cronicas comarcadeordes n2 febreiro2014

24
Crónicas Mensual independente da Comarca de Ordes - Nº 2 - Febreiro de 2014 A estrada de Mercurín, entre os polígonos industriais de Ordes e Cerceda, foi cor- tada ao tráfico pesado no seu tramo ordense para evitar un deterioro aínda máis grave do que xa ten. A decisión, do Concello, prodúcese tras varios anos á espera de que se acometese o proxecto de acondicionamento no Plan Miner. O alcalde cre que o vial debería pasar a ser auto- nómico e os principais opo- ñentes acúsano de falta de xesón. Ningunha administración quere asumir a estrada de Mercurín Páx. 3 As revelacións da Pokémon tensan o pleno deste xoves ORDES Páx. 2 Mesía e Oroso aproban os seus orzamentos para 2014 COMARCA Páx. 5 Páx. 17 Entroido sen límites Rosa Quintana defende en Ordes a nova PAC ORDES Páx. 7 Os temporais déixanlle paso á avaliación de danos COMARCA Páx. 10 A Mancomunidade rexeita os recortes no transporte 065 COMARCA Páx. 8 Un equipo do CPI de Xanceda, no Parlamento Xoven MESÍA Páx. 24 Entrevista con Rebeca Puente, capitana do Tordoia DEPORTES Páx. 21 VENDO PISO SEN ESTREAR EN ORDES 696 813 090 - No número 26 da rúa Rosalía de Castro - Terceiro con ascensor - 3 dormitorios, 3 baños, salón-comedor - Dúas prazas de garaxe - Trasteiro Bo prezo!!!

Upload: cronicas-periodico-mensual-independente-da-comarca-de-ordes

Post on 07-Mar-2016

245 views

Category:

Documents


8 download

DESCRIPTION

Número 2 de CRÓNICAS, o periódico mensual independente da Comarca de Ordes. Febreiro de 2014.

TRANSCRIPT

Page 1: Cronicas comarcadeordes n2 febreiro2014

CrónicasMensual independente da Comarca de Ordes - Nº 2 - Febreiro de 2014

A estrada de Mercurín, entre os polígonos industriais de Ordes e Cerceda, foi cor-tada ao tráfico pesado no seu

tramo ordense para evitar un deterioro aínda máis grave do que xa ten. A decisión, do Concello, prodúcese tras

varios anos á espera de que se acometese o proxecto de acondicionamento no Plan Miner. O alcalde cre que o

vial debería pasar a ser auto-nómico e os principais opo-ñentes acúsano de falta de xestión.

Ningunha administración quere asumir a estrada de Mercurín

Páx. 3

As revelacións da Pokémon tensan o pleno deste xoves

ORDES

Páx. 2

Mesía e Oroso aproban os seus orzamentos para 2014

COMARCA

Páx. 5

Páx. 17Entroido sen límites Rosa Quintana defende en Ordes a nova PAC

ORDES

Páx. 7

Os temporais déixanlle paso á avaliación de danos

COMARCA

Páx. 10

A Mancomunidade rexeita os recortes no transporte 065

COMARCA

Páx. 8

Un equipo do CPI de Xanceda, no Parlamento Xoven

MESÍA

Páx. 24

Entrevista con Rebeca Puente, capitana do Tordoia

DEPORTES

Páx. 21

VENDO PISO SEN ESTREAR EN ORDES

696 813 090

- No número 26 da rúa Rosalía de Castro- Terceiro con ascensor- 3 dormitorios, 3 baños, salón-comedor- Dúas prazas de garaxe- Trasteiro Bo prezo!!!

Page 2: Cronicas comarcadeordes n2 febreiro2014

2

ACTUAlIDADE

Crónicas - Febreiro 2014

Crónicas Se quere recibir Crónicas de balde no seu correo electrónico, pídao en [email protected]

O goberno de Ordes botou con-tas e asegura que non lle compensa acometer as tarefas de desbroce con maquinaria e persoal propios. A portavoz, Silvia Marín, explicou que o custo anual dos dous tracto-res e dous operarios sería de 82.578 euros, cando a contratación externa a unha empresa está supoñendo me-nos de 70.000 euros.

Foi ese o principal argumento para desbotar a proposta do PP para que o Concello poña a funcionar de novo os seus dous tractores, en des-uso e resgardados desde hai tempo nunha nave particular, asignando persoal para desbrozar toda a rede viaria local polo menos unha vez ao ano.

Para o goberno, que fixo as súas estimacións cun informe técnico de Intervención, sería “imposible”. Sen embargo, os cálculos non conven-ceron o PP, que mencionou que con menos diñeiro Concellos como Fra-des, Mesía, Oroso ou Trazo mante-ñen ao día as súas pistas “e nótase a diferencia ao pasar dun municipio ao outro”, en palabras do seu portavoz, José Luis Martínez Sanjurjo.

O PP pediu un estudo económico a medio prazo e reclamou ter en conta que o custo actual da empresa

só dá para traballar sobre unha parte limitada dos viais, xa que existen pis-tas de parcelaria que levan anos sen tocarlles, e “desbrozando mal” algun-has polas que pasan, dixo Martínez.

A portavoz do goberno tamén in-dicou que un dos tractores precisa unha reparación moi custosa, que Xesús Pedreira, edil do PSOE e no seu día concelleiro de Medio Ambiente, valorou en 32.000 euros. A eso enga-diu Marín que a desbrozadora para cunetas “está totalmente rota” e unha nova custaría 24.000 euros.

Ramiro Recouso, BNG, propuxo renovar a maquinaria e defendeu que “é asumible e sae máis barato” municipalizar este servizo: “as em-presas públicas ben xestionadas tra-ballan mellor”, argumentou.

Marín, que de todos os xeitos non descartou recuperar “pouco a pouco” os desbroces con medios propios, insistiu en que non dispo-ñen de persoal suficiente para asig-nalo a esas tarefas: “xa nos gustaría”, comentou.

Polo demais, o portavoz socia-lista reprochou que a Xunta non cola-bore con máis diñeiro mediante con-venios. E a representante de CIDEGA, Ana Álvarez, pediu abordar detida-mente o tema nunha comisión.

Rexeitan por “imposible”asumir os desbroces só con medios públicos

ORDES O goberno asegura que sairía máis caro e que non dispón de persoal abondo

Casa Grande de Xanceda, premio Alimentos de España á produción ecolóxica

A Casa Grande de Xanceda, S.A.T., foi distinguida co premio Alimentos de España á produción ecolóxica. Trátase dunha conde-coración concedida polo Ministe-rio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente para recoñecer o labor das empresas e profesionais que destacan por producir, ofre-cer e divulgar entre os consumi-dores alimentos de calidade.

Da empresa de Mesía, coñe-cida principalmente polos seus io-gures de produción ecolóxica, des-tacan a “alta calidade no produto e a súa aposta pola innovación na produción ecolóxica”, unido a unha actitude de conciencia e res-pecto á biodiversidade mediante o fomento de actuacións favora-bles á flora e á fauna salvaxes.

Na súa argumentación do pre-mio, o Ministerio indica que Casa Grande de Xanceda é un proxecto que aúna as bondades da produ-ción ecolóxica coa rendibilidade e a potenciación dos recursos lo-cais, a educación ambiental e o fo-mento do emprego nas zonas ru-rais. Por suposto, tamén mencio-nan o “esforzo e entusiasmo” para comercializar os produtos con es-tratexias creativas de promoción.

MESÍA

Proximidade. Honestidade. Solvencia. Pluralismo.

O portavoz municipal do BNG, Ramiro Recouso, instou ao goberno a cumprir a nor-mativa sobre plantacións fores-tais, tanto no relativo ás distan-cias respecto a vivendas, ma-nanciais e viais como no que atinxe ao control dos traballos dos madeiristas. Neste sentido, afirmou que mentres en parro-quias como Lesta si lles esixiron aval noutras como Beán ou Pe-reira “non o fixeron porque se trata da empresa dun amigo so-cialista do señor Regos”.

A portavoz do goberno, Sil-via Marín, replicou que o Con-cello cumpre a normativa “na medida do posible”, negou cal-quera trato de favor a ningunha empresa, e emprazou ao BNG a “denunciar aos veciños que plantan”, calificando a Recouso de “covarde”.

Recouso apreza tratos arbitrarios na petición de avais a madeiristas, e o goberno négao

Se un asunto vai suscitar contro-versia no vindeiro pleno de Ordes, previsto para este xoves 27 de fe-breiro, ese vai ser o das consecuen-cias do levantamento do segredo de sumario xudicial na coñecida como Operación Pokémon.

Segundo foron trascendendo as declaracións da tenente de alcalde, Silvia Marín, ante a xuíza que leva o caso, o goberno local e a maioría das forzas políticas mantiveron o silencio, sen pronunciamento públicos.

Sen embargo, o BNG presentou primeiro unha moción reclamando

explicacións do alcalde, Manuel Re-gos, e a dimisión de Marín. E des-pois, ante a publicación de máis se-cuencias da declaración xudicial, re-clamou celebrar un pleno extraordi-nario urxente e estendeu a petición de dimisión a Regos e ao concelleiro de Cultura, Ramón Vázquez.

Nun principio o Bloque confor-mábase con que o rexedor detallase “cantos agasallos, e o valor dos mes-mos, recibiu do Grupo Vendex”, do que forma parte a empresa que xes-tiona a gardería municipal. Logo, xa pediu a súa renuncia por “ocultar e

protexer as actividades de tráfico de influencias exercidas pola tenente de alcalde”, segundo interpreta o grupo dirixido por Ramiro Recouso.

A petición de dimisión do edil de Cultura xustifícana en que foi “bene-ficiario directo” dese “tráfico de in-fluencias”. Segundo as revelacións do sumario, a muller de Vázquez foi con-tratada na gardería, nun dos catro ca-sos de “enchufismo” que Marín tería recoñecido ante a xuíza. Outro deles foi o dunha persoa vinculada á con-celleira de CIDEGA, coa esperanza de que facilitase aprobar os orzamentos.

En canto a Marín, a petición de di-misión xa vén de meses atrás, en con-sonancia cos acordos plenarios de abril e maio de 2013, que implicarían a renuncia dos integrantes da corpo-ración imputados nun proceso penal por actividades relacionadas co exer-cicio do seu cargo.

PRESUNCIÓN DE INOCENCIANin o goberno nin os demais par-

tidos da oposición (PP, PSOE e CI-DEGA) se pronunciaron sobre a cues-tión. Probablemente haxa que agar-dar ao pleno deste xoves para coñe-cer o seu parecer. Sen embargo, cabe lembrar que o executivo defendeu que se respecte sempre a presunción de inocencia. No pleno do 7 de maio de 2013, indicou que unha dimisión “sería tomada pola cidadanía como unha confesión de culpabilidade” que unha sentencia exculpatoria pos-terior xa non podería solventar.

O levantamento do segredo do caso Pokémon alimentará o debate no pleno

ORDES Os nacionalistas reclaman a dimisión de Regos, Marín e Vázquez

Page 3: Cronicas comarcadeordes n2 febreiro2014

ACTUAlIDADE

Crónicas - Febreiro 2014 3

E A TI, QUE CHE PARECE?

ANTONIO“Se a estrada

servise para cir-cular, deberían permitir ir por ela, pero como non vale... Ten moito tránsito de camións e sen beiravía é perigosa. Ten habido moi-tas mortes. Necesita unha amplia-ción e que estea ben para meter por ela tanto tráfico como hai”

DANIEL “Impedir o trá-

fico pesado é o máis lóxico para non acabar de estropear a es-trada. Pero o acerto de ver-dade do Conce-llo sería arranxala. Se a estrada é do Concello, a culpa é do Concello, non dos que pagamos impostos e esta-mos estropeando o coche a diario”

DANIEL“Paréceme ben

que non deixen pasar os camións de Sogama. A culpa desto é da Xunta e de So-gama. Sogama é quen quería pa-sar os camións por aí e a Xunta é quen ten que mirar de arranxalo. A Xunta é a nosa ‘nai’ e tócalle facelo, porque a ‘avoa’ está en Madrid...”

DIEGO“Creo que era

necesario o pe-che porque a es-trada está moi dañada por tanto tránsito de ca-mión pesado. É unha boa op-ción, sempre e cando agora a repa-ren, porque a verdade é que está moi, moi mal e usala a diario repre-senta un problema”

SANTIAGO“Por aí xa non

deberían pasar nin os coches, tal como está o tramo de Ordes cheo de baches. Pechala non é solución, hai que tomar outras medidas. Os camións fan moito mal, si, e o tempo non axudou, pero o certo é que agora é intransitable”

SERGIO“É unha es-

trada moi tran-sitada. Necesita unha reparación polo mal estado que ten, ou facer un acceso novo. É necesario que a unión entre Ordes e Cerceda estea aberta e en bo estado. Pechala sen máis non é solución, porque obriga a dar bastante volta”

A estrada de Mercurín quedou orfa. Todas as administracións (mu-nicipal, autonómica e estatal) des-entendéronse xa do vial que enlaza o polígono de Merelle co de Cerceda e que nos últimos anos acumulou un deterioro maiúsculo no seu tramo or-dense, en boa medida polo paso do tráfico pesado de Sogama, sen que ninguén avanzase nunha solución.

A situación levou ao goberno de Manuel Regos a prohibir a circula-ción do tráfico de máis de 5,5 tonela-das desde comezos de febreiro, salvo para prover de servizos e mercado-rías aos veciños da zona.

INSOPORTABLE Segundo o alcalde, o Concello, ti-

tular da estrada, “non pode sopor-tar” o acondicionamento do tramo, duns nove quilómetros: “temos ga-nas de que estea ben pero é impo-sible, bacheamos hoxe e mañá volve estar igual”, lamentou Regos.

O rexedor criticou a Xunta e o go-berno central por paralizar o proxecto do Plan Miner aprobado hai un lus-tro, que tería permitido un investi-mento de arredor de 2,3 millóns de euros para deixar a estrada en con-dicións. Regos pediulle explicacións ao PP por “restrinxir” ese investi-mento, cando outros aprobados nese mesmo momento se acometeron xa.

Do relato do alcalde, que insiste en que a estrada debería ser provin-

cial ou autonómica, dedúcese que o detonante da decisión produciuse na visita do Conselleiro de Medio Am-biente a Cerceda, para inaugurar unha planta de tratamento de vidro. Alí, o alcalde veciño, José García Liña-res, lembroulle ao cargo autonómico o estado do vial, ao que Agustín Her-nández tería contestado que a Xunta carece de fondos para a obra.

