voceiro da castelán biblioteca escolma de libros

12
Inverno de 2008 O presente catálogo é un instrumento para achegar a lectura á veciñanza de Dodro. Sabemos da dificultade que pode supór desprazarse á Biblioteca tanto aos nenos e nenas que non dispoñen de transporte coma ás persoas adultas, que carecen do tempo suficiente. Por iso, para facilitar esa labor, elaboramos este catálogo, que lle chegará cómodamente á sua vivenda, dende onde poderá pedir o libro que prefira, que tamén recibirá cómodamente no seu domicilio. Para aquelas persoas que non atopan o libro que desexan neste catálogo, non se preocupen. A edición do catálogo será trimestral, con novos libros na vindeira publicación. Se o que prefiren é facer uso da Biblioteca tamén melloramos os horarios, ampliándoos, para que dispoñan de maiores posibilidades. Ademais, lémbrolles que na Biblioteca dispoñemos dun espazo para a lectura, así coma dunha aula de informática con conexión a internet da que poderán facer uso no horario de apertura da Biblioteca. E todo isto, de balde. Por unha biblioteca de todos e para todos. Anxo Franco Vidal Tenente de Alcalde. Concelleiro de Cultura e Patrimonio Voceiro da Biblioteca Escolma de libros Fachada da biblioteca pública municipal de Dodro. ENVIO POSTAL SEN ENDEREZO

Upload: others

Post on 12-Nov-2021

10 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: Voceiro da Castelán Biblioteca Escolma de libros

Inverno de 2008O presente catálogo é un instrumento para achegar a

lectura á veciñanza de Dodro. Sabemos da dificultade

que pode supór desprazarse á Biblioteca tanto aos

nenos e nenas que non dispoñen de transporte coma ás

persoas adultas, que carecen do tempo suficiente. Por

iso, para facilitar esa labor, elaboramos este catálogo,

que lle chegará cómodamente á sua vivenda, dende

onde poderá pedir o libro que prefira, que tamén

recibirá cómodamente no seu domicilio.

Para aquelas persoas que non atopan o libro que

desexan neste catálogo, non se preocupen. A edición

do catálogo será trimestral, con novos libros na vindeira

publicación.

Se o que prefiren é facer uso da Biblioteca tamén

melloramos os horarios, ampliándoos, para que

dispoñan de maiores posibilidades.

Ademais, lémbrolles que na Biblioteca dispoñemos dun

espazo para a lectura, así coma dunha aula de

informática con conexión a internet da que poderán

facer uso no horario de apertura da Biblioteca. E todo

isto, de balde.

Por unha biblioteca de todos e para todos.

Anxo Franco VidalTenente de Alcalde.

Concelleiro de Cultura e Patrimonio

Castelán

Biblioteca Municipal de Dodro Escolma de lecturas 1

Voceiro daBiblioteca Escolma de libros

Fachada da biblioteca pública municipal de Dodro.

EENNVVIIOO PPOOSSTTAALL

SSEENN EENNDDEERREEZZOO

Page 2: Voceiro da Castelán Biblioteca Escolma de libros

GalegoPara os/as máis pequenos/as

Outras lecturas

2 Biblioteca Municipal de Dodro Escolma de lecturas

Olalla González: Chibos chibónsTres chibos chibóns querencomer unha herba moi verdeque medraba na outra beira dorío, ao outro lado da ponte queprotexía un trasno malvado efeo. Como vixiaba día e noite

para que non pasase ninguén, decidiron enganalo.

Irene Pérez Pintos: ManuManu antes de saír da bañeiramergullou a cabeza na auga. Aúnica consecuencia foi que lleentrou, claro, auga nos oídos.Por iso cando a nai lle dixo o

que tiña que traer da tenda, entendeu mal: envez de lentellas, dez tellas. E tampouco entendeuao dereito os mandados seguintes. Pero, dispos-to a obedecer, ía comprar todo: nove patos, oitoluvas, sete ratas, catro remos.., e ata unha caca.

Marta Álvarez: A aspironetaA Zip, a aspiradora, cambiou-lle a vida cando chegou K-38,último modelo en aspirado-ras, aspirocosía, aspiroguisa-ba e aspirofacía deliciosas tor-tas de chocolate. A ela pechá-

rona no faiado Para recuperar o seu prestixio,tentou facer cousas, pero todo o aspiraba. ¡Seata aspirou o gato! Foi cando a botaron ao ver-tedeiro. Até que a recolleu Sabela, para o seutaller, onde converteuna nunha aspironeta.

