hostelería lucense e turismo 9

36
HOSTELERÍA LUCENSE REVISTA DA ASOCIACIÓN PROVINCIAL DE EMPRESARIOS DE HOSTELERÍA DE LUGO (APEHL) A EUROVISIVA LUCÍA PÉREZ, MADRIÑA DO III CUME TAPAS DE MONFORTE E PARA COMER , Preséntase a cuarta guía ...E para comer, Lugo en Fitur Abril 2011 número 9 APEHL premia a sete hostaleiros lucenses na súa gala anual O barco …E para comer, Lugo compite na regata Cidade de Vigo NOVAS XORNADAS REFRESCAN O CALENDARIO GASTRONÓMICO DA PROVINCIA

Upload: transmedia-comunicacion

Post on 25-Mar-2016

236 views

Category:

Documents


3 download

DESCRIPTION

Revista da Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería de Lugo (Apehl)

TRANSCRIPT

Page 1: Hostelería Lucense e Turismo 9

HOSTELERÍA LUCENSEREVISTA DA ASOCIACIÓN PROVINCIAL DE EMPRESARIOS DE HOSTELERÍA DE LUGO (APEHL)

A EUROVISIVA LUCÍA PÉREZ, MADRIÑA DO III CUME TAPAS DE MONFORTE

EPARACOMER,

Preséntase a cuarta guía ...E para comer, Lugo en Fitur

Abril2011

número

9

APEHL premia a sete hostaleiros lucenses na súa gala anual

O barco …E para comer, Lugo compite na regata Cidade de Vigo

NOVAS XORNADAS REFRESCAN O CALENDARIO GASTRONÓMICO DA PROVINCIA

Page 2: Hostelería Lucense e Turismo 9
Page 3: Hostelería Lucense e Turismo 9

HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 9 3

EDITORIAL/SUMARIO

A PROTESTA CONTRA A LEI ANTITABACO CONTINÚA

A Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería de Lugo (APEHL) vén

apoiando todas as iniciativas que leva a cabo a Federación Española de Hoste-

lería (FEHR) no nome do noso sector para protestar pola Lei antitabaco e para

intentar conseguir unha medida de conciliación cos dereitos de todos: zonas

para fumadores sen servizo de camareiros nin acceso permitido a menores.

Cremos que non ten sentido prohibir o uso no interior dos establecementos hos-

taleiros dun produto de circulación e consumo legal. É inxusto que a única vía

para erradicar o tabaco dos hábitos sociais sexa o ataque directo a un sector de

actividade de peso, sobre todo tendo en conta que existen alternativas para que

fumadores e non fumadores disfruten nos locais de ocio sen ver vulnerados os

seus dereitos, igual que ocorre noutros moitos países da Unión Europea.

Non nos cansamos de repetir que esta prohibición está causándolle perdas eco-

nómicas importantes e innecesarias a un sector que xera riqueza e postos de

traballo, que potencia enormemente o turismo e que en contextos de crise pode

axudar á recuperación pola súa rápida resposta. No noso caso particular, por

exemplo, o sector hostaleiro dálle emprego en toda a provincia de Lugo a unhas

10.000 persoas.

O último paso dado en contra da Lei antitabaco (Lei antihostalería) está chamado

a ser un dos de maior repercusión, pois trátase dunha manifestación nacional

organizada en Madrid o 9 de maio pola plataforma Libertad Sin Humo nas véspe-

ras das eleccións, xusto o momento no que esperamos que o Goberno escoite a

voz dos hostaleiros con máis atención. Queremos que revisen a nova normativa

e a adapten mellor á realidade, queremos que adopten esta solución real que

lles ofrecemos e que nos beneficia a todos e, por suposto, queremos que vós vos

unades á protesta e defendades o voso futuro.

EDITA:

ASOCIACIÓN PROVINCIAL DE EMPRESARIOS DE HOSTELERÍA DE LUGO (APEHL)

r/ Ramón Montenegro, 15, Entlo. 27002 LugoTfno.: 982.22.69.12Fax: 982.24.42.56E-mail: [email protected]

Delegación Zona Sur

r/ San Pedro (Estación de autobuses). Monforte de LemosTfno: 982.41.20.50E-mail: [email protected]

Delegación A Mariña

r/ Lugo, 3, baixo. 27780 FozTfno/Fax: 982.13.30.47E-mail: [email protected]

PRODUCIÓN:

Transmedia Comunicación & PrensaRonda das Fontiñas, 272, Entrechán ATfno.: 982.22.12.78E-mail: [email protected]

DEPÓSITO LEGAL: LU 186-2008

NOVA TIRADA DOS BAIXOPRATOS

APEHL EN FITUR

LATTE ART NA MARIÑA

GALA PROVINCIAL DE APEHL

REGATA CIDADE DE VIGO

MANIFESTACIÓN DO SECTOR

HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 9

SUMARIO

- Productos de limpieza- Detergentes y sistemas para lavandería- Celulosa- Complementos- Servilletas y palillos con la marca . . E para comer, Lugo- Disponemos de planes de limpieza adaptables a todas sus necesidades

HOSTELERÍA - COLECTIVIDADES - LAVANDERÍAS - AUTOMOCIÓN

EPARACOMER ,

8

10

13

16

22

24

Page 4: Hostelería Lucense e Turismo 9

ESPECIAL PAZO DE FONTEFIZ

HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 96

AXUDAS

CONSELLERÍA DE CULTURA E TURISMODOG nº 64, 31/03/2011Orde do 23 de marzo de 2011 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións para a po-tenciación do turismo mediante a mello-ra de establecementos restaurantes, e se procede á súa convocatoria para o 2011.

As axudas cobren melloras nas instala-cións dos restaurantes, para facelos máis accesibles ás persoas con discapacidade e máis sostibles e para renovar e mellorar cociñas, baños, comedores e garaxes ou aparcamentos. Tamén se outorgan sub-vencións para a incorporación de tecno-loxías na xestión dos establecementos.

DOG nº 64, 31/03/2011Orde do 23 de marzo de 2011 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorren-cia competitiva, das subvencións para a creación de aldeas de turismo rural, a mellora de establecementos existentes de turismo rural e a creación ou mellora da oferta complementaria nos estable-cementos de turismo rural existentes (como poden ser o enoturismo, turismo mariñeiro, hípica, golf, turismo de natu-reza…), e se procede á súa convocatoria para o ano 2011.

PROMOCIÓN DO EMPREGO

EMPREGO AUTÓNOMODOG nº 60, 25/03/2011Orde do 17 de marzo de 2011. Para promover e axudas a financiar aqueles proxectos empresariais impulsados por persoas desempregadas para a crea-ción do seu propio posto de traballo, así como para apoiar a consolidación destes proxectos empresariais fomentando a creación de emprego mediante a contra-tación indefinida da súa primeira persoa traballadora desempregada. Son sub-vencionables as altas realizadas ata o 30 de setembro do 2011.

PRÉSTAMOS PARA FINANCIAR PROXECTOS DE INVESTIMENTO EN GALICIA CON FONDOS DO BANCO EUROPEO DE INVESTIMENTOSDOG nº 63, 30/03/2011Resolución do 22 de marzo do 2011. Se-rán susceptibles de financiamento para pemes proxectos en todos os sectores. Por regra xeral, os proxectos deberán prever novos investimentos e/ou inter-vencións de ampliación ou mellora de instalacións existentes. Só poderán finan-ciarse con fondos do préstamo aqueles proxectos cuxo investimento financiable estea comprendido entre os 240.000 e os 25.000.000 euros.

IGAPE

Hai seis tipos de axuda: polo establece-mento como autónomo, financeira, para asistencia técnica, para formación, unha excepcional e pola primeira contratación indefinida.

INICIATIVAS EMPRENDEDORAS E DE EMPREGO (I+E+E)DOG nº 61, 28/03/2011Orde do 17 de maio de 2010. Para xerar emprego estable, sobre todo de mozos e mulleres, apoiando o desenvolvemento de novas iniciativas empresariais, con es-pecial atención aos concellos do rural.

Concederanse os seguintes tipos de axuda: á xeración de emprego estable, financeira, para asistencia técnica, para o financiamento dos primeiros gastos da actividade, de conciliación da vida profe-sional e persoal dos promotores e incre-mento de incentivos. O prazo de presen-tación das solicitudes de axuda remata o 30 de setembro do 2011.

FOMENTO DA CONTRATACIÓN INDEFINIDA INICIALDOG nº 61, 28/03/2011 Orde do 4 de maio de 2010. Para con-tratacións indefinidas entre o 1 de xullo do 2010 e o 30 de setembro do 2011 de desempregados de longa duración, des-empregados que esgotaran as presta-cións por desemprego, desempregados maiores de 45 anos, desempregados de 30 ou menos anos sen cualificación ou desempregados vítimas de violencia de xénero.

INCENTIVOS Á CONTRATACIÓN TEMPORALDOG nº 61, 28/03/2011Orde do 4 de maio de 2010. Para contra-tacións que se realicen entre o 1 de xullo do 2010 e o 30 de setembro do 2011.

Son subvencionables os contratos de in-terinidade con persoas desempregadas por excedencia para coidado de familia-res e todas as modalidades contractuais de carácter temporal, cunha duración mínima de 6 meses, que se realicen con persoas desempregadas vítimas de vio-lencia de xénero ou en risco de exclusión social. O prazo de solicitude remata o 30 de setembro do 2011.

TRANSFORMACIÓN DE CONTRATOS TEMPORAIS EN INDEFINIDOSDOG nº 61, 28/03/2011 Orde do 4 de maio de 2010. Son subven-cionables as transformacións que se for-malizasen entre o 1 de xullo do 2010 e o 30 de setembro do 2011.