DESVIAR A ATENCIÓNA prohibición foi rexeitada por PP

e BNG. O principal grupo da oposi-ción cre que o goberno de Ordes “só busca desviar a atención sobre a súa responsabilidade en relación co mal estado que presenta o vial”. O seu portavoz, José Luis Martínez San-jurjo, asegura que a estrada leva anos en deterioro e que o Concello “puido ter adoptado medidas para frealo”. Segundo desvelou, el ofreceuse en “polo menos dúas ocasións” para ne-gociar unha axuda “máis acaída aos tempos que corren”.

O alcalde replicou que non pensa renunciar ao proxecto inicial porque é “un dereito adquirido” e a súa re-ducción ou anulación iría contra os intereses dos veciños. Acusou ao PP de aplicar “criterios políticos” e in-sistiu en que a envergadura do vial fai necesaria a súa cesión á Xunta. O portavoz do PP, por contra, afirmou que “o único traspaso que necesita o Concello é o da alcaldía”.

Para o BNG, o alcalde “fuxe e deixa tirados aos veciños”. Ramiro Recouso responsabiliza a Regos “pola súa falta de interlocución da Xunta” para bus-car unha saída. “Non está á altura do cargo que ostenta, estivo de brazos cruzados esperando que a solución lle caese do ceo”, di o portavoz do Bloque, que coida que pasarlle o vial á Xunta non garantiría o seu bo es-tado, á vista das fochancas que pre-sentan diversos viais autonómicos. Recouso viu máis convinte unha re-clamación formal avalada por todas as forzas municipais.

Regos acusou ao BNG de ir da man do PP e defendeu que lle pediu o desbloqueo do proxecto á conselle-

ría por varios cauces, incluso en re-unións. Así as cousas, o único apoio para o goberno local veu do PSOE e de CIDEGA. O socialista Xesús Pe-dreira “celebrou” a decisión a acusou á Xunta de “incumprir” o arranxo. Pe-dreira cre que PP e BNG contradinse ao rexeitar a proposta, aprobada por unanimidade nunha moción socia-lista en 2012. Ana Álvarez (CIDEGA) expuxo que “á marxe da guerra de partidos, queremos unha solución”.

Mentres, parte dos camións vol-ven pasar polo centro de Ordes, para tomar a estrada de Carballo, provin-cial, desoíndo a recomendación do Concello de que vaian pola N-550 ata o Mesón do Vento, e de aí a Cerceda.

Ninguén asume a estrada de MercurínORDES O Concello, titular do vial, veta o tráfico pesado, mentres a Xunta e Madrid calan sobre o Plan Miner

Á esquerda, sinal de prohibición ao tráfico pesado no inicio da estrada en Merelle

2008. Coa colaboración de Cerceda, o Concello de Ordes lo-gra incluír no Plan Miner de 2009 o acondicionamento da estrada de Mercurín. O investimento su-maría uns 2,3 millóns de euros.

2009. Asínase o convenio coa Xunta para redactar o proxecto técnico, listo desde 2010.

2010. O deterioro da es-trada é cada vez máis notorio. O proxecto segue pendente da si-natura dun convenio entre Con-cello, Xunta e Ministerio.

2011. O Concello diríxese va-rias veces a Economía e Industria para desbloquear os fondos.

2012. Encontro do alcalde co conselleiro de Medio Ambiente para abordar o caso. O Concello aproba en xaneiro unha moción do PSOE para cortar a estrada.

2013. Os contactos do Con-cello coa Xunta non dan froi-tos. O PP ofrécese a xestionar un arranxo de menor custo.

2014. Peche aos camións.

A CRONOLOXÍA

Page 4: Cronicas comarcadeordes n2 febreiro2014

4

ACTUAlIDADE

Crónicas - Febreiro 2014

As estradas de ti tularidade pro-vincial na comarca recibirán este ano case 454.000 euros en intervencións de mantemento e reparación, no conxunto de once millóns de euros que o pleno da Deputación coruñesa aprobou no Plan de Conservación de Vías Provinciais.

De xeito concreto, na bisbarra aprobáronse nove actuacións. A pri-meira corresponde coa estrada entre Lanzá (Mesía) e Boimorto, con 51.500 euros. Na de Sigüeiro a San Amaro, o investi mento será de 28.500 euros. Na estrada entre Ordes e Ponte Ca-rreira, compútanse 193.700 euros. Entre Castro e a N-634 gastará 22.600 euros. Nun acceso a Poulo desde a estrada que vai de Ordes á Ponte Ca-rreira prevé case 3.000 euros. Na es-trada de Gorgullos, a que comunica a estrada de Carballo con Tordoia, con-templa 28.400 euros. Na provincial de Ordes a Portomouro por Ponte-chonia orzamentaron 90.000 euros. Na da Tablilla a Agro do Mestre por Pontepedra asignáronse case 36.000 euros. E por últi mo, fi guran 91 euros para o acceso á estación de Ordes-A

Pontraga, que presumiblemente co-rrespondan con algunha sinalización.

A Deputación explica que os proxectos que se acometerán deci-díronse a raíz da avaliación conti nua que efectúa o persoal dependente do seu departamento de Vías e Obras para determinar cales son as princi-pais necesidades.

Un dos traballos máis frecuentes son a limpeza de practi camente toda a rede provincial de estradas, unido ao revesti mento de cunetas con for-migón en puntos propensos á ero-sión, a renovación do 10% da capa de rodadura do conxunto da rede, sina-lizacións, instalación de varandas ou drenaxes.

A Deputación investirá máis de 450.000 euros nas súas estradas na comarca

COMARCA En nove actuacións de mantemento, reparación e sinalización

Un treito da estrada provincial que vai desde Ordes ata Ponte Carreira

O Ministerio de Fomento acaba de comezar a reparar as partes do fi rme máis deterio-radas na N-550, entre os pun-tos quilométricos 4,0 e 57,7. Na prácti ca, equival a case todo o traxecto entre Santi ago e A Co-ruña, que hai anos que foi em-peorando e que cos temporais recentes ía camiño do colapso.

As “obras de emerxencia”, tal como as defi ne o goberno, paliarán os “deterioros super-fi ciais”. Consisten en reparar o pavimento, co fresado e a repo-sición das capas de fi rme. Deste xeito, ademais de eliminar as fo-chancas, poderán mellorar a im-permeabilidade do vial para me-llorar as condicións de conserva-ción das capas máis profundas.

O investi mento na N-550 achégase aos 300.000 euros. As actuacións vanse ir desen-volvendo nas vindeiras sema-nas. Ademais desta estrada, Fo-mento acomete obras semellan-tes na N-VI e na A-6, con preto dun millón de euros.

Fomento comeza a reparar as partes máis deterioradas da N-550 da Coruña a Santiago

couseloordenes

15680 ORDESA Coruña

Muebles de CocinaFuente Estrey, s/n Tel: 981 68 83 29

Móvil: 629 808 796couselo [email protected]

ElectrodomésticosAlfonso Senra, 116

Tel: 981 68 08 09

CONCELLO DE TRAZOOrganiza:

Page 5: Cronicas comarcadeordes n2 febreiro2014

ACTUAlIDADE

Crónicas - Febreiro 2014 5

Os socialistas piden transformar en local social a antiga sede da Cruz Vermella no Conde

ORDES

Os socialistas solicitaron trans-formar en local social a antiga sede da Cruz Vermella no lugar do Conde, ao pé da N-550. O con-celleiro Xesús Pedreira coida que lles viría ben aos veciños da zona porque “na actualidade teñen que desprazarse ata Leira ou ata Ordes para xuntanzas, charlas e activida-des”.

O inmoble xa pertence ao Con-cello, que se fixo con el mediante un convenio coa Cruz Vermella, Esta entidade dispón agora dun espazo nos baixos da Alameda, no centro da vila. Pedreira describiu que o vello edificio está “semia-bandonado” e apostou por darlle uso social coa súa proposta, for-mulada no pleno de xaneiro.

A portavoz do goberno, Silvia Marín, explicoulle que no Conce-llo teñen presente a petición. De feito, afirmou que tempo atrás xa valoraran a posibilidade de “ade-centar” o local, se ben as circuns-tancias económicas fan que neste momento “non se pode”.

Torrente Ballester dálle nome ao actual CEIP de Sigüeiro, e Díaz Pardo ao que está en obras

OROSO

O actual CEIP de Sigüeiro le-vará o nome do escritor Gonzalo Torrente Ballester, tal como figura nunha proposta trasladada polo Concello de Oroso á Consellería de Educación. A iniciativa do go-berno foi aprobada en pleno co único voto en contra do PP.

A proposta inclúe tamén ‘A Ulloa’ como nome oficial da es-cola infantil actual. O executivo de Manuel Mirás asegura que se de-cidiu nominar os centros educati-vos para distinguir o actual CEIP do novo, en obras, que levará o nome de Isaac Díaz Pardo, e a gar-dería da que está en proxecto.

O PP ve “un agravio” a Sigüeiro a opción escollida e defendeu que os colexios leven o nome das po-boacións nas que se atopan. O al-calde replicou que con esa lóxica “os colexios de Santiago chama-ríanse Santiago I, II, III...” e botou en falta que o PP propuxese no-mes. O edil de Ensino, Antonio Leira, matizou que o nome será “Torrente Ballester de Sigüeiro”.

O pleno de Oroso aprobou os or-zamentos municipais para 2014, cos votos a favor do goberno (PSOE) e en contra de PP, BNG e PG. Suman 5,18 millóns de euros, cun incremento do 6,33% con respecto a 2013.

O goberno destacou o incremento do capítulo de investimentos nun 25%, ata os 1,23 millóns, ao que lle suma os 164.000 euros consignados en transferencias para a nova garde-ría. A reurbanización de rúas, a rede viaria, saneamento e abastecemento son o destino principal deste diñeiro.

En persoal, o Concello logra un pequeno descendo do gasto. Pasa de 1,28 a 1,27 millóns de euros. O gasto corrente, en cambio, increméntase levemente, uns 19.000 euros, ata os 1,93 millóns.

O alcalde, Manuel Mirás, definiu o orzamento como “equilibrado” e fixo fincapé no incremento da capacidade investidora da administración para este exercicio. A oposición rexeitou as contas, nun debate un tanto agrio. Entre os argumentos, un común ás tres formacións. Aseguran que non

se lles facilitou suficiente documen-tación e cren que a que recibiron lles chegou sen antelación abondo. Acu-saron ao goberno de desprezalos.

Mirás rexeitou tales acusacións e máis ben observou que “nin se mo-lestaron en estudar os orzamentos”, de modo que “non valoraron as cifras que lles presentamos”, pese a que “son unha das oposicións mellor re-

tribuídas de toda a provincia”. Nas cuestións concretas, o PP pe-

diu seguridade vial no novo colexio. O alcalde indicou que non precisa ir nos orzamentos, ao estar contem-plado no proxecto de urbanización. E sobre o plan de emprego xuvenil de-mandando polo BNG, o goberno ex-plicou que o goberno central podería botalo abaixo.

O Concello eleva un 6,3% os seus orzamentos, ata preto dos 5,2 millóns

OROSO Aprobounos o goberno e a oposición criticou falta de transparencia

Os orzamentos do Concello de Mesía para 2014 son lixeiramente in-feriores aos do ano pasado. En con-creto, o 1,5% menos, ata quedar en 1.906.288 euros. Non obstante, con-templan máis diñeiro para investi-mentos que en 2013, xa que as prin-cipais reduccións se dan nos capítu-los de persoal e gasto corrente. As contas foron aprobadas en pleno polo goberno municipal, do PSOE, coa abstención do PP e do BNG.

Os gastos de persoal supoñen o 37% do total. Caen en 23.000 euros, sobre todo por suprimirse, por xu-bilación, a praza de electricista, nun servizo que se tratará de prestar de forma externa “á espera de ver como evoluciona durante o ano”, segundo o alcalde. Mariano Iglesias explicou que o gasto corrente se rebaixa en 32.000 euros, debido “ao aforro xe-rado en cada unha das partidas”. E o outro gran capítulo do orzamento, o dos investimentos reais, sobe ata case 498.000 euros, arredor do 26% do total. O rexedor debullou as obras previstas, coa rede viaria e as infra-

estruturas sociais, deportivas e cultu-rais como principais beneficiadas.

Iglesias destacou que se trata dun orzamento “axeitado” á vista da de-pendencia financeira que Concellos como Mesía teñen doutras adminis-tracións. Precisamente nas percep-cións que recibe delas xustificou a re-ducción de ingresos, xa que noutros como a contribución, coa chegada dos novos valores catastrais, ou as li-cenzas de obras, coa entrada en vigor do Plan Xeral, conseguen aumentos.

A modo de defensa xeral, o al-calde manifestou que “somos pru-dentes no gasto tratando sempre de atender os servizos que estamos a prestar”, resaltou o elevado grao de execución das contas nos últimos anos a relevancia orzamentaria dos servizos sociais.

Segundo a acta do pleno, o por-tavoz do BNG, José Manuel Raposo, afirmou que “o orzamento está claro e non teño nada que preguntar”. Pola súa parte, o portavoz do PP, Severino Álvarez, coincidiu co alcalde en “la-mentar a escasa capacidade de xe-

rar ingresos, pero as administracións locais están pasando polo que están pasando”, dixo, antes de “felicitar ao alcalde pola súa sensatez e pola expli-cación para gastar o pouco que hai”.

908.000 € EN BANCOSPor outra parte, o alcalde de Me-

sía tamén deu conta da boa situación financeira do Concello. Iglesias expli-cou que o Concello paga todas as fac-turas ao día e que unicamente debe un préstamo bancario, do que lle res-tan 185.000 euros ata 2024. Non obs-tante, matizou que estaría en condi-cións de amortizar integramente esta débeda de inmediato, xa que pechou 2013 con 908.000 euros en contas bancarias.

Por que non o fai? Iglesias comen-tou que “ata agora era máis rendible o que cobramos por intereses dese diñeiro que os intereses a pagar polo préstamo”. E a esto habería que en-gadirlle que a amortización antici-pada custa tanto como os intereses pendentes, segundo lle informou a entidade bancaria.

