. Os custos serán os seguintes: 1. Explícitos O custo de adquisición , que estará en función da cantidade comprada e dos eu prezo. Ca= P.D. No caso de que a empresa fabrique os seus propios produtos, existirá un custo de fabricación que se calculará multiplicando o custo unitario de fabricación polo número de unidades. Cf= Cf u .D Custo de renovación ou pedido , que inclúe todos os custos que supón o pedido da mercadoría ou materia prima: transporte, tramitación, descarga, etc. Calcularanse do seguinte xeito: Cpe= K.N, onde K é o custo unitario de pedido (o que custa facer cada pedido) e N o número de pedidos anuais, que á súa vez se calculará N= D Q (demanda anual entre cantidade pedida cada vez). Custo de almacenamento, mantemento ou posesión, que dependerá das dimensións do local, requirimentos necesarios para manter en bo estado a mercadoría, etc., entre eles podemos citar: o Aluguer do almacén o Custos de almacenamento: ordenalos, colocalos, grúas, máquinas,….. o Custo de mantemento: coidado, temperatura, etc.

Upload: lisa-gomez-asteriz

Post on 07-Aug-2015

44 views

Category:

Education


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: As existencias

BLOQUE II. A ACTIVIDADE PRODUTIVA DA EMPRESAUNIDADE 3. A XESTIÓN DE EXISTENCIAS1.- OS INVENTARIOS. https://soundcloud.com/marisagoas/as-existencias-11.1.- Concepto

Denominaremos inventario ao conxunto de mercadorías ou produtos acumulados nun almacén en espera de ser vendidos ou utilizados no proceso de produción.1.2.- Funcións dos inventarios.

Os inventarios cumpren as seguintes funcións dentro dunha empresa: Manter a continuidade no proceso produtivo: evitar que se deixe de producir por

falta de materias primas ou de outras existencia necesarias para a produción (ruptura de stocks).

Evitar demoras nos pedidos aos provedores (incumprimento do prazo de entrega).

Evitar o risco de non poder satisfacer a demanda (ruptura de stocks): non quedarse sen produtos se hai un incremento inesperado da demanda, xa que isto podería provocar que algúns clientes se fosen á competencia.

Prever desaxustes entre demanda e oferta. Poden existir diferenzas importantes nos ritmos de produción e distribución cando a demanda dependa da época do ano. Por exemplo unha empresa que fabrica abrigos ten demanda nos meses de inverno, por tanto, durante os meses cálidos fabrica e incrementa as existencias.

Abaratar as compras para obter importantes descontos pola compra de materiais en grande cantidade (rappels). Aproveitar esta oportunidade contribúe a reducir os custos de produción.

1.3.- O custo dos inventarios.Manter un almacén, para unha empresa ten un custo que dependerá da cantidade de

produto almacenado e das instalacións destinadas a almacén, así como doutros gastos que se requiran.

Os custos serán os seguintes:1. Explícitos O custo de adquisición, que estará en función da cantidade comprada e dos eu

prezo. Ca= P.D. No caso de que a empresa fabrique os seus propios produtos, existirá un custo de fabricación que se calculará multiplicando o custo unitario de fabricación polo número de unidades. Cf= Cfu.D

Custo de renovación ou pedido , que inclúe todos os custos que supón o pedido da mercadoría ou materia prima: transporte, tramitación, descarga, etc. Calcularanse do seguinte xeito: Cpe= K.N, onde K é o custo unitario de pedido (o que custa facer cada pedido) e N o número de pedidos anuais, que á súa vez se

calculará N=DQ

(demanda anual entre cantidade pedida cada vez).

Custo de almacenamento, mantemento ou posesión, que dependerá das dimensións do local, requirimentos necesarios para manter en bo estado a mercadoría, etc., entre eles podemos citar:

o Aluguer do almacéno Custos de almacenamento: ordenalos, colocalos, grúas, máquinas,…..o Custo de mantemento: coidado, temperatura, etc.o Control de almacén: contabilidade, posta ao día, etc.o Perdas por obsolescencia: por moda, tecnoloxía…..o Prima de seguros: incendio, roubo, etc……

Cal= g(Q2+Ss)

Onde g é o custo unitario de almacenamento, e Ss o stock de seguridade.

