escolma de lendas

35
crenzas de cangas PROXECTO INTERDISCIPLINAR 2011-2012 biblioteca www.bibliotecamontecarrasco.wordpress.com Instituto de Ensino Secundario MONTE CARRASCO

Upload: crenzasdecangas

Post on 27-Jun-2015

951 views

Category:

Documents


9 download

TRANSCRIPT

Page 1: Escolma de lendas

crenza

s de can

gasPROXECTO INTERDISCIPLINAR2011-2012

biblioteca www.bibliotecamontecarrasco.wordpress.com Instituto de Ensino SecundarioMONTE CARRASCO

Page 2: Escolma de lendas
Page 3: Escolma de lendas

crenzas de cangasPROXECTO INTERDISCIPLINAR 2011-1012

biblioteca www.bibliotecamontecarrasco.wordpress.com

Hamza AbidourEstela Alfonso GandónCarlos Antonio Ardá ArizagaNoelia Barreiro VillarÁngela Cabral Guardado Andrea Calvar Prieto Iris Curra Mariño Joseph Gregory Escalante Gudiño Cynthia Fernández Romero Diego Ferreira Pérez Ana María Fontán Fernández Álvaro Gallego CasásManuel García Chorén Uxía García Rodríguez Adrián González Fernández Lois Guitián Escariz Sabela Guitián EscarizPablo Hermelo Ave André Iglesias IglesiasAlberto Lagoa Rodríguez Cibrán López ÁlvarezJoaquín Martínez BesadaIrene Martínez GarcíaKatia Meira CostaSara Otero GonzálezDaniel Paz VidalDamián Pena ParedesPablo Piñeiro MenduíñaBryan Piñeiro SoliñoMauro Refojos Pérez Yaiza Riveiro RamosLuz Rodríguez SampedroLucía Rosales BaqueiroPablo Rouco Pousada Cristina Sánchez Aldao Asier Soliño Rial Nicolás Tenorio Nogueira Marcos Vallejo Rial David Vidal Villar COORDINANSeila Acuña FerradanesCristina Fernández RiveraRosa Varela Rodríguez

Coa colaboración do alumnado de 2 de ESO

Page 4: Escolma de lendas

crenzas de cangas

Page 5: Escolma de lendas

3

INDICE

LIMIAR....................................................................................................................................................ESCOLMA DE LENDAS..................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................HISTORIAS RECOLLIDAS POLO ALUMNADO ÁS XENTES DE CANGAS.................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................BIBLIOGRAFÍA.....................................................................................................................................

57AS CIDADES 7OS TRES TOMBOS 8O BERGANTíN PANTASMA 8TROIA 9MARIA SOLIÑO 9O TESOURO DA ILLA DE ONS 11A ILLA DE ONS 11A SEÑORA DO CASTRO ALEGRE 12NA PRAIA DE BORNA 13A FONTE DO BURACO 13A PEDRA DA AUGA 14O CASTRO DE LIBOEIRO 14A POZA DA MOURA 15A COVA DA PARALAIA 15A PEDRA SANTA 16A PEGADA DA BESTA 1617HISTORIAS DE AFOGADOS 17O LUME DE SAN TELMO E O AVISTAMENTO DE LUCES NO MAR 20PARAXES MARIÑAS ONDE SE AFUNDEN BARCOS 22CIDADES MERGULLADAS NO MAR 23BARCOS PANTASMA 24PEIXES NAS CRENZAS 26AS SEREAS 28O DEMO E O MAR 29HOMES E MULLERES QUE ANDABAN SOBRE O MAR 3031

Page 6: Escolma de lendas

crenzas de cangas

Page 7: Escolma de lendas

LIMIAR

5

Alumnado de 1 de ESO do IES Monte Carrasco Curso 2011 - 1012

As alumnas e alumnos do IES Monte Carrasco, dentro do Proxecto Interdisciplinar, fixemos un traballo de investigación que xiraba arredor do tema “As crenzas populares na memoria colectiva de Cangas” e recopilamos multitude de historias da bisbarra, entre elas: O bergantín pantasma, O tesouro de Illa de Ons, A pegada da besta, O zapateiro de Cangas ou A poza da Moura... etc.A información obtémola a través de diferentes fontes: charlas de especialistas (Maruxa Barrio), investigación na bilbioteca e na rede e recollida de historias falando coa nosa xente. Ademais contamos coa axuda dunha ilustradora, María Lires, para orientarnos na elaboración dos debuxos que acompañan os textos. O traballo dirixínonnolo as nosas titoras coa orientación da coordinadora da biblioteca. Foi unha investigación moi interesante na que aprendemos moito. Por iso esperamos que as historias descubertas e publicadas vos gusten.

Page 8: Escolma de lendas

crenzas de cangas

Page 9: Escolma de lendas

Hai unha cova que fixeron os mouros, que vai desde aquí á Illa de Ons. Na Torre de Meira ( esporón Oeste do castro ) hai outra cova que vai a Paralaia.O encanto era unha voz que dicía:- Entrarás e non volverás.No castelo hai unha cova con dúas olas, unha chea de ouro e outra de veleno. Se alguén entrase e abrira unha delas, se tiña sorte collía o ouro, senón morría. Existe un túnel que vai ata un lugar aberto que hoxe se chama Corredouras. A este lugar ían os mouros que habitaban no castelo a facer instrución.Estaba unha moura para dar a luz e baixou o home a buscar unha parteira. Foi a parteira e ó chegar á casa do mouro asustouse; e, ó rematar o parto, o mouro quíxolle pagar e ela non quixo nada. Entón o mouro díxolle:- Aquí che queda esta torada e cando queiras vés collela, que é un gran tesouro.A moura chamábase Olga e o mouro Juan, e tiveron unha nena que foi bautizada en Meira.Case no cumio, cara ó Sur, onde agora hai un loureiro, había unha porta entre dúas pedras. Hai uns 60 anos cóntase que foron tres homes, co libro de San Cibrán, e mentres un o lía do revés, outros cavaban. Oíron o ruído dunha ringleira de carros e entón un dos dous que cavaban dixo:-Vállanos Deus, xa teñen aí os carros para encher o ouro! Entón desapareceu todo.Baixaban uns homes ó pé do castelo e viron unha galiña con pitos piando. Un deles foi collela para levarlla a unha casa de Meira de Arriba, coidando que sería dela. Colleu un dos pitos e convertéuselle nunha pedra de ouro. Entón, asustado, tratou de coller os outros, pero escapáronlle todos.

