escolma marzo 2013

12
Escolma do GMS Por unha vivenda digna

Upload: grupo-municipal-socialista-de-ferrol

Post on 28-Mar-2016

231 views

Category:

Documents


7 download

DESCRIPTION

É unha selección das novas do mes de marzo do Grupo Municipal Socialista no Concello de Ferrol.

TRANSCRIPT

Page 1: ESCOLMA Marzo 2013

Escolma do GMS

marzo 201 3

Grupo Municipal Social ista de Ferrol

páx. 5

Por unha vivenda digna

O dereito a disfrutar dunha vivenda digna, atopa no artigo 47 da Constitución Española o seurecoñecemento, así como a obriga das administracións de facelo efectivo: “Todos losespañoles tienen derecho a disfrutar de una vivienda digna y adecuada. Los poderes públicospromoverán las condiciones necesarias y establecerán las normas pertinentes para hacerefectivo este derecho (. . . . )”.

Page 2: ESCOLMA Marzo 2013

S U M A R I OEscolma do GMS

PÁXINA

NOVAS

1

PROPOSTAS

MOCIÓNS

OPINIÓN

PLENO

Centro de EducaciónEspecial "Terra de Ferrol"

marzo 201 3

"Dous anos nas mansdo azar"

5

7

9Jaime Pena

Retroceso na atención ádependencia

Becas escolas infantíse axudas de igualdade

marzo 201 3

Por unha vivenda digna

Banda ancha e TDT norural

Mantemento das zonasverdes e instalaciónsdeportivas

Convenio de As Forcadas:opacidade e dúbidas senresolver

Necesario impulso doPlan Urban

8

Page 3: ESCOLMA Marzo 2013

Grupo Municipal Social ista de FerrolNovas

1

DENUNCIAMOS O RETROCESO NA ATENCIÓN ÁDEPENDENCIA NO CONCELLO DE FERROL

O Grupo Municipal Social ista denuncia oretroceso na atención á dependencia enFerrol, e manifesta que a modificación daordenanza do servizo de axuda no fogar,efectuada polo goberno local, supón uncambio de modelo en toda regra, onde oservizo deixa de basearse na solidariedade,necesidade e universal idade, e réxese porcriterios de rendibi l idade económica.

Propostas social istasCo fin de evitar que se coarte o acceso aoservizo de axuda no fogar no Concello deFerrol, e se minimice a inxustiza que supóno novo modelo, no mes de marzo,presentamos propostas apostando por unservizo público, que procure unha atenciónaxeitada ás persoas, e baseado en criteriosde equidade e progresividade, sen penalizarao usuario/a que teña un maior grao dedependencia. A nosa proposta defende queo único criterio a ter en conta é acapacidade económica da persoadependente, de xeito que pague máis quenten máis recursos.

Aceptada unha emenda do Grupo MunicipalSocial istaO Grupo Social ista alégrase de que grazasas súas propostas, os custo do servizo deaxuda no fogar se reduciu substancialmentepara as persoas usuarias do Concello deFerrol, xa que a proposta do goberno localera a máis custosa das permitidas poloDecreto da Xunta, que regula este servizo.

Caso real do custo no servizo deaxuda no fogar

Unha persoa co máximo grao dedependencia (I I I , nivel I I ) cunha pensiónde 600€ paga ata o de agora, por 60horas de servizo, 78 euros. Coa novanormativa pagará 1 41 euros. É dicir,cunha pensión mínima pagará case odobre.

Na outra cara da moeda, unha persoa comesmo grao de dependencia, e unhapensión de máis de 2.660€, aboabaantes da modificación, polas mesmashoras de servizo 475,80€. Coa novaordenanza aboará 211 euros. É dicir,que coa regulación dos populares, aspersoas con máis recursos económicos,pagarán menos.

Esta foi a razón que nos levou a votar encontra da ordenanza modificada.

O servizo de axuda no fogar para aspersoas dependentes, custará odobre nos casos máis graves.

Os concelleiros e concelleiras social istasadvirten que, coa nova ordenanza,pagarán máis as persoas cun maior graode dependencia, e alertan de que oservizo de axuda no fogar para aspersoas dependentes custará o dobrenos casos máis graves.