Agustín Fernández Paz: Raquel ten medoCada vez que cre ver un monstro, Raquelesperta a súa irmá Tina.

Antón Cortizas: Esta era unha vellaUnha vella que tiña un gato cos pés de trapo,a barriguiña ao revés e as orellas de papel.¿Queres que cho conte outra vez?

David McKee: ElmerElmer é un elefante distinto: a súa pel é de milcores. As veces pensa que quixera ser griscomo os outros elefantes. Pero, por sorte,¡Elmer sempre será Elmer!

Tono Núñez: Amores de Gato e RatoCoa orquestra do Burro Ramón como trompe-tista, a Vaca Ciriaca tocando o tambor e o galocantando todos o pasaban bomba, agás oGato Gota. Non lle gustaba o baile e só cavila-ba en como pillar un rato. E mira ti por onde opillabán do rato Donato veuno sacar a bailar,propoñéndolle logo de iren ao tellado por serun recuncho máis tranquilo. O gato deixouselevar. Mais era unha trampa: alí estaba agardán-doo o Can Pirillán.

Xosé A. Neira Cruz: As porcas porquiñasCada tarde aparecen na casa de Victoria tresamigas da súa mai que beben centos de tazasde café, fan trampas ás cartas e aínda por ribacheiran fatal. Un día chega unha nova amiga. Édiferente: arrecende a caramelo de limón.Victoria descobre, furgándolle no abrigo, quetodas as súas cousas teñan o mesmo arrecen-do. ¡Se ata leva unha variña máxica como afada que debe ser! Será ela o instrumento dasúa vinganza.

Paloma Cueto-Felgueroso: O trasno velliñoArnold Lobel: Contos de ratiñosMaria Neira: A mama gansa e o pastel

Marisa Núñez: CocoricoReiner Zimnik: Pequeno tigre bradante

Page 3: Voceiro da Castelán Biblioteca Escolma de libros

Castelán

Biblioteca Municipal de Dodro Escolma de lecturas 3

Para os/as máis pequenos/as

Annette Tison, Talus Taylor: BarbapapaEste divertido personaxecomo forma de ¡pera! e a suamuller, Barbamamá, naceronnun xardín. Teñen sete fillosque tamen teñen a capacida-

de máxica de converterse en obxetos distintossegúndo vos seus desexos

Kathrin Kiss: ¿Qué hace un cocodrilo por la noche?

A historia de amizade entrePaula, unha nena esperta eextrovertida, e Coco, un cro-codilo tímido que sae denoite a pasear e xogar nonparque.

Tomi Ungerer: Los tresbandidosTres feroces bandidos quepola noite asaltaban carrua-xes para roubar e atemorizaraos seus pasaxeiros. Ata queun día, atopan unha nena orfaque non tiña medo de eles eque lles cambiaría a vida...

Merce Company: Las 3 mellizas yCaperucita roja

Os nenos gozarán das divertidas aventurasdestas simpáticas protagonistas e dos perso-naxes dos contos de sempre.

Hola, soy Winnie PoohEste libro ten texturas en cada páxina. Tócaase sente o mimoso que é Winnie.

Janet Ahlberg, Allan Ahlberg: ¡Adiós,pequeño!Esta é a historia dun neno que vive só e quedecide ir buscar mamá. Queres ser ti a miñamamá? pregúntalle a un gato, a un osito, aunha galiña mecánica e a moitos personaxes.Que atopará no camiño? Tal vez unha familiaenteira.

Arnold Lobel: Sapo y Sepo, un año enteroSapo e Sepo, demóstranse a súa amizade: nuntrineo sobre a neve, buscando a esquina poronde aparece a primavera, compartindo osxeados do verán...

Gorden Volke: Los peces bailarinesLendo as divertidas aventuras dos peixes baila-ríns, os coches tolos, e os dinosauros chiflados,os máis pequenos da casa poden aprender asumar e restar

Outras lecturas

Violeta Denou: Teo en un dia de fiestaDimiter Inkiov: Mi hermana Clara

y el Angel de la Guarda

Los mejores cuentos de ayer y hoyLos exitos de la Bruja Aburrida

Page 4: Voceiro da Castelán Biblioteca Escolma de libros

GalegoDesde os 7 anos

4 Biblioteca Municipal de Dodro Escolma de lecturas

Pinto & Chinto: Historia deRomán o bombeiro Cando ao cumprir nove anosRo mán apagou dun sopro as

nove candeas do pastel, soubo que de grandehabíase dedicar a apagar o lume. Dende aquela,devecía por apagar as dos aniversarios dos ami -gos e mesmo se ofreceu aos an ciáns do asilo:como eles non tiñan folgos, el apagáballes ascandeas. De maior, foi á academia de bombeiros

e entón comprobou que o tra-ballo era máis complicado.

