hostelería lucense e turismo 13

24
REVISTA DA ASOCIACIÓN PROVINCIAL DE EMPRESARIOS DE HOSTELERÍA DE LUGO (APEHL) O IV Cume Tapas de Monforte reparte oito premios Xullo 2012 número 13 Récord de bandeiras azuis nas praias da Mariña Apehl e a Deputación lanzan novos baixopratos turísticos LUGO SOBE Á CARAVANA DA VUELTA CICLISTA A ESPAÑA ISABEL BLANCO, FAN DAS TAPAS, A PAISAXE E A PAISANAXE DE LUGO: “A XENEROSIDADE DOS LUCENSES É COMO UN COPYRIGHT DELES APLICABLE A TODO”

Upload: transmedia-comunicacion

Post on 09-Feb-2016

237 views

Category:

Documents


0 download

DESCRIPTION

Revista da Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería de Lugo (Apehl)

TRANSCRIPT

Page 1: Hostelería Lucense e Turismo 13

REVISTA DA ASOCIACIÓN PROVINCIAL DE EMPRESARIOS DE HOSTELERÍA DE LUGO (APEHL)

O IV Cume Tapas de Monfortereparte oito premios

Xullo2012

número

13

Récord de bandeiras azuis nas praias da Mariña

Apehl e a Deputación lanzan novos baixopratos turísticos

LUGO SOBE Á CARAVANA DA VUELTA CICLISTA A ESPAÑA

ISABEL BLANCO, FAN DAS TAPAS, A PAISAXE E A PAISANAXE DE LUGO:“A XENEROSIDADE DOS LUCENSES É COMO UN COPYRIGHT DELES APLICABLE A TODO”

Page 2: Hostelería Lucense e Turismo 13

ESPECIAL PAZO DE FONTEFIZ

HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 1

GALA DA HOSTELERÍA

2

Page 3: Hostelería Lucense e Turismo 13

HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 13

EDITORIAL/SUMARIO

3

UNHA ASOCIACIÓN DE HOSTALERÍA E TAMÉN DE TURISMO

A Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería de Lugo naceu, como sa-bedes, como patronal dos hostaleiros lucenses, para ofrecervos un abano de servizos que vos permitan incrementar a competitividade dos vosos negocios e a calidade na atención ao cliente.

Dende un primeiro momento, a Apehl encamiñou este traballo en dúas direc-cións. Por unha banda, cara ao apoio personalizado ao hostaleiro, concretado en asistencia laboral, obtención e elaboración das listas de prezos, asesoría xurídi-ca, asistencia contenciosa, póliza de seguros colectiva, formación específica do sector e motor de reservas on-line. E, por outra banda, cara a consecución de vantaxes económicas para os asociados, como importantes descontos en produ-tos e servizos, froito da sinatura de convenios da Apehl con distintas empresas e entidades.

Non obstante, nos últimos anos vimos desenvolvendo tamén un labor de promoción que, se ben nun principio se cinguiu á promoción da gastro-nomía lucense, axiña se converteu na promoción de todos os encantos turísticos da provincia de Lugo: patrimoniais, culturais, paisaxísticos etc.

Difundimos os atractivos do conxunto de todos os concellos da provincia en feiras sectoriais, nos medios de comunicación e nas redes sociais. Para iso con-tamos con publicacións especializadas, coma a colección de guías turísticas …E para comer, Lugo, con cinco volumes; unha revista de promoción propia, Hos-telería Lucense; a páxina web www.eparacomerlugo.com e perfís en Facebook e Twitter. Pero, ademais, organizamos eventos que serven para atraer visitan-tes, do que constitúe un exemplo recente o concurso Cume Tapas de Monforte, ao que lle damos cobertura neste número, e participamos activamente noutros eventos que nos permiten dar a coñecer Lugo como destino a outra escala, como é o caso da famosa Vuelta Ciclista a España.

Por esta razón, gustaríanos que aos centos de hostaleiros socios da Apehl se unan os axentes do sector turístico que operan na provincia para a promoción colectiva, unida baixo a marca …E para comer, Lugo. As portas da asociación están abertas.

EDITA:

ASOCIACIÓN PROVINCIAL DE EMPRESARIOS DE HOSTELERÍA DE LUGO (APEHL)

r/ Ramón Montenegro, 15, Entlo. 27002 LugoTfno.: 982.226.912Fax: 982.244.256E-mail: [email protected]

Delegación Zona Sur

r/ Zapaterías s/nTorreón da Cárcere Vella27400 Monforte de LemosTfno: 982.412.050E-mail: [email protected]

Delegación A Mariña

r/ Lugo, 3, baixo. 27780 FozTfno/Fax: 982.133.047E-mail: [email protected]

PRODUCIÓN:

Transmedia Comunicación & PrensaRonda das Fontiñas, 272, Entrechán ATfno.: 982.221.278E-mail: [email protected]

DEPÓSITO LEGAL: LU 186-2008

LUGO NA VUELTA CICLISTA A ESPAÑA

400.000 BAIXOPRATOS NOVOS OS PREMIOS DO IV CUME TAPAS ENTREVISTA A ISABEL BLANCO

AS BANDEIRAS AZUIS DA PROVINCIA

VISITA AO CAFÉ BAR A NOSA CASA

HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 13

SUMARIO

- Productos de limpieza- Detergentes y sistemas para lavandería- Celulosa- Complementos- Servilletas y palillos con la marca . . E para comer, Lugo- Disponemos de planes de limpieza adaptables a todas sus necesidades

HOSTELERÍA - COLECTIVIDADES - LAVANDERÍAS - AUTOMOCIÓN

4

6

8

12

16

20

Page 4: Hostelería Lucense e Turismo 13

ESPECIAL PAZO DE FONTEFIZ

HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 134

NOVAS

LUGO SOBE Á CARAVANA DA VUELTA A ESPAÑA

Mapa da Vuelta a España. O imagotipo azul de ...E para comer, Lugo indica os lugares onde vai estar o posto da Apehl

Do 18 de agosto ao 9 de setembro desenvolverase a edición número 67 da famosa Vuelta Ciclista a España e a Apehl vai darlle visibilidade nela á provincia de Lugo cun posto propio de produtos gastronómicos e información turística aberto na zona vip de cada etapa.

A Vuelta a España deste ano levará aos ciclistas por uns 3.300 quilóme-tros repartidos en 21 etapas, con saída de Pamplona, meta en Madrid e paso por terras galegas do 28 de agosto ao 1 de setembro, data esta última da ruta Palas de Rei-Os Ancares. Será un percorrido por multitude de loca-lidades españolas que tamén fará a Asociación de Hostalería, grazas á co-laboración da Xunta de Galicia, para promocionar a provincia de Lugo.

Na zona vip da saída de cada etapa, moi frecuentada por ciclistas e afec-cionados, haberá un posto da marca …E para comer, Lugo onde se ofrece-rán degustacións dos produtos gas-tronómicos lucenses con indicación de calidade, caso, por exemplo, dos queixos con denominación de orixe protexida Arzúa-Ulloa e San Simón da

Costa, da carne de Porco Celta, Terne-ra Gallega e Galo Mos, da pescada e o bonito de Armadores de Burela, dos produtos ecolóxicos certificados ou dos distintos viños da Ribeira Sacra.

