cronicas comarcadeordes n14 febreiro2015

24
Crónicas Mensual independente da Comarca de Ordes - Nº 14 - Febreiro de 2015 A mínimos, no malo e no bo. O Concello de Or- des conta este ano con 8,5 millóns de euros de orza- mento, o menor do man- dato, que comezara con 13,3 millóns en 2011. O goberno de UXO conseguiu aprobalo coa axuda directa do PSOE e indirecta de CIDEGA, e en- tre acusacións de decaden- cia por parte do PP e do BNG. As contas tamén prevén a menor débeda dos úlmos anos. Esman 4,6 millóns de euros en decembro. Ordes, co menor orzamento e a menor débeda dos últimos anos Páx. 2 Fenosa adaptará a térmica para seguir despois de 2020 CERCEDA Páx. 3 A depuradora de residuais de Sigüeiro será posta ao día OROSO Páx. 4 Páxs. 12-13 O ADIF instala reixas nos accesos á estación ferroviaria CERCEDA Páx. 11 A Deputación exhibe o Camiño Inglés en Fitur COMARCA Páx. 5 Abren expedientes aos madeiristas que non reparan pistas ORDES Páx. 9 Latitude, a empresa que quere volver ao téxtil sostible ECONOMÍA Páx. 15 Entrevista co director deportivo do Trazo C. F. DEPORTES Páx. 21 SANTA CRUZ DE MONTAOS ORDES - ESTRADA N-550 981 682 316 - 627 161 388 MUNDO BAZAR CHINO Alfonso Senra, 36 - Telf.: 981 688 540 ORDES (A Coruña) ROPA - JUGUETES - FERRETERÍA - REGALO - CALZADOS DROGUERÍA - MERCERÍA - MENAJE - COMPLEMENTOS PÍDENOSLO Y TE LO CONSEGUIMOS Si no encuentras lo que buscas Entroido do demo!

Upload: cronicas-periodico-mensual-independente-da-comarca-de-ordes

Post on 08-Apr-2016

241 views

Category:

Documents


4 download

DESCRIPTION

Número 14 de CRÓNICAS, o periódico mensual independente da Comarca de Ordes.

TRANSCRIPT

Page 1: Cronicas comarcadeordes n14 febreiro2015

CrónicasMensual independente da Comarca de Ordes - Nº 14 - Febreiro de 2015

A mínimos, no malo e no bo. O Concello de Or-des conta este ano con 8,5 millóns de euros de orza-

mento, o menor do man-dato, que comezara con 13,3 millóns en 2011. O goberno de UXO conseguiu aprobalo

coa axuda directa do PSOE e indirecta de CIDEGA, e en-tre acusacións de decaden-cia por parte do PP e do BNG.

As contas tamén prevén a menor débeda dos últi mos anos. Esti man 4,6 millóns de euros en decembro.

Ordes, co menor orzamento e a menor débeda dos últimos anos

Páx. 2

Fenosa adaptará a térmica para seguir despois de 2020

ceRcedA

Páx. 3

A depuradora de residuais de Sigüeiro será posta ao día

OROSO

Páx. 4

Páxs. 12-13

O AdiF instala reixas nos accesos á estación ferroviaria

ceRcedA

Páx. 11

A deputación exhibe o camiño inglés en Fitur

cOMARcA

Páx. 5

Abren expedientes aos madeiristas que non reparan pistas

ORdeS

Páx. 9

latitude, a empresa que quere volver ao téxtil sostible

ecONOMíA

Páx. 15

entrevista co director deportivo do trazo c. F.

dePORteS

Páx. 21

SANTA CRUZ DE MONTAOS

ORDES - ESTRADA N-550

981 682 316 - 627 161 388

MUNDOBAZAR CHINO

Alfonso Senra, 36 - Telf.: 981 688 540ORDES (A Coruña)

ROPA - JUGUETES - FERRETERÍA - REGALO - CALZADOSDROGUERÍA - MERCERÍA - MENAJE - COMPLEMENTOS

PÍDENOSLOY TE LO

CONSEGUIMOS

Si no encuentras

lo que buscas

entroido do demo!

Page 2: Cronicas comarcadeordes n14 febreiro2015

2

ActuAlidAde

crónicas - Febreiro 2015

Crónicas Se quere recibir Crónicas de balde no seu correo electrónico, pídao en [email protected]

Proximidade. Honestidade. Solvencia. Pluralismo.

ORDES O goberno veos “prudentes” e para a oposición real proban a “decadencia”

Os orzamentos quedan en 8,5 millóns Os orzamentos do Concello de Or-

des para 2015 suman 8,5 millóns de euros, a cifra máis baixa do mandato, que comezara en 2011 con 13,3 mi-llóns e xa en 2014 quedaran en 9,3 millóns. Como é habitual, foron apro-bados en segunda votación co voto de calidade do alcalde, que desfixo o empate de oito edís a favor (7 de UXO e 1 do PSOE) e oito en contra (6 do PP e 2 do BNG), coa abstención da concelleira de CIDEGA.

O debate careceu dunha presen-tación inicial das contas por parte do executivo. A portavoz do goberno, Silvia Marín, agardou que se pronun-ciase a oposición para despois defen-der o carácter “social e inversor” das súas contas. Insistiu en que priorizan as políticas sociais fronte aos recor-tes da Xunta e do goberno central e destacou que a débeda pasa de 6,3 millóns a finais de 2013 aos 4,6 pre-vistos no remate de 2015.

Para José Luis Martínez Sanjurjo (PP), as contas demostran que o go-berno “carece de iniciativa política para reducir custos e xestionar con outras administracións as necesida-des dos veciños”. O líder da oposición lamentou que a partida de investi-mentos con fondos propios baixe un 17 %, ata os 400.000 euros, véndose superada polos 549.000 euros fixa-dos para amortizar débeda.

Ramiro Recouso (BNG) certificou que os orzamentos devolven o Con-cello a cifras de 2007, o que “demos-

tra a decadencia do goberno munici-pal e do Concello de Ordes”. Para os nacionalistas, todo parte do “brutal endebedamento da lexislatura ante-rior”, que non se traduciu en inves-timentos produtivos. Citando varias partidas á baixa, Recouso negou que fosen sociais e investidores.

Suso Pedreira (PSOE) admitiu que non é un orzamento “ambicioso” pero preferiu culpar das carencias á Xunta e á Deputación. Sen embargo, tratou de xustificar o seu apoio en in-crementos que pediu para servizos sociais ou en obras como o pavillón do Campomaior, que o PP lembrou ter pedido en solitario meses atrás.

O edil socialista mesmo dixo que “sería de imbéciles votar non” e que “co populismo Ordes sería un Ames ou un Vimianzo”, con prórrogas das contas. Recouso replicoulle ao PSOE que a súa postura é “unha irrespon-

sabilidade supina” que obedece a in-tereses persoais e de partido máis que a intereses xerais. E Martínez emprazouno a comprobar que case ningún compromiso dos que nego-ciou nos presupostos doutros anos se chegou a cumprir.

Ana Álvarez (CIDEGA) cre que o ni-vel de investimentos “é insuficiente” e reclamou conter outros gastos para aumentar as obras. Tamén lamentou que o goberno non negociase.

O alcalde reservouse para o final. Coas quendas da oposición xa consu-midas, Manuel Regos dixo que son uns orzamentos “prudentes, rigoro-sos e útiles” e non descartou que na realidade “cheguen tranquilamente a 10 millóns”. Negoulle ao PP que a dé-beda se reduza coa suba de impostos e atribuíuno á súa xestión, por exem-plo negociando xuros inferiores ao 1% “en vez do 5 % de Montoro”.

Os recursos do Concello para 2015 medran un 6%, ata os 2,04 millóns

MESÍA

Os orzamentos do Concello de Mesía para 2015 xa teñen apro-bación definitiva. En pleno, foran aprobados polo grupo do goberno (PSOE), coa abstención do PP e o voto en contra do BNG.

As contas ascenden a 2.040.000 euros, o que significa un 6 % máis que no exercicio anterior, segundo explicou o alcalde, Mariano Igle-sias, que na súa intervención des-tacou os investimentos en aten-ción social e en obras, onde reco-ñeceu que lle gustaría ter máis re-cursos, aínda estando por riba da media.

José Manuel Raposo (BNG) ex-puxo que a súa formación aposta-ría por máis medidas relacionadas co envellecemento da poboación. Severino Álvarez (PP) admitiu es-tar ante un orzamento “equili-brado e detallado”, tamén prefe-ría ter máis recursos, dixo que se poderían usar doutras maneiras e felicitou o goberno por eliminar a débeda.

O goberno sacou as contas adiante valéndose do doble valor do voto do alcalde

O Concello disporá de 2,6 millóns de euros para este ano 2015

TRAZO

Os orzamentos do Conce-llo de Trazo para 2015 ascenden a 2.620.000 euros, fronte aos 2.749.000 euros que se consigna-ran para o pasado 2014.

As contas, que xa teñen apro-bación definitiva, experimentan a súa maior redución de gasto no que respecta aos bens corren-tes e servizos que precisa a ad-ministración local para o seu fun-cionamento diario. Quedan en 1.081.000 euros, 63.000 euros menos que o ano pasado. En per-soal a redución é de case 46.000 euros, de maneira que para 2015 destínanse a este capítulo 656.000 euros.

Pola contra, os investimen-tos reais son os que logran man-ter unha contía máis próxima á que tiñan o pasado ano. Baixan en 20.300 euros, de maneira que o Concello de Trazo prevé ter este ano 802.000 euros para obras.

ORDES Cren necesaria unha renovación integral do firme e melloras na vila

Os socialistas reclaman intervir a fondo na N-550

Os socialistas de Ordes reclama-ron que o ministerio de Fomento acometa “unha actuación integral” de renovación do firme da N-550 ao seu paso polo municipio. A forma-ción que lidera Suso Pedreira cre que hai que superar a “política de par-ches”, por inútil, e frear a deteriora-ción do vial. Como exemplo do pé-simo estado da estrada, expoñen a emanación de auga nun dos carrís na zona de entrada ao Mesón do Vento.

Ademais, tamén presentarán ini-ciativas no Congreso para que a es-trada sexa mellorada ao seu paso polo centro urbano, con mala con-servación e puntos inseguros.

Pedreira, cos deputados Paloma Rodríguez e Miguel Cortizo, comprobando as nece-sidades de mellora que presenta a N-550 ao seu paso polo centro de Ordes

Page 3: Cronicas comarcadeordes n14 febreiro2015

ActuAlidAde

crónicas - Febreiro 2015 3

A conselleira recibirá a corporación para falar do futuro da estrada a Cerceda por Mercurín

ORDES

A conselleira de Medio Am-biente, Territorio e Infraestrutu-ras recibirá a integrantes das for-macións da corporación ordense para abordar o futuro da estrada entre Merelle e Cerceda por Mer-curín, que é de ti tularidade muni-cipal e leva un ano pechada ao trá-fi co pesado por mor da grave de-terioración ocasionada sobre todo polos camións de Sogama.

A reunión, aínda sen data, anunciouna o alcalde, que xa vi-sitou á conselleira para reclamar-lle outros investi mentos. Manuel Regos explicou que o encontro so-bre a estrada de Mercurín estaba xa previsto co anterior conselleiro “pero coincidía coa feira Expo Or-des, era ás seis e nós inauguraba-mos ás oito, así que aprazouse”.

O BNG criti cou que o rexedor antepuxese a feira á estrada e la-mentou que non delegase nal-gún outro concelleiro ou para a reunión ou para a inauguración: “só os ten para levantar a man nos plenos”, acusou Ramiro Recouso.

CERCEDA Gas Natural Fenosa instalará equipos para limitar a contaminación

A central térmica de Meirama será adaptada á nova directiva de emisións

Gas Natural Fenosa confi rmou que adaptará a central térmica de Meirama (Cerceda) para poder cum-prir antes de 2020 as normas esta-blecidas na directi va europea de emi-sións. A empresa xa iniciou a tramita-ción ambiental para de seguido efec-tuar as accións necesarias.

O proxecto de adaptación con-templa dotar a central de plantas de desnitrifi cación e desulfuración an-tes de 2020, co propósito de limitar a emisión de óxidos de xofre, nitróxeno e partí culas derivadas da combusti ón de carbón.

A directi va entrará en vigor o 1 de xaneiro de 2016 e súa aplicación obriga a unha limitación considerable nos límites de emisión desas substan-cias, mediante a instalación de siste-mas de limpeza de gases en centrais que teñan intención de prolongar a súa acti vidade máis aló de determi-nado horizonte temporal.

Gas Natural Fenosa decidiu incluír case todas as súas instalacións, entre elas Meirama, no chamado plan na-cional transitorio, que fi xa que os lí-

mites establecidos pola directi va te-rán que cumprirse o 1 de xullo de 2020, dentro de algo máis de cinco anos.

Outras accións anunciadas pola empresa son o acondicionamento da entulleira actual e a adecuación á lexislación ambiental vixente do ver-

tedoiro de cinzas e escorias xeradas pola combusti ón de carbón.

Cunha potencia neta de 557 me-gavati os, a térmica de Meirama pode abastecer uns 650.000 fogares. Re-presenta o 8 % de toda a xeración eléctrica de Gas Natural Fenosa en España.

Cos cambios, a central térmica de Meirama seguirá funcionando despois de 2020

MUEBLES DE BAÑO

HIDROMASAJE - SAUNA

TARIMA FLOTANTE

MATERIALES DE CONSTRUCCIÓN

SANITARIOS

GRIFERÍA

AZULEJOS Y PAVIMENTOS

MAMPARAS

A TABLILLARúa Principal, 36. Rodís15186 CERCEDATelf: 981 69 70 82e-mail: [email protected]

ALMEIRASAvda. Almeiras, 19. O Burgo15670 CULLEREDOTelf: 660 986 847

Page 4: Cronicas comarcadeordes n14 febreiro2015

4

ActuAlidAde

crónicas - Febreiro 2015

OROSO O alcalde asegura que a auga que se verte ao Tambre presenta boa calidade

A depuradora de Sigüeiro agarda varias melloras para modernizala

A depuradora de augas residuais de Sigüeiro, que funciona desde 2000, precisa diversas melloras para modernizala, aínda que presta o seu servizo en boas condicións e a auga que verte ao río Tambre, unha vez depurada, presenta boa calidade.