Agustín Fernández Paz: Cos pés no aireA vida de Daniel era aburrida emo nótona, ata que fixo unincreíble descubrimento: podíaseparar os pés do chan, elevarsee non caer no baleiro. Chegar a

dominar esta técnica era todo un reto, aínda quedebía ter coidado para non ser descuberto.

Xabier P. Docampo: BolboretasUn rapaz argallou un xogo: pillaba unha bolbore-ta e metíaa na boca. Aguantando a respiracióntodo o posible, coas meixelas inchadas, vivía opracer de notala revoar dentro. Sen lle facerdano, deixábaa logo fuxir voando. Un día ensi-noulle o xogo a unha rapaza da que estabanamorado. Pero ela pouco aguantaba a bolbore-ta na boca. Como lle facía cóxegas, pegaba a rir,deixándoa liscar. A aprendizaxe do xogo conver-

teuse no sentido da súa relación.

Alberto Varela Ferreiro:Anamarciana no PlanetaVermelloNa Escola Sideral, explicaron quefai moitos millóns de anos terrícolasMarte era un planeta estupendo

para vivir. Nel vivían os avós de Ana, pero tiveron queemigrar porque estaba tan contaminado, que aca-bou converténdose nun deserto vermello...Undomingo, o avó levou a Ana de excursión no pote

fotónico, pilotado polo robot Ambrosio. Ían taméno irmán, a vaca Lola escaiflai e o can Quásar.

Úrsula Heinze: Nace un campiónAndi, causa a risa dos compañeiros porque émoi torpe en ximnasia. Pero, sobre todo en na -tación. E isto é o máis preocupante, pois podeprivar á súa aula de gañar a competición do cen-tro que ten como premio un aprobado xeral emais unha viaxe ás Ca narias. Por iso Pablo Vieiraaxúdalle a aumentar a forza muscular; e a avoaElisa, consegue que aprenda a nadar.

Ole Lund Kirkegaard: Otto é un rinoceronteToper atopa un lapis máxico que fai desapare-cer o que escribe, pero cando pinta un rinoce-ronte na parede, este faise real. Unha historiadelirante feita á maneira dun xogo infantil,inxenuo e louco, cheo de xogos de palabras,equívocos e disparates.

Pablo Prestifilippo: Manual de calcetínssalvaxesNeste manual, non só coñecerás todo aquiloque se necesita saber para fuxir da praga doscalcetíns salvaxes, senón tamén aprenderás mile un detalles importantes para convivir coneses diminutos individuos que esconden osteus pés: con que están feitos, como é a súaanatomía, que razas existen, a súa hixiene (máisben a súa «non hixiene»), a súa vida sexual...Isosi, unha advertencia: se cando termines o librotes unha escordadura de mandíbulas de tantorirche, non digas que non che avisamos.

Malcoln Bird: Manual das bruxasAs bruxas teñen moi mala fama pero en realida-de son humanas –ou case– e teñen moitas cali-

Outras lecturas

Xavier Queipo: O espello e o dragónPepe Carballude: Mimos e máis mimosXosé Miranda: Álvaro e ÁlvaroDaniel Ameixeiro: A tenda de antigüidades

Page 5: Voceiro da Castelán Biblioteca Escolma de libros

Castelán

Biblioteca Municipal de Dodro Escolma de lecturas 5

Desde os 7 anos

dades. Gústalles vivir en castelosvellos, cociñan vermes e sobretodo son xeniais fastidiando axente. Así que xa vai sendo horade que alguén as axude. ¡Bruxasdo mundo, este é o voso libro!Joachim Masannek:

JJuli, el mejor defensaCando Juli vai en busca do seu pai é descubertopor Michi o Gordo e os seus colegas, que lle fanpasar un mal intre. Tras varios encontros desagra-

dables, Juli e a súa cuadrilla osdesafían a combater nunha bata-lla; o resultado será gañar e que-dar tranquilos, ou perder esoportar a ameaza dos chantaxis-tas.

Laida Martínez Navarro:Los líos de MaxMax ten nove anos, é tatexo emetese en líos sen saber como.Está a piques de liala cando creque as árbores do parqueson...bruxas!

José Antonio Millán:C. El pequeño libro que aún

no tenía nombreC. é un libro tan pequeno que só tiña escritas dúasliñas: «Érase unha vez» e «Fin». Por iso, un día C

emprendeu unha viaxe polabiblioteca, para pedir axuda áEnciclopedia que, segundo dicí-ase o sabía todo. Asi que púxosea rubir, a rubir....