Neste estand propio tamén estarán a disposición do público as guías-anua-rios de …E para comer, Lugo e a revista Hostelería Lucense que edita a Apehl e múltiples folletos turísticos, tanto dos concellos e comarcas coma dos esta-blecementos hostaleiros.

Esta proba deportiva ten un grande impacto mediático e repercusión in-ternacional (emítese en directo para máis dun cento de países) e é moi se-guida a pé de circuíto, polo que supo-rá unha boa oportunidade para dar a coñecer fóra a provincia. Estand modelo para a promoción

da provincia na zona vip

Page 5: Hostelería Lucense e Turismo 13

HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 13

NOVAS

5

ETAPA PALAS DE REI-OS ANCARES Tras uns días pedaleando por conce-llos de Pontevedra e A Coruña, o 1 de setembro os ciclistas afrontarán unha das etapas con máis portos de montaña, a que arrincará de Palas de Rei, núcleo de poboación que se es-trea na Volta. No itinerario dese día fi-guran Guntín, Portomarín, Paradela, Biville, Maside, Sarria, Galegos, Bece-rreá, A Proba de Navia, Muñís, Murias de Rao e Os Ancares, punto final dun total de 152 quilómetros.

A zona vip é un punto de encontro de ciclistas e afeccionados. Na foto, a da Vuelta 2011

COLABORADORES COA APEHL NA VUELTA

• CRDO Ribeira Sacra

• CRIXP Ternera Gallega

• CRDOP Arzúa-Ulloa

• CRDO San Simón da Costa

• CRIXP Pataca de Galicia

• CRIXP Castañas de Galicia

• CR Agricultura Ecolóxica de

Galicia

• Porco Celta

• Galo Mos

• Queixería Marqués de Cernadas

• Armadores de Burela

Page 6: Hostelería Lucense e Turismo 13

ESPECIAL PAZO DE FONTEFIZ

HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 136

NOVAS

A APEHL EDITOU NOVOS BAIXOPRATOS TURÍSTICOS PARA OS LOCAIS HOSTALEIROS

Por quinto ano consecutivo, a Apehl, en colaboración coa Área de Cultura e Turismo da Deputación Provincial, editou 400.000 baixopratos de papel de …E para comer, Lugo, uns manteis ilustrados pensados para que os hos-taleiros poidan informar aos turistas do aloxamento e os plans de lecer existentes na provincia.

Como é habitual, cada mantel loce por diante un mapa de Galicia coa si-nalización de establecementos hote-leiros e da rede museística provincial; respecto do segundo punto, apare-cen referidos os horarios e os datos de contacto do Museo do Mar (San Cibrao), o Museo Etnográfico Pazo de Tor (Monforte), a Fortaleza de San Paio de Narla (Friol) e o Museo Provin-cial de Lugo (Lugo).

A novidade nesta ocasión vén dada no envés, onde agora son protagonis-tas as tres rutas fluviais que se poden facer este verán nos catamaráns da Deputación: a dos Robles e a de Bele-

sar polo Miño e a de Doade polo río Sil. Os manteis inclúen os puntos de saída e os percorridos de cada embarcación e o modo de compra dos billetes, así como unha descrición dos atractivos turísticos das distintas rutas.

Os baixopratos estarán a disposición de todos os asociados á Apehl, que poderán recollelos durante todo o ano tanto na sede central do colecti-vo, na rúa Ramón Montenegro da ca-

pital lucense, coma na súa delegación da zona sur da provincia. Este ano fixéronse paquetes de 100 baixopra-tos que poden adquirirse a un euro.

Os novos manteis foron presentados o 5 de xullo polo responsable de Turis-mo da Deputación, Mario Outeiro, e o presidente da Apehl, Cheché Real, no Museo Provincial, concretamente na sala onde se recrea unha cociña gale-ga tradicional.

O presidente e o vicepresidente da Apehl co responsable de Turismo da Deputación Provincial (no centro)

Os Robles

Acea do Rei Chiquito

Río Miño

Estrada de Ombreiro

LUGO

Avda

. das

Améri

cas

Ronda da Muralla

Praza Fontedos Ranchos

Carrefour

Estrada de Orbazai

N-540

N-VI

N-VI

Estra

da de

Santiago200 m

N-120

N-120

Balneario deAugas Santas

Convento dasBernardas

San Miguelde Eiré

Santa Maríade Nogueira

San Paio deDiomondi

Santo Estevo de Ribas de Miño

Praia da Cova

Santo Estevode Chouzán

Santo Estevode Atán

San Xoánda Cova

San Fizde Cangas

San Vicentede Pombeiro

Mosteiro deSanta Cristina

Casteloda Peroxa

Mosteiro deSanto Estevo

de Ribas de Sil

Escairón

Belesar

Cabo doMundo

Encoro dosPeares

Encoro deSan Pedro

A Nogueira

A Maiorga

Os Peares

Luintra

Chantada

A LUGO

Monfortede Lemos

Ferreirade Pantón

A Peroxa

Paradade Sil

Gundivós

Santa CristinaDoade

Sober

A Teixeira

Río Cabe

Río Miño

Río Cabe

Río Sil

Encoro deSanto Estevo

A OURENSE

1 km

Pazo de Tor

Lugares de interese

Románico

DoadeEsta ruta, de aproximadamente 2 horas de du-ración, atravesa fondos vales e canóns, entre as montañas polas que discorre o río Sil. Este itinerario ofrécenos unha paisaxe de paraxes po-boadas de viñedos que forman parte da denomi-nación de orixe Ribeira Sacra, e na que se pode ver o seu cultivo en terrazas. Así mesmo, non se pode esquecer a ruta do románico, inzada de mosteiros e igrexas e que se estende por todo o leito do río Sil e tamén do Miño. Nesta zona, ten moita sona a cerámica de Gundivós, que se caracteriza pola súa cor negra, que se consegue mediante o afumado.

Saídas diarias ás 11:30, ás 17:00 e ás 19:00 h

Catamaráns: Mencía (110 prazas) e Canón do Sil (55 prazas). Só sairá un barco en cada saídaDuración aproximada: dúas horas

BelesarEsta ruta percorre o río Miño dende a aldea de Belesar até a illa de Maiorga, tamén chamada illa de Sernande, nun percorrido de aproxima-damente 1 hora e media de duración. Dende o catamarán podemos observar a ambos os dous lados do río, os bancais de viñedos da Ribeira Sacra. Esta singular maneira de cultivo con-fírelle á zona unha paisaxe sorprendente, que nos axuda a comprendermos a difi cultade e o esforzo que require o cultivo da vide na denom-inación de orixe Ribeira Sacra. O embarcadoiro de Belesar dispón de servizo de restaurante-bar, especializado en gastronomía da zona.