AS CIDADES

ESCOLMA DE LENDAS

APARICIO CASADO, B. Mouras, serpes, tesouros e outros encantos. Mitoloxía popular galega. Cadernos do seminario de Sargadelos.1999 7

Page 10: Escolma de lendas

O BERGANTÍN PANTASMAHai xa moito tempo que naufragou un bergantín na Punta do Cabalo das Illas Cíes. Tratábase dun bergantín pirata cargado de tesouros, acugulado de moedas de ouro. O seu capitán, un home alto, moreno, de negras guedellas e longa barba, maldiciu aquel día e aquela hora. Non houbo remedio e o barco foi para o fondo con todo o seu ouro e con toda a súa tripulación. Nas noites de temporal, porén, en medio do vento que zoa, do estrépito e tremer dos cables sacudidos, dos

OS TRES TOMBOSEra eu neno e vivía, naquela época, en Cangas, cuns tíos que tiñan unha taberna. Andaba algo enfermo e mesmo tiña febre. Funme deitar. Durmín. E espertei cuns grandísimos tombos no tellado, enriba da casa. Tomoume o medo. Agardei en silencio, pensando no que sería, e volveu outro tombo, despois outro.Tres. Non podía co medo. Chamei berrando aos meus tíos, que non espertaron. Ao cabo volvín durmir. Pola mañá pregunteille á tía se non oíra nada. A tía non oíra, efectivamente, nin os tombos nin as miñas chamadas, mais tan pronto lle dixen o que sentira, exclamou: “Morreu teu tío!” (O outro meu tío que vivía noutra casa próxima e estaba enfermo).Foron a ver e era certo.

crenzas de cangas

bramidos do mar, das inmensas ondas, emerxen das profundidades o barco e a tripulación. Despregan velas, afánanse nas súas tarefas, corren e bolen animadamente, berran e pelexan, intentando que a nave non volva afondar. Son conscientes da súa oportunidade e queren como sexa evitar o afundimento. Só é necesario achegarse á Furna dos Pesos nas noites bravas de inverno e pódese ver. Créanmo. Un bergantín coas velas tensas, dirixíndose dereito contra as rochas, cunha potente luz, resplandecente, pendurada do pau maior, que racha a néboa e deixa ver parte da cuberta. Os mariñeiros son cadáveres, naturalmente, e o capitán berra e esborreca cos ollos vermellos, cos ollos acesos pola ira. Berra e blasfema. Blasfema e xura. Se calma o temporal ou vén o día, o bergantín pantasma vaise coa súa tripulación e os seus tesouros ao fondo do mar. Se cadra, ao día seguinte, un neno se achega ata a praia da Furna dos Pesos.

MIRANDA, X. e REIGOSA, A. Arrepíos e outros medos. Historias galegas de pantasmas e de terror. Vigo: Ed. Xerais, 2004.

Page 11: Escolma de lendas

TROIACidade asolagada de Troia. Cidade asolagada no monte Facho en Donón, en Cangas do Morrazo.Os moitos pecados dos seus habitantes causaron o asolagamento.

V.V.A.A. Dicionario dos seres Míticos Galegos. Vigo: Ed. Xerais, 2008.MARÍA SOLIÑO

Personaxe histórico que naceu na península do Morrazo por volta do ano 1555, que foi procesada, baixo a acusación de meiga, e torturada até a morte nos procesos que a Inquisición levou a cabo en Cangas, en 1621.Os xuízos do Santo Oficio executáronse sobre persoas -incluídos algúns frades e freiras- de ambos os dous sexos nomeadamente o feminino, coa escusa de desenvolveren prácticas de meiguice en cidades e vilas como Pontevedra, Compostela,Verín,Tui, Pontedeume, Padrón, Ponte de Lima ou Guimaraes, entre outras. Nomeadamente sinalados foron os procesos de Cangas do Morrazo e, subliñablemente, o que conducia á morte a María Soliño ou Soliña.A María Soliño procesárona, por meiga, cando contaba xa sesenta e seis anos de idade. As circunstancias do seu xuízo e morte son consecuencia dos ataques dos piratas turcos ás beiras do Morrazo no mes de decembro do ano 1617. É moi importante salientar que todas as acusacións de meiguice, que se fixeron ás mulleres os devanditos ataques. En efecto, no saqueo que levou a cabo por parte dos corsarios, en Domaio, Moaña, o oito de decembro do ano sinalado, morreron asasindos varios mariñeiros, entre os que se atopaban o seu home, Pedro

9

Entre as areas atopa unhas moedas. E entre as moedas, tal vez, uns anacos de óso roídos polos peixes.MIRANDA, X. e REIGOSA, A. ArrepÌos e outros medos. Historias galegas de pantasmas e de terror. Vigo: Ed. Xerais, 2004.