A Asociación Provincial de Empre-sarios de Hostelería de Lugo, no seu afán de que as nosas pemes avancen nos modelos de xestión e melloren os seus resultados, e ante a chegada do Programa Innoempresa do Igape, proponvos a participación no seguin-te proxecto que imos solicitar para os nosos asociados:

Implantación e Certificación do Sistema

de Xestión ISO 9001 e ISO 14001

+Solución Software de

Xestión Avanzada eMIRA integra 4.0 e de Eficiencia

Enerxética

4

Implantación e Certificación do Sistema

de Xestión ISO 9001 e ISO 14001

+Solución Software de

Xestión Avanzada eMIRA integra 4.0 e de Eficiencia

Enerxética

PARA AMPLIAR INFORMACIÓN, VER: www.eparacomerlugo.com

Page 5: Hostelería Lucense e Turismo 9
Page 6: Hostelería Lucense e Turismo 9

ESPECIAL PAZO DE FONTEFIZ

HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 96

FORMACIÓN

APEHL ESTÁ DESENVOLVENDO FORMACIÓN EN HOSTALERÍA POR TODA A PROVINCIA DE LUGO

Alumnos do curso de “Servizos de restaurante” en Foz

Daniel Romay, impartindo o curso de hostalería da MariñaO Parador de Monforte acolleu algunhas clases prácticas do curso

6

A Asociación Provincial de Empresarios de Hostele-ría de Lugo (APEHL) está impartindo varias accións formativas gratuítas para os beneficiarios, que sub-venciona o Fondo Social Europeo e que están enmar-cadas na segunda fase do Pacto Provincial polo Em-prego. Este Pacto promóveo a Deputación de Lugo para mellorar a cualificación das persoas desempre-gadas nos sectores de actividade con máis futuro, entre eles o hostaleiro.

Dende o mes de marzo e ata agosto, desenvólvense en distintos puntos da provincia tres edicións do cur-so “Servizos de restaurante”, programado con 540 ho-ras de formación teórica e con prácticas opcionais en empresas, que os alumnos deben solicitar expresa-mente contactando coa Asociación. O número máxi-mo de asistentes en cada curso é de 12 persoas.

O calendario deste curso abriuse o 10 de marzo no Edificio Multiusos de Monforte de Lemos, onde se celebrará ata o 22 de agosto, con horario de tarde, das 16:00 ás 21:00 horas.

Na Mariña lucense comezou o 16 de marzo, concre-tamente no Centro Social de Foz e co mesmo horario có anterior, e finalizará o 26 de agosto.

Para as persoas desempregadas do centro da pro-vincia escolleuse a Casa do Concello de Vilalba como lugar de impartición do curso, dende o 17 de marzo ata o 26 de agosto e polas mañás, das 9:00 ás 14:00 horas.

Formación para traballadoresAPEHL ten solicitados cursos para traballadores en activo da Confederación Española de Hoteis e Aloxa-mentos Turísticos (CEHAT) e da Federación Española de Hostalería (FEHR), que serán publicados na web www.eparacomerlugo.com.

Page 7: Hostelería Lucense e Turismo 9
Page 8: Hostelería Lucense e Turismo 9

ESPECIAL PAZO DE FONTEFIZ

HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 96

NOVAS

APEHL E A DEPUTACIÓN PROVINCIAL LANZAN 400.000 BAIXOPRATOS DE ...E PARA COMER, LUGOA Asociación Provincial de Empresa-rios de Hostelería de Lugo distribuíu entre os establecementos asociados 400.000 exemplares máis dos baixo-pratos turísticos de …E para comer, Lugo, correspondentes á súa cuarta edición. É unha iniciativa que APEHL leva a cabo co financiamento da Área de Cultura da Deputación Provincial e coa que promocionan conxunta-mente a infraestrutura hostaleira, a rede museística e os festexos tradi-cionais do Entroido da provincia.

Os novos manteis foron presentados o 23 de febreiro polo vicepresidente primeiro da Deputación, Antón Bao, e o presidente de APEHL, Cheché Real, no Museo Provincial, concreta-mente na sala onde se recrea unha cociña galega tradicional.

Na súa intervención, Antón Bao des-tacou o esforzo que realiza APEHL para difundir e dar a coñecer os múl-tiples atractivos turísticos que ten a provincia con proxectos coma o dos baixopratos, nos que a Deputación “pon a súa parte para impulsar o pa-trimonio cultural”, non só para atraer a atención dos potenciais visitantes, senón tamén para destacar “a nosa propia identidade”. Bao tamén quixo “felicitar e animar á Asociación Pro-vincial de Empresarios de Hostalería, para que continúe realizando este magnífico labor, non só nos seus es-

tablecementos, senón na procura de campañas de divulgación” para pro-mocionar as excelencias de Lugo.

Pola súa banda, Real agradeceu a colaboración da Deputación “por apoiar sempre as campañas que pon en marcha APEHL”. Con respecto aos manteis, lembrou que esta iniciati-va tivo moito éxito entre os propie-tarios dos locais hostaleiros, pero tamén entre os turistas, porque o primeiro que fan é “sentar na mesa, apartar o prato e mirar de onde ve-ñen e onde van. O seguinte paso é preguntarlle ao camareiro se poden levarllo, porque lles resulta moi útil”.

Na mesma liña, o presidente da Asociación de Hostaleiros lembrou que os 400.000 manteis da primeira edición do pasado ano xa se aca-baron en setembro, e informou de que noutras provincias xa están “co-piando esta iniciativa”, o que “é un orgullo, porque en Lugo fomos os primeiros”.

Cheché Real e Antón Bao na presentación dos baixopratos, celebrada no Museo Provincial

Unha das caras dos baixopratos está ilustrada con imaxes destas seis celebracións típicas do Entroido lugués: o Entroido Ribeirao (Chantada), O Meco e as Pampónigas (Quiroga), as Danzas da Cervela (O Incio), o Desfile do Oso do Salcedo (A Pobra do Brollón) e as festas das Fachas de Castelo (Taboada) e de Vilelos (O Saviñao), instantáneas acompañadas por textos explicativos dos festexos. Na outra cara figura o mapa da provincia con información sobre a rede viaria, a localización de hoteis, balnearios, establecementos Spa e portos e a relación de museos, cos seus horarios e os teléfonos de contacto.

O deseño dos manteisE

A C

ULT

UR

A D

O N

OSO

PA

ÍS

FESTA DA CULTURA, CULTURA DAS FESTAS Ancrestral Entroido representado en dúas parroquias do concello de Chantada, Santiago de Arriba (Asociación Amigos do Entroido Ribeirao) e Nogueira (Asociación Coto de Nogueira). As súas figuras son os “mecos" (responsables dos "oficios"; as súas vestimentas son roupas estrafalarias), os "maragatos ou peliqueiros" (os gardiáns do Entroido, que visten con pelicas e portan un cinto co que pegan á xente) e o"volante", a figura principal desta festa, que leva un cinto con 24 campaíñas e un "pucho" de flores de papel feitas a man con fitas de moitas cores, creando unha imaxe chea de colorido e ledicia. Percorren a parroquia os domingos Lambedoiro e Corredoiro e o Domingo de Entroido.

A parroquia de San Cristovo da Cervela honra a Santa Lucía cunhas danzas cuxa orixe se perde na noite dos tempos. A cerimonia ten lugar o último domingo de agosto. Os danzantes, catro mozos adornados con panos e fitas, móvense arredor da figura da santa dedicándolle múltiples reverencias.

Unha das manifestacións máis xenuínas do Entroido na provincia de Lugo. O Oso percorre as rúas de Salcedo o Luns de Entroido acompañado dos seus criados. A curiosa comitiva entretense perseguindo os visitantes e manchándoos con carbón.

A parroquia d’A Ermida celebra a festa dos Remedios (8 de setembro) con esta expresiva representación parateatral. Un veciño caracterizado de figura demoníaca, o Meco, ameaza a vendima.

A queima de grandes feixes de xestas en plena noite ten unha raíz precristiá. As Festas das Fachas teñen en común o aire de misterio e unha gran beleza estética. En Lugo consérvanse dúas, a de San Martiño de Vilelos (O Saviñao), no mes de agosto, e a de Castelo (Taboada), a principios de setembro.

ENTROIDO RIBEIRAOAsociación de Amigos do Entroido RibeiraoCHANTADA

DANZAS DA CERVELA

Asociación Os Turuleques

O INCIO

O MECO E AS PAMPÓNIGAS

Asociación O Souto do Val

QUIROGA

FESTA DAS FACHAS DE VILELOSAsociación de Veciños de San Martiño de Vilelos

O SAVIÑAO

DESFILE DO OSO DE SALCEDOAsociación de Veciños de Salcedo

A POBRA DO BROLLÓN

FESTA DAS FACHAS DE CASTELO

Asociación Cultural e Recreativa As Fachas

TABOADA

8

Nos baixopratos promociónanse conxuntamente a infraestrutura hostaleira, a rede museística e o Entroido da provincia

Page 9: Hostelería Lucense e Turismo 9

125 AÑOSREPARTIENDO FELICIDAD

225x300 EVOLUCION CAST.indd 1 28/03/11 13:17

Page 10: Hostelería Lucense e Turismo 9

ESPECIAL PAZO DE FONTEFIZ

HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 96

NOVAS

APEHL PRESENTOU EN FITUR 2011 O CUARTO NÚMERO DA GUÍA …E PARA COMER, LUGO

No acto houbo un cheo de público, con máis de oitenta asistentes aos que o presidente de APEHL, José Francisco Real Castro, lles deu a co-ñecer a guía como “un adianto, en texto e en fotos, do que poderedes descubrir se escolledes a provincia como destino das vosas vacacións”. Real fixo fincapé no “incriblemen-te variado” abano de paisaxes, mo-numentos e produtos típicos que ofrecen os municipios lugueses, protagonistas do cuarto número da publicación e homenaxeados no tí-tulo: Una provincia, 67 paraísos.

Acompañárono na presentación a secretaria xeral para o Turismo, Carmen Pardo, que enumerou os activos gastronómicos de Lugo, destacando “o polbo á feira, a empa-nada, o caldo e as prezadas carnes”; o presidente da Deputación Provin-

cial, José Ramón Gómez Besteiro, e o conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela.

Varela salientou a achega á promo-ción turística do anuario, que “reco-lle moitas das numerosas bondades

enogastronómicas de cada un dos concellos de Lugo”, e referiuse á mar-ca …E para comer, Lugo como “un se-creto a voces e un perfecto eslogan que, inda que ronda os 50 anos, non perdeu un ápice de vixencia”.

A Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería de Lugo escolleu a Feira Internacional de Turismo de Madrid (Fitur) como escenario para o lanzamento dunha nova edición da guía …E para comer, Lugo. A súa presentación reuniu o 19 de xaneiro a coñecidos lucenses afincados na capital, coma Marta Rivera de la Cruz, Jenaro Castro e José Manuel Parada.