O orzamento de 2014 reduce en persoal e gasto corrente e incrementa en obras

MESÍA Ascende a 1,9 millóns de euros e foi aprobado coa abstención da oposición

Os orzamentos de Oroso para 2014 debatíronse nun pleno monotemático

Page 6: Cronicas comarcadeordes n2 febreiro2014

6

ACTUAlIDADE

Crónicas - Febreiro 2014

A suba nun 34% do canon que pa-gan os Concellos polo sistema auto-nómico de tratamento do lixo, que en principio comezará a aplicarse nas vindeiras semanas, conti núa xerando o rexeitamento municipal. Os Conce-llos de Ordes e de Oroso mesmo o expresaron colgando pancartas nas fachadas dos seus consistorios. A ne-gati va á medida da Xunta, derivada do novo réxime enerxéti co, xa se de-cidira, por unanimidade, no pleno da Mancomunidade.

No ámbito autonómico, o debate segue vivo. O PSOE criti can que Ga-licia teña un sistema de tratamento do lixo “propio da Idade Media”, o BNG cre que o modelo é “insosti ble” e precisa “darlle a volta”, e AGE ob-serva “riscos para a saúde humana” na incineración. O PP acusounos de intentar a caída de Sogama na pro-cura de “réditos políti cos”.

Pancartas contra o canon do lixoCOMARCA O encarecemento nun 34% comezará a aplicarse en marzo

Pancarta contra a suba do canon do lixo na fachada da Casa do Concello de Oroso

O goberno explica que o reloxo gañará visibilidade co tempo

O novo reloxo da anti ga casa consistorial de Ordes segue sendo moti vo de comentarios. No últi mo pleno, o PP queixouse de que du-rante boa parte do día, a certa dis-tancia, non se ve que hora ten. A portavoz do goberno, Silvia Marín, explicou que as agullas e os núme-ros precisan “un proceso natural de oxidación”, ao que lle restaría arredor dun trimestre, para gañar visibilidade.

Marín, que contactou coa em-presa responsable do mecanismo, indicou que en toda España ins-talouse media ducia de reloxos como o ordense “e en ningún siti o houbo queixas”. De todos os xei-tos, mati zou que se persiste o pro-blema a compañía responsable do reloxo buscará outras solucións.

ORDES

Con Crónicas, a túa publicidade funciona [email protected]

617 917 130Crónicas

Rúa da Canteira, nº2 (antigo vodafone). ORDES (A Coruña). Teléfono: 981 688 646

¿Estás buscando un disfraz?Acércate a nuestra tienda en la rúa da

Canteira y pídenos lo que necesites

---y todo lo que te puedas imaginar de tus personajes favoritos

Disfraces

con licencia

Gran variedad en maquillajes y accesorios

¡¡Aún estás a tiempo!!Disfraces de todos

los precios

www.leis-negocios.com

Dr. Teixeiro 13, 3º 15701 SANTIAGOTelf: 881 97 83 70

[email protected]

Page 7: Cronicas comarcadeordes n2 febreiro2014

ACTUAlIDADE

Crónicas - Febreiro 2014 7

Un curso forma catorce persoas no manexo de carretas mecánicas elevadoras

MESÍA

Catorce alumnos acudiron ao curso de manexo de carretas me-cánicas elevadoras desenvolto polo Concello de Mesía. Esta ini-ciativa de formación tivo unha duración de dez horas, a metade correspondente ao contido teó-rico e a outra metade aos exerci-cios prácticos. A teoría impartiuse na Casa da Cultura en Xanceda, e a práctica nunhas instalacións axeitadas para a carga e descarga coas máquinas. Co curso, que lles custou 100 euros a cada alumno, o Concello di que lles facilita aos asistentes a mellora do seu currí-culo profesional.

A conselleira de Medio Rural defende en Ordes as magnitudes da nova PAC

COMARCA Rosa Quintana visitou a Oficina Agraria Comarcal e felicitou ao plantel

A conselleira do Medio Rural de-fendeu os resultados da negociación da nova Política Agraria Común (PAC) en Galicia durante a súa visita á Ofi-cina Agraria Comarcal en Ordes. Rosa Quintana saiu así ao paso das críticas que recibiu a PAC do periodo 2014-2020 de parte dos principais sindica-tos agrogandeiros.

O principal argumento da conse-lleira foi o volume de axudas, que se-gundo afirmou sumarán 2.380 mi-llóns de euros no rural galego du-rante os sete anos, cunha media de 340 millóns anuais. A Consellería ase-gura que son “cifras similares” ás do periodo 2007-2013, tanto nas axudas directas a explotacións como nas co-rrespondentes aos fondos de desen-volvemento rural.

Quintana non obviou que estaba nunha zona leiteira e citou que as axudas ligadas á produción supoñen 94 millóns de euros anuais para o sec-tor español, cun incremento do 63%. Arredor da metade da contía corres-póndelle a Galicia. E para o desenvol-vemento rural, a nova etapa supón

890 millóns de euros en toda Galicia, o que supón 33,4 millóns máis que na PAC previa, segundo a conselleira.

Durante a visita á Oficina Agra-ria ordense, Quintana “agradeceu” o traballo dos responsables e técnicos destas entidades, que en toda Ga-

licia son 68 e contan con 300 profe-sionais. A conselleira destacou o la-bor efectuado na xestión das axudas da PAC no periodo anterior. Un dos obxectivos da visita era coñecer as in-quedanzas dos profesionais para xes-tionar a PAC de 2014-2020.

Encontro da titular de Medio Rural con traballadores da Oficina Agraria Comarcal

Os alumnos, durante a clase teórica

Page 8: Cronicas comarcadeordes n2 febreiro2014

8

ACTUAlIDADE

Crónicas - Febreiro 2014

Roberto Rey xestiona a consecución de novos investimentos da Xunta

O alcalde de Frades, Roberto Rey, reuniuse coa delegada pro-vincial da Xunta, Belén do Campo, para interesarse sobre diversos plans e subvencións aos que o Concello quere concorrer, tanto só como en conxunto con municipios colindantes.

Rey, que acudiu só á reunión, informouse en especial sobre as axudas do INEGA para actuacións de mellora da eficiencia enerxé-tica, similares ás que xa acometeu o ano pasado no alumeado pú-blico.

Polo demais, o rexedor e a de-legada repasaron no encontro va-rios investimentos que as adminis-tracións local e autonómica están acometendo no municipio. De ma-meira concreta, citaron os 44.500 euros que a Consellería de Medio Rural destinou á mellora de pistas en Abellá, Aiazo, Frades, Ledoira e Papucín, cunha achega duns 9.000 euros do Concello.

FRADES

Roberto Rey e Belén do Campo

As solicitudes de novo ingreso na gardería só poderán presentarse coa criatura xa nacida

Cambios no regulamento da gardería municipal A Ulloa, de Oroso. O pleno acordou por una-nimidade unha serie de modi-ficacións, entre as que destaca que será obrigatorio que a cria-tura teña nacido no momento de presentar a solicitude de novo in-greso. Esta condición engádese ás xa existentes de que cómpre ser veciño do municipio e cumprir unha serie de criterios económi-cos.

Ademais, tamén varían os pra-zos ordinarios para solicitar pra-zas, co propósito de axustarse aos prazos das axudas do cheque in-fantil. Tamén se aprobaron novos modelos de impresos, coa inten-ción de que sexan máis sinxelos e que eviten posibles confusións.

OROSO

Todos os Concellos da comarca de Ordes, incluídos os tres gobernados polo PP, posicionáronse en contra dos recortes aprobados pola Xunta no servizo de transporte 065, adap-tado a persoas con discapacidade. Os representantes municipais tomaron o acordo no recente pleno da Manco-munidade e non dubidaron en falar de “desmantelamento” do servizo.

A entidade supramunicipal ase-gura que a medida prexudica a “cen-tenares” de veciños dos sete mu-nicipios. Entre eles, mencionan os vinte que acoden ao curso de habi-lidades sociais que se desenvolve na aula adaptada e homologada no re-cinto feiral do Mesón do Vento. Ex-plican que a miúdo se trata de per-soas con escasos recursos e diversas procedencias e que “a suspensión ou recorte” do transporte implicaría in-cluso a desaparición do curso, ao non poder acudir os participantes.

A Mancomunidade afirma que a posible anulación do curso suporía

“un retroceso na integración e pro-moción” das persoas con discapaci-dade. Lembran que o curso, cunha educadora social e unha auxiliar de apoio, se mantivo a pesar doutros re-cortes autonómicos. Por eso, califi-can de “inxusto” o paso atrás no ser-vizo 065, o único transporte do que

dispoñen boa parte dos usuarios.Por outra parte, os sete repre-

sentantes municipais acordaron so-licitar unha entrevista co delegado de Gas Natural FENOSA en Galicia, para abordar as dificultades do ser-vizo eléctrico na zona, e avaliar ante a Xunta os danos dos temporais.

Todos os alcaldes da comarca rexeitan os recortes no servizo de transporte 065

COMARCA Advirten de que podería levar á anular o curso de habilidades sociais

Os sete representantes municipais na reunión da Mancomunidade

Pedreira reclama de novo obras hidráulicasORDES Critica que recade 125.000 euros co canon da auga e non gaste ningún

Os socialistas de Ordes volven su-bir a un dos seus cabalos de batalla fa-voritos dos últimos anos: a que consi-deran falta de investimento en infra-estruturas hidráulicas por parte da Xunta. O concelleiro Xesús Pedreira cargou contra o goberno autonómico por “cobrarlles 125.000 euros aos ve-ciños e veciñas de Ordes en concepto de canon da auga durante 2013, sen que teña previsto investir nin un só euro no municipio”.

Pedreira afirmou que “confír-manse os nosos peores temores e demóstrase que a Xunta só utiliza este canon para recadar máis”. Coida “especialmente grave” o trato que está recibindo o municipio porque “levamos varios anos sen ningún in-vestimento da Xunta, especialmente da Consellería de Medio Ambiente. O PSOE cre que se trata dunha “dis-criminación”, dado que o recadado en Ordes beneficiará a outros muni-

cipios, segundo din.Entre os proxectos que anotan no

haber do goberno autonómico, citan o arranxo dos depósitos de abastece-mento de auga do núcleo urbano, ac-tuacións de mellora da calidade da auga potable no Mesón do Vento, e para o abastecemento de auga e o saneamento nos lugares de Rebo-redo e da Gorita, da Brea, do Mesón do Vento; entre Poulo e Lavandeira e desde Vilariño ata Buscás.

O goberno de Oroso decidiu cons-truír unha nave no polígono de Oroso Pequeno, en Sigüeiro, para a sepa-ración e posterior reciclaxe de resi-duos. Terá unha superficie de 500 metros cadrados, nunha parcela dun total de 2.200, e acollerá pilas, disol-ventes, electrodomésticos, aerosois, baterías ou produtos de informática, entre outros, ademais de colectores para a separación de papel, vidro, en-vases e téxtil.

O alcalde, Manuel Mirás, anun-ciou ademais que habilitarán un es-pazo para recoller plásticos agrícolas

e outro para recoller pequenos res-tos de obras e que “será de uso ex-clusivo para particulares”, describiu. A construción será modular, e polo tanto posibilitará eventuais amplia-cións no futuro. O propio rexedor adianta que “a medio prazo estamos estudando instalar neste punto unha planta de compostaxe industrial para materia orgánica”.

Este punto de reciclaxe, ao que o Concello nominou como ‘Oroso Verde’, suporá un investimento de 101.000 euros, incluídos nos orza-mentos municipais para 2014. O go-

berno afirma que optou por acome-telo en solitario co propósito de me-llorar as condicións do servizo.

Ata agora, e desde hai xa uns anos, o Concello de Oroso ofrece un servizo similar de maneira provi-sional nunha parcela próxima ao río Carboeiro. Os cidadáns poden levar alí electrodomésticos, chatarra, re-siduos metálicos, madeira, plásticos, colchóns e entullos de obras meno-res particulares. O horario para acu-dir a desfacerse dos refugallos é os venres de 12:30 a 14 horas e os sába-dos de 12 a 13:30 horas.

Oroso construirá unha nave para reciclaxeOROSO O alcalde valora incorporar no futuro unha planta de compostaxe industrial

Page 9: Cronicas comarcadeordes n2 febreiro2014

ACTUAlIDADE

Crónicas - Febreiro 2014 9

Os afectados polas sancións ás pensións do estranxeiro tramitan as súas reclamacións

COMARCA

A plataforma de afectados po-las sancións da Agencia Tributaria ás pensións do estranxeiro avan-zou nas últimas semanas na tra-mitación das reclamacións, me-diante encontros dos sancionados coa avogada da plataforma, Va-nesa Pedrouzo.

Nestas reunións, os emigran-tes retornados, con paga doutros países, entregáronlle documen-tación á letrada, co propósito de presentar alegacións. Pedrouzo cre viable que os prexudicados re-cuperen o diñeiro das sancións e os intereses, dado que xa existen casos positivos na Plataforma da Costa da Morte.

As sancións de Hacienda, que lles chegaron nos últimos me-ses, débense a que as pensións non estaban sendo declaradas. Os afectados, milleiros en toda Gali-cia, aseguran que non tiñan coñe-cemento desta obrigación e rexei-tan que os traten como defrauda-dores fiscais.

A plataforma, creada en outu-bro pasado, suma xa máis de 300 asociados na comarca ordense. Está aberta a novas incorpora-cións de calquera dos sete muni-cipios da bisbarra.

Vítimas das cláusulas solo acusan de falta de transparencia a algúns notarios e rexistradores

COMARCA

A crítica chega desde Vigo, pero os afectados non descartan que sucedese en máis lugares de Galicia. A plataforma de afecta-dos pola cláusula solo e os abu-sos bancarios de Vigo denunciou a actuación de “algúns” notarios e rexistradores da propiedade neste tipo de operacións bancarias.

Segundo din, as entidades fi-nanceiras galegas traballan “só con certo grupo de notarios, sen permitir en ningún caso ningunha transparencia na elección do fe-datario”. Aseguran que en moi-tos casos o habitual foi obrigar ao asinante a escrituras “con moita présa” e sen ofrecerlle a suficiente información. Na práctica, din, pa-saban do folleto promocional e o pacto verbal no banco á sinatura ante notario, sen comprobar se había ou non cláusulas abusivas.

A Praza de Abastos de Ordes vol-verá contar con zonas de carga e descarga “adaptadas” ás necesida-des dos usuarios. Así se comprome-teu a portavoz do goberno, Silvia Ma-rín, en pleno, ante as críticas do PP e do BNG pola supresión das anterio-res ramplas de acceso de mercado-rías durante as obras de reforma do mercado.

