aÑÓn: escolma poÉtica (bicentenario)

38
BIBLIOTECA IES POETA AÑÓN-OUTES

Upload: ies-poeta-anon

Post on 20-Mar-2016

250 views

Category:

Documents


3 download

DESCRIPTION

Selección de poemas de Francisco Añón para conmemorar o 200 Aniversario do seu nacemento

TRANSCRIPT

Page 1: AÑÓN: ESCOLMA POÉTICA (Bicentenario)

BIBLIOTECA

IES POETA AÑÓN-OUTES

Page 2: AÑÓN: ESCOLMA POÉTICA (Bicentenario)

1812. Francisco Añón Paz naceu o 9 de outubro na aldea de Boel en Outes (A Coruña). Os seus pais eran labregos acomodados.

1829. Con 17 anos comeza a estudar no Seminario de Santiago.

1837. Tras facer 5 anos de Teoloxía, inicia os estudos de Xurisprudencia.

1843. Obtén a Licenciatura en Xurisprudencia.

1845. Escribe unha das primeiras poesías escritas en galego no Rexurdimento: “Recordos de infancia. Égloga”.

1846. Marcha a Portugal por primeira vez.

1850. Viaxa por Francia e Italia como secretario dun inglés chamado Lord Shawford .

1853. Regresa a España establecéndose en Sevilla onde se dedica ó ensino de idiomas e fai colaboracións na prensa da época

1857. Añón atópase en Madrid onde escribe os poemas “A Lisboa” e “El borracho y el eco”. Combina a escritura de poemas co ensino do francés.

1861. Recibe un accésit nos Primeiros Xogos Florais de Galicia polo seu poema escrito en galego “A Galicia”.

1862.Tras este certame publícase o “Álbum de la caridad”, no que se recollen algúns dos seus poemas.

1866. Regresa a Portugal e continúa a escribir algúns poemas en castelán (“Mi querido Eduardo” e “En la inauguración de la estatua a Camoens”)

1868. De novo en España, volta a Madrid e logo a Galicia, onde permanecera algún tempo. Desta época son os seus poemas “A Mariña Barros a la edad de 8 anos” e “Boel”, inicio dun poema que envía ó seu sobriño-primo Diego Campos.

1869. Regresa definitivamente a Madrid, onde se constitúe a sociedade “La Fraternidad Galaico-Asturiana”, na que é nomeado vocal. Consegue un traballo no “Ministerio de Gracia y Justicia”

1872. Añón é nomeado “Auxiliar de Archivo”.

1873. Ascende ó cargo de Oficial 3ª do Archivo pero é cesado pouco despois.

1875. Fúndase a sociedade “La Galicia Literaria” da que é presidente.

1877. Francisco Añón apacece como autor da tradución incompleta da novela rusa “Los dos amigos” de Tourguenef. Neste mesmo ano escribe “Al Papa” e “A Galicia”.

1878. Escribe “A miña enfermedá”, posiblemente a súa última composición. Morre o 20 de abril en Madrid.

Fonte: Francisco Añón: Aproximación didáctica Pilar Sampedro- Santiago Nieto-Ramón Blanco. Ed. Toxosoutos 2005

Page 3: AÑÓN: ESCOLMA POÉTICA (Bicentenario)

EN GALEGO:

A fantasma

A leiteira

Amor apresurado

Ao meu querido amigo Jan Bautista Neira

A Marisa Barros

A meus primos E y P

Ante a Torre de Hércules

A Sabeliña

Epigramas y brindis

A Galicia

Recordos de infancia

O recordo

Himno á agricultura

Un-a carta anónima

A miña enfermedá

EN CASTELÁN

Boél

A mi destino

A una mariposa

Al amor conyugal

Amores viejos

El borracho y el eco

Fábula

La agonía

Sobre la tumba de Blanca

EN PORTUGUÉS

Acróstico

Décima

Soneto

Page 4: AÑÓN: ESCOLMA POÉTICA (Bicentenario)
Page 5: AÑÓN: ESCOLMA POÉTICA (Bicentenario)

A FANTASMA

Aló na alta noite

Cando en silencio dorme o mundo enteiro

Sen que en ningures nada mais se escoite

Que o murmullar das augas dun regueiro

Que atravesei lixeiro.

Dirixía meus pasos a deshora

A un cemiterio triste e pavoroso,

Para apañar un óso,

Segundo me tiña dito o noso cura,

Que era o remedio para olvidar amores

Dunha rapaza que o meu peito adora

Naqueles arredores.

A noite estaba escura

Como boca de lobo; non se vía

Nin a punta dun dedo,

Todo era mudo, silencioso e quedo,

Nin ruxir unha folla se sentía;...

Cualquera, menos eu, tivera medo.

Mais a pesar de ser tan alentado,

Ó saltar o balado

O corazón no peito me batía;

O pelo se arrepía

E nas pernas sentía algúns tremores.

Para dentro entrei, por fin, e ás apalpadas

Agarrándome ás hedras

Que pegadas están, de medo, ás pedras,

Tripando ortigas, malvas e fiuncho,

Cheguei ata un corruncho.

Botelle a pouta á unha caveira,

—iAi! nunca Deus me dera!

Apenas a chisquei, que gargalladas

Infernais oín! . . . Logo un difunto

Se me presenta diante

De hábito branco e vagaroso andar.

Comencei a rezar

Pasiño un padre-nuestro; e na aquel punto

Fixen un circo co meu pau de oliva,

Que xa bendito (por se acaso), ía,

E posto dentro del: - eu te requero

De parte de…_ lle dixen tremelando.

El con grave ademán e voz altiva

Me interrumpeu: _Ah!, fuxe, temerario;

Non toques nada!..._Si?; eu me retiro;_

E apertei contra o peito o escapulario

Que é da Virxe do Carme.

-Pero aténdeme ben; has de esperarme

No muíño de Añón _ Preciso fouce?_

-Non, miserable;… vaite!_ E deume un couce,

Como nunca o levei na miña vida,

Porque o defunto aquel gastaba zocos,

E para despedida

Inda me zorregou dous sopramocos.

Non parece senón que polo aire

Tiña chegado ó sinalado punto,

E cátame o defunto

Que xa ruxindo ven por entre o millo

Parece que inda xa con máis donaire.

Canto me marabillo

Vendo de aquela pantasma a linda cara,

Da lúa, que nacía, ó claro brillo!