De esquerda a dereita, Cheché Real, Carmen Pardo, Roberto Varela, José Ramón Gómez Besteiro e Julio Álvarez

Á presentación da guía asistiron persoeiros da vida pública

10

Page 11: Hostelería Lucense e Turismo 9

HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 9 7

NOVAS

O presidente de APEHL, con autoridades e invitados momentos antes do comezo do evento

Cuarta etapa da proba…E para comer, Lugo é un libro trilingüe (galego, castelán e inglés), con formato de revista e moi gráfico, que sae do prelo cunha periodicidade anual e unha tirada de 15.000 exemplares. Despois de promocionar as comarcas luguesas, as festas populares mailas rutas xacobeas, alcanza unha nova entrega cun percorrido pola natureza, o patrimonio e a gastronomía dos 67 concellos lucenses. Ademais, como é habitual, inclúe un directorio dos establecementos hostaleiros da provincia, ordenados por municipios. O obxectivo de APEHL é difundir os atractivos turísticos de Lugo, principalmente entre os visitantes foráneos.

O acto congregou, ademais dalgúns persoeiros me-diáticos, ao alcalde do Concello de Lugo, José López Orozco; á delegada territorial da Xunta de Galicia en Lugo, Raquel Arias; á xerente de Turgalicia, Carmen Pita, e mais a representantes da hostalería madrileña con orixes lucenses.

O evento tamén incluíu a presentación do Padroado de Turismo de Lugo, a cargo do seu presidente, Julio Álva-rez. Padroado e APEHL compartiron stand na Feira.

UNHA PROVINCIA, 67 PARAÍSOS

José Manuel Parada achegouse ao acto de presentación acompañado por Beatriz Trapote

O presidente da Xunta de Galicia puido ver a guía na súa visita ao stand de Lugo

No cóctel que ofreceu APEHL en Madrid víronse rostros moi famosos

2311

Page 12: Hostelería Lucense e Turismo 9

ESPECIAL PAZO DE FONTEFIZ

HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 96

NOVAS

A HOSTALERÍA LUGUESA VOLVEU AO SALÓN GASTRONÓMICO E TURÍSTICO XANTARA restauración e a hostalería da pro-vincia de Lugo estiveron presentes un ano máis en Xantar, o XII Salón Galego de Gastronomía e Turismo que acolleu en febreiro a cidade das Burgas. Trátase da cita sectorial máis destacada das que se celebran en Galicia e unha das máis notables no ámbito nacional.

O acto oficial do Día da Hostalería de Lugo, celebrado o xoves 3, con-tou coa intervención, entre outros, do xerente de Expourense e respon-sable da organización do salón, Ale-jandro Rubín; a conselleira do Mar, Rosa Quintana, e o presidente de APEHL, José Franciso Real Castro. Ta-mén asistiron a delegada territorial da Xunta de Galicia, Raquel Arias, e o concelleiro de Deportes e Turismo do Concello de Lugo, José Manuel Díaz Grandío.

No transcurso dese acto protocola-rio, Rosa Quintana fíxolle entrega a Real dun agasallo conmemorativo da duodécima edición de Xantar. Posteriormente, a comitiva visitou as distintas casetas da feira e tanto a conselleira coma as demais autori-dades pararon no estand da Asocia-ción para ver a guía ...E para comer, Lugo.

A comida serviuse no restaurante Festas de San Froilán, rexentado polo

restaurador lucense Alberto García, propietario do ‘Mesón de Alberto’. O menú degustación foi elaborado polo seu chef, Jorge García (Koki), con pratos coma o polbo á galega e ao papillot con crema de espárra-go branco, os grelos con marisco, o bacallau ao forno con crema de ma-riscos e pataca rota ou o mousse de queixo con galletas de chocolate e xeado de mandarina, todo regado con viños das denominacións de orixe Ribeiro e Ribeira Sacra.

O presidente de APEHL, durante o acto oficial do Día da Hostalería Lucense en Xantar

Equipo do restaurante Festas de San Froilán

Pratos do menú lucense

12

Page 13: Hostelería Lucense e Turismo 9

HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 9 7

NOVAS

A DELEGACIÓN DE APEHL NA MARIÑA LUCENSE ORGANIZA DEMOSTRACIÓNS DE LATTE ARTA delegación que ten a Asociación Provincial de Empresarios de Hoste-lería de Lugo na Mariña lucense vai ofrecer en varios establecementos hostaleiros de Ribadeo, ao longo dos meses de abril e maio, demostracións de latte art a cargo de tres baristas galegos, que foron alumnos do IES de Foz e que foron laureados a nivel nacional.

Esta actividade enmárcase na pro-gramación do VI Concurso de Tapas “Ribadeo de Tapeo” e faise coa cola-boración do Concello ribadense e das cafeterías Xoyma, de Foz, e A Fa-zenda, de Burela.

O ciclo “O mundo do Latte Art” dá co-mezo o sábado 30 de abril no restau-rante La Solana cunha introdución ao mundo do café e mais unha demos-

tración do xuíz barista Hugo López, da cafetería Xoyma.

A seguinte exhibición de latte art acóllea o restaurante O Lar de Mano-lo o 6 de maio e é cousa de Sofía Prie-to, da cafetería A Fazenda, campioa de España de cata de cafés no 2010 e campioa galega de baristas no 2008.

A terceira e última demostración está prevista para o 7 de maio no restau-rante La Botellería e é de coctelería con café e latte art. Vén da man do campión galego de baristas do 2009, Víctor Couto, clasificado durante tres anos consecutivos entre os dez me-llores no campionato de España de baristas. Víctor é, ademais, o primei-ro español que se clasifica para unha final nacional nas tres modalidades da profesión: barista, cata de cafés e latte art.

RESTAURANTE LA SOLANA

RESTAURANTE O LAR DE MANOLO

RESTAURANTE LA BOTELLERÍA

2313

Page 14: Hostelería Lucense e Turismo 9

ESPECIAL PAZO DE FONTEFIZ

HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 96

NOVAS

O BUS LUGOTERRA PROMOCIONA A PROVINCIA POR ESPAÑA COA IMAXE DE LUIS TOSAR

O premiado actor de Xustás, Luis Tosar, prestou este ano a súa imaxe á campaña de promoción turística e gastronómica da provincia de lema “Lugoterra, de todo natural. Eu son natural de Lugo”, impulsada pola Área de Turismo da Deputación e identifi-cada por un bus inglés que percorre as cidades españolas.

A mañá do pasado 25 de marzo, o propio Luis Tosar deu o pistoleta-zo de saída deste autobús na Praza Maior de Lugo tras a inauguración da campaña, que reuniu no Círculo das Artes a hostaleiros e a representantes das institucións locais, provinciais e autonómicas.

O bus Lugoterra partiu ese día da cidade ás 17:30 horas rumbo a Astu-rias, despois de que o visitaran 400 lucenses. O seu itinerario, de 35 días de viaxe e máis de 3.000 quilómetros, inclúe paradas en Xixón, Santander, Bilbao, Zaragoza, Barcelona, Madrid, Valladolid, Zamora, León e nas prin-cipais cidades galegas.

O vehículo leva no seu interior todo tipo de información promocional, coma folletos, mapas e guías cos que difundir a oferta hostaleira, gastronó-mica e cultural da provincia e afianzar un turismo de proximidade. Segun-do as estatísticas, unha boa parte dos visitantes que chegan a Lugo proce-den das comunidades autónomas do norte e do centro de España.

A Deputación Provincial de Lugo fichou este ano ao coñecido actor Luis Tosar para a campaña de promoción turística e gastronómica Lugoterra, feita cun bus que viaxa polas principais cidades.

Tosar estivo presente no acto de inauguración da campaña

O bus turístico Lugoterra arrincou da cidade amurallada o 25 de marzo

14

Page 15: Hostelería Lucense e Turismo 9

HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 9 7

NOVAS

LUCÍA PÉREZ, MADRIÑA DO CUME TAPAS 2011A Delegación de APEHL na Zona Sur da provincia presentou a terceira convocatoria do Concurso de Tapas de Monforte, máis coñecido coma o

Cume Tapas, que este ano ten como mestra de cerimonias á representan-te de España en Eurovisión e veciña do Incio, Lucía Pérez.

O acto, que tivo lugar o 19 de abril nun abarrotado auditorio da Casa da Cultura monfortina, estivo con-ducido pola xornalista Manola Porto e contou coa participación de Lucía, do alcalde de Monforte, Severino Rodríguez, e do presidente da Aso-ciación de Hostaleiros de Lugo, Che-ché Real.

O Cume Tapas 2011 celebrarase do 30 de abril ao 17 de maio, con 35 lo-cais hostaleiros a concurso. As súas tapas serán valoradas tanto polo pú-blico coma por un xurado profesio-nal, dirixido por Quique Rodríguez.

Como novidade, nesta convocatoria colaboran na promoción do certa-me hoteis da Ribeira Sacra, con tari-fas especiais durante os días do con-curso, e algúns pubs da Duquesa de Alba, onde se poderá seguir coa fes-ta despois do tapeo. De esquerda a dereita, Manola Porto, Severino Rodríguez, Cheché Real e Lucía Pérez

2315

Page 16: Hostelería Lucense e Turismo 9

ESPECIAL PAZO DE FONTEFIZ

HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 96

NOVAS

4

A FESTA DOS HOSTALEIROS DA PROVINCIA RECALOU ESTE ANO NA CIDADE AMURALLADA

A Gala da Hostalería Lucense deu comezo cun animado cóctel na rúa da Raíña, tras o que se desenvolveu a cerimonia de entrega dos premios de APEHL nun renovado salón do Méndez Núñez.

O presidente da Asociación, José Francisco Real Castro, aplaudiu na súa intervención a vocación, o ca-rácter emprendedor e a capacidade de traballo comúns aos hostaleiros distinguidos. Orgulloso da unión que manifesta o sector, Real animou aos asistentes a mellorar os nego-cios agora que están sentadas as ba-ses para un turismo gastronómico: “Na provincia temos moi bos coci-ñeiros veteranos, novos talentos da gastronomía, moitos produtos con denominación de orixe, cada vez máis establecementos co selo Q de calidade turística e un receitario moi extenso e moi noso”, destacou.