Page 4: ESCOLMA Marzo 2013

Grupo Municipal Social ista de Ferrol Novas

A nosa voceira, Natividad González, anunciouque o Grupo Municipal Social ista non apoiará aaprobación do convenio entre o Concello deFerrol, EMAFESA e Augas de Galicia, quetraslada á administración local a xestión doencoro das Forcadas.

Esta posición do GMS, está fundamentada endefectos de forma na actitude do Goberno, queactuou con total opacidade, nula transparenciae secuestro da información aos grupospolíticos. Pero tamén, por cuestións de fondo,que suscitan profundas dúbidas sen resolversobre a conveniencia da sinatura de ditoconvenio, como son a súa vixencia indefinida, overdadeiro custo da xestión e dos seguros doencoro, a responsabil idade subsidiaria queasume o concello en caso de catástrofe, e ascontradicións entre cláusulas.

O edil social ista Ramón Veloso, botou en faltaunha memoria económica, técnica e xurídica dodocumento e pediu a comparecencia do xerentede EMAFESA para aclarar as dúbidas quesuscita o citado convenio. Así mesmo, reclamoucoñecer canto gasta a Xunta en mantemento eseguros de As Forcadas, a quen contrataráEMAFESA a elaboración das normas deexplotación e seguridade, e canto custarán oequipo técnico e director. Finalmente, pediu queo xerente de EMAFESA compareza na comisiónde facenda, para informar do balance anual daEmpresa Mixta de Auga, que ten unhas perdasde máis de 250.000 € no exercicio 201 2, candono anterior mandato social ista se acadou oequil ibrio orzamentario de EMAFESA medianteo cobro do consumo de auga a AutoridadePortuaria, a Navantia, ao Hospital Xeral, e aosconcellos l imítrofes como Narón, Fene,Mugardos, Neda e Ares.

REXEITAMOS O NOVO CONVENIO COA XUNTA PARA AXESTIÓN E EXPLOTACIÓN DA PRESA E ENCORO DE ASFORCADAS

2

Pedimos a comparecencia do xerente de EMAFESA, para que expliquedetal ladamente o convenio e as contas da Empresa Mixta de Augas de Ferrol.

Ramón Veloso e Natividad Gonzálezexplicaron as incógnitas do convenio, quetamén afecta ó aproveitamentohidroeléctrico do Concello de Valdoviño.

Tamén cualificaron como un exceso, froitoda mal entendida maioría absoluta, o feitode que o Alcalde e o Conselleiro asinarandito convenio, o día Mundial da Auga, tresdías antes de tratarse no Pleno, órganoencargado de autorizar ao Alcalde para asinatura do mesmo.

Manifestaron as súas dubidas sobre opresunto aforro para as arcas municipais elembraron que o canon da xestión da auga,parte da Lei 1 2/2011 de exclusiva vocaciónrecadadora, á que xa se opuxeron os e associal istas no seu día, nunca foi unhaverdadeira Lei de augas, senón unha Leifiscal da auga, que creou o imposto do“canon de auga”, e unha taxa “o coeficientede vertido”.

Un canon, que agora o goberno local nospresenta como “máis barato”, pero senaportar ningún dato que acredite ditaafirmación, pedíndonos “fe” nas contas quenos oculta.

Page 5: ESCOLMA Marzo 2013

Grupo Municipal Social ista de FerrolNovas

3

URXIMOS AO GOBERNO LOCAL A AXILIZAR A EXECUCIÓNDO PLAN URBAN PARA NON PERDER OS FONDOSEUROPEOS

O Grupo Social ista no Concello de Ferrolurxiu ao goberno local a axil izar aexecución do Urban para impedir a perdade fondos pero, sobre todo, para impulsar arevital ización dos barrios de Ferrol Vello,Canido e A Madalena, que é o obxecto dodevandito plan europeo na cidade.

