platón. o mito da caverna 2

6
Os Sofistas Protágoras (h. 481 – 410 a.C.) Gorxias (485 – 389 a.C.) A palabra sofista provén do termo grego sophos, que significa sabio. Os sofistas eran mestres itinerantes. Cobraban polos seus servizos e ensinaban a arte da retorica para ter éxito na política. Platón desprestixiou as ensinanzas dos sofistas ata o punto de que, hoxe en día, sofista sexa para nós sinónimo de embaucador, demagogo e mentireiro. Os sofistas cuestionaron a capacidade humana de acadar un coñecemento seguro e universal adoptando posturas relativistas e escépticas.

Upload: honomastico

Post on 24-Jun-2015

889 views

Category:

Education


7 download

DESCRIPTION

O mito da caverna de Platón.

TRANSCRIPT

Os Sofistas

Protágoras(h. 481 – 410 a.C.)

Gorxias(485 – 389 a.C.)

• A palabra sofista provén do termo grego sophos, que significa sabio. Os sofistas eran mestres itinerantes. Cobraban polos seus servizos e ensinaban a arte da retorica para ter éxito na política.

• Platón desprestixiou as ensinanzas dos sofistas ata o punto de que, hoxe en día, sofista sexa para nós sinónimo de embaucador, demagogo e mentireiro.

• Os sofistas cuestionaron a capacidade humana de acadar un coñecemento seguro e universal adoptando posturas relativistas e escépticas.

GorxiasProtágoras

• “O home é a medida de todas as cousas. Das que son en tanto que son, e das que non son en tanto que non son”.

• O ser é contraditorio, por iso percibimos aspectos contrarios da mesma cousa.

• A verdade única e absoluta non existe. O único criterio para tomar decisións é a utilidade.

• Postura relativista.

• “Nada hai, se o houbese non poderíamos pensalo, e no caso de que puidéramos pensalo non poderíamos comunicalo”.

• O único criterio posible é a utilidade.

• As palabras convencen aos demais non porque digan a verdade, senón polo poder poético que ten a linguaxe.

• Postura escéptica.

O DILEMA

A SOLUCION DE PLATON• Platón crea unha síntese filosófica que reúne a

concepción parmenídea segundo a cal a auténtica realidade é eterna e inamovible, e a afirmación de Heráclito sobre o perpetuo fluír das cousas. Tamén ofrece unha alternativa ao relativismo dos sofistas e dálle consistencia teórica ao optimismo socrático.

• Esta síntese é a teoría das Ideas.

• Cando percibimos o mundo que nos rodea mediante a sensibilidade captamos cousas que cambian e flúen constantemente. Pero cando vemos cos ollos da mente (logos) captamos os modelos, as formas, a esencia das cousas, é dicir, as IDEAS.

• A teoría das Ideas afirma a existencia dunhas entidades inmateriais, absolutas, inmutables, perfectas, universais e independentes do mundo físico. Estas realidade son as IDEAS do mundo intelixible.

MUNDO DASIDEAS

MUNDO DASCOUSAS

O Demiurgo conecta o mundo intelixible e o sensible.Partindo da xora e tomando como modelo as Ideas, realiza copias materiais e imperfectas das Ideas perfectas.

Non é un deus creador, senón un supremo artesán

ou facedor.