Ai, pecador de min! quen o pensara!

Era a miña Mingucha en corpo e alma,

Cunha saba cuberta,

Que me estorbara de apañar o óso,

Porque non acabase o amor noso.

Pasmado me quedei coa boca aberta;

Mais ela, que era experta,

O pasmo me tirou cun doce bico

E ríndose a valer, me dijxo: _”Chico,

Xa estás ben castigado”._

Trocouse o medo en venturosa calma

E entramos no muíño, que era tarde

Para durmir aquela noite xuntos

Pola mor dos difuntos.

Dende aquela chuscada,

Non me chamen covarde,

Pois, sexa noite clara ou de tronada,

Se paso ó pé do adro ou cemiterio,

Rindo do vulgo a van credulidade,

(Con perdón do Abade)

Quixera ver pantasmas,_ falo serio;_

Pois maxinara inda

Ser a miña adorada Mingas linda.

Page 6: AÑÓN: ESCOLMA POÉTICA (Bicentenario)

A LEITEIRA

Érgome ao abrir do día.

Inda alumea o luceiro,

E en chegando a algún regueiro

Bautizo con agua fría

O leite do meu pucheiro,

Porque mellor aproveite

Quen merca o leite?

Madrugueiros estudantes

Acho ao pasar pola veiga,

E detéñenme os tunantes

Pedindo nata, manteiga,

E que sei eu... badanantes!

Mal fogo de Deus os deite,

Quen merca o leite?

Cando entro pola vila

Todos inda están na cama

En doce calma tranquila,

Quen do sono se espabila?

Eu que vou chama que chama

Ata que alguén se endereite.

Quen merca o leite?

E esperta algún señor

Abrazando á compañeira

Entre suspiros de amor,

Pero grazas à leiteira

Que entre seus brazos a estreite.

Quen merca o leite?

Corro á vila sen parar

Na cabeza posta a cesta,

Que relouco por comprar

Un adrezo para a festa,

Figa, rosario e pieite.

Quen merca o leite?

Tamén hei comprar xabrón

E unha cartilla de aceite.,.

Mais , a i! dou un tropezón,

Adiós figa, adiós pieite;

¡Dios mío! que compaixón!

¡Adiós adrezo, adiós leite!!!

Page 7: AÑÓN: ESCOLMA POÉTICA (Bicentenario)

AMOR APRESURADO

Soneto

Miráchesme, mireite, nos miramos;

Sorriches, sorrín, os dous sorrimos;

Nos nosos ollos nosa imaxe vimos:

Ti nos meus, eu nos teus nos retratamos.

Desde entón de amor nos abrasamos;

Un mesmo gusto ou pena os dous sentimos,

E anque a paraxes diferentes imos,

Decote no camiño tropezamos.

Xa que do corazón libres dispomos,

Os paxaros dos bosques imitemos,

Que os niños fan entre ramaxe e gomos;

Nosa doce ventura apresuremos,

Que a vida é curta e responsables somos

Do tempo tan precioso que perdemos.

A Coruña, Febreiro 25 de 1869

Page 8: AÑÓN: ESCOLMA POÉTICA (Bicentenario)

A o meu querido amigo JAN BAUTISTA NEIRA, salvado providencialmente d'o descarrilamento de Viana

Maldigo o ferro carril. Carro con lume e vapor, Que cal lóstrego sutil Arrebata de Madril O meu amigo millor. En menos que canta un galo Anda doce ou vinte leguas... Eu non son tolo anque calo… Dentro vay algún cabalo... Cabalo non, ¡serán eguas! Ceibando chispas de lume, Apenas avista a gente Silba com'un-a serpente; Rojo, negro e branco fume E seu respirar ardente. Entra por montes furados Onde a luz se engerga apenas; E en saindo aos escampados, Vense os rapaces e nenas Como rosas colorados. Cando un tren con outro tren Se escorna de opostos lados, ¡Armase cada Belén!... E todos os que alí vèn Quedan esfatamiñados. Por mais que me mordo as uñas A endrómena singular, Moito me da que pensar; Pois si lle marran as cuñas A onde demos vai parar? Se algún descarrilamento Acontece Dios nos valla! Todo o convoi se esmingalla, Xente e coches polo vento Van como frebas de palla.

Alaios, choros, xemidos No medio da escuridá, Rachan a alma e os oídos... En tan suprema ansiedá Atolandran os sentidos Este faise unha tortilla. Aquel polos aires voa E contra o chau se escotilla. Aquel outro se esnacoa Saltando pola escotilla . Outros se ven esmagados. Cal no lagar o bagullo, E en tan infernal barullo, ¡Cantos quedan enterrados Debaixo daquel entullo! Nin os combates da terra, Nin as tromentas do mar Me poden facer tembrar; O que me espanta e aterra E sólo o descarrilar Tal peligro me acovarda, E acá para min discurro, Sendo un cacho de alpabarda, Que viaxar, mais val en burro Anque sea sin albarda. Dios te salvou por milagro Para librar moita xente... Por ser tan nobre e valente, Este canto che consagro Por que me teñas presente. Vaite ao venturoso chan Da encantadora Galicia, Onde esperándoche están Amor, pracer e delicia Que as nenas che brindarán. Vïaxar podes moi ben Alí, con gracia e donaire. Sin que cha empate ninguén: Cando alá vaian en tren Aquí andarán polo aire!

Page 9: AÑÓN: ESCOLMA POÉTICA (Bicentenario)

A MARISA BARROS

Garrida como os amores

E lista como a anduriña;

Onde aprendiches, meniña,

Tantas gracias e primores

Sendo tan pequerrechiña?

Seique as fadas arrolaron

O sono da túa infancia,

Súas artes che ensinaron

E teu berce arrandearon

Entre flores e fragancia.

A lingua de Fenelon

Falas tan castiza e pura,

Que nos causa admiración;

Na túa testa fulgura

A estrela da inspiración.

Hai quen diga por aí

Que xa naciches falando:

Que ó estarche bautizando,

Respondiches ao cura: Oui,

Entre xemendo e chorando.

Con que gracia o italiano,

Medio seria medio rindo

Vas falando e traducindo

En tan puro castellano,

Que non sei cal é máis lindo.