A gala contou coa presenza do alcal-de do Concello de Lugo, José López Orozco; o conselleiro do Medio Ru-ral, Samuel Juárez; o subdelegado do Goberno, José Vázquez Portome-ñe; a delegada territorial da Xunta de Galicia en Lugo, Raquel Arias, e os vicepresidentes da Deputación, Antón Bao, Lara Méndez e María

Xosé Vega Buján. Tamén asistiron, entre outros, a xerente de Turgalicia, Carmen Pita, e o presidente da Con-federación de Empresarios de Hos-talería de Galicia, Héctor Cañete.

A cea correu a cargo do Restaurante España e a festa prolongouse ata a madrugada. Colaboraron na súa rea-lización, tanto coa achega de produ-tos para a cea coma coa doazón dos regalos sorteados entre os asisten-tes, as empresas Almacenes Lage, Armadores de Burela, Begano-Coca Cola, Bodegas Val de Quiroga, Cafés

Candelas, Confitería Ramón, Con-gelados López Freire, Congelados Troulo, Distribuciones Constantino Fagilde, Distribuciones Morandei-ra, Estrella Galicia, Gadisa-Cash Ifa, Grupo Ingapán, Industrias Cárnicas Lualco e Mariscos del Noroeste, así como os consellos reguladores dos queixos de Arzúa-Ulloa, O Cebreiro e San Simón da Costa, da Ribeira Sa-cra, de Augardentes e Licores Tradi-cionais de Galicia, de Lacón Gallego, de Mel de Galicia, de Pataca de Gali-cia e de Castaña de Galicia.

A tradicional gala que APEHL organiza cada ano para xuntar a hostaleiros de toda a provincia celebrouse nesta ocasión a noite do 21 de marzo no Hotel Méndez Núñez, no centro de Lugo. Como é habitual, aproveitouse esta cita, á que acudiron preto de 250 profesionais do sector, para homenaxear cos galardóns da Asociación a aqueles que dedicaron a súa vida á hostalería e aos que a están promocionando fóra. A cerimonia estivo conducida polo xornalista Antón Grande.

20

Gala da Hostalería Lucense 2011

16

Page 17: Hostelería Lucense e Turismo 9

HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 9 7

NOVAS

Enrique iniciouse no sector como axudante de camareiro na cafetería Monterrey, na rúa Doutor Castro. Cambiou despois de destino e probou sorte en Barcelona, onde estivo prestando servizo en varios establcementos e onde pegou o salto como emprendedor coa Cafetería Soto, na estación de Sanz. De volta a Lugo, no ano 1979, vinculou vida e traballo ao Bar Plaza ata a súa xubilación.

O Hotel Restaurante Mogay inaugurouse no 1985 na vila de Chantada coa ilusión de José Lorenzo de ofrecerlle á xente un bo xantar dos de sempre nun local que sentisen acolledor coma a propia casa. É dende aquela a marca deste ne-gocio familiar que se anovou no 2001 e tamén a característica de máis proxectos hostaleiros impul-sados por José, coma a viñoteca A Faragulla e o establecemento de turismo rural Casa Quinteliña.

Amparo naceu no seo dunha familia lancará de canteiros e agricultores, co que a súa chegada aos fogóns produciuse da man dos cociñeiros das casas de comidas da época. No 1952, con 33 anos, colleu as rendas dun negocio de hostale-ría da rúa Nova, a Casa Campos, onde axiña mellorou insta-lacións e carta. Xunto co seu marido, facía viaxes matutinas e case diarias á costa para servir marisco e peixe fresco e adquiría caza e pro-dutos autóctonos de temporada, per-filando as especia-lidades culinarias que hoxe lle dan fama. Cada mañá, Amparo acompa-ña no seu traballo ao novo equipo de cociñeiros e vén de reformar o nego-cio. Segue sendo a alma máter do Campos, ao que dedicou toda unha vida.

Preparaba o caldo con 6 anos na súa casa de Guntín de Pallares e facíao cos trucos dunha cociñeira habitual das feiras da zona: a súa mai Felisa. Esa cociña das auténticas foi o selo identificador do Verruga dende que se fixo cargo del Emilia nos anos 50. Foi toda unha empresaria, titular do negocio e traballadora nos fogóns, que co apoio do seu marido converteu unha humilde taberna nun prestixioso e popular restaurante. Agora, seguindo unha tradición familiar, Emilia comparte coa súa filla Miluca os seus coñecementos sobre a cociña tradicional galega.

21

Amparo Yáñez Vázquez (Restaurante Campos, Lugo)

PREMIOS A TODA UNHA VIDA

Emilia Vázquez Cadahía (Restaurante Verruga, Lugo)

PREMIOS PARA SETE PROFESIONAIS LUCENSES

RECOÑECEMENTOS AOS PROFESIONAIS XUBILADOS

Amparo Yáñez recolleu o premio de mans de José López Orozco, alcalde de Lugo

A premiada Emilia Vázquez coa vicepresidenta terceira da Deputación, María Xosé Vega Buján

Enrique Moldes Paredes (Bar Plaza, Lugo) José Lorenzo Pérez (Hotel Restaurante Mogay, Chantada)

A xerente de Turgalicia, Carmen Pita, fíxolle entrega do galardón a Enrique Moldes

José Lorenzo coa delegada territorial da Xunta, Raquel Arias

Gala da Hostalería Lucense 2011

2317

Page 18: Hostelería Lucense e Turismo 9

ESPECIAL PAZO DE FONTEFIZ

HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 96

NOVAS

www.caixaruralgalega.es

22

RECOÑECEMENTOS AOS PROFESIONAIS XUBILADOS

O Restaurante Manolo ten as raíces lucenses do seu fundador, Manuel Rodríguez Queizán, natural da aldea de Bolaño, do concello de Castroverde, quen no ano 1908 se trasladou a Madrid e no 1934 se aventurou a fundar na capital unha taberna coa súa dona Pepita. Oito anos máis tarde trasladou o negocio ao número 83 da rúa Princesa, onde radica hoxe. Alí déronse cita os estudantes e unha serie de persoeiros coma Enrique Tierno Galván, Antonio Gala, Julia Gutiérrez Caba, Carlos Cano, Luis Berlanga, Álvaro Pombo ou Luis Rosales. Era unha casa querida porque nela se fraguou un modo de cociñar sinxelo e saboroso, con comidas e postres caseiros de toda a vida, que pasou de pais a fillos e a netos.

Manuel era o avó de José Ramón Rodríguez López, actual propietario do Restaurante Manolo tras tomar o relevo do seu pai, Enrique. O establecemento obtivo a Q de Calidade Turística no 2001. Con José Ramón, o Embaixador Hostaleiro da Provincia 2011, a historia continúa.

José Ramón Rodríguez López (Restaurante Manolo, Madrid)

José Ramón Rodríguez recibiu o título de embaixador hostaleiro do vicepresidente da Deputación, Antón Bao

EMBAIXADOR HOSTALEIRO DA PROVINCIA 2011

Antes de entrar no gremio desempeñou outros traballos distintos pero un deles levouno a percorrer Galicia e o norte de España e a visitar asiduamente restaurantes e hoteis, onde xurdiu unha voca-ción hostaleira que desen-volveu na súa cidade natal. Primeiro fundou a cafe-tería Riwer, no 1975, logo a cafetería-restaurante Capricho, á fronte da que permaneceu ata o 2002, e, por último, o café-bar Me-són O Salgueiro. Manuel tamén foi vocal e delega-do de APEHL e vocal da Cámara de Comercio en representación do sector hostaleiro.

Manuel Salgueiro Vázquez (Mesón O Salgueiro, Monforte)

A vicepresidenta segunda da Deputación outorgoulle a distinción a Manuel Salgueiro

Este ano, a gastronomía lucense puido celebrar unha das laurea-das estrelas Michelin, a primeira que recibía un cociñeiro de Lugo. O protagonista deste fito histórico foi Rafael Centeno. Nacido na cidade amurallada no 1974, o seu caso é extraordina-rio pola súa formación au-todidacta. Non obstante, aterrou con moi bo pé na hostalería abrindo o Maruja Limón no centro de Vigo, un restaurante que dende hai uns anos figura na guía do mellor da gastronomía con Rafael como xefe de cociña, firme defensor do produto galego e valente innovador.

Rafael Centeno Moyer (Maruja Limón, Vigo)

O premio extraordinario recaeu en Rafael Centeno, a quen llo entregou o conselleiro do Medio Rural, Samuel Juárez

PREMIO EXTRAORDINARIO

Gala da Hostalería Lucense 2011 PREMIOS PARA SETE PROFESIONAIS LUCENSES

42018

Page 19: Hostelería Lucense e Turismo 9

HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 9 7

NOVAS

23

Foto de familia da Gala da Hostalería Lucense cos premiados e as autoridades

De esquerda a dereita, Cheché Real, Samuel Juárez e Antón Bao, durante as súas intervencións.

O alcalde de Lugo, á esquerda, co presentador do acto, Antón GrandeJosé Ramón quixo dedicarlle unhas palabras de agradecemento a APEHL polo premio

Gala da Hostalería Lucense 2011PREMIOS PARA SETE PROFESIONAIS LUCENSES

212319

Page 20: Hostelería Lucense e Turismo 9

ESPECIAL PAZO DE FONTEFIZ

HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 96

NOVAS

24

Gala da Hostalería Lucense 2011

2242020

Page 21: Hostelería Lucense e Turismo 9

HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 9 7

NOVAS

25

Gala da Hostalería Lucense 2011

23212321

Page 22: Hostelería Lucense e Turismo 9

ESPECIAL PAZO DE FONTEFIZ

HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 96

NOVAS

O BARCO …E PARA COMER, LUGO, DE NOVO EN COMPETICIÓN NO CIRCUÍTO CIDADE DE VIGOA embarcación …E para comer Lugo, coa que a Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería de Lugo está difundindo a marca da gastro-nomía lucense, levantou áncoras unha vez máis para concorrer á séti-ma convocatoria do Cidade de Vigo de Platú 25, organizado polo Real Club Náutico de Vigo.

APEHL confiou novamente no co-ñecido regatista de orixes lucenses Gonzalo Araújo, patrón do Bribón (o barco do Rei) e campión vixente da Copa de España de J80. Para esta competición, Araújo enrolou no …E para comer, Lugo a tripulación do

Leaseplan Industrial coa que gañou o Cidade de Vigo no 2010. Así, nas súas filas atópanse Ramón Lago, membro da tripulación do CAM (o barco que patronea o Príncipe de Asturias), e dúas sagas de navegan-tes portugueses: a dos irmáns Con-de, con Gilberto e Renato, e a dos Al-meida, representada por Guillerme.