Page 12: Escolma de lendas

Barba, eo seu irmán Antón Soliño. Entre os mortos na praia, como consecuencia da agresión, cóntase, feito interesante, Xoán Refoxos, membro da Inquisición, o que demostra que en Cangas existían autoridade do Santo Oficio, que xamais deran conta das supostas actividades de bruxa de María Soliña. Entre as facendas que figuran arruinadas, despois do asalto, cóntase a de María. No proceso contra ela explánase que non se lle acharon bens, lóxica consecuencia de os inquisidores privárena de todo o que posuía. Cangas encontrábase daquela en período de reconstrución, polo que non é descabelado pensar que as terras de María pasasen a mans de denunciantes, instigadores e testemuñas, alén do quiñón que o Santo Oficio recibía.Como quer que fose, no proceso de María Soliña atopase a declaración de ser meiga desde había máis de vinte e cinco anos, durante os cales tivera contacto co DEMO, se transformase en gato na veciñanza de Cangas e matara moitas crianzas. Cómpre, embora, subliñar que a preguntas como a relativa á morte de miúdos respostou María negativamente, o que non foi pexa para que nas actas do proceso aparecesen as respostas como afirmativas. As testemuñas relataron a súa procura entre as campas do cemiterio, a administracion de dores pola noite ou producir a imposibilidade de camiñar a outras persoas.María Soliña morreu no tormento en xaneiro de 1622 e, como co seu corpo non se puido verificar o auto de fe correspondente, o Santo Oficio e os seus colaboradores confeccinaron un boneco de palla e cartón que levaron polas rúas de Cangas a lombos dun asno. Como se sinalou antes, do proceso e morte de María Soliño os denunciantes e os executores saíron -como era costumeiro - economicamente beneficiados. Non foi María Soliña a única procesada. Entre outras mulleres débese salientar a Elvira Martínez, herdeira das casas, terras e muiños deixados por Xan e María Bo e por Xan e Dominga Martínez, mortos ou levados cativos polos corsarios, a quen denunciaron por bruxa, perdendo todas as súas propiedades, aínda que non a vida. Os procesos da Inquisición non son senón un elo máis da cruel actuación da Igrexa, resumida por Barreiro de Vázquez Varela na frase:¨Despois da guerra viñera a peste, e a fame, e a rapina, e a Inquisición, pior e máis terríbel praga que todas as desfeitas xuntas¨. Unha copla popular lembra estes acontecementos:Adeus, meigas de Cangas,netas de María Soliño,que me levastes a rastraspolo largo do camiño lenda teimou ao longo dos anos que foron os Soliño os que facilitaron informacións á mourisca para o seu desembarco. Por estes rumores, supostamente interesados, os Soliño tiveron de vivir afastados, na viciña parroquia do Hío. Ligada aos ataques de corsarios, fica no Morrazo a lenda dos RABUSOS.VAQUEIRO, V. Mitoloxía de Galiza. Lendas, tradicións, maxias, santos e milagres. Vigo: Ed. Galáxia, 2011.

crenzas de cangas

Page 13: Escolma de lendas

O TESOURO DA ILLA DE ONSO veciño de 75 anos Xosé López Garcia contoume que estando de soldado na África soubo que un mariñeiro da Arousa escoitou a un mouro falar de tesouros; achegouse a el e o mouro díxolle en segredo que na illa de Ons había unha fonte chea de caracoliños de ouro. Cando voltou cumprido, o mariñeiro aproveitou unha mañá que voltaba de pescar para facer recalada na illa, onde o mouro dixera. Entón foi a Arousa, fretou unha dorna ben cumprida e de noite voltou para

GONZÁLEZ REBOREDO X. M. e VILAR ¡LVAREZ, M. Galicia de Lenda. A Coruña: Ed. Hércules, 2001.A ILLA DE ONS

Unha vez Deus- cóntame a cativa de sete anos de Deloriñas Méndez- estaba agachado na beira dun camiño. Pasou un carreteiro e Deus díxolle:- Quérenme levar?Mais o carreteiro respondeulle que non.- Pois has de andar sempre só, díxolle Deus. Pasou outro, Deus pediulle se o levaba no carro e o carreteiro díxolle que sí. Deus entón asegurou:- Pois este ano terás moito millo.E o carreteiro colleu a mellor colleita, arransou a caseta e fíxose un dos mais ricos da Illa. O mozo de dezaoito anos Lelo Blanco, contoume estrouto sucedido:Aquí había un rapaz que todos os días ía ao monte co gando. Un serán viu que por enbaixo dunha laxe lle saía unha cobra, mais tanto lle gustou que lle deu migallos de seu pan. Fixéronse amigos e todos os días xantaban o panciño xuntos, e o rapaz xogaba coa cobra e agarimaba nela. O mozo foi ao sevizo e cando voltou o primeiro que fixo foi correr o monte para ollar a súa cobriña: chegou alá, e subiu como costumaba outroura, e saíu a cobra, mais tan longa, tan longa e tan grosa que o mozo colleu medo.A cobra non recoñeceu o rapaz, botouse a el, ensarillouno nela e logo recoñeceuno e, aflicta botouse ao mar e morreu afogado.Outro mozo -e sinto en verdade non lembrar o seu nome- contoume que no buraco dos mouros

enchela de caracoliños: colleunos a mangados, e íalles soprando un por un,e encheu a dorna de ouro facéndose millonario.