Knister: Kika Superbruja en elSalvaje OesteKika Superbruja volve ao Salvaxe

Oeste, para loitar contra a banda dos Tornado. Alí

reencóntrase con vellos coñecidos, comoEnchilada Decarne. Toda a maxia será poucapara axudar aos habitantes do lugar a loitar con-tra os fuxidos que os atemorizan.

E. B. White: Las telarañas de CarlotaDesde o seu nacemento, a vida do cerditoWilbur corre perigo. Naceu pequeno e débil eo granxeiro decidiu acabar con el. Grazas aoscoidados de Fern, a filla do granxeiro, prontose recupera. Pero aínda así, a ameaza manten-se. Vendido a un criador de porcos, o seu futu-ro está claramente trazado. Con todo, grazas aFern, aos outros membros da granxa e espe-cialmente á súa sabia amiga, a araña Carlota, asúa vida toma un xiro inesperado.

Mario Lodi: CipiAlgunhas veces o cole parece un rolo, perooutras pasan cousas tan inesperadas... Como odía en que o profesor descubriu a un gorrión etodos estivémolo observando atentamente. Edescubrimos que tiña unha preciosa historiatras de si.

Margaret Mahy: El secuestro de la bibliotecariaUns bandidos secuestran á bibliotecaria coaintención de pedir un importante rescate. Peroos pobres ladróns non contaron coa valentíade Ernestina, nin co seu bo corazón, nin cunterrible sarampión. Unha divertida historia coaque gozarás ao grande.

Roald Dahl: El vicario que hablaba al revés

Outras lecturas

Sempé/Goscinny: El pequeño Nicolás: el chisteMichéle Kahn: Un ordenador nada ordinario

Jordi Sierra i Fabra: AydinCharles Odgen: Bichos raros

Page 6: Voceiro da Castelán Biblioteca Escolma de libros

GalegoDesde os 12 anos

O vigairo Ozire chega á súa novaparroquia e os nervios xóganlleunha mala pasada. Sen darseconta, hai moitas palabras que llesaen do revés. Como siga así,pronto todo o mundo pensaráque está majareta. Unha historiatan chea de comicidad que cha

lerás nun periquete.Ramiro J. Álvarez:Amigos en tempo realAntón ten unha perna ortopédica. Cando os ami-gos xogan ao fútbol na praza vermella él fai de por-

teiro. Pero por non abusar da súaeiva física, buscan unha alternati-va para que él estea entretidomentres eles lle dan á pelota.Cando abre “o Mundo daInformática” aparece a solución:nun chat co ñece a unha rapazamexicana que cumpre anos omesmo día ca él. Comeza entón

unha amizade.

A. Fernández Paz: Tres pasos polo misterioTres relatos co elemento común do misterio, dunsuceso inquietante e inexplicable que mudounun momento dado a vida dos narradores prota-gonistas. As estrañas sombras dun faro derruido,unha presenza enigmática que aparece coa noitechea de estrelas, a maldición agochada nunmonumento megalítico.

Andreu Martín: Flanagan sóFlanaganFlanagan pensa que se converteunun fuxitivo desque rompeu conBranca. Aparentemente aquelaruptura fora suave, civilizada.Flanagan pensa que un detectivecoma Deus manda non ten porqueter parella. Un detective de verda-

de ten que namorarse volcanicamente dalgunhamoza, e mellor se ó final resulta que é a culpable do

caso que está investigando. Isosi que dá pé a despedidas inte-resantes.

Breogán Riveiro:Tonecho de RebordechaoTonecho vive en Rebordechao,unha aldea perdida na xeogra-

fía galega na que non hai máis nenos ca el. Defeito, é un lugar tan afastado que o reparto dopan non chega pola mañá senón á tardiña. Pormor da morte de seus pais, Tonecho tivo quedeixar a grande cidade á que estaba afeito e irvivir cos avós.

Fina Casalderrey: ¡Prohibido casar, papá!Elia, convalecente no hospital dunha opera-ción de apendicite, está vivindo unha dobretensión: ao desacougo pola estadía no sanato-rio engádese a presión dos que a visitan inten-tando convencela de que é atinada a decisiónde seu pai de volver casar.

Silvestre Gómez Xurxo: Déixao medrarPaio xoga no equipo local de cadetes baixo aollada axexante do seu pai, obsesionado por-que demostre que pode chegar a ser un granxogador de futbol. Pensa que é un fenómenoe ségueo a todos os partidos. Un golpe contraa portería provoca o debate no matrimoniosobre o porvir do fillo, que a nai quere deixarmedrar sen as presións paternas. Ademais Paioatopa unha compañeira de soños en Ana.