2. Implícitos Custo de ruptura de stocks : non ter existencia suficientes para facer fronte á

demanda ou non poder producir por falta de existencias.1.4.- O tamaño dos almacéns

Page 2: As existencias

Unha das decisións importantes que debe tomar unha empresa no referente aos almacéns é determinar o seu tamaño. Ter un gran almacén ten as súas vantaxes e inconvenientes, e o mesmo pódese dicir dos pequenos.

En xeral, interesará manter grandes inventarios cando: Os custos de pedido sexan elevados Os custos de almacenamento sexan baixos Exista a posibilidade de obter mellores prezos por adquirir unha grande

cantidade de produto. Previsión de crecemento da demanda. Previsión de aumento nos prezosInteresará, polo contrario, manter uns inventarios reducidos cando: Os custos de almacenamento sexan altos Os custos de pedido sexan baixos A demanda sexa estable Non exista previsión de aumento nos prezos Exista perigo de obsolescencia ou deterioro dos produtos

1.5.- Modelos de xestión dos inventarios. a) O modelo de Wilson

Existen varias formas de calcular os custos e o tamaño que o almacén debe ter. As variables que emprega o modelo que estudaremos son:

Q= volume de pedido T*= período de aprovisionamento ou cadencia de pedido N= Número de pedidos anuais. K= custos fixos de pedido g= custos variables unitarios do almacén D= cantidade de produto vendida ao ano Ppe= punto de pedido Pe= plazo de entrega Ss= stock de seguridade.

O modelo que imos utilizar e o coñecido como método de Wilson (1916) e serve para calcular o volume óptimo de pedido no caso de que se dean as seguintes circunstancias:

A demanda debe ser constante Non hai atrasos nos pedidos por parte da empresa aos provedores Os prazos de entrega e as vendas son coñecidos.

O problema consiste en determinar o volume óptimo do pedido, que faga mínimo o custo total de posesión e renovación dos stocks.

O custo de pedido estará en función do custo fixo por pedido e do número de pedidos anuais. Cpe= K.N, como N=D/Q, podemos expresalo do seguinte xeito: Cpe= k. D/Q

O custo anual de almacenamento estará en función do nivel medio de existencias no almacén e dos custos unitarios de mantemento. Cal= g(Q/2+Ss)

O custo total de xestión de stocks será igual á suma dos dous anteriores: Ct= Cal+Cpe

Para determinar o volume óptimo de pedido será necesario facer mínima a función dos custos totais do almacén. Para que o custo total sexa mínimo a primeira derivada será cero:

0=-kD/Q2 + g/2

kD/Q2= g/2; 2kD=Q2g; Q=√2.k . Dg

A partir de aquí, coas formulas estudadas, poderemos calcular o resto das variables:

Número de pedidos anuais: N=D/Q Cadencia de pedido: o número de días transcorridos entre cada pedido estará en

función dos días laborables ao ano e do número de pedidos que se fagan ao ano. T*= días laborables/N

Page 3: As existencias

10% 25% 65%

AA

B C

Valor do almacén

% unidades almacenadas

70%

25%

5%

Punto de pedido. Ppe= demanda durante o plazo de entrega + Sseguridade Media de existencias no almacén: o nivel de stocks que por termo medio

permanecen no almacén ao longo do tempo é igual a Q/2 cando non existe stock de seguridade e (Ss+Q/2) cando existe stock de seguridade.

A representación gráfica do modelo será a seguinte:

Intenta resolver o seguinte problema aplicando os coñecementos adquiridos.

