cronicas comarcadeordes n3 marzo2014

24
Crónicas Mensual independente da Comarca de Ordes - Nº 3 - Marzo de 2014 Os cambios acomedos pola Xunta no servizo 065, de transporte adaptado a per- soas con diversidade funcio- nal están causando un forte malestar entre os usuarios da comarca. Ademais de li- mitar as posibilidades de desprazamento, deixa de ser totalmente gratuíto. O go- berno autonómico fala de re- modelación para opmizar e mellorar o servizo, mentres que a oposición críca que o novo recorte prexudique aos máis débiles. Malestar entre os usuarios polos cambios no transporte do 065 Páx. 9 Marín rexeita dimitir e non admite “leccións de ética” ORDES Páx. 3 En 2013 só se venderon 111 vivendas en toda a comarca COMARCA Páx. 11 Páx. 2 Un PAC en Sigüeiro? De momento, non. Remanente de case 1,2 millóns de euros ao remate de 2013 ORDES Páx. 2 O centro de día e residencia entra en funcionamento CERCEDA Páx. 9 A reparación da N-550 beneficia só a treitos puntuais COMARCA Páx. 5 O Lacón con Grelos do Mesón abre a primavera festiva ORDES Páx. 18 Tribuna sobre a anulación do ‘céntimo sanitario’ OPINIÓN Páx. 23 www.leis-negocios.com Dr. Teixeiro 13, 3º - 15701 SANTIAGO Telf: 881 97 83 70 [email protected]

Upload: cronicas-periodico-mensual-independente-da-comarca-de-ordes

Post on 31-Mar-2016

236 views

Category:

Documents


2 download

DESCRIPTION

Número 3 de CRÓNICAS, o periódico mensual independente da Comarca de Ordes. Marzo de 2014.

TRANSCRIPT

Page 1: Cronicas comarcadeordes n3 marzo2014

CrónicasMensual independente da Comarca de Ordes - Nº 3 - Marzo de 2014

Os cambios acometidos pola Xunta no servizo 065, de transporte adaptado a per-soas con diversidade funcio-

nal están causando un forte malestar entre os usuarios da comarca. Ademais de li-mitar as posibilidades de

desprazamento, deixa de ser totalmente gratuíto. O go-berno autonómico fala de re-modelación para optimizar e

mellorar o servizo, mentres que a oposición crítica que o novo recorte prexudique aos máis débiles.

Malestar entre os usuarios polos cambios no transporte do 065

Páx. 9

Marín rexeita dimitir e non admite “leccións de ética”

ORDES

Páx. 3

En 2013 só se venderon 111 vivendas en toda a comarca

COMARCA

Páx. 11

Páx. 2

Un PAC en Sigüeiro?De momento, non. Remanente de case

1,2 millóns de euros ao remate de 2013

ORDES

Páx. 2

O centro de día e residencia entraen funcionamento

CERCEDA

Páx. 9

A reparación da N-550 beneficia só a treitos puntuais

COMARCA

Páx. 5

O Lacón con Grelos do Mesón abre a primavera festiva

ORDES

Páx. 18

Tribuna sobre a anulación do ‘céntimo sanitario’

OPINIÓN

Páx. 23

www.leis-negocios.com

Dr. Teixeiro 13, 3º - 15701 SANTIAGOTelf: 881 97 83 70

[email protected]

Page 2: Cronicas comarcadeordes n3 marzo2014

2

ACTUALIDADE

Crónicas - Marzo 2014

Crónicas Se quere recibir Crónicas de balde no seu correo electrónico, pídao en [email protected]

Proximidade. Honestidade. Solvencia. Pluralismo.

O Concello rematou 2013 pagando en prazo e cun remanente de 1.182.000 euros

O exercicio económico de 2013 no Concello de Ordes rematou cun remanente de tesourería po-sitivo e cun incremento do afo-rro neto. Así o detallou o propio alcalde en pleno. Manuel Regos expuxo que “como se adoita dicir vulgarmente, sobraron 1.182.000 euros”. O remanente é o resultado de sumar o diñeiro que o Conce-llo ten en caixa e en bancos, máis os dereitos pendentes de cobro, e restarlle a esa cifra as obrigas pen-dentes de pago.

Regos sacou peito cos datos e manifestou que esta situación “nunca pasara en Ordes desde hai moitos anos”. Para redundar na idea, indicou que no exercicio pasado se acadou un aforro neto do 16%: “aforramos uns 650.000 euros e a débeda cada paso é me-nor”, dixo o alcalde.

Despois de varios anos con di-ficultades económicas e financei-ras, que aínda non están plena-mente solventadas, o rexedor or-dense afirma que “cumprimos o decreto de estabilidade orza-mentaria” imposto polo goberno central e tamén o plan de sanea-mento aprobado en 2009. En anos anteriores, os propios técnicos municipais advertiran de que non se estaba respectando totalmente ese acordo.

Regos incidiu en que agora “cumprimos todos os parámetros” e detívose especialmente no pa-gamento das facturas, que é qui-zais o termómetro máis significa-tivo deste aspecto a nivel de rúa. O alcalde asegurou que á altura do 21 de decembro de 2013 os paga-mentos estaban “ao día” e que a media está “en 27,9 días”, cando o tope fixado pola normativa é de 30 días.

Os datos da liquidación foron ofrecidos polo alcalde ao comezo do pleno, no apartado de infor-mes. Por esta razón, e quizais ta-mén polo escaso tempo de reac-ción que lles ofrece a dinámica da sesión plenaria neste punto, nin-gún dos representantes da oposi-ción comentou a información, que agardan corroborar analizando os documentos técnicos.

ORDES

Convocan as axudas municipais para nacementos e adopcións de 2014

As axudas do Concello de Me-sía por nacementos, adopcións ou acollementos que se produzan du-rante calquera data 2014 xa se po-den solicitar desde o pasado 20 de marzo. Consiste nun pago único de 300 euros por criatura e é com-patible con calquera outra axuda doutras administracións para o mesmo fin.

Como en convocatorias ante-riores, poden solicitar unidades familiares con residencia habitual en Mesía. Cando menos un dos proxenitores ten que ter unha an-tigüidade mínima de dous anos no padrón municipal. A concesión da axuda obriga a manter o empa-droamento durante dous anos.

As solicitudes pódense presen-tar ata o 31 de decembro, acom-pañando diversa documentación. Serán avaliadas por Servizos So-ciais para decidir a concesión.

MESÍA

O BNG pregunta polo corte da electricidade no Museo do Traxe

O BNG ordense interesarase no vindeiro pleno polo corte da sub-ministración eléctrica no Museo do Traxe, no que ademais se pro-duciu unha explosión que lle oca-sionou queimaduras leves na cara ao electricista da empresa Cobra que manipulaba o cadro eléctrico, segundo os nacionalistas.

O portavoz do Bloque, Ra-miro Recouso, atribúe a interrup-ción do servizo á “falta de paga-mento” a Gas Natural Fenosa. Cri-tica tamén a xestión do Museo do Traxe, que estaría xerando un dé-ficit de case 54.000 euros anuais, segundo os datos do Concello que manexa.

Por eso, ademais de explica-cións sobre o suceso no corte da luz, os nacionalistas insistirán en pedir cambios na xestión do Mu-seo, no que unha empresa estaría cobrando 1.500 euros mensuais por dirección e asesoramento.

ORDES

Mirás apraza a reivindicación de facer do centro de saúde un PAC

Oroso non insistirá polo de agora en que o novo centro de saúde de Sigüeiro se transforme nun Punto de Atención Continuada (PAC). O al-calde, Manuel Mirás, anuncioulle á conselleira de Sanidade, Rocío Mos-quera, que o goberno municipal non renuncia ao obxectivo de contar cun servizo de urxencias as 24 horas, que ofreza servizo tamén a veciños de municipios limítrofes. En cambio, o rexedor admitiu “ser consciente da situación económica actual, polo que deixamos esta reivindicación para tempos economicamente mellores”.

A intención do alcalde agora é que as instalacións “teñan cantos

máis usuarios mellor” para sumar máis médicos, máis servizos e conse-guir así que o centro de saúde abra tamén polas tardes.

Estas declaracións producíronse no marco da visita da titular de Sa-nidade ao Concello, onde Rocío Mos-quera asinou no Libro de Honra. Na visita, que na súa maior parte trans-correu no centro médico, estivo acompañada polo director xeral de Asistencia Sanitaria do Servizo Ga-lego de Saúde, Félix Rubial; e polo xerente de Xestión Integrada de San-tiago, Luis Verde, ademais de diver-sos integrantes da corporación muni-cipal.

Visita da conselleira de Sanidade ao centro de saúde de Sigüeiro

OROSO Para cando mellore a situación económica

Toda a atención primaria, por teléfonoA visita das autoridades sanitarias

a Oroso debeuse á posta en funcio-namento das consultas telefónicas en todos os profesionais da atención pri-maria, do mesmo xeito que xa facían os médicos de familia desde o pasado mes de decembro.

Rocío Mosquera aprezou un “alto grao de satisfacción entre os pacien-tes que se acollen a esta modalidade de consulta”, e tamén dos profesio-nais. A titular de Sanidade lembrou que os cidadáns son quen deciden se queren ou non unha consulta telefó-nica cando piden a cita.

A ampliación a todos os profesio-nais de primaria incremantará o nú-mero de usuarios desta modalidade, agora uns 3.500 en toda Galicia.

A consulta telefónica pode efec-tuarse pola existencia do historial clí-nico electrónico, de modo que o per-soal de atención primaria coñece to-dos os datos do doente á vez que o atende, aínda que sexa por teléfono.

Resolver dúbidas, recibir resulta-dos de probas, renovar tratamentos, ou apoiar coidadores de pacientes crónicos son algunhas das consultas telefónicas máis habituais.

Segundo destacou a pediatra do centro de saúde de Oroso, a consulta telefónica serve para “regularizar” un traballo que xa estaban facendo, so-bre todo en educación para a saúde. Tamén o persoal de enfermería viu unha boa oportunidade para o seu traballo, segundo a Xunta.

Page 3: Cronicas comarcadeordes n3 marzo2014

ACTUALIDADE

Crónicas - Marzo 2014 3

A maioría da corporación insiste, pero o goberno de Ordes non cede e aspira a resistir os embates, os que vi-ñeron e os que quizais veñan. Tras o levantamento do segredo do suma-rio xudicial da operación Pokémon, a tenende de alcalde, imputada neste caso, rexeitou dimitir, pese ao acordo plenario que pedía a súa marcha e a do alcalde. Foi unha proposta do BNG (dous concelleiros), respaldada polos seis edís do PP e a portavoz de CIDEGA, e rexeitada polos sete inte-grantes do grupo de goberno (UXO) e polo único representante do PSOE.

Tras coñecer as declaracións da tenente de alcalde ante a xuíza, os nacionalistas fundamentaron a pe-tición do cese por estar involucrada nun presunto delito de tráfico de in-fluencias e noutro de cohecho. Para o BNG, as revelacións xudiciais de-mostran que Marín lle solicitou a Ser-masa, filial do Grupo Vendex que ob-tivo o contrato da gardería munici-pal, a contratación de varias persoas, entre elas a compañeira sentimental do concelleiro de Cultura e unha per-soa supostamente vinculada coa por-tavoz de CIDEGA. O Bloque tamén ve desvelado que a man dereita do al-calde lle tería ofrecido a Vendex que se presentase, co prazo xa vencido, ao concurso polo servizo de axuda no fogar da Mancomunidade.

“RECOMENDAR NON É SÓ ENCHUFAR” Marín evitou entrar nos porme-

nores do caso por consello do seu le-trado e dun informe elaborado polo avogado que asesora o Concello, que ela mesma leu no pleno e que sos-tén que darlle publicidade ás declara-cións xudiciais podería ser “prexudi-cial para a investigación”.

Non obstante, a tenente de al-calde despregou toda a súa defensa no plano político. Asumiu para si toda a relación coa empresa do Grupo Vendex, tratando de desvincular ao alcalde, e negou prácticas de enchu-fismo na gardería botando man do diccionario: “sinónimo de recomen-dar non é só enchufar, senón tamén aconsellar ou propoñer”. Afirmou que na escola infantil segue traba-llando o mesmo persoal que cando era de xestión pública directa “agás as dúas persoas que substituíron o cociñeiro”.

A tenente de alcalde advertiulles aos seus opoñentes de que “poucos dos dezasete compañeiros da cor-poración, poucos, me podedes dar a min leccións de ética”. Afirmacións que foron aplaudidas por unha parte do público do pleno, para o que as distintas formacións políticas mobili-zaron seguidores.