Advertiu da posible perda de fondos doUrban, dado o escaso grao de execucióndos proxectos, que na actual idade é so dun25%, debido á paral ización do gobernolocal, no primeiro ano de goberno, e daralentización na execución dos proxectosprevistos, no resto do mandato. A urxenciaven dada polo feito de que o prazo paraxustificar as actuacións e inversiónscontempladas no Urban remata o 31 dedecembro do 201 5.

O Grupo Municipal Social ista alerta de quequedan moitas actuacións clave senexecutar, coma o parque urbano do Cantón,a rúa Alegre, o centro de Interpretación doBaluarte, o centro de día e infanti l enCanido, así coma un largo etcétera enmateria de emprego, ou a creación de rutasturísticas fomentando o emprendementoxuvenil .

Respecto á decisión do goberno decontratar unha empresa para atraernegocios á zona do Urban, o GrupoMunicipal Social ista pediu que se esixa untempo mínimo de permanencia do negocioinstalado, que capte a citada empresa, eaposta porque os fondos se destinendirectamente ás persoas emprendedoras,non á empresa mediadora.

O proxecto do Plan Urban, que conseguiuatraer fondos europeos para investir emellorar a cidade, conquerido no anteriormandato social ista podedes atopalo noseguinte enlace:

http: //www.ferrol.es/urban/documentos/INICIATIVA_

URBANA_2007-201 3-FERROL-0801 30.pdf

A voceira, Natividad González, e o concelleiroRamón Veloso, denunciando a paral ización doplan Urban, programa europeo que supón ainversión de 1 3 mil lóns € para odesenvolvemento dos barrios de Ferrol Vello,Canido e A Madalena, que se puxo en marchapolo goberno social ista no anterior mandato.

“Estase a perder unha oportunidade para osnosos cascos históricos, e impulsalacentral idade de Ferrol, co obxecto de que acidade sexa motor de desenvolvemento”,apuntou a voceira social ista, que definiu o planUrban como único instrumento inversor doactual mandato.

A voceira social ista, González Laso, destacouque a consecución do Urban supuxo para oanterior goberno local un esforzo relevante decompetencia en concorrencia con outras cidadesgalegas. Lamentou que, transcorridos dous anosdende a chegada do PP á Alcaldía, se dedicaseeste tempo a paral izar e revisar proxectos enmarcha, multipl icando os custes e perdendo otempo, como no caso do Parque Raíña Sofía.

Ramón Veloso indicou que o 54% doinvestimento previsto para este ano descansa noplan Urban e expresou o seu temor de que o201 3 sexa outro ano en branco. Sinalou taménque o obxectivo do PSOE con estas críticas éque o goberno se poña as pilas, para non perdero diñeiro, brindando así mesmo a colaboracióndo seu grupo.

Page 6: ESCOLMA Marzo 2013

Grupo Municipal Social ista de Ferrol Novas

4

ALERTAMOS DE QUE O SUPOSTO AFORRO DO GOBERNOLOCAL NO MANTEMENTO DA CIDADE SUPORÁ UNMAIOR CUSTE A MEDIO PRAZO

A edila María López, e o concelleiro ManuelSantiago, criticaron o suposto aforro nomantemento das zonas verdes da cidade e dasinstalacións deportivas.

Advirten que este goberno "vai a hipotecar asinstalacións deportivas e as zonas verdes dacidade" ao insistir en aforrar no mantemento dacidade. Á larga sairá máis caro.

O Grupo Municipal Social ista alertou dasconsecuencias negativas que terá nofuturo, o suposto aforro que o gobernolocal quere conseguir co novo contratopara o mantemento de zonas verdes einstalacións deportivas. A concelleira MaríaLópez e o edil Manuel Santiago destacaronque o mantemento é unha inversión defuturo, nunca un gasto, xa que o menormantemento repercutirá nun deterioro dacidade cada vez maior e, seguramente,serán gobernos posteriores os que teránque facer fronte á desfeita.

O Grupo Social ista, como é habitual, fixopropostas de mellora ao prego demantemento, propoñendo que incluíse omantemento do parque infanti l ebiosaudable de Covas, así coma daszonas verdes de O Boial e do Bertón, queconta con 26.000 m2, que non aparecíanrecoll idos no prego. O goberno local sóaceptou o mantemento do parque deCovas, lamentan.