Saídas diarias ás 11:30, 17:00 e 19:00 h

Catamarán: Pelegrín (60 prazas)Duración aproximada: unha hora e 45 minutos

Monforte de Lemos

Olaría de Gundivós

Santo Estevo de Ribas de Miño

Canóns do Sil

Igrexa de San Xoán da Cova

Pazo de Tor

Adegas. Ribeira Sacra

Os Robles Miño

Belesar Miño

Doade Sil

Os RoblesEsta ruta, de aproximadamente 40 minutos de duración, atravesa o río Miño nunha zona de sin-gular beleza natural e valor biolóxico. Durante o percorrido podemos observar numerosos exem-plares de fl ora e fauna de ribeira, que conforman un hábitat natural privilexiado, así como algún vello caneiro dos que hai ao longo do río ao seu paso por Lugo. Estas cualidades motivaron que a UNESCO declarara a zona Reserva da Biosfera.

Saídas diarias: Mañás ás 11:30 e 12:30 h. Tardes ás 17:00, ás 18:00 e ás 19:00 h.

Catamarán: Pelegrín (60 prazas)Duración aproximada: unha hora e 45 minutos

A-6

A-6A-540

AP-53

A-52

Lugo

A Coruña

Chantada

Santiago deCompostela

Monfortede Lemos

Ourense

Pontevedra

Vigo

COMPRA DE BILLETES:

Reserva anticipadaTfn. 982 260 196(luns a vernes de 8:30 a 14:30 h)www.lugoterra.com

No mesmo catamarán:20 minutos antes da saída.

Prezos:Adultos/as 9 €4-12 anos e >65 anos, carné xove 5 €Nenos/as 0-3 anos GRATIS

Grupos (mínimo 30 persoas)Adultos/as 7 €4-12 anos e >65 anos, carné xove 4 €Nenos/as 0-3 anos GRATIS

Termas romanasCaneiro no río Miño

O funcionamento do programa de rutas está condicionado ao nivel de auga dos encoros e ríos.A Área de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo resérvase o dereito a facer calquera modifi cación en horarios e rutas.

Baixoplatos.indd 1 05/06/12 14:18

O envés dos manteis dedícase este ano ás rutas en catamarán pola Ribeira Sacra e inclúe información sobre os horarios, os percorridos e a compra de billetes

Un deseño de estrea

Page 7: Hostelería Lucense e Turismo 13

HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 13

NOVAS

7

Page 8: Hostelería Lucense e Turismo 13

ESPECIAL PAZO DE FONTEFIZ

HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 138

NOVAS

O CUME TAPAS SUMA E SEGUE

O IV Cume Tapas gozou dunha grande acollida dende o día da súa presenta-ción, onde se nomeou nova madriña do certame á actriz Isabel Blanco, moi coñecida en Galicia dende a súa apari-ción na serie de televisión Mareas vivas. O público encheu o Centro do Viño da Ribeira Sacra para seguir o acto, condu-cido pola xornalista monfortina Mano-la Porto e ao que acudiron o presidente da Apehl, Cheché Real, e o alcalde do concello anfitrión, Severino Rodríguez, así como outras autoridades dos ámbi-tos provincial e autonómico.

O concurso arrincou o 16 de maio e prolongouse ata o 27 do mesmo mes, datas entre as que un total de 34 locais de hostalería da cidade do Cabe lles ofreceron aos clientes tapas moi elabo-radas coas que concorrían aos distin-tos premios. Nesta cuarta edición, aos

dous premios habituais que concede o xurado popular e os tres que adoita emitir o xurado profesional sumáron-se os de tapa especial ecolóxica, feita con produtos certificados polo Conse-llo Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia; tapa especial Marqués de

Cernadas, preparada con este queixo da DO Cebreiro; e mellor maridaxe coa cervexa Estrella Galicia.

Así as cousas, o palmarés comezou a escribirse co nome dos gañadores es-collidos polo público, unha vez feito o

Os participantes na presentación oficial do concurso posando cos mandís de ...E para comer, Lugo

A delegación da Apehl no sur da provincia organizou este ano a cuarta edición do Cume Tapas de Monforte. Este concurso xa convoca máis de 30 establecementos hostaleiros, supera as 25.000 tapas servidas, outorga ata oito premios aos participantes e involucra pubs, hoteis e casas de turismo rural da Ribeira Sacra que colaboran con festas e prezos especiais.

Primeiro premio da votación popular

Page 9: Hostelería Lucense e Turismo 13

HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 13

NOVAS

9

reconto da votación popular. Con 112 apoios, a cervexería A Troula levou o primeiro premio cunha tapa cociñada con queixo Marqués de Cernadas e bautizada como Curmá de risco. O se-gundo premio recaeu no Katanga po-los 71 votos que conseguiu a súa tapa ecolóxica Rojo oriental.

Uns días máis tarde, o xurado profesio-nal completou a lista de vencedores co seu ditame. A mellor tapa tradicional foi Delicia paisana, presentada polo bar Agarimo, que tamén recolleu o premio á mellor maridaxe con viño da DO Ri-beira Sacra co seu pemento recheo de

tortilla con salsa de Mencía, e como mellor tapa creativa situouse Hai algo en Carud, unha filloa rechea de vieira con tosta de paté de ourizo da autoría do bar Los Goya. Respecto das novas categorías instauradas neste IV Cume Tapas, a de tapa especial ecolóxica gañouna o restaurante O Grelo cun crocante con ensalada ecolóxica de lagostinos; a de tapa especial Marqués de Cernadas, o Bodegón Ribeira Sacra cuns bombóns de xamón e queixo so-bre cama de grelos; e a de mellor ma-ridaxe con Estrella Galicia, a cervexería Mulligan’s con A flor da Ribeira Sacra regada con redución de Mencía.

Este xurado estivo dirixido por Qui-que Rodríguez, cociñeiro do Hotel Villa Magna de Madrid 5 estrelas Gran Luxo e editor xefe de Gastronomicum.net, e composto por Mario Gómez, chef executivo do grupo La Competencia e director do restaurante León do de-vandito grupo; Paco Ruiz, xornalista gastronómico e director do programa El color de viajar, especializado en tu-rismo e gastronomía; Pepo Paz, editor e fotoxornalista free lance, encargado da sección “De tapas por” da revista De viajes, e pola restauradora Marta Rajo.

O plan dos 12 días de duración deste concurso non se limitou ao tapeo, xa que se apuntaron á celebración sete pubs da coñecida rúa de marcha Du-quesa de Alba, que fixaron prezos mó-dicos nas consumicións e celebraron un pequeno campionato para que o público escollera o mellor gin tonic, un galardón recén creado que recibiu Área 51.

Ademais, dez establecementos ho-teleiros dos municipios de Monforte, Pantón, Chantada e Sober aplicaron tarifas especiais no aloxamento.