Marín: “poucos me poden dar leccións de ética”ORDES Tras levantarse o segredo de sumario da Pokémon, o pleno pide de novo a dimisión da tenente de alcalde

“O xulgado é o que ten que dicir se houbo ou non tráfico de influencias” “Silvia conta coa miña confianza e

do goberno” “Estaremos aquí ata que nos boten os veciños”

Manuel Regos, alcalde de Ordes (UxO)

“Poucos dos compañeiros da corpo-ración me poden falar de ética” “Non roubei nada nin lle pedín nada a nin-guén” “Sempre tratei eu e só eu co responsable de zona de Sermasa”

Silvia Marín, tenente de alcalde (UxO)

“Non prexulgamos a ninguén, pero tampouco imos darlle unha patente

de corso” “A súa dimisión depende da súa ética, non do resultado do pleno

ou de ter sido imputada”José Luis Martínez, portavoz do PP

“Non somos quen de xulgala penal-mente, pero politicamente os seus

actos son motivo de dimisión. Queda claro que usou o seu cargo para

favorecer a determinadas persoas”Ramiro Recouso, portavoz do BNG

“Só estamos de acordo en pedir a di-misión de calquera edil se se lle abre un xuízo oral, porque moitos imputa-dos saen exonerados de toda culpa ao remate da investigación xudicial”

Xesús Pedreira, portavoz do PSdeG-PSOE

“Non imos valorar este proceso ata que haxa algo en firme, pero quero que quede claro que nin lle pedín

nada a este goberno nin o goberno me pediu nada a min”

Ana Álvarez, portavoz de CIDEGA

SEN PATENTES DE CORSO E é que a premisa ética foi a arga-

masa coa que PP e BNG construíron a súa argumentación. O portavoz do PP, José Luis Martínez Sanjurjo, manifes-tou que “non prexulgamos a ninguén nin buscamos condenas de telexor-nal, pero tampouco imos darlle un voto de confianza nin unha patente de corso porque os veciños están far-tos das súas estratexias de oculta-cións e enganos e da súa forma de xestionar os recursos públicos”.

Martínez, que tamén lle repro-

bou a Marín que “queira facer que creamos que o alcalde non estaba ao tanto dos movementos da tenente de alcalde”, manifestou o seu respecto polo proceso xudicial, pero á vista dos feitos revelados polo sumario empra-zou á número dous do goberno lo-cal a “recoñecer que se trabucou, pe-dirlle desculpas a todos os veciños e alonxarse da gran mentira en que se convertiu este asunto”.

“O único modo admisible para nós -agregou- é presentando a súa dimi-sión”. O voceiro do PP insistiu en que

“depende da súa ética, da súa morali-dade, neste momento ou cando sexa, non do resultado dun pleno que non conduce a ningún sitio nin de ter sido imputada hai un ano”.

“ATA QUE NOS BOTEN” Marín interpretou esta interven-

ción como un “váiase” e observou que o PP “vai ser o gran beneficiado” desta polémica. Nunha liña similar, ao comezo da sesión o alcalde respal-dara á súa portavoz acusando á opo-sición de “usar a política para todo, sexa institucional ou persoal”.

Manuel Regos coida que “as per-soas que traballan sóbranlles e por eso intentan botalas fóra”, en refe-rencia a Marín. Insistiu en que ten que ser o xulgado “o que diga se houbo ou non tráfico de influencias ou roubo”. E advertiu de que “se nos temos que ir irémonos todos, pero mentres tanto fomos elixidos polos veciños e estaremos aquí ata que nos boten fóra nas próximas eleccións”.

ÁLVAREZ E PEDREIRA Das formacións minoritarias, des-

taca que Ana Álvarez (CIDEGA) se ra-tificou na petición de dimisión de car-gos imputados de hai un ano e ade-mais aseverou que “nin lle pedín nada a este goberno nin o goberno me pediu nada”, en alusión ao su-posto enchufe dunha persoa vincu-lada a ela a cambio de respaldarlle os orzamentos ao goberno. Álvarez pre-cisou que por aquel entón “a persoa da que se fala non tiña ningunha rela-ción de parentesco comigo”.

Unha controversia colateral no pleno suscitouna o posicionamento do PSOE, opoñéndose á dimisión de Marín. O seu portavoz, Xesús Pe-dreira, defendeu o criterio do partido de pedir ceses unicamente cando se abra xuízo oral. Pedreira, que reite-rou a súa proposta dun código deon-tolóxico de hai un ano, expuxo que hai políticos imputados que ao re-mate do proceso xudicial saen “exo-nerados de toda culpa”, sen posibili-dade de repararlles o dano causado.

Para PP e BNG, a contradición de Pedreira é evidente, xa que nos ple-nos de abril e maio de 2013 si votara a favor de pedir a dimisión de car-gos imputados. Pedreira recoñeceu que “a actitude do PSOE era votar en contra, pero para favorecer a unani-midade votamos a favor”. Aduce que naqueles plenos defendera limitar as dimisións á apertura de xuízo oral, pero sumouse aos demais grupos ao ver que o propio goberno, en abril de 2013, tamén apoiaba a dimisión de imputados. Aos poucos días, tras co-ñecerse a imputación de Silvia Marín, o executivo quixo cambiar o acordo.

Page 4: Cronicas comarcadeordes n3 marzo2014

4

ACTUALIDADE

Crónicas - Marzo 2014

Medio Ambiente pediralle a Audasa a erradicación da herba da pampa na AP-9

A Consellería de Medio Am-biente, Territorio e Infraestrutu-ras pediulle ao Ministerio de Fo-mento que se aplique un plan de erradicación da chamada herba da pampa na autoestrada AP-9. A petición partira do pleno muni-cipal de Ordes, a raíz dunha pro-posta presentada polos socialistas e aprobada por unanimidade.

O edil do PSOE ordense, Xe-sús Pedreira, explica que se trata dunha “especie invasora que se expande con facilidade e que está invadindo terras de labradío, obri-gando aos propietarios a gastar tempo e cartos” para eliminala. O xeito máis efectivo de conseguilo é a utilización de herbicidas.

Segundo os socialistas, o es-crito que a dirección xeral de Con-servación da Natureza lle trasla-dou á dirección xeral de Carrete-ras de Fomento pide eliminar a planta tanto dos noiros e media-nas da AP-9 como dos terreos co-lindantes, dentro das zonas de servidume do vial.

ORDES

En canto deixou de chover auga, comezou a chover alcatrán. Múltiples rúas, estradas e pistas de Sigüeiro e das diversas parroquias de Oroso víronse beneficiadas por unha actua-ción urxente do Concello para tratar de eliminar as innumerables fochas que a meteoroloxía creou ou agran-dou nun inverno tan intenso como o pasado.

Os traballos prolongáronse du-rante varios días. Comezaron nas in-mediacións da capital municipal, e tanto o alcalde, Manuel Mirás, como o concelleiro de Vías e Obras, Eduardo Veiras, acudiron a presen-ciar como a grava e o rego asfáltico tapaba os primeiros buratos.

O rexedor explicou que trataron de “aproveitar a tregua que nos dá a meteoroloxía para tratar de tapar to-das as fochancas que poidamos nas vías municipais e paliar no posible os cuantiosos danos producidos”. Mi-rás asegurou que antes dos días de bo tempo cos que rematou o inverno non lles foi posible acometer as re-paraciónss. O Concello indicou que

o equipo contratado estivo operativo un mínimo de tres xornadas, sen es-pecificar o custo total da interven-ción.

MANTEMENTO EN ORDESEn Ordes, o PP reclamou un re-

bacheo xeralizado en pistas e rúas.

A portavoz do goberno, Silvia Ma-rín, calificou de “moi bo” o mante-mento das infraestruturas municipais nos últimos meses, tendo en conta o mal tempo. A concelleira indicou que “o máis acuciante xa se resolveu” e comprometeuse a reparacións xerali-zadas coa mellora meteorolóxica.

O Concello aproveita o bo tempo para o asfaltado de pistas municipais

OROSO Un equipo interviu en rúas, estradas e camiños das distintas parroquias

O equipo de asfaltado de Oroso interviu nos principais buratos da rede viaria local

Camión do lixo Lavado de rúas Camión basura Transporte de residuos

Camión lavacontedores

BarredoraXestión de punto limpoMovemento de terras

Camión RSU

Tractor desbroce

GRUPO

Portobrea nº 3. Queixas - 15186 CERCEDAOficina: 981 693 072 / 639 200 204 - [email protected]

Taller: 981 693 026 / 608 982 888 - www.grupocercedasol.es

Page 5: Cronicas comarcadeordes n3 marzo2014

ACTUALIDADE

Crónicas - Marzo 2014 5

O goberno detalla case medio millón de euros en investimentos en obras para 2014

MESÍA

O Concello de Mesía ten con-signado case medio millón de euros para investir en obras du-rante este ano 2014. En concreto, son 494.220 euros os que prevé utilizar neste cometido, sen des-cartar novas cantidades a maio-res que consiga obter en axudas e plans doutras administracións.

A maior parte do investimento destínase ás infraestruturas via-rias, con actuacións en máis de trinta camiños de diversas parro-quias. Ademais, o goberno lide-rado por Mariano Iglesias (PSOE) reserva 100.000 euros -dentro dos 494.000- para repoñer infraestru-tura ao longo do ano “en función das necesidades que xurdan”, ase-gura.

Outras obras previstas son o arranxo do local social de Boado, o acondicionamento da contorna dun lavadoiro en Olas, melloras no campo de fútbol de Visantoña, a pavimentación do campo da festa de Visantoña ou un proxecto de abastecemento en Xanceda.

Alivio. É o que senten os sufridos usuarios habituais da estrada N-550 ao seu paso pola comarca, despois dos remendos que lle aplicou o Mi-nisterio de Fomento ao vial. Tras anos de deterioro progresivo, que chegou ao seu extremo no pasado inverno, a administración botou por fin man da estrada e procedeu a un arranxo par-cial, nalgúns puntos en peor estado.

De momento, interviron só entre Si-güeiro e Santiago.

Non foi a intervención integral que calquera podería considerar idó-nea, xa que as arcas públicas non pa-recen estar para semellante alegría. Pero cando menos elimináronse as fochas de maior tamaño e varios tra-mos prolongados repletos de irregu-laridades que xa se convertiran en

destroza-coches. Unha das voces disconformes é

a do alcalde de Oroso. Manuel Mirás cre que a actuación xeral na estrada é positiva, pero bota en falta que Fo-mento repare tamén as vías parale-las de servizo, segundo di “intransita-bles”.

AVENIDA DE ORDESNo que respecta a Ordes, o PSOE

presentou no Congreso unha propo-sición non de lei para que Fomento repare o firme da N-550 ao seu paso polo núcleo urbano e que acondi-cione as beirarrúas que a bordean, tan estreitas en varios puntos de Al-fonso Senra que incumpren a legali-dade vixente.

Xesús Pedreira, o concelleiro so-cialista, expón que en varias ubica-cións os peóns vense obrigados a baixar á calzada, algo imposible para quen se desprazan en cadeira de ro-das. E sobre o firme, afirma que as placas de cemento que o compoñen están moi deterioradas, con roturas e variacións de nivel. Os socialistas ale-garon ante Fomento que as peticións que efectúan melloraría a seguridade de tráfico rodado e peonil.

Así queda a estrada N-550 na comarcaCOMARCA Fomento arranxa unicamente os treitos de maior deterioro

Treito da estrada N-550 na entrada a Sigüeiro desde Santiago

Ordes intenta implicar a Cerceda para presionar pola estrada de Mercurín

ORDES Todas as forzas políticas crean unha mesa de traballo para buscar solucións

Presionar todos xuntos. É a imaxe que se impón de portas para fóra na procura dunha solución ao calami-toso estado da estrada entre Ordes e Cerceda ao seu paso por Mercurín. Noutra volta de rosca sobre o tema, o pleno ordense decidiu por unanimi-dade, sobre a base dunha proposta do BNG, crear unha “mesa de traba-llo” coa que intentar obter na Xunta un compromiso de arranxo.

Na mesa estarán representadas todas as forzas políticas. E a maio-res deixan a porta aberta á partici-pación do Concello de Cerceda, que segundo o alcalde de Ordes está ba-rallando tamén solicitarlle á admi-nistración autonómica que asuma a titularidade do seu tramo.

O goberno ordense non estaba inicialmente disposto a abordar a ini-ciativa do Bloque. Manuel Regos ar-gumentou que “estamos en conver-sas coa Xunta e creo que non pro-cede neste momento”. Pero os de-mais grupos posibilitaron o debate, os nacionalistas aceptaron retirar parte da proposta inicial e ao final

chegouse ao acordo unánime. O debate discorreu por camiños

xa bastante trillados. O rexedor de-fendeu que “o único interese é que a estrada a arranxe quen a estro-pea”, aludindo a Sogama, que desde hai semanas ten vetado o paso dos seus camións por ese vial. Regos in-sistiu en que Ordes pola súa conta

non pode acometer o arranxo: “faría falta o plan de obras de cinco anos, deixando de investir nas demais pa-rroquias”. E aproveitou para acu-sar de novo ao PP local de boicotear o proxecto “pola porta de atrás” da Xunta: “sei como actúan porque eu estiven aí tamén”, relatou.