Así o indicou o goberno municipal despois dunha visita ás instalacións, na que o alcalde, Manuel Mirás, e os concelleiros de Medio Ambiente, Pepe Castro, e de Obras, Eduardo Veiras, estiveron acompañados por técnicos da empresa Viaqua, conce-sionaria do servizo desde 2002.

O propio rexedor afirmou que a depuración cumpre a lexislación vixente e que as instalacións presen-tan un bo estado. Mais aínda así ad-mitiu que “é susceptible dalgunhas melloras”. Entre elas, unha posta ao día do sistema de desbaste e do sis-tema de aireación, desgastado polo paso do tempo. E tamén a moderni-zación dos equipos para gañar en au-tomatización, xa que os actuais que-daron obsoletos. “Hoxe constatamos cos técnicos que, pese a que a cali-

dade das augas depuradas é boa, es-tas melloras son precisas para o fu-turo da instalación”, indicou Mirás Franqueira.

O Concello xa ten realizado me-lloras nesta instalación, o que per-mitiu adaptala á nova normativa de

vertidos e ampliar a súa capacidade de 3.900 a 4.500 usuarios, incorpo-rando localidades como A Estación de Oroso. Cos cambios tamén se con-seguiron evitar os atascos e avarías causados polos residuos sólidos que chegaban ás bombas de cabeceira.

O goberno local e técnicos da concesionaria visitaron a depuradura de residuais

O novo presidente de Sogama visita oficialmente o Concello

O novo presidente de Sogama, Javier Domínguez Lino, escolleu o Concello de Cerceda para a súa primeira visita institucional no cargo, en deferencia ao municipio no que se atopa emprazado o epi-centro da infraestrutura industrial que procesa e trata os residuos ur-

banos de maior parte do territo-rio galego. Domínguez foi recibido polo alcalde, José García Liñares, e os dous amosaron vontade de pro-seguir a colaboración entre a en-tidade local e a empresa, que en Cerceda supera os 400 traballado-res, a maior parte do municipio.

O alcalde, José G. Liñares, co novo presidente de Sogama, Javier Domínguez

CERCEDA

A proposta de Cendal como filla predilecta, adiada por presentar deficiencias formais

ORDES

A declaración como filla pre-dilecta de Isabel Cendal, a muller natural de Parada (Ordes) que a comezos do século XIX participou na expedición que permitiu levar a vacina contra a varíola a todo o mundo, tivo que ser adiada por mor de deficiencias formais da ini-ciativa, presentada polo PSOE.

O secretario municipal lem-brou que o regulamento obriga a que estas propostas ten que pro-movelas a alcaldía ou contar co aval dun membro de cada grupo. Ante as explicacións, o portavoz do PSOE, Suso Pedreira, aceptou produnfizar na proposta nunha comisión para trasladala despois ao pleno, xa máis elaborada.

Ramiro Recouso (BNG) ofreceu apoio a unha proposta que ven “interesante”, aínda que pensa que se presentou cunha “docu-mentación escasa” e precisa unha argumentación “máis sólida”. Pe-dreira replicou que se dispón de máis documentación para engadir, incluso a partida de nacemento.

Dotan de novas bancadas o polideportivo da Pontecarreira

O pavillón polideportivo da Pontecarreira estreou bancadas con capacidade para sentar un-has 120 persoas. O novo equipa-mento custou case 30.000 euros e foi pagado integramente pola De-putación da Coruña. O presidente deste organismo, Diego Calvo, achegouse ata Frades co goberno

municipal para comprobar a súa instalación.

O investimento foi asinado nun convenio entre o Concello e a De-putación o ano pasado, despois de que o alcalde, Roberto Rey, lle trasladase a Calvo a necesidade de resolver a carencia de espazos para sentar no pavillón.

A infraestrutura deportiva carecía ata agora de espazos axeitados para sentar

FRADES

Page 5: Cronicas comarcadeordes n14 febreiro2015

ActuAlidAde

crónicas - Febreiro 2015 5

COMARCA Eliminará barreiras arquitectónicas nos albergues e instalará códigos QR

A deputación leva o camiño inglés a Fitur como estrela turística da provincia

O Camiño Inglés foi un dos prin-cipais produtos turísti cos da provin-cia presentados pola Deputación da Coruña na Feira Internacional de Tu-rismo (Fitur), celebrada en Madrid. O presidente da enti dade provincial, Diego Calvo, asegurou que queren promocionar este iti nerario xacobeo “como unha alternati va real ao Ca-miño Francés”.

Un dos primeiros pasos que xa se deron foi a publicación dunha guía en castelán e en inglés. Segundo a De-putación, vai máis alá dunha guía tu-rísti ca, xa que combina información prácti ca como os datos dos alber-gues, as rutas posibles ou gastrono-mía con explicacións históricas, len-das, fotografí as e anécdotas do Ca-miño, que comeza na Coruña e en Fe-rrol e unifí case desde Bruma (Mesía) ata Santi ago.

Non obstante, Diego Calvo anun-ciou ademais que traballarán na re-cuperación de espazos degradados e en mellorar a accesibilidade e a sina-lización do Camiño Inglés. Como me-didas concretas, explicou que se eli-

minarán barreiras arquitectónicas nos albergues de Ferrol, Neda, Miño, Betanzos e Bruma (Mesía), ademais dos do Monte do Gozo e San Lázaro, en Santi ago.

E no que respecta á sinalización, vanse uti lizar as novas tecnoloxías dixitais para xeolocalizar o iti nerario

a través de teléfonos móbiles e table-tas. A previsión é colocar sinais con códigos QR, cos que os camiñantes poderán acceder a información de interese en varios idiomas. A gastro-nomía propia de cada zona, as festas, o folclore e os costumes son algúns dos conti dos que se prepararon para este acción.

Na súa intervención en Fitur, o go-berno provincial defi niu o Camiño In-glés como “un patrimonio intanxi-ble pero un dos máis importantes da nosa provincia”. Destaca a relevancia e o potencial que ten para o turismo internacional, ao conservar unha in-tensa relación desde o seu nace-mento cos pobos do norte, como bri-tánicos, irlandeses, escandinavos, franceses ou holandeses.

A ruta, por certo, acadou o ano pasado 7.194 peregrinos, que se-gundo os datos de Turismo de Ga-licia supoñen un 62 % máis que en 2013. As pernoctacións nos alber-gues públicos experimentaron unha suba semellante, do 61 %, ata acadar as 10.530.

O presidente da Deputación, en Fitur

A iniciativa do Bloque para incrementar a participación veciñal queda posposta

ORDES

A moción presentada polo BNG de Ordes para incrementar a par-ti cipación veciñal na políti ca local quedou posposta para ser tratada nun vindeiro pleno, posiblemente neste de febreiro.

Os nacionalistas propoñían mellorar o regulamento munici-pal para que a cidadanía ti vese a posibilidade de presentar iniciati -vas ou que puidese intervir nas se-sións da corporación, ademais de que o goberno facilite informa-ción sobre os acordos plenarios e da xunta de goberno local.

Sen embargo, o secretario mu-nicipal aprezou algunhas defi cien-cias técnicas na proposta e a por-tavoz do goberno, Silvia Marín, observou que, ademais dos cam-bios suxeridos polos nacionalistas, podería aproveitarse para intro-ducir outros.

De aí que Pablo Vidal, conce-lleiro do BNG, aceptase pospo-ñer a proposta para analizala an-tes nunha comisión e procurar un acordo dos disti ntos grupos.

- Que poden atopar os clientes no seu establecemento?

- A nosa principal característica é que temos unha gran variedade de ta-pas, ao agrado do cliente de hoxe en día. E tamén uns almorzos con pos-tres caseiros, unha estupenda opción para empezar o día.

- Cal é a súa especialidade?- A nosa especialidade é o tapeo

e tortillas.

- A que tipo de público se di-rixen?

- A todo tipo de xente que queira cambiar a forma de tomar tapas.

- Varían con frecuencia as súas propostas?

- Si, varía. E segundo a demanda tamén nos imos adaptando ás prefe-rencias dos clientes.

- Como é o seu servizo?- Satisfacemos o cliente con bos

produtos, boa compañía, trato agra-dable e boa música. Temos unha ex-periencia de moitos anos neste sector e humildemente cremos que eso nó-tase para ben no servizo.

- O local ten tamén unha boa ubicación?

- Si, estamos pegados aos bos co-mercios de Calzados Capitán, De-portes Capitán, Ekaté, o supermer-cado…

- En que horario abren?- De luns a venres abrimos ás 6

horas e pechamos ás 21:30 horas, a non ser os venres que estamos ata a medianoite. Os sábados estamos de 8 a 24 horas e os domingos desde as 10 ata as 15:30 horas. As tardes dos domingos pechamos por descanso. E por suposto tamén ofrecemos as re-transmisións deportivas para que a xente teña aquí un lugar de encontro.

“A nosa especialidade é o tapeo e as tortillas”

ENTREVISTA Felipe Fuentes Ríos

Tabla embutidosQueso en aceiteBoqueronesAnchoasJamón cocidoCroquetasChistorraRaxo y zorzaEmpanadillas (atún)Alitas y zanquitos Calamares

TAPAS10 €3 €3 €3 €3 €8 €

2,5 €3 €2 €3 €3 €

Rúa Alfonso Senra, 136Ordes (A Coruña)

Page 6: Cronicas comarcadeordes n14 febreiro2015

6

ActuAlidAde

crónicas - Febreiro 2015

OROSO O alcalde comprométese a reparar este ano as pistas entre aldeas

Os veciños de Vilarromariz reivindican a reparación do seu local social

Os veciños da parroquia de Vila-rromariz (Oroso) reclamáronlle ao goberno municipal a reparación do local social da parroquia. Queren que se instale un tellado que cubra a zona exterior e que se interveña para que non entre auga no inmoble pola acu-mulación de chuvia provinte dos des-niveis do terreo.

Da petición tomou nota o execu-

tivo encabezado por Manuel Mirás, nun encontro celebrado diante da propia igrexa parroquial. O rexedor anunciou que durante este ano con-tan con reparar as pistas que unen as distintas aldeas desta e das de-mais parroquias. Mirás fixo fincapé no custo elevado que supón para o Concello o mantemento deste tipo de viais, que superan os 600 km.

Outras cuestións tratadas no en-contro, e explicadas polo concelleiro de Medio Ambiente e Seguridade Ci-dadá, Xosé Castro, foron o retellado da igrexa, xa feito, e o cambio de ubi-cación do cruceiro de Vilarromariz para que o escenario das orquestas non se teña que colocar de costas á igrexa. O cambio está pendente de que sexa autorizado pola dirección xeral de Patrimonio da Xunta.

Castro tamén detallou a renova-ción de varias farolas en mal estado e anticipou a posta en funcionamento de elementos para a práctica de exer-cicio físico ao aire libre.

Neste sentido, as preto de corenta persoas que asistiron ao encontro ta-mén aproveitaron para solicitar unha farola na pista de baixada próxima á finca da igrexa e un espello para me-llorar a visibilidade na saída de Ga-damil. O goberno comprometeuse a atender as peticións e recomendo-ulles aos veciños que para ese tipo de peticións utilicen o servizo de Liña Verde, que lles permite efectualas de balde co móbil.

Encontro do goberno municipal de Oroso con veciños da parroquia de Vilarromariz

Outro dos ‘Encontros co al-calde’ recentes levou ao go-berno municipal ata Porto Avieira, na parroquia da Gán-dara. Manuel Mirás asumiu que a urbanización necesita un local social propio -agora utilizan o da parroquia-, aínda que matizou que “estamos buscando o finan-ciamento, polo que espero que nun par de anos poida estar en marcha”.

O rexedor tamén explicou que a urbanización está reci-bida “e non hai ningunha inse-guridade xurídica” e que o Con-cello modificou o Plan Xeral para avanzar no seu desenvolve-mento.

Os residentes na urbaniza-ción que acudiron ao encontro pediron sobre todo cuestións relacionadas coa seguridade viaria na zona, como a instala-ción de redutores de velocidade na entrada e saída comprome-tida polo goberno ou a moder-nización da iluminación.

O goberno asume que Porto Avieira precisa un local social e cre que se fará en dous anos

O PSOE pide que a Xunta explique o retraso da chegada do autobús metropolitano

ORDES

O retraso da implantación do sis-tema de transporte metropolitano do autobús en Ordes chegou ao de-bate político no Parlamento de Gali-cia. Os socialistas, por boca do parla-mentario Raúl Fernández, demanda-ron a súa chegada e lembraron que os veciños levan moitos meses agar-dando.

Fernández explicou que coa che-gada da solicitude á Xunta houbo unha “comprensión inicial e incluso un proceso de negociación entre as partes, Concello de Ordes e direc-ción xeral de Mobilidade, que pare-cían albiscar un satisfactorio remate do proceso, pero non se ten produ-cido a día de hoxe”, en palabras do deputado socialista.

Como resposta, Gonzalo Trenor (PP) anunciou que Ordes se incor-porará aos plans de transporte das áreas de Santiago e da Coruña “nos vindeiros meses”. Segundo dixo o re-presentante da dereita, a integración podería aprobarse nunha comisión de seguimento do plan prevista para este mes de marzo.