M. Vázquez Freire: A malvada María XoséMaría Xosé é tan malvada que decide burlarsedunha compañeira, Viri, que creou unha pandade aventureiros. Todo comeza cando ve unvagabundo. Argalla, mediante unha nota falsa,un secuestro, que Viri non pode menos de asu-mir como propio dunha panda de valentescomo é a súa. Pero o vagabundo non é tal,senón un mozo que quere ser actor e aceptatraballar para unha xubilada experta en siste-mas informáticos. O que empeza como unha

Outras lecturas

Carlos Casares: Un polbo xiganteAgustín Fernández Paz: Amor dos quince anos, Marilyn

Ruth Vander Zee: A historia de ErikaAlice Vieira: Caderno de agostoElvira Lindo: Manolito Catrollos

Page 7: Voceiro da Castelán Biblioteca Escolma de libros

broma da nena ruín, acaba con-verténdose nun perigoso inci-dente político.

R.L. Stevenson: A illa dotesouro Un mociño inglés do séculoXVIII mesturouse cunha grea debucaneiros disfrazados dexente de ben, e norteados

todos polo mapa que atopara o rapaz nun cofredun pirata finado na cativa pen-sión familiar. Este achado abriráas portas a emocionante expe-dición na procura do míticotesouro do Capitan Flint.

Judith Kerr: Cuando Hitlerrobó el conejo rosaUnha familia de orixe xudía foxe

da Alemaña nazi temendo pola súa vida. Atrás dei-xarán moitas cousas, particular-mente Anna, a nena da familia,que se verá obrigada polas cir-cunstancias a madurar de golpe.

Cristina Macía: Una casa conencantoA mansión que Eli herdou non éunha casa calquera. Os seushabitantes son unha xente moiestraña e teñen un encantoespecial. Descobre por que axente transfórmase cando entranesta casa.

Clive S. Lewis: El león, labruja y el armarioA través dun armario 4 irmáns

entran en Narmia, un mundo poboado por seresextraordinarios que están aterrorizados por unhabruxa malvada. Os 4 rapaces axudarán ó verda-deiro rei a recuperar ou seu trono.

J. K. Rowling: Harry Potter y la orden del FénixHarry Potter xa vai facer o seu quinto ano enHogwarts. Desepérase por volver á escola e saberpor que os seus amigos Ron e Hermione andaron

con secretiños todo o verán. Pero cando unhamaliciosa empregada do Ministerio de Maxiaempeza a tentar usurpar o poder deDumbledore. Harry comeza unha batalla contraela. E aínda por riba, están os exames da curu-xa...

Susan E. Hinton: La ley de la calleA Rusty James teríalle gustado moito ver o seuamigo Steve na praia, se non fora porque lletrouxo á memoria duras lembranzas de pele-xas, alcohol, e sobre todo do Rapaz da Moto.

José María Merino Sánchez: El viaje secretoNo internado onde estuda Toño, todos temen aRuti, o matón da clase. Pero un día as cousascambian grazas a Froilán, un neno que se pasa odía lendo e que non teme a Ruti. A malleira quelle propina Ruti a Froilán envíao directamente aohospital, pero a valentía demostrada por Froilán,permítenlle a Toño enfrontarse a Ruti.

Mirjam Pressler: Días de sorpresaSamuel non quere nin oír falar da marabillosacasa que os seus pais acaban de comprar. Estáconvencido de que vivir alí vai ser un inferno.No novo barrio non coñece a ninguén, ninpoderá facelo, porque está infestado de casasencostadas con xardín rodeadas de valos altos:por iso as rúas están sempre baleiras. Ou casebaleiras, porque un día, paseando, de súpetoviu de lonxe a unha nena que enseguida seachegou a saudarlle.

María Menéndez-Ponte Cruzat:

Castelán

Biblioteca Municipal de Dodro Escolma de lecturas 7

Desde os 12 anos

Outras lecturas

Katherine Paterson: Un puente haciaTerabithiaEric-Emmanuel Schmitt: El señor Ibrahimy las flores del CoránGeorgia Byng: Molly Moon y el increíblelibro del hipnotismoGeraldine McCaughrean: Peter Pan deRojo Escarlata.José María Plaza: No es un crimen enamorarse

Page 8: Voceiro da Castelán Biblioteca Escolma de libros

GalegoMocidade

8 Biblioteca Municipal de Dodro Escolma de lecturas

Nunca seré tu héroeAndrés é un mozo contradito-rio. Se se trata de exercer assúas afeccións, debuxar cómicspor exemplo, é o mellor, pero áhora de estudar non atopa amotivación suficiente. Aíndapor riba, a súa noiva deixoullepolo que todos consideran

empollón da clase, a súa familia non se atopa nomellor momento e o seu mellor amigo non lle

perdoa que estea cambiandotanto. De ma siadas complica-cións con diferentes finais.Pero hai algo que permanecepor encima de todo o que oco-rre: o seu amor por Sara.