O portavoz do PP, José Luis Mar-tínez Sanjurjo, reiterou a súa oferta para “interceder” ante a Xunta para acadar “un proxecto máis acaído” a tempos de crise que os arredor de 2 millóns previstos nun principio. O que non admitiu foron as acusa-cións de boicot do alcalde “sen fun-damento nin criterio, porque non o fixemos nunca nin o faremos xa-mais”, aseverou o líder da oposición.

Do BNG, destaca que Ramiro Re-couso propuxo de novo manter a ti-tularidade municipal da estrada e destinar a ela os 1,2 millóns de re-manente de tesourería de 2013. Polo PSOE, Xesús Pedreira anunciou unha iniciativa no Parlamento de Galicia para que Sogama colabore no man-temento da estrada.

Un dos socavóns que presenta o vial

O PP consegue que o goberno se comprometa a reparar os accesos a Morgade

ORDES

A pista que comunica o Mesón do Vento con Morgade (Ardemil) xa está oficialmente na axenda do goberno de Ordes. O pleno apro-bou por unanimidade unha pro-posta do PP para o seu arranxo. Nos seus case 900 metros, pre-senta un trazado moi deteriorado, con fochas, capa de rodadura de-teriorada, ausencia de cunetas e invasión das pólas das árbores nas marxes do treito inicial.

O concelleiro José Manuel Ges-tal (PP) pediu unha reparación ini-cial básica para facilitar a circula-ción. E a medio prazo propuxo ela-borar unha memoria técnica que cuantifique o custo da obra de ampliación da pista, para incluíla nun plan provincial ou nos orza-mentos municipais.

O alcalde, Manuel Regos, con-cordou en que é unha interven-ción “moi necesaria”, comprome-teuse a encargar a memoria e un proxecto, e advertiu de que en-sanchar o vial precisará expropiar algúns terreos.

Page 6: Cronicas comarcadeordes n3 marzo2014

6

ACTUALIDADE

Crónicas - Marzo 2014

O PP reúne en Ordes os seus representantes en Santiago Sur

O PP reuniu en Ordes aos seus alcaldes e portavoces municipais no partido xudicial de Santiago Sur. Ao acto acudiron o presidente do partido na provincia, Carlos Ne-greira, e o secretario provincial de organización, Diego Calvo.

Negreira animou aos seus com-pañeiros e destacou a que consi-dera capacidade da súa organiza-ción para “crecerse ante as adver-sidades”. Lembrando o ataque con explosivos ao local do PP ordense

en 2011, o tamén alcalde da Co-ruña expuxo que “nin os explosi-vos nin os 142 votos que nos sepa-raron da victoria en maio de 2011 conseguiron que nos rindamos”.

O líder provincial do partido re-feriuse á política local asegurando que “os veciños asisten abraiados aos acontecementos que propi-ciaron estrañas compañías que só buscan o interese propio dalgúns”. Por eso, animou ao PP ordense a demostrar que é unha alternativa.

Alcaldes e portavoces municipais do PP na zona, con Negreira e Calvo

COMARCA

Aurelio Garea asume o liderado dos socialistas de Frades

A Agrupación Socialista de Fra-des acaba de renovar a súa exe-cutiva local, que agora encabeza Aurelio Garea Portos, que cum-pre este ano 41 anos. A elección como secretario xeral foi unánime. O presidente da agrupación é Juan vilariño, con Antonio Mosquera como secretario de Organización e Jesús Iglesias como secretario de Política Municipal, entre outros.

Garea agradeceu o labor da executiva saínte e fala dunha

“nova etapa” de “ilusión” e “res-ponsabilidade” para o PSdeG fra-dense. Prometeu estar “ao servizo dos veciños” na procura de solu-cións aos problemas do municipio.

A nova dirección local recibiu a visita do secretario provincial dos socialistas coruñeses. Fran-cisco Caamaño animounos a tra-ballar “escoitando á veciñanza” para conformar “unha alternativa sólida” ao goberno do PP nas elec-cións locais de 2015.

Integrantes da nova dirección do PSOE de Frades, con Francisco Caamaño

FRADES

SUSACafé-Bar

CASA DE COMIDAS

Avda Alfonso Senra 27, bajoORDES

881 981 518

Menú do día e carta

Comida para levar

Comida caseira

Empanadas por encarga

Page 7: Cronicas comarcadeordes n3 marzo2014

ESPECIAL

Crónicas - Marzo 2014 7

Se ben, e como di o refrán, unha casa non debe empezarse polo tellado, si debe planifi carse dende o principio e elixir coida-dosamente a forma, os materiais e o sistema de instalación do te-llado, xa que a correcta elección destes elementos permitirá ga-rantir o confort interior da casa, o aforro de enerxía e a conserva-ción dos demais elementos cons-trutivos, evitando que se danen prematuramente con goteiras ou humidades.

Verea pon a disposición de todos os interesados a información e ase-soramento nece-sarios para que a execución do te-llado da súa vi-venda se realice da forma máis efi ciente.

1.- Forma dotellado: Inclinación.

En zonas xeográfi -cas onde a climatoloxía é abundante en chuvia, recomén-dase unha cuberta inclinada que garanta a correcta evacuación de auga. O Código Técnico da Edi-fi cación, no seu Documento Bá-sico de Salubridade, indica que a pendente mínima ha de ser dun 32% para tella cerámica (e un 60% para lousa). Non obstante, o sistema de instalación Verea System permite a correcta eva-cuación de augas mesmo para pendentes inferiores (dende un 26%).

2.- Elección dos materiais.Verea recomenda un mate-

rial de cobertura natural como a tella cerámica. E neste punto, Verea ofrece ao cliente as tellas con maior resistencia á xeada do

mercado español, que superan os 1.500 ciclos de xeo-desxeo, cando o nivel máis alto estable-cido na norma europea é de 150 ciclos. Isto é algo que ningunha outra tella fabricada en España pode alcanzar.

3.- Instalación.O morteiro ou cemento está

contraindicado na instalación da cuberta. Tan importante como a elección da tella é a correcta ins-talación desta. Verea, así como

o Código de Prácti ca para o Deseño e a Montaxe de Cu-bertas con Tellas Cerámi-cas, aconsellan a fi xación das tellas con escuma de poliuretano e ganchos.

A uti lización de ce-mento na instalación pode provocar futuros d e s c o n c h a m e n t o s nas tellas, problemas de venti lación da cu-berta que poden dar

lugar a condensacións, así como levantamento e des-lizamento das tellas pola perda de adherencia que o morteiro ten co paso do tempo.

4.- Correcta venti lación da cuberta.

Para que a cuberta fun-cione correctamente debe exis-ti r unha corrente de aire entre a tella e o seu soporte, que im-pida a formación de condensa-cións. Deixar que a tella "res-pire" axudará á conservación do tellado: facilita o secado da te-lla e reduce a aparición de mo-fos e fungos.

O Verea System dispón de elementos de venti lación, peine de alero, que garanten unha co-rrecta venti lación entre os dis-ti ntos materiais da cuberta.

todos os interesados a

En zonas xeográfi -

Deseño e a Montaxe de Cu-bertas con Tellas Cerámi-cas, aconsellan a fi xación das tellas con escuma de poliuretano e ganchos.

lugar a condensacións,

Catro consellos a ter en conta á hora de deseñar o seu tellado

Unha correcta planifi cación do tellado garantirá o confort interior da casa, o aforro de enerxía e a conservación dos demais elementos construtivos

Detalle do peine de alero, un dos elementos de ventilación do Verea System que garanten unha correcta ventilación entre os distintos materiais da cuberta

A miúdo cando planificamos a construción dunha casa, centrámonos na división interior da vivenda, nos aca-bados de solos e paredes, no mobiliario, ... deixando nun segundo plano un elemento construtivo tan impor-tante como é o tellado.

VEREA pon a disposición de profesionais e de particulares información e asesoramento

técnico totalmente gratuíto. Visítenos en www.ceramicaverea.com

Page 8: Cronicas comarcadeordes n3 marzo2014

8

ACTUALIDADE

Crónicas - Marzo 2014

Alcaldes do PSOE, de Anova e do BNG levaron ante o Parlamento de Galicia a súa protesta contra a suba do canon do lixo, en arredor dun 34%, aplicada pola Xunta desde este mes de marzo. Da comarca consta a presenza nesta mobilización do rexe-dor de Oroso, o socialista Manuel Mi-rás.

No acto estiveron presentes líde-res das forzas da oposición autonó-mica. O socialista José Ramón Gómez Besteiro, que tamén acudiu na súa condición de presidente da Depu-tación de Lugo, criticou que o enca-recemento do canon é “incompren-sible” e pediulle ao presidente da Xunta que escoitase aos alcaldes. O secretario xeral do PSdeG considera “practicamente crebado” o sistema de tratamento de residuos actual e reclamou unha alternativa sostible.

Xavier Vence (BNG) tildou de “des-prezo” que o presidente da Xunta non acceda a negociar cos alcaldes o que considera un “acordo unilate-ral” do goberno autonómico, que se-gundo el prexudica as contas munici-

pais e as economías familiares.Para Martiño Noriega (AGE) a

suba do canon é “un atraco a man ar-mada” que supón “agredir ás institu-cións máis débiles e con menos re-cursos” e aos cidadáns. O tamén al-calde de Teo estuda accións xudiciais para impugnar a suba.

Desde a Xunta, en cambio, o con-

selleiro de Medio Ambiente, Agus-tín Hernández, culpa a PSOE e BNG de “vetar” un preacordo no seo da Fegamp que prevía aplicar en 2014 só a metade da suba, para chegar ao 100% desde 2015. O conselleiro aconselloulles a Besteiro e a Vence que lles explicasen aos alcaldes por que frustaron aquel trato inicial.

Alcaldes opostos á Xunta protestan ante o Parlamento pola suba do canon do lixo

COMARCA O conselleiro acusa a PSOE e BNG de “vetar” un acordo paliativo

Concentración da oposición ante o Parlamento de Galicia en Santiago

Accidentada aprobación definitiva dos orzamentosmunicipais de Oroso para 2014

Os orzamentos de Oroso para 2014 foron aprobados de maneira definitiva nunha sesión urxente e extraordinaria do pleno, que se desenvolveu de maneira bastante accidentada. O PP e o PGD presen-taran alegacións, pero practica-mente non chegaron a debaterse, xa que a oposición rematou por abandonar a sesión ao entender que o alcalde non xustificara debi-damente a súa urxencia. O porta-voz do BNG advertiu que podía ser un pleno “nulo de pleno dereito”. O PP estuda presentar un recurso. Todos cuestionan as formas do go-berno.

O alcalde, Manuel Mirás, afirma que “todos os presentes coñecían de sobra as razóns” da urxencia e acusa á oposición de representar unha “pantomima” e de querer “entorpecer a marcha do Concello e prexudicar os ve-ciños” demorando o orzamento. Con todo, admite que puido co-meter “un erro ao non seguir o procedemento ao pé da letra”.

OROSO

Deciden investir nas rúas da capital 250.000 euros da Deputación

A comisión de obras do Conce-llo de Ordes xa decidiu os proxec-tos que acometerá con cargo ao plan DTC 93 que financia a De-putación da Coruña, cun importe que se achega aos 250.000 euros.

Os proxectos céntranse na ca-pital municipal, con arranxos en diversas rúas. En concreto, intervi-rán nas rúas do Parque e Recon-ciliación, coa instalación dun sis-tema de pluviais, reparación de beirarrúas e aplicación de aglo-merado. Tamén se dotará de aglo-merado a travesía do Regueiro. Na rúa da Igrexa disporase unha capa de formigón, mentres que en Ci-dade Xardín, na rúa Mercado e na rúa Compostela se mellorarán as beirarrúas.

Segundo o goberno ordense, a rúa Carnota será outro dos pun-tos nos que se intervirá. Contém-planse ademais obras de mellora e un cambio no sistema de alu-meado público nas rúas Eduardo Pondal, Pascual Veiga, Mestre Ni-colás do Río, Abastos, Compos-tela, Ramón Ferreiro e Parque Mu-nicipal.

ORDES

O cemiterio da Penela, na parro-quia de Oroso, clarificou por fin a súa situación xurídica tras máis de dúas décadas sen acomodarse ple-namente ao interese dos veciños. Hai uns días o Concello formalizou a ce-sión gratuíta do terreo onde se erixi-ron os panteóns aos propietarios.