Supoñamos un establecemento comercial que compra un produto almacenable para logo vendelo á súa vez. O prazo de entrega polos provedores é coñecido, e a demanda é constante e igual a 140.000 kg anuais. Os custos fixos para cada pedido ascenden a 100 €, e os custos por kg de mercadoría almacenada son de 0,25 €. Consideramos hábiles 260 días ao ano.Calcular:

o Os custos totais do almacén. 2.644 €o Volume óptimo de pedido. 10.583 kg.o Número de pedidos anuais: 12,23o O tempo transcorrido entre cada pedido. 19,65 días.

b)Método ABCEste método utiliza un sistema diferente, xa que asigna unha distinta importancia

aos diferentes grupos de produtos almacenados en función do seu valor.O sistema parte da constatación de que uns poucos produtos representan un valor

moi grande a respecto do total do valor do almacén, o que implica que o control deberá facerse principalmente sobre estes, mentres que sobre o resto, aínda que representan o maior número, o seu valor é menor, polo que o control poderá ser mais lixeiro.

Os bens almacenados divídense en tres grupos: o grupo A estará formado por poucos produtos pero con alto valor, e son os que hai que controlar. O grupo C, representa os produtos que menor valor teñen, aínda que supoñan o maior número de unidades. O grupo B garda unha certa relación entre o “número” e o valor das unidades almacenadas.

A curva de Pareto serve para representar graficamente este modelo:

Page 4: As existencias

Por tanto a idea deste modelo é que cada categoría de existencias require un nivel de control diferente; canto maior sexa o valor dos elementos inventariados, máis estreito deberá ser ese control. Como as existencias A supoñen unha maior cantidade de recursos inmobilizados deben ser estreitamente controladas: será necesario reducir as existencias das mesmas na medida do posible e minimizar os stocks de seguridade. Isto require detalladas previsións da demanda, sistemas de inventario continuo e unha minuciosa atención ás políticas de compra. Pola contra, para os elementos das categorías B e C a mera observación pode ser un método de control válido; para elas, pódense empregar modelos periódicos de inventario.

Este modelo minimiza os custos de almacenaxe ao centrar os esforzos no grupo en que sexa máis necesario o control.c)Just in time (JIT)

O sistema Just-In-Time é una maneira de xestionar a produción e o abastecemento que se basea en producir só cando existe una demanda por parte dun cliente ou una orde de fabricación. Non se produce, polo tanto, para incrementar as existencias no almacén para a súa futura venda.

A implantación do sistema supón un grande esforzo por parte da empresa. Se non quere manter produción no almacén nin facer esperar ao cliente, deberá telo case que todo previsto. As consecuencias para a empresa serán diversas:

Incremento da axilidade na resposta aos cambios que se producen no mercado, xa que a empresa non ten os almacéns cheos de produtos acabados para vender.

Redución dos períodos de fabricación e, polo tanto, dos custos asociados. Para que haxa un mínimo de existencias de produtos acabados no almacén, é imprescindible reducir os períodos de fabricación para facer fronte ás demandas dos clientes.

Melloras na eficiencia. Producir so cando hai demanda posibilita manter unhas existencias de materias primas e de compoñentes mínimos, co que os custos da empresa son menores.

Melloras na formación do persoal. É importante potenciar a formación e polivalencia do persoal. Se un día o encargado dunha máquina, por exemplo, está ausente, debe ser posible substituílo con facilidade e non interromper a produción.

Integración dos provedores na función de produción. Se a empresa non quere manter existencias, será imprescindible que os provedores respondan, en tempo e calidade, aos requirimentos que leva a cabo a empresa.

A implantación do JIT implica a necesidade dunha perfecta comunicación interna. Se esta é débil ou defectuosa, o sistema non funcionará eficazmente.

Pero é moito mais que un sistema de xestión de inventarios, unha filosofía de produción orientada á demanda. “El río de las existencias” Los japoneses utilizan la metáfora de un barco (operaciones de la empresa), un río (nivel de existencias) y las rocas (problemas) para explicar el JIT. Si al ejecutar las operaciones las empresas reducían el nivel de stock se encontraban con problemas, por lo que la solución tradicional era aumentar los stocks (el caudal del río), tapando los problemas y asumiendo como inevitable el aumento de costes. La solución que propone el JIT es pulir la roca, mejorar la capacidad de maniobra del barco o encontrar una ruta más eficiente…Es decir, identificar el problema, enfrentarse a él y solucionarlo logrando una reducción de costes.