A concelleira María López cuestionou quese vaian a aforrar 500.000 euros cos novospregos, nos que se incluíron asinstalacións deportivas. Mesmo criticou ofeito de que nalgunhas zonas se rebaixa onúmero de segas ao ano.

Pola súa parte, o concelleiro ManuelSantiago denunciou as carencias noámbito deportivo, poñendo de exemplo ocampo de fútbol de Aneiros, que continúaaparecendo como de terra, cando está enobras para a súa dotación de céspedeartificial , e destacou que nas superficies deherba natural "non nos dan as cifras demetros a manter".

Se o mantemento dun campo de céspedenatural é inadecuado, a herba morre eprecísase cambiar o “tepex”, o que suporíal leao Concello un custo de 56.000 €. Polo que ossocial istas insisten reclamar un mantementoadecuado do céspede natural, cuestión básicapara a durabil idade do mesmo e a eficacia doinvestimento.

Instalacións deportivas

Zonas verdes da cidadeA falta de mantemento e o estado de deterioroactual dos parques e xardíns da cidade, fanmáis necesario que nunca un bo mantemento,para evitar a súa desaparición. Todo o contrariodo que está a facer o goberno.

Page 7: ESCOLMA Marzo 2013

Grupo Municipal Social ista de FerrolPropostas

5

ACTIVAR O PARQUE PÚBLICO DE VIVENDAS SOCIAIS,COMPLEMENTADO CUNHA BOLSA DE VIVENDAS PRIVADASPARA ALUGUER SOCIAL

Propostas do Grupo MunicipalSocial ista

1 º. - Que o Concello de Ferrol proceda acreación dun parque público de vivendasde aluguer social, conformado por vivendasde titularidade pública, autonómica e localque figuren baleiras, adoptando asseguintes medidas concretas:

a) Que se asine un convenio decolaboración co Instituto Galego daVivenda e Solo, da Xunta de Galicia, paraque as vivendas baleiras de que sedispoña no termo municipal de Ferrol, seincorporen a dito parque público devivendas, co obxecto de proceder a súaadxudicación ordenada, ás famil ias epersoas que o precisen.

b) Que o Concello de Ferrol dispoña noorzamento do ano 201 3, a partidanecesaria para que, de xeito progresivo, sepoidan arranxar os pisos baleiros deRecimil , propiedade do Concello, e seincorporen a dito parque público, paraseren adxudicadas en condicións dehabitabil idade ás persoas e famil iasnecesitadas de vivenda.

2º.- Que o Concello de Ferrol, tome asmedidas necesarias de información,xestión e colaboración para conformarunha bolsa de vivendas privadas dealuguer social, que complemente o parquede público de vivendas de aluguer. Ditabolsa nutriríase das vivendas baleiras doconcello de Ferrol, de propiedadesprivadas que estivesen dispostas acolaborar con esta bolsa de aluguer, asícomo das vivendas baleiras propiedadedas entidades financeiras que esteandispostas a colaborar na solución dosproblemas de vivenda na nosa cidade.

O noso empeño pola rehabil itación dasvivendas de Recimil

1 ) Ao inicio do mandato, reclamamos que o gobernolocal executase o programa de Cooperación para arehabil itación do barrio, que o anterior gobernosocial ista deixou solicitado á Xunta de Galicia.

2) No anexo de investimentos do 2011 , o gobernosocial ista deixou presupostado unha partida para arecuperación de vivendas baleiras do barrio. Ogoberno popular ao chegar ao goberno o suprimiupor consideralo un gasto superfluo. O GMSdenunciou dito feito.

3) Propuxemos que unha parte substancial dos600.000€ procedentes dos fondos do programa“Deputación para todos os Concellos”, se destinasená rehabil itación dos pisos de Recimil . En lugaresdiso, o goberno local decidiu pagar a unhamultinacional e mercar 2 motocicletas.

4) En novembro do 201 2, presentamos unha mociónen materia de Vivenda, onde tamen pedíamos, entreoutras medidas, a rehabil itación de Recimil .