A senda entre o Concello e o tanatorio, en obras ata abril

As obras para construír unha senda peonil entre a Casa do Con-cello de Frades e o tanatorio en Moar estarán concluídas a media-dos de abril, segundo as estima-cións do goberno local.

A senda, duns 335 metros de longo e 1,50 de ancho, discorre ao longo da estrada provincial en-tre Ordes e a Pontecarreira. Está orzamentada en 49.170 euros, fi-

nanciados pola Deputación. Baixo a superficie, de bituminosa en quente, incorpora canalizacións para a auga e para a electricidade. A senda estará separada da beira-vía por un borde de cemento.

Durante as obras, nas dúas marxes, un dos carrís da estrada poderá estar pechado ao tráfico, co paso alterno regulado por se-máforos cando sexa necesario.

Visita ás obras do alcalde, Roberto Rey, e do concelleiro Manuel Ferreiro

FRADESO BNG considera que sae cara a “improvisación” do Concello nas obras do saneamento do Recreo

ORDES

O BNG acusou ao goberno de Or-des de “improvisación” nas obras do saneamento na rúa do Recreo. Se-gundo o portavoz nacionalista, Ra-miro Recouso, os custos da obra “au-mentaron por non aplicar o sentido común”, do que culpa directamente ao alcalde, Manuel Regos.

Na versión do Bloque, as obras deberían servir para solucionar o problema de entrada de auga que su-frían varios sotos da zona, instalando novas conducións. Pero ao obrar só na superficie, en vez de cambiar as conducións a catro metros de pro-fundidade, pensan que non se resol-veu, de maneira que houbo que re-tomar os traballos para selar o an-tigo saneamento desde a superficie, en vez de aproveitar cando a zanxa estaba aberta.

O concelleiro de Obras, Roberto González, explicou no pleno que as obras aínda non estaban rematadas e que o Concello está efectuando no-vos estudos técnicos para darlle a so-lución axeitada ao problema, que os veciños padecen desde hai anos.

Page 7: Cronicas comarcadeordes n14 febreiro2015

ActuAlidAde

crónicas - Febreiro 2015 7

Unanimidade para facilitarlles as novas terapias aos enfermos de hepatite C

ORDES

A diferencia do Parlamento de Galicia, onde o PP se opuxo, to-dos os grupos políticos de Ordes respaldaron a proposta para ins-tar aos gobernos autonómico e central a tomar as medidas pre-cisas para que todos os enfermos de hepatite C teñan acceso ás no-vas terapias e que lles sexa dispen-sada de inmediato nas farmacias hospitalarias a medicación que te-ñan prescrita.

A moción foi defendida polo portavoz socialista, Suso Pedreira, quen explicou que dos 700.000 afectados en España algo máis de 200 están adscritos ao centro de saúde de Ordes. Por parte do BNG, Pablo Vidal secundou a ini-ciativa asegurando que “a vida dunha persoa non pode ter prezo”. O portavoz do PP, José Luis Martí-nez Sanjurjo, ofreceu o respaldo á iniciativa do PSOE e á vez explicou que o ministerio e as autonomías están avanzando para que “canto antes” os enfermos poidan ver so-lucionada a situación.

ORDES A Xunta subvencionou as obras cuns 230.000 euros en dous anos

Remata a reforma da praza de abastosEn principio, non vai haber máis

obras na Praza de Abastos de Or-des. O mercado rematou a súa posta ao día, cunha reorganización do es-pazo inferior e coa rehabilitación do primeiro andar. Culminan así varios anos nos que as intervencións se fo-ron sucedendo e que, ademais dos traballos acometidos no interior, ser-viron para crear accesos para per-soas con mobilidade reducida, adap-tar os aseos, mellorar a instalación eléctrica e reparar a fachada.

A praza foi visitada pola dele-gada provincial da Xunta, Belén do Campo, acompañada por varios in-tegrantes do goberno de Manuel Re-gos e por representantes do grupo municipal do PP. Do Campo explicou que a consellería de Economía e In-dustria subvencionou o acondiciona-mento cuns 230.000 euros, 118.000 nun exercicio e algo máis de 112.000 no seguinte.

A visita tamén pasou polo polí-gono industrial de Merelle para com-probar o estado dos dous viais prin-cipais, pavimentados tamén cunha axuda autonómica de case 120.000 euros, o que representa o 80 % do custo total do proxecto. O goberno ordense e o grupo do PP acompañaron a Belén do Campo en Ordes

Page 8: Cronicas comarcadeordes n14 febreiro2015

8

ActuAlidAde

crónicas - Febreiro 2015

A supresión de barreiras arquitectónicas poderá ter descontos de ata o 90 % no ICIO

ORDES

Os grupos políticos de Ordes tratarán nunha comisión a posi-bilidade de descontar un 90 % o Imposto de Construcións, Instala-cións e Obras (ICIO) na supresión de barreiras arquitectónicas e na adaptación de vivendas de parti-culares a persoas en situación de dependencia ou con calquera tipo de minusvalía. A proposta xa foi presentada no pleno polo PSOE, inicialmente cunha bonificación do 75 %, pero aceptou tramitala primeiro en comisión, antes de volver a pleno, e elevouna ata o 90 % ao ser o máximo previsto.

COMARCA As obras xa foron licitadas e custarán uns 320.000 euros

A Xunta estima que o punto limpo de Frades e Mesía funcionará xa no verán

A Xunta calcula que o punto limpo que compartirán os Concellos de Fra-des e de Mesía poderá entrar en fun-cionamento xa o vindeiro verán. As obras foron licitadas por un importe duns 320.000 euros, financiados in-tegramente pola Consellería de Me-dio Ambiente, Territorio e Infraestru-turas. Desde que sexan adxudicadas, a empresa contratada disporá de ca-tro meses para rematalas.

A parcela na que se ubicarán as instalacións, na parroquia de Célti-gos, xa recibiu a visita de cargos po-líticos para explicar o proxecto e os seus prazos. Acudiu a delegada pro-vincial da Xunta, Belén do Campo, que estivo acompañada polos alcal-des de Frades, Roberto Rey, e de Me-sía, Mariano Iglesias, e de Manuel Fe-rreiro, concelleiro en Frades.

A obra consistirá en habilitar dúas plataformas a distinto nivel, unha 1,45 metros máis elevada que a outra, con separacións para as zonas

de carga e descarga. Esta disposición facilitará os labores de vertedura nos contedores.

O punto limpo recibirá residuos que requiren unha xestión específica polo seu tamaño, natureza ou perigo-

sidade, como disolventes, aceites mi-nerais e vexetais, pilas, fluorescentes, baterías, residuos perigosos, entu-llos, vidro, aerosois, radiografías, ou restos de poda, roupa, cartón e papel e aparatos eléctricos e electrónicos.

COMARCA O maior proxecto, na estrada Ordes-Pontecarreira con 219.000 euros

O plan de conservación dos viais provinciais inclúe varios tramos na zona

O plan de conservación de vías provinciais inclúe en 2015 varios tra-mos de estradas das que é titular a Deputación e que discorren por dis-tintas zonas da comarca. As princi-pais tarefas do plan, que foi apro-bado polo pleno provincial e no seu conxunto suma uns 10,4 millóns de euros, son o reforzo do firme, a lim-peza de cunetas e a mellora da sina-lización.

O proxecto de maior enverga-dura na zona acometerase na es-trada que vai desde Ordes ata a Pon-tecarreira, con 219.000 euros. Desde este mesmo vial, tamén se investirán

outros 17.000 euros para o acceso a Poulo.

Tamén destaca polo seu vo-lume económico o proxecto para a estrada que vai de Ordes a Porto-mouro por Pontechonia, a través de Trazo. Contará cuns 77.000 euros. Para o vial que vai desde Lanzá (Me-sía) ata Boimorto reserváronse máis de 60.000 euros, mentes que o vial que vai desde A Tablilla (Cerceda) ata Agro do Mestre (Trazo) por Ponte-pedra (Tordoia) contará con máis de 59.000 euros.

Na estrada que vai de Carral ata Meirama (Cerceda), o plan provin-

cial asigna case 50.000 euros, e na provincial que vai desde Cerceda ata o Mesón do Vento (Ordes) 48.000 euros. Entre Cerceda e Xesteda inves-tiranse 35.000 euros e de Sigüeiro a San Amaro 25.000 euros.

Xa con menor relevancia econó-mica, figuran as estradas que van desde o vial Ordes-A Silva ata Tor-doia por Gorgullos (16.000 euros), desde Castro (Mesía) ata a N-634 (12.000 euros), da Laracha ata A Silva por Golmar (12.000 euros), e os ac-cesos ás estacións de Cerceda (3.000 euros), de Queixas (800 euros) e da Pontraga-Ordes (96 euros).

Mandatarios de Frades e Mesía, coa delegada da Xunta na parcela onde se obrará

O punto de Ordes recolleu 304 toneladas en 2014O punto limpo de Ordes recolleu

304.431 quilos de residuos durante o ano pasado, segundo o balance feito público polo Concello. Máis da metade, en concreto 177.630 quilos, corresponderon a restos de obras, como formigón, tellas e ladri-llos. Outros residuos provintes da construción sumaron 39.320 quilos

e entre madeira, conglomerados e similares recolléronse 31.680 qui-los. Plásticos e caucho superaron os 17.000 quilos e de voluminosos, so-bre todo mobles de casa e de ofi-cina, pesaron case 23.000 quilos.

Outro tipo de residuos que os veciños entregaron no punto limpo teñen menos volume, pero o seu

correcto tratamento evita moita contaminación ambiental. É o caso dos 177 quilos de tubos fluorescen-tes ou as máis de dez toneladas de electrodomésticos, como televiso-res, cociñas, impresoras...

En xeral, Ordes xerou en 2014 4.350 toneladas de lixo, segundo datos da empresa de transporte.

O BNG pide información no pleno sobre a morte dun usuario da residencia dos maiores

ORDES

O portavoz do BNG de Ordes, Ramiro Recouso, pediu informa-ción no pleno sobre o suicidio dun usuario da residencia da terceira idade, producido a finais de dec-embro, e ademais interesouse so-bre se o centro cumpre as medi-das de seguridade e se o goberno local ten previsto renovar o con-trato da concesionaria do servizo.

A portavoz do goberno, Silvia Marín, amosou o seu acordo co traballo de todo o persoal do cen-tro, expuxo que se cumpre “a nor-mativa a todos os efectos” e indi-cou que “é moi difícil impedir un suceso desafortunado e terrible”, xa que a persoa falecida, que pro-viña dun centro psiquiátrico, tiña a consideración e válida e gozaba de liberdade de movementos.

Recouso asegurou que ten constancia de “máis intentos de suicidio e que felizmente non che-garon a consumarse” e de queixas do tratamento “non moi humano” que reciben os usuarios do centro. Preguntou ademais se o persoal ten a cualificación precisa para atender casos psiquiátricos.

Marín, que defendeu a aten-ción do servizo, lamentou tamén que o Bloque levase tal asunto a un pleno público en vez de inte-resarse de maneira máis discreta. Recouso replicou que non os cha-maron para explicarlles os fei-tos, ao que Marín lle lembrou que pode chamala ou acudir ao Conce-llo para resolver calquera dúbida.

Page 9: Cronicas comarcadeordes n14 febreiro2015

ActuAlidAde

crónicas - Febreiro 2015 9

ORDES O PP emprazou ao goberno local a facer cumprir a ordenanza municipal

Abriranlles expedientes a madeiristas que estropearon pistas sen reparalas

O Concello de Ordes abriralles ex-pedientes aos madeiristas que dete-rioraron pistas en varias parroquias nos labores de corta e extracción e que en principio non semellan dis-postos a responder polos danos, nos termos que establece a ordenanza municipal que protexe os viais.

O anuncio da apertura de expe-dientes efectuouno o alcalde, Ma-nuel Regos, ao que a portavoz do go-berno, Silvia Marín, engadiu que a Policía Local xa visitara as zonas con danos, mentres que o concelleiro Ro-berto González precisou que nalgúns casos estaba xestionando un acordo

coas empresas para que afronten os arranxos “pero non é fácil”.

O PP criticara que o goberno conti-nuaba sen facer cumprir a ordenanza en varios casos: o último nunha pista en Mercurín, pero xa antes tamén nas parroquias de Lesta ou Beán. José Luis Martínez Sanjurjo, o líder da oposición, acusou ao goberno de “desleixo” por ignorar a norma, que obriga a que as empresas madeiris-tas depositen unha fianza cando ob-teñen a autorización para os seus tra-ballos para responder polos posibles danos e prexuízos na rede viaria.

Aínda que nos casos denuncia-dos non trascendeu se os responsa-bles tiñan autorización e deposita-ran a fianza, parece improbable que a poidan recuperar. E no caso de que non a depositasen, tamén lles pode-rán imputar os gastos do restable-cemento das condicións previas das pistas aos culpables.

O PP reclamou tamén que se completen os traballos de desbroce en todas as pistas de concentración parcelaria.

Pista forestal deteriorada por actividade de madeiristas na parroquia de Mercurín

A actividade dun equipo de desbroce propio do Concello de Ordes podería retomarse en breve. Esa é cando menos a as-piración do goberno local, que recentemente gastou 13.400 euros na reparación dunha des-brozadora e agora quedería pendente arranxar un dos dous tractores municipais.

As explicacións ofreceunas a portavoz do executivo, Sil-via Marín, a preguntas de Ra-miro Recouso (BNG), que se in-teresou pola factura e tamén preguntou se a desbrozadora arranxada, de propiedade pú-blica, estivera funcionando cos tractores municipais ou fora uti-lizada pola empresa á que se lle contrataron os desbroces nos úl-timos anos.

Marín expuxo que o equipo foi utilizado sempre co tractor municipal e insistiu en que a de-cisión de encargarlle o traballo a unha empresa se debeu ás ava-rías e á falta de persoal propio.