Eses mimosiños dedos,

Que nunca se enxergan quedos,

Ceiban tan doces sonidos

Tan melodiosos, tan ledos,

Que enfeitizan os sentidos.

De rosas coroa esplendente

Ha de adornar túa frente

Se desa sorte camiñas...

Mais ai! Mariña inocente,

Que esas flores teñen espiñas.

Da gloria o áspero carreiro

É tan difícil galgar!

Un penedo ou un regueiro

Un barranco ou un outeiro

Ven sempre o paso a estorvar.

Mais do teu talento as galas

Han de vencer os atrancos

De penas, outeiros, valas:

Que o xenio tamén ten alas

Para salvar os barrancos.

Coses, bordas e debuxas

Despois de tanto estudar,

Coidado se te enrabuxas!

Debes correr e brincar,

Non lle boten culpa ás bruxas

Se chegares a enfermar.

Por tamaña habilidade

Non debes ter vanidade

Se non dar grazas a Dios.

Que o ceo esas gracias dá

Tan só aos ánxeles bos.

De entusiasmo e de cariño

Xa se me cortan as falas. ..,

Ven acá: dáme un biquiño,

Que para ser anxeliño

Só che marran as alas.

Santiago 1868.

Page 10: AÑÓN: ESCOLMA POÉTICA (Bicentenario)

A MEUS PRIMOS E. Y P.

Que fora este mundo ingrato

Sen ilusión, sen amores?

Triste deserto sen flores

Cheo de silvas e mato.

É un feitizo tan grato

Amarse o home e muller!!...

Oi! se se saben querer,

Fan da terra un paraíso:

Conque, amigos, é preciso

Adorarse ata morrer.

Page 11: AÑÓN: ESCOLMA POÉTICA (Bicentenario)

ANTE A TORRE DE HÉRCULES

—Esta torre fai mil anos

Que a fixeron os fenicios

—Tamén hai algúns indicios

De que é obra dos romanos.

—Sodes na historia profanos

E en sentenciar moi lixeiros

Pois nin foron os primeiros

Nin os segundos, aposto!

—Tíranos de dúbida, Agosto:

Di, quen foron?

—¡ Os canteiros!

Page 12: AÑÓN: ESCOLMA POÉTICA (Bicentenario)

A SABELIÑA

Fragmento

Como será a miña sorte,

Sabeliña, non o sei:

Se ti queres ser o meu norte,

Nunca os agoiros da norte

Nos meus fados acharei.

Sempre para min nubrado

Sae o sol tódolos días

E de noite no tellado

Oio do moucho taimado

O cantar das agonías.

Ti encendiches no meu peito

Un fogo que me consume. . .

Nin no campo, nin no leito

En ningures acho xeito

De matar tan vivo fume.

Page 13: AÑÓN: ESCOLMA POÉTICA (Bicentenario)

EPIGRAMAS Y BRINDIS

I

Improvisación

Ai! Tamén o vinculeiro

Quer saca-los pés da alforxa?

Vai e métete na forxa

Do teu compadre o ferreiro.

Alí poderás, majadeiro,

Na moa amolar fouciños,

E déixate de versiños,

Pois non debes trobar nunca;

Senón... Ti ves esta cunca?

Escálfocha nos fuciños.

II

Brindo a don Xoán Cereixo,

Como que é o capitán

De tanto fino larpán

Que aquí está lambendo o queixo

Mais non pensedes que deixo

De botar o meu traguiño,

Que anque non me gusta o viño

Cando alguén o bautizou,

Se está como Deus o dou,

Fíncolle ben o fuciño.

III

Ó saltar este regueiro,

Certa noite de troboada

Caeu dunha trambullada.

Chispo, Goriño de Outeiro;

Acode o lugar enteiro,

Faise a autopsia de Goriño;

Os médicos o fuciño

Morden, á pesar da ciencia,

Pois non saben en conciencia

Se afogou de agua ou de viño.

IV

Un crego ó tempo de alzar

Viu á través da vidreira

Gatiñando á súa figueira

Un rapaz dos do lugar

—¡ Inda te suban os demos!

— Dixo todo incomodado... ;

Sube, sube, condenado

Que despois xa nos veremos!

V

Indo á misar don Martiño,

Nas faltriqueiras rachadas

Meteu castañas asadas

Para comer no camiño.

Consagrou a hostia e o viño

E, cando o cáliz erguía,

Con gran ruxido sentía

Caer castañas no chan

E atolondrado o larpán:

—¡ Véde-lo demo!—dicía.

Page 14: AÑÓN: ESCOLMA POÉTICA (Bicentenario)

A GALICIA Airiños da miña terra, airiños, airiños aires, airiños, levaime a ela. Ai, esperta, adorada Galicia, dese sono en que estás debruzada; do teu rico porvir a alborada polo ceo enxergándose vai. Xa cantando os teus fillos te chaman, e cos brazos en cruz se espreguizan… ¡Malpocados! O que eles cobizan é un bico dos labios da Nai. Dese chan venturoso arrincado pola man do meu negro destino, ata mesmo soñando maxino eses campos risoños cruzar. E correr polas hortas e prados, onde leda pasou miña infancia, respirando a suave fragancia de xazmín, caravel, azahar. Coido ver esas rías serenas, escumando con barcos veleiros e cantares oír feiticeiros, que en ningures tan doces oín. Inda creo sentir as lavercas, que peneiran nos aires cantando, cando o sol vai as nubes pintando de amarelo, de lume e carmín. Ao través de aguzados penedos penso ver empinados petoutos, viñas, hortas, devesas e soutos que apouvigan os ventos do sul. E saltando regueiros e valos, cata xa outros bos horizontes, outras veigas, mariñas e montes, que se perden na brétema azul. Soño aí que entre verdes pereiras foliadas alegres escoito, cando o ceo se reviste de loito nas poéticas noites de vran. E que en medio de nenas garridas canta un mozo con voz pracenteira, para o lado tumbada a monteira, unha orella tapando coa man.