5) Nas nosas propostas para o orzamento 201 3,propuxémoslle ao goberno local unha partida de500.000 € para rehabil itar Recimil , aceptando ogoberno incorporar unha partida de 300.000€.

6) En rolda de prensa, reclamamos ao goberno anecesidade desta actuación co fin de que presentenneste mes o proxecto ante a comisión de patrimonio,para poder iniciar os traballos de rehabil itación eentregar as vivendas á máxima brevidade. Urxe arehabil itación para que as famil ias que están aespera destas vivendas, poidan dispor canto antesdas mesmas!

Page 8: ESCOLMA Marzo 2013

PEDIMOS QUE SE PRIORICE ÁS FAMILIAS QUE TEÑENMENOS RECURSOS NA CONCESIÓN DAS BECAS DEESCOLAS INFANTÍS

O Grupo Municipal Social ista fixo variaspropostas co obxectivo de mellorar as basesque rexerán as axudas para as escolasinfantís, conseguindo que, finalmente, ogoberno local garanta que non haberá l ista deespera para a concesión, xa que todas asfamil ias que cumpran os requisitos recibirán abeca.

Así, fomos quen de que o goberno localel iminase o tope de nenas e nenosbeneficiarios, co obxectivo que todas asfamil ias que o necesiten poidan recibir estasaxudas.

A concelleira María López destacou aimportancia de ter en conta a renda dasfamil ias, pedindo a introdución dun baremoeconómico progresivo que favoreza ásfamil ias que teñen menos recursos.

6

Grupo Municipal Social ista de FerrolPropostasGrupo Municipal Social ista de Ferrol Propostas

Conseguimos que o goberno localel iminase o tope de nenas e nenosbeneficiarios, co obxectivo que todas asfamil ias que o necesiten poidan recibir aestas axudas.

A concelleira social ista, María López, e ovoceiro adxunto Jaime Pena.

PROPOÑEMOS TER EN CONTA O EMPODERAMENTO DASMULLERES E A COLABORACIÓN ENTRE ENTIDADES NASAXUDAS DE IGUALDADEFixemos varias propostas co obxectivo de mellorar as bases que rexerán as axudas daConcellería de Igualdade ás asociacións e entidades para o ano 201 3.

A concelleira María López destacou a necesidade de ter en conta uns apartadosimportantes, que non figuraban na proposta inicial do goberno. Así, un deles é o relativo aoempoderamento das mulleres, vía para acadar unha igualdade real e efectiva entre mullerese homes. É, polo tanto, indispensable que apareza recoll ido e valorado nas bases dasdevanditas subvencións. O Grupo Municipal Social ista considera fundamental o fomento daparticipación plena das mulleres en tódolos sectores, e a tódolos niveis sociais, políticos eeconómicos, con especial atención naqueles en que estas se atopan infrarepresentadas, nosque se fai necesario a promoción de políticas activas.

Nas nosas propostas, explicamos a conveniencia de fomentar a coordinación, cooperación ea solidariedade entre as asociacións e entidades da cidade, así como a realización deactividades dirixidas ao empoderamento da muller. Así mesmo, defendimos que debevalorarse tamén o grao de innovación do proxecto.

Page 9: ESCOLMA Marzo 2013

Grupo Municipal Social ista de Ferrol

As nosas mocións

MOCIÓN SOBRE A COBERTURADE TDT E BANDA ANCHA NORURAL

MOCIÓN SOBRE A NECESIDADEDE REFORZAR A ATENCIÓNPSIQUIÁTRICA NO CENTRO DEEDUCACIÓN ESPECIAL “TERRADE FERROL”

Propostas de resolución, defendidas poloconcelleiro Manuel Santiago e aprobadaspor unanimidade:

Primeira.- Instar á Xunta de Galicia, através da Secretaría Xeral de Medios, acumprir a Lei 7/2009 sobre aUniversal idade da TDT, facil itando oacceso a tódolos veciños e veciñas donoso Concello e, en especial, poñendoen marcha a dixital ización do reemisor deValón.