O goberno aspira a poñer a funcionar un equipo de desbroces propio en breve

Page 10: Cronicas comarcadeordes n14 febreiro2015

10

ActuAlidAde

crónicas - Febreiro 2015

O Concello varía o proxecto de auga en Añá, Moar e Céltigos

O Concello de Frades presen-tou na Xunta outro proxecto para o abastecemento de auga nas pa-rroquias de Añá, Moar e Célti gos, disti nto ao que presentara inicial-mente. Fíxoo, segundo o goberno local, atendendo as indicacións do goberno autonómico para reducir o seu custo.

Se a intención inicial era levar o servizo público ás parroquias de Añá e Moar cun investi mento su-perior ao millón de euros, no novo proxecto inclúese tamén Célti gos e rebáixase o orzamento a 775.000 euros.

O documento xa lle foi trasla-dado polo alcalde, Roberto Rey, á conselleria de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Ethel Vázquez, nun encontro no que ta-mén parti cipou o concelleiro Mi-guel Prado. O rexedor destacou que, pese aos cambios, a iniciati va podería servir para “completar o abastecemento de auga en todo o municipio”.

Non obstante, o proxecto está supeditado a que se sume unha

terceira administración, a maio-res do Concello e da Xunta, pro-bablemente a Deputación. A con-selleira emprazou a desenvolvelo mediante un convenio a tres ban-das. En canto aos prazos, de asi-narse tal acordo barallan que po-derían comezar as obras en 2016, fi nanciadas en dous anos.

Por outra parte, o alcalde inte-resouse pola tramitación do Plan Xeral de Ordenación Municipal, que acumula certo retraso. A con-selleira comprometeuse a axilizalo e indicou que están agardando o informe favorable da dirección xe-ral de Patrimonio para conti nuar coas tarefas.

O concelleiro Prado reclamou maior mantemento da estrada que vai desde Ordes ata Lanzá por Abellá, que polo elevado trá-fi co “presenta a capa de roda-dura moi deteriorada, a pesar dos arranxos realizados o ano pasado”. O compromiso autonómico foi en-viar técnicos a estudar o vial e ava-liar se o poden incluír nun plan de mantemento.

FRADES

Pedreira, elixido de novo como candidato do PSOE á alcaldía

O secretario xeral da Agrupa-ción Socialista de Ordes, Suso Pe-dreira, volverá ser candidato á al-caldía nas eleccións de maio. Acor-dárono os militantes ordenses da formación políti ca que acudiron a unha asemblea extraordinaria, cunha decisión unánime.

Pedreira agradeceu o apoio e emprazou aos seus compañeiros a dar a coñecer o traballo que ten feito o parti do polo benestar dos

ordenses e os investi mentos que conseguiu para o municipio, que exemplifi ca nas bonifi cacións do IBI para os gandeiros, arranxos via-rios ou o plan de apoio ao téxti l.

Un plan de mellora dos viais municipais valorado en 600.000 euros e a potenciación do polí-gono de Merelle son algunhas das súas propostas futuras, xunto cunha ‘Ofi cina de Transparencia’ ao servizo da cidadanía.

ORDES

A asemblea extraordinaria do PSOE de Ordes tomou o acordo unanimemente

couseloordenes

15680 ORDESA Coruña

Muebles de CocinaFuente Estrey, s/n Tel: 981 68 83 29

Móvil: 629 808 796couselo [email protected]

ElectrodomésticosAlfonso Senra, 116

Tel: 981 68 08 09

Page 11: Cronicas comarcadeordes n14 febreiro2015

ActuAlidAde

crónicas - Febreiro 2015 11

CERCEDA A BNG pregunta no Congreso polos motivos e polos plans de futuro

O Adif pecha o acceso ás instalacións da estación do tren de cerceda-Meirama

A estación de tren de Cerceda-Meirama apareceu con reixas na en-trada e na saída das súas instalacións na mañá do 9 de febreiro, segundo denunciou o BNG, que explica que os viaxeiros non poden acceder ao apeadoiro para gorecerse das incle-mencias meteorolóxicas.

Os nacionalistas falan de “clau-sura” ao comprobar que “ninguén pode entrar nas dependencias da es-tación”. Critican ademais o “estado lamentable” do paso inferior que permite acceder dun lado ao outro da estación: “cruzalo de noite causa auténtico pavor, é claustrofóbico, es-curo e cheo de pingueiras”, aseguran.

Ante tal situación, Rosana Pé-rez, deputada do BNG, xa rexistrou no Congreso unha pregunta sobre os motivos que levaron ao Adif, titu-lar e responsable das instalacións, a colocar as reixas. Tamén se interesa por saber se está previsto mellorar o paso inferior e pregunta se o Adif está disposto a abrir de novo as ins-talacións para que poidan ser utiliza-das polos viaxeiros.

En principio, a colocación das reixas non afecta ás posibilidades de viaxe nos trens de Renfe, que na súa web continúa ofrecendo billetes desde Cerceda. Nos días laborais, hai oito trens de Media Distancia cara á

Coruña (o primeiro ás 7:17 horas e o último ás 23:25 horas, cun traxecto que dura arredor dun cuarto de hora) e sete cara a Santiago (desde as 5:55 horas e ata as 22:28 horas, con como moito 25 minutos de viaxe).

Reixa colocada no acceso ás instalacións da estación de Cerceda-Meirama

O aconcidionamento da contorna da igrexa de Viladabade custará 110.000 euros

TORDOIA

O Concello de Tordoia aprobou o investimento de 50.000 euros para o acondicionamento da con-torna da igrexa de San Cibrao de Viladabade. Trátase da primeira fase dun proxecto máis amplo que no seu conxunto está orzamen-tado en 110.000 euros.

As accións concretas que se acometerán para ‘humanizar’ a zona son un ensanchamento do vial, a dotación de beirarrúas, a ha-bilitación dun aparcadoiro, a cons-trución dunha rede para as augas pluviais e un novo alumeado pú-blico. O goberno di que esta inicia-tiva atende unha demanda veciñal e que mellorará a accesibilidade e a seguridade do vial.

A primeira fase inviste 50.000 euros

Page 12: Cronicas comarcadeordes n14 febreiro2015

12

teMPO de eNtROidO

crónicas - Febreiro 2015

COMARCA Elevada participación nas festas, desfiles e concursos organizados polos Concellos, e tamén nas celebracións de centros educativos, asociacións culturais e entidades veciñais dos distintos municipios da contorna

A festa do martes de entroido en Tordoia superou os 300 participantes, con todo tipo de entretementos e chocolatada con rosca para repoñer forzas.

A comarca anímase co bo humor e a festa rachada do entroido

TORDOIA TRAZO

Na parroquia de Restande volveron celebrar a Festa da Corrida do Galo, con disfra-ces, xogos e incluso unha polbeira para non marcar con fame para a casa.

En Cerceda, os nenos e nenas da gardería infantil aproveitaron a cele-bración das festas do entroido para visitar os maiores no centro de día,

cos disfraces que prepararon nas au-las como indumentaria. Os maiores recibíronos con ledicia e entregáron-lles uns agasallos que elaboraron eles

mesmos nas sesións de manualida-des. E no martes de entroido, o po-lideportivo González Laxe congregou unhas 700 persoas nunha festa na

que non faltaron todo tipo de xogos, chocolatada e rosquiñas. A festa in-tensificouse co ‘Entroido dos veciños’ este sábado 21.

MESÍA

A Festa de Entroido de Mesía en-cheu o polideportivo municipal en Xanceda con numerosas persoas dis-

frazadas, sobre todo nenos e nenas. Todos participaron no desfile no pro-pio recinto, sen concurso, e pasaron a

tarde nos diversos obradoiros e atrac-cións, como o touro mecánico, o cir-cuíto de bicis, varios inchables e o

futbolín humano. Tamén se ofreceu unha merenda con larpeira, choco-late e refrescos.

CERCEDA

Page 13: Cronicas comarcadeordes n14 febreiro2015

teMPO de eNtROidO

crónicas - Febreiro 2015 13

COMARCA Elevada participación nas festas, desfiles e concursos organizados polos Concellos, e tamén nas celebracións de centros educativos, asociacións culturais e entidades veciñais dos distintos municipios da contorna

A comarca anímase co bo humor e a festa rachada do entroido

FRADES

No concurso de disfraces de Frades, segundo o Concello o máis concorrido dos últimos anos, gañou a comparsa ‘O mar anda revolto’, de Poulo. O se-gundo premio foi para V, de Vitre, e mención especial para ‘O circo de Frades’.

OROSO

O festival escolar e o concurso de disfraces foron dúas das grandes citas do entroido en Oroso. No certame venceron a comparsa ‘Os Amish’ de Ordes, con mención especial para ‘As nosas emocións’ de Oroso. En infantil, a mellor com-parsa foi ‘Planeta Oroso’, con cativos do municipio

ORDES

O concurso do sábado de piñata de Ordes sumou máis de 500 parti-cipantes, chegados de diversos pun-tos da Coruña e de Pontevedra. Polas rúas circularon personaxes de banda

deseñada e de cine, faraóns, maria-chis, labregos, seres mariños ou pe-zas de roupa a medio lavar persegui-das por lavadoras.

Todo un derroche de imaxinación

ao que contribuíu o bo tempo para dar espectáculo ante os milleiros de espectadores e para facerse con al-gún dos premios, dotados en total con máis de 4.000 euros.

Ao peche desta edición, coñecíase que na categoría de comparsas gañou ‘Mary Poppins’, seguida de ‘O mar anda revolto’ e de ‘Botemos unha partida’.

Page 14: Cronicas comarcadeordes n14 febreiro2015

14

ecONOMíA

crónicas - Febreiro 2015

A Feira de Oportunidades enche todos os postos dispoñibles

A Feira de Oportunidades de Ordes, que se celebra por primeira vez entre os días 26 e 28 de fe-breiro, terá ofertas nos trece pos-tos dispoñibles na Praza de Abas-tos. En total, suman 470 metros cadrados no primeiro andar do edificio.

Téxtil, calzado, artesanía, ma-rroquinería, alimentación ou bixu-tería son algúns dos sectores que terán presenza neste evento co que os comerciantes poderán dar-lle saída a mercadorías de remate de tempada, coa calidade habitual e con prezos atractivos como re-clamo para a clientela.

Ademais, o Concello anunciou que durante os tres días da feira efectuaranse obradoiros temá-ticos de chocolate, para nenos e adultos. Serán impartidas por Pa-blo Pena, da Panadería Milagros, quen ensinará diversas receitas nunha actividade na que colabora a empresa Chocolates Valrhona.

O goberno municipal asegura que coa Feira de Oportunidades e as actividades paralelas pretende darlle “un uso polivalente” ás ins-talacións renovadas da Praza de Abastos, que moitos visitantes da feira coñecerán por primeira vez nestas xornadas.

ORDES

A Mancomunidade contribúe a fomentar o galego no comercio

O Servizo de Normalización Lingüística da Mancomunidade de Ordes ofreceulle colaboración ao sector comercial para estender o uso da lingua galega na súa activi-dade cotiá. Baixo o lema ‘O galego vende’, desenvolve a que é a pri-meira campaña de dinamización idiomática deste ano.

A inciativa, na que os estable-cementos comerciais poden parti-cipar de balde, motiva o uso do ga-lego tanto na atención directa coa clientela como en páxinas web, carteis, redes sociais, publicidade ou tíckets, cando menos en igual-dade co castelán.

Cada negocio poderá recibir unha atención personalizada, ade-mais de recibir folletos informa-tivos e material promocional da campaña. O Servizo de Normali-zación Lingüística xa está contac-tando directamente cos estable-cementos para convidalos a ad-herirse á campaña e explicarlles o procedemento. Tamén partici-pan asociacións e a web da propia Mancomunidade.

A intención é que a cidadanía e os profesionais do sector compro-ben que o uso do galego pode fa-vorecer tanto as relacións comer-ciais como outro tipo de relacións.

COMARCA

COMARCA O sector teme unha caída aínda maior de prezos e dificultades na recollida se a produción se dispara

incertezas a un mes da desaparición das cotas leiteirasA desaparición do sistema de co-

tas leiteiras, o 1 de abril, envolve o sector leiteiro en incertidume. Des-pois dun cuarto de século aplicando o mecanismo de limitación da produ-ción, os gandeiros ignoran como vai ser o novo escenario. Temen unha redución de prezos aínda maior e di-ficultades na recollida se a produ-ción se dispara. Incluso as adminis-tracións evitan pronunciarse clara-mente e marcar liñas vermellas.

Un dos aspectos dos que máis se fala é o establecemento efectivo de contratos de longa duración. A finais de xaneiro, a directora xeral de Pro-dución Agropecuaria da Xunta, Patri-cia Ulloa, acudiu ao Parlamento Eu-ropeo para defender que estes acor-dos teñan unha duración mínima dun ano e involucren a todos os elos da cadea de valor do leite, tamén a distribución.

Ulloa propuxo eliminar o dereito dos gandeiros a renunciar a esa du-ración mínima, o que na práctica se traduce en que as industrias conse-guen impoñerlles acordos inestables. E neste sentido, o goberno autonó-mico proclamouse partidario de pro-hibir que os compradores de leite ne-gocien directamente con produtores socios dunha Organización de Pro-dutores Lácteos (OPL), evitando si-tuacións de debilidade e obrigando a que as negociacións sexan coa OPL.

Non obstante, a intervención de Ulloa na cámara comunitaria non pa-rece que vaia ter máis consecuencias prácticas que a incorporación do seu parecer aos informes que prepara o Comité de Agricultura sobre o sector.

Noutro foro, unha xornada da asociación de cooperativas AGACA, a conselleira Rosa Quintana insistiu no mantra de que as explotacións deben ser máis competitivas: “ademais de procurar obter un prezo o máis alto e estable posible pola venda do leite, deberán aumentar a súa rendibili-dade diminuíndo os seus custos de produción”, manifestou a titular de Medio Rural, que cre que ao sector favoreceríalle máis unha única OPL.