O Cidade de Vigo é un dos mellores circuítos internacionais na súa clase e adoita reunir un grande elenco de regatistas nas augas da ría viguesa. Consta de seis etapas puntuables, das que o …E para comer Lugo lide-rou as dúas primeiras en solitario,

celebradas nos meses de xaneiro e febreiro. A proba finalizará o 26 de xuño coa arribada ao Club Marítimo de Canido.

Esta iniciativa deportiva-promo-cional de APEHL conta co apoio da Deputación Provincial de Lugo, o Concello de Lugo, Xacobeo 2010, Kentes (do Grupo Ingapán), o Grupo Galego Leite Río, Profilatex (de La-boratorios Nupel), Transportes Valín e Leaseplan Industrial.

O barco …E para comer, Lugo surcando a ría de Vigo en plena regata

242242022

Page 23: Hostelería Lucense e Turismo 9

HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 9 7

NOVAS

O Instituto para a Calidade Turística Española (ICTE) entregou os premios da marca Q de Calidade Turística do 2010 e entre os distinguidos atópanse quince locais hostaleiros da provincia que forman parte da Asocia-ción Provincial de Empresarios de Hostelería de Lugo.

O Q de Calidade Turística representa a calidade no sec-tor turístico español e os que conseguen a certificación tiveron que superar unhas auditorías moi estritas. Esta marca é garantía da calidade dos servizos e produtos e a súa concesión realízase en varias quendas: hai unha primeira certificación, logo dous anos de seguimento e ao terceiro ano outórgase a renovación da marca.

Dos establecementos lucenses certificados co Q de Ca-lidade Turística, catro obtivérono este ano por primeira vez.

Trátase do Hotel Coto Real, de catro estrelas, impul-sado en Rábade a mediados dos anos 90 por Manuel Francisco Gómez Álvarez; o Hotel Ego, de catro estre-las, propiedade de Manuel Balseiro e moi coñecido na Mariña dende a década dos 70; o hotel rústico con encanto Vila do Val, de tres estrelas, inaugurado en xu-llo do 2008 na praza de Ferreira do Valadouro baixo a dirección de María Hermida; e o restaurante de cociña creativa Paprica, que botou a andar en Lugo en setem-bro do 2007 da man do chef Álvaro Villasante. Salientar que o Paprica foi o único restaurante da provincia que logrou este selo dentro da súa categoría.

Con Q en fase de seguimento encóntranse oito nego-cios esparexidos pola xeografía luguesa: a Casa Gran-de da Ferrería de Rugando (Quiroga), a Casa Grande da Fervenza (O Corgo), o Pazo da Trave (Viveiro), a Reitoral de Anllo (Sober), o Hotel Jorge I (Lugo) e os paradores nacionais de Monforte de Lemos, Ribadeo e Vilalba.

A MARCA Q DE CALIDADE TURÍSTICA LOCE EN15 ESTABLECEMENTOS ASOCIADOS A APEHL

Por último, renovaron, e polo xa teñen máis consolidada a súa certificación, a Casa do Romualdo (Taboada), o Balnea-rio de Lugo e o Gran Hotel Lugo.

Foto de familia dos hostaleiros galegos distinguidos co Q de Calidade Turística

2523212323

Page 24: Hostelería Lucense e Turismo 9

ESPECIAL PAZO DE FONTEFIZ

HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 96

NOVAS

APEHL SÚMASE Á MANIFESTACIÓN NACIONAL CONTRA A LEI ANTITABACO DO 9 DE MAIODende a primeira formulación do borrador da Lei antitabaco en Espa-ña, a hostalería manifestouse varias veces na súa contra polos efectos prexudiciais que podía provocar na economía do sector.

Agora que a Lei entrou en vigor e que se constatan os devanditos efectos negativos en bares, restau-rantes e locais de ocio, o seguinte paso na loita dos hostaleiros pola derogación da Lei antitabaco foi a chamada a unha manifestación na-cional na súa contra, o 9 de maio en Madrid.

Detrás desta protesta está a plata-forma Libertad sin humo, que aglu-tina a representantes dos sectores económicos afectados pola nova lei. Convocou a todos os autónomos, todas as pemes e todas as asocia-cións empresariais de hostalería, así como a traballadores do sector e aos cidadáns afíns á causa, co obxectivo de irromper no debate político nas vésperas das eleccións municipais e autonómicas e forzar a negociación co Goberno central.

Unha vez máis, a hostalería espa-ñola solicita que se poidan habilitar zonas para fumadores nos estable-cementos, sen servizo de camarei-ros nin acceso permitido a menores, igual que sucede noutros países da Unión Europea.

No programa para o día da protes-ta incluíuse a entrega de firmas na sede do PSOE , ás 11:00 horas, e un xantar ás 14:00 horas no bulevar do Paseo do Prado para xuntar aos ma-nifestantes procedentes de distintos puntos de España. O punto de parti-da da manifestación fixouse na Por-ta de Alcalá, no cruzamento co Pa-seo do Prado e coa Cibeles. A fin do percorrido situouse na Porta do Sol. Haberá servizo de autobuses dende a provincia de Lugo. Os interesados poderán facer reserva de praza ata o 6 de maio ás 12:00 horas, chamando ao 982.226.912.

APEHL recolleu firmas en contra da Lei Antitabaco por toda a provincia. Na Parrillada Antonio xuntáronse máis dun milleiro

242242024

Page 25: Hostelería Lucense e Turismo 9

HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 9 7

NOVAS

A ASOCIACIÓN PROVINCIAL DE HOSTALEIROS ASINOU UN CONVENIO CON NORPREVENCIÓN O presidente da Asociación Provin-cial de Empresarios de Hostelería de Lugo, José Francisco Real Castro, e o xerente e conselleiro delegado de NorPrevención, José Antonio Gran-dío Cabo, asinaron un convenio de colaboración en nome das dúas ins-titucións para ofrecerlles servizos de prevención laboral aos hostaleiros.

A firma tivo lugar o 17 de decembro na sede que ten APEHL na cidade.

En virtude deste convenio, APEHL comprométese a facer de media-dora entre os seus asociados e Nor-Prevención, co obxectivo de que os hostaleiros da provincia de Lugo se poidan beneficiar dos servizos de prevención laboral que ofrece esta empresa. Cobren estas catro áreas: seguridade no traballo, hixiene in-

dustrial, ergonomía e psicosocio-loxía aplicada e mais medicina do traballo. Os socios de APEHL que se adscriban aos devanditos servizos

de NorPrevención disfrutarán dun desconto do 10% sobre as tarifas vixentes á realización dos contratos.

Representantes de APEHL e NorPrevención asinando o convenio

2523212325

Page 26: Hostelería Lucense e Turismo 9

ESPECIAL PAZO DE FONTEFIZ

HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 96

NOVAS

RÉCORD DE HOSTALEIROS PARTICIPANTES NAS XORNADAS DO COCIDO DE MONFORTEPor terceiro ano consecutivo, a dele-gación de APEHL na Zona Sur orga-nizou durante o Entroido na cidade do Cabe as xornadas de exaltación do cocido, máis coñecidas polo es-logan “Estase Cocendo”, e fíxoo ba-tendo récord de participación, con 54 locais hostaleiros adheridos.

Houbo tapas de cocido en Agarimo, Adega do Carlos, A Meiga, Bar do Lechu, Cafetería da Estación, Riosol, Lienzo, Los Goya, Molinón, Esmorga, Casablanca, Tapería Centro do Viño Ribeira Sacra, Cristal, Escala, Katan-ga, O Cruceiro, Puente Romano, Bo-degón Ribeira Sacra, Santorini, Com-pañía, O Pincho, Vinoteca Sapiens, Rabeno, Cortijo, O Espía, Cafetería Patricia, O Pientiña, Holiday, Plaza, Zurich, O Lar, Casa Carballo, A Troula e Cervecería Mulligan’s.

Como menú serviron este prato típi-co o restaurante O Grelo, Casa Car-ballo, Pulpería Pontenova, Bodegón

Ribeira Sacra, Casa Reboiro, Compa-ñía, Lienzo, Los Goya, Lusco-Fusco, A’Ronda, Hostal Restaurante Galicia, O Pincho, Parador de Turismo, Rio-sol, La Polar, Zurich, Casa Felisa, O Lar e Bar Morín.

A edición do 2011 trouxo outras no-vidades, pois alcanzáronse os quin-ce días de duración, celebrándose do 26 de febreiro ao 13 de marzo, e estreouse o “Estase Cocendo Noc-

turno”, coa implicación dos pubs Goltier, Pra, El Otro Caimán, Hata-bendro, 600, VGL, F7, Magma, Alam-bix e Cervecería Cork.

As xornadas tiveron ao popular ac-tor galego Miguel de Lira como mestre de cerimonias e leváronse a cabo coa colaboración da Área de Turismo da Deputación Provincial e do Concello de Monforte.

REEDÍTASE A FESTA GASTRONÓMICA MEDIEVAL A Delegación de APEHL na Zona Sur deulle continuidade á Festa Gastro-nómica Medieval monfortina, des-envolvida o 23 de abril co apoio de máis de 50 establecementos de hos-talería.

Nos bares e restaurantes da cidade ofrecéronse almorzos, menús, tapas, racións e ceas inspirados na cociña da Idade Media e, pola noite, o fes-texo trasladouse aos pubs da Du-quesa de Alba.

O acto enmarcouse na programación da novena edición da Feira Medieval de Monforte, cuxa presentación re-uniu á concelleira de Cultura, Alicia Cadarso; á vicepresidenta terceira da Deputación de Lugo, María Xosé Vega Buján; á artesana Pilar Rodrí-guez e á delegada da Asociación de Hostaleiros no sur da provincia, Bea-triz Vila.

Presentación das xornadas. De esquerda a dereita, Cheché Real, Miguel de Lira, Severino Rodríguez (alcalde de Monforte) e María Xosé Vega Buján (vicepresidenta terceira da Deputación)

242242026

Page 27: Hostelería Lucense e Turismo 9

HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 9 7

NOVAS

O CALENDARIO GASTRONÓMICO INNÓVASEA Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería de Lugo e outras entidades interesadas na promoción turística da provincia impulsaron eventos novidosos no calendario gastronómico lugués.