Segunda.- Poñer en marcha con carácterurxente un plan para dar cobertura deBanda Ancha en todo o noso rural,usando as mellores tecnoloxías e asmáis económicas para os nosos veciñose veciñas.

Propostas de resolución, defendidas polavoceira Natividad González, e demandadas aogoberno local:

1 . - Que faga as xestións oportunas enecesarias, diante a Xerencia da Área sanitariade Ferrol, para que á máxima brevidade, oCEES Terra de Ferrol, conte coa colaboracióndo servizo de psiquiatría, a lo menos dous díasá semana, e durante dúas horas cada un deles,co fin de que se poidan facer un seguimentoefectivo e eficiente das doenzas do alumnado,toda vez que esta decisión está no nivel decompetencias de Área.

2.- Que xestione coa Xunta de Galicia, léaseConsellería de Educación e de Sanidade, aconsecución dun convenio de colaboraciónentre ambas, que permita que o CEES Terra deFerrol, poida dispor da colaboración ordinaria epermanente do Servizo de Psiquiatría, dadas asnecesidades do seu alumnado.

3.- Que actúe diante das instanciascompetentes a substitución da sinal izaciónvertical do CEES Terra de Ferrol, que aíndamantén o nome de Carmen Polo.

4.- Que habil ite, dende o Concello de Ferrol, amáxima colaboración, difusión e participacióndo CEES Terra de Ferrol, nas actividadesorganizadas polo concello, de todo tipo:culturais, educativas,de recreo, formativas e deinserción, co fin de que dito centro ferrolá, dereferencia en toda Galicia, sexa tamén dereferencia e máis visible no concello de Ferrol.

Aprobadas por unanimidadeno pleno de marzo 7

Page 10: ESCOLMA Marzo 2013

Pleno de marzo

Grupo Municipal Social ista de Ferrol

8

Se algunhas obras realizadas pola man do home ouda muller son tan fermosas e transcendentes quemerecen o recoñecemento como Patrimonio daHumanidade e, por conseguinte, a súa protección econservación, que non diríamos das creadas polapropia natureza.

O borde litoral de Ferrolterra, as nosas praias e,singularmente as nosas ondas, merecen esetratamento. Na actual idade e polos seus valoresambientais, a zona xa está recoñecida como LIC(Lugar de Interese Comunitario) e ZEPVN (Zona deEspecial Protección dos Valores Naturais).

A práctica do surf nas nosas praias dende fai uns 40anos e, máis concretamente, na praia de Pantín,que alberga a competición internacional PantínClassic desde fai 25, engadiu a esta zona costeiraun novo e singular valor, toda vez que a existenciapermanente de ondas de gran beleza e calidade,que a natureza se encarga de darl le unha forma,tamaño e cor diferentes cada día, converténdoasnunha auténtica obra de arte natural.

Por todo iso, no Pleno de Marzo, o concelleiroVicente Irisarri , defendeu o voto favorable do GMSá proposta do goberno local, consistente en apoiara declaración de Pantín e do resto da costa deFerrolterra como World Surfing Reserve. O Plenoaprobouna por unanimidade.

Unha magnífica nova! O nosocompañeiro Gerardo L. Castri l lón xaestá de alta hospitalaria, despois dograve accidente laboral que sufriu faidous meses, polo que xa iniciou aincorporación ao concello, asistindoao pleno do mes de marzo.

REINCORPORACIÓN DO NOSOCOMPAÑEIRO GERARDO L.CASTRILLÓN AO CONCELLO

APOIO Á DECLARACIÓN "WORLDSURFING RESERVE"

PREGUNTAS PLENOPreguntamos ao goberno local sobreas xestións realizadas respecto ámoción conxunta presentada polosgrupos municipais social ista e deEU, sobre o soterramento do tendidoeléctrico no noso concello, que foiaprobada por unanimidade no ano201 2. Seguiremos insistindo einstando ao goberno a que cumpraos acordos plenarios:

- Elaboración dun calendario desoterramento dos tendidos eléctricosen altura, que aínda existen no termomunicipal de Ferrol.

Vicente Irisarri . - concelleirosocial ista e ex-alcalde.