Mellor tapa tradicional e mellor maridaxe con viño da Ribeira Sacra

Tapa especial Marqués de Cernadas

Mellor tapa creativa

PA L M A R É S

PREMIOS DO XURADO POPULARPrimeiro premio: Curmá de risco (A Troula)

Segundo premio: Rojo oriental (Katanga)

PREMIOS DO XURADO PROFESIONALMellor tapa tradicional: Delicia paisana (Agarimo)

Mellor tapa creativa: Hai algo en Carud (Los Goya)

Mellor maridaxe con viño da DO Ribeira Sacra: Delicia paisana (Agarimo)

Mellor maridaxe con Estrella Galicia: A flor da Ribeira Sacra (Cervecería Mulligan’s)

Tapa especial ecolóxica: Crocante con ensalada ecolóxica de lagostinos (O Grelo)

Tapa especial Marqués de Cernadas: Bombóns de xamón e queixo (Bodegón Ribeira Sacra)

Page 10: Hostelería Lucense e Turismo 13

ESPECIAL PAZO DE FONTEFIZ

HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 1310

NOVAS

AS RAZAS AUTÓCTONAS, UN MUNDO DE POSIBILIDADES PARA A RESTAURACIÓN

O pasado 15 de xuño, no marco do Salón de Alimentación do Atlánti-co (Salimat) celebrado en Silleda de xeito paralelo á Semana Verde, a Federación de Razas Autóctonas de Galicia-Boaga presentaba o libro de receitas Cociñando coas razas autóc-tonas, unha obra de Rocío Garrido Caramés (Sanxenxo, 1977).

Trátase dunha publicación que in-clúe receitas elaboradas pola propia autora con carnes de todas as razas autóctonas galegas: Ovella Galega, Cabra Galega, Galo Mos, Porco Cel-ta, Cabalo de Pura Raza Galega e as bovinas Cachena, Caldelá, Frieiresa, Limiá e Vianesa. No receitario tamén vén o modo de preparación de varias larpeiradas elaboradas a base de lei-te, ovos e queixo fresco, todos pro-dutos secundarios derivados das de-vanditas razas. Rocío é afeccionada á cociña e editora do blog La cocina de mi abuelo.

O denominador común de todas as propostas culinarias de Cociñando coas razas autóctonas é a sinxeleza, xa que se poden facer cuns poucos ingredientes coñecidos e asequibles, “que todo o mundo ten no refrixe-rador”. Ademais, puntualizou Rocío no acto de presentación, en alusión á produción das razas autóctonas, “cando un produto é bo non se nece-sita moito condimento”.

Estas carnes da terra ofrecen un am-plo abano de posibilidades no ámbi-to da restauración pola súa excelente calidade e o seu extraordinario sabor. Ademais, dando a coñecer e consu-mindo estes produtos estase colabo-rando na recuperación e promoción das razas autóctonas.

Foto de familia dos participantes no acto de presentación do libro de receitas

www.caixaruralgalega.es

Os produtos das razas autóctonas galegas dan moito xogo para a diferenciación das cartas dos restaurantes

Page 11: Hostelería Lucense e Turismo 13

HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 13

NOVAS

11

Page 12: Hostelería Lucense e Turismo 13

ESPECIAL PAZO DE FONTEFIZ

HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 13

...E PARA COMER, LUGO

12

“SON FAN DAS TAPAS COMA SE FORA TURISTA”A actriz galega Isabel Blanco (Berna, 1974) amadriñou o Cume Tapas 2012, que se celebrou no mes de maio en Monforte de Lemos. Nós aproveitamos a ocasión e falamos con ela para descubrir ata que punto é coñecedora da gastronomía, da paisaxe e da xente de Lugo. Ademais, tamén nos falou sobre a súa faceta como actriz e sobre os seus proxectos presentes e futuros.

_No mes de maio estiveches en Monforte para amadriñar o Cume Tapas. Era a primeira vez que pisa-bas terras de Lemos?_Oficialmente, si. Foi un pracer!

_Que tal foi a experiencia?_Bonita polo retorno de agarimo que proporciona un acto así no que te encontras co público para quen en realidade traballas. Por certo, os meus parabéns para a organización do Cume Tapas.

_Probaches algunha das tapas a concurso? E, en xeral, gozaches al-gunha vez do tapeo lucense?_Probei, son fan das tapas coma se fora turista. Encántanme! Só ten un pero: vivir en Galicia e entrar na talla 36 é todo un soño [sorrí].

_Coñeces a marca gastronómica …E para comer, Lugo? E se é así, estás de acordo con esta afirma-ción?_É un eslogan moi estendido aquí, pero fóra aínda máis. A xenerosi-

dade dos lucenses é como un co-pyright deles aplicable a todo. A combinación de calidade e canti-dade non pasa desapercibida para ninguén. Hai xente que é da cultura de pasar cun iogur á hora da cea, e claro, chega a Lugo e dálle a risa. Im-posible resistirse!

_Eres coñecedora da provincia de Lugo ou para ti trátase, máis ben, dun lugar aínda descoñecido?_Coñezo ben paisaxe e paisanaxe, sempre me apetece volver.

Isabel tivo ocasión de saborear varios produtos lucenses durante a súa visita a Monforte

ISABEL BLANCO

Page 13: Hostelería Lucense e Turismo 13

13

HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 13

...E PARA COMER, LUGO

_Hai algún sitio desta provincia que che guste especialmente? _Os meus lugares favoritos son os balcóns de Madrid [Ribeira Sacra] nunha punta e a praia das Catedrais de Ribadeo na outra.

_E algún sitio que aínda non tive-ses a oportunidade de visitar pero ao que teñas ganas de ir?_Gustaríame coñecer O Courel, un paraíso para os sentidos.

_Lugo, entre outras cousas, é unha terra prolífica se a actores nos re-ferimos. Ti tiveches ocasión de traballar con algúns deles, como Luis Tosar ou Antonio Mourelos. Como foron esas experiencias?_A xente de Lugo para min é excep-cional. O certo é que conecto moi ben con ese “xeito de ser”. Na época de estudante en Vigo tiña unha pan-dilla da Mariña lucense (Burela e San Cibrao), despois na TVG e polo mun-do coñecín a moita xente con ese “algo” especial, un perfecto exem-

plo é Luis. Tosar é espectacular, ten os valores bos do galego de vello, de toda a vida. Referencia especialí-sima tamén ma merece Luís Iglesia, xente de lei. Mourelos, os irmáns Coira de Rábade… vaia fillos exem-plares para unha nai! O certo é que hai ben xente que sabe ser xente. Non quero esquecer ao compañeiro Roberto Vilar ou a Nuncy Valcárcel, coa que traballei en Mareas [Mareas vivas]. En fin, que me desculpen os que non menciono, que son moitos.

_Con Jorge Coira traballaches na curtametraxe A ti como se che di adeus?. Que anécdotas recordas do filme e da relación co director raba-dense?_Que idea aquela curtametraxe! Unha traxicomedia moi divertida de rodar. Coira xa daquela apuntaba manei-ras de director grande, con impronta persoal nos seus traballos. Encantou-me facer de “noiva-abandonada-ás-portas-do-altar” que comía a carta de despedida escrita polo seu ex.

“Hai xente que é da cultura de pasar cun iogur á hora da cea, e claro, chega a Lugo e

dálle a risa”

5

HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 10

PUNTO DE VISTA

Reservas restaurantemóvil: 630 333 [email protected]

acantina.es

R e s t a u r a n t e d e n d e 1 9 4 7

Reservas restaurante móvil: 630 333 [email protected]

acantina.es

Amplias instalacions

Dous comedores

Cenador de madeira

Xardín para nenos

Ideal para grupos e excursions

Amplias instalacions

Dous comedores

Cenador de madeira

Xardín para nenos

Ideal para grupos e excursions

* Precio por viajero. Grupos consultar oferta

Pack Verano 22 € Ruta Heroica e comida en restaurante*

* Precio por viajero. Grupos consultar oferta

A B A S A C R A

Vi t icu l tura

Cañones del Silen los Hero icaVi t icu l tura

Cañones del Silen los Hero ica

Información e reservasTeléfonos: 982 182 610 - 650 770 [email protected] - [email protected] b a s a c r a . c o m

exterior como interiormente dentro do propio país, polo que a chegada de novos visitantes pódese manter pola calidade e cantidade de luga-res que se poden percorrer.