Nun acto no que se asinaron e en-tragaron a gran maioría dos 168 do-cumentos de cesión, o alcalde, Ma-nuel Mirás, deu por rematada a si-tuación iniciada en 1993: “custounos moito atoparlle unha solución legal sen que supuxera un desembolso de cartos para os veciños, pero pagou a pena só por ver a satisfacción dos propietarios”, afirmou o rexedor.

Mirás aproveitou para criticar a ausencia da oposición local no acto de sinatura e manifestou que “non me sorprende despois de ver como no pleno eran quen de votar en con-tra dunha decisión adoptada por unanimidade dos veicños”. O alcalde insistiu en defender a validez dos do-cumentos entregados aos veciños “a todos os efectos”, ao estaren asina-dos polo secretario municipal como fedatario público.

Segundo o goberno municipal, a

solución acadada “conta co total res-paldo da Xunta” e aos donos do cemi-terio quédalles a seguridade de que o recinto non se vai tocar e que pode-rán deixar os nichos en herdanza “a quen queiran”.

UN PROBLEMA ANTIGOO conflicto do cemiterio da Pe-

nela xestouse en 1993, cando na con-centración se conformou a parcela que o acolle. A Xunta, como propieta-ria, quixo cederlla á parroquia. Pero

non puido ser porque as parroquias carecen de personalidade xurídica e finalmente cedeuselle a titularidade ao Concello.

En marzo do ano pasado, o Con-cello desafectou o terreo do domi-nio público e cualificouno como ben patrimonial. En setembro, o 97% dos propietarios de nichos respaldou a solución e despois o pleno municipal aprobou a cesión gratuíta da parcela á asociación de veciños, por 75 anos e para cemiterio rural particular.

O cemiterio da Penela, en mans veciñaisOROSO O Concello formaliza a cesión gratuíta do terreo, tras vinte anos de conflicto

Os orzamentos de Oroso para 2014 debatíronse nun pleno monotemático

Page 9: Cronicas comarcadeordes n3 marzo2014

ACTUALIDADE

Crónicas - Marzo 2014 9

Comeza a funcionar a residencia e centro de día

CERCEDA Dispón de 22 prazas como residencia

Con varios meses de demora so-bre o último anuncio oficial, para ul-timar as obras e os equipamentos e para solventar varias diferencias en-tre o Concello e a Xunta, o xeriátrico de Cerceda entrou en funcionamento a comezos de marzo.

En vez dunha inauguración con-vencional, para estrear a infraestru-tura, a primeira de carácter público con estas características na Comarca de Ordes, celebrouse unha xornada de portas abertas, á que se achega-ron máis de cen persoas.

O centro comeza con dez usuarios no fogar residencial (de 22 prazas dis-poñibles) e un no centro de día (cun total de 40 prazas). Sucesivamente vanse ir cubrindo todas as prazas. O Concello de Cerceda asume un ter-

cio do custo de cada praza que ocu-pen usuarios do municipio, mentres que o Consorcio Galego de Igualdade e Benestar se encarga da xestión.

Na xornada de portas abertas, ademais de integrantes da corpora-ción municipal, estivo presente o xe-rente do Consorcio, Roberto Rodrí-guez. A concelleira de Servizos So-ciais de Cerceda, María Viqueira, ex-puxo que “o centro está dotado cos mellores avances e a proba é que en Galicia só hai tres salas de estimula-ción cognitiva e unha delas é a que temos en Cerceda”..

2,3 millónS de eurOSA construción do xeriátrico pre-

cisou dun investimento superior aos 2,3 millóns de euros. Financiouse con

cargo ao Plan Miner 2006-2012, con colaboración do Ministerio de Indus-tria, a Xunta e o Concello.

O edificio, de 1.450 metros ca-drados, foi deseñado por César Por-tela e Gabriel Santos. Conta con cuar-tos individuais con baño integrado, e un equipamento de última xeración. Está situado ao lado do río Caban-cos, na zona do polígono industrial

do Acevedo.Precisamente esta ubicación

foi un tanto controvertida desde o mesmo momento en que se coñeceu. Na propia xornada de portas abertas, o goberno local falou de “lugar inme-llorable”. Na oposición, o BNG feli-cítase polo novo servizo pero desde sempre reclamou que se tivese ubi-cado nun espazo máis céntrico.

O xerente do Consorcio e autoridades locais acudiron á xornada de portas abertas

Recortes, remodelación, adapta-ción, desmantelamento... Segundo quen se manifeste e que intereses teña, o termo cambia, pero o único que está claro é que os cambios no servizo de transporte adaptado para persoas con discapacidade e para maiores, o coñecido como 065, en-gádenlles dificultades aos usuarios.

Ata hai unhas semanas, dispoñían do servizo de maneira gratuíta, tanto para transportes regulares como para desprazamentos puntuais. Coa reducción da flota de 112 a 44 vehí-culos adaptados e o despido duns se-senta traballadores en toda Galicia, o servizo deixa de ser tan accesible.

Agora, son os centros de día ou entidades os que pasan a xestionar o transporte regular, contratando ou compartindo os vehículos. A Xunta achégalles parte da financiación, cun tope de desprazamentos, e o custo restante deben asumilo os usuarios, nun novo “copago”.

No ámbito político, a conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, defende que haberá máis vehícu-los financiados con fondos públicos. Para ela, o servizo “acadará unha mellora das prestacións, atenderá máis usuarios e garantirá a atención a quen máis o precisa”. O secreta-rio xeral do PSdeG-PSOE, en cambio, acusa ao goberno do PP de “cebarse cos máis débiles” e destruír o ser-vizo do 065, creado polo bipartito. José Ramón Gómez Besteiro critica o novo “repago” e reivindica que o ser-vizo non se privatice.

O curso de habilidades sociais para persoas con discapacidade mantense no Mesón do Vento (imaxe de arquivo)

Na comarca ordense, á parte dos usos puntuais de deceas de usuarios, unha das utilizacións máis frecuentes do servizo 065 é o tras-lado do alumnado que acode ao curso de habilidades sociais para persoas con discapacidade que se imparte nunha aula adaptada no Mesón do Vento.

Cos cambios acometidos pola Xunta, a continuidade deste curso, cuns vinte usuarios, chegou a es-tar en perigo. De momento man-tense o curso, xa que as negocia-cións efectuadas permitiron que o transporte continúe algúns días á semana.

En todo caso, a portavoz do go-berno ordense, Silvia Marín, califica a decisión da Xunta de “paso atrás”. No debate plenario dunha moción socialista para que se cree a Tar-xeta Social Galega, aprobada, Ma-rín considerou unha inxustiza o re-corte do 065. Ademais do curso do Mesón do Vento, puxo como exem-plo o colexio especializado no que traballa en Santiago, onde o alum-nado tamén perde este servizo.

Entre os asistentes ao curso no Mesón, o disgusto tamén é consi-derable. Unha familiar dunha per-soa asistente a estas clases declara a Crónicas que a falta de trans-

porte vai en contra das posibilida-des de integración social das per-soas con discapacidade. “Quen non teñan o 065 agora van ter que que-dar na casa ou buscarse a vida con vehículos propios”, explica. Ante a carencia de centros especializa-dos, outra das persoas afectadas defende a existencia do curso no Mesón do Vento. Entenden que é moi útil para as persoas con disca-pacidade “porque se entreteñen e aprenden” e tamén para os seus fa-miliares porque “nese tempo po-des facer outras cousas”. “Parece que os queren pechar na casa”, ad-virte outra persoa afectada.

Malestar na comarca polos recortes no servizo do 065ORDES A Xunta nega que acometese un “desmantelamento” no transporte adaptado a persoas con discapacidade

“Parece que nos queren pechar na casa”, di un afectado

Page 10: Cronicas comarcadeordes n3 marzo2014

10

ACTUALIDADE

Crónicas - Marzo 2014

Acto de recordo ás vítimas no décimo aniversario do 11-M

Os socialistas de Ordes efec-tuaron unha ofrenda floral ante o monumento ás vítimas do 11-M, situado nas inmediacións da casa consistorial. Varios integran-tes da agrupación socialista local, encabezados por Xesús Pedreira, depositaron flores ante a placa que homenaxea ás vítimas e feri-dos no maior atentado terrorista acaecido en territorio español, ca-

drando co seu décimo aniversario. A placa fora colocada o 11 de

marzo de 2005, un ano despois dos feitos. O Concello, gober-nado entón por Teodosio Mar-tino (PP), atendera unha petición dos socialistas. A inscrición reco-lle uns versos de Uxío Novoneyra e o conxunto acompañouse dunha oliveira, como árbore que simbo-liza a paz.

Integrantes do PSOE ordense na ofrenda floral ás vítimas do 11-M

ORDES

Interese veciñal pola charla de posibilidades do sector forestal

Medio cento de veciños de Frades, segundo o Concello, inte-sáronse pola charla sobre posibili-dades económicas do sector fores-tal, ofrecida pola Asociación Pro-fesional de Selvicultores de Galicia (Silvanus) e a empresa ENCE.

Os técnicos destas entidades explicáronlles aos asistentes cal cren que é o tipo de eucalipto que máis lles convén que pranten e os

coidados que deberían recibir os terreos de monte para incremen-tar a súa productividade.

Tamén se explicou en que con-siste a certificación de xestión fo-restal, máis os aproveitamentos da biomasa e as súas perspectivas de mercado.

Pola súa parte, ENCE indicou que lles gustaría unha relación di-recta cos propietarios do monte.

Público asistente á charla sobre o sector forestal en Frades

FRADES

Preparan a primeira edición da Gala da CulturaVeciños e entidades de Oroso

poden presentar ata o 3 de abril no rexistro do Concello os seus candi-datos a seren premiados na primeira edición da Gala da Cultura, que se ce-

lebrará o 11 de abril. Distinguiranse á mellor traxectoria de 2013 e vital, á promesa de 2013, á asociación ou entidade que potenciase a cultura e á empresa que apoie a cultura.

OROSO

Case 5.000 euros co programa ‘Ler conta moito’As bibliotecas públicas de seis

municipios da comarca reciben preto de 5.000 euros no programa autonó-mico de promoción da lectura ‘Ler conta moito 2014’. Benefícianse as

da Silva e Cerceda (1.567,50 euros), a de Frades (814,50 euros), a de Me-sía (825 euros), a de Ordes (813,75 euros), a de Oroso (637,50 euros) e a de Trazo (251,50 euros).

COMARCA

Page 11: Cronicas comarcadeordes n3 marzo2014

ECONOMíA

Crónicas - Marzo 2014 11

A compravenda de vivendas na comarca caeu en 2013 ao seu mí-nimo do últi mo decenio, segundo os últi mos datos de transaccións inmo-biliarias ante notario, difundidos polo Ministerio de Fomento. En total, for-malizáronse 111 operacións, a cifra máis baixa desde 2004, cando come-zaron a publicarse estes recontos.

Por aquel entón, acadáranse as 333 compravendas, xusto o triple que en 2013. O máximo computouse en 2006, con 349 transaccións ante

notario nos sete municipios. A pri-meira fenda no sector observouse en 2008 (161 compravendas), aínda que en 2009 e 2010 (281 e 280) se obser-vou unha recuperación. En 2011 vol-veu afundirse, con 139 movementos, cunha suba ata 167 en 2012.

Ese repunte en 2012 ten bastante que ver coa recaída de 2013, xa que os cambios fi scais no sector fi xeron que se adiantasen ao ano olímpico varias operacións que en circunstan-cias normais se pecharían o pasado

ano.No conxunto de España, as ci-

fras tamén son negati vas. As 300.349 transaccións inmobiliarias de viven-das ante notario en 2013 supoñen unha caída do 17,4% en compara-ción con 2012. O comportamento é aínda peor en Galicia, que pasa de 16.370 operacións en 2012 a 11.875 en 2013. O descenso é de 27,5%.

Por municipios, o maior número de transaccións en 2013 correspon-deulle a Ordes, con 56. Á capital co-

marcal séguelle Oroso, con 26. En Cerceda rexistráronse 12 operacións, mentres que en Trazo foron 9 e en Mesía 6. Finalmente, en Frades e en Tordoia só se formalizou unha venda en cada un.

A compravenda de vivendas na comarca baixou en 2013 ao mínimo desde 2004

COMARCA O ano pasado formalizáronse só 111 transaccións ante notario

2004200520062007200820092010201120122013

333274349311161281280139167111

TRANSACCIÓNS INMOBILIARIAS NA COMARCA DE ORDES

“O peor ano en vendas foi 2012, na segunda metade de 2013 xa se viu máis movemento”

ENTREVISTA Ricardo Vieites Uzal, xerente da Inmobiliaria Caxide, de Ordes

- Cre que o dato das transaccións ante notario é representati vo do sector? Dito doutro xeito, é habitual que unha compravenda non pase por notaría?

