interior diario alzheimer 2

7

Upload: encarna-lago

Post on 13-Jun-2015

84 views

Category:

Documents


5 download

TRANSCRIPT

Page 1: Interior diario alzheimer 2
Page 2: Interior diario alzheimer 2

é unha experiencia obra-doiro dirixida a persoas enfermas de Alzheimer e aos seus familiares que dende o ano 2007, e de maneira continuada, lévase desenvolven-do en tres dos Museos da Rede Museística (Museo Pazo de Tor, Museo Provinvial do Mar e Museo-Fortaleza San paio de Narla).

Un dos principais retos que nos formulamos, dentro do ámbito da mu-seoloxía social, é traballar o campo das emocións a través do contacto vivencial coas pezas que atesouran os nosos museos. Os museos son espazos de memoria, que a través dos obxectos e dos diálogos que se xeneran coas persoas vaise espallando e conservando.

Queremos, nesta ocasión, extender a liña de actuación e desenvolver esta actividade no Museo Provincial de Lugo.

O Alzheimer é unha enfermidade que afecta ás conexións neuronais e que as persoas van perdendo progresivamente, deixando de ter ac-ceso os seus recordos. A través da memoria queremos provocar emo-cións que evoquen lembranzas e se erixan coma pontes entre o pasa-do e o futuro.

Con motivo do Día Internacional do Alzheimer que se celebra o 21 de setembro regalarase o album de memoria compartida para traba-llar nun primeiro momento no museo e despois na casa. Na visita ao museo, será entregado a todas as persoas diagnosticadas con esta afección converténdose dende ese momento nunha ferramenta para a comunicación e narración de historias. A partir dunhas fichas coas

que poidan traballar xuntos enfermo-coidador e enfermo-museo, reco-lleranse imaxes, obxectos, lugares, palabras, en esencia, de recordos que completen as páxinas deste álbum.

Pero esta actividade tamén nace como unha oportunidade para que os posuidores deste álbum compartan a reminiscencia da súa historia de vida cos seus familiares, coidadores e seres queridos, xa que serán estes quen, en último caso, a través das súas lembranzas axuden a completar esas follas en branco de recordos esquecidos.

Entre as mans, sostéñense follas de experiencias e historias que ben poden ser comparadas coas catros estacións: A primavera representa unha época na que como as árbores nacemos e nos preparamos para dar os nosos mellores froitos; O verán; época na que a luz ilumina anos de novas experiencias e sensacións. O Outono, como as follas das ár-bores que descenden lentamente representa unha época máis sose-gada na que avanzamos cara un Inverno no que as nubes e os claros comparten protagonismo nas nosas vidas e nos nosos recordos.

En definitiva, Álbum de memoria compartida é un compromiso que dende hai anos a xerencia da Rede Museística ten adoptado coas per-soas maiores na súa aposta por defender “Un museo para todos, entre todos, onde o valor da memoria constitúe un tesouro tan valioso que merece defender e conservar.”

Encarnación Lago GonzálezXerente da Rede Museística.

Page 3: Interior diario alzheimer 2

Dende a área de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo, a través da Rede Museística e os museos que a integran, levamos anos traballando e defendendo a idea duns Museos abertos a toda a sociedade, conver-tíndose en espazos para a participación e o diálogo a través da arte.

O vindeiro 21 de setembro, Día Internacional do Alzheimer, queremos sumarnos a esta efeméride presentando unha actividade que dende anos se leva desenvolvendo nos outros tres museos da rede (Pazo de Tor, San Paio de Narla e Museo provincial do Mar) e extender este ano ao Museo de Lugo unha experiencia obradoiro dirixida a persoas diagnos-ticadas de Alzheimer e a todas aquelas persoas que, por uns ou outros motivos, conviven con esta enfermidade.

O Alzheimer afecta a un gran número de persoas e, por extensión, a todas aquelas que as rodean. Actualmente tense sabido que o avance da enfermidade depende moito do entorno no que a persoa con Alzhei-mer desenvolva a súa vida cotiá. De aí que un entorno o máis favorable posible xerará unha mellor calidade de vida. Desde a Vicepresidencia Primeira da Deputación de Lugo comprometémonos con este traballo xa que consideramos que require do esforzo e implicación de todos os sectores sociais, culturais, educativos e sanitarios da sociedade.

Dende a Rede Museística concibimos os museos como espazos de memoria. Unha memoria, que ao igual que os recordos das persoas, debe ser compartida para que se transfira, se contaxie e en último caso non fique no esquecemento.

Por todo isto, convidamos a todas as persoas vinculadas a esta enfer-midade, a participar nesta experiencia que leva por título “Álbum de memoria compartida” e que, con esta primeira visita ao Museo, poidan iniciar un diálogo coas pezas expostas, que evoquen a reminiscencia das nosas vidas e poder compartir ese caudal de memoria.

Mario Outeiro IglesiasDeputado delegado da Área de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo.

Page 4: Interior diario alzheimer 2

Nome:

Data:

Primavera vidada

álbum da memoria compartida Rede museística provincial de Lugo

Page 5: Interior diario alzheimer 2

Nome:

Data:

verán vidada

álbum da memoria compartida Rede museística provincial de Lugo

Page 6: Interior diario alzheimer 2

Nome:

Data:

outonovidada

álbum da memoria compartida Rede museística provincial de Lugo

Page 7: Interior diario alzheimer 2

Nome:

Data:

invernovidada

álbum da memoria compartida Rede museística provincial de Lugo