Estrella Vázquez (PP) queixouse de que as obras fixesen desapare-cer as tradicionais ramplas e solicitou unha solución para facilitar a tarefa cotiá dos praceiros. Ramiro Recouso (BNG) cuestionou que o executivo, ademais de anchear as beirarrúas, colocase xardineiras para que os usuarios non accedesen polos luga-res habituais. O edil nacionalista pre-guntou tamén pola construción do centro de emprendemento na parte superior do inmoble.

A portavoz do executivo expli-cou que habilitarán os espazos para descargas e anunciou que os conte-dores de lixo se disporán nunha illa. A intención é “facer agradable o lu-

gar e retirar os coches permanente-mente aparcados” nas inmeciacións do mercado.

Son, segundo Silvia Marín, as principais actuacións que restan con cargo á subvención para a praza, coa que tamén se “humanizou” o exte-rior e se separou o espazo do mer-cado do futuro centro de emprende-

dores. Sobre este, Marín indicou que non forma parte da subvención.

Por outra parte, o PP criticou que o Concello retirase o cartel de obras no que figuraba o apoio financeiro da Xunta e da Deputación ás obras na Praza. A portavoz do goberno re-plicou que era “responsabilidade” da empresa que acometeu a obra.

O goberno garante que a praza contará con zonas de carga e descarga axeitadas

ORDES PP e BNG criticaron a supresión das anteriores ramplas na obra de reforma

Aspecto actual dun lateral da praza de abastos, coas obras a punto de rematar

A Fraga da Galiña e a Rúa da Coruña agardan melloras no servizo eléctrico

ORDES Regos sitúa o pago de expropiacións para o arranxo no vindeiro 20 de marzo

Os veciños das zonas da Fraga da Galiña e da Rúa da Coruña, en Ordes, agardan solucións aos frecuentes fa-llos de subministración eléctrica nos seus domicilios. A falta de tensión fai que a miúdo non poidan utilizar al-gúns electrodomésticos de forma si-multánea, e mesmo que outros non funcionen, ademais de ocasionar avarías neles.

A cuestión chegou ao pleno mu-nicipal da man do BNG. O concelleiro Ramiro Recouso calificou de “lamen-tábel” o mantemento do servizo por parte de Gas Natural FENOSA, com-pañía á que acusou de “desidia”. Os nacionalistas, que tamén se dirixo-ron á Xunta con sinaturas de veciños, emprazaron ao goberno municipal a xestionar a consecución dun “servizo digno, acorde ás tarifas que pagan os veciños”.

Aínda que a proposta foi apro-bada por todos, coa única absten-ción do PSOE, o alcalde, Manuel Re-gos, que dixo compartir a preocupa-ción dos veciños, anunciou que a so-lución está en camiño. Segundo el, o

vindeiro 20 de marzo vanse pagar as taxas das expropiacións de terreos para dotar a zona cun transformador.

Regos matizou que “non defende a Fenosa”, pero emprazou aos de-mais grupos a recoñecer que “si está facendo cousas, pouco a pouco”, como instalar media ducia de trans-formadores no municipio, froito de

peticións que se remontan a 2008, ao pouco de chegar el á alcaldía e con PSOE e BNG na Xunta.

O rexedor, que concordou co PP en que o mantemento das liñas era mellorable, tamén negou que desde o Concello non se presenten recla-macións á empresa eléctrica, como o acusaba o Bloque.

Zona da Fraga da Galiña, con deficiencias de tensión na corrente eléctrica

Page 10: Cronicas comarcadeordes n2 febreiro2014

10

ACTUAlIDADE

Crónicas - Febreiro 2014

A falta dunha boa nevada, aquela frase de “xa non hai invernos como os de antes” perdeu nas últimas se-manas a súa razón de ser. Conse-guiuno unha sucesión de borrascas profundas con fortes ventos e chu-vias persistentes, nun encadeamento de fenómenos adversos sen prece-dentes para os meteorólogos e moito menos para a fráxil memoria popular.

Okka, Petra, Qumaira, Ruth, Stephanie, Tini ou Ulla son os nomes dos temporais que quedarán para a lembranza, todos formados en ci-cloxénese explosiva. A pesar da súa virulencia, por si sós resultarían me-nos daniños que Hortensia (1984) ou Klaus (2009), pero ao vir en tropel as súas consecuencias agraváronse, deixando numerosos danos tras de si. Na comarca, por fortuna, foron to-dos materiais, ningún persoal.

O principal prexuízo do vento foi a interrupción da subministración eléc-trica e dos servizos de telefonía fixa, xeralmente debida á caída de árbores sobre o tendido ou a caída dos pro-pios postes. Os fallos no servizo pro-ducíronse con maior frecuencia e du-ración nas aldeas pero tampouco as

zonas urbanas se libraron. En Cer-ceda, varios raios causaron múltiples estropicios en electrodomésticos. Nas estradas, pólas e árbores fixe-ron traballar aínda máis do habitual aos servizos de protección civil e de emerxencias, para garantir a seguri-dade da circulación.

No que respecta ás precipitacións,

con case 622 litros de auga por metro cadrado no que levamos de ano, non quedou cauce por grande que fose que non se vise desbordado. Os cau-dais anegaron as ribeiras, alcanzaron algunhas estradas, puxeron a proba a resistencia de máis dunha ponte e le-varon canda si mobiliario urbano en áreas recreativas.

A chuvia foi especialmente nega-tiva para a rede viaria, estragándoa aínda máis. Onde comezaba a ha-ber unha fochanca, agora hai tres ou catro. E onde xa había varias, agora tende a desaparecer o firme. Os Con-cellos non concluíron aínda as valora-cións, pero falan de centos de miles de euros para reparar todo.

Petra, Qumaira, Ruth, Stephanie, Tini, Ulla... COMARCA A sucesión de temporais de fortes ventos e chuvias persistentes deixa unha forte pegada na comarca

Leve nevada captada no polígono empresarial de Ordes na mañá do 10 de febreiroO vento tirou incontables árbores

Pista forestal de Frades arrastrada por un colapso nas súas canalizacións pluviais Na área do Refuxio, preto de Sigüeiro, o Tambre acadou cotas moi elevadas

O PP percorre as parroquias para explicar a situación real do Concello en reunións con elevada afluencia

O grupo municipal do PP de Ordes está a celebrar unha rolda de reunións nas parroquias para manterse en con-tacto directo cos veciños cun dobre obxectivo: informarse sobre o labor de oposición que desenvolve no Concello e pulsar as necesidades reais do medio rural ordense. Ata o de agora, os popu-

lares de Ordes reuníronse cos veciños de Mercurín, Vilamaior, Leira, Pereira e Ardemil; e xa están programadas as de Montaos (28 de febreiro, na escola unitaria de A Igrexa, ás 21:30 horas) e Buscás (2 de marzo, no local social, ás 11:45 horas).

Nestes encontros, que contaron

cunha elevada afluencia de público, os asistentes cuestionan a deixadez da que teñen sido obxecto os núcleos ru-rais por parte do Goberno local, con ca-rencias ignoradas, como o mal estado da rede viaria, problemas cos puntos de luz, suba excesiva do IBI ou erros na valoración catastral das propiedades.

ORDES

Martínez Sanjurjo lembra a “desapari-ción” do alcalde, que “non volveu pisar

as parroquias desde que foi pedir o voto”

Page 11: Cronicas comarcadeordes n2 febreiro2014

ACTUAlIDADE

Crónicas - Febreiro 2014 11

Obras de rehabilitación no local social do Cachopal, nos Ánxeles

O local social do Cachopal, na parroquia dos Ánxeles (Oroso), viuse beneficiado nas últimas se-manas por obras de reforma. A principal intervención do Conce-llo neste inmoble foi a rehabilita-ción da segunda planta, mediante a recuperación do teito e das pa-redes, a retirada dunha antiga co-

ciña, a colocación de nova superfi-cie no chan e o pintado.

O concelleiro de Relacións Ve-ciñais de Oroso, Luís Rey, explicou que decidiron colocar tamén no-vas ventás de aluminio. O Concello lembra que recentemente mello-rou tamén locais sociais como o de Pasarelos ou o da escola de Oroso.

Dos traballos de reforma encargáronse empregados municipais

OROSO

A ampliación do aparcadoirode Vilamaior, á espera da Igrexa

ORDES

A ampliación da zona de apar-cadoiro nas inmediacións da igrexa e do cemiterio parroquiais de Vi-lamaior (Ordes) poderá ser unha realidade en canto as autoridades do Arcebispado concedan a súa autorización. Eso é cando menos o que sostivo a portavoz do goberno de Ordes, Silvia Marín, ante as pe-ticións do PP e do PSOE para resol-ver a insuficiencia de espazo.

Susana Mosquera (PP) instou ao Concello a xestionar a cesión de terreos da rectoral ou fincas próxi-mas. Xesús Pedreira expuxo que en actos relixiosos os veciños deben estacionar ao longo da estrada, chegando ata as aldeas próximas, e propuxo colocar tubaxes en va-rios treitos de cuneta para gañar espazo para os vehículos.

Silvia Marín indicoulles que o Concello xa ten un acordo coa Igrexa para a intervención, mais seguen á espera da autorización. “En canto chegue ese permiso, fa-remos a obra”, anunciou.

Por outra parte, o PP tamén de-mandou acondicionar as contor-nas dos locais sociais de Mercurín e de Vilamaior, onde proliferou a maleza nos últimos tempos. O go-berno indicou que acometerá este tipo de tarefas en todos os locais sociais nas vindeiras semanas.

Contorna da igrexa de Vilamaior

O Concello organiza unha excursión a Cantabria e a Bilbao desde o 4 ata o 6 de abril

O Concello de Tordoia organiza unha viaxe a Cantabria e a Bilbao, establecida para os días 4, 5 e 6 de abril. O inicio desa entretida fin de semana será o venres 4 ás 15 ho-ras, momento en que a expedición tomará a saída cara Cantabria. O re-greso está previsto para o domingo 6, arredor das dez da noite, sempre que se cumpran as estimacións ini-ciais do horario.

A viaxe contempla unha visita a Bilbao. Ademais, efectuará un per-corrido polo parque da natureza de Cabárceno, situado a uns quince qui-lómetros de Santander e cunha gran variedade de especies de flora e fauna. Outro dos destinos principais da excursión será Santillana del Mar, poboación costeira de gran beleza si-tuada no occidente cántabro.

Para participar hai que acudir ao Concello de Tordoia ou chamar ao 981 69 00 01. A participación na viaxe ten un custo de 140 euros por persoa. Este prezo inclúe todos os gastos da viaxe, segundo informan desde a Concellería de Cultura.

TORDOIA

Derradeiros días para inscribirse no circuíto cultural e deportivo do vindeiro trimestre

Este 26 de febreiro remata o prazo de inscrición nas actividades do circuíto cultural e deportivo do Concello de Ordes para o vindeiro trimestre (marzo, abril e maio). As anotacións formalízanse no departa-mento municipal de Cultura e Depor-tes, cunha copia do DNI e o impreso de solicitude cuberto. Os listados de admitidos publicaranse o 28.

A oferta deste trimestre inclúe bailes de salón, baile en liña para ne-nos e nenas de catro a dez anos e para adultos, obradoiros de cosmé-tica natural, de xardinería, de pran-tas mediciñais, de relaxación e de musicoterapia. Tamén se contem-plan dous grupos nos cursos de co-ciña, e clases de informática nos ni-veis de iniciación, medio e avanzado.

O Concello indica que existen descontos na matrícula para os ca-sos de persoas cunha discapacidade do 33% ou superior, para os maiores de 65 anos e para familias numero-sas. As consultas aténdenas no pro-pio Concello, por teléfono no 981 68 00 02, e na web municipal.

ORDES

Repoñen o busto de Valcarce no aniversario da ocupación

Moncho Valcarce, o coñecido como Cura das Encrobas, conta xa cun novo busto en Pontoxo, no mesmo lugar que ocupaba o an-terior, roubado hai uns meses. O Concello encargoulle o novo, de pedra, ao canteiro Pelayo Alfaya, por 3.267 euros.

A colocación do novo busto, ao que acudiron veciños e integran-tes da corporación, tivo lugar o 15 de febreiro, coincidindo xusto co 37 aniversario da irrupción de Fe-nosa na parroquia, na que os ve-ciños e veciñas, apoiados polo pá-rroco, se enfrontaron á Garda Civil.

Na homenaxe, o presidente da ‘Irmandade Moncho Valcarce’ leu un poema

CERCEDA

Page 12: Cronicas comarcadeordes n2 febreiro2014

12

ECONOMÍA

Crónicas - Febreiro 2014

Certificado de transporteFRADES-MESÍA Curso para obter o CAP

Vinte veciños de Frades e de Mesía participaron nun curso para a ob-tención do certificado de aptitude profesional do transporte. É un carné necesario para o transporte de mercadorías ou de viaxeiros na UE.

Curso para buscar empregoOROSO Clases de habilidades sociais

O curso de habilidades sociais para a busca de emprego, do pro-grama Emprega Oroso, contou coa participación de dezaseis persoas. Ao remate das dezaseis horas lec-tivas, tivo lugar un acto de entrega dos diplomas de asistencia, de

manso do concelleiro de Ensino, Antonio Leira. O edil explicou que “con ese tipo de cursos pretende-mos ampliar as posibilidades de inserción laboral dos alumnos”, ao abordar algunhas das ferramentas máis utilizas na busca de traballo.

TELÉFONOS: 981 682 985 / 664 455 361 / 606 364 369Mail: [email protected] / Búscanos en Facebook

• Odontólogos Colegiados, Especialistas en Ortodoncia, Cirugía e Implantes

• Prótesis Fija y Removible, Higienistas Colegiad@s,

• Rx Digital Panorámica

¡¡¡Consúltenos!!!Presupuestos sin compromiso

Financiación a

su medida

Page 13: Cronicas comarcadeordes n2 febreiro2014

ECONOMÍA

Crónicas - Febreiro 2014 13

Convocan xornadas informativas sobre o potencial económico do sector forestal

Os Concellos de Frades e de Mesía acollerán nas vindeiras da-tas senllas xornadas informativas sobre o potencial económico do sector forestal. No caso de Frades, será este mércores 26 de febreiro, a partir das 16:30 horas no local multiusos. En Mesía, está progra-mada para o 12 de marzo, tamén a partir das 16:30 horas, na Casa da Cultura en Xanceda. Nos dous ca-sos, a asistencia é libre e gratuíta.

