cronicas comarcadeordes n19 xullo2015

24
Crónicas Mensual independente da Comarca de Ordes - Nº 19 - Xullo de 2015 O novo alcalde de Ordes, José Luis Marnez Sanjurjo (PP), asegura en Crónicas que unha das principais ra- zóns pola que o anterior exe- cuvo perdeu as eleccións foi a súa actude “soberbia”. O rexedor asegura que se ato- pou “máis dunha” sorpresa nos seus primeiros días, pero por cautela prefire non entrar en detalles, de mo- mento. Unha delas é que xa ten compromedo o 95 % do orzamento deste ano: “non é normal”, di. Martínez Sanjurjo: “o anterior goberno perdeu por soberbio” Páx. 12-13 As últimas estatísticas proban a debacle da construción COMARCA Páx. 14 Ningún alcalde sobe a súa retribución no novo mandato COMARCA Páxs. 5 e 7 Páx. 11 “Nós somos nós e as nosas vacas” O PXOM asume máis da metade das alegacións TORDOIA Páx. 9 Entrevista co Visantoña C.F., que forma canteiráns DEPORTES Páxs. 18 e 19 Un cambio no PXOM aviva o debate político OROSO Páx. 8 Valentín González Formoso xa preside a Deputación PROVINCIA Páx. 10 A ampliación de Sogama licitarase durante este verán CERCEDA Páx. 4 Masiva manifestación en defensa do sector leiteiro REBAIXAS Rúa Recreo nº 9 ORDES - Telf: 981 685 045 Verónica Dono Especialistas en progresivos Revisión de la vista Asesoramiento estético Toma de tensión ocular Adaptación de lentes de contacto OFERTAS DE LAS MEJORES MARCAS

Upload: cronicas-periodico-mensual-independente-da-comarca-de-ordes

Post on 22-Jul-2016

239 views

Category:

Documents


4 download

DESCRIPTION

Número 19 de CRÓNICAS, o periódico mensual independente da Comarca de Ordes.

TRANSCRIPT

Page 1: Cronicas comarcadeordes n19 xullo2015

CrónicasMensual independente da Comarca de Ordes - Nº 19 - Xullo de 2015

O novo alcalde de Ordes, José Luis Martínez Sanjurjo (PP), asegura en Crónicas que unha das principais ra-

zóns pola que o anterior exe-cutivo perdeu as eleccións foi a súa actitude “soberbia”. O rexedor asegura que se ato-

pou “máis dunha” sorpresa nos seus primeiros días, pero por cautela prefire non entrar en detalles, de mo-

mento. Unha delas é que xa ten comprometido o 95 % do orzamento deste ano: “non é normal”, di.

Martínez Sanjurjo: “o anterior goberno perdeu por soberbio”

Páx. 12-13

As últimas estatísticas proban a debacle da construción

COMARCA

Páx. 14

Ningún alcalde sobe a súa retribución no novo mandato

COMARCA

Páxs. 5 e 7

Páx. 11

“Nós somos nós e as nosas vacas”

O PXOM asume máis da metade das alegacións

TORDOIA

Páx. 9

Entrevista co Visantoña C.F., que forma canteiráns

DEPORTES

Páxs. 18 e 19

Un cambio no PXOM aviva o debate político

OROSO

Páx. 8

Valentín González Formoso xa preside a Deputación

PROVINCIA

Páx. 10

A ampliación de Sogama licitarase durante este verán

CERCEDA

Páx. 4

Masiva manifestación en defensa do sector leiteiro

REBAIXAS

Rúa Recreo nº 9 ORDES - Telf: 981 685 045

Verónica DonoEspecialistas en progresivos Revisión de la vista

Asesoramiento estético Toma de tensión ocular

Adaptación de lentes de contacto

OFERTASDE LAS

MEJORES MARCAS

Page 2: Cronicas comarcadeordes n19 xullo2015

2

ACTUAlIDADE

Crónicas - Xullo 2015

Crónicas Se quere recibir Crónicas de balde no seu correo electrónico, pídao en [email protected]

Proximidade. Honestidade. Solvencia. Pluralismo.

Consumouse o cambio na alcal-día de Ordes. José Luis Martínez San-jurjo (PP) é o novo rexedor, grazas aos sete votos do seu grupo; o voto en contra dos seis de UxO, a forma-ción do anterior alcalde, Manuel Re-gos; e a abstención dos tres edís do BNG e da representante do PSdeG-PSOE. Unha maioría relativa que re-flicte o axustado dos resultados elec-torais do 24 de maio, cunha vantaxe de moi poucos votos para o PP, que UxO non conseguiu destruír cos re-cursos xudiciais presentados.

O discurso de investidura de Mar-tínez Sanjurjo tivo claras referencias á composición do pleno, que o obri-gará a ter a colaboración dos de-mais grupos para sacar adiante os seus proxectos. O novo alcalde ofre-ceu unha política inclusiva e, citando a Castelao, pediu: “non lle poñades chatas á obra namentres non se re-mata, o que pense que vai mal que traballe nela, hai sitio para todos”.

Dun xeito máis explicito, o novo alcalde solicitoulles o seu apoio a to-das as forzas políticas “para poder al-canzar acordos polo menos naque-les temas que son de interese xeral”. Man tendida, si, pero tamén a adver-tencia de que se aterá ao programa electoral co que venceu nos comi-cios: “cumprirase co programa pre-sentado como se dun contrato se tra-tase, e escoitarase con humildade á xente para diferenciar o verdadeira-mente importante do accesorio”.

Responsabilidade foi outra pa-labra moi repetida na súa interven-ción. “Non se poden prometer impo-sibles”, advertiu Martínez Sanjurjo, quen tamén citou como prioridade e límite “o respecto á lei e á igualdade de oportunidades para todos, rexei-tando calquera trato de favor”.

Tamén ve necesaria a “exempla-ridade e transparencia” para “tratar de recuperar a credibilidade perdida nos últimos tempos no que atinxe ao labor político”, expuxo o rexedor. E para a transparencia comprome-teu “as portas dos despachos aber-tas para atender os veciños e veci-ñas”. En feitos, estas palabras tradu-ciranse por exemplo en que as ofici-nas municipais abrirán un sábado ao mes, para que poida acudir quen non teña tempo durante a semana.

A constitución da nova corpora-ción e a sesión de investidura tive-ron lugar no salón de plenos recen-

temente rehabilitado na antiga casa consistorial. O público chegaba ata os corredores do edificio e máis dun ve-ciño desistiu de entrar. O novo alcalde agradeceu o apoio de todos, en espe-cial os integrantes do seu equipo, afi-liados e simpatizantes do partido, as súas amistades e os seus familiares.

SEN HISTÓRICOSNa nova corporación faltan varias

caras habituais da política ordense nos últimos lustros. Dúas das ausen-cias máis significativas prodúcense nas filas do PP: as de Susana Mos-quera e Estrella Vázquez, que xa non concorreron ás eleccións. Vázquez aproveitou o derradeiro pleno do an-terior mandato, días antes da cons-titución do novo plenario, para des-pedirse agradecendo o apoio veciñal, os compañeiros e os traballadores do Concello. Tivo palabras especiais

para Manuel Regos e Teodosio Mar-tino, pola súa “axuda e ensinanzas” na súa etapa como concelleira do go-berno, cando se ocupou de materias como Educación ou Urbanismo.

Tamén marcha Suso Pedreira, tras un novo fracaso electoral do PSOE or-dense. Pedreira agradeceu o traballo colectivo das corporacións das que formou parte “para situar Ordes nun lugar destacado”. O seu reemprazo é Verónica Gómez.

En UxO, o que foi concelleiro de Deporte, Roberto Iglesias, visto como un dos máis eficaces do anterior exe-cutivo, falou de “experiencia ines-quecible”, tivo palabras de agradece-mento e reiterou que a súa retirada da política é definitiva. Fronte a este “ata sempre”, Ana Álvarez, edil de CI-DEGA que non se presentou ás elec-cións, dixo que o seu é “máis un ata pronto que un adeus”.

Martínez promete “responsabilidade e transparencia”ORDES O novo alcalde, en maioría relativa, solicítalle colaboración a todos os grupos en asuntos de interese xeral

O público abarrotou o salón de plenos, chegando ata os corredores da antiga casa consistorial, durante a constitución da corporación para o mandato 2015-2019

A oposición (esq.). O edil máis veterano, Roberto González, presidente da mesa de idade, entrega o bastón de mando (dta.)

Aos poucos días da toma de posesión, o goberno municipal anunciou o reparto de áreas en-tre os edís, no que se confirmou a concelleira Ana María Soneira Liñares como man dereita do alcalde. Soneira é a primeira tenente de alcalde e dirixirá as áreas de Medio Rural e de Me-dio Ambiente.

A segunda tenente de al-calde é Beariz Martínez Can-dal, concelleira de Obras e In-fraestruturas. Como terceiro te-nente de alcalde figura Luis Ca-amaño Fraga, concelleiro de Deportes e Mocidade.

Polo demais, José Manuel Mira Gómez e o novo conce-lleiro de Cultura, Festas, Mante-mento e Servizos, ostentando a condición de cuarto tenente de alcalde. A José Manuel Rodrí-guez Méndez, quinto tenente de alcalde, correspondéronlle as áreas de Industria, Comer-cio, Asociacións, Exposición, Parques e Xardíns e quinto te-nente de alcalde.

Todos os anteriores confor-man a Xunta de Goberno Local. Mentres, Susana García Gómez compaxina as funcións de con-celleira de Educación, Benes-tar Social e Traballo coas de de-putada do PP na Deputación da Coruña.

Ana María Soneira sitúase como a man dereita do alcalde

Page 3: Cronicas comarcadeordes n19 xullo2015

PUBlICIDADE

Crónicas - Xullo 2015 3

Page 4: Cronicas comarcadeordes n19 xullo2015

4

ACTUAlIDADE

Crónicas - Xullo 2015

TRAZO A maior parte era superficie arborada e tardou case dez horas en extinguirse

Un incendio calcina 84 hectáreas de monte na parroquia de Xavestre

O primeiro grande incendio da tempada afectou á parroquia de Xa-vestre, no municipio de Trazo. Calci-nou unhas 84 hectáreas de monte, das que 79 eran de superficie arbo-rada e as 5 restantes de monte raso, segundo as estimacións ofrecidas pola Consellería do Medio Rural.

O lume comezou sobre as catro da tarde do venres 3 de xullo e non foi posible controlalo ata primeira hora da noite. Deuse por extinguido pasada unha e media da madrugada, polo que estivo activo case dez horas. Non afectou a vivendas nin houbo danos persoais.

Nos traballos de extinción foi pre-ciso mobilizar un técnico, seis axen-tes forestais, once brigadas, dez mo-tobombas, unha pá, catro helicóp-teros e tres avións. Descoñécese de momento se se tratou dun lume for-tuíto ou se pola contra tivo unha orixe intencionada.

As dimensións do lume preocu-paron a poboación da zona. Aínda cando se descartou que as lapas pui-desen alcanzar vivendas, tiñan so-

bre si unha inmensa fumareda, visi-ble desde varios quilómetros de dis-tancia pese a ser unha zona de oro-grafía un tanto irregular.

A nube de fume xerada neste in-cendio, e tamén noutro que se rexis-trou eses días no concello de Teo, mesmo chegou ás cidades da Co-ruña e de Ferrol. Veciños destas cida-des chegaron a chamar aos servizos

públicos pensando que había algún lume próximo, algo que se descar-tou cando se puido determinar que o vento levara o fume a tanta distancia.

A Consellería do Medio Rural e do Mar reitera que está a disposición da cidadanía o teléfono gratuíto 085, ao que se debe chamar no caso de ob-servar algún lume forestal para ata-llalo canto antes.

O lume afectou a 79 hectáreas de monte arborado e 5 hectáreas de monte raso

Renovan a iluminación pública de varias rúas da vila para aforrar ata o 30 % do seu consumo

ORDES

Os viais do Balado e do Em-palme e as rúas Rosalía de Cas-tro, Entre Parques, As Campeiras e Xardín viron renovada a súa ilumi-nación pública nas últimas sema-nas, dentro do proxecto de me-llora acometido polo Concello por un importe duns 100.000 euros co obxectivo de aforrar un 30 % do consumo eléctrico previo.

O Concello asegura que este tipo de intervencións, ademais de reducir a factura, conseguen un aumento da calidade lumínica e unha menor contaminación pola luz no horario nocturno.

Entre as accións concretas in-cluídas no proxecto, están a ins-talación de interruptores de acen-dido astronómico combinados con contadores para axustar o ser-vizo a cada época do ano, a insta-lación de reactancias electróxe-nas máis duradeiras que os siste-mas convencionais, e a variación do tipo de lámpadas segundo as zonas en que se ubiquen, con 50, 100 ou 150 vatios.

CERCEDA Estímase que estarán plenamente operativas en 2017

A obra de ampliación das instalacións de Sogama será licitada este verán

As obras de ampliación das ins-talacións de Sogama en Cerceda se-rán licitadas durante este verán e po-derían estar operativas no ano 2017, sempre que se cumpran os prazos que manexa a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestrutu-ras.

A titular deste departamento, Ethel Vázquez, explicou que a am-pliación consistirá en construír unha nova planta para recuperar os enva-ses do lixo en masa, e en remodelar a actual nava de reciclaxe, tratamento e elaboración de combustible.

Paralelamente, está proxectada unha planta de compostaxe indus-trial para o tratamento da chamada fracción orgánica, con capacidade para 15.000 toneladas ao ano, den-tro do vertedoiro da Areosa.

Cando estea operativa a amplia-ción, segundo a Consellería, unica-mente irá ao vertedoiro o lixo que “polas súas características non poida ser reciclado nin valorizado enerxeti-camente”.

Neste sentido, Ethel Vázquez

cuantificou en 80.000 toneladas anuais os residuos que xa non serán trasladados ao vertedoiro da Areosa. A diminución con respecto á actua-lidade será dun 30 %. A Xunta in-dica que este cambio se efectúa de acordo coas esixencias da norma-tiva europea e co contemplado no

Plan de Residuos Urbanos de Galicia 2010-2020.