Xornadas Gastronómicas de LugoDo 11 de novembro do 2010 ao 27 de febreiro do 2011, unha trintena de restaurantes da capital lucense ofre-ceron a diario menús especiais, elaborados segundo o seu modo de cociñar característico e botando man de ingredientes co distintivo Lugo Sabe e de alimentos ecolóxicos certificados. As xornadas, organizadas polo Concello de Lugo coa colaboración de APEHL, a Depu-tación Provincial e a Asociación de Industrias Elabo-radoras Galegas en Agricultura Ecolóxica (INDEGAE), incluíron un concurso paralelo no que a votación po-pular lle deu o primeiro premio a Curmáns e o xurado profesional, a La Barra. Ademais, A Nosa Terra e o Pa-prica recibiron cadansúa distinción polo mellor prato ecolóxico e polo mellor prato Lugo Sabe.

Entroido LarpeiroA concellería de Cultura de Lugo e APEHL fixeron unha promoción gastronómica conxunta do Entroido baixo o nome de Entroido Larpeiro. A campaña desenvol-veuse do 4 ao 9 de marzo e contou coa adhesión de 18 establecementos hostaleiros da cidade, nos que se serviron en tapas e menús os produtos identificadores da tempada, coma as orellas, as filloas e o cocido.

Encontro do Queixo de San SimónA coñecida Festa do Queixo de San Simón da Costa que se celebra no concello de Vilalba incluíu na súa décimo sétima convocatoria o I Encontro Gastronómi-co do Queixo San Simón e dos Produtos da Terra Chá, reunindo o 2 de abril a xornalistas e bloggers de reno-me especializados en gastronomía, procedentes de distintos puntos de España. Houbo relatorios e tamén demostracións de cociñeiros.

Degustación do Caldo de CastañasA Indicación Xeográfica Protexida Castaña de Galicia e APEHL organizaron do 14 ao 17 de abril unhas Xorna-

das de Degustación do Caldo de Castañas para recuperar o sabor deste prato tan tradicional. A proposta gozou de moi boa acollida entre os locais hostaleiros de toda a provincia lu-guesa. De feito, participaron un total de 67 locais, esparexidos polos concellos de Lugo, Monforte, Monterroso, Palas de Rei, Ribadeo, O Valadouro e Viveiro. Os bares ofreceron o caldo de castañas como tapa e os restaurantes como aperitivo, e nos dous casos de balde.

Presentación da primeira convocatoria das Xornadas de Degustación do Caldo de Castañas

2523212327

Page 28: Hostelería Lucense e Turismo 9

ESPECIAL PAZO DE FONTEFIZ

HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 96

NOVAS

LUGO SERÁ A CAPITAL MUNDIAL DO XAMÓNPor primeira vez, o Congreso Mun-dial do Xamón celébrase en Galicia, e concretamente faino en Lugo do 21 ao 23 de setembro.

A sexta edición do evento está organizada este ano por Asoporcel e pola Fundación Feiras e Exposicións de Lugo, co patrocinio de Coren e o apoio de institucións e entidades galegas, entre as que se atopa APEHL. O comité de honor presídeo a infanta Elena.

O congreso, de carácter científico, congregará no recinto feiral da cida-de 500 especialistas procedentes de distintos puntos de España e de ata doce países máis, así como a produ-tores, industriais e comercializado-res e a medios de comunicación.

O obxectivo desta cita é a posta en común das principais investiga-

cións feitas en torno ao xamón, que abranguen dende o manexo dos animais e as novas tecnoloxías nos procesos de obtención do produto ata as súas propiedades nutricionais ou a optimización e as técnicas de elaboración, por exemplo. Tamén se falará de comercialización e expor-tación e celebrarase un concurso de

cortadores de xamón no marco do congreso.

Ademais, a organización deste even-to deseñou un programa paralelo de actividades que levará a congre-sistas e acompañantes de ruta tu-rística, gastronómica e cultural por Lugo.

COCTELERÍA E XANTAR DE CINE NO SANXILLAOO Departamento de Hostalería do Instituto de Educación Secunda-ria Sanxillao ofreceulles aos seus alumnos o 21 de febreiro unha clase maxistral de coctelería, coa colabo-ración de Agaba, Redoma Calidad e Global Premium Brand.

O encargado de impartir o progra-ma foi o barman profesional gro-vense José Soto Soengas. Nunha das xornadas desta clase maxistral, dedicada á realización, presentación e cata de cócteis, puideron verse co-ñecidos hostaleiros de Lugo entre os asistentes.

Outras das actividades con éxito de público que organizou e acolleu

este centro foi a cuarta edición das xornadas ‘Comer de Cine. Made in Spain’, durante os días 15, 16 e 18 de marzo.

Trátase dunha orixinal iniciativa coa que presentan un completo menú a base de pratos que aparecen nal-gunhas películas históricas da fil-mografía nacional. Así, entre outras exquisiteces degustáronse o gazpa-cho “antiterrorista” que elaborou Carmen Maura en Mujeres al borde de un ataque de nervios, de Pedro Almodóvar, ou o ollomol que a fami-lia de Plácido non podía probar na película homónima de Luis García Berlanga.

Presentación do Congreso Mundial do Xamón na Casa Galicia de Madrid

José Soto Soengas preparando un cóctel durante a clase maxistral

242242028

Page 29: Hostelería Lucense e Turismo 9

HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 9 7

NOVAS

PREMIO AO SABOR DO ANO 2011 PARA O LEITE DA CENTRAL LECHERA ASTURIANAOs premios “Sabor del Año” dis-tinguiron o bo produto da Central Lechera Asturiana. O seu leite foi avaliado coa nota máis elevada, de 7.35 puntos sobre 10, polo que os consumidores lle concederon este selo de calidade “Sabor del Año Res-tauración 2010-2011” na categoría de Leite Natural.

A entrega destes galardóns tivo lu-gar o 27 de xaneiro no Hotel Urban de Madrid, nun acto no que estive-ron presentes máis de 150 profesio-nais da industria e da distribución alimentaria, así como moitos me-dios de comunicación.

Os premios “Sabor del Año” nace-ron en Francia hai 16 anos e en Es-paña alcanzaron este ano a cuarta edición, organizados polo Institu-

to Monadia. É o único símbolo de calidade que se outorga no sector alimentario baseándose exclusiva-mente na apreciación do sabor dos

produtos, e para súa concesión, os consumidores fan degustacións ce-gas, sen a presenza das marcas.

Representantes de Central Lechera Asturiana, recollendo o premio

A MARCA COCA-COLA CUMPRE 125 ANOSA marca de refrescos máis común nos bares e restau-rantes de todo o mundo celebra este ano o seu 125 aniversario cuns resultados extraordinarios.

Pechou o exercicio cun beneficio superior aos 8.500 millóns de euros, é coñecida polo 94% da poboación, está situada coma a terceira marca por seguidores en Facebook (con 20,7 millóns, só por detrás de Facebo-ok e Youtube) e é un dos produtos máis imitados da historia do marketing, entre outros moitos fitos.

A súa compañía homónima, Coca-Cola, é a maior compañía de bebidas do mundo, está presente en 206 países, engloba máis de 500 marcas e 3.000 pro-dutos de bebidas con e sen gas e ten máis de 92.000 empregados.

En España, esta firma comercializa preto de 56 marcas e máis de 70 produtos, ocupa o se-gundo lugar de vendas en Europa e a propia marca Coca-Cola é a máis valorada pola xen-te nova e a máis asocia-da á felicidade.

2523212329

Exposición y oficinas. C/Mondoñedo, 47-49 27004 LUGOTelf.: 982 214 658 - Fax: 982 216 057E-mail: [email protected]

Almacén. Rúa do Vidrio, 10627296 - Polg. O Ceao (Lugo)

www.comercialcasal.com

DISTRIBUIDOR OFICIAL

Page 30: Hostelería Lucense e Turismo 9

ESPECIAL PAZO DE FONTEFIZ

HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 96

NOVAS

A SEDE DE APEHL ACOLLEU UNHA CHARLA SOBRE A TRAZABILIDADE DA CARNE EN GALICIAA Asociación Provincial de Empresa-rios de Hostelería de Lugo (APEHL) ce-deu as súas instalacións do número 15 da rúa Ramón Montenegro da capital para o desenvolvemento dunha charla sobre a trazabilidade da carne que se consome en Galicia.

A xornada, dirixida aos hostaleiros, es-tivo organizada polo Colexio Oficial de Veterinarios de Lugo e tivo lugar o 31 de marzo, a partir das 17:30 horas.

En consonancia co título da charla, “¿Sabemos qué carne comemos?”, as técnicas do Colexio compartiron cos asistentes información sobre os con-trois necesarios, dende o punto de vis-ta veterinario, aos que se debe someter a carne ata que chega á cadea alimen-taria.

A nova Lei de prevención do consumo de bebidas al-cohólicas en menores de idade, en vigor dende o 17 de decembro do 2010, implica o cumprimento das seguin-tes medidas obrigatorias para os hostaleiros:

- Prohíbese o consumo de alcohol por menores.- Prohíbense a venda e subministración de alcohol a me-nores. - Prohíbese a venda e subministración a menores de ida-de de calquera produto que imite os envases de bebidas alcohólicas.

Ademais, as máquinas expendedoras de bebidas alco-hólicas non poderán estar dispoñibles para os menores, polo que deberán incorporar os mecanismos técnicos necesarios para impedir que as usen. E só poderán co-locarse no interior dos locais de hostalería e á vista do titular do local ou dos seus traballadores.

A normativa insta aos hostaleiros a informar destas pro-hibicións me-diante anuncios e carteis regu-lamentarios, que manterán sempre nun lugar visible do establecemen-to e tamén nas expendedoras.

Veterinarias colexiadas de Lugo departindo sobre os controis da carne

OS HOSTALEIROS LUCENSES RECIBIRON NOCIÓNS SOBRE SEGURIDADE CIDADÁA Asociación Provincial de Empresarios de Hos-telería de Lugo programou, en colaboración coas comisarías de Policía da provincia de Lugo, unha nova edición das xornadas sobre seguridade cida-dá dirixidas aos hostaleiros lucenses.