Eu soñei ver no cume do Pindo, adornados de mirto e loureiros, escritores,poetas guerreiros, que sorrindo se daban a man. Eran eses os fillos máis caros, que da Patria aumentaron a gloria: os seus nomes nos fastos da historia con diamante gravados serán. E dempois unha andrómena rara vin moverse con agoa fervente, e silbando coma unha serpente, como un lóstrego os campos cruzou. Era aquel o porvir que xa soa e das probes aldeas fai vilas… ¡Adiós cantos e Musas tranquilas!, o imperio da industria empezou. Acordei…O meu soño dourado, como fume pasou de repente, e magoado o meu peito se sente de soidades e amor palpitar. Marmurei ¡adoradra Galicia!... (e dos ollos chovíanme as bágoas) ¡quen puidera beber túas agoas, e teus aires feliz respirar!. De ti lonxe, querido curruncho, eu mirrándome estou de amargura como a froita que vai xa madura e entre silvas o vento guindou. ¡Teño envidia da libre andoriña que aí chega por tódolos maios! ¡Teño envidia das nubes e raios que o sudeste a esas terras levou!... A ti voa entre ardentes suspiros sobre as trémulas alas do vento a soidade do meu pensamento que decote cravado está en ti. Por diversos países que eu vaia, ti serás miña doce memoria;… ¡Mesmo entrar non quixera na gloria sen primeiro pasar por aí!

Page 15: AÑÓN: ESCOLMA POÉTICA (Bicentenario)

RECORDOS DA INFANCIA Égloga (aumentada e inédita) Sobre las místicas flores Sentado orillas del Miño, Un pastor á otros pastores Les contaba sus amores, Y estos recuerdos de niño. Inda me acordo cal se fora honte Cando eu era pequeno, Saltón, vizoso, atravesado neno, Íame coas ovellas polo monte, A par dunha garrida compañeira, Alegre, falangueira, Tan pura como as aguas desta fonte. Lindo, espigado corpo, donairoso, De estreito van donoso, Divinos ollos de mirar sereno, Pé curto, longo pelo, a súa cara Era a dun anxo de lindura rara. Ledos cantando, parolando ou rindo Con preguiceiro paso Polos outeiros iamos subindo, Escorrentando acaso As labercas que voan trembadoras Pineirando nos aires cantadoras. Con que solaz facía varios ramos De floriñas do monte para Ánxela (Este era o nome dela) Na branca testa púñallas en roda, i Oi! era un gusto máis graciosa vela Que unha noiva no día da súa voda: ¿Non vistes a anduriña, Que en mil confusas voltas polo aire Cantando remoíña Formando caprichosos labirintos? Inda con máis donaire Corría a miña nena Pola pradeira amena Para coller os rústicos xacintos Melosas madreselvas, amapoulas, Campaíñas, pampillos, dedaleiras Nos arrós, entre o pan, ou nas silveiras. E dos castaños esgazando as polas; Abranguía aromáticos cencenos. Con todas estas flores Teciamos lindísimas grilandas Á beira dos riachos mais serenos,

Ou dun outeiro nas amenas faldras, Para coroar as nosas loucas testas, Que os inocentes nenos Xa ambicionan ser reis desde pequenos. ¡ Malpocadiña ! Un día Ía apañando as recendentes flores Con plácida alegría, Suspirando unha cantiga de amores, Que continuar non puido. Un ai dorido, penetrante, agudo, Chegou a meu oído. Corrín a ver que tiña acontecido, Estaba a linda nena En bagullas bañada, C o m o a rosa no orballo da alborada, Que me partía o corazón de pena. Unha maldita abella Chantara a súa punta velenosa Nos doces labios de color vermella, Coidando acaso que era algunha rosa: Por iso lastimosa Xeme, suspira, chora A miña amada anxelical pastora. Trato de acalantala Con mil cariños e consellos sabios, E para consolala Xuntei os meus a aqueles virxes labios E tireille o ferrete pezoñento... Trocouse o noso alento Nun longo, doce, divinal suspiro Que gravado inda está no pensamento. En tan fatal momento Amor a entrambos nos feriu dun tiro E pasou o dolor da picadura; A picada de amor inda hoxe dura. Dende a pasaxe aquela En ningures me achaba ben sen ela, E enredando decote corriamos Pola pradeira toda á nosa anchura, Porque as ovellas, cando queriamos, No medio da espesura Deixabamolas soas Depinicando os gomos das queiroas. Se algún regueiro achabamos de atranco E erguía o meu ben as súas enaguas Para botar as aguas O seu fidalgo pe cal neve branco, Entonces ¡miña xoia! Non marra de Anxeliña quen se doia.

Page 16: AÑÓN: ESCOLMA POÉTICA (Bicentenario)

Pillábaa nos meus brazos Guindando á outra banda cos zapatos E entre doces abrazos, Como a hedra se enreda a un tronco forte Pasabamos, e desta mesma sorte Por entre toxos e bravíos matos. E se quizais dun fresco río a beira Baixabamos a xunta os máis rapaces, Aquilo era unha feira; Argallando e brincando na pradeira Como bravos cabritos montaraces. De carballo unha pola retorcida, En dous gallos no medio dividida, Servíanos alí de randeeira, Para as calores refrescar do estío, Arrandeando nela. Xogabamos ó trompo ou á estornela, Mentras outros patuxan polo río, Para pillar as troitas. Outros á reboladas, Por non poder coas mans, os inimigos, Estragaban as árbores e froitas, Aínda non logradas. Chacina, leite, noces, mazás, figos, E puchas cuguladas De cereixas ou doces cirigüelas, Sendo no tempo delas, Era noso festín no campo brando, Mentres á sombra se deitaba o gando. Iamos por devesas e silveiras, Moras buscando e niños De merlos, estorniños, Rulas, vichelo-cregos, carniceiras E dabamos ás nosas compañeiras Os tenros paxariños, Que metían no seo palpitante, Para darlles calor algún instante, Mentres de rama en rama, Revoando con chío penetrante, A triste nai ós seus filliños chama. ¡Ninguén se doe da coitadiña ave!... ¡ Malpocadas meniñas! ¡ ai! quen sabe, Se dese mesmo xeito Amor vos rouba o corazon do peito, Para dalo tal vez a un falso amante, Que con falsos cariños Volo estrague, cal vos os paxariños! Andabamos tamen ás agachadas,

A pita cega e outros varios xogos De prendas, que xa esquezo, En que non valen súplicas nin rogos, Pero as nenas graciosas, Risoñas como as fadas, Nos puñan penitencias tan gustosas, De tan doce embeleso, Que sempre volviamos polo veso. E nas noites do verán ó libre vento, No medio dunha eira, Como a palma da man redonda, lisa, Ou baixo as verdes follas da parreira En que xogaba a suspirante brisa, Era de ver alegres fouliadas Que de oílas voaba o pensamento, Como, levado por celestes fadas. O país venturoso dos amores Entre os abalos de harmoniosos cantos. Así pasou aquela idade de encantos, De xogos e de flores, E de inocentes plácidos amores, Con tanta lixeireza e tal premura. Cal lóstrego sutil que as nubes racha, Cando un metido se acha En noite horrible de fatal negrura.