- Ese dato de transaccións é total-mente representati vo, pois o 100% das vivendas transmiti das con hipo-teca pasan por notaría e rexistro; e das non hipotecadas poderiamos di-cir que o noventa e moitos por cento tamén o fan, fundamentalmente por un tema de seguridade xurídica. A inscrición no rexistro non é obrigato-ria salvo para hipotecas, pero si moi recomendable.

Estes datos falan ás claras de que o ano pasado foi dos peores en canto a número de transaccións de vivendas. Pero tamén debemos ter en conta que o dato do 2006 non é moi acertado. A explicación é que esas foron as vivendas escrituradas nese ano, pero nese tempo vendíase moito por plano. Así que moitas das vivendas das que se outorgou a escri-tura no 2006 foron en realidade mer-cadas en documento privado no 2004 e 2005. Pola contra, hoxe en día todo o que se vende está rematado, polo que as escrituras do 2013 son de ven-das do 2013 ou fi nais do 2012.

- Pola súa traxectoria no sector, foi 2013 o peor ano de vendas ou hai indicios de repunte? Cando cre que se viviu a peor situación no mercado inmobiliario?

- Na miña opinión, a nivel de ven-das, o peor ano foi 2012. Había moi poucos interesados aínda que fose a bos prezos, o ano pasado xa se viu máis movemento sobre todo na se-

gunda metade.- Na actualidade, cal é a principal

razón pola que unha persoa desiste de mercar vivenda?

-Na actualidade se a xente non merca vivenda é por varios moti vos: a fi nanciación infl úe, pero o principal moti vo para que a xente non merque vivenda é polo temor a necesitar o di-ñeiro nun futuro para outra cousa ou por non ser quen de afrontar unha hi-poteca. Loxicamente tamén existe a xente que está esperando a que os prezos baixen máis... pero estes es-tán por debaixo dos custos de cons-trución, e moitos promotores case non teñen vivendas en venda, así que en canto se vaian rematando as cons-truídas e comence a construción de novas, o prezo terá que elevarse.

- Constatan unha reducción de prezos na comarca nos últi mos anos? De que magnitude falamos, aproximadamente?

- Existe unha redución signifi cati va de prezos na comarca de Ordes. Pero debemos ter en conta que as vivendas vendidas nos anos 2011, 2012 e 2013 son as que se empezaron no “boom” e que se remataron no 2008, 2009 e incluso 2010. Estas promocións levan comercializándose dende aquela e loxicamente primeiro vendéronse as mellores vivendas, e agora véndense as que quedaron. Pero as estatí sti cas ofi ciais só recollen o número de me-tros cadrados e os prezos aos que se venderon. Se analizamos produtos de iguais calidades e situacións, salvo en contadas ocasións, o prezo en Ordes non baixou máis dun 15-20%.

- Entón, pódese dicir que na co-

marca había ‘burbulla’ ou é un fenó-meno que non se produciu de xeito tan notorio como noutros lugares?

- É certo que os prezos en Ordes subiron bastante dende fi nais dos 90 ata o 2007-2008, e que dende aquela pódese ver unha redución de pre-zos considerable. Aínda así non é para nada comparable con outros lu-gares nos que a canti dade de viven-das construídas foi moito máis alta. Exemplos de edifi cación na costa, onde os prezos chegaron a subir máis dun 100% e caeron dende máximos máis dun 60%, aquí non se deron.

- Son habituais as ‘gangas’ na zona?

- A verdade é que gangas vense moi poucas. Cando alguén pode ven-der un inmoble caro non o vende ba-rato, sen embargo ás veces algunha enti dade bancaria si que vende algo por debaixo do seu prezo lóxico. O ti po de inmoble máis económico na actualidade son os locais comerciais.

- Que é o que máis se está de-mandando na zona, en canto á ti po-loxía de vivenda?

- Os pisos de tres habitacións arre-dor dos 90 m2 úti les son o produto

estrela neste momento. O malo é que como o que se está vendendo xa está feito, os compradores teñen que adaptarse ao que hai.

- Conti núa predominando a com-pra ou avanza o aluguer?

- A xente segue preferindo a vi-venda en propiedade. Esta é unha ca-racterísti ca propia da sociedade es-pañola e non vai cambiar nin a curto nin a medio prazo. O que si se nota agora é que as familias adoitan em-pezar de alugueiro os primeiros anos, para despois trocar a vivenda en pro-piedade.

- Como cre que se podería reacti -var o mercado? Podería recuperarse a acti vidade de hai uns anos ou o ‘normal’ é máis ben o ritmo actual?

- A acti vidade normal de constru-ción non voltará mentres non se re-mate o stock actual, sobre todo o que teñen os bancos, e se volten a equili-brar os prezos de venda cos custos de construción. Non era normal o ritmo actual de edifi cación nin de Ordes nin de moitos outros lugares de hai uns anos. Pero tampouco é o de agora, no que non se está levando a cabo nin unha soa promoción para venda.

Vieites explica que na comarca os prezos non baixaron máis alá do 20%

Page 12: Cronicas comarcadeordes n3 marzo2014

12

ECONOMíA

Crónicas - Marzo 2014

A Casa Grande de Xanceda, granxa situada en Mesía, foi posta como exemplo da puxanza do sector dos produtos ecolóxicos durante a recente visita que a delegada provin-cial da Xunta, Belén do Campo, efec-tuou ás súas instalacións, acompa-ñada por responsables da empresa, polo xefe territorial de Medio Rural e polo alcalde de Mesía.

Do Campo repasou na súa visita as axudas convocadas pola Xunta para a transformación e comercialización de produtos agrarios e forestais. Con-cretou que no caso da Casa Grande de Xanceda, a administración acaba de conceder case 19.000 euros para avanzar na valorización da produción de leite. A Xunta afi rmou que, desde a súa creación, esta explotación leva recibidos uns 425.000 euros en axu-das para instalar o obrador, ampliar as dependencias e facerse con novos equipamentos tecnolóxicos.

Este ti po de axudas, segundo a delegada provincial, están cofi nan-ciadas polos fondos europeos Feader e na provincia da Coruña distribuíron este ano uns cinco millóns de euros

entre 33 empresas dos sectores agra-rio e forestal.

O goberno autonómico destacou a “clara aposta” da Casa Grande de Xanceda pola produción agraria ga-lega e pola súa posta en valor con métodos ecolóxicos, algo cada vez

máis valorado por un sector do mer-cado de consumo. A granxa, susten-tada sobre unhas 200 hectáreas de terreo, conta con máis de 350 vacas e 22 empregados en total. Produce leite pasteurizado, iogures cremosos e bebibles, e queixos.

Sitúan a Casa Grande de Xanceda como exemplo da puxante produción ecolóxica

MESÍA A Xunta afirma que a empresa leva recibidos 425.000 euros en axudas

Visita da delegada provincial da Xunta ás instalacións da granxa ecolóxica en Mesía

couseloordenes

15680 ORDESA Coruña

Muebles de CocinaFuente Estrey, s/n Tel: 981 68 83 29

Móvil: 629 808 796couselo [email protected]

ElectrodomésticosAlfonso Senra, 116

Tel: 981 68 08 09

Os perruqueiros maniféstanse contra o IVE “abusivo” do 21%

O sector da perruquería re-bélase contra o ti po de IVE apli-cado aos seus servizos, do 21% en vez do 10% reducido, que é o que demandan. Este luns 24 de marzo realizaron manifestacións por todo o país, secundadas por boa parte das perruquerías da comarca. Ademais, entregaron en Hacienda sinaturas de clien-tes que respaldan a recuperación do IVE reducido. Os profesionais deste sector consideran “abusivo e desproporcionado” o ti po que se lles aplica e afi rman que a suba ata o 21% derivou na caída de em-prego neto no sector e no peche de numerosos establecementos. Numerosas perruquerías pecha-ron durante as protestas.

COMARCA

Protesta dos perruqueiros galegos

Page 13: Cronicas comarcadeordes n3 marzo2014

ECONOMíA

Crónicas - Marzo 2014 13

A Comisión Nacional dos Merca-dos e da Competencia (CNMC) am-pliou hai uns días a incoación do ex-pediente sancionador que xa abrira en xullo de 2012 contra varias empre-sas lácteas. En total, son xa dezanove as industrias investigadas por prácti-cas contrarias á lexislación de com-petencia. Segundo a CNMC, consisti-rían “en intercambios de información e/ou acordos para o reparto do mer-cado e a fixación de condicións co-merciais, no mercado de aprovisio-namento de leite crú de vaca”.

A continuidade e ampliación da indagación vén confirmar o que desde sempre é un segredo a voces no sector, que se manifesta a miúdo na práctica imposibilidade de que un gandeiro poida mudar a industria á que lle vende o leite que produce, por comportamentos que anularían a libre competencia e ocasionarían perdas tanto a produtores como in-cluso ao consumidor final.

Se hai case dous anos a entón Comisión Nacional da Competencia abriu o expediente contra Lactalis, a

Corporación Peñasanta, Danone, Pu-leva, Leche Pascual, Nestlè, a Coo-perativa del Pirineo, o Gremio de In-dustrias Lácteas de Cataluña e a Aso-ciación de Empresas Lácteas de Ga-licia, agora esténdese a Industrias Lácteas Asturianas, Forlactaria, Cen-tral Lechera Asturiana, Leite Río, Cen-

tral Leiteira de Galicia, Senoble, Leite Celta e Feiraco.

A CNMC asegura que, á vista da documentación do expediente, ob-tida durante a súa instrucción, “pode deducirse que existen indicios ra-cionais da participación en supostas prácticas prohibidas” das empresas que agora investiga tamén.

De todos os xeitos, o organismo matiza que o paso que acaba de dar “non prexulga o resultado final da in-vestigación” e explica que se mantén o prazo máximo de dezaoito meses para instruír e resolver o expediente desde a súa incoación inicial.

Contando o tempo, ese prazo xa rematou o pasado mes de xaneiro e xa debería haber unha resolución. Pero os tempos da burocracia son outros e fan que non computen para o prazo os periodos de suspensión que se producen durante a tramita-ción do expediente, por mor dos re-cursos interpostos polas partes, a pe-tición de máis documentación ou a propia ampliación da investigación a máis industrias.

Competencia investiga xa dezanove lácteas por repartir o mercado entre elas

COMARCA O organismo observa “indicios racionais” de prácticas prohibidas

A investigación abriuse en xullo de 2012

Os sindicatos agrarios ven con bos ollos a ampliación do expediente sancionador, pero tamén expresan as súas reser-vas. En Unións Agrarias dinse satisfeitos pero cren que a deci-sión da CNMC chega “nun mo-mento inoportuno”, xa que es-taban tratando de negociar co órgano de arbitraxe unha reso-lución negociada na que as in-dustrias investigadas se com-prometesen co contrato dun ano, as negociacións das condi-cións ou designar mediadores para os conflictos.

O Sindicato Labrego Galego asegura que “as prácticas ma-fiosas das industrias só se po-derán erradicar coa reforma da Lei da Cadea Alimentaria”. O SLG acusa á propia CNMC de “torpedear sistematicamente” calquera solución desde hai anos, como os intentos de fixar prezos nas mesas do leite ou o de prohibir por lei a venda por baixo dos custos de produción.

Os sindicatos agrarios están satisfeitos pero non se fían da CNMC

REACCIÓNS

Page 14: Cronicas comarcadeordes n3 marzo2014

14

XENTE DE AqUí

Crónicas - Marzo 2014

O CIM da Mancomunidade promove nas aulas a igualdade

Desde o pasado mes de xaneiro e ata maio, o Centro de Informa-ción á Muller (CIM) da Manco-munidade de Ordes desenvolve o seu programa ‘Educando en Igual-dade’ nos centros escolares dos sete municipios da comarca.

Unha profesional deste ser-

vizo utiliza diferentes recursos, segundo a idade do alumnado, para traballar sobre o concepto da igualdade. Abordan aspectos como a corresponsabilidade no fo-gar, a violencia de xénero, os este-reotipos sexistas ou as novas mas-culinidades.

‘Contiños para compartir’, na biblioteca ordense, outra iniciativa pola igualdade

COMARCA

Teatro en inglés para o alumnado do Maruxa Mallo

O alumnado de primeiro e se-gundo curso da ESO do insti-tuto Maruxa Mallo (Ordes) acu-diu á representación da obra tea-tral ‘What’s up Romeo? na Casa da Cultura.

Esta actividade foi promovida polo departamento de inglés do

IES, dentro da súa programación. Trátase dunha función teatral na que os dous autores principais, que encarnan os personaxes de Romeo e Xulieta, manteñen diálo-gos co público facéndoo partícipe da trama, e motivándoo a expre-sarse na lingua de Shakespeare.