11

Page 14: Escolma de lendas

gárdase moito ouro e pedrería. Moitos veciños teimaban procuralo e alá fóron cavar semanas enteiras, mais cando adiantaban un pouco no seu traballo por embaixo da terra apagábanselles os lumes: é porque dentro moran os trasnos da illa que sopran todas as luces cando se xulgan descubertos.Nesta coba- díxome a vella de 68 anos Romana Domínguez,- a miña nora, que andaba co seu gando a pacer, viu un crego todo revestido cun bastón na man; a miña nora tremeu e berrou polo seu pai toda arrepiada, e o pai díxolle:-Non teñas medo, miña filla, que é un encanto.O veciño de 75 anos Xosé López García contoume que estando de soldado en África, soubo que un mariñeiro da Arousa escoitou a un mouro falar de tesouros; achegouse a el e o mouro díxolle en secreto que na Illa de Ons había unha fonte chea de caracoliños de ouro. Cando voltou cumprido, o mariñeiro aproveitou unha mañá que voltaba de pescar para facer recalada na Illa, e procurou a fonte. Encontrouna no lugar mesmo que o mouro dixera. Entou foi á Arousa, fretou unha dorna ben cunprida e de noite ventou pra enchela de caracoliños: colleunos a mangados, e íalles soprando un por un, e encheu a dorna de ouro, facéndose millonario.David Otero, de 60 anos, viu unha raíña peiteándose na fonte do gaiteiro: cubríase cunha capa de prata, tiña na testa unha coroa de brillantes e o peite relucíalle como se fose de vidro.Estando en Marrocos, Bieito Piñeiro falou cun mouro que, ó decatarse de onde era nado, díxolle que en Ons había moitos tesouros. Ao voltar, o Bieito correu toda a illa, mais non atopou nada.Cando saía de palicar coa moza, Pepiño Vidal, de 27 anos viu a Compaña que lle acenaba coa man.O fillo de Ramona Domínguez Solla, andando a pescar polbo e centolo, choutou a terra para coller unha pedra coa que fondear a dorna, e nun burato que hai polo embaixo do castelo viu un boi moi grande cunhas cornas moi longuísimas que ao soprar facía moito tronido. O rapaz, tal medo colleu que se botou ao mar e por ben pouco non afoga.

A SEÑORA DO CASTRO ALEGREA un rapaz que andaba co gando no castro saíulle un día unha moza que se peiteaba os cabelos cun peite de ouro.-Ai, señora se me dera ese peite con que se peitea! díxolle o rapaz.-Dareiche o peite e dareicho moito máis aínda ata facerte rico se fas o que eu che diga e non te acañas.E díxolle ó rapaz que lle levase ó dia seguinte unha cunca de leite bendito, e que non se acañase co que sucedese, pois mentres ela bebía o leite, el tiña que ter a man na cunca.crenzas de cangas

GONZÁLEZ REBOREDO X. M. e VILAR ÁLVAREZ, M. Galicia de Lenda. A Coruña: Ed. Hércules, 2001.

Page 15: Escolma de lendas

NA PRAIA DE BORNAEn fronte da praia de Borna, entre as parroquias de Meira e Domaio, Moaña (Pontevedra), hai unha pedra con gravuras feitas polos párrocos das dúas freguesías que se xuntaban alí na compaña de testemuñas.Cada un dos presentes, cregos e testemuñas, deixaba marcas na rocha que simbolizan o termo ou linde das dúas parroquias.

A FONTE DO BURACONa fonte do Buraco, en Reibón, parroquia de Meira, Moaña, cando o sol brillaba intensamente no monte da Paralaia (situado ao oeste da fonte) saía unha princesa moi fermosa a peitear os seus cabelos cun peite de ouro.Un día que pousou o peite nun penedo, un porco que andaba a fozar por alí fuxiu con el na boca. Xa na casa dos seus amos, estes decatáronse de que o peite era de ouro e, pretendendo facerse con máis, mandárono de volta coa intención de que os levase ao lugar onde o collera.Pero da princesa non quedaba nin rastro e ao matrimonio, dende entón, nunca máis lle foi ben.

Foi o rapaz coa cunca, e saíulle unha grande cobra que se puxo a beber no leite e o rapaz sen acañar tiña man na vasilla. Bebeu todo o cobra, e ó rematar converteuse na señora do outro día e deulle moita riqueza[Lenda remitida por Soledad Ríos Santomé, de Moaña (Pontevedra)]

http://www.galiciaencantada.com

GONZÁLEZ REBOREDO X. M. Lendas galegas de tradición oral. Vigo: Ed. Galaxia, 1995.

http://www.galiciaencantada.comconsultado: 15 de xuño de 2012 13

Page 16: Escolma de lendas

A PEDRA DA AUGAPor riba do Outeiro do Cruceiro no monte de Moaña, concello de Moaña (Pontevedra), existe unha pedra cunha oquedade na parte superior que está permanentemente chea de auga.Con independencia de se vai moita calor, se chove ou se mantén o tempo moi seco… a auga non seca nunca. Ademais, cóntase que a auga abala e devala ao son das mareas.Por iso é polo que se coñece como a Pedra da auga.[Lenda remitida por Soledad Ríos Santomé, de Moaña (Pontevedra)]

http://www.galiciaencantada.comO CASTRO DE LIBOEIRO

Se se aplica o oído escóitase ruído de auga, un río subterráneo que vai dar ó Facho de Donón, segundo uns, ou ó mar, segundo outros. Así mesmo din que “a pirulla” había unha cova que levaba á praia de Aldán.Din que en Liboreiro hai tres covas: unha de ouro, outra de prata e a outra de laba. Se se abre a de laba estoupa o volcán que din que hai no Liboreiro.Tamén din que hai unha cova que vai dar á cova da Alondra, na Banda do Río, en Bueu. Din que no monte de Xistro(Cela) e no Liboreiro andaban a mIrar os mouros.Díxonos unha anciá que estaba collendo herba no Liboeiro que o verdadeiro nome de Liboeiro é Liboi, e que nel habitaban os monos e que os levou fóra de alí o apostol Santiago, o cal levaba consigo un tenente qua xa loitaba en Liboreiro e os dous levaban loros e produciuse un milagre:o loro de Santiago dixo:-Ven, ven, que por aquí vés ben.O do tenente contestou:-Vai, vai, que por aqui non vin.Santiago derrotou aos mouros e botounos fóra do Liboreiro por cabo Udra, e como símbolo da batalla produciuse un milagre: quedan as pedras dos cabalos.Os mouros que vivian en Liboreiro eran tres e deixaron un manuscrito nunhas pedras, inscritos os seus nomes.