Da charla encargaranse técni-cos da Asociación Profesional de Selvicultores Silvanus e da em-presa ENCE. Tratarán a certifica-ción de xestión forestal como sis-tema para verificar a sostenibili-dade ecolóxica e socioeconómica dos cultivos dentro dos paráme-tros establecidos pola Unión Eu-ropea, o xeito de rendibilizar e in-tentar facer sostible o cultivo de eucalipto, e as perspectivas de mercado que presenta a biomasa mediante a utilización de madeira, leña e outros produtos como fonte de enerxía renovable.

FRADES - MESÍA

Os gandeiros da comarca están avaliando os danos que lles ocasio-nan as intensas chuvias das últimas semanas. A saturación dos terreos, con numerosas pradeiras practica-mente anegadas durante demasia-dos días, fai que a principal conse-cuencia estea na produción de fo-rraxes, que se ve considerablemente minguada e que ademais se retrasará con respecto ao calendario normal.

En xeral, o nacemento dos pra-dos estaba sendo óptimo, pero xusto no momento en que debían medrar e desenvolverse foi cando lles come-zou a chover. En moitos casos afec-toulle á xerminación da semente, e na maioría podreceu unha porción considerable da herba. A maiores, a inconsistencia do terreo impediu a miúdo a entrada con maquinaria para fertilizar.

Así as cousas, só unha primavera pouco chuviosa podería reaxustar a situación e impedir un novo golpe económico ás explotacións. Unha mala colleita fai que por unha parte non se aproveite o investido na pre-

paración de pradeiras e por outra ter que mercar forraxes fóra.

A seguinte preocupación que te-ñen os gandeiros sobre a mesa, ou sobre o capó do tractor, será a de po-der sementar a tempo o maínzo, que adoita ocupar as fincas das pradeiras tras o seu corte para silos forraxeiros.

O mal tempo tamén lles afectou aos produtores de horta. Neste caso, son só polo empozamento das te-rras, senón tamén polos estragos que o forte vento ocasionou nos inverna-doiros. En moi poucos resistiu o plás-tico e outros non salvaron nin a es-trutura.

As chuvias diminúen e retrasan a produción de forraxes para o gando

COMARCA As pradeiras anegáronse e podreceu boa parte da herba que nacera

Os empozamentos nas pradeiras fan que se perda boa parte da herba sementada

Page 14: Cronicas comarcadeordes n2 febreiro2014

14

XENTE DE AQUÍ

Crónicas - Febreiro 2014

O Concello de Oroso convocou dous certames nos seus actos con-memorativos do Día da Muller, o vindeiro 8 de marzo. Un é o con-curso de fotografía ‘Muller traba-lladora’, que acada a súa cuarta edición, e o outro é o de relato breve ‘Olla para min’, que organi-zaron por primeira vez este ano.

O certame de fotografía está aberto a profesionais e afecciona-dos, sexan ou non do municipio. O único condicionante é que as imaxes teñan como temática a mu-ller e o traballo, en calquera eido. Cada participante poderá presen-tar ata tres fotos, antes deste 26 de febreiro no centro cultural de Sigüeiro. Teñen que ser orixinais, non ter sido premiadas noutros concursos e deben presentarse no formato de 20x30 centímetros, en cor ou en branco e negro. Non se permite a utilización de programas de retoque fotográfico.

De acordo coas bases, as fotos deben presentarse baixo o sistema

de plica e cun cedé coa imaxe en formato dixital. Se aparece nelas unha persoa identificable, deberá acompañarse o consentimento da persoa retratada.

O fallo do xurado darase a co-ñecer o 8 de marzo. A fotografía gañadora recibirá 250 euros de premio. Ao segundo premio e ao terceiro corresponderanlles 150 e 100 euros.

RELATOSO concurso de relato breve está

dirixido ao alumnado de sexto de primaria do municipio e ten como obxectivo destacar o papel da mu-ller na sociedade. Os textos, cunha extensión máxima de mil palabras, hanse presentar antes deste 28 de febreiro. Poderán estar escritos en galego ou en castelán, pero sen empregar linguaxe sexista. Poden presentarse en Servizos Sociais ou por mail en [email protected]. Os premios es-tablecidos son lotes de libros.

Concursos de relato breve e de fotografía co gallo do 8-M

OROSO Últimos días para presentarse Tres actividades para o programa de celebración do Día da Muller

O programa co que o Concello de Mesía celebrará o Día da Muller inclúe tres actividades específicas: ademais da habitual Cea da Muller Traballadora, un obradoiro de con-servas e unha charla sobre dietética e nutrición.

A cea terá lugar o sábado 8 de marzo, a partir das 21:30 horas no Restaurante Manteiga en Visantoña. Poden participar todas as mulle-res do concello e ten un custo de 25 euros por persoa. As inscricións, ata o 5 de marzo na Casa da Cultura.

O obradoiro de elaboración de conservas será o 15 de marzo pola mañá. Ofrecerá diferentes técnicas de conservación de alimentos. Conta con prazas limitadas, recolle inscri-cións na Casa da Cultura ata o 12 de marzo e custa 5 euros.

E a charla sobre dietética e nutri-ción será impartida pola especialista María Viña o sábado 22 de marzo ás once da mañá na Casa da Cultura. A asistencia é gratuíta, pero cómpre inscrición previa por motivos de or-ganización.

MESÍA

Nova tarde de contos e lendas con máis de cincuenta nenos

A tarde de contos e lendas da biblioteca municipal de Ordes co-rrespondente ao mes de xaneiro reuniu máis de cincuenta nenos e nenas, e un bo número de persoas adultas que os acompañaron.

Nesta ocasión, os relatos es-taban dirixidos especialmente

aos cativos de tres a oito anos de idade, cos relatos ‘Aventuras dunha pinga de auga’ e ‘A árbore-escola’. Con esta iniciativa, a bi-blioteca ordense pretende fami-liarizar os pequenos coas instala-cións do centro e incentivar a lec-tura.

Os cativos participan activamente nas tardes de contos e lendas de Ordes

ORDES

Saída a Salamanca os días 29 e 30 de marzo

O Concello de Frades organiza unha viaxe a Salamanca, destinada a titulares e traballadores de explota-cións agrarias e a toda a poboación interesada en xeral. Será na fin de se-mana do 29 e do 30 de marzo. Inclúe visitas a un centro veterinario e a un secadoiro de embutidos. A viaxe ten un custo de 40 euros por persoa, con aloxamento en hotel de tres estrelas. As inscricións poden tramitarse ata o 14 de marzo no Concello.

FRADES

Cursos de internet e de ofimática desde o día 3

A Aula Mentor de EducaOroso acolle a partir do luns 3 de marzo dous cursos presenciais de iniciación a internet e á ofimática. Para ano-tarse nas clases, o prazo remata este venres 28 de febreiro. Hai que acudir á aula municipal de informática, na rúa do Deporte de Sigüeiro. As clases prolongaranse durante dous meses e medio e o custo da inscrición é de 48 euros por cada curso.

OROSO

Cerceda celebra unha gala para apoiar as familias sen recursos

O Concello de Cerceda consi-dera que a súa primeira Gala Be-néfica obtivo un “grande éxito de participación”. O evento estivo or-ganizado por Servizos Sociais, coa colaboración da Asociación de Profesionais Sanitarios de Cerceda (APROSACE). Os asistentes ache-

garon numerosos lotes de produ-tos de primeira necesidade non perecedeiros, que se lles entrega-rán ás familias do municipio con menos recursos. Actuaron as es-colas de judo, de música e baile, as pandeireteiras de Rodís e das En-crobas, e o grupo San Martiño.

Unha das actuacións da gala, organizada polo Concello e APROSACE

CERCEDA

Page 15: Cronicas comarcadeordes n2 febreiro2014

MEDIO AMBIENTE

Crónicas - Febreiro 2014 15

Nos últimos cinco anos, a Socie-dade Galega do Medio Ambiente conseguiu reducir nun 48,81% as cantidades de residuos desviadas ao vertedoiro de Areosa, incremen-tando nun 19,63% a eficiencia e pro-dutividade do seu complexo medio-ambiental.

Se xa en 2012 a planta tiña su-perado, con 554.317,98 toneladas anuais de residuos procesadas, a súa capacidade nominal (establecida nun máximo de 550.000), no 2013 chegou a alcanzar as 576.651,33 to-neladas, un 4,03% máis.

E se ben a liña foi ascendente no caso do complexo cercedense, no do vertedoiro de Areosa a ten-dencia foi ben distinta, pois a canti-dade de lixo depositado nel minguou notablemente nun ano, baixando das 256.057 toneladas en 2012 ás 212.416,99 en 2013, acadando unha redución do 17,04% en 12 meses.

PLAN DE ACCIÓNEstas cifras foron posibles grazas

ao plan de acción promovido pola Dirección da empresa e mediante o cal se optimizou a xestión das insta-lacións coa pretensión de incremen-tar a súa produtividade e rendibili-dade, minorando o gasto económico e de recursos.

Entre as actuacións que se leva-ron a cabo, cabería destacar a dimi-

nución da duración da parada téc-nica anual do complexo industrial, o que permitiu tratar unha maior canti-dade de residuos no mesmo.

O obxectivo de Sogama é agora darlle continuidade a esta operativa e seguir mellorando a xestión da súa infraestrutura conforme á normativa vixente na materia.

Tamén a máxima recuperación dos materiais contidos no lixo ató-pase entre as súas prioridades, recor-dando, neste sentido, que logrou cla-sificar o pasado ano, e por primeira vez na súa historia, o vidro e o aceiro

residual mesturados nos residuos en masa, incrementado as porcentaxes de reciclado en Galicia.

Isto permitiralle diminuír as can-tidades de refugallos destinadas a in-cineración, desviando a vertedoiro, única e exclusivamente, a fracción non reciclable nin valorizable ener-xeticamente.

O plan galego de xestión de re-siduos urbanos 2010-2020 é con-tundente neste aspecto, xa que, en-tre os seus retos, atópase reducir a produción de desperdicios nun 10%, obxectivo practicamente conseguido

a día de hoxe, triplicar as taxas de reutilización e reciclado, subindo do 12% ao 30%, e minimizar o vertido, que pasaría do 44% actual ao 24%.

AVAL DA UNIÓN EUROPEANun lustro, Sogama demostrou

que é posible levar a cabo unha xes-tión máis eficaz e eficiente das súas instalacións. E proba disto é que ano tras ano conseguiu tratar máis resi-duos no seu complexo medioam-biental e diminuír o vertido.

O esforzo valeulle o recoñece-mento da propia Comisión Europea, que no seu informe público de ava-liación ex post, realizado no 2012 por unha consultora italiana inde-pendente, e que se atopa a disposi-ción dos interesados a través da li-gazón http://ec.europa.eu/regional_policy/sources/docgener/evalua-tion/pdf/projects/sogama_galicia.pdf, manifestou de forma taxativa, e sen fisuras, os beneficios que a enti-dade trouxo durante todos estes anos para o medio ambiente, a economía e a sociedade no seu conxunto, con-tribuíndo á mellora da calidade de vida; un informe incontestable que xustifica, con datos e desde a plena obxectividade, a importancia do ser-vizo público que a empresa impul-sada pola Xunta de Galicia presta aos Concellos e, polo tanto, á cida-danía galega.

Sogama consegue reducir en preto dun 50%as cantidades de residuos desviadas a vertedoiro

A EFICIENCIA E PRODUTIVIDADE DO COMPLEXO MEDIOAMBIENTAL MEDROU UN 19,33% NOS ÚLTIMOS 5 ANOS

Vista aérea do complexo medioambiental pertencente a Sogama en Cerceda

A planta de recuperación de vidro posta en marcha por Daorje Medio-ambiente, S.A.U no lugar de Areosa (Cerceda), incrementará, nun 80% a reciclaxe deste material na nosa Co-munidade Autónoma.

Así o anunciou o conselleiro de Medio Ambiente, Agustín Hernán-dez, no acto inaugural da instalación, onde estivo acompañado polo presi-dente do Grupo Daorje, José Manuel Muriel, e o presidente de Sogama, Luís Lamas, entre outros.

Hernández destacou as vantaxes da instalación, así como o seu carác-ter pioneiro a nivel nacional, inte-grando as tecnoloxías máis avanza-das e específicas do mercado.

Nesta planta recibirase o vidro separado por Sogama no seu com-plexo industrial de entre o lixo en masa, da orde de 14.000 toneladas

anuais, ás que habería que engadir a evacuación progresiva de ao redor de 170.000 toneladas acumuladas no depósito de residuos non perigosos ubicado nesta infraestrutura.

Unha vez cribado, o vidro trans-pórtase á planta de clasificación que Daorje ten en Verín, trasladándoo posteriormente ás vidreiras.

É a primeira vez na súa historia que a Sogama promove unha inicia-tiva destas características, coa que, ademais de contribuír ao reciclado deste material, obterá uns importan-tes beneficios económicos, aproxi-madamente 450.000 euros anuais.

Daorje Medioambiente é a firma adxudicataria do servizo por un pe-ríodo de catro anos. Se ben cobrará a Sogama 19,95 euros por tonelada de vidro recuperada, no marco dun acordo formalizado co Sistema In-

tegrado de Xestión Ecovidrio, a em-presa pública percibirá 35 euros/to-nelada, o que arroxará un beneficio neto de 15,05 euros/tonelada.

Cunha superficie de 300 metros cadrados, a planta contou cun inves-timento de medio millón de euros, e un prazo de execución e posta en marcha de seis meses.

BENEFICIOSA instalación trae consigo unha

serie de beneficios ambientais, eco-nómicos e sociais de grande interese.

A nivel medioambiental, reduce en gran medida o volume de resi-duos destinados a vertedoiro e con-tribúe a diminuír a contaminación do aire ata nun 20% debido a que se uti-liza menos combustible para fabricar novos envases, minorando a produ-ción de gases na fundición.

Tamén favorece o aforro de ener-xía e materias primas. De feito, co reciclado de catro botellas de vidro, lógrase que un frigorífico funcione un día completo. Isto débese a que a temperatura necesaria para fundir o calcín é menor á esixida para fun-dir as materias primas orixinais. Así mesmo, reciclando 3.000 botellas de vidro, afórranse 1,2 toneladas de materias primas, co que se minimiza a erosión do solo por extracción.