Para a oposición, a xestión do go-berno autonómico non pasa dos dis-cursos vacuos e móvese entre o des-leixo e a neglixencia. O parlamenta-rio socialista Pablo García teme que a Xunta opte “unha vez máis” por “non ter postura e acatar sempre o que diga o Ministerio, cousa que no sec-tor leiteiro non tería sentido dado o peso de Galicia”, advirte.

O principal grupo da oposición no Parlamento Galego, que reclamou o “cese fulminante” da directora xe-ral por “responsabilizar os produto-res de leite da falta de contratos coa industria”, cre que en tres anos non se fixo practicamente nada por adap-tarse ao novo modelo. Para García, a Xunta só se dedicou a presumir dos prezos cando subían en vez de apro-veitar ese momento para asentar os contratos de longa duración. Esta é unha das súas demandas para o pa-quete lácteo, xunto coa garantía de recollida de todo o leite producido a un mesmo prezo, a imposibilidade de que a un mesmo gandeiro lle fixen dous prezos distintos e a creación da figura do mediador, con capacidade de intervir e forzar a negociación.

Visita da conselleira do Medio Rural a Casa Grande de Xanceda, en Mesía

Avanza a produción ecolóxicaA conselleira de Medio Rural

destacou o incremento da produ-ción ecolóxica nos últimos anos en Galicia. Foi durante unha visita a Casa Grande de Xanceda, en Me-sía, na que Rosa Quintana asegu-rou que a superficie desta modali-dade de produción pasou en Gali-cia dunhas 13 hectáreas en 1997 a case 16.000 en 2013, e o número de produtores e elaboradores pa-sou de 11 a 656.

Quintana puxo a empresa de Mesía como exemplo da relevan-cia da produción agrogandeira ecolóxica e destacou tamén o seu “efecto demostración” para que o

sector o vexa como unha alterna-tiva factible.

A conselleira expuxo que a pro-dución ecolóxica ten beneficios ambientais pero tamén económi-cos e sociais, cun maior valor en-gadido elevado e cun moi boa aceptación nos mercados interna-cionais.

A Xunta destacou a Casa Grande de Xanceda como inicia-tiva pioneira neste eido. Con 379 reses, dedícase á comercialización de lácteos, sobre todo iogures, e leite ecolóxico. Medio Rural dixo que desde 2009 a empresa obtivo uns 652.000 euros en axudas.

Page 15: Cronicas comarcadeordes n14 febreiro2015

ecONOMíA

crónicas - Febreiro 2015 15

Outra industria téxti l é posible. É o principio que inspira a nova em-presa Lati tude, que coa súa acti vi-dade quere contribuír a recuperar o sector en Galicia a través do valor en-gadido da sosti bilidade. Ofrécenlles servizos ás marcas que van desde o deseño das prendas ata a súa confec-ción en talleres, pasando polos teci-dos que se uti licen.

A compañía, que ten escasos me-ses de vida e acaba de ser presentada na súa sede na Cidade da Cultura en Santi ago, asegura que os talleres se-rán o seu “corazón”. Os tres primei-ros en sumarse son da comarca de Ordes, onde a confección téxti l ate-soura unha considerable tradición e mantén certa relevancia económica, pese ao declive dos últi mos anos.

En Lati tude Contemporany Fas-hion Makers, que é o seu nome com-pleto, perciben “unha espiral de cam-bio”, que consiste en que “tras anos de deslocalización das producións a países asiáti cos, son xa moitas as em-presas que pensan en volver”. Agora, valoran máis que a proximidade afo-rra tempo, loxísti ca e aranceis, e ta-

mén lles permite desenvolver a Res-ponsabilidade Social Corporati va, coa creación de emprego e condicións la-borais xustas, segundo din.

O servizo de Lati tude ás marcas é precisamente facilitarlles produ-cir aquí con estándares sosti bles. Eso notarase no produto, para o que por exemplo dispoñen de máis de cinco-centas referencias en materiais téx-ti les sosti bles de provedores selec-cionados a nivel internacional. Ta-mén ofrecen servizos de deseño e es-tán desenvolvendo a eti queta ‘Proud’ (orgulloso, en inglés) para identi fi car todas as prendas que se creen coa súa estratexia. “Queremos que as marcas se sintan orgullosas dos seus talleres, que os talleres se sintan or-gullosos do seu traballo e que os con-sumidores se sintan orgullosos das súas pezas”, explican.

E máis aló do produto, cren im-prescindible coidar as persoas que o confeccionan. Con ese fi n, e coñe-cendo o punto de parti da, os seus espazos de traballo buscarán o be-nestar dos empregados, con áreas verdes, zonas de descanso e outros

aspectos, por suposto tamén os sala-riais, para que “as persoas se sintan valoradas, integradas e coidadas”.

CONSUMO CONSCIENTEEn Lati tude saben que o téxti l sos-

ti ble pode ter maior custo econó-mico para o consumidor, aínda que a gama de prezos non excluiría ningún peto. Eso si, tamén pretenden infl uír

na súa conduta para que sexa cons-ciente das consecuencias dos seus hábitos como cliente. Con ese propó-sito, crearon unha instalación na Ci-dade da Cultura que animaba aos vi-sitantes a preguntarse onde se fi xo a roupa que levaban, se a vían sosti ble, se se fi xan máis no prezo ou no va-lor, ou que impacto pode ter sobre as persoas e o medio.

Promoven latitude, unha iniciativa que intenta recuperar o sector téxtil da man da sostibilidade

INDUSTRIA Os tres primeiros talleres que se uniron á súa rede están ubicados na comarca de Ordes

Presentación de Latitude na Cidade da Cultura, con presenza do goberno de Ordes

A CORUÑAc/ Asturias, 9

Lunes o Viernes - 11:00 a 13:30

CARBALLOc/ Fomento, 16 Entrs.

Jueves - 11:00 a 13:30

ORDESRúa Compostela, 16 bajoMiércoles - 11:00 a 13:30

Marcos Guerra MengualBernardo Guerra GonzálezABOGADO - GRADUADO SOCIAL

ASESORÍA JURÍDICA

PENSIONES

SEGURIDAD SOCIAL

PREFERENTES

SEPARACIONES

CIVIL / HERENCIAS

G G

Telf. 981 150 128 Fax 981 246 789

#so

mo

sOrd

es

Xesús

PedreiraCandidato á Alcaldía de Ordes

Page 16: Cronicas comarcadeordes n14 febreiro2015

16

XeNte de Aquí

crónicas - Febreiro 2015

Entregada ‘A República da Berxa...’ que sorteou Crónicas

José María García Sánchez, veciño de Ordes, foi o gañador do libro ‘A República da Berxa. Antonio Gómez Carneiro e o seu tempo (1899-1979)’ sorteado por Crónicas entre todos os lectores aos que lles gusta a páxina de facebook do periódico. A entrega do premio tivo lugar na biblioteca mu-nicipal de Oroso. O gañador recibiuno de mans de Manuel Pazos Gómez, o historiador autor do libro, que recolle a biografía e o contexto histórico de quen foi alcalde de Mesía durante dúas etapas da Segunda República e que despois padecería a represión do franquismo en forma de seis anos de clandestinidade e outros seis de prisión.

Manuel Pazos (á esquerda) entrégalle o libro a José María García Sánchez

SORTEO 2.0

Remata o curso de informática do circuíto de outono-inverno

O curso de informática convocado no curcuíto cultural e deportivo de Ordes durante novembro, decembro e xaneiro chegou á súa fin coa en-trega de diplomas por parte do concelleiro de Cultura ordense, Ramón Váz-quez.

Os contidos principais da actividade foron os relacionados coa ofimá-tica e coa utilización de internet nun nivel básico.

O concelleiro felicitou ao alumnado polos resultados e animouno a con-tinuar aprendendo sobre a utilización de novas tecnoloxías nos vindeiros cursos que o Concello prevé impartir entre os meses de marzo e xuño.

ORDES

O concelleiro de Cultura (esq.), co alumnado e o docente do curso informático

Últimos días para presentarse ao concurso de fotografía ‘Muller traballadora’

OROSO

O concurso de fotografía “Muller traballadora”, que convoca o Conce-llo de Oroso por quinto ano, admite a entrega de traballos ata este 27 de xaneiro. No certame poden partici-par veciños das comarcas de Ordes e de Compostela, sen importar que sexan profesionais ou afeccionados da fotografía.

Cada participante pode presen-tar ata tres propostas na biblio-teca municipal. Deberán cumprir coa esixencia de que a temática da imaxe estea relacionada co traballo das mulleres, en calquera eido. Non existe ningunha outra condición es-pecial sobre a temática para poder participar.

Os premios establecidos polo Concello son 250 euros para a foto-frafía gañadora, e 150 e 100 euros para a segunda e a terceira imaxe da clasificación.

Todas as fotografías que conco-rran formarán parte dunha exposi-ción municipal que calquera poderá visitar no centro cultural Fernando Casas e Novoa de Sigüeiro durante dúas semanas, entre o venres 6 e o venres 20 de marzo.

OBRIGATORIO RECOLLER O PREMIOUnha das poucas novidades in-

troducidas pola organización no ano no que o concurso cumpre un lustro é a obriga de que as persoas gaña-doras dos distintos premios acudan ao acto de entrega, ás 20 horas do 6 de marzo no propio centro cultu-ral. Non obstante, tamén se lles dá a opción de delegar noutra persoa no caso de que non lles resulte posible asistir ao evento.

Polo demais, mantense que as fotografías teñen que ser orixinais e que non recibiran ningún tipo de premio noutros concursos. O seu formato ten que ser de 20x30 cen-tímetros, en cor ou en branco e ne-gro, e deben presentarse sen mon-tar, sen paspartú, sen marco e sen cristal. Non se admite a utilización de ningún programa informático de retoque fotográfico, tal como indi-can as bases do certame.

Para a entrega das propostas, es-tableceuse o habitual sistema de plica deste tipo de concursos, tamén cun cedé que inclúa a imaxe en for-mato dixital. O Concello matiza que para as fotografías nas que apareza unha persoa identificable terá que constar o seu consentimento. As ba-ses están publicadas na súa integri-dade na páxina web do Concello de Oroso.

Ata o 25 de febreiro recollen as inscricións para o novo circuíto

O circuíto deportivo e cultural de Ordes para os meses de marzo, abril, maio e xuño ten aberto o seu prazo de inscrición ata este 25 de febreiro. Programáronse obra-doiros de cociña en niveis de ini-ciación e avanzado, obradoiros de cociña infantís a partir de oito anos, baile moderno a partir de doce anos, baile en liña infan-til de sete a once anos, bailes en liña para adultos, bailes de salón en iniciación e continuación, cla-ses de plantas mediciñais, bixute-ría, fotografía, informática, ofimá-tica e dous niveis de internet.

Os prezos das actividades van desde os 9 ata os 54 euros, en fun-ción da duración de cada curso. Hai descontos para persoas con discapacidade, para maiores de 65 anos e para integrantes de fa-milias numerosas. Os horarios son xeralmente polas tardes e noites, ou senón os sábados pola mañá. As inscricións poden formalizarse no departamento municipal de Cultura e Deporte en horario ma-tinal.

O libro será presentado o 6 de marzo no centro cultural de Sigüeiro

‘A República da Berxa. Antonio Gómez Carneiro e o seu tempo (1899-1979)’ será presentado o vindeiro venres 6 de marzo a par-tir das 20:30 horas nun acto no centro cultural de Sigüeiro organi-zado polo Concello de Oroso.

O autor do libro estará acom-pañado polo alcalde de Oroso, Manuel Mirás, e polo historiador e profesor da Universidade da Co-ruña Uxío-Breogán Diéguez Ce-quiel. Tamén intervirán os auto-res dos anexos da obra: Paula Fer-nández, que transcribiu actas de sesións do Concello de Mesía de 1936, e Gonzalo Veiras, que des-cribe no seu texto a faceta de Gó-mez Carneiro como industrial.

Na presentación actuarán Mini e Mero, acompañados por Raúl Galego. Esta é a segunda ocasión na que se dá a coñecer o libro nun acto público, despois do acto xa celebrado na Casa da Cultura de Mesía en Xanceda, no que o salón de actos se quedou pequeno para a gran cantidade de persoas inte-resadas.

Page 17: Cronicas comarcadeordes n14 febreiro2015

XeNte de Aquí

crónicas - Febreiro 2015 17

O interese polos cursos de co-ciña mantense moi vivo na comarca, como demostran dúas iniciativas re-centes en Ordes e en Frades.

No caso ordense, as clases muni-

cipais concluíron unha nova tanda, na que participaron máis de vinte alum-nos, en niveis de iniciación e de per-feccionamento. Aprenderon a prepa-rar numerosas receitas, e na derra-

deira xornada aproveitaron que era entroido para encher a mesa de ore-llas, filloas e rosquillas.

En Frades, os venres de febreiro e marzo dezaseis persoas participan

nun curso na Pontecarreira. Forma-ranse en aspectos teóricos de mani-pulación de alimentos e nutrición e tamén nos principios prácticos bási-cos de cociña e repostaría.

FRADES - ORDES Conclúe unha nova tanda do curso de Ordes e desenvólvese un en Frades

A afección polas clases de cociña non decae na comarca

As clases de Ordes superaron os vinte alumnos e remataron pensando no entroido

Francisco caamaño presenta o seu novo libro en Ordes

OROSO ‘Democracia federal. Apuntes sobre España’

Francisco Caamaño, exministro de Xustiza con José Luis Rodríguez Zapatero e actual parlamentario au-tonómico do PSdeG-PSOE, presen-tou en Ordes o seu libro ‘Democracia federal. Apuntes sobre España’, nun acto organizado pola asociación In-quedanzas no Museo do Traxe.