Page 17: AÑÓN: ESCOLMA POÉTICA (Bicentenario)

O RECORDO

A Galicia

Como un niño de vichelo-crego

Que arrandea entre follas a brisa,

Eu contemplo con maga sorrisa

O corruncho onde libre nacín.

Vin de Lisia a encantada ribeira,

As riquísimas veigas da Galia,

Os xardíns da magnífica Italia…

Como noso bo chan, nada vin.

Onde están as devesas frondosas

E floridos herbales amenos,

En que alegres rebuldan os nenos,

Ou quizais namorado pastor?...

Onde os máxicos vales sombríos

Serpentados de frescos regueiros,

En que están debruzados salgueiros

Convidando á furtiños de amor?

En ningures se encontra no mundo

Un anaco de terra máis lindo…

Soutos, prados e flores sorrindo

Nos riachos mirándose están.

Penduradas nas árbores crecen

Doces froitas de rica fragancia,

E con tan asombrosa abundancia

Que os ramallos se pousan no chan.

Van ás festas de gran romería

Lindas nenas de anxélica cara…

Devoción, alegría, algazara

En confusa mestura alí hai.

A xovial fouliada comeza

Dos feitizos de música e danza,

E entre amores, loucura e folganza

Como un lóstrego a noite se vai.

Que risoña se ostenta a alborada

De Galicia no puro horizonte!

A laberca trinando no monte,

No pomar o feliz rousiñol.

Nas ladeiras remedan os ecos

O cantar de inocentes pastores:…

Todo é encanto, suspiros, amores

Naquel himno dos campos ó sol.

Cantas veces das rústicas flores

Respirei os aromas suaves!...

Cantas veces nos bosques as aves

Me saudaron cantando tamén!

E de amores o peito encendido

Engolfado en tamaña delicia…

Que recordo!...adorada Galicia!

Ai! Ti fuches o meu célico Edén.

Febreiro, 18 de 1857.

Page 18: AÑÓN: ESCOLMA POÉTICA (Bicentenario)

HIMNO A AGRICULTURA

(Dedicado o meu amigo J. M. P.)

CORO

Traballade rapaces e nenas

Para vos o proveito ha de ser,

Tralos días de rudas faenas

Viran noites de folga e placer.

Cando Deus este noso planeta

Polo espazo guindou entre soles,

Nun xardín de arboredas a flores

Puxo a nosos primeiros avós.

E lles dixo: vivide felices

Entre xogos de amor e caricias:

Vós faredes as miñas delicias

E as vosas se fóredes bos.

Inmortais seredes na terra

Como os xenios que están alá arriba;

E comer certa fruta lles priva

Que non sei se era figo ou mazá.

Por aqueles pomares frondosos

(En coiriños por falta de xastres)

Sen coidar en futuros desastres,

Rebuldaban de tarde e mañá.

Ata os ánxeles tiñan envidia,

Atisbando da célica altura,

Tanto encanto, pracer e ventura,

Que encerraba aquel máxico Edén.

Mais un día, funesto capricho!

Lambricaron da froita vedada,

E perderon tan rica morada,

A inocencia perderon tamén.

Ai! a terra que de antes mimosa

De seus amos cumprira os antoxos

Só cardos, espiños e toxos

Lles ofrece... desgracia fatal!!...

Mais do home no espírito arteiro

Unha idea feliz remoíña,

Que é facer desta terra mesquiña

Outro Edén positivo e real.

Do chan virxe a cuberta rachando,

A montóns brotará do seu seo

Canto aborde para o noso recreo,

Para noso regalo e pracer.

Desmontemos as verdes ladeiras,

Cultivemos os vales e montes,

Que orballando de ríos e fontes

En fartura nos han de manter.

Baixo a tona da térra se esconde

Un tan rico e preciado tesouro,

Que vale máis que a prata e o ouro,

Porque a nosa ventura alí está.

Traballemos con firme constancia:

O traballo é a alma do mundo;

E o sopro da vida fecundo,

Que solaz e virtudes nos dá.

Noxo inspiran nas grandes cidades

Ledos bailes de libres escenas;

Valen máis as campestres faenas

Que respiran pureza e candor.

Os trafegos do campo acabados

Da restreba, da esfolla ou da malla.

Como é grato enredar entre a palla

Suspirando cantares de amor!. . .

Canto e doce nas noites de inverno

Ao calor dos tizóns da lareira,

Escoitar da xovial fiandeira

A sentida canción popular!...

Ou pendente dos labios dun vello

Admirar as guerreiras fazañas,

E brindar ao compás das castañas

Que nas brasas estoupan do lar!...

Pastorciños das verdes montañas,

Labradores das veigas tranquilas,

Por vós comen cidades e vilas…

Que sería do home sen vós?

Cando o home e o chan se emancipen

Desde a serra ata o val profundo,

Vós seredes os donos do mundo

Como nosos primeiros avós.

Madrid, 23 Setembro 1873.

Page 19: AÑÓN: ESCOLMA POÉTICA (Bicentenario)

UN-A CARTA ANÓNIMA

Mi señora doña Urbana,

Anque non lle cadra o nome

Pois groseira como un porco

Algunhas veces portouse:

Voulle dar un conselliño

Dende esta aldea de Cornes

Donde veñen a comer

O leite algúns rapazotes;

E mentres lamben as cuncas,

Parolan dos seus amores,

Falando cousas tan chuscas

Que vaia!, Deus me perdoe,

Se non mexei coa risa

Co que lles oín... escoite:

Dis que ten na súa casa.

Unhas nenas como soles,

Mocosiñas e escorreitas

Aínda de patria e caxotes;

Con todo, as tales meniñas

Anque novas son atroces,

Pois dis que meten no seo

Farrapos, para que os homes

Todos rebulden con elas

Cando bailan pola noite.

Por fortuna os que aí entran

Son lampos e sen bigotes

E non hai maior perigo

Se as meniñas non escorren.