crenzas de cangas

Page 17: Escolma de lendas

http://www.galiciaencantada.comA POZA DA MOURA

Conta a lenda que en Domaio, parroquia do concello de Moaña (Pontevedra) vivía un mouro moi rico que tiña unha filla de gran beleza. Esta moza víase ás agachadas na Poza da Moura cun campesiño da zona co que o pai lle prohibira mocear. A moura desoía as ordes do pai pero un día este sorprendeunos. O pai, furioso, deulle morte ao mozo, e a filla, desesperada de dolor, guindouse á Poza da Moura na que se afogou.En lembranza do acontecido é polo que se lle chama a Poza da Moura e hai quen di que na noite da San

No Liboreiro hai uns mouros que teñen enterrada unha mina de ouro e outra do veleno. Polo visto estes mesmos mouros foron os que fixeron a igrexa de Valano habendo moita xente que os ten visto ir a ela “tomar posesión”. No monte (Liboreiro) hai uns buratos en que viven ananos que comen a xente e que fan moito mal.

A COVA DA PARALAIANo monte da Paralaia, en Moaña (Pontevedra), existía unha cova que os mouros escavaran ata facer un túnel de varios quilómetros que a conectaba coa Torre, en Meira (outra parroquia de Moaña). Por ela transportaban os seus tesouros e se te arrimabas á entrada e te parabas podías escoitar o mar, xa que tamén había quen dicía que chegaba por outra banda á Punta de Udra, no veciño Concello de Cangas.Nesta cova, outra lenda fala de que, nada máis entrar, existía un cruce de sete camiños.

http://www.galiciaencantada.com

http://www.galiciaencantada.com

15

Xoán a moza aparece peiteando os seus cabelos e que, ás veces, se lle escoita cantar.

Page 18: Escolma de lendas

A PEDRA SANTANa zona do Lourido da parroquia de Meira, en Moaña (Pontevedra), existe unha pedra ubicada no monte, de considerables dimensións.Está situada nunha zona na que os canteiros traballaron arreo para quitar pedra con destino á construción do peirao de Vigo. Pero cando intentaron rachala para a trasladar non o conseguiron por moito que teimaron.Circulou, entón, unha lenda na que se atribuía á protección da Virxe o carácter sagrado da pedra e por iso non se podía romper. Era, e así se coñece, unha pedra santa.

http://www.galiciaencantada.com

A PEGADA DA BESTANo Outeiro do Mouro de Donón, Hío, Cangas de Morrazo (Pontevedra) está a Pegada da Besta, tamén coñecida como Pegada do Cabalo do Apóstolo ou Pegada do Mouro. Por alí pasou Santiago no seu cabalo perseguindo ós mouros. Só pousou unha pata e alí está a pegada.

[Lenda remitida por Soledad Ríos Santomé, de Moaña (Pontevedra)]

http://www.galiciaencantada.com

crenzas de cangas

Page 19: Escolma de lendas

-Manuel andaba ás navallas e a gamela na que ían el, o seu irmán e o seu compañeiro rompeu.Manuel e o seu irmán lograron salvarse pero o seu compañeiro morreu afogado. Aconteceu na praia da Lanzada.-Un home caeu ao mar collendo percebes en Cíes e, cunha gamela co chan de cristal, viron un chaleco amarelo. Amarrárono e subírono á embarcación, e era un cadáver.

HISTORIAS RECOLLIDAS POLO ALUMNADO ÁS XENTES DE CANGAS.

HISTORIAS DE AFOGADOS

17

Datos do/da informante:NOME E APELIDOS: Manuel Sotelo OteroDATA E LUGAR DE NACEMENTO:3-8-47,DarboPROFESIÓN: MariñeiroLUGAR DE RECOLLIDA:Travesía do Tabal, DarboDATA DE RECOLLIDA: 21-3-12

Page 20: Escolma de lendas

Antes algunha xente dicía que os que rescatan un afogado tiñan que morrer no seu lugar.Cando os barcos chegaban a terra, mandaban a un dos mariñeiros nunha gamela ao mar para mandar sinais. Nunha destas, viron que o mariñeiro caíra do barco, e un dos seus amigos foi noutra gamela a axudalo. Cando chegou alí, conseguiu que o seu compañeiro subira de volta á súa gamela.Cando se dirixiu cara ao barco de novo, o mariñeiro que fora salvalo, caíu da gamela tamén pero a este xa non o puideron salvar.

A xente ía pescar percebes á costa e como era moi arriscado, daba un golpe de mar e afogábaos.Un home foi coller percebes recén casado e unha onda levouno, aínda que seguiu a flote. Outro home pediu unha corda para rescatalo pero rompeu. Ao final, o home afogou. Aos nove días apareceu morto sobre unhas rochas.

crenzas de cangas

Datos do/da informante:NOME E APELIDOS: Antonio Camaño PenaDATA E LUGAR DE NACEMENTO: Coiro, 19-2-1940PROFESIÓN: Carpinteiro/ mariñeiroLUGAR DE RECOLLIDA: Cunchido de arriba/ DarboDATA DE RECOLLIDA:

Page 21: Escolma de lendas

Era un barco pequeneiro que lle chamaban o “Azaña”, e o 7 de setembro ou agosto, saíron ao mar, cedo. Ao mediodía abarrancarron na costa de Udra e foi ao fondo. Todos os homes morreron afogados excepto un, que conseguiu amarrarse a unha rocha.Un barco ao que chamaban “Nelso”, abarrancou no Outeiro de Balea, e moita xente salvouse excepto o patrón e algúns mariñeiros. O barco quedou aIí durante moito tempo, e como viña cargado de xabón da Toxa, a xente ía aló e collíao, ás escondidas.