_Teredes uns obxectivos priorita-rios a cumprir para reforzar o sec-tor…_Os obxectivos primordiais para esta área son, dunha banda, revalorizar o sistema turístico lucense en clave de sostibilidade, afortalando a eficacia e a eficiencia tendo en conta a capa-cidade de carga ambiental. Ademais, debemos ligar o turismo coa cultura e a lingua do país co fin de ofrecer un produto diferenciado e presen-tar un servizo de calidade que inci-te a repetir visita ou a recomendala. Agora, as medidas para acadar eses obxectivos haberá que buscalas en-tre a Deputación de Lugo e todos os axentes sociais implicados pero hai que lembrar que houbo un cambio de equipo e que a delegación en materia de turismo fíxose efectiva

no pleno de organización o día 7 de xullo e que polo tanto aínda non deu tempo a desenvolver un plan de futuro.

_Resentirédesvos pola crise de re-cortes nesta área?_A crise aféctalle ao sector turístico e tamén ás administracións. Non hai que esquecer que os recortes orza-mentarios afectan de xeito xeral a todas as administracións, pero non por iso dende a Deputación imos deixar de pular e de traballar por un sector que xa é un dos motores socioeconómicos da provincia de Lugo.

_Como vai o diálogo coa Conse-llería de Cultura para o desenvol-vemento de futuras iniciativas conxuntas?_Até o momento non houbo con-tacto coa Consellaría pois como di-ciamos antes acabamos de asumir a responsabilidade de Turismo na De-putación, pero estamos dispostos a

manter o diálogo con todas as ad-ministracións e os entes implicados, pois a colaboración e o traballo en-tre todos é a mellor forma de pular polo sector turístico.

_Sairá adiante a empresa provin-cial de turismo? _Dende a Área de Cultura e Turismo e dende a responsabilidade que asu-mimos no pacto de goberno na De-putación, consideramos de vital im-portancia que a Empresa Provincial de Turismo bote a andar. É necesario que exista este ente para coordinar todas as accións en temática turísti-ca que se leven a cabo na provincia de Lugo.

_E o apoio da Deputación ao Pa-tronato Provincial de Turismo?_Unha vez que teñamos definido o programa marco para o sector turís-tico de cara a esta lexislatura e bota-da a andar a Empresa Provincial de Turismo estaremos no momento de avaliar que proxectos turísticos hai Isabel nunha rodaxe

Page 14: Hostelería Lucense e Turismo 13

ESPECIAL PAZO DE FONTEFIZ

HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 13

...E PARA COMER, LUGO

14

_A túa traxectoria desenvólvese no cine e na televisión. Con cal destes dous medios te quedas?_A ser posible cos dous porque me dan cousas diferentes: a tele, esa proximidade do público, a inmedia-tez do directo, de facer as cousas rápido, case en improvisación; é es-timulante, pero hai que valer. O cine é o amor platónico do que sempre estarei namorada. É a oportunidade de traballar o microscópico, o que non se pode apreciar no “traballo rá-pido”. O cine é un luxo.

_E o teatro, non te atrae?_Estou facendo unha comedia, Rosa de dous aromas, con Sabela Hermi-da, unha compañeira marabillosa. Empezámola por traballo e agora facémola polo gusto de rir ao tem-po co público, sobre todo porque falamos do xénero masculino dunha maneira un tanto sarcástica...

_Tiveches ocasión de traballar en numerosas series de ficción e fil-mes feitos en Galicia, pero tamén fóra. Existen moitas diferenzas no xeito de facer as cousas aquí e fóra?_Si que atopei diferenzas grandes

nos ritmos e nas calidades do tra-ballo, pero basicamente creo que o bo facer non ten nacionalidade, a diferenza estriba case sempre no presuposto. Honestamente, o nivel máis alto atopeino en Galicia, pero é certo que non foi en 2012...

_No 2006 gañaches un Mestre Ma-teo á Mellor Actriz por Un franco, 14 pesetas, unha película sobre a emigración. Supoño que foi un dos proxectos máis importantes na túa carreira…_Si, foi o primeiro papel que inter-pretei completamente segura do que construíra. En agosto volvo a ese soño, xa que imos rodar Un franco, 20 pesetas, xa somos turistas. Rodar nun paraíso perdido é unha emoción difícil de describir. É un sentimento compartido con todos os que alá fomos, vinculados todos a esa outra patria.

_O feito de ser filla de emigrantes e nacer en Suíza, en que aspectos marcou a túa vida?_O espírito de superación é o deno-minador común, penso, dos fillos de emigrantes. Da miña educación, da miña saúde e da miña formación

como individua ocupáronse a partes iguais meus pais e o Estado suízo.

_Ata que idade estiveches aló?_Ata os 15 anos.

_Á parte do filme do que falabas antes, Un franco, 20 pesetas, xa so-mos turistas, que proxectos tes á vista?_De cara ao outono, gravarei unha película con Ángel de la Cruz, Todos os santos, na que dou vida a unha monxa, e rodamos en Lugo!

_E xa para rematar, que plans tes para este verán? _Á parte de estar coa miña familia, que vive na provincia da Coruña, en agosto estarei en Ibiza e despois xa me vou a Zúrich.

“O espírito de superación é o denominador común dos

fillos de emigrantes”

A que fora unha das protagonistas de Mareas vivas asegura que a calidade e a cantidade da gastronomía lucense non pasan desapercibidas

Page 15: Hostelería Lucense e Turismo 13

Nome de secciónNome de sección FORMACIÓN

HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 13 15

CHARLAS DO BARISTA JOSÉ MANUEL PORTELA EN TORNO AO CAFÉA sede de Cafés Candelas, situa-da no polígono lucense do Ceao, foi o escenario dunhas charlas teórico-prácticas sobre o café celebradas do 7 ao 10 de maio e promovidas de forma conxunta pola Apehl e Cafés Candelas.

O obxectivo do curso, que foi impartido polo barista fonsagra-dino José Manuel Portela e que estaba dirixido principalmen-te a hostaleiros, era aprender a distinguir os distintos tipos de café para poder chegar a unha mestura concreta ou para saber resaltar as características dunha orixe única, para o cal se debe coñecer o proceso de tostado, así como a calidade da auga, a dureza, o pH, o tipo de cafeteira para a preparación etc. As charlas tiveron lugar na sede de Cafés Candelas

• Formación profesional para desempregadosA partir do mes de agosto, a Apehl impartirá dúas accións formativas dirixidas prioritariamente a traballadores desempregados. Trátase dun curso de sommelier de 433 horas e outro de xefe de sala, de 688 horas. Logo da formación, seleccionaran-se cinco alumnos que destaquen polo seu ren-demento nos cursos para facer prácticas en esta-blecementos hostaleiros. Polo tanto, as empresas interesadas en acoller a alumnos en prácticas non laborais poden poñerse en contacto co departa-mento de formación desta asociación.