Na súa obra, Caamaño reflexiona sobre a que considera estreita rela-

ción entre o federalismo e a demo-cracia: “o federalismo pretende cons-truír un proxecto político común no que cada un poida sentirse identi-tariamente cómodo -asegura Ca-amaño- sen facer dese sentimento unha causa política irresistible” e con capacidade para artellar democrati-camente un proxecto político común compatible coas diferencias. Caamaño, no centro, expoñendo as súas teses durante a presentación do libro

O curso de Frades ten lugar no local social da Pontecarreira en febreiro e marzo

Page 18: Cronicas comarcadeordes n14 febreiro2015

18

xente de aquí

Crónicas - Febreiro 2015

Os docentes da Aula de Música ofrecen un concerto gratuíto

Os profesores da Aula de Mú-sica de Oroso ofreceron un con-certo no centro cultural Fernando Casas e Novoa de Sigüeiro, se-guido por un centenar de especta-dores, entre eles o alcalde e varios concelleiros.

Para a ocasión, os intérpretes ofreceron varias pezas de jazz clá-sico, moderno e latino. Era a pri-

meira ocasión que ofrecían unha actuación así e declaráronse moi satisfeitos co resultado e pola aco-llida.

Ata agora, sempre actuaran acompañando os alumnos ou exerceran como artistas convida-dos no contexto de actos culturais como a inauguración do certame internacional GóisOrosoArtes.

Un intre da actuación, na que ofreceron pezas de jazz clásico, moderno e latino

OROSO

‘Contos de animalario’ nunha nova tarde de contos e lendas

O grupo ‘Daboapipa’ ofreceu o seu espectáculo ‘Contos de anima-lario’ na sesión das ‘Tardes de con-tos e lendas’ do Concello de Or-des correspondente ao mes de xa-neiro.

Na actividade, que como sem-pre se desenvolveu na biblioteca

municipal, participaron numero-sos nenos e nenas, que tiveron a ocasión de escoitar a narración oral de contos e historias á vez que podían participar nos números de música e baile cos que os integran-tes do grupo trataron de divertilos continuamente.

A actividade combinou narración oral con actuacións de música e baile

ORDES

Acompañamento, escola de familias e sidra con Andaina

A asociación ‘Andaina Pro Saúde Mental’ ofrece na comarca de Ordes o seu programa de acom-pañamento integral, que conta cunha axuda de 2.500 euros de fondos do IRPF. As persoas afecta-das por problemáticas de distinto tipo van ser atendidas no ámbito do seu domicilio, nunha iniciativa na que colaboran os servizos so-ciais da Mancomunidade.

Ademais, a entidade tamén ofreceu en febreiro as súas Esco-las de Familia e respiros para fa-miliares e persoal coidador, cunha fin de semana nunha casa de tu-rismo rural propiedade de FEAFES en Cangas.

Noutro ámbito, Andaina está embotellando sidra ecolóxica nun proxecto empresarial co que quere conformar un centro de traballo estable para os seus usuarios. Coa iniciativa ‘Mundo Mazá’, que des-envolven desde hai dous anos no centro de rehabilitación psicoso-cial e laboral de Dodro, van poñer no mercado máis de 1.500 litros

de sidra elaborada integramente con mazás de Galicia e con moito traballo en equipo, o que consti-túe o principal valor terapéutico do proxecto.

COMARCA

Proceso de embotellado do proxecto ‘Mundo Mazá’ de Andaina

Escolares do Castelao defenden a libre expresión no Día da Paz

Os escolares que estudan no sexto curso de educación prima-ria do colexio Castelao de Ordes conmemoraron o Día da Paz ela-borando un libro en conxunto ao que chamaron ‘Pola liberdade de expresión’.

Co seu traballo colectivo, os

alumnos e alumnas pretenderon efectuar unha homenaxe especial aos profesionais que se dedican ao xornalismo gráfico, unha cues-tión que nas últimas datas cobrou especial relevancia polo atentado terrorista contra o semanario satí-rico francés Charlie Hebdo.

ORDES

Os estudantes de sexto de primaria, co libro que crearon entre todos

Page 19: Cronicas comarcadeordes n14 febreiro2015

XeNte de Aquí

crónicas - Febreiro 2015 19

- Discos Modernos é unha compañía discográfica de Ordes. Fundada e rexis-trada no inverno do pasado ano e malia levar tan só un ano de vida, xa pode pre-sumir de contar con oito grandes ban-das nas súas filas e de ser unha referen-cia importante á hora de falar de música do noso pobo e da música galega en xe-ral. Con Iván del Río, fundador e director da compañía e á vez cantante e guita-rrista do grupo Superoito, falamos desta experiencia.

- Que foi o que te levou a crear Dis-cos Modernos?

- Sempre me trouxo idea todo o re-lativo á industria musical. Paso media vida entre concertos, cando non tocando como público, e vexo que hai moitas ban-das que a pesar de ofrecer un produto dunha calidade incrible non conseguen chegar a toda a xente que deberían. Eu intento axudarlles nisto, mobilizalos todo o posible, quitarlles carga de traballo e que cada grupo só teña que preocuparse de tocar.

- Ten vontade de ser unha discográ-fica convencional ou xa non quedan?

- Non teño nada planeado, prefiro ir pouco a pouco e decidir sobre a marcha o que vou facendo. O único que me inte-resa é que os meus grupos poidan vivir da música, cousa complicada pero non imposible.

- Que fai distinta a Discos Modernos no mercado musical?

- Supoño que o non reducirme ex-clusivamente ao ámbito musical de cada grupo. Intento establecer un ambiente de confianza e saber como están no seu día a día, non só cando están tocando. Traballar cun grupo é moito máis efec-tivo se consigo entender o que buscan en cada época do ano. Eso, e que os meus grupos son putos grupazos!

- Cales son?- Agora mesmo: Ivy Moon (Santiago

de Compostela), MJ Pérez (Arzúa), Que Desilusión (Pontevedra), Esquíos (A Es-trada), John Happy Driver (Muros) e Pito de Pikasso (Santiago de Compostela).

Con algúns deles traballo máis por-que se atopan en momentos máis clave da súa carreira e outros precisan me-nos axuda porque xa están mantendo un ritmo alto por eles mesmos.

- Os ‘Ivy Moon’ son algo especial para ti, non?

- ‘Ivy Moon’ son os meus nenos, os meus favoritos. Foron os primeiros en entrar en Discos Modernos e son cos que máis contacto teño porque falo con eles todos os días practicamente e non só de música. Son como da familia e admíroos tanto como músicos como persoas. De-butaron nos escenarios no Festival Brin-cadeira en agosto do ano pasado e to-caron un montón desde ese día. Agora estanse preparando para entrar a estu-dio co seu xa segundo disco, que vai so-nar tan ben coma calquera dos Arctic

Monkeys ou de Tame Impala.- Con MJ Pérez tamén estades prepa-

rando disco...- MJ é algo máis persoal. Tocamos

un par de cancións xuntos en vídeo e non tiven moito que dicir dela. Ten unha voz moi boa e por encima de todo paré-ceme unha rapaza valente, sen medo a nada e moi traballadora. Antes de ser a miña única cantautora xa era unha moi boa amiga miña. Tamén está gravando o seu segundo disco e podo asegurarche que vai ser un auténtico éxito. María é unha aposta segura. A súa música sem-pre gana.

- ‘Que desilusión’ tampouco quedan atrás...

- ‘Que desilusión’ son mestres da ve-lla escola. Non necesitan nin carta de presentación. Son os putos Barricada de Pontevedra. En calidade e composi-ción está moi por encima da media. O verán pasado publicaron o seu segundo disco “Remedios Contra la Mala Suerte” e aínda a día de hoxe seguen recollendo recoñecementos por el. O máis recente, o Premio a mellor grupo de 2014 no Pon-tevedra Ferve e consideración de terceiro mellor disco do ano para Distrito Uve e Javier M. Alcáraz de rocksesión.com. Son rockeiros de verdade.

- Que tal tocan os ‘John Happy Dri-ver’?

- ‘John Happy Driver’ son unha banda de punk, pero punk do auténtico, sen postureo. Fan o que lles apetece en cada momento e non seguen ningunha norma. Son vividores a máis non poder e teñen un directo moi interesante. Son moi boa xente e o seu momento vai che-gar máis pronto que tarde.

- E como van as últimas incorpora-cións?

- Con ‘Esquíos’ e ‘Pito de Pikasso’ son cos que menos confianza teño por-que entraron hai pouquiño pero sei de boas tintas que tamén están currando

moito. Os primeiros teñen liñas máis de rock&roll mentres que os segundos te-ñen unha actitude algo máis punk moi característica deles. Ámbolos dous gru-pos teñen unha morea de discos ás cos-tas e saben ben o que fan. Non son gru-pos noveis nin moito menos.

- Como traballas coas bandas? Que pode atopar un grupo en Discos Moder-nos que non teña noutra empresa?

- Recollo toda a información relativa a cada grupo (biografía, discos, xiras ante-riores...) e procuro saber que plans de fu-turo teñen. A partir de aí intento axudar-lles no que lles apeteza facer en cada mo-

mento, sexa tocar, atender entrevistas ou facer novos discos. Non creo que haxa nada que me distinga do resto de disco-gráficas máis ca iso, antes de ser mana-ger procuro ser amigo!

- Cal é a parte principal do traballo? - Céntrome principalmente en tres

aspectos: planificación de xiras (salas, festivais e acústicos), difusión tanto a ni-vel musical como mediático, e financia-ción de discos, dentro das miñas posibili-dades económicas.

- Cóstache compaxinar todo isto con Superoito, que por certo estades arra-sando, e coa túa vida persoal?

- Normalmente si. Ademais de Discos Modernos e do grupo tamén estou estu-dando unha carreira, traballo de profe-sor nun centro psicopedagóxico e son re-dactor en dúas revistas de música. É di-fícil estar a todo pero é cuestión de po-ñerlle ganas. En calquera das catro áreas estou facendo o que me gusta, así que non teño problema.

- Excluirías algún estilo musical ou non hai inconvinte en levar calquera grupo, toque como toque?

- Cada grupo é libre de escoller o es-tilo no que quere desenvolver a súa ac-tividade. Eu non son quen para xulgar a ningunha banda mais é certo que o gusto persoal é determinante á hora de esco-

ller os grupos. Non podería traballar con grupos que non me gustan. Escoito os discos e se me gustan non teño máis que pensar.

- O límite está en grupos da comarca, de Galicia… ou a rede permite traballar sen problema de distancias?

- Agora mesmo a fronteira límite que me interesa cubrir é exclusivamente a ga-lega. Gústame estar presente en todos os concertos que poida, moitas veces vou como técnico de son e outras como un espectador máis.

Xa agora entre Superoito e o resto de grupos me perdo moitos concertos, se collese grupos de fora aínda me perdería máis. Non me gustaría traballar con gru-pos que non podo disfrutar en directo.

- Como pode competir unha pe-quena discográfica con outras de maior tamaño e xa asentadas no mercado?

- Non o vexo como unha competición realmente. Cada discográfica aposta por uns grupos en concreto ou por un estilo de música moi definido. Agora mesmo hai algunhas referencias galegas das que se podería aprender moito. Esmerarte Servicios Musicales, Ernie Produccións, Discos Porno, Discos Humeantes... por poñer algún exemplo. Son compañías que xa levan tempo en activo, con gru-pos de moita calidade e que saben de so-bra como facer ben o seu traballo.

- A cultura pode ser emprego? Discos Modernos ten futuro como empresa?

- Tanto a nivel de discográfica como a nivel de banda, vivir disto é difícil pero non imposible. No caso dos grupos hai que tocar moito, tódalas semanas e ás veces dous ou tres días seguidos. Hai que ter a cabeza nisto todos os días. Como productora discográfica tamén é difícil, pero depende do tempo que se lle dedi-que e do en serio que o tomen os grupos cos que se traballa.

- Ides seguir organizando o festival ‘Vaise Liar’ para este verán?

- Si, fágoo xunto xunto co meu cama-rada Glenn (o batería de Superoito). O ano pasado foi a primeira edición e foi un éxito tanto a nivel de bandas como de asistencia. Este ano estamos xa mirando de facelo un pouco máis grande e poder abarcar moita máis xente.

- Rematamos. Aproveita para saudar e dar as gracias, que sabemos que o es-tás desexando e así non nos quedan es-tas liñas baleiras!

- Si, claro! A un lote de xente! Á miña familia toda, a meu irmán Daniel que é un crack, a Xabi e Glenn colegas de vida e de escenario, a Peluquería Luis Alejan-dro que son os responsables de que sem-pre saiamos guapos nas fotos, a Pili e a Marta de Ensinarte que me tratan como un marqués, e a Alberto, Jorge, Xelo, Ma-rina, Brenda, Anxo, Daniel e Matías que aínda que son un pouco mangantes, sempre teñen algunha historia coa que alegrarme o día. Saúdos para todos!

ENTREVISTA Iván del Río, fundador e director da compañía discográfica ordense Discos Modernos

“Vivir desto é difícil pero non imposible”

Iván del Río, o da dereita, creou Discos Modernos hai pouco máis dun ano

Page 20: Cronicas comarcadeordes n14 febreiro2015

20

dePORteS

crónicas - Febreiro 2015

Óscar Lamas Ríos, subcampión galego en categoría júnior de menos de 100 quilos

JUDO

Óscar Lamas Ríos, formado na escola municipal de Cerceda e adscrito ao Judo Club Arteixo, pro-clamouse subcampión galego jú-nior na categoría de menos de 100 quilos, durante o campionato au-tonómico disputado hai uns días no pavillón de Santa Isabel en San-tiago.

Ademais deste moi destacado posto, Lamas Ríos foi seleccio-nado para o Campionato de Es-paña júnior de judo, que se cele-bra en Oviedo este 21 de febreiro. No campionato galego júnior en Santiago, o Judo Club Arteixo ob-tivo outras cinco medallas.