A conselleira anunciou a licitación das obras durante a inauguración en Ourense dun curso sobre xestión sos-tible de residuos organizado por So-gama e a Universidade Internacional Menéndez Pelayo.

A licitación anunciouse durante a inauguración dun curso sobre residuos en Ourense

O Concello reclámalle mil euros de sanción a Fenosa por un rexistro que quedou sen tapa

OROSO

O Concello de Oroso abriu-lle un expediente sancionador a Fenosa polo estado en que tiña un pozo de rexistro da liña eléc-trica soterrada na rúa do Camiño Real, na intersección coa rúa de Ourense.

O goberno cre que a falta de tapa supoñía un risco para os peóns e mesmo para os vehículos e apela a unha ordenanza munici-pal para propoñer unha multa de mil euros.

Mentres agardaba a que Fe-nosa repuxese a tapa do rexistro, o Concello sinalizou a zona para aminorar o perigo.

O rexistro, sinalizado temporalmente

Page 5: Cronicas comarcadeordes n19 xullo2015

ACTUAlIDADE

Crónicas - Xullo 2015 5

Seis dos sete concelleiros do novo goberno de Manuel Mirás en Oroso contarán con dedicación retribuída no Concello, por un custo conxunto de algo máis de 122.500 euros anuais.

A dedicación de maior importe é a do propio alcalde, con 34.373 euros brutos ao ano e un carácter parcial dun mínimo de 30 horas semanais. A primeira tenente de alcalde, Va-nesa Boo, e os concelleiros Luis Rey e Antonio Leira reciben cadansúa de-dicación exclusiva de 22.400 euros anuais. Para Beatriz Rodeiro, a dedi-cación é parcial, de 20 horas sema-nais, por valor de case 12.000 euros anuais. E María del Carmen Liste conta con outra dedicación parcial, de 15 horas semanais, de pouco máis de 9.000 euros anuais. O único edil do goberno que non percibe dedica-ción é Eduardo Veiras.

O alcalde, Manuel Mirás, argu-mentou que “se no Concello de Oroso houbese máis funcionarios non se-rían necesarias estas dedicacións” e rexeitou as comparacións da opo-sición con outros Concellos porque

“teñen moito máis persoal, polo que o gasto en persoal é moi superior ao de Oroso”. O rexedor defendeu “un salario digno” para quen se dedique á política, cre que os cidadáns o com-prenden e reiterou que non deixarán de prestar ningún servizo. Ao contra-rio, o labor dos seus edís orientarase a garantir a súa eficacia.

Os concelleiros con dedicación non cobrarán, segundo o goberno,

as asistencias a órganos colexiados. Estas fixáronse en 120 euros para as sesións do pleno, a comisión de con-tas e as comisións informativas, inte-gradas por 4 concelleiros do PSOE, 2 do PP e 1 do grupo mixto. Elimínanse os 160 euros por presidir estas comi-sións. E a asistencia á Xunta de Go-berno Local, que na práctica só co-brará un concelleiro, retribúese con 275 euros.

O novo goberno de Mirás asume seis dedicacións por 122.500 euros anuais

OROSO O alcalde xustifica os soldos na carencia de funcionarios do Concello

Pleno no que a corporación de Oroso fixou a súa organización para este mandato

O PP, o principal grupo da oposición en Oroso, criticou que o custo do goberno munici-pal “será o máis caro da histo-ria”, con preto de 576.000 euros a pagar nos catro anos do man-dato, sumando as dedicacións e a retribución do persoal de con-fianza (21.356 euros anuais).

Para o portavoz do PP, Alexander Doval, as dedicacións exclusivas parecen “soldos de ministros” e a maior retribución das xuntas de goberno (275 euros fronte aos 120 do pleno) é un xeito de “premiar o único concelleiro do PSOE que non ten dedicación”, asegura.

Doval tamén considerou “profundamente antidemocrá-tico” que o PSOE aprobase de-legar competencias do pleno na comisión de goberno. Critica que con esta “manobra” o go-berno queira “baleirar de con-tido o pleno municipal no que están representados todos os cidadáns”, expón o líder do PP.

O PP acusa ao “goberno máis caro da historia” de “baleirar de contido” competencial os plenos

Page 6: Cronicas comarcadeordes n19 xullo2015

6

ACTUAlIDADE

Crónicas - Xullo 2015

Reparan pistas nas parroquias de Senra e Calvente por un importe de 78.000 euros

OROSO

Pistas de Arderís, na parroquia de Senra, e do Castiñeiro Redondo, na de Calvente, foron reparadas nas últimas semanas cun investimento próximo aos 78.000 euros. A exten-sión aproximada dos viais mellora-dos é de 1,2 quilómetros.

O proxecto foi incluído polo Con-cello no Programa de Mellora de Ca-miños de Titularidade Municipal, im-pulsado pola Consellería do Medio Rural, a Deputación e o Ministerio de Agricultura, e financiado na súa maior parte con fondos europeos Feader.

Dos traballos encargouse a em-pesa Eulogio Viñal.

O Concello continúa reforzando os seus vínculos portugueses, agora con Figueira da Foz

OROSO

O Concello de Oroso asinou un protocolo coas localidades portu-guesas de Figueira da Foz e de Góis e coa Asociación da Amizade e das Artes Galego Portuguesa para cola-borar na promoción da cultura. O al-calde, Manuel Mirás, desprazouse ata Portugal para a rúbrica e agarda que sexa “o principio de moitos máis acordos” que para el poden traer “maior benestar aos nosos veciños e veciñas aos dous lados do Miño”. O acordo prevé para 2016 un libro de poesía ilustrado, unha revista sobre arte, un premio artístico, unha escul-tura e un panel conmemorativo.

Só PP e BNG toman posesión

Os concelleiros do PP foron os únicos que tomaron posesión no pleno de constitución da cor-poración para o novo mandato, o quinto con Antonio Pereiro como alcalde. Nesa sesión, a concelleira do BNG, Pilar García Pereiro, acu-diu pero non tomou posesión. Si o fixo nunha posterior.

O Bloque obtivo a súa única acta por un erro nas actas de re-conto dunha mesa, ao recibir os

votos que realmente son do PSOE. Os socialistas con acta, Carlos

García e Tomás Castro, seguen sen tomar posesión e barallan as op-cións xurídicas para ver recoñe-cida o terceiro asento. O recurso ante o TSXG non prosperou, pero unicamente por ir fóra de prazo.

O alcalde expresou o seu apoio aos socialistas na súa reclamación de que “se respecte a vontade po-pular dos veciños”.

TORDOIA

Melloraron 1,2 quilometros de viais

Pereiro, co bastón de mando, acompañado polos concelleiros do PP tordoiés

Recoñecemento ás políticas locais de conciliación

O Concello de Ordes recibiu un accésit nos premios da Fundación Alares á conciliación da vida fami-liar, laboral e persoal e á responsa-bilidade social.

O galardón foi recollido en Ma-drid por Manuel Regos, nun dos seus derradeiros actos como al-calde de Ordes. Entregouno Fran-cisco de la Morena, coordinador

de comunicación interna e res-ponsabilidade social de Galp Ener-gía España.

A Fundación Alares xa che en-tregara unha distinción similar a Ordes en 2013. Valora especial-mente o curso de habilidades so-ciais e autonomía para persoas con diversidade funcional que se imparte no Mesón do Vento.

O galardón recolleuno Manuel Regos nun dos seus últimos actos como alcalde

ORDES

Certificados profesionais para quince alumnas dun curso

As quince alumnas dun curso de atención sociosanitaria a per-soas dependentes en institucións sociais recibiron un certificado profesional.

O alcalde de Frades, Roberto Rey, encargouse da entrega do cer-tificado ás alumnas que puideron acudir ata o Concello. Ás demais non lles encaixaba no seu quefacer

diario, mais recibirán igualmente o certificado.

O curso tivo 468 horas de du-ración e foi subvencionado pola Consellería de Traballo e Benes-tar. O Concello tivo que adiantar os 37.000 euros que custou. A teo-ría impartiuse en Frades e as prác-ticas foron en centros de día e de dependentes da zona.

FRADES

Entrega dos certificados a parte das alumnas do curso, no salón de plenos

Mirás, asinando o protocolo en Portugal

Page 7: Cronicas comarcadeordes n19 xullo2015

ACTUAlIDADE

Crónicas - Xullo 2015 7

Superada a cita electoral, as no-vas corporacións municipais comeza-ron o seu traballo establecendo a súa organización para o mandato. Son se-sións nas que tamén se fi xan as retri-bucións e responsabilidades dos car-gos electos. Na contorna, destacou a decisión do alcalde de Tordoia de re-nunciar á dedicación exclusiva, men-tres que os de Cerceda e Trazo redu-cen a súa retribución e os de Frades e Mesía manteñen a mesma contí a.

TORDOIAAntonio Pereiro ti ña unha dedica-

ción exclusiva de 40.000 euros brutos ao ano en Tordoia. Agora percibirá 12.000 euros en cada exercicio polas asistencias a plenos e xuntas de go-berno. O executi vo destacou “o afo-rro considerable para as arcas muni-cipais” que supón esta decisión. Non detallou se outros edís do goberno percibirán algunha dedicación.

CERCEDA E TRAZOEn Cerceda, hai tres dedicacións

exclusivas. A do alcalde, o socialista

José García Liñares, baixa de 48.000 a 45.000 euros brutos anuais, debido a un criterio legal. A concelleira de Cul-tura e Educación, Begoña Rodríguez, contará con 39.000 euros brutos anuais de dedicación exclusiva, e a concelleira de Benestar Social e Igual-dade, María Viqueira, con 37.000 euros brutos anuais. A decisión con-tou co respaldo do goberno (PSOE) e a abstención do PP e do BNG.

En Trazo, o alcalde, José Dafonte, tamén se rebaixa o soldo en arredor de 3.000 euros anuais. Queda nuns 40.000 brutos, con dedicación exclu-siva. A concelleira de Servizos Sociais percibirá 650 euros por unha dedi-cación parcial e os demais integran-tes do goberno 350 euros, tamén por unha dedicación parcial, pero de me-nor duración.

Ao PSOE tracense parécenlle “un despilfarro e un abuso” as contí as fi xadas polo goberno, en compara-ción co que percibirán os concelleiros da oposición. Cre que nunca houbera un goberno tan caro en Trazo. O BNG pronunciouse en parecidos termos e

tamén acusou ao alcalde de incum-prir a lei autonómica de administra-ción local por non fi xar plenos bimes-trais e si trimestrais, algo que permite a lei estatal. O alcalde replicou que os concelleiros do goberno son os que realmente traballan polos veciños, mentres que a oposición pretendía cobrar máis por non facer nada.

FRADES E MESíAOnde non mudan as contí as é

en Frades e en Mesía. O rexedor fradense, Roberto Rey, mantén os 36.190 euros brutos anuais de dedi-cación exclusiva. Estableceuse outra dedicación exclusiva, xa existente, para o concelleiro Manuel Ferreiro, por un importe duns 21.800 euros brutos anuais. As asistencias aos ple-nos e comisións remunéranse en Frades a 100 euros por concelleiro e as xuntas de goberno, quincenal, a 150 euros, que na prácti ca só cobra-rán dous tenentes de alcalde.

O BNG, única oposición en Frades, abstí vose, no que o seu portavoz, José María Pérez Lagos, defi niu como

“un voto de confi anza” ao ver recolli-das na proposta do goberno “moitas das cousas que queriamos cambiar en referencia á organización” e redu-círonse os gastos nos parti dos políti -cos, que tamén ven “máis equipara-dos”. Lembran os nacionalistas que se podería prescindir da xunta de go-berno e que asuma as súas funcións o pleno, algo posible en municipios inferiores a 5.000 habitantes. E sobre os soldos recoñecen que “están den-tro da marxe que marca a lei”, pero tamén fan fi ncapé en que se trata dun Concello pequeno.

En Mesía, Mariano Iglesias Castro tampouco alterou a dedicación exclu-siva de 36.300 euros brutos anuais, que mantén conxelada desde hai anos. A outra dedicación exclusiva, para a concelleira de Educación, Cul-tura, Muller e Xuventude, Pilar Sán-chez, fi ca tamén nuns 21.800 euros brutos anuais. Os plenos retribúense en Mesía a 40 euros por sesión e con-celleiro, as xuntas de goberno a 100 euros e as comisións informati vas a 90 euros.

O alcalde de Tordoia renuncia ao soldo, os de Cerceda e Trazo rebáixano e os de Frades e Mesía non o varían

COMARCA As distintas corporacións da contorna estableceron a súa organización e retribucións para o mandato

Rúa Recreo nº 9 ORDES - Telf: 981 685 045

Verónica Dono

Ofertas de las mejores marcas

Revisión de la vista

Asesoramiento estético

Adaptación de lentes de contacto

Especialistas en progresivos

Toma de tensión ocular

De lunes a viernes de 10:00 a 13:30 y de 16:30 a 20:30.

Sábados de 10:00 a 14:00

67

gafas mó

con cristalesantirrefl ejantes

gafas mó

progresivasalta gama

197€Todas las graduacionesAdaptación garantizadaCristales antirrefl ejantes

PVP

reco

men

dado

. Gaf

as g

radu

ados

(mon

tura

+ le

ntes

) por

197

€. V

álid

o en

el e

stab

lecim

ient

o qu

e lo

pub

licite

has

ta e

l 31/

12/2

015

para

una

sel

ecció

n de

m

ontu

ras

seña

lada

s en

el e

stab

lecim

ient

o co

n le

ntes

gra

duad

as p

rogr

esiva

s or

gáni

cas

antir

refl e

jant

es b

esla

yt m

ultig

old

1.5

AR (l

ímite

de

grad

uació

n su

jeto

al

cuad

ro d

e fa

brica

ción

del p

rove

edor

. Con

súlta

lo e

n tu

est

able

cimie

nto.