Manuel Darriba: Paf XaropeNovela que cunha escrita áxilse divide en 32 “flashes” nos

que presenciamos a cotidianeidade dunha vilaazoutada polo desemprego e na que a xuven-tude ten o seu lugar de encontro no PafXarope, escenario no que impera a monotoníae que supón o contrapunto a un crime que seestá a resolver.

Xosé A. Neira Cruz:As cousas clarasA apertura dun sex-shop ondao instituto altera a vida na esco-la. Na clase de Mon debatensobre o sexo e se exhibe unhapelícula en proxección públicapara que os pais comprobenque non é pornográfica, comocomenta a prensa. Aparecen

pasquíns acusando a Mon de homosexual ecorruptor de menores. Días despois, disque seintenta suicidar e por iso está ingresado no hos-pital. Un policía vén ao instituto investigar o

caso. Marga comeza a atarcabos porque el lle falara deque había un problema gordono instituto.

Miguel Vázquez Freire:Proxecto Pomba DouradaArno, de volta da escola, ato-pouse cos corpos de seus pais

mortos. Deixáranlle unha mensaxe na computa-dora: temen que os maten pola súa descubertadunha rede de información que controla todasas computadoras. Debe marchar para Fisterra ebuscar un anel que ao esfregalo fala con Arno,só e ten os datos do proxecto de programa“Pomba Dourada”.Agustín Fernández Paz: Corredores desombraClara busca no pasado familiar (pais, avós) paradescubrir quen asasinou un home que apareceemparedado no pazo de seu pai, coa axudadun rapaz, ben diferente a ela.

Inma L. Silva: Neve en abrilElixio, un home maior que se ve obrigado alembra-lo seu pasado para desentrañar un mis-terio con raíces na Guerra Civil española.

María Victoria Moreno:Guedellas de seda e liñoHistoria dunha familia acaudalada que vive nunpazo. O dono e a súa muller viven sós ata quedon Manuel aparece con María Xesús unha nenaque ninguén coñece e que queda a vivir co ma -trimonio. A alegría da nena, a súa simpatía e oseu carácter aberto contaxia a todos os habitan-tes do pazo e cambia por completo as súas vidas.

Oscar Wilde: A pantasma de Canterville

Outras lecturas

Beatriz García Turnes: ValdamorJaureguizar: A cova das vacas mortasRosa Aneiros: Eu de maior quero ser

Francesc Delgado: SagarmathaPepe Carballude: Maldito D.N.I.

Page 9: Voceiro da Castelán Biblioteca Escolma de libros

Castelán

Biblioteca Municipal de Dodro Escolma de lecturas 9

Mocidade

Unha pantasma que xa nonasusta e que remata sendo unxoguete de dous nenos terri-bles. Un bo Lord desespera-do porque nunca lle sae benun crime que está obrigado acometer. ¿Que segredo ago-

chará a esfinxe?

Manuel Forcadela: A pro-cura do falso GrialO detective Toni Barreiro tenque descubrir o autor doroubo na casa dunha parellaadinerada que poucos díasdespois aparecen asasinados.

A enigmática figura do copón desaparecido,unha especie de grial, pono tras a pista dungrupo esotérico.

Lola González: Brumas de octubre Miguel de 14 anos escomezaou instituto, é a primeira vez.Mes a mes, mestres, compa-ñeiros, suspensos e amoresvan a ocupar a súa vida.

Isabel Allende: La ciudad de las bestias

Alex é un mozo de 15 anosque acompaña á súa avoa aunha expedición aoAmazonas, en busca dunhafascinante criatura coñecidacomo “a Besta”. A viaxe con-vértese nunha extraordinariaaventura na que maxia e reali-dade confúndense.

Carlos Ruiz Zafón: MarinaÓscar decidiu desaparecer pensando quepode fuxir do seu pasado. Agora regresoupara conxurar ás súas pantasmas e enfrontarseá súa memoria. Os seus recordos farannos revi-vir unha macabra aventura na que o terror e atolemia rodean, sorprendentemente, a máisfermosa historia de amor.