• Colaboración con CáritasContinúa a liña de apoio e colaboración mutua entre a Apehl e Cáritas Diocesanas de Lugo en proxectos sociolaborais e de formación, tales como o proxecto de Cáritas Abrindo Portas, de fomento da inserción laboral na hostalería, que se desenvolveu nos primeiros meses deste ano. A asociación de hostalería colaborou ofrecendo o servizo de formación dos cursos de operacións básicas de cociña e operación básicas de restau-rante bar, organizados por Cáritas.

• Cursos bonificadosCómpre recordar que a Apehl tamén dispón dun servizo de “formación á carta”, polo que todas aquelas empresas que estean interesadas en rea-lizar unha actividade formativa concreta se po-den poñer en contacto coa asociación.

Page 16: Hostelería Lucense e Turismo 13

ESPECIAL PAZO DE FONTEFIZ

HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 13

TURISMO

16

NOVO RÉCORD DE BANDEIRAS AZUIS NAS PRAIAS DA MARIÑA

Vista aérea das praias de Barreiros

A provincia de Lugo aumentou este ano en tres o número de bandeiras azuis que locen nas súas praias, agora un total de 22. Así, os concellos do Vicedo, Xove, Burela, Foz, Barreiros e Ribadeo poderán presumir este verán non só da beleza das súas praias, senón tamén da súa calidade ambiental e a súa seguridade.

O día 6 de xuño fíxose pública a lista das praias españolas que este verán lucirán a bandeira azul que anual-mente concede a Asociación de Edu-cación Ambiental e do Consumidor atendendo a criterios de educación ambiental, calidade da auga, xestión ambiental, seguridade e servizos.

A provincia de Lugo conta con 22 praias nas que este ano ondea o dis-tintivo que acredita a calidade da auga e a seguridade do areal. Trá-tase da praia de Abrela, no Vicedo; a de Esteiro, en Xove; O Portelo e A Marosa, en Burela; as de Areoura, Peizás, Arealonga, Llas, A Rapadoira, As Polas e Os Xuncos, en Foz; as da Pasada, Lóngara, Arealonga, Coto, Acantilado-Remior, Altar, San Bartolo e Fontela-Valea, en Barreiros; e as dos Castros-Illas, As Catedrais e Esteiro, en Ribadeo.

De novo son os concellos de Barrei-ros e Foz os que máis bandeiras con-seguen.

O presidente da Apehl, Cheché Real, valorou positivamente este novo ré-cord de bandeiras, polos visitantes que atraen ata a Mariña lucense, e referiuse en concreto á boa fama da praia das Catedrais, “unha icona da provincia de Lugo que merece figu-rar en calquera ranking turístico gale-go e do exterior”.

No conxunto de Galicia, a bandei-ra azul ondeará este verán en 126 praias. Ademais, cómpre dicir que esta comunidade é a que obtivo ou-tra vez máis bandeiras no conxunto nacional, xa que unha de cada catro recaeu nun areal galego. Por provin-cias, á cabeza sitúase Pontevedra, con 55 praias, seguida da Coruña, con 49, e finalmente Lugo, con 22.

AS CATEDRAIS E OS CASTROS-ILLAS RECUPERAN A Q DE CALIDADE

O día previo a facerse pública a lista de praias con bandeira azul, o ministro de Industria, Enerxía e Turismo, José Manuel Soria, en-tregou en Madrid os distintivos Q de Calidade Turística, que avalan a calidade de 174 praias e 12 ins-talacións náuticas españolas.

Desa totalidade, cinco viñeron para praias lucenses. Así, Area e Covas en Viveiro e A Rapadoira en Foz revalidan o distintivo, men-tres que As Catedrais e Os Cas-tros-Illas en Ribadeo o recuperan.

Page 17: Hostelería Lucense e Turismo 13

HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 13

Nome de secciónTURISMO

17

Cachenas de San Breixo T R I A C A S T E L A · L U G O

www.cachenasdesanbreixo.com

Jordi Ánguez Grases

Criador CC065CÑ

600 738 154—982 187 314

[email protected]

carne exclusiva para clientes exclusivos

1º PREMIO I Concurso Morfológico Cachena

SEMANA VERDE DE SILLEDA Junio 2012

RIBADEO BARREIROS

Praia das Catedrais. Unha das máis famosas da Mariña lucense polas súas chamativas formacións rochosas, especialmente visibles en baixamar. Ribadeo tamén levou bandeiras para as praias dos Castros-Illas e de Esteiro.

Praia de Arealonga, característica polo seu aspecto salvaxe. Barreiros é todo un cordón de praias. Conseguiu bandeiras para A Pasada, Lóngara, Coto, Acantilado-Remior, Altar, San Bartolo e Fontela-Valea.

Page 18: Hostelería Lucense e Turismo 13

ESPECIAL PAZO DE FONTEFIZ

HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 13

TURISMO

18

FOZ

BURELA

Praia da Rapadoira, ao pé da vila focense, protexida polo espigón de Laredo e da que parte un longo paseo marítimo. Neste concello tamén ondea a bandeira azul en Areoura, Peizás, Arealonga, Llas, As Polas e Os Xuncos.

Praia da Marosa. Destacan a súa feitura, en forma de cuncha, e a area branca e fina. Ten ao carón unha área recreativa e deportiva. Neste municipio tamén logrou a bandeira azul a praia do Portelo.

Foto cedida por Xesús do Breogán

Page 19: Hostelería Lucense e Turismo 13

HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 13

Nome de secciónTURISMO

19

XOVE

O VICEDO

Praia de Esteiro. Foi a única deste municipio en obter o distintivo pero é moi apreciada polo seu estado natural, salvaxe e con dunas, e polas súas boas condicións de vento e ondas para a práctica de surf e windsurf.

Praia da Abrela. É un extenso areal branco rodeado dunha paisaxe sen urbanizar que lle dá moita tranquilidade e unha vexetación marítima típica.

E S TA A S O C I A C I Ó N D Á M O I T OASOCIACIÓN PROVINCIAL DE EMPRESARIOS DE HOSTELERÍA DE LUGO

r/ Ramón Montenegro, 15, Entlo. 27002 LugoTfno.: 982.22.69.12Fax: 982.24.42.56E-mail: [email protected]

Delegación Zona Sur

r/ San Pedro (Estación de autobuses). Monforte de LemosTfno: 982.41.20.50E-mail: [email protected]

Delegación A Mariña

r/ Lugo, 3, baixo. 27780 FozTfno/Fax: 982.13.30.47E-mail: [email protected]

Asistencia laboralTramitación das altas e baixas dos traballadores, contratos, nóminas,

seguros sociais e certificados de retención (cota de 8 €/mes nómina)

Negóciase coas Centrais Sindicais o Convenio de Hostelería e infór-mase aos asociados do contido do mesmo e as súas novidades

Obtención e elaboración das listas de prezos

Os socios poderán obter os distintos modelos das tarifas de forma gratuíta

Asesoría xurídica

Asistencia contenciosa

Póliza de seguros colectiva Para cubrir os riscos por accidente de traballo que establece o

convenio colectivo do sector (15 €/traballador e ano)