No

acum

ulab

le a

otra

s of

erta

s o

prom

ocio

nes

PVP

reco

men

dado

. Gaf

as g

radu

ados

(mon

tura

+ le

ntes

) por

67

€. V

álid

o en

el e

stab

lecim

ient

o qu

e lo

pub

licite

has

ta e

l 31/

12/2

015

para

una

sel

ecció

n de

m

ontu

ras

seña

lada

s en

el e

stab

lecim

ient

o co

n le

ntes

gra

duad

as m

onof

ocal

es o

rgán

icas

antir

refl e

jant

es b

esla

yt 1

.5 A

R; c

ilindr

o +2

, esf

era

+2 a

-4. N

o ac

umul

able

a o

tras

ofer

tas

o pr

omoc

ione

s

Me gusta

Page 8: Cronicas comarcadeordes n19 xullo2015

8

ACTUAlIDADE

Crónicas - Xullo 2015

O presidente de Sogama, Javier Domínguez Lino, recolleu en Oviedo o premio Cantábrico Excelente 2015, un galardón concedido á empresa pública na modalidade de xestión medioambiental e que pon de relevo o trascendental labor que a Socie-dade, participada no 51 % pola Xunta de Galicia e no 49 % restante polo Grupo Gas Natural, leva a cabo a tra-vés da correcta xestión e tratamento dos residuos urbanos producidos por 295 concellos galegos.

No transcurso da súa intervención, e trala proxección dun vídeo promo-cional de Sogama, Domínguez agra-deceu ao xurado a concesión deste premio a unha empresa pública que traballa “polo benestar e a calidade de vida de todos os galegos”.

ASPECTOS VALORADOSO xurado tivo en conta o cometido

industrial de Sogama e a súa infraes-trutura, plenamente adaptada ás par-ticularidades de Galicia, tanto a nivel xeográfico como orográfico e de dis-persión de poboación. Así mesmo, valorou de forma positiva o seu ca-rácter global, toda vez que atende o conxunto da comunidade, e inte-

gral, dando debido cumprimento á normativa vixente e á estratexia xe-rarquizada de residuos, xa que com-plementa a aplicación preferente do principio comunitario dos tres erres (redución, reutilización e reciclaxe), cun cuarto erre, o da recuperación enerxética da fracción non reciclable, relegando o vertido a último lugar.

Tamén se destaca o seu carácter solidario, pois aplica o mesmo prezo a todos os concellos adheridos ao seu modelo, con independencia da dis-tancia ao centro de tratamento, pres-tando o seu servizo en igualdade de condicións.

As ambiciosas medidas de pro-tección ambiental foi outro dos seus avais, permitíndolle levar a cabo unha tarefa absolutamente respec-tuosa co medio ambiente e a saúde pública. De feito, a empresa, a través das mellores tecnoloxías dispoñibles, garante que as súas emisións se ato-pen en todo momento moi por baixo dos límites legais. Así o corroboran as medicións en continuo da meirande parte dos parámetros.

Con este percorrido, Sogama aborda agora a ampliación das súas instalacións a través da posta en mar-

cha dunha planta de recuperación dos envases contidos no lixo en masa, pretendendo con isto incremen-tar a súa achega á reciclaxe e cum-prir cos obxectivos europeos previs-tos para o ano 2020, que esixen o re-ciclado de, alomenos, o 50 % dos re-siduos. Tamén construirá unha planta de compostaxe industrial para o tra-tamento da fracción orgánica. Ambas actuacións suporán un investimento aproximado de 32 millóns de euros.

RECOÑECEMENTO DE EUROPATras anos de actividade, a Socie-

dade Galega do Medio Ambiente che-gou a converterse nun referente eu-ropeo. E como exemplo, o informe ex post, feito público no ano 2012, en-cargado pola Comisión Europea a tra-vés da Unidade de Avaliación da Di-rección Xeral de Política Rexional, a un consorcio independente de con-sultoras, acreditando o seu equipo técnico os beneficios que a compañía ten para o medio ambiente, a econo-mía e a cohesión social.

Mentres que desde a dimensión ambiental subliñouse a súa contribu-ción ao peche dos vertedoiros incon-trolados e ilegais, e a adopción dunha tecnoloxía de valorización enerxética respectuosa coa contorna natural, a nivel económico incidiuse na creación de emprego, a produción e venda de electricidade, co conseguinte aforro de combustibles fósiles, a contribu-ción ao mercado da reciclaxe e o des-envolvemento do capital humano.

Neste sentido, destacouse o alto nivel de transparencia informativa da empresa e o seu programa de com-postaxe doméstica.

Sogama recibe o premio Cantábrico Excelente 2015COMARCA O presidente da empresa, Javier Domínguez Lino, acudiu a Oviedo a recoller o galardón

Domínguez Lino, co galardón

OROSO Ante a crítica por querer legalizar chalés, Mirás di que compensan a zona verde mermada polo enlace sur

Un cambio no Plan Xeral aviva o debate entre o goberno e a oposición

Oroso continúa coa tramitación dunha modificación puntual do seu Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) na zona próxima a Sigüeiro onde se constrúe o enlace sur da AP-9. En pleno, aprobou unha emenda presentada pola Xunta a ese cambio, cos votos a favor do goberno (PSOE) e do BNG, e a negativa do PP e de Anova. O acordo implica unha expo-sición ao público de dous meses.

O debate serviu para reabrir a re-corrente controversia dun grupo de chalés situados no Alto de Vilanova. O alcalde, Manuel Mirás, insistiu en que o único fin da modificación é “para a AP-9, pois foi unha petición expresa de Fomento, non estamos legalizando nada, só incluíndo unha emenda da Xunta para compensar a zona verde que había no polígono e por onde vai pasar a AP-9”, trasladán-doa a outro lugar.

A emenda fai que o solo pase de urbanizable non delimitado a ru-

ral, o que, aínda que sexa indirecta-mente, facilita unha saída aos propie-tarios das vivendas. De aí que os por-tavoces do PP, Alexander Doval, e de Anova, Siverio Mirás, puxesen de ma-nifesto o “intento de legalización das vivendas”.

Doval anticipou que o informe da Xunta volverá ser negativo e o alcalde acusouno de facer “presión” nese sentido. Mirás desexou que “esta vez o informe da Xunta estea antes nas máns do alcalde ou do secretario mu-nicipal” que nas do líder do PP.

Siverio considera que a amplia-ción da N-550 impedirá construír bei-rarrúas en Vilanova, fronte ao que o alcalde indicou que si “desde Vilanova ata a rotonda da nacional, e un semá-foro e mesmo un paso de peóns”. Mi-rás reiterou que a emenda da Xunta só se refire á zona verde, pero acu-sou a PP e Anova de “prexudicar os veciños”. “Non sei se teñen algo con-tra esas vivendas, pero espero que

isto lles pase factura”, advertiu. O portavoz do BNG, Xosé Manuel Pé-rez, defendeu como “evidente” que o cambio é de interese público e pediu “non facer política de baixo nivel con estes temas”.

AgARDA gARANTíA LEgAL Tras a sesión, o PP expuxo que o

cambio aprobado polo goberno “dis-crimina unha parte dos veciños”. Alexander Doval anuncia que agar-dará a coñecer as alegacións veci-ñais e a valoración de Urbanismo da Xunta antes de votar a favor do do-cumento.

O líder do PP de Oroso aproveita tamén para acusar ao alcalde de que-rer enganar os cidadáns cando di que o PP defende o derrubamento dos chalés. Doval sinala como “únicos responsables a Mirás e a comisión de goberno que “outorgou unha licenza ilegal”.

“Os únicos que non teñen a culpa neste asunto son os veciños que mer-caron de boa fe as vivendas”, engade Doval. Ademais, anticipa que o PP vo-tará a favor de legalizar as vivendas cando teñan a “garantía legal” me-diante un informe favorable do secre-tario municipal.

Zona da modificación do PXOM, onde avanzan as obras do enlace sur da AP-9

Page 9: Cronicas comarcadeordes n19 xullo2015

ACTUAlIDADE

Crónicas - Xullo 2015 9

TORDOIA O documento foi aprobado en pleno e agora depende da Xunta

Tordoia acepta máis da metade das alegacións presentadas ao Plan Xeral

O novo mandato comeza po-tente en Tordoia. O pleno aprobou o Plan Xeral de Ordenación Munici-pal (PXOM), que leva varios anos de tramitación, e remitiullo á Xunta para que o comprobe e poder aprobalo de maneira definitiva. Segundo os pra-zos que manexa o goberno munici-pal, os técnicos autonómicos terían que pronunciarse antes de mediados de setembro.

O documento validado polo pleno incorpora a resolución sobre as 452 alegacións presentadas por veciños, entidades e partidos políticos dentro de prazo, xa que houbo 19 presenta-das co prazo vencido. Foron acepta-das máis da metade, 217 na súa in-tegridade e 59 en parte. Por contra, 195 foron resoltas de maneira desfa-vorable, ao non contar con encaixe legal os seus prantexamentos.

O executivo que lidera Antonio Pereiro (PP) explicou que as alega-cións están en proceso de notifica-ción e que o PXOM incorporou tamén os informes sectoriais, entre eles o de Patrimonio, todos favorables.

O futuro planeamento urbanístico do concello delimita os núcleos de poboación. A principal zona de solo urbanizable é A Pontepedra, na con-torna do colexio Pecalama e no com-plexo deportivo da Rega.

Tamén se planean dotacións de solo industrial, de maneira que, segundo o goberno, haberá uns

200.000 metros cadrados con esta clasificación, repartidos entre Mon-tevello, ao norte da Pontepedra, e A Pedrasalgueira e O Empalme, en Anxeriz.

O Concello destaca por último que o patrimonio histórico e cultural do municipio queda delimitado e ca-talogado.

Sesión plenaria de Tordoia na que se aprobou o documento do PXOM

Madrid nega a redución de frecuencias de tren na estación de Cerceda-Meirama

CERCEDA

O goberno central non reco-ñece a supresión de frecuencias nos servizos ferroviarios da esta-ción de Cerceda-Meirama, que o BNG denunciara hai uns meses e pola que se interesou no Congreso dos Deputados.

A resposta do executivo che-gou nos últimos días. Sobre a can-celación do tren das nove da mañá cara á Coruña, asegura que agora hai un servizo ás 8:05 horas que chega á capital herculina ás 8:17. O goberno cre que este horario “favorece” os viaxeiros que entran a traballar a eso das nove. O certo é que despois non hai outro tren Cerceda-A Coruña ata as 11:39 horas.

E na dirección contraria, cara a Santiago, o executivo espa-ñol tamén sostén que os servizos son “similares” aos que había an-tes dos cambios acometidos, ca-drando coa entrada en funciona-mento de toda a nova liña desde A Coruña ata Vigo, con menores dis-tancias e trens máis veloces.

CURSOS DE MASAJEPROFESIONAL

PLAZO DE MATRÍCULA ABIERTOJULIO Y AGOSTO 35% de descuento

EMPEZAMOS EN SEPTIEMBREPRAZAS LIMITADAS

EN CERCEDA651 421 118

CLASES TEÓRICO-

PRÁCTICAS

ÚLTIMOS DÍAS...

¡APÚNTATE!

Page 10: Cronicas comarcadeordes n19 xullo2015

10

ACTUAlIDADE

Crónicas - Xullo 2015

O Concello e a Xunta abordan as necesidades do municipio

A situación dos colexios e do transporte escolar, as melloras nece-sarias na rede viaria, as necesidades en abastecemento e saneamento, os avances pendentes nas concen-tracións parcelarias ou novos servi-zos no polígono industrial. Son al-gúns dos temas que o novo goberno de Ordes, liderado por José Luis Mar-tínez Sanjurjo, presentou ante a de-

legada provincial da Xunta, Belén do Campo, acompañado de integrantes do executivo local.

Aínda que a responsable auto-nómica ofreceu “diálogo e colabora-ción”, do encontro non trascendeu ningún compromiso nin actuación concreta. Haberá que ver se se ma-terializan dalgún xeito nos vindeiros meses.

ORDES

O alcalde das Pontes, o socia-lista Valentín González Formoso, foi elixido presidente da Deputación da Coruña, con 18 votos a favor fronte aos 13 de Diego Calvo, que foi pre-sidente polo PP entre 2011 e 2015. González obtivo o apoio do seu par-tido (8 deputados), do BNG (5), da Marea Atlántica (3), de Compostela Aberta (1) e de Alternativa dos Veci-ños (1).

No discurso de investidura, Gon-zález Formoso apostou por “facer das deputacións administracións moder-nas e eficientes, transparentes e re-solutivas, e sobre todo útiles aos ci-dadáns”. O novo presidente apelou á implicación da entidade cos Conce-llos: “entendo que non debemos ver a Deputación como algo distinto aos Concellos, senón como os propios Concellos traballando xuntos, cola-borando solidariamente, para levar á práctica o vello axioma que di que a unión fai a forza”, afirmou.

Neste sentido, González compro-meteuse a crear unha Mesa de Diá-logo cos Concellos para recoller as súas propostas e suxestións á hora

de planificar os diferentes plans de investimento ou de intercambiar ex-periencias de xestión municipal.

PRIORIDADESTal como expresou, a coopera-

ción cos Concellos será unha priori-dade. Pero non a única, xa que enga-diu a transparencia como “bandeira da xestión do goberno provincial” e

tamén manter o investimento social e incluso “incrementalo cada ano con respecto ao anterior”.

O presidente da Deputación non esqueceu a necesidade de que o go-berno provincial se implique “no que segue a ser o principal problema para os cidadáns, o desemprego que hoxe sobren os 90.200 coruñeses e coru-ñesas que engrosan as listas do paro”.

González Formoso anunciou a continuidade de varios proxectos nesta área e a creación doutros no-vos que permitan “coordinar mellor as diferentes actuacións de forma-ción, fomento do emprego e apoio a emprendedores”. “Queremos que os sectores produtivos, dentro das li-mitacións competenciais que temos -afirmou- sintan o apoio desta insti-tución provincial, que debe fomentar as súas potencialidades”.