Page 11: ESCOLMA Marzo 2013

OpiniónGrupo Municipal Social ista de Ferrol

Tras case dous anos no goberno da cidade, o alcalde anunciou abombo e plati l lo un “Plan para coordinar os servizos municipais”.Isto vén a explicar o absoluto e xeral estado de deterioro no queestá sumido a cidade; tralo anuncio de onte constatamos que, tal ecomo nós críamos, “durante estes dous últimos anos non habíaninguén ao timón da nave”. Este é o período que tardaron endecatarse de cales son as súas responsabil idades como goberno,entre as que se inclúe o diario mantemento dos espazos públicos ea coordinación dos diferentes servizos municipais. Polo visto, atéaquí este goberno funcionaba por inercia e ao azar.

DOUS ANOS NAS MANS DO AZAR

Un alcalde que manifesta que “sempre me preocupou a situación da cidade e os seus barriose agora teño os medios para solucionala”. Agora non, señor alcalde. Dende fai case dousanos é vostede o responsable do estado de abandono e deterioro dos nosos espazospúblicos. Tardaron dous anos en sacar adiante un concurso para pór en marcha o servizo demantemento e reparación de viais, ou sexa, a tan mencionada empresa de baches. Dousanos. Teñen todos os servizos públicos sen contrato, son incapaces de sacar adiante unprego nun período razoable, foron deixando vencer todos os contratos de servizos levandoao concello a unha alarmante paral ización administrativa.

Foron incapaces de xerar novos investimentos na cidade, paral izaron os investimentosprogramados polo goberno anterior como as do Plan Urban, e dous anos despois recoñecenque aínda van empezar “agora” a coordinar e vixiar a prestación dos diferentes servizospúblicos da cidade. A pregunta é, ¿en mans de quen estamos?,¿que estiveron facendo até ode agora?. E con toda natural idade o alcalde infórmanos de que teñen pensado que estelabor de coordinación e vixi lancia “se desenvolva durante o que resta de mandato”. Tal vezignore que esa é a súa obriga dende o primeiro ao último día do seu mandato. Realmenteparécenos un escándalo.

Pero estas declaracións poñen de manifesto tamén o máis absoluto desprezo do gobernolocal cara aos órganos de participación cidadá, postos en marcha polo anterior gobernosocial ista, o que vén sendo denunciado sistematicamente polos representantes veciñais. Aesencia da participación cidadá consiste en darl le voz e capacidade de decisión aos cidadánse cidadás, naquelas actuacións que lles afectan máis directamente nos seus distintos barrios.Pola contra, nesta ocasión, para un plan de barrios anunciado a bombo e plati l lo polo alcalde,os concelleiros de barrio non se dirixiron aos seus veciños e veciñas, e o goberno nonconsultou con ningunha das asembleas de barrio. Toman a decisión e “xa logo llesinformarán”.

En definitiva, son incapaces de xestionar novos investimentos para a cidade, teñenparal izadas as conseguidas polo goberno anterior, son incapaces de sacar a l icitación todosos contratos públicos vencidos, tardaron dous anos en darse conta de que son osresponsables da coordinación e bo funcionamento dos servizos municipais e, por último,deseñan actuacións nos barrios de costas aos órganos veciñais legalmente constituídos,negándolles a súa participación. Todo un exemplo de paral ización e caos na xestión. Asíestivemos, dous anos nas mans do azar.

9

Jaime Pena

Data de publicación: 27.03.1 3

Page 12: ESCOLMA Marzo 2013

Trátase dunha selección mensual das novas do GrupoMunicipal Social ista no Concello de Ferrol.

Escolma do GMSGrupo Municipal Social ista de Ferrol

CONTACTA CON NÓS!

Casa do ConcelloPraza de Armas s/n

Primeiro Andar1 5402 Ferrol

Teléfono: 981 944034Fax: 981 9451 [email protected]

De esquerda a dereita:Ramón Veloso, María López, Jaime Pena, Natividad González e Manuel Santiago.

Estamos en facebook!Grupo Municipal Social ista de Ferrol

e tamén en twitter!@GrupoPsoeFerrol