Formación específica do sector

Motor reservas on-line

APOIO PERSONALIZADO AO EMPRESARIO

Produtos financeiros

Consumo de propano líquido (5 cts./kg)

Recibos da SGAE, AGEDI e AIE (10% desconto)

Prevención de riscos laborais

APPCC

Inspeccións eléctricas

Recollida de aceite

IMPORTANTES DESCONTOS EN PRODUTOS E SERVIZOS

9,50

13,50

21

36

48

57

OFICINAS DA ASOCIACIÓN:

Page 20: Hostelería Lucense e Turismo 13

ESPECIAL PAZO DE FONTEFIZ

HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 13

VETERANOS

20

UN DÍA A DÍA SELADO POLA TORTILLA DE MARISA E AS PARTIDAS DE CARTAS

O 1 de maio de 1983 comezaba unha nova etapa nas vidas de Je-sús Pena Varela e a súa muller María Luísa Rey Grueira coa apertura do café bar A Nosa Casa, no número 38 (actualmente 36) da rúa Río Na-via, no barrio lucense da Milagrosa. Ese mesmo ano fixéronse socios da Apehl.

Suso e Marisa, como os coñecen os seus clientes e amigos, coñecéran-se uns anos antes e, logo de pasar unha tempada na emigración de Suíza, retornaron á terra para poñer-se á fronte deste establecemento hostaleiro. Conta Suso que os co-mezos non foron fáciles, xa que eles non eran coñecidos no barrio –el é natural de Guntín e Marisa de Cas-tro de Ribeiras de Lea–, e que houbo que ir gañando a clientela pouco a pouco. Porén, lograron saír adiante e estabilizarse; agora recoñecen que coa crise económica as cousas están máis difíciles, aínda que o balance segue sendo positivo. Actualmen-te, os momentos de máis actividade

rexístranse á hora dos almorzos e á dos viños, sobre todo nas fins de se-mana.

Unha das cousas polas que é afa-mado este local é a deliciosa tortilla que prepara Marisa. Nunca falta un aperitivo da clásica mestura de ovos e pataca para acompañar un viño. De feito, comenta Suso que moita xente coñece o bar polo sobrenome de “Marisa da tortilla”.

O pincho moruno tamén o ofrecen sempre, mentres que o resto das tapas vaise alternando: uns días ca-llos, outros guiso, outros fabada… E agora no verán tamén adoitan ter ensalada rusa ou de pasta.

LOCAL DE MADRIDISTAS Ao longo destes 30 anos, a proxi-midade co cliente converteuse nun dos eixos principais para o éxito do negocio. Non obstante, Suso reco-ñece que “é fácil porque todos son coñecidos e hai confianza”.

Un dos temas habituais de conversa en A Nosa Casa é o fútbol. A afección da clientela polo Real Madrid fai que durante a tempada futbolística só pechen os domingos que non xoga o equipo merengue. No verán, en cambio, o bar permanece cerrado os sábados pola tarde e os domingos.

Outra das tradicións en A Nosa Casa son as partidas vespertinas de car-tas, en concreto de subasta cantada. O enfrontamento amistoso ante o tapete por facerse co triunfo serve de pasatempo a varios grupos de amigos do barrio. “E hai uns anos a moitos máis”, asegura Suso, que ta-mén é dos que se anima cos naipes cando a clientela llo permite.

Suso asegura que xa ten ganas de retirarse, posto que a profesión de hostaleiro “queima moito”, pero a valoración que fai da súa traxectoria á fronte de A Nosa Casa é “boa” e se algo destaca destes anos detrás da barra é a “humildade e a sincerida-de” dos clientes.

JESÚS PENA E MARÍA LUÍSA REY. CAFÉ BAR A NOSA CASA

Suso e Marisa levan á fronte de A Nosa Casa case tres décadas, desde 1983

Page 21: Hostelería Lucense e Turismo 13

HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 13

Nome de secciónNOVOS SOCIOS

21

Este hotel familiar de dúas estrelas entrou en funcionamento no 2009 e está situado á beira da praia de San Bartolo, unha das máis concorridas do concello mariñán de Barreiros. De nova construción, conta con 15 habitacións –dobres e individuais–, a maioría con vistas ao mar. Cada unha dispón, á súa vez, de caixa forte e mini bar, entre outros servizos. A decoración é moderna e os aloxamentos inclúen almorzo bufete. O hotel tamén ten restaurante no que se ofrece comida á carta. A paella de mariscos, a 18 euros para dúas persoas, é a especialidade do local. No Balcón de San Bartolo hai terraza, aparcadoiro, xardín e zona wi-fi gratuíta.

O 22 de xuño inaugurábase a Tapería Barpanta no centro co-mercial Porto Plaza de Burela. O Barpanta é un bar de tapeo no que se pode degustar unha gran variedade de táboas que levan o nome dos distintos barrios de Bu-rela. Unha delas, a especial, inclúe solombo, lagostinos, pescado de tempada, chuletón e mexillóns. Tamén teñen outra orientada aos nenos. Á parte, ofrecen racións, pratos combi-nados e tapeo gratis coas consumicións.

O casco antigo de Lugo conta desde o mes de febreiro cunha nova bocatería. En O Novo son especialistas na elaboración de bocadillos, perritos calientes, hamburguesas e sándwichs. Ademais, coas consumicións serven dúas tapas moi características do local: as salchichas a lo Novo, que van acompañadas dunha salsa caseira a base de bechamel, e a ensalada rusa con xamón de York e vinagre de módena. Conta con terraza exterior na rúa da Cruz. Abre de 12.30 a 16.00 horas e de 19.00 a peche, e cerra os martes.

O café bar Camelot ten dúas orientacións claras: por unha parte, os cafés e os almorzos e, por outra, os viños e o tapeo. Entre as tapas de cociña que ofrecen destacan os mexillóns, a orella, os chourizos ao viño e a tortilla. Se ben a traxectoria do Camelot aínda é curta –abriu o 15 de xuño–, o seu propietario xa constatou que as horas de máis actividade se sitúan entre as 7 da tarde e as 12 da noite. A súa decoración en madeira e pedra segue a liña da gran maioría dos locais hostaleiros da zona vella de Lugo. O local conta cunha bodega subterránea que nun futuro próximo se dedicará á consumición de racións. Pechan os domingos.

BALCÓN DE SAN BARTOLO

Avenida Casiano Moreno, s/n – Barreiros – Tel.: 982 124 226 / 634 832 584www.hotelbalcondesanbartolo.com

TAPERÍA BARPANTA CERVECERÍA

Pardo Bazán, 4 (1ª planta centro comercial Porto Plaza) – Burela – Tel.: 982 888 302 / 689 555 048

O NOVO

Cruz, 16 – Lugo

CAMELOT

O Cómic é un pub lucense que abriu as súas portas hai uns meses no corazón do casco histórico da cidade amurallada. Situado no número 8 da praza do Campo, se por algo destaca este moderno local de copas é pola súa decoración inspirada nos superheroes clásicos da historia do cómic. A clientela maioritaria deste pub é xuvenil, cunha idade que non adoita pasar dos 30 anos.