Os dous actores dialogaron en inglés cos estudantes durante a función teatral

ORDES

Dous cursos de informática activos ata mediados de maio

O Concello de Trazo desenvolve ata mediados do mes de maio dous cursos de informática, aos que asisten veciños interesados en manexar as novas tecnoloxías de información e da comunicación.

Para adaptarse ao nivel de co-ñecementos de cada alumno, existe un curso de iniciación to-

dos os martes, e outro de perfec-cionamento todos os xoves. Nos dous casos, as clases teñen lugar de 20 a 22 horas na aula municipal de informática. En total, cada cur-siño sumará trinta horas, nas que o alumnado se fará coas destrezas suficientes para utilizar diversas aplicacións do ordenador.

As clases son semanais, con niveis de iniciación e de perfeccionamento

TRAZO

Xornadas sobre sexualidade no CPI da Ponte Carreira

Os estudantes de primeiro, se-gundo, terceiro e cuarto curso da ESO do CPI da Ponte Carreira (Fra-des) participaron durante dúas semanas en varias sesións sobre sexualidade. A actividade foi orga-nizada polo Concello en colabora-ción co persoal do propio centro educativo.

As xornadas dividiron o alum-nado en dous grupos, de acordo cos seus tramos de idade. Abor-daron contidos como a anatomía e fisioloxía, o uso de anticoncepti-vos, as enfermidades de transmi-sión sexual, as características do ciclo menstrual, o autocoidado ou a hixiene.

Unha das sesións sobre sexualidade no colexio da Ponte Carreira

FRADES

Page 15: Cronicas comarcadeordes n3 marzo2014

XENTE DE AqUí

Crónicas - Marzo 2014 15

Un curso municipal forma no adestramento de cans de caza en dezaseis horas durante dúas xornadas

Un curso do Concello formou en Frades no adestramento de cans de caza. En dúas sesións formativas, desenvoltas en dous sábados conse-cutivos, as seis persoas que partici-paron recibiron algúns coñecemen-tos esenciais sobre o manexo de cans cazadores.

As dezaseis horas de clase, en-tre a parte teórica cunha exhibición de cans e a práctica cos animais do alumnado no monte, foron imparti-das por un profesor da Federación Galega de Caza. O concelleiro Ma-nuel Ferreiro acudiu a entregar os di-plomas de asistencia e destacou os resultados obtidos.

FRADES

Os donos dos cans recibiron diplomas

Alumnado do IES de Oroso adéntrase no voluntariado

Alumnado de cuarto curso da ESO do instituto de Oroso parti-cipou nun obradoiro sobre volun-tariado, organizado pola dirección xeral de Xuventude e Voluntariado da Xunta e polo Concello.

O propio director xeral, Ovidio Rodeiro, acompañado polos con-celleiros Antonio Leira e Luís Rey e pola directora do centro educa-tivo, Ana Coiradas, entregou os di-

plomas de participación. Leira destacou o incremento do

voluntariado no municipio e o be-neficio que supón para moitas per-soas. Agradeceu a colaboración do departamento autonómico. O titu-lar deste, Ovidio Rodeiro, explicou que o programa de Voluntariado Xuvenil disporá de 440.000 euros para toda Galicia este ano, un 17% máis que en 2013.

Acto de entrega dos diplomas de participación no obradoiro de voluntariado

OROSOO obradoiro municipal sobre elaboración de conservas rexistra unha elevada demanda

O obradoiro de elaboración de conservas convocado polo Conce-llo de Mesía cubriu as dezaoito pra-zas dispoñibles, con outras sete per-soas en lista de agarda. Con exposi-ción teórica e exercicios prácticos, as alumnas aprenderon a elaborar mar-melada de amorodo, tomates enva-sados ao natural, peras en licor ou cogomelos en aceite. Este obradoiro formou parte da programación mu-nicipal con motivo do Día da Mu-ller, que incluiu tamén a habitual Cea da Muller Traballadora e unha charla sobre dietética e alimentación a cargo da prestixiosa nutricionista María Viña.

MESÍA

A clase rexistrou lista de agarda

Page 16: Cronicas comarcadeordes n3 marzo2014

16

XENTE DE AqUí

Crónicas - Marzo 2014

COMARCA Os desfiles e os concursos de disfraces tiveron unha ampla participación en todos os municipios

Entroido, entroido e máis entroido

OROSO O concurso de disfra-ces do Concello superou os 1.200 es-pectadores. Houbo 51 concursantes, o que supón máis de 200 persoas dis-frazadas, de toda a contorna. En to-tal, uns 3.000 euros en premios. O Concello celebrou tamén unha festa de disfraces. É destacable tamén o festival do Colexio Rural Agrupado. O concurso de receitas de entroido ga-ñouno Zaira María Pulleiro, cunhas tortiñas de cabaza e anís.

O mundo das formigas, primeiro premio en comparsa

Obradoiro de cupcakes, con dezaseis participantes

mini europe, mellor comparsa infantil do concursoActuación escolar no Festival de Entroido do CRA de Oroso

A nosa escola, segundo premio en comparsas

FRADES A Concurso de Dis-fraces municipal superou os 400 es-pectadores. Gañou a comparsa ‘Algo pasa na granxa’, de Poulo. O premio especial á comparsa do concello foi para ‘Os pallasos da tele’, de Vitre. En individual adultos, gañou o ‘Tío Pepe’, de Oroso. En categoría infan-til, primeiros premios para ‘Os pitu-fos’ de Frades en grupos, e para ‘Os Dous Namorados’ de Vitre e de Moar en modalidade individual. Ademais do certame, celebrouse unha festa con animacións e chocolatada.

MESÍA A Festa de Entroido de Mesía encheu de disfraces o poli-deportivo municipal en Xanceda na tarde do sábado de entroido, coa participación de nenos e de adultos. Todos desfilaron para amosar as súas caracterizacións, aínda que o evento non tivo carácter competitivo. Todos os cativos disfrazados recibiron un agasallo. Xogos, obradoiros e atrac-cións complementaron a festa, que tamén incluíu unha merenda con lar-peira e chocolate.

Outra das propostas destacadas da programación municipal de entroido de Mesía, foi a visita, na xornada de luns de entroido, a un espectá-culo musical na Cidade da Cultura en Santiago. Os participantes acu-diron en autobús ata as instalacións do Monte Gaiás. Puideron entrar de balde ao presentárense alí disfraza-dos. Así o establecía a convocatoria do espectáculo, especialmente indi-cado para nenos e nenas de tres a once anos de idade.

Page 17: Cronicas comarcadeordes n3 marzo2014

XENTE DE AqUí

Crónicas - Marzo 2014 17

Máis de 300 participantes nunha festa de sabor doce

As celebracións de entroido de Tordoia divertiron durante toda unha tarde a unhas 300 persoas. Éxito de participación que se ve corroborado polos 40 litros de chocolate e 5 grandes roscas con-sumidas para adozar a xeira.

ORDES O sábado de piñata de Ordes foi a maior celebración de en-troido da comarca. O Concello estima que acudiron máis de 4.000 persoas como espectadores, e unhas 500 per-soas participaron no concurso de dis-fraces. O espectáculo e o bo tempo

contribuíron a acadar estas cifras.O certame, con premios por im-

porte de máis de 4.000 euros, tivo como carroza dañadora a ‘A familia das formigas’. ‘Algo pasa na granxa’ gañou na categoría de comparsa. A nivel individual adulto, primeiro pre-

mio para ‘Realismo matrix’. Nos disfraces infantís, primeira

comparsa ‘Soldados e bailarinas’, e ‘Ninións bailaríns’ mellor disfraz in-fantil . Premio simpatía para ‘Os Ro-cieiros’ e mellor comparsa ordense para ‘Campomaior Dancing Kids’.

Algo pasa na granxa (Poulo), comparsa adulta gañadora

O desfile do concurso de disfraces tivo un día soleado

Un dos obradoiros da Tarde de Entroidada de Ordes Os contos da lúa, terceiro premio en comparsas

TRAZO O Punto de Atención á Infancia (PAI) de Trazo celebrou o entroido cunha representación da obra ‘Os tres porquiños’ e un desfile por Viaño Pequeno ata a casa consistorial, ademais dunha degustación de produtos de en-troido achegados polas familias. O Concello tamén celebrou unha festa de entroido, con xogos, bailes e obradoiros para os máis pequenos. Un dos atractivos da festa foi a visita de Peppa Pig. En total asistiron un cento de nenos e ne-nas, aos que o alcalde e concelleiros lles entregaron agasallos.

TORDOIA

O pavillón cheo, a piques de desbordar todas as previsións

O entroido infantil e xuvenil de Cerceda contou coa participa-ción de máis de medio milleiro de nenos e nenas, no martes de en-troido. Chocolatada, xogos, obra-doiros e o habitual desfile de dis-fraces encheron o polideportivo da capital municipal, superando incluso as previsións que fixera o Concello.

CERCEDA

Page 18: Cronicas comarcadeordes n3 marzo2014

18

XENTE DE AqUí

Crónicas - Marzo 2014

A Festa do Grelo de Trazo reúne máis de 250 comensais

A verdura estrela do inverno, o grelo, cunha colleita escasa ao principio que repuntou conside-rablemente nas últimas semanas, merécelles aos veciños de Trazo unha festa por todo o alto.

O encontro, o pasado 8 de marzo, reuniu máis de 250 per-soas, e sobre a mesa houbo bas-tante máis que grelos. Patacas, chourizos e un completo repaso a toda a anatomía do porco satis-fixeron os padais dos veciños, que pagaron 18 euros por comensal, salvo os menores de doce anos.

Xa a media tarde, en plena dixestión, non faltou tempo para o baile, ao son do espectáculo musi-cal de ‘Alba’.

TRAZO

Xantar da Festa do Grelo de Trazo

O festival benéfico da Sementeira obtén máis de 2.000 euros

ORDES En beneficio de Cáritas parroquial de Ordes

O festival benéfico promovido por Cáritas parroquial de Ordes, acadou 2.235 euros de recadación. No des-pacho de billetes vendéronse 325 entradas (1.635 euros) e na fila cero 122 persoas achegaron 610 euros.

A cantidade obtida vaise destinar ao proxecto co que Cáritas, en cola-boración con outras entidades so-ciais, empresas, veciños e Concello, quere poñer en marcha un cultivo

para autoconsumo e aprendizaxe de labores agrarios por parte de persoas con escasos recursos.

Clemente Boo, directivo de Cári-tas en Ordes, agradeceu a colabora-ción e destacou a importancia de que o proxecto lles axude a saír adiante ás vítimas da crise “sumidas na desi-dia”. Presentada por Tania Veiras, a xornada contou con múltiples artis-tas, que colaboraron con altruísmo. O festival benéfico desenvolveuse en LP 45 (Foto: Luís Cobas - Foto Órdenes)

O Concello de Ordes tarda catro anos en poñer en servizo o novo depósito de auga potable

O Concello de Ordes tardou 4 anos en po-ñer en servizo o novo depósito de auga pota-ble de Merelle pola mala planificación munici-pal, xa que o proxecto foi executado sen dispo-ñer dos terreos necesarios para conectar a ins-talación á rede de distribución. O feito de que o Concello de Ordes se esquecese de adquirir eses terreos traduciuse en 4 anos de carencias

para os veciños. A insuficiente capacidade de almacenamento dos antigos depósitos de auga potable provocou problemas no inverno (au-gas turbias nas billas como consecuencias das enchentes) e no verán, ao descender o caudal do río do que se abastece a capital municipal.

A desidia do Concello de Ordes á hora de poñer en servizo o novo depósito de auga po-

table, deseñado para dar servizo ao conxunto da vila, contrasta coa rapidez coa que o Go-berno local actuou executando por vía de ur-xencia outras actuacións, como os baixos da Alameda ou o novo edificio do Concello, que ningún veciño demandou e supuxeron a dila-pidación dun enorme volume de recursos pú-blicos.

ORDES

As próximas reunións cos veciños serán en Beán (28 de marzo, ás 21:30 h. na

antiga reitoral) e Barbeiros (30 de marzo, ás 12:00 h, na escola do Cruceiro)

Mostras de gando e de maqui-naria agrícola, os estertores do en-troido, música e un reclamo gastro-nómico indiscutible. Con estes ingre-dientes, a Festa do Lacón con Gre-los renovou o interese do público, atraendo milleiros de persoas du-rante a fin de semana do 22 e 23 de marzo ao Mesón do Vento.

Da xornada do sábado destacou a exhibición de manexo de gando que ofreceu o Club de Xóvenes Gandei-ros. Avelino Souto, de 15 anos e cam-pión europeo de manexo de gando vacún, amosoulle ao público, xunto cos seus compañeiros, como prepa-ran as xovencas para certames ofi-ciais. Tamén se ofreceu unha sesión de rapado de ovellas.

Na tarde do sábado, entre a se-sión vermú e a verbena da noite, o concurso de disfraces repartiu máis de 1.000 euros en premios. Compar-sas e carrozas ofreceron o derradeiro espectáculo do entroido deste ano.