La magia de la producción flexible

Page 5: As existencias

En Tokio, puedes encargar un Toyota personalizado el lunes y el viernes…¡estar ya conduciéndolo!.

2.- SISTEMAS DE VALORACIÓN DAS EXISTENCIAS. http://youtu.be/h0QDj0y1X8k

Cando nun almacén están entrando e saíndo continuamente mercadorías a diferentes prezos, pode supoñer un certo problema coñecer o prezo que se lle asigna a cada lote que sae e mesmo saber cal é o valor das mercadorías almacenadas.

Existen varios métodos de valoración das existencias almacenadas, segundo o sistema que empreguemos para asignarlles un prezo de saída do almacén. Os mais utilizados son os do Prezo medio, e o FIFO. 2.1.- O PREZO MEDIO PONDERADO.

Este sistema valora as saídas de acordo coa media dos prezos de aquisición das existencias nese momento, ponderados polas cantidades adquiridas.

Imos velo cun exemplo.

Page 6: As existencias

A empresa “ZARRA S.A.” dedicada ao comercio de prendas de confección, tivo os seguintes movementos de existencias durante o último exercicio:

ENTRADAS SAÍDAS EXISTENCIASDatas Cantidad

ePrezo Valor Q P V Q P V

5/1 5000 20 100000

5000 20 100000

15/1 2000 25 50000 7000 21,42(1) 15000020/1 1000 21,42 21420 6000 21,42 12800025/1 2000 21,42 42840 4000 21,42 8568026/1 3000 26 78000 7000 23,38(2) 16368030/1 2000 23,38 5000 23,38 116900

(1) O prezo das existencias o día 15/1 será:5000∗20+2000∗25

5000+2000=10000+50000

7000=21,42

Este será o prezo que se lle asignará ás saídas seguintes ata que teñamos outro prezo de compra.(2) O prezo das existencias o día 26/1 será:

4000∗21,42+3000∗264000+3000

=85680+780007000

=23,38

Este sistema permite ter unha visión actualizada do valor do almacén, segundo os diferentes prezos con que foron entrando os produtos. Fronte a esta valoración positiva, estaría o seu cálculo laborioso como inconveniente.

2.2.- O FIFOEste método utiliza un sistema que se basea en asignar ás saídas o prezo das

primeiras entradas. O nome FIFO corresponde ás iniciais en inglés do propio sistema: First In, First Out que traduciriamos como Primeiro que Entra, Primeiro que Sae.

ENTRADAS SAÍDAS EXISTENCIASDatas Cantidad

ePrezo Valor Q P V Q P V

5/1 5000 20 100000

5000 20 100000

15/1 2000 25 50000 50002000

2025

10000050000

20/1 1000 20 20000 40002000

2025

8000050000

25/1 2000 20 40000 20002000

2025

4000050000

26/1 3000 26 78000 200020003000

202526

400005000078000

30/1 2000 20 40000 20003000

2526

5000078000128000

Page 7: As existencias

Mediante este método as existencias quedan sobrevaloradas (128.000 fronte a 116.900 do prezo medio), ao valorar as entradas antigas aos prezos actuais. O que significa que en época de inflación os últimos prezos de compra son os que establecen o valor do almacén, co que o resultado estaría valorado en exceso.

2.3.- O LIFOEste outro método utiliza o sistema de asignar ás saídas o prezo das derradeiras

entradas. O nome LIFO corresponde ás iniciais en inglés: Last In, First Out que se corresponden con Último en Entrar, Primeiro en Saír. Non imos traballar con el porque deixou de estar permitido no PXC (Plan Xeral de Contabilidade).