As charlas informativas, impartidas polo subins-pector da Policía Nacional Enrique Giménez Escri-bano, deron comezo o día 31 de marzo en Burela, no salón de actos do Concello, ás 11:00 horas. En Lugo capital, a cita foi o día 6 de abril na sede de APEHL, na rúa Ramón Montenegro, tamén ás 11:00 da mañá. A última sesión das xornadas desenvol-veuse en Monforte o 8 de abril.

Nestas xornadas, os profesionais da hostalería puideron abordar cuestións coma os procesos de identificación de clientes nos hoteis, a detección de billetes falsos ou os protocolos de actuación en caso de roubo e incidentes. Así mesmo, recibiron consellos sobre a protección dos locais mediante sistemas de seguridade pasiva, coma as alarmas e as cámaras de vixilancia.

ALCOHOLMENORES18 ANOS

prohibido o consumo,

menores de 18 anosde alcohol aos

subministro ou venda

prohibido el consumo, suministroo venta de alcohol a los menores

de 18 años

L. 11/2010 (DOG nº 248, 28/XII/2010)

242242030

Page 31: Hostelería Lucense e Turismo 9

HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 9 7

NOVAS

2523212331

A Meiga: “Meigallo” [Pecha o luns]

A Troula: “Isicia Omentata Minumus” [Pecha o luns pola noite]

Adega do Carlos: “Lagarto marinado con mousse de

mostaza”

Agarimo: Dobre mousse / Doble mousse

[Pecha o domingo e os días festivos]

Bar do Lechu: Tosta de bocarte, salmón e piquillo / Tosta

de boquerón, salmón y piquillo

Bodegón Ribeira Sacra: Cogomelos recheos ao Queixo do

Cebreiro e xamón de Porco Celta / Setas rellenas al Queixo

do Cebreiro y jamón de Porco Celta [Pecha o martes pola tarde]

Cafetería Patricia: “Tranquilita”

Casa Carballo: Tosta de medallón de porco en salsa de

pementa con castañas caramelizadas / Tosta de medallón

de cerdo en salsa de pimienta con castañas caramelizadas

[Pecha o luns pola tarde]

Casablanca: “El capricho de la abuela”

Cervecería Cork: Polo Guiness / Pollo Guiness

Cervecería Mulligan’s: Crocante de terra e mar con

redución de mencía e cervexa negra / Crujiente de tierra y

mar con reducción de mencía y cerveza negra

Compañía: Solombo de porco caramelizado con queixo

de cabra e redución de viño R.S. en tosta de pan centeo

/ Solomillo de cerdo caramelizado con queso de cabra y

reducción de vino R.S. en tosta de pan centeno

[Pecha o luns pola tarde]

Esmorga: “Yin e Yang”

Holiday: Gambas en salsa de cóctel [Pecha o luns]

Hostal Riosol: Pemento verde recheo de tortilla de patacas /

Pimiento verde relleno de tortilla de patatas

Kasa de un amigo: Pincho moruno [Pecha o luns]

Katanga: “Alegría primaveral”

Lienzo: “Gallaecia”

Los Goya: Carrilleira de porco ibérico / Carrillada de cerdo

ibérico

Lusco Fusco: Delicia de polo / Delicia de pollo

Noche y Día: Rolo de mar con orellas de montaña / Rollo de

mar con orejas de montaña [Pecha o martes]

O Espía: “A bravura do tubérculo” [Pecha o domingo]

O Estrelar: “Estrela 2011”

O Gato Negro: “O Gato Negro” [Pecha o martes]

O Grelo: Bombón de verduriñas ecolóxicas con triscante

de polbo da ría, arroz cardealicio e po da Ribeira Sacra /

Bombón de verduritas ecológicas con triscante de pulpo de

la ría, arroz cardenalicio y polvo de la Ribeira Sacra

O Lar: Roliño de primavera galego / Rollito de primavera

gallego [Pecha o domingo]

O Pientiña: “Tartar” [Pecha o domingo]

O Pincho: Filet Mignon tricolor con salsa mencía Ribeira Sacra

Oasis: “Delicias del oasis”

Parador Nacional de Turismo: Roliño de pan tramezzini

con polbo e Queixo San Simón sobre cremoso de cachelo /

Rollito de pan tramezzini con pulpo y Queixo San Simón sobre

cremoso de patata

Rabeno (Kely): “O refaixo” [Pecha o domingo]

Rianxo: “Pastel do mar”

Santorini: Solombo recheo de cirolas con salsa de froitas /

Solomillo relleno de ciruelas con salsa de frutas

[Pecha o domingo pola mañá]

Tal y Cual: “Enxebre” [Pecha o mércores]

Tapería Centro do Viño R.S.: Magret de pato con crocante

de boniato e redución de mencía / Magret de pato con

crujiente de boniato y reducción de mencía

[Pecha o domingo e o luns pola tarde]

III CUME TAPAS MONFORTE do 30 de abril ao 17 de maio de 2011PARTICIPANTES

HOTEIS COLABORADORESCasa Felisa: Sanfiz, 3. Marcelle / Tfno: 679.030.391 (Monforte)

Hotel Conde de Lemos: Praza da Estación, 2 / Tfno: 982 400 319 (Monforte)

Hotel Golf Balneario Augas Santas: Os Baños, s/n / Tfno: 982.292.800 (Pantón)

Hotel Puente Romano: Paseo do Malecón, s/n / Tfno: 982.403.551 (Monforte)

Hotel Ribeira Sacra: Rúa Conde, 17 / Tfno: 982.411.706 (Monforte)

Palacio de Sober: Camino del Palacio, s/n / Tfno: 982.455.182 (Sober)

Pensión Maite: R/ Comandante Cruz Ordax, 5 / Tfno: 982.456.494 (Pantón)

PUBS COLABORADORES

AlambixCaimán GoultierHatabendroMagma

PraSeiscientosVagalumeZoco

Con tarifas especiais durante o III Cume Tapas

Da rúa Duquesa de Alba

Asistencia laboralTramitación das altas e baixas dos traballadores, contratos, nóminas,

seguros sociais e certificados de retención (cota de 6,60 €/mes nómina)

Negóciase coas Centrais Sindicais o Convenio de Hostelería e in-

fórmase aos asociados do contido do mesmo e as súas novidades

Obtención e elaboración das listas de prezosOs socios poderán obter os distintos modelos das tarifas de

forma gratuíta

Asesoría xurídica

Asistencia contenciosa

Póliza de seguros colectivaPara cubrir os riscos por accidente de traballo que establece o

convenio colectivo do sector (15 €/traballador e ano)

APOIO PERSONALIZADO AO EMPRESARIO

IMPORTANTES DESCONTOS EN PRODUTOS E SERVIZOS

Produtos financieiros

Consumo de propano líquido (5 cts./kg)

Recibos da SGAE, AGEDI e AIE (10% desconto)

Prevención de riscos laborais

APPCC

Inspeccións eléctricas

Recollida de aceite

EPARACOMER ,r/ Ramón Montenegro, 15, Entlo.

27002 LugoTfno.: 982.22.69.12Fax: 982.24.42.56E-mail: [email protected]

Delegación Zona Sur

r/ San Pedro (Estación de autobuses). Monforte de LemosTfno: 982.41.20.50E-mail: [email protected]

Delegación A Mariña

r/ Lugo, 3, baixo. 27780 FozTfno/Fax: 982.13.30.47E-mail: [email protected]

ASOCIACIÓN PROVINCIAL DE EMPRESARIOS DE HOSTELERÍA DE LUGO

ESTA ASOCIACIÓN DÁ MOITO

OFICINAS DA ASOCIACIÓN:

8,60

12,60

19,20

33,30

44,90

52,50

Page 32: Hostelería Lucense e Turismo 9

ESPECIAL PAZO DE FONTEFIZ

HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 918

NOVOS SOCIOS

10242242032

Rodeado de árbores centenarias, preto do castelo de Pambre e a poucos minutos do río Ulla encóntrase este complexo de turismo rural do século XVIII. Cun total de 8 habitacións e 4 apartamentos de decoración tradicional, ten aloxamento para 30 persoas e conta con piscina de auga salgada. O restaurante, con capacidade para 50 comensais e apto para a celebración de banquetes, ofrece pratos como xarrete ao viño mencía con castañas, follado de verduras, bacallau con grelos e con allada ou combinacións gastronómicas con Queixo Arzúa-Ulloa.

A PARADA DAS BESTAS

Pidre, 27 - Palas de Rei - Tel: 982.183.614 - www.aparadadasbestas.com

Entre as especialidades deste restaurante rexentado por Esteban Rodríguez Díaz cabe destacar as carnes á brasa, os pescados do día, o arroz caldoso con lumbrigante e os mariscos. Ten capacidade para 50 persoas e conta con terraza exterior. Aínda que só leva dous anos funcionando en Ribadeo, o selo da casa vén de antes, ao iniciar a súa actividade en Cubelas no ano 1996, onde permaneceu aberto ata 2006.

CASA PEPE “O PIANO”

Os Garitos s/n, Ove - Ribadeo - Tel: 982.131.065 www.restaurantecasapepe.es

Localizado en pleno centro de Rinlo atópase este restaurante gañador do “Tenedor de Oro” no ano 2008. Rexentado por Socorro, Rosa María e María Antonia desde xullo do 2006, ofrece una carta ampla e variada na que destacan peixes e mariscos. Ademais, conta coa súa propia cetárea onde seleccionan os mellores produtos para os seus clientes. Outro dos seus atractivos é a terraza, con vistas ao mar durante os meses de verán.

A MIRANDILLA

Avda. Ribadeo, Rinlo - Ribadeo - Tel: 982.123.100 ww.rinloamirandilla.com

Este antigo almacén mariñeiro, reformado con decoración rústica e mariñeira, está enfocado á cociña feita con produtos do mar, coma os peixes ou os mariscos. Entre as especialidades destacan os peixes frescos e os arroces, coma o arroz caldoso con lumbrigante ou a paella de mariscos. Conta con aparcamento próximo e admítense todo tipo de tarxetas de pago. Está rexentado por José Blanco Muñoz desde o ano 2004.