Desde marzo de 2009, quen queira desfrutar dun agradable cóctel ou dunha copa elaborada só ten que achegarse ata La Buena Vida. Situado no barrio lucense das Fontiñas, conta con cartas elaboradas de xenebra, vodka e tónicas, así como unha ampla variedade de cócteles, desde os máis tradicionais, coma o Cosmopolitan, ata os máis actuais, coma o daikiri de fresa. Os domingos adoitan organizar actividades variadas, como actuacións musicais e de monologuistas. Abre de martes a domingo a partir das 16.30 horas.

O café bar La Flor está situado á beira da Praza Maior de Meira, lugar onde se desenvolve gran parte da actividade socioeconómica deste concello lucense e capital da comarca homónima. La Flor abre de luns a domingo, polo que o cliente pode achegarse ata alí desde primeira hora da mañá para almorzar e ata a noite, para tomar un viño ou calquera outra consumición. Os días de máis dinamismo son os domingos de feira, que se celebra cada 15 días. Dispoñen de terraza exterior no verán.

CÓMIC GALLERY BAR

Praza do Campo, 8 – Lugo – Tel.: 630 985 569

LA BUENA VIDA

Primavera, 40 – Lugo – Tel.: 617 227 665 - www.facebook.com/labuena.vida

LA FLOR

Praza Maior, 16 – Meira – Tel.: 982 330 078

Camiño Real, 76 – Lugo – Tel.: 982 243 858

Page 22: Hostelería Lucense e Turismo 13

ESPECIAL PAZO DE FONTEFIZ

HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 13

NOVOS SOCIOS

22

O cámping A Nosa Casa está situado á beira da praia de Arealonga, en San Miguel de Reinante. Trátase dun centro vacacional que dispón de 160 parcelas para tendas de campaña e autocaravanas, seis bungalows e mesmo un hotel de nove habitacións dobres con servizo de cuarto de baño. Conta con todos os servizos que debe ter un cámping, como duchas de auga fría e quente, WC individuais, servizo de lavandería, secadora, aparcadoiro, supermercado e restaurante. Este último está enfocado aos moradores do cámping, aínda que tamén atende a clientes de fóra. Nel ofrecen un menú do día a 12 euros e bocadillos.

Neste café bar monfortino ofrécense tapas para acompañar as consumicións e racións, pero a súa verdadeira especialidade son as táboas de embutidos. O local no que se encontra era un antigo comercio de teas, polo que houbo que acometer numerosas reformas para a súa transformación nun establecemento de hostalería, aínda que os seus propietarios quixeron conservar a esencia do local mantendo os seus mobles antigos, coma o balcón de madeira. Así, a decoración poderíase definir como romántica, cun toque vintage, e á vez minimalista. Ten capacidade para unhas 80 persoas e dispón de terraza exterior.

Casa Olga leva aberta ao público desde o ano 2004. Trátase dunha edificación de nova construción que conta con catro habitacións (triplas ou dobres con opción de uso individual) que se alugan de xeito individual, aínda que tamén existe a opción de alugar a casa enteira. Dispón de servizo de lavandería e secadora. Ademais, conta cunha finca cerrada para cabalos, idónea para aqueles que fan a cabalo o Camiño de Santiago (está situada no Camiño Francés). Tamén teñen servizo de microbús e transporte de mochilas. Está nun sitio tranquilo, ideal para descansar.

Este pub integrado no Complejo Vía Santiago inaugurouse baixo unha nova xerencia a principios do mes de xuño. En Cachet pínchase fundamentalmente música para bailar mesturada con temas máis comerciais, en función do ambiente e da xente que haxa en cada momento. Sofía Sangiao, a propietaria, comenta que a súa idea é especializarse en coctelería e cafés elaborados. O local conta con pista de baile, zona de butacas e barra, ademais de luces led e láser. Abre venres, sábados, domingos, festivos e vésperas de festivos a partir das 11 da noite.

Este pazo, construído pola familia Díaz Varela no século XVI, explótase desde hai 15 anos como aloxamento de turismo rural. Os seus actuais propietarios rehabilitárono mantendo integramente a súa construción orixinal con grosos muros de granito, pisos de castiñeiro e teitos rústicos de madeira. A casa conta con 12 habitacións (nove dobres e tres individuais) para os hóspedes e outras cinco para a familia propietaria, que tamén vive nel. A conservación do mobiliario orixinal dá lugar a un ambiente decimonónico. Así, a capela, a solaina, a lareira, a biblioteca e as amplas bodegas reflicten a súa singularidade.

O Hotel Puerta de San Pedro (3 estrelas), situa-do en pleno centro de Lugo, xunto á muralla e fronte á estación de autobuses, é un mo-derno establecemento de oito plantas e 36 habitacións, todas elas exteriores, con abun-dante luz natural e dotadas de equipamentos básicos como aire acondicionado, TV, wi-fi, minibar etc. Algunhas habitacións son triplas e outras están adaptadas para persoas de mobilidade reducida. Ofrecen servizo de cafetería e bufete para o almorzo. O hotel dispón, así mesmo, dunha sala de reunións de 40 metros cadrados para a celebración de pequenos eventos de empresa. Ademais, a través dun acordo cun establecemento hostaleiro da zona, dispoñen de servizo de restauración.

PRODUCTOS CÁRNICOS, EMBUTIDOS, SALAZONES Y DESPIECES.SERVICIO ESPECIAL PARA HOSTELERíA

M EDIO AM BIENTEM PRESA CERTIFICADA

MA-1869/10

Cer t i f ica t ionTechnolog ica l

Cent er

ACREDITADO POR ENAC

IFS (v .5) Agosto 2007 CC - IFS - 13 / 10

ISO 4 0 0

SEGURIDAD ALIMENTARIAEMPRESA CERTIFICADA

EA-0032/10

Cer t i f ica t ionTechnolog ica l

Cent er

ISO 2 2 0 0 0

Villamoure – Saa27188 LUGO

Télefono: 982 208 163 – 982 208 900Fax: 982 208 110

Mail: [email protected]

A NOSA CASA

Estrada da Praia, 42, Reinante – Barreiros – Tel.: 982 134 005www.campinganosacasa.com

EL CANTÓN DE BAILÉN

Praza Doutor Goyanes, 9 – Monforte de Lemos – Tel.: 667 676 973

CASA OLGA

CACHET

Estrada de Santiago, km 2 – Lugo

CASA GRANDE DE ROSENDE

Rúa do Castro, s/n – Triacastela – Tel.: 982 548 134 / 660 264 170www.casaolga.net

HOTEL PUERTA DE SAN PEDRO

Río Neira, 29 – Lugo – Tel.: 982 222 381 - www.hotelpuertasanpedro.com

Rosende, 80 – Sober – Tel.: 982 460 627 / 615 240 230www.casagrandederosende.com

CAMBIO DE TITULARIDADE

Page 23: Hostelería Lucense e Turismo 13

HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 13

Nome de secciónNOVOS SOCIOS

23

af a4 pagina Chispazo.ai 1 29/10/10 13:05

Page 24: Hostelería Lucense e Turismo 13

ESPECIAL PAZO DE FONTEFIZ

HOSTELERÍA LUCENSE - Nº 13

NOVOS SOCIOS

24