O domingo rexistrouse a maior afluencia de público. A partir do me-diodía, bares e restaurantes do Me-

són do Vento comezaron a ofrecer de balde coas consumicións tapas e ra-cións de lacón con grelos. Durante a xornada, proseguiron as mostras de maquinaria e de gando, cun cento de reses. A tarde dominical reservou aínda tempo para a primeira proba

do XVII Campionato Galego de Anda-dura e do VII Campionato de Trotóns, que continuarán o 13 de abril en Na-rón. O programa completouse con probas de arrastre vacún e cabalar e cunha verbena musical para o serán e noite do domingo.

A XVI Festa do Lacón con Grelos atrae milleiros de visitantes ao Mesón do Vento

ORDES Con mostra de gando e maquinaria, entroido, música e gastronomía

A preparación de xovencas para certames oficiais espertou moito interese

Page 19: Cronicas comarcadeordes n3 marzo2014

XENTE DE AqUí

Crónicas - Marzo 2014 19

Curso xuvenil de técnicas de caracterización e maquillaxe

Once persoas participaron no curso de técnicas de caracteriza-ción e maquillaxe infantil que or-ganizou o Concello de Mesía a tra-vés da súa Oficina Municipal de In-formación Xuvenil (OMIX).

As alumnas aprenderon du-rante catro horas múltiples aspec-tos deste tipo de tarefas, e practi-caron diversas técnicas coas súas

propias facianas. Con carácter gratuíto, esta ac-

tividade formativa estaba espe-cialmente dirixida a xóvenes con interese nesta temática e a per-soas coa titulación de monitor de tempo libre que quixesen comple-tar a súa formación e incrementar así as súas posibilidades de em-pregabilidade.

As alumnas do cursiño practicaron o aprendido nas súas propias caras

MESÍA

Vinte persoas no primeiro martes saudable da tempada

Oroso retomou o seu programa de ‘Martes saudables cos maiores’ cunha charla de dúas horas sobre o coidado a persoas dependentes, no relativo á administración de medicamentos e á alimentación.

Estas charlas e obradoiros con-tinuarán celebrándose o primeiro

martes de cada mes, de 17 a 19 horas no Local da Terceira Idade. A asistencia é gratuíta.

O concelleiro de Servizos So-ciais de Oroso, Antonio Leira, amosouse “satisfeito co aprovei-tamento que os nosos maiores fan destes cursos e charlas”.

OROSO

Público asistente ao obradoiro de coidado a persoas dependentes

Page 20: Cronicas comarcadeordes n3 marzo2014

20

DEPORTES

Crónicas - Marzo 2014

Éxitos do Club Natación Cerceda

O Club Natación Cerceda pro-clamouse subcampión por equi-pos nos Campionatos Galegos de Salvamento Deportivo. Nestas pro-bas, Alejandro Suárez foi campión alevín, Lara López campioa infantil, e Inés Barbeito júnior.

Tras estes resultados, no Cam-pionato de España Marta Rosende logrou a prata en 50 arrastre con aletas cadete. No Campionato de España xuvenil, júnior e absoluto,

Inés Barbeito foi ouro nas probas de 100 socorrista e 100 arrastre con aletas. En equipos, Barbeito e Sara Gende obtiveron o ouro en lanza-mento de corda. Elas dúas, con Án-gela Piñeiro e Ana Muíño, bateron a marca galega de 4x25 en arrastre. E no campionato alevín, Alejandro Suárez foi campión en 50 arrastre con aletas e en 25 arrastre de man-equín. Antía Martínez foi sétima en 50 arrastre con aletas.

Desde esq.: Ángela, Beni Vázquez (adestrador), Inés e Sara, con Ana diante

CAMPIONATOS DE SALVAMENTO DEPORTIVO

O Oroso TM acada o ascenso matemático a primeira nacional

O Oroso TM que nesta tem-pada competiu en segunda divi-sión nacional acadou o ascenso matemático de categoría a falta de catro xornadas para o remate da competición desta tempada.

O equipo, filial do Oroso TM Deporte Galego da división de honra masculina, clasificouse como primeiro do grupo. A vic-toria definitiva colleitouna ante o Cambre TM, por un significativo resultado: 5-1.

A entidade destaca que du-rante a tempada foilles dando “oportunidades e partidos aos máis xóvenes da canteira e, lonxe de resentirse o equipo, estes res-ponderon cunha madurez e cun xogo digno da categoría”, afirman nun comunicado.

Como mostra, na fin de se-mana na que se confirmou o as-censo matemático de división xo-gou o infantil Lois Teixeira. Este xogador foi incluso quen de pun-tuar no partido ante xogadores de moita máis experiencia ca el.

Este ascenso era un dos pro-pósitos do Oroso TM para esta tempada 2013-2014. Xogadores, adestradores e a directica amo-

saron a súa “inmensa” ledicia, xa que o éxito supón a culminación de “moitos meses de traballo que sen dúbida deron os seus froitos”.

OUTROS EQUIPOS Por outra parte, os demais

equipos da entidade de Oroso van obtendo resultados razoable-mente satisfactorios nas súas res-pectivas competicións. Así, no úl-timo encontro do Oroso TM Pelu-quería Tije ao peche desta edición, impúxose ao Cafetería Lareka-Au-tosisán por 1-6. O Tije mantén o cuarto posto da clasificación e boas posibilidades de loitar polo ascenso. O E.S. Sigüeiro, tamén na primeira división galega, tivo me-nos sorte e caeu por 5-2 ante o Giuseppe Anthony.

En segunda galega, o Oroso TM Hotel Santa Cruz gañoulle por 4-3 ao Liceo Casino Xuvenil, pri-meiro clasificado da liga. Os máis pequenos perderon por 0-7 ante o mesmo equipo.

O partido do primeiro equipo fronte ao Establecementos Otero de Cambados foi aprazado aten-dendo unha petición do conxunto pontevedrés.

Participantes do Oroso TM no XII Torneo de España en Valladolid

TENIS DE MESA

Emma Núñez, campioa en kata e subcampioa en kumite

A deportista Emma Núñez, de Cerceda, proclamouse campioa xuvenil en kata (técnica) e sub-campioa en kumite (combate) no Campionato Galego de Kárate In-fantil disputado hai uns días nas Pontes. A esta cita acudiron uns trinta clubes de toda Galicia.

Para Núñez, era o seu primeiro campionato na modalidade de kata en categoría xuvenil. A cerce-dense pasou a primeira fase, aos puntos, como cabeza de grupo. Nas posteriores rondas, por empa-rellamentos e eliminación directa, encamiñouse á final cun claro 5-0. Na final impúxose á lucense Carla, do club Shihan, tamén por 5-0. É o cuarto ano consecutivo que se fai co campionato galego.

En kumite, na categoría de me-nos de 50 quilos, Núñez resolveu sen problemas os dous primeiros combates: un por 8-0 en 1’10’’ e outro por 6-0 en 52”. Na final en-frontouse á campioa galega do ano pasado, Paula Garabatos, do San Francisco de Teo. Empataron a

3 e decidiuse a gañadora por crite-rio arbitral tras os dous minutos de tempo máximo do combate.

Núñez formará parte da selec-ción galega no Campionato de Es-paña Infantil o 12 e o 13 de abril.

CAMPIONATO GALEGO DE KÁRATE

A deportista cercedense, cos trofeos

Ademais do ascenso a pri-meira nacional, o Oroso TM aca-dou outros éxitos en datas recen-tes. É o caso da medalla de bronce de Uxío Regueiro no XII Torneo de España, disputado polos 620 me-llores de toda España. O Oroso TM clasificou nel nove xogadores das distintas categorías de base.

Co seu podio, Regueiro afián-

zase como cuarto na clasificación española e poderá participar no Top 10 Nacional en maio, cos dez mellores palistas de España pug-narán por unha praza no europeo.

O concelleiro de Deportes de Oroso, Luís Rey, felicitou ao Oroso TM por todos estes éxitos e des-tacou o gran labor que está efec-tuando o club.

Uxío Regueiro, bronce no estatal

Page 21: Cronicas comarcadeordes n3 marzo2014

DEPORTES

Crónicas - Marzo 2014 21

encontrarás desde menaje, bolsitos, bandoleras, mochilas,

bolsas de deporte, maletas...

Si buscas un regalo para una comunión, cumple o simplemente un detalle...

Acércate por nuestra tienda!!!bolsitos, bandoleras, mochilas, bolsitos, bandoleras, mochilas,

bolsas de deporte, maletas... bolsas de deporte, maletas...

DEPORTESDEPORTES

Sorteamos 2 entradas para el Circo del Sol con compras de más de 30 €

rúa da Canteira, nº2 (antigo vodafone). OrdeS (A Coruña). Teléfono: 981 688 646

También papelería de tus personajes favoritos, juguetes, camisetas, pijamas, calzado, gorras...Y prepárate para el verano: toallas, chanclas,

bikinis, culotes, colchonetas, palas...

Para niñosy jóvenes

O Hóckey Global Club Patí n Cer-ceda recibe este martes 25 de marzo, no pavillón Fernando González Laxe de Cerceda, ao F.C. Barcelona. O en-contro, que comeza a parti r das 21:00 horas, chega nun momento moi positi vo para o equipo local, xa que co seu séti mo posto ten practi ca-mente garanti da a permanencia e in-cluso, na situación actual, tería unha praza para disputar a Copa CERS na próxima tempada.

Este posicionamento conse-guiuno logo de impoñerse por 3-5 ao Reus Deporti u, terceiro da táboa, nun encontro no que o conxunto de Cerceda, adestrado por Juan Copa, deu a sorpresa. A clave da victoria, segundo explica o propio club, foi o bo e efi caz xogo demostrado, susten-tado nunha férrea defensa con Willy Domínguez como alicerce.

O cinco inicial conformárono o propio Domínguez, Joan Grasas, José Ramón López, David Torres e Gon-zalo Pérez, ti tular por primeira vez na tempada. Martí n Payero foi baixa neste encontro, que comezou mal para os de Cerceda, cun gol do Reus

cando só transcorreran once segun-dos de xogo. Reaccionaron e no mi-nuto cinco empataron cun tanto de David Torres. O Reus dominaba, pero o Cerceda non desperdiciou nin-gunha ocasión de contraataque. Cun tanto á media volta de Gonzalo Pé-rez, puxéronse por diante no marca-dor (1-2). A tres minutos para o des-canso empatou o Reus.

Na segunda metade do parti do, Torres fallou unha falta directa e a Pérez anuláronlle un gol por infrac-ción. Grasas logrou de novo a van-taxe (2-3). Aínda habería outro em-pate do Reus, que pugnou pola victo-ria. Pero o GH C.P. Cerceda sacoulles parti do ás súas saídas á contra, con novos tantos de Grasas e Pérez que levaron ao 3-5 defi niti vo. O equipo de Cerceda sacoulle o máximo partido aos contraataques

O HG C.P. Cerceda recibe o Barcelona sétimo e con aspiracións europeas

HÓCKEY Despois de dar a sorpresa vencendo por 3-5 ao Reus Deportiu

Page 22: Cronicas comarcadeordes n3 marzo2014

22

DEPORTES

Crónicas - Marzo 2014

Frades organiza a súa primeira carreira para o domingo 18 de maio

O Concello de Frades orga-niza, xunto coa Federación Galega de Atletismo, a súa primeira Ca-rreira Pedestre. Será o domingo 18 de maio, coa Ponte Carreira como saída e meta, e contará con categorías pitufo, prebenxamín, benxamín, alevín, infantil, cadete, xuvenil, júnior, promesa, senior e veterán.

As distancias a percorrer va-rían en función das idades, se ben a proba absoluta terá unha lonxi-tude total próxima aos 7,7 quiló-metros, por viais diversos, entre eles unha parte por pistas fores-tais.

As inscricións xa se poden efec-tuar, ata o xoves 15 de maio ás 22 horas. No caso das probas escola-res, hai que rexistrarse nun formu-lario dispoñible nas webs da fede-ración autonómica ou de atletis-mogalego.org. Nestas categorías, a participación é gratuíta.

Nas probas de adultos, desde xuvenil-junior ata veteranos, cada participante deberá pagar 4 euros. As anotacións deberán efectuarse na páxina www.emesports.es. Os atletas locais deberán indicalo cu-brindo a casa correspondente.

Os clubs federados, para optar aos premios por clubs, deberán, ademais de formalizar a inscrición individual de cada atleta, remitir un correo electrónico ao Concello que inclúa os datos do club e unha relación dos atletas que competi-rán, selada pola federación ou a súa delegación correspondente.

Para a proba absoluta, os corre-dores recibirán un chip por parte da organización no momento de recoller o dorsal. Terán que devol-velo tras cruzar a liña de meta.