Con todo, a un dos rapaces

Dis que xa o can de San Roque

Lle chantara ben os dentes

E que sufriu ben o pobre.

Ten conta, Urbana, coas nenas

Mira que o demo non dorme.

Que mil demos fan aí

Eses perilláns decote?

E cal é a xente deles? .

Xa ves que ningún é nobre

E ti baixas liña recta

Do cu de Wamba catorce;

Pois teus ilustres avós

Se defenderan entón

Dunha nube de piollos

Que servían para odres

Tirándolles a pelexa

E pondo a secar os foles.

Dis, que mataban con seixos

Aqueles bichos enormes,

E dende aquela de Seijas

Adqueriches renome.

Un dos tales rapazacos

Dis que quixo certa noite

Esmuxicar a candea,

(Tal vez un descoido fose)

Esmuxicouna tan ben

Que quedaron... buenas noches..

Mentres chaman á criada

Ou aos fósforos acoden

Dis que houbo bicos, abrazos,

Ou quizais cousas maiores;

Pois cando veu o candil,

O sobrado alumiouse

E estaban tan vermelliñas

As nenas como unhas flores.

Ten conta, Urbana coas nenas

E bota fóra de noite

A eses canciños faldreiros

Que sen ladrar, morder poden.

Fíate dos meus consellos,

Mira qne o demo non dorme.

Santiago, 1842

Page 20: AÑÓN: ESCOLMA POÉTICA (Bicentenario)

A MIÑA ENFERMEDÁ Fraco como un asubío, Con tres enemigos loito, Enfermedade, fame ou frío, E da miña vida o fío Vaise adelgazando moito. Despois de fortes dolores, Tiven derrames de bilis Con revolución de humores; Pero os demos dos doutores Non teñen dado co busil is . Consultei cun franchute, Que de paso estaba aquí, E díxome: mon ami, Vous vous guerirez sans doute; Mais faut, il prendre ceci. E espetoume tres recetas Que custaban seis pesetas; Pero como non as tiña Seguiu do mal a morriña Que se encruou coas dietas. Tenme outro italiano visto, E exclamou: ¡ Cappo di Cristo! Lei ha d'orangio la faccia Malatía cativaccia; Ma ïo vengo provisto. E tirou da faltriqueira Unha bonita carteira, Que era a súa gran farmacia; Ponderou sobremaneira Dos grauíños a eficacia. Engulín homeopatía Con pouca fe e esperanza; Mais encontrei certo día A un médico de Braganza Que de antigo coñecía. E deixey o italiano Polo doutor lusitano... —¡ Diabo ! ¡ Como está amarelo ! Dijo rindo o Señor Melo,

Que é un portugués campechano. —Pois, meu caro amigo, eu hacho Que d'esta s'escapará; Mas de manhan tomará Raiz de carqueija macho Con seis chavenas de chá. Ao herbolario Garduña Pedinlle: macho carquexia... Entre dentes refunfuña E por pouco me esgaduña Se non entro nunha igrexa, Díjome o tio Cucaña: O papel Fayard non daña... Por que non se serve del'? —Se hei de curar con papel Será do Banco de España. De duros unha poutada Poderá curarme a hepatitis, Enfermedade condenada, Cando vén acompañada Dunha gran sindinerítis

Madrid, 1878

Page 21: AÑÓN: ESCOLMA POÉTICA (Bicentenario)
Page 22: AÑÓN: ESCOLMA POÉTICA (Bicentenario)

¡ Boél!

Este hermoso panorama

De vistosos horizontes,

Que entre pintorescos montes

Se extiende y se desparrama

El río que se derrama

Dulce, plácido y sereno,

Por medio del valle ameno,

Hasta perderse en el mar,

Sin duda ha sido el lugar

Del paraíso terreno.

¡ Boél! Deliciosa aldea,

De una colina en la falda,

De árboles verde guirnalda

La circunda y la sombrea:

Pero lo que le hermosea

Sobre los demás lugares

Son los umbrosos pinares

Que hacen de él un rico Edén,

Donde blanquear se ven

Sus redondos palomares.

San Orente, Sierra, Entines...

Y, sobre todo, Boél,

Son un continuo verjel

Con sus frondosos confines.

Por do quiera que examines

Este suelo encantador

Lleno de gracia y verdor,

Dirás, con placer profundo:

«No se encuentra en todo el mundo

Un rinconcito mejor».

Page 23: AÑÓN: ESCOLMA POÉTICA (Bicentenario)

A mi destino

¿ Por qué me miras con airado ceño

Y me maltratas, bárbaro destino?

¿Por qué siembras de abrojos el camino

De un porvenir que columbré risueño?

¿Por qué me robas hasta en dulce sueño

De mi ilusión el ídolo divino?

¿Por qué como un espectro, de contino

Doquier me sigues con tenaz empeño?

¿Piensas tal vez que en lágrimas los ojos

Débil sucumba a tan cruel dureza?

Desafío tu rabia y tus enojos:

¡Vibra mil rayos sobre mi cabeza!

Pues ya no tienes más que arrebatarme,

De tu insano furor quiero burlarme.

Madrid, 13 Noviembre de 1859

Page 24: AÑÓN: ESCOLMA POÉTICA (Bicentenario)

A UNA MARIPOSA

¿Qué buscas en mi ventana Mariposa voladora, Que así la rondas ufana Cuando el Sol de la mañana Los verdes campos colora? Si quizá con tanto afán Buscas plácidos olores, Te engañas... aquí no hay flores, Que puedan ser el imán De tus inquietos amores. Sólo un clavel encarnado Mustio, lánguido, inodoro, Guardo aquí como un tesoro, Porque me lo ha regalado La hermosa que yo enamoro. Y sus marchitos despojos Que no pueden ya incitar Tus amorosos antojos, Son el norte á do mis ojos Torno siempre á mi pesar. Veo en ellos la fineza Del ídolo de mi ardor, Y en su agostado color La imagen de mi tristeza de mi abrasado amor. Recuérdame su hermosura, Ysu sonrisa halagüeña, Y su mágica dulzura, Y aquel tiempo de ventura, Que la contemplé risueña. No con efímero halago Emponzoñes mi esperanza: Huve de aquí sin tardanza. Que tu vuelo incierto y vago Simboliza la mudanza. A saciar ve tu inconstancia En mil flores que el contorno Perfuman con su fragancia; Y de mi tétrica estancia No envidies un seco adorno.