Cabe recordar que dunha bote-lla de vidro pódese extraer outra con idénticas características, sen perder un ápice de cualidades.

A empresa contribúe a incrementar un 80% o reciclado de vidro en Galicia

Page 16: Cronicas comarcadeordes n2 febreiro2014

16

XENTE DE AQUÍ

Crónicas - Febreiro 2014

Comeza un novo curso de informática, con once alumnos

O novo curso de informática iniciado polo Concello de Frades conta con once alumnos. Durante cincuenta horas, con clases todos os martes e xoves polas noites ata o 15 de abril, aprenden o funcio-namento básico dalgúns dos pro-gramas de ofimática máis utili-

zados e tamén adquiren coñece-mentos para a navegación por in-ternet.

Ao tratarse dun número tan li-mitado de participantes, o Conce-llo destaca que o curso se pode adaptar ao nivel e ás necesidades de cada alumno.

Os asistentes ao curso de informática, retratados na pausa dunha clase

FRADES

Remata un curso de cociña e convocan outro desde marzo

O curso de cociña do Concello de Ordes que se desenvolveu nos últimos meses rematou hai uns días. Con arredor de trinta alum-nos, cubriu todas as prazas dispo-ñibles. O cociñeiro Manuel Iglesias Vieites aprendeulle ao alumnado novas receitas, trucos e consellos,

nunhas clases nas que se abordou a elaboración de carnes, pescados, caldos ou repostería. Co mesmo cociñeiro, a partir de marzo come-zará outro curso. O prazo de ins-crición remata este 26 de febreiro, no segundo andar da nova Casa do Concello.

O cociñeiro Manuel Iglesias, con algunhas das alumnas que acudiron ao curso

ORDES Prazo de inscrición ata este 26 de febreiro

Primeiros pasos entre osfogóns para quince veciños

Arredor de quince veciños e ve-ciñas participan no curso de inicia-ción á cociña que o Concello de Frades desenvolve no local social da Ponte Carreira todos os venres de febreiro e de marzo polas tar-des.

En total, serán vintecatro horas

de clases, nas que aprenderán as-pectos teóricos esenciais da mani-pulación de alimentos, a dietética e a nutrición como nocións prác-ticas básicas de cociña, con ingre-dientes de todas as tipoloxías, e de repostaría, con especial atención a algúns doces tradicionais.

Dúas das alumnas, atendendo as explicacións do profesor de cociña

FRADES

Unha charla aconsella a pais e nais sobre a hiperactividade

O psicólogo Javier Estévez im-partiu unha charla sobre a impor-tancia do nivel de atención nos ne-nos e nenas en idade escolar e so-bre a hiperactividade.

Esta actividade informativa tivo lugar na Casa da Cultura. Asisti-ron numerosos proxenitores e ta-mén profesionais de ámbitos que traballan con rapaces en idade es-

colar. Na charla colaboraron os de-partamentos de Orientación e as direccións dos institutos e colexios do municipio máis o Concello de Ordes.

Por outra parte, o Concello ofreceu tamén unha sesión sobre o Alzheimer, con información so-bre como detectar e que conse-cuencias ten esta doenza.

Intervención do psicólogo ante o auditorio da Casa da Cultura

ORDES Impartida por un psicólogo

Page 17: Cronicas comarcadeordes n2 febreiro2014

XENTE DE AQUÍ

Crónicas - Febreiro 2014 17

Filloas, orellas, lacón, grelos, disfraces, comparsas, desfiles, bromas... O entroido xa está no ambiente. As celebracións gastronómicas e os desfiles e concursos de disfraces invadirán a comarca nos vindeiros días, con múltiples festas e eventos en todos os municipios da bisbarra. CRÓNICAS, o mensual independente da Comarca de Ordes, ofrece a máis completa axenda de actividades para os vindeiros días, concello a concello.

CERCEDA.- A Asociación Cultural Lucerna vende xa desde hai uns días nos locais do municipio as rifas para a súa cesta choqueira, que se sorteará o 8 de marzo, na gran festa (17 horas) do Antroido Veciñal que prepara a entidade. O 1 de marzo (12 h) presentan a Choqueira.

FRADES.- O principal evento será o concurso de disfraces de entroido, este domingo 2 de marzo, a partir das 17 horas no polideportivo da Ponte Carreira. O prazo para inscribirse no Concello remata o 28 de febreiro. Non se admiten anotacións o día do concurso e poden participar veciños de Frades e da comarca. En total, concederanse 840 euros en premios, con categorías infantil e adulta, e modalidades individual, grupo e comparsa. O concurso compleméntase cunha festa de animación, música e unha chocolatada.

MESÍA.- A Festa de Entroido do Concello de Mesía celébrase o sábado 1 de marzo, a partir das 16:30 horas no polideportivo municipal en Xanceda. Inclúe desfile de disfraces de nenos e adultos, unha festa de animación, touro mecánico e merenda. O Concello anuncia agasallos para todos os nenos disfrazados. As inscricións recóllense na Casa da Cultura.

A seguinte proposta será o luns 3 de marzo, cun curso gratuíto de maquillaxe infantil e de fantasía pola mañá na Casa da Cultura. Ese mesmo día, pola tarde, está prevista unha saída ao Entrodo Musical da Cidade da Cultura, en Santiago. É unha viaxe gratuíta á que todos os participantes deben acudir disfrazados. Asistirán á representación de dous espectáculos musicais. Recollen anotacións ata o 28 de febreiro.

ORDES.- O entroido comezará coa Tarde de Entroidada o martes 4 de marzo. A partir das 16:30 horas, na Alameda, os máis pequenos poderán participar en obradoiros propios destas festas e presenciar varias animacións de rúa. Se chove, trasladarase ao pavillón do Campomaior.

O día grande será o 8 de marzo,

Sábado de Piñata, co desfile e concurso de disfraces. Comparsas e carrozas percorrerán as rúas da vila ata o Campo da Feira, onde continuará o espectáculo e se resolverá o certame, con case 4.500 euros en premios. As inscricións poden efectuarse ata o luns 3 de marzo.

OROSO.- O Concurso de Disfraces de Oroso celébrase o sábado 1 de marzo no polideportivo en Sigüeiro, despois dun desfile polas rúas da localidade que comezará ás 18 horas. O certame entregará 3.170 euros en premios. O prazo de inscrición remata o 28 de febreiro, e tamén se admiten anotacións o mesmo día do concurso, no pavillón,

de 16:30 a 17:30 horas. Durante a festa, daranse a coñecer tamén as receitas gañadoras do concurso ‘En galego sabe mellor’, que este ano chega á quinta edición.

TORDOIA.- A celebración concéntrase no martes de entroido. Pola mañá dese 4 de marzo, tras unha misa na Capela de Santa Susana en Gorgullos (13:00 horas), actuará o grupo folclórico ‘Espadana Gaiteiros’. Pola tarde, entre as 15:30 e as 19:30 horas, celebrarase no pavillón polideportivo municipal a Festa do Entroido. Nenos e maiores poderán acudir disfrazados e divertirse cos inchables, un tobogán, xogos mecánicos e un obradoiro de

maquillaxe. Non faltará a música para unha festa que concluirá coa xa habitual chocolatada, acompañada de rosca.

TRAZO.- O luns 3 de marzo, de 16:30 a 19:30 horas, celébrase a Festa de Entroido no Centro Social Polivalente, en Viaño Pequeno. Terá xogos, obradoiros, e agasallos para todos os cativos disfrazados. Anotacións antes do 28 de febreiro. E o sábado 8 de marzo celébrase a Festa do Grelo, co espectáculo musical ‘Alba’. A entrada custa 18 euros e resulta de balde para menores de doce anos. Hai que recollelas antes do 1 de marzo nos bares da zona ou na comisión de festas.

A comarca transfórmase co entroidoCOMARCA Desfiles de disfraces e gastronomía protatonizan as festas dos vindeiros días

A comparsa de Camiño Real de Poulo iniciou en Arzúa a súa xira do Entroido 2014

Camiño Real: desde decembro preparando a comparsaDesde hai máis dun lustro, fa-

lar de Poulo (Ordes) por estas da-tas é falar de entroido. A asocia-ción Camiño Real vive estes días in-tensamente os preparativos da súa comparsa, gañadora o ano pasado dos principais premios en Ordes e noutras vilas ás que acudiron.

Este ano veñen con “máis teatro ca nunca”, tal como adianta a súa portavoz, Helena Noya. Xa se es-trearon o pasado domingo en Ar-zúa e no seu calendario están luga-res como Negreira, Carballo, Berta-miráns, Arteixo ou Ordes.

Son moitos días a tope, que cul-minan o traballo de varios meses. Desde decembro preparan vestia-rio, coreografías, músicas... Coidan

ata o último detalle. E todo multi-plicado por 74, o número de per-soas que participan, entre nenos, xóvenes e adultos.

Co vestiario, preparan todos os disfraces un a un. “Simplemente mercamos a tea e deixamos voar a imaxinación”, explica a portavoz. Para animar, buscan cancións “ale-gres e animadas, adaptadas á te-mática do disfraz”. Se a canción xa ten algunha coreografía de seu, a ensaiar. E senón, pois a argallar unha propia da comparsa e a en-saiar tamén.

Noya confesa que lles dá moito traballo, pero tamén que o esforzo compensa: “pasámolo xenial e úne-nos moito como grupo; botamos

o ano pensando no disfraz, pero que lle imos facer se nos encanta a troula!”

Os éxitos acadados nestes anos son múltiples. En Camiño Real cren que “nos valoran moito a orixinali-dade do disfraz e a posta en escea, ademáis do gran número de per-soas que integramos a comparsa”, cunha coreografía tan coordinada entre adultos e nenos.

A implicación dos cativos é un dos aspectos que máis chama a atención. A explicación do ben que se adaptan é que a maioría deles están habituados á disciplina das clases de baile, pandeireta e gaita que Camiño Real imparte durante todo o ano.

Page 18: Cronicas comarcadeordes n2 febreiro2014

18

DEPORTES

Crónicas - Febreiro 2014

Ainhoa Ramos, bronce no campionato español júnior

Ainhoa Ramos Manteiga, de-portista do Club Deportivo Luar (Ordes) e integrante da selección galega de taekwondo, acadou a medalla de bronce no Campionato de España júnior desta modali-dade deportiva.

A competición celebrouse en Pontevedra e a representante do

equipo ordense destacou polo seu labor nun campionato que acadou un “altísimo nivel”, tal como indica o Club Deportivo Luar.

Ramos Manteiga competiu na categoría de 59-63 kg, na que se impuxo a madrileña Cecilia Cas-tro e foi prata a vasca Jone Mag-daleno.

Entrega de medallas na categoría de Ainhoa Ramos, do C.D. Luar ordense

TAEKWONDO

Preséntase en Montaos unha nova peña oficial do Deportivo

A nova peña de seguidores do Deportivo da Coruña ‘Montaos no Dépor’ celebrou o seu acto de pre-sentación hai uns días na Cafetería ‘3 Tapas’, coa asistencia do ades-trador do equipo, Fernando Váz-quez, e do central arzuán do club coruñés, Pablo Ínsua, entre outros.

A nova entidade, presidida por

Alejandro Santos e con Álvaro Cam-pos como secretario, pretende ca-nalizar as enerxías do gran número de afeccionados que o equipo her-culino ten na zona.

Ademais do grupo humano, da peña destaca o seu logotipo, no que non esqueceron situar os afa-mados grelos da zona.

Acto de presentación da nova peña ‘Montaos no Dépor’

FÚTBOL

Page 19: Cronicas comarcadeordes n2 febreiro2014

PUBlICIDADE

Crónicas - Febreiro 2014 19

SUSACafé-Bar

CASA DE COMIDAS

Avda Alfonso Senra 27, bajoORDES

881 981 518

Menú do día e carta

Comida para levar

Especial ENTROIDO

LaconadaFilloas / OrellasCocido

Postres caseiros

- Que caracteriza a cociña do seu es-tablecemento? - Queremos recuperar esa cociña ca-seira, tradicional e cercana mesturada con produtos de calidade, para che-gar a ser unha casa de comidas de re-ferencia.- Que poderán atopar os clientes no día a día? - Os clientes terán a oportunidade de elexir entre a carta con prezos axeita-dos a esta época e un menú do día va-riado con postre e café incluídos. O horario de comedor empeza de 13:00 a 16:30 horas a mediodía e de 21:00 a 23:00 horas pola noite. En cambio, na parte de cafetería abrimos as 9:00 e en

canto á hora de peche... xa se sabe que neste sector sábese cando se abre pero non cando se cerra.- Cal vai ser a especialidade da casa? - Nestes momentos as referencias que temos dos clientes é que son un éxito as empanadas, o polbo á feira e o ba-callau ao forno.- Que eventos especiais acollerán: celebracións, festas de empresa...?

Cal é a súa capacidade? - O establecemento conta cun aforo de 50 persoas que nos permite realizar diversos eventos tanto para empresas como para familias, adaptándose per-fectamente ás súas esixencias.- Preparan encargos para levar? - Si, por suposto, tanto racións como platos elaborados e incluso empana-das. Estas hai que encargalas cun día de antelación.

- Avecíñase o Entroido. Que propos-tas nos farán? - Faremos un menú especial para o an-troido con previa reserva no que ela-boraremos os produtos típicos destas festas como o cocido, fi lloas, orellas...- Con que experiencia contan neste sector? - Temos unha ampla experiencia neste sector, avalado por máis de 15 anos traballando en cociña.

- Que é o que lles parece máis im-portante na atención ao cliente? - O máis importante é ter un trato afa-ble e educado co cliente, ofrecer pro-dutos de calidade e facer que se sinta tan cómodo como na súa casa.

Bar Susa, a nova casa de comidas de referencia en Ordes

Susa

• Concurso de Disfraces. Sábado 1 de marzo. O desfi le sairá ás 18:00 horas do Pavillón de Deportes e percorrerrá as rúas de Sigüeiro amenizado pola batucada da Aula de Música. Animación, inchables, mascotas, pre-mios, música e moita diversión. Consulta as bases no centro cultural ou na páxina web www.concellooroso.com.

• Festival do CRA. Venres 28 de febreiro. O salón de actos do centro cul-tural de Sigüeiro acollerá este festival infantil de Entroido.

