briefing publicitario

5
BRIEFING PUBLICITARIO Descrición da situación. A empresa. Elena Ferro é a terceira xeración de zoqueiros da súa familia. Grazas á combinación da marroquinería coa elaboración dos zocos, Elena e a súa familia, que traballan baixo a marca eferro poden manter vivo un oficio tradicional actualmente en extinción, facendo del un modo de vida. Para iso, modificou o uso tradicional dunha peza creada para cubrir unha necesidade básica converténdoa nunha peza adaptada ás tendencias actuais da moda. A partir de madeira de ameneiro, coiro de poldro e vaca curtido vexetal e engraxado e cromo encerado, cravos, goma reciclada, grampas, chatolas... Crean unha nova liña de zocos realizada con deseños e cores atrevidos acorde coas tendencias da moda, inspirados na natureza e no mundo animal como os zocos "voa xoaniña voa” que foron galardoados co Premio Artesanía Contemporánea Antón Fraguas, onde o xurado premiou a visión contemporánea, refrescante e sen complexos, demostrando que a tradición e a modernidade son perfectamente compatibles. Os produtos eferro atópanse principalmente en tendas e feiras especializadas, e van dende calzado a todo tipo de complementos como bolsos, carteiras, moedeiros, cintos.... Os seus zocos contan con diferentes tipos de tacóns e plataformas e libre elección en cor e peles... Anunciante: Eferro, zocos e coiro Produto: zocos de deseño Campaña: Nadal 2013 (Decembro 2013/Xaneiro 2014)

Upload: ies-maria-sarmiento

Post on 31-May-2015

77 views

Category:

Documents


5 download

DESCRIPTION

Briefing publicitario dun produto galego: zocos de deseño

TRANSCRIPT

Page 1: Briefing publicitario

BRIEFING PUBLICITARIO

Descrición da situación. A empresa.

Elena Ferro é a terceira xeración de zoqueiros da súa familia. Grazas á

combinación da marroquinería coa elaboración dos zocos, Elena e a súa

familia, que traballan baixo a marca eferro poden manter vivo un oficio

tradicional actualmente en extinción, facendo del un modo de vida.

Para iso, modificou o uso tradicional dunha peza creada para cubrir

unha necesidade básica converténdoa nunha peza adaptada ás

tendencias actuais da moda. A partir de madeira de ameneiro, coiro de

poldro e vaca curtido vexetal e engraxado e cromo encerado, cravos,

goma reciclada, grampas, chatolas...

Crean unha nova liña de zocos realizada con deseños e cores atrevidos

acorde coas tendencias da moda, inspirados na natureza e no mundo

animal como os zocos "voa xoaniña voa” que foron galardoados co

Premio Artesanía Contemporánea Antón Fraguas, onde o xurado

premiou a visión contemporánea, refrescante e sen complexos,

demostrando que a tradición e a modernidade son perfectamente

compatibles.

Os produtos eferro atópanse principalmente en tendas e feiras

especializadas, e van dende calzado a todo tipo de complementos como

bolsos, carteiras, moedeiros, cintos.... Os seus zocos contan con

diferentes tipos de tacóns e plataformas e libre elección en cor e peles...

Anunciante: Eferro, zocos e coiro

Produto: zocos de deseño

Campaña: Nadal 2013 (Decembro 2013/Xaneiro 2014)

Page 2: Briefing publicitario

O produto.

Zocos de deseño e complementos. Liña feminina, masculina e infantil.

Page 3: Briefing publicitario

Zoco infantil:

Outros produtos:

Antecedentes publicitarios.

A publicidade levouse a cabo fundamentalmente en espazos dixitais:

blog da empresa e redes sociais. O produto está nunha situación de

crecemento.

Público obxectivo.

Page 4: Briefing publicitario

O noso público ocupa unha franxa de idade ampla, desde os 17 ata os

50 anos, e en menor medida, nenos. En xeral xente nova á que lle gusta

o deseño e a cor, pero que saben valorar o traballo artesán do coiro. É

un público ao que lle gusta Galicia e os seus produtos, coñecedores das

súas tradicións pero que as queren actualizar. O feito de que os zocos

sexan un calzado tradicional, pero adaptado aos novos tempos pode

influír na compra deste sector de público; igualmente, o produto, de se

presentar como un deseño anticuado, podería provocar o rexeitamento

dun sector do público ao que non lle gusta o concepto de rural ou

labrego.

Obxectivos publicitarios:

Presuposto para cada medio:

zocos galegos

TV

RADIO

INTERNET

TV CABLE

Medios

TV

TV cable

Radio

Internet

Page 5: Briefing publicitario

Beneficio e razón para crelo.