Datos do/da informante:NOME E APELIDOS: Aurelia Fernández VillarDATA E LUGAR DE NACEMENTO:17/2/18, en Darbo.PROFESIÓN: Labrega, e traballou na fábrica de Massó.LUGAR DE RECOLLIDA:Piñeiro/ Darbo.DATA DE RECOLLIDA: 19/3/2012

-Fai tempo, un barco que saíu de Liméns propúxose dar a volta á ría de noite. Non tiñan medo ningún, pero ao chegar a Ría de Aldán viu un vento forte do sur e fixo que o barco volcase, e os mariñeiros afogasen e aparecesen varados na praia.-¨O cavo da plata¨ era un mercante que quedou varado no medio dunhas pedras. Antes, como non había os medios de comunicación que hai hoxe, os mariñeiros morreron afogados. Cando os veciños atoparon o barco, xa despois de que quitasen de alí os afogados, dedicáronse a roubar a la que traía o barco.

Datos do/da informante:NOME E APELIDOS: Amador Pazó Paz.DATA E LUGAR DE NACEMENTO: 3/10/1936. En Vilariño, HíoPROFESIÓN: Mariñeiro, tamén labrego.LUGAR DE RECOLLIDA:No seu domicilio,Costa da fonte/ Vilariño.DARA DE RECOLLIDA:17/3/2012.

19

Page 22: Escolma de lendas

Un día de treboada o seu irmán ía de pesca, e o barco comezaba a tambalearse, por algunha razón o seu irmán subiu á cuberta e unha onda grandísima tirouno ó mar.El levaba postas unhas botas que lle regalara a antiga noiva que tivera, as botas xa eran para mariñeiros, e grazas a esas botas case morre, pois quería subir á superficie e as botas impulsábano cara abaixo. Nese momento tirouse ao mar un compañeiro del, e conseguiu salvalo grazas a que lle sacou as botas.

-Os mariñeiros, pola noite, vían luces que desaparecían de repente. A xente daquela época cría que eran luceiros pero non o sabían.

O LUME DE SAN TELMO E O AVISTAMENTO DE LUCES NO MAR

crenzas de cangas

Datos do/da informante:NOME E APELIDOS: Maria do Carme de la Campa Requejada.DATA E LUGAR DE NACEMENTO: 3\10\1936. En Vilariño , HíoPROFESIÓN: Ama de casaLUGAR DE RECOLIDA: No seu domicilioDATA DE RECOLLIDA: 21\3\2012

Datos do/da informante:NOME E APELIDOS: Manuel Sotelo OteroDATA E LUGAR DE NACEMENTO: 3-8-47, DarboPROFESIÓN: MariñeiroLUGAR DE RECOLLIDA: Travesía do Tabal, DarboDATA DE RECOLLIDA: 21-3-12

Page 23: Escolma de lendas

O lume de San Telmo é un becho que alumea. E antes aos mariñeiros colocábanos no poste ou na vela, e cando o becho alumeaba quería dicir que ía vir moi mal tempo, quizais volvese a tormenta ou algo peor. E como antes se cría moito nestas cousas, os mariñeiros, algúns, daban volta e volvían a terra.

O bruxo de Rodeira, que lle chamaban así, era parente do seu avó. El tomáballe o pelo porque lle dicía que enganaba á xente, e un día o bruxo díxolle se quería ver ao seu pai (estaba morto), el aceptou, e dixo que na fronte do Señal (rúa de Cangas) ás doce da noite.El acudiu e non foi capaz de miralo, e logo replicoulle ao bruxo que era un mentireiro.Moralexa: O bruxo lacazán o único que desexaba eran os cartiños da xente parva.-Cando un mozo volvía para á casa despois de saír coa noiva, volveu polo monte e nisto que lle quedou a gorra enganchada nun árbol, el pensou que era a Santa Compaña e correu pitando para a súa casa. Ao día seguinte a gorra estaba alí e deuse conta de que non fora a Santa Compaña.Moralexa: Máis vale ser supersticioso que palmala no intento.

21

Datos do/da informante:NOME E APELIDOS: Amador Pazó Paz.DATA E LUGAR DE NACEMENTO: 3/10/1936. En Vilariño, HíoPROFESIÓN: Mariñeiro,e tamén labrego.LUGAR DE RECOLLIDA:No seu domicilio,Costa da fonte/ Vilariño.DARA DE RECOLLIDA:17/3/2012

Datos do/da informante:NOME E APELIDOS: Manuel Fernández Mariño.DATA E LUGAR DE NACEMENTO: Nunha casa en Balea, 26 de abril de 1929PROFESIÓN: Albanel e electricistaLUGAR DE RECOLIDA: Centro social da 3ª idadeDATA DE RECOLLIDA: 11\3\2012

Page 24: Escolma de lendas

Nas Bermudas, a Luis e aos seus compañeiros incendióuselles o barco e afundiu nesa zona.

Datos do/da informante:NOME E APELIDOS: Jose Luis Francisco MuñozDATA E LUGAR DE NACEMENTO: 24-3-12PROFESIÓN:LUGAR DE RECOLLIDA: Darbo, Travesía do TobalDATA DE ROCOLLIDA: 21-3-12

PARAXES MARIÑAS ONDE SE AFUNDEN BARCOS

Nas Madeiras din que os barcos e os avións desaparecen e non se sabedeles.

Datos do/da informante:NOME E APELIDOS: Manuel Sotelo Otero.DATA E LUGAR DE NACEMENTO: 3 - 8 - 47 - Darbo.PROFESIÓN: mariñeiro.LUGAR DE RECOLLIDA: Travesía do Tobal , Darbo.DATA DE RECOLLIDA: 21- 3 - 12.

crenzas de cangas

Page 25: Escolma de lendas

En Marruecos, despois dun terremoto, unha cidade quedou afundida.