En canto aos trofeos e premios, entregaranse aos tres primeiros de cada categoría de idade, con po-dios masculino e feminino. Tamén se prevén trofeos para os partici-pantes de menor e de maior idade que conclúan a proba, para os tres primeiros clasificados empadroa-dos no municipio, e para os tres primeiros equipos clasificados e trofeo para o club, entidade ou co-lexio que máis corredores sume á proba. Tamén se contemplan pre-mios en metálico na carreira abso-luta, que van desde os 50 e os 300 euros.

Todos os corredores recibirán cadansúa camiseta térmica como agasallo e medallas para as cate-gorías escolares. A organización ofrecerá avituallamento e duchas ao final da competición.

FRADES

Vista Alegre e Xuventude, gañadores do Torneo de Fútbol alevín e benxamín do Concello de Trazo

O Concello de Trazo aproveitou os días de descanso que os escolares teñen das datas de entroido para ce-lebrar o seu Torneo de Fútbol en ca-tegorías benxamín e alevín. Na pri-meira gañou o Vista Alegre e na se-gunda o Xuventude Oroso.

A competición en categoría benxamín, disputada o luns de en-troido, tivo como competidores o Trazo CF, o Tordoia, o Compostela, o Bertamiráns, o Dubra, o Vista Ale-gre, o Xuventude Oroso e o Calo. A final disputárona o Vista Alegre e o Xuventude Oroso e decidiuse nos pe-naltis, como queda dito en favor do Vista Alegre.

O martes de entroido, o torneo centrouse na categoría alevín, co Trazo CF, o Xuventude Oroso, o Calo, o Dubra, o Vista Alegre, o Cacheiras e o Villestro como equipos participan-tes. A final disputárona o Xuventude Oroso e o Vista Alegre. Decidiuse ta-mén nos penaltis, para o Xuventude.

O alcalde tracense, José Dafonte, presidiu a entrega dos trofeos e feli-citou aos participantes.

TRAZO

Exhibición de baloncesto para o alumnado do colexio O Cruce a cargo do Basquet Coruña

Os xogadores Javier Lucas, Ángel Hernández e Jason Cain, do Basquet Coruña, visitaron as instalacións de-portivas de Cerceda para ofrecerlles unha exhibición de baloncesto ao alumnado de sexto de primaria e de primeiro e segundo de secundaria do colexio O Cruce.

O encontro entre os deportistas e os estudantes comezou por unha charla, que deu paso a un coloquio no que os escolares puideron formu-larlles preguntas aos baloncestistas. De seguido, procederon á exhibición deportiva.

Tamén houbo tempo para as fo-tos, pero xusto antes os xogadores repartiron entradas para que os es-tudantes puidesen acudir a un dos partidos da baloncesto disputados polo equipo na Coruña. O Concello de Cerceda fletou un bus para que os adolescentes interesados asistisen de balde ao encontro entre o Bas-quet Coruña e o Barcelona. No des-canso actuou a escola Presto Vivace, con alumnado procedente da escola de música e baile de Cerceda.

CERCEDA

Page 23: Cronicas comarcadeordes n3 marzo2014

OPINIÓN

Crónicas - Marzo 2014 23

A publicación da sentenza do Tri-bunal de Xustiza da Unión Euro-pea do pasado 27 de febreiro de 2014 que declara a ilegalidade do Imposto sobre as Vendas Minoris-tas de Determinados Hidrocarbu-ros (IVMDH), denominado colo-quialmente “céntimo sanitario”, pon fin a un debate aberto a moitos ni-veis xa desde o seu nacemento hai aló máis dunha década sobre a súa máis que dubidosa legalidade, e ao mesmo tempo ábrese a porta defi-nitivamente ao proceso de reclama-ción de devolución deste imposto, que de feito en APETAMCOR xa ini-ciamos para moitos transportistas a finais de 2009 cando xa todo apun-taba cara unha sentenza como a que se acaba de producir.

Así mesmo, cómpre dicir que a sentenza do 27 de febreiro é moi sa-tisfactoria para o sector do trans-porte por estrada porque, ademais de concluír que o IVMDH é contra-

rio ao dereito comunitario por vul-nerar a Directiva europea sobre Im-postos Especiais, tamén recolle lite-ralmente que non procede limitar no tempo os efectos da mesma tal como solicitou o Goberno español ao propio Tribunal de Xustiza da UE, ao entender este Tribunal que o Go-berno non actuou de boa fe ao man-ter o IVMDH en vigor durante máis de dez anos, non atendendo ás ad-vertencias que desde as institucións europeas se lle trasladaron sobre a posible ilegalidade do imposto en varias ocasións.

Polo tanto, desde o sector non po-demos máis que felicitarnos pola sentenza, porque cremos que por fin se fai xustiza, e ao mesmo tempo demandar de forma clara aos Go-bernos español e galego celeridade administrativa no proceso de devo-lución do imposto aos transportistas a medida que se vaian presentando as correspondentes reclamacións

de devolución na vía administrativa, xa que para moitos este diñeiro vai ser un auténtico balón de osíxeno dada a situación económica tan di-fícil que arrastran tras seis longos anos de crise económica.

No caso concreto de Galicia, as no-sas estimacións son que o conxunto do sector do transporte de merca-dorías galego ten dereito a percibir como devolución do imposto decla-rado ilegal un importe que supera-ría os 150 millóns de euros, sen in-cluír os xuros xerados nestes anos. Como exemplo ilustrativo, un ca-mión de transporte pesado que con-sumiu 40.000 litros de carburante no ano 2012 repostados na súa to-talidade en estacións de servizo de Galicia, soportou un IVMDH de 1.440 euros.

Neste contexto, co obxecto de xes-tionar do xeito máis coordinado e eficaz posible o proceso de trami-

tación de todo o caudal de recla-macións dos transportistas galegos que de modo inminente se nos ave-ciñan, APETAMCOR decidiu consti-tuír conxuntamente con outras aso-ciacións de transportistas de Galicia a Plataforma Galega pola Devolu-ción do Céntimo Sanitario ao Trans-porte.

Galicia, 12 de marzo de 2014.

ALBERTO VILA GONZÁLEZXerencia e Coordinación Xeral

Asociación Empresarial de Trans-porte de Mercadorías por Estrada de Galicia (APETAMCOR)

Unha sentenza que fai xustizaPor Alberto Vila González

TRIBUNAS DA COMARCA

Os paxariños da Alameda

O diñeiro, o capital, o parné, non dan a educación. Máis ben fan perder as formas. Mesmo en público e en te-

rreo sacro. Demostrouno o quebra-noces, cego de inútil carraxe.

Volvendo á comarca, os observadores pregún-tanse canto tempo se-guirá voando a charrela

pola zona. Está claro que non se adapta ao ecosistema, que non se reproduce, que nin sequera man-tén o niño en pé, que padece con calquera inclemencia da meteo-roloxía por leve que sexa... Pero aí continúa, saíndo a pasear de vez en cando, rodeada de gaivotos e cego-ñas, e fardando de posición. A única explicación é que se colocou nun niño libre, ao que lle peta o vento do norte e que non é codiciado por ninguén... E a vivir do conto.

Os paxaros non deberían andar de xeonllos. A súa anatomía non está feita para eso. Non. Pero en

cambio na comarca hai un paxaro senlleiro que está tan afeito a an-dar de xeonllos que hai xa anos que non lle funcionan as ás. O peor é que el pensa que si. E de vez en cando insiste, teima en voar. Pero non hai maneira. Tanto se afixo ás xenuflexións, tan ben o pasou con elas, tanto as aproveitou, que agora a súa penitencia, a súa eterna con-dena, vai ser non volver despegarse do chan. Cun agravante, o camiño cada vez ten máis pedras...

Sección de chíos, murmuracións e faladoríaspilladas polo aire, unhas máis certas que outras

Despois está o pato rabi-longo, que algunha vez foi confundido cun merlo e que quizais resulte ser un

miñato. Tal cal. O exemplar, que cada vez se deixa ver máis pola Ala-meda, ten perplexos os ornitólo-gos. Agora descubríronlle compor-tamentos de cuco, por aquelo de andar poñendo de niño en niño. Ou

simulalo. Porque nin sequera ten ovos! E aínda ha pensar que pode manter o teatro moito tempo... Xa debería saber que non vai ser así, sobre todo se, como lle gusta, quere o papel de protagonista.

Noutras terras, os gaivotos puxéronse moi nerviosos. Non soportan nin o mínimo cambio na paisaxe (é un di-

cir, que ben que a fan e desfan ao seu antollo...) e cando hai algunha mudanza remexen as ás todo o que poden. Entre o que sucede no niño alleo, alzado sobre unha nova ro-seira, e as traizóns sibilinas do niño propio, xa non teñen claro que fa-cer. Saben ben que todo depende deles mesmos, que malo será que agromen as flores, pero ao mesmo tempo observan como no seu niño non caben pallas vellas. Por eso os máis novos só pensan en facer lim-peza, retirar toda a maleza. Uns en-tenden que deben facelo agora, canto antes, e aproveitar o ano que lles queda por diante. E outros,

máis inspirados polos meandros do Tambre, suxiren deixar a limpeza para o último momento. Pode que teñan que meter o lixo debaixo da alfombra, pero polo menos asegu-raríanse de non atrancar as corren-tes e mandar as augas ao prado ve-llo. Ese é o dilema, pero titobean tanto...

Entre que o pan non resiste e que a cebola resultou fu-gaz, ao corvo podre non lle sae o bocadillo. Agora pode

permitirse estar a dieta, pero o que máis lle fastidia é ter que tragar o orgullo. Din que o seu don xa non dá, porque o que deu xa non dá, o que non deu non dá, e o que aínda dá non dará. Máis vergonza.

Quéixanse algúns segui-dores de que non enten-den estes chíos. Outros te-

ñen dúbidas de se interpretan ben. E despois están os que cren que os decodifican con nitidez, sentíndose aludidos e ás veces molestándose. Aquí parécenos que uns entenden máis do que din e outros son me-nos importantes do que cren.

Page 24: Cronicas comarcadeordes n3 marzo2014

CrónicasCrónicas - Mensual independente da Comarca de OrdesDirección: Aurora Pastor Gil. Tel: 617 917 130 Contacto: [email protected]ósito Legal: C 900 - 2013Imprime: Publicacións Tameiga, S.L.

Proximidade. Honestidade. Solvencia. Pluralismo.

O xadrez ábrese paso con contun-dencia na comarca. O Club Xadrez Oroso acadou hai uns días o subcam-pionato na terceira división galega, o que lle permite o ascenso automá-tico. Así, na vindeira tempada xoga-rán en segunda división. O mérito é aínda maior se se ten en conta que se trata do primeiro ano en competición oficial da entidade, na que declaran ter unha “gran satisfacción”.

Non é o único éxito do club, xa que nos últimos tempos o seu xoga-dor Martíne Pena venceu no campio-nato provincial sub-12 e Carmen Mí-guez foi quinta na categoría feminina dese mesmo campionato. En sub-14, destaca o cuarto posto de Pena e o terceiro feminino de Sara Míguez.

A entidade de Oroso xogaba este ano con dous equipos na Liga. Un é o Club Xadrez Oroso (CXO), formado cos xogadores con maior experiencia. Intégrano nove xogadores, que foron rotando xornada tras xornada ao ser catro o máximo de xadrecistas que

poden competir semana a semana. A maiores, dispoñen da Escola de

Xadrez de Oroso (EXO), na que se ubi-can os xogadores máis novos, os que están comezando na competición. Non obstante, para “compensar o equipo”, tamén está na EXO algún dos veteranos. En total, neste equipo hai once xadrecistas, dos que dúas son mulleres e desenvolveron tamén un extraordinario labor na liga recén re-matada, tal como destaca o club.

PEDAGOXÍAOs éxitos deportivos supoñen un

recoñecemento, animan e chaman a atención. Dan titulares. Pero qui-zais non sexan o máis importante para o Club Xadrez Oroso, á vista do proxecto pedagóxico que desen-volve. Semanalmente acoden a esa escola máis de 25 alumnos, tanto ne-nos como adultos. Ao cargo das clases está o mestre Roberto Patiño, un au-téntico adestrador de mentes xadre-cistas, que xoga no equipo da USC e

foi campión galego. A entidade, que preside Juan Ra-

món Salgueiro Aguirre, considera que o seu proxecto non sería posible sen

os xogadores, as súas familias, os so-cios e o Concello, que lles cede as ins-talacións. Por eso, só teñen palabras de agradecemento.

OROSO A entidade desenvolve un proxecto deportivo e pedagóxico ao que asisten máis de 25 alumnos

O Club Xadrez Oroso logra o ascenso de categoría no primeiro ano de competición

O Club Xadrez Oroso espertou o interese da poboación por este deporte