Lorenzo Silva: La lluvia de ParísSilvia cría que estaba soñando cando un directorde cine contratouna para rodar unha película enParís. Con todo, pronto descubriu que detrás dacámara, os soños desvanécense e que tamén enParís pode chover, como en calquera outra cida-de. O máis duro de facerse maior é que, cando setuercen as cousas, a vida obriga a tomar difícilesdecisións.

Stephenie Meyer: CrepúsculoCando Isabella múdase a Forks, pensa que é omáis aburrido que lle podía ocorrer na vida.Pero a súa vida dá un xiro excitante e aterradorunha vez que se atopa co misterioso e sedutorEd ward. Ata ese momento, Edward arranxoullaspara manter en segredo a súa identidade vam-pírica, pero agora ninguén se atopa a salvo, eso bre todo Isabella, a persoa a quen máis quereEdward...

J.R.R. Tolkien: El señor de los anillosUn anel debe ser destruído no lugar onde foiforxado. É tan poderoso que non debe caer nasmans do mal. Acompaña a Frodo, Gandalf e osseus compañeiros na loita contra a escuridade.Entra con eles nun mundo fantástico poboadopor orcos, trolls, elfos...

Susan E. Hinton: RebeldesNon queda máis remedio que a fuxida, a bandarival perségueos. Mozos dos suburbios que sedescobren nestas páxinas falando das súascasas e da vida que levan.

Martín Casariego Córdoba: Dos en una

Outras lecturas

Mary W. Shelley: FrankensteinXavier Fabregas: El misterio deQuintopinoAlejandro Gándara Sancho: Nunca serécomo te quieroDodie Smith: El castillo soñado

Page 10: Voceiro da Castelán Biblioteca Escolma de libros

GalegoAdultos/as

10 Biblioteca Municipal de Dodro Escolma de lecturas

Aos dezaseis anos, Mateo experimenta unhasensación nova parael: namorouse porprimeira vez.Coñece a Lara coaque establece unhaamizade. O que enprincipio é unharelación de ilusióncomplícase, poisMateo ama sensabelo a dúas mozasá vez.

Marta Rivera de laCruz: Otra vida para CristinaCristina sofre un accidente de coche no quemorren os seus pais. Quedouse soa e vaise avivir coa súa tía Virginia, que vive en Ribadeo.Pero Virginia estaba distanciada da súa nai faianos, polo que xunto á súa nova amiga Sara e aoseu irmán Sergio (de quen Cristina se namora

platónicamente) intentará pescudar os motivosda disputa que mantiveron a súa nai e a súa tía.

Suso de Toro: Trece badaladasUnha escritora de guións entrevístase co direc-tor dunha produtora para intentar venderlle unguión cinematografico baseado nunha antigalenda compostelá. A sombra dun mal incerto earrepiante se cerne sobre ambos cando opoderoso produtor descobre que o argumentodo guión aseméllase dun modo inquietante ásúa propia vida. Esto unirá aos dous na resolu-ción do misterio

Teresa Moure: Herba mouraDescartes tivo unha filla cunha criada. El defen-deu durante toda a vida a súa propia honra,argumentando que aquela nena era o froito dunsó encontro sexual, un descoido moi pequeno.A situación non debía de ser fácil para a nai dacriatura, Hélène Jans, unha muller excepcionalpara a súa época xa que sabía ler e escribir. Unha

Outras lecturas

Rafael Dieste: Dos arquivos do trasnoManuel Rivas: Os libros arden mal

Paulino Pereiro: Arredor de ChintoAlvaro Cunqueiro: Os outros feirantes

Outras lecturas. Para saber máis: Ensaio en galego e en castelán

Xosé Luís Blanco Campaña:Introducción á canción galegaCastelao pintorHistoria da Música de Jazz

Varios: Historia Xeral da Literatura GalegaLucía Rey Insua: Xogos, enredos eadivinasJosé Ramón Soraluce: Guía daArquitectura Galega

Page 11: Voceiro da Castelán Biblioteca Escolma de libros

Castelán

Biblioteca Municipal de Dodro Escolma de lecturas 11

Adultos/as

filósofa no XVII, noque as mulleres nontiñan razón, nin alma,que viña ser omesmo.

Marina Mayoral:Ao pé do magnolioAo pé do magnolioque unha mullerplantou, un homerememora a sua vida

Carlos Casares: O sol de veránHelena viaxa a Galicia onde transcorría a súanenez. Busca as razóns do suicidio de Carlos.Xuntos construíron casetas de madeira, nada-ron espidos no río e aínda que ambos tratasende ocultalo, amáronse desesperadamente.Pero as vellas paredes do casarón familiar gar-dan demasiados segredos...