A comarca conta con tres repre-sentantes na nova corporación pro-vincial: polo PSOE, o alcalde de Cer-ceda, José García Liñares, e Antonio Leira, concelleiro en Oroso; e polo PP, Susana García, concelleira en Ordes.

O socialista Valentín González Formoso é xa o novo presidente da Deputación

PROVINCIA Aposta por modernizar a Deputación e facela útil para os cidadáns

Integrantes da nova corporación provincial para o mandato 2015-2019

Valentín González Formoso

Reunión de integrantes do goberno ordense coa delegada provincial da Xunta

Page 11: Cronicas comarcadeordes n19 xullo2015

ECONOMíA

Crónicas - Xullo 2015 11

TÉXTIL A CIG acusa a CC.OO. de “entreguismo” por respaldar o acordo

A maioría dos empregados acepta o ERE que despedirá 40 persoas en Viriato

O Expediente de Regulación de Emprego (ERE) da empresa téx-til ordense Viriato saíu finalmente adiante. A maioría dos empregados aceptárono nunha votación, con 79 votos a favor, 52 en contra e dous nu-los. O acordo suporá o despedimento de 40 dos arredor de 160 emprega-dos da compañía. Contou co res-paldo do sindicato CC.OO., maiorita-rio no comité de empresa, e con du-ras críticas da CIG.

Os interesados en adherirse vo-luntariamente ao expediente tiveron de prazo ata este 6 de xullo. O día 8 coñeceuse a lista dos afectados, que irán saíndo da empresa nun prazo de catro meses coas condicións pacta-das.

Os menores de 55 anos, sete en total, saen cunha indemnización de

vinte días por ano traballado, cun máximo de doce mensualidades, e un complemento de 1.000 euros. Para os de 55 a 58 anos, acordouse un com-plemento ás prestacións de desem-prego ata chegar aos 800 euros men-suais, ademais de manter o convenio especial ata os 62 anos. Os despedi-dos entre 59 e 61 anos teñen garan-tido un máximo de 800 euros men-suais e o 70 % na base de cotización, ademais do convenio especial coa Se-guridade Social ata os 63.

As cantidades comprometidas su-birán de acordo co IPC, cun mínimo do 1 % anual. Segundo trascendeu, a empresa tamén se comprometeu a saldar toda a débeda salarial antes do vindeiro 5 de decembro.

Mentres que para a maioría sindi-cal o acordo era o menos malo posi-

ble, para a CIG houbo un claro “en-treguismo” á dirección da empresa por parte de CC.OO. e dos seus re-presentantes, aos que acusa de “con-nivencia coa dirección da empresa na coacción sobre o persoal”, adver-tindo de que a alternativa ao ERE era o concurso de acredores e a liquida-ción da téxtil.

A CIG sostén que Viriato é viable e que se poderían tomar medidas al-ternativas coas que corrixir as perdas económicas coas que se xustificou o ERE. Menciona a redución de gas-tos en alugueiros, servizos de profe-sionais e comisionistas ou amortiza-cións. Para o sindicato nacionalista, o que realmente vai pasar é que Viriato reducirá o seu negocio en Ordes para trasladalo a outros talleres situados en España e Portugal.

José Manuel Iglesias Vidal, elixido novo presidente do Clúster da Madeira de Galicia

CERCEDA

José Manuel Iglesias Vidal, res-ponsable da empresa Galopín Par-ques, de Cerceda, foi elixido novo presidente do Clúster da Madeira de Galicia na asemblea anual da entidade. A clausura da asemblea contou co secretario xeral técnico da Consellería de Economía e In-dustria, Borja Verea.

Iglesias, á dereita, na clausura da asemblea anual do Clúster

LEITE Máis de 15.000 persoas reclaman prezos rendibles e a fin das prácticas “case mafiosas” da industria

Masiva manifestación do sector leiteiroHabía moitos anos, cando que-

daban bastantes máis explotacións abertas, que non se lembraba unha manifestación en defensa do sector leiteiro do tamaño da do 17 de xullo en Santiago. Máis de 15.000 persoas, esta vez sen grandes discrepancias entre a organización e a policía, de-mandaron prezos dignos para o leite, percorrendo a capital desde Salguei-riños, pasando por diante da Xunta, ata chegar á Praza da Quintana, que quedou pequena.

Convocada pola Plataforma en Defensa do Sector Lácteo, a protesta culminou coa lectura dun manifesto, ao que lle puxo voz e actitude Xabier Fortes, xornalista de RTVE. Denun-ciou como “unha chantaxe” os ac-tuais prezos do leite en Galicia, outra vez os máis baixos de España, pese a ser a maior e mellor produtora. En arredor dun terzo das explotacións quedan xa por debaixo dos 20 cénti-mos de euro por litro, a miúdo tamén coa ameaza do cese de recollida.

O manifesto reclamoulle medi-das inmediatas á Xunta e ao Ministe-rio, xa que o sector non pode agar-dar ás reunións da UE en setembro. Reivindican que se lle faga cumprir a lexislación tanto á industria como á distribución. O propio manifesto condenou as prácticas “case mafio-sas” das industrias que chegaron a deixar de recoller o leite e rexeitou que haxa supermercados que ofre-cen o leite máis barato que a auga.

“Unha de dúas, ou dentro dese car-tón non hai leite ou dentro deses em-presarios non hai alma nin vergonza”, leu Fortes.

Ás autoridades políticas empra-záronas a “non poñerse de perfil” e demandaron a sinatura dun docu-mento entre todos os partidos en de-fensa da vida no campo, na liña do que todas as formacións respaldaron a favor da lingua galega hai uns días.

Fortes indicou que “chega o mo-mento” de “sinalar co dedo os res-ponsables, os que se aproveitan da actual situación de desprotec-ción dos gandeiros para tirar o prezo arruinando familias enteiras”. Nas súas palabras, é “un desafiuzamento colectivo dos nosos gandeiros” que hai que deter de inmediato. Do sec-tor estímase que viven directa ou in-

directamente uns 100.000 emprega-dos en toda Galicia.

As protestas, apoiadas por múlti-ples deses profesionais que comer-cializan produtos ou ofrecen servizos para o sector, contaron coa presenza de responsables dos sindicatos agra-rios, de dirixentes do PSdeG, do BNG e de AGE. Tamén acudiu arredor dun cento de alcaldes de todas as cores, incluso varios do PP, que optaron por poñerse ao lado dos seus veciños ob-viando un posible desaire ao goberno de Núñez Feijoo.

QUINTANA: “NON É O PEOR MOMENTO” A conselleira, Rosa Quintana, ne-

gou na propia xornada das mobiliza-cións que o momento que atravesa o sector “sexa o peor, aínda que alguén

estea intentando facelo ver así e non sabemos con que interese”, dixo. A responsable de Medio Rural admite, iso si, que o momento é “compli-cado” pola caída da demanda, pero segundo ela “non hai ningunha ex-plotación á que non se lle recolla o leite e o 56 % da produción cobra o produto a 29,6 céntimos por litro”. Compara ademais os prezos medios de agora, duns 28 céntimos, cos da primavera de 2009, de 25 céntimos, segundo ela.

A conselleira insistiu en pedir “tranquilidade” e reprochou as mani-festacións porque, para ela, “as pro-testas non serven para solucionar os problemas”. Este mércores 22, a mi-nistra de Agricultura convocou a di-versos representantes do sector e da cadea de valor do leite a un encontro.

Lectura do manifesto, polo xornalista de RTVE Xabier Fortes, ante a Praza da Quintana, practicamente chea (foto: Rafael Cuíña)

Page 12: Cronicas comarcadeordes n19 xullo2015

12

ENTREVISTA

Crónicas - Xullo 2015

- Durante o tempo en que os resul-tados electorais estiveron sendo exa-minados pola autoridade xudicial, vos-tede pediulle ao goberno saínte que non obstruíse máis e que non caese na tentación de destruír determinada do-cumentación. Neste sentido, está sa-tisfeito co traspaso de poderes?

- Como se desprende do pronuncia-mento público que fixemos, a resposta é non. Cada día que pasa estou máis convencido de que coa sucesión de re-cursos UXO só buscaba gañar tempo e retrasar a sesión constitutiva da nova Corporación. Non contaban co resul-tado saído das urnas e asimilar o novo escenario custoulles o seu.

Reitero o dito: houbo obstrución deliberada e unha nula demostración de espírito democrático.

- Atopouse algunha sorpresa ines-perada nestes primeiros días á fronte do Concello?

- Máis dunha, pero prefiro ser cauto e non adiantarme. Ao atrasar a consti-tución da nova Corporación, o execu-tivo saínte efectuou pagamentos e to-mou decisións, digamos, discutibles, en termos éticos e políticos. Tentaron por todos os medios borrar evidencias, pero todo se acabará sabendo, porque os veciños teñen dereito a saber o que aquí pasou. E acabarán sabéndoo, po-den estar seguros. Xa adianto que a prioridade non eran precisamente os intereses dos veciños.

- Coa perspectiva que dá que xa pa-saron uns dous meses do 24-M, cal cre que foi a razón principal de que o ante-rior goberno perdese as eleccións?

- A política non é unha ciencia exacta. Pero se me teño que quedar cunha razón, creo que foi a soberbia. Un responsable público xamais se pode considerar superior aos demais; non pode mirar por riba do ombro nin aos veciños nin a ninguén. E en Ordes, sa-bémolo todos, o anterior goberno pe-cou de soberbia e de arrogancia. Por non falar das discriminacións, e mesmo do acoso, ao que foron sometidas moi-tas persoas polo simple feito de non di-cir amén ás decisións que partían da Casa Consistorial.

Xa sei que atravesamos momen-tos difíciles nos que os recursos públi-cos escasean, pero escoitar á xente non custa nada. Ás veces, falar cos veciños, compartir os seus problemas, é tan ou máis importante que asinar un de-creto da Alcaldía. Estou convencido de que parte do resultado que o Partido Popular de Ordes acadou nas urnas o pasado 24 de maio garda relación coa nosa actitude, co contacto permanente cos veciños e coas veciñas. Feitos apa-rentemente insignificantes como abrir unha quenda de preguntas ao remate de cada mitin; ou celebrar reunións nas

parroquias durante a lexislatura, teñen e tiveron unha importancia capital.

- Na súa toma de posesión ape-lou ao entendemento. Cre que vai ser un mandato difícil, ao non contar con maioría no pleno?

- Díxeno porque así o penso e o pen-sei sempre. O ideal sería pactar os gran-des asuntos que afectan ao conxunto da veciñanza e mesmo comprometen o noso futuro a medio prazo, como pode ser o Plan Xeral de Ordenación Muni-cipal, por poñer un exemplo. Deberia-mos ser quen de aparcar as diferenzas ideolóxicas e bus-car o acordo. Non en beneficio pro-pio, senón en be-neficio de Ordes. Esa é a miña as-piración e nese obxectivo centrarei boa parte dos meus esforzos.

Que non temos maioría? É evi-dente, e tratarei se suplir esa carencia coa busca permanente do acordo. Os que me coñecen saben que son unha persoa dialogante coa que se pode fa-lar e acordar cousas. Agardo poder de-mostralo moitas veces durante estes catro anos.

- Séntese refén do BNG? Teme que, tal como facilitou a súa investidura, se-gundo avance o mandato poida dar-lle un xiro á situación que leve ao PP a perder o goberno?

- Refén non, en absoluto. Síntome agradecido á bonhomía do equipo do BNG local, que soubo manterse fiel aos seus principios e á palabra dada, deixando gobernar a lista máis votada. Dito isto, sei que teremos no BNG unha oposición dura, durísima, pero niso

consiste a democracia. Esas son as re-gras de xogo e hai que respectalas sem-pre. Ese é o escenario no que nos mo-vemos a día de hoxe e non contemplo outro.

- E contempla a incorporación de concelleiros alleos ao PP ao grupo do goberno para conformar unha maioría absoluta estable?

- Sei do ruxe-ruxe interesado que circulou pola vila nas últimas semanas. Asegúrolle que non é máis ca iso, ru-moroloxía interesada. Se fomos quen de acadar un concelleiro máis nesta

convocatoria foi por ternos man-tido fieis aos no-sos principios, sen entrar en compo-nendas estrañas. Xa pode imaxinar, polo tanto, que o

transfuguismo non é santo da miña de-voción.

- Canto orzamento lle queda por gastar este ano? Cal é a situación fi-nanceira do Concello? Que liñas vai se-guir para mellorala?

- O primeiro que fixen ao incorpo-rarme ao despacho foi pedirlle ao in-terventor municipal un informe so-bre o estado da execución orzamenta-ria do Concello e podo asegurarlle que a situación é preocupante. As eleccións foron o 24 de maio e a nova Corpora-ción constitúese o 3 de xullo. O desexa-ble sería ter dispoñible preto do 50% do presuposto, xa que queda a metade do ano por diante. Pois ben, atopámonos que máis do 95% do presuposto muni-cipal para 2015 está comprometido. Iso non é normal. Como tampouco é nor-mal que se aprobaran ás présas múlti-

ples facturas faltas de xustificación, ou se adxudicaran a última hora e cun go-berno en funcións un bo número de obras, como non podía ser de outro xeito, e como sempre, para as empre-sas amigas próximas ao alcalde a vice-alcaldesa. Entende agora por que obs-truíron a constitución da nova Corpora-ción?

- Antes de falar de diversos asun-tos concretos, non debemos obviar a grave crise que están pasando dous dos sectores económicos principais de Ordes: o leiteiro e o téxtil. Dando por sentado que o Concello practicamente non ten posibilidades de intervención, bota en falta un traballo máis decidido da Xunta e do goberno central para axudar a recuperar os prezos do leite e buscar outro tipo de posicionamento do téxtil ordense no mercado?

- Vivimos nun mundo globalizado no que os gobernos dispoñen de esca-sas ferramentas para intervir na econo-mía de mercado. Con todo, cónstame a intensa implicación da Xunta para tratar de apoiar estes dous sectores. A conse-lleira de Medio Rural, Rosa Quintana, boa amiga de Ordes, está volcada para apoiar ao sector lácteo. E respecto ao téxtil, aínda non hai moito que a Xunta aprobou un paquete de medidas para impulsar a súa competitividade.