Datos do/da informante:NOME E APELIDOS: Manuel Sotelo Otero.DATA E LUGAR DE NACEMENTO: 3 - 8 - 47 - Darbo.PROFESIÓN: Mariñeiro.LUGAR DE RECOLLIDA: Travesía do Tobal , Darbo.DATA DE RECOLLIDA: 21- 3 - 12.

CIDADES MERGULLADAS NO MAR

-Sengundo conta a lenda, en Liméns antes había unha vila na que practicaban nudismo na praia e cousas fóra do normal da época. Entón un santo do mar tragou o pobo .

Datos do/da informante.NOME E APELIDO: Antonio Camaño PenaDATA E LUGAR DE NACEMENTO: Coiro , 19-2-1940PROFESIÓN :Carpintero/MariñoLUGAR DE RECOLLIDA: Cunchido de Arriva /DarboDATA DE RECOLLIDA: 18-3-12 .

23

Page 26: Escolma de lendas

-En Cádiz hai un barco de guerra chamado Eco que, segundo contan, está feito de cemento.

Datos do/da informante:NOME E APELIDOS: Manuel Sotelo OteroDATA E LUGAR DE NACEMENTO: 3-8-47, DarboPROFESIÓN: MariñeiroLUGAR DE RECOLLIDA:Travesía do Tabal, DarboDATA DE RECOLLIDA: 21-3-12

BARCOS PANTASMA

Os mariñeiros imaxinábanse que viños barcos pirata pantasma a atacar aos mariñeiros.

Datos do/da informante:NOME E APELIDOS: Antonio Camaño PenaDATA E LUGAR DE NACEMENTO: Coiro, 19-2-1940PROFESIÓN: Carpinteiro/ mariñeiroLUGAR DE RECOLLIDA: Cunchido de arriba/ DarboDATA DE RECOLLIDA:

crenzas de cangas

Page 27: Escolma de lendas

Ó redor do 1907, un barco chamado “A Elvira” traía moito peixe, e ao chegar a Couso, deulle un golpe de mar, e co peso do peixe volcou e afundiuse. Morreron todos os mariñeiros excepto dous, que quedaron varados nunhas rochas ao carón dunha praia. Dende aquel día, seica un deses homes dicía que cada noite miraba á “Elvira” no medio do mar, pero ninguén chegou a saber xamais se o que contaba aquel home era certo.

Un home que paseaba pola praia pisou unha faneca e pensou que era tabeirón, e despois os amigos para vacilalo dicíanlle: “Lobo de mar, non che dá vergonza que unha faneca che viñera a gringhar”.

25

Datos do/da informante:NOME E APELIDOS: María Luisa Portas Lorenzo.DATA E LUGAR DE NACEMENTO: 1/9/1934. En Vilariño/Hío.PROFESIÓN: Ama de casa. (Labrega).LUGAR DE RECOLLIDA: No seu domicilio, en Vilariño.DATA DE RECOLLIDA: 12/3/2012.

Datos do/da informante:NOME E APELIDOS: Manuel Fernández MariñoDATA E LUGAR DE NACEMENTO: Nunha casa en Balea, o 26 de abril de 1929PROFESIÓN: Albanel e electricistaLUGAR DE RECOLIDA: Centro social da terceira idadeDATA DE RECOLLIDA: 11\3\2012

Page 28: Escolma de lendas

Era unha vez un buceador que ía ata a praia de Patos a ver se encontraba algunha nécora boa. Aos dez minutos que estaba no mar, decatouse de que algo iluminaba o fondo mariño. Dirixiuse ata o lugar e encontrou unha casa abandonada e unha chapa de metal que poñia: ”Noraboa, agora que chegaste ata aquí abaixo, serás un dos nosos. Xa non poderás volver arriba nunca máis, dende este momento es e serás sempre un tritón”. Acabou de ler a frase na chapa e unha luz fulminante cegouno. Tiña cola. Escamas. Bránqueas. Dende aquel día Don Manuel segue desaparecido.Datos do/da informante:NOME E APELIDOS: Suso Macillos.DATA E LUGAR DE NACEMENTO: Cangas, 22 de abril de 1943PROFESIÓN: MariñeiroLUGAR DE RECOLIDA: Casa MacillosDATA DE RECOLLIDA: 16\3\2012

A miña avoa dicíame que había un rapante que era como un “representante” de San Xoán.

DDatos do/da informante:NOME E APELIDOS:Aurelia Fernández VillarDATA E LUGAR DE NACEMENTO:17/2/18, en Darbo.PROFESIÓN: Labrega, e traballou na fábrica de Massó.LUGAR DE RECOLLIDA: Piñeiro/ Darbo.DATA DE RECOLLIDA: 19/3/2012

PEIXES NAS CRENZAS

crenzas de cangas

Page 29: Escolma de lendas

Algúns peixes levan nun óso da cabeza a figura da Virxe. As fanecas teñen como unha “habichuela”, unha boliña branca na cabeza coa imaxe da Virxe de Fátima

Datos do/da informante:NOME E APELIDOS: María Luísa Portas Lorenzo.DATA E LUGAR DE NACEMENTO: 1/9/1934 , en Vilariño/Hío.PROFESIÓN: Ama de casa, (labrega).LUGAR DE RECOLLIDA: No seu domicilio, en Vilariño.DATA DE RECOLLIDA: 12/3/2012

Cóntase que un home foi pescar nunha gamela. Esperaba pescar peixe, pero co que se atopou foi cun polbo. Este pegóuselle á gamela, o mariñeiro tentou quitalo, pero era imposible. Así que tivo que parar na praia de Castiñeiras a sacalo. Cando o conseguiu, e se dispuña a volver á casa , viu un vento moi forte que fixo volcar a gamela. Por sorte, o home sobreviviu. E algúns vellos dicíanlle que aquilo lle ocorrera por non deixar o polbo libre.