• Festa de Disfraces. Luns 3 de marzo, a partir das 19:00 horas no centro cultural. Haberá música, mascotas, diversión e sorpresas para todos e to-das as asistentes, que poden colaborar traendo fi lloas e orellas.

• Obradoiro reposteiro de cupcakes de Entroido. Mércores 5 de marzo, ás 18:00 h. De 8 a 13 anos. De balde, previa inscrición no centro cultural.

• Concerto didáctico do grupo Vox Stellae: “O rodaballo con botas”. Ven-res 28 de febreiro, ás 19:00 h. Adaptación do conto do gato con botas con intervencións musicais de distintas épocas e estilos, dende o Renacemento ata a música popular galega.

• Concurso de Receitas de Entroido “En galego sabe mellor”. As pro-postas deberán entregarse antes do 24 de febreiro no centro cultural de Sigüeiro. Terán que ser típicas do Entroido, escritas en galego. Así mesmo deberase presentar o prato elaborado o día 25 de febreiro (de 09:00 a 14:00 horas ou de 17:00 a 18:00 horas).

• Baile de maiores. Sábado 29 de marzo, a partir das 19:00 horas, no cen-tro cultural de Sigüeiro. Co grupo “Satélite”.

• Animación á Lectura. “Somos uns Entroidos”, o luns 3 de marzo, ás 11:00 horas. De 4 a 12 anos, previa inscrición na bibilioteca. Ademais, contacontos todos os sábados: “Animaliños”, na biblioteca municipal.

Programa de Actividades

Page 20: Cronicas comarcadeordes n2 febreiro2014

20

DEPORTES

Crónicas - Febreiro 2014

Esforzo e emoción para a victo-ria. O equipo masculino da división de honra do Oroso TM tivo que em-pregarse a fondo para vencer ao CTM Ciudad de Granada, nunha xornada que trouxo a Sigüeiro a un dos equi-pos de maior historia de toda Es-paña, que ostenta varias marcas de

ligas gañadas. Nos partidos individuais, os de

Oroso conseguiron igualar (3-3). Lawal Abiodun comezou impoñén-dose a Álvaro Pérez, pero despois Carlos Domínguez caeu ante Israel Rodríguez, Jacobo Enseñat ante Julio Reyes e de novo Carlos Domínguez

ante Álvaro Pérez. A remontada para os de Oroso acadárona os triunfos de Lawal Abiodun ante Julio Reyes e de Jacobo Enseñat fronte a Israel Rodrí-guez.

Deste xeito, o partido de dobles resultou definitivo. Os do Oroso TM aproveitaron que xogaban na casa para vencer por 3-1. Cos dous pun-tos acadados, reforzaron a súa cuarta praza na clasificación e están lonxe dos postos de descenso, que era os que querían evitar a comezos da tempada.

Con respecto ao equipo de se-gunda división nacional, o Oroso TM dá xa practicamente por conseguido o ascenso á primeira división, des-pois de acumular victorias como os dous 6-0 fronte ao Liceo Casino Vi-lagarcía e o CTM Coruña. Aínda fal-tan bastantes xornadas para con-cluír o campionato, pero o club con-sidera que a vantaxe coa que ocupan a primeira praza fai case irreversible o salto de categoría, froito da capaci-dade de traballo e a crecente compe-titividade do conxunto.

Aspecto do tanatorio municipal de Ordes, situado na zona do Balado

O Oroso TM da división de honra imponse con esforzo ao CTM de Granada

TENIS DE MESA O equipo de segunda nacional dá por case acadado o ascenso

O goberno desmente ter negado o campo de herba artificial de Ordes para un partido

“Nunca lle neguei nada a nin-guén nin lle prohibín nada a nin-guén, xamais”. Así de categórico se amosou o concelleiro de De-portes de Ordes, Roberto Igle-sias Calviño, para desmentir que desde o goberno tivesen negado o uso do campo de céspede artificial para un partido da S.D. Montaos, á vista que o propio deste equipo non presentaba un estado idóneo para xogar, tras as intensas chu-vias das semanas previas.

A cuestión chegou a pleno por boca de Ramiro Recouso (BNG), a quen lla tería trasladado “unha persoa da miña confianza”. Se-gundo esa versión, os horarios nos que se lle facilitaba o campo ao equipo non se amoldaban ás súas necesidades nin ao regulamento federativo.

O edil de Deportes, que amo-sou a súa indignación co seu xa característico estilo informal, ex-plicou que lle ofreceu tres alter-nativas ao Montaos para usar as instalacións de Vista Alegre. “Fa-lei con todos, coa directiva, con xogadores e con outra xente do club, e todos dixeron que prefe-rían o sábado ás oito da tarde”, afirmou Iglesias, que conclúe que “non pode vir despois unha per-soa queixándose”.

Neste sentido, o edil de De-portes reproboulle ao portavoz do BNG “que se traian cousas ao pleno sen contrastalas” porque “a xente vai pensar que eu non lle quero deixar o campo a ninguén” sen ser así. Pediu que noutra oca-sión falen con el antes para acla-rar os feitos en vez de presentar a iniciativa no pleno. O tono de Iglesias, que confesou ser “o que máis xenio teño” da corporación e advertiu de que “a quen non lle guste, venden azucre nos super-mercados”, fixo que Recouso tra-tase de tranquilizalo dicíndolle que “esto vaille pasar máis veces”.

Neste diálogo, o BNG pediu re-parar os campos de herba natural ou do contrario “centralizar” toda a actividade no de céspede artifi-cial e solicitar un novo na Deputa-ción. Iglesias concordou en que, pola chuvia, “todos os campos es-tán moi mal”, e anunciou que o do Montaos será acondicionado o vindeiro verán. Non obstante, deixou constancia de que “levan-talos todos” sería moi caro e con-seguir outro artificial da Depu-tación non parece doado. “Saen máis baratos os de terra”, dixo.

FÚTBOL

Os catro ciclistas do Club Ciclista Tambre Bike que acudiron á 4Stage MTB Lanzarote demostraron un bo rendemento na competición, unha das principais por etapas no pano-rama da mountain bike.

O máis destacado do equipo de Oroso foi Fernando Abad, que ocu-pou o posto 51º na clasificación xe-ral, cun tempo de 9 horas, 23 minu-tos e 30 segundos no conxunto das catro etapas da proba. Na súa ca-tegoría, a master 30+, foi 13º. Moi preto del clasificouse Amancio Espi-ñeira, 55º na xeral e 14º na categoría master 30+. Precisou 4 minutos e 19 segunos máis ca Abad.

Máis atrás computaron Ismael Vieites e José Antonio Veiga, 80º e 86º na xeral. Vieites, con 10 h 44’ 50’’, posicionouse como o 30º na ca-tegoría master 30+. Veiga pertence a outra categoría, a master 40+, e o seu tempo de 10 h 56’ 55’’ permitiulle ser 17º nese grupo.

A 4Stage componse de catro días de competición, que comezan por unha etapa de 30 km, proseguen con

outra de 60 km, dan paso a unha con-trareloxio de 25 km e culminan cunha etapa XL de 80 km. En Lanzarote per-correron algunhas das paraxes máis destacadas da illa, como os campos de lava, nun percorrido que este ano se caracterizou por ser extraordina-

riamente técnico.Cabe indicar que o gañador da

competición foi o español Sergio Mantecón, da categoría elite, que competou as catro etapas en 7 horas, 30 minutos e 27 segundos. O alemán Simon Stiebjahn foi segundo.

Integrantes do Tambre Bike de Oroso desprazados á competición en Lanzarote

O Club Ciclista Tambre Bike exhibe o seu rendemento na 4Stage MTB lanzarote

MOUNTAIN BIKE Abad, Espiñeira, Vieites e Veiga superaron unha proba esixente

Page 21: Cronicas comarcadeordes n2 febreiro2014

DEPORTES

Crónicas - Febreiro 2014 21

- O equipo feminino da SD Tor-doia proclamouse campión do seu grupo na segunda división ga-lega 2013-2014, aínda cando falta-ban tres xornadas para o remate do campionato. Canto traballo hai de-trás deste éxito?

- Pois todo empezou a finais de xu-llo. Desde o principio da pretempada intentamos esforzarnos o máximo posible para acadar unha boa tem-pada. Este ano sabiamos que tiña-mos moitas posibilidades e tanto as xogadoras como o adestrador e a di-rectiva implicámonos ao 100% no equipo. Adestramentos fortes, novas caras e moita ilusión foron o que nos levou a conseguir o obxectivo.

- Este era o obxectivo real da tem-pada ou era algo co que non conta-ban a priori?

- Desde un principio eramos cons-cientes de que tiñamos unha boa plantilla. Pero xa se sabe como é o fútbol, non podiamos confiarnos e

dar por sentado que nos íamos fa-cer coa liga. Só pensabamos en xogar partido a partido e conseguir os tres puntos.

- Nin un partido perdido en toda a competición. Resultados do cali-bre de 14-0, 11-0... Cales cres que son as claves máis salientables que fixeron este equipo tan superior aos demais?

- Persoalmente creo que todo este éxito é froito do traballo que cada un aportou na súa maneira para o equipo. Tanto o adestrador, como algunha que outra persoa que nos viña adestrar pola semana cando Víctor non podía. E por suposto de nós, as xogadoras. Temos unhas gar-dametas excepcionais, unha delas Zamora da liga (Lucía Otero, con só 8 goles encaixados), unha defensa contundente, o medio do campo con moita calidade como Leticia Santos (xogadora da selección galega sub-16) e arriba contamos con diantei-

ras con moito gol, entre elas eu (Re-beca Puente, máxima goleadora con 43 tantos).

- Sodes máis de xogo ensaiado e de técnica planificada ou de creati-vidade no terreo de xogo?

- Sempre partimos dun esquema principal, cada unha xa sabe cal é o seu sitio e o que ten que facer en cada posto. A partir de aí cada xoga-dora ten as súas características e ha-bilidades e intenta demostralas no terreo de xogo.

- Os rivais mellor clasificados, aínda que a moitos puntos, foron o Orzán B e o Victoria B. En que se dis-

tingue a SD Tordoia destes equipos?- Creo que o noso punto forte

está adiante, á fin e o cabo no fút-bol gana o equipo que máis goles en-caixe. Os partidos xogados contra es-tes equipos non foron fáciles, pero soubemos manter a calma. Xogamos á nosa maneira, cunha forte defensa e apoiándonos no medio do campo esperando que chegaran as oportu-nidades e o final todo saíu a perfec-ción.

- Na vindeira tempada os equi-pos cos que competiredes quizais estean un pouco máis á vosa altura.

(SEGUE NA SEGUINTE PÁXINA)

“O ano que vén non será tan doado gañar pero eso motívanos aínda máis”

ENTREVISTA Rebeca Puente, capitana da S.D. Tordoia feminina, equipo campión de liga na segunda galega

Equipo da S.D Tordoia feminino, campioas de liga na segunda división galega

Page 22: Cronicas comarcadeordes n2 febreiro2014

22

DEPORTES

Crónicas - Febreiro 2014

(VÉN DA PÁXINA ANTERIOR)Como esti mades que será a nova ca-tegoría? Cal cres que sería o obxec-ti vo máis razoable?

- Pois como é razoable ao subir de categoría, o nivel tamén sobe. Xa non será tan fácil gañar os parti dos pero iso motí vanos aínda máis. Nos cremos en nós mesmas e imos con todas as ganas do mundo. Se face-mos as cousas como ata agora conto con estar na parte alta da táboa.

- Temedes difi cultades para adaptarse á categoría?

- Unha liga máis arriba sempre dá máis respecto e sabemos que temos que estar aínda máis en forma e loi-tar cada parti do o máximo xa que os rivais serán moito mellores.

- Que será o máis problemáti co?- O apartado fí sico creo que vai

ser un dos pequenos problemas que podemos ter, polo resto véxonos ca-pacitadas para estar a un bo nivel.

- Que rivais che preocupan máis?- Todos os rivais que imos ter van

ser duros e moi fortes, os que máis

destacaría son Villestro, Orzán ou Mi-lagrosa.

- Haberá moitos cambios no equipo ou poderedes manter a maior parte da alineación tan exi-tosa desta tempada?

- En principio non se esperan cam-bios. Imos seguir todas as xogadoras, e incluso poida que haxa algunha que outra fi chaxe. Xa que o salto a outra categoría o require, contamos quedarnos nunhas 24 fi chas, máis ou menos.

- Adestrades moito? Tedes que facer moitos encaixes para acoplar a preparación fí sica e a competi ción á súa ruti na diaria?

- Actualmente estamos ades-trando dous días a semana. Os mar-tes, de 21:00 a 22:30 horas e os ven-res de 20:30 a 22:15. Non sempre podemos estar todas por estudios, traballo e demais, sobre todo os mar-tes. Os venres xa intentamos poder reunirnos todas para falar do parti do que nos toca e adestrar todas xuntas.

- Que destacarías do labor do voso adestrador?

- É obvio que á parte das xogado-ras o adestrador tamén é o gran par-tí cipe deste éxito. Dende un primeiro momento, Víctor encargouse de re-cordarnos o lonxe que podiamos chegar, axudounos a confi ar en nós mesmas pero tamén nos adverti u de que ti ñamos que esforzarnos e ir par-ti do a parti do que a tempada era moi longa. Outra parte que quero desta-car do seu labor é o ben que soubo reparti r os minutos e que toda xoga-dora xogase o máximo posible.

Á parte deso, Víctor vive na Es-trada, polo que para el foi un gran sa-crifi cio vir adestrarnos e viaxar con nós, por iso aproveito para darlle as grazas por todo este esforzo que fi xo polo equipo.

- Resulta pouco habitual un equipo feminino nun municipio relati vamente pequeno. Como e cando se creou? Hai moita tradición neste senti do?

- O fútbol feminino cada vez avanza máis e neste senti do en Tor-doia dou un paso de xigante. Creouse

hai sete anos. Un grupo de amigas de-cidiron xuntarse e facer un equipo fe-minino aquí. Por que as mulleres non podemos xogar ao fútbol? Ao princi-pio a idea non era moi apoiada nin lle vían moito futuro pero coa con-fi anza dalgunhas persoas o proxecto foi adiante. E hoxe todo o mundo pode estar orgulloso deste equipo de rapazas que simplemente busca-ban pasalo ben todas xuntas e diver-ti rse xogando a un deporte que sem-pre foi de homes.