- Que previsións ten para o Plan Xe-ral de Ordenación Municipal? Vai ini-ciar un desde cero ou vai continuar a tramitación do que se estaba prepa-rando? Pode comprometer un prazo para que Ordes conte con tal docu-mento de planificación urbanística?

- Está recollido no noso programa electoral e repetino durante a campaña -e as promesas están para tratar de ser

ENTREVISTA co alcalde de Ordes, José Luis Martínez Sanjurjo: ““Arranxar a estrada de Mercurín é un asunto prioritario que estará presente en todas as entrevistas que teño solicitado, tanto coa Xunta de Galicia como coa Deputación da Coruña”

“Non é normal ter xa comprometido o 95 % do orzamento de 2015”

Martínez Sanjurjo, no centro, cos integrantes do seu equipo de goberno, rexeita por “transfuguismo” novas incorporacións

“Tentaremos aprobar o PXOM en arredor de 2

anos, aproveitando parte do traballo feito, pero con absoluta transparencia”

Page 13: Cronicas comarcadeordes n19 xullo2015

ENTREVISTA

Crónicas - Xullo 2015 13

ENTREVISTA co alcalde de Ordes, José Luis Martínez Sanjurjo: ““Arranxar a estrada de Mercurín é un asunto prioritario que estará presente en todas as entrevistas que teño solicitado, tanto coa Xunta de Galicia como coa Deputación da Coruña”

“Non é normal ter xa comprometido o 95 % do orzamento de 2015”cumpridas- que tratariamos de apro-bar o Plan Xeral de Ordenación Muni-cipal na primeira metade da lexislatura, é dicir, en arredor de 2 anos. Non cae-remos no erro do meu antecesor, que anulou o traballo feito, partiu de cero e oito anos despois ningún resultado concreto puido ofrecer aos veciños.

Trataremos de aproveitar o traballo feito -sería irresponsabilidade non fa-celo, pola perda de cartos e de tempo que suporía-, pero dándolle un maior protagonismo aos propietarios, con ab-soluta transparencia e coa máxima di-lixencia na tramitación dun documento que, insisto, é de vital importancia para Ordes a 20 ou 30 anos vista.

- Vai reactivar o proxecto do polí-gono industrial en Pardiñas ou é unha idea aparcada?

- A proposta tamén está contem-plada no noso programa. Esa zona, si-tuada ao carón da autoestrada, dispón de vantaxes competitivas (comunica-cións, orografía) que queremos e debe-mos aproveitar. Non poderemos facelo dun día para outro, obviamente, pero o compromiso ía e vai en serio. Agora hai que poñerse a facer xestións e sospeito que non será doado, mais a miña obriga é tentalo con todas as miñas forzas.

- Haberá algunha intervención sig-nificativa na es-trada de Mercu-rín antes de que re-mate o ano? Que peticións lle vai trasladar á Xunta para buscarlle unha solución?

- Este é un asunto prioritario para nós e esta demanda estará presente en todas as entrevistas que teño solicitado despois de tomar posesión, tanto coa Xunta como coa Deputación Provincial. É certo que se trata dunha estrada de titularidade municipal e que se deixou pasar moito tempo sen intervir nela. De terse actuado antes, teríase freado a súa deterioración e o arranxo resul-taría máis económico. Pero a situación é a que é. Trataremos de utilizar todos os recursos ao noso alcance para ato-par unha solución a curto prazo. Hai que recoñecer que a estrada está nun pésimo estado e que presenta un se-rio risco, tanto para os vehículos como para os peóns que camiñan polas súas inexistentes beiravías.

- Como vai atender as necesidades do conxunto da rede viaria municipal?

- Probablemente haberá que repro-gramar algún recurso económico e ta-mén mellorar a concorrencia na con-tratación municipal. Ata o de agora a práctica totalidade dos contratos con-cedíanse a dedo, ou mediante o pro-cedemento negociado sen publicidade. Se os adxudicamos, como pretendo,

mediante o maior número posible de concursos públicos, no que máis em-presas poidan presentar ofertas, é moi probable que consigamos aforros im-portantes e, polo tanto, recursos adi-cionais para estes e outros traballos.

- Durante os últimos anos deba-tiuse con frecuencia sobre o paradeiro dos tractores municipais? Xa os ten lo-calizados? Contempla poñelos a traba-llar ou non sería rendible polos gastos que ocasionan?

- En efecto, xa están localizados. Como sospeitabamos, e chegamos a denuncialo en varias ocasións, as má-quinas estaban depositadas en naves particulares. Mentres tanto, o Concello contrataba o desbroce a unha empresa.

Un deles presenta un estado moi deficiente e resultará moi complicado poñelo en servizo. O outro está traba-llando coa desbrozadora na rede viaria desde a primeira semana de goberno, co conseguinte aforro económico e o incremento da produtividade.

- Ten previsto poñer en marcha no-vos servizos durante este mandato?

- Permítame un mínimo de pruden-cia e non facer anuncios precipitados. Acabamos de chegar. Faltan aínda pa-peis por revisar e teño solicitadas di-versas reunións que agardo poder con-

cretar nas próxi-mas semanas. Con todo, o programa electoral co que nos presentamos ás eleccións mu-nicipais é a nosa folla de ruta e a

miña intención é materializar o maior número de compromisos posibles dos alí recollidos.

- Cre que a programación cultu-ral e deportiva debería ser máis esta-ble durante o curso ou seguirá apos-tando por un modelo de actividades máis ben puntuais ou de duración li-mitada?

- Esa é unha das carencias de Or-des. Puxéronse moitos remendos, pero houbo poucos retais enteiros. A miña aspiración é dotar todo o Concello dunha programación estable nos diver-sos ámbitos (cultura, xuventude, apoio á conciliación, deporte...) á disposición dos habitantes da vila, pero tamén dos que residen no medio rural, que con frecuencia de máis foron os grandes es-quecidos, aínda que teñen os mesmos dereitos.

- Que plans ten o goberno de Ordes para a Mancomunidade? Ve operativa esta entidade? Gustaríalle presidila?

- Vaiamos por partes. Todo o que permita sumar esforzos, cooperación ou mancomunar servizos terá sempre o apoio entusiasta do actual alcalde de Ordes. Se existe algunha disfunción,

haberá que tratar de corrixila, pero de entrada, plena disposición a afondar nesa vía. Para calquera outra reflexión, é cedo de máis. Xa lle adianto que se teño que elixir prefiro resultados antes que personalismos. É dicir, mentres que a Mancomunidade sexa beneficiosa para Ordes, e para os demais integran-tes da mesma, a identidade de quen a presida é algo secundario para min.

- Mantén o proxecto de viveiro de empresas no antigo Centro Comarcal? Sabe cando poderá abrir?

- Como lle dicía, acabamos de che-gar; é cedo de máis para entrar nese ni-vel de detalle. Dicir outra cousa sería faltar á verdade e non me gustaría caer nos erros do meu predecesor.

- A radio municipal e o Museo do Traxe estiveron habitualmente no punto de mira por xerar perdas econó-micas. Que pensa facer con estas dúas entidades?

- Haberá que estudar a súa viabili-dade e, incluso, explorar fórmulas de

xestión alternativas. O evidente é que, a día de hoxe, non resultan viables desde o punto de vista económico e a súa ac-tividade dificilmente xustifica os recur-sos que consumen. Algo similar pode-mos dicir doutros equipamentos como a área recreativa da Pontraga, pola que o Concello paga un alugueiro mensual elevado sen que iso implique beneficio nin retorno algún.

- Por último, no plano persoal, que é o que máis cambiou na súa rutina diaria desde que é alcalde?

- Estas primeiras semanas son moi intensas. Estou tratando de poñerme ao día en todo o relacionado coa si-tuación do Concello e iso implica ho-ras e horas vendo papeis e falando con xente; teño a sensación de que os días non teñen horas abondo para todo o que quero e necesito facer. Confío en que a situación se vaia normalizando pouco a pouco. E, por suposto, moi honrado por ter a oportunidade de po-der servir aos meus veciños e veciñas.

O novo rexedor considera que o anterior goberno perdeu as eleccións por soberbia

“Dende a primeira semana no goberno, un dos trac-

tores municipais está des-brozando, co conseguinte

aforro económico”

Page 14: Cronicas comarcadeordes n19 xullo2015

14

ECONOMíA

Crónicas - Xullo 2015

O sector da construción perma-nece en mínimos na comarca. Así o amosan os últimos datos publica-dos hai uns días polo Instituto Ga-lego de Estatística (IGE), relativos a 2013, nos que non se atisba ningún signo relevante de repunte, e moito menos o retorno ás cifras máximas rexistradas entre 2004 e 2007, o pe-ríodo de máximo esplendor a partir do que comezou a deterse o sector, vítima en gran medida da especula-ción financeira de axentes tradicio-nalmente alleos á construción. É o que se coñece como o estourido da burbulla inmobiliaria.

Así, se en 2004 se iniciaron 71 edificacións, residenciais e non re-sidenciais, e 293 vivendas de nova planta en seis municipios da bisba-rra (para o IGE non constan os datos de Oroso nesa anualidade), en 2013 a cifra dos sete caera ao mínimo do decenio, con 25 edificios e 19 viven-das de nova planta, segundo a cate-gorización do organismo estatístico autonómico. O máximo acadouse en 2005, con 131 edificacións novas, das que unicamente seis non eran residenciais. As demais traducíronse naquel ano en 374 vivendas de nova planta.

O IMPACTO, POR MUNICIPIOSComo é lóxico, o baixón nó-

tase especialmente nos tres muni-cipios de maior poboación: Ordes, Oroso e Cerceda. Os demais, salvo excepcións moi puntuais, rexistran unha actividade urbanística escasa, que nos casos de Frades e Tordoia mesmo chega a ser nula en máis dun exercicio xa antes do inicio da crise, cando menos segundo os datos do IGE.

Ordes era claramente o motor urbanístico da comarca. Nos últimos anos da burbulla sostiña un ritmo de entre 40 e 50 novas edificacións. O cumio de novas vivendas contabi-lizouse en 2004, con 257. Aínda en 2007, coa crise xa asomando o fo-ciño, estivo a punto de igualar tal marca, con 254 novas vivendas. Ao ano seguinte caera case á metade e a partir de aí veu a costa abaixo. Os guindastres comezaron a desapare-cer da paisaxe urbana, os que que-daban como moito eran o teste-muño de crebas empresariais. E os pequenos repuntes de 2011 e 2012 non impediron que en 2013 volvese tocar fondo, con só seis vivendas no-vas.

En Oroso, a cifra máxima rexis-trouse en 2005, con 54 edificacións

Os últimos datos estatísticos reflicten a debacle do sector da construción na zona durante a crise

COMARCA Nos sete municipios, pasaron de edificarse 293 novas vivendas en 2004 a unicamente 19 en 2013

EDIFICIOS DE NOVA PLANTA E VIVENDAS DE NOVA PLANTA NA COMARCA ENTRE 2004 E 2013 (Fonte: IGE)

edificios / vivendas 2004 2005 2006 2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013

CERCEDA 15 / 27 25 / 49 12 / 12 2 / 7 - / - 5 / 51 10 / 36 4 / 4 7 / 7 6 / 6

FRADES 4 / 4 3 / 3 0 / 0 0 / 0 3 / 3 3 / 3 0 / 0 0 / 0 1 / 1 0 / 0

MESÍA 3 / 3 3 / 3 3 / 3 3 / 3 1 / 1 3 / 3 3 / 3 1 / 1 2 / 2 3 / 3

ORDES 45 / 257 41 / 199 45 / 173 47 / 254 31 / 135 13 / 32 8 / 7 17 / 21 11 / 28 9 / 6

OROSO - / - 54 / 98 32 / 44 20 / 13 14 / 82 7 / 5 15 / 35 10 / 7 10 / 15 7 / 4

TORDOIA 0 / 0 1 / 2 2 / 2 1 / 1 1 / 1 0 / 0 0 / 0 0 / 0 0 / 0 0 / 0

TRAZO 4 / 2 4 / 2 24 / 24 8 / 8 - / - 5 / 5 15 / 5 3 / 3 4 / 4 0 / 0

TOTAL 71 / 293 131 / 374 118 / 258 81 / 286 50 / 222 36 / 99 51 / 86 35 / 36 35 / 57 25 / 19

novas e 98 vivendas. Ao ano se-guinte xa non eran a metade e, se ben houbo un repunte en 2008, pro-bablemente debido ao inicio dalgún bloque de vivendas concreto, as ci-fras continuaron baixas ata o mí-nimo de 2013, con sete edificacións e catro vivendas novas. Durante o decenio analizado, Oroso é o con-cello no que se iniciou un maior nú-mero de edificacións non residen-ciais, por exemplo naves industriais. De 2005 a 2013 compútanse 42 ca-sos desta tipoloxía.

En Cerceda, os datos fluctúan bastante dun ano para outro. Cu-riosamente, o mínimo rexistrouno en 2007, con só dúas edificacións de nova planta, que se traducían en sete vivendas novas. No que nas de-mais zonas era un dos peores anos da crise, o 2010, o municipio vía ini-ciarse 36 vivendas. Pero era só un espellismo, ao ano seguinte queda-ban en unicamente catro.

OS PEQUENOSTENDEN Á INACTIVIDADEDos concellos pequenos, Trazo

é o que máis actividade contabiliza no conxunto do período analizado. Mantén cifras bastante constantes, se ben sobresae o ano 2006, con 24 novas edificacións e outras tan-tas vivendas. Mesía mantivo unha gran regularidade e constancia nes-tes anos, con cifras baixas e un valor modal de tres edificacións e viven-das novas por ano. Frades e Tordoia teñen máis dificultades nese sentido e son os que máis veces marcan va-lores cero, de acordo cos datos do IGE. Tordoia faino en seis dos dez anos avaliados, e Frades en cinco.