Datos do/da informante:NOME E APELIDOS: Amador Pazó Paz.DATA E LUGAR DE NACEMENTO: 3\10\1936. En Vilariño , HíoPROFESIÓN: Mariñeiro, e tamén labregoLUGAR DE RECOLIDA: No seu domicilio , Costa da Fonte\VilariñoDATA DE RECOLLIDA: 17\3\2012

27

Page 30: Escolma de lendas

Din que o martiño ten dúas manchas negras porque eran os dedos de San Martiño cando o collía.

Eu coñezo unha lenda sobre as sereas…Hmm…Había, xa fai tempo, un mariñeiro de lubinas.Era pobre, xa que case nunca tiña brío nin sorte ao pescar. Un día, ía de noite a pescar e aparecéuselle unha serea. El ficou ollando para ela coma dicíndolle coa mirada: < >. Ela, nerviosa, díxolle: xúroche que se me deixas no mar traereiche todas as lubinas que queiras, pero déixame aquí. Pasado un rato, o mariñeiro aceptou o trato. Dende aquela, cada vez que o mariñeiro precisa peixe, chama pola sereíña e ela lévalle todo o peixe que el precisa.

SEREAS

crenzas de cangas

Datos do/da informante:NOME E APELIDOS: Suso Macillos.DATA E LUGAR DE NACEMENTO: Cangas, 22 de abril de 1943PROFESIÓN: MariñeiroLUGAR DE RECOLIDA: Casa MacillosDATA DE RECOLLIDA: 16\3\2012

Datos do/da informante.NOME E APELIDOS: Manuel Sotelo Otero.DATA E LUGAR DE NACEMENTO: 3 - 8 - 47 - Darbo.PROFESIÓN: Mariñeiro.LUGAR DE RECOLLIDA: Travesía do Tobal , Darbo.DATA DE RECOLLIDA: 21- 3 - 12.

Page 31: Escolma de lendas

Contaban os mariñeiros cando se reunían nos furanchos, que cando andaban ao mar e chegaban a Cangas, oían uns cantos. Moitos deles daban por feito que aquilo que oían era unha serea, unha serea loura, pola súa voz. Pero ninguén soubo xamais se aquela serea existía de verdade.

Datos da informante:NOME E APELIDOS: Aurelia Fernández Villar.DATA E LUGAR DE NACEMENTO: 17/2/18, en Darbo.2/2012PROFESIÓN: Labrega, e traballou na fábrica de Massó.LUGAR DE RECOLLIDA: Piñeiro/Darbo.DATA DE RECOLLIDA: 19/2/2012.

Datos do/da informante:NOME E APELIDOS: Antonio Camaño PenaDATA E LUGAR DE NACEMENTO: Coiro, 19-2-1940.PROFESIÓN: Carpintero e mariñeiro .LUGAR DE RECOLLIDA: Cuinchido de Arriba / Darbo .DATA DE RECOLLIDA: 18-3-2012.

O DEMO E O MAR

29

A xente cría que no mar non se podía falar de animais da Terra porque era de mal agoiro

Page 32: Escolma de lendas

Neptuno é como o “demo” do mar, e por ese motivo leva unha fisja, que é o instrumento que utilizan para pescar chocos e peixes que andan pola area, e segundo Manuel, o demo anda por riba do mar.

Datos do/da informante:NOME E APELIDOS: Manuel Fernández Mariño.DATA E LUGAR DE NACEMENTO: Nunha casa en Balea, 26 de abril de 1929PROFESIÓN: Albanel e electricistaLUGAR DE RECOLIDA: Centro social da terceira idadeDATA DE RECOLLIDA: 11\3\2012

Un día, o meu tío foi ao porto a coller a súa barquiña para ir dar un paseo. Cando estaba ó puntiño de meterse no seu barco, un aire empurrouno ao mar. Soou un 'plaf!'e decatouse de que caera no mar coma se fora un flotador, xa que non ía para o fondo.Ergueuse e decatouse de que podía andar polo mar. Cando fitou para o muelle, viu un anxo que lle chiscaba o ollo, e nese momento foi cando se deu conta de que tiña un novo don.

Datos do/da informante:NOME E APELIDOS: Suso Macillos.DATA E LUGAR DE NACEMENTO: Cangas, 22 de abril de 1943PROFESIÓN: MariñeiroLUGAR DE RECOLIDA: Casa MacillosDATA DE RECOLLIDA: 16\3\2012

HOMES E MULLERES QUE ANDABAN SOBRE O MAR

crenzas de cangas

Page 33: Escolma de lendas

BIBLIOGRAFÍA

31

V.V.A.A. Dicionario dos seres Míticos Galegos. Vigo: Ed. Xerais, 2008.APARICIO CASADO, B. Mouras, serpes, tesouros e outros encantos. Mitoloxía popular galega.Cadernos do seminario de Sargadelos, 1999.GONZÁLEZ REBOREDO X. M. Lendas galegas de tradición oral. Vigo: Ed. Galaxia, 1995.GONZÁLEZ REBOREDO X. M. e VILAR ÁLVAREZ, M. Galicia de Lenda. A Coruña: Ed. Hércules, 2001.MIRANDA, X. e REIGOSA, A. Arrepíos e outros medos. Historias galegas de pantasmas e de terror. Vigo: Ed. Xerais, 2004.VAQUEIRO, V. Mitoloxía de Galiza. Lendas, tradicións, maxias, santos e milagres. Vigo: Ed. Galáxia, 2011.http://www.galiciaencantada.com

Page 34: Escolma de lendas

crenzas de cangas

Page 35: Escolma de lendas

33biblioteca www.bibliotecamontecarrasco.wordpress.com

Instituto de Ensino SecundarioMONTE CARRASCO