LA SOLANA

Antonio Otero 41 - RibadeoTel: 982.128.835 - www.lasolanarestaurante.com

Este café-bar rexentado por Ana María Rodríguez Eiras conta con 25 anos de historia que o converten nun dos locais de máis soleira de Foz. Cunha capacidade aproximada para 50 persoas, ofrece unha gran variedade de tapas e racións; non en van, gañou varios premios no concurso de tapas da vila. Un dos costumes deste establecemento é asar sardiñas na rúa durante a época de verán. Foi reformado fai cinco anos e conta con terraza exterior.

O CHÍCARO

Mar, 18 - Foz - Tel: 982.132.366

O Camiño de Santiago pasa ao pé da porta deste restaurante que levan tres socios, Javier Quintáns, Inés Mosquera e Víctor Aranburu, formados en escola de hostalería. Collérono hai 3 anos, déronlle unha volta á decoración e cambiaron a carta, na que as especialidades son carne á brasa (con tenreira suprema absoluta), peixes e mariscos. O comedor ten capacidade para unhas 40 persoas e acolle banquetes. Tamén fan comida para levar e serven menú do día. Ten finca con terraciña no verán e aparcamento.

MESÓN A BREA

A Brea, Lestedo - Palas de Rei - Tel: 982.374.129

Pedro e José rexentan esta cervexería desde o ano 2003, a cal ten como novidade desde o 2009 un comedor para servir racións. A oferta é ampla e variada e o polbo é a súa especialidade. Aberta de luns a domingo, ofrece zona wifi, ambiente musical nas fins de semana, emisión de eventos deportivos e xogo de dardos on-line.

CERVECERÍA SAN ROQUE

San Roque, 27 - Ribadeo - Tel: 982.128.163 -www.cerveceriasanroque.es

Beatriz Vidal Abelaira encárgase deste café-bar do paseo do Malecón, idóneo para tapear e tomar unhas racións baseadas na cociña creativa, polo que está moi concorrido á hora dos viños. Cando fai bo tempo ten terraza á beira do río Cabe.

A TROULA

Paseo do Malecón, 12 - Monforte de Lemos - Tel: 619.328.199

Café-bar que rexenta Felicitas Fernández Pardo dende hai préto de dous anos. Ofrece tapas e racións típicas da cociña tradicional, como de tortilla, callos e polbo, e ademais dá bocadillos. Cando máis xente se reúne no bar é á hora dos viños pero tamén se nota a afluencia de clientes para o primeiro café da mañá, pois abre ás sete.

MESÓN O LECERA actividade neste café-bar comeza ás 6:30 horas da mañá, cando xa se pode tomar un almorzo a base de bolería, pan do día ou chocolate con churros, segundo o gusto. Tamén é ideal para tomar uns viños acompañados por unhas tapas. María Jesús Rodrígues Poleias reformou o local por completo xusto antes de abrilo, en agosto do 2007.

MÉXICO

Doutor Gasalla, 1 - Lugo - Tel: 982.101.993 Avda. Galicia, 18 - Ribadeo - Tel: 982.120.703

Page 33: Hostelería Lucense e Turismo 9

HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 9 19

Nome de secciónNOVOS SOCIOS

2523212333

Hai case dez anos que Manuel Tapia Rivera abriu esta cafetería en pleno centro histórico mindo-niense. A variada carta de cafés é o trazo dis-tintivo do establecemento. Poden saborearse mentres se le a prensa provincial, autonómica, estatal ou deportiva. Completan a oferta unha ampla carta de viños, as táboas de embutidos ou os aperitivos gratuítos.

O RINCÓN DE MONDOÑEDO

Obispo Sarmiento, 1 - Mondoñedo - Tel: 982.507.011

Establecemento veterano no centro da vila de Guiti-riz, onde o rexenta Obdu-lia Maceiras González den-de o ano 1988. Ten moi boa fama o seu café, non en van, a súa cafeteira está a pleno funcionamento dende as dez da mañá e polo local pasan traballa-dores e usuarios da Casa do Concello, que está ao pé. Ofrece bocadillos e hamburguesas. No seu interior chama a atención unha foto de gran tamaño que recorda como era hai uns 50 anos a rúa na que se localiza o Soa. Pola noite abre tamén un espazo reservado para pub para gustosos do rock, que pecha cara ás tres da madrugada de luns a venres e ás catro na fin de semana.

Rúa do Concello, 2 - Guitiriz - Tel: 982.370.603

Este café-bar, radicado na zona de viños ribadense e aberto desde o 11 de marzo do ano pasado, levántase sobre a antiga confitería La Bugalla. É un referente tanto para tomar un café coma un bo viño acompañado por una tapa, e tamén unha copa pola noite. Conta cunha selecta carta de viños e ten unha capacidade aproximada de 60 persoas. Á súa fronte encóntranse Borja e Manuel Cociña e Manuel Pérez.

LA BUGALLA

Villafranca del Bierzo, 15 - Ribadeo - Tel: 982.128.974

Felicitas Iglesias e Esteban Martínez dirixen este restaurante desde 1982. Na carta destacan os peixes frescos e os mariscos, aínda que tamén ofrecen menú do día, racións e tapas. O comedor, de decoración tradicional, ten cabida para uns 45 comensais. Tamén conta con terraza exterior, con capacidade para outras 100 persoas.

OS CRUCES

Cidade de Mondoñedo, 27 - O Vicedo - Tel: 982.590.273

María del Carmen Sánchez Sánchez colleu este local a principios de ano. A súa marca é a comida caseira, tanto en almorzos coma en menú do día ou en racións. Destaca como especialidade a pescada fresca do Cantábrico en salsa de gambas, que mesmo se pode degustar dentro do prato do día. Dentro do abano de postres caseiros destacan o flan de chocolate branco, as natillas, o arroz con leite e a tarta de queixo. Abren ás sete da mañá e nos almorzos inclúen gratuitamente chupitos de zumo natural ou miniflans de chocolate branco, por exemplo. Teñen terraza e zona wi-fi.

LA CAFETERÍA

Ronda de Fingoi, 3 - Lugo - Tel: 607.115.995

Jorge Trenor inaugurou este restaurante en xullo do ano pasado co obxectivo de proporcionar un soplo de aire fresco e divertido ao panorama gastronómico da zona. Nel pódese degustar tanto cociña do país coma de temporada.

LA BOTELLERÍA

San Francisco, 24 - Ribadeo - Tel: 982.130.145

SOA

Page 34: Hostelería Lucense e Turismo 9

ESPECIAL PAZO DE FONTEFIZ

HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 918

NOVOS SOCIOS

10242242034

Manuel Rivera Alvaredo inaugurou este mesón hai 6 anos recuperando a tradición hostaleira familiar, pois os seus pais abriran o primeiro bar da vila de Sarria. No Camiño de Santiago, na praza do Concello, o restaurante ten comedor na planta superior para 120 comensais e serve comidas ademais na planta de abaixo, con capacidade para 40 persoas, e na ampla terraza, con capacidade para outras 100. A comida máis identificadora do Mesón Tapas é o embutido que procede da fábrica familiar, de aí o lacón asado ao forno ou o cocido que salientan na súa carta.

MESÓN TAPAS

Praza da Constitución, 4 - Sarria - Tel: 982.533.903

Xa van seis anos desde que José Sixto e Alba Rego inauguraron esta cervexería-pizzería especializada en menús do día, racións, pizzas e tapas. O horario de cociña é de 13:00 a 16:00 e de 20:00 a 00:00 horas. Conta con servizo de repartición a domicilio. Pecha os mércores por descanso de persoal.

PIZZBUR

Avda. Arcadio Pardiñas, 161 - Burela - Tel: 982.585.858

Pub situado no centro da marcha da Terra Chá. Está a nome de Marita Uz Vázquez, que o colleu hai un ano máis ou menos, e abre os venres, día de marcha en Muimenta, das 11:00 ás 3:30 ou 4:00 horas da madrugada.

AQUA

Aquilino Iglesias Alvariño 3, Muimenta - Cospeito - Tel: 982.502.608

Aberto dende hai máis de 30 anos, agora Roberto López Rodríguez tomou o relevo dos pais neste restaurante que se atopa a carón do río e que ofrece unhas vistas moi bonitas tanto cando o embalse está cheo coma cando se ven as ruínas do pobo. Posúe 2 comedores para 250 persoas. De luns a venres dan menú do día e as fins de semana acollen banquetes de bautizos e comuñóns e ceas de empresa. As especialidades son as anguías, as troitas e as carnes á brasa en grella de leña. Ten xardíns e aparcamento grande.

RESTAURANTE RÍO LOYO O’ROBERTO

San Juan de Loyo s/n - Paradela - Tel: 982.545.051

Este café bar, rexentado por Fran no barrio das Gándaras, enfronte ao campo de fútbol, leva aberto dende o ano 2003. Unha das súas características é a gran variedade e abundancia das súas tapas, así como do prato do día. O local conta cunhas boas instalacións e cunha ampla terraza con estufa. Pecha os luns en temporada futbolística e o resto do ano os domingos.

O CRUCE

Calzada das Gándaras 375, baixo - LugoTel: 982.221.034

Anisoara Laza leva este café-bar dende outubro de hai 2 anos, cando lle puxo este novo nome e o remodelou. Serve racións e tapas contundentes de callos, orella, fabada, pincho moruno, caldo, etc., e ofrece pratos combinados, bocadillos, hamburguesas e pizzas. Funciona moi ben tamén para os almorzos, dende que abre ás sete da mañá. Os seus clientes poden ademais botar unha partida ao billar, ao futbolín ou aos bolos. Conta con wi-fi e terraza no verán.

KASA DE UN AMIGO

R/ Calvo Sotelo, 172 - Monforte de Lemos - Tel: 982.401.557

O Rivas da Costa é coñecido na cidade polos callos á galega e a carne ao caldeiro, as súas especialidades xunto co polbo á feira. Ademais, o establecemento que rexenta José Rivas López ofrece cocidos por encarga e comidas para levar, así como menú do día. Tamén son característicos deste local os viños do país, acompañados de tapas variadas.

RIVAS DA COSTA

R/ Portugal, 20 - Lugo - Tel: 982.213.248

AQUA

Page 35: Hostelería Lucense e Turismo 9
Page 36: Hostelería Lucense e Turismo 9

C

M

Y

CM

MY

CY

CMY

K

AF GAMA hosteleria 210x294 TRZ.pdf 1 21/03/11 9:55