ATLETISMO Nos galegos de combinadas en Lugo, Gontá fíxose cun ouro

Atlética A Silva obtén catro medallas nos campionatos galegos da coruña

O club Atlética A Silva conseguiu catro medallas coa súa participación nos recentes campionatos de Galicia disputados na Coruña. Dúas das me-dallas foron para Gloria Iglesias e as outras dúas para Martín Liste.

Iglesias foi campioa galega de salto de lonxitude en categoría benxamín, cunha distancia de 3,10 metros. E en 500 metros acadou o bronce, cun tempo de 1’ e 48,60’’.

Na categoría júnior, Liste colgouse a medalla de plata en peso, cunha

marca de 12,8 metros, e a de bronce en 50 metros, cun tempo de 6,31’’.

En benxamín, destacaron tamén Alejandro Cabeza e Nacho Sposito, cuarto e sexto en lanzamento de peso, con marcas de 5,55 e 5,12 me-tros. En xuvenil e júnior, tamén fixe-ron bos papeis Agustín Iralde (7,25’’ en 50 metros), Pedro Pose 6,76’’ en 50 metros e 8,75’’ en 50 metros va-los), Adrián Loureiro (6,88’’ en 50 metros), Denís Regueiro (7,95’’ en 50 metros e 33,37’’ en 200 metros), An-

drea Cancela (13’ e 15,10’’ en 3.000 metros) e Mencía Pena (9,42’’ en 50 metros valos e 8,32 metros en peso).

Antes, no campionato de combi-nadas en Lugo, José Manuel Gontá proclamouse campión galego en pentathlon, na categoría veteranos 45, cun rexisto de 2.658 puntos. Lu-cas Paz foi cuarto en hexatlon cadete con 2.275 puntos, quedando a moi pouco do podio, e Sara Míguez rema-tou sétima en pentathlon cadete, con 1.858 puntos.

Á esquerda: Gloria Iglesias, ouro en salto de lonxitude e bronce en 500 metros, en categoría benxamín. Á dereita: Alejandro Ca-beza e Nacho Sposito, cuarto e sexto en peso, tamén en benxamíns. Fotos: Club Atlética A Silva.

A karateca cercedense Emma Núñez foi convocada pola selección galega a acudir a un adestramento aberto da selección española no Cen-tro de Alto Rendemento do Consejo Superior de Deportes en Madrid. Este adestramento ten por obxectivo que as xóvenes promesas do karate en categorías inferiores poidan darse a coñecer e ao longo do ano poder entrar nas convocatorias de adestra-mento da selección española.

Tras a presentación e o primeiro adestramento específico co seleccio-nador nacional, tivo lugar un cam-pionato eliminatorio, no que Núñez se impuxo nas súas tres confronta-cións por 4-1, 3-0 e 2-1 na final.

A partir deste adestramento vaise conformar o equipo xuvenil que adestrará do 28 de febreiro ao 1 de marzo en conxunto coas categorías cadete, júnior e sub 21, nun proxecto

do seleccionador español César Mar-tínez, que terá lugar en Toledo.

Por outra parte, Núñez participou no I Torneo Interclubes en Negreira, con presenza de entidades do Bierzo

e de Galicia. A deportista de Cerceda conseguiu o doblete, ao alzarse pri-meira no podio nas dúas modalida-des, as de kata e kumite xuvenil fe-minino.

Núñez, convocada a adestrar pola SelecciónKARATE Campionato Galego de probas combinadas en pista cuberta

Emma Núñez (esq.) continúa demostrando unha formidable progresión deportiva

A área de Deportes recolle suxerencias de rutas para percorrer en andainas colectivas

MESÍA

O departamento municipal de Deportes de Mesía pretende or-ganizar quedadas para camiñar polo municipio cando a primavera ofreza mellores temperaturas.

Para eso, nas súas redes sociais pediu suxerencias de rutas a to-das as persoas que estivesen inte-resadas en participar e comparti-las. Empraza a que se explique por que lugares discorrería o itinerario e con que superficie conta, que ni-vel de dificultade tería, a distancia aproximada e as observacións que se consideren pertinentes.

O programa, denominado ‘Ca-miña Mesía’, aspira a quedar en cada unha das parroquias do Con-cello para que os participantes poidan coñecelas a pé e ademais teñan tal experiencia de facer de-porte en grupo.

No evento creado en redes so-ciais, Deportes de Mesía cita a data do 9 de maio, se ben tamén matiza que irán informando pun-tualmente das quedadas que se vaian concretando.

Lamas, coa prata no podio

Page 21: Cronicas comarcadeordes n14 febreiro2015

dePORteS

crónicas - Febreiro 2015 21

- O Trazo C.F. ti ña nesta tempada un importante reto, o de asentarse en segunda autonómica. Están saíndo as cousas como agardaba?

- O principio nótase un cambio im-portante no nivel dos rivais, pero pouco a pouco fomos adaptándonos e hoxe en día xa estamos acostumados a esta categoría. Polo de agora as cousas es-tán indo a mellor, xa que vimos de ga-ñarlle ao líder na casa, pero aínda non está a permanencia asegurada e queda moita liga.

- En que cambia a nova categoría con respecto a anterior? Que é o que máis lles costa para adaptarse?

- Nesta categoría xa se ven os equi-pos máis formados, con mellores xo-gadores. Na tempada pasada con moi-tos equipos chegabas con resultados amplos e traballo feito ao descanso e en cambio nesta tes que estar con-centrado os noventa minutos. Tal vez o afán de gañar sempre de maneira clara sen demasiado esforzo foi o que máis nos costou na adaptación a esta cate-goría.

- Cren que se poderán manter na división? Qué condicións se deben dar para que o consigan?

- Como coordinador deporti vo es-tou totalmente seguro de que o con-seguiremos, a pesar de que pasámolo moi mal durante a fi n da primeira volta, agora penso que as cousas están saíndo mellor, sobre todo no que a le-sións se refi re. Coa planti lla que temos agás que teñamos mala sorte coas le-sións, paréceme que conseguiremos o obxecti vo.

- Fixeron moitos cambios na planti -lla nos últi mos meses? Foron sufi cien-tes e axeitados para o cambio de di-visión?

- Realmente o equipo é o mesmo do ano pasado cun par de retoques. In-corporamos a inicios da tempada tres xogadores (Nieves, Souto e Pepe) e en decembro outros dous (Anxo e Jorge). A principios da tempada tamén conta-mos co regreso ao equipo de Javier Ló-pez “Ponte”.

Parécennos totalmente sufi cientes e axeitados para o cambio de catego-ría; de feito, case todos os nosos xoga-dores estaban de xogar en ligas como a deste ano, e incluso superiores.

- Que destacaría do ti po de xogo que desenvolve o equipo?

- Para min temos un equipo feito de xogadores con calidade; co cal destaco o toque e posesión de balón que inten-tamos facer durante os parti dos, aínda que unhas veces sae mellor que outras. Tampouco con todos os equipos podes desenvolver o mesmo fútbol.

Temos xogadores que van moi ben de cabeza e eso tamén nos axuda en determinados aspectos como xogadas a balón parado ou á hora de defender.

- Que aspectos do seu rendemento deporti vo son mellorables e que están facendo para conseguilo?

- Para min o noso defecto máis grande esta tempada foi que, por di-versos moti vos, non fi xemos unha boa pretempada e tamén que non dispo-ñíamos de campo para adestrar agás os luns, que ao ser despois dun parti do pouco se pode traballar, e os xoves.

A día de hoxe incorporámonos xa ao noso campo e, para mellorar iso, le-vamos dúas semanas xa adestrando os martes, mércores e venres.

- Teñen canteira?- Si. Dispoñemos de categorías infe-

riores as cales creamos fai tres tempa-das e, a pesar de todo o traballo que eso conleva, estamos encantadísimos de telas creadas.

Hoxe en día somos un total de 119 fi chas federati vas, co cal estamos orgu-llosos e esperamos ir pouco a pouco a máis.

- Estarán coas novas instalacións...- Si, o pasado domingo 15 de fe-

breiro inauguramos unhas novas ins-talacións deporti vas, que para o noso entender compiten coas de calquera club.

Unha herba arti fi cial de últi ma xe-ración na cal os nosos xogadores no-tan moití sima diferencia con respecto a outros campos. Un total de catro ves-tuarios e dous máis para os árbitros e todo acondicionado.

Estamos máis que sati sfeitos das nosas instalacións e agradecemos a to-dos aqueles que axudaron para facer eso posible. Faltan uns pequenos reto-ques que esperamos que pronto poi-damos contar con eles e ao noso en-tender queda unha instalación digna de ver que non lle pide nada a de nin-gún outro club.

Quero facer un especial agradece-mento ao noso presidente Antonio por todo o que loitou para conseguir este campo.

- Como club deporti vo, cales son as principais difi cultades que teñen en canto o fi nanciamento, captación de socios e apoios?

- No meu modo de ver, o aspecto económico cada día é máis difí cil para os equipos de fútbol rexional. Cada tempada os gastos de licenzas, arbi-traxes e demais temas soben de prezo. Aínda así, con traballo e quitando un pouco de todos os lados vanse conse-guindo acabar as tempadas.

No noso club, para a categoría e si-tuación na que estamos, contamos cuns 419 socios. Estamos orgullosos e parécenos unha cifra bastante consi-derable para nós. Entre eso, empresas e sobre todo o apoio do noso Conce-llo de Trazo, solventamos as nosas ne-cesidades económicas, gastos de arbi-traxes, licenzas, tarxetas e despraza-mentos.

- Qué relevancia cre que ten no

municipio o Trazo C.F.? Está sufi cien-temente recoñecida?

- No noso municipio existen a día de hoxe tres equipos. O noso é o único dos tres que conta con categorías infe-riores. Estamos sati sfeitos da nosa re-levancia e agrádanos moito contar coa afección que contamos, xa que cando xogamos na casa sempre estamos moi respaldados, e cando viaxamos aos campos de fóra contamos cun colchón importante de afección. Son moitos equipos desta liga que se sorprenden da afi cción que levamos con nós.

Desde a directi va non temos máis que agradecementos a toda esa xente que mobilizamos día a día, así como os nosos socios, as numerosas empresas colaboradoras, o traballo conti nuado de todo o corpo técnico e ao Concello de Trazo, por todas as axudas que nos proporcionan, cunha mención especial ao alcalde, José Dafonte.

“estou seguro de que manteremos a categoría”ENTREVISTA a Óscar Noya García, coordinador e director deportivo do Trazo C. F.

Integrantes do Trazo Club de Fútbol, que compite na Segunda Autonómica desde esta tempada 2014-2015

A FICHA DO EQUIPO

- Nome: Trazo C.F.- Ano de creación: 1989. - Número de socios: 429.- Instalacións: Campo municipal Os Xeixos. Inaugurado 15 de febreiro de 2015. Con herba arti fi cial de últi ma xeración.- Xunta directi va: - Presidente: Antonio Andrade Veiras. - Vicepresidente: Francisco Cornes Calvo. - Tesoureiro: Manuel Liste Vázquez. - Secretario: Óscar Noya García. - Vogais: Andrés Sánchez Barros, Francisco Salvador Conde Pereiro, José Manuel

Liste Liñares, María Muíño Varela e Bernardo González Fernández.- Xogadores: Antonio Conde Pereiro, Javier Miramontes Santi so, Óscar Villasenín Balsa,

Sergio Noya García, Adrián Mota Liñares, Cristi an Mallo Vazquez, Diego Souto Seijo, Pablo Taboada Veiras, Javier López Casas, Sergio Nieves Nieves, Carlos Nieto Gesto, Boris Villase-nín Balsa, David Ferreira López, Óscar Andrade Pose, Martí n Noya Merino, Alejandro Noya Pena, David Barreiro Calviño, Javier Liste Ríos, Borja Caamaño Vázquez, Ángel Pichel Bece-rra, José Manuel Liste Liñares, Jorge Fajín Casas, Valentí n Liste Suárez, Eduardo Gigirey Mi-ramontes, José Manuel Juncal Viqueira.

- 1º adestrador: Juan Manuel García Duarte. 2º adestrador: Alberto Conde Pereiro.- Coordinador e director deporti vo: Óscar Noya García. - Para non perderlle a pista ao club: en facebook, Trazo C.F.

Page 22: Cronicas comarcadeordes n14 febreiro2015

22

dePORteS

crónicas - Febreiro 2015

Derradeiros días para inscribirse na vixésima Popular de Ordes, que se disputa o 1 de marzo

CARREIRA

Este 25 de febreiro remata o prazo para inscribirse na vixésima Carreira Popular Concello de Or-des, que se disputará o domingo 1 de marzo durante toda a mañá, coa primeira saída ás 10:00 horas e a da proba principal ás 10:50 ho-ras.

O Concello indicou que para inscribirse nas categorías máis no-vas, de baby ata cadete, están dis-poñibles as páxinas web www.ca-rreirasgalegas.com e www.atle-tismogalego.org. Para as demais categorías (xuvenil, júnior, pro-mesa, sénior e veteranos), que co-rrerán a proba absoluta, as inscri-cións deben formalizarse en www.championchipnorte.com. Poden inscribirse tanto corredores fede-rados como non federados. Para categorías escolares anotarse é de balde e para os demais custa 3 euros se teñen o chip amarelo de ChampionChip e 4 euros se non o posúen.

Segundo as idades, as distan-cias que percorrerán as distintas categorías van desde os 500 me-tros ata os 9.500 metros. Todas as probas desenvolveranse baixo o control técnico da delegación de Santiago da Federación Galega de Atletismo.