Cadro coas edificacións e coas vivendas de nova planta iniciadas nos municipios da comarca de 2004 ata 2013ç

Page 15: Cronicas comarcadeordes n19 xullo2015

XENTE DE AqUí

Crónicas - Xullo 2015 15

Os nenos aprenden educación viaria coa axuda da Policía Local

Nenos e nenas de Ordes par-ticiparon nunha sesión de educa-ción viaria da Policía Local, na que puideron asimilar as nocións máis básicas para moverse de maneira segura co tráfico.

A sesión consistiu nun circuíto de probas para completar con pa-tíns, triciclos ou bicicletas. Tamén

se lles proxectou un vídeo con con-sellos prácticos e útiles. E como agasallo final, puideron montar no coche patrulla, ver o seu equipa-mento e mesmo acender as súas luces e sereas. Esas que tanto lles disgusta ver aos maiores polo re-trovisor, temerosos cando se ave-ciña unha posible multa.

Ademais de aprender, os cativos usaron os equipos da Policía Local

ORDES

Seis agrupacións actuaron no festival folclórico do Carboeiro

A terceira edición do Festi-val Folclórico do Carboeiro, en Si-güeiro (Oroso), contou coa actua-ción de seis agrupacións. Catro de-las foron locais, en concreto Buxos Verdes, Néboas no Cumio, Lem-branzas do Tambre e os Amigos do Acordeón. As outras dúas pro-cedían da localidade portuguesa

de Góis, coa que está irmandada Oroso. En concreto, interviron o Rancho Folclórico Sachadeiras da Várzea e as Pandereteiras de Ma-rantes.

O evento contou con centos de espectadores, entre os que se ato-paban autoridades municipais de Oroso e de Góis.

OROSO

Actuación con baile e música da agrupación local Buxos Verdes

ORDES Coas actuacións aínda sen pechar, o goberno solicita implicación veciñal

As patronais, organizadas a toda présaA organización das festas patro-

nais de Ordes vaise facer este ano ás carreiras. A menos dun mes, o novo goberno atopouse con que non había ningunha contratación pechada e de-cidiu que a única maneira de afrontar o reto era implicar toda a sociedade, convocando a veciños e empresas dos distintos ámbitos (comercio, hos-talería, industria, servizos...) a un en-contro no que expoñer a situación e comezar a orientarse.

“A asociación creada para xestio-nar este evento foi disolta e as súas contas bancarias canceladas”, indica o alcalde, José Luis Martínez San-jurjo, quen cre necesario que todos deberían botar unha man “nunhas festas que son de todos e que goza-mos todos”. De feito, unha das pri-meiras medidas que puxo sobre a mesa foi crear un grupo de volunta-riado para cobrar cotas e doazóns.

As cifras que manexa o goberno é que as celebracións custan uns 90.000 euros, dos que 60.000 sairán dos orzamentos municipais. A con-tía daría para catro días de celebra-cións con orquestras, ademais da ac-tuación dunha formación local e dun

grupo de rock, en colaboración coa rede cultural da Deputación.

O IDEAL, UNHA COMISIÓNDeixando a un lado a premura

deste ano, o alcalde adiantou que o obxectivo para o futuro “é que se es-tableza unha comisión de festas na que os sectores do concello estean implicados e tomen as decisións máis importantes, sendo eles quen dese-ñen o programa máis idóneo”. Martí-nez Sanjurjo precisou que o Concello

non se desvincularía e que un inte-grante do goberno participaría na co-misión, pero incidiu en que “non ve-mos ben que sexa o Concello o que teña que tomar todas estas decisións unilateralmente, sufragando todos estes gastos con cartos públicos”.

Segundo o goberno municipal, o público acolleu ben as propostas e xa se mencionaron “algúns nomes moi relacionados co asociacionismo e o sector hosteleiro da zona” para con-formar a comisión.

Entrada da sede da empresa en Ordes

Terresa: “Nas aldeas se que-remos baile pagámolo entre os veciños, en Ordes terán que fa-cer o mesmo”.

Carmen: “Pois claro que si, onde se viu que o Concello pa-gue as festas?”

Daniel: “Disque o exal-calde tiña todo contratado pero cando viu que perdera cancelo-uno todo para facerlle a putada ao novo alcalde”.

Juan: “Vexo normal que non haxa nada feito, eu traba-llo para unha axencia de espec-táculos e polo xeral en ano de eleccións ninguén se arrisca a contratar porque ben sabido é que depende quen gane pode aceptar os teus contratos ou non”.

Juan M.: “Á parte dos bares coas terrazas deberían pagar tamén comercios, tendas e em-presas, e os veciños unha cota aínda que sexa a vontade. O Concello nunca debería poñer un peso. Estes anos gastouse unha pila de cartos e as festas cada ano van a menos”.

Os lectores opinan no facebook de Crónicas

Page 16: Cronicas comarcadeordes n19 xullo2015

16

XENTE DE AqUí

Crónicas - Xullo 2015

850 maiores na súa festaTORDOIA

Animada festa da terceira idadeTRAZO

Recital da Escola Municipal de Música para a fin de curso

A Escola Municipal de Música de Ordes ofreceu un recital para celebrar a fin de curso. O acto, desenvolvido na Casa da Cultura de Ordes, tivo como protagonistas uns vinte e cinco alumnos e alum-nas da escola, ademais dos profe-sores.

A intención deste festival é di-vulgar todo o aprendido nos úl-

timos meses, amosando os seus avances e tratando tamén de ac-dender a curiosidade de novos alumnos para os vindeiros cursos.

O recital consistiu na interpre-tación de diferentes fragmentos e pezas con diversos instrumentos: piano, trompeta, frauta, clarinete, saxofón, guitarra, trombón e va-rios de percusión.

ORDES

O alumnado amosou os avances interpretativos acadados nos últimos meses

A Aula de Música celebra o remate de curso cun concerto

A Aula de Música de Oroso re-matou o curso cun concerto no que os seus alumnos e alumnas interpretaron diversas composi-cións.

A actuación estivo dirixida polo responsable da Aula de Música, Juan Salgueiro, desenvolveuse no centro cultural de Sigüeiro e con-tou coa presenza do concelleiro de

Cultura, Luís Rey. O concerto compúxose de ac-

tuacións corais e actuacións dos alumnos e alumnas cos seus mes-tres, de maneira que a gran maio-ría dos alumnos interpretou varias pezas en grupo.

A Aula de Música incentiva con estas actuacións o interese da ci-dadanía pola aprendizaxe musical.

Unha das actuacións do concerto da Aula de Música de Oroso

OROSO

A festa da terceira idade de Tordoia contou cuns 850 participantes. Comezou cunha misa, seguida dunha intervención do alcalde, a entrega de placas de recoñecemento aos sete maiores de 90 anos presentes, a comida e o baile.

A festa da terceira idade de Trazo congregou unhas cincocentas persoas no campo da festa de Vilouchada. Ademais dos actos relixiosos e do multitudinario xantar, tiveron baile coa música dun dúo.

Page 17: Cronicas comarcadeordes n19 xullo2015

XENTE DE AqUí

Crónicas - Xullo 2015 17

Interpretación e danza no festival da gardería Sorrisos

A escola infantil Sorrisos rema-tou o curso 2014-2015 celebrando un festival no auditorio da Casa da Cultura de Ordes.

Os protagonistas do acto foron os máis pequenos, que ofreceron unha representación escénica con números musicais coa natureza e con animais do bosque como refe-

rentes Nas butacas, o alumnado de

Sorrisos tiña o público máis entre-gado posible, que non eran outros que os seus pais, nais e outros fa-miliares. Cámara en man, non per-deron detalle de cada paso e de cada movemento. E por suposto faltoulles tempo para aplaudir.

ORDES

Cambio de etapa para preto de corenta ‘pillabáns’ de Cerceda

Trinta e sete nenos e nenas da escola infantil ‘Os Pillabáns’ de Cerceda deixaron o centro en da-tas recentes, xa que no vindeiro curso comezarán os seus estudos no colexio.

O cambio de etapa foi cele-brado no centro, escenificándoo como unha graduación. Acompa-

ñados polos seus parentes, pola directora da escola, Isabel Ba-rreiro, e pola concelleira María Vi-queira, os cativos tiveron moita di-versión na súa festa, na que ata ti-veron a típica tirada de birretes ao aire.

A concelleira reiterou o apoio do Concello á educación pública.

Algúns dos cativos que deixan a gardería para comezar na escola en setembro

CERCEDA

O alumnado da escola infantil ordense, nun dos intres do seu espectáculo

Os obradoiros infantís de cociña suman uns trinta participantes

ORDES Impartidos durante varias semanas

Os obradoiros infantís de cociña programados polo Concello de Ordes reuniron uns trinta participantes du-rante as súas sesións.

Foron varias semanas nas que os máis cativos asistiron ás clases im-partidas polo cociñeiro Manuel Igle-sias Vieites, de carácter eminente-mente práctico. El foi tamén o encar-gado dos cursos semanais que se ce-lebraron nas distintas parroquias nos

últimos meses, orientados entón a persoas adultas.

No caso dos obradoiros infantís, a proposta adaptouse ás capacida-des e ás preferencias dos participan-tes. Deste xeito, prepararon receitas máis próximas aos seus gustos, sen descoidar os aspectos nutricionais pero sen deixar de lado os biscoitos de chocolate, as pizzas, as rosquiñas doces... Todo entra na cociña. Participantes nun dos obradoiros, co cociñeiro Manuel Iglesias Vieites

A CORUÑAc/ Asturias, 9

Lunes o Viernes - 11:00 a 13:30

CARBALLOc/ Fomento, 16 Entrs.

Jueves - 11:00 a 13:30

ORDESRúa Compostela, 16 bajoMiércoles - 11:00 a 13:30

Marcos Guerra MengualBernardo Guerra GonzálezABOGADO - GRADUADO SOCIAL

ASESORÍA JURÍDICA

PENSIONES

SEGURIDAD SOCIAL

PREFERENTES

SEPARACIONES

CIVIL / HERENCIAS

G G

Telf. 981 150 128 Fax 981 246 789

Page 18: Cronicas comarcadeordes n19 xullo2015

18

DEPORTES

Crónicas - Xullo 2015

- O Visantoña CF ten en marcha unha captación de nenos e nenas para as categorías base. Cal é a razón desta iniciati va? Descartan centrar todos os esforzos no equipo “principal”?

- A idea desta campaña é ofrecerlles a todos os rapaces da zona a posibili-dade de parti cipar nas nosas categorías inferiores. Desde que comezamos con este labor, fai xa 4 anos, tempada tras tempada conseguimos aumentar o nú-mero de inscricións, e por conseguinte o número de equipos, co que vemos neste método unha técnica axeitada.

Ao equipo de modestos tamén lle estamos a dedicar moito tempo e es-forzos. Todos son importantes, pero cremos fi rmemente nun proxecto de canteira a curto-medio prazo. De feito, no curso que vén de rematar, foron de-zaseis os xuvenís que debutaron no pri-meiro plantel, e cunha importancia des-tacada de moitos deles.

- Quen e como pode parti cipar nas

disti ntas divisións de fútbol base? - Todos os nenos e nenas nacidos

entre os anos 2000 e 2011 (ambos in-clusive), sen ningunha limitación, po-den poñerse en contacto con nós, por teléfono co noso coordinador (650 35 46 24), ou ben solicitar a información que consideren precisa desde a nosa páxina de facebook.

- A tempada pasada ti veron equi-pos en todas as categorías inferiores. Que resultados acadaron?

- Os resultados en termos xerais fo-ron sati sfactorios, na maioría dos casos acadáronse as perspecti vas previstas e observamos unha gran evolución na formación dos nosos rapaces ao longo da tempada. Podemos destacar que os equipos das categorías benxamín, ca-dete e xuvenil, remataron as súas res-pecti vas competi cións ligueiras entre os cinco primeiros clasifi cados. Estes dous últi mos conxuntos conseguiron entrar na fase fi nal da copa, mentres que os

alevíns lograron gañar algún torneo amigable de fi nal de tempada.

- Que acti vidade programan cos pe-quenos durante a vindeira tempada?

- A idea é repeti r o que viñamos facendo ata agora; isto é: dous días de adestramento semanal para cada equipo e parti dos de competi ción fede-rada (ben sexa liga ou copa) durante a fi n de semana.

- Por que anotarse nas súas catego-rías de base e non noutro club?

- As nosas caracterízanse por ser económicas e estar dirixidas por ades-tradores con formación e experiencia. Esta tempada incorporamos ao corpo técnico da base os coñecementos de Ríos como adestrador de porteiros, ou a Víctor Hervés e Miguel Villadóniga, cun extenso currículo nos bancos do Ordes e do Miño, respecti vamente.

Se buscan un siti o onde, por un módico prezo, os rapaces se formen e aprendan a competi r, este é o lugar.

Somos xente humilde, traballadora e con moitas esperanzas postas nas nosas categorías inferiores. En 2012, cando xurdiu a idea de botar a andar co fútbol base, máis dun facía risa das no-sas iniciati vas e agora desexarían ter o seu club na nosa situación, con máis de 100 xogadores defendendo as nosas co-res.

- Que proveito obtén o club de pro-mover as categorías inferiores?

- O obxecti vo do clube é formar xo-gadores (e á vez persoas) para que o día de mañá poidan competi r no equipo de modestos. Inténtase que acaden o maior nivel deporti vo posible, pero temos por meta tamén a inculcación dunha serie de valores como o compa-ñeirismo e o esforzo diario. O traballo da nosa canteira ten un papel principal dentro das nosas prioridades.

- A colaboración do Concello de

Mesía é só sobre o papel ou é real?- Real. A relación da nosa directi va

co actual goberno que dirixe Mariano Iglesias é moi cercana, e froito diso o entendemento entre nós é moi bo. Sen a súa implicación neste proxecto, así como a dos patrocinadores (Grupo Ra-món García, Agrovisantoña e Mevisa) non teriamos medios sufi cientes para levar a cabo as nosas iniciati vas.

- As instalacións das Brañas están adaptadas a toda a acti vidade do club?