Page 25: AÑÓN: ESCOLMA POÉTICA (Bicentenario)

AL AMOR CONYUGAL

Del amor conyugal la fiel pintura

Quisiera bosquejar en poesía;

Mas ay! que es tosca y pobre el arpa mía

A parodiar la celestial dulzura.

De dos almas que a amarse con ternura

Arrastra el fuerte imán de simpatía,

Tan sólo un serafín cantar podría

Tan mágico placer, tanta ventura.

Arrojo, pues, mi lira por el suelo,

Para admirar en reverente prosa

Al buen Manuel y a su adorable esposa,

De la unión conyugal santo modelo;

Pues saben convertir la tierra en Cielo

Con su mutuo cariño y paz dichosa.

19 de diciembre de 1858

Page 26: AÑÓN: ESCOLMA POÉTICA (Bicentenario)

AMORES VIEJOS

Cuando te vide por la vez primera,

Radiantes eran tus divinos ojos,

Sonrosada tu faz, tus labios rojos,

negra tu abundante cabellera.

Joven era yo entonces, tu hechicera,

Y entrambos fuimos del amor despojos,

Siendo un edén de flores, sin, abrojos,

De nuestra edad la dulce primavera.

Llegó el Otoño al fin; nuestro cabello

Trocóse en hebras de luciente plata;

Mas del primer amor quedó el destello.

Y aun respiramos la ilusión más grata.

Que es el amor cual vino generoso,

Que cuanto más añejo, más sabroso.

Page 27: AÑÓN: ESCOLMA POÉTICA (Bicentenario)

EL BORRACHO Y EL ECO

Noche oscura y silenciosa,

Tan achispado iba Antón,

Que cayó de un tropezón

En la senda barrancosa.

Echa un recio juramento

Diciendo ¿quién se cayó?

Y en la pared de un convento

Resonara el eco

—Yo

—Mientes, yo soy que caí,

Y si el casco me rompí

Tendré que gastar pelucas.

—Lucas!

—No soy Lucas ¡voto a briós!

Que nos vamos ver los dos

Presto, señor farfantón.

—Antón!

—Me conoces eh? tunante.

Pues aguárdame un instante

Conocerás mi navaja.

—Baja!

—Bajaré con mucho guste

¿Te figuras que me asusto?

Al contrario, más me exalto.

Alto yo! Piensa el osado,

Que cien lauros que he ganado,

Hoy con mengua los marchito?

—Chito!

—¡Y se atreve el insolente

Mandar callar a un valiente! ;

Que calle yo, miserable?

—Hable!

—¡Vaya, no que no hablaría

Hasta ([ue tu lengua impía

Con este acero taladre!

—Ladre!

—Ladrar! Soy perro quizás?

¿Dónde, villano, dó estás

Que de no hallarte me aburro?

Burro!

—Yo burro! Insulto tamaño

Vengaré de un modo extraño,

Que el sitio me es oportuno

—Tuno!

—Más, dónde está el majadero

Que ya hacerle rajas quiero?

Responda ¿dónde se encuentra?

—Entra!

—¿Por qué no sales, bellaco?

Porque tu valor es flaco

Contra el mío colosal ?

—Sal!

—Aquí me tienes, cobarde,

Dime ¿quieres que te aguarde?

Do estás ? bah!, nadie se me acerca ?

—Cerca!

—Pero ¿dónde estás? repito

Que escuchando estoy tu grito

Mas el no verte me admira ?

—Mira!

—Ya miro; pero qué diablo!

Si no veo con quien hablo,

Page 28: AÑÓN: ESCOLMA POÉTICA (Bicentenario)

Pues no parece ninguno.

—Uno!

-—Uno ? pues bien, salga ya :

Mi coraje probará:

Le aguardo, aquí me coloco.

—Loco!

—Chancéaste acaso tú ?

Por vida, de Belceb!

Sal presto; me desespero.

—Espero!

—Así te burlas de mí?

Responde: quién eres di?

Ya de cólera reviento.

—Viento.

—Eres algún trasgo inmundo

O eres cosa de este mundo?

Habla: nada hay que me asombre.

—Hombre!

—Mas eres vivo o difunto?

Aclárame todo al punto

con quien hablas repara.

—Para!

—Si eres ánima afligida.

Bien; mas si eres de esta vida,

Hoy mi brazo te destruye.

—Huye!

—En vano intentarlo quieres,

Pues mientras no sé quién eres,

Mi espíritu no se asombra.

—Sombra!

—Sombra? Dios mío! en tal caso

Perdóneme, que eché un vaso,

Tres copitas v un bizcocho.

—Ocho!

—Ocho! se engaña, pardiez!:

Serían siete tal vez,

Que otra la tomó Ramona.

—Mona!

—Lo que es mona, no señor:

Me puso alegre el licor,

Y a Ramonita también.

—Bien!

—Señor, no volveré más:

Fué en el café de D. Blas,

Do estuve con ella sola.

—Hola!

—Es un poco vivaracha,

Pero muy guapa muchacha,

Muy salada y oportuna.

—Tuna!

—Eso es tal vez impostura;

Mas ya que V. lo asegura;

Sobre ese punto no alterco.

—Terco!

—Bien, señor, ya no replico,

Si quereis, callaré el pico,

Como si fuera de tabla.

—Habla!

—Pues señor, iba diciendo,

Con ella hablando y riendo,

Tomé lo que me convino.

—Vino!

—Vino, sí señor, un poco:

Dos vasos me han vuelto loco;

Que echase más no penséis.

—Seis!

Page 29: AÑÓN: ESCOLMA POÉTICA (Bicentenario)

-—Seis!; no me acuerdo en efecto,

Que tengo siempre el defecto

De no contarlos después.

—Pues!

—Mas en medio de todo eso

No se me ha turbado el seso,

Ni a la muchacha toqué.

—Qué?

—Que no quise abusar de ella,

Pues aunque es muy fresca y bella

Aun tengo alguna virtud.

—Tu?

—Yo, pues qué mal hice?, diga,

Cuando le cayó una liga

Se la puse y nada más.

—Más!

-—Ah! sí, me acuerdo, de prisa

Le miré si la camisa

Era lienzo de Cambray.

—Ay!