AlmudenaGrandes:

El corazón heladoNo enterro do seu pai, Álvaro sorpréndese polapresenza dunha muller nova e atractiva, á queninguén vira antes e que parece delatar aspec-tos descoñecidos da vida íntima do seu pai.

Mario Vargas Llosa: Travesuras de la niña malaRicardo ve cumprido o soño que na súa Limanatal alimentou desde que tiña uso de razón:vivir en París. Pero o rencuentro cun amor deadolescencia cambiarao todo. A moza, incon-formista, aventureira e pragmática, arrastraraofóra do pequeno mundo das súas ambicións.Os dous verán as súas vidas entrelazarse senchegar a coincidir de todo.

Dan Brown: Angeles y demoniosAntes de descifrar o código Da Vinci, Langdonanaliza o críptico que apareceu marcado alume no peito dun físico asasinado. O que des-cobre é unha vinganza contra a Igrexa Católicaperpetrada por unha organización secreta cen-tenaria, os Illuminati. Nun desesperado esforzopor salvar o Vaticano, Langdon traballa man aman coa misteriosa científica Vittora Vetra.Xuntos embárcanse nunha frenética buscapola cidade eterna que os leva a criptas sela-das, perigosas catacumbas, catedrais baleiras,e que remata na cámara máis secreta domundo: o agocho dos Illuminati.

Ken Follet: En el blancoToni Gallo, a xefa de seguridade duns labora-torios farmacéuticos, detecta o roubo dunhadroga antiviral en experimentación. Trátasedun virus letal moi perigoso

Outras lecturas

Lauren Weisberger: Diablo viste de PradaPaulo Coelho: Once minutosNicole Krauss: La historia del amor

Ildefonso Falcones: La catedral del marJuan José Millás: Laura y JulioCarlos Ruiz Zafón: La sombra del viento

Outras lecturas. Para saber máis: Ensaio

Mª Jesús Alava Reyes: La psicología quenos ayuda a vivirKaz Cooke: Embarazada: la guíaindispensable para madres primerizasStefan Bulmann: Mujeres, que leen, sonpeligrosas

Nancy Peske: CineterapiaKarlos Arguiñano: Gran recetarioCesar Vidal: Enigmas históricos aldescubierto

Page 12: Voceiro da Castelán Biblioteca Escolma de libros

NORMAS DE FUNCIONAMENTO DA BIBLIOTECA

12 Biblioteca Municipal de Dodro Escolma de lecturas

PPrrééssttaammoo ppeerrssooaallÉ un dos servizos que ofrece a biblioteca. Para facer uso desteservizo é necesario estar en posesión do carné da BibliotecaPública Municipal de Dodro.

AA oobbtteenncciióónn ddoo ccaarrnnéé

É gratuíto. Para solicitalo, debe dirixirse á biblioteca provisto doseu DNI ou pasaporte, 2 fotos e encher un impreso.

Con este carné pódese levar a casa 2 libros por un período máxi-mo de 15 días, renovables ata duas veces. Non procederá a pró-rroga cando o libro de que se trate fose solicitado en reserva.

AAss rreesseerrvvaass

Fanse: de forma presencial, telefónicamente 981 802 472, porcorreo electrónico: [email protected] ou a traves da páxinaweb. www.opacmeiga.rbgalicia.org.

Tamén se poden retirar obras en préstamo chamando por telé-fono ou por correo electrónico e o material enviaráselle ao domi-cilio por correo postal. Unha vez vencido o tempo de préstamo,o usuario devolverao á biblioteca.

CCoommpprroommiissooss ddoo uussuuaarriioo

• Respectar os prazos de devolución e renovación.

• Coidar as obras prestadas, sobre todo non subliñar, nin

escribir nos libros.

• Repor as obras en caso de perda ou deterioro das mesmas.

NNoovvoo hhoorraarriioo ddee aappeerrttuurraa ddaa BBiibblliiootteeccaa PPúúbblliiccaa

LUNS Tarde: 15:00 a 22:00 h.

De MARTES a VENRES

Mañá: 11:30 a 14:00 h.

Tarde: 15:00 a 22:00 h.

SÁBADOS 10:00 a 14:00

IInnffoorrmmaacciióónn

Biblioteca Pública Municipal de Dodro

Tallós, 28

15981- Dodro

Tfno 981 802 472

[email protected]

www.opacmaeiga.rbgalicia.org