- O fútbol feminino segue sendo o pati ño feo? Tedes algunha des-vantaxe con respecto aos equipos masculinos do club? Sentí desvos ao mesmo nivel ou estades nun se-gundo plano?

- Neste aspecto, nós estamos moi orgullosas e agradecidas coa direc-ti va e con todos os equipos da SD Tor-doia. Non temos ningunha queixa, todo o contrario, trátannos como un quipo máis do club. Apoiáronnos e animáronnos moito para conseguir este ascenso.

- Tedes moitas difi cultades de fi -

nanciación, loxísti ca...? Está garan-ti da a conti nuidade do equipo neste senti do?

- É verdade que tal e como están as cousas se fai complicado algunhas veces ti rar para adiante, pero polo momento todo vai indo ben e neste aspecto podemos estar tranquilas.

- Por que cres que non hai máis equipos femininos na comarca? Que habería que facer para impulsalos?

- É complicado, sobre todo en si-ti os pequenos como este. Aínda que cada vez son máis as nenas que lles gusta o fútbol, necesítase unha maior implicación e interese por parte dos clubs.

- Tivestes que vencer moitos prexuízos para xogar ao fútbol? Ca-les vos molestaron máis?

- Eu nunca ti ven problema neste aspecto. Sempre me gustou o fútbol e tanto no colexio como cos meus amigos era unha xogadora máis, in-cluso se pelexaban por levarme para o seu equipo (ri). É verdade que as rapazas no colexio me vían como algo raro, en vez de estar con elas dando voltas e falando de rapaces estaba xogando o fútbol con eles.

Na casa tamén ti ven algunha que outra “discusión” cando empecei pero despois xa foi todo a mellor e

todos disfrutamos do fútbol e dos éxitos conseguidos.

- Seguro que tamén recibistes moitos apoios. Con cal te queda-rías?

- Sen dúbida algunha quédome co parti do do Conxo, onde nos pro-clamamos campioas de liga. O mo-mento no que saio do campo e vexo toda a xente aplaudindo e berrando o meu nome foi algo impresionante. E ao que o árbitro pitou o fi nal do parti do Santa Isabel era todo negro e amarelo. Foi un día moi especial para tod@s.

- Hai apoio social ou só se ma-nifestou agora de maneira oportu-nista, co éxito acadado?

- Non. Temos moito que agrade-cer a toda a xente, a verdade. Eu per-soalmente nunca vin unha afección tan implicada co fútbol feminino. En cada parti do que xogamos conta-mos cun lote de xente que nos daba moita forza e ánimo para gañar.

- Cal sería o maior sacrifi cio que farías, ou que xa fi xeches, polo fút-bol?

- Quizais o sacrifi cio máis grande que destacaría foi o traballo que pa-sou meu pai levando adestrar pola semana mentres eu non ti ven carné de conducir.

A FICHA DO EQUIPO

- Nome: S.D. TORDOIA FEMININO.- Ano de creación: 2007- Número de socios: 400- Instalacións: Campo “A Rega” (Cabaleiros) e Campo de Santaia de

Gorgullos (Tordoia).- Xunta directi va: - Presidente: Óscar Golán. - Vicepresidente: José Domingo Ferreira. - Tesoureiro: José Ángel Costa. - Secretaria: Susana Pena. - Vogais: Amador Conde, Martí n Cruz, Jesús Rodríguez, Alfonso

Vázquez e Sergio Liñares.- Xogadoras: Lucía Otero, Marta, Ana, Anxa, Diana, Irene, Laura García,

Laura Mata, Laura Raña, Lety peke, Lety, Lidia, Lucía Sánchez, María, Mi-riam, Mónica, Selenia, Tania Fariña, Tania González e Rebeca.

- Adestrador: Víctor Brea.- Para non perderlle a pista ao club, Facebook e Twitt er: SD Tordoia.

A implicación da afección é un dos feitos que máis agradecen as xogadoras

As celebracións do equipo sucedéronse e foron homenaxeadas no Concello

Page 23: Cronicas comarcadeordes n2 febreiro2014

OPINIÓN

Crónicas - Febreiro 2014 23

Lembro o momento en que no ano 2009 escoitei falar por vez primeira do concepto Último Recurso e da sen-sación de desacougo que me produ-ciu un termo tan apocalíptico. A pe-sares de que non supuña máis que unha nova forma de denominar á úl-tima das tarifas reguladas, curiosa-mente hoxe volvo a ter aquela mesma sensación de inquedanza, a sensación dunha persoa que queda desvalida, sen protección e que perde a última liña de defensa ante o perigo que su-pón un cruel mercado liberalizado.

Anteriores experiencias non facían presaxiar nada novo cando fomos co-ñecendo os detalles do camiño que nos levaba cara a liberalización do sector eléctrico, basicamente porque non se prevían remedi0s a erros co-metidos noutros sectores, e como no

título da novela de García Márquez, a crónica que lles relato anunciaba desde un principio a morte deste pro-ceso. Así, podemos hoxe presumir dun mercado eléctrico que se caracte-riza xusto por todo o contrario do que sempre se predica dun proceso desta natureza. Nin transparencia, nin cla-ridade, nin baixada de prezos nin real competencia entre empresas.

Da total falta de transparencia e claridade na conformación de prezos da electricidade seguro que non lle queda dúbida a ninguén, basta con asistir á lamentable confrontación en-tre Goberno e patronal do sector, bo-tándose reciprocamente as culpas do brutal incremento no importe final das facturas que pagamos os usua-rios.

Menores prezos tampouco. Hoxe saír ao mercado libre supón para un usuario pagar máis do que xa paga na tarifa regulada, por iso máis de 16 millóns de españois seguen acolli-dos a aquel último recurso (mal cha-mado agora prezo voluntario para o pequeno consumidor), e dos que mar-charon, sabemos que moitos non o fixeron voluntariamente, que foron enganados e traspasados con motivo dunha mala práctica comercial ou de resultas de calquera outra xestión.

E da competencia nada que dicir. Atopar unha empresa que venda elec-tricidade máis barata que a tarifa re-gulada é sinxelamente imposible.

Ante unha situación tan grave como a descrita, desde o Ministerio de Industria apuntan un novo meca-nismo para fixar as tarifas que paga-rán os usuarios e que desde o meu punto de vista se caracteriza polos se-guintes elementos:

- A desaparición das tarifas regula-das por outras baseadas na evolución de prezos do mesmo mercado cuxa úl-tima poxa tivo que ser anulada.

- O descoñecemento do prezo que pagaremos pola electricidade, algo que choca abertamente cos principios básicos do dereito de consumo.

- Unha discriminación entre os consumidores polo feito de ter ou non instalado un contador dixital, cues-tión que depende da vontade das pro-pias empresas.

- Un prezo aínda máis caro para os usuarios receosos do mercado e que opten pola seguridade dun prezo es-table.

- Unha factura agora xa si, incom-prensible para todos.

En definitiva, o mellor caldo de cul-tivo para que paseniño sexamos ex-pulsados do noso último refuxio.

Última parada do camiño.

Miguel López CrespoSecretario Xeral

da Unión de Consumidores de Galicia.

Luz ao final da factura?Miguel López Crespo

O recente informe de loita contra a corrupción da Unión Europea, sinala que no Estado Español un 63 % dos ci-dadáns (a porcentaxe máis elevada da UE) considérase afectado persoal-mente pola corrupción na súa vida co-tiá (a media da UE é do 26 %), en tanto que o 95 % manifesta que a corrupción é un problema moi extendido (a media da UE é do 76 %).

Máis alá de percepcións, o certo é que a corrupción cotiá ou de “menor envergadura” é unha constante que remata con lastrar a eficiencia das Ad-ministracións Públicas e a competiti-vidade económica, e datos como que o 52 % dos cidadáns considere que a única maneira de triunfar no mundo empresarial é dispoñer de contac-tos políticos, ou que o 93 % das em-presas considere que o favoritismo e a corrupción obstaculizan a compe-tencia empresarial, certifican a reali-

dade dun problema que ten un custo social de perto de 40.000 millóns de euros anuais no Estado Español, por situarnos: unha cantidade equivalente a case 5 veces o orzamento da Xunta de Galicia.

Moitas son as receitas que se te-ñen proposto para abordar este pro-blema: maiores controis e transparen-cia no financiamento dos partidos po-líticos, códigos de conducta exhausti-vos para os cargos electos, aumentar o control e a fiscalización da contrata-ción pública...

Pero todas estas medidas queda-rán nunha simple declaración de in-tencións, se non nos damos conta do evidente, que é que durante moitas xe-racións se aceptou socialmente como normal aproveitarse da posición en be-neficio propio, facendo de frases como “Todo o mundo o fai” ou “Non sexas

tonto e aproveita” auténticos leit mo-tiv dos valores imperantes...por iso, a solución definitiva a este problema só pode vir da man dunha rexeneración social, que deberá comezar por formar ás vindeiras xeracións en valores cívi-cos, democráticos e de xustiza social...cando o Ministro Wert nos deixe e se adique a outros menesteres...

Gonzalo-Henrique Castro PradoAvogado

Corrupción: entre a percepción e a realidade

Gonzalo-Henrique Castro Prado

Os paxariños da Alameda

Con tanto vento como houbo nas últimas se-manas, a algún paxaro

voáronlle as ideas todiñas e a outro alteraronselle as poucas que tiña. De modo que os or-nitólogos estes días fan pouco caso dos chíos que se escoitan, á espera de que repousen un pouco as plumas e o sentidiño. Porque o certo é que se escoita cada perla...

Bastante máis aló da Alameda, os ornitólo-gos xa observaron que

o mando púrpura voa tan baixo que non vai dar remontado o voo. A decadencia da especie cada vez parece máis inevitable, máis aínda desde que convida ao seu niño aos novos veciños, que se tinguen de vermello para disi-mular a súa condición de corvos. Corvos mariñáns. Corvos podres. Ha chegar maio e non han flore-cer as roseiras. E despois xa ve-rán o que van tardar en florecer de novo. Xeracións enteiras! Avi-sados quedan. Despois non vaia-des chorarlle a Paco, por aquelo de que só atende queixas...

Para este xoves avecí-ñase temporal. Non vai haber paraugas que o

torne. Pero debería ir con coi-dado quen afía coitelos porque cárgaos o demo. Aínda van agro-mar bágoas e saloucos. Pero que ninguén se angustie, que por se non o sabedes hai moi bos pa-nos nos que sonarse, anque non sexan de marca...

Do que non se dan conta é de que o temporal acaba de comezar e qué-

danlle quince meses. Este non se chama nin Ruth nin Stephanie. Chámase precampaña e con ela voan ata as aves máis insospeita-das, unhas para poñerse a tiro e outras para tantear o terreo.

Os observadores xa están ao tanto de varios cas-tings que se van convo-

car e eso é o que axitou a varias especies. O certo é que nunhas árbores nin sequera hai vacantes e o paxaro xa voa só, noutras hai exceso de interesados, e noutras incluso os máis necesitados pro-curan non aniñar.

Page 24: Cronicas comarcadeordes n2 febreiro2014

CrónicasCrónicas - Mensual independente da Comarca de OrdesDirección: Aurora Pastor Gil. Tel: 617 917 130 Contacto: [email protected]ósito Legal: C 900 - 2013Imprime: Publicacións Tameiga, S.L.

As victorias obtidas pola razón, manifestada a través da palabra, sempre son máis aconsellables que as que se acadan impoñendo a forza. Aínda que só sexa por unha cuestión de elegancia, un mal debate sem-pre vai ser mellor que unha boa pe-lexa. Por eso, a dialéctica pode resul-tar moi útil na vida, e quen a manexe ben sairá con bo pé das pequenas ba-tallas do día a día.

Todo esto sábeno ben os inte-grantes do equipo do CPI de Xan-ceda (Mesía) que participou no Par-lamento Xove, o certame de debate da dirección xeral de Xuventude. Son os únicos que acudiron de toda a co-marca, todos estudantes de ESO Je-sús Manuel Sánchez Rama, Ana Va-rela Grobas, Yennis Fernández Ran-dazzo e Marcos Méndez Méndez. Es-tiveron coordinados pola profesora Adela Figueroa Paz.

Quedaron moi satisfeitos coa ex-periencia, que durante semanas os tivo preparando documentación e ar-gumentarios na clase e mesmo nos recreos, botando man de internet e da biblioteca. Foi “unha experien-cia única que cambiou o meu punto

de vista totalmente”, en palabras de Ana, que declara que decidiron con-cursar “por probar cousas novas”.

Gañar un dos tres debates non foi abondo para superar a fase prelimi-nar. Pero non se desaniman e teñen ganas de repetir polo ben que o pasa-ron e pola confianza que gañaron en si mesmos. Na próxima, xa saben que teñen que “lanzarse máis”, como di Yennis, ou “non ter tanta vergonza”, como engade Marcos.

A timidez restoulles posibilida-des porque non é boa compañeira da oratoria. Jesús Manuel precisa que é necesario “non poñerse nerviosos” para avaliar ben os argumentos dos rivais e dar co xeito de replicalos e bo-talos abaixo. Nese sentido, aínda que algúns integrantes do equipo deixan ver que por momentos lles faltaron reflexos, Ana e Yennis afirman que o punto forte do equipo foi “saber fiar ben as ideas” e expresalas ben.

Todos concordan en que é vital saber improvisar para triunfar no de-bate. Tal como explica Ana, queda mellor ser creativos que “ter os ar-gumentos chapados”. Pero a boa improvisación require moita prepa-

ración previa e “é bonito improvi-sar sempre que se leve un guion ben feito”, destacan Yennis e Marcos.

A dinámica do concurso establece que os equipos coñecen o tema do debate con antelación, pero non sa-ben ata uns minutos antes se van ter que defender a posición contraria ou

favorable a unha tese. Decídese por sorteo. Eso xera complicacións se “os principios” do orador non concordan co designio do azar, segundo Ana, Marcos e Yennis. Mais Jesús Manuel cre que non debe de supoñer un pro-blema se o tema está ben preparado de antemán.

MESÍA Un equipo do CPI de Xanceda participou no certame de debate xuvenil Parlamento Xove

Estudantes con argumentos ben afiados

Proximidade. Honestidade. Solvencia. Pluralismo.

A coordinadora, Adela Figueroa, cos integrantes do equipo que competiu no certame: Jesús Sánchez, Ana Varela, Yennis Fernández e Marcos Méndez