- Estamos moi orgullosos das instala-cións deporti vas que temos á nosa dis-posición no campo municipal das Bra-ñas. O terreo de xogo, dotado de cés-pede arti fi cial, posúe unhas medidas ideais para o desenvolvemento do fút-bol base. Recentemente inauguráronse os novos vesti arios, que unidos aos que xa ti ñamos, fai que a organización dos adestramentos e dos parti dos da fi n de semana sexa moito máis levadeira.

- Aproveitemos para falar do equipo modesto. Coa canteira, preten-den aforrar máis adiante nas onerosas fi chaxes que pagan agora?

- Temos claro que a canteira é a base do equipo no futuro, e con aportacións xa no presente. Non pretendemos un “Zidanes e Pavones”, porque nós non temos “Zidanes”, temos xente que quere defender a nosa camiseta. É im-pensable pagar nesta categoría, salvo aos adestradores.

- Xa en serio, renovarán moito o equipo ou haberá conti nuidade?

- A base do equipo estará formada polo grupo que tan bo curso reali-zou na anterior campaña. Logo de pe-char a renovación de máis dun 90 % do conxunto, estamos a traballar en varias fi chaxes que aumenten a competi ti vi-dade. O plantel da tempada pasada era bastante curto e viuse afectado por va-rias lesións de longa duración. Aínda así

ENTREVISTA coa directiva do F.C, Visantoña, que busca máis nenos e nenas para as categorías de fútbol base

“O Visantoña CF é o lugar para formarse e aprender a competir”

Para sumarse á gran familia do Visantoña CF, club do municipio de Mesía que aposta pola canteira, cómpre chamar ao teléfono 650 35 46 24

A FICHA DO EQUIPO

- Nome: Visantoña C.F.- Ano de creación: 1980. - Número de socios: 250.- Instalacións: Campo Municipal das Brañas. Con bancadas cubertas e asentos indivi-

duais, cunha capacidade cercana aos 1.000 espectadores.- Xunta directi va: - Presidente: Felipe Lata Sanjurjo. - Vicepresidente: Miguel Bascoy Presedo.

- Tesoureiro: Manuel Sánchez Vázquez. - Secretario: Juan Sánchez Vales. - Vogais: Manuel Manteiga Pose, Manuel Mesías Rama, Manuel López Golpe,

Manuel Fila Sánchez, Francisco Javier Meizoso Carro, Jose F. Blanco Graña. - Coordinador de fútbol base: Juan Sánchez Vales.- Xogadores do equipo modesto.- Portaría: Javi Ríos, David Carro, Adrián Marzoa. De-

fensa: Nevado, Candal, Robles, Andrade, Iván, Juan, Manuel, Carlos Paz, Víctor. Medio campo: Toño, Antón, Richi, Javecho, Freso, Víctor Hervés, Suso, Marcos. Dianteira: Ferra-ces, Miguel, Gordon, Garabato, Cachopal.

- Adestradores: Goiko, Adrián, Niko, Víctor Hervés, Miguel Villadóniga, Javi Ríos, Juan Latorre, Victor González, Antón e Javier Rodriguez.

- Facebook: Visantoña CF - Twitt er: @VisantonhaCF

Page 19: Cronicas comarcadeordes n19 xullo2015

DEPORTES

Crónicas - Xullo 2015 19

“O Visantoña CF é o lugar para formarse e aprender a competir”

darémoslle oportunidades á xente da canteira. Algúns xa farán a pretempada co primeiro equipo.

Temos confirmadas as chegadas dos porteiros David Carro e Adrián Marzoa, os defensas Rubén Andrade e Carlos Paz, os centrocampistas Richi e Víctor Hervés e o dianteiro Miguel Villadóniga.

- Que queren que distinga o xogo?- A intensidade e as ganas de agra-

dar. Ser un bloque ben organizado que

defenda e ataque sen fisuras. A partir da seguridade defensiva, un dos pun-tos fortes do ano anterior, intentare-mos conseguir resultados satisfactorios desde principios de liga que aumenten a confianza do grupo.

- Cal é o obxectivo, despois do sé-timo posto da pasada liga?

- O principal é non sufrir, lograr a permanencia o antes posible. A partir de aí disfrutar sen poñerse límites.

- A entidade ten respaldo social?- A masa social que move o noso

equipo é moi ampla. É moi habitual que en partidos como visitantes a nosa afi-ción sexa maioría. Este é un dos incenti-vos para que a actual directiva se anime a seguir traballando na mesma líña e implique a cada vez máis xente.

- Tendo en conta a súa traxecto-ria histórica, o Visantoña CF está nun bo momento ou queda moi lonxe dos

seus ‘días de gloria’? - O teito histórico da entidade está

nas tres tempadas consecutivas (2002-2005) que o equipo de modestos mili-tou en 1ª Rexional, nas que ademais es-tivo a un paso de pisar Riazor na final da Copa da Coruña. Na actualidade, ante unha ilusionante tempada en 2ª Auto-nómica, estamos a vivir un momento doce co noso proxecto de base, algo histórico no eido do clube.

ENTREVISTA coa Directiva do F.C, Visantoña, que busca máis nenos e nenas para as categorías de fútbol base

Arriba, o equipo biberón, e abaixo o benxamín da tempada 2014-2015 Arriba, o equipo alevín. Abaixo, os prebenxamíns do curso 2014-2015

Categoria infantil do club para a pasada tempada 2014-2015 Integrantes do grupo cadete do pasado curso 2014-2015

Equipo xuvenil do Visantoña CF da liga 2014-2015 Equipo da categoría de fútbol modesto en 2014.2015

Page 20: Cronicas comarcadeordes n19 xullo2015

20

DEPORTES

Crónicas - Xullo 2015

Corenta cativos iniciaron o campus estival de Ordes

Máis de corenta rapaces par-ticiparon na primeira quenda da terceira edición do Campus de Fút-bol-Verán do Concello de Ordes.

Esta primeira parte tivo lugar durante a primeira quincena do mes de xullo, e en sucesivas quen-das iranse incorporando máis par-

ticipantes, de acordo coa progra-mación establecida, orientada á formación deportiva e persoal dos rapaces.

A concelleira Susana García achegouse á clausura da primeira quenda para entregar os diplomas de participación.

Os participantes, coa concelleira Susana García e os preparadores do campus

FÚTBOL

CLUB XADREZ OROSO José Luís Díaz Hermida, terceiro na categoría de veteráns

Martín Pena, campión en categoría sub-18 no Torneo de Xadrez dos Tilos

Martín Pena Varela, do Club Xa-drez Oroso, proclamouse campión do XII Torneo de Xadrez Activo, dis-putado nos Tilos (Teo) con organiza-ción do Club San Francisco e perten-cente ao VIII Circuíto Galicia Central. Pena, de trece anos, enfrontouse sempre a xogadores de maior idade e os apuros de tempo foron os que lle impediron acadar incluso o pleno de victorias. Adrián Perol, do Gallae-cia, foi segundo. E en terceiro posto situouse Ramón Fernández, da USC.

Outra das participacións desta-cadas no torneo por parte do club con sede en Oroso foi a de José Luís Díaz Hermida, quen resolveu unha excelente competición e logrou ser terceiro na disputada categoría de veteráns. Destacaron tamén Nicolás Gómez Forján, ao que un par de de-rrotas imprevistas lle impediron aca-dar o podio na súa categoría, e José Antonio Pena Dosil, por ser o seu pri-meiro torneo da tempada.

Tras disputar esta competición, a clasificación por equipos sitúa o Xa-drez Oroso na novena posición dun

total de 48 clubes. Suman 36,50 pun-tos, nunha táboa que provisional-mente encabezaba o Gallaecia, con

51,50 puntos, só un de vantaxe por riba do segundo posicionado, o Mar-quiño-Brétema.

Pena, de trece anos, era o competidor de menor idade da súa categoría

A ordense Lara López, do Club Natación Cerceda, bronce no Campionato de España

SALVAMENTO

Lara López, deportista or-dense que compite no Club Na-tación Cerceda, acadou a medalla de bronce no Campionato de Es-paña de Salvamento e Socorrismo Infantil e Cadete. Foi en concreto en 50 metros rescate manequín aletas cadete, cun novo récord ga-lego. E foi cuarta en bandeiras ca-dete feminino.

A tamén ordense Antía Martí-nez foi duodécima en 50 metros rescate manequín aletas infantil.

Lara López Fernández

O campus da Fundación Celta en Oroso visita A Madroa

Os arredor de cincuenta rapa-ces que participan no Campus da Fundación Celta de Vigo en Oroso visitaron as instalacións do equipo olívico no estadio de Balaídos e nos campos de adestramentos da Madroa.

A intención da viaxe era que os cativos, de entre catro e dezaseis anos, puidesen comprobar como

é o día a día dun xogador profe-sional. En Balaídos, estiveron no campo de xogo e nos bancos que ocupan os xogadores, o palco, os vestiarios e a sala de prensa. Na Madroa, desenvolveron unha se-sión de adestramentos e recibiron consellos por parte de integran-tes do equipo técnico do Celta. O campus remata o 31 de xullo.

OROSO

Participantes no campus, na súa visita ás instalacións do Celta de Vigo

Page 21: Cronicas comarcadeordes n19 xullo2015

DEPORTES

Crónicas - Xullo 2015 21

PATINAXE ARTíSTICA Celebrouse a primeira edición do Trofeo Grupos Show en Ordes

O Club Galia gaña en Arteixo e queda segundo no Trofeo Brincadeira

O Club de Patinaxe Galia, de Or-des, rematou a tempada de compe-ticións facéndose co primeiro posto na categoría de grupos show no Tro-feo Concello de Arteixo. Foi o de-rradeiro gran éxito do curso antes do descanso estival. A entidade ten previsto retomar os adestramentos en setembro. Están preparando a creación dun novo grupo benxamín e dun cuarteto, co que pasarán dos dous grupos show actuais a catro.

Previamente, o club lograra o se-gundo posto na modalidade de gru-pos grandes sénior no Trofeo Brin-cadeira, disputado no Pazo de De-portes de Riazor, na Coruña. Foi coa

coreografía ‘Caleidoscopio’ e unica-mente se viron superados polo club Gondomar de Vigo. Polo que res-pecta ao grupo pequeno alevín de Galia, fíxose co sexto posto coa súa representación ‘Promesa de prima-vera’.

I TROFEO EN ORDESA actividade de Galia tivo como

cita recente destacada no calenda-rio o I Trofeo Grupos Show en Or-des. A competición sumou 250 parti-cipantes dos clubs CP Anca de Lugo, CP Axel Arteixo, CP Raiola de Ferrol, CP Fervello de Meicende, CP Patinart de Coristanco, CP Oroso, CP Omega

de Ames, CD Fontiñas de Santiago e os anfitrións do CP Galia.

Na modalidade de cuartetos, ga-ñou o Club Axel, seguidos do Fer-vello e do Anca. En grupos gran-des, primeiro posto para o Fonti-ñas, segunda posición para o Galia e terceira praza para o Omega.

En canto aos grupos pequenos, a victoria foi para o Fontiñas, que deixou no segundo posto e o terceiro postos para senllas coreografías do equipo de Coristanco.

E en promesa, o Galia rematou a proba en Ordes en sexta posición na categoría de grupos pequenos.

Patinadoras do Club Galia de Ordes, co trofeo acadado en Arteixo

Martín Liste Viaño, subcampión de España júnior en disco

Martín Liste Viaño, atleta de Tordoia que compite co Club Atlé-tica A Silva, proclamouse subcam-pión de España en lanzamento de disco na súa categoría júnior, du-rante os campionatos celebrados a comezos de xullo en Valladolid.

Liste fixo unha marca de 52,50 metros. O resultado é todo un éxito, pero el non renuncia a me-lloralo: “penso que aínda escon-demos moito máis, seguimos pe-lexando”, afirmou Liste a través das redes sociais.

A mediados de xuño, o de Tor-doia tamén fora campión galego en disco.

ATLETISMO

Andrea Castro Landeira, bronce en lanzamento de xavelina

ATLETISMO

Martín Liste Viaño, de Tordoia

A atleta ordense Andrea Castro Lan-deira, do Atlética A Silva, conseguiu a medalla de bronce en lanzamento de xavelina na súa participación no Cam-pionato de España en Valladolid. A súa marca nesta competición foi de 36,90 metros, superando o seu propio ré-cord. Era a súa primeira participación nun campionato de España. O goberno municipal de Ordes trasla-doulle as súas felicitacións e anunciou unha recepción oficial para despois do verán con todas as promesas do de-porte local. O alcalde, José Luis Martí-nez Sanjurjo, pediralles nesa cita que lle informen sobre as súas necesida-des e demandas.

Podio da categoría de grupos grandes no I Trofeo Grupos Show de OrdesIntegrantes do Club de Patinaxe Galia de Ordes que competiron en Arteixo

Andrea Castro Landeira, de Ordes

Page 22: Cronicas comarcadeordes n19 xullo2015

22

DEPORTES

Crónicas - Xullo 2015

A Carreira celébrase o 2 de agosto e o Torneo de Tenis Coca-Cola recolle inscricións ata o día 3

MESíA

Mesía acollerá varios eventos deportivos nas vindeiras semanas. O primeiro deles será a V Carreira Concello de Mesía, o domingo 2 de agosto pola mañá, tamén coa Minicarreira Popular Concello de Mesía. As inscricións son gratuí-tas e poden formalizarse no co-rreo electrónico [email protected] ata as 20 horas do 31 de xullo. A carreira ten unha distancia de 12 quilómetros e a minicarreira a metade. As categorías máis no-vas percorrerán distancias adapta-das ás súas idades.

Durante o mes de agosto, ta-mén se desenvolverá o VIII Torneo de Tenis Concello de Mesía, patro-cinado por Coca-Cola e con cate-gorías masculina, feminina e do-bres (mixta ou non). As inscricións poden efectuarse tamén por co-rreo electrónico, dirixíndoas a [email protected] antes do 3 de agosto. Os horarios da competiciónacordaranse entre os xogadores e as finais están fixa-das para o 29 de agosto.