Establecéronse premios en metálico para os tres primeiros clasificados das categorías indivi-duais, dos clubs federados e dos grupos do municipio ordense. Ta-mén está previsto un premio es-pecial de 150 euros para o centro escolar do concello que achegue o maior número de corredores. Para este caso, teñen que inscribirse no enderezo electrónico [email protected].

Recibirán tamén trofeos os tres primeiros homes e mulleres das carreiras xuvenil, júnior, promesa, sénior e veteranos. Haberá un po-dio especial cos tres mellores tem-pos rexistrados por corredores or-denses na proba absoluta, e dis-tincións para os participantes de menor e de maior idade que com-pleten o seu percorrido.

O Concello aconsella consul-tar as bases da carreira na súa web e informa de que ao remate da proba terá a disposición dos participantes servizos de duchas e vestiarios e ofreceralles avitua-llamento líquido e camisetas con-memorativas. Como organización, agradeceu a colaboración de di-versas entidades e de empresas e firmas comerciais.

FÚTBOL Ordes ofrécese a acoller novas iniciativas formativas deste tipo

Remata o curso federativo de monitor de fútbol base, que ofertara 35 prazas

Xa rematou o curso de monitor de fútbol base, no nivel 0, que se im-partiu en Ordes desde o mes de no-vembro. Nesta acción formativa ofer-táranse 35 prazas, que durante 65 horas de formación teórica e prác-tica obtiveron a posibilidade de ex-pedir a licenza federativa obrigatoria que a partir da vindeira tempada será obrigatoria. Do mesmo xeito, o curso serviulles aos asistentes para validar o bloque de prácticas do nivel 1 do curso.

No acto de clausura participou o alcalde de Ordes, Manuel Regos, quen agradeceu que a Federación Galega de Fútbol escollese o muni-cipio para acometer este curso de adestradores.

O rexedor ofreceu a disposición do Concello para acoller novos cur-sos deste tipo ou semellantes e feli-citou ao director da Escola Galega de Adestradores “polo gran traballo que está a realizar”, afirmou Regos. Mos-quera concordou en que houbo unha “boa sintonía” entre a entidade que dirixe e o Concello para desenvolver

o curso. No encontro de clausura estivo ta-

mén presente o novo vicepresidente da Federación Galega de Fútbol, Juan Luís Villamisar, despois do proceso de muda da directiva ao que se viu sometida a organización. De feito, foi

para el o seu primeiro acto no cargo. Villamisar destacou a importancia de formar os máis novos no fútbol e ex-plicou que “os monitores son unha extensión dos pais e todo o que lles poidan ensinar vai ser vital na súa formación como persoas”.

O curso ofreceu desde novembro 65 horas de formación teórica e práctica

As xogadoras do Oroso TM Celme, coa fase de ascenso a tiro

As xogadoras do equipo Oroso TM Celme, na División de Honra Feminina, manteñen vivas as súas aspiracións de clasificarse para a fase de ascenso despois dos resul-tados das últimas semanas, mello-rando con creces ata os máis op-timistas pronósticos existentes a principios da tempada.

As claves desta boa traxectoria están no triunfo ante os dous equi-

pos mellor posicionados na clasifi-cación. Unha ante o Arteal San-tiago e outra fronte o School Zara-goza.

Non tan favorable é a situación do Oroso TM Deporte Galego, en Superdivisión Masculina. Perdeu contra o UCAM Cartagena e o Ca-jaSur Priego. É décimo, a un posto do descenso e con dous puntos de colchón.

Encontro entre o Oroso TM Celme e o School Zaragoza en Sigüeiro (4-2)

TENIS DE MESAO Concello e Tambre Bike organizan o I Gran Premio de Oroso para este sábado 28 de febreiro

CICLISMO

O Concello de Oroso e o club ci-clista Tambre Bike organizan o I Gran Premio de Oroso de ciclismo en ruta. É unha competición federada que terá lugar o sábado 28 de febreiro, desde as 16 horas. Dirixida unica-mente a ciclistas federados máster (30, 40 e 50/60), a proba terá un per-corrido de 64 quilómetros con saída e chegada en Sigüeiro.

As inscricións efectuaranse o pro-pio día da proba, a partir das 15 ho-ras, no Centro Cultural de Oroso. Hai que presentar a licenza Máster para recibir o dorsal. As licenzas federati-vas devolveranse co co reintegro do dorsal á organización.

O percorrido da proba transcorre integramente por Oroso, con doce voltas a un circuíto de algo máis de 5 kms sobre asfalto, con saída e che-gada na rúa da Cultura (Sigüeiro). Os ciclistas pasarán pola avenida da Gra-banxa, Penateixa, A Gándara, Oroso de Abaixo, Oroso Pequeno, O Franco, avenida Álvaro Cunqueiro e Rúa Ca-miño Inglés. Máis información no fa-cebook de Tambre Bike.

Page 23: Cronicas comarcadeordes n14 febreiro2015

OPiNiÓN

crónicas - Febreiro 2015 23

Os paxariños da Alameda

Teme certa gaivota que nas próximas semanas lle re-movan o niño ata o punto de que en maio non estaría

na árbore. Remexeuse toda e ad-verti u por onde puido que eso a ela non se lle fai. E de que lle serviu? Pois para darse conta de que case ninguén a escoita, de que importa máis ben pouco, e de que quen máis e quen menos ten bastante con atender ao seu e mirar de sal-var as plumas. Por eso agora aposta por amosar a súa cara educada, a ver se lle perdoan a vida.

Sección de chíos, murmuracións e faladoríaspilladas polo aire, unhas máis certas que outras

Na outra banda, ou ben preparan demanda contra a boti ca que lles vendeu os calmantes, porque non fun-

cionaron, ou ben lle presentan a re-clamación ao médico, porque non acertou coa dose. O que está claro é que perden os nervios non cada dous por tres, senón cada tres por dous... E non se pode dar tal imaxe. Non, non pode ser, porque se non

Varios gaivotos fóronse pousar nunha roseira que cren amiga para, aparente-mente, consultar a súa si-

tuación, pero en realidade querían ver se podían obter certos datos so-bre si mesmos que os seus lles ne-gan. Non contaban con que a ro-seira lles cravase as espiñas suave-mente pero en profundidade. As feridas lévanas por dentro, pero como non foi un achegamento do-loroso seguen tan contentos...

Tan angusti adas están as aves de diversas especies como para arriscarse a manchar as plumas de san-

gue? Por que mandan tan misera-bles recados ao carballo que me-drou nos salgueiros pequenos? Tan fi na teñen a pel? Tamén o mor-cego? E os do outro lado do río, tanto lles proe a picadura dun mos-quito como para sacar os canóns de guerra? Teñen medo que unha pe-quena ferida desvele o podres que poden estar as súas ás? E a pre-gunta defi niti va: hai quen os pare?

De todas maneiras, nal-gún monte aínda deberían explorar un pouco máis. Aínda que non o pareza,

teñen terra férti l para facer medrar a familia e sorprenderse. Pero xa se sabe que a persistencia non está na natureza das pitas de monte.

se calman teñen visos de protago-nizar algún numeriño máis. E non convén para nada.

Onde está o caixón das en-quisas? Quen as garda? Tanto asustaron para non difundilas? A rula vai aínda

de niño en niño insisti ndo en que puideron aforrar uns bos cartos preguntándolle a ela, que especula pero acerta bastante.

As pitas de monte xa de-ron por perdida a posibili-dade de construír niño en varios predios. Non se dan

as circunstancias necesarias porque o ceo xa non é tan azul (celeste!) como antes e en determinados la-res observan moito verde compro-metedor como para facer un siti o. A versión ofi cial, xa se sabe, é o fenó-meno demográfi co adverso para a

Pese a que só necesita su-mar de un en un, o azor mercou unha calculadora

para o seu grupo. Cienfí fi ca, como se fosen facer o COU! A garza sabe que é por disimular e que teñen todo calculado de anteman. Agar-darán a maio, o mes que o marca todo, para deixar os números escri-tos ben clariños sobre a lápida, que xa está encargada e pagada.

especie. Pero en cambio outras que se reproducen en similares condi-cións si van prosperando, de ma-neira que van ter que ir buscando outras explicacións.

CONMEMORACIÓN DÍADA MULLER 2015 Venres

6 de marzo

Proxección de curtametraxesA CARGO DE

CORTOESPAÑA

Conta contos:a tropa de trapo

ENTRADA DE BALDEENTREGA de

PREMIOSconcurso

FOTOGRAFÍA

Page 24: Cronicas comarcadeordes n14 febreiro2015

Crónicascrónicas - Mensual independente da Comarca de OrdesEdita: Underwood Media, S.L. Imprime: Galicia Editorial, S.L.Peche de edición: 21-02-2015. Depósito legal: C 900 - 2013Directora: Aurora Pastor Gil. Teléfono: 617 917 130 Contacto: [email protected]

Proximidade. Honestidade. Solvencia. Pluralismo.

O primeiro contacto de Verea cunha cámara foi en 1951, cando contaba 24 anos. Era unha Kodak de caixón, con negativos de 6x6 cm. Tróuxolla desde Estados Unidos ata Cas, a aldea de San Mamede dos Ánxeles onde naceu e onde vive, un irmán seu que estaba embarcado. Foi o inicio da súa afección pola fotogra-fía, que desenvolvería nas seguintes décadas.

Tal como explica Manuel Pazos, responsable do Arquivo Histórico de Imaxes de Oroso e encargado de ela-borar a escolma de fotografías para o catálogo, naqueles tempos unha cá-mara era unha rareza, pero si come-zaba a ser unha necesidade para os veciños contar con fotos para tramitar carnés de familia numerosa ou carnés escolares, para mandarlles a familia-res emigrados ou mesmo imaxes de enfermos encamados para solicitar unha pensión.

As fotos tamén se asocian á ale-gría, á festa, aos acontecementos vi-tais importantes dos que sempre gus-taba ter un recordo. Eran anos grises, pero quen máis e quen menos tra-taba de permitirse o encargo de fo-tos dos casamentos, bautizos, comu-ñóns ou as chamadas funcións do día da festa, esas que hoxe a miúdo per-manecen case esquecidas en recóndi-tos caixóns.

Victorino Verea desprazábase po-las parroquias da contorna para aten-der todos os encargos. Desde 1958 utilizaba xa unha cámara Zeiss Ikon, clásica, fiable e prestixiosa, coa que logrou facerse. As fotos tiñan pouco de instantáneas por entón, xa que para revelar acudía ao laboratorio Bescansa de Santiago, que á súa vez remitía os negativos a Madrid co pro-pósito de obter unha calidade de re-velado maior. E así ata que podía con-tar con elas en papel e dar por cum-prido o traballo.

Mais Verea nunca foi un profesio-nal da fotografía no sentido estricto. El vivía en realidade do seu traballo no campo, segundo explica Pazos, e tiña prezos moi baixos: “aos pobres nunca lles cobrei nada”, afirma o fo-tógrafo, que a base de ler e de experi-mentar pola súa conta foi coñecendo os segredos do oficio.

En toda a súa traxectoria, Verea Montero utilizou tres cámaras, que aínda a día de hoxe conserva en per-fecto estado, cando xa case ninguén fala de negativos e de revelado e o que impera na xerga son os mega-píxels e os retoques dixitais.

Non houbo tanta fortuna coa conservación das fotos. Da primeira época, de imaxes en branco e negro, non queda ningún negativo. Fóronse perdendo en mudanzas e tamén pola pouca importancia que se lles daba nese momento. Unicamente con-serva unhas cincuenta fotografías, que conforman unha das partes da doazón ao arquivo municipal e que serán copiadas dixitalmente.

A outra parte do legado son medio milleiro de negativos de fotos en cor, datados a partir do ano 1973. Será ta-mén o Concello o que se encargue de positivalos e de gardalos en soporte dixital para a exposición e o catálogo do vindeiro outono e para que uns documentos tan valiosos non se per-dan.

Así pois, o traballo de preserva-ción está xa en marcha. Será, en pa-labras de Manuel Pazos, o recoñece-mento ao primeiro fotógrafo que en Oroso fixo fotografía itinerante por varias parroquias. E terá o valor de documentar e arquivar unha obra de interese antropolóxico, sociolóxico e histórico, tanto no ámbito local como galego.

En definitiva, é un proxecto que contribúe a formar a memoria visual da zona a partir de imaxes que no seu

momento se tomaron de xeito sinxelo e un tanto precario e que agora se po-den considerar arte.

“Cando fixo estas fotos que agora tentamos recuperar, Victorino Ve-rea non era consciente de que es-taba producindo un documento his-tórico que ía ter gran valor no futuro”, explica Manuel Pazos, que tamén adiante que “aínda que a maior parte das fotos en cor son a partir de 1974 terán máis valor documental a me-dida que vaian pasando as décadas, os séculos… e serán fiel testemuña dun tempo que non voltará”, asegura.

OROSO Cédelle unha copia do seu legado fotográfico ao Arquivo Histórico de Imaxes municipal

Estímase que hoxe en día cada dous minutos fanse tantas fotos no mundo como se fixeron en todo o século XIX. A popularización das cámaras, a súa incorporación aos móbiles, a moda das autofotos... converteron en ru-tinario e case banal o que noutros tempos era un acon-tecemento. En tempos como os de Victorino Verea Mon-tero, fotógrafo de Oroso que agora cédelle unha copia do seu legado ao Arquivo Histórico de Imaxes municipal, que xa prepara para o vindeiro outono un catálogo e unha exposición. Será unha mostra de instantes conver-tidos sobre o papel en testemuños de toda unha época.

Victorino Verea Montero, o fotógrafo de Oroso que nunca lles cobraba aos pobres

As cincocentas imaxes en cor doadas por Verea están datadas a partir de 1973

Victorino Verea con Manuel Mirás, alcalde de Oroso, na entrega dos negativos

Verea non conserva negativos da súa etapa en branco e negro, pero si unhas cincuenta fotos que pasan a formar par-

te do arquivo municipal de Oroso.