—Sombra que todo lo sabes,

Despáchame cuando acabes,

Que por mi parte acabé.

—Ve.

—Sí ; gracias, me voy que es tarde

Adiós! el Cielo te guarde!

Triste sombra veneranda.

—Anda.

Marchóse Antón taciturno

Con tímida planta lista,

Recelando que aun le embista

Aquel fantasma nocturno

Que se ocultara a su vista.

Llega a su casa al momento,

Do le esperaba su esposa,

Y afirmó con juramento

Que una sombra pavorosa

Le hablara junto al convento.

Madrid, 15 Noviembre 1858

Page 30: AÑÓN: ESCOLMA POÉTICA (Bicentenario)

FÁBULA

Tres marineros jóvenes,

Sin entender de Náutica,

Quieren surcar el piélago

Con arrogancia impávida.

Mapas, optantes, brújula

Para ellos todo es chachara,

Que para ir a América

En travesía plácida

Basta que frescos céfiros

Hinchen las velas cándidas.

Se embarcan, pues, con júbilo,

Alzando alegres cántigas

Al nuevo rumbo insólito

De su arrogancia impávida.

De entre la turba estúpida,.

Que aplaude asaz fanática,

Viejo marino grítales,

De ellos movido a lástima:

—Dejad incautos jóvenes

Empresa tan fantástica,

Si no quereis ser víctimas

Entre las olas ávidas.

Mas ellos, cual frenéticos,

A tan prudente plática

Con risa y mofa irónica

Le contestaron.. . ¡ Cáspita !

A poco rato viérase

Su navecilla náufraga,

Y á los rapaces míseros

Luchar con muerte bárbara.

Si la atrevida péñola

Deslizar dejas rápida

Sin guía, Fabio, acuérdate

De aquesta humilde fábula.

Page 31: AÑÓN: ESCOLMA POÉTICA (Bicentenario)

LA AGONÍA

Deslízase lenta la sangre en mis venas,

Apenas mi pecho se siente latir. ..

Mil dulces recuerdos, mil hórridas penas

Desgarran mi alma, yo voy a morir!!

Morir! . . . ¡tan temprano bajar a la tumba!

¡Adiós gratos sueños de mi juventud!

Morir... oh tormento! fuerza es que sucumba,

En breve mi lecho será un ataúd.

Ay Dios, que suplicio yo sufro aquí dentro!

La muerte y la vida luchando en mí están,

En vano la vista esparzo... no encuentro

Quien llore mi angustia y endulce mi afán

Dejad que respire tranquilo un momento

Yo quiero saciarme del aura vital,

La vida me diera tal vez el aliento

Del ángel que un día me quiso leal.

Se hiela mi sangre... apenas respiro...

El pecho oprimido cesó de latir. . .

Tan sólo me resta un débil suspiro. . .

Despréndese el alma... y voy a morir...!!

Vislumbran apenas mis lánguidos ojos

Un bulto... me nombran!... es ella ¡gran Dios!,

Me llama y me besa llorando de hinojos,

Ay! juntos al cielo volemos los dos.

1858

Page 32: AÑÓN: ESCOLMA POÉTICA (Bicentenario)

SOBRE LA TUMBA DE BLANCA

¿Donde estás mi Blanca bella,

Idolo del amor mío?

Alza de ese lecho frío,

Ven y abraza a tu amador,

¡ Ah ! no respondes, tranquila

Duermes en eterna calma,

Mientras me devora el alma

La congoja y el pavor!!

¿Ya no escuchas la voz triste,

Del que te adoró en el mundo,

Ni ves mi dolor profundo,

En tan horrenda mansión ?

Despierta del hondo sueño

En que yaces sumergida;

Despierta, Blanca querida,

Al eco de mi canción.

Si viera, vagar tu sombra

Al través de estos llorones

Si en fantásticas visiones

Viera al menos tu beldad...!

Me figuré que un suspiro

Exhalabas de la tumba,

Y era la brisa que zumba

Redoblando mi ansiedad.

¡ La vida amaba tan sólo,

Para pasarla a tu lado,

Y el tálamo que he soñado

Es tu lecho sepulcral!

Cuando a la guerra partía,

Llanto, suspiros, amores

Mezclamos entre las flores

Del vergel!... ¡ noche fatal!

Temerario en los combates

Triunfé del hierro y las balas,

Y vengo de amor en alas,

Para estrecharnos los dos.

Ora afanoso te llamo,

Y tú sorda á mi querella!!...

Adorada Blanca bella,

¡ A y! adiós, adiós, adiós!

Page 33: AÑÓN: ESCOLMA POÉTICA (Bicentenario)
Page 34: AÑÓN: ESCOLMA POÉTICA (Bicentenario)

ACRÓSTICO

J ulgo ser algum feitiço

O u encanto, ou bruxaría,

A quella doce alegría

Q ue me inspira um teu sorriso.

U m prazer do Paraiso

Y magino estar gozando,

N aquelles momentos, quando

A s tuas feições mimosas,

R esplandecen tão formosas,

O stentando imensas graças:

S o esquecem minhas desgraças

A nte essa cara de rosas.

Page 35: AÑÓN: ESCOLMA POÉTICA (Bicentenario)

DÉCIMA

Quando estás junto de min,

E eu contemplo túas galas,

Parece que a um Anjo igualas,

Ygualas a um Serafin.

Tuas faces de carmim

Teu semblante seductor,

Teu sorriso encantador,

Tua angelical candura,

E tua amavel ternura,

Estão convidando amor

Page 36: AÑÓN: ESCOLMA POÉTICA (Bicentenario)

SONETO

Ylluminai oh! ao meu pensamento,

Porque em alegre canto melodioso,

Celebrar possa o día venturoso,

Que a um Anjo de una terra luz e talento.

Um prazer celestial experimento

Neste Día de Jubilo e de goso,

Em que da fiel Consorte o digno Esposo

Solicito celebra o nascimento.

Para Solemnizar tão fausto dia

Por vos brindo Joaquina virtuosa,

Em signal de amizade e simpatia:

Gozai pois longa vida venturosa,

Cercada de apreciavel Companhia

Daquelles de quem vos sois mãi esposa.

Page 37: AÑÓN: ESCOLMA POÉTICA (Bicentenario)
Page 38: AÑÓN: ESCOLMA POÉTICA (Bicentenario)