FÚTBOL SALA O Alpa Ordes quedou no segundo posto na competición

O Pirotecnia álzase co primeiro posto na Copa ordense

O equipo Pirotecnia proclamouse campión da Copa Concello de Ordes de fútbol sala. Superou ao Alpa Or-des, subcampión da competición, que se desenvolveu durante varias semanas nas instalacións deportivas municipais e que enfrontou un total de dez equipos, segundo explicou o Concello.

Esta competición local de fútbol sala é unha das que máis expecta-ción xera cada ano no municipio, ao involucrar no seu desenvolvemento a numerosos xogadores tanto de Or-des como da contorna.

Deste xeito, os encontros adoitan ser moi seguidos polo público no po-lideportivo e demostran tanto o bo nivel de xogo que reúnen os distin-tos equipos, aínda tratándose de ali-ñacións amateurs, como a enorme afección que existe polo deporte do fútbol sala en toda a comarca, cana-lizada en parte neste tipo de compe-ticións. Arriba, o equipo Pirotecnia, campión. Abaixo, o Alpa Ordes, subcampión.

DíA DO DEPORTE O Concello distingue as asociacións, clubs e figuras destacadas na práctica e apoio do deporte

Deportistas para premiar e presumir en Oroso

A segunda edición do Día do De-porte de Oroso entregoulles dis-tincións a todos os clubs e asocia-cións deportivas do municipio: Club Deportivo Alecrín, Club de Béisbol Leones, Oroso Fútbol Sala, Escola Deportiva Xuventude Oroso, Tae-kwondo ITF Oroso, Club Hípico Ama-zonas e Cabaleiros de Oroso, Club Ciclista Tambre Bike, Oroso Motor Sport, Club Patín Oroso, Oroso Tenis de Mesa, Club Tambre Pitch&Putt, Xadrez Oroso, Club Ximnasia Oroso, S.D. Deixebre e Sigüeiro F.C. Ademais da condecoración a cada entidade recibida polos seus representantes,

todos os deportistas recibiron ca-dansúa medalla.

Pero tamén houbo premios espe-ciais. O da mellor deportista do ano pasado recaeu en Silvia Álvarez, do Oroso TM, que non puido acudir a recoller o premio por estar en com-petición. Álvarez é unha das xogado-ras máis novas da División de Honra de tenis de mesa e é unha habitual nas seleccións galega e española.

Recoñecemento especial tamén para a ED Xuventude Oroso no seu décimo aniversario, para destacar o seu labor a favor do deporte base, e para o Tambre Bike, pola promo-

ción do deporte e a colaboración cos eventos deportivos locais.

Laureano Iglesias, un dos funda-dores da SD Deixebre; Luciano Dono, fundador e presidente ata 2004 da SD Oroso; e José Antonio Veiga, xo-gador do Sigüeiro FC e da SD Or-des que na actualidade compite en tríatlons, obtiveron recoñecementos pola súa traxectoria e dedicación ao deporte.

E ademais foi distinguido o traba-llo da Agrupación de Protección Civil de Oroso, do Voluntariado de Oroso, e o apoio ao deporte das empre-sas Coca-Cola, Eulogio Viñal Obras y

Construcciones e Grupo Rafra. O alcalde, Manuel Mirás, definiu

os condecorados como “os mello-res embaixadores” de Oroso e desta-cou o dinamismo do deporte no mu-nicipio: “nos últimos cinco anos mul-tiplicouse por dez o número de per-soas que fan deporte e o número de clubs”, asegurou, á vez que compro-meteu o esforzo do Concello para es-tar á altura en infraestruturas e cola-boración. O concelleiro de Deportes, Luís Rey, incidiu no “enorme esforzo das familias” para que a infancia e a xuventude practique deporte e poida levar unha vida saudable.

Representantes das asociacións e clubs do municipio, premiados no Día do Deporte Recibiron distincións as traxectorias deportivas e o labor en beneficio do deporte

Page 23: Cronicas comarcadeordes n19 xullo2015

OPINIÓN

Crónicas - Xullo 2015 23

Os paxariños da Alameda

Os ornitólogos levan va-rias semanas facendo ho-ras extra. Non dan feito. Están coas observacións

de campo a calquera hora, desde a mañanciña ata que se pon o sol. Os cambios nas aves son tantos cos novos tempos que o labor cientí -fi co se fai necesario para determi-nar, describir e catalogar novos há-bitos, acti tudes e comportamentos. Pero o esforzo ten os seus froitos e xa van descubrindo cousas. Pouco a pouco van ir certi fi cando todo, que xa se sabe que os cadernos de campo non se poden esborranchar pintando neles as primeiras impre-sións empíricas.

Sección de chíos, murmuracións e faladoríaspilladas polo aire, unhas máis certas que outras

O principal interese dunha parte da comunidade cien-tí fi ca era ver voar a vella bandada. Os avistadores xa

puideron comprobar que non voan todos os individuos e que os que voan non van todos na mesma di-rección. A vida, tan descarnada e desagradecida, obrigounos a dis-persarse. O paxaro principal foi visto en dirección Curti s, pero xa se comprobou que non completa o traxecto. De momento non se puido determinar se puxo plumaxe branca, por aquelo do ofi cio, ou viste de paisano. Nun punto inter-medio do traxecto, viron o potoo, que detén o seu vehículo e toma a AP-9. Non se sabe en que compa-ñías.

A que segue estando moi observada, hai quen pensa que incluso pola secreta, é a ave de pluma recha-

mante. Está recibindo da súa pro-pia medicina, tan habituada como estaba ao control absoluto. Ficti cio, claro está. Percorre menos a AP-9, que xa se sabe que agora as econo-mías cambiaron e que o niño segue tendo uns gastos. Curiosamente, o potoo, o benefi ciado das manobras de risco, é o que paga peaxe. Ou páganlla. E quen arriscou todo por el, con triplo salto mortal, é agora quen sofre ontherou as fochas. Que metáforas ten a vida! E aínda así a máxima segue sendo aparentar de-coro, manter o ti po e a plumaxe, sorrir co coitelo no pescozo, mestu-rar o veleno co azucre e, ante todo, conservar as poutas ben afi adas.

Xa irán contando máis pe-ripecias os observadores, que manteñen unha garda exhausti va e aínda así te-

ñen tempo de observar varios niños máis. Nun deles están estudando o curioso caso da gaivota que se co-loca diante do espello máximo para imitar todo o que ve. Cada aceno, cada paso, cada chío, ata o últi mo cénti mo. Sen perdón. Busca a co-pia exacta, pero para ser como o orixinal tería que volver a nacer. Do outro lado do espello xa saben dos seus movementos e non saben se rir, regalarlle unha fotocopia-dora, ou dar a propósito algún paso en falso para que ao copialo acabe desplumado. Sería unha proba de intelixencia da ave... Xusti ña.

O gavilán non quere contar nada do álferez nesta oca-sión. Pregúntanlle se nos seus voos á subcapital viu

algo interesane e non contesta. Dá a entender que si e que aínda non é o momento de narralo. Máis me-ses haberá para que conte os deta-lles, sobre todo tendo en conta os antecedentes da ave sobre a que ten asignada a vixilancia. A nube de tags si se pode adiantar: inoperan-cia, ignorancia, petulancia, intole-rancia... e ingresonancia!

Dos demais integrantes da bandada pouco se sabe. Se-guen a súa ruti na, retoman vellos camiños, catan as co-

rrentes de vento que xa coñecían de antes e ata procuran esquecer. Sen beber! O decoro, sempre o de-coro. E despois está o paxaro vello, que xa di o refrán que non entra na gaiola. Neste caso, quere cambiala. Agora é matemáti co, busca unha solución aritméti ca. Pero todo de incógnito, que é a mellor maneira de resolver as incógnitas. E por riba se a maldita pega bota toda a noite cantando!

Quizais haxa que aclarar-lle á perdiz, por se lle fa-lla o radar, que non, que o espello máxico nin está en

Ordes nin mira cara a Ordes. Nin se-quera ten por que estar mirando para un niño do mesmo tono.

E o derradeiro pío deste mes vai sobre o outro vi-rot. Da mesma especie que o outro si, pero dunha raza

moito máis elegante. Co mesmo grao de falsidade, en todo caso, e unha maldade igual de disimulada na oferta de complicidade. Atroz. Din por aí que voa de corredor en corredor, procurando manter o niño, intentando a metamorfose, renegando do pasado con chíos moi acentuados. Do recente, claro, que se lle miran o máis lonxano, a xénese, non salva a pluma. Os espe-cialistas cren que se aguanta é por ser o máis maduro da caste.

Alguén pensa facer o inven-tario de cantos movemen-tos innecesarios, cantos fracasos inducidos, cantos

esperpentos lamentables e canta obsesión imperti nente causa a pa-toloxía mental, o egocentrismo, os ciumes e o infanti lismo do virot? O día que estuden o caso a fondo e

completen o catálogo de desati nos contratarán un cazador para deter-lle o voo, evidentemente vesper-ti no, e evitar que propague a peste. O perigo é elevado. Para todos.

Page 24: Cronicas comarcadeordes n19 xullo2015

O poeta Manuel María Fernández Teixeiro será o autor homenaxeado na edición 2016 do Día das Letras Galegas, tal como decidiu o pleno da Real Acade-mia Galega (RAG), que ve no intelectu-ral de Outeiro de Rei, nado en 1929 e fi nado en 2004, un “expoñente do acti -vismo políti co” que “representa a con-ciencia e o compromiso inquebrantable coa lingua galega”. Os outros candidatos eran Xela Arias Castaño e Ricardo Car-balho Calero.

A noti cia foi recibida con moita sati s-facción na comarca ordense, en especial por parte da asociación cultural ‘Obra-doiro da História’, que lembra con emo-ción o encontro literario que organiza-ran en Ordes co considerado o “poeta nacional” catro anos antes do seu pasa-mento.

Naquel acto, celebrado o 11 de fe-breiro de 2000 e presentado por Chus Souto Alvedro, Manuel María ofrecera unha conferencia maxistral na que in-cluíu a lectura de varios dos seus poe-mas. Actuaran tamén Mini e Mero, que lle puxeron música a poemas do autor, para concluír cun contacontos de Cán-dido Pazó. Tal como lembran desde ‘Obradoiro da História’, o auditorio es-taba abarrotado por persoas que acudi-ron desde varios lugares da comarca e desde as cidades da Coruña e de San-ti ago.

Por boca do seu presidente, Ma-nuel Pazos, a asociación amosou a súa sati sfacción por que a RAG escollese a Manuel María. Consideran aquel en-contro, que tamén serviu de home-naxe ao autor de ‘Morrendo a cada in-tre’ ou ‘Muíño de brétemas’, como “un dos feitos máis transcendentais” orga-nizados por ‘Obradoiro da História’. Pa-zos explica ademais que “non en moitas comarcas do noso país se fi xo isto con Manuel María e nós, hai quince anos, xa

andabamos con estes recoñecementos, dos que agora, humildemente, estamos orgullosos”.

Pazos, que conserva cartas e comen-tarios que lle dirixiu Manuel María, va-lora o compromiso que ti ña coas aso-ciacións culturais de base de todo o país: “acudía de forma desinteresada alí onde o chamaban, tanto para ler os seus poemas como para falar da lingua, da poesía, da literatura, da arte, da his-toria... en defi niti va, da defensa da cul-tura e do patrimonio da nosa terra”, co-menta o presidente de ‘Obradoiro da História’.

Ese compromiso co tecido asocia-ti vo é precisamente un dos aspectos que destaca a Real Academia Galega na súa comunicación da elección de Ma-nuel María para o Día das Letras Galegas de 2016. Relata a insti tución que, xa nos anos sesenta e setenta, o literato da Te-rra Chá “atende os chamamentos e pe-ti cións que lle chegan de todas as orga-nizacións que, ao longo e ancho do país,

andan a traballar pola recupe-ración cultural” naquela época na que o acti vismo políti co ti ña que moverse necesariamente na clandesti nidade.

Ese espírito mantí voo ata a fi n dos seus días, mentres llo permiti u a súa saúde. De feito, tras a catástrofe do petroleiro Presti ge, na que a inoperancia políti ca converti u nun desastre natural, social e econó-mico o accidente dun petroleiro fronte á costa ga-lega, Manuel María foi colaborador do colecti vo artí sti co e cultural Burla Negra e da Plataforma Nunca Máis.

As reaccións á elección da RAG foron positi vas en todos os ámbitos. A Mesa considera acertada a decisión pola con-tribución do autor á supervivencia e normalización da lingua. A Xunta aplau-diu o acordo e destacou tamén a contri-bución do poeta á cultura galega.

LETRAS gALEgAS A Real Academia Galega homenaxeará o autor lucense o vindeiro 2016

De cando Manuel María, o “poeta nacional”, trouxo a Ordes a emoción dos seus versos

Arriba, imaxes da xornada literaria con Manuel María organizada por ‘Obradoiro

da História’ en 2000. Á esquerda, con Manuel Pazos, e á dereita, con Chus Souto, presentadora do acto. Abaixo,

unha carta dirixida polo poeta lucense a Pazos, comentando a obra deste último

“Despois da guerra”.

CrónicasCrónicas - Mensual independente da Comarca de OrdesEdita: Underwood Media, S.L. Imprime: Galicia Editorial, S.L.Peche de edición: 17-07-2015. Depósito legal: C 900 - 2013Directora: Aurora Pastor Gil. Teléfono: 617 917 130 Contacto: [email protected]

Proximidade. Honestidade. Solvencia. Pluralismo.

Área de Servicio de AMEIXEIRA - ORDES Tel: 981 680 836 - [email protected]

Abierto los 365 días del año

Especialidades de la Casa y Cocina Regional

Ordes Abellá

2 kms

2 kmsVilamaiorOlas-MesíaVisantoña

AC-524 ORDES-LANZÁ AC-524

1 kms

AmeixeiraVilamaior

ENTRADAAP-9

A 5 minutos de Ordes.Acceso exterior por Vilamaior

Tienda con amplia variedad de regalos

MENÚ: 11 EUROS

Abierto los 365 días

